Conferencia de Gerardo Sacau sobre a Reconquista da Vila de Vigo no Instituto Camoes ás 20:00
Derradeiro ensaio xeral da representación ás 21:00 na praza da Constitución
Vinde á festa vestidos con roupa tradicional.
Sábado 31 de marzo
Durante todo o día funciona un tiovivo e unha xincana para pequerrechos na Pz. da Princesa.
Pola mañá:
A partir das 10 abre o mercado tradicional.
Animación musical toda a mañá a cargo de agrupacións de música tradicional galega:
Pz. da Princesa: grupo "Tarambainas" de Lavadores
Joaquín Yáñez e Palma: grupo "Arume" de Beade
Triunfo e Igrexa: grupo "Meigallos" de Lavadores
Oliva e A Pedra: grupo "Os Trasnos da Gaita" de Navia
Pz. de Almeida e Méndez Núñez: grupo "Os Tabáns" de O Freixo
Sombras chinesas ás 11.30, polos alumnos do colexio Ría de Vigo, rúa Triunfo - librería "Libros para soñar"
Ás 12.30 na Biblioteca Central haberá un Conto Interactivo titulado "Pepiña Xoaniña quere voar".
Pola tarde:
Pasarrúas de música tradicional animarán as rúas da zona vella
Demostración de palilleiras ás 17.30 na Pz. de Almeida
Inauguración da festa ás 18 horas na Pz. da Constitución
Torneo de xogos de destreza a partir das 18 h. na Pz. de Joaquín Yáñez
Obradoiro de instrumentos musicais ás 19 h. na Pz. de Almeida
Xa a partir das 22 h. comezan os concertos na Pz. do Berbés:
Gaiteiros Treixadura + Orfeón Treixadura
Grupo de rock galego Ruxe - Ruxe
Domingo 1 de abril
Durante todo o día haberá saídas de xigantes e cabezudos da Colexiata
Pola mañá:
Demostracións de artesanía:
Pz. da Constitución: oleiro, cesteiros, selleiro e zoqueira.
Pz. da Princesa: redeiras e palilleiras.
Pz. de Almeida: canteiros e instrumentos musicais.
Pz. da Pedra: obradoiro de pan para nenos e nenas.
Animación musical polas rúas da zona vella a partir das 11 a cargo das agrupacións de música tradicional galega:
"Aturuxo" de Valadares.
"Noutrora" de Sárdoma
Xincana e torneo de xadrez, ás 11.30 na Pz. de Joaquín Yáñez.
Pola tarde:
Representación teatral da Reconquista ás 17.30, que percorre a Pz. da Constitución, rúa Gamboa e Pz. do Naútico para voltar ao punto de inicio.
Xa a partir das 20 h. comezan os concertos na Pz. da Constitución:
Grupo portugués MNB e danzas tradicionais portuguesas participativas a cargo de Marta Coutinho
Sete Saias ás 21 horas, grupo de arpas e voces
Anunciado con moita anterioridade ven de saír á rúa o primeiro traballo discográfico en solitario de Rosa Cedrón. A carismática cantante e violoncelista que foi parte da banda Luar na Lubre presenta en ?Entre dous mares? (Warner Music) doce temas que alternan pezas en galego e castelán, nos que ademais de cantar é compositora da meirande parte deles, aínda que tamén inclúe melodía e letras tradicionais. Para o disco contou ademais coa colaboración nas letras de Yolanda castaño e Alba Felpete. O traballo vai marcado pola bipolaridade en varias facetas da artista, entre a música clásica e a tradicional, entre a faceta de violoncellista e de cantante, entre a súa carreira anterior e os seu novos camiños musicais.
Como edición conmemorativa do décimo aniversario da formación ourensá a banda reuniu a boa parte dos seus músicos fundadores e xuntouse tamén coa gaiteira Cristina Pato que iniciou a súa andaina escénica con esta formación.
O reencontro coa banda plasmouse nunha serie de concertos nos que a gaiteira, en pleno paréntese da súa carreira profesional mentres realiza os seus estudos de doctorado en EE.UU. volve interpretar os temas de Mutenrohi que tanto influíron na súa traxectoria profesional mesturados con vellos e novos temas da gaiteira. Un espectáculo no que os antigos membros de Mutenrohi e algúns dos membros da banda de Pato mestúranse para celebrar este aniversario e tamén para agradecer ao público o apoio recibido durante todos estes anos.
P.D.: Un saudo para a xentiña que estivo onte no furancho de Matamá, pasámolo moi ben e comprometémonos que para a vindeira vez levaremos cámara fotográfica para que tamén quede proba no blog da foliada alí montada.
O Alalá de hoxe vai contar a historia dunhas cativas de Salceda de Caselas, as Donicelas, que con tan só nove aniños ilusionáronse coa música da nosa terra. Para elas a pandeireta e os cantos tradicionais comezaron sendo un xogo, pero as nenas medraron e o xogo transformouse nunha das súas paixóns.
O destino quixo que coincidiran cun mestre, Toniño, do grupo Treixadura, que soubo facer da música unha materia atractiva, que conseguiu que este obradoiro fose o máis solicitado para as pequenas artistas. A música das Donicelas enfeitizou primeiro a un colexio, logo a toda unha vila e así apareceron as primeiras actuacións, empezaron a soar na radio, na televisión e chegou un dos soños máis desexados por elas: a gravación do seu primeiro disco.
Hoxe, as mozas compaxinan os seus traballos e as súas familias coa música, que está presente sempre nas súas vidas. Tere, Bea, Noelia e Isa son as catro amigas que están xuntas desde os comezos deste proxecto musical e xa van alá case vinte anos. Co tempo incorporáronse Andrea e Rosa e esta fermosa historia segue viva pola amizade que as une e polo ben que o pasan xuntas.
No programa desta noite as voces das Donicelas estarán acompañadas por Treixadura e polo Orfeón Treixadura. Verase como é a vida destas Donicelas e entenderase porque as súas voces seguen a enfeitizar do mesmo xeito que o facían de pequeniñas.
A disfrutar do fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril: ambiente de festa, postos de mercados, animación de rúa, grupos de música tradicional, mostras de vellos oficios...
Concertos:
Sábado: Treixadura con orfeón Treixadura e Ruxe- Ruxe
Domingo: NMB (Portugal) e Sete Saias
Quedades tod@s convidados a bailar, cantar e pasalo ben!!
E se tedes traxe tradicional sacadeo do armario e a disfrutar da festa.
Para os que queirades participar na representación da Reconquista que vai ter lugar o domingo 1 de abril pola tarde, estades convidados a integrarvos nos ensaios xerais:
Venres 23 ás 20:30 na rúa Gamboa
Sábado 24 ás 20:00 na Praza da Constitución
Un libro, un cedé e un DVD recollen a lírica popular do Concello de Riós nun primeiro volume con máis de oitenta romances, roldas e coplas
«Eu aprendinos cando tinga sete anos e dende entón me acordo», relata Dolores Montanos Castro, de 75 anos de idade. Romances dos carrilanos, cantares dá milicia, dá seitura, dos pastores, de Nadal, de Reis, roldas, coplas e parrafeos conforman Cancioneiro dás Terras de Riós, un estudo musical, histórico e costumista realizado polo director da Escola Provincia do Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, conformado por un libro, un cedé e un DVD no que se recollen máis de oitenta romances e coplas que pasaron de xeración en xeración e que conforman a cultura inmaterial non só de Riós, senón de toda Galicia.
Durante varios meses, Xosé Lois Foxo viaxou ás aldeas de Riós onde, segundo indicou, había máis casas que persoas, para recoller o que denominan a lírica popular, coplas e romances que unicamente permanecen na memoria de mulleres como Dolores Montanos e que, sen a súa recompilación e estudo, acabarían desaparecendo.
O libro recolle, ademais da música e as letras de cancións relacionadas cos feitos históricos que acontecían nestes lugares, fotografías de orixinais que, por exemplo, dan conta dos «horribles desastres que sucederon no túnel de Lubián e noutras parte da vía da Gudiña aos carrilanos que traballaban na chegada do ferrocarril de Zamora a Galicia. «Señores, pido atención, se me queren escoitar, os queixumes desta vía que agora vou explicar [...] Hai un túnel no Malpaso ¡que túnel máis desgraciado! Alí matouse un home e as súas ilusións e a súa vida alí quedaron», así versan os acontecementos na boca de José Prieto Alonso e así se presentan no libro. A riqueza musical da comarca de Riós resultou toda unha sorpresa para os autores da obra, que xa pensan na posibilidade de editar un segundo volume.
«Neste momento as aldeas de Galicia están desaparecendo. O que permanece dá cultura dás aldeas rurais ás veces son estes cantares, esa cultura inmaterial que é tan importante para Galicia», relatou o día da presentación do libro Xosé Lois Foxo, que engadiu: «Estamos vendo como morren os pobos por iso temos conciencia de que é moi importante recolller esa lírica popular que a nosa xente creou e lle axudou a convivir con ela. Este é ou último elo desa cultura, a xente maior conserva eses cantares; pero con eles tamén vaise ese patrimonio. De aí vén o noso esforzo».
O libro está dedicado a unha rapsoda, Pilar Tierro Prado, cantora de Florderrei, coa que Xosé Lois Foxo compartiu horas de conversacións en torno ao cancioneiro de Riós, é unha das protagonistas da historia, que faleceu fai tres meses e non puido ver finalmente como os seus recordos e a súa memoria aparecían recollidos nun libro.
Dende 1983, ano da recuperación de "O Boi", a festa foi aumentando a súa resonancia de xeito irreversible, sendo coñecida dentro e fóra de Galiza e disfrutada cada ano por milleiros de persoas. Segue sendo un acontecemento de carácter eminentemente popular, no que calquera, sexa de Allariz ou de fóra, séntese inmediatamente integrado e partícipe do ambiente festivo que se vive ó longo de toda a semana e moi especialmente nos días grandes.
Na actualidade, a organización e realización corre a cargo da "Comisión", dependente da Asociación Cultural "Xan de Arzúa", integrada polos veciños que voluntariamente desexen pertencer a ela.
A medida que a Festa segue crecendo en popularidade, tamén medra a súa programación e actos; este ano, entre moitas, conta cá novidade do I FESTIBOI, Festival de presentación da festa e da súa programación.
A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra un ano máis o XII XANTAR GAITEIRO.
Será o vindeiro Domingo 25 de Marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Monte da Condesa, en Santiago de Compostela.
Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional e disfrutar todos xuntos dos nosos cantos e bailes.
Quen desexe asistir ao XII Xantar Gaiteiro, terá que poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros, antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. Estamos á vosa disposición no teléfono 986 847 074 ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com
AXUNTAMOS MAPA ORIENTATIVO.
DATA
25 de Marzo de 2007
14:00 horas ? Prégase puntualidade.
LUGAR
Restaurante Monte da Condesa ? 981 588 989
Rúa Xaquín Díaz de Rabago - Campus Sur ? Santiago de Compostela (A Coruña)
MENÚ
Entrantes: Empanada, xamón.
Primeiro: Sopa de Cocido
Segundo: Cocido
Postre: Tarta de Santiago e queixo con marmelo.
Auga, Viño, refrescos, café.
PREZO
O prezo é de 18 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
RESERVA
Secretaría@gaiteirosgalegos.com
Teléfono/FAX: 986 847 074 (Roi ou Patricia)
Agardamos a vosa participación e non vos esquezades de disfrutar do Xantar Gaiteiro!!
Un saúdo,
Secretaría
Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII - 7 - 36002, Pontevedra
986 847 074 - www.gaiteirosgalegos.com
Subidas as fotos do Serán de Borreiros (Gondomar).
Un saúdo a toda a xentiña que estivo por alí, a que veu do Serán do Faísca e a que quedou pola pancetada de Couso, que boa festa tiñan montada tamén...faltounos esa reportaxe fotográfica festeira-gastronómica, pero voltaremos ás festas de Couso deste ano, para montar unha boa.
Neste Alalá, o espectador vai aprender moitas cousas que seguramente descoñecía da historia do folclore galego: instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; os traxes vistosos de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época, desde o gaiteiro que tocaba só a charanga.
Nisto consiste o concerto didáctico que Ultreia leva varios anos a representar para os rapaces das escolas, para achegarlles a inmensa riqueza do folclore galego.
O Obradoiro de cultura tradicional Ultreia, un dos grupos máis destacados na investigación e na representación do folclore galego, naceu hai catorce anos e desde entón é un dos grupos máis aplaudidos tanto polo seu labor de investigación coma pola espectacular posta en escena. O programa permitirá coñecer os seus compoñentes, xente nova pero con moita experiencia no mundo do folclore. Son estudantes, amas de casa, perruqueiros, artesáns, doutores en ciencias, nais e pais, que se senten na súa salsa, tanto nos ensaios coma nas recollidas que fan polas diferentes aldeas de Galicia na procura dos segredos musicais dos máis vellos.
O tempo que lle dedican a Ultreia róubanllelo á familia, aos amigos e aos traballos, pero basta con ver o que se divirten tocando e bailando para entender que lles paga a pena. Toda a forza, a alegría e a cor de Ultreia estarán sobre o escenario deste concerto didáctico, co que os espectadores de Alalá van aprender e gozar tanto coma os nenos a quen vai dirixido o espectáculo.
Os premios establecidos polo comité organizador foron os seguintes:
*"Fusos e Rocas" da ACF O Fiadeiro de Vigo. 1º premio: 1.500.-?, medalla e diploma.
*"Malveiras" da A.C. Malveiras de Vilagarcía. 2º premio: 900.-?, medalla e diploma.
*"A Ponte Vella" do C. C. A Ponte Vella de Teo, A Coruña. 3º premio: 600.-?, medalla e diploma.
*"Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona. 4º premio: 300.-?, e diploma
*"Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona Premio especial de 150.-?, e diploma ao mellor bailarín.
*"A Ponte Vella" do C. C. A Ponte Vella de Teo, A Coruña. Premio especial de 150.-?, e diploma ao mellor bailarina.
*"Malveiras" da A.C. Malveiras de VilagarcíaPremio especial de 180.-?, ao mellor grupo de acompañamento.
O xurado valorou de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.
O xurado estivo formado por Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro de Festas e Animación Sociocultural; Reyes González Canda, ex?bailarina do Ballet Rey de Viana e mestra de Ballet; Isabel García Quintela, secretaria da Federación Galega de Grupos de Danza e Bailarina; Enrique Domínguez Lino, director e bailarín da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra e mestre de danza galega; Hipólito Cabezas Gómez, director da Escola de Gaitas e Percusión Tradicional-Provincia de Pontevedra e actuará como secretario Ramiro Quicler Zarandón, funcionario do Concello de Vigo.
O concurso de baile tradicional Azaloira reunirá o domingo 1 de abril en Bandeira aos grupos:
- A Ponte Vella (Teo)
- Fusos e Rocas (Vigo)
- Donaire (A Coruña)
- Trompos ós pés (Marín),
- Malveiras (Vilagarcía),
- Iar (A Coruña)
- Bulideiro (A Coruña).
Estes dous últimos participarán por primeira vez no certame organizado por a formación local Fortín da Pomba, que actuará de exhibición xunto co gañador do ano pasado, O Fiadeiro de Vigo.
O festival desenvolverase a partir das 18.30 horas do domingo 1 de abril no auditorio Manuel Dopazo. Cada un dos grupos participantes no concurso terá que interpretar dúas pezas. O concurso ábrese e péchase coa actuación de Fortín da Pomba e mentres delibera o xurado actúa o grupo convidado gañador do ano pasado, O Fiadeiro de Vigo.
Azaloira repartirá este ano 3.500 euros en premios. O gañador recibirá 1.500 euros; o segundo clasificado, 800 euros; e o terceiro, 500 euros. Tamén haberá recoñecementos de 150 euros cada un para o mellor vestiario e acompañamento, así como de 100 euros para o bailarín e a bailarina máis destacada.
Pasamos unha rotonda baixo unha ponte.(Antes desta rotonda xa unha sinal que indica entrada para borreiros pero é máis difícil así que seguide).
No primeiro semáforo despois da rotonda á esquerda seguímola carretera ata un cruce e de novo imos á esquerda.
Todo pra diante ata que chegamos a unha farmacia, collemos á dereitas, pasamos por unha igrexa e cando vexamosa unha subida pronunciada á esquerda a collemos. Pasamos baixo unha ponte e xa estamos.
Se vos perdedes seguide as indicacións das sinais.
Xa está aberto o prazo de inscrición para o XXV Curso de Cultura Tradicional 2007. Este ano, ó conmemorarse o 25º aniversario, faremos algunhas actividades parellas, como exposicións, concertos didácticos, publicacións, etc. Tamén é importante destacar que, este ano, todo o profesorado está composto por mulleres, salientando con este feito o noso rexeitamento á discriminación por razón de sexo. Outra novidade é que, por primeira vez, optamos por cobrar unha pequena cantidade en concepto de matrícula (30?), o que complica un pouco máis a inscrición no curso, polo que pedimos disculpas polas molestias.
PROGRAMA DO XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA.
Días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa).
- Lugar: LUGO, AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N
- Especialidades: 1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.
- Prezo de matrícula: 30 ? (20 ? para os socios/as da Asoc. Cultural ?Cantigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos). Pagamento na conta de Caixa Galicia: 2091 0152 29 3040026419
- Inscricións - DATOS NECESARIOS: Nome e Apelidos, DNI, Tfno, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. TERÁ QUE XUNTARSE XUSTIFICANTE DO PAGO DA MATRÍCULA.
As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 - E-mail: inscricions@cantigasefrores.com. Para evitar perdas de tempo, é preferible empregar o fax ou o enderezo electrónico.
- Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.
- Programa previsto.
DÍA 5 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 6 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 7 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 17:00 Clase práctica
17:30 a 19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.
19:00 Concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero.
PROFESORADO
Mª Luisa Sarmiento (Técnicas de Gaita).
Mestra de gaita e integrante de ?Froitos do Deza? e do dúo de gaitas e tamboril ?Canivela?
Felisa Segade Otero (Técnicas de canto e pandeireta)
Comezou a súa formación no ano 1977 nos grupos Don Bosco e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. Na actualidade é compoñente fundadora do grupo Leilia. Desenrola tarefas de docencia e dirección no grupo Brincadeira, ademais imparte clases de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións culturais. Ademais, ten feito un importante traballo de recolleita ten impartido cursos e charlas sobre música e baile tradicional por todo o mundo. Participou na grabación de discos con: Alecrín, Milladoiro, Diplomaticos de Monte Alto, Emilio Cao, Kepa Junquera, Pilocha, Rumbadeira, etc.
Lola de Ribeira (Técnicas de percusión tradicional).
Mestra de percusión tradicional nas escolas de Ribeira, Porto do Son e Ancoradoiro. Diplomada en Educación Musical. Colaboradora cos grupos Ancoradoiro, Fiandola e Orfeón Terra Nosa, entre outros.
Mercedes Prieto Martínez (Técnicas de baile tradicional).
Licenciada en danza pola facultade de Motricidade Humana en Lisboa. Pertencente á Asociacicón Pé de Xumbo e exerce docencia no centro galego de Lisboa.
Mª Xosé López Villar (Técnicas de zanfona e canto).
Integrante de diversos grupos entre os que destacan Muxicas, Anamoura, Na Virada e Xistra de Coruxo, cos que ten gravada abundante discografía. Foi membro da xunta directiva da AGG. Participou en diversos proxectos de concertos didácticos. Imparte aulas de gaita e zanfona en varias asociacións culturais e escolas de música de Galiza e Portugal.
- Coordinación do curso: Mónica Fernández Fernández
- Organiza:
Asociación Cultural ?Cántigas e Frores? de Lugo.
- Patrocinan:
Sociedade Anónima de Xestión Xacobeo ? Consellería de Industria.
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Consellería de Cultura e Deporte.
- Colaboran:
Excmo. Concello de Lugo.
Asociación de Gaiteiros Galegos.
Os gaiteiros están fartos de ser considerados músicos «de segunda» de modo que iniciaron unha ofensiva para tratar de dignificar as súas condicións laborais. A batalla empezou por Arousa, onde onte á noite estaba convocada unha reunión de vinte e tres agrupacións para abordar a cuestión, pero todo apunta a que as repercusións desta iniciativa traspasarán as fronteiras locais.
A proposta que se puxo sobre a mesa é establecer unha tarifa mínima, ao redor das 250 euros por actuación. A partir desa cantidade, cada agrupación terá liberdade para contratar os prezos que lle pareza oportuno en función da súa calidade artística.
O colectivo considérase ninguneado por moitas comisións e intermediarios que tratan de regatear á hora de pactar os seus honorarios e que os minusvaloran fronte ás bandas de música e as orquestras, por exemplo, nos rótulos dos carteis.
A reivindicación dos gaiteiros tamén se refire a aspectos relacionados coa seguridade. Aínda é frecuente ver aos grupos dando as alboradas sobre camionetas e tractores compartindo espazo co fogueteiro, o cal, ademais dun problema evidente de ruído, leva un risco para a súa seguridade.
Son moitos os músicos que sufriron accidentes ao envorcar o vehículo no que viaxaban ou ao explotar unha bomba de palenque, en máis dun caso con resultado de amputación dalgún membro. Ante este panorama, os gaiteiros van esixir ás comisións que contraten un seguro de responsabilidade civil «ao cal están obrigados por lei», matizan.
A proposta partiu de Arousa, pero non terá problema en atopar eco noutras comarcas de Galicia. De feito, comulga plenamente cunha vella aspiración da Asociación de Gaiteiros Galegos que se creou, precisamente, para lograr este tipo de conquistas para os músicos. Hoxe conta con 551 socios dos que aproximadamente a metade son gaiteiros.
Con este obxectivo, a asociación vai celebrar en maio unhas xornadas sobre xestión fiscal e laboral que perseguen a dignificación dos músicos tradicionais, empezando por eles mesmos. Aínda que cada vez menos, aínda hai moitas agrupacións que actúan baixo acordos verbais e cobrando en negro, sen ningún documento contractual polo medio. Para lograr a ansiada profesionalización hai que empezar pola súa regularización a efectos fiscais, de modo que os grupos débense constituír en asociación cultural ou en empresa. «Deste xeito se conseguen un dereitos e beneficios para ou sector fundamentais», segundo explica o presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, Santiago Caneiro.
O Blog Malmequer supera as 10.000 páxinas visitadas en 15 días.
Digo eu que será boa cousa, ou é que somos poucos e non temos outra cousa que facer ou é que hai máis xentiña por aí interesada na música tradicional, na festa, nas tradicións galegas e en todos eses temas dos que gostamos tamén a xente de Malmequer.
Bikos a apertas pra tod@s
Vémonos en calquera foliada, serán ou festa galega!!!
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao XII XANTAR GAITEIRO. Será o vindeiro Domingo 25 de Marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Monte da Condesa, en Santiago de Compostela.
Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional e disfrutar todos xuntos dos nosos cantos e bailes.
Para asistir ao XII Xantar Gaiteiro, podedes poñervos en contacto connosco, preferiblemente antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. Estamos á vosa disposición no teléfono 986 847 074 ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com
Agardamos a vosa participación e non vos esquezades de disfrutar do Xantar Gaiteiro!!
O Centro Social A Revolta, A ONG de cooperación para o desenvolvemento Amarante, a cooperativa de consumo consciente Árbore, a asociación cultural Caleidoscopio, o Centro Social Faísca, a cooperativa de comercio xusto Mundos e Verdegaia-Vigo organizan para o próximo sábado 17 de marzo unha xornada de troco e cesión no local do Centro Social Faísca, na rúa Toledo nº 9, do barrio vigués de O Calvario.
Esta primeira xornada de troco e cesión pretende crear un espazo de intercambio e cesión voluntaria de bens no que non se empreguen os cartos.
Os fundamentos desta experiencia son fondamente ecolóxicos, na medida en que o troco e, por suposto, a cesión, baséanse na reutilización dos bens, na súa revalorización e na primacía das interrelacións persoais, moito máis enriquecedoras que as relacións artelladas ó redor do intercambio monetario.
O sábado 17, a partir das 11 da mañá, todo aquel que queira participar nesta experiencia poderá pasarse polo Centro Social Faísca levando aqueles bens ?roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía e o que a cada un lle pete? que queira trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea de base é fomentar a cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles obxectos ou bens dos que si precisamos.
Horario orientativo
11:00 a 14:00. Apertura do mercadiño de troco e cesión. Non hai metodoloxía previa, na crenza de que son as relacións persoais as que mellor poden axustar os intercambios.
14:00 a 16:00. Xantar coletivo. Trátase de que todos aqueles que queiran se xunten para compartir o xantar e as súas experiencias. As asociacións organizadoras aportarán unhas empanadas, e cada quen o que lle pareza ¡animádevos, preparade unhas tortillas ou traede unhas ensaladas e listo? e se alguén non lle da ben á cociña, que por iso non vaia quedar na casa!).
16:00 a 17:00. Mercadiño de troco e cesión.
17:00 a 19:00. Presentación das asociacións participantes, cunha breve exposición de cada unha, e proxección dos documentais Gran Superficie e A Ilha das Flores, ambos sobre o consumo e as súas consecuencias.
19:00 a 21:00. Coloquio sobre consumo, moderado por Manolo Garrido, presidente da cooperativa Árbore.
Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 10 e que cumpran os seguintes requisitos:
Serán grupos mixtos, a media de idade mínima será de 14 anos, formados polo menos por cinco parellas sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación.
Os bailadores/as e acompañamento unicamente poderán concursar nun só grupo.
Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
Ián ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).
A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo ( uns días antes).
A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso
Cada grupo disporá dunha intervención cunha duración máxima de 6 minutos.(de non cubrir un mínimo de grupos serán duas pezas)
Haberá un pequeno pasarrúas antes do comezo do concurso.
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.
O concurso celebrarase no Auditorio de Vilagarcía o SÁBADO 26 de maio ás 20:00 horas
PREMIOS:
Primeiro 900 ? e trofeo
Segundo 400 ? e diploma
Terceiro 300 ? e diploma
Premio especial do público (o público presete votará mediante unhas papeletas)
INSCRICIÓN:
ANTES DO 10 DE ABRIL
PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO:
607 606 312 Xose Eiras
(mandar por e-mail malveiras@malveiras.com ou fax a 986512017 solicitar conforme recepción
O Premio do Público decidirase entre o público presente no auditorio mediante unha votación e posterior reconto.
O grupo gañador poderá participar no ?XII Encontro Folclórico Malveiras? que se celebra en agosto.
O xurado estará composto por persoas expertas na materia.
Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, vestiario, dificultade e posta en escena.
A decisión do xurado será inapelable.
NOME DO GRUPO:
_________________________________________________________________
ENDEREZO DO GRUPO:
_________________________________________________________________
NOME E Tlf.da PERSOA DE CONTACTO:
_________________________________________________________________
PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE:
_________________________________________________________________
Número de participantes:
Bailaríns_____Gaiteiros_______Pandereteiras_____
E nas festas patronais de San Roque en Vilagarcía imos organizar o ?XII ENCONTRO FOLCLORICO MALVERIAS? coa participación de grupos de Galicia e doutras comunidades. . ( Agosto 2007)
Despois dunha operación complicada na que perdeu un anaco de pulmón, a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería tocar a gaita. Unha semana despois só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, O ghaiteiro de Piñeiro, seguía bombeando notas e repenicados por cada recuncho do Morrazo. Esta noite Alalá, da man da súa presentadora Pilar G. Rego, vai poñer o público en contacto cunha historia de superación persoal, todo un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, ?O Ghaiteiro de Piñeiro?.
Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán, onde é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións? ata nas inauguracións das rúas o recordan tocando os veciños! Gaiteiro multiusos e infatigable, desde o domingo de entroido ata o mércores de cinza o equipo do Alalá puido comprobar que durmiu 7 horas! E é que a Xosé, ?O Ghaiteiro do Piñeiro?, antes que os dentes, xa lle naceran as ganas de ser ghaiteiro.
Instrumento ancestral, reliquia doutros tempos e de moitos lugares, caixa de segredos ben gardados agora descubertos para aqueles interesados en saber o que se coce hoxe en día ao seu redor en Galicia.
Mostra en dous conceptos interesantes, diferentes e complementarios, mostra da contemporaneidade, frescura e dinamismo do que está a gozar este sintetizador medieval no córner de Europa.
A tradición transmitida, a reinventada e a proxectada nas novas xeracións de afeizoados, teñen nos mestres Anxo Pintos e Óscar Fernández, os máximos expoñentes das tendencias actuais da didáctica da sanfona en Galicia:
Universidade Popular de Vigo e Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, respectivamente.
Para isto presentamos dous cursos paralelos con cada mestre e dous concertos de cadanseu grupo: Lizgairo e bOnOvO, con quen se poderá contextualizar a dimensión máis contemporánea e máis viva que nunca..
Ademais, a representación teatral musicada ?O cego da Xestosa?, montada co gallo deste Encontro por alumnos da Escola de Teatro e da Escola de Zanfonas de Narón.
Se queres estar ao dia, se queres aprender, escoitar e desfrutar coa música e docencia da zanfona contemporánea, achégate a Narón. Participa.
Lembraralo.
Concertos e teatro: 16 de marzo ás 20,30h. Auditorio de Narón. 6? / Inscritos aos cursos de balde.
Lizgairo.
Estrea en Narón deste trío nacido coa intención de disfrutar reelaborando e compoñendo. Baseado na sonoridade de tres instrumentos sobre unha música construída en orixe para baile que dan como resultado un complexo, dinámico e vibrante diálogo sonoro.
Anxo Pintos: zanfona e violino
Rodrigo Romaní: harpa céltica e guitarra.
Xosé Liz: Bouzouqui, frauta e guitarra.
BOnOvO.
Trio de recente creación, proxecto musical e tecnolóxico, fusión de tres personalidades con voz propia, , con ritmos frenéticos e actitude aberta, presentan un espectáculo en directo inclasificable e imprevisible que non te deixarán indiferente.
REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ÉPOCA.
O cego da Xestosa:entremés cómico escrito por Xavier Prado ?Lameiro? (1874-1942), do repertorio do Coro de Ruada (Ourense) e adaptado especialmente para o Encontro con música ao vivo.
Intérpretes: Leandro Lamas e Cristina Mariño (Escola de Teatro de Narón)
Músicos: Alumnos de Zanfona da escola de Musica de Narón
Cursos: 17 e 18 de marzo.
Horario Curso:
Sabado: 10:30h. a 14:00h. e 16:00 a 20:00
Domingo: 10:0h a 14:30
nome e apelidos
correio electrónico
nº de tfno .
Xustificante de ingreso na conta:
2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia, Padroado da Cultura de Naron
>>>>Reserva de aloxamento e comidas no mesmo tfno. da >>>>inscripción.<<<<<
Como prolegómeno das actividades a celebrar pola Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2007
A Inauguración da ?Mostra de traxes tradicionais e de época? terá lugar o luns 12 de marzo ás 20:00 na Sala de exposicións do Instituto Camoes (Praza de Almeida) de Vigo
Dita exposición permañecerá aberta ata o día 1 de abril co seguinte horario:
De Luns a Sábado: de 17:30 a 21:30
Domingo: de 11:30 a 14:00
Os traxes expostos son provintes do Curso de Costura Tradicional dirixido pola costureira Dna. Patricia González Iglesias e por cesións de particulares.
Despois de moitos anos volta a cultura galega á programación das Noites Vivas de Vigo.
Curso de iniciación á pandeireta e ao baile galego no Pavillón Municipal de Coia. (Avda. de Castelao, s/n -Vigo)
Impartido por Marián Fernández Valverde, mestra do grupo de baile galego "Peña Xuntanza" da A.V. "Camiño V. de Coia" .
Venres 9 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 16 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 23 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 30 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 13 de abril - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 20 de abril - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 27 de abril - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 4 de maio - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 11 de maio - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 18 de maio - de 23.00 a 00.00 h.
Ciclo "Son de Pé" na SalaSón (R/Lirio 30 baixo, Cangas do Morrazo).
Obradoiro de expresión vocal e canto impartido por Nelsom Quinteiro este fin de semana (9, 10 e 11 de marzo)
Trátase dun obradoiro intensivo, de aproximadamente 15 horas de duración e coa seguinte distribución:
Venres 9: De 20:00 a 22:00 aprox.
Sábado 10: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 aprox.
Domingo 11: De 11:00 a 14:00 aprox.
Espacio e perspectiva... Respiración e aparello fonador... Enfoque e Proxección... Coidados e hixiene da voz... Dicción... Gramelott... Afinación e figuras de canto son algúns dos contidos deste obradoiro ao que vos podedes apuntar ata o xoves 8.
O prezo da matrícula é de 60 ?, agás estudantes, desempregad@s ou xente que se apunte a máis dun obradoiro do ciclo "Son de Pé", para os que ten un 50% de desconto.
Información e matrícula no 666 014 494
O Obradorio terá un complemento coa actuación de Nelsom Quinteiro o día 8 de marzo as 22:30 no SalaSon. (3?)
Voz sampleada, misturada e enlatada... feita en directo...voz e percusión corporal... voz rítmica e melódica... sobre melodías tradicionais e temáticas que falan de nós mesmos, de historias miúdas que xuntas conflúen no propio feito de ser nós mesmos
Outros obradoiros:
17-18 de marzo: Obradoiro de Danza Contemporánea con Armando Martén (Coreógrafo e bailarín cubano, mestre no Conservatorio de Danza da Excma Deputación de A Coruña e do Centro Coreográfico Galego)
22-25 de marzo: Obradoiro de Cabaré coa Compáñía Femme Fatale (Formada a raíz do I Festival Galego de Cabaré, creadores das "Noites de Cabaré Dublinés" e que neste mesmo ciclo estrearán a obra "Lerchas")
O sábado 10 de marzo arrincan no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín dous monográficos:
Danzas do mundo
Durará unha soa xornada, impartido pola musicoterapeuta e bailadora Beatriz Díaz. Desenvolverase en xornada partida, de 11 a 14 horas e de 17 a 20, e permitiralles aos alumnos aprender bailes de distintas partes do mundo.
O custo da matrícula é de 40 euros.
Violín tradicional
Desenvolverase en catro meses até o mes de xuño e impartirao Quin Farinha, membro de Berrogüetto, Talabarte Trío, a Banda das Crechas e Sol de Farofa. Durante o monográfico estudarase un amplo repertorio de violín tradicional ao longo de Europa.
O prezo da matrícula será de 50 euros ao mes, e as clases individuais.