Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega (Vigo)
EXTRAESCOLARES ETRAD. Monográfico: Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega. Venres 7 de marzo. Javier Feijoo (Chisco)

Monográfico impartido por Javier Feijoó, (Chisco), onde coñeceremos de forma práctica o uso trasladado de obxectos utilizados como percusión ocasional na música tradicional.

Venres 7 de marzo
16h – 19h
Aula 5. Perfecto Feijoo
Número de prazas: 20
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 6 de marzo
Matrícula aberta a alumnos da ETRAD e estudiantes non matriculados na escola.

http://e-tradvigo.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-03-2014 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Desaramar na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-03-2014 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Grampoder en Compostela
O grupo de pop-rock psicodélico compostelán Grampoder abre este mércores o vindeiro concerto incluído no ciclo Compostela Rock.

Martin Wu e leRoi, compañeiros doutros proxectos musicais coma The Homens, interpretarán as cancións do seu primeiro disco de estudio, "Golf Wiskey", e algúns temas novos. Despois deles ocupará o escenario o trío de rock catalán No More Lies, que acaba de editar o seu cuarto disco tras oito anos de espera. A velada comezará ás nove da noite na zona C de Bonaval.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2014 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do III Concurso de Cuartetos Tradicionais Real Coro Toxos e Froles.
O cuarteto tradicional A Folla da Hedra de Vigo foi o gañador do III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles o pasado sábado 22 de Febreiro de 2014 no local da rúa Magdalena de Ferrol e que levou o premio único de 1.200 euros.



Partcipantes do concurso:

1. Vedoira, de Lugo
2. Os Picurruchos, de Lugo
3. Os de Lonxe, de Barcelona
4. Xente Nova, de Ferrol
5. Chiquirindaina, de Vigo
6. A Folla da Hedra, de Vigo
7. Virutas de Ébano, de Vigo
8. Sestrelo, de Madrid
9. Rumbía, de Porto do Son
10. Efecto Polilla, de Santiago de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-03-2014 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Premios Opinión

Este é a terceira edición do novo formato dos galardóns, no que aparecen presentes entre os finalistas nas diferentes categorías creadas algúns músicos que xa forman parte da historia dos PREMIOS OPINIÓN por gañar a estatuíña, creada expresamente por Salvador Hernández, en anos anteriores.

A orquestra folk Sondeseu e o moañés Xosé Manuel Budiño aparecen dúas veces no palmarés e o día 30 de maio terán ocasión de escoitar dende as butacas do teatro Rosalía o seu nome como gañadores. O gaiteiro fai un pleno e resultou finalista nas tres categorías, mentres a agrupación viguesa opta a disco e tema orixinal. Dado que as candidaturas a artista adoitan ser concedidas a título individual non podían aspirar a máis.

O Galiza de Kepa Junkera, a homenaxe do acordeonista bilbaíno á música do noso país, entra no cuarteto finalista ao mellor álbum do ano, no que comparte lugar coa banda ourensá Kérkennai, quen logrou colocar o seu terceiro traballo discográfico entre os máis destacados do ano.

O cuarteto aCadaCanto repite no apartado de mellor canción orixinal e a ópera prima como solista de Najla Shami comparte distinción nesa categoría. As pezas teñen un nexo común, xa que parten de textos de Rosalía de Castro, de quen os músicos do país realizaron diversas obras para conmemorar o 150 aniversario de Cantares Gallegos, e a partir desa letra os artistas realizaron unhas adaptacións suxestivas. A galego-palestina fixo a peza elixida xunto ao brasileiro Sérgio Tannus e os dous comparten presenza na lista que salienta aos mellores artistas. O guitarrista participa nalgunhas pezas do traballo de Shami e tamén exerceu o papel de director musical no álbum conxunto Corasóns.

Para Xosé Manuel Budiño esta é a primeira ocasión na que aparece no apartado do artista máis sobranceiro, mais debemos ter en conta que as súas obras aínda non foran valoradas dentro do novo formato dos premios.

O caso de Alonso Caxade resulta curioso. Aparece entre os destacados por un novo proxecto musical moi persoal, non en van o grupo leva por nome Caxade, mais recunca neste apartado e significa a súa segunda candidatura. O ano pasado apareceu por ser un dos compoñentes de PeldeNoz, trío que, por certo, estará pechando a gala de entrega dos PREMIOS OPINIÓN. Esa formación editara no 2012 o seu primeiro traballo discográfico, no que Caxade exercía como o arranxador dos temas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2014 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 6 de marzo
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


Serán de entroido! Vide disfrazados/as!
Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de baile con Marcos Botana
22h30 . AF Colexiata do Sar
23h15 . Carapaus
24h00 . Arrueiro
01h00 . Foliada aberta até ás 03h00


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-03-2014 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana

Segunda feira 3 (Luns)

Terza feira 4 (Martes)

Corta feira 5 (Mércores)
• Grampoder no Zona C (Compostela) ás 21:00

Quinta feira 6 (Xoves)
• Serán da Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 7 (Venres)
• Monográfico: Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega en Vigo
• Desaramar (Sés, Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco) ás 21:00 no Centro Agora da Coruña
• Talabarte ás 22:00 no Club Clavicémbalo de Lugo
• Lady Chatarra e Os Derradeiros na Sala A Reserva (Carballo)
• Terbutalina na Sala Capitol (Compostela)
• Noite de tasca en Tordoia

Sábado 8
• Bolboreta ás 19:30 no Fnac da Coruña
• SondeSeu no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 20:30
• aCadaCanto no Auditorio Municipal de Rianxo ás 21:00
• Tanxedoras e Sés na Praza da Constitución (Vigo) ás 21:00
• O Sonoro Maxín na Taberna Marrucho de Baiona ás 23:30
• Os John Deeres no Pub Rocker (A Estrada)

Domingo 9
• Mamá Cabra ás 12:30 e ás 18:30 no Teatro Principal de Compostela

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2014 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer