Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada no Pacior (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Bullada no Irixo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-02-2013 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chavellos en Puxeiros (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de danzas do mundo (Cangas do Morrazo)
3 de marzo
OBRADOIRO DANZAS DO MUNDO


Neste obradoiro preténdese realizar un achegamento ás distintas culturas do mundo a través da súa linguaxe máis universal, a danza, utilizándoa como medio de comunicación e expresión. Aprenderanse danzas colectivas de diferentes países facilitando a integración e fomentando o respecto e a tolerancia cara a diversidade cultural.
HORARIO: de 11:00 a 14:00, e de 16:30 a 18:30
PREZO: 12€
MESTRA: Beatriz Díaz

CONCERTO-BAILE
E pola tarde, ás 20:00, baile-concerto con “Son Bretoned”, formado polo galego Pedro Blanco, ao acordeón diatónico, e o bretón Nicolás Derval, ao clarinete. Estes dous músicos, xunto con Beatriz Díaz, farán un percorrido por distintas músicas e danzas do mundo onde o público participante poderá aprender as distintas coreografías.
ENTRADA: 3€

SON BRETONED
O grupo Son Bretoned nace do encontro de dous músicos, um bretom e outro galego, que decidem combinar as músicas dos dous paises para conseguir dar a conhecer a musica de Bretanha na Galiza e a música galega na Bretanha. Combinam o acordeom diatónico, o clarinete e a voz para conseguir bailar e cantar de um jeito divertido e desenfadado.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-02-2013 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de música bretoa para frauta (Compostela)

CURSO SOBRE MÚSICA BRETOA PARA FRAUTA
Pierrot Rougier, músico de Lorient


O vindeiro sábado 2 de marzo o músico bretón Pierrot Rougier, ofrecerá un obradoiro de música bretoa para frautas traveseira para toda persoa interesada neste repertorio e xeitos particulares de toques nesa parte do mundo. Será unha descuberta da riqueza e variedade da súa música tradicional e ornamentacións propias, dos xéneros para danza e as súas melodías. Terá lugar no Auditorio do CSC das Fontiñas en Santiago de Compostela. Para anotarse, escribir un mail a matricula@folque.com .

DETALLES:

Data: sábado 2 de marzo 2013
Lugar: Auditorio do CSC de Fontiñas (Santiago DC, Rúa Berlín) Ver mapa
Horas: 16.30 a 20.30
Prezo: 30 €
As prazas son limitadas


Pierrot Rougier
Flautista de bandas bretoas para Fest-Noz como Diskall e Pleneden, ten tocado con Luar Na Lubre en Bretaña e Galiza, co cantante Yann-Fãnch Kemener, Trio Liu, ten participado na comedia musical "Rue des Legendes" e escrito arranxos de organo pra tocar en dúo musica bretonasacar en templos de culto.

Pierrot Rougier, tamén guitarista de folk-rock e apaixonado da técnica de gravación, tivo unha curta carreira na música electrónica (bootleg) con composicións propias que teñen tocado Djs famosos da escena francesa como Dj. Zebra, auténtico fenómeno de masas.

Ten impartido aulas de flauta e desenvolveu un método de tablatura especial para alumnos que non sabian ler musica, coa axuda de ferramentas informáticas para deconstruir estructuras complexas e preparar playbacks de ensaio.
A flauta coa voz é o seu instrumento máis importante que aparece nas súas composicións, explorando a columna de aire como dinamizador e motor da música que levamos dentro.


Aulas de musica bretona a través da flauta

A proposta do mestre aos flautistas galegos/as é de descobrer a riqueza e varidade da musica bretoa no coñecemento do seu repertorio tendo en conta a ornamentación da música tradicional.

- Percorrido básico pola historia musical tradicional da Bretagne. Contexto, intrumentos, instrumentistas...- estilos e xéneros de repertorio de baile no sentir do ritmo como tocadores/bailadores. Especial atención a gavottes, en dro, plinn, ridée, ronds, e os compartidos valse, scottish, polka...

- Estudo de melodias tipicas de cada estilo

- Degustación de sidra bretona e crêpes.

www.folque.com


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-02-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas XII Premios Opinión: Candidatos veteranos e noveis
O noiés Rodrigo Romaní aparece como finalista nas tres categorías que se conceden nos galardóns e Óscar Fernández, membro de Os Cempés, repite na lista de mellor artista
Nesta edición dos galardóns achamos unha mestura entre as candidaturas finalistas de artistas xa veteranos, cunha sólida traxectoria, e músicos que aportan traballos que supoñen o seu debut discográfico, como acontece con dous dúos que foron quen de entrar nunha lista sobranceira da que é difícil formar parte, e máis se temos en conta que este ano o xurado debeu valorar case un 30% máis de traballos que na edición anterior.

O portugués Luís Peixoto gañou o ano pasado o premio á mellor canción formando parte do trío Assembly Point. Nesta ocasión editou unha obra a dúo co ferrolán Fernando Barroso que vén de acadar un lugar entre os finalistas a mellor álbum.

Pola súa banda, o dúo PeldeNoz, debutantes discográficos no 2012, tamén logrou unha candidatura como mellor disco e ademais engadiron que Alonso Caxade, quen exerce de arranxista dos temas, entrara na terna dos mellores artistas. Na categoría de mellor tema orixinal non tiñan posibilidades, xa que o repertorio do seu traballo provén da tradición. Nesa loita para ser a mellor peza atopamos unha canción do cuarteto A Cada Canto, unha composición de Óscar Fernández incluída na obra de Os Cempés e unha creación de Rodrigo Romaní, quen é un dos grandes protagonistas destes nomeamentos ao lograr entrar co seu Arpas de Breogán nas tres categorías (disco, canción e artista).

Unha menos logrou outro home que tamén leva moitos anos de andaina no mundo do folk e que completa o cuarteto para mellor canción. O traballo de Pancho Álvarez como solista, tamén é integrante dende hai tempo da banda de Carlos Núñez, aparece tamén con opción de vitoria como mellor artista do ano.

Esta é a segunda edición da nova etapa dos galardóns, anteriormente só eran recoñecidos os tres mellores discos, e Óscar Fernández conseguiu aparecer novamente entre os finalistas na categoría de mellor artista. O ano pasado optou a ese recoñecemento como director musical do álbum Atlántica Vapora Orquestra e nesta ocasión o xurado salientou o seu traballo creativo na obra de Os Cempés, grupo do que é o auténtico cerebro e para o que compuxo varias pezas.

Outros músicos con longa andaina son os coruñeses Luar na Lubre. En dúas ocasións quedaran ás portas de recibir un premio, ao ser cuartos nas votacións, e agora teñen opción de facerse con el na categoría de mellor álbum polo seu Mar maior. Os tres vencedores serán dados a coñecer no decurso da gala de entrega dos galardóns.

A décimo segunda edición dos premios creados polo xornal LA OPINIÓN volve contar entre os seus finalistas con diversas óperas primas, polo que se comproba que todos os anos a escena folk do país conta con boas novas propostas, xa sexan de músicos emerxentes ou xente cunha maior traxectoria que decide aportar unha nova perspectiva musical, o que resulta vital para que o panorama creativo non quede unicamente nas mans de artistas coñecidos, dos que se debe valorar que continúen ofrecendo obras de interese.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do XII Premios Opinión: Mellor disco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do XII Premios Opinión: Mellor artista
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do XII Premios Opinión: Mellor tema
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro aniversario da Asemblea Cultural Galega de Barcelona
O vindeiro sábado 2 de marzo, a ACGB celebra o seu primeiro aniversario na Euskal Etxea

Das 13.30 h ás 15.00 h, haberá un VERMÚ MUSICAL organizado pola propia Euskal Etxea e amenizado pola FIA (Foliada Intercultural Aberta)

Ás 20.00 h comezará o CONCERTO do cantante galego DAVIDE SALVADO, unha das voces masculinas con máis proxección do panorama galego. Desta vez, Salvado ven acompañado de percusións tradicionais, como a pandeireta galega, o pandeiro cadrado de Peñaparda e o adufe portugués, e contará coa colaboración da cantante galego-palestina, Najla Shamin.
Este concerto está dobremente programado, xa que a Euskal Etxea o inclúe na axenda da Korrika (“correndo”, en galego). Korrika é unha marcha reivindicativa en apoio ao euskera.

O domingo, 3 de marzo, das 12 h ás 14:30 h, impartirá unha aula de canto e pandeireta.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Soas en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Triquilleiros de Santiago contra Brincadeiras de Beade


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 28-02-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
No bico un cantar: Anduriña


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 28-02-2013 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
GZmúsica dá o chimpo á TV
GZmúsica dá o chimpo á TV. A partir da segunda fin de semana de marzo, estaremos en VíaTV semanalmente, achegándovos as novas da música do país. Avante toda a música galega!

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 28-02-2013 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 25 (Luns)

Terza feira 26 (Martes)

Corta feira 27 (Mércores)

Quinta feira 28 (Xoves)

Sexta feira 1 (Venres)
• Xosé Constenla no Café Uf (Vigo) ás 23:00
• Balakandra no Cafe Cultural Auriense (Ourense)
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedrón) no teatro principal (Ourense) ás 20:30
• Virandeira Folk no Liceum (O Porriño)
• Festival do Orgullo Jamusino na Sala Discotasca (Redondela): Ruxe-Ruxe, Prau e Skandalo GZ
• Noite de Tasca en Xanceda (Mesía)
• Foliada Venrespirar en Ourense

Sábado 2
• V FestiVal da Maía na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20:00
• Festival benéfico en Rebordáns (Tui): Xistra de Coruxo, Tanto Nos Ten e Escola de Música de San Fins
• Festa All Star da LNB en Muimenta: Ultraqans e Ex-tensión Agraria
• Skandalo GZ na Taberna do Marrucho (Baiona)
• Amancio Prada no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
• Uxía no Liceum (O Porriño)
• Bullada no Irixo
• Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Domingo 3
• Os Melidaos, Carapaus e Cristina Pato na Festa do Queixo de Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2013 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festa All star da LNB (Billarda) en Muimenta
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2013 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Queixo de Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2013 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Orgullo Jamusino (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-02-2013 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival benéfico en San Fins de Rebordáns (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2013 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival Val da Maía en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2013 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en en Xanceda (Mesía)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-02-2013 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Centos de gaiteiros participaron na alborada para Rosalía nas vilas e cidades de todo o País

A Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo, e centos de gaiteiros, corais, solistas, grupos e bandas de gaitas... homenaxearon no día de onte a Rosalía de Castro coas súas interpretacións, no día no que se cumpriu o 176 aniversario do seu nacemento. Fixérono da mellor forma posible, coa “Alborada para Rosalía”, un acto sen precedentes que fixo que os sons das nosas gaitas chegaran a todas as vilas e cidades do país e do resto do mundo unidas por un mesmo fin, honrar á nosa poeta.

Toda a información audiovisual dos grupos participantes estará disponible para poder ver así o que ocorreu nos distintos lugares do mundo no seguinte enlace:

http://rosaliadecastro.org/
Dende a AGG manifestamos a nosa ledicia e agradecemos a grande acollida que esta alborada tivo por parte da comunidade de músicos tradicionais que encheron de sons as rúas e prazas das vilas do país na honra de Rosalía.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2013 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xente Nova logra o Concurso de Cuartetos do Toxos


Xente Nova obtivo o II Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles na súa sede. A formación ferrolá logra así 1.200 euros e un trofeo, premio co que está dotado o certame. Ademáis, a cada cuarteto participante se lle fixo entrega dun diploma de participación.

Un total de catro cuartetos tomaron parte na competición musical e folklóricana na seguinte orde de participación, Xente Nova, de Ferrol; Vedoira, de Lugo; Os Picurruchos, de Lugo; e Angazo, de Ourense. Mentras deliberaba o xurado, o grupo de cantareiras “Algarabía”, da Asociación de Veciños de Lago, entretivo aos asistentes.

Esta é a segunda proposta cultural e musical que se desenvolve dentro das Xornadas Culturais Abertas posta en marcha polo Toxos e Froles neste ano 2013. Unha iniciativa que terá continuidade nos vindeiros meses. Pola sede do Toxos pasarán o cantareiro e percusionista Davide Salvado, o músico Kepa Junkera ou o grupo castelán “La Musgaña”.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2013 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
A inscripción para o concurso de mozos gaiteros supera todas as expectativas de Cantodorx
O fin de semana que vén van celebrarse as "I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo" e o "I Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove". Son dúas propostas que superaron con fartura as mellores expectativas dos organizadores, e a proba é que as bases establecen a participación dunha quincena de gaiteros, pero as inscripciones superan con fartura ese número desde fai días.

Tanto os responsables da organización cultural Cantodorxo como o concelleiro de Xuventude, Alfredo Bea García, mostran a súa enteira satisfacción polo grado de aceptación e implicación dos gaiteros de toda Galicia, á vez que destacan as súas ganas de desprazarse á vila grovense para asistir a este primeiro encontro coa música tradicional. Pero ao mesmo tempo non baixan a garda, por iso animan a todos os cidadáns, de O Grove e da comarca, a participar nesta exaltación da cultura musical galega.

Xa se explicaba onte que están previstas charlas, obradoiros e exhibicións, a despregar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei, de Monte da Vila, coa gaita galega como gran protagonista. Será tanto o sábado como o domingo próximos, aínda que quizais o prato forte deste programa sexa, precisamente, o concurso de gaiteros que vai ter lugar a partir das 18 horas do día 3.

Así pois, o próximo fin de semana os grovenses e todos aqueles que queiran acudir á localidade, teñen unha cita con temas como "Xotas do demo", "Novo milenium", "Muiñeira de Chantada", "Jota de Portoquintela", "Xota de Forcarei", coa "Muiñeira de Poio", coa "Muiñeira da dorna" ou con "Valse de Cecebre".

Estes son só algúns dos temas principais que van interpretar os gaiteros inscritos, que van subir ao escenario para ofrecer ao público dúas cancións cada un. Entre as composicións "secundarias" aparecen o "Pasacorredoiras de Poio", "Muiñeira de Ramelle", "Entre o millo", "Muiñeira de Xinzo", "O soño da papuxa", "Muiñeira para un gaiteiro aventurado", "Fandango de Poio", "Acuarela de Combarro" e "Espertar", entre outras moitas.

Os inicialmente inscritos (son 17) para participar no concurso son os lucenses Carme López Fernández, Lucía Eirós Fernández e Daniel Fernández López; Ismael García do Río, da Coruña; Mariña Fernández Vigo, Alejandro Lago Barciela, Lois Prado Fernández e Juan Manuel Pérez Álvarez, chegados desde Vigo; os vilagarcians Roberto Mariño César e Moisés Carral Ortiz; a cambadesa Jennifer González Búa; Pablo Insua Martínez, de Ortigueira; Anxo Díaz Cheda, de Cedeira; David Canto Veiga, Burela; Laura López Suárez, de Trazo; Diego López Cosmo, procedente de Soutelo de Montes; e, como representante local, a grovense Laura Igrexas Gondar.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo. I Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

Vanse levar a cabo durante a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2013.

Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas.


A parte didáctica vai dirixida ao público en xeral, tentando crear afección á nosa música de raíz con cursos e obradoiros sobre os diferentes instrumentos da música galega e as maneiras de tratalos e tocalos. Terá lugar o sábado día 2 de marzo, en xornadas de mañá e tarde, e mais o domingo día 3 pola mañá. Estas charlas, cursos e obradoiros van estar dirixidos por un gran mestre na música galega, Xaquín Xesteira Losada, profesor de gaita na E-Trad (Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo), director da Orquestra Folk Galega Sondeseu, compoñente do grupo Treixadura e tamén integrante de Os Faíscas de Solobeira.

O concurso de xoves gaiteiros solistas, que se vai desenvolver o domingo día 3 de marzo pola tarde, vai dedicado a mozos e mozas de 14 a 25 anos, co cal tentamos darlles un pulo para que a xuventude do país se dedique de cheo á música tradicional galega, pero, sobre todo, para que toque o noso instrumento máis distintivo, a gaita galega. Este concurso terá importantes premios para tentar promocionar os novos valores que tocan a gaita galega e que estará rexido por unhas bases que deberá cumprir quen queira participar (Anexo I).

Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey


PROGRAMA

SÁBADO 2 DE MARZO
10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita

12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita

17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita

DOMINGO 3 DE MARZO
10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión

18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

(Anexo I) Bases do Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas

Solicitude de inscrición no concurso

Solicitude de inscrición nos obradoiros

Descargar cartel

www.concellodogrove.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2013 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 22 (Venres)
• A Máquina do Tempo na Libraría Contos (Cambados) ás 21:00
• Milesios no Auditorio de Novagalicia de Lugo ás 20.00
• Xosé Constenla no Café Teatro Garigolo (Compostela) ás 22:00
• Ataluns no C.S en Pé (Pontevedra) ás 23:00
• Gaita e Cia no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
• Maghúa e Bouba Pandereteirasna Foliada de Couso (A Estrada)
• Foliada no Lar (As Pontes)
• Estalotada en Compostela (Barranquillo, Concheiros 31)

Sábado 23
• II Concurso de Cuartetos Tradicionais en Ferrol
• Tarde de requinta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns
• Fdez e Quintá no Roi Xordo (Allariz)
• Machina na Sala A Reserva (Carballo)
• Liska! no Avante (Compostela) ás 22:30
• Recambios Tucho no Arco Iris da Praia do Lago (Muxía)
• Guezos na Sala Discotasca (Redondela) ás 23:30
• Fisgha no bar Labranza (Meiro-Bueu) ás 22:30
• Rodrigo Romaní no Teatro Principal (Pontevedra) ás 21:00
• Pedraquetiña no C.R.C. do Porriño ás 20:30
• Serán no adro da capela de Chaín (Ponte Caldelas)
• Serán en Xinzo (Ponteareas)

Domingo 24
• Alborada para Rosalía de Castro
• Carapaus no Panteón de Galegos Ilustres (Compostela) ás 12:00
• Zurrumalla ás 12:00 na Rúa Rosalía de Castro (Vigo)
• Picuiña no Hío (Cangas) ás 12:00
• Coro Tradicional Cantares do Brión na praza do Concello de Gondomar ás 12:00
• Os Terribles de Donas ás 11:30 no torreiro da igrexa de Donas (Gondomar)
• Xosé Constenla en Marín ás 12:00
• Tanto Nos Ten no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-02-2013 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Rodrigo Roamní en Lugo
Romaní presenta este xoves na Casa do Saber de Lugo o traballo ‘As arpas de Breogán’
O concerto comezará ás 20.30 horas e a entrada será de balde, aínda que o acceso de público será restrinxido ata completar o auditorio


O músico e compositor galego Rodrigo Romaní presentará este xoves 21 de febreiro en Lugo, a partir das 20.30 horas, na Casa do Saber, o seu último traballo, ‘As arpas de Breogán’, unha produción dedicada ao son da arpa céltica e a súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional, no que se inclúen temas de composición propia e outras adaptacións de temas tradicionais e mesmo de música culta, que conforman un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade.

Romaní, un dos membros fundadores do grupo Milladoiro e un músico coñecido e recoñecido tanto en Galicia como en España, destaca tamén por ser un dos primeiros introdutores do uso da arpa céltica no novo folk galego e está considerado como o máximo expoñente deste instrumento musical . Este xa vella paixón pola arpa aparece de novo plasmada en ‘As Arpas de Breogán’.

Este traballo ideado inicialmente para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, que tamén presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, achega ao público un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.

A presentación ao vivo de ‘As Arpas de Breogán’, a cargo de Rodrigo Romaní, servirá asemade de concerto inaugural do Lubicán 2013, unha programación musical deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural e cuxa finalidade non é outra que a de achegar ao público lugués música galega e feita por artistas do país.

Romaní abrirá este xoves unha nova edición do Lubicán, un ciclo que inclúe outros catro concertos neste 2013 e que levará o 14 de marzo ao auditorio Gustavo Freire a música de folk do grupo lugués ‘Os Minhotos’, que presentarán ao vivo o seu último CD, ‘Pinga D’Auga’. Fran Pérez (NARF), nesta ocasión acompañado de Marcos Teira, actuará de novo no marco do Lubicán o 4 de abril. María Xosé Silvar ‘Sés’ presentará o seu último traballo o 23 de maio na Casa do Saber, mentres que Bristol e Terra de cinco minutos pecharán este nova edición do Lubicán (o 13 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria, onde interpretarán os temas do seu primeiro traballo ‘ Penórtico’.

O concerto de apertura do ciclo Lubicán 2013, a cargo de Rodrigo Romaní, comezará ás 20.30 horas, na Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e a entrada do público será libre e de balde, aínda que o acceso de xente estará limitado pola propia capacidade do auditorio.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2013 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto do Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto Nos Ten en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2013 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Liska! en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ataluns en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Pescudeiros de Baiona contra Lebrachos de Sobrado


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 20-02-2013 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Xira 10ª aniversario Dios Ke Te Crew
NOVAS DATAS "XIRA DOS DEZ"

22 febreiro GASTEIZ Gora Taberna
23 Febreiro BILBO Café Antzokia
2 Marzo MADRID Jimmy Jazz
8 Marzo SEVILLA Sala Fanatic
9 Marzo CÁDIZ Imagina Club
15 Marzo XIXÓN Monkey Club
22 Marzo SABADELL La Sala
29 Marzo ZARAGOZA Sala Explosive
30 Marzo HUESCA Serjos Musical (Monzón)
25 Maio COMPOSTELA Capitol (Décimo Aniversario)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Axuda para o novo disco d Compañía do Ruido


"A COMPAÑÍA DO RUÍDO"
É una banda galega integrada por seis persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca a ironía das súas letras, que mandan mensaxes combativos a través de ritmos bailables e divertidos, dende o folk ao rock, pasando polo ska, punk, reggae, entre outros.

"PENSARES GALEGOS"
Nesta ocasión queremos gravar un novo traballo, “Pensares galegos”, que incluirá nove cortes da banda, dous temas extra dos “Diplomáticos de Montealto” e “Zënzar”, así como unha escolma de “cantares” tradicionais da terra.

Non se trata só de un disco máis da “Compañía”, senón dun proxecto máis amplo, transversal e integrador da cultura galega; dende o máis tradicional ao máis actual e do que podedes formar parte!

Case todos os discos de “A Compañía do Ruído” están fabricados artesanalmente pola propia banda e, como non podía ser menos, en esta ocasión temos preparado un deseño que poderedes montar na casa: Un kit de auto-montaxe!!

EQUIPO DE CREADORES
Para levar a cabo este proxecto contamos coa participación de técnicos, deseñadores, pequenas fábricas de edición de CDs e músicos de Galicia tales como Tomás Ageitos, Oplup, Culturactiva, ou Jesús Parada, entre outros. Eles son só unha parte das persoas que contribúen á realización do CD, podendo así amosar os seus grandes coñecementos e, asemade, dar boa conta da calidade artística e musical do panorama galego do momento.

"A FESTA PARA QUEN A TRABALLA"
Os 2200 euros recadados servirán para realizar o deseño gráfico, a gravación no estudio “La Casita” (Riveira), a mistura e masterización no estudio “A Ponte” (Bertamiráns), ademais das copias físicas, o envío do produto e a promoción do novo CD.

Co crowdfunding queremos ter a posibilidade de participar nas artes sen depender da industria discográfica, de cadeas de distribución ou de subvencións. Ao mercalo directamente aquí, garántese a distribución do produto sen necesidade de tendas nin grandes superficies.

A banda benefíciase do voso aporte como mecenas e vós tedes a oportunidade, por exemplo, de gravar voces nun estudio ou de acadar concertos a baixo custo co engadido, ademais, de CDs para a súa venda e financiamento do voso festival.

"O QUE É MEU, É MEU, É MEU, O QUE É NOSO, E MÁIS DE NINGUÉN"
O proxecto que vos presentamos ascende a 2200 euros e temos 30 días para acadalos. O método (crowdfunding) implica que vós mercades agora as ofertas que aquí se presentan (descarga do CD, copias físicas, actuacións,...) e, coas vosas achegas, nós facemos este proxecto realidade. Cando teñamos todo listo, recibiredes as recompensas nas que participáchedes e, por suposto, a nosa gratitude.

Se non chegamos aos 2200 euros en 30 días non poderemos realizar o proxecto e, polo tanto, non se vos cobrará a axuda.

ENLACES DE INTERESE
Facebook / Bandcamp / Vimeo / Cultura Activa

CONTACTO
papijalocho@gmail.com / produccion@culturactiva.org

www.verkami.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-02-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer