Galiza Nova Poio, xunto co BNG, organiza unha festa - concerto da Mocidade que terá lugar o vindeiro venres 18 das 22 h. en diante, no Catro Camiños (Av. da Seca, 22).
Os grupos que actuarán o vindeiro 18 de marzo son Never Too Late, formado integramente por músicos mozos do noso municipio, unha formación que acaba de comezar e está iniciando a súa andaina no mundo musical. Despois presentaremos en Poio o Galeoke, que está a ser todo un éxito entre o público. Das mans dos seus creadores, os asistentes poderán interpretar as cancións que compoñen esta iniciativa pioneira na Galiza.
Para rematar a festa, o concerto dos Fervellasverzas, un grupo no que participan mozos poienses, e que o público puido ver por exemplo no I Armadiña Rock.
Os Fervellasverzas son un grupo de Rock and Roll que nace no ano 2003 grazas a Roberto Fernández e Gonzalo Maceira. Os dous músico comezaron este novo proxecto despois de disolver a inesquecible, exitosa e fulgurante banda de punk "The Flying Hammers". Nos seus primeiros anos de vida "Os Fervellasverzas" comezan facendo punk-rock pero co paso do tempo foron evolucionando cara Rock e o Southerm Rock, sen esquecerse, nos seus atronadores directos, de versionar grandes temas de Blues. No ano 2005 gañan o II Concurso CampusSons organizado polas Universidades de Galiza. Isto permitelles gravar o seu primeiro disco "Mandalle Cabrón" co a discografica Sons Galiza Musica (Lugo) Durante estes ultimos anos o grupo percorreu un gran numero de salas e festivais da nosa terra ademáis de telonear grupos de renome como Celtas Cortos, Heredeiros da Crus, Los Limones...etc En maio do 2010 Os Fervellasverzas remataron a gravación do seu 2º disco "Instinto Animal" e actualmente estan a espera de contactar cunha discografica para rematar a edición do mesmo.
A entrada á festa é por suposto de balde, e están convidados todos os mozos e mozas do noso concello.
A agrupación musical Leña Verde de Pol, da asociación cultural do mesmo nome, presentou onte no pazo de San Marcos o seu terceiro disco, titulado ?A contratempo'.
O novo traballo da formación, composta por 13 membros de entre 21 e 62 anos, inclúe temas tradicionais xunto a composicións propias do grupo, que combinan o folk, o jazz e a música de banda.
Como novidade, entre as doce pezas do disco hai temas cantados «con Noemi Basanta e Begoña Coya pondo a voz», explicou o músico de Leña Verde, Carlos Abraira.
A gravación da ?contratempo' contou tamén coa colaboración de recoñecidos artistas, como o cantautor catalán Dani Flaco, ou os músicos galegos Bruno Villamor e Xaneco Tubío.
O disco pódese adquirir, por dez euros, a través de internet.
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, comprometeuse a incluír ao grupo de Pol nas actuacións do programa Cultura Aberta, «un dous mellores escaparates para vos artistas dá nosa provincia».
Este histórico grupo, un dos referentes na primeira etapa do folk galego, principiou a súa andaina discográfica con O son da estrela escura aló por 1979, ao que seguiría cinco anos máis tarde Polaridade. Estes son dous discos de moita trascendencia no devir da nosa música de raíz. Pecharían o que podemos considerar como primeira etapa musical con Perfiles, gravado no ano 1986.
E logo de moitos anos de silencio decidiron voltar ao mundo discográfico no 2002 con Arboretum e agora volven dar outro paso na súa carreira con A Fronda dos Cervos, que publicará no vindeiro mes o selo Boa. A editora presenta esta obra, como unha mestura de música medieval e folk. Lembremos que hai uns anos, Doa realizou unha aproximación ao mundo medieval, ao que sempre tiveron moi en conta na súa obra, cun espectáculo no que contaban como solista con Rosa Cedrón, mais esta colaboración non se reflectiu en forma de álbum e só quedou na memoria dos espectadores que asistiron aos concertos.
A actual formación da banda está composta por clásicos do grupo que levan anos no proxecto, como Xaquín Blanco, Bernardo Martínez e Xoan Piñón. As novidades respecto á anterior formación coñecida son a presenza do zanfonista Óscar Fernández, coñecido do seu paso por Os Cempés e Bonovo, e a cantante Susana de Lorenzo.
Hai xa case seis anos da estrea no teatro do, daquela, Centro Cultural Caixanova de Vigo do Proxecto Orquestral Moxenas.
Amadriñados por Susana Seivane, e coa compaña de Xosé Ferreirós,de Milladoiro, da Asociación de Gaiteiros Galegos ou de Antón Corral, director da banda de Gaitas Xarabal,o 30 de abril de 2005 comezaban unha andaina que xa os levou até lugares coma o Festival Intercéltico de An Oriant/Lorient na Bretaña e que tivo a súa última paraxe, polo de agora, o pasado 12 de febreiro no Auditorio do Concello de Vigo.
Porén, quen asistise a eses dous concertos na cidade olívica puido comprobar a grande evolución experimentada por Moxenas ao longo destes anos. Sen deixar de ser un proxecto baseado na música tradicional, leva engadido á instrumentación tradicional un feixe de sonoridades novas para cumprir de feito o obxectivo co que naceu,a idea de crear unha proposta contemporánea que conciliase os instrumentos tradicionais cos modernos baixo unha feitura orquestral.
E aínda que xa dende o comezo esta liña mestra viña marcada coa presenza do teclado ou a frauta traveseira, as incorporacións que se foron facendo de clarinetes, saxos soprano, alto e tenor,guitarra electro-acústica, guitarra clásica,mandolina, baixo eléctrico ou djembés remataron por consolidar a fusión de sons que se procuraba.
Mais, para non pórmos o carro dediante dos bois, cómpre falar da xénese do proxecto.A creación de Moxenas Musical Galego no 2005 non é máis que a continuación do proxecto musical que o propio inspirador do seu nome,Nazario González?Moxenas?, iniciou no movemento veciñal vigués: a formación na música tradicional da rapazada de moitos barrios e parroquias do concello, labor que, tras a súa morte, foi continuado polos seus discípulos, hoxe mestres de música tradicional na maioría das entidades veciñais e culturais de Vigo e a súa bisbarra.
Precisamente esa canteira inesgotable é quen fornece de músicos este proxecto nado por iniciativa da Federación Veciñal Eduardo Chao e que veu cumprir unha vella arela de vellos gaiteiros vigueses coma Henrique Otero ou o propio Moxenas que sempre deveceron por un proxecto musical que mesturase o tradicional coa instrumentación contemporánea.
Na actualidade,Moxenas estrutúrase en tres liñas sonoras, unha primeira formada pola percusión ?tradicional: tambor, pandeiretas, bombo, co engadido do djembé nalgunha peza?,outra que abrangue os metais: saxos,clarinetes e tamén acordeóns, etc. e unha terceira integrada polas gaitas, coas que interpreta nomeadamente pezas populares, -arranxadas por Ernesto Campos-, ou outras de autor,moitas delas do propio Campos, activo colaborador do proxecto.
Coetáneo de Son de Seu, quizais tamén complementario pero dende logo diferente,Moxenas está, ao igual que o proxecto argallado ao acubillo da Universidade Popular, intimamente ligado cunha tradición musical que entronca co traballo de bandas de gaitas coma Xarabal, de Vigo, ou Manxadoira, de Bueu, e outras que entenderon e entenden que a música tradicional podía desenvolver estruturas propias para interpretar conceptos musicais que ultrapasaban o clásico cuarteto ?cuarteto que en realidade, foi unha formación ?revolucionaria? argallada aínda non hai cen anos polos gaiteiros de Soutelo?,sen ter que recorrer a vulgares copias ou reinterpretacións sui generis da música, formacións e instrumentación doutras nacións de cultura celta. E non podía ser doutro xeito nun proxecto que está baixo a batuta de Xosé Oliveira,gaiteiro,neto dos gaiteiros Os Morenos de Lavadores, membro do grupo de música tradicional Noitarega e, no seu tempo, alumno de Moxenas.
Baixo a súa dirección, arredor de cincuenta músicos conforman Moxenas Musical Galego, unha escolma dos mellores valores musicais que se están formando nas distintas asociacións veciñais viguesas e para os que a integración neste proxecto representa un estímulo e en moitos casos un paso máis a súa aprendizaxe e na súa andaina musical, pois algúns dos integrantes da primeira formación de Moxenas abandonaron xa o grupo para se incorporar noutros proxectos, deixando oco para a entrada de xente nova e permitindo deste xeito que siga a correr a auga e a moer a moa.
Arredor datransmisión damúsicatradicional
Dende logo,é interesante, co paso do tempo, analizar como o labor de mestres gaiteiros como Oliveira e tamén doutros coma Luis O Caruncho, Luis Prego,Fernando Costas, Chuco Estévez ou Laureano Muñoz,só por citar algún das Rías Baixas,engade un novo elo na transmisión dun saber que eles recibiron doutrosmestres coma os devanditos Moxenas e Otero.E o interese desta análise reside no éxito rotundo que conseguiron. Apenas había,nunha cidade coma Vigo, unhas ducias de gaiteiros hai 30 ou 40 anos, e a inmensa maioría nas parroquias máis rurais coma Lavadores ou Sárdoma.
Hoxe en día cóntanse por centos, mesmo por millares, nun fenómeno que se estende uniforme por todo o país e que medrou acarón de asociacións veciñais e culturais, radicalmente afastado das subvencións e apadriñamentos públicos que recibiron nos últimos vinte anos esoutras propostasmarcianas que teñen o seu máximo expoñente na banda de gaitas da Deputación de Ourense.
Quizais teñamos diante dos ollos o camiño a seguir noutras moitas vertentes,e non só culturais, e só nos falta para encetalo a claridade de ideas e a afouteza que tiveron e teñen estes homes e mulleres namorados da gaita e damúsica tradicional.
Por riba, ao ter sólidos alicerces,a música tradicional galega ten a capacidade de interactuar con outras culturas musicais e non ser deglutida como lles ten acontecido ás músicas de tantos outros países.
É obviedade,mais non se debe esquencer que Moxenas,Berrogüetto, Pelepau,Cuarteto Caramuxo ou Projecto Trepia son formacións máis ou menos afastadas da tradición pero que existen hoxe en día grazas ao labor silandeiro que uns poucos mestres gaiteiros desenvolveron no momento crucial no que se xogou o futuro da nosa música tradicional.
?Escoitada a versión en francés de Na iauga, nalgún momento pensaron en facer máis temas nesa lingua dos que o fixeron ata agora nun próximo disco?
?A idea de facer a versión francesa do tema xurdiu unha vez que escoitamos a versión orixinal, é un tema tradicional do Quebec, e decidimos traducilo ao galego. Na versión galega deste tema quixemos deixar algunha frase en francés. E unha vez que este estaba gravado pensamos ?por qué non facer unha versión en francés pero deixando algunha frase en galego??. É a primeira vez que facemos un tema cantado en outro idioma que non sexa galego ou castelán. Pareceunos moi divertido e tamén unha chiscadela cara aos nosos amigos do Quebec.
?Como din vostedes, son as galegas en Bruxelas e as belgas en Galicia. Que vantaxes e incomenentes ten estar nesa situación?
?O feito de vivir en Bélxica pero ser galegas e o feito de ir a Galicia vivindo en Bruxelas xa fai que todo sexa diferente. É normal que haxa dificultades á hora de ubicar a nosa música ou incluso a nós mesmas. Pensamos que realmente temos a oportunidade de quedarnos co mellor de cada sitio. En Bruxelas sentímonos como en casa e en Galicia estamos en casa, así que a experiencia non pode ser mellor e máis enriquecedora. Os incomenentes son non poder estar en Galicia todo o que nos gustaría.
?Como xurdiu facer a simpática versión do tema das Bangles?
?Xa no disco anterior había unha versión dos Red Hot Chili Peppers. Neste volveu xurdir a idea de facer outra versión e pensamos no tema Walk like an Egyptian . Este é un CD moi variado, no que todo é posible, e pensamos que esa versión encaixaba perfectamente coa atmósfera de todo o traballo. Contamos para isto coa participación do xenial Carlos Blanco.
?Logo dunha década polos escenarios europeos, como cren que reciben os espectadores a súa proposta? Resúltalles especialmente novidosa?
?Pensamos que a música galega é moi ben acollida sempre en calquer parte do mundo. No que se refire á nosa música, sempre estivemos moi ben tratadas, a verdade, con moito respecto, empezando xa por Bélxica, o noso país de acollida. Dende o primeiro traballo, Bélxica sempre se mostrou moi agradecida, aos belgas lles encanta a música galega. Son grandes coñecedores e é un público moi entusiasta, moi xeneroso. E pouco a pouco vimos isto no resto de países europeos nos que xa cantamos: Francia, Holanda, Alemaña, Italia, República Checa, Serbia? En todos tivemos unha acollida excepcional, de todos eles gardamos unhas magníficas lembranzas e todos nos aportaron algo novo.
?E como valoran que na actualidade unhas cantareiras que estean acompañadas de músicos folk xa se vexan como algo completamente normal?
?O que está claro é que o panorama musical, igual que todo, non é o mesmo que hai dez ou quince anos. Todo evoluciona, e a música tamén o fai. Hoxe en día hai unha amplitude de conceptos artísticos e musicais nos que todo é posible. E iso é o interesante, a capacidade de cada un para adaptarse aos novos tempos e ao mundo no que se vive. O sitio onde se atopa Ialma agora mesmo, e a música que facemos, foi unha evolución natural que xurdiu das vivencias e das experiencias que nos foi dando a vida ao longo desta última década. Que unhas cantareiras estean acompañadas de músicos folk pensamos que, nestes momentos, seguramente é das cousas máis normais que se poidan ver nos escenarios.
?A súa simbiose musical lévaas a xogar coa tradición e elementos pop, cren que a música folk debe estar atenta ao que se coce noutros estilos para adaptar a súa mensaxe aos tempos modernos?
?Non cremos que o folk teña que estar realmente tan atento a todo o que se coce noutros estilos. Sinxelamente, o folk vai ser testemuña de cómo evolúe o panorama musical en xeral e collerá o que máis lle interese ou lle guste. O que está claro é que hai tendenzas e influencias das que é difícil facer como se non estiveran.
?Mudou algo o seu xeito de abordar o canto nestes anos?
?A base sempre segue sendo a mesma, que é a tradición, o lugar de onde parte todo. As nosas voces non son as mesmas que hai dez anos, pero o estilo que se foi adquirindo ao longo do tempo pensamos que está claro. As voces tamén son parte fundamental do son característico de Ialma.
A cantareira regresou a Vigo para presentar o seu último traballo "Sós" no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia cun novo xiro ao folk galego.
Mercedes Peón estreou o seu último disco "Sós" en Vigo. Fiel ao seu estilo, cunha posta en escena sobria, dominada polas cores neutras e onde a luz intensificou o poder do son, interpretou a súa nova proposta musical, un novo xiro ao folk galego ante unha entrada discreta no García Barbón.
Con fondas raíces na tradición, a cantareira reflecteu os influxos de estilos máis actuais, achegando unha proposta cun claro selo persoal.
Para moitos críticos, o máis destacado das súas composicións son as incorporacións doutras culturas ao resultado final. Co teatro a medio encher, os asistentes saíron convencidos e satisfeitos dun espectáculo que seguiu as liñas marcadas pola intérprete e que a fixeron popular.
O Municipal expón materiais vinculados ao gaiteiro
No Museo Municipal de Ourense ten lugar ata o próximo día 27 a exposición titulada Faustino Santalices: ciencia dá gaita, consciencia dá zanfona (tradición musical galega).
Anteriormente -no segundo semestre de 2010- esta exposición había estado no Museo Etnolóxico de Ribadavia, en conmemoración e homenaxe do artista polo cumprimento do cincuentenario do seu falecemento. Faustino Santalices Pérez (Bande, 1877-Madrid, 1960) foi, segundo o poeta galego Ramón Cabanillas, «ou meirande coñecedor, con fervente e apaixonado enamoramento, dá nosa anterga e venerabre música». E, por outra banda, pódeselle considerar con toda razón -como precisa no excelente catálogo da mostra Roberto Varela, conselleiro de Cultura- un activista cultural do patrimonio etnomusical galego. En suma, representa «unha figura emblemática, e en boa medida mítica, do noso folclore musical», como sinala, á súa vez, no mesmo referido catálogo Xosé C. Sierra Rodríguez, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Esta mostra, en fin, conta cun amplo respaldo institucional, que a acredita amplamente. A súa iniciativa e comisariado corresponden aos irmáns Félix e Cástor Castro, gaiteiros e responsables da Aula de Música Tradicional Gómez Mouro de Ourense. Por outra banda, patrocínana o Concello de Ourense, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Xunta de Galicia. E, para rematar, producírona a Difusora de Letras, Artes e Ideas, o Arquivo Castro Vicente e a familia Faustino Santalices Muñiz.
Servizo á música galega
Santalices foi, nunha soa peza e ao máximo nivel de excelencia, investigador, recolector, artesán construtor de instrumentos musicais, intérprete, compositor e divulgador da música tradicional galega. E todo este complexo e difícil papel artístico iniciouno xa durante o seu bacharelato, ao aprender a tocar a gaita en Celanova, do famoso Gaiteiro de Penalta -inmortalizado polo gran poeta galego Curros Enríquez-. Del recibiu todo o que era o seu repertorio e, sobre todo, aprendeu a técnica de tocar o instrumento a dedos tapados -ou pechado-, segundo ese estilo clásico galego de moi especial virtuosismo. Pero talvez sexa a máis importante das súas facetas musicais a súa ejecutoria de recolección histórica de todo o que se refire á gaita galega e tamén a zanfona. El foi vivamente consciente do proceso de degradación da gaita á altura dos anos vinte do século pasado e da necesidade de recuperar a zanfona, practicamente desaparecida a inicios do pasado século, tras a súa brillante historia do medievo juglaresco e a posterior utilización empobrecida en cantárelos rueiros de cego.
Zanfonista ademais de gaiteiro
Santalices recibiu o pasado día 26 -e xa que logo xa tras a inauguración da súa exposición aquí comentada do día 21-, aínda que esta vez no Auditorio Municipal, a homenaxe dun certame-concerto dos actuais dez mellores zanfonistas en activo e a súa gravación en disco. A súa figura histórica ben o merece. Foi o único zanfonista da península ibérica durante o primeiro cuarto do século XX e o enteiro e verdadeiro recuperador da zanfona como instrumento musical. No terreo anecdótico, cabe subliñar que tivo en canto espectador dos seus concertos de zanfona ao rei Alfonso XIII, en 1953 gravou catro discos de zanfona e en 1956 publicou un libro tamén sobre a zanfona. En suma, tributou a este instrumento musical moita ilusión. Como dixo no seu libro, este «instrumento de xograr, foi recollido do arroio, con toda a herdanza daqueles nómades cantores, polos cegos» e, así, «deixou de soar nos palacios para vibrar nas romarías». Tamén parece vibrar na pedra tanto do Pórtico da Gloria como do Pórtico do Paraíso.
Luns 14
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? na Casa da Crechas (Compostela)
Terza feira 15 (Martes)
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? na Casa da Crechas (Compostela)
Corta feira 16 (Mércores)
? Fracasados de antemano no Avante (Compostela)
? Foliada aniversario na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 17 (Xoves)
? Fracasados de antemano na Biblioteca Sagrada Familia (A Coruña)
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? no Clavicembalo (Lugo)
Sexta feira 18 (Venres)
? Sés no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? no Garufa (A Coruña)
? Ulträqäns no Pub Akelarre de Muimenta (Lugo)
? Fracasados de antemano no Pub Badulake (Ordes)
? Zurrumalla no furancho Malaherba (Matamá - Vigo)
? Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
Sábado 19
? III Festival da Maía ás 20:00 na Casa da Cultura de Bertamiráns
? Guezos na sala The Star (Carral)
? Espido no C.C. A Forna (Budiño-O Porriño)
? Fracasados de antemano no pub Gatos (Melide)
? Ulträqäns no Festival Filloa Rock
Marín (Pontevedra)
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? no Liceum (O Porriño)
? Tarambainas e Os de Sempre no furancho Malaherba (Matamá - Vigo)
? Foliada en Soutelo de Montes
? Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
? Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa
? Serán furancheiro na Picoña (Salceda de Caselas)
Sexta feira 11 (Venres)
? Congreso Faustino Santalices (Ourense)
? Mercedes Peón no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
? Roi Casal no Aud. Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 21:00
? Tromentelos e Salta no Cribo na sala 600 de Melide
? Desqilibrio Mental na Sala Nasa de Compostela
? Ce Orquestra Pantasma no furancho Malaherba (Matamá - Vigo)
? Quempallou no bar Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Foliada no Flamingo (O Carballiño)
Sábado 12
? Congreso Faustino Santalices (Ourense)
? Pesdelan na Festa do Entroido de Aranga (A Coruña)
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Ourense
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? ás 22:00 no pub Barriga Verde (Lalín)
? Kutxi cabeza de boi e Corenta e tantos no furancho Malaherba (Matamá - Vigo)
? Repichoca Zanfoneira no Café Cultural Auriense (Ourense)
? Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
Domingo 13
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Ourense
? Cantata Vernácula en Cuntis ás 13:30
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? na Casa da Crechas (Compostela)
? Susana Seivane (19:30) e Riobó (18:00) na Festa do Queixo de Arzua
18 de marzo
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
19 de marzo
- Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
- Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa.
- Serán furancheiro na Picoña (Salceda de Caselas)
25 de marzo
- Serán da Ermida en Pazos de Borbén
26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama
16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)
4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
Quempallou celebra este ano os once que leva dedicándose á música folk e faino cun disco, Once anos mallando, e unha serie de concertos especiais, nos que repasa o mellor da súa carreira, como o que ofrece esta noite no Porriño.
Venres 11 de marzo
23.30 horas
Bar Liceum. O Porriño.
Museo Municipal de Ourense
11 e 12 de marzo de 2011
Faustino Santalices Pérez é figura fundamental da música popular galega na primeira metade do século XX. As súas reflexións e aportacións na estandarización da gaita e na recuperación da zanfona colócano na centralidade do proceso de recuperación e valorización do patrimonio musical de Galiza.
Este programa de actos e actividades, coincidente co 50 aniversario da súa morte, pretende aproximar ao grande público a figura de Santalices no contexto sociocultural en que desenvolveu os seus procesos creativos, interpretativos e, nomeadamente, os procesos científicos e de investigador.
Estes procesos en que empeñou unha vida, permitíronlle idear e fixar os métodos e ferramentas para a construción do actual padrón de gaita, así como a recuperación definitiva da zanfona, que con aquela ocupa o epicentro da historia musical desta vella nación europea.
VENRES 11 de Marzo de 2011
MAÑÁ
12.00 Apertura
- Eva Jiménez Del Río. Viúva de Faustino Santalices Muñiz
- Cástor Castro Vicente. Coordinador do Congreso
- Isabel Pérez. Concelleira de Cultura do Concello de Ourense
- Xoán Carlos Fernández Fasero. Director da Axencia Galega das Industrias Culturais - Xunta de Galicia
- Xosé Lois Vázquez. Difusora de Letras, Artes e Ideas
12.30 Conferencia inaugural
«Santalices ourensán», Cástor Castro. Músico tradicional, avogado e investigador. Colaborador do proxecto Ronsel. Membro da AOFT Gomes Mouro.
TARDE
16.00 «Faustino Santalices e o seu tempo», José Luis Dopico Orjais. Músico tradicional, bibliófilo e director do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragonha, Rianxo
16.30 «Santalices e Cabanillas: dúas almas xémeas», Luis Rei. Bibliotecario de Cambados. Investigador sobre a vida e obra de Ramón Cabanillas
17.00 Coloquio
17.30 Pausa
18.00 «Impressões sonoras»
- Ramom Pinheiro. Director Artístico de A Central Folque - Centro Galego de Música Popular
- Xavier Paz. Director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, propietario da Livraria Torga e dinamizador cultural
18.30 «Faustino Santalices Muñiz: gardián, conservador e difusor do legado Santalices», Santiago Prado Conde. Antropólogo, Universidade de Vigo
19.00 «Santalices e a literatura galega de tradiçom oral», José Luis Forneiro. Professor titular de Língua Portuguesa na USC e estudioso do romanceiro de tradiçom oral da Galiza
19.30 Coloquio
NOITE
20.30 Visita á exposición Faustino Santalices. Ciencia da gaita, Consciencia da zanfona. Tradición Musical Galega guiada polos comisarios Félix e Cástor Castro no Museo Municipal de Ourense
21.30 Petisco libre pola cidade vella de Ourense
22.30 Concerto Café Cultural Auriense
SÁBADO 12 de Marzo de 2011
MAÑÁ: Ciencia da gaita
10.00 «Santalices construtor da gaita. Apuntamentos técnicos»
- Olimpio Xiráldez. Gaiteiro e frauteiro. Artesán de gaitas e frautas. Membro da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos
- Moncho Marín. Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño e Ilustración. Debuxante etnográfico, membro e colaborador do Museo do Pobo Galego
Con explicacións de Moncho Marín sobre a realización dos planos co despece de dúas gaitas de Do e Si Bemol de Faustino Santalices
11.00 Coloquio
11.30 Pausa
12.00 «Organoloxía da gaita, repertorio, o toque pechado», Félix Castro. Músico tradicional, avogado e investigador. Membro da AOFT Gomes Mouro
12.30 «O caderno perdido de Faustino Santalices. A música tradicional galega como fonte xeradora de recursos endóxenos», Iván Area. Gaiteiro. Coordinador xeral do proxecto Ronsel (ronsel.uvigo.es). Profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo
13.00 Coloquio
13.30 Xantar oficial (Prezo por comensal 20 ?. Para participar é necesario facer reserva no e-mail abanaeventos@gmail.com)
TARDE: Consciencia da zanfona
17.00 «A zanfona ibérica, usos e tipoloxías», Xulio García Bilbao. Documentalista na Axencia EFE, cofundador da Asociación Ibérica de la Zanfona. Autor de varios artigos e conferencias sobre o instrumento
17.30 «Santalices e a zanfona. Os cantares de cego», Pancho Álvarez. Músico
18.00 Coloquio
18.30 Pausa
19.00 «Como se fai unha zanfona», obradoiro a cargo de Xaneco Tubío. Artesán de zanfonas
19.30 Mesa Redonda: «O legado a valorizar de Faustino Santalices»
- Antón Seoane. Músico e psiquiatra, membro de Milladoiro dende a súa fundación no 1978
- Luciano Pérez. Responsable técnico da colección de instrumentos musicais do CENTRAD-Deputación de Lugo
- Xaime Estévez Vila. Etnomusicólogo e Dr. en Ciencias da educación
21.00 Conclusións e encerramento do acto
NOITE
21.30 Petisco libre pola cidade vella de Ourense
23.00 Repichoca Zanfoneira no Café Cultura Auriense
Domingo 13 de marzo de 2011 ás 13:30h
Festa do Lacón con Grelos
Praza da Constitución, Cuntis (Pontevedra)
CANTATA VERNÁCULA son Suso Vaamonde e Xoán Porto.
Este dúo, creado no ano 2009, intenta recuperar nos seus espectáculos a participación activa do público por medio da música tradicional galega.
Acompáñanse de zanfona e acordeón para ir introducindo ó público nunha auténtica festa galega onde músicos e espectadores confúndense,
onde todos rematan cantando.
Entre bromas, anecdotas e explicacións, este dúo consegue
achegar o noso folklore a todos os públicos dun xeito orixinal e divertido.
A Asociación O.C.T. " A Volta do Agro", organiza os vindeiros 12 e 13 de marzo, un curso intensivo de cantares e percusión ibérica, impartido por Eliseo Parra.
O Obradoiro terá 16 horas de duración, repartidas entre o sábado e o domingo e o prezo será de 80 ?.
Para máis información e reserva de praza:
651 672 551
620 689 754
avoltadoagro@hotmail.com
Están abertos os prazos de inscrición para os vindeiros cursos monográficos aCF 2011: Cantos do mundo con Pili Araujo en Pontevedra e Adufe con Luis Prego en Santiago de Compostela.
Para inscrción escribir un mail a info@folque.com ou chamar ás oficinas aCF no +34 881 031 829.
Cantos do mundo con Pili Araujo
Sábados 12, 19, 26 de Marzo
Horario: de 17:00 a 19:00
Lugar: Antigo Conservatorio de Música de Pontevedra
Prezo: 18 ?
Os participantes, a través da aprendizaxe en grupo, achegaranse a cantos africanos, asiáticos, sudamericanos, etc. toda unha viaxe intercontinental a través da voz.
Imparte
Pilar Araújo foi nos 90 acordeonista e cantante no grupo Chouteira. Especialista en dirección coral, cantos do mundo e pedagoxía musical infantil. Foi fundadora, directora e profesora de canto na Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Adufe con Luis Prego
Sábados 19 e 26 de marzo
Horario: de 10 a 14 horas
Lugar: LSC Sar. Santiago de Compostela
Prezo: 80 ?
Este curso versa sobre o pandeiro cadrado e o canto que o acompaña, coa intención de ofrecer unha perspectiva global sobre as súas características. O contido abranguerá os seus usos tanto na Galiza, Asturies e norte de Portugal. Impartido por Luis Prego Desde unha introdución á súa contextualización xeográfica, ata un percorrido polo repertorio conservado e os toques posibles, pasando por unha escoita e visualización de vídeos de pandeiros cadrados peninsulares serán os contidos do único módulo deste monográfico de Adufe. Tamén haberá espazo para estudar xeitos de agarre, posición de mans, sonoridade e toque recompilados.
A formación se desenvolverá en 2 sesións de 4 h cada unha
Esta sexta, 11 de março, teremos noite italiana no pichel com Beppe Branca.
Consistirá em:
Às 20h obradoiro-demostraçom de pandeira italiana (Pizzica Pizzica, a tarantella de Puglia; Tammorriata , da zona de Napoli; Tarantella Siciliana..).
Às 22h espectáculo musical adicado aos cantos de loita e amor do Sul de italia acompanhado de petiscos.
Mercedes Peón presenta hoxe e mañá o seu novo disco ?S.O.S? en Vigo e A Coruña
A intérprete galega Mercedes Peón presenta en Vigo e A Coruña o seu último disco, S.O.S., unha arriscada e vangardista produción discográfica aclamada pola crítica internacional que se mantén, por segundo mes consecutivo, á cabeza da World Music Charts Europe.
Enmarcados na programación sociocultural de Novacaixagalicia, o primeiro dos recitais terá lugar este xoves no Centro sociocultural da entidade en Vigo, ás 20.30 horas. Ao día seguinte, venres día 11, e á mesma hora, a instrumentista e compositora galega subirá ao escenario do Teatro Colón Novacaixagalicia na Coruña.
Será a primeira vez que se interpreten en directo os temas deste complexo disco no que ?a electrónica se trata como acústica e o acústico, como electrónico?, como resalta a promoción da instrumentista nacida na Coruña no ano 1967, que cataloga o álbum como ?maduro, fresco, creativo, enxeñoso e profundamente conceptual?.
?MICROCOMPOSICIÓNS?
Acompañada por catro músicos e un importante despregue tecnolóxico, no escenario convivirán gaitas, samplers, guitarras eléctricas e pandeiros para mostrar ao público a riqueza do seu cuarto álbum.
Nalgunhas das composicións de S.O.S. ?definido pola propia artista como ?microcomposicións?? o concepto electroacústico está moi presente, ao reproducir ambientes e ruídos que dan unha tensión especial a este traballo ?caoticamente entrelazado, que pretende?, destaca a promoción, ?chamar a atención sobre os clixés que manexamos e dar espazo ao singular?.
As entradas para estes dous concertos de Mercedes Peón están xa á venda nas canles habituais de distribución da entidade, a un prezo de entre 7,95 e 10,75 euros.
Siniestro total renuncia a optar á Mellor Canción en Galego nos Premios da Música
Comunicado de ST sobre os nomeamentos dos Premios da Música
Siniestro Total foi nomeado como finalista en dúas categorías aos Premios da Música. "Mellor disco de Rock" e "Mellor canción en Galego". O mesmo día que recibiu os nomeamentos comunicóuselle á Academia a renuncia a unha delas, a de "Mellor canción en Galego", polo que solicitamos a todos os que teñen dereito a voto que non voten a Sinistro Total nesa categoría de "Mellor canción en Galego", estas foron as razóns:
Á atención da Academia da Música:
Siniestro Total está moi orgulloso de ser nomeado na categoría de "Mellor Canción en Galego" aos "Premios da Música 2011".
É habitual na carreira discográfica de ST a realización dalgún tema en galego en case todos os seus álbums, tan habitual que mesmo podería realizarse algún compilado só cos temas editados en galego.
Pero non consideramos que sexa xusto que nos outorguen devandito premio.
O feito de que só un tema en galego poida ser nomeado aos Premios da Música, entendemos que implica que aqueles grupos que apostan totalmente pola nosa lingua propia, sexan merecedores de tal premio e nós non o somos.
Agradecemos aos que nos postularon para tal premio e agradecemos tamén sinceramente a todos os que nos votaron, pero polos motivos sinalados, solicitamos ser descartados da elección entre os finalistas ao devandito premio. "Mellor canción en Galego"
IVAN FERREIRO co seu "Pinic Extraterrestre" foi nomeado ao mellor disco de Pop Alternativo.
SINIESTRO TOTAL co seu "Country & Western" foi nomeado ao mellor disco de Rock.
TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO e o seu "Año Santo", foi nomeado ao mellor disco de Rock Albernativo.
LUAR NA LUBRE por "Solsticio", está nomeado a mellor disco de música tradicional.
Como mellor canción en galego foron nomeados:
- BERROGÜETTO por "Alalá da Noite".
- MERCEDES PEÓN por "Derorán".
- CRISTINA PATO e ROSA CEDRÓN por "Negro Caravel".
- SINIESTRO TOTAL por "Quen me dera na Casiña".
Como mellor produtor, está SUSO SAÍZ, por produciones como a de IVÁN FERREIRO: "Picnic Extraterrestre".
Quen pode participar?
A participación na cea está aberta a todas as persoas que desexen asistir e cumpran dous requisitos:
· Vestir de xeito adecuado á época, como se estiveramos en 1809
· Abonar o importe da cea, 20 ?, no prazo establecido.
Onde e como podo anotarme?
Ate o martes, 15 de marzo, estará aberto o prazo para inscribirse, e poderá facerse de dúas formas: no local da Asociación de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00, ou abonando o importe de 20 ? por persoa no número de conta 2080-0045-93-0040010217 de Caixanova, facendo constar ?Cea da Reconquista 2011?.
De cubrirse o aforo antes da data de finalización do prazo, daríase por pechada a inscrición..
Coa cea iniciaremos os actos da Festa de Reconquista que se celebrarán na semana seguinte, os días 26 e 27, sábado e domingo.
A cea estará precedida por unha mostra de traxes de época, dirixido e organizado por Wenceslao Cabezas, ?Polo?, director da Escola Municipal de Danza de Vigo que presentará unha colección de traxe tradicional.
O acto conta co patrocinio da Tenencia de Alcaldía de Vigo e a colaboración da Autoridade Portuaria.
Luns 7
? Os Cuchufellos + Los Barrankillos + Proyecto Luisbo na Praza do Correxedor de Ourense
? Foliada no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 20:00
Terza feira 8 (Martes)
Corta feira 9 (Mércores)
Quinta feira 10 (Xoves)
? Mercedes Peón no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30
? Serán na sala The Star (Carral)
Sexta feira 11 (Venres)
? Mercedes Peón no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
? Roi Casal no Aud. Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 21:00
? Tromentelos e Salta no Cribo na sala 600 de Melide
? Desqilibrio Mental na Sala Nasa de Compostela
? Quempallou no bar Liceum (O Porriño)
? Foliada no Flamingo (O Carballiño)
Sábado 12
? Pesdelan na Festa do Entroido de Aranga
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Ourense
? Repichoca Zanfoneira no Café Cultural Auriense (Ourense)
? Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
Domingo 13
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Ourense
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? na Casa da Crechas (Compostela)
? Susana Seivane e Riobó na Festa do Queixo de Arzua
Luns 7 de marzo
Fórum Metropolitano (A Coruña)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa.
Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa.
Sexta feira 4 (Venres)
? Marta Quintana e banda no Salón de Actos da E-Trad, Vigo ás 19:00
? Loretta Martin no Le Club (A Coruña)
? Labregos do tempo dos Sputniks no pub London (Ordes)
? Os Tres Trebóns no Pub Akelarre de Muimenta
? Noites de Tasca na Parrillada Campo en Viaño Pequeno (Trazo)
Sábado 5
? Malandrómeda no Clavicémbalo (Lugo)
? Desqilibrio Mental no Café do Mar de Carnota
? Os Tres Trebóns no Kerrika Taberna de Barallobre (Fene)
? Lamatumbá na sala Regueifa (Ponteareas)
? Contracochenos no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Domingo 6
? Serán de entroido no Casco vello de Vigo
6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo
12 de marzo
- Serán de Laxoso
18 de marzo
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
19 de marzo
- Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
- Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa.
25 de marzo
- Serán da Ermida en Pazos de Borbén
26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama
16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")
- Serán en Pinzás(Tomiño)
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)
4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
Estimad@s amig@s:
Desde O Fiadeiro temos o pracer de convidarvos a participar na celebración do II Serán de Entroido, que terá lugar o domingo 6 de marzo a partir das 19:00 na Praza da Constitución de Vigo.
Por motivos de temporización teremos un cartel pechado de intervencións, entre as que contaremos agrupacións de renome de diversos puntos de Galicia. Os grupos que actuarán serán:
- Os terribles de Donas (Gondomar)
- Tanxedoras (Vigo)
- Pelepau (Vigo)
- Charanga O Fiadeiro (Vigo)
- Pandereteiras ?As Boubas? (A Pontraga, Tordoia)
- Pandereteiros/as O Fiadeiro (Vigo)
- Grupo de gaitas ?Os Xirifeiros? (O Carril, Vilagarcía de Arousa)
Gustaríamos contar con vós para disfrutar todos xuntos da música tradicional da nosa terra e bailar nunha das prazas máis emblemáticas do noso casco vello como é a praza da Constitución.
A presentación do evento estará levada por Carlos Veleiro (coñecido humorista e monologuista da noite viguesa) que amenizará. Como marca a tradición do entroido aproveitará o fío da presentación para facer sátira dos feitos máis salientables do pasado ano.
Durante o serán, e como manda a tradición, repartiranse gratuitamente algún postres e lambetadas propias do tempo de Entroido (orellas, filloas, chocolate?) para quecer os corpos e os folgos.
Moitas grazas e agardamos vervos a tod@s na festa!!