Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O cómic "Maus" en galego
Max, primeiro Premio Nacional de Cómic, editará en galego o exitoso ?Maus?

?Maus? é o cómic biográfico de Art Spiegelman que narra a súa vivencia no campo de concentración de Auschwitz. Foi merecedor dun premio Pulitzer e está considerado como un dos mellores cómics da historia. En breve, esta historia poderase ler en galego. O artífice disto é Francesc Capdevila, Max, primeiro Premio Nacional de Cómic, que mercou os dereitos para a edición en catalán, galego e éuscaro. O cómic chegará ás librerías da man de Inrevés Ediciones.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2008 03:04
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova carpa desmontable cubrirá nun mes o Dolmen de Dombate
É unha actuación provisional ata a execución das obras de rehabilitación do túmulo.

Unha nova carpa desmontable cubrirá o dolmen de Dombate, nunha actuación provisional ata a execución das obras de rehabilitación do túmulo, en virtude do contrato subscrito hoxe pola Deputación da Coruña.

A carpa, de cor branca e elaborada en pvc, terá unhas dimensións de 30 x 30 en planta, a dúas augas, cunha altura de 8,07 metros no seu punto máis elevado e de 3,20 no máis baixo e presenta unha resistencia mínima a ventos superiores aos cen quilómetros hora. Os traballos de instalación, que se iniciarán no prazo dun mes, terán un orzamento de 90.039 euros.

Desde a Deputación coruñesa recordaron que a cobertura actual non se retirará ata que non queda instalada a nova, á vez que indicaron que, como medida preventiva, haberá unha protección acolchada para evitar posibles danos durante traballos.

A entidade provincial informou tamén do inicio dos trámites administrativos para a contratación do equipo de arquitectos que pilotará a adaptación do proxecto inicial de rehabilitación do túmulo, referente da cultura megalítica en Galicia.

www.lavozdegalicia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2008 02:30
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Retranca

RECOMENDADO POLO "PRIMO" DE RAJOY!!
Porque agora chove tan pouco que xa nin mexan por nós...
Mercaa e descubre o futuro que nos espera. Corre a encargala ao teu quiosco máis cercano antes de que as merque todas Al Gore!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2008 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer en Servizos Mínimos
Aproveitando a Semana Santa collemos unhas pequenas vacacións, pero o blog queda en mans do noso Responsabel de Deseño e Medios Audiovisuais, para que manteña os servizos mínimos cos concertos, actualizacións e as novas interesantes que vaian xurdindo.

Edu, non fagas nengunha trasnada....
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-03-2008 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Curso de Cultura Tradicional de Semana Santa en Lugo
XXVI Curso de Cultura Tradicional de Semana Santa - 2008

Días 20, 21 e 22 de marzo (Semana Santa).

· Prazas: 125 persoas.
· Horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.
· Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N

· Especialidades:
1. Técnicas de gaita,
2. Técnicas de canto e pandeireta,
3. Técnicas de percusión tradicional,
4. Técnicas de baile tradicional,
5. Técnicas de zanfona.

Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade.
Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais

· Inscricións: As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 - E-mail: inscricions@cantigasefrores.com (Compre axuntar xustificante de pagamento)

· Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

· Prezo de matrícula: 30 ? (xeral); 20 ? (socios/as da Asoc. Cultural ?Cantigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos).
Ingreso na conta: 2091 0152 29 3040026419


· Programa previsto.

DÍA 20 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 21 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 22 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 18:30 Clase práctica
19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.

· Profesorado:

Gaita: Pablo Seoane (Gaita Pechada)
Canto e Pandeireta: Felisa Segade
Percusión: Miguel Anxo López Buján
Zanfona: Germán Díaz
Baile: Miguel Souto

· Coordinación do curso: Mónica Fernández Fernández

· Organiza:
- Asociación Cultural ?Cántigas e Frores? de Lugo.
· Patrocinan:
- Sociedade Anónima de Xestión Xacobeo ? Consellería de Industria.
- Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Consellería de Cultura e Deporte.
· Colaboran:
- Excmo. Concello de Lugo.
- Asociación de Gaiteiros Galegos.


Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico (se ten), código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.

As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO
FAX: 982 26 52 80
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com

O prazo de inscricións remata no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.


www.cantigasefrores.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-03-2008 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Azaloira 2008
CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

Gañadores 2008

BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo: DONAIRE
2º PREMIO:
800 ? e trofeo: MALVEIRAS
3º PREMIO: 500 ? e trofeo: COLEXIATA DO SAR

MELLOR ACOMPAÑAMENTO: PREMIO DE 150 ?: DONAIRE
MELLOR VESTIARIO: PREMIO DE 150 ?: MALVEIRAS
MELLOR BAILARINA: PREMIO DE 100 ?: MIRIAM (COLEXIATA DO SAR)
MELLOR BAILARÍN : PREMIO DE 100 ?: ESTEBAN (MALVEIRAS)

Falcatrueiros de Monterroso foron descalificados por non corresponder o seu estilo de baile coreográfico coas bases do concurso referidas a concurso de baile tradicional.

-----------------------------------------------
-----------------------------------------------

O Festival de baile tradicional Azaloira de Bandeira chega á súa oitava edición o domingo 16 de marzo. Será no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda) a partir das 18.00 horas.

Neste ano, Fortín dá Pomba, decidiu introducir novidades. A súa presidenta, Josefa Ferreiro , anunciounas onte. Haberá un grupo participante menos que nas edicións anteriores para evitar que se alargue. Nesta ocasión, competirán:

- Malveiras de Vilagarcía,
- Donaire,
- Colexiata do Sar
- Falcatrueiros de Monterroso,


que interpretarán dúas pezas cada un. Ademais, actuarán todos os grupos de Fortín dá Pomba.

Outra das novidades será a intervención da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, que tocarán unha peza para que unha das seccións do grupo recorde o baile solto que tradicionalmente había logo das misas nas festas. Ademais, para Fortín será a súa primeira edición co novo profesor Simón Muñiz .

A presidenta de Fortín agradeceu a colaboración a comerciantes e empresas, así como ao Concello de Silleda. A rexedora, Paula Fernández , que acompañou á directiva durante a presentación do cartel onte pola mañá no Manuel Dopazo, deu o parabén aos organizadores. Engadiu que era un pracer traballar con veciños cun carácter dinamizador como os de Bandeira. Ademais, destacou o labor do grupo de baile Fortín dá Pomba para que os máis pequenos sómense a este tipo de actividades.

BASES:

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe rexional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán
quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo

MELLOR ACOMPAÑAMENTO: PREMIO DE 150 ?.
MELLOR VESTIARIO: PREMIO DE 150 ?
MELLOR BAILARINA: PREMIO DE 100 ?
MELLOR BAILARÍN : PREMIO DE 100 ?

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (64) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-03-2008 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira gañador do IX Certame Folk Radio Obradoiro
O grupo de Ourense poderá gravar o seu primeiro CD tras alzarse coa vitoria no IX Certame de Música Folk Radio Obradoiro.

O grupo Coanhadeira, de Ourense, alzouse este venres coa vitoria na fase final do IX Certame de Música Folk Radio Obradoiro, organizado polo Grupo Correo Gallego, e que tivo lugar en Santiago. Ante un Teatro Principal ateigado de público para unha gala conducida por Paulo Gacio -director e presentador do programa radiofónico En clave de folk, da emisora compostelá- e Sandra Romero, os vencedores deron boas mostras de por que teñen dereito a gravar o seu primeiro disco, interpretando Muiñeira de Antela, O fiadeiro e Serán en Liñares.

Unha final que porén estivo moi rifada pola incrible calidade dos catro seleccionados, como xa adiantaran hai días os organizadores do certame, e que nesta edición se abriu a fóra de Galicia. Os outros participantes na gala foron Cobalblu, de Pontevedra; Ghaita Depedra, de Lugo, e Nemon, de Bizkaia. Esta última formación está integrado por fillos de emigrantes galegos, polo que foron os máis ovacionados, e con eles é a primeira vez que no certame participa un grupo vasco.

Respecto do xurado encargado de decidir o gañador, o mesmo estivo composto por Ramón Feáns, músico do grupo Xúa; Xandra Tedín, presentadora do programa Miraxes de Televisión de Galicia; Benxamín Otero, profesor do Conservatorio Folque de Lalín; Roberto Rama, integrante do grupo Fía na roca, e un representante da produtora Abada.

O xa netamente consolidado Certame de Música Folk Radio Obradoiro, no que cada ano pode obterse unha nidia radiografía do estado actual do folk non só na nosa comunidade senón tamén no resto do Estado, conta con importantes apoios para a súa celebración, como é o caso da Consellería de Cultura e Deporte, a Concellería de Cultura do Concello de Santiago, e os estudos discográficos Phonos.

Novidade discográfica

Por outra parte, os compoñentes do grupo Pradoiro, gañadores do certame no ano anterior, presentaron onte en sociedade cunha actuación no Teatro Principal o resultado do seu premio: Aliaxe, o disco que puideron gravar tras alzarse coa vitoria, e que acaba de saír ao mercado este mesmo mes de marzo. Composto por trece temas, o CD da formación de Teo é, segundo definiron os seus autores, unha mestizaxe de músicas, pero sempre dentro do folk.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2008 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Fozara
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-03-2008 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Panxea 2008
Festival Panxea 2008

Carpa instalada no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños de Carballo (A Coruña)

xoves 20 de marzo
- Pan e solidariedade
- viaxes de ida e volta

Actividades na vila e na carpa instalada no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños

venres 21 de marzo
- Pan e tradición

11h30 - Obradoiro con Picompé
Pasarúas con Fol de veneno

22h - Festival Panxea raíces
Serra-lhe aí!!! e os Ventos Viciosos
Oskorri
Os Cuchufellos


sábado 22 de marzo
- Pan e mundo

11h30 - Obradoiro con Picompé
tarde - Pasarúas con Raza Loba

22h - Festival Panxea Global
Ruote
Manecas Costa
Bonovo


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-03-2008 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
A maior colección de instrumentos musicais
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo ofrece desde onte a maior exposición permanente de instrumentos musicais de Galicia e unha das máis importantes de España. En total son 402 pezas entre as que hai réplicas de instrumentos medievais únicos en Europa.

A metade dos fondos corresponden a depósitos efectuados por particulares, 95 son de produción dos propios talleres do centro, 60 foron doadas, 39 pezas formaban parte da antiga sección de música do Museo Provincial e outras dúas foron adquiridas recentemente pola Deputación, unha das cales é unha gaita que pertenceu ao folclorista Faustino Santalices.

A inauguración tivo lugar ás oito da tarde de onte, presidida polo presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, coa asistencia de máis dun centenar de persoas, entre as que había responsables de todas as entidades. Previamente, Gómez Besteiro e a vicepresidenta segunda, responsable do centro, Lara Méndez, entregaron ao cantautor Amancio Prada unha zanfoña que utiliza habitualmente nos seus concertos, restaurada neste taller durante os últimos meses.

Amancio Prada ofrece esta tarde, ás oito, un concerto na sala da Capela de Santa María, dentro do programa de inauguración da mostra. Pero onte durante o acto xa interpretou como anticipo unha peza coa zanfoña, acompañado polo responsable técnico da colección, Luciano Pérez, fillo do lutier que fabricou o instrumento fai uns 15 anos.

A exposición permanente ocupa tres salas dun dos pavillóns do Instituto Lucense de Desenvolvemento. Os instrumentos móstranse clasificados polos seus elementos acústicos e características. Entre eles destaca unha colección de trompas de boca réplicas das do século XIII, copias das ménsulas do pazo de Xelmírez, un exemplar de clave español do XVIII e varias réplicas dos instrumentos reproducidos no pórtico da Gloria .

A montaxe estivo coordinado por Luciano Pérez e por Antonio Franco, que, co resto do persoal do Centro de Artesanía e Deseño, están traballando no proxecto museológico para que a exposición sexa recoñecida oficialmente pola Xunta como colección visitable . Os fondos inclúen un importante material sonoro e partituras, aos que seguirán tendo acceso os estudiosos e investigadores, compatibilizando esa función coas visitas pedagóxicas de escolares e coas do público en xeral.

Onte, o presidente da Deputación destacou a importancia dos fondos e agradeceu a Amancio Prada que confiase no taller para a restauración da zanfoña.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2008 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
O Cuarteto Caramuxo gaña o Festival Folk Cancioneiros
O Cuarteto Caramuxo, de Salvaterra de Miño, é a formación gañadora do concurso Festival Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Este certame tiña como obxectivo fomentar entre os grupos folk afeccionados o interese polo repertorio de temas como o do Cancionero galego, de Torner e Bal e Gai, e o Cancionero musical de Galicia, de Casto Sampedro e Folgar, recentemente reeditados pola Fundación. De feito, todos os participantes ofreceron os seus recitais, en polo menos un 25% do seu repertorio, temas recollidos nestes dous cancioneiros.

O fallo do xurado foi por unanimidade, tras os recitais dos grupos preseleccionados, seis do sur de Galicia e catro do norte.
O xurado valorou a orixinalidade da proposta do Cuarteto Caramuxo, a súa coidada posta en escena e a calidade no tratamento dos temas procedentes do Cancionero galego e o Cancionero musical de Galicia que foron interpretados no recital ofrecido o pasado 5 de marzo en Vigo.

Concerto na Coruña

A formación salvaterrá recibirá un premio consistente en 6.000 euros, a gravación dun disco que será editado pola Fundación Pedro Barrié e a participación nun concerto final do festival, que terá lugar o próximo 17 de maio na Coruña, no auditorio de Palexco, onde Caramuxo compartirá escenario coa consagrada formación de folk galega Milladoiro.

O xurado tamén propuxo á Fundación Pedro Barrié de la Maza facer unha mención especial, pola calidade que tiveron as súas propostas musicais, das formacións Covalblú (Sanxenxo, Pontevedra), Jacobo de Miguel & Pedro Lamas (Cambre, A Coruña) e Quenda Folk (Sada, A Coruña).
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2008 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía en clave de jazz
Xa está á venda 'RosalíaXXI', un álbum no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta.

As notas do Abe Rábade Quartet e as voces de Guadi Galego e Anxo Angueira traen os poemas de Rosalía ao século XXI. Un sopro de aire fresco, que pon de manifesto a atemporalidade da obra da poeta, a súa modernidade, o seu carácter revolucionariamente contemporáneo, reivindicando os seus textos máis inxustamente esquencidos. As melodías naceron en conversas de madrugada entre Abe Rábade e o finado Carlos Asorey no compostelán Dado Dadá, e nelas tamén participan Jesús Santandreu (saxo tenor), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).

O disco, editado nun coidado digipack, foi presentado o pasado 18 de febreiro no Teatro Mella de La Habana, cun convidado de excepción: o cubano Pablo Milanés. RosaliaXXI preséntase unha das apostas musicais máis interesantes do ano.

Listado completo de temas

1. A xusticia pola man
2. Padrón, Padrón, Santa María, Lestrove
3. Ladraban contra min
4. Cada noite eu chorando pensaba
5. Negra Sombra
6. A Rosalía/ Altares do Silencio
7. Tecín soia a miña tea
8. Tembra un neno
9. Miña Santiña
10. Alborada

www.vieiros.com

www.rosalia21.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-03-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Skarnio

Catro anos despois de ?Arredista?, un álbum básico para entendermos a música galega do século XXI, Skárnio volta ao primeiro plano con ?O nosso caminho?, outro manifesto sonoro a ritmo de contaxioso ska e nova lección de compromiso político, o punto que fai desta unha banda moi singular na escena do país.

A formación mudou de compoñentes ?dende as súas orixes hai unha década no barrio do Calvario esténdese agora como colectivo entre Vigo, A Coruña e Ourense? mais non de pensamento, amosado no título ?O nosso caminho?. Cóntanolo Manu, un dos dez músicos do grupo, que o día 19 de abril vai presentar ao vivo os novos temas en ?La Iguana Club?.

?O traballo está feito con moitísimo esforzo e poucos medios, pasaron catro anos e parecía que non ía saír nunca?, di Manu, nembargantes satisfeito. ?Foi complicado porque somos moitos a quedar, todos traballamos, houbo dificultades económicas e persoais?, conta, se cadra en alusión ao anterior cantante, que deixou a banda de súpeto. ?Para nós foi positivo porque o doado nese intre era abandonar, mais decidimos seguir con forza adiante?.

Skárnio mantén o seu característico son multiinstrumental neste novo traballo e tamén o espíritu combativo de sempre.

?Leva unha mensaxe reivindicativa; consideramos que a loita é o único camiño?. I é que ?festa, loita e compromiso? seguen a ser os alicerces creativos da banda, que nas súas cancións fala sen cancelas dos presos independentistas, da defensa da Terra, da emigración, da loita da clase traballadora, da lingua, do internacionalismo...

Eles entenden a música como ?unha ferramenta de autodefensa para o sector social que non se resigna ante a morte do noso pobo, cociñada polos poderes do imperialismo?. Manu explica a maiores que o seu obxectivo é ?achegar ideas que doutro xeito sería imposible? a traverso dun estilo ?que invita á festa e ó baile?. A calidade do seu ska levounos xa a tocar en Galiza toda, mais tamén noutros países.

Dez músicos compoñen esta banda galega que fai do compromiso político o seu sinal de identidade.
Sacan á luz un novo manifesto: ?O nosso caminho?

Edición ?copyleft? e descargable na web

Gravado e mesturado nos estudos AreaMaster e Océano, por Javier Abreu, e producido por Pedro Feijoo, dos Muu Estudios, ?O nosso caminho? inclúe as voces de Mini (A Quenlla), Senén Xenreira), Juantxo (Skalariak), Almudena Transilvanians), e as das mulleres caboverdianas-burelás de Batuko Tabanka. ?Todos moi implicados persoal e musicalmente?, resume Manuel.

O novo traballo de Skárnio foi editado baixo licenza copyleft Creative Commons: ?Queriamos demostrar que a autoedición é posíbel, e cunha licenza libre que permita a súa máxima difusión?. A licenza copyleft permite a copia, distribución e modificación, mentres se recoñeza a autoría, o uso non sexa comercial, e se comparta baixo a mesma licenza. Amais estará disponible de balde na súa páxina web www.skarnio.info.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2008 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Los Satélites, 70 anos 'de lenda'
Los Satélites naceron en 1939 na Coruña, e en 2009 celebrarán o seu 70 aniversario cun novo disco e un documental.

"Satélites, unha orquestra de lenda", realizado por Paco Lodeiro, percorre estas sete décadas de historia dunha das orquestras máis importantes da historia de Galiza (con permiso de Los Tamara). Precisamente será Tito Sedes, vocalista de Los Satélites entre 1970 e 1982 e de Los Tamara nos anos seguintes, despois da retirada de Pucho Boedo, quen acompañe a Lodeiro na presentación do filme, este xoves en Carballo, dentro da programación de Cinemas Dixitais, da Axencia Audiovisual Galega.

Ao finalizar a Guerra Civil, Manuel Otero Mariñas, un dos mellores saxofonistas de Galiza, e Jaime Camino, cantante, actor e produtor de cinema, formaron a orquestra cun conxunto de músicos procedentes na súa meirande parte de bandas militares. Los Satélites foron consolidándose nas décadas dos corenta e dos cincuenta como unha das mellores agrupacións do país, realizando numerosas xiras polo norte de España, por Europa, e mesmo por América, converténdose na primeira orquestra do Estado que viaxaba ao continente. En 1955 actuaron durante catro meses en Venezuela, coa voz do gran Pucho Boedo, chegando a ofrecer recitais en dúas canles de televisión.

A orquestra participou tamén en festivais de música e programas de televisión, por exemplo no Festival del Eo, en Vegadeo (onde acompañaron a Massiel), ou no Festival do Miño, onde foi a agrupación titular entr 1967 e 1970. Tamén participaron no programa de TVE Aplauso, ao longo de 1980. Ten recibido diversos premios á mellor orquestra, ou á orquestra máis solicitada do Estado, e en 1977 obtiveron un disco de ouro. Los Satélites permanecen en activo, e por exemplo en 1999 participaron na gravación do álbum Capetón, dos Diplomáticos de Montealto, e na actualidade a serie Libro de Familia emprega como cabeceira unha canción da orquestra.

Los Satélites contan cunha lexión de seguidores, encabezados polo propio Paco Lodeiro, que ten dito algunha vez que "A min gustaríame ser Sito Sedes, vogalista de Los Satélites. Cando eu era rapaz e comezaba a ir ás verbenas, Sito collía o micro e, con aquela delicadeza, cantaba aquilo de Que soledá, que inmensa soledá invade el alma mía"

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2008 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile 3 de marzo
Vai de Baile do 03 de marzo de 2008

Bailadores da Telleira VS Os Chapeludos


- Fase de concurso



- Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 14-03-2008 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
E continuan os Seráns
Sábado 15 marzo:
-Serán en Borreiros (Gondomar)
-Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
-Serán na Casa da Cultura do Grove

Sábado 22 marzo:
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 29 marzo:
-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en San Pedro (Nigrán)

Sábado 19 abril:
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-Serán de Laxoso

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello? en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo))


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 14 (Venres)
? Loretta Martin no Auriense (Ourense)
? Mofa e Befa con Sempre ao lonxe no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
? Final do Certame de Música Folc Radio Obradoiro no Teatro Principal de Compostela: Ghaita de Pedra (Lugo), Coanhadeira (Ourense), Covalblú (Pontevedra) e Nemon (Biscaia).
? Festa peche da Casa do Coto (Tomeza-Pontevedra)
? Charanga Os do Freixo no Furancho Malaherba (Matamá)
? Festa dos acordeóns diatónicos na Furancho da Balsa (Matamá)

Sábado 15
? Sonoro Maxín, Cuchufellos e Os Chiquilicuatres na Festa da Chuvia en Ribeira
? Loretta Martin en Vilanova de Arousa
? Uxía no Auditorio de Galiza en Compostela
? Kogito no Pub Gatos de Melide
? The Homens no Salón Parroquial de Ponteareas
? Ataque Escampe no Café Teatro de Tui
? Musical Gallaecia no Teatro Colón da Coruña
? Kiosko das Almas Perdidas en Vilagarcía de Arousa
? Mofa e Befa con Sempre ao lonxe no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
? Charanga Os Verdeiroles no Furancho Malaherba (Matamá)
? Marta Quintana no Celtic Harp da Guarda
? Ensaio da Festa da Reconquista na Praza da Constitución de Vigo ás 20:00
? Serán en Borreiros (Gondomar)
? Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
? Serán na Casa da Cultura do Grove

Domingo 16
? Concurso de baile tradicional Azaloira no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda) ás 18.00
? Musical Gallaecia no Teatro Colón da Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ensaio da representación da Festa da Reconquista
Achegandose a data da fin de semana da Reconquista da Vila de Vigo 2008 (29 e 30 de marzo) e argallando os derradeiros detalles do programa de actividades, concertos e actos, a Asociación Veciñal e Cultural casco vello convida a tod@s @s interesad@s a participar na representación dos feitos da Reconquista de Vigo, que todos os anos se escenifica na tarde do domingo da Festa (este ano o domingo 30 de marzo).

Así todos aqueles que desexen participar poden achegarse este sábado ás 20:00 á praza da Constitución, onde terá lugar un ensaio xeral e onde se dará toda a información de como participar e seguir a festa dende a propia representación, que é o mellor xeito para desfrutar da mesma.

Se tes gañas de divertirte, anímate, fai de vigués libertador!!!

Ensaio Xeral:

Cando?: sábado 15 de marzo
Onde?: Praza da Constitución de Vigo
Hora?: ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entreteas da Reconquista
Quince días para ser exactos. O comandante Chalot aínda non o sabe, pero o próximo día 28 o pobo de Vigo enteiro, con Cachamuíña no papel de heroe, vai ensinar aos gabachos o camiño da derrota. Para ir facéndonos á idea, a Asociación de Vecinos do Casco Vello abriu onte a espita da celebración coa inauguración de sendas mostras. Pictórica e de traxes de época a primeira, e fotográfica a segunda.

Josefa Costas, coordinadora do programa, recórdame que este ano a Reconquista será unha festa con sabor agridoce xa que, tal como anticiparon no seu día, estará dedicada a Loli e Manolo, a parella que atopou a morte do pasado xaneiro cando un coche invadiu o carril polo que circulaban en Jenaro de la Fuente.

De feito, ambos son os protagonistas dun dos cadros da exposición, todos eles obra de Xavier Lemos. O pintor se zambulle unha vez máis na historia da cidade para mostrar unha estampa idealizada do Casco Vello e das súas xentes.
Pola súa banda, detrás dos traxes tradicionais están as mans de Patricia González e as súas alumnas do taller de costura. Salvo un, o que tantas veces vestise o veterano gaiteiro Henrique Otero, fundador dos Cruceiros. Confeccionado nos anos 70, cando abandonou a actividade en primeira liña (aínda toca de cando en vez) Enrique regaloullo a Patricia. «Cando lle chamei para dicirlle que estaría na exposición levou unha gran alegría», comentou.

A mostra, que poderá verse ata o 6 de abril na Casa dá Cultura Galega, complétase con tres traxes de gala de muller e con numerosas pezas soltas, blusas, saias, pololos, enaguas... a maioría calladas de traballosos bordados e impresionantes vainicas.

Case desde o mesmo instante en que Patricia González matriculouse en deseño e patronaje de moda, soubo que non se dedicaría ás pasarelas convencionais. De feito as tres coleccións que tivo ocasión de presentar no certame Tesoira rezumaban artesanía e tradición. Esa especial querenza talvez véñalle da súa incursión desde ben jovencita no mundo do folclore. Fai oito anos que forma parte da nómina do grupo Zurrumaya.

En canto á segunda das exposicións, a fotográfica, ten por escenario a Casa Camoes. Josefa Costas explica por que non están baixo o mesmo teito: «Queremos que a xente se penetre no Casco Vello». Detrás de RVisións 2 o espectador descubrirá a Reconquista a través do obxectivo de Marcos Rodríguez e da cámara de vídeo de Xosé Lois Gutiérrez

www.lavozdegalicia.es

Exposición "Entreteas da Reconquista": Na Casa galega da Cultura (Praza da Constitución)

-Traxes de Patricia González e do Obradoiro de Traxes Tradicionais do Casco Vello
-Cadros do pintor Xavier Lemos


Horarios da exposición:
Luns a venres: de 18:00 a 21:30
Sábados: de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00

Exposición RVisións 2: No Instituto Camoes (Praza de Almeida)

-Fotografías de Marcos Rodriguez
-Videos de Xose Lois Gutierrez


Horarios da exposición:
Luns a venres: de 17:00 a 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: Sábado 15 de marzo.
Pateada: Circular Aciveiro

Saída Nº 80


Desta vez tiramos para o Norte, andaremos polo Espazo Natural da Serra do Candán por terras de Forcarei, entre a Serra e as Ribeiras do Lérez

Saída:
Día 15 Marzo ás 9,00 nas Almas perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés )

Percorrido: Circular

Duración aproximada:
6 horas (con paradas incluídas). Pódese facer unha extensión opcional dunhas tres horas mais.

De Interese:
Mosteiro de Aciveiro.
Bosque de ribeira do Rio Lérez
Capela se S Bieito
Aldea abandonada de Grobas (Opcional)
Aldeas, alvarizas, arquitectura popular.

Dificultade: Media baixa.

Organización:
Para mais información, Carrizo. (TF: 610 702 900)

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 14-03-2008 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos acordeóns diatónicos
Este venres 14 está organizada unha Foliada de acordeóns diatónicos no Furancho da Balsa en Matamá (Vigo)

Xa sabedes, entre Pedro, Xose, Ismael e uns cantos máis (...contán con chegar a vinte) montarán unha boa despois de coller os precisos folgos cunha tradicional papatoria previa.

Estades tod@s convidados...a acompañar a festa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
Punk folc en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 07:58
# Ligazón permanente a este artigo
Final do Certame de Música Folc Radio Obradoiro
Entre as maquetas recibidas elixíronse catro formacións: Ghaita de Pedra (Lugo), Coanhadeira (Ourense), Covalblú (Pontevedra) e Nemon (Biscaia).

Venres 14 de marzo

O Teatro Principal de Compostela será o escenario no que catro novas formacións competirán por se converter no gañador da novena edición do Certame de Música Folc de Radio Obradoiro. Entre os catro finalistas, destaca a presenza dun grupo de Biscaia, Nemon, canda a aos lucenses Ghaita de Pedra, os ourensáns Coanhadeira, e os pontevedreses Covalblú. O gañador poderá gravar un disco.

O concerto comezará ás nove e media da noite e a entrada é de balde. No recital poderanse escoitar tamén os temas do primeiro álbum de Pradoiro, Aliaxe, formación de pandereteiras no que tamén se inclúen algúns temas instrumentais. Pradoiro está formado por José Antonio Ferreira (gaita, voz e bombo), Ana Belén Ferreira (pandeireta e voz), Carlos Mosquera (gaita e voz), Esteban Lamas (acordeón), Alejandra Golán (pandeireta e voz), Mª de los Ángeles Ferreira (pandeireta e voz), Nuria Golán (pandeireta e voz), Ricardo González (tamboril e bombo) e Roberto Rama (gaita e saxo).

Nos últimos anos o certame de música folc organizado por Pablo Gacio premiou a grupos que teñen revelado un futuro moi prometedor e que viñeron a renovar a escena folque galega, como Daniel Bellón e Diego Maceiras, Quempallou ou Xochilmica.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-03-2008 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía presenta o novo disco
Uxía retoma o seu 'Eterno navegar'

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 15 no Auditorio de Galicia, en Compostela, dentro do ciclo Sons da Diversidade.

Día de estrea para Uxía. Novo disco (Eterno navegar) e nova banda, encabezada polo excepcional músico das Azores Paulo Borges, que a acompañou na gravación do álbum e que estará con ela durante na xira de presentación que agora comeza. Será unha noite moi especial, unha viaxe musical polo Océano Atlánti4co na que sobre unha base de música tradicional galega Uxía constrúe ritmos e sons de orixe variada, principalmente africana, mais tamén brasileira e portuguesa. Alalás, fados e mornas que compoñen un disco moi traballado, con colaboracións de luxo e que é froito de anos de traballo.

Na gravación de Eterno navegar, que tivo lugar nos arredores de Sintra, participaron, entre outros, Tito Paris, Sara Tavares, Sérgio Godinho, Rui Veloso, Júlio Pereira, Quim Farinha, Guadi Galego, João Afonso, Ugia Pedreira, Filipa Pais, Amélia Muge, Pulpiño Viascón, Manecas Costa, Zeca Medeiros ou Jon Luz. Temas como Danza ritual, As nosas cores ou a propia Eterno navegar veñen suceder ao aclamado Danza das Areas, publicado no ano 2000.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 15 no compostelán Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Sons da Diversidade, con prezos de 15 euros (7,50 para estudantes e xubilados).

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-03-2008 07:45
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Borreiros
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-03-2008 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Chuvia (Ribeira 2008)
FESTA da CHUVIA 2008

O Venres 14 e Sábado 15 de Marzo, em Ribeira, que este ano contará com moitas sorpresas ademais dum interesante cartel.

Este ano actuarám em Ribeira:

Os Chiquilicuatres
O Sonoro Maxín
Os Cuchufellos
Iván DZ
The Cañas
Desalojo
Tevra


e demais actividades varias como Charangas, Canon humano, feira Hip-Hop, Circo, ....

www.festadachuvia.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2008 07:39
# Ligazón permanente a este artigo
San Pepe 2008 na Coruña

Outro ano máis, vaise celebrar o San Pepe o patrón da Facultade de Informática de A Coruña, a festa universitaria da Universidade da Coruña que máis xente atrae.

Xoves 13 de marzo

No escenario principal os concertos empezarán as 21:00hs. co cantautor O Leo i arremecághona, seguirá as 22:30hs. con O Sonoro Maxín, grupo formado por excompoñentes de Lamatumbá, E rematará a festa ca Banda Potemkin, formada por músicos que estiveron en diversas bandas galegas como Os Papaqueixos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-03-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Uxía
O último traballo da cantante será presentado este sábado, pero xa adiantou esta mañá para os medios como foi o o seu proceso de creación.

Poderemos gozalo nun concerto no Auditorio de Galicia, no marco do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura compostelá e Nordesía. Será este sábado 15, ás 21.00, pero a autora xa achegou parte do seu traballo, no propio Auditorio, na mañá deste mércores. Acompañárona o concelleiro Néstor Rego, o director xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, o compositor Paulo Borges, quen a axudou nos arranxos, e Quim Farinha, quen puxo o seu gran de area (ou máis ben, varios grans de area) no proxecto por medio das súas fotografías artísticas.

Néstor Rego lembrou como xa querían contar con Uxía para a primeira edición de Sons, pero ela mesma preferiu agardar a ter un proxecto rematado, coma este. "O concerto demostra que é posíbel organizarmos un ciclo de músicas do mundo, unha serie de concertos para a diversidade de linguas, de culturas e de países, e que Galiza estea presente. Uxía, pola súa banda, amosouse moi feliz de presentar Eterno navegar neste ciclo.

"É un disco moi elaborado", afirmou: "investimos nel moitos anos de traballo, de investigación. Dende que comecei a cantar, sempre foi un reto para min investigar na nosa tradición e á vez tender unha ponte no Atlántico, para enriquecer a nosa música coas cores e a vida desa nosa familia lusófona". Tamén quixo especificar que non se trata dun disco de xénero no sentido estrito: "non quixen facer un disco de fado ou de morna caboverdiana, senón fundir estes estilos con outros nosos, como o alalá, nun único perfume".

Sons da lusofonía

A colaboración con músicos da lusofonía e unha constante ao longo do disco, comezando polos arranxos de Paulo Borges, nun traballo onde Uxía quería reafirmarse como compositora. No tema "As nosas cores", tema central da curtametraxe Esquecidas, "un canto ás mulleres resistentes", colabora coa caboverdiana, lisboeta de adopción, Sara Tavares, que actuou na anterior edición de Sons da Diversidade.

Tamén recupera letras da lusofonía, como a do alentejano Paulo Abreu Lima no "Eterno navegar" que lle dá título ao disco, "Unha noite na eira do trigo", de Curros (coa música de José Castro 'Chané'), "Nalgures", de Marica Campo, ou "Eu en ti", de Celso Emilio Ferreiro. Tamén atopamos unha peza inspirada (e que conta coa participación) por Tito París, a colaboración de músicos galegos, como Fran Pérez e Pepe Sendón en "A Quimera", ou de Héctor Lorenzo en "Rumores de falúas", amais de pezas tradicionais como o Alalá de Muxía ou A lira (das Azores, con Zeca Medeiros).

O estudo gravouse entre Sintra (Portugal) e os estudios Casa de Tolos, en Gondomar, sempre coa axuda do pianista e compositor Paulo Borges, quen cualificou o traballo con Uxía de "aventura": "o máis difícil era saber que era o que quería Uxía, musicalmente, artisticamente, persoalmente. A mellor maneira de sabelo foi pasar este tempo con ela e coñecela. Doutro xeito non funcionaría: poderiamos ter o mellor estudio do mundo, pero sen a confianza, non sairía adiante o proxecto".

Máis alá da música

Amais de Paulo Borges, a artista colaborou coa faceta artística de Quim Farinha, violinista de Berrogüetto: da súa autoría son as orixinais fotos que ilustran a coidada edición do disco: recolleu a esencia do Atlántico con cunhas, areas e outros elementos da natureza: "Eu en ti" aparece escrito con area na lagoa do Ancoradoiro, "As nosas cores", con pétalos de flores...

No concerto do sábado poderemos mergullarnos no Atlántico que Uxía recolle no seu Eterno navegar da man da súa voz e de varias colaboracións: Manecas Costa, Xacobe Martínez, Tito París, Santiago Cribeiro, Anxo Pintos ou mesmo Pulpinho Viascón co seu serrucho arrouparán á cantante nesa gran noite. Amais, a partir do día 15 comezará a funcionar tamén a web uxia.net.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2008 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias da terceira tempada do Alalá
11/03/08 Xistra de Coruxo 14,1% (139.000)
04/03/08 O Gaiteiro das Habana 11,6% (128.000)
26/02/08 Lizgairo 11,5% (125.000)
19/02/08 O Castriño de Rebordechán 15,9% (175.000)
12/02/08 Faustino Santalices 14,8% (157.000)
05/02/08 O Ghaiteiro do Piñeiro 17,8% (170.000)
29/01/08 Os Terribles de Donas 15,3% (162.000)
22/01/08 Proxecto Ronsel 16,6% (186.000)
15/01/08 A Taberna do Lorenzo: 16% (184.000)
08/01/08 Jose Marentes: 15,5% (175.000)
01/01/08 Toutón: 12,5% (144.000)
25/12/07 Especial Nadal: 12,4% (141.000)
18/12/07 A Requinta de Xián: 17,1% (185.000)
11/12/07 Cesar Fernández: 14,5% (146.000)

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso para o concerto de Uxía
Sons da diversidade 2008
Uxía no Auditorio de Galiza (Compostela)
15 de marzo

Máis de 20 anos de carreira convértena nunha das voces máis populares e valoradas do país. As súas cancións teñen a presenza latente ou explícita da música tradicional cun tratamento anovador e persoal, un punto de encontro para as diferentes culturas. Agora presenta o seu novo traballo, no que conxuga á perfección o compás dos tambores coas doces melodías galegas. Percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. A voz do Atlántico, Uxía

Consigue unha das 5 entradas para o concerto!
Participa no concurso!


O 13 de marzo daránse a coñecer os gañadores

Concurso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do ACoruñaSon

ACoruñaSon anuncia os seus dez gañadores

Os artistas e grupos seleccionados asistirán a un obradoiro musical con Santiago Auserón, antigo líder de Radio Futura.

O concurso CoruñaSon, organizado polas concellarías de Cultura e Mocidade da cidade, recibiu máis de cincuenta cancións, entre as que se elixiron trinta finalistas. Entre todas elas, Santiago Auserón, director técnico do certame, seleccionou dez gañadores, que agora participarán nun obradoiro que impartirá o propio Auserón, Juan Perro.

No seu ditame, o antigo líder de Radio Futura destacou o bo nivel dos participantes e aclarou que a selección atendeu a diversos factores, entre os que estaban o de orixinalidade e variedade de estilos: "son as que a min me parecen máis adiantadas desde o punto de vista da composición, pero tamén quixen ter en conta na selección dous factores: que predominen as propostas novidosas e que se mostre un abano de estilos amplo, non reiterativo, permitindo facerse unha idea interesante do horizonte da canción galega".

O obradoiro terá lugar na Coruña entre os días 24 e 28 de marzo, e ademais dos artistas seleccionados, poderá asistir como oínte todo aquel que o desexe.

Estes son os dez gañadores:


NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
MIKI: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
MRCARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
CHUS: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
O SONORO MAXÍN: A rua do perigo. Reggae atlántico
TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
D-LAXE: Túas man. Trip-hop atlántico.
SONHOS: María. Nova bossa galega.

www.vieiros.com

http://acorunason.eu
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-03-2008 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chiquilicuatres: disco en novo soporte

Non cremos que a idea lles viñera das feiras e festas gastronómicas, aínda que todo pode ser no Barbanza. Xa saben: mercas a cunca da festa, e o viño ou xarope sae en plan barra libre (algún día pescudaremos por que se di barra libre a súa relación con Cuba libre, e tamén con líbrenos deus). Ou compras o prato e o churrasco, de balde.

Pois Os Chiquilicuatres van facelo co novo disco, que xa é no título toda unha provocación para a SGAE e afíns: "Delitos de autor".

Non vai haber disco: a música hai que comprala nun pen drive (lapis de memoria, memoria usb). O concerto da banda na Festa da Chuvia deste ano (xa falamos dela aquí pero mellor ide directamente á web http://festadachuvia.com) grávase e tamén se inclúe no lapis. Deste xeito, se es posuidor do lapis, poderás no futuro renovar a música deste grupo, sen pagarlle un céntimo de euro máis á SGAE e aos seus amiguetes, pois non se fai gasto en cd´s nin dvd´s, e o canon dixital do pendrive xa está amortizado.



http://eniac-informatica.com
Comentarios (5) - Categoría: Discos - Publicado o 12-03-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Radio 3 e TVE2

Emisión do concerto gravado o 21 de Xaneiro por Marful para Radio 3 e TVE2.

Primeiro en Radio 3 e despois na 2 de TVE.


En Rádio 3
Será emitido o martes 11 de Marzo de 20:30 a 21:00 horas,

En TVE2
Será emitido às 2:00 horas da madrugada do xoves 13 de Marzo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2008 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá de hoxe martes
Hoxe, martes, día 11/03/2008

Hoxe o programa Alalá visita a República Independente de Xistralia; non fai falla que busquen no mapa porque é un país imaxinario, pero a súa base está no barrio de Coruxo, en Vigo. De aquí son, residen ou se achegaron os membros de Xistra de Coruxo que pouco despois de formalo grupo, argallaron unha asociación, a de "Gaiteiros de Xistra". Tanto deu de si este traballo que están de aniversario e xa van alá vinte anos.

Nestas dúas décadas pasaron moitos "Xistraleiros" pero todos invadidos por unha filosofía en común, a súa forma de tocar é galega e miñota, e isto quere dicir que recuperan a cultura de cando Galicia e Portugal eran algo máis que irmáns, "eramos unha única cultura".

A maioría dos seus compoñentes non se dedica profesionalmente á música e ademais de tocar por amor á arte, a asociación folclórica "Gaiteiros da Xistra" ten outros proxectos relacionados coa música como son os concertos didácticos para nenos.

O seu proxecto é amplísimo: imparten clases de ensino musical popular galego en distintas asociacións do sur da provincia de Pontevedra; as súas viaxes por Europa son frecuentes e participaron na gravación dun CD sobre música mariñeira. A Suecia alemá é a súa segunda casa, acoden case anualmente para participar no maior encontro sobre as gaitas europeas. Pouco mais se pode pedir pero os de Xistra sempre teñen a capacidade de sorprender.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Traxe Tradicional

O vindeiro mércores día 12 de Marzo, imos organizar un Obradoiro que terá como tema central o Traxe Tradicional. A continuación indicamos a ficha da actividade :

Data: Mércores 12 de Marzo de 2008
Hora: 19:30 h
Lugar: Centro Sociocultural de San Andrés. Vilavidal - Concello de Ramirás.


Dito obradoiro ten como finalidade axudar a pais e alumnos, e a todo aquel que lle interese o tema, a saber vestir o traxe tradicional galego e distiguir as distintas partes do mesmo, asi como axudar a ver diferentes tipos .


Escola de baile e música tradicional REBULIR
Enderezo : Centro Sociocultural de San Andrés S/N .
CP: 32810
Vilavidal - Concello de Ramirás - Ourense

Teléfono : 639 90 80 05
Correo Electrónico : rebulir@hotmail.com
Páxina/Blog : WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0