Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Ofensiva dos Seráns
A recuperación dos seráns mobiliza milleiros de persoas no país

Tradicionalmente, os seráns eran xuntanzas festeiras que se facían ao final do día nas nosas aldeas. Música e baile improvisados e algo de beber compuñan unha festa aberta á participación de todos. Malia á fin desta sociedade, os seráns están a vivir no últimos anos un proceso de recuperación que mesmo está a conseguir meter estas festas nas cidades.

Na zona interior de Pontevedra, coñecíanse coma seráns uns encontros festivos que se celebraran durante os meses de inverno, cando non había verbenas, e que comezaban, como o seu propio nome indica, cara ao final do día. Este encontros, centrados na música e no baile (ata o punto que mesmo había unha orde estipulada para os distintos pasos), mantivéronse vivos ata non hai moitos anos na nosa cultura. Ante o seu esmorecemento, diferentes persoas e grupos de afeccionados á nosa música tradicional apostaron por recuperar esta modalidade de festa, acadando un certo éxito.

A volta do serán
?A recuperación dos seráns ven por grupos e persoas que andaban a facer recolleitas de música tradicional, en colaboración coas persoas que aínda lembraban estas festas e que se animaron a participar?, explica Henrique Macías, responsable da publicación dixital ?Malmequer?. Neste web unha completa axenda recolle as citas deste tipo que se desenvolven na nosa xeografía, uns encontros que cada vez chegan a máis lugares. ?Desde hai quince ou vinte anos levan recuperándose, e semella que aos poucos vanse expandindo a partir da zona onde máis se lembraban, que era o contorno de Mondariz e Pazos de Borbén?. Así, áreas coma Gondomar, entre outras, sumáronse a festa, ?hai coma un circuíto que se está a ampliar, ás veces cos nomes coma Ruadas ou Fiadeiros?. A expansión deste fenómeno non é allea á influencia de Internet. ?Antes pouca xente sabía que se estaba a recuperar isto, con Internet si que se está a dar a imaxe dalgo que está vivo e que se pode facer en calquera sitio?, completa Macías. Canda á expansión xeográfica, os seráns van tamén incrementando a súa presenza no calendario. ?Os orixinais eran da na época do inverno, pero pouco a pouco vaise ampliando o período, e comeza a habelos mesmo no verán. Isto débese en boa medida a intentar que non coincidan moitos, e entón vaise expandindo o calendario?.

A presenza dos maiores
Os seráns desta nova xeira comparten un bo feixe de protagonistas cos últimos que se celebraban en moitas aldeas. ?Nas zonas onde estaba máis vivo é a mesma xente maior a que organiza estas festas, participan e móvense dunha festa a outra, moitos aínda se animan a bailar?, explica Macías. ?A xente da zona ve isto como algo propio, e nalgúns sitios mesmo está a ter máis éxito o serán do que a festa do patrón da parroquia?, lembra. Lugares coma Toutón contan con máis de dúas mil persoas que participan nestes eventos, o que nos pode dar unha idea do seu éxito. Precisamente a presenza de persoas de diferentes xeracións e a organización ao xeito tradicional, a cargo dos anfitrións locais, son sinais que para Macías caracterizan esta festa, ?é agradable ver a xente da zona como nos días anteriores se move para preparalo todo?, completa.

A invasión das cidades
Dentro dese proceso de expansión, os seráns conseguiron entrar mesmo en áreas urbanas das que non eran propios. ?Hai determinada xente que demanda este tipo de festas, aínda que se lles pode chamar xenuinamente Foliadas?, explica Macías, ?xa que non se dá ese elemento interxeracional propio destes encontros. Aquí atópase xente nova ás que lles gusta a música tradicional e queren facer festa tamén deste xeito ao tempo que reivindican a nosa cultura?.

Salas de concertos e pubs constituíronse nos lugares idóneos para este tipo de encontros, que nalgúns casos, coma os que se celebran na Sala Nasa ou na Casa das Crechas de Compostela, contan xa cunha ampla tradición. Canda a estes, locais coma Salasón, en Cangas ou a Star, en Carral, contan con festas deste tipo na súa programación habitual.

O serán na hostelaría
Unha das últimas en se incorporar a esta tendencia foi a Fábrica de Chocolate, en Vigo. Segundo nos explica desde este local Jorge López, responsable de comunicación, ?No noso caso a idea naceu porque viamos un espazo que non estaba cuberto na cidade, e como estamos abertos a todo tipo de proposta cultural que poidamos acoller, decidimos dedicar o primeiro e o terceiro mércores de cada mes a un serán, e tivo boa acollida e vimos que podía funcionar?. Coma noutros casos, a entrada a estes eventos é libre e gratuíta, todos poden achegar á música o seu grao de area, e o local tira o rendemento económico da venda de bebidas en xornadas nas que ao mellor era difícil rendibilizar outro tipo de programacións. Desde a Fábrica, desde logo, animan aos locais a apostar por este tipo de eventos. ?Penso que está pouco explotado. É algo sinxelo de organizar, case se fai só e só compre difundir un pouco a cita. Posiblemente puidese funcionar en cidades máis pequenas?, completa.

A apañar os instrumentos
Polo momento, semella que os serán continúan coa súa fase de expansión, recuperando un xeito de xolda vencellado á nosa cultura tradicional. ?Nas cidades o seu éxito dependerá moito da xente dos grupos tradicionais. Se ven a música coma un xeito de se divertir, e non só como algo para actuar, os seráns poden influír moito na forza que a música tradicional consiga no ambiente urbano?, conclúe Macías. O calendario está aberto, é cousa de buscar a gaita ou as castañolas, segundo se saiba, e se sumar á festa.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-03-2008 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Clase Obreira Galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Lamatumbá
0
...e partiu!

Bo día a todos. Logo da espera e a paciencia, xa é oficial: o material noso todo xa por fin partíu rumbo aos países eses sempre tan lonxanos de onde é que a cigoña volta polas nubes cos discos recén paridiños no peteiro. Nós xa fixemos o noso encargo, e, se todo vai ben, e o pajarraco en cuesstión non se nos despista polo camiño cunha folga de controladores, unha gripe aviar ou algo polo estilo, o novo disco de Lamatumbá, titulado ?Paraugas Universal? (PAI Música, 2008), verá as luces do mundo todo o vindeiro venres 18 de abril.

Disque o que espera desespera? ¡e nós xa non podïamos máisssgrflmhrsxxñriau! Agora xa só falta que vós o disfrutedes tanto coma nós o fixemos paríndoo. Desexamos de todo corazón que sexa do voso gusto. Entre tanto, nós quedamos por aquí, agardando coma quinceañeiros nerviosos pola moza que está ao chegar?

¡Bicos e apertas para todos!
Lamatumbá
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 10-03-2008 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk Cancioneiros
A Fundación Pedro Barrié da Maza, con obxecto de potenciar e fomentar entre os grupos folc afeccionados o interese polo repertorio do Cancionero galego, de Torner e Bal y Gay, e do Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro e Folgar, cuxas reedicións críticas preparou con motivo do seu 40º aniversario, convoca o concurso Festival Folk Cancioneiros.

O intérprete ou grupo máis destacado será premiado con 6.011 euros, a gravación dun disco editado pola Fundación e a participación nun concerto compartindo escenario coa consagrada formación de folk galega, Milladoiro, no día das letras galegas.

A Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrecerá en marzo, nas súas sedes de A Coruña e Vigo, os recitais dos dez grupos preseleccionados no Concurso Festival Folk Cancioneiros, convocado co fin de divulgar o patrimonio da música popular galega e de fomentar entre os grupos folk aficionados o interese polo repertorio de cancioneiros como o Cancionero galego, de Torner e Bal y Gay, e o Cancioneiro musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar, recentemente reeditados pola Fundación. Os participantes deberán presentar, ao menos un 25% do seu repertorio, temas recollidos nestes dous cancioneiros.

Entre a vintena de formacións que se presentaron ao concurso, o xurado seleccionou 10 grupos, seis do sur de Galiza, e catro do norte. Os recitais, que serán de entrada libre e comezarán ás 20.30 horas, terán lugar na sede de Vigo os días 4 e 5 de marzo, e na sede da Coruña os días 11 e 12 de marzo.

O 4 de marzo, en Vigo:

- Lulavai, de Vigo;
- 3 Estralos, de Arcade;
- Ártabra, de Moaña.

O 5 de marzo, en Vigo:

- Caramuxo, de Salvaterra de Miño;
- Na Virada, de Cangas do Morrazo;
- Covalblú, de Sanxenxo.

Od días 11 e 12 de marzo celebraránse os recitais na sede da Fundación na Coruña.

11 de marzo na Coruña:
- Ludus Tonalis, de A Coruña,
- Ghaita de Pedra de Lugo;

12 de marzo na Coruña:
- Jacobo de Miguel & Pedro Lamas, de Cecebre (A Coruña)
- Quenda Folk, de Sada (A Coruña).
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-03-2008 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Un cuarteto de gaitas superior
O cuarteto de gaitas Os Chupacabras.

David Bellas, Rafael Crespo, Cristian Silva e Xesús Riveira, catro dos doce alumnos de grao superior de Instrumentos dá Música Tradicional -que engloba a gaita- do Conservatorio Superior de Música de Vigo, retomaron hai aproximadamente dous anos o proxecto iniciado por Bellas e Riveira en 2003 en Viveiro (Lugo), Os Chupacabras, un cuarteto que pretende dignificar a gaita, aínda considerado un instrumento "menor" a pesar de que xa conta cunha titulación superior.

"O grupo naceu coa idea de facer unha música tradicional de gaita diferente, cun toque moderno, aínda que sen esquecer a súa esencia", explica Bellas. Neste sentido, o seu compañeiro de formación Rafael Crespo engade que este "toque de modernidade" non pretende ser rupturista. "Non pretendemos saírnos do que é a música tradicional para gaita", sinala.
Logo de participar en distintos concursos de folk e traerse a Vigo varios galardóns, Os Chupacabras preparan a súa primeira actuación na cidade, que se celebrará previsiblemente este mesmo mes na Fábrica de Chocolate, aínda que a data está aínda por pechar.

"Todos estudamos e damos clase, e temos que atopar unha data que nos veña ben a todos", puntualiza Bellas.

Nesta actuación, a primeira que ofrecerán nun local, o cuarteto -formado por dúas gaitas, tambor e bombo- interpretará pezas tradicionais versionadas e orixinais, e tamén incluirá algún tema acompañado por un saxofón, xa que o grupo traballa nestes momentos en versións con outros instrumentos.

Con esta actuación, o cuarteto quere dar a coñecer o seu traballo ao público que habitualmente non asiste aos concursos de música folk, unha difusión que non é, na súa opinión, fácil.

"Todos traballamos na docencia porque é difícil vivir da música. Botamos de menos un circuíto para este tipo de música. A gaita segue sendo un instrumento de acompañamento en pasarrúas e para festivais, pero non está en salas de concertos, exceptuando casos contados", comenta Bellas.

Cambiar esta imaxe da gaita é unha das pretensións desta formación, segundo Crespo, que afirma que, a pesar de que a súa inclusión nos estudos superiores de música equiparouna ao resto de instrumentos, quen escollen esta especialidade son considerados aínda "os rariños" do conservatorio.



Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2008 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Eleccións Xerais 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-03-2008 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
? Ven Respirar no Efémera de Ourense
? Som do Galpom na Sala Stereo (Laracha)
? Tonhito de Poi e Guezos no Auriense (Ourense)
? Brigada Bravo&Díaz na Sala Nasa (Compostela)
? Tanto Nos Ten (TNT) na Casa do Coto (Tomeza-Pontevedra)
? Loretta Martin no pub Gatos de Melide
? XX Aniversario de Radio Piratona con Tiro Na Testa, La vagabanda e Nenos da Revolta na Fábrica de Chocolate de Vigo
? Quico Cadaval no Salasón de Cangas
? Kiosko das Almas Perdidas no Centro Cultural Caixanova de Vigo ás 20:30
? Charanga Os Arrebenta-peitos do Freixo no Furancho Malherba de Matamá (Vigo) ás 23:00
? Serán na Hermida (Pazos de Borbén)
? Peche de campaña do BNG no Pavillón dos deportes das Travesas (Vigo) ás 20:15

Sábado 8
? Ataque Escampe na sala Leblon (Pontecaldelas)
? Som do Galpom na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Nao no FNAC da Coruña ás 19:30h
? O Sonoro Maxín e Ergom no Auriense (Ourense)
? Leilía no Auditorio Municipal de Ribadeo (Lugo)
? Musical Gallaecia no Auditorio de Galicia (Compostela)
? Pepa e Davide na Sala Run Rum (Ferrol)
? Canto da Terra (Portugal) no Liceum (O Porriño)
? Coanhadeira na Fragua (Redondela)
? Kiosko das Almas Perdidas no Centro Cultural Caixanova de Vigo ás 20:30

Domingo 9
? Os Trazantes de Tenorio e Os Alegres na festa do caldo de Mourente, a partir das 13:20 horas.
? Musical Gallaecia no Teatro Jofre de Ferrol


Axenda completa

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Venres 7 marzo:
-Serán na Hermida (Pazos de Borbén)

Sábado 15 marzo:
-Serán en Borreiros (Gondomar)
-Serán en San Vicente de Oitavén (Fornalos de Montes)
-Serán na Casa da Cultura do Grove

Sábado 22 marzo:
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 29 marzo:
-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en San Pedro (Nigrán)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello? en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
Serán no Porriño (Praza de S.Benito)

Sábado 17 de maio
Serán en Romaríz (Soutomaior)

Sábado 28 de xuño
Serán do Fiadeiro (Vigo))
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (29/02/08)
Vai de baile do 29 de febreiro

Bailadores da Telleira Vs Os Chapeludos

Concurso




Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 07-03-2008 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos subidas
Seguimos a actualizar as nosas festiñas:

Fotos do San Brais 2008b>

Fotos do
Serán dos namorados de Toutón
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexionar, decidir, votar
Se es crítico non quedes na casa e exerce o teu dereito. Ti podes decidir

Nestas eleccións elixiránse na Galiza 23 deputados ao Congreso, un menos na Coruña polo descenso poboacional.

Nas anteriores eleccións xerais 2004 os resultados foron os seguintes:

PP: 12 deputados
PSOE: 10 deputados
BNG: 2 deputados


Na Coruña coa perda dun deputado estará mais xusta a loita polo escaño do BNG.

En Pontevedra nas anteriores eleccións xerais o escaño do BNG obtivose cunha pequena marxe de 900 votos polo que neste ano o voto emigrante pode ser tamén decisorio... co que iso conleva.

Calquera dos deputados do BNG traballaron, presionaron, interpelaron e negociaron máis que o resto de deputados do PP e PSOE xuntos. O bipartidismo é a quimera que todo atrae.

O que significa a defensa dun País, a cultura, a lingua, o medio ambiente, as infraestructuras, o benestar social, eses son os valores polo que loitamos na nosa Terra, sendo incluso os militantes do BNG os máis críticos coas propias decisións e políticas.

VOTAR UTIL E PROGRESITA É VOTAR BNG


O VOTO EMIGRANTE E DOS MARIÑEIROS

Cheques da Deputación de Pontevedra entregados polo sr. Núñez Feijoo, viaxes pagados con diñeiro público de axentes electorais do PSOE, 10.000 mariñeiros que non poden votar por se atoparen faenando en alta mar, os emigrantes que non votan en urna coas mesmas garantías que o resto de cidadáns, familiares de terceira xeración que non estiveron nunca aquí e deciden o noso futuro, mozos emigrantes galegos no resto do estado que non poden exercer no seu concello o seu dereito ao voto en canto netos de galegos na Arxentina votan alí e aquí, mortos que reviven para cada elección...

Como dicía o debuxo de Castelao: Cando rematará esta vergoña?

Din os rumorosos que só unha forza do País como o BNG pode mudar esta situación. Así sexa!

Henrique

SAUDE, TERRA E...SORTE
Comentarios (0) - Categoría: Resacosix - Publicado o 07-03-2008 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo para o Xantar Gaiteiro
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidar a tódolo/as seus socio/as ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro domingo 30 de Marzo, ás 14:00 horas, no hotel Jorge I, (carretera de Oviedo, nº 89) , en Lugo.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados despois do xantar.

O menú consistirá no seguinte:
Cocido: Lacón, cacheira, soá, rabo, carne fresca, chourizo, butelo,
garbanzos, grelos, patacas.
Postre: Filloas con nata e mel, queixo con marmelo.
Auga, Viño da Ribeira Sacra, refrescos, café e chupitos.

Poñerase un servicio de autocar, cun custe de 5 ?, dende as principais cidades galegas, a disposición de tódolo/as socio/as que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todo/as os interesado/as deberán indicar no momento de realizar a inscrición se desexan utilizar este servicio.

Para asistir ao XIII Xantar Gaiteiro, debedes facer a reserva antes do día 24 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó teléfono: 986 847 074

Localización

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de BD banda

2º Número da revista de Banda Desenhada BD Banda

As revistas están xa en distribución en dúas edicións (galego ou castelán) e xa deben estar dispoñibles en todas as librarías especializadas (e algunhas xeralistas) de todo o Estado!

Rápido que se esgotan!!



www.bdbanda.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-03-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
XX Aniversario de Radio Piratona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
8 de marzo: Día da muller traballadora
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2008 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Venrespirar en Ourense
Comezan de novo, os Venrespirar en Ourense!!!

Festas itinerantes de música e baile, organizados por "Algaravía" e "aoft Gomes Mouro".
Realízanse en diferentes locales da cidade de ourense, (en horario de 22:00 a 1:30) e coinciden o primeiro venres de cada mes, salvo en maio, que será o segundo.

Aquí tedes as datas e lugares:

1 de febreiro......Liceo
7 de marzo........Efémera
4 de abril...........Foula
9 de maio..........Don Gaetano
6 de xuño..........Ollo Ledo

Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente, tomándolle algo e disfrutando do ambiente.

Quedades todos convidados a vir e participar!!!

Toda a información no espacio da aoft:

http://aoftou.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de campaña en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
A Patente do Conservatorio Folk de Lalín
O Concello de Lalín decide patentar o Conservatorio Folk

O Concello decidiu promover a inscrición das márcas Conservatorio Folk de Lalín e Lalín Pork Art. Unha medida para evitar que poidan ser utilizados por outros colectivos ou entidades, en especial a primeira denominación tras concluír o acordo mantido co anterior equipo directivo e docente que impartía as clases de música folk. Un programa formativo que segue sen porse en marcha neste curso.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ataque Escampe
ATAQUE ESCAMPE - GALICIA ES UNA MIERDA (2008)

Ataque Escampe pretende acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos. A resolución, no mellor dos casos, estará nas orellas d@s que escoiten.

Ou non estará?ou será Spam.

SPAM
En Siberia estamos moitos xa por sempre derrotados. Só podemos cantar o branco desta hora, porque ao final de nada serven quilómetros e alcoholímetros, os segundos e os metrónomos, tantos decibelios como pouca a xente, toda esa caterva de desastres técnicos (táboa tras táboa, micro tras micro, resaca tras resaca), e só podemos cantar o branco desta hora na que semella que xa non estrelampará nunca. Porque seguimos no mesmo porto do que partimos, na liña de saída que algún día soñamos que nos había levar ao Tourmalet ou a calquera outro Medulio, mais que cedo descubriremos como o peor dos espellismos, de haberen espellismos nesta salvaxe tundra do cotiá.

Hoxe só nos queda Vista Alegre, onde nace e morre toda Compostela. Hoxe só nos queda a seguridade de descoñecer se é ou non a Ruta 66 o mellor camiño para chegar ao Conxo das nosas traxedias sinfónicas. Hoxe só nos fica a cita literaria como un exercicio de decadentismo pretendidamente posmoderno, mentres un aquel de folerpas afganas insisten en nós aseverar que xa non, que desistamos, que non escampará; non mentres as cordas rotas continúen a se mofar da dor que nos provoca a insuficiencia do real, o metal das compañeiras, un dragón asiático, os cubiños de xeo, transparentes coma bumeráns.

Hoxe, como entón, só as pendentes dos pentagramas que non sabemos escribir. A rabia dos concertos nos que non fomos capaces. Os versos que non encabalgamos. Os grafitis que non soubemos ilegalizar: Galicia is diferent. Galicia Calidade. Galiza GAL & CÍA. Galicia is a shit. E, claro, como non podía ser doutro xeito, quédanos tamén (algo é algo) este odioso sentido do humor no que nos refuxiamos da sarabia, e que nos fai dicir, con prosodia de himno e un ridículo sorriso entre os audífonos: Galicia is a shit, but Galicia is not spam.



Podes descargar gratuitamente o CD en aregueifa.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-03-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Ataque Escampe
ATAQUE ESCAMPE, ROCK ACÚSTICO

"Se dixésemos 'España es una mierda', se cadra estabamos detidos..."

A banda, xurdida no barrio compostelán de Vista Alegre, na Facultade de Filoloxía, publica o seu primeiro álbum, 'Galicia es una mierda'.


Coñecéronse en 2001 na Facultade de Filoloxía, e alí compuxeron as súas primeiras cancións e comenzaron a ofrecer os seus primeiros concertos. Despois de varias altas e baixas, e de paróns na actividade do grupo, a banda retoma a súa actividade en 2006, con catro integrantes: Samuel Solleiro, Álex Charlón, Miguel Mosquera e Roi Vidal. Comezan a chegar os éxitos: Ataque Escampe gañou co tema Afganistán Canto o I Premio de canción de autor Utopía Son, celebrado no Café Uf de Vigo. A seguir publicou o seu ep Ed Wood e a Invasión dos Paraugas Asasinos (cuarto mellor disco do ano para os lectores de Sono-Tone), e completaron o 2007 gañando o concurso GZ Crea.

Con Samuel Solleiro nas Antillas, Ataque Escampe deu entrada a dous novos integrantes: Marco Gelpi e Francesc Esteve, para reforzar o son do grupo. As trece cancións de Galicia es una mierda, publicado este 27 de febreiro, pódense descargar de balde na Regueifa, e a súa edición física estará nas tendas a mediados de marzo, incluíndo un bonus track. Entre os proxectos de futuro, o grupo baralla unha xira polos centros sociais de Galiza xunto a Leo i Arremecaghoná, así como a edición dun ep conxunto co cantantor de Matamá e os Novidades Carminha.

Galicia é unha merda? A que o título do disco?
É un título contraditorio porque nós cantamos todo en galego, e ademais imos tocar a sitios nos que seguramente non comparten esa afirmación, pero que o digamos nós non significa que sexa certo... Por iso hai unha compoñente irónica no título, e unha compoñente real, tamén, de que Galiza non é nada, e Galiza será o que a xente con conciencia de construción nacional queira. O título remite primeiro ao tema do autoodio, que aínda segue vixente, e por iso está en español. O autoodio asóciase coa vergonza de falar galego, e está relacionado tamén cun complexo de inferioridade.

No título reflítese tamén unha insatisfacción política?
Si, claro, o título pódese entender tamén pola insatisfacción xerada nestes dous anos de goberno, pola idea de que a Galiza aínda lle queda moito por facer, por cambiar, e que pode chegar a ser unha cousa moito máis aberta ao mundo, máis solidaria, máis resistente ao sistema, e que se cadra a xente, o cidadán con conciencia galega, está moi por diante do que son os grupos políticos que o representan. Iso ten a parte positiva de que se pode crear unha base social ampla, cos centros sociais, con concertos, con grupos e con artistas en xeral, que vaia por diante dos seus representantes políticos, que non acaban de cumprir esa esperanza que moita xente tiña depositada neles. Os que a depositaron, claro.

Credes que na música galega falta provocación, vontade de romper regras?
Eu non digo que toda a arte teña que ser provocación, pero si. É curioso, porque a actitude punkie chegou en Galiza antes á poesía que á música, quitando algunhas excepcións, como os Resentidos, que fixeron o Galicia Canibal, que é un pouco como Galicia es una mierda. A nosa é como o paso seguinte. É que ao primeiro non provocabamos nada, mesmo unha vez que fomos tocar á TVG, polo de Andrés Dobarro, dixemos: 'hoxe imos provocar'. E por iso fomos con pantalóns de obreiro, e berramos no medio da canción 'cos compañeiros do metal', porque estaban en folga en Vigo. E ninguén nos dixo nada, ninguén dos que estaba alí, todos pasaron. Dixemos: 'pois haberá que titulalo Galicia es una mierda, para escandalizar a alguén'. Se dixésemos España es una mierda, se cadra estabamos detidos...

Concordades coas críticas realizadas por algúns grupos contra a falta de compromiso político da nova onda de grupos galegos?
O que pasa é que antes o compromiso político estaba moi encasillado con certos estilos en concreto. Por exemplo no pop os temas eran máis cara a dentro, máis privados, máis intimistas, sobre cousas que lles pasaban aos membros do grupo. Pero nós viamos necesario que ao tempo que falas de ti tamén fales do teu contexto, de Galiza, e do mundo. No disco todas as cancións teñen ese dobre significado: individual e colectivo. Logo tamén había e segue habendo certos estilos cun discurso máis compracente, coma o folc.

Valorades como positivo o actual momento da música galega?
Si, claro. Están saíndo moitos grupos, de moitos estilos distintos e cantando en galego en moitísimos casos. Non deixa de resultar curioso que este espertar da música galega e en galego coincida precisamente co momento en que afunde a industria musical. Agora, sen esa intermediación, hai moitas máis posibilidades para os grupos que queren gravar e tocar.

Sodes un grupo punk? Porque a actitude, e o título dos disco si que o son
O título do disco é punk total, e a actitude é tamén punk. O que pasa é que é un punk non entendido como hoxendía se entende, como xénero de guitarras eléctricas, batería, así monolíticos, senón como un punk dos Stooges, e da Velvet Underground e de Frank Zappa, que combinaban a actitude punk cunha sonoridade que se podía acercar máis ao pop ou ao rock. Por iso musicalmente somos máis rock ou pop, pero a actitude si que é punk. O punk ten gañado hoxe o significado de algo que sobrepasa o mundo da música.

Sodes un grupo de rock que toca se baixo nin batería. Ese é un dos vosos sinais de identidade. Iso vai cambiar?

Si, dá personalidade, pero o que pasa é que non compensa o que dá co que quita. De todos os xeitos o baixo ocupa moitísimo no coche, e esa é a verdadeira razón técnica pola que non o usamos (risas). Se cando montamos o grupo coñecéramos a alguén que tocase o baixo, pois teriamos baixo. E se coñecéramos a alguén que tocase a batería, teriamos batería, pero como non coñeciamos, tivemos que apandar co que había. E agora para non botar á xente, temos que seguir (risas).

Que diferenzas hai entre o ep e o disco: a nivel musical, das letras, de concepto, dos obxectivos do grupo...?
O disco é moitísimo máis ambicioso, primeiro porque tardamos moitísimo máis tempo en gravalo; a maqueta gravámola en dous días, e o disco foi un proceso máis difícil e coidado. Tiñamos máis intención e máis ilusión tamén. Despois nós seguimos sendo os mesmos músicos, e seguimos tocando algo a descompás e desafinados. Esa é a filosofía do rock de serie b, que se mantén e é moi divertida, porque hoxe a maioría dos grupos tocan ben. E a intención de tocar mal é un valor engadido.

Dicides que o disco é ambicioso. Gravouse con tempo, con moitos instrumentos...
A nós iluminounos a gravación da versión de Andrés Dobarro, para a que levamos colaboradores no acordeón e no banjo. E dixemos: 'ostia, isto soa guai con máis instrumentos, no disco hai que facelo así'. De todos os xeitos no disco tamén hai cancións máis en plan acústico, con poucos instrumentos, para facelo máis variado, porque o disco é bastante longo, dura 46 minutos.

Levades moitos cambios de integrantes do grupo. Esta é a formación definitiva?
No disco hai bastantes instrumentos, e para defendelo mellor en directo está ben ter máis xente. Despois cando veña Samuel, que virá en xuño, facémoslle outra vez un casting (risas). Fai moi boas letras, de feito, así que creo que seguirá no grupo.

Tedes máis cousas de Xil Ríos ou de Violent Femmes? Máis influencias da música popular galega ou da norteamericana?

A Xil Ríos tampouco o reivindicamos moito, pero é unha boa persoa (risas) Terías que preguntar tamén por Neil Young e diriamosche que un pouco dos tres. Creo que temos máis do folc norteamericano, claramente, mal que nos pese. Pero tampouco temos un espírito texano, non somos cowboys. Despois é certo que hai instrumentos como o acordeón, que o tocamos dun xeito máis popular, como se pode tocar nunha taberna.

Un poeta para musicar? Méndez Ferrín, María do Cebreiro, Chus Pato, Lois Pereiro...?
Ou agardamos a que Gamoneda escriba en galego (risas). Non, en principio gústanos facer as nosas letras e imos seguir así. Ademais, xa intentamos musicar textos doutros, pero non é nada doado. E por iso é tan valioso o que fixeron, por exemplo, Fanny e Alexander.

Que sería Ataque Escampe sen o barrio de Vista Alegre?
Vista Alegre é o berce de Ataque Escampe. Aí naceu, aí morrerá, e aí se relaciona co mundo, con algún mundo, co submundo. Ataque Escampe non sería nada porque alí é onde pasamos a maior parte do tempo, sobre todo o ano pasado. Vista Alegre é case como Santa María para Onetti, ou Macondo para García Márquez. Porque Ataque Escampe é Vista Alegre. Alí é onde todo conflúe, onde se dan cita os hippies e os punkies, os madridistas e os celtarras e todo tipo de grupúsculos que nunca terían cabida noutro lugar. E vellos, sobre todo vellos... E por iso sae moitas veces nas cancións, e seguirá saíndo porque é un lugar bastante peculiar, que pode ser unha metáfora do futuro, coño. Digo eu que si (risas). E á parte combina ben o mundo rural co mundo urbano, é como un microcosmos.

E combina dende a Facultade de Filoloxía até o bar Don Manuel...
Si, claro, porque antes de Vista Alegre está Filoloxía, onde nos coñecemos.


www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-03-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Para botar un sorriso
Cantemos co PP.... (máis ollo que non quere dicir votemos co PP)

Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 05-03-2008 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Fábrica de Chocolate de Vigo

Hoxe mércores 5 de marzo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2008 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Tino Baz
Tino Baz publica "Cinsa namorada", un disco realizado sobre a poesía de Marica Campo e concibido arredor das emocións e o amor

O lume vaise apagando e o que queda despois é cinsa namorada. Para Tino Baz "cantar é un acto de amor. Sufrir un desamor tamén é un acto de amor. É amor cantarlle a un neno, a unha namorada ou cantarlle á Terra. Tamén cantarlle a unha musa cívica, unha praza liberada". As cancións emocionadas e sinceras do seu disco -titulado precisamente Cinsa namorada- xiran ao redor dun poema de Marica Campo que di así: "pois que todo o que arde devén cinsa, ardamos máis aínda pese á morte, e sexa a cinsa cinsa namorada e escura primavera dende o fume". Trátase de transformar o pranto en beleza.

Tino Baz naceu e vive na Garda. Esa é a súa paisaxe sensorial: a Terra, a paisaxe, os paisanos, as feridas, as mutilacións do medio. Séntese privilexiado de nacer ao lado do mar, porque puido coñecer a Galicia mariñeira "con todo o seu valor de pobo, onde aparece a lingua, a ironía e a sabiduría". Esa autenticidade agroma na súa voz triste e contenta. El canta dende sempre. Di que "cantar é un impulso vital que nace dende que un empeza a andar. Conta miña nai que con moi pouca idade, cando tes dificultades para a fala, eu cantaba e tiña sentido da entoación".

Cantar como algo natural, que ten que ver co campo xenético. Algo que non ten mérito, aínda que ten o seu valor. A súa formación é totalmente autodidacta. Iso permítelle ter unha capacidade de vibración que "vén dada polo curso da vida, polas circunstancias vitais". Con músicos tan importantes como Suso Vaamonde ou Mini e Mero, Tino Baz aprendeu o compromiso da canción. "Aprendín que cantar é un acto de donación, de estar ao servizo do semellante. É unha maneira de viaxar e compartir. Eles déronme esa visión verdadeira do canto. O importante é facer agromar o teu potencial humano", salienta Baz. O seu cantar fainos tremer de ledicia.

"Cantarei, cantarei, cantarei?" di na primeira canción do disco. O canto como algo terapéutico, porque "é aquela frase que dorme no refraneiro, "Quen canta o seu mal espanta". Este cantautor de mirada limpa atopábase nun proceso de amargura cando arderon os montes de Galicia. Lembra que "fixen un recital e o torreiro estaba en cinsas. Deume un brote de tristura que non sabía superar. A amargura debe ser reciclada. Así naceu a letra desta canción. Chega a tocarse o amargo co fermoso. O canto é un exercicio de curación. Os seres humanos somos complexos e somos capaces de renacer". Transfórmase a materia e transfórmanse os soños.

A complicidade con Marica Campo

"Non me sinto poeta no sentido amplo da palabra. Escribo os meus textos. Fago xermolar na escrita o meu pranto", di este mozo romántico. Entre el e a poeta Marica Campo creouse unha ponte de entendemento e empatía. "Ela é unha muller inmensa, culta, ampla. É unha labradora das letras. Ela e eu compartimos o pranto e as feridas", conta Tino Baz. Para el "Galicia é esa muller que nos está parindo constantemente. Somos un pobo rico en recursos humanos. O que falta é integrar e entroncarse coa raíz."

Outras mulleres do pobo da Garda habitan Cinsa namorada. Son A Xuliva e Arminda. As dúas tolearon por amor e transformaron a loucura en bondade, paz e extravagancia. Elas forman parte do inconsciente colectivo. A Xuliva era argaceira: "Na man un cramoeiro, descalza pola praia, aínda non sae o sol ergue da cama, o mar trae argazo e ela vai detrás dél, ten un noivo nas augas, o seu amigo fiel". Arminda tamén sufriu un desamor e pasou a vestir como un home. Toleou. Asumiu un rol de masculinidade. Vestía pantalón e boina en plena época de Franco. Negábanlle a entrada nas igrexas e estivo encarcerada por ser como ela era. Morreu coa boina posta. Tino Baz dedícase tamén á docencia musical. El ve a docencia como algo necesario, pois "os nenos e nenas son os depositarios deste soño". Quere ser un trasmisor, e cre que "cantar é un exercicio de educación permanente". Salienta "a Idade de Ouro que vivimos musicalmente en Galicia, que se debe ás escolas de música, á conciencia e á actitude positiva en canto á disciplina musical. Somos o resultado dun tempo de perseverancia. Agora os músicos empezan a brotar. É unha constante."

Gústalle "facer camiño" e nese camiñar as próximas citas co público para presentar o seu traballo serán o venres 29 de febreiro, que estará no Café Liceum do Porriño, e o 17 de marzo no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Serán encontros coa xente moi cálidos e directos. A dirección artística de Cinsa namorada é de Moisés Quintás, e a gravación fíxose no estudio Casa de Tolos, baixo a responsabilidade de Tino Grandío.

Cinsa namorada quere ser unha afirmación vital. "Vivimos e convivimos coa morte. A escola é xogar con ela, interpretala. Así nacen os poemas, as fábulas, a crítica filosófica, as ruadas, a esmorga. O deixarse levar", así resume Tino Baz a mensaxe das súas cancións. Remata dicindo: "acumulamos alegrías e penas. Vas facendo maxisterio. A verdade é querer transformar a materia. Temos que reinvindicar o dereito a ser felices".


www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Un disco e un libro recollerán as pezas do repertorio galego-cubano
Máis dunha ducia de músicos reinterpretan temas sentidos como propios nas dúas beiras do Atlántico

Un disco e un libro recollerán un repertorio de temas enraizados na tradición musical galego-cubana e a historia da súa orixe e evolución desde o século XIX, como froito do traballo que dirixiu Ramón Pinheiro Almuinha, profesor de historia da música do Conservatorio de Música Tradicional e Folque, con artistas dos dous países. O proxecto, Descarga ao vivo , plasmouse tamén nun espectáculo de música e danza que contou na dirección musical e arranxos con Pedro Pascual, Marcos Teira e Alejandro Vargas, e cunha coreografía dirixida por Abdiel Vargas e Xabier Díaz.

Pezas que en moitos casos foran esquecidas, con partituras difíciles de atopar e con raras ou inexistentes versións fonográficas compoñen un repertorio que Pinheiro rastrexou ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto do pasado ano polos arquivos da illa «coa colaboración de todos os grandes da musicoloxía cubana», segundo recoñece. E engade: «A idea non é xuntar músicas, senón amosar a que chamamos a nosa música». Del Ferrol a La Habana é un exemplo desa tradición recuperada. O seu autor, o guitarrista ferrolán Juan Parga, chegou a Cuba a finais do século XIX. Foi membro numerario da Real Academia Galega e tamén quen dirixiu La Banda Municipal de La Habana cando o 7 de decembro do 1907 dirixiu a estrea mundial do himno Galego. A peza, segundo apunta o investigador galego, «narra, musicalmente, o percorrido feito polo seu autor contribuíndo ao inicio da experimentación coas dúas tradicións musicais».

Sons de gaita
As festas dos galegos celebradas antano en xardíns como La Tropical ou La Polar viñeron sumar a súa influenza ás europeas e africanas que as conformaban con anterioridade ao XIX. Como lembra Ramón Pinheiro, todas esas festas «comezaban logo relixiosamente co son da gaita interpretando a Alborada do mestre Pascual Veiga, tema que se converteu en pouco tempo nun dos símbolos espirituais da comunidade galega de emigrantes en toda América Latina».

A gaita fíxose un oco entón na tradición instrumental cubana con grupos como o Quinteto Monterrey. E cos ensaios deste proxecto nuns locais da Facultade de Artes Escénicas do Instituto Superior de Arte da Habana, non só a escoitamos de novo en temas dos tempos dos avós abordados con liberdade creativa e interpretativa e agora nas mans de Edelmiro Fernández, senón que ademais a acompañan un selecto grupo de músicos: Alejandro Vargas (piano e teclados), Ernesto Vega (saxo e clarinete), Edgar Martines Ochoa (percusiones), Pedro Pascual (acordeón diatónico e Bouzouki), Quim Farinha (violín), Raciel Jiménez (batería), Diana Gutiérrez (voz e violín), José Manuel Díaz (contrabajo e baixo eléctrico), Marcos Teira (guitarra flamenca), Xavier Díaz (voz e percusión) e Óscar Fernández coa zanfoña, o instrumento que atrae máis curiosidade.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Para fans e coleccionistas
THE HOMENS VS. SAMESUGAS

"Desde o bairro do Castinheirinho chegam as duas bandas máis activas de Compostela unidas numha roda de vinilo laranja, apresentando temas inéditos e versioneando-se mutuamente, todo envolto numha capa serigrafiada com imágens dos protagonistas em pleno combate.

?Nada que aproveitar? abre a cara de The Homens, umha delicada composiçom carregada de sensibilidade pop que da passo a umha versom do ?Sad & Lonely? dos Samesugas (LP/CD ?Alá Vai!?) levada ao seu terreno dum jeito moi acertado, incluso cambiando-lhe a letra e re-titulando-a ?Sara e Loli?.

Samesugas pola sua parte arrincan com ?Let you win?, coa mesma energia de sempre e máis melodia da que nos tenhem afeitos para dar passo a ?Desaparece? do primeiro EP de The Homens, adaptada perfectamente ao metabolismo dos chupasangues.

Umha cuidada ediçom que fai que volva latejar rejuvenecido o coraçom da editora Lixo Urbano ao tempo que vemos nascer um novo selo com base en Pontevedra e Barcelona: Crack Records."

www.sono-tone.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Programación no Liceum do Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Gallaecia: Musical Galego
A Sinfónica iniciará en Santiago a xira de presentación de «Gallaecia», o primeiro musical en galego.

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá, o vindeiro 8 de marzo, o primeiro concerto dunha xira que emprenderá a Orquestra Sinfónica de Melide para presentar o espectáculo Gallaecia, o primeiro musical creado en galego. O director da formación, Fernando Vázquez Arias, é o autor da proposta, que fusiona, por primeira vez, todas as vertentes musicais galegas como son a música sinfónica, a folk, a popular e a melódica.

As oito e media da tarde é a hora prevista para o concerto, que se repetirá con igual previsión horaria no Teatro Jofre de Ferrol (o 9 de marzo) e no Teatro Colón da Coruña (os días 15 e 16 do mesmo mes).

As tres actuacións que ofrecerá a Sinfónica melidense dentro da xira de presentación de Gallaecia serán gratuítas ata completar o aforamento, previa presentación das invitacións que expedirá a Deputación da Coruña e que serán canxeables nos despachos de billetes dos diferentes recintos.

'Gallaecia' é un espectáculo de máis de dúas horas de duración que reúne nun mesmo escenario a máis de cen artistas especializados en distintos campos tanto da música coma do baile. Entre eles están a Orquestra Sinfónica de Melide -que actúa como fío condutor-, a soprano Susana de Lorenzo, o tenor Alberto Cunha, os coreógrafos Andrés e Berna Carballeira, o grupo de folk Liorna, e as cantareiras e grupo de baile da Agrupación Folclórica Trompo aos Pés.

O espectáculo está dividido en catro partes. Na primeira o protagonismo corresponde á Sinfónica de Melide, que fará tamén de nexo entre o resto dos apartados. Interpretaranse as obras 'Rapsodia azul e branco', a 'Suite de muiñeiras' e a 'suite de valses galegos'.

Na segunda parte, as interpretacións da sinfónica melidense uniranse aos ritmos de Liorna, e escoitaranse obras como 'Ferida', 'Soidade' e 'Ven'.

A continuación será a quenda das cantareiras e do grupo Trompos aos pés, con pezas como 'E estou cantando', 'Agarrado de Anxeriz' e 'Xota de Zobra'. A última parte estará centrada na música melódica, con temas como 'Negra Sombra', 'Anduriña', 'Alecrín' e 'Teño saudade'.

O musical Gallaecia estreouse na localidade melidense o pasado mes de agosto coincidindo coa festas en honra a San Roque. A actuación xerou, entón, unha gran expectación tal e como puxo de relevo a asistencia de máis de mil persoas. Por iso espérase que a xira pola provincia sexa un éxito.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Lulavai
PAULA OANES arpista no cuarteto Lulavai

Oanes integra o cuarteto de arpa, Lulavai, xunto a Josefa Fernández, Elena Paz e Lorena Reinaldo. Son as únicas viguesas no festival folk Cancioneiros de Pedro Barrié da Maza.


Como xorde a idea de crear un cuarteto de arpas?

As catro coincidimos en clase de arpa na Escola de Artes e Oficios e tocamos xuntas na orquestra Son de Seu. Fai un ano que lle dabamos voltas á idea de formar o cuarteto, pero foi a convocatoria do concurso de Cancioneiros pola Fundación Barrié da Maza o que acabou de darnos o empuxón para traballar nun repertorio e tomarnos en serio a agrupación. Non foi complicado, xa que todas estamos metidas dalgunha forma no mundo da música folk.

O arpa ten un son moi peculiar. Como o definiría?
É algo que resulta doce, delicado de escoitar. Normal mente asóciase con música tranquila, pero se pode tocar todo tipo de estilos. A reacción entre o público é moi curiosa, adoitan achegarse a interesarse polo instrumento. Cada vez é máis habitual escoitar concertos de arpa.

Lulavai toca o arpa celta, que características ten?
En comparación coa clásica é de menor tamaño e ten menos cordas, nin ten un técnica tan sofisticada: mentres a clásica cámbiase a tonalidade cos pés, na celta, faise manualmente cunha chave situada en cada corda, o que limita o son. Onde existe maior tradición de arpa celta é en Irlanda, aínda que tamén se toca na Bretaña francesa.

Cal é a oferta formativa para este instrumento?
É moi limitada. Os que vivimos en Vigo temos unha gran fortuna con Artes e Oficios, xa que no resto de Galicia nin sequera ofértase arpa clásica.

Que supuxo para Lulavai ser seleccionado para o festival folk Cancioneros?
Foi unha gran ilusión, xa que a convocatoria, por si soa, supuxo unha motivación. O noso concerto é hoxe (ás 20.30 na sede da Fundación Barrié da Maza) e imos saír con moitas ganas. Chegar ata aquí implicou un gran esforzo, pero feito con gusto.

Esta noite será practicamente o bautismo escénico de Lulavai.
Si, xa que só tocamos estas semanas en pubs, xa que a nosa formación concretouse precisamente con motivo deste concurso. Pero hai moitos participantes nas mesmas condicións. Estas iniciativas son moi positivas para contribuír a sacar a luz o traballo que se está rea lizando. Ademais, a recuperación dos Cancioneros é unha gran achega que mostrará temas ata agora esquecidos.

Con que repertorio concursará no festival do folk?
É un repertorio de media hora, onde a metade é sacado dos Cancioneiros. Revisamos as partituras e escollemos varios temas descoñecidos que nos gustaron e fixémoslles algúns arranxos. Varias interpretacións están acompañadas pola voz.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2008 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá
Hoxe, martes, día 04/03/2008

Alalá revive en Cuba a historia de Eduardo Lorenzo que foi e será para sempre o gaiteiro da Habana, unha historia como a de moitos, a dun galego en Cuba. Cando era neno escoitáballe tocar a gaita ao seu pai e admirábao moitísimo; imitábao cun balde e unha lata e ensaiaba melodías cando ía coas ovellas ao monte. Os anos pasaron e Eduardo continuou coa súa paixón na Habana, pero a súa afección foi moito mais alá ata converterse no gaiteiro galego admirado, querido e respectado, non só pola colonia galega senón tamén polos cubanos.

Coa súa imaxinación e con escasísimos medios construíu gaitas, ensinou a facelas e levou coa súa melodía un cachiño de Galicia. Así conseguiu deixar alí a mellor das herdanzas, que en Cuba o son dunha gaita continúe a soar. O seu desexo viuse sobradamente cumprido, pois quería que no seu enterro soaran gaitas e deixar polo menos un par de gaiteiros en Cuba. Non só foi así senón que quedaron máis que dous gaiteiros, moitos máis.

Un exemplo é o de Roberto Puldón, que hoxe segue a tocar a gaita co sentimento que herdou de Eduardo; outros como Wilber mesturan ritmos e tendencias da música universal coa gaita e mesmo se fixeron un oco no cine, participando este último na película "Habana Blues".

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
O punteiro afinábel. ¿Por qué?
Nace pola demanda continua dos músicos por conseguiren un punteiro que lles dea amplitude de afinación e de compensación do instrumento de xeito rápido e preciso, abrindo desta forma o abano de afinación a unhas maiores posibilidades das acadadas polo punteiro fixo tradicional.

A bandeira do obradoiro é o aparecemento do punteiro afinábel. Con efecto, á marxe da innegábel calidade sonora e estética dos instrumentos fabricados por Lis Latas, da colaboración entre o artesán e o excelso e ilustre gaiteiro Pepe Vaamonde naceu o que supuxo para o Obradoiro o 1º Premio á Patente de Invención na convocatoria do ano 2004, ou sexa, o primeiro punteiro afinábel.

A peza, construída en cinco partes, permite que un punteiro estea totalmente afinado a calquera temperatura, ultrapasando e solucionando, deste xeito, os tradicionais problemas do frío e da calor que tantas caviladuras levan feito entre as persoas que tocan a gaita. Mediante este sistema, a responsabilidade da afinación deixa de depender exclusivamente da palleta, da temperatura e da construción, pasando así a se poder modificar en medio ton dependendo das necesidades con que bater o gaiteiro ou a gaiteira. Quere isto sinalar, poñamos por caso, que a 25º ou a 5º, a 0º ou a 18, etc., a afinación do punteiro sempre vai poder ser conseguida, deixando de influír nesa acústica a recorrente climatoloxía galega. Grazas a este mecanismo, pódese afirmar que, definitivamente, acabaron os desaxustes na afinación da gaita galega.

Lonxe do que en principio puider talvez parecer, a validade deste punteiro é aplicábel a todo o universo de gaiteiros e de gaiteiras que hai na Galiza. En primeiro lugar, debemos destacar que se trata dun invento sumamente útil para aquelas persoas que, tendo un magnífico dominio da gaita e das súas posibilidades de afinación ou tempero, quixeren solucionar con rapidez eses problemas de afinación causados pola temperatura ou por unha palleta irregular. E, en segundo lugar, resulta un mecanismo sumamente rendíbel para aquelas persoas que aínda non dominan totalmente o instrumento, pois permite que se aproximen, neses casos, dos ideais de tímbrica e de afinación sempre requeridos. A inestabilidade das palletas fica, desta maneira, totalmente secundarizada, de tal forma que as mudanzas no timbre que experimentar o punteiro poden ser, mediante este mecanismo, corrixidas puntualmente.

www.lislatas.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do punteiro afinable
Lis Latas e Pepe Vaamonde, recoñecidos artesán e gaiteiro galegos, idearon unha peza que evita o 'famoso' desafine do instrumento ·· O achado é un avance tecnolóxico de relevancia mundial ·· Con el tamén se poderá interpretar música clásica

Ata agora había unha realidade que afectaba á gaita galega: en ocasións, desafinaba. "Non é que fose fácil ou difícil pór en ton este instrumento, é que era imposible porque a gaita necesita estar a unhas temperaturas que oscilan, como máximo, entre os 15 e os 23 graos", din os expertos. Onte, con todo, presentouse no Museo do Pobo Galego un invento revolucionario, o punteiro afinable, capaz de atopar a perfección de son en calquera sitio, xa se estea a cero graos ou a corenta.

O inventor desta peza, considerada xa como un adianto tecnolóxico de enorme repercusión internacional, é o lucense Lis Latas Vilanova, artesán e dono do Obradoiro de gaitas Lis. "Todo empezou por unha casualidade", explica o autor. "Un día estaba mirando un punteiro (a peza final da gaita que é similar a unha frauta) porque tiña un problema, caéuseme ao chan e rompeu. Pegueino e fíxenlle un encastre e vin que soaba. Por ese camiño empecei".

Isto ocorreu no ano 2002 e, desde entón, acompañoulle na investigación Pepe Vaamonde, un dos gaiteiros de máis prestixio de Galicia e experto na afinación da gaita tamén no taller de Lis. Ambos os especialistas traballaron xuntos estes últimos seis anos sen recibir nin unha soa axuda institucional, e calculan que investiron neste proxecto máis de 120.000 euros.

Avalado polos mellores

"É un produto moi profesional e válido", din os expertos do novo punteiro. De feito, Lis Latas e Pepe Vaamonde contaron coa opinión favorable dos profesionais da gaita. E é que, como di Vaamonde, "en condicións meteorolóxicas adversas, o gaiteiro tiña ata agora dúas opcións: intercambiar punteiros de diferentes tamaños ou modificar a textura da palleta (peza que produce son ao vibrar) E, aínda así, a afinación non estaría garantida", puntualizou. Co novo punteiro, con todo, a afinación é total, e esta conséguese dun xeito rápido e áxil.

Estiveron presentes no acto que se celebrou onte no Museo do Pobo Galego músicos da talla de Xosé Manuel Budiño, Iván Costa, Edelmiro Fernández, Brais Monxardín, Anxo Lois Pintos, Suso Vaamonde e Bruno Villamar. Todos eles interpretaron, xunto a Pepe Vaamonde, e entre outras, unha peza moi especial, unha adaptación do Preludio Número 1 de Johann Sebastian Bach. E é que outra das características do novo punteiro afinable é que permite tocar "dúas notas máis no rexistro de gravidade", di Vaamonde, e "proporciona unha versatilidade moito maior da que había agora na gaita, co que se poden interpretar, ata, pezas clásicas como este área para violoncelo", conclúe Lis.

A FRASE:
Lis Latas Profesor de gaita, mestre de baile e inventor do 'punteiro'

"Xa se pode dicir que a gaita galega non vai a desafinar nunca máis, nin aínda que esteamos a 30 graos de temperatura"


As CLAVES
Trátase dunha peza con 5 partes

O punteiro afinable diferénciase dos estándar en que ten 5 pezas. Por iso, pódese alargar ou encoller variando así a súa afinación dun modo rápido e sinxelo, e sen necesidade de alterar a palleta, que é o elemento que emite o son.

Non só soluciona os problemas

A temperatura e humidade dos escenarios alteraba a afinación da gaita, o que era un verdadeiro problema para os gaiteiros. Co novo punteiro nada alterará o ton correcto do instrumento. Ademais, permite emitir máis notas.

No ano 2003 xa había un prototipo

Fai 8 anos, o artesán Lis Latas deuse conta de que era posible crear un novo punteiro. En 2003 naceu o primeiro prototipo. Xa era comerciable, pero os seus xestores decidiron seguir perfeccionándoo. Onte presentouse a versión definitiva .

www.galicia-hoxe.com

Os dous inventores destacaron a utilidade "internacional" do dispositivo, posto que é aplicable a calquera tipo de gaita, tanto galegas como doutras culturas. "Revolucionará o mundo da gaita", concluíron, e non descartan comercializalo a nivel internacional.

O punteiro afinable, que sae ao mercado cun prezo de 550 euros, está formado por cinco partes móbiles e independentes e a súa lonxitude pode ser modificada polo gaiteiro en función das súas necesidades para conseguir a afinación desexada.

Nesta liña, os creadores destacaron as vantaxes deste mecanismo e citaron en primeiro lugar a posibilidade que ofrece aos aprendices gaiteiros porque, sen necesidade de dominar o instrumento, tocarán melodías sen ningunha nota discordante.
Como segunda vantaxe aludiron ás facilidades que supón para os profesionais ao non ter que investir tempo en corrixir os desaxustes sonoros e solucionar con "rapidez" os problemas de afinación da gaita tradicional.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu en Folkworld

Sound from Heaven
SONDESEU: A Folk Music Orchestra from Galicia


Imagine a forty five musicians orchestra, with a section for string instruments such as Celtic harps and hurdy gurdies, and a woodwinds section with bagpipes and traverse flutes. This is SonDeSeu, performing since 2004 in the city of Vigo in the province of Pontevedra, Galicia, North West Spain. Musicians from top Galician folk bands have promoted this project.

The Birthplace of SonDeSeu: The ?Universidad Popular de Vigo?

Vigo, the city of the Medieval troubadour Martin Codax (13th century). It is also the city that keeps the capital institution for today?s traditional music in Galicia, and probably the whole Spain. This is the 123 years old ?Escola de Artes e Oficios?, formerly called ?Universidad Popular de Vigo? (People?s University of Vigo). Its two most significant musical activities until now have been:

A Conservatory for Traditional Music and a school for the construction and playing techniques of Galician traditional instruments, such as: woodwinds (Galician ?gaita? bagpipes, whistles, recorders, traverse flutes), string (Celtic harps, hurdy gurdies, and their medieval ancestor: the Organistrum) and percussion (tambourines, drums).


A gaita bagpipes band named Xarabal was created in 1984, where several today?s top Galician folk musicians started playing together as teenagers: Carlos Nuñez, Xose Manuel Budiño, as well as Anxo Pintos and Santiago Cribeiro (gaita & hurdy gurdy, and accordion respectively in today?s folk band Berrogüetto).

There is a fundamental document for Galician and Spanish traditional music, recorded in 1987 and published in 1990 by the record company Sonifolk (Madrid), named: ?Instrumentos Populares Galegos?.
This CD contains a 40 pages booklet that illustrates and explains (in Galician) the characteristics and traditional tunes played with the different instruments from Galicia. Besides the brilliant starts of a very young Carlos, Anxo or Santiago, you can hear the contribution of some of the ?grandfathers? of Galician traditional music, such as:

Ricardo Portela (1920-1992): Gaita in ?Do brillante? (tuned in a modified C tone).

Carlos Corral: Gaitas in G and Bb, ?requinta? (short traverse flute) and ?pito? (whistle).

Anton Corral: Zanfona (Galician hurdy gurdy) and its medieval ancestor: the Organistrum.

Wenceslao Cabezas a.k.a. ?Polo?: Pandeireta & pandeiro (tambourine & frame drum), who has participated in several of the concerts and recordings of Carlos Nuñez with The Chieftains.
Anton Corral is also a teacher for instrument construction, and a maker for Galician gaitas. Some his bagpipes are being played by gaiteiros such as Carlos Núñez .

Today?s teachers in this school are musicians such as Rodrigo Romaní, one of the original members from the charismatic 80?s folk band Milladoiro. He also became director of the University in the mid 90?s, and today is the teacher for Celtic harp.

Anxo Pintos is the teacher for hurdy gurdy. Anxo, Carlos Nuñez, Santiago Cribeiro, Isaac Palacín and Pancho Alvarez created a band in the early 90?s named Matto Congrio (with a CD in 1993 featuring Paddy Moloney), which later split into Carlos Nuñez' band (Carlos and Pancho) and Berrogüetto (Anxo, Santiago and Isaac).

Xaquin Xesteira is the teacher for gaita, the traditional bagpipe from Galicia. It is important to consider that the history of the traditional music of Galicia (and its neighbour region to the East, Asturias) must be understood by the relevance of gaita songs and dance tunes coming from three or four centuries ago. Xaquín is part of the traditional Galician band Treixadura (by the way, treixadura is the name of the type of grape for making the Galician Ribeiro white wine).

The Meaning of SonDeSeu

Lets try a first translation of this name, which could be something like:

?Son de seu? (Galician)
?Son suyos? (Spanish, also known as Castilean)
?They are his/hers? (English)
?Sie sind seine/ihre? (German)
But the Galician word ?son? also means ?sound?. Therefore, the meaning would probably be:

?Su sonido? (Spanish)
?His/her sound? (English)
?Sein/ihr Sound/Ton? (German)
But also ?deseo? (Spanish), or ?desexo? (Galician), means ?wish?, ?desire?. Therefore, it could be: ?Sound Wish?.

If the name was ?SonDeCeo? (Galician), the meaning could be ?Sound from Heaven?. And so on ...

After this erratic comparison of European languages, I leave it to the reader to guess about the meaning of SonDeSeu. My mother tongue is Spanish (from Madrid), and I have limited knowledge of the Galician language of my grandparents.

But what SonDeSeu clearly means to Galician folk music is a new path for exploration. We are used to many traditional bands with ?gaita? and ?redobrante? (bagpipe & drum), big gaita marching bands, folk bands with all kinds of traditional and contemporary instrumentation, jazz-folk, folk-rock, even classical music orchestras with gaita pipers as guest musicians (Susana Seivane, Edelmiro Fernandez). SonDeSeu has done something innovative (at least in Spain, I believe), that is to take the size and structure similar to a classical music orchestra, but using the instruments and repertoire from the Galician musical tradition.

The orchestra is arranged in three rows as follows (as seen by the audience):

Front row: left: 6 harps (section director: Rodrigo Romani)
right: 8 hurdy gurdies (section director: Anxo Pintos)
Second row: left: 4 percussionists (section director: Xaquin Xesteira)
center: drum & bass drum
right: 4 ?requintos? (traverse flutes) (section director: Xosé Liz)
Third row: left: 6 gaitas (section director: Xaquín Xesteira)
center: 10 ?pandereteiras? (female singers & Galician tambourine players) (section director: Javier Feijoó)
right: 6 violins (section director: Alfonso Franco) (One of the fiddlers is Begoña Riobó, who has also played with Carlos Núñez' band.)

The Sound of SonDeSeu

The ?forty many? musicians go on stage without a conductor. But backstage they are supported by their teachers (or ?spiritual fathers? as they call them): Rodrigo Romaní, Anxo Pintos and Xaquín Xesteira.

Therefore, the sound of SonDeSeu could be just that, a smooth blend of these three great bands :

The cleanest ?Celtic? inspired harmonies of Rodrigo?s Milladoiro

The more dynamic and innovative melodies from Anxo?s Berrogüetto

The Galician roots of Xaquín?s Treixadura
All the songs they play are from the Galician traditional repertoire, and the melodies transmit the characteristic emotions in Galicia & its southern neighbour Portugal:

swinging all the time between deep melancholy (harps, voices, hurdy gurdies, violins), then shifting towards outbursts of joyful happiness (bagpipes, drums, tambourines).

The level of musicianship is simply among the best you can find in the whole of Spain. The taste in the selection of the tunes and their orchestration is simply brilliant.

What could be criticized? Difficult to say, but: Maybe audiences that are not so used to the sound of bagpipes and drums, might find it a bit too noisy sometimes, mostly after the smooth start of the harps, violins and voices.

I would like to hear more solo passages as played by some of the top pipers or fiddlers they have. Sometimes an oboe, clarinet, accordion or guitar, played by some guest musician would be a pleasant surprise. Or even a guest singer. Maybe there are still some other ideas to be taken from the orchestration of classical music, and similar experiences also based in traditional music, but done in other places, and not just in Europe but maybe also in Africa or Asia. A couple of traditional Galician dancers should become part of all their concerts.

I believe that SonDeSeu still has a lot of musical possibilities to offer, mostly playing on this borderline inbetween territories, from the purest Galician tradition to the influences from the music of Portugal or the ?Celtic? countries: Ireland, Scotland, Brittany.


www.folkworld.de
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Unha canteira podería destruír un foxo de lobos único no país
EN SABAXÁNS, MONDARIZ

Ten a singularidade de contar con dous pozos, e aínda que a súa existencia está documentada dende 1664, os veciños denuncian que nunca foi catalogado polo concello.

A empresa Miñor Granitos S.L. quere construír unha canteira no monte do Coto da Eira, na parroquia de Sabaxáns, en Mondariz. O proxecto está en exposición pública no Concello, onde figurará aberto o prazo para a presentación de alegacións até esta semana. A canteira, a primeira dun total de sete proxectadas no lugar, destruiría un foxo de lobos (construción tradicional empregada para a caza deste animal) absolutamente singular no país, pois trátase do único que en Galiza conta cun foxo dobre.

Ademais, o foxo de Chan da Anduriña é un dos que ten unha existencia documentada máis antiga, pois aparece en documentos dende 1664 (en concreto nunha reclamación veciñal sobre os límites da parroquia, no que se describe o foxo). Porén, malia á súa antigüidade e singularidade, nunca foi catalogado polo Concello de Mondariz, segundo un grupo de veciños, e non aparece mención ningunha a el no estudo de impacto ambiental encargado pola empresa.

O arqueólogo Alberte Reboreda, da Asociación Cultural Nova Xesta de Sabaxáns, confía en que cando a alegación que presentou chegue á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, o proxecto fique paralizado. A alegación lembra ademais que a conservación, restauración e posta en valor deste tipo de bens é obxectivo prioritario do Plan de Xestión do Lobo en Galicia que promove a Consellería de Medio Ambiente.

A alegación presentada polos veciños alerta da destrución do foxo, mais tamén do dano que a canteira produciría no Coto de Eira, un espazo de grande interese natural "que debería ser preservado de calquera tipo de explotación mineira, xa que esta prexudicaría os seus valores ambientais e paisaxísticos de forma irreparábel". De feito, neste momento hai sete canteiras proxectadas no lugar, que de non deterse provocarán "un dano irreversíbel", segundo Reboreda.

Os foxos en Galiza
Dende hai séculos estas construcións son empregadas para a caza do lobo, sobre todo nas épocas nas que o seu número era excesivo. Formado por sebes de pedra en forma de V, os veciños do lugar dirixían ao animal dende a boca até o fondo da cuña, con berros e pedras, até que o lobo buscaba a saída a través do foxo, onde ficaba atrapado e se lle daba morte. Tamén foi empregado para cazar outros animais, como veados. Estes elementos etnográficos son habituais na Serra do Suído, existindo exemplos ben interesantes na Lama ou en Cotobade, mais tamén noutros lugares do país, como Camariñas ou Bande.

Nun dos seus estudos etnográficos, Xaquín Lorenzo describe a caza do lobo realizada polos veciños nos foxos: Chegado o momento, ao saber que o lobo andaba cerca, xuntábanse os veciños, ían ao monte e, facendo barullo con paus, latas e berros, levaban aos poucos ao lobo a entrar entre os sebes, facendo que se metese cada vez máis, berrando: ¡Ah, lobo! ¡Ah, lobo!... Cando o animal chegaba ao corredor, saían os nenos dos agochos e asustábano tirándolle latas e pedras; o lobo ía así caer no foxo, que antes fose disimulado cunha cuberta de toxos e fentos (...). Unha vez estaba o lobo dentro do foxo, matábano a tiros dende arriba.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-03-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Non haberá Festival de Ouzande 2008
O máis importante é a dinamización social da parroquia". A Fervenza prioriza o seu labor social e de promoción turística con Mar de Compostela.

Deste xeito resumía o presidente da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, Xabier Camba, a filosofía de actuación que motivou que o colectivo decida non organizar este ano o festival folk de Ouzande, deixándoo no mellor momento -tras 9 exitosas edicións que lle labraron un nome propio no panorama folk galego- e antes de que se convertese nunha rutina ou o esforzo de organización e de recursos que esixía "hipotecase" outras iniciativas de maior rendibilidade social.

A directiva, que o domingo era referendada no seu cargo, aposta en maior medida polo "traballo social" e por contribuír á restauración do patrimonio da parroquia así como á promoción turística, estreitando a súa colaboración coa Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-03-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Escola Municipal de Música Tradicional e Folc en Vigo
A concelleira de Educación do concello de Vigo, presentou oficialmente o xoves pasado no Auditorio do edificio do antigo Reitorado o proxecto de Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad).
Ao comezo do acto, os alumnos de Artes e Oficios reclamaron o inicio das clases, portando unha grande faixa.


O proxecto educativo e curricular desta nova Escola foi aprobado tecnicamente na última Xunta de Goberno Local. Vén substituir ás ensinanzas que ata o curso 2006-2007 se viñan impartindo dentro do plan de estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios.

Coa aprobación técnica deuse continuidade ao proceso administrativo de contratación da súa xestión mediante a convocatoria dun concurso aberto do que sairá o adxudicatario que se fará cargo da súa implantación, xestión e desenvolvemento.
A presentación foi dirixida ao alumnado que cursaba estas ensinanzas na Escola de Artes e Oficios e que será integrado na nova institución educativa, así como ao alumnado seleccionado a finais do ano 2007 para o curso de iniciación.

Temporalmente a e-Trad terá a súa sede no edificio da Escola de Artes, mentres non se atope unha ubicación definitiva para as súas aulas e servizos.

A e-Trad será dirixida por Rodrigo Romaní,
técnico e profesor de arpa céltica do que foi Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes. Este recoñecido músico, que dende o ano 1996 está contratado polo Concello de Vigo como docente e coordinador de ensinanza musical tradicional, foi o encargado da presentación do novo proxecto educativo e curricular diante do alumnado.

Esta nova Escola Municipal dependerá integramente do Servizo Municipal de Educación e compartirá administración xeral coas de Música e de Teatro.

O proxecto que se presenta significa un cambio substancial nas ensinanzas que ata o de agora se impartían na Escola de Artes, ao establecer un novo plan de estudios con dobre itinerario afeccionado e profesional e duplicar os recursos educativos e económicos que se viñan empregando ata o de agora.

E-Trad aumenta dous profesores (8), dúas especialidades (9), catro troncais (6), 65 horas lectivas (200), dous espazos educativos (6) e o seu orzamento a 221.000 euros. Incorpora seis optativas, os dous niveis de formación profesional e un director, ademáis de ofrecer contratos indefinidos aos profesores.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0