Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación de Bailabén na Coruña
Este xoves 25 de marzo, ás 20 horas terá lugar na Biblioteca de Estudos Locais en Durán Loriga 10 en Coruña, a presentación ao público do método de aprendizaxe do baile galego Bailabén, un libro con DVD elaborado por Edith Cotilla e Gustavo Couto que Edicións do Cumio

Bailabén é un libro multimedia que pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados e ensinantes do baile tradicional. Na publicación, que vai acompañada dun DVD, atopará explicacións detalladas, secuencias de fotografías nas que ver os movementos con detalle e un vídeo de máis dunha hora de duración no que se poden atopar todos os pasos e bailes básicos. Os seus autores, Edith Cotilla e Gustavo Couto, son profesores de baile no obradoiro Ultreia de Santiago de Compostela.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-03-2010 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas do Camiño, presentación do CD Libro
Este xoves 25 de marzo ás 12.00 h. da mañá preséntase o CD+Libro Cantigas do Camiño no CGAC en Santiago de Compostela.

Cantigas do Camiño é un proxecto colectivo composto e gravado cada canción especialmente para este disco; tamén de todos os profesionais, fotógrafos, ilustradores, técnicos e enxeñeiros de son que participaron nas gravacións. Esta visión da música do Camiño de Santiago é herdeira de centos de anos de tradición musical, pero tamén é unha proposta persoal e contemporánea. Na rolda de prensa tocarán dous temas o trio Vaamonde, Lamas e Romero. Despóis un pequeño ágape na cafetería do CGAC

Vai falar na rolda de prensa Nacho Santos (Xerente do Xacobeo), Antonio Cortés (Director de marketing de Gadis), Fernando Luaces (director de BOA-Do fol música), tamén algúns artistas na mesa para que falen da sua canción e do proxecto Cantigas do Camiño, ainda por confirmar quen pode asistir.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-03-2010 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
O venres, día 26 temos "FOLIADA" no Lar.

O grupo local, Os Suplentes, ademais de organizala este mes, serán quen poñan a música xunto coas suas invitadas, son unha nova formación composta por catro rapazas de Ferrolterra baixo o nome de Tarrañolas. As compoñentes de Tarrañolas son: Patricia Miras (tambor, percusións e voz), Sonia Busto (pandereita, percusións e voz), Cristina Alonso (bombo, percusións e voz) e Davinia Rodríguez (gaita e voz)

http://nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-03-2010 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fume de Caroso e Charanga da Xistra en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-03-2010 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Narf
Hoxe ás 18.30 horas no teatro da Universidade de Vigo.

Fran Pérez, que desde o 2006 creou unha nova identidade artística baixo o nome de Narf, leva máis de vinte anos no mundo da música, desde a escena rock dos 80 con Nicho Varullo ou os Kinindiolas, á composición para a escena teatral. Hai dous anos coñeceu ao guitarrista e cantante africano Manecas Costa e xuntos crearon o espectáculo Aló Irmao , que hoxe (18.30 horas) presentan no teatro da Universidade de Vigo.

-¿Como xurdiu esta «fusión»?
-Coñecémonos/Coñecémosnos nun dos encontros de artistas lusófonos, os concertos Cantos dá Maré e xurdiu unha boa química nos camerinos. Dese encontro quedou a idea de facer algo xuntos e aínda que o normal é que nunca se faga nada, un tempo despois ofrecéronme facer un concerto acústico en Santiago e pensei en chamarlle, pero ademais, no canto de facer el as súas cancións e eu as miñas, propúxenlle que compuxésemos xuntos e para a miña sorpresa, aceptou. En principio era só para ese día, pero resultou tan ben que continuamos.

-E atópanse de cando en vez, ¿non?
-Si, cada un segue cos seus propios proxectos. Él vive en Lisboa e eu en Santiago e xuntos traballamos por ciclos, dependendo do que salga. Por exemplo, a nosa participación no Womad 2008 abriunos moitas portas a nivel internacional e tivemos a ocasión de actuar en Mozambique e despois fixemos unha xira por Brasil e Arxentina.

-¿O espectáculo é o mesmo ou se vai transformando?
-Si, porque aínda que compoñamos algunha canción nova, o núcleo do espectáculo son aqueles temas que escribimos xuntos, ademais das de cada un. Nos nosos concertos pódese escoitar música en diferentes idiomas, en criollo, galego, portugués, inglés... é bastante políglota e con influencias de todo tipo. é un concerto íntimo. Manecas é un instrumentista excelente que toca o tambor de auga de Guinea Bissau, o baixo, guitarras eléctricas, acústicas, etc. Estamos os dous e un bosque de guitarras ao redor creando sonoridades.

-¿Esta experiencia plasmouse xa nun disco?

-Aínda non saíu, pero si que dentro dun mes supoño que xa estará na rúa. Gravámolo en Santiago en directo en xuño do ano pasado. é a conclusión dunha fase que posiblemente nos abra novas vías.

-¿O proxecto de Narf transformouse polo contacto con Manecas Costa?
-Bo, é que eu sempre tiven estas inquietudes. Non é a primeira vez que fago traballos con artistas africanos, aínda que quizais este tivo máis transcendencia, pero eu fai xa máis de dez anos que viaxo a Mozambique e intercambio experiencias con artistas de alí. De feito cheguei a estrear aquí o espectáculo Bumba cun grupo de percusión. A xente quizais me coñece máis en Vigo por algúns concertos, como cando toquei en Castrelos con Sinistro Total ou este pasado verán con Juan Can, e que non ten moito que ver con esta outra parte miña.

-¿E por que Mozambique?
-Polo meu traballo como compositor de música para teatro. Durante unha época traballei con compañías portuguesas vinculadas co país e sentina moi familiar sen saber o porqué.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2010 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Anxo pintos (Berroguetto)

''Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible''.


Hai xa quince anos que Berrogüeto viu a luz xuntando baixo o mesmo paraugas seis músicos cunha única finalidade; levar a música tradicional do país cara ao futuro, combinandoa con novas sonoridades. O seu propio nome será a caixiña na que gardar a alma do grupo. Berrogüeto é unha sorte de neoloxismo formado polas palabras, berro (do verbo berrar), guetto (minoría marxinada) e Soweto (barrio do sur de Iohannesburgo, expoñente da oposición ao 'apartheid'). Seguindo está lóxica nominal, dar voz e berro aos máis desfavorecidos será unha razón de existir na música para Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e o novo vocalista, Xabier Díaz.

'Kosmogonías' é, polo de agora, o último berro do grupo folk, a quinta peza creada para a banda sonora de Galicia. Este disco sairá a venda o próximo seis de abril e virá acompañado dunha xira polas principales cidades galegas e españolas. Composto por once novos temas, 'Kosmogonías' achega de novo un matiz de innovación e experimentación á música tradicional. Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado) esfiaña a súa esencia.

Pregunta: 'Kosmogonías' é o nome do último traballo. Buscan as respostas ás preguntas do ser humano, aos enigmas cósmicos?

Resposta: O nome vén da necesidade que sempre tivo a humanidade de buscar as respostas de por que estamos aquí. É unha reflexión que trata de mirar en vértical para despois poder facer unha mellor ollada en horizontal, entre nós.

É tamén unha chamada cara un sistema organizativo máis xusto na sociedade global e local. Pensamos que nisto pode axudar o feito de mirar cara ese espazo que nos sitúa nun horizonte máis humilde que o que agora mesmo temos. Somos unha especie depredadora co resto de habitantes e de materiais que ten o Planeta e con nós mesmos. É unha reflexión, pero sempre nunha clave optimsta, humilde e nada presuntuosa, aínda que poida parecer moi pomposa toda esta teoría.

P: Que ofrece de novidade este traballo? Segue esa liña reflexiva?

R: Desde o punto de vista teórico e no traballo gráfico vanse notar estas reflexións. Dende o punto de visto musical este traballo ten a vagaxe de quince anos acumulada por Berrogüeto e a novidade principal de que vai ser o primeiro disco grabado con Xabier Díaz ao frente da voz. Sobre este alicerce teórico estético e na novidade de Xabier Diaz é no que se fundamenta.

Cambios internos
P: Como foi a incorporación de Xabier Díaz á banda?


R: Desde que se foi Guadi Galego plantexábasenos a necesidade de buscar unha nova voz e el xa traballara nalgunha ocasión con nós, nalgún directo. A verdade é que cando llo dixemos mostrouse encantado. Sempre comentamos que daba a sensación de que Xabier levaba moitos anos no grupo e apenas pasaran tres meses.

A nós veunos moi ben. Calquera novidade humana nun grupo no que xa levabamos moitos anos de convivencia pode supoñer certo reequilibrio de órbitas, e a ese nivel as ganas e a forza coa que entrou Xabier viñéronlle moi ben ao grupo. Ademais as súas aportacións e puntos de vista musicais sempre caen ben.

P: Botase de menos a Guadi Galego?

R: Non dende o punto de vista do que é o traballo. Pero evidentemente, Guadi ten unha personalidade como vocalista insustituíble. Seguimos tendo todos unha boa amizade e somos camiñantes de fondo, nunca se sabe como rematarán as traxectorias de cada un de nós ou de xeito colectivo. Hai membros do grupo que seguen traballando con Guadi noutros proxectos. Eu creo que agora mesmo o grupo está compensado e consolidado coa aportación de Xabier Díaz.

O son do país
P: Cal é o segredo da sonoridade do grupo? E esa asociación tan directa con Galicia?


R: Esa toma de terra permanente coa música tradicional galega ten que ver con que parte dos músicos de Berrogüetto provimos deste hábitat da música tradicional, aínda que despois a formación sexa máis extensa noutros xéneros musicais.

O mergullamento da música popular vai facer que despois poidas trasladar todo ese perfume sonoro e o vaias colocando gota a gota nas túas composicións. Toda esa paisaxe sonora ao final tamén está traspasando os poros da túa creatividade e ao final es un transmisor máis dentro de toda esa cadea da tradición musical.

P: É fácil innovar na música tradicional de xeito que non renxa?
R: Nunca tes a certeza de facelo coas garantías de que o que fas renxa ou deixe de renxer. O que si é certo é que un bo saber da música tradicional permiteche saber canto te achegas e canto te alonxas dela e iso podelo facer con coñecemento de causa, o que che permite ser honesto en todos os pasos que vas dando. A ese nivel eu creo que Berrogüetto sempre actuou con moita honestidade, sempre fixo o que quixo sen mirar o aspecto máis comercial e neste coidou moito o apartado artístico.

O grupo ten unha visión do que é a música do país e unha visión do que é o país e queremos que iso tamén saia reflexado nos nosos traballos, pero co compromiso de ser persoas que nacen, viven e conviven cunha determinada cultura no territorio que habitan. Ese é o plantexamento desde o que partimos.

P: Como traballa internamente Berrogüeto? Hai líderes?

R: Non. Unha das características deste grupo e que é unha especie de ente no que os músicos somos como formigas que actuamos sempre pensando no beneficio da comunidade. Todos os egos están ao servizo dun fin común que é o de facer música.

Eso creo que é algo que todos os compoñentes entendemos desde o primeiro momento, e ademais é o segredo da nosa lonxevidade, e non só porque un pode chegar a vello senón porque podemos facelo con boa calidade de vida creativa colectiva. Ese, quizais é un dos puntos que máis destacamos, porque non é demasiado fácil chegar así aos quince anos con ganas de seguir outros quince.

O mañá para 'Kosmogonías'
P: Que esperan deste disco? Que xiras teñen pensado facer?


R: Temos moitas ilusións postas neste disco porque estamos convencidos que é un moi bo traballo desde o punto de vista gráfico e tamén desde o punto de vista musical. Sempre intentamos coidar moitísimo todo o deseño e ademais terá algún tipo de agasallo para quen queira levalo á súa casa.

P: É difícil vender discos en tempos de crise?

R: Creo que nos momentos de crise é cando máis falta fai seguir traballando con todas as ganas, dando o mellor de ti mesmo e sen deixarte caer no pesimismo.

Parte probablemente desta crise é unha sorte de estado de ánimo colectivo que ao final leva a que todos deixemos de levar a man ao peto para comprar ou para consumir como se viña facendo antes. Pero das crises tamén se pode salir beneficiado e reforzado. É boa para reflexionar por que e como se producen. No noso caso está claro que houbo certos actores que tiveron un factor tremendamente especulativo e iso pode servir para que todos sexamos un pouco máis cabais á hora de consumir. Probablemente haxa que encamiñarse cara a outro modelo produtivo e non ao ladrillo, como se fixo ata agora

www.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Resposta a Rosa Díez
GRAN PURISMO da unha respota a ROSA DIEZ acerca do seu comentario sobre o valor "peyorativo" do termo "gallego".



Rosa Díez volta usar o termo "gallego" despectivamente.
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 24-03-2010 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Komunicando TV: Cap. 2
Non saímos do lixo. Cap02: "A Cultura"

NON SAÍMOS DO LIXO cap.2 "A Cultura" from komunikando tv on Vimeo.



www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 24-03-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá no entroido do Hío

Alalá visita o entroido do Hío, o máis gaiteiro de todos os entroidos.

Polo día recórrense as diferentes aldeas da parroquia tocando as gaitas, bailando, comendo as comidas propias do entroido e bebendo viño en cada unha delas. Ó chegar a tarde-noite, cada un na súa aldea ou parroquia segue cantando, bailando e tocando a gaita acompañados da cunca de viño tinto. Pola noite a esmorga continúase no baixo dunha casa da parroquia ata que sae o sol.

O entroido celébrase tres días: domingo, luns e martes de entroido.

O mellor deles é que pode participar todo o mundo sen ningún reparo ás condicións persoais, dende os máis cativos ata a xente máis vella. Cada aldea e a súa xente participan nunha comparsa, que no caso do Hío son sete, correspondendo ás aldeas de Donón, Igrexario, Liméns, Nerga, Pinténs, Vilanova e Vilariño.


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 23-03-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pazos (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-03-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Reconquista da Vila de Vigo
27 e 28 de marzo no Casco Vello de Vigo


Sábado 27 ás 18:30 na Praza da Pedra
- Trio Liro (regueifas)

Sábado 27 ás 19:30 na Praza da Pedra
- Çe e a Orquestra Pantasma

Sábado 27 ás 22:00 na Porta do Sol
- Quempallou

Domingo 28 ás 21:00 na Praza da Pedra
- PesdeLán

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2010 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
XII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

O Encontro Degustación do Millo Corvo (declarado Festa de Interese Turístico de Galicia) celebra neste ano 2010 a súa décimo-segunda edición.


A programación deste evento é a seguinte:

• VENRES 26 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional: Os Cochenos, pandereteiras, etc.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada.

• SÁBADO 27 DE MARZO

19:00 - ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
19:30 - Obradoiro: Fabricación artesanal de biodiésel. Impartido por Oscar Monteagudo Escariz.
20:00 - Festival “A PAN DE MILLO”
Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
o Grupo de Baile Retrouso
o Grupo de pandereteiras Retrouso
o Grupo de Baile Trompos os Pés
Actuación da Charanga Lembranzas da Ría.

• DOMINGO 28 DE MARZO

XII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:00 - Roteiro de senderismo aos muíños. Guiado por Manuel Aldao (Premio Deputación de investigación por “Os muíños de auga na Península do Morrazo”).
o 11:00 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón: Marica Campo (escritora)
o 12:45 - Actuación do grupo de pandereteiras Bouba

o 16:30 - Obradoiro infantil de bailes-xogos tradicionais a cargo de Luis Prego.
o 17:00 - Charla - coloquio: "Revitalizando o noso: o galego e o millo corvo". Moderador: Henrique Harguindey. Ponentes:
• Ana Ameal Guerra (Licenciada en Filoloxía Inglesa e investigadora en Sociolingüística e Bilingüismo)
• Luis Carlos Cachafeiro Chamosa (Licenciado en Ciencias, sección de Matemáticas, e doutor en Informática)
• Manuel Bragado Rodríguez (Licenciado en Ciencias da Educación e director xeral de Edicións Xerais de Galicia)
o 20:00 - Actuación de Iván Costa.
o 21:00 - Actuación do grupo Tanto Nos Ten (TNT).

o DURANTE TODO O DÍA:

 ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
 Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
 Talleres e obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
• Obradoiro de reciclaxe de periódicos e revistas usados.
• Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico.
• Obradoiro de abanos de carballo.
• Zoqueiro.
 Actuación do cuarteto tradicional Os Cochenos.
 Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
 Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
 Proxección memorando de actividades.
 Exposición etnográfica.

www.meirocorvo.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Chuvia 2010 (Riveira)

FESTA DA CHUVIA.CH 10
Sábado 27 de marzo


Chega a festa da chuvia.ch´10
a partir das 13 00h charanga "os jalochos" xa pola tardiña,na plasa do porro(plaza de vigo para os de fora),estará montado o escenario para dar comezo a tralla non stop
ás 21 00h Ulträqäns(A Corunha)
ás 22 30h Os Trebons(A Corunha)
ás 00 15h Inllorfeis(Corrubedo)


Haberá moitas sorpresas...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-03-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 22(luns)

Terza feira 23 (Martes)

Corta feira 24 (Mércores)
• Aló Irmao (Narf e Manecas Costa) na Universidade de Vigo ás 18:30
• Anxo Lorenzo no salón Teatro (Compostela)

Quinta feira 25 (Xoves)

Sexta feira 26 (Venres)
• Arenga e Marxe Esquerda no pub Havana 20 (Vigo)
• Skacha na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Ergom na Casa de los sueños (Verín)(Compostela)
• Emilio Rúa no salón Teatro (Compostela)
• Tiruleque no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 21:00
• Noite de Tasca no Bar Quique (Mesía-A Coruña)
• Foliada Ven respirar no Liceo (Ourense)

Sábado 27
• Marful e Bonobo no C.C. Caixanova de Pontevedra
• Snatch na sala Skiiper (Vilagarcía de Arousa)
• Machina na Casa das Atochas(A Coruña)
• Nao no Pub Gatos (Melide)
• Som do Galpón na Iguana Club (Vigo)
• Ultraqäns, Tres Trebóns e Inllorfeis na Festa da Chuvia (Ribeira)
• Trioliro regueifeiros, Çe Orquestra Fantasma e Quempallou na Festa da Reconquista (Vigo)
• Festival “A Pan de Millo”: Retrouso, Trompos os Pés e Charanga Lembranzas da Ría ás 20:00 en Meiro (Bueu)
• V Foliada de Cerqueda
• Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

Domingo 28
• Sondeseu en Ourense
• Pesdelán na Festa da reconquista (Vigo)
• Iván Costae Tanto Nos Ten (TNT) ás 20:00 en Meiro (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2010 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca
18ª Edición das "Noites de Tasca" na comarca de Ordes.
Venres 26 a partir das 22:00 no Bar Quique (Mesía-A Coruña)


Actuará o gaiteiro ordense Manuel Viqueira e os membros da Escola de Música Tradicional de Mesía.
Agardámosvos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2010 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada de Cerqueda
A Asociación Cultural Raigañas ten o pracer de invitarvos á V Foliada que se celebrará en Cerqueda o sábado 27 de marzo a partir das 10.30 da noite.

Ó igual co ano pasado a Foliada terá lugar nas Escolas das Pozacas debaixo dunha gran carpa. Haberá comida e bebida para quen desexe cear alí e a festa estará amenizada polo grupo de música tradicional “Tombalobos Orquestra” que nos deleiteará coa súa música para que pasemos unha noite entretida e divertida. Ademáis subrián ó escenario todos aqueles grupos que queiran tocar por libre. E a partir das 3.30 da mañá actuará o artista Manolo Delfín alias “Pixitas de Muxía” que fai versions moi deivertidas de cancións actuais.

Para nós será un pracer contar con vós ese día, ¡NON FALTEDES, NON VOS ARREPENTIREDES!

Asociación Cultural Raigañas
Cerqueda-Malpica
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-03-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de traxes tradicionais en Lugo
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ven de organizar unha exposición de traxes tradicionais galegos que se poderá visitar na sala de exposicións do Complexo Residencial Xuvenil LUG II de Lugo a vindeira semana.
Nesta exposición, que está formada por un total de 20 traxes da colección de Alberto Golpe, poderemos ver a diversidade do traxe tradicional galego e a súa riqueza etnográfica.


En concreto, na exposición poderanse observar catro traxes antigos femeninos de cerimonia de Betanzos, Meira, Cedeira e A Ulla, un traxe antigo montañes de Vilalba, tres reproduccions de traxes de cerimonia de muller de Bergantiños, Muros e Amaia, oito reproduccions de traxes montañeses de muller de Portomarin, Muras, Carballedo, Monterroso, Mesia, Abadin e Sarria, e catro traxes de home montañeses e de cerimonia, todos eles traxes completos, con calzado, complementos e adornos propios do vestir doutro tempo.

A maiores da exposición, o venres día 26 de marzo ás 18.30 h. terá lugar unha charla coloquio onde Alberto Golpe explicará aos asistentes a orixe e evolución histórica de cada unha das prendas e dos seus complementos, os seus materiais en función dos labores típicos, dos costumes, e da tradición ou condicións socioeconómicas da cada zona.

Estas xornadas están enmarcadas dentro dun conxunto de actividades realizadas pola Tradescola, co propósito de acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación. A AGG mostra así a súa inquedanza por manter a riqueza da vestimenta tradicional e conservar así esta parte da nosa cultura.

Ésta exposición permanecerá aberta dende o día 22 ata o día 28 de Marzo do 2010 en horario de tarde no Complexo Residencial Xuvenil Lug II, na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo. A inauguración terá lugar o vindeiro martes 23 de Marzo ás 20.00 horas.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-03-2010 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL (LUGO)
A Asociación Cultural Cántigas e Frores abre o prazo para a inscrición no XXVIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril de 2010 na cidade de Lugo.

O curso contará cos seguintes mestres:

Técnicas de Baile Tradicional - Manuel Cobas Paredes
Técnicas de Percusión Tradicional - Francisco Estévez González (Chuco)
Técnicas de Gaita - Pepe Vaamonde Manteiga
Técnicas de Canto Tradicional - Begoña Lorenzo
Técnicas de Zanfona - Ivan Costa Blanco


· Lugar: LOCAL SOCIAL DE CÁNTIGAS E FRORES. Nave de Asociacións, Local 10. Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N


· Especialidades:
1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

· Inscricións: Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico (se ten), código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO.
FAX: 982 229966.
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com
(Compre axuntar xustificante de pagamento)

· Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

· Prezo de matrícula: 30 € (xeral); 20 € (socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos).
Ingreso na conta: 2091 0152 29 3040026419

· Programa previsto.

DÍA 1 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 2 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 3 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:30 Clase práctica
19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.

· Organiza:
- Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo.

· Patrocinan:
- Excma. Deputación Provincial de Lugo.

· Colaboran:
- Excmo. Concello de Lugo.
- Asociación de Gaiteiros Galegos.

www.gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-03-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
2as Xornadas de Música Tradicional (Ponferrada)

A Asociación Cultural Abelladeira organiza as “2as Xornadas de Música Tradicional” que terán lugar os días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril de 2010 en Ponferrada (O Bierzo).

Hai 7 obradoiros:

-Canto e pandeireta: Montse Rivera

-Gaita galega: Dani Bellón

-Baile tradicional galego: Calixto Albán Laxe (Tito)

-Percusión tradicional: Lola Fernández e Miguel Fraguas

-Rabel: Xuacu Amieva

-Afinación e empalletado: Amado Cubero

-Chifla e tamboril: Diego Segura Taboada

Ademáis dos obradoiros das Xornadas, celebraráse catro días de concertos, actuando

Brandal, a Banda de Gaitas da Escola Municipal de As Pontes, Galundum Galundaina, o Grupo de Danzas e Gaitas "El Castro" de Columbrianos, Os Roncos do Diabo, a Banda de Gaitas Abelladeira, o Cuarteto de Profesores Dani Bellón, Lola Fernández, Miguel Fraguas e Edelmiro Fernández e Os Carunchos.

Por otra banda, celebraráse unha exposición de artesanos e luthiers de instrumentos tradicionais participando X. Miguel Mosquera, Xosé Vazquez "Che", Diego Segura Taboaba, Cristóbal Prieto Otero, Miguel Blanco Álvarez, Fernando Sancho e Angel Pueyo , José Luís Reñón, Pablo Meiriño, Alex Meiriño, Xaime Rivas Dacosta, Victor Felix, Mario Estanislau e Paulo Prieto.

Ademáis as Xornadas presentará a exposición de instrumentos medievais e tradicioais do Obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense.

Máis información en:
http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/


Un Saúdo,
A Organización,
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-03-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana de San Xosé
Quinta feira 18 (Xoves)
• María Xosé Silvar na Sala Capitol (Compostela)
• Som do Galpón na Casa das Crechas (Compostela)
• Linho do Cuco no salón Teatro (Compostela)
• O Leo e Arremecaghoná no Furancho Malaherba (Matamá)
• Abóbriga no furancho da Balsa (Matamá)
• Mercedes Peón e Emilio Rúa en Vigo
• Foliada presentación da VI Foliada de Melide na sala 600 (Melide)

Sexta feira 19 (Venres)
• I Curso de Música Tradicional Galega (Sarria)
• Mini e Mero, Projecto ['trepia], Duo Corps Vibrants en Narón
• Capitán Furilo no Pub Gatos (Melide)
• Ergom na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Circio ás 21 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
• Residuos radiactivas (Palleiro punk) na Tapería A Nogueira (Vigo) ás 20:00
• Abóbriga no furancho Malaherba (Matamá)
• Os Irmandiños no furancho da Balsa (Matamá)
• Ghaiteirada no Local social de San Vicente da Baña
• Festa furancheira en Picoña (Salceda de Caselas)
• Foliada Serán dos Pepiños en Santiso-Visantoña

Sábado 20
• I Curso de Música Tradicional Galega (Sarria)
• Nao na Bolera (Ourense)
• Recambios Tucho no Pub O Muiño (Cervo)
• Mini e Mero, Buxos verdes, ... na casa da cultura de Muimenta-Cospeito
• Lembranzas da Ría no Furancho Malaherba (Matamá)
• Serán de Mouriscados (Mondariz)
• Serán de Chapela (Redondela)

Domingo 21
• Pablo Díaz no Forum Metropolitano da Coruña ás 18:00
• Sacha na horta, Sonoro Maxín, Pandereteiras Bouba na sala Nasa (Compostela) ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
20 de marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz)
- Serán de Chapela nos baixos do pavillon de Chapela ao carón de Faro de Vigo

27 de marzo
- Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

9 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)

10 de abril
- Serán de Fozara
- Serán de Angudes (Crecente)

17 de abril
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
- Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Serán en Ribadavia
- Serán no torreiro de San Roque de Morgadáns

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)

8 de Maio
- III Ruada de Catoira

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-03-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada serán dos Pepiños en Santiso
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-03-2010 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
SERÁN-PRESENTACIÓN VI FOLIADA DE MELIDE
Xoves 18 de marzo ás 23:30h na SALA 600 (Melide)

Grupos participantes:

- HERBA GRILEIRA (Melide)
- A MARISTELA (Sobrado)
- FIADEIRA (Antas de Ulla)
- TRIMUIÑOS (Toques)

Organiza:
Asociación Cultural e Musical O CASTELO
Colectivo musical HERBA GRILEIRA

+info www.foliadamelide.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-03-2010 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Furancheira en Picoña (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-03-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Circio
CIRCIO
Presenta
BAILE DE SOÑOS


Venres 19 de marzo ás 21 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo

Dirección: MANUEL COBAS
Dirección musical: SERXIO COBOS
Son e iluminación: SONART
Técnicos de son: Andrés Gomez e Michi Castro
Técnicos de iluminación: Suso Jalda e Fran Soaje
Vestiario: Patricia González
Bailaríns: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas, Sara Estévez, Serxio Cobos.
Músicos: Laura Puga, Arancha Alfaia, Alba Malvido, Jara Ortiz, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.

Circio é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.

A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas por damas musicais ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.

Quen non soñou con bailar…?

Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños,... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaiteirada na Baña
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-03-2010 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón
ESTE ANO O TEMA É "ZANFONA E VOZ"

O Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón chega a súa VI edición consolidándose coma o máis completo festival adicado a este instrumento. O Encontro terá lugar entre o 18 e o 21 marzo. Actividades didácticas, concerto, escenario aberto, convivencia,... cunha convidada de excepción, a francesa Isabelle Pignol. Estarán compartindo palco con ela Mini e Mero e o Projecto ['trepia].


A inscrición ao curso está aberta e o número de prazas é limitado.

Podes ver un vídeo do que son estes Encontros aquí


PROGRAMA DO VI ENCONTRO

sábado, 6 de marzo,
18 h
Showcase: Aula de Zanfona Narón

xoves, 18 de marzo,
11 h
Sesión didáctica para escolares

venres, 19 de marzo, 20:30 h
Concerto: "Zanfona e voz"
Mini e Mero, Projecto ['trepia], Duo Corps Vibrants

sábado, 20 de marzo
Curso intensivo con Isabelle Pignol
Palco Aberto, 22 h

domingo, 21 de marzo
Curso intensivo con Isabelle Pignol
Ligazóns
+ info do Encontro








Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-03-2010 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Música Tradicional Galega en Sarria
Curso de Música Tradicional Galega

19 e 20 de marzo en Sarria (Lugo)

Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijoó "Chisco"

A partir dos 12 anos

O Obxetivo do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore.

O Curso de Música Tradicional terá tres apartados ou especialidades:

1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de tambor, bombo e pandeireta e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de canto tradicional e Obradoiros de baile.

Contidos

Por unha banda realizaranse aulas específicas de cada instrumento cunha finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros. De forma que poderán participar todos os alumnos que o desexen, e incluso poderá asistir xente que sin tocar ningún instrumento queira asistir só aos Obradoiros:

-Obradoiro de construcción de pallóns de cana para gaita.
-Obradoiro de Afinación de gaita: presentación do funcionamento do Punteiro Afinable, revolucionario invento na afinación gaita galega.
-Obradoiro de construcción de percusión miuda: tarrañolas, etc...
-Obradoiro de técnicas de interpretación nos intrumentos da percusión galega menos coñecidos: Pandeira, cunchas, culleres, pitos, etc...
-Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica. (En dúas sesións)

-FOLIADA: o remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.

INFORMACIÓN XERAL

Número de prazas:15 por especialidade
Número de horas de formación: 16

Certificacións:
Expedirase Certificado de Asistencia ao remate do curso, sempre e cando as faltas non superen o 90% da duración do mesmo.

HORARIO

Venres 19 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00

Sábado 20 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00

LUGAR DE CELEBRACIÓN

Granxa Escola de Barreiros
Estr. Sarria-Portomarín km. 54
Lg. de Ortoá, Sarria (Lugo)
Telf.: 982 533 656 · Fax: 982 533 864

www.fingoi.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-03-2010 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Caravana Galiza Non Se Vende en Cospeito
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Caravana Galiza Non Se Vende en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en solitario de María Xosé Silvar
Logo de abandonar o grupo "Chámalle Xis!", a cantante coruñesa María Xosé Silvar debuta en solitario, o vindeiro xoves, día 18, na Sala Capitol co seu disco "Sés"

"No mundo da música hai moito machismo. Todo está feito por e para homes. O feito de que a unha muller se lle dean os mellores músicos e o mellor proxecto para encabezar un proxecto non é habitual. Non porque non haxa talento senón porque no mundo da creación artística seguen a imperar os homes, como no resto dos gremios".

Así o ve a cantante coruñesa María Xosé Silvar, que o vindeiro xoves, día 18, ás 21.30 horas, debutará co seu disco en solitario, Sés, na Sala Capitol de Compostela. No seu primeiro traballo, a artista verte as súas inquedanzas musicais en composicións propias e en galego, das que resulta dunha mestura de música latina, blues, rock, ska, soul e ritmos africanos. Acompañada dunha banda de dez músicos, o celme da súa música é transmitir "boas vibracións". De aí, tamén que o título do seu traballo sexa Sés, o nome como a coñecen os máis achegados.

"O disco é moi ecléctico e pódese atopar de todo, dende rock e blues até rancheiras ou rumbas. Veño dunha casa de moita música na que se escoita dende rock até música lírica e, por suposto, música tradicional ", comenta a cantante.

Silvar debuta en solitario logo de abandonar Chámalle Xis!, un dos grupos revelación do ano pasado, que gañaron, xunto con outros grupos, o certame "A Coruña Son". "Eu xa tivera unha oferta hai máis dun ano dunha produtora que me vira en Compostela e ofrecérame a posibilidade de ter unha carreira en solitario pero daquela deixeino pasar porque estaba co grupo. En xuño do ano pasado propúxomo esta produtora, cunhas condicións moi boas de maneira que non puiden rexeitalo", explica.

O seu proxecto está apadriñado por unha produtora de recente creación, AiraPro, da que son socios fundadores, entre outros, Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, os actores que encarnan a Nucha e Mucha, as famosas cantareiras de Ardebullo que actúan en Luar.

Pereiro e Touriñán farán un monólogo especial para a ocasión antes do concerto, e despois actuará outra das apostas de AiraPro: Manocas Ensamble, un proxecto innovador que fusiona o jazz e a música experimental e contemporánea coa electrónica e a vídeoarte.

"A esencia de AiraPro reside en respectar as dúas partes da música: a máis emocional e a técnica. Apostan por proxectos de calidade, que se poidan presentar tanto a unha persoa da rúa como a un músico máis entendido", salienta Silvar.

Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora destes cursos -aínda que agora non exerce- e licenciouse en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social.

O proxecto de Silvar "rompe o molde da muller na música galega", apuntan dende a produtora. Ao ver da artista, no mundo da música segue a haber "moito machismo", constatable no escaso número de mulleres que chegan a liderar o seu proxecto como ela o está facendo.

Os músicos que completan Sés son David Paz -que ademais de tocar o saxofón e o clarinete, é o produtor musical de Sés e responsable, xunto con María Xosé Silvar, dos arranxos dos temas-, Tito Calviño na guitarra, Pablo Cedeño no baixo, Miguel Queixas á batería, Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.

Á VENDA As entradas a cinco euros

As entradas para o concerto custan cinco euros e poden conseguirse na propia Sala Capitol de Compostela, á venda no despacho de billetes o propio día do concerto ou tamén na Sala the Star, o local que rexentan Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, en Carral (A Coruña).

EN ADIANTO Unha maqueta con tres temas

María Xosé Silvar ten gravada unha maqueta con tres temas: Tola atrás de ti, Se te vas e Admirando a condición. Cancións nas que, ademais de quedar clara a súa persoal voz, deita mensaxes como: "Cando a banda xa non toca máis, hai que marchar ou perfilar un plan para se rebelar".

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Linho do Cuco en Compostela
Linho do Cuco continúa a súa xira de presentacións do seu segundo traballo despois do éxito acadado no concerto de Lalin. O vindeiro xoves 18 de Marzo ás 20:30 ofrecerán o seu espectáculo musical no Salón Teatro, na rúa Nova de Santiago de Compostela. Xa están á venda as entradas na billetería virtual de Caixagalicia. Fai clique aquí

Nos seus comezos o grupo tiña como obxectivo recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Andado o tempo, o xérmolo da banda afortalouse coa incorporación de novos membros, todos eles relacionados co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (hoxe aCentral Folque). Linho do Cuco fórmano na actualidade: Pablo Bernárdez, Carlos Quintá, Michel Touriño, Pablo Pardo, Benxamín Otero, Pablo Doval, Xián Herrera, Marcos Pérez e Darío González.

Linho 3 é un disco de música daquí, pra xente daquí e dacolá, que sintetiza dende o repertorio de banda de música, a melodías de autor que xa forman parte da tradición, e unhas pingas de música centroeuropea, sempre dende o punto de vista de Linho, e con carácter festeiro.

Escoita unha mostra de Linho 3 no seu Myspace

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Peón e Emilio Rúa en Vigo
Data: Xoves 18 de marzo
Horario: 20: 30h
LUGAR:» Centro Cultural Caixanova
(Vigo, Pontevedra)

O estilo único de Mercedes Peón mestura o sabor da música tradicional cos sons máis modernos, conservando o halo de sutileza e forza femininas que envolve toda a súa obra.

A extraordinaria voz de Mercedes Peón crea atmosferas vibrantes e innovadoras que conseguen algo moi pouco habitual, o feito de crear algo novo no actual panorama musical, o que a levou a ser unha das mulleres máis carismáticas do mundo da música e a cultura galegas.

O seu estilo vai creando a través de todo un traballo de campo autodidacta, en que recolleu vivencias, lendas, músicas e danzas das xentes da Galicia máis rural. Mercedes Peón formou parte de Xaracandaina, dedicouse ao ensino de música e baile tradicionais durante 17 anos, e formou parte de diversos proxectos con músicos destacados da escena galega como os diplomáticos de Monte Alto ou Xosé Manuel Budiño. Desde o seu primeiro disco Isué, Mercedes participou noutros ámbitos como a televisión ou a prensa escrita, ademais de fundar a discográfica Discotrompo e de dar conferencias en diferentes universidades europeas.

Emilio Rúa ofrécenos unha mestura de sons pop e música tradicional. Tras numerosas actuacións con outros artistas como Ismael Serrano ou Pedro Guerra, Rúa edita o seu primeiro disco Vida Miña, un traballo con tinturas melódicas e cargado de sentimento que o levaría a percorrer numerosos escenarios galegos e darse a coñecer como cantautor.

Actualmente Emilio Rúa cruza as fronteiras galegas para ofrecer concertos en Madrid e Barcelona entre outras cidades da xeografía española.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Rúa: A voz cálida do Interior
INTERIOR é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor Ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós). Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos.

Neste novo traballo Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Adéntrase no mundo tradicional como ven sendo xa habitual e necesario nel e revisa cun aire novo e personal o tema popular galego Lela reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio. Así mesmo utiliza a poesía de Manuel Rivas para porlle música a un dos seus poemas. É un traballo no que as harmonías gañan un amplo espazo e amósanse co necesario coidado, para dar forma e sentido as doce cancións que conforman Interior.

Como di o propio autor “Interior son os dous mundos que hai dentro de min e non se entende o un sen o outro: a miña música e a miña terra”
Dispoñible nas tendas de discos a partir do 25 de Marzo.
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 18-03-2010 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevistas a Mercedes Peón
Mercedes Peón é unha das voces galegas máis internacionais. Con máis dunha década sobre os escearios e no medio da preparación do seu cuarto disco, chega hoxe a Vigo de man de Caixanova e do Xacobeo 2010.

Mercedes Peón chega hoxe a Caixanova co Xacobeo.

Como descobre o canto popular galego?
Na casa. O canto popular é o que é recoñecido polo pobo, asimilado e non ten por qué ser representativo de él. Folclore é o que representa a un pobo. Tradición é un xeito de vida, de música, de baile de imaxinario transmitido de xeración en xeración e realizado en comunidade, sen entrar en normas tradicionalistas, ou sexa libre.

Que importancia tiveron no seu canto as recollidas polos pobos?
Cando tiña 13 anos vin cantar a 3 mulleres de Imende, que terían a mesma idade que teño eu agora. A enerxía que emanaban, o trance que provocaban, a emoción e forza que transmitían deixoume impactada para toda a miña vida. Estiven polas aldeas 25 anos así que algo debeu de quedar. Grazas a ser de aquí, teño o meu oco no panorama musical internacional.

Que permanece das tradicionais cantareiras?
As cantareira, ou pandeireteiras, ou tocadoras, son o produto dunha cultura ancestral e contemporánea que se pode aprender e disfrutar en seráns aínda hoxe en día. Temos a vantaxe de poder disfrutar e aprender técnicamente de como executar unha ribeirana ou un pateado etc, nun contexto didáctico que sempre se pode transcender cando xa tes un certo nivel. Pero a transmisión oral vive un momento delicado pola falla de conciencia do que acontece: Parece que imos estar máis contentos cando desapareza e só teñamos cancioneiros ou transcripción do que foi. En canto a min, dende o primeiro disco hai 9 anos deixei a performance da tradición. Son unha compositora de aquí, marabillada da nosa natureza no senso máis amplo.

O segredo do potencial da súa voz é a técnica ou a paixón?
Esas son apreciación que eu non teño na cabeza. Procuro cantar sen paixón desmedida aínda que me recoñezo suicidándome no escenario polo feito de estar vivindo un momento máxico. E a técnica si é certo que tiven que desenvolver á miña maneira un xeito de cantar que me permitira cambiar de rexistro e de estilo sen magoarme. Lin moito a Mirian Alyo, e axudoume a poder desenvolver esta profesión.

Tralas súas cancións agocha algo máis que música?
Agóchase un traballo solitario de arranxo e de búsqueda. Un traballo e unha evolución como productora. Horas e horas en soidade, na casa, escoitando e investigando os espazos que cubre cada son peculiar ou non que vou mixturando ata que ao final, esgotada, teño que tomar distancia. Agóchase unha empresaria que ten que facer moitos números para difundir o seu traballo, e para que sexa rendible.

www.atlantico.net

Mercedes Peón é unha das artistas máis completas e interesantes de Galicia e a única que até o de agora foi quen de modernizar o son de raíz galega sen convertelo nunha mestura feble. A artista comparte hoxe escenario en Vigo (21 horas, no Centro Cultural Caixanova) co ourensán Emilio Rúa, dentro do ciclo Xacobeo Raíces.

-¿Cal é a proposta deste espectáculo no que comparte escenario con outro artista?
-Non hai conexión porque non hai unha proposta conceptual. Eu vou amosar un Sihá (o meu último disco) maduro, efémero, cunha banda nova e enerxética. Para quen non coñece este directo recoméndolle que se achegue ata Vigo. Será un momento único e irrepetible.

-Seica está en pleno proceso de creación dun novo álbum. ¿Cústalle moito desconectar del ou pola contra volver a traballos anteriores e enfrontarse co público é un alivio?
-A verdade é que levo uns doce meses combinando a composición, produción e investigación sonora coa nova banda, con concertos en festivais superenerxéticos, ao tempo que teño unha performance para contextos alternativos onde de súpeto estou nunha sala de arte contemporáneo totalmente soa, enfrontada a un público eslavo (Eslovenia ou Croacia) que pagou a súa entrada para ver unha proposta persoal e moi conceptual. Resumindo, que vou a Vigo, á casiña, a amosarme tal como son, con todo o meu agarimo, e acompañada de grandes músicos que casualmente, ou non, son do sur: Fernando Abreu, Leandro Deltelle, Miguel Forneiro, Ana García, Manuel Alonso e Manuel Cebrián.

-¿Algunha pista sobre o seu cuarto disco?
-Téñoo practicamente rematado. A verdade é que este traballo está feito na máis estrita soidade. En canto ao son, cada vez resúltame máis difícil traballar con sons estándar. As composicións tomaron un camiño electroacústico, conceptual. Hai unha filosofía e unha busca polirrítmica que en moitos temas despraza a melodía a un segundo ou terceiro plano. É un disco viaxe. Como se non houbese tempo nin distancias, presente, pasado e futuro mesturado na miña propia existencia, véndome reflectida nas demais e volvendo á crúa realidade do momento histórico da nosa terra. Soa pretensioso, pero non sei como explicalo mellor.

-¿Despois de nomes tan potentes para os discos anteriores como «Ajrú» ou «Sihá», como vai superalos?
-Estame resultando misión imposible. Teño un nome que vai na liña dos anteriores, e outro máis directo. Aínda teño tempo. A ver se acontece algo extraordinario como cos anteriores.

-Teño entendido que se deita moi, moi cedo. ¿É por ir ao ritmo da natureza que a rodea?

-É posible. Vivo en Oza dos Ríos, na cima dun val, todo Oza de abaixo déitase cedo, van ao seu ritmo, os meus curmáns teñen vacas, andan levándoas a pacer aos prados, e eu érgome, almorzo fóra, acendo o ordenador e póñome a compoñer. Coma un híbrido que sabe de onde vén.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer