Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada na Fábrica de Chocolate (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-03-2009 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá no Brasil

Hoxe, martes, día 31/03/2009 ás 21:35

Na segunda entrega dos programas que "Alalá" dedica á música galega en Brasil trátase a evolución da nosa música na cidade de São Paulo, unha metrópole onde as cousas se expresan en cifras: trinta millóns de habitantes, seis millóns de vehículos... Os sampauleiros andan con présa e en atascos, por iso nunha das cidades máis ricas do mundo, os que poden van polo aire, pois en São Paulo está a maior frota de helicópteros do planeta.


São Paulo é un lugar de emigrantes, pois é onde hai máis italianos fóra de Italia, máis xaponeses fóra de Xapón, máis libaneses fóra do Líbano... e por suposto tamén hai galegos que emigraron a São Paulo dende fins do século XIX. A emigración galega viviu aquí bos e malos tempos, así que o programa tratará as distintas épocas que os emigrantes viviron na "cidade que non pode parar", tempos en que se repatriou a galegos e outros, como agora, onde hai gaiteiros traballando en compañías multinacionais.

O centro Hispano Brasileiro de São Paulo foi o espazo onde floreceu durante moito tempo a música galega na metrópole brasileira, e onde se vivía dunha maneira moi parecida a Galicia: nace de maneira espontánea, pero organízanse no grupo "Lembranzas e Agarimos", que xa leva trinta anos traballando pola nosa música e dando clases de baile e danza a nenos, maiores e a quen queira meterse no grupo. Esta noite música galega nunha das cidades máis grandes do planeta: "Alalá" en São Paulo.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 31-03-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo hoxe martes na TVG

Hoxe, martes, día 31/03/2009 ás 22:10

O último éxito do cinema galego chega á TVG.


A longametraxe, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, estréase esta noite ás 22 horas na TVG logo dun intenso percorrido por todo o país.

Cando se cumpre un ano da súa estrea cinematográfica chega a pequena pantalla Pradolongo, o último traballo de Ignacio Vilar, producido por Vía Láctea Films. Chégase así ao cumio dunha traxectoria que contou cunha peculiar campaña de promoción, apoiada en internet e na presentación directa do filme da man do director e dos actores en preto de 200 institutos, coa que se acadaron máis de 60.000 espectadores.

Rodada en galego na comarca de Valdeorras, o filme narra unha historia de amizade e de iniciación na que se cruzan toda unha serie de inquietudes ecolóxicas e o amor na adolescencia. Contou ademais no elenco cun bo número de actores noveis, procedentes na súa maioría da zona.

No seu haber, Pradolongo suma xa diferentes premios, entre eles o Cidade de San Sebastián Film Comission, o Premio Especial do Festival de Ourense e o galardón á mellor banda sonora do Congreso Internacional de Música de Cine de Úbeda.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Sanín: pulindo a música tradicional
Nun taller situado en San Paio de Sabugueira, en Santiago de Compostela, traballan cos sons tradicionais en forma de instrumentos de percusión como pandeiretas, bombos, tambores ou pandeiros. O negocio, rexentado polo artesán José Manuel Salvado Sanín, vai vento en popa e logra abstraerse da actual situación de crise económica, ante a que mesmo saen reforzados.

Nos seus comezos, Sanín compaxinaba os estudos, alá polo ano 1990, cos seus primeiros contactos ca fabricación de instrumentos musicais. Tras catro anos de 'iniciación', o artesán logrou, en 1994, ter o seu propio taller e empezar a vivir da artesanía.

Tras pasar polas mans de Sanín, moitos dos seus instrumentos fan unha longa viaxe ata chegar aos seus destinos. Uns cantos quedan en España, principalmente no Cantábrico, nas comunidades de Asturias, Cantabria ou País Vasco, e outras fai un percorrido máis longo ata soar en Italia, Bélxica, Suiza, Holanda, Alemaña ou, sobre todo, Francia.

A pauta da tradición
Sanín conta que o producto estrela da súa produción, e tamén facturación, son as pandeiretas. Pero o artesán matiza que se sente máis orgulloso do resultado acadado no caso do tambor. ''É do que máis houbo que investigar para mellorar o son, para conseguir un producto mellor'', comenta.

Á hora de fabricar os instrumentos, como ben marca a tradición e como ben seguiron os nosos avós, bisavós e tataravós, as madeiras elixidas son o pino e a nogueira. Segundo Sanín, son as madeiras tradicionais e o cliente busca o tradicional.

O ámbito cuberto polo taller deste santiagués implica unha maneira de traballar 'restrinxida'. O feito de producir para a música tradicional non permite moitas innovacións no tocante ás formas, técnicas de traballo, tipos ou materias primas. Están preestablecidas pola tradición. ''Estamos acotados polo material e as técnicas, non podemos ser industriais, temos que ser artesáns'', explica.

Con todo, a xente tamén busca cousas diferentes e aí atopan unha marxe para innovar. Do taller de Sanín saíron recentemente unha serie de pandeiretas decoradas con cristais de Svarovski, aínda que sempre respectando os parámetros preestablecidos pola tradición.

Pandeiretas para tódolos petos
Nun contexto onde a crise asolaga a maioría dos ámbitos económicos, hai uns poucos afortunados que sobreviven á mesma. Entre estes privilexiados figuran os productos artesáns fabricados en San Paio de Sabugueira. Sanín non dubida en atopar o motivo. ''A música ten un carácter lúdico e a pandeireta é un instrumento moi accesible'', asegura, e mesmo di que serve para evadirse do mundo.

Falando de petos, os prezos das pezas van desde os 25 euros da pandeireta máis económica ata os 200 que custa unha tallada. ''A máis vendida é a que vale 33 euros, a pandeireta de 9 pares, que é que máis se usa en Galicia e no País Vasco'', sinala Sanín.

Ademáis, hai un novo fenómeno en Galicia que repercute nas ventas. ''Dende hai dous ou tres anos, a xente maior, os xubilados, estanse incorporando a grupos duns 25 para tocar xuntos. Mercan pandeiretas porque lles resulta asequible e fácil de aprender a tocar, xa que facelo con destreza pode levar só un ano de dedicación. En canto ás letras, isto non supón ningún atranco, saben coplas dende novos.

Mans potentes
O feito a man en Galicia é un sector moi potente en comparación con calquera parte de España, segundo Sanín. ''Por calidade somos os mellores de Europa'', presume o santiagués. As mans dos artesáns galegos son apreciadas en países como Portugal, Grecia, Italia e tamén Francia.

Entre as cousas a mellorar en Galicia, Sanín envexa aos artesáns franceses, aos alemáns e algúns ingleses, os cales di que poñen máis en valor o producto e o traballo realizado. ''Fáltanos iso'', lamenta o artesán.

Pero non todo é de cor rosa. A artesanía en España sufre retrocesos no caso da olaría ou algún tipo de cerámica. Estes ámbitos si que están a sufrir a crise co peche de talleres como a consecuencia máis inmediata.

Por outra banda, os instrumentos de Sanín saen 'de fábrica' coa marca Artesanía de Galicia. Traballar baixo esta denominación supón ''un paraugas que nos dá sombra, un distintivo de calidade e unha axuda para comercializar o producto'', comenta Sanín. En España hai marcas parecidas, di o artesán, pero ningunha tan potente como Artesanía de Galicia, que leva anos funcionando.

www.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
Uxía Senlle: singradura atlántica, identidades, resistencia cultural
Uxía vén de ofrecer un concerto na Sala Luz de Gas, no que repasou a súa discografía e presentou ?Eterno Navegar?. Con ela conversamos.


O café-restaurante da librería Laie ferve de xentes que rematan o xantar ou saborean, diante dunha cunca, o libro que mercaron abaixo. Uxía Senlle atende periodistas, valora o fermoso espazo no que estamos e quéixase das boas obrigas que carrexan os tempos de promoción. ?Eterno navegar?, o novo disco de Uxía, é unha aposta pola pulsión colectiva e mais polas querenzas atlánticas. As coidadas pezas do álbum mesturan maxicamente letras e sons de Portugal, de Cabo Verde, de Galiza, de Brasil, baixo a dirección colexiada de Uxía e mais de Paulo Borges, pianista e caboverdiano. E tamén é unha obra multidisciplinaria, onde labouran moitos músicos e onde hai un deseño gráfico louzán e efectivo. As telúricas fotografías de Quim Farinha non ilustran o libreto do disco editado por Harmonia Mundi, non; son parte vital da creación artística que se percibe en todo o álbum: ronsel da singradura.

UXÍA.- Si, estou contenta do resultado. É un disco que foi cociñado lentamente, perante anos, buscando acó e aló, e atopando moitas cousas. Ten sabores. Pero, sempre que presento o resultado de indagacións e esforzos, percibo que unha obra destas características nunca está rematada. De certo é un camiño aberto a novas cousas que virán. É unha etapa máis nun vieiro que comezou hai tempo e que segue; que seguirei con máis xente.

Lusofonía, Eixo Atlántico...

UXÍA.- Lusofonía, claro, eses espazos de arredor do Atlántico onde nos entendemos coa fala. Pero a palabra lusofonía ten trampa, pois esquece unha parte, a orixe; non referencia Galiza. De certo Eterno navegar bebe nesa realidade plural. Pero quere ir máis aló, volver atrás, cara as orixes. É preciso reconstruír, recuperar esa realidade da que Galiza forma parte. A lusofonía ábrenos portas culturais, e doutros tipos.

No concerto que vén de facer este 19 de marzo na Sala Luz de Gas (Barcelona) brillou a calidade musical dos catro músicos presentes (Paulo Borges, piano; Quiné, batería; Santi Cribeiro, acordeón e Xacobe Martínez, contrabaixo). E, por riba de todo, relustrou a voz de Uxía Senlle, capaz de espertar ocos de fondura dramática e mais de repenicar ledas campaíñas. Asemade, non é novidade que Uxía cante en portugués, ou que colabore con músicos transatlánticos; xa o fixo noutros traballos seus. En Luz de Gas sentiuse a pluralidade lingüística, e mais a dos ritmos. E todo isto vén de lonxe, de anos, mormente do fermoso e consolidado proxecto Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, do que Uxía Senlle é a directora artística.

UXÍA.- Cantos na Maré é o xermolo de Eterno navegar. Están aí. Para min este convivio foi e é moi importante. Veñen a Pontevedra xentes e músicos de moitos países atlánticos. E Galiza é a anfitrioa, a impulsora deste proxecto. Iso é revelador. Para os que chegan é toda unha sorpresa; téñollo sentido aos brasileiros, por exemplo. Eles saben cousas de Galiza: saben do Camiño de Santiago, da súa importancia para Europa e mais para Galiza, e pouco máis. E entón descobren unha irmá pequena, e a esa irmá cativa venlle unha forza e unha riqueza musical, literaria etc. que non esperan. Esa nosa riqueza está conformada por cousas das que eles beben ou beberon ao longo de séculos. Quizais as súas conexións non están en Madrid, e si en Santiago.

As nosas cores é a primeira peza do álbum, As nosas cores (nunha versión máis afro) é a última. Diríase que se nos está a presentar un traballo circular. As viaxes -de ida con volta- por xeografías lusófonas rematan por ter un formato curvo, circular (raizames celtas?). Circuítos espirais. As persoas que traballan en Eterno navegar seguen esas derrotas curvilíneas. As fotos que Quim Farinha (violinista do grupo Berrogüetto) inclúe no libreto intégranse no proxecto global do traballo: a delicadeza coa que argalla o land-art que acompaña ás letras retrata un mundo circular, espiral.

UXÍA.- Sempre parto de porto galego, nese eterno navegar polas dúas beiras do océano, para regresar a Galiza e procesar todo o que captei. Toco moitos portos, e en moitos deles tamén me sinto na casa. Lisboa é tamén a miña casa. Pero sempre regreso a porto galego, onde poder apousentar e reelaborar toda a bagaxe que carrexo dos periplos. Cando lle propuxen a Quim Farinha (souben que tiña que facelo el) que idease as imaxes para o álbum, sabía que comprendería perfectamente o meu encargo. E penso que plasmou á perfección eses periplos atlánticos. Fixo un traballo delicado, preciosista, fermoso. Quen mellor ca el? El é músico, por tanto ten a vantaxe de sentir as imaxes e vivir a música concorde, e de contado captou a miña proposta e o sentir do Eterno navegar. Ademais, eu son partidaria do traballo interdisciplinar. Xuntar manifestacións artísticas suma, sempre suma. A música medra coa imaxe, as imaxes medran coas músicas. Si, tamén niso hai curva, espiral.

Mentres falamos observa coa intensidade dos seus ollos pillabáns, como procurando respostas noutras faces, pero sempre mantendo a coherencia de muller rebelde. Uxía entregouse no proceso creador de Eterno navegar, co entusiasmo dunha artesá sabedora. As letras de sete cantigas son súas (tamén as hai de Celso Emilio Ferreiro, de Curros Enriquez), arranxou músicas, canta... Dentro dese Eterno navegar vai Rumores de Falúas, unha balada con letra de Uxía e música de Hector Lorenzo que nos remite aos primeiros amores de verán. Hai pouco esta peza foi galardoada co Premio á Mellor Canción en Lingua Galega, pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música.

UXÍA.- Este premio reconforta, despois do longo proceso de elaboración, e é un recoñecemento a vinte anos de traballo e mais á calidade do disco. Eterno navegar está elaborado de vagar, de maneira preciosista, artesanal. Hai xente que non se decata, pero a nós chégannos opinións que confirman esta aseveración. E o premio tamén dá novo pulo á promoción de Eterno navegar, claro. Todo axuda. Por outra parte, a min gústame implicarme moito na elaboración global do álbum. Non só elaborei letras e as músicas xunto con Paulo Borges, senón que participei no deseño gráfico. Entendo o traballo como interdisciplinar e variado, é o xeito de sentilo teu. Ás veces a letra vai tirando pola melodía, outra é ao revés. No caso de Eterno navegar aconteceu nalgúns casos que o Paulo Borges enfiaba uns acordes, logo ía aparecendo a melodía e, desde aí, trataba eu de atopar as letras.

As nosas cores vén sendo unha homenaxe ás mulleres e ás súas loitas: ?somos a lúa a alumear/ as nosas dores/ mulleres sol a despregar/ súas cores?,di unha das súas estrofas. En Eterno navegar hai un poema de Marica Campo (Nalgures) e tamén é ben coñecido o compromiso de Uxía nos eidos feministas e en iniciativas como Son Delas. Entón non é ilusorio cavilar que nos seus periplos Uxía leva por compañeira a Xohana Torres.

UXÍA.- Si, si. Xohana Torres e o seu verso tamén navegan neste traballo. Xa en Son Delas (para o que Ana Romaní fixo unha escolma de poesía de mulleres) os poemas de Xohana Torres estaban moi presentes. Hai unha maneira propia de facer das mulleres, unha voz propia de seu, e esa voz das mulleres temos que reivindicala e facela sentir. Está moi apagada neste mundo de homes. As mulleres sempre estamos a proba. A voz e o mundo das mulleres é diverso, con matices, pero sempre se debe propor como colectivo, para gañar en visibilidade na sociedade patriarcal. Canto máis cómplices sexamos as mulleres máis se nos sentirá. Dalgún xeito iso está no disco, na peza As nosas cores. A música é un bo xeito de facernos ver e sentir.

Volvendo ao café Laie, Barcelona e Cataluña non están no Atlántico...

UXÍA.- Non, non están. Sempre traballei con artistas destas terras (Marina Rosell, María del Mar Bonet). E o que eu atopo por terras do Atlántico ten moito que ver co que se fai aquí no Mediterráneo. María del Mar Bonet, coa que falo moito e que leva anos investigando músicas mediterráneas, anímame a pescudar nas músicas atlánticas lusófonas. A ela parécelle unha tarefa moi interesante, e descoñecida. Pódese dicir que o seu traballo e o meu son paralelos, aínda que ela leva moita vantaxe.

Novos proxectos?

UXÍA.- Agora seguirei embarcada na segunda parte da promoción do disco, en Brasil e en Portugal. A curto prazo estou a preparar un disco para nenos, no que se mesturan contos e cantos: ?A Nena e o grilo?, para a editorial OQO. Máis adiante tamén teño proxectado outro disco para Malvela.

Estes días estase a falar, outra volta, do Prestige (que mal nome para tamaña desgraza) e do macro-proceso xudicial que se segue en Corcubión contra o enésimo atentado nas costas galegas. Quen mellor que a voceira da Plataforma Nunca Máis para preguntarlle qué queda en Galiza de Nunca Máis. Na cantiga Sen ti (letra de Uxía) hai un fermoso verso que di ?saberás que a morte non mata?; mata máis o chapapote?

UXÍA.- Quizais mate máis o chapapote. Pero o que aconteceu con Nunca Máis transformou Galiza. Se reparas ben decataraste que noutra cantiga do álbum (A Lira) hai dos versos que din: ?a morte a mim não me mata / quem mata a morte sou eu?. O chapapote pode matar, pero fomos nós quen ao final matamos o chapapote. Con Nunca Máis naceu unha nova Galiza, á que eu sempre chamo ?O País de Nunca Máis?. Esa Galiza revelou unha vitalidade e unha creatividade descoñecida até entón. E hoxe queda ese espírito rebelde e a xente que tanto traballou daquela. E iso non desaparece. Hoxe as circunstancias non son as óptimas, pero a forza transformadora de tanta xente loitadora non morre, perdura. O que aconteceu en Galiza coa desgraza do Prestige e coa reacción focalizada na Plataforma Nunca Máis foi parte dunha catarse, e non hai volta atrás. Pode estar esmorecido, latente, pero segue e seguirá. Temos que continuar traballando coas mesmas forzas, para demostrar a pulsión creativa que temos. Ten moito sentido agora reivindicar e loitar por unha realidade identitaria que se nos quere negar. Agora temos a responsabilidade histórica de loitar por todo iso, debémosllo a quen nos precederon. Pero mormente é unha cuestión de futuro. Ter unha lingua propia e defendela. Se eu non podo cantar en galego, se non podo botar man dos meus referentes identitarios, a miña vida sería moito máis pobre. Resistencia cultural. Na Radio Galega, en Vieiros, na escrita, vese a vitalidade dese movemento resistente e tamén a presenza da cultura galega no teatro, na pintura, na literatura. E a cidadanía consume esa cultura.

Uxía Senlle, cantante, activista, militante. Uxía navega, toca portos atlánticos, coñece outras realidades, outras culturas. E en boa parte fai esas singraduras para axudarse a si mesma a construír a súa identidade, e así facerse voceira de galeguidade. Resistencia.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos xa teñen novo disco.
Así é, amigos festeiros, Luis "Caruncho" e toda a banda xa teñen no forno o seu próximo traballo que se chama "En Galego" e está editado por esta casa PAI Música.

Aquí os temos. Aquí están dispostos a entrar polo torreiro adiante e armala. A poñelo de patas-pa-riba.?Ala, que vai!?. A bailar todo o mundo. ?Que dirán por aí? Os Carunchos estamos aquí?. E veña quilómetros de troula, aturuxos, punteiros - ? esas gaitas non están ben ? de todo-, insomnio e ? licor café. E ?tenerifes?.

Mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está o traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan ?que nin dios?, senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, ?¡Sen tempo non era!?. Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas ? sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, democrática, descomunal, rotunda ? ¡rachada!. De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a ?Montealegre?. CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: ?pra vós estamos nós?, que diría o Ghaiteiriño de Aldán. E como xa sabemos que ?

Todo o mundo toca a gaita
moitos bailan que dá medo
pero á hora da verdade
poucos falan en galego

¿Sabedes o que vos dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? ?Ti, pa min, xa vales?. Sempre en Galiza. Sempre ? ¡EN GALEGO!.


www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre soa mellor 'Ao Vivo'
Presentaron en Madrid o seu primeiro disco en directo en 24 anos de carreira, e a xira que os levará por todo o Estado para promocionalo Concerto de Luar na Lubre no Teatro Colón da Coruña.

Luar Na Lubre, un dos máis exitosos grupos de folk galegos, comeza a celebración do seu 24º aniversario cunha xira e a publicación do seu primeiro álbum en directo, Ao vivo. Onte presentaron en Madrid este disco que foi gravado en dúas actuacións os días 22 e 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, coas colaboracións especiais de Luz Casal, Pedro Guerra e Diana Navarro.

O primeiro concerto da xira Ao vivo será o 16 de abril no Teatro Fernán Gómez de Madrid dentro dunha xira de concertos que culminará o próximo mes de outubro en Castellón.

Temas clásicos como Tu gitana, O son do ar, Pousa ou Chove en Santiago así como o inédito Axeitame a polainiña foron algunhas das cancións que se escoitaron nesas actuacións en xaneiro, con todas as entradas vendidas, "un feito inusual entre os grupos de música folk", afirmou onte Bieito Romero, un dos fundadores do grupo.

"Temos a sorte de ser moi queridos na nosa terra, ademais de ser aceptados no exterior", destacou Bieito, compositor dun grande número de cancións do grupo quen engadiu que "esta gravación en directo foi moi especial para a súa formación, porque o Teatro Colón é o Square Garden galego", sentenciou.

Ao vivo, que sae á venda hoxe mesmo, inclúe un documental, o concerto completo e un ?bonus track' con Ismael Serrano que interpreta O dereito de vivir en paz, unha homenaxe ao poeta e cantor Víctor Jara.

O disco é, para Romero, "unha homenaxe a unha formación que se vive e se goza sobre todo en directo". Proba diso son os máis de 800 concertos en 26 países diferentes, aos que o grupo levou a súa visión persoal da música tradicional galega, dende que iniciou a súa andaina en 1986.

IDENTIDADE GALEGA E COLECTIVA

A cultura e o idioma de Galicia son outros dos piares nos que se basea o septeto. En palabras do seu líder, son a base do seu éxito, xunto a "unha liña creativa clara e a boa relación entre os seus membros". "Non obstante, Luar Na Lubre non se cingue só ás muñeiras, viras ou carballesas propias de Galicia", puntualizou Romero. Entre o repertorio deste dobre álbum atópanse adaptacións de cancións tradicionais irlandesas (Os animais), inglesas (Romeiro ao Lonxe) e portuguesas, como Tu gitana, de Zeca Afonso.
"Compartimos con todos estes lugares un concepto un tanto ambiguo e incerto, inventado nos anos 60, que é a música celta, na que os instrumentos e un modo concreto de interpretar nos une en certo modo a galegos, irlandeses e bretóns", comentou Romero.

Unha cultura celta común que debeu de atraer o músico británico Mike Olfield ata o punto de incluír unha versión de O son do mar de Romero, no seu disco Voyager (1996) e a invitalos a participar na súa xira Then&Now de 1999 como grupo revelación. O seu son non coñece fronteiras

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto do novo disco De Galegoz
Ja podes baixar um tema do novo disco de GalegoZ no seu MySpace.

O novo disco, chámase "Viñeron da Galiza Interior", e o tema de presentaçom é "Apocalipse Agora", o trabalho completo, será gratuito e publicado baixo Creative Commons em Aregueifa.net o día da investidura do Presidente Frijoolito.

Estade atentas!!.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 30 (Luns)

Terza feira 31 (Martes)
? Sobre Rodas (dúo de zanfonas) na Nogueira (Vigo) ás 22:30

Corta feira 1 (Mércores)
? Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 2 (Xoves)
? Pepa & Davide + Madamme Cell Gentalha do Pichel (Compostela)
? Victor Aneiros no Forum Celticum (Culleredo)

Sexta feira 3 (Venres)
? Festicultores, Chiquilicuatres, The Homens,... en Ribeira (Festa da Choiva)
? Xabier Díaz no Auditorio de Carballo
? Taru e os paxaros de coiro no Mardigrass (A Coruña)
? Trapallada no Garufa (A Coruña)
? Snath no local A Canle (A Revolta, Pontevedra)
? Lizgairo no C.S. Caixanova de Pontevedra
? Guezos no Liceum do Porriño
? Foliada Ven Respirar no Efémera (Ourense)
? Ruada en Cabaleiros (Tordoia)

Sábado 4
? Obradoiro de aturuxos no Viso (Redondela) ás 16:00
? Guezos no Pub Leblon de Pontecaldelas
? Lamatumbá, Galegoz, Os Tres Trebóns, ... en Ribeira (Festa da Choiva)
? Balakandra no Garufa (A Coruña)
? Snath no Foso (Santa Comba, A Coruña)
? Kogito na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Serán en San Pedro da Ramallosa (Nigrán)
? Serán en Vilasobroso

Domingo 5
? Xantar Gaiteiro ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.
? The Homens no Aturuxo (Bueu)
? Pablo Seoane Grupo ás 18:00 na casa de cultura de A Picota (Mazaricos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2009 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega de Cantigas e Frores

Xa está aberto o prazo de matrícula para o XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega.

XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
9, 10 e 11 de abril de 2009


LUGAR:
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa.
Avda. da coruña s/n (Lugo)

ESPECIALIDADES:

1. Técnicas de gaita
2. Técnicas de canto e pandeireta
3. Técnicas de baile tradicional
4. Técnicas de percusión tradicional
5. Técnicas de zanfona
Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 4 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

PREZO DA MATRÍCULA:

30 ?, agás para os socios/as da Asociación Cultural?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos, que será de 20 ?.

PAGAMENTO NA CONTA: 2091 0152 29 3040026419

Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso.

INSCRICIÓNS:

Datos Requiridos: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.

As inscricións pódense enviar a :
FAX: 982 26 52 80
EMAIL: inscricions@cantigasefrores.com

COMPRE ADXUNTAR XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE.

PROGRAMA:

XOVES 9
09:00 a 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

VENRES 10
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

SABADO 11
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
19:00 ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS

MESTRES:

1. Técnicas de Gaita: Agustín Sánchez.
Comeza a tocar a gaita con 11 anos da man de pepe temprano. Ten gañado numerosos concursos de gaita. Colaborou co cuarteto ?luvas verdes? e foi mestre en diversas asociacións e centros galegos.

2. Técnicas de Canto e Pandeireta: Sandra Diéguez.
Directora das pandereteiras da A.C.F. ?O Fiadeiro? de Vigo. Mestra e compoñente de numerosas asociacións coas que ten gañado diversos premios.

3. Técnicas de Baile Tradicional: Gustavo Couto.
Membro da sección de baile da O.C.T. ?Ultreia?. Director de diferentes escolas de baile tradicional na comarca de Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto Ronsel.

4. Técnicas de Percusión Tradicional: Roi Adrio.
Comeza os seus estudios musicais con Moxenas. Ten tomado clases de percusión tradicional da man de X. M. Oliveira, "Chuco". Na actualidade é membro de ?Quempallou?, ?Faltriqueira? e outras agrupacións.

5. Técnicas de Zanfona: Paulo González.
Licenciado en Música Antiga. Titulado en Educación Musical. Diplomado co título profesioinal de gaita e ten realizado o curso de zanfona na U.P. de Vigo. Director do grupo ?Amar Contra o Silêncio?.

COORDINADORA DO CURSO: Mónica Fernández Fernández.

Máis información na páxina do curso.


Comentarios (3) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-03-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
V Cursos Xarabal

A BANDA DE GAITAS XARABAL informa:

Por 5º ano consecutivo, e coincidindo co 25 aniversario, a Banda organiza os seus Obradoiros. Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril (xoves, venres e sábado coincidindo coa Semana Santa).


Os cursiños dispoñíbeis nesta edición serán:

* Gaita: técnica e interpretación. Impartido por Diego Mariño
* Empalletado e afinación. Impartido por Xurxo Fernández
* Construción de palletas. Impartido por Patricia Cela
* Percusión tradicional. Impartido por José Carlos Villar Bouza
* Percusión folk. Impartido por Lucía Martínez
* Zanfona. Impartido por Xaime Rivas
* Traverso tradicional. Impartido por José Liz

Todo os obradoiros impartiranse no colexio público San Salvador de Teis(Vigo).

O horario de obradoiros é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. A distribución en sesións sería:

* Duas sesións (9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00).
-Construción de palletas

* Sesión de mañá (9:00 a 13:00)
-Gaita: técnica e interpretación
-Empalletado y afinación
-Percusión tradicional
-Traverso barroco

* Sesión de tarde (16:00 a 20:00)
-Zanfona
-Percusión folk
-Gaita técnica e interpretación

Os cursos pódense contratar en dúas modalidades: unha inclúe a comida e a oUtra non. Ademais débese ter en conta que se fai un desconto á xente que se matricule en dous obradoiros. Coma excepción atópase o curso de construción de palletas que, por estar composto de dúas sesións, considérase coma dous obradoiros.

Os prezos quedarían coma siguen:
1 obradoiro 2 obradoiros
Sen comida: 75 ? 125 ?
Con comida: 100 ? 150 ?

* Debido a que existen obradoiros con límites de prazas, estabécese un período de preinscrición.
* Os alumnos/as serán admitidos nos obradoiros por rigorosa orde de preinscrición.
* Cada alumno/a será avisado de se foi admitido nos obradoiros, en canto se reciba a folla de preinscrición.
* As follas de preinscrición deben mandarse cubertas ao seguinte enderezo electrónico: info@xarabal.org

PRAZOS:

Sábado 4 de Abril -> Data límite para enviar a preinscrición.
Martes 7 de Abril -> Data límite para que os alumnos/as admitidos nos cursiños fagan efectivo o pagamento

Toda a información, incluída a folla de preinscrición, está dispoñíbel en www.xarabal.org ou www.myspace.com/xarabal.

A BANDA DE GAITAS XARABAL
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-03-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do curso de gaita de Xarabal

Programa de gaita. Diego Mariño

- Introducción. O Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar

- A reinterpretación folclorística e/ou artística da música tradicional.

- Audición e análise de interpretacións da música gravada do CMG.

- A notación musical para gaita. A escritura da articulación.

- Prácticas con patróns de articulación e fragmentos musicais do CMG

- Ornamentación na gaita galega: clasificación dos ornamentos e prácticas sobre patróns e fragmentos musicais.

- Prácticas de improvisación de preludios en base aos modelos do CMG

- Análise de melodías tonais do CMG. Implicacións da construcción na interpretación.

- Prácticas de interpretación co repertorio analizado.

- Prácticas de improvisación sobre as estruturas do repertorio analizado.

*Nota: Para o mellor funcionamento das clases, prégase asistir con gaitas afinadas en Dó.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de música tradicional do Bierzo
O Centro de ensino musical do Bierzo organiza as "1ªs Xornadas de música tradicional do Bierzo"
que terán lugar os días 9, 10 e 11 de Abril de 2009 en Ponferrada


Especialidades e profesores:

- Canto e pandeireta: Montse Rivera (Leilía)
- Gaita Galega: Abraham Fernández López
- Baile tradicional galego: Calixto Albán
- Obradoiro de Afinación e empalletado: Amado Domingo "Cubero"

*Obradoiro de Whistle: Abraham Fernández López (Aínda que está fóra de contexto será ofrecido para responder ás peticións dos alumnos)

HORARIOS:

Canto e pandeireta:
Grupo 1: de 10:00h a 14:00h
Grupo 2: de 16:00h a 20:00h

Gaita Galega:
Grupo 1: de 10:00h a 14:00h

*Whistle: de 16:00h a 20:00h
Grupo 1: de 16:00h a 20:00h

Baile tradicional galego:
Grupo 1: de 10:00h a 14:00h
Grupo 2: de 16:00h a 20:00h

Obradoiro de Afinación e empalletado:
Grupo 1: de 10:00h a 14:00h
Grupo 2: de 16:00h a 20:00h

TARIFA: 40 euros

*Posibilidade de aloxamento gratuíto para os alumnos que veñan doutras cidades.

Teléfono de contacto:
987 173 798

Tense previsto a participación especial, durante as Xornadas, de Galundum Galundaina (Portugal) e de Xuacu Amieva dende Asturias.

Para máis información visita a web: www.cembierzo.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-03-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de baile Tradicional Azaloira

O festival Azaloira, organizado polo grupo de baile tradicional Fortín da Pomba de Bandeira, cambia este ano de data. En lugar de celebrarse o Domingo de Ramos, como era habitual nas últimas edicións, trasládano para o 26 de abril, o último domingo do mes.

Se desexa inscribirse no IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO, celebrarase o vindeiro día 26 de Abril do 2009, no auditorio Manuel Do Pazo, debe cumprimentar o boletin de inscripción e remitilo bén por fax ou correo eléctronico.

BASES DO IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe rexional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.

PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo
Poderá haber accesis para vestiario e mellor acompañamento.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.

Bases
Formulario de Inscrición

O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O 27 DE MARZO.

www.fortindapomba.org
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-03-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
? Emilio Rúa na Casa da Cultura de Verín
? Duplo Son no Garufa (A Coruña)
? Nelson Quinteiro no Ateneo Ferrolán ás 20:00 (Ferrol)
? Zenzar na sala A Reserva (Carballo)
? Mini e Mero na Casa das Atochas (A Coruña) ás 22:00
? Guezos na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Os Tres Trebóns na Praza do Berbés de Vigo (Festa da Reconquista) ás 22:30
? Estalotada en Sar no Mañoso e Marmolo (Compostela)
? Foliada en Noia
? Foliada na cafetería Lar (As Pontes)

Sábado 28
? Nova Galega de Danza en Sanxenxo
? Xose Constenla na Pobra do Caramiñal
? Pito de Pikasso no Pub Ardora de Porto do Son
? Sem Resposta na Iguana (Vigo)
? Guezos na Sala Clandestino de Nigrán
? Kogito na Sala Breogain de Vigo
? Skacha no Salón Parroquial (Ponteareas)
? Skarnio na Casa das Atochas (A Coruña) ás 21:30
? Cantadeiras do Berbés e amigos (Concerto despedida) na Praza do Berbés de Vigo (Festa da Reconquista) ás 20:30
? Serán en Chaín (Gondomar)
? II Ruada de Catoira

Domingo 29
? Xose Manuel Budiño en Meiro (Bueu) ás 12:45
? Ruote en Meiro (Bueu) ás 20:30
? Tiruleque na Praza do Berbés de Vigo (Festa da Reconquista) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira

Venres 3 de abril
-Ruada en Cabaleiros (Tordoia)

Sábado 4 de abril
-Serán en San Pedro da Ramallosa (Nigrán)
-Serán en Vilasobroso

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide
-Serán en Morgadáns (Gondomar) no torreiro de San Roque
-Serán de Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
-Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo
-Serán no campo de futbol de Sobrada

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo).

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas as fotos do Serán de Toutón

Xa están engadidas unha selección do serán de máis sona.

Fotos do Serán de Toutón

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-03-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
De Reconquista por Vigo

Concertos: 27, 28 e 29 de marzo

Mercado, animación de rúas, mostra de oficios vellos, artesáns, gastronomía e moito ambiente o 28 e 29 de marzo.


Programa

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tres Trebóns en Vigo
Os Tres Trebóns (o novo grupo liderado por Xurxo Souto) estará abrindo a Festa da Reconquista da Vila de Vigo este venres 27 de marzo ás 22:30 na histórica Ribeira do Berbés.

Un grupo feito para a festa, con temas propios e versións de míticas pezas galegas que farán bulir as pernas dos asistentes.

Estarán acompañados polos Homes sen medo como soporte de vento e agardemos que sexa unha grande festa na Ribeira.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Cantadeiras do Berbés despidense ao grande

Sábado 28 ás 20:30 ?Cantadeiras do Berbés e amigos? e ?Malvela? na Praza do Berbés

O prato forte da festa será con toda seguridade este concerto, pois se trata do concerto despedida do mítico grupo ?Cantadeiras do Berbés?, este emotivo concerto será unha homenaxe a estas mulleres que levan anos percorrendo os escenarios e mostrando ao público as cancións que durante séculos foron incorporandose ao cancioneiro popular mariñeiro, especialmente da zona de Vigo. Nesta despedida dos escearios estarán acompañadas por amigos e amigas que compartiron con elas todos estes anos, así como o grupo Malvela, outro grupo de mulleres que mantén a mesma tradición de recuperar as pezas tradicionais galegas de toda a vida. Sen dúbida un concerto que quedará para a historia.

E como mestre de cerimonias desta xornada tan especial estará Xurxo Souto
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque o domingo na Festa da Reconquista


Domingo 29 de marzo ás 22:30 na Praza do Berbés

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Ruada en Catoira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-03-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
O vindeiro 27 de Marzo contaremos coa banda de música Folk pioneira de esta modalidade musical nas Pontes. A banda xa fundada nos anos 90 presentaráse no Lar coas recentes incorporacions de xente nova con moita calidade.

www.nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-03-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
10ª Noite de Tasca en Ordes
A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes,organizan a 10ª edición das "NOITES DE TASCA".
O venres 27 a partir das 21:00 h. no bar O Rincón do Pincho en Ordes.


Contaremos ca presenza do veterán acordeonista o Sr.Manuel Pazos, mais coñecido como Pazos de Merexo, que segue en forma aos seus 82 anos. Será un pracer escoitalo e tocar con él. Despois, coma sempre, foliada ata a madrugada.

Un saúdo.
Manuel Viqueira Noya
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-03-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que abrangue máis de 10 anos.


PROGRAMACIÓN:

? VENRES 27 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional: Grupo de gaitas Airiños do Piñeiro, pandereteiras, etc.
Ás 12:00 da noite lectura do Conxuro e queimada.


? SÁBADO 28 DE MARZO

18:00. Charla - coloquio: ?Agricultura ecolóxica e desenvolvemento comunitario?
Ponentes: Agatha Broeskamp-Gundín (horticultora ecolóxica)
Mercedes Fernández Gestido (socióloga e experta en investigación social)

19:00. ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
Actuación do Grupo de gaitas D?arrente a Parede.

19:30. Obradoiro de Elaboración de cervexa biolóxica. Impartido por David Middleton.

20:00. Festival ?A PAN DE MILLO?Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
o Escola de baile do Grupo de Danzas Froles Mareliñas (Chapela)
o Escola de pandereteiras Cacharelas (Chapela)
o Grupo infantil Lembranzas da Ría (Aldán)


? DOMINGO 29 DE MARZO

XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 10:30. Roteiro de senderismo: "Medio natural: o patrimonio esquecido". Guiado polo grupo de anelamento Anduriña.
o 11:00. Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00. Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30. Lectura do pregón: Avelino Pousa Antelo (presidente da Asociación Castelao)
o 12:45. Actuación do gaiteiro XOSÉ MANUEL BUDIÑO
o 16:30. Contacontos para nenos: ?Contos nas orellas? de Beatriz Campos.
o 17:00. Charla - coloquio: "Biodiversidade e patrimonio alimentario". Ponentes:
? Josep Pamiés Breu (horticultor: herbas medicinais, stevia rebaudiana, etc., e defensor da biodiversidade)
? Charo Sánchez Parga (secretaría medioambiente, terra e montes ? SLG)
? Antonio García Allut (emprendedor social, membro da ?Arca del Gusto? de Slow Food ? España)
o 20:30  Actuación do grupo: Ruote.

www.meirocorvo.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Mamá Cabra dará un concerto no Val das Ellas (Caceres)
Este sábado 28, os sete músicos e músicas do grupo estarán, ás 17.00, no Auditorio Casa de Cultura do Concello de Eljas (Cáceres), na Estremadura galegofalante.

Paco Cerdeira, Carlos Callón e Pablo da Lama Hoxe estiveron no Club Internacional de Prensa, para presentaren o concerto, dous dos músicos de Mamá Cabra, Pablo da Lama e Paco Cerdeira, e o presidente da Fundación Via Galego, Carlos Callón, quen salientou a importancia de espallar este tipo de iniciativas fóra das nosas fronteiras, en comunidades onde falan galego. A boa experiencia de finais do 2007 en Lubián (Zamora) fixo que o concerto se repetise desta volta no Val das Ellas.

"O que preparamos son xogos para que os cativos aprendan cousas do seu entorno máis próximo en galego", explicou Pablo da Lama. Paco Cerdeira, pola súa banda, salientou a interactividade do espectáculo: "involucramos os nenos para que xoguen connosco, cun toque teatral. Gústanos pasalo ben cos rapaces". Segundo Callón, "quixemos achegar a posibilidade de xogo a través da música e das palabras a unha comunidade galegofalante". Salientou tamén a importancia de coñecermos en Galiza esta realidade "aínda non o bastante coñecida".

O principal problema que ten o galego nestas comarcas, así como noutras de Asturias e Castela León, "é a desprotección xurídica, o recoñecemento oficial". Explicaba que aínda no 2002, dous rapaces dun colexio de Lubián foran obrigados a copiar 100 veces "No volveré a hablar gallego en clase", e lembrou que é responsabilidade das propias autonomías ás que pertencen administrativamente estes concellos, do Estado e tamén da propia Xunta, seguindo o artigo 35 do Estatuto de Autonomía e o 21 da Lei 3/1983 do 15 de xuño de Normalización Lingüística, promover a lingua fóra das nosas fronteiras.

Pola súa banda, os músicos de Mamá Cabra advertiron de que a oferta cultural para nenos e nenas en galego é escasa: "cando nós empezamos, había un baleiro, e agora a situación non é moi diferente". Malia existir máis grupos de música e teatro que pensan no público infantil (citaron Berrobambán ou Migallas), "nótase a diferenza entre os rapaces de cidade e do rural. Mesmo os que falan galego habitualmente, en todos os ámbitos, cambian ao castelán cando chegan á escola".

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 27-03-2009 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos xira para presentar o seu novo disco 'Oito Destinos'
Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba.

Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

O noso último disco Oito Destinos xa está na rúa, podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses. Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.

www.myspace.com/guezos

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Música na Casa das Atochas (A Coruña)


www.aculturapreokupa.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Acción da Sala Nasa en Compostela

O venres sacámonos unha foto colectiva no obradoiro para responder aos que atacan á NASA, ves?

O Venres é o Día Mundial do Teatro. Ese día queremos saír á rúa para responder aos ataques que lanzaron contra a NASA durante estes últimos meses. Xa sabedes, os do PP dixeron que facemos apoloxía do terrorismo, que planificamos e executamos accións de violencia urbana, pediron que nos retiraran as axudas e mesmo pediron o peche da sala.

En realidade, isto é un ataque contra todo o que se move perto do teatro e a cultura galega e non só contra nós. Por iso nos gustaría que nos acompañases o venres 27 ás 18,30h. na Praza do Obradoiro nun acto en defensa da liberdade de expresión que consistirá en sacarnos un par de fotos todos xuntos.

O NOSO TITULAR SERÍA ESTE:

COMO RESPOSTA AOS ATAQUES SUFRIDOS NOS ÚLTIMOS MESES A SALA NASA CONVOCA UN ACTO RIDICULISTA EN DEFENSA DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN COINCIDINDO CO DIA MUNDIAL DO TEATRO O VENRES 27 DE MARZO ÁS 18,30H. NA PRAZA DO OBRADOIRO

O TITULAR DOS QUE NOS ATACAN SERÍA ESTE:
COMO UN ATAQUE AOS CIDADÁNS DE SANTIAGO, UNHA SALA QUE HOMENAXEA A TERRORISTAS CONVOCA AOS SIMPATIZANTES DO MOVIMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL A UN ACTO ILEGAL DE KALE BORROKA OINCIDINDO CO 8º ANIVERSARIO DA MATANZA DE NETANYA

CAL SERÍA O TEU?

Se o teu é máis parecido ao noso, e coñeces ou frecuentas as actividades da sala NASA, gustaríanos convidarte a que veñas sacarte dúas fotos con nós na Praza do Obradoiro o Venres 27 de Marzo ás 18,30h.

Porque ao mellor non sabes que durante os últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala.
Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA, contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores, senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, por extensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión.

Polo mantemento da biodiversidade cultural
Polo dereito a pensar distinto
Pola tolerancia
Pola liberdade de expresión


Axudanos a difundir a convocatoria. Vémonos no Obradoiro.

Un saúdo.

Xron/sala NASA


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira na final do concurso `Escenario Prau´

Déronse a coñecer os finalistas do Concurso cántabro ?Escenario Prau?, entre os cales se atopa o grupo Coanhadeira.

Máis de 20 grupos participantes e doce semifinalistas, o grupo ourensán conseguiu colarse entre os tres finalistas e optar ao primeiro premio, dotado con un contrato discográfico e 1500 euros. A final do mesmo realizarase durante o mes de maio.

Finalistas:
- Coanhadeira (Galiza)
- Toques do Caramulo (Portugal)
- La Conjura (Andalucía)


Máis info:
www.festivalesprau.org
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Tonhito de Poi e Rasa Loba en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Pintos
O intérprete e compositor vigués compaxina unha axitada axenda como músico en Berrogüetto e Lizgairo, e forma a profesionais da música tradicional na E-Trad

Cunha nai que cantaba ópera e zarzuela e un pai que tamén se adicaba á música e o baile tradicional como afeccionado, Anxo Pintos tiña moitas papeletas para que a música fóse introducindo na súa vida ata facerse con ela por completo, como tamén lles pasou aos seus irmáns, Silvia Superstar e Gael Pintos. Aos 8 anos empezou a recibir as súas primeiras clases. O órgano de dous pedais foi o seu primeiro instrumento e aos poucos foi engadindo artefactos sonoros á súa aprendizaxe ata converterse, na actualidade, nun home orquestra ao que poucos instrumentos se lle resisten. E non terminou de aprender. Curiosamente, el segue o proceso inverso ao da maioría dos mortais. A guitarra, que é o típico instrumento co que miles de nenos se inícian, é xustamente o que está agora aprendendo a tocar.

Ademais de compartir a música co público, o compoñente de Berrogüetto, formación que agora compaxina co trío Lizgairo xunto a Rodrigo Romaní e Xosé Liz, tamén comparte os seus saberes dedicándose á docencia na E-Trad.
A escola municipal escindida da de Artes e Oficios, aínda que se sitúa na mesma sede, é un centro independente que se especializou. Segundo explica, «a Concellería de Educación viu a oportunidade de potenciar e dar unha dimensión máis grande ao departamento de música tradicional e estamos moi agradecidos porque nos permitui facer un programa de estudos ambicioso. Agora na E-Trad non se aprende unicamente unha especialidade instrumental como a zanfoña ou a arpa, senón que ten toda unha serie de materias complementarias que permiten saír formado como un profesional dá música tradicional». A E-Trad, ademais, ofrece dous ciclos diferentes, un afeccionado, de dous anos, e o profesional, no que os alumnos saen preparados tamén como mestres.

Por deformación profesional, na súa casa acumula numerosos aparellos musicais. «Non son un coleccionista, o que pasa é que ao final acabas xuntándote cunha morea de rarezas, instrumentos, libros, métodos, partituras e moitos cedés que normalmente non se atopan nos andeis dá maior parte dás casas».

Pezas artesanais
Ademais dos seus violíns e saxos, Pintos sente especial querenza pola zanfoña. Ten dúas pezas artesanais, unha galega asinada polo vigués Xaime Rivas que coida desde 1991 e unha espectacular zanfoña de cor azul eléctrico de Carlos do Viso, pero a familia está a piques de crecer: «En menos dun mes terei outra que me está a construír o artesán de Marín, Xaime Rebollo. É un modelo ultrarreducido para poder levala comigo na cabina dos avións, que é algo que sempre me causa problemas», conta.

Segundo explica Pintos, as zanfoñas contemporáneas «teñen un son lixeiramente máis duro e agresivo que as galegas, pero permítenche tocar ao lado dunha gaita sen ter que amplificar o son».

Ademais de atesourar ás súas zanfoñas, o intérprete e compositor vigués almacena decenas de punteiros de gaita. «A maioría foron feitos polo artesán do Rosal, Alfonso Castro. Cando fai algún prototipo novo pásamo para probalo. É fundamental que haxa esa colaboración porque os construtores poden afinar o seu traballo». E xunto aos punteiros conviven frautas. Algunhas exóticas, como un duduk que lle comprou a Djivan Gasparian, o ilustre flautista armenio que puxo a súa música na banda sonora de Gladiator . «Cando viaxo sempre aproveito para mercar instrumentos, aínda que prefiro contactar con artesáns que mercar en tendas», asegura.

O camiño do folk
Pintos decantouse polos camiños do folk na adolescencia, cando descubriu o mundo que se lle abría no Obradoiro de Gaitas e Zanfoñas que dirixía Antón Corral na Escola de Artes e Oficios. Tiven moita sorte porque por alí pasaron moitos músicos e artesáns europeos e foinos permitindo a todos obter unha visión de conxunto do que tiñamos aquí e do que se estaba facendo fóra, e foi enormemente enriquecedor», asegura. Alí, Anxo Pintos coincidiu con Carlos Núñez. «Eu empecei con 14 anos e o con 11. Dalgún xeito fumos medrando xuntos», recorda. De feito, xuntos integraron en 1989 con Santiago Cribeiro e Pancho Álvarez o que foi o primeiro grupo de ambos, Matto Congro, unha banda que foi o cerne dunhas cantas frutíferas carreiras nun incipiente panorama folk en Galicia. «Fixemos non 91 un único disco, ao grande, en Dublín, non estudo onde gravaba U2, gastamos unha pasta que non tiñamos. Tivemos que pedir un crédito», rememora. A finais do 94 disolvéronse e pouco despois naceu Berrogüetto, na primavera do 95. «Empezamos con tanto furor que aos seis meses xa estabamos tocando un repertorio totalmente novo. Daquela empezamos Cribeiro, Isaac Palacín e máis eu», conta. O grupo leva catro discos editados e están a piques de publicar o quinto, que gravarán logo de presentalo en directo este verán.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con The Homens
Levan dende 2004 anegando as salas galegas dunha marea de electricidade e de raias brancas e negras. Ate o ano pasado eran tres, e ben chegaban para encher de son calquer pista de baile. Agora, coa chegada do novo teclista as posibilidades se multiplican á hora de compoñer e actuar en directo, polo que se pode dicir que se lles abre unha nova etapa.

Estes neses estarán inmersos nunha xira que os levara ate diversos recunchos de Galicia. Este sábado 21, están na Sala Babel de Lugo. Martín Wu, o cantante de 'The Homens', fainos coñecer algunhas historias sobre o grupo.


Pregunta: Define a 'The Homens' nunha frase.

Respuesta: Somos un grupo que tentamos facer cancións con melodía e con enerxía.

P: Dise que o voso estilo é o power pop, concordades con esta etiqueta?

R: Power pop é unha etiqueta moi elástica. Pode definir cousas moi distintas. Nós sinxelamente queremos facer cancións con enerxía e conseguir directos divertidos e furiosos.

P: Sodes un grupo de directo?

R: Cada cousa ten o seu punto. O directo é gratificante, é onde lle ensinas á xente o que sabes facer. E é moi divertido estar aí no escenario e suar e acabar polo chan... O directo ten todas estas cousas, pero grabar tamén está moi ben, ves como medra unha canción. Cada cousa ten o seu punto.

P: Canto tempo levades tocando?

R: Levamos tocando xuntos dende finais do ano 2004, en formato de trío ate setembro do ano pasado que se incorporou Cristovo que é teclista, un mpouco para gañas en gama melódica. Dende 2004 editamos dous EP's e un álbum, que o sacamos en 2007. Agora estamos a facer cancións para unm novo disco longo. Este veran grabaremos.

P: Que hai que ter para ser un 'homem'?

R: Pois supoño que 'jeta' (risas). Unha cousa que valoramos moito é que nos levamos moi ben e o pasamos moi ben. E son xa cinco anos medrando como grupo xuntos e agora coa elección de Cristovo, pois vamos un pouco máis aló, sona todo un pouco máis cheo, hai máis posibilidades. Tamén temos que variar un pouco, senon quedamos aburridos.

O galego, ''o noso idioma''
P: De onde sacastes o nome de 'The Homens'?


R: Pois porque sona ben. Gústanos a musica británica e por outra parte cantamos en galego, podería vir de aí o título, pero a única razón é que sona simpático.

P: Por que cantades en galego?

R: Saenos así. É o idioma no que falamos, no que nos relacionamos e no que facemos cancións. É o noso idioma. Saeu así porque é o natural.

P: Existe a opinión de que facer música en galego pode pechar portas, que pensas?

R: Se eu que son o cantante fose guapo e saise en Operación Triunfo e levasemos bailarinas e fixesemos cancións desas que 'noche' rima con 'coche' pois sería muito máis fácil saír afora. Esa á a clave.

P: Cales son os vosos referentes musicais?

R: Cada un é do seu pai e da súa nai. Isaac e mais eu vimos do mundo do punk e do hardcore, queo que tocabamos con outros grupos antes. A Roi sempre lle gustou máis o 'garage' e a Cristovo o rock and roll. A todos nos gusta o pop británico de determinadas épocas, a 'new age' dos 80. Gústannos un montón de cousas e ao final todo se decanta e sae o que podemos facer.

Un bo momento na música galega
P: Como ves o panorama actual da música galega?


R: Momento bastante bo no creativo, hai grupos de moitos estilos, o público pode escoller. Pero o que nos falta é saír afora. Hai moitos grupos bos, pero son de consumo interno.

P: Por que non dá ese salto a música galega?


R: Pois supoño que se tratará por unha cuesión de estar cerca ou non dos sitios nos que se manexan todos estes asuntos. A pesares da existencia de Internet, que para nós é unha ferramenta fundamental, ao final todo depende deses sitios. Por exemplo, na lista de Rockdeluxe do mellor do ano pasado hai grupos que cantan en catalán, outros en éuscaro e nós... nada.

Saídas puntuais aínda se teñen. Nós vamos moito a Portugal, que é onde temos xente de man que teñen unha asociación que se chama Audiência Zero que se dedica a fometar o intercambio de grupos portugueses e galegos.

P: Hai boa relación entre os grupos galegos?

R: Por suposto. Por exemplo, para nós os Samesugas son irmáns nosos porque ensaian no local do lado, Royalties ensaian no noso local e os Lorchas, que tocan ao final do corredor. Pois con esta xente, sempre acabas montando historias, facemos un festival aquí en Santiago. E co resto dos grupos tamén temos relación, por exemplo con Mourente, Fanny+Alexander, GalegoZ.

P: Como é o voso local de ensaio?

R: Ben, Nós tíñamos un local no Castiñeiriño en Santiago dende comezos dos 90, que se chamaba a Casa Xurásica. Había unha asociación, facíamos un festival e eramos xente que levabamos mogollón de tempo ensaiando e facendo historias aí. O ano pasado tivemos que cambiarnos que o edificio estaba en ruína, pero nos mudamos a 200 metros.

Catalunya
P: Estivestes hai pouco en Catalunya, que vos levou cara a alá?


R: Nos estabamos presentando un single que sacamos compartido con Samesugas. Temos nel unha canción inédita e unha versión cada grupo do outro. Entón, na edición do traballo colaboraron Lixo Urbano, que é xente de Compostela, e Crack!, uns rapaces galegos que están en Barcelona. Organizáronnos a viaxe a Barcelona o día antes de toca elí en Sant Feliú de Guixols, na Costa Brava, que foi onde grabamos o noso disco 'Tres'. Foi un fin de semana tremendo.

P: E recibiuvos ben o público catalán?

R: Pois moi ben. En Sant Feliú había moita xente e en Barcelona La [2] estaba chea.

Raias brancas e negras
P:O voso uniforme son as camisolas de raias brancas e negras. Cantas podedes ter en total nos vosos armarios?


R: Non te creas que son moitos. Se temos 3 ou 4 concertos seguidos é mellor non achegarse muito a nós. Teremos uns 18. A historia é que nós os mercabamos de tres en tres, mas agora con Cristovo teremos que mercalos de catro en catro. (Risas)

P: Por qué esa estética?

R: Pois a nós gústanos coidar o visual. Pois bem, os dous primeiros concertos non os dimos con camisola de raias. A partir do terceiro descubrimos que Roi e eu tiñamos dúas camisolas de raias iguais na casa, de Zara. Entón Roi mercou unha terceira e hala!, para o uniforme.

P: Cal cres que foi o voso mellor concerto?

R: Buf, pois é difícil. Hai un sitio en Ourense, na Peroxa, que é moi especial. Chámase 'A Molinera' e alí collen unhas 30 persoas apretadas. Nós procuramos ir unha vez cada ano. Practicamente, o sitio é un muíño eléctrico vello restaurado polo dono e nós facemos alí unhas festas brutales.

P: E o peor?

R: Non tivemos ningún desastroso. Todo depende de como vai o tema, do canso que esteas... pero cando nos vilos arriba non hai problema técnico que nos fastidie. Pero, iso, non recordo ningún que dixéramos, buf, mellor tería sido quedar na casa.

P: Como vos gusta rematar un concerto?

R: Pois tirados polo chan , evidentemente. E facéndolle a do látigo á guitarra.

Futuro disco
P: En que proxectos andades embarcados neste momento?


R: Estamos facendo cancións para o novo disco, que comezaremos a grabar no mes de agosto en Sant Feliú. Contra finais de ano supoño que xa estará.

P: E é posible que o novo disco se chame 'Catro'?

R: (Risas) Non o sei. Ao mellor... Depende do cansos que quedemos e como nos discurra a cabeza. Non o sei, polo de agora non ten título.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
O gaiteiro dos Queixas
Falamos con Manuel Xende, gaiteiro de Queixas (Cerceda). Forma parte do cuarteto que leva o mesmo nome que a parroquia, e lembra como se ía de 'tascas', como botaban unha semana actuando por fóra, e como a xente dicía que eran os que mellor tocaban.

Cóntanos como na súa casa sempre estivo moi presente a gaita. No rural galego dos 50 a aparición da radio e a incorporación, ás formacións tradicionais, de novos insturmentos (saxos, clarinetes ou requintos) levaron a unha nova interpretación da tradición. Grazas a Manuel Xende mantéñense pezas coma a "Muiñeira de Solán", que el aprendeu de cativo mirando os vellos gaiteiros de Solán. Na formación actual, os Queixas son gaita, clarinete, bombo e tambor, e intégranao propio Manuel Xende, Xosé Villaverde Liñares, Antonio Gómez Bouzas, e Ricardo Muíño Xestal.

Cóntanos como se tocaba antes nas festas, canto sacaban (chegaban mesmo a vinte pesos cada músico), e ensinounos o seu método para programar o repertorio: ten unha caixiña con máis de 140 pezas, cos títulos anotados en papeliños, que vai escollendo e pasando dun peto para outro segundo vai tocando."Non hai unha destas que non saiba de memoria", di.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o concerto de Fernández e Quintá en Arteria Noroeste
Última hora: posposto o concerto de Fernández e Quintá en Arteria Noroeste

Por lesión dun dos músicos vaise pospoñer o concerto que ía celebrarse hoxe mércores 25 de marzo en Arteria Noroeste para o martes 26 de maio á mesma hora.


Éche o que hai.

Aquelas persoas que mercaran o seu billete para asistir ao concerto de Fernández & Quintá, organizado por ARTeria Noroeste coa colaboración de aCentral Folque, poden devolvelo ou ben canxealo por outro para a nova data.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-03-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0