O vindeiro xoves día 31 de marzo ás 20:30h preséntase, no auditorio David Russell do Conservatorio de Música profesional de Vigo, o libro "Pel e madeira" Vol II de Xesús Vaamonde e Xosé L. Romero.
No acto os autores farán unha pequena presentación/concerto, tamén participarán, en representación do centro a súa directora, Isabel Figueroa e a xefe de departamento de música tradicional, Rosario Guerrero, o director do Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero e o director da editorial Dos Acordes, Javier Jurado.
Este libro de partituras recolle 30 pezas populares arranxadas para dúas gaitas, tambor e bombo. Inclúe dous discos de son coa gravación de todos os temas interpretados polos propios autores.
En cada un dos CD, identificados como GAITA e PERCUSIÓN, o oínte poderá escoitar separadamente no estéreo cada un dos instrumentos que conforman o cuarteto tradicional. Deste xeito, virando o selector do balance cara á canle dereita ou á esquerda, poderemos anular a escoita do instrumento que queiramos e substituílo pola nosa propia interpretación ao vivo como parte integrante dun ?cuarteto virtual?.
Considerando a convivencia dos dous sistemas de escrita actual, Dó e Re, e tendo en conta a elección do de Dó para o primeiro volume da serie, consideramos oportuno optar pola escrita en Re para o guión deste segundo.
Porén, incluímos dentro desta carpeta os caderniños en papel coas partes independentes de cada membro do cuarteto que faciliten a interpretación, coas gaitas en escrita Re; ademais, aportamos un CD-Rom con todas as partes en arquivos PDF e en ambas escritas.
Neste segundo volume da colección "Pel e Madeira" os autores continúan afondando no repertorio tradicional galego, partindo da idea xa presentada no volume primeiro. Dous libros imprescindibles para gaiteiros, sexan estudantes, mestres ou intérpretes avanzados, así como para calquera persoa amante da nosa música patrimonial.
A edición rústica contén: libro de partItura xeral para cuarteto (escrita en re), 2 cd de son (gaita e percusión) e 1 cd-rom coas partes instrumentais en pdf (dó e re)
Francisco Carballido, a persoa elixida polo "Alalá" de hoxe, é un dos últimos tocadores de trompa da Fonsagrada e portador dunha antiga técnica de toque, cun repertorio baseado en cantigas e pezas tradicionais de gaita que adapta á trompa. En Estoupelo, aldea da Fonsagrada, onde naceu e viviu toda a vida, ata facía "polavilas" coa trompa en que creaba bailes cun ton moi especial.
O feito de que Francisco non lembre nin cando comezou a tocar a trompa, fala da unidade natural entre o lugar, o músico e un instrumento que se toca en moitas partes do mundo e aquí leva moitos nomes: arpa de boca, berimbau, espantapensamentos... Tan arraigado estaba na zona como pasatempo que os ferreiros fabricábanas de forma espontánea e conseguila foi para el tan natural como facela soar; simplemente tivo que encargarlla cando era neno a un amigo.
Francisco fala deste amigo, un rapaz fillo e aprendiz de ferreiro, que aceptou o encargo e púxose a facer a trompa cando só tiña once anos. Esta noite estará cos espectadores un dos últimos tocadores de trompa da Fonsagrada: Francisco Carballido Marentes.
Concerto de presentación en Compostela do novo disco de Ataque Escampe "Violentos anos dez", mércores 30 de marzo no Avante (Compostela) e a partir das 22h.
Terza feira 29 (Martes)
? Narf e Javier Abraldes na Casa da Crechas (Compostela)
? Labazada no Bar Tolo (Compostela)
Corta feira 30 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
? Ataque Escampe no Avante (Compostela) ás 22:00
Quinta feira 31 (Xoves)
Sexta feira 1 (Venres)
? Fracasados de antemano no Pub Oxigeno (Celanova)
? Ith no pub Gatos (Melide)
? O Leo e Arremacaghoná no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? Noite de Tasca no restaurante O Cadaval na Pontecarreira (Frades)
? Serán e presentación da Foliada de Melide na sala 600 (Melide)
Sábado 2
? Feira Achegarte (A Coruña): Marta Quintana, Xacarandaina, Luar na Lubre, Pradairo, Noitarega, Tiruleque,...
? Mamá Cabra no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 12:30
? No Cómbaro e As Cantareiras de Alende no Bar de Fredi en Espasante
? Fracasados de antemano no Auriense (Ourense)
? Xosé Manuel Budiño no Liceum (O Porriño)
? Capitan Furilo no JJCopas (Ponteareas)
? Residuos atractivas no furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
? Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
? Foliada en Rinlo (Ribadeo) no bar A cofradia
? Serán en Pazos (Pontecaldelas)
? Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
? Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
? Serán en Oubiña (Cambados)
Domingo 3
? Feira Achegarte (A Coruña): Pablo Díaz, Pesdelan, Ultraqans, Maghúa, Duplo Son,...
? II Encontro Abeleira ás 19:00 na A.V.C.R. San Mamede de Zamáns (Vigo)
? Guezos no Aturuxo (Bueu)
BASES DO XI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA
Terá lugar no auditorio Manuel Dopazo o día 1 de maio de 2011.
1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.
2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.
3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.
4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.
5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.
6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.
7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.
8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.
9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.
PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.
PREMIOS
BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo
PODERÁ HABER ACCESITS AO MELLOR VESTIARIO E AO MELLOR ACOMPAÑAMENTO.
DATOS DE CONTACTO:
Presidenta: Josefa, 667-49-26-72
Correo electrónico:
josefaferreiro@edu.xunta.es fortindapomba@yahoo.es
Até o 31 de Marzo, queda aberta a convocatória para a Aña urbana 2011 (16 de Abril).
Pode participar calquer entidade ou colectivo, en calquer dos apartados (roteiro polas prazas e xantar, actuacións e serán pola tarde-noite...), enviando un mail cos seguintes datos a info@trepia.org:
-Nome do grupo
-Apartado no que participan
-Nome / tlf. da persoa de contacto
-Número de asistentes
Para calquer dúbida ou suxestión, estamos ao voso dispor en info@trepia.org, www.trepia.org e no tlf. 635543822
Ademais: Xoves 14 Abril, às 20:00h na Casa das Campás
(Vicerreitoría do Campus de Pontevedra) Conferéncia- Mesa Redonda con LUIS PREGO
Contaremos tamén coa presenza das pandereteiras de Traspielas (Fornelos de Montes) e Toutón (Mondariz)
Sexta feira 25 (Venres)
? Recambios Tucho no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
? The Homens e Projecto Mourente na aula de cultura de Betanzos ás 20:00
? Guintervan na baiuca Turko (Soutomaior)
? Skacha na Iguana Club (Vigo)
? Labazada e Desbrozadora no Bar a Veliña - Leiro
? Muiñada do Millo Corvo no Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
? Foliada Venrespirar en Ourense, na cervexaría Grândola ás 22:30
? Foliada no bar Lar (As Pontes)
? Foliada no Portobelo (Meira-Moaña)
? Serán da Ermida en Pazos de Borbén
Sábado 26
? Mamá Cabra ás 12:30 e 18:00 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
? Mercedes Peón no Centro Ágora (A Coruña) ás 19:00
? Xosé Manuel Budiño no Auditorio de Vilagarcía de Arousa
? The Homens e Projecto Mourente no pazo de Cultura de Carballo ás 20:00
? Malandrómeda en Bertamiráns no C.S. A Fouce.
? Pel de Noz e Leo e Arremacaghona no C.S. Aturuxo (Boiro)
? Guintervan na Disco Tasca (Redondela)
? Zurrumalla e Sobre Rodas na Festa da Reconquista (Vigo)
? Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro en Cotobade
? III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
? IV Ruada de Catoira
? Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ao carón da igrexa)
? Serán en Santa Lucía (Santiago)
Domingo 27
? A Quenlla na Festa da Reconquista (Vigo)
? The Homens e Projecto Mourente no Pazo da cultura de Foz ás 20:00
26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
- Serán en Santa Lucía (Santiago
2 de abril
- Ruada en cabaleiros (Tordoia)
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
- Serán en Oubiña (Cambados)
9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama
16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)
29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
Unha vez rematadas as sonadas foliadas do Salasón a festa rachada do Morrazo trasladase a Moaña.
A partir de agora, todos os últimos venres de mes, poderemos disfrutar da xuntanza dos galegos que levamos a música tradicional nas veas, os últimos venres de mes foliada no Portobelo (Meira-Moaña)
Primeira foliada desta nova xeira, este venres 25 de marzo a partir das 22:00, no Portobelo.
De novo en marcha as foliadas Verespirar en Ourense
Xa sabedes que este venres hai novo venrespirar en Ourense, na cervexaría Grândola (Praza San Marcial, no casco histórico) a partir das 22:30. Tocarán Candaira e Gomes. Dinamiza o baile Xurxo Fernandes.
Unha aperta bailadeira, espallade coma pole, nesta recén chegada primavera
O Concello de Cotobade e a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro sábado 26 de marzo do 2011 á INAUGURACIÓN DA CASA DA GAITA, que acollerá unha EXPOSICIÓN SOBRE A GAITA DE FOL e RICARDO PORTELA, un dos seus máximos expoñentes na provincia de Pontevedra.
Ao remate terá lugar o XANTAR GAITEIRO que se celebrará por primeira vez neste emprazamento, no lugar de Quintán, 3. Viascón ? Cotobade (ao lado de Restaurante Casa Manolo). Pontevedra.
PROGRAMA DA INAUGURACIÓN
11.15: Recepción de autoridades na Casa da Gaita
11.30: Apertura do acto
12.00: Visita ás instalacións
12.15: Peche do acto coa interpretación do Himno Galego
12.30: Sesión vermut
XANTAR GAITEIRO
Lugar : Carballeira da Portela (Viascón).
Data: Sábado 26 de marzo de 2011 as 14.00 h.
Menú: Primeiro: Polbo.
Segundo: Churrasco.
Postre.
Auga, viño, refrescos, café e chupitos.
O prezo por persoa será de 18 ?, para os nenos menores de 12 anos será de 15 ?
E ao rematar de xantar, gaiteirada libre na carpa da AGG, así que o que queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados/as.
Para asistir ao Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos antes do xoves 24 de marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.
Información e Reservas: secretaria@gaiteirosgalegos.com / 986 847 074
A Casa da Gaita é o primeiro museo galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, ao seu aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros da provincia de Pontevedra, Ricardo portela. Nela poderedes ver numerosas gaitas antigas, así como como outros instrumentos musicais que acompañaron á gaita de fol, como tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas cedidos por varios coleccionistas. Tamén acharedes moita información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia.
Este museo conta tamén cunha exposición de máis de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como recursos multimedia que che permitirán achegarte á historia e construción de todos instrumentos musicais galegos, así como a diversos aspectos da vida e o repertorio de D. Ricardo Portela, Presidente Fundador e Presidente de Honra da Asociaciación de Gaiteiros Galegos, e referente indiscutíbel dos músicos tradicionais galegos.
O Vindeiro Sábado 26 de Marzo teremos no noso local un obradoiro monográfico adicado ao Baile Tradicional e a Postura Corporal. NON é de Iniciación, polo que se precisa unha certa bagaxe bailadora.
Será impartido por Sonia Nóvoa quen leva impartido clases de Danza en múltiples escolas de Galicia e incluso no estranxeiro. Forma parte do Grupo Castro-Floxo co que leva percorrido infinidade de escearios de todo o mundo. Ademáis, foi coñecida por ter sido xurado do Concurso "Vai de Baile" do Programa Luar.
É un obradoiro aberto e gratuíto con límite de prazas, existindo prioridade para os socios de Rebulir. Para anotarse ou solicitar información contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben en rebulir@hotmail.com.
Informamos tamén que proximamente presentaremos o cartaz e programa da que será a V Noite de Fiadeiro, que se desenvolverá como sempre o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 30. Para seguir máis polo miúdo as informacións desta festa podedes consultar a páxina web habilitada www.noitedefiadeiro.com.
A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición até o vindeiro 3 de abril
Igual que no mellor manual de Historia, os hábitos, crenzas e tradicións dun pobo rexístranse na súa roupa. Convencida dese valor testemuñal, a Concellaría de Cultura presentou "Os nosos traxes peza a peza", unha nova edición da exposición de vestidos tradicionais que até o tres de abril mostrará aos vigueses canto de historia e etnografía escóndese no fondo do armario.
"A mostra inspírase nesta ocasión na romaría de San Roque, coa súa festa e bailes", explica Cándido Pérez, presidente da Asociación de Veciños Casco Vello.
"A exposición inclúe 15 traxes de tamaño real e unha representación con 20 bonecos na que se poden ver vestidos a escala", aclara a costurera e comisaria da exposición, Patricia González. O material inclúe saias, camisas, chalecos, chaquetas, pololos... que os vigueses dos séculos XVIII e XIX usaban para acudir aos actos relixiosos de San Roque ou gozar despois de bailes tradicionais como a "regueifa" ou a "danza de Reis de arcos".
Esa vistosidade e o detallismo dos 35 modelos, que González dispón en "pequenas fotos" costumistas, fai que ano tras ano a exposición sexa "unha das que máis xente visita na cidade". Parte do mérito téñeno os traxes, conseguidos a través de profesionais do folclore, profesores de danza ou particulares que conservan as pezas que vestiron os seus avós.
Para contemplar a riqueza do vestiario González dispuxo unha sección especial na móstrase ao visitante "como se vestían, peza a peza, os homes e mulleres da época".
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a exposición pódese gozar na Casa Galega da Cultura durante o horario habilitado para cada día da semana. Este ano, como novidade, o edificio tamén estará aberto o día da Reconquista para que os interesados poidan gozar dun percorrido completo pola historia da cidade."O interese da romaría de San Roque está en que desde o século XVII é a máis próxima para os vigueses", apunta Pérez.
Rosalía 21 é unha revisión en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, figura central do Rexurdimento da literatura galega. Parte dun espectáculo multimedia nacido na imaxinación do pianista Abe Rábade, e no que as voces de Guadi Galego (Nordestin@s, Espido, ex-Berrogüetto...) e do poeta Anxo Angueira musican o pranto dos versos de Rosalía.
Por todo iso, é un proxecto que non queda na envoltura superficial, senón que supón toda unha renovación estética da temática rosaliana adaptada aos novos tempos: melodía, timbre, harmonía e ritmo. Pero tamén é unha reivindicación de textos inxustamente esquecidos que, dous séculos despois de que o espírito torturado da poetisa gritase, adquiren unha nova dimensión de actualidade
Novos aires para a música galega da man do Abe Rábade ao piano e composición, Jesús Santandreu no saxo tenor, Nelson Cascais ao contrabaixo e Bruno Pedroso na batería-, Guadi Galego e Anxo Angueira. É unha nova proposta da programación universitaria.
18.30 H
Auditorio do campus universitario. Entrada libre
O equipo do programa déixase levar hoxe pola paixón que senten algunhas persoas pola nosa música, como é o caso de Xoaquín Míguez, máis coñecido como O Xocas, un gran mestre da gaita nacido nas Muras, no concello de Pazos de Borbén, que adorou a música desde que era un meniño. O músico, que tivo pai gaiteiro, tivo que loitar contra a obsesión da familia, que non quería que tocase porque pensaban que podía "enfermar de peito" de tanto soprar.
Pero O Xocas, que co tempo coñeceu case todos os segredos da gaita, non puido obedecer nunca a esta petición dos pais e, xa con dez anos, fundou o seu primeiro grupo, "Los infantiles de Muras" asinando o primeiro contrato para unha actuación; logo aos catorce anos emigrou ao Brasil, seguindo coa gaita, e cando volveu a Galicia non parou de levar a música da gaita ata Inglaterra, Canadá ou as Bermudas. Amais, un bo día comezou a construír unha bancada de madeira á que lle incorporou un torno e a partir dese momento iniciou a súa etapa de artesán fabricando gaitas, algunhas delas pezas únicas.
O personaxe de hoxe é unha demostración de que a música enlaza de xeito natural con outras actividades, pois O Xocas investigou, deseñou novas ferramentas, novas palletas e unha chea de avances para mellorar a sonoridade da gaita. Por se non fose abondo, o programa tamén afonda noutras facetas do músico, pois é mestre, forma parte dos xurados, dá conferencias e colabora en todo o que lle piden, en Galicia e fóra dela.
A intérprete está a colleitar un gran éxito co seu disco 'Sós', co que leva dous meses no número un do World Music Charts Europe e está a emprender unha xira máis aló das nosas fronteiras
Mercedes Peón (A Coruña, 1967) é unha das instrumentistas, cantantes e compositoras máis destacadas da historia de Galicia. Referente dentro do país, Peón tamén amosou a súa proxección fóra das nosas fronteiras. Co seu cuarto disco de estudio, Sós, encabeza por segundo mes consecutivo a World Music Charts Europe, a lista europea de sons étnicos. Mercedes Peón presentou a semana pasada en Vigo e A Coruña o seu disco en directo e a finais deste mes iniciará unha serie de concertos por Tenerife, Francia, Alemaña, Austria, Cataluña. Prepara tamén unha xira en Canadá e por Bélxica. Todo ese éxito conseguiuno a través do seu último disco, unha obra ?conceptual? que vai máis aló das fronteiras galegas.
O disco Sós saíu publicado o pasado mes de novembro. Dende aquel momento, a propia Mercedes Peón definiuno como un disco ?conceptual?. Onde reside esa conceptualidade e cales son os elementos que definen o disco?
O que define o disco é o seu título poliédrico ??---?? [Puntos e trazos que se recollen na portada do disco Sós], título sonoro, universal e mecanizado. Neste título poliédrico ?sós, sodes en arxentino, ou incluso s.o.s.? amósanse suxestións propias e alleas para comezar a achegarse a este traballo. Creo que este traballo discográfico é unha obra maior que as súas partes, partes con vida propia que dialogan entre elas até chegar a unha aperta final, sistémica.
Fixo xa varios concertos de presentación do seu disco. Como se leva un álbum tan conceptual ao escenario e como se lle transmite ao público?
É unha pregunta moi difícil e interesante. Estiven dous meses reflexionando no formato para ser totalmente fiel ao disco. Traballei de xeito electroacústico, ruidístico, escultórico, arriscándome na formación, escollendo músicos e músicas de calidade exquisita que fosen quen de cinguirse á proposta. Traballei meses as mostras que son a base electrónica, os arranxos un por un, e cara ao final os ambientes no meu sampler e a posta en escena. Para rematar, con Jose Puga avaliamos frecuencias, presión, carencias... et voilà! Chea de medo presentamos o disco en Vigo e na Coruña.
O nome pódese entender como ese xogo de palabras entre a chamada de auxilio e a soidade. Tan mal están as cousas?
Certamente non é un disco amable. Como creativa tento plasmar o que non podo dicir con palabras. Emocións, enfados, contradicións, autocrítica, humor. Vivencias e interaccións con cidades do mundo, con xentes da rúa, temas estritos, deixándolle lugar ao libre albedrío, creando espazos para que persoas que me fun atopando en lugares como Suecia, Cataluña ou São Paulo dixesen o que querían, tratando as palabras como sons musicais. Este disco podería dicir que é a miña propia acción no mundo que me toca vivir, sen ningún tipo de pretensión mesiánica. Propostas que poderían ser reais, intuitivas.
A cultura e a música galegas precisan facer agora mesmo ?un agora marcado pola crise económica e a situación da política que se fai dende as institucións de Galicia con respecto á cultura? unha chamada de S.O.S?
É un disco universal. Galicia non está fóra dese mundo cheo de artificios creados por nós mesmos, artificios humanos que nos protexen do natural. Por exemplo a cidade de São Paulo chea de helicópteros, rañaceos, 20 millóns de persoas vivindo nunha cidade-país. Os puntos e trazos do disco ??---?? están por todas as partes, a beleza inmensa da creación, do singular. Atraveseina coa gravadora en man, xente facendo performances pola rúa, outros que non pisan o chan indo de hotel en hotel neses helicópteros, mestura de sons coa miña imaxinación, cariño pola cidade, polas xentes, crítica e humor. Non é unha chamada de socorro, é o que aconteceu cando a atravesei, unha provocación compositiva.
A primeira edición do disco saíu con 5.000 copias. É unha cifra elevada para a música galega nun momento de crise ou é unha cifra axeitada porque a marca Mercedes Peón é unha marca de éxito e ten saída?
A min parécenme poucos. De seguro que haberá máis edicións. De todos os xeitos non é algo sobre o que teña directamente control, hai un selo discográfico, Boa Records, que está a facer un traballo estupendo e que mercou os dereitos de edición, e digamos que son eles os que levan o seu negocio a bo porto. O que che podo dicir é que a miña música hai anos que se escoita en 25 países distintos e isto non é algo que desanime a maquinaria que teño detrás.
Que acollida está a ter entre o público? Haberá proximamente novas edicións?
A acollida do público está a ser unha verdadeira honra para min. Fanme pensar que se pode ser fiel á creatividade, á investigación sonora, á sinceridade. Estou totalmente agradecida. Se haberá novas edicións? Terémosllo que preguntar a Fernando Luaces, de Boa Records, e aos seus socios, posto que é o seu negocio, aínda que eu teña porcentaxe nas vendas. É o mesmo que a tiraxe dun xornal, son os donos do xornal quen deciden tal cousa.
O proceso de composición, produción e elaboración do disco foi levado por Mercedes Peón. Encargarse de todo o proceso é por conseguir a máxima liberdade? A autoedición é o mellor camiño agora para presentar os discos?
Son temas distintos. Eu fago todo porque teño todas esas profesións. Compoño, gravo, edito... Edición no senso de dominar un programa de música para limpar os sons, movelos, filtralos, etc. Toco os instrumentos, canto, arranxo... Todo forma parte da composición. Tamén fago música para outras persoas ou outras áreas como a danza ou o cine. Cando alguén me encarga algo, doulle o traballo finalizado ao completo e se cadra non hai voz, nin gaita, nin pandeireta; hai un mundo sonoro ao servizo doutra creativa ou creativo ou colectivo. No tema da autoedición, como xa comentaba anteriormente, non é o meu caso, parece ser que son rendíbel para outras empresas.
Leva dous meses no número un do World Music Charts Europe, a primeira vez que pasa cunha intérprete galega. Que significa isto para vostede e para a música galega?
Realmente é un tremendo recoñecemento á produción e a composición musical. Estou sorprendida e encantada de tal acollida na crítica especializada de 23 países distintos. Esta lista é un referente mundial e eu son galega, vivo en Oza dos Ríos, nacín na Coruña? Son de aquí.
Se falamos da música en galego, as grandes voces que xorden son maioritariamente mulleres. Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Uxía ou Guadi Galego son algúns exemplos. Tampouco hai que esquecer voces masculinas como Xabier Díaz. Por que hai máis voces femininas? Iso é un tópico?
Tópico. Tanto como mulleres camioneiras, médicos, folcloristas, amantes. Ser noticia por ser muller debería facernos reflexionar a todos e todas. E se hai algo que está acotado por xéneros invítovos a rompelos.
A música galega ?case sempre identificada co folk? nos últimos anos viviu unha evolución que a levou cara ao exterior. Dentro desa evolución mesturouse cunha base tradicional con outros elementos e outros estilos. Cara a onde pode ir a música no futuro?
A música da tradición é a música de creación colectiva dun pobo ou grupo de xente que non ten liderado, e se o ten nun momento determinado, acaba diluíndose no tempo porque só perdura o que serve, o que é realmente válido e por iso pervive no tempo. A música de creación individual, de formación do tipo que sexa, terá existencia mentres teña mecanismos para existir pero sempre dentro dese artificio que creamos para seguir vivindo dela, economicamente falando.
Carlos Núñez fixo un percorrido de catro anos polo Brasil, no que se enchoupou das culturas deste país
"Hai outro Brasil que a xente non coñece. Brasil é Galicia tamén, hai moito en Brasil da antiga Gallaecia, do que levaron alí os portugueses do norte, que eran os galegos do sur". Así o cre o músico Carlos Núñez, e así o constatou no seu percorrido de catro anos polo país americano, que deu como froito o seu último disco, Alborada do Brasil, ademais dun documental que presentará o vindeiro 30 de marzo no Festival Internacional Play-Doc de Tui.
Seguir difundindo esa cultura galaico-brasileira é o obxectivo desta película, Brasil somos nós, na que o músico conversa con personalidades da cultura galega e brasileira como Carlinhos Brown, Lenine, Nélida Piñon ou Caetano Veloso e relata as interioridades do proceso de creación de Alborada do Brasil.
"Non tiñamos un guión previo. Fomos a Brasil sen saber se iamos ser capaces de atopar pistas sobre o meu bisavó, José María Núñez, que emigrou a Brasil en 1904 e desapareceu, supostamente asasinado por outro músico. Non sabiamos se iamos gravar un disco ou non, se nos ían chegar os cartos... Queriamos afondar na conexión entre Galicia e Brasil que intuiamos que había...", explicou o músico.
"Non queriamos un making-off, un equipo externo, senón facer a película desde nós, desde a nosa realidade. O importante era a mensaxe que queriamos transmitir: a historia cultural galaico-brasileira, xunto á que relatamos ese proceso de busca do bisavó. Todo está contado con moito humor, que foi unha da achegas do director, Robert Bellsolà: ese humor intelixente que teñen os cataláns", subliñou.
O obxectivo non era, engade, "facer unha película de autor, gran cinema, senón, por que non dicilo, facer un servizo a Galicia, demostrar a pegada que deixou en Brasil Galicia. Brasil non é só o que nos transmite a imaxe turística, do mesmo xeito que España non é só touros e flamenco", sinalou.
O músico entende que a difusión dese "imaxinario brasileiro-galego" vai "levar anos", pero amósase optimista, malia que só sexa unha "elite moi pequena" a de brasileiros que teñen coñecemento, por agora, sobre esa conexión cultural con Galicia. A gran maioría, reflexiona, "non o sabe porque ninguén llo explicou. Non o ían facer os portugueses...". Pero, indica, tamén o "soño" de dar a coñecer no mundo o "imaxinario celta" semellaba imposible hai anos, pero fíxose realidade. "Hoxe fálase con naturalidade da relación atlántica: Galicia e Irlanda... Onte convidáronme ó Palacio Real, con motivo da visita da presidenta de Irlanda. Pois a presidenta comezou a falar do ADN que compartimos os galegos e os irlandeses, o Rei falou de Breogán... Hai quince anos isto sería imposible", asegurou.
"Esta película non foi un negocio. Foi máis unha aventura. Era algo que era necesario facer, malia a crise. A xente pregúntanos como é posible que puidesemos estar gravando catro anos, pois iso é moi caro. Os músicos estamos afeitos a traballar así, sen grandes orzamentos. Recorremos á invención, o inxenio, a darlle moitas voltas á cabeza. E ese lado alternativo da película é parte do seu valor", subliñou.
DATOS "A gaita foi o primeiro instrumento europeo en chegar alá"
O Festival Internacional de Documentais Play-Doc inaugurarase co documental de Carlos Núñez. Colaboraron co músico, na produción executiva desta película, Fernando Conde, Carmen de Miguel e Paula Cosenza; Robert Bellsolà e Fernando Conde no guión, Xurxo Núñez na banda sonora orixinal, David Machado na postprodución de son e Xosé González na postprodución de imaxe.
"A gaita foi", sinalou Carlos Núñez, "o primeiro instrumento europeo en chegar ao Brasil, como conta Pero Vaz de Caminha na súa carta do "achamento do Brasil" ao rei de Portugal. Chegaron no 1500, e puxéronse a tocar a gaita, que lles gustou moito aos indíxenas", lembrou.
Despois, outros instrumentos herdaron a alma da gaita, e de feito no sur do Brasil ao acordeón chámaselle gaita e no norte sanfona. A gaita foi sendo substituída pola viola renacentista, a guitarra, chegada de Portugal.
Pero o Sertão, no interior do Brasil, conservou as músicas arcaicas. "Alí no interior pódense atopar instrumentos como a viola, que en Europa se perderon, e dos que sabemos por exemplo polas esculturas da Catedral", indicou o músico.
Terza feira 22 (Martes)
? Narf + Mofa e Befa na Casa da Crechas (Compostela)
Corta feira 23 (Mércores)
? Proxecto Rosalía no Teatro da cidade Universitaria (Vigo)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 24 (Xoves)
? Marta Quintana no Café Moderno (Pontevedra) ás 20:00
? Ruxe-Ruxe no Teatro Teixeira (Ourense)
Sexta feira 25 (Venres)
? Recambios Tucho no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
? Skacha na Iguana Club (Vigo)
? Labazada e Desbrozadora no Bar a Veliña - Leiro
? Muiñada do Millo Corvo en Meiro (Bueu)
? Foliada Venrespirar en Ourense, na cervexaría Grândola ás 22:30
? Foliada no bar Lar (As Pontes)
? Serán da Ermida en Pazos de Borbén
Sábado 26
? Mamá Cabra ás 12:30 e 18:00 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
? Mercedes Peón no Centro Ágora (A Coruña) ás 19:00
? Xosé Manuel Budiño no Auditorio de Vilagarcía de Arousa
? Zurrumalla e Sobre Rodas na Festa da Reconquista (Vigo)
? Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro en Cotobade
? III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
? IV Ruada de Catoira
? Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
? Serán en Santa Lucía (Santiago)
Domingo 27
? A Quenlla na Festa da Reconquista (Vigo)
Obradoiros sobre instrumentos musicais tradicionais galegos no Museo de Pontevedra
Comeza o prazo de inscrición para os Obradoiros sobre instrumentos musicais tradicionais galegos dirixido a nenos de diversas idades, a cargo de Pablo Carpintero.
Os obradoiros, charlas e concertos didácticos que vos ofrecemos, impartidos por Pablo Carpintero, teñen varias finalidades, a fundamental é que aprendades a construír diferentes instrumentos musicais, desde os máis sinxelos ata algúns máis elaborados, incluso traballando nun torno, para tentar difundir e poñer en valor esta parte importante do noso patrimonio cultural. Por outra parte, tamén pretendemos achegarvos a historia destes útiles sonoros para que comprendades como acompañaron os humanos ó longo da súa evolución e que importancia tiveron nela; para iso ofrecémosvos, como complemento a estes obradoiros prácticos, unha serie de charlas e concertos didácticos nos que Pablo Carpintero vos explicará o uso pasado e presente dunha boa parte dos instrumentos musicais galegos.
O prazo de matrícula abrirase o 21 de febreiro e durará ata que todas as prazas estean cubertas.
As inscricións débense realizar no Rexistro Xeral da Deputación.
Este ciclo de obradoiros estrutúrase en catro partes, cada unha dedicada ós instrumentos musicais dunha época que aínda se usan ou que se deixaron de empregar hai ben pouco en Galicia:
PALEOLÍTICO II
Data: 23 e 24 de marzo
Duración: de 17:00 h a 19:00 h
Idade dos participantes: de 10 a 15 anos
Núm. máximo de participantes: 20
NEOLÍTICO
Data: 30 e 31 de marzo
Duración: de 17:00 h a 19:00 h
Idade dos participantes: maiores de 15 anos
Núm. máximo de participantes: 15
IDADE MEDIA
Data: 6 e 7 de abril
Duración: de 17:00 h a 19:00 h
Idade dos participantes: maiores de 15 anos
Núm. máximo de participantes: 15
CONCERTO DIDÁCTICO
Data: 7 de abril, ás 20:00 h
Duración: unha hora e media aproximadamente
Entrada libre
PASEO POLO RÍO
Data: 28 de maio e 4 de xuño
Duración: de 10:30 h a 13:30 h
Idade dos participantes: todas as idades (os
menores deberán ir acompañados dos seus pais)
Núm. máximo de participantes: 35
Sexta feira 18 (Venres)
? VII Encontro coa Zanfona Contemporánea (Narón)
? Adriá Grandia no Auditorio de Narón ás 20.30
? Roi Casal no Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 21:00
? Sés no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? no Garufa (A Coruña)
? Ulträqäns no Pub Akelarre de Muimenta (Lugo)
? Fracasados de antemano no Pub Badulake (Ordes)
? Concerto da Mocidade en Poio: Never Too Late, Galeoke, Fervellasverzas
? Zurrumalla no furancho Malaherba (Matamá - Vigo)
? Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
Sábado 19
? VII Encontro coa Zanfona Contemporánea (Narón)
? III Festival da Maía ás 20:00 na Casa da Cultura de Bertamiráns: Maghúa, Tirabeque, Verdegaio, Os Abrentes de Cerdedo,...
? Guezos na sala The Star (Carral)
? Espido no C.C. A Forna (Budiño-O Porriño)
? Fracasados de antemano no pub Gatos (Melide)
? Terbutalina e Desterrados no Pub Leiradal, Lariño (Carnota) ás 22:00
? Ulträqäns e Skakeo no Festival Filloa Rock Marín (Pontevedra)
? Narf + Manecas Costa ?ALÓ IRMAO!? no Liceum (O Porriño)
? Tarambainas e Os de Sempre no furancho Malaherba (Matamá - Vigo)
? Foliada en Soutelo de Montes no bar Avenida
? Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
? Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa
? Serán furancheiro na Picoña (Salceda de Caselas)
Domingo 20
? VII Encontro coa Zanfona Contemporánea (Narón)
? Marta Quintana ás 13:00 na Praza de España de Pontevedra
? Adriá Grandia na Casa das Crechas (Santiago de Compostela) ás 20.30
? Unindo voces pola igualdade no Teatro-cine de Ribadeo ás 20:00: Alesancia, Maktubikan, Habelas Hainas
? Xoán Curiel no Baba Bar (A Coruña)
18 de marzo
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
19 de marzo
- Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
- Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa.
- Serán furancheiro na Picoña (Salceda de Caselas)
25 de marzo
- Serán da Ermida en Pazos de Borbén
26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
- Serán en Oubiña (Cambados)
9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama
16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)
29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
O Serán furancheiro de Picoña naceu coa idea de promocionar turísticamente este lugar de Salceda, descoñecido para moitos/as, e ó mesmo tempo facilitar a saida de excedentes do viño que colleitan númerosas persoas. Esta formula tamén ten un compoñente cultural e social , xa que se pretende que haxa o maior número de grupos musicais polas adegas e camiños da parroquia o que favorecen as relacións persoasi e sociais entre veciños/as e visitantes. Por outra banda, nestes momentos de crise, entendemos que os furanchos poden ser un paliativo para aquelas persoas que o están pasando mal económicamente.
Despois do éxito do ano pasado nos barrios de Loureiro e Fraga, este ano o Serán vaise levar a cabo nos barrios de Coto, Pedrapinta e Ataude. Cinco furanchos, moi pretos entre sí, abrirán as súas portas a partires das seis da tarde. Haberá dous lugares de estacionamento de vehículos no Centro Cultural e no anexo do Campo de Fútbol dende onde se poderá facer a visitas de forma circular.
A organización informa que os visitantes terán a súa diposición folletos onde se sinalarán os furanchos e camiños polos que chegar a eles. Ademáis agradece ós conductores máxima precaución xa que haberá moita xente camiñando polas estradas da parroquia.
A oferta para esta VII edición continua na liña de anos anteriores e persegue os mesmos obxetivos: divulgación entre a poboación escolar, programa variado de activiades para iniciados, curso práctico con figura de nivel internacional, lugar de convivio e intercambio de experiencias para zanfonistas, marco teórico para investigadores e interesados.
O músico convidado para impartir o curso é Adrià Grandia, xoven e virtuoso intérprete, mestre no CAT de Barcelona e zanfonista atípico en estilos pouco frecuentes -rock progresivo, pop,...
PROGRAMA
Día 1. Venres 18 marzo. Pazo da Cultura
11h - Sesión didáctica para escolares. 6º Primaria
Presentan Jaime Rebollo e Pepa Yáñez
18 h - Imaxes da zanfona
"Galicia": Visionado do documental de Carlos Velo (1936) e comentario de Guillermo Escrigas, director do CGAI.
"A sanfona de Isidoro Brocos": Isidoro Brocos, a música tradicional e os seus estudos sobre a sanfona. Conferencia por José Luís do Pico Orjais, historiados.
20.30 h - Concerto en palco.
* Adrià Grandía
* Combo Mariñeiro de Vilaxoán
* Entreacto: Concerto didáctico, "A nickelharpa: zanfona de arco ou viola de teclas?" con Xan Manoel Aparicio (Xan de Verín)
Día 2. Sábado 19 marzo. Aldea Nova
10 h Curso de práctica instrumental con Adrià Grandia.
22 h Palco aberto
Día 3. Domingo 20 marzo. Aldea Nova
Curso con Adrià Grandia. Sesión matutina.
Accións previas
Sábado 12 marzo. 17 horas: "A zanfona na romería"
Performance no Centro Comercial Odeón (Narón): Alumnado da Escola de Zanfona, de Cantareiras e de Teatro do Padroado de Narón.
-------------
Inscrición no curso con Adrià Grandia
Horario Curso:
Sábado 20: 10 a 13.30 h e 15 a 18.30 h
Domingo 21: 10.30 a 14.30 h
-Curso: 60 ? (50 ? para alumnado do Padroado e de aCentral)
-Estancia: 90 ?
Nome e apelidos
Correo electrónico
Nº de teléfono
Xustificante de ingreso na conta:
2091-0235-59-3110000031 de Caixa Galicia
Padroado da Cultura de Narón
Detalles de inscrición
- Curso con prazas limitadas
- O Curso inclúe entrada ao concertos + material docente
- Estancia: en réxime de albergue desde venres ás 17 h até o domingo ao serán
- Transporte: bus entre Aldea Nova e o Pazo da Cultura
- Prazas para acompañantes (non atenden curso)