Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A reinvención de Berrogüetto
O coruñés Xabier Díaz debutou onte coa súa nova banda, nun repleto teatro Rosalía de Castro.

"A quen prefires a Guadi ou a Xabier?", preguntábanse onte os que saían do teatro Rosalía de Castro, logo das dúas horas de concerto que ofreceu Berrogüetto, "e ti a quen lle queres máis, a papá ou a mamá?", podería ser a resposta tipo, porque son diferentes, porque nada ten que ver a voz de Guadi Galego coa interpretación do coruñés Xabier Díaz.
Susana Seivane, Uxía Senlle, Isabel Vilaseco... moi poucos foron os que non asistiron á cita da reinvención de Berrogüetto, á súa "reinterpretación", como a cualificou o membro da banda, Anxo Pintos, na súa presentación.

Di Xabier Díaz que o Rosalía é "o teatro máis fermoso do planeta", que é algo así coma un amuleto e funcionou onte deste xeito porque a súa entrada no escenario produciuse xa con todas as localidades ocupadas e, dúas horas despois, o público púxose en pé para despedir e agradecer que un dos seus veciños se atrevese a dar unha volta máis e a recoller temas como Bailador e Entre fusco e lusco para imprimirlle un novo aire, unha nova maneira de facer tradición enriba dos escenarios, con mesturas doutras músicas e maneiras de cantar.

"É un home que non necesita presentación, así que, cando toque, tocará", afirmou Anxo Pintos antes de que Díaz aparecese no escenario para cantar Entropía; unha mestura de aturuxos que saían das gorxas do público, palmadas, ritmos que seguidos cos pés, coas mans ou co que se teña cerca e as letras de sempre, aínda que cantadas dende a beira masculina da música.

"Querémoslle adicar este concerto a unha persoa á que coñecín hai vinte anos en Cedeira, unha moza á que cando vía aos ollos, sabía que a súa forza e o seu talento non tiñan límites", dixo Díaz, lembrando á súa predecesora.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2008 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro tema do novo disco de Lamatumbá

Primeiro clip promocional de "Paraugas universal" (PAI-Música 2008), o novo traballo discográfico de Lamatumbá.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 31-03-2008 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas de Ponteareas para Xangai
Artistas de fama internacional e galegos emigrados recorren ao taller dos irmáns Gil para comprar instrumentos cuxo prezo puiden alcanzar os 9.000 euros

Dos escenarios onde actúan Carlos Núñez ou Xosé Manuel Budiño a casas particulares de Buenos Aires, Venezuela, Estados Unidos ou Xangai pasando polo plató de Eurovisión de 1994.

Todos estes escenarios teñen algo en común, as gaitas dos irmáns Gil, artesáns de Ponteareas.
ás súas costas atópanse logros como a primeira aparición no certame musical europeo do instrumento máis típico de Galicia, aínda que naquela ocasión portaban a súa obra artistas portugueses do grupo Alma lusa.

Só unha pequena demostración do seu bo facer, que provocou que teñan listas de espera de preto dun ano para poder facerse cunha gaita. Un traballo laborioso que pode durar de cinco días a tres semanas, dependendo do encargo. Do mesmo xeito cambia tamén o prezo, que pode quedar en 1.150 euros por unha estándar ou os 9.000 euros, cando o pedido inclúe incrustaciones ou materiais como a prata.

A idea xurdiu cando o irmán maior, Xosé Manuel Gil, iniciouse no mundo da música. «Algo xa viña de familia porque o meu avó era músico e tocaba o clarinete. O meu pai tamén tocaba algo a gaita», recorda o artesán. Logo de empezar no colexio e tras pasar polo conservatorio decatouse por casualidade da posibilidade de aprender a confeccionar gaitas na Escola de artes e oficios de Vigo.

Cinco anos de formación despois, abriu o seu taller en Ponteareas. «Tamén estaba na banda Xarabal, nesa época coincidín con Núñez e con Budiño. Foi unha moi boa época para o folk», comenta Xose Manuel Gil.

Case dúas décadas
Desde entón pasaron xa 17 anos dando forma a madeiras que eles mesmos buscan ou compran a empresas do sector. «No caso do buxo falamos co propietario da árbore e negociamos. Logo a madeira ten que secar durante catorce anos», aseguran no taller.

O fol vén desde Escocia, feito de material sintético, e o resto confecciónase en Ponteareas. O proceso comeza dando forma á madeira, cos modelos de torneado que teñen ou ben a petición dos compradores.

Entre os pedidos hai pezas «excéntricas», como unha gaita cos punteiros totalmente redondos, sen torneado ou un encargo medieval, que finalmente quedou sen cubrir. Aínda que sen dúbida as pezas máis populares son as que despois portan os famosos, o grupo escocés Capercaille, os lusos de Brigada Victor Jara e os galegos Xose Manuel Budiño, Carlos Núñez ou Mercedes Peón. A boa acollida levou aos irmáns, que selan todas as súas obras como Gil, a exporse unha ampliación do taller que inclúa unha zona de exposición dos instrumentos antigos que coleccionan. Un proxecto a longo prazo para abrir máis oportunidades de negocio, feito que xa conseguiron coa súa páxina web. Desde o portal www.gaitasgil.com reciben encargos de galegos emigrados por medio mundo.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2008 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 28 (Venres)
• Capitán Furilo na sala Leblon de Pontecaldelas
• Loretta Martin en Padrón
• Quempallou na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Terrakota (Portugal) na Sala Nasa (Compostela)
• Carlos Blanco e Manecas Costa (Humor Neghro) na Casa da Cultura de Burela
• Tres Peixes Voando na Fábrica de Chocolate Club de Vigo
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)
• Serán no Torreiro de Beirán en Matamá (Vigo) Adiado

Sábado 29
• Festa da Reconquista de Vigo
• X Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu)
• Xose Manuel Budiño no Centro Social caixanova de Pontevedra
• Som do Galpom no Bar Beni de Bueu
• Tonhito de Poi e Rasa Loba na sala A Reserva de Carballo
• Retobato no Garufa (A Coruña)
• The Homens na sala Leblon (Pontecaldelas)
• Tres Peixes Voando na Sala The Star de Carral (A Coruña)
• Sonoro Maxín E Ruxe-Ruxe en Celas (Culleredo)
• Loretta Martin no Rum Rum de Ferrol
• Drinkin´Tinto na Sala Nasa (Compostela)
• Kiosko das Almas Perdidas (con Mercedes Peón) no Auditorio de Galicia (Compostela)
• Capitán Furilo na Sala Contrabajo de Vigo
• Ardentía na Festa da Reconquista de Vigo ás 22:30 na Praza da Pedra
• Serán en Vilaza (Gondomar)

Domingo 30
• Festa da Reconquista de Vigo
• Berroguetto no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
• Xantar Gaiteiro en Lugo
• Kiosko das Almas Perdidas (con Mercedes Peón) no Auditorio de Galicia (Compostela)
• X Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu): Pandereteiras de Toutón e Pepe Vaamonde Grupo
• Foliada do Palitos en Lalín ás 19:00
• Toques de Caramulo (Portugal) e Marta Coutinho na Festa da Reconquista de Vigo ás 20:30 na Praza da Constitución
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
E continuan os Seráns
Venres 28 marzo:
-Serán en Beirán (Matamá-Vigo) Adiado

Sábado 29 marzo:
-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-Serán do Ghaiteiriño (Aldán)

Sábado 19 abril:
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
-Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello” en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-III Serán do Mar de Rianxo

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
-Serán en Redondela (Alameda)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo))


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-03-2008 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Lume na Palleira
O recuncho do próximo sábado 29 de marzo no programa da Rdio Galega tratará de lembrar a figura do gaiteiro BENIGNO MÉNDEZ (Vigo 1920-1990), gaiteiro de referencia na comarca de Vigo que se adicou por enteiro a gaita como profesor e intérprete en distintas entidades veciñais e colexios de Mos, Vigo e Redondela. Forma parte da tradición máis xenuina da gaita galega que permitiu ás xeracións seguintes recuperar debidamente o mellor da tradición musical galega. Moitos dos seus alumnos e alumnas forman parte ilustre da música tradicional actual.

Neste programa escoitaranse intervencións deste gaiteiro nas gravacións do grupo "A Roda " co que colaborou, así como algunha gravación de pezas da súa autoría como o "Pasodoble do Carballal" interpretada polo grupo Xistra de Coruxo. Ademáis revelaremos aspectos pouco coñecidos da súa biografía como a súa intervención na Televisión Española ou a reportaxe que lle fixeron para unha coñecida revista de difusión nacional. Falaremos con xente que o coñeceu e coa súa propia irmá para achegarnos máis a súa figura artística e humana.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas as fotos dos Seráns de Gargamala e da Hermida

Seguimos a subir instantes de Seráns pasados.

Hoxe tócalle as seráns de Gargamala e o da Hermida

Serán de Gargamala

Serán da Hermida
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-03-2008 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Once anos despois... único concerto dos Drinkin´Tinto
DRINKIN´TINTO
ONCE ANOS BEBENDO EN TODOS OS BARES


O nome Drinkin'tinto (bebendo viño tinto), xurdiu da idea de cinco colegas que se reunían contínuamente para beber kalimotxo e cervexa polas tardes. Despois de varios anos de experiencia alcoholica pensaron en formar un grupo rock. O resultado foi Drinkin'tinto.

DRINKIN'TINTO formouse nos meses de nadal do ano 1996 - 1997. A súa formación orixinal non sufriu ningún cambio ata o de agora, contando cos seus cinco compoñentes iniciais: Deví: Voz, Markos: Guitarra 1, Luis Fortunez : Guitarra 2, Charlie: Baixo, Arturbo: Batería.

Os primeiros concertos da banda realizáronse en varios institutos de Santiago de Compostela, chamando a atención dun público que se identificaba coas súas letras e que demandaba aos Drinkin’tinto para todo tipo de concertos e festivais para a mocidade.

Ao pouco tempo de comezar a tocar e de ensaiar no “galpón dun tapiceiro” da súa aldea, elaborouse un repertorio de cancións propias en galego e a xente comezou a pedir un disco dos Drinkin’tinto, para poder levar para casa e poñer nos locais que máis frecuentaban. Con este motivo xurdiu a oferta de Galiza Up Récords para gravar o primeiro disco, titulado “Collleita Propia”, editado no ano 1999. Onde destacan temas como “Corrupsión na Esclavitud”, “Dulce pirica”, “A Nosa Canción” ou “Ceibe”.

Durante os anos 2000 – 2002 presentaron “Colleita propia” por toda Galicia, dando a coñecer o seu traballo e participando en diferentes programas de radio e televisión.

Despois de dous anos de troula por tódolos bares e locais de concertos do país, o grupo edita un novo disco coa produtora galega Edicións do Cumio no ano 2002. Un traballo discográfico que titulan “Lei do botellón” e no que inclúen seis novos temas que supoñen unha clara evolución musical na banda, pero sempre mantendo a mesma forza e vitalidade que os caracterizaba.

No ano 2004, a ausencia de dous membros da banda obrigou a disolver o grupo nun dos momentos de maior actividade do mesmo. Manténdose unha moi boa relación entre tódolos compoñentes e xuntándose algunha que outra vez para recordar os bos momentos vividos dende o 1997.

Once anos despois da súa formación, e non dez, os Drinkin’tinto regresan para realizar un único concerto de homenaxe na Sala Nasa, a sala onde presentaron os seus dous discos nos anos 2000 e 2003 respectivamente. Un único concerto no que contarán coa participación de numerosos artistas convidados e no que, sen dúbida, sorprenderán de novo coa súa posta en escena e as súas cancións. Como non podía ser doutra maneira, o viño tinto será gratis para tódolos asistentes durante a actuación.

Sábado 29 de marzo ás 22,00h na Sala Nasa

7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 5 €

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Esre domingo debut de Xabier Díaz con Berroguetto
Xabier Díaz debutará como cantante de Berrogüetto no teatro Rosalía na Coruña.

O compositor e cantante Xabier Díaz debutará como vocalista de Berrogüetto no concerto que a agrupación ofrecerá o vindeiro domingo, 30 de marzo no teatro Rosalía de Castro.

As entradas para asistir ao debut de Xabier Díaz á fronte de Berrogüetto están xa á venda na páxina web www.caixanova.es; no número de teléfono 902 504 500 e na taquilla da praza de Ourense, aos prezos de seis, sete, nove e trece euros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Tres Peixes Voando en Vigo

Un marraxo, unha xarda e un bacallau, tres peixes que voan dende os mares galegos coas músicas do mundo. Dúas voces e unha guitarra de máxima actualidade na música galega: Ugía Pedreira (Marful), Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berroguetto).

Dende xaneiro ate abril percorren moitas vilas galegas nunha xira na que levan aos escenarios as cancións que versionean no programa da Radio Galega: versións de grandes clásicos populares en galego, portugués, español, inglés, francés ou italiano. Podemos escoitar na guitarra de Guille e nas voces de Xabier e Ugía, a Caetano Veloso, Djavan, Lenine, Paolo Conte, Pedro Guerra, Henri Salvador, Misia… e tamén a canción galega dos anos 70, a movida viguesa dos 80 ou a nova composición dos 90.

Aproveitando o feriado en Vigo estarán este vernes 28 de marzo ás 22:30 na Fábrica de Chocolate Clube

Entrada Única 3€

Vindeiros concertos:

29 de Marzo Carral ( Sala the star)
4 de Abril Santiago (Pub Crooner)
12 de Abril Lugo (Sala Clavicémbalo)

www.myspace.com/trespeixesvoando
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xantar Gaiteiro
A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS CELEBRA EN LUGO O XIII XANTAR GAITEIRO

O vindeiro domingo 30 de Marzo a cidade de Lugo acollerá a centos de gaiteiros e gaiteiras que encherán de música tradicional as rúas da cidade

Lugo acollerá o vindeiro domingo, 30 de marzo, o Xantar Gaiteiro, este é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 13ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega.

O lugar escollido para a celebración desta XIII edición é a cidade de Lugo, concretamente o restaurante do Hotel Jorge I, onde os asistentes poderán disfrutar dun menú consistente en cocido galego e postres caseiros.

A cita ten como finalidade xuntar, durante un día de lecer, a toda aquela xente que gusta da nosa música tradicional, compartir un bo xantar, e pasar unha sobremesa agradable na que non faltará a música e o baile.

A xornada comezará, xa pola mañá, nas rúas do centro da capital lucense, onde se darán cita músicos tradicionais chegados de distintas zonas de Galiza para disfrutar do casco histórico onde farán soar os seus instrumentos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-03-2008 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o Serán de Beirán
Atención:

por motivos meteorolóxicos suspéndese o serán de Beirán (matamá), para outra data a concretar.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-03-2008 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
De festa con Ardentía
Para os amigos que estiveron presentes na gravación do programa de Alalá sobre Ardentía e que non puideron velo este martes, aí vos vai un anaquiño: Ardentía e a festa montada na Nogueira con xente de Albendeira, Malmequer, Casco Vello,...





Para ver o prgrama completo:

www.crtvg.es

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2008 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Participa na Festa da Reconquista
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2008 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO. Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que corre o perigo de desaparecer.

Este ano é especialmente importante xa que se celebra a décima edición deste evento.

PROGRAMACIÓN MARZO 2008

•OBRADOIROS:

OBRADOIRO DE CESTERÍA TRADICIONAL. Realizaranse os días 24 e 26 de marzo. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas.

OBRADOIRO DE FOLLACO. Realizarase os días 25 y 27 de marzo. Prazas limitadas. Necesario inscrición previa.


VENRES 28 DE MARZO

MUIÑADA. Comezará ás 10:00 horas e poderase visitar ó longo de toda a xornada. Pola noite haberá música tradicional. Para rematar a xornada, ás 12:00 horas da noite farase unha queimada.


•SÁBADO 29 DE MARZO

EXPOSICIÓN. Exposición dos 10 anos da Recuperación do Millo Corvo en carteis e imaxes de tódalas actividades da asociación.

Charla – coloquio: “O rural, encontro entre o home e a natureza”. Nesta charla realizarase un percorrido polas tradicións, usos, lendas e curiosidades das plantas e animais máis directamente vencellados ao medio rural, facendo especial fincapé na importancia do home como conservador da biodiversidade. A charla – coloquio dará comezo ás 18:00 horas. Ponentes: Alba Dasairas e David Álvarez.

Festival “A PAN DE MILLO”. Actuacións de agrupacións tradicionais de música e baile. Comezará ás 20:00 horas. Actuarán:
- Grupo de baile Soavela
- Grupo de baile da Asociación Cultural Abiñadoira
- Banda de gaitas Manxadoira

ECOTABERNA. Poderanse degustar diferentes tapas e platos elaboradas con millo corvo.


•DOMINGO 30 DE MARZO

X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

10:00 horas. Ruta de senderismo: “O rural, encontro entre o home e a natureza”. Roteiro que completa a charla do sábado 29 que ten o mesmo nome.

11:00 horas. Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.

12:00 horas. Presentación do número 6 da revista A Lingua do Corvo.

12:30 horas. Lectura do pregón a cargo de Yolanda Castaño (poetisa galega)

12:45 horas. Actuación de “NA VIRADA”

16:00 horas. Representación de títeres “O tranqui pasou por Meiro”, por conta da sección infantil do grupo de Teatro Simalveira de Meiro.

16:30 horas. Charla: "O Grupo de investigación arqueolóxica e etnográfica ¨"A Laxe da Irena" e o seu proxecto para Ponte Caldelas". Relatarase os obxectivos do Grupo "A Laxe da Irena", as súas actuacións e o seu proxecto para Ponte Caldelas. Se visionarán dous DVD, un sobre o Roteiro do río San Vicente e outro sobre o patrimonio histórico de Ponte Caldelas. Ponente: Buenaventura Aparicio Cansado (Doutor en Historia, antropólogo, fundador e coordinador do Grupo "A Laxe da Irena").

17:30 horas. Actuación das Pandereteiras de Toutón.

19:30 horas. Actuación de: Pepe Vaamonde Grupo.

Durante todo o día:

Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
Elaboración de recetas tradicionais co millo corvo na Ecotaberna.
Exposición etnográfica.
Exposición de carteis e imaxes dos 10 anos da recuperación do millo corvo e de actividades da Asociación Cultural Meiro.
Rutas guiadas ao muíño da Presa.
Talleres e obradoiros artesanais:
•Obradoiro de cestería.
•Taller de carpintería: arranxo dun carro.
•Taller de abanos de carballo.
•Obradoiro de follaco.
Proxección de vídeo e diapositivas do proceso de recuperación do millo corvo.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2008 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Sar 2008
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-03-2008 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso do cartaz de Ortigueira 2008
Envía xa o teu deseño de cartel!!

Xavier Mariscal no 2005, Siro López no 2007...este ano ti podes ser o autor do cartel oficial do Festival Ortigueira. Presenta dende hoxe e ata o día 4 de abril os teus deseños de afiche oficial para a edición 30 aniversario da cita folk. Están en xogo 6.000 euros.

Non se esixe ser deseñador gráfico, nin publicista, tan só ter unha idea con gancho que poida representar ao Festival Ortigueira. O tema e máis a técnica utilizados para crear o cartel son libres. E se establece como única premisa fundamental, que o deseño sexa totalmente inédito.

A proposta gañadora será utilizada na campaña de publicidade exterior previa á edición 30 aniversario do festival, que se celebrará entre o 10 e o 13 de xullo. Ademais, haberá de adaptarse aos distintos produtos de mechandising do propio certame.

A calidade plástica, a efectividade promocional ou as condicións de reprodución máis idóneas son algúns dos aspectos que deberá avaliar o xurado- que, cando menos, incluirá a dous artistas ou deseñadores gráficos de prestixio- para seleccionar a obra gañadora.

Como e onde presentalo?

Os carteis, que irán identificados cun lema para manter en segredo a autoría durante o proceso de selección, terán que presentarse en soporte dixital y también montados a sangue en cartón pluma ou noutro soporte ríxido similar de 50 x 70 cm. Deberán entregarse na Casa Consistorial de Ortigueira (A Coruña) ou ben enviarse por correo ordinario ao Concello de Ortigueira (praza de Isabel II s/n, 15.330 Ortigueira) coa referencia "Concurso Cartel Festival Celta 2008". En ambos os dous casos a data límite será o vindeiro 4 de abril.

www.festivaldeortigueira.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2008

XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2008

Data do Concurso: 27 de abril no Teatro Colón da Coruña

Data remate de inscrición: 5 de abril de 2008
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2008 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Boletín para XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2008
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
VII Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcia
VII Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcia

28 de maio de 2008 ás 19:30

Se estades interesados en concursar pedide as bases a malveiras@malveiras.com


RESUME DO CONCURSO 2007


www.malveiras.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-03-2008 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chegou a Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista de Uxía
'Eterno Navegar' é unha viaxe polo Atlántico: de Galiza a Cabo Verde, de Angola a Lisboa pasando por Brasil, unha travesía mariñeira na que se mesturan todos os ritmos.

"Máis alá do ermo das palabras/ máis alá da dor/ sinto o teu calor", así canta Uxía en Sen ti, segundo tema do álbum. O Máis Alá é o horizonte dos viaxeiros, dos mariñeiros, dos poetas e dos artistas, de todos aqueles que encetan un camiño. E Eterno Navegar é un camiño, a viaxe de case oito anos que Uxía realizou dende o seu último traballo, A danza das Areas. Moito tempo? O necesario para coñecer e impregnarse das mornas caboverdianas, dos ritmos angolanos e das cancións tradicionais das Azores. Días e noites en Lisboa, e un exército de poetas e músicos dos que Uxía se foi rodeando para conformar este traballo, no que conflúen todos os portos e praias do Atlántico.

Eterno Navegar estará nas tendas o 14 de abril (aniversario de proclamación da República), pero os asistentes ao concerto que a cantante ofreceu o pasado 15 de marzo en Compostela puideron gozar xa destes novos temas, na voz de Uxía e de todos os amigos que a acompañaron, de Galiza, de Portugal, de Cabo Verde, de Guiné Bissau, de Angola... "Cada vez hai máis aproximación, máis contacto. Á fin e ao cabo, son xente que mora aí ao lado, viven en Lisboa", di Uxía.

Lisboa segue sendo o centro da música da lusofonía, non si?
Si, é tremendo. Hai unha colonia caboverdiana impresionante, e tamén moitos músicos de Angola, de Mozambique... Lisboa é Portugal, pero é África tamén, e polas súas rúas circula sangue africana. E inflúe moito tamén na nova música portuguesa, nesas músicas urbanas que teñen unha grande ascendente brasileira, africana. Hai cousas moi interesantes. Vese moi ben nun documental que se chama Lusofonia, A Revoluçao. E comeza a verse tamén un pouco en Santiago, que comeza a ter ese mesmo carácter multicultural.

De aí o de gravar en Sintra...

Si, porque eles estaban alí. Pero tamén gravei alí porque traballar fóra de Galiza ofrece un maior sosego, non tes interrupcións.

Foi moi intensivo o proceso?

Neste disco o que levou máis tempo foi o proceso de preprodución, escollendo os temas, e buscando esa sonoridade nova. E aí foi fundamental a complicidade de Paulo Borges. Veuse para Santiago e aquí traballamos moito. E así, a medio camiño entre Santiago, Lisboa e as Azores, fomos cociñando o repertorio. O que máis nos preocupaba era atopar esa sonoridade que encaixase co que eu pretendía crear, que estivesen presentes eses sons do Atlántico, pero que tampouco fose todo demasiado evidente, demasiado explícito. Quería misturar os xéneros e os instrumentos, incluíndo ao mellor un cavaquinho nun tema tradicional galego, ou unha zanfona nunha morna caboverdiana.

Como entraches en contacto con Paulo Borges?
Coñecino na Azores, onde fun tocar a un festival, e aí xa falamos da posibilidade de facer algo xuntos no futuro. E xurdiu a posibilidade porque eu necesitaba que alguén fixese a dirección musical de Cantos na Maré.

Cando naceu o disco, aínda que fose como concepto?
Pois case cando nace o propio Cantos na Maré, no 2003. Porque en parte ese son que buscabamos estaba alí, en Cantos, sobre todo a través da banda base do festival que dirixía Paulo. Pero o proceso de preprodución propiamente dito, e a selección do repertorio, comezaron hai uns tres anos. E en paralelo, xurdiu tamén o proxecto das fotografías de Quim...

Como xurdiu ese proxecto? Foi unha proposta del ou túa?
Foi unha proposta miña. El é un artista xenial, pouca xente sabe que detrás desa estética tan fantástica de Berrogüetto está el. Quim ten un espírito renacentista: é un pouco escultor, un pouco fotógrafo... Ademais hoxendía a fotografía é un valor engadido nos discos. Se só ofreces música, a xente opta por baixalo do Emule. O libreto está moi coidado e debe ter ao redor dunhas sesenta páxinas.

Tedes en mente editar nun DVD estes concertos?
O concerto do sábado está gravado, en audio e vídeo. E a ver que facemos con iso, xa veremos se pode dar para un DVD. Neste disco é moi importante a imaxe, suxire e achega moitas cousas á musica. De todos os xeitos, gravaremos máis concertos, coa banda máis rodada.

A música leva séculos viaxando polo Atlántico: entre Europa e América, África e América, entre América e Europa... Así chegaron a Galiza as habaneiras, as rumbas...
Si, por iso a mestizaxe non é forzada en absoluto. Os galegos que emigraron a Río, a Salvador, a Lisboa..., trouxeron de volta outro espírito, e tamén levaron a música galega polo mundo adiante, esas músicas de ida e volta. De feito os galegos construímos boa parte da nosa identidade fóra, pero é nosa. Agora fálase de fusión, pero os galegos xa a coñeciamos, e agora o único que facemos é continuar esa tradición viaxeira. E eu o que fago co que chamo "músicas atlánticas" é reinterpretalas, percibilas e facelas miñas.

Conseguiches gravar unha morna, que é un xénero que che gusta moito...
Si, atrevinme. Teño cantado moitas mornas, mesmo diante da comunidade caboverdiana, e déronme o seu visto bo. Éunha especie de homenaxe a esa terra, a Cabo Verde, que me marcou moito. É un país moi distinto a Galiza, moi árido, pero eu percibín que había algo de Galiza alí, nese pobo mariñeiro, coma o noso. Hai que viaxar moito, e viaxar con ollos moi curiosos.

Supoño que é complicado elixir, pero tes unha cancion favorita no disco?
É complicado, si, pero seguramente sería As nosas cores, o tema que abre o disco, que é unha canción cun ritmo que abre moitas posibilidades, e de feito no álbum está en dúas versións, unha máis "afro". É tamén unha homenaxe ás mulleres, a Malvela, a Batuko Tabanka, esas mulleres afrogalegas. E fala tamén da forza do mar, que é a mesma forza das mulleres.

No álbum colabora moita xente, algunhas persoas xa ben coñecidas en Galiza, outras non. Cres que algún deles vai sorprender?
Pois seguramente o Zeca Medeiros, que ten unha voz espectacular e moi peculiar, e que pode ser considerado perfectamente o Tom Waits portugués. A verdade é que é un artista sensacional. Ou a voz de Sara Tavares, aínda que ela si é máis coñecida en Galicia. Ou Jon Luz, que puxo música a una letra miña en Danza Ritual.

Como ves a música galega neste momento no que xorden moitos grupos novos, e no que hai cambios en moitos grupos, comezando por Berrogüetto?
Creo que estamos nun momento inmellorable. Estase facendo música galega en todos os estilos, están aparecendo tamén cousas moi interesantes no folk, adentrándose en lugares que antes non se intentaban. Pero para min o máis importante é a aparición das voces: temos a Narf, a Marful, a Guadi, ou a Mercedes Peón, con propostas moi interesantes, moi vangardistas, que achegan cousas novas pero ao tempo miran cara a atrás. Nunca hai que perder de vista o futuro, as novas xeracións; os rapaces para escoitar música galega téñense que identificar con ela.

E xente moi creativa, como Pulpiño Viascón ou Marcos Payno, que andan metidos en mil proxectos...
Si, Pulpiño está no disco, e por exemplo o que fai en Bonovo é marabilloso, que xa era hora. No folk había un certo encasillamento, e a xente acomoudouse un pouco, e facía falta algo que axitase. E máis cousas que aparecerán. Estamos vivindo unha revolución.

Cres que se desaproveitou o auxe do folk nos noventa? Puido actuar despois como un obstáculo para intentar novos camiños na música galega?
Si, houbo un auxe que non se aproveitou ou aproveitouse moi pouco. E quizais algunha xente creu ver un filón en repetir as mesmas fórmulas no canto de arriscar, de intentar cousas novas. E algunhas das que había morreron de éxito. En cambio agora, nun escenario no que o folk galego quizais está un pouco de capa caída, están xurdindo apostas moi interesantes. O problema é que en Galiza nunca se apostou polas industrias culturais, pola promoción da nosa música no mundo, como sempre se fixo en Irlanda. Galiza xa daquela podería ter chegado a ser o que é Irlanda, e exportar a súa música, pero non se crearon os mecanismos axeitados.

Como ves as posibilidades da música galega de entrar no mercado lusófono?

Hai que aplicarse alí. Eu si conseguín entrar algo, pero a base de moito empeño. Hai que tomar a iniciativa, e non podes esperar que administración o faga todo, nin que unha discográfica che abra as portas de xeito milagroso. Tes que ir alí e facer os teus contactos. Ás veces parece que aquí estamos agardando a que alguén se lembre de que hai que dinamizar o mercado lusófono. Ao igual que nós consumimos música portuguesa, en Portugal tamén poden consumir música galega. Hai que reactivar todo iso, e non só na música. É certo que administración galega está agora máis sensibilizada, pero non pode quedar todo nunha declaración de intencións, que é onde queda todo ás veces

En Eterno Navegar está o Prestige, Nunca Máis...

Por suposto, no disco está presente o Prestige, e a loita dos galegos por salvar a costa, e Nunca Máis, que foi un movemento no que moitos estivemos metidos moi a fondo. Foi algo moi importante, que nos cambiou á vida aos galegos, unha especie de catarse colectiva que marcou un antes e un despois. E se miras cara a atrás, resulta complicado explicar como algo tan horrible puido reverter nalgo fermoso e esperanzador.

Inevitabelmente todo iso emerxe nas obras artisticas, de xeito máis explícito, ou máis sutil...

Si, como ben dis, hai obras nas que o Prestige e a reacción cidadá están presentes de xeito máis directo, máis explícito, e outras nas que aparece máis diluído. Pero foi o momento no que de verdade Galiza deu o gran cambio, e agora comezan a verse os froitos, en toda esta creatividade que está xurdindo. Os galegos quitaron de enriba esa especie de medo que tiñan e comezaron a arriscar, a apostar por cousas novas. Había unha Galiza adurmiñada, abafada, e despois de Nunca Máis hai outra Galiza, esa que chamamos a "Galiza do Nunca Máis".

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Germán Díaz en Compostela
Concerto de manivela a cargo de Germán Díaz


Germán Díaz ofrecerá un concerto baixo o título de 'n, (ou sexa Pí'), dentro das actividades paralelas á exposición 'Dos ábacos aos computadores', que se está a ofrecer na Igrexa da Universidade.

O músico ofrece un espectáculo que xira arredor da manivela: unha zanfona, unha caixa de música e un órgano de barbaria. Música creada para estes tres instrumentos, dende as músicas tradicionais ao jazz.

Tres instrumentos de manivela; a zanfona do século XX, e dous instrumentos mecánicos; a caixa de música do século XVIII e o órgano de barbaria, fabricado cara a 1880 por Thibouville, unidos por un enxeño electronico do século XX, unha pedaleira que grava as melodías en directo e despois lánzaas para improvisar sobre a rixidez das cancións programadas nos cartóns que len os instrumentos mecánicos.

Mércores 26 de marzo de 2008 ás 20:30

Lugar:
Igrexa da Universidade
Praza da Universidade,
Santiago de Compostela

Prezo: De balde


Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 25-03-2008 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ruxe-Ruxe: "Xigantes"

Xa podes ver e escoitar o tema de lanzamento d que será o vindeiro disco de Ruxe-Ruxe.

'Xigantes' pon título a dita canción á vez que ao propio disco que será presentado en Santiago de Compostela o 12 de Abril na Sala Capitol cunha grande festa.




... a presentación "mundial" deste novo traballo será o 12 de abril na sala Capitol en Compostela ...
e alí estaremos entroutros:


* PITO DE PIKASSO
* ULTRAQANS
* MARKINHOS DRINKIN
* RUXE-RUXE ...




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-03-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Ardentía
Hoxe, martes, día 25/03/2008

Como son os gaiteiros do século XXI? Esta noite o programa achégase ao grupo Ardentía de Vigo, gaiteiros urbanos que cambiaron os sachos polas gravatas ou as eiras polos pubs. Unha guía para superviventes que queiran vivir a música tradicional nunha cidade.

Antigamente os gaiteiros vivían e movíanse polo rural, pero hoxe? Como vive hoxe un gaiteiro urbano de 28 anos? Onde traballa? Que música fai? Para atopar as respostas a estas preguntas Alalá coñeceu en Vigo o grupo Ardentía, un grupo de músicos evolucionados, pero con espírito tradicional. Cambiaron os sachos polas gravatas ou as feiras polo "Carrefour", pero no fondo son o mesmo: axentes de seguros ou vendedores de bazar que coa gaita incorporan "boozoki" e incluso compoñen algún tema, aínda que a base do seu repertorio é a recolleita e o tradicional.

Os seis compoñentes de Ardentía viven a música nunha cidade coa mesma intensidade coa que se vivía antes no rural, por iso ao escoitalos o corpo móvese só. Como non hai airas ou fiadeiros para montar unha festa, van a un bar de tapas da cidade. Como na casa non teñen taller para construír os instrumentos fannos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ardentía son novos, viven na cidade e traballan con gravata, pero para eles a música serve para o que sempre serviu: para a festa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-03-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Sala Nasa (Santiago D.C.)
O próximo mércores 26 ás 22h. pechamos a tempada dos Seráns da NASA, unha cita ineludible para os amantes do baile e a música tradicionais de toda Galicia.

Valses, muiñeiras, pasodobles, xotas e outros ritmos bailables co sabor da terra correrán por conta de Riscadela, Pablo Seoane, Os Tarabelos e A Mámoa.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-03-2008 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar Gaiteiro
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidar a tódolo/as seus socio/as ao Xantar Gaiteiro.

Será o vindeiro domingo 30 de Marzo, ás 14:00 horas, no hotel Jorge I, (carretera de Oviedo, nº 89) , en Lugo.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados despois do xantar.

O menú consistirá no seguinte:
Cocido: Lacón, cacheira, soá, rabo, carne fresca, chourizo, butelo, garbanzos, grelos, patacas.
Postre: Filloas con nata e mel, queixo con marmelo.
Auga, Viño da Ribeira Sacra, refrescos, café e chupitos.

Poñerase un servicio de autocar, cun custe de 5 €, dende as principais cidades galegas, a disposición de tódolo/as socio/as que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todo/as os interesado/as deberán indicar no momento de realizar a inscrición se desexan utilizar este servicio.

Para asistir ao XIII Xantar Gaiteiro, debedes facer a reserva antes do día 24 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó teléfono: 986 847 074

www.gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xa estamos de Volta
Despois dun días de feiras por Portugal xa estamos de volta, graciñas a Edu polos Servizos Mínimos e xa vín que estivo a cousa movida de novo co gallo dos concursos de baile tradicional, este ano polo menos non houbo conflicto por quen merecía ser gañador senón pola participación dun grupo de baile coreográfico... non tradicional?

Non chegamos ao número do ano pasado, pero 45 comentarios polo momento non está mal.
Se queres deixar a túa opinión xa sabes... mira o que hai e opina

ADIANTO DA AXENDA

Segunda feira 24 (Luns)

Terza feira 25 (Martes)
• Donicelas no Muiño velllo de Redondela

Corta feira 26 (Mércores)
• Germán Díaz na Igrexa da Universidade na Praza da Universidade (Compostela) ás 20:30
• Serán na Sala Nasa (Compostela) con Riscadela, Pablo Seoane, Os Tarabelos e A Mámoa

Quinta feira 27 (Xoves)
• Ensaio da Reconquista na Praza da Constitución de Vigo ás 20:30
• Xose Manuel Budiño no Auditorio Municipal de Ourense
• Transilvanians na Fábrica de Chocolate Club de Vigo
• Tino Baz no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
• Tarambainas no Pub Parrafadas (Camelias-Vigo) ás 21:30
• Zurrumalla no Mesón de Marcos (Contracocheno) en Barreiro (Vigo) ás 23:00

Sexta feira 28 (Venres)
• Capitán Furilo na sala Leblon de Pontecaldelas
• Loretta Martin en Padrón
• Quempallou na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Terrakota (Portugal) na Sala Nasa (Compostela)
• Carlos Blanco e Manecas Costa (Humor Neghro) na Casa da Cultura de Burela
• Tres Peixes Voando na Fábrica de Chocolate Club de Vigo
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)
• Serán no Torreiro de Beirán en Matamá (Vigo)

Sábado 29
• Festa da Reconquista de Vigo
• Xose Manuel Budiño no Centro Social caixanova de Pontevedra
• Som do Galpom no Bar Beni de Bueu
• Tonhito de Poi e Rasa Loba na sala A Reserva de Carballo
• Retobato no Garufa (A Coruña)
• The Homens na sala Leblon (Pontecaldelas)
• Sonoro Maxín E Ruxe-Ruxe en Celas (Culleredo)
• Loretta Martin no Rum Rum de Ferrol
• Drinkin´Tinto na Sala Nasa (Compostela)
• Kiosko das Almas Perdidas no Auditorio de Galicia (Compostela)
• Capitán Furilo na Sala Contrabajo de Vigo
• Ardentía na Festa da Reconquista de Vigo
• Serán en Vilaza (Gondomar)

Domingo 30
• Festa da Reconquista de Vigo
• Berroguetto no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
• Xantar Gaiteiro en Lugo
• Kiosko das Almas Perdidas no Auditorio de Galicia (Compostela)
• Toques de Caramulo e Marta Coutinho na Festa da Reconquista de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2008 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Historia do cómic galego

'Historieta Galega': unha ollada retrospectiva cara a BD do país (28/02/2008) A banda deseñada galega conta xa cunha longa traxectoria, e iso vén a mostrar a exposición 'Historieta Galega 1973-2008' que dende o 6 de marzo até o 8 de xuño poderemos visitar no Auditorio de Galicia. Aproveitando a ocasión, tamén haberá actividades paralelas entre as que se atopan visitas guiadas, clases maxistrais e obradoiros para nenos.

A mostra está organizada pola Concellaría de Cultura, a Consellaría de Cultura da Xunta e patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e a Fundación Feima e fai un percorrido pola historia do cómic galego. Haberá un apartado especial para os autores do Grupo Castro, deron os primeiros pasos no mundo da BD galega con A cova das choias en 1973. A partir de aí farase un seguimento cronolóxico das obras e e autores partindo de exemplares orixinais. Tamén haberá espazo para os autores que sendo galegos tiveron que traballar no estranxeiro, como Miguelanxo Prado, Suso Peña ou Víctor Aparicio. Xaquín Marín recibirá unha homenaxe especial en recoñecemento á súa traxectoria.

Clases Maxistrais

A historieta está a acadar unha grande importancia dentro do mundo da creación, e chega xa a ser considerada como a novena arte. Son diversas as metodoloxías que utilizan os profesionais do debuxo. Ao tempo que se celebra a exposición prográmanse unha serie de actividades que contan cun programa de Clases Maxistrais nas que se porá a disposición dos debuxantes e guionistas galegos a ocasión de crear un proxecto de historieta baixo as directrices de profesionais de recoñecido prestixio.

Historieta Galega
Estas clases, que terán lugar os venres 28 de marzo e 4, 11 e 25 de abril terán como mestres a Miguelanxo Prado e Carlos Giménez, dous debuxantes de grande calidade gráfica; Carlos Portela, especializado en guións para cómics, e Antonio Vázquez, da imprenta Tórculo. Os destinatarios destas clases son calquera debuxante ou guionista galego, sen límite de idade, que desexe coñecer as entrañas da creación e produción dunha historia.
Para poder inscribirse deben presentar un proxecto curto para unha historieta de 4 a 8 páxinas e un bosquexo debuxado dunha páxina e teñen para presentalo ata o vindeiro 7 de marzo. Haberá un máximo de 15 alumnos que se seleccionaran mediante eses traballos de presentación. A finalidade das clases é a realización do proxecto de historieta de cada alumno e os mellores traballos serán publicados no mes de xuño e presentados aos medios na clausura da exposición.

Debuxo de Miguelanxo Prado

Debuxo de Miguelanxo

Admitiranse proxectos até ás dúas da tarde do 7 de marzo, que deberán ser entregados no Auditorio de Galicia. Tamén se admitirá o material selado en oficinas de correos até o día 7 de marzo incluído. Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada. A lista das persoas admitidas publicarase nesta páxina. O prezo do curso para o alumnado seleccionado será de 100 euros e poderá pagarse nas oficinas de Caixanova até o 23 de marzo. Máis información nos documentos adxuntos e no número de teléfono: 981 55 22 90.

Para rapaces e rapazas

O Auditorio de Galicia será tamén o marco doutras actividades paralelas que terán ligar os sábados 8, 15 e 29 de marzo e o 5 de abril. Contará con obradoiros e visitas guiadas na propia sala de exposicións, que correrán a cargo de Jacobo Fernández, Fran Bueno, Pepe Carreiro e Norberto Fernández e son de entrada libre até completar o aforo.


O 6 de xuño haberá unha xornada final na que se presentará o resultado destas clases maxistrais, se fará unha visita guiada polos autores sobre a mostra e pecharase cunha homenaxe a Xaquín Marín.

www.compostelacultura.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2008 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 14 de marzo
Vai de Baile do 14 de marzo de 2008

Bailadores da Telleira VS Froles de Lavadores


- Fase de concurso



- Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 20-03-2008 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus John Balan!

Falece o popular «home orquestra» John Balan nunha residencia de anciáns.

O cadáver de «John Balan» será trasladado ao tanatorio de Marín e mañá recibirá sepultura no cemiterio de San Tomé de Piñeiro.

Manuel Outeda, de 73 años, popularmente coñecido por «John Balan» faleceu esta madrugada no asilo de anciáns de Pontevedra onde residía desde fai algúns anos.

Balán, que tiña 73 anos, foi na súa vida artística un fenómeno popular en Galicia e a súa fama incrementouse ca chegada da televisión.

Protagonizou un bo numero de programas nas décadas dos oitenta e noventa dirixidos por José María Iñigo na TVE, nos que facía gala da súa capacidade para imitar todo tipo de sons e, en especial, os instrumentos musicais polo que era coñecido como o «Hombre Orquesta».

Foi ademais protagonista dun programa dedicado á súa vida artística, «Vivir cada día», no que ademais de explicar as vicisitudes nada fáciles da súa traxectoria, cumpriu o seu desexo de viaxar a Estados Unidos sobrevoando os principais monumentos de New York e a Casa Blanca.

Manuel Balán era natural da parroquia de Seixo-Marín onde o concello lle puxo o seu nome á rúa onde está a súa casa natal.

Empezou moi novo a mostrar a singularidade do seu dominio fonético e a imitación de todo tipo de sons o que lle permitía interpretar pezas musicais coa boca acompañándose rítmicamente coas súas mans sobre unha porta oca que lle acompañou en cada unha das actuacións que realizou nas televisións.

Era capaz de aprender e pronunciar un discurso en perfecto son inglés aínda que aseguraba que descoñecía o significado do que dicía.

Na súa mocidade, alá polos anos cincuenta, «John Balan» percorría a pé a distancia de sete quilómetros entre Seixo e Marín e, para axudarse no camiño reproducía o son do autobús de liña entre Marín e Cangas e gustaba de travesuras como a de facer «soar o claxon» asustando ás persoas que se atopaban nas, por entón, tranquilas cales marinenses.

Outra das súas facetas singularidades era a de crear guións de películas que el mesmo interpretaba en calquera lugar onde se concentraba a xente.

O popular e desaparecido «trolebús» de Marín a Pontevedra foi moitas veces o escenario das súas interpretacións que eran moi celebradas polos viaxeiros.

Foi un dos máis populares cantantes-animadores das principais orquestras de Galicia na recta final da súa vida artística, que alternaba coas aparicións na TVG individualmente ou xunto a outro personaxe singular, Rafael Pintos Méndez, «Wladimir», o «conde Drácula» pontevedrés.

«John Balan» acabou a súa vida no asilo de anciáns de Pontevedra onde acudían moitos amigos a visitarlle con frecuencia.

Afectado dunha hemiplejia desde fai uns anos foi decaendo no seu ánimo ao non poder seguir sendo o «home orquestra» de sempre.

Fai uns meses os seus amigos promoveron unha homenaxe popular no Teatro Principal de Pontevedra que resultou insuficiente para acoller a tantas persoas que quixeron estar ao seu lado.

Aquel día que Manuel Balán cualificou como un dos máis felices da súa vida, reencontrouse con artistas, presentadores de televisión e amigos do seu Marín natal que lle fixeron vivir unha moi emotiva xornada.

O cadáver de «John Balan» será trasladado ao tanatorio de Marín e mañá recibirá sepultura ás 17.00 da tarde no cemiterio de San Tomé de Piñeiro.



www.lavozdegalicia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Sentencia sobre o Pazo de Meirás
O TSXG ditamina que a familia Franco debe permitir a Cultura o acceso ao Pazo de Meirás

A posible catalogación como BIC foi o motivo que deu lugar solicitude de inspección do pazo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu a razón á Xunta ao ditaminar que a familia Franco debe permitir o acceso aos técnicos da Consellería de Cultura ao Pazo de Meirás, en Sada. Fuentes da Consellería que dirixe Ánxela Bugallo, indican que recibiron hoxe a notificación coa resolución que permite a entrada para inspeccionar o pazo, para o que establece dúas condicións.
Os condicionantes son que a reportaxe fotográfica limítese ao estado de conservación do inmoble e que non se de publicidade á inspección.
As mesmas fontes explicaron que os traballos para comprobar o estado do edificio realizásense en breve, aínda que non se comunicará para cumprir coa resolución e «protexer a intimidade da familia».
A inspección será realizada por tres técnicos da dirección xeral de Patrimonio da Consellería que redactarán o preceptivo informe a partir do cal comunicarase se o pazo catalógase como Ben de Interese Cultural (BIC).
A posible catalogación como BIC foi o motivo que deu lugar solicitude de inspección do pazo.
O pasado 9 de outubro a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) xa rexeitou o recurso presentado por Carmen Franco Polo, neta de Franco, para impedir a entrada de técnicos da Xunta para inspeccionar Meirás
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ordenara a entrada dun equipo técnico o 23 de agosto de 2007 e fixado a mañá do día 30 para que os especialistas realizasen a visita ás súas instalacións para comprobar o seu nivel de conservación, operación que non se puido realizar pola oposición da familia de ex ditador.
O Pazo de Meirás foi no seu día propiedade da escritora Emilia Pardo Bazán, pero en 1939 un grupo de cidadáns formado, entre outros, polo banqueiro Pedro Barrié da Maza, promoveu a súa compra aos herdeiros e obtivo máis terreos contiguos para ofrecerllo como agasallo a Franco, que a partir de entón sempre pasou alí as súas vacacións de agosto.


www.lavozdegalicia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-03-2008 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Eduardo González
Hoxe, martes, día 18/03/2008

A impresionante paisaxe das montañas dos Ancares é o escenario da historia que Alalá vai contar nesta nova edición, xa que son lugares que leva impresos na memoria e no corazón o protagonista desta noite, o gaiteiro Eduardo González, nado nunha palloza, en Castelo de Frades, nunha familia de sete irmáns con moitas carencias pero tamén con moito cariño. No programa de hoxe coñeceremos como era a vida daquel neno que soñaba con ter unha gaita.
Un día seus pais acabaron por mercarlle unha porque o rapaz era tan testán que non cedía no seu empeño e, aínda que supoñía un sacrificio para toda a familia, viron que o neno demostraba un grande interese, moito gusto pola música e unha capacidade de aprendizaxe que prometían dar un bo gaiteiro. Ata aquel momento Eduardo aprendera a tocar el só, pero agora ía necesitar algo de axuda. Entón buscou un mestre: Pedrín de Coro, polo visto o home tiña un xeito de ensinar moi "contundente".
Eduardo, nunha emotiva entrevista, falaranos tamén do día que tivo que emigrar e deixar os Ancares e de todo o que tivo que facer para saír adiante: foi peón, mineiro, zapateiro, condutor de tranvías, traballou na Pegaso...e, por suposto, gaiteiro. Agora, xa xubilado, vive no Bierzo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2008 04:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer