Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zenzar
O venres 23, no Bar Nevada proxectarase o DVD "Zenzar ao Vivo", grabado en Cerceda no 2009, nun concerto desta mítica banda de rock en galego, que leva máis de vinte anos dando guerra.

Tamén se fara unha proxección dunha escolma de vídeos de Tele-Varal, televisión oficial da Liga Nacional de Billarda.

Non faltedes porque . . . se vai armar!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xardín Desordenado en Gondomar
Boa música para boa poesía

O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado no que presentarán a súa última gravación coa fin de promover a poesía galega. Neste último disco recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, pode constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos.

Xardín Desordenado está integrado por:

ü Isaac Garabatos (Guitarra).Vigo, músico e compositor, diplomado en harmonía contemporánea e música moderna en "Ateneo Jazz" (Madrid).
ü Marlene Rodrigues (Voz). Monção, cursou estudos de lírica na Escola de Música Pedro Fesh, baixo a dirección do profesor João Merino, e logo na Escola de Jazz de Porto.
ü Santiago Ferragud (Guitarra e Voz). Algemesí (Valencia). Forma parte de Los Temples, un mítico grupo de Vigo, formado nos anos sesenta e especializado en rhythm and blues e soul.
ü Blas Segura (Guitarra) Procede de Arguineguín (Gran Canaria) onde participou na gravación de varios discos. É profesor de guitarra, baixo e teoría musical moderna
ü David Outumuro (Percusión). Ourense. Diplomado en Percusión Tradicional e Licenciado en Percusión Clásica.

No programa inclúense textos de: Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Eduardo Estévez, Xohán Cabana, Ramiro Fonte, Daniel Salgado, Serxio Iglesias, Manuel Rivas, Rafa Villar, Álvarez Blázquez, Pereira Valcárcel, Manuel María, Anxo Quintela, Uxío Novoneyra e Kiko Neves

O concerto de presentación deste disco terá lugar o venres 23 de marzo ás 20:30h. no Auditorio "Lois Tobío" de Gondomar.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Keltoi e Falperrys en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2012 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles (Ferrol)


O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo.


Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

- formulario de inscripción I Concurso de Cuartetos

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

- Bases do I Concurso de Cuartetos

www.toxosefroles.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-03-2012 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de música tradicional galega (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-03-2012 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Nic Gareiss e Scott Hartley na Galiza
Sábado 24 de marzo en Xuntásn (Pontecaldelas)
* Curso Danza Percusiva. Iniciación
Non é preciso ter coñecementos previos de danza percusiva.

* Para o curso de FIDDLE / CELLO distribuiranse partituras e arquivos de audio para traballar sobre melodIas previamente coNecidas polos alumnos. Niveles Basico e Intermedio.
Os estilos a traballar seran o "Northem English style" e o "Texas Swing Style".

www.cursosxustans.blogspot.com

Na etrad (vigo) o venres 23 hai audición dos alumnos de: Canto, Violín, Corda Pulsada e Requinta. A audición rematará coa intervención de dous escepcionais artistas: o bailador Nic Gareiss (EUA) e mailo violinista inglés Scott Harley. Ámbolos dous estarán en Galicia dando un cursiño o sábado día 25 en Xustáns Este curso está recomendado pola ETRAD.
Non deixedes de vir os dous venres a disfrutar da música tradicional e folk tocada polos verdadeiros protagonistas da escola. Agardámosvos.
Venres 23 de Marzo
Salón de Actos da ETRAD
18:30hs.
Entrada libre e de balde ata completar aforo


http://e-tradvigo.blogspot.com

















O xoves 22 andarán de foliada pola Regueifa (Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-03-2012 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Liorna abre o ciclo ST Música presente 2012 en Compostela
O grupo Liorna abre unha nova entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", coa presentación do seu cuarto traballo discográfico "Sarahyba"
Xoves 22 de marzo, ás 21.00 horas
Salón Teatro (Compostela)


As actuacións de Riobó (26 de abril), Borja Cao Trío (10 de maio), Ugía Pedreira&Fred Martins (7 de xuño) e Loaira (14 de xuño) completan a primeira parte do programa da Agadic para a promoción especial dos novos discos galegos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o ciclo de concertos “ST Música Presente 2012” que se abre este xoves, día 22, no Salón Teatro de Santiago co folk galego do grupo Liorna. Con esta acción a Consellería, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), promove os traballos discográficos galegos de todos os estilos. A banda de Marín presentará a partir das 21:00 horas os temas do se seu novo traballo, Sarahyba, que segue na liña folk habitual, baseada na tradición galega aínda que con pinceladas actuais.

Como nas anteriores ocasións, o espazo escénico do Centro Dramático Galego (CDG) será a sede da nova edición deste programa de recitais, que na súa cuarta entrega realízase en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono) para acoller tamén os directos protagonizados por Riobó (26 de abril) Borja Cao Trío (10 de maio), Ugía Pedreira&Fred Martins (7 de xuño) e Loaira (14 de xuño).

Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria ofrécelles ás discográficas galegas unha nova canle de promoción e difusión dos seus artistas desde unha perspectiva esencialmente comercial, xa que os principais destinatarios destes directos son programadores, promotores de festivais e certames de música, distribuidores, prensa especializada e demais axentes culturais de dentro e fóra de Galicia. Os concertos ábrense, así mesmo, a todos os espectadores interesados, para o que se establece un prezo especial de 5 euros por entrada.

Linguaxe folk diferenciada
Desde 1996, Liorna elixiu o camiño máis difícil para converterse nunha das realidades máis frescas e puxantes do panorama folk de Galicia. Mentres resulta habitual que as formacións e solistas do xénero recorran ao repertorio tradicional para configurar os seus discos, a banda marinense apostou desde o principio polas súas letras e a súa música, á procura dunha linguaxe propia diferenciada.

Os Liorna conseguiron chegar á final do Certame Folk de Galicia 1996 sendo aínda uns descoñecidos dentro dos circuítos musicais deste estilo, e dous anos despois fixeron o seu debut discográfico coa compañía de Mercedes Peón por medio de cinco cancións que serviron para que a crítica musical os considerase un dos grupos revelación máis interesantes da música folk galega. Tras unha xira de concertos por toda Galicia, Edicións do Cumio ofreceulles a oportunidade de publicar o seu primeiro disco de longa duración, que viu a luz en 2000. Os once temas deste traballo, titulado Liorna, reflectían a inquietude e a creatividade do grupo, e supuxeron unha verdadeira declaración de principios con grande acollida por parte da crítica. Os propios membros do grupo encargáronse da escrita, da composición e dos arranxos dos temas. En 2005 publicaron un novo disco de estudio, Ruído Branco, que tamén edita Edicións do Cumio, onde se plasma de xeito especial a distinta visión que teñen os seus compoñentes de abordar o xénero folk e a súa fusión con distintas tendencias. En 2008 participaron xunto á Sinfónica de Melide no espectáculo Gallaecia, que fai un percorrido a través das etapas polas que evolucionou a música galega.

Novas sonoridades
No seu cuarto traballo discográfico, Sarahyba (Edicións do Cumio, 2010), preséntanse dez composicións que retroceden á orixe do grupo en canto á estrutura e temática das súas cancións, aderezadas con novas sonoridades. Para a súa produción, contaron coa colaboración do cantautor brasileiro Gustavo Almeida e da violinista Begoña Riobó. Ademais, dous temas foron gravados en directo no Teatro Colón da Coruña dentro do espectáculo Gallaecia, acompañados pola Orquestra Sinfónica de Melide e das Pandereteiras da Agrupación Trompos aos Pés.

Xunto a Alberto Lago (gaita e piano), forman parte de Liorna os seus irmáns Carlos (batería) e Luis (percusións), Javier Rabanal (baixo), Jaime Reboyo (zanfona e saxo soprano), Rafael Maquieira (guitarra), Montse Ogando (voz e piano) e Tania Garrido (voz).

Próximos concertos
“ST Música Presente” continuará coa violinista folk Begoña Riobó, que chegará ao Salón Teatro o 26 de abril para presentar o proxecto musical que lidera. Riobó é o nome do grupo de Begoña e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.

O 10 de maio será a quenda do pianista ourensán Borja Cao, que dará a coñecer o seu segundo disco The future is green no que mestura sons clásicos do jazz con músicas tropicais e ritmos electrónicos. Xa en xuño, este programa ofrecerá o día 7 un concerto a cargo de Ugía Pedreira e Fred Martins, que interpretarán en directo os temas de Acrobata, o resultado pop do achegamento da música popular brasileira coa música popular galega. E unha semana despois, o día 14, a música tradicional galega volverá de novo coa actuación do trío musical Loaira que, coa presentación do seu álbum de debut homónimo, pechará este novo ciclo de “ST Música Presente” .

Todas as actuacións terán lugar ás 21.00 horas. As entradas para o concerto de Liorna poden adquirirse a través da billeteira electrónica da 902 43 44 43 ou da web http://entradas.novagaliciabanco.es. No despacho de billetes do Salón Teatro poranse á venda a partir das 19:00 horas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de traxes tradicionais galegos (Vigo)
"O traxe a través do proceso do pan" é o título da exposición que acaba de abrir na Casa Galega da Cultura de Vigo e que dá comezo aos actos da celebración da Reconquista este ano.
A exposición fai un repaso de traxes tradicionais de diario tal e como se empregaban hai douscentos anos, con vinte maniquíes que amosan diferentes partes do proceso de cultivo do millo e da elaboración do pan. Canda a isto tamén se poderán ver vinte modelos en miniatura de traxes.
A exposición, que se poderá ver ata o 8 de abril, inicia os actos da Festa da Reconquista de Vigo, que se celebrará entre o 31 de marzo e o 1 de abril.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Antón Corral , o luthier sen bromas
Unha mostra na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo fai un repaso polo legado de Corral, profesor xubilado e construtor de instrumentos

A música é unha arte e os instrumentos, tamén. Sobre todo cando están feitos como pezas únicas. Así son os que se expoñen desde onte na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. A mostra baséase no legado de Antón Corral, profesor xubilado da escola, construtor de instrumentos e mestre de músicos como Carlos Núñez ou Budiño. A exposición, que se pode ver ata o 21 de maio, divídese en dous partes. Nunha, a súa colección de instrumentos populares do mundo; na outra, a súa achega persoal desde o seu taller.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2012 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Basilio Carril
Actos de homenaxe a Basilio Carril, artesán mestre de gaitas! Grabou varios discos e percorreu coa súa música moitos paises. Rexentou un taller na rúa de S Pedro en Compostela, cidade a onde se mudou de Arzúa con 5 anos e onde morreu!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2012 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Zenzar
ZËNZAR presenta o seu novo cd "VAISE ARMAR".Será o 5 de MAIO do 2012 na SALA JOSFER (Mesón do Bento – Ordes).

Festa musical da comarca con STERKO, FAMILIA CAAMAGNO E MOU pinchadiscos (DKTC) Un traballo con letras que falan da corrupción, do estado do malestar e da necesidade dunha re-volta social. Coas colaboracións de Pablo da Lama (frauta e gaita), X M Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Vituco Ruxe (voz) Mario Túzaro-Invivo (voz)...
Será o 5 de MAIO do 2012 na SALA JOSFER

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 22-03-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Videoclip de Riobó
Videoclip do tema Fox interpretado polo grupo Riobó. Tema extraído do álbum "Riobó" publicado por Zouma Records en 2011.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 22-03-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto do disco de Balakandra
BALAKANDRA - "Falsos con pedigrí"

Adianto extraído do seu album "Balakandra" que sairá o vindeiro mes de maio 2012


Gravado nos Estudios "A Ponte" de Santiago de Compostela
Son: Tomas Ageitos
Video: Adrián Cunha www.pixelinphoto.com


Balakandra son:

Amparo Calvo: percusións e voz
Martín Sanjurjo: guitarra, dobro, mandolina e voz
Ruben Lamas: Baixo
Manuel Dopico: guitarra acústica, guitarra clásica e voz
Abel Leonardo: guitarra eléctrica e guitarra acústica
Farru Rodriguez: batería e percusións

Colabora en "Falsos con Pedigrí"

Fran Rey - piano



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 22-03-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Radio Músicaengalego tamén en Malmequer
Presentamos unha boa opción para escoitar música galega mentres estamos a traballar co ordenador ou ler as novas de Malmequer.

Á marxe esquerda, enriba do logo de Malmequer, tedes a opción de escoitar radio Músicaengalego, 24 horas de música en galego (folc, rock, pop,...)

Soamente tedes que darlle ao play da imaxe.


Agradecer o traballo realizado polo noso blog irmán de Músicaengalego que montou esta radio na rede, e onde disfrutamos de moita variedade musical 100% galega.

Unha aperta para Xosé (www.musicaengalego.blogspot.com.es)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festa-Aniversario do Novas da Galiza (Compostela)
FESTA-ANIVERSÁRIO DO NOVAS DA GALIZA
10 ANOS DE JORNALISMO POPULAR


Quarta-feira 21 de março no pub Avante de Compostela

20:30hh.
Encontro com leitores e leitoras
- Marta Rodríguez (jornalista)
- Iván García (equipa de investigaçom)
- Antía Rodríguez (Conselho de Redaçom)
- Carlos Barros (diretor)

21:30hh.
Apresentaçom da campanha Vitaminas para o Galego
- Intervém Xurxo Salgado (Galicia Confidencial) em representaçom do grupo promotor

22:30hh.
Concerto
- Os Tres Trebóns
- Habelas Hainas
- Pandereteiras Bouba


- Exposiçom sobre a história do jornal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos, concerto na TVG2

Hoxe mércores ás 23h30 horas na TVG2 emítese o programa ENREDE coa gravación do ultimo concerto dos Carunchos no Liceum. Se non chegas a tempo de miralo podes facelo dentro duns días en www.enrede.gl

Os Carunchos farannos disfrutar do mellor folk galego; cando soben o escenario inundan a sala coa forza da súa música e do seu espírito. Porque non só tocan e cantan senón que ademais gózana e vívena para que todos aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Xotas, valses, muiñeiras, rumbas... o seu repertorio é amplo e variado. Resulta imposible que escoitando a Os Carunchos un non se poña a bailar con ese sons tan nosos.

O escenario perfecto para esta noite de música galega é o Bar Liceum, sala mítica en O Porriño, que xa forma parte da historia deste concello. Máis de 20 anos ofrecendo ó público de cada xeración que reclama. Na actualidade o seu dono Paco Quintas é un dos personaxes que máis está a loitar en Galicia para que todos podamos a seguir disfrutando da música ao vivo en cada recuncho da xeografía galega.

Os Carunchos e o Bar Liceum son dous expoñentes da música en Galicia. Ninguén debería perderse este ENREDE tan de raíz o mércores 21 de marzo na tvG2 as 23:30h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2012 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival da Rede Europea de Orquestras de Folk (Vigo)
Vigo celebrará do 5 ao 7 de abril o I Festival ENFO (Rede Europea de Orquestras de Folk), un proxecto que aglutina á Fundación Sondeseu, a Associazione Artemotiva de Turín (Italia), ao Royal Conservatoire de Escocia e á Sibelius Academy de Helsinqui (Finlandia).

A cidade olívica lidera esta Rede Europea nada hai dous anos tras a colaboración entre a Orquestra Sondeseu e unha formación bretoa cunha filosofía parecida á galega: o establecemento dunha rede de colaboración permanente entre centros educativos, orquestras e outras agrupacións en torno ao cultivo da música folk e tradicional desde a contemporaneidad e a cultura urbana. A ENFO apóiase no respecto ás diferentes tradicións musicais de cada comunidade europea, no firme convencemento de que a tradición oral pode ser un lugar de encontro e intercambio de experiencias entre os países que forman a Unión.

Despois das distintas actividades realizadas durante os seus dous anos de vida por Europa, Vigo acollerá a programación de peche deste programa continental, con música na rúa, clases maxistrais, talleres e concertos. O fin de festa celebrarase cun gran espectáculo no Auditorio Mar de Vigo, o sábado día 7, coa participación de todas as orquestras integradas na ENFO formadas por máis de 120 músicos.

Na presentación do festival, onte en Vigo, o alcalde da cidade, Abel Caballero, destacou que a implicación da e-Trad e da Fundación Sondeseu neste proxecto significa a "crónica dun éxito anunciado" e convidou a todos os vigueses a participar nos actos programados.
Anxo Pintos, membro de Berrogüetto, mestre de zanfona na e-Trad e presidente da Fundación Sondeseu, destacou tamén este concerto de despedida. "Celebrámolo xa en Helsinqui e sorprendeu a todos pola enorme enerxía que se transmite desde o escenario". Pintos asegura que o proxecto "serviu de escaparate para a o patrimonio musical galego e deu a oportunidade a Sondeseu de participar en festivais de gran prestixio; a Rede Europea é unha gran oportunidade para todos os seus socios", asegura.

O proxecto Enfo está cofinanciado polo Programa Cultura da Axencia Executiva para a Educación, Audiovisual e Cultura da Comisión Europea, cunha achega do 50% (158.105 euros do orzamento total (316.210 euros), completando a parte restante o Concello de Vigo por medio da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad) (66.389 euros) e a Fundación Sondeseu (38.696 euros) e a Sibelius Academy de Helsinqui (23.806) e a Asociación Artemotiva de Turín (29.214 euros).

A partir deste festival, a continuidade do proxecto está condicionada por lograr novos modos de financiamento. "Imos aproveitar este encontro para atopar posibles saídas", explica Rodrigo Romaní, director de Sondeseu.

Por outra banda, coincidindo co encontro europeo, a Escola Municipal de Artes e Oficios inaugura mañá a exposición "Artesanía, música e tradición", na que se mostrarán os instrumentos musicais tradicionais recompilados por Antón Curral.

www.farodevigo.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2012 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre publicará en xuño o seu disco 'Mar Maior'

Mar Maior. Ese será o título do novo disco do grupo Luar na Lubre, que xa está botando horas no estudio da gravación para poder lanzalo ás tendas en xuño.

Tratarase dun álbum de longa duración, cunhas 15 cancións e no que se estreará a nova voz da banda: Paula Rey. O disco continuará a senda aberta polo anterior traballo do grupo, Solsticio, no que se musicou un feixe de cantigas da lírica galego portuguesa. "Este será un álbum que, en parte, está inspirado na lírica galego-portuguesa, un camiño que xa exploramos con Solsticio, pero non o entendemos como unha segunda parte do traballo anterior. Hai unha continuidade, iso si; pero son discos diferentes, con sonoridades distintas.", sinala Bieito Romero, membro do histórico conxunto musical.

O novo traballo discográfico de Luar na Lubre, ademais de beber da lírica medieval galego-portuguesa, tamén furará na tradición e na historia de Irlanda. "O álbum tamén estará inspirado no Leabhar Ghabhála, o libro das invasións, que é da mesma época das cantigas galego-porutugesas. É un texto mítico no que se fala da chegada dos galegos a Irlanda, no que aparecen elementos e cidades galegas como Brigantia. É un disco que conecta Galicia con Irlanda. O Mar Maior do que se falou en tantas ocasións, o Atlántico, é o que une a estes dous pobos irmáns", explica Romero, que adianta tamén que o grupo musicará tamén ao mítico bardo Amergin.

Mar Maior atópase en fase de gravación. Os músicos andan a traballar co obxectivo de entregarlle á discográfica os temas definitivos a comezos de maio para lanzalo ao mercado xa en xuño. Luar na Lubre está a compaxinar estes días os ensaios coa gravación dunha serie de temas que serán totalmente inéditos para o público. "Son cancións que aínda non interpretamos ante o público. Normalmente, as cancións doutros discos xa as tocábamos nos concertos antes de gravalas. Pero neste caso, non é así. Serán totalmente novas para o público", sinala Bieito Romero, que recoñece que o repertorio "aínda non está pechado", pero que seguramente contará "cunhas quince cancións e unha hora de duración".

"PROXECCIÓN EXTERIOR"

Luar na Lubre xa ten pechadas unha serie de actuacións no Círculo de Belas Artes de Madrid para presentar o seu Mar Maior. A intención do grupo pasa por compaxinar actuacións en Galicia con outras fóra dela durante a xira de presentación para buscar unha maior presenza tamén no exterior nestes tempos de crise. Unha crise que, para Bieito Romero, estase a empregar como escusa nos recortes, sobre todo no eido cultural. "Estamos nun momento de rebaixas, nun tempo no que as orquestras nunca van faltar, pero si pode chegar a desaparecer unha música como a nosa. Vivimos un momento de recortes xusto cando se están a enterrar os cartos no mausoleo do Gaiás", lamenta Bieito.

Por outra banda, Luar na Lubre iniciará unha nova etapa con este álbum. Trala marcha de Sara Vidal, a voz do grupo correrá a cargo de Paula Rey, que se está a adaptar ao xeito de traballo da formación. "Creo que vai ser unha gran sorpresa no mundo do folk. Paula Rey é unha rapaza que procede da música clásica e todo o que está a facer agora resúltalle novo. É moi ecléctica e considero que é a mellor voz, dende un punto de vista técnico, que pasou por Luar na Lubre", sentencia Romero.

www.dioivo.eu
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-03-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ruxe-Ruxe
Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras.

Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).

O disco, un dos mellores traballos da banda nos seus 16 anos, é capaz de contentar aos seguidores incondicionais de Ruxe-Ruxe pola fidelidade ao seu estilo de fusión de música tradicional, ska e punk rock do país – de feito Rock do país é tema de apertura do álbum e o seu vídeo de adianto- pero ademais ofrece unha variedade de tonalidades nas súas pistas que poden enganchar a un público que aínda non se tivera achegado á súa música nestes dezaseis anos de actividade musical ininterrompida. O compromiso coa terra e coa lingua, traballo, actitude e honestidade seguen a ser a súas cartas de presentación xunto a un son inconfundible, se acaso renovado, coma di outro dos temas do disco os vellos punks non morren. O vindeiro día 31 de marzo os Ruxe-Ruxe presentarán en concerto Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras ante o seu público na Sala Capitol de Santiago cunha entrega do seu potente directo (máis información en Axenda) e xa está en preparación tamén o segundo videoclip do disco co tema Adiante.
O primeiro disco do grupo foi homónimo do seu nome Ruxe-Ruxe e saíu en 1999.

www.culturagalega.org



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2012 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Blanco fusiónase con Budiño

O humorista como rapero e o gaiteiro como dj presentan espectáculo xuntos

Cando no Festival de Ortigueira do ano 2003 Carlos Blanco subiu ao escenario para facer unha colaboración puntual dun rap con Xosé Manuel Budiño, confesou que tivo un presentimento: Sabía que acabariamos facendo un espectáculo xuntos. Case unha década despois, na era das fusións, tamén a de Blanco e Budiño chegou para confluír en iLalelo (léase ailalelo), un espectáculo onde os dous artistas desenvolven facetas inéditas: Blanco como acedo rapero e Budiño como Dj creador de espazos sonoros.

Blanco descubriu a un Budiño diferente, co seu punto vándalo, lonxe do virtuoso da gaita que identificamos. Un dj que xera bases electrónicas, mesturadas en directo con sons de pandereitas ou de gaitas, que explora a maridaxe oculta entre Xil Ríos e a música bhangra de Bollywood ou as coplas sampleadas de Faustino Santalices. Budiño é tamén un ourive e un esteta que investiga o son, revela Carlos Blanco sobre esta faceta do gaiteiro. Carlos introduciume nun ámbito novo para o meu como é actuar en bares. Traio todos os aparellos do meu estudo e traballo con eles á vista da xente e é unha experiencia nova moi interesante, confesa Xosé Manuel Budiño, que combina as actuacións coa preparación dun espectáculo con Kepa Junkera. Co seu ipad na man, Blanco debulla sobre o escenario un guión con temas absolutamente disparatados, cuxa fonte principal son as redes sociais. En facebook escribes e ao intre responde moita xente enxeñosa. É unha mina de ouro para un humorista, confesa o actor sobre esta rede que converteu en ferramenta indispensable. En iLalelo, Branco vai rapeando o nome de grupos que contan con miles de seguidores en facebook e que non teñen desperdicio. O público pásallo en grande rapeando o título de grupos como ?
Eu tamén pillei un puntiño na sesión vermú de Campo Lameiro, ou a máis exitosa do show, que o público xa corea coma se fose a canción do verán: para beber viño apúntase calquera, ou carallo é para dar sulfato. Como lle gusta apuntar a Blanco, é unha frase que condensa o sentir dun país.

Noutra das partes máis aclamadas do show, Blanco enumera unha retahila de desternillantes blasfemias que escoitou ás pescantinas da súa Arousa natal, tan enxeñosas como pouco recomendables para reproducir fóra do seu contexto. Cada noite sáltase o guión e debo acompañalo na improvisación e crear músicas sobre a marcha, explica Xosé Manuel Budiño sobre a súa nova experiencia. Os contendidos van variando en función das últimas noticias do día: desde Urdangarín ás escisións do BNG, pasando pola fusión de concellos ou a Operación Campión. A todo sácalle punta, e polo que se ve, con enorme éxito. Posiblemente non haxa nestes momentos no circuíto galego un artista que conecte tanto co público como Carlos Blanco. Chea locais, chóvenlle peticións e gañouse o respecto dun público fiel tras anos tirando millas de bar en bar.

Sinto herdeiro daqueles músicos de jazz que ían cada noite de club en club, como Charlie Parker ou Thelonius Monk, confesa este amante do jazz, que reinvidica con orgullo a liberdade absoluta que dá poder dicir que vives dun público que paga unha entrada por verte.

Agora, con iLalelo, exponse novos retos máis aló dos bares: buscar espazos en exteriores. Era reticente a saír dos bares, pero acompañado de Budiño sinto máis protexido. Buscaremos tamén actuacións en verbenas e buscar outro tipo de públicos, fóra dos teatros e auditorios, avanza sobre o percorrido deste espectáculo. Somos como Panorama, pero en pequeno formato, chancea Blanco.

Mentres tanto, segue escudriñando en facebook, lendo a diario os xornais e escoitando blasfemar ás súas veciñas as pescantinas de Arousa. No fondo, iso é iLalelo: a historia cotiá dun pequeno país contada por un humorista rapeiro e un gaiteiro dj.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2012 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 19 (Luns)

Terza feira 20 (Martes)
• Zurrumalla no Muiño Vello (Redondela) ás 23:00

Corta feira 21 (Mércores)
• Os Tres Trebóns, Habelas Hainas e Pandereteiras Bouba no Avante (Compostela) ás 22:30
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 22 (Xoves)
• Vaamonde, Lamas & Romero no pub Ultramarinos (Compostela)
• Ith no Clavicémbalo (Lugo)

Sexta feira 23 (Venres)
• Eigualdeixa na Fabrica de Chocolate (Vigo)
• Zurrumalla na Cova Céltica (A Coruña)
• Leo e Arremecaghoná e Labregos no tempo dos Sputniks no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 24
• Cea da Reconquista (presentación do Coro Mariñeiro do Casco Vello), na estación marítima de Vigo
• I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles (Ferrol)
• III Curso de música tradicional galega (Lugo)
• Cantigas e Agarimos en Palas de Rei (Adiado)
• Moxenas Musical Galego no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
• Sés no bar A Ventana (Laxe)
• Keltoi e Falperrys no Torreiro da festa (Vigo) ás 23:00
• Dios Ke Te Crew na sala Karma (Pontevedra)
• Os Codias no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Maghúa no Millo Corvo (Meiro-Bueu)
• Serán da A. C. Froles Mareliñas en Chapela (Redondela)

Domingo 25
• III Curso de música tradicional galega (Lugo)
• XVII Xantar Gaiteiro (A Baña)
• Trébede e Pardal na Rúa no Millo Corvo (Meiro-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-03-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xavier Blanco no Alalá


O que coñecerán hoxe, grazas a "Alalá", é todo un referente no presente da música tradicional galega, Xavier Blanco, como músico, investigador e como mestre de gaita, pois foi un dos primeiros da historia de Galicia, que desenvolve o seu traballo nunha zona de gran riqueza, Moaña, onde se centrou para estudar os pequenos instrumentos, neses sons máis humildes que nos achegan a esencia do que somos.


Como músico, escoitar a Xavier Blanco é escoitar a tradición, como representante dos nosos antepasados e, coma eles, cun ritmo pausado e sentido, é capaz de traer a este século a forza e a sonoridade do pasado musical máis humilde, máis natural e máis auténtico. Amais, de entrar na escola de música tradicional de Moaña e mergullarse no seu universo dunha aula de catalogación en que Xavier ten en torno a mil instrumentos, desde asubíos e chamos ata os instrumentos pobres, pasando polas pequenas percusións ou os instrumentos de corda.

Sábado ás 18:25 na TVG
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 17-03-2012 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Sexta feira 16 (Venres)
• Pandereteiras de Toutón ás 19:00 na e-trad (Vigo)
• Carlos Blanco e Xose Manuel Budiño no Liceum (O Porriño)
• A Compañía do Ruido na Festa presentación do Derrame Rock na Praza do Correxidor (Ourense) ás 21:00
• Ataque Escampe na cervexaría Dublín (Carballo) ás 22:30
• Abobriga na Rianxeira(Matamá-Vigo)
• Tridente no C.S. Abrente (Arcade-Soutomaior) ás 23:00
• Residuos Atractivas no furancho Malaherba (Matamá-Vigo) ás 23:00

Sábado 17
• Festa da gaita galega e cantos de Taberna (Arzúa)
• I Encontro de Pandereteiras (San Vicente de Trasmañó-Redondela) ás 21:00
• Festa furancheira de primavera (Picoña-Salceda de Caselas)
• Dios Ke Te Crew no Aturuxo (Bueu)
• Sés na Artabria (Ferrol)
• Esquíos no Torreiro da festa (Vigo) ás 23:00
• Abobriga no Furancho da Balsa (Vigo)
• Clave de Fado no Liceum (O Porriño)
• Banda Baile Asalto no Triskele (Cangas do Morrazo) ás 23:00
• Noite de bailes tradicionais agarrados (Bertamiráns-Ames) ás 20:00
• Tridente no furancho Malaherba (Matamá-Vigo) ás 23:00
• Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.
• Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
• Serán no bar do Sifón (Avión)

Domingo 18
• Homenaxe a Choncha Martínez no centro cultural Ágora (A Coruña) ás 19:00
• Festa furancheira de primavera (Picoña-Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos folclóricos da Coruña homenaxean a Choncha Martínez (A Coruña)
O Concello da Coruña organiza, o vindeiro domingo 18 o primeiro Memorial Choncha Martínez.

O evento centrado na danza tradicional, que comeza a partir das sete da tarde, contará coa participación da Asociación provincial de coros e danzas Eidos, o grupo Iar, Xacarandaina, a agrupación folclórica Aturuxo e mais o coro Cántigas da terra.


Choncha Martínez foi unha das creadoras do Grupo de Coros e Danzas da Sección Femenina de Falanxe na Coruña, e desenvolveu un intenso labor de documentación e recuperación sobre o baile tradicional. Faleceu hai agora un ano na Coruña, aos noventa anos de idade.

A cita será ás 19.00 horas no centro cultural Ágora (A Coruña) e a entrada ao auditorio será de balde até completar o seu aforo.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereteiras de Toutón na e-trad (Vigo)
Concerto das pandereteiras de Toutón “Pedraquetiña

Venres 16 de marzo
19:30h
Salón de actos da e-Trad
Entrada libre ata completar aforo


Desta volta teremos como convidadas de excepción ás pandereteiras de Toutón que levan o nome de “Pedraquetiña”, seica por unha famosa pedra do seu lugar que se bates nela soa como unha campa. Amenizarán o serán co son das súas voces acompañadas por pandeiretas e gaitas. Sen dúbida non seremos capaces de manter quedos os pés.

www.e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de bailes tradicionais agarrados (Bertamiráns-Ames)
SÁBADO 17 DE MARZO ÁS 20 HORAS :

Sesión de bailes agarrados e de grupo no Bar Ferlós na Praza da Mahía en Bertamiráns- Ames, xusto frente á Correos...


Trátase de ir a aprender uns cuantos ritmos, xogos e danzas tradicionais e pasalo ben un anaco, non fai falla saber... só querer aprender e achegarse a compartir un anaco coa xente da Asociación Cultural Follas Novas de Ames e co grupo Verdegaio, que serán quen poñan a música...

ADVERTENCIA: Actividade apta para calquera tipo de idade e nivel danzante...

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Residuos Atractivas e Tridente no Malaherba (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro Pandereteiras (San Vicente de Trasmañó-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da gaita galega e cantos de taberna (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa furancheira de primavera (Picoña-Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Sés no Artabria (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos no Torreiro da Festa (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew en Bueu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2012 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer