Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Leilía en Ribadeo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2023 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía despídese dos escenarios após 34 anos

As artistas que marcaron un antes e un despois no panorama da música tradicional da Galiza poñen fin a unha exitosa carreira coa xira 'Vidas Cantadas'.

Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez deron vida á xa mítica banda Leilía en 1989 co obxectivo de "recuperar do esquecemento a tradición oral". Agora, máis de tres décadas despois, anuncian a súa despedida dos escenarios. Será coa xira Vidas Cantadas, a derradeira, coa que pretenden "fechar un círculo" retomando cancións do vello repertorio mais cun "aire novo".

No multitudinario concerto que ofreceron o pasado sábado na Festa do Queixo de Arzúa avanzaron a decisión, que provocou unha forte ovación do público. Ao longo do ano levarán o seu espectáculo a diferentes puntos da Galiza, manténdose sempre fieis á súa esencia: "Pór en valor a tradición oral herdada das mulleres das aldeas que compartiron connosco coplas, toques e moita sabedoría popular".

Desde o grupo lembran que, cando comezaron a súa andaina, o canto e a pandeireta "estaban esmorecendo" na Galiza. Porén, hoxe, botando a vista atrás, ven como "esta realidade mudou" e agora estes elementos forman parte das vidas de moitísimas persoas deste país.

"Estamos moi contentas e orgullosas de todos os pasos dados ao longo destes anos, e estamos infinitamente agradecidas ás nosas informantes, e tamén ao público que nos apoiou e arroupou", afirman as artistas que marcaron un antes e un despois na música galega.

Na última entrevista que concederon a Nós Diario, en xullo do pasado ano, explicaban o significado deste último traballo: "Tanto tempo permítenos dicir que levamos unhas 'Vidas Cantadas', como cantadas tamén eran as vidas das mulleres das aldeas que nos aprenderon canto sabían e das que nós bebemos o zume da terra".

"Se botamos a vista atrás sentimos orgullo polo labor feito na recuperación e dignificación de tradición oral galega, pero tamén pola influencia que tivemos na expansión e recoñecemento desta, ao sacar do esquecemento parte do legado cultural deste país", rememoraban.

www.nosdiario.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2023 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
- Pan Sen Fron en Sedes (Narón)
- Dios Ke Te Crew en Vigo
- Maskarpone no Antigua o'Renque (Ourense)
- Os Carunchos en Melide

Sábado 4
- Obradoiro de reglaxe de zanfona en Torroso (Mos)
- IV Gala Rosalía Foliadeira en Padrón
- VI Festival Candeloria (Lugo): Dakidarría, Sondarúa, S.A.,...
- Faltriqueira na sala Room (Ferrol)
- Cantos de taberna en Baralla
- Fillas de Cassandra na sala Capitol (Compostela)
- Polavila no Piornedo
- Foliada na Coruña
- III Foliada Carcaxía (Malpica)
- Foliada en Balboa (O Bierzo)

Domingo 5
- Foliada vermú no Aturuxo (Bueu)
- Os erdeiros dos Morenos na Cantina Candela (Vigo)
- Tanto Nos Ten en Quintela (Redondela)
- Os Carunchos en Chapela (Redondela)
- Leilía e Tanxugueiras en Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2023 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada vermú en Bueu
FOLIADA-VERMÚ
Presentacións "Concha do Canizo" e "Damas e Ghaláns no Entruido de Nergha"
Volvemos ao Aturuxo ca foliada-vermú ''Arredor da Tradición''. Denantes da foliada aberta, faremos unhas breves presentacións das nosas últimas publicacións: “Concha do Canizo. Este pandeiro que toco” (A Central Folque 2021) e “Damas e Ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo” (SAGA, 2022).

Haberá sorpresas e moito baile.
Vide celebrar e compartir a nosa tradición oral.

Aturuxo Bar (Bueu)
Domingo 5 de Marzo a partir das 12.00.
De balde.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2023 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de música tradicional de Xiradela
XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.

6. Os premios serán os seguintes:

1o premio: trofeo e 300 €
2o premio: trofeo e 200 €
3o premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade.
- A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 23 de abril de 2023 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seránlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a data do concurso.

10. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición.

11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 25 de marzo as 12:00 e remata o mércores, 12 de abril ás 24:00.

12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 2023.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-03-2023 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira na sala Room (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Balboa (O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-03-2023 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada Carcaxía (Malpica)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-03-2023 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-03-2023 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Polavila no Piornedo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-03-2023 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os erdeiros dos Morenos na Cantina Candela (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos pola inauguración do Centro Cultural Quintela (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos en Chapela (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Pan Sen Fron en Sedes (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía e Tanxugueiras en Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-03-2023 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Maskarpone no Antigua o'Renque (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Fillas de Cassandra na sala Capitol (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Baralla
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival Candeloria (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-03-2023 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
IV Gala Rosalía Foliadeira en Padrón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de reglaxe de zanfona en Torroso (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-03-2023 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto da axenda marzal
Corta feira 1 (Mércores)
- Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 2 (Xoves)

Sexta feira 3 (Venres)
- Pan Sen Fron en Sedes (Narón)
- Dios Ke Te Crew en Vigo
- Maskarpone no Antigua o'Renque (Ourense)
- Os Carunchos en Melide

Sábado 4
- Obradoiro de reglaxe de zanfona en Torroso (Mos)
- IV Gala Rosalía Foliadeira en Padrón
- VI Festival Candeloria (Lugo): Dakidarría, Sondarúa, S.A.,...
- Faltriqueira na sala Room (Ferrol)
- Cantos de taberna en Baralla
- Fillas de Cassandra na sala Capitol (Compostela)
- Polavila no Piornedo
- Foliada na Coruña
- III Foliada Carcaxía (Malpica)
- Foliada en Balboa (O Bierzo)

Domingo 5
- Foliada vermú no Aturuxo (Bueu)
- Os erdeiros dos Morenos na Cantina Candela (Vigo)
- Tanto Nos Ten en Quintela (Redondela)
- Os Carunchos en Chapela (Redondela)
- Leilía e Tanxugueiras en Arzúa

Segunda feira 6 (Luns)

Terza feira 7 (Martes)

Corta feira 8 (Mércores)
- Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 9 (Xoves)

Sexta feira 10 (Venres)
- Foliada aberta do Pichel (Compostela)

Sábado 11
- Obradoiro de pandeiro en Compostela
- Obradoiro de precusión miúda en Canido (Ferrol)
- Festival Cantar das mozas en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
- Trapallada e Maskarpole na Fundación Artabria (Ferrol)
- Familia Caamagno na Fábrica de Chocolate (Vigo)
- Leilía en Ribadeo
- Tor en Ortigueira
- Måi e Zeltia Irevire na sala Rebullón (Mos)
- Foliada de Inverno do Castiñeiro Milenario (Begonte)
- Ruada na telleira (Boimorto)
- Serán de Arbo
- Serán de Guillade (Ponteareas)

Domingo 12
- Gala 25 aniversario O Fiadeiro no Teatro A Fundación (Vigo)

Segunda feira 13 (Luns)

Terza feira 14 (Martes)

Corta feira 15 (Mércores)
- Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 16 (Xoves)

Sexta feira 17 (Venres)
- Lontreira na Fabrica de Chocolate (Vigo)
- Grampoder no Riquela Club (Compostela)

Sábado 18
- Skarnio, Flow do Toxo, Quinkillada e High Paw na sala Masterclub (Vigo)
- Demencia Sonora e Deseqilibro Mental na sala Rebullçon (Mos)
- Dios Ke Te Crew na Coruña
- Sondarúa na Arca de Noé (Vilar de Santos)
- VI Son Cervexeiro (Ortigueira)
- Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- I Serán Porco ao Espeto de Sobrada (Tomiño)
- Serán no Freixo (Vigo)

Domingo 19

Segunda feira 20 (Luns)

Terza feira 21 (Martes)

Corta feira 22 (Mércores)
- Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 23 (Xoves)

Sexta feira 24 (Venres)
- Sondarúa en Ponteareas
- Trapallada e Quinquillada na sala Karma (Pontevedra)
- Brais Morán no Clavicémbalo de Lugo

Sábado 25
- VII Estremonía cantada en Sarria
- Ruxe Ruxe na sala Capitol (Compostela)
- Skarnivals en Ourense
- Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Domingo 26
- Ailá na sala Capitol (Compostela)
- Faíscas da Pontraga e a Gramola Gominola en Moeche
- Os Carunchos na Arca de Noé (Vilar de Santos)

Segunda feira 27 (Luns)

Terza feira 28 (Martes)

Corta feira 29 (Mércores)
- Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 30 (Xoves)
- Fillas de Cassandra en Lugo

Sexta feira 31 (Venres)

Axenda completa en: www.blogoteca.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-03-2023 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0