Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo programa de Folk in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Trazo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Foliadas de cantos de taberna en Pontevedra
O Concello e Mavarallada recuperan os “Cantos de taberna”

- A Concellaría de Festas pon en marcha este novo programa que comeza mañá para promocionar os cantos de taberna.
- Desenvolveranse todos os venres de fin de mes entre as 21.00 e as 24.00 horas en tres bares e tabernas do centro histórico.
- Maravallada cantará todos os días cun grupo convidado


A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organizan dende mañá e todos os últimos venres “Cantos de taberna” co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.

O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.

Dende hai un tempo, vese en distintos lugares do noso país un renacer do que veu en chamarse música de taberna, ou canto tabernario. Concursos, certames organizados polas institucións locais ou eventos patrocinados por entidades privadas están a recuperar esta tradición e, ao mesmo tempo, a fomentar a actividade económica que rodea a calquera evento que atrae a un número importante de persoas.

A actividade contará todos os días coa actuación de Maravallada que cada venres contará con outro grupo convidado. O programa e os locais que participarán neste programa son:

• 2 de marzo: O Contribución, Vetula Ponte, Estafeta.
• 30 de marzo: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de abril: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
• 25 de maio: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
• 29 de xuño: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de xullo: Os Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado

As actuacións desenvolveranse entre as 21.00 e as 24.00 horas.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2012 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Repichoca en Manzaneda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no pub Avante (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2012 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Fiadeiro e Treixadura na Festa do Queixo (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Val da Maía (Bertamiráns-Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla no Rebusca (Manzaneda)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Quodlibet en Caldas de Reis
Quodlibet (gaita -piano)

Sábado 3 de marzo no auditorio municipalde Caldas de Reis ás 21:30


Combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías: a gaita acompañado dun extraordinario e completo amigo coma o Piano.
Asi é como se define este duo de gaita e piano que se forma en maio do 2011 , coa posta en funcionamento do seu proxecto MIXTURA .
Mixtura entre clásico e tradicional cunha soa finalidade de entender a música.

¿Quen somos?
Unha mixtura innovadora de músicos; Andrea García González (pianista),Felipe Rea Otero (gaiteiro) que coincidimos na posta en marcha deste proxecto coa idea de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas e formativas ó longo da popularidade dos instrumentos que protagoizan a nosa exposición tradicional; espectáculo, que polo de agora só tiña cabida nalgúns consevatorios nos que se potencia ós seus creadores e ós novos interpretes.

¿que ofrecemos?
Un concerto, dunha hora e media de duración aproximadamente na cal de forma amena unha gaita, en primeira persoa, relata a historia da súa vida, en compaña dun piano.
Historia na que se combinan formas musicais pertencentes ó folclore e pezas de repertorio actual e de autor; de aí sae o nome do proxecto: mixtura.

Contexto histórico:
Ó longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos, dende sempre e ata o de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a evolución da figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: músico.
Na actualidade o noso instrumento tradicional está a pasar por unha etapa de gran esplendor na que se recuperaron os seus valores reais, se incrementou o recoñecemento social e se garantizou o seu ensino, e o seu espallamento, mais ala de galicia.
Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso pais isto fai, que esteamos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para a gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma: piano, arpa trompeta, clarinete etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

Dende Maio Quodlibet ven realizando concertos polas distintos pobos e ciudades Galicia , e da península.
A sua posta en marcha a pesares de ser unha formación de recente creación està tendo moita aceptación, xa que ANDREA GARCÍA GONZÀLEZ, E FELIPE REA OTERO, son músicos con unha dilatada experiencia e formación musical .

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ses en Laracha
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Catro Quintos e Skarnio no Revolta (Vigo)

No próximo sábado dia 3 de março de 2012 fazemos 9 anos. Já vai lá quase umha década de ativismo desde o coraçom deste Vigo industrial do século XXI, quase umha década de compromisso, de dignidade, de solidariedade, de raiva e de luita.

Aturando golpe a golpe mas também construindo poder popular, desde a base, desde o bairro, desde este Berbés que nos viu percorrer as suas ruas desde fai bem de anos e que nos viu nascer coletivo no entrudo de 2003. Fôrom muitas as pessoas que passárom por aqui e às quais queremos agradecer todo o seu trabalho desinteressado, muitos os projetos iniciados desde esta modesta associaçom cultural, queremos celebrá-lo convosco e que vos orgulhedes de todos estes anos como nós nos orgulhamos dos irmaos que nom o podem celebrar com nós por encontrar-se nas masmorras da Espanha.

SÁBADO 3 DE MARÇO
12h00 Sessom vermute

14h00 Jantar popular

De tarde: foliada com "Os catro quintos", exibiçons do grupo de dança e do grupo de guitarra do centro social, karaoke de cantigas populares, projecçons e mais surpresas...

22h00 Concerto de SKÁRNIO (2€)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Blanco e Xose Manuel Budiño no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Peón Cia en Ourense
Actividade: Danza coa presentación do espectáculo Alén da Croa.

Data: Venres, 2 de marzo de 2012.
Hora: 20.30 horas.
Lugar: Auditorio Municipal (Ourense)(rùa da Canle, 2)
Prezo: 8€.


Entradas: En www.servinova.com ou no tfno. 902 504 500 e o mesmo día dende dúas horas antes no despacho de billetes do Auditorio.

Organizan: Concellería de Cultura do Concello de Ourense e AGADIC.


O bailarín e coreógrafo coruñés Quique Peón presenta o día 2 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense o seu último espectáculo, titulado Alén da croa.

Trátase dunha nova e arriscada proposta escénica na que o seu creador mestura a danza tradicional galega con outras danzas do mundo, como a oriental e a contemporánea. Na rolda de prensa de presentación do traballo, o bailarín cualificouno como “unha proposta novidosa e orixinal que pon en valor a danza tradicional galega fusionándoa con outras danzas e artes escénicas”. A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, pola súa banda, asegurou que estamos ante un espectáculo “que non vai deixar indiferente a ninguén”. Haberá unha única función ás 20.30 horas, sendo o prezo da entrada de 8€.

Alén da croa é unha obra de danza baseada en diferentes relatos sobre as lendas de mouras. Na súa posta en escena participan sete bailaríns que mesturan as distintas linguaxes da danza: a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea, xunto co teatro e a música. O seu director, Quique Peón, conta que decidíu apostar pola fusión das diferentes maneiras de bailar despois de namorarse da danza contemporánea, hai agora uns cinco anos e despois de máis de trinta traballando na investigación e na recuperación da cultura tradicional galega. “Coñecín a danza contemporánea da man do mestre Roberto Olivan e namoreime da capacidade que ten esta maneira de bailarpara transmitir sentimentos”, explica. O que fixo foi mesturar este mundo coa danza tradicional galega, da que subliña “as grandes posibilidades expresivas que posúe”. Do resultado non quere adiantar nada ao tempo que anima aos ourensáns a asistir ao espectáculo. Segundo explica, o seu obxectivo e o da compañía que dirixe “é o de por en valor a danza de Galicia”.

Isabel Pérez, pola súa banda, subliñou na súa intervención o papel desenvolvido por Quique Peón na investigación e na promoción da danza e da música tradicional galegas. Segundo as súas palabras, “Quique Peón centra o seu traballo na dignificación do bailarín galego conseguindo por en valor unha figura que sempre existíu, pero que non estaba profesionalizada”. A concelleira falou tamén da compañía do bailarín, fundada en outubro no ano 2008 “co obxectivo de profesionalizar un sector como é o da danza, que ata ese momento non tiña a posibilidade de traballar dun xeito profesional e comprometido”.

Sorteo de entradas para o espectáculo

Tempo de Lecer convídate ao espectáculo de danza Alén da Croa. Para participar no sorteo de entradas so nos tes que enviar un mail ao noso enderezo electrónico:tempodelecer@gmail.com amosándonos o teu interese por asistir á función.

www.tempodelecerourense.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
I Curso de danza tradicional galega `Vagalume´ (Alcalá de Henares)

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O I CURSO DE DANZA TRADICIONAL GALEGA “VAGALUME” 2012

3 e 4 de marzo do 2012 en Alcalá de Henares (Madrid). O curso terá 10 horas de duración


Beatriz Díaz García-Muñoz e Manuel Cobas Paredes serán os mestres que darán tanto iniciación coma perfeccionamento.

INSCRICIÓNS
Os datos para a inscripción son os seguintes:

- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfono
- Enderezo electrónico
- Nivel no que solicita inscribirse. Cada persoa soamente se pode inscribir nun nivel.

COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA

As inscricións pódense enviar a:
email:galiciahenares@hotmail.com
telf.: 670588667
Enderezo: C/ Campo Real nº1 Bajo 28806 Alcalá de Henares (Madrid)

Prezo da matrícula:
40€ e 30€ para socios/as da Asociación Galega Corredor do Henares e para os alumnos dos centros colaboradores.

PAGAMENTO NA CONTA: 2080 0614 42 3040000129 Nova Galicia Banco

Os gastos de estadía en Alcalá correrán a cargo dos asistentes pero se chamades con tempo facilitaremosvos números de teléfono de hoteis cercanos ao lugar de desarrollo do curso.

En breve publicaremos a programación completa do curso na paxina web.
www.galiciahenares.wordpress.com

Esperamosvos,con gran ilusión.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-03-2012 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Sarela (Compostela)

SERÁNS DO SARELA
Xoves 1 de marzo (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”


Para superar a fin do entroido vide botar unhas bailas!

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro con Javier Magariños (A Ponte Vella e Cantigas e Agarimos)
22h30 . A Ponte Vella
23h15 . Asc Agarimo
24h00 . Vai de roda
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@ gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-03-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer