Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Folixa Astur en Couso (A Estrada)

Hoxe venres 31 de marzo celebraremos a I FOLIXA ASTUR, con xentes da zona do NAVIA-EO, occidente asturiano, concretamente con compoñentes da bandía tradicional Caldo y Os Rabizos, unha bandía de música tradicional composta de Gaita, redobrante, bombo, saxofón e acordeon. A eles sumaranse máis persoas do occidente Asturiano! LUMEEE!!

A parte da música e Baile, cousa que está asegurada, tamén teremos unha pota de fabas, chourizos e queixo, para que a sidra baixe mellor!
Vémonos o Venres a partires das 22:00!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-03-2017 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Casino de Vilasobroso (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-03-2017 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-03-2017 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
II Tresfoliando (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-03-2017 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Reconquista en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Encontro-Degustación Millo Corvo (Meiro-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Recambios Tucho en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
A Gramola gominola presenta disco en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Zóupalle en Vigo e na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-03-2017 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida de Labregos do tempo dos Sputniks (Compostela)
Xs Labregxs do Tempo dos Sputniks Dicimos Adeus despois de 10 anos e un disco, Libremente, nunha festaza en Compostela con todxs xs amigxs, xs de abaixo do escenario e xs de enriba: Miniemero e Tabula Rasa. A millor forma de irse, arrodeadx da xente que queres.
Saúde!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Gala benéfica en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Milesios en Outeiro de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Xose Manuel Budiño en Compostela
O músico Budiño quere compartir cos composteláns os 20 anos de vida do seu disco debut “Paralaia”. Farao o vindeiro 1 de abril ás 21:00 horas na Sala Capitol e estará acompañado dunha banda nova formada para tan sinalado aniversario.
Xuntos ofrecerán un concerto renovado e actual dun álbum que fixo historia na música galega. “Paralaia” (1997), amais de marcar un punto de inflexión no xeito de entender o folk, conseguíu entre outros, unha chea de recoñecementos como os premios da Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE), o da Asociación de Artistas Intérpretes e Executantes de España (AIE), ou o Premio da Música en España á mellor canción en galego por Ardora. Amais, foi un dos cinco mellores discos do mes na revista londiniense “Folk Roots”, unha das publicacións musicais máis prestixiosas do mundo.

Logo de 20 anos, “Paralaia” volve aos escenarios cunha nova edición remasterizada en un formato especial de libro–disco ilustrado.

E o que é mellor, despois de presentarse no Culturgal en Pontevedra, ofrécenos en Compostela unha nova oportunidade de gozalo e vivilo en directo. Desta volta, e como xa fixera daquela, Budiño conta de novo coa colaboración especial da artista internacional Mercedes Peón. Eles dous e a “Banda Paralaia” (Isaac Palacín á percusión, Sérgio Tannuns ás cordas, ao acordeón Santiago Cribeiro, Cibrán Seixo a cargo do violino, Franz Sanz no baixo e Antonio Rodríguez co trombón e o bombardino), serán os encargados na Capitol de levar á escena boa parte do repertorio do álbum que colocou no mundo o nome de Budiño.
Asemade farase un percorrido pola carreira do músico e produtor.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Talabarte en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Cantigas e frores (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festa da Gaita e Cantos de Taberna (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2017 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Muxicas X premio Andaina Senlleira

A histórica banda viguesa Muxicas, con dúas décadas de carreira, gañou o X premio Andaina Senlleira

Cunha traxectoria importante ás súas costas, Muxicas foron un referente de saber facer dentro da música tradicional do país, algo que quedou ben patente na súa discografía. Bo gusto e elegancia caracterizaron a esta banda, que naceu en 1978 co influxo do gran gaiteiro Nazario González, coñecido popularmente como Moxenas. Canda el formaron parte da primeira formación Manolo Rin-Rin, Liño Figueroa, Xosé Anxo e Xosé Manuel Fernández, quen co paso dos anos exerceu como o referente dos Muxicas.

Debutaron discograficamente como quinteto tradicional no ano 1982 co álbum Parolada e despois publicaron Muxicas en 1986. Os dous seguintes traballos apareceron tamén co selo Edigal. En 1988 veu a luz O demo Fungón e dous anos máis tarde editouse Desafinaturum, un título que daba para a reflexión de Fernández no libro Crónica do folk galego: "O disco é tamén un desafío para os que pensan que a música tradicional é boa cando está afinada; nós estamos en desacordo con esa valoración e pensamos que debe valorarse a súa calidade e non a súa afinación". Eses comentario non implica, nin moito menos, que os Muxicas non foran músicos coa suficiente calidade interpretativa.

Os catro discos que quedaban por vir graváronos para a discográfica Clave Records. Comezaron con eles en 1992 coa saída de Escoitando medra-la herba. Catro anos despois chegou o tempo de No colo do vento. En 1998 continuaron aumentado a súa produción discográfica con Naturalmente e un ano despois editouse 20 anos de camiño, título explícito para sabermos que era unha obra que recompilaba dúas décadas de traxectoria no mundo musical. Ao longo deses anos foron incorporando a novos músicos e significativo foi o engadido da parte vocal, cando deixaron de ser un quinteto tradicional, con María Xosé López. Outros artistas que pasaron por Muxicas foron Magoia Bodega, Xurxo Cabaleiro, Emilio Pichel e Diego García.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2017 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas de percusión tradicional (Pontevedra)
Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.

Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €).

Indicar a modalidade ao facer a inscrición.

Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.
Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñecementos de percusión.

Para a segunda modalidade non é necesario ningún requisito. Dirixida, principalmente, a gaiteiros sen coñecementos (ou moi poucos) de percusión, músicos de calquera instrumento ou afeccionados á música.

Os alumnos activos é conveniente que leven tambor e baquetas.

Os alumnos oíntes disporán do mesmo material que os activos, poderán preguntar, pero non participar nos exercicios prácticos.

Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).
Xantar opcional.

Inscrición e información:
Teléfono: 639908788.
e-mail: gaiteirosdasriasbaixas@gmail.com

Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colaboran: Casa da Cultura de Lérez, Carlos do Viso e Missom.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-03-2017 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaveta en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2017 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Pandeiro en Tomiño
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-03-2017 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos en Nerga (Cangas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-03-2017 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Froles Mareliñas en Chapela (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-03-2017 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina e Oh! Ayatollah na illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
XXII Xantar Gaiteiro
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 22ª edición celebrarase no Concello de Rianxo o vindeiro 26 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe a Xosé Romero fundador do mítico grupo Os Rosales, e a Maruxa Miguéns quen durante máis de corenta anos, marcou o ritmo coa percusión, e lle deu un estilo especial ao grupo cando comezou a cantar.
O programa será o seguinte:

12:00h. Homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero (Os Rosales). O acto terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo (Paseo Ribeira, 120).

13:00h.Roteiro polos bares.

14:30h. XXII Xantar Gaiteiro no restaurante Casa Pachín (Ourolo, 107 - TARAGOÑA).

MENÚ : Cocido, postre, chupito e café.

Viño, refrescos e augas

PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 22 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
Non faltes!!!!!Esperámoste!!!

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Aureas en Vilar de Santos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina e Oh! Ayatollah na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxugueiras en Ribeira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Arrhythmia e Riot Propaganda en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sondarúa e Atzembla en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2017 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer