Sexta feira 17 (Venres)
- Lontreira na Fabrica de Chocolate (Vigo)
- Grampoder no Riquela Club (Compostela)
- Loita Amada no café Casino de Lalín
- Os Melidaos na Fundación (Melide)
Sábado 18
- XII Festival infantil Donaire (A Coruña)
- Skarnio, Flow do Toxo, Quinkillada e High Paw na sala Masterclub (Vigo)
- Demencia Sonora e Deseqilibro Mental na sala Rebullçon (Mos)
- Habelas Hainas no Marco (Vigo)
- Davide Salvado en Vilela (Os Ancares)
- Loita Amada no Auriense (Ourense)
- Escaravelllos en Gondomar
- Dios Ke Te Crew na Coruña
- Sondarúa na Arca de Noé (Vilar de Santos)
- VI Son Cervexeiro (Ortigueira)
- Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- I Serán Porco ao Espeto de Sobrada (Tomiño)
- Serán no Freixo (Vigo)
- V Foliada dos Pepes en Merlán (Palas de Rei)
- Foliada en Francos (Teo)
¡¡¡XA NOS TARDABA!!!
(Ou de como uns rapaces volveron xuntar a Lamatumbá)
Dende que gardamos os tarecos, alá polo 2011, moitas foron as veces que escoitamos aquilo de : "había que ir volvendo, ou?". Mesmo algunha oferta gorentosa asomou, e máis dunha vez, entre chupito e chupito, despois dun churrasco (como debe ser), algún soltou aquela de:"pois molaba facermos un veraniño", simplesmete por matar o bicho, e conxurarmos un pouco a saudade daqueles anos.
E tiveron que ser uns rapaces que nin sequera naceran naquel 2011 os que prenderan a mecha, cando lles dixeron aos seus pais a música que querían que soase na película na que estaban a traballar: a que levaban escoitando dende cativos no coche familiar: Lamatumbá.
Unha cousa levou a outra, uns plans que a pandemia trastocou levaron a outros, e, cando nos decatamos, estabamos outra vez engrasando a "malladora", como aquela vez nos bautizara Xurxo Souto.
Pero esta xuntanza de vellos amigos non estaría completa sen vós, sen toda a xente que estivestes con nós todos eses anos, e sen toda a que, dende aquel 2011, seguiu escoitando a Lamatumbá, botando de menos os concertos, ou simplesmente quedou coa curiosidade de como sería ver a aqueles que seica tanta festa montaban.
Primeiras datas_
- Festival Trece Roeis (Ferreira de Pantón)
- Festival Revenidas (Vilaxoán)
...
Así que…
¡¡¡Estás convidado, my friend!!!
¡¡¡Estás convidada, meu ben!!!.
O domingo 12 de marzo ás 18:30h celebraremos no teatro Afundación de Vigo unha gala creada para conmemorar os 25 anos da nosa asociación.
O obxectivo principal será divulgar e promover o patrimonio inmaterial, realizando unha viaxe no tempo a través da interpretación de melodías e bailes de todo o territorio galego que acompañaron ó Fiadeiro ó longo da súa historia.
A escolla está feita para amosar a evolución do grupo, apoiada pola proxección dunha curtametraxe e unha coidada posta en escena.
Con todo isto esperamos que todas e todos vós poidades vivir algo único.
Esperámosvos!
Este sábado na Cantinacandela Candelacantina de Vigo, Roberto F. Sobrado, O Leo de Matamá e Xose Constenla presentan co seu grupo " Os Tres Pés", o disco homenaxe a Suso Vaamonde co seu álbum " Tres Pés para un Suso ", practicantes da libre heterodoxia poética e musical, vémonos a partir das 21:30 !!!