Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E chegou a ponte
Corta feira 30 (Mércores)
• II Encontro interxeracional do concello de Valga
• Coanhadeira no Catro Camiños (A Rúa)
• Os Chupacabras na Nogueira (Vigo)
• Narf en Ourense
• Kiosko das Almas Perdidas (con Mercedes Peón ) en Tui
• Som do Galpóm na sala A ventana de Laxe

Quinta feira 1 (Xoves)
• Ardentía na Festa dos maios de Pontevedra
• Foliada-Serán na Sala The Star (Carral - A Coruña)
• Coanhadeira na Praza do Toural (Compostela)

Sexta feira 2 (Venres)
• Zenzar no Badulake (Ordes)
• Tonhito de Poi e Rasa Loba no Ogmios (Cariño)
• Quempallou nas Pontes (A Coruña)

Sábado 3
• Ardentía na Festa dos maios de Ourense
• Quempallou en Pobra de Brollón (Lugo)
• Ruxe-Ruxe, Ultraquans, Os Veraneantes,… na Hermida (Quiroga)
• Ophiusa no Fnac da Coruña
• Loretta Martin no Zona Cero de Caldas de Reis
• Pepa e Davide & Madame Cell no Clavicémbalo de Lugo
• X Aniversario da Banda de Gaitas Tremiñado en Ponteareas: Anxo Lorenzo, A. F. Xalgarete, Murga Asagaia, Xoaira, María Alonso Martínez e a Banda de gaitas Tremiñado
• Festa no muiño de Fausto en Coiro-Cangas: Abaladoiro, Duo de zanfonas Sobre Rodas,...
• III Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
• Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Domingo 4
• Fabricación de instrumentos vexetais en Pontevedra (Os Chichisos)
• A Compañía Do Ruido no Liceum (O Porriño)
• Festa no muiño de Fausto en Coiro-Cangas: Tromentelo, Crema de Gaita,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chupacabras en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
X Aniversario da Banda de Gaitas Tremiñado
O vindeiro sábado 3 de Maio celebrarase en Ponteareas o X Aniversario da Banda de Gaitas Tremiñado.

O acto está organizado pola Asociación Cultural Tremiñado e conta coa colaboración do Concello de Ponteareas.
As actuacións comenzarán a partir das 21h da noite, e terán lugar no Auditorio “Reveriano Soutullo”.

A entrada é totalmente gratuíta.

No evento participarán:

-Anxo Lorenzo
-Agrupación Folclórica Xalgarete
-Murga Asagaia
-Grupo de pandereteiras Xoaira
-A. María Alonso Martínez (Membro da A. F. Xalgarete)
-Banda de gaitas Tremiñado
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario

Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel
A Confederación Intersindical Galega conmemora este 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, coa convocatoria de manifestacións en todas as comarcas do país, baixo o lema “Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel”.


Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel

Na actualidade, no momento histórico de maior capacidade tecnolóxica, produtiva e de avances científicos, da máis alta posibilidade para producir alimentos e da máis elevada creación de riqueza, xustamente agora é cando a humanidade está mais ameazada no seu desenvolvemento e reprodución. O modelo económico é destrutivo co medio ambiente e os recursos naturais, máis da metade da poboación do planeta está en situación de pobreza extrema e máis de 3 millóns de persoas morren ao ano por falla de alimentos. A riqueza que crea a clase obreira co seu traballo está concentrándose en menos mans, mentres os salarios perden valor e se precarizan as condicións de traballo.

Esta é a realidade que a clase traballadora podemos ver e experimentar dende o lado máis privilexiado do sistema, dende os países que acumularon maior riqueza nos últimos séculos e aínda hoxe, entre outras razóns, pola espoliación e sometemento colonial de nacións e continentes enteiros. Agora, a poboación indíxena destes países antes colonizados e a súa clase traballadora está a ser utilizada como man de obra barata, retribuída a menos dun dólar por hora polas grandes compañías transnacionais europeas, norteamericanas ou asiáticas. Son as nosas grandes empresas, que aquí nos ameazan con trasladarse a lugares con salarios máis baratos, mentres reciben constantemente por parte dos Estados millonarias subvencións e os seus beneficios acadan proporcións indecentes e contrarias a un reparto social, solidario e xusto da riqueza.

No informe do ano 2007 a OCDE recoñece que nos oito últimos anos as empresas no Estado español aumentaron os seus beneficios netos nun 73%, máis do dobre que a media da UE, que se incrementou nun 36.6%. Pola contra, os salarios aumentaron neste mesmo período o 3,7%, cinco veces menos que na UE, que rexistrou un incremento do 18,2%. Estes resultados obedecen á política de pactos que nestes anos están asinando CCOO e UGT coa Patronal en Madrid para a negociación dos convenios, na que de xeito recorrente acordan a contención no incremento dos salarios. Por tanto o noso traballo crea unha inmensa riqueza que está sendo expropiada para engordar as grandes fortunas, e todo isto coa colaboración voluntaria e agradecida do sindicalismo español.


Mentres as empresas soben os prezos das mercadorías para acelerar as súas ganancias, provocan unha inflación que pagamos a clase traballadora, e multiplican a nosa perda nas rendas do traballo pola contabilidade do IPC, xa que este indicador prexudica aos salarios máis baixos, que en Galiza son a inmensa maioría. Polo resultado destes salarios as nosas pensións son as máis baixas do Estado.


Neste 1º de Maio, día do Internacionalismo Proletario, como clase traballadora en Galiza, debemos mobilizarnos por un novo modelo socioeconómico en beneficio da maioría da humanidade e da propia natureza. A nosa inmensa forza no noso país e a nosa contribución ao mundo debe desenvolverse dende a normalidade dun país soberano, coa nosa cultura, coa nosa lingua e coa nosa forza de traballo como principais activos da nosa riqueza como pobo.

VIVA O 1º DE MAIO

MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS

VIGO. Ás 12:00 horas, con saída da Doblada.

PONTEVEDRA. Ás 12:30 horas, da Praza da Ferrería

OURENSE. Ás 12:00 horas do Pavillón dos Remedios.

A CORUÑA. Ás 12:00 horas da Praza de Vigo

FERROL. Ás 12:00 horas da Avda. de Esteiro (diante do local do sindicato)

SANTIAGO. Ás 12:30 con saída da Praza Roxa

LUGO. Ás 12:30 horas da Ronda da Muralla (diante do local do sindicato)

A MARIÑA. Ás 12:30 horas de Arcadio Pardiñas (diante do local da CIG)

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Xornadas Culturais Festa do Muiño

www.cacarexo.net
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-CD-DVD: A Volta dos nove
A VOLTA DOS NOVE. ARTE E MEMORIA. ARTE É MEMORIA.

Quince de outubro, 1936, na saída de Baiona cara a Baredo, na altura da Bombardeira, nove veciños do Val Miñor son asasinados nunha máis das cruentas matanzas que naqueles meses asolaron o noso país nunha guerra de exterminio planificada.

A memoria das súas mortes escribiu unha das máis fermosas páxinas de resistencia. Durante décadas mans anónimas e populares riscaron sobre as areas da beira da estrada nove cruces, realizadas cun trazo de urxencia. O lugar sería dende aquela coñecido como A VOLTA DOS NOVE.

En outubro de 2005, sesenta e nove anos despois, o INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS (IEM) e a Comisión de Familiares promoveu a realización dunha homenaxe escultórica no mesmo lugar dos feitos. Unha árbore fundida en bronce rodeada de loureiros, a árbore dos heroes, é o bosque escultura que ideou FERNANDO CASÁS para a ocasión.

O proxecto musical de ANTÓN SEOANE foi madurando entre nove mortes e nove ondas de vida para ofrecerlles esta obra musical na que a voz de PILOCHA recupera textos de MÉNDEZ FERRÍN e dalgún dos poetas que participaron no proxecto artístico que ao abeiro do BARCO DA MEMORIA se fixo realidade en Baiona, en xullo de 2006.

Nove pintores: ARMANDO GUERRA, PEPE MANTILLA, CAINO VASCONCELLOS, IVÁN MORILLAS, ANTONIO QUESADA, JUAN BELLAS, ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO, CLAUDIO MASEIRO e FINO LORENZO;

nove visións fotográficas do monumento: ROSANA ESTÉVEZ, CÉSAR LÓPEZ, ÁNXELES BOUZÓ, ADRIÁN ESTARQUE MARX, ANDRÉS FRAGA, CRUZ JUÍZ, J. DANIEL GONZÁLEZ OTERO, ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO e ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

e nove voces poéticas: MARTA DACOSTA, XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO, GONZALO NAVAZA, ANXO ANGUEIRA, ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO, MIGUEL ANXO MOURIÑO, RAMÓN CARIDE, FRAN ALONSO e SABELA B. IÑARREA teceron tamén esta obra colectiva na que quixemos xuntar Arte e Memoria sabendo que a Arte é Memoria.

Neste libro-CD-DVD ofrecémoslles unha seitura realizada, con cariño e xenerosidade, por preto de medio cento de persoas baixo a coordinación do INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS.

Comprenderedes ben que este esforzo precisa agora da colaboración de todos e todas.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto definitivo para Dombate

O arquitecto coruñés Francisco Vidal Pérez será o encargado de redactar o proxecto definitivo de recuperación do dolmen de Dombate, segundo acordou a xunta de goberno da Deputación da Coruña. A redacción definitiva do proxecto deberá presentarse nun prazo máximo de dous meses, segundo informa a Administración provincial.

A "orixinalidade en canto á solución construtiva", a "pureza de deseño" a "reversibilidade" e a "minimización volumétrica respecto ao seu entorno", así como o respecto ao conxunto tumular", foron algúns dos motivos polos que a comisión seleccionou por unanimidade a proposta presentada por Vidal Pérez.

Segundo a Deputación, a proposta formula "o máximo respecto" ao monumento megalítico, reducindo ao mínimo os elementos expositivos, que se trasladan ao centro de recepción. Así, o arquitecto coruñés propón intervencións que axudan a "soster e conservar" o monumento, con criterios de integración de paisaxe e territorio.

Previamente ás futuras intervencións, a Deputación instalou unha carpa de protección para preservar o túmulo nos vindeiros meses.

www.galiciae.com

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2008 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Videoclip de The Homens
Aqui tedes o videoclip que nos fixeron os nosos heroes Isaac Cordal e Roi Fernández (o tocaio do baixisa, o que é bo pavo) de Fundación Intemperie.

O alumbramento ven cun pan debaixo do brazo, xa que quedou finalista no Festival Internacional de Videoclips Musiclip.

Podedelo ver en boa calidade na web de galiciaaraias.com



www.thehomens.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 30-04-2008 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra do centenario do himno galego en Ferrol
A batuta de Pascual Veiga sae á luz en Ferrol xunto á gaita e a pandereita de Xosé Fontenla Leal

O Real Coro Toxos e Froles inaugura esta tarde na súa sede (20.30 horas, entrada libre) unha mostra dedicada ao centenario do himno galego na que poderán contemplarse a batuta de Pascual Veiga e a gaita e a pandereita de Xosé Fontenla Leal.

Tres obxectos estreitamente vinculados a quen fixeron posible que Galicia contase co seu propio himno, e que agora son propiedade do decano dos coros tradicionais galegos. «Tanto a batuta como a gaita e a pandereita son a día de hoxe, a todos vos efectos, patrimonio do Toxos, pero iso é como dicir que son patrimonio de todos vos galegos», dicía onte o presidente do Real Coro, Pedro Sanz. «E sobre a súa procedencia -engadía- non hai misterio ningún: a batuta de Veiga era propiedade de Manuel Montero, o Mago Merlín de Mondoñedo, que quixo doarlla ao Toxos en agradecemento polos lazos de amizade que nos unen con el, mentres que a pandereita e a gaita de Fontenla, que conservaban os responsables na Habana a Asociación Ferrol e Comarca, entregóunola esa entidade en decembro, durante a estancia do coro en Cuba para celebrar, precisamente, os cen anos do himno».

A pandereita, a gaita e a batuta exporanse desde esta tarde en Ferrol xunto a obxectos como o primeiro disco gravado co himno galego.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Frikiroga 2008
3 de maio, parroquia da Hermida, Quiroga.

Festa non-stop

Concertos:

- Santa Compaña,
- Nunca Se Sabe & Kain233,
- Cañita Brava
- Armadanzas,
- Ruxe-Ruxe
- Ultraqäns


Zona de Acampada de valde

Animación
Banda de Gaitas O Recanto
Charanga Os Veraneantes

Actividades:

1º Campionato Mundial de Liado de Cigarros. Modalidades artística e de velocidade.
Trofeo de Chave-Evolution Soccer.
Xogos Tradicionais.
Galiza Pulgas Circus.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-04-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
O folk galego cruza o Atlántico
Berrogüetto está de xira. A banda que revolucionou o folk en Galiza estrea banda e repertorio en México e Irlanda.

Capa do último disco de Berrogüetto Despois de presentar a súa renovada formación no Teatro Rosalía da Coruña, Berrogüetto comeza a tempada 2008 cunha xira internacional que levará aos seus integrantes a partir do 28 de abril e até mediados de maio a México e a Irlanda.

No país latinoamericano actuarán no Teatro Degollado, na cidade de Guadalajara o 1 de maio. A continuación participarán durante dous días na Feira de Sna Marco, en Aguascalientes, o 3 de maio no Teatro del Pueblo, e o 4 no Pabellón de España.

A seguinte parada na xira de presentación do seu disco 10.0 e do seu novo cantante, Xabier Díaz, será Irlanda. Neste país actuarán nas cidades de Ennis, no Glòr Music Centre o 9 de maio, e en Baltimore, dentro do Baltimore Fiddle Festival.

A xira, que os levará tamén a varias cidades do Estado español, fará unha parada especial en Galiza nos vindeiros meses.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño e Mercedes Peón, no festival da asociación de enfermos de alzhéimer
Os gaiteiros Xosé Manuel Budiño e Mercedes Peón son os cabezas de cartel do II Festival de AFAMO, a asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Moaña, un festival organizado por Pucho Romero para recadar fondos para que o colectivo leve adiante actividades cos enfermos e as súas familias. Na edición do ano pasado, a tres euros a entrada, recadáronse uns seis mil euros. Este ano custará cinco euros Celebrarase o próximo día 9 de maio en Reibón, Moaña.

Ademais dos dous gaiteiros, estarán Eva Carreiras, unha das participantes en Operación Triunfo e agora xurado en Son de Estrelas, da TVG; o dúo de boleros Fran e Lolo Miranda, José Costas, Tucho Perete» e o coro San Xosé, o grupo de gaitas Barlovento, o grupo Lembranzas e os humoristas Pepe «O Caramuxo» e Juan Lorenzo. Presentarán o festival Luis «de Nadas» e Xil Ríos.

Budiño, que tamén actuou na primeira edición, o ano pasado, dixo que está xa pensando na axenda dos músicos galegos do próximo ano. «Estaría ben que se pelexaran para actuar non festival de AFAMO», dixo onte, no acto de presentación ao que asistiron a presidenta da asociación Fina Cancelas, o promotor do festival e os concelleiros de Servizos Sociais de Moaña, Cangas e Bueu, concellos que achegan subvencións para o funcionamento de AFAMO. O gaiteiro moañés proponse, efectivamente, convencer a outros músicos da elite galega para que participen en futuras edicións do festival. A súa pretensión é que este festival teña a «máxima repercusión; darlle a máxima bóla posible», asegurou.

Mercedes Peón, dixo, actúa a noite anterior en Málaga e desprazarase a Moaña o mesmo día do festival, acudindo á súa invitación para actuar sen cobrar no festival en prol dos enfermos de alzhéimer. Ambos ofrecerán un breve concerto a dúo, só coas súas gaitas, aínda que Budiño adiantou que non descarta aparecer con algún outro invitado.

AFAMO está á fronte do centro de día de Moaña, ao que acoden 40 enfermos do Morrazo. O centro pasará, probablemente antes do verán, a integrar a rede galega impulsada por Vicepresidencia. A asociación seguirá xestionando o local e a Xunta farase cargo dos gastos

A presidenta indicou que hai outras 20 persoas en lista de espera. Entre os proxectos do colectivo esá facerse cun segundo local para facer con eles talleres, actividades e empezar tamén a traballar con enfermos leves. A asociación impulsa así mesmo diversas actividades de apoio ás familias. Os ingresos do festival representan un 5% do seu orzamento total.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Zënzar inicia xira
O grupo de rock en galego Zënzar inicia os próximos días unha xira para presentar ante o seu público o seu novo disco “Sigue e dálle”.

Segundo os propios compoñentes da banda, trátase do seu traballo “máis elaborado e variado da súa carreira” e caracterizado polo son “guitarreiro” e “rockeiro”.

Entre os primeiros concertos xa confirmados:
2 de maio na Sala Badulake de Ordes.
10 de maio estarán en ‘A Fragua’ de Redondela
16 de maio na ‘Baranda’ do Barco.
23 de maio na ‘D’Antón’, na Laracha,
6 de xuño na sala ‘Gatos’ de Melide.

Todos os concertos comezarán ás 23 horas, agás este últimos que o fará á medianoite. A entrada será de 3 euros en todos os casos.

O espectáculo de Zënzar ao vivo é un percorrido pola súa ampla discografía. Ademais, inclúe algunha versión especial e a colaboración doutros músicos. Este espectáculo é o preámbulo de concertos que ofrecerán con motivo do 20º aniversario da banda, uns directos que aproveitarán para gravar e seleccionar os mellor e máis emblemáticos temas do grupo para incluílos nun vindeiro disco.

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
'Retranca' recibiu o premio de Mellor Revista do Estado
'Retranca' recibiu o premio de Mellor Revista do Estado no Saló del Cómic de Barcelona.

O seu director, o debuxante e guionista Kiko da Silva, reflexiona sobre o proxecto.

Que significa recibir este premio, especialmente tendo en conta a curta traxectoria da revista?

Debémosllo ao público. Era ademais un premio que non agardabamos, de feito estabamos ceando fóra do recinto cando se deron a coñecer os premiados e tivemos que saír correndo para recollelo. Supón unha alegría para nós porque quere dicir que os nosos lectores se acordaron de nós. E fixérono moitos. A organización estaba sorprendida porque non adoita haber moita diferenza entre unha publicación e outra en termos de votacións e con Retranca, sendo unha revista galega que só a coñecen aquí, arrasou. É bonito que un proxecto que nace dende a humildade vaia crecendo e que a xente lle gusta. Todo isto lévanos a poder ter debuxantes galegos cobrando o seu traballo e publicando en galego.

Ve este premio como a consolidación do proxecto ou, polo menos, un paso en firme?

Dá ganas de seguir loitando para que isto se consolide, iso si. Realmente a consolidación da revista perténcelles aos lectores.

A parte do número 6 que xa está na rúa, teñen previstas máis actividades?

Está en marcha a exposición itinerante de Retranca, que xa estivo en Ourense e agora exhíbese en Redondela. A nosa intención é amosar todo o que facemos en lugares onde habitualmente non chegan proxectos expositivos. En paralelo, comezamos a facer pequenas curtametraxes na internet para que o humor galego tamén se expanda pola rede. A iniciativa consiste en animar os deseños da revista. Andamos ademais a darlle voltas á idea de converter en camisetas algunhas das viñetas publicadas. En Barcelona barallouse a posibilidade de facer un premio Retranqueiro, para a mellor e peor iniciativa. Espero que de aquí ao verán xa estea todo encarreirado. Pero o que temos sobre todo, é moitas ganas de dar guerra. Xa neste número estamos moi guerreiros co tema das series de televisión pero o que vén vai chamar moito a atención. Será un especial debate da lingua.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
O cómic galego gaña os premios do público no Saló de Barcelona
A revista 'Retranca', dirixida polo debuxante Kiko da Silva, o autor Alberto Vázquez, director ademais do 'Fanzine Enfermo', e Antonio Seixas fixéronse no Saló de Barcelona cos premios Mellor revista, Mellor debuxo de autor e Mellor guión respectivamente, concedidos polo público.

O público confiou nos galegos. A expectación xerada nos últimos anos ao redor da banda deseñada galega lonxe de decaer na 26 edición da cita máis importante do Estado fixo que se cumpriran as quinielas máis optimistas e que os nosos autores regresasen con varios premios baixo o brazo.

A revista de humor Retranca, dirixida polo debuxante e alma mater do colectivo Bd Banda Kiko da Silva, fíxose co premio do público a Mellor Revista do Estado. Con só 6 meses de andaina, Da Silva asegura que foi “toda unha sorpresa” recibir o premio e unha “alegría moi grande, polo que significa”. “Os nosos lectores acordáronse de nós”, comenta. Como el mesmo explica, en edicións pasadas a diferencia entre a publicación gañadora e a que ocupa o segundo lugar foi mínima. “Nas votación contamos con moitos máis votos que ningunha, e con moita diferenza”, sinala Da Silva.

Á hora de falar da consolidación do proxecto, Da Silva móstrase cauto, pero confesa que o premio “dá ganas de seguir loitando para conseguila”. “É unha tarefa que lle corresponde aos lectores máis que aos galardóns e aos recoñecementos”.

Dentro das actividades paralelas que ten en marcha a revista atópase unha mostra itinerante, que permanecerá en Redondela até finais de mes e na que se exhiben os traballos dos seus autores. Pero a exposición non é a única actividade coa que o colectivo se está a promocionar. Unha delas é a creación de curtametraxes co material gráfico da revista, e a súa exhibición na rede.
Os traballos subirase ao blog da revista e nel poderán participar os creadores que o desexen.
Kiko da Silva anunciou ademais que o grupo está a barallar a posibilidade de crear os premios Retranqueiros á mellor e peor iniciativa da banda deseñada galega do ano, así como a posta en marcha dunha liña de camisolas cos deseños editados na revista.
Neste momento Retranca ten na rúa o seu sexto número dedicado as series galegas.

Alberto Vázquez, mellor debuxo

O autor e director do Fanzine Enfermo foi premiado en Barcelona por partida dupla. Dunha banda físoxe co premio do público de Mellor debuxo por El Evangelio de Judas, editado por Astiberri. Doutra, acadou o premio do xurado ao Mellor fanzine por Fanzine Enfermo, que pechou as súas páxinas o pasado ano. Con este galardón o autor dá por concluído un ciclo na súa traxectoria, máis centrada na actualidade no mundo da ilustración coas súas colaboración no xornal El País e a editora OQO.

Pola súa parte, Antonio Seixas recibiu o premio do público ao Mellor guión por Un home feliz (Edicións de Ponent). Para o debuxante foi unha sorpresa e unha gran satisfacción facerse co recoñecemento e agarda que no futuro se traduza nun maior respaldo editorial.

O premio chégalle inmerso nun novo proxecto: ilustrar o que será o novo disco da banda inglesa Marillion, que verá a luz despois do verán. En activo dende a década do 80, o grupo confioulle ao galego as preto de 200 ilustracións que conformarán o libreto do novo traballo. Como el mesmo explica, as ilustración están dacabalo entre a fotografía e o debuxo dixital explorado en Un home feliz.

Seixas engrosa así o crecente número de autores que se embarcan en proxectos musicais. Máis que falar de fenómeno música-cómic, ve esta tendencia como un xeito de paliar a piratería. Ao seu ver, é necesario ofrecerlle ao público un contido extra que o mova a mercar os discos.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (18/04/08)
Vai de Baile do 18 de abril de 2008

Festixeiros de Culleredo VS Alborada de Cabral

Fase de Concurso



Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 28-04-2008 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso Xacarandaina

XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2008

PANDERETEIRAS

CATEGORÍA A: ata 9 anos inclusive.
1º “Quintán” da A.N.P.A. do CEIP – Mondego.
2º "Cantaruxeiras" da A.C. Donaire
3º “Teirón” da A.C.R. e D. San Martín-Razo

CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos inclusive.
1ºArtabria” da E.B.P. IAR
2º“Chiculateiras” da A.X. “Xiradela” – Arteixo
3ºMar Adentro” da A.C. “As Neves” – Buxantes


CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos inclusive.
1ºTaín” da A.C. Adro-Baio
2º“Névedas” da A.C. Arume-Verdillo
3º“Lanzalía” da A . C. O’Castro-Miño


CATEGORÍA D: dende 18 anos en adiante.
1º “Donaire” da A.C. Donaire
2º Asociación Cultural Os Muiños–Oliveira
3º “A” da E. de M. Cantigas e Agarimos


CUARTETOS

Non houbo categoría A

CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos inclusive.
1º "Zaloira" da A.C. Tremiñado - Ponteareas
2º"As Brañas" da A.M e D.T. Queiroa-Sada
3º Agrupación cultural "Malante·-Malpica

CATEGORÍA C: maiores de 18 anos.
1º“Alxibe” da A.C. Tremiñado-Ponteareas
2º“Donaire” da Asociación Cultural Donaire
3º“Loaira” da A.C. R. e D. O Castro – Miño
Comentarios (39) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Máis videos sobre o IX Concurso Xiradela
Menudo movemento de comentarios sobre o concurso de pandereteiras da fin de semana pasada en Arteixo.

Aproveito para lembrar que tod@s purramos pola música tradicional así que pedimos novamente que os comentarios sexan o máis respectuosos e constructivos posibeis. Que os concursos e competicións non empañen a boa convivencia entre os membros dos grupos.

Un saudo a tod@s e podedes continuar o debate iniciado en

IX Concurso de Música Tradicional Xiradela

Pandereteiras "Os Muíños de Oliveira"
1º Premio da categoría D. (Canto, Ribeirana e Xota de Malpica de Bergantiños)



2º premio da categoría D no concurso de Xiradela 2008. Grupo de pandereteiras Velaivén da A.C. Donaire.



"Meniñas" do grupo Tarambainas
1ºPremio Categoría A



Axeitadiñas, da Asocición Cultural Donaire



As cantareiras de mondego



Pandereteiras de Donaire


Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá
Hoxe luns.

O luns 28 de Abril poderemos ver un novo capítulo do programa Alalá que fará un repaso da traxectoria dun dos gaiteiros máis coñecidos do panorama musical galego: Xosé Manuel Budiño.

"A historia dos gaiteiros do século vinte e un cambiou moitísimo e hoxe recoñécese o seu traballo no ámbito internacional. Como cambiou todo! o son da gaita soa en Sofía, Bos Aires, México D.F, Líbano ou Siria. Por estes e moitos outros lugares do mundo está presente a música do artista e gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño. Desde que sentiu a chamada dos escenarios sendo moi noviño, a súa carreira foi imparable: formouse na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña a principios dos oitenta, participou na Banda de Gaitas Xarabal e funda o grupo Fol de Nui.

Alalá estará esta noite co artista, agora que se cumpren dez anos do seu primeiro disco, e desde aquela as viaxes polo mundo foron constantes, os contactos con outras culturas e outros músicos foron habituais e os premios e candidaturas souberon agradecer a carreira dun gaiteiro innovador por convicción, viaxeiro nato e creador incansable. Home é o novo traballo feito por el, pero tamén un novo espectáculo que viviremos hoxe no programa Alalá.

A mecha da súa carreira en solitario prendeuse con "Paralaia", un disco co que se aventurou a marchar a Bretaña para ofrecerllo a un gran músico e produtor, Jacky Molard. A este primeiro disco seguíronlle "Arredor" e "Zume de Terra". "



Hoxe ás 21.30 h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro interxeracional do concello de Valga
Co motivo do I Festival Interxeracional quixemos rememorar unha das tradicións que pervivira ata fai poucos anos no concello de Valga: O Proceso de Elaboración do Pan.

En colaboración cos Colexios de primaria e a Asociación Axentiva lembramos a sementeira, colleita, malla, moenda, amasado e degustación dos produtos resultantes na Candieira.

Presentouse unha memoria o proxecto Ronsel, que é unha inciativa da Consellería de Cultura e Deportes, a Consellería de Innovación e Industria, AGADER, e as tres universidades galegas, coordinada desde a Universidade de Vigo, para a recuperación, posta en valor e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial galego.

Os coordinadores do proxecto consideraron que a nosa iniciativa cadraba a perfección nos obxetivos do proxecto polo que están dispostos a prestarnos o apoio e asesoramento que precisemos para volver a recuperar esta tradición.



Levarase a cabo todo o proceso de elaboración do pan: SEMENTEIRA, COLLEITA, MALLA, VERUTO, MOENDA, AMASADO, ROMERÍA NA CANDIEIRA e EXPOSICIÓN.

Tentaran reflexar fielmente a realidade, para iso contan con membros da asociación Axentiva (os nosos maiores) que son os que viviron toda esta tradición e están moi ilusionados con poder aportar o seu coñecemento para esta experiencia.

Todos os participantes irán ataviados con roupas da época e usaranse os apeiros de labranza antigos.
As pandereteiras intervirán en cada actividade.
Na sementeira usaran arado de pau e vacas.
Dividiran a leira en dúas partes. Nun lado sementarán os maiores e noutro os nen@s cos seus mestres.
As pandereteiras situaranse na entrada da leira.



Para a colleita usaranse fouciños e carro de vacas para levar a palla ata o colexio “Xesús Ferro Couselo”. Alí deixarase uns días para despois levar a cabo a malla que se fará cos manles, en grupos de cinco persoas. Según se remate a malla, irase facendo o palleiro e separando os grans do trigo que quedarán a secar uns días. Verutarase nas peneiras e levarémolo ó muíño de auga. Unha vez traída a fariña voltarase verutar. Nos colexios, maiores e pequenos amasarán, e faranse bólas pequenas de pan que cada neno levará para a súa casa.

Como remate final faremos unha romería na Candieira (toxeira rodeada de piñeiros). Faranse empanadas, rapotes, biscoitos e roscas co trigo sementado. Cantarase e bailarase ó son das nosas pandereteiras.

Remataremos cunha exposición final no Auditorio de Cordeiro, onde con medios audiovisuais e fotográficos faremos un percorrido por todo o proceso ó mesmo tempo que mostraremos os apeiros utilizados.

Durante todo o proceso, utilizaranse os seguintes materiais:

o Apeiros de labranza: arado de pau, legoñas, angazos, cestos, carro, verutos, peneiras…
o Vacas
o Semente do trigo, abono.
o Vestimenta…

A sementeira terá lugar o mércores, 30 de abril ás 11:00 a.m. na finca “O Pradiño” situada no lugar de Loncras, Ferreirós – Cordeiro (Valga).

www.webs.uvigo.es/ronsel
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2008 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumbá estrea novo disco coa mesma vocación verbeneira
A banda homenaxea con «Paraugas universal» a Xan da Coba, inventor do trampitán

Son nove e, a pesar diso, andan todos ao mesmo. Lamatumbá acaba de editar o seu «segundo disco en serio», Paraugas universal (Pai-Música, con produción de Segundo Grandío) e coa intención de divertirse e divertir.

Este novo disco da formación que por maioría é ourensá supón, segundo Anxo, o seu clarinetista, unha continuidade e algunhas novidades. A continuidade é no espírito da música e das intencións: «Facemos pachanga e imos incorporando algunhas cousas, pero a intención é sempre a mesma».

Anxo asegura que, con respecto ao anterior disco, Lume, hai un cambio de tempo fundamental: «O anterior supuña o resumo de case sete anos de banda. Este novo correspóndese moito máis co que o grupo quere facer agora».
Entre as novidades, a incorporación dunha segunda guitarra eléctrica á banda, o que, segundo algúns dos seus membros, supón un son un pouco máis rock. No entanto, hai unanimidade ao entender que os cambios de son non afectan á capacidade de facer festa dun conxunto que, segundo as etiquetas, fai fusión con ska e reggae . Os cambios, como neste caso, tampouco están pensados a priori. Pedro, o baixo, divírtese explicando: «Xeralmente non adoitamos pensar, así que para os cambios tampouco». Anxo explica, máis en serio, que non se trata de decidir se queren «ir cara a un lado ou outro». «Aparece alguén que funciona ben no grupo e incorporámolo, toque o que toque». O grupo vese capaz de incorporar a un pianista clásico e seguir facendo pachanga.

Hai outra novidade con respecto a Lume. Naquel disco as pezas chegaron ao estudo despois de moitas verbenas. Neste Paraugas universal as pezas chegan primeiro ao disco que ao vivo. O grupo considera que son unha banda de directo que aprendeu «a manexarse no estudo». Por máis que a súa gana de directo tira á hora de ir facendo as cancións, Pedro asegura que cando gravan teñen en conta que é un disco «e que o directo non ten por que soar igual, o disco ten que funcionar por si mesmo».

Unha banda ourensá
Pero o hábitat natural do grupo con base en Ourense é a festa. Segundo o seu baixista, non se trata tanto de saber se é mellor tocar en verbenas ou en auditorios como de ter a actitude da festa «en calquera lado; o hábitat de Lamatumbá é a súa actitude».

Anxo apunta que, aínda que poida parecer outra cousa, «entrar nas verbenas é moi, moi complicado», e sinala que a alternativa que funciona mellor para eles son os festivais.
Na súa defensa, os integrantes da banda sinalan que «de cando en vez poderían probar algún outro tipo de verbena que non estivese protagonizada polas orquestras; sería máis barato e máis divertido».

Paraugas universal leva no título unha referencia a Xan da Coba, personaxe dos primeiros do século XX que elaborou un idioma propio, o trampitán, escribía comedias e inventou un paraugas que, chantado no Polo Norte, serviría para evitar as molestias que causa a chuvia no planeta.

Lamatumbá, segundo o seu saxo, Iván, reivindica ese personaxe capaz de «propoñer todas esas cousas nun Ourense moito máis pequeno e antigo».

www.lavozdegalicia.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Fabricación de instrumentos vexetais en Pontevedra
Curso: Fabricación de instrumentos vexetais

• Día: domingo 4 de maio do 2008
• Hora: 17:00 h
• Lugar: As Grades o carón da Ponte da Condesa, na ribeira do río Tomeza .
• Nº de prazas: 15
• Impartido por: Manuel Rodríguez, de Mogor, e por membros de Os Chichisos

• Información e inscricións: 676.842.942


PROGRAMA:

• 17.00 h: construcción de diversos instrumentos tales como gaitas, frautas rectas e traveseiras, turutas, carrizos, castañetas, carracas, etc. con elementos vexetais (sabugueiro, cana, espadanas, salgueiros, ameneiro, etc.).


“Da beira do río
chegaban cantigas
choutando nas leiras
molladas de risa”

Luís Amado Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-04-2008 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 25 (Venres)
• Evaristo Alejos (gaita) e Luis Correa (zanfona) no Marco de Vigo
• Regueifas co Pinto de Herbón, Luis Caruncho, Benito Lobariñas e Augusto Canario ás 19:00 na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense
• Mini e Mero ás 22:00 na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Vozes da Radio (Portugal) no Aturuxo (Bueu)
• Faltriqueira no Teatro Principal (Compostela)
• Som do Galpom no Zona Zero (Caldas de Reis)
• Ultraqáns e Trapalhada no Gomes Gaioso da Coruña
• Brath no Teatro Colón (A Coruña)
• The Homens no Liceum (O Porriño)
• Ataque Escampe no Aturuxo (Boiro)
• Fía na Roca en Pontevedra Adiado
• Victor Aneiros Band en Oleiros
• Abe Rábade Trío en Allariz
• Leo e arremecaghoná! na Revolta (Vigo)
• Tres Estralos no Heicho de dar queridiña da Insua (Pontecaldelas)
• Os Reventapeitos na Taberna de Isaac (Barreiro-Vigo)
• Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela) Adiado
• Marta Quintana no Golem (Vigo)
• Sondeseu en Ourense

Sábado 26
• Loretta Martin no Mardigrass da Coruña
• Vozes da Radio (Portugal) no Clavicembalo (Lugo)
• Leo i Arremecaghoná! no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Faltriqueira nas Pontes (A Coruña)
• The Homens na Sala Universal de Cedeira
• Mini e Mero no Aturuxo (Boiro)
• Isga Collective na Reserva (Carballo)
• Som do Galpón no Bar Labranza (Bueu)
• Xavier Díaz e Nelsom Quinteiro no Gomes Gaioso da Coruña
• Ataque Escampe na Revolta (Vigo)
• Foliada nas Pontes na cafetería Lar
• II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
• Ruada en Catoira
• Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
• Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)
• Serán do Gaiteiriño (Aldán)
• Serán denuncia "Beira do mar" en Baiona (de 12:00 a 24:00)

Domingo 27
• XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2008
• Domingo polbeiro en Gondomar
• Foliada no Bar Palitos de Lalín ás 19:00
• IV Foliada de Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
-Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)
-Serán do Gaiteiriño (Aldán)
-Serán-denuncia "Beira do mar" en Baiona (de 12:00 a 24:00)

Domingo 27 de Abril:
-IV Foliada de Melide

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello” en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-III Serán do Mar de Rianxo
-Serán en Valadares (Vigo)

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Redondela (Alameda)

Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
-Serán do Carballal (Vigo)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced

Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-04-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Tres Estralos no Heicho de dar Queridiña

Estades invitados a actuación que hoxe venres dia 25 de abril (Dia da revolución dos caraveis) damos o grupo.

TRES ESTRALOS. Esta vez contamos coa colaboración de dous convidados de excepción:
Roi Maceda. do grupo Quempallou, ' O SERRADOR DO INCIO'.
E o virtuoso violinista do grupo MacFeck, Harry 'O VIOLINISTA DO AUTOBUS'.

Será na catedral da Gaita, no mítico local HEICHO DE DAR QUERIDIÑA (A Insua - Pontecaldelas), governado polo non menos mítico Dn Xosé Carlos PEREIRA.
As 23 e pico mais ou menos.

Ven escoitarnos e participarás no sorteo dun arpa donada polos grandísimos luthiers Luis Martinez e Lorena Reinaldo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Lerele lele! versus Ailalelo ailalalo!
Baiona celebra a un tempo a Feira de Abril e o I Serán á Beira do Mar

A asociación Ximbaleu organiza un "macroserán" popular no que uns 30 grupos han encher o casco vello da vila, nunha reivindicación da cultura e da música galega.

O Concello de Baiona organizou, algo lonxe de Sevilla e xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACEBA) e a Escola de Flamenco, unha Feira de Abril na vila, ao máis puro estilo andaluz, que ha encher a praza do Concello os días 25, 26 e 27 de abril.

Cando se soubo do evento, saíronlle moitas críticas, entre elas a da Asociación Ximbaleu, que, estando a piques de xurdir na vila, apurou e vaise presentar publicamente o mesmo sábado, cun "macroserán" reivindicativo, no que se quere lembrar a cultura e a música propia do noso país.

Vieiros falou con Roberto Carlos Valverde, membro da asociación acabadiña de nacer que, ademais de nos explicar de onde vén o nome do colectivo (o ximbaleu é o pau que empregan os mariñeiros para descargar, colléndoo entre dous, cada un por un extremo, as caixas de peixe do barco, cousa que di que eles tamén teñen que facer coa nosa cultura, traela, achegala...), deunos as razóns polas que se opoñen á celebración "improcedente" da Feira de Abril.

Abríndolle paso á cultura propia
"Estabamos en vías de creación da asociación, nacida para pór en valor a nosa cultura a través de distintas actividades en Baiona, cando o concello presentou a feira. Daquela pensamos en acelerar a presentación de Ximbaleu e facémolo cun acto pseudoreivindicativo, este macroserán", dixo Valverde, ao tempo que sinalaba que o de "macro" acáelle ben, xa que teñen confirmado a súa asistencia xa trinta grupos de música tradicional distintos, varios poetas (entre eles Anxo Angueira) os regueifeiros Lois Carruncho e Benito Lobariñas, o cantautor Tino Baz... "Animáronse moitos grupos e imos comezar ao mediodía, percorrendo as rúas do casco vello... agás na zona na que está a Feira de Abril".

"Eles teñen medo a que vaimos rebentarlles a festa", afirmou Roberto Carlos Valverde, "Mais nós só imos facer unha festa coincidente no espazo e no tempo".

Moi lonxe de Sevilla...
En Baiona non existe tradición ningunha relacionada coa cultura andaluza: "tampouco existe ningún colectivo andaluz", dixo Valverde, "só estamos irmandados con dúas vilas de Andalucía, polo do Dexcubrimento de América... e nós non estamos en contra desta cultura nin das súas manifestacións. Nós estamos en contra do xeito que ten de actuar este concello coas asociacións culturais da vila e cos actos que organizan".

De feito, a asociación reclama que dende o concello se lle dea máis apoio ás celebracións da cultura tradicional galega, posto que, segundo contou Valverde, o máximo que se fai é deixar actuar a algún grupo da zona polo verán ("cobrando menos do que habitualmente") e o Día das Letras Galegas organízase unha marcha cicloturista, e óbvianse as celebracións relacionadas coa lingua e a cultura galega.

www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
A Conferencia Sur imparable: 1ª Copa do Salnés de Billarda
A emoción da billarda concéntrase esta fin de semana na parroquia de Xil, en Meaño, na 1ª Copa do Salnés de Billarda.

Na pista das Angustias, que aspira a converterse no Anfield da Billarda, a Conferencia Sur presentarase formalmente diante dos máis experimentados xogadores do norte. Será a nosa reválida logo do espectacular nacemento en Torroso da máis noviña (por agora) das conferencias da LNB.

En Xil presentarémonos unha ducia de palanadores e palanadoras do sur, que xunto con varios xogadores de Meaño, reclutados por Abel da Taberna da Cancela, e o apoio dos incondicionais siareiros meridionais (you'll never walk alone), tentaremos facer un bo papel ante o Combinado Norte. Será un cara a cara intenso, por iso e para que non salten as chispas con tanta emoción, antes compartiremos mesa e mantel no restaurante O Noso Bar.


Nen a Copa de Europa nen a ensaladeira de Wimblendon se poden comparar ó espectacular e cegador brilo que desprende ista obra de arte construida no Sur polos grandes artesáns da LNB, dirixidos polo poderoso mestre Rubén Otero .

A Copa Salnés agarda xa a que os equipos do Norte e do Sur invadan a pista de Xil para tentar levala a un dos hemisferios en loita, e mentras a gran tribu do Sur entoa o you'll never walk alone para amedentrar ó tenso Norte que agarda coma un gato raxado entre os ramallos a que den as 16 h do domingo para avalanzarse sobre a súa presa na pista da capela da Angustias, o viño dos furanchos ferve nos barricos desexando saber que beizos bicarán a copa e beberán o seu líquido.

http://lnb-sur.blogspot.com/

Insistimos.....máis angustiosa espera , imposíbel!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
Apertura dun novo Centro Social na Coruña
Sexta-feira 25 de Abril (Revoluçom dos Cravos)

Às 19 horas, inauguraçom do centro social Gomes Gaioso, rua Márconi nº9 rés-do-chao.
Haverá petiscos de graça e DJ Matherial porá música galega e da lusofonia (reagge, punk, rock, rap, ska...).

Às 22 horas concerto na sala Ínox com os grupos corunheses:
- Trapalhada (Ska-punk)
- Ulträqäns (Spiz-folque),

bilhete 3€.


Sábado 26 de Abril (Mártires de Carral)

Às 14.30 jantar popular (preço 5€)
Ás 16:30 foliada, traz o teu instrumento!!
Ás 20:30 Duelo entre os Regueifeiros Filipe de Dodro e Josinho de Teixeira e os rapeiros e beat-box Mitram e Gende.

Ás 22:30 concertos de :
- Nelsom Quinteiro
- Xavier Diaz


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega para plantas no Marco de Vigo
Paralelamente á exposición de Peter Coffin, e como parte integrante desta, todos os venres terá lugar un concerto para plantas dentro da obra Sen título (Greenhouse), 2002, de Peter Coffin, nunha das salas de exposición.

Greenhouse é un invernadoiro cheo de plantas de distintos tipos, coa intervención de músicos en vivo. Está iluminado con luces especiais para o crecemento das plantas e, máis aló do que poida parecer, funciona como lugar de performance, de experiencia e participación. Está cientificamente comprobado que as prantas reaccionan positivamente á música, pero a peza de Coffin non intenta validar esta teoría, senón explorar as posibilidades de dous mundos, un orgánico e outro creativo, xogando coa intuición, a improvisación e o indeterminado da situación, buscando contrastes e novas relacións entre o científico e o subxectivo, entre a natureza e a cultura.

Salas de exposición do primeiro andar
Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

venres 25 abril
Gaiteiro e Zanfoña. Música tradicional galega.
Evaristo Alejos "Alex" (gaita) e Luís Correa "O Caruncho" (zanfoña e percusión)

Horario: ás 20.00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso de música tradicional Xacarandaina

XIX Concurso de música tradicional Xacarandaina

Domingo 27 de Abril
Mañá (10:30): categorías A e B coa súa entrega de premios correspondente,
Tarde (16:00): categorías C e D, coa súa entrega de premios correspondente.

Este ano, con motivo da celebración do XIX Concurso de música tradicional no recentemente reformado teatro COLÓN, estarán as entradas á venda con anterioridade ó propio día.

Xa podedes facervos coa vosa localidade entrando na web www.caixagalicia.es, na sección taquilla. Ou ben, no teléfono 902.43.44.43. Tamén continuarán á venda no teatro o día do concurso.

O prezo será de 3€ para o horario de mañá ou para o de tarde.
Haberá tamén un abono para a xornada completa, con precio de 5€. Este abono poderá adquirirse únicamente o día do concurso nas taquillas do teatro.


- O concurso terá lugar o domingo 27 de Abril no TEATRO COLÓN sito na avda. Da Mariña da Coruña, á mañá para as categorías A e B ca súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para a categoría C e D, ca súa entrega de premios correspondente.

- Constará de 2 modalidades:
Pandereteiras
­Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.

Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: dende 18 anos en adiante.

Na modalidade de cuartetos, haberá tres categorías:
Categoría A: ata 13 anos inclusive.
Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría C: maiores de 18 anos.

A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

- É obrigatorio o uso do traxe tradicional.

- No momento da calificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.

­ O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS Á A.X XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.

- Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

- Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-04-2008 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do folclore galego na Coruña

Clases de balde o sábado 26 ás 22h diante do Rosalía de Castro

Xacarandaina colaborando co Concello e dentro do programa de ocio NOITE NOVA, ofrece clases de balde e representación do folclore do país.

Muiñeiras, xotas, maneos, pandeiretas, gaitas, tamboriles, bailadores e bailadoras, haberá de todo, e queremos que ti tamén participes con nós, trae a todos os teus amigos e desfruta mirando, pero tamén participando porque se queres che ensinaremos a bailar e a tocar a pandeireta e o mellor é que as clases son de balde e para toda a familia.

Pásao a todos os teus contactos, e achegadevos todos, porque será unha gran festa e unha boa oportunidade de achegarte ao teu folclore, ás túas raíces.

Asociación Xuvenil XACARANDAINA
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2008 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
IV Foliada de Melide 2008
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-04-2008 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da Foliada de Melide
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-04-2008 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega
O próximo domingo 27 de abril celébrase en Melide, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Asociación Castelo de Melide, o III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega.

Será a partir das 11h da mañá no centro multiusos desta localidade e a entrada é totalmente gratuíta.

Ao longo da mañá abordaranse temas fundamentais e problemáticos, tanto para artesáns como para intérpretes, que xiran en torno á elección da palleta, empalletado, afinación da gaita, conservación das palletas... e todo se fará baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a que teñen os participantes neste seminario: Amado Domingo “Cubero” e Sito Carracedo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, con este seminario, quere facer especial fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Durante todo o día poderase asistir ás diferentes actividades que a Asociación Castelo de Melide ten programadas na IV Foliada de Melide.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-04-2008 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-04-2008 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer