Quinta feira 1 (Xoves)
? Serán no Sarela (Compostela)
Sexta feira 2 (Venres)
? Quique Peón Cia no Auditorio Municipal de Ourense
? Noite de Tasca en Viaño Pequeno (Trazo)
Sábado 3
? IV Festival Val da Maía ás 20:00 na casa da cultura de Bertamiráns (Ames)
? Heredeiros da Crus na sala LP-45 (Ordes)
? Carlos Blanco e Xose manuel Budiño no Aturuxo (Bueu)
? Lobalú no Liceum (O Porriño)
? Noitarega no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas
? Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
Domingo 4
? O Fiadeiro na Praza de Galiza de Arzúa ás 18:00
? Treixadura na Praza de Galiza de Arzúa ás 19:30
? Leilía no Auditorio Municipal de Ourense ás 19:00
Opa bailadores e bailadoras, cantereiras e cantadores, músicas/os e demais festeiros/as!!!
lembrade que este venres 24 de Febreiro comenza en Ourense unha nova edición da Festa itinerante "VENRESPIRAR", será no LICEO (rúa Lamas Carvajal nº 5), contaremos coa participación musical de Zurrumalla e AOFT-Maceda, guiando o baile: Bea Díaz.
Agardámosvos para botarlle uns bailes e unhas cántigas
Muíño do Pozo do Cachón: Muros
venres 24 de febreiro, 21h
Que nunca viches un muíño de marea (que non marea)?
Que nunca probaches a tortilla romana de Muros?
Que non coñeces o traxe muradán (un dos máis elegantes dos traxes tradicionais galegos)?
Pois Marful ofréceche descubrilos todos e desfrutar da súa presenza musical.
A tortilla degustación ofreceránola Maika, da casa de turismo rural Jallambau Rural,
onde poderedes facer noite se vos presta,
e estará acompañada por unha queimada que nos ofrece Eleuterio Balayo.
Un dos referentes do novo metal en galego presentan Ensaio sobre o silencio.
"Rachar co silencio que infecta o mundo actual facendo unha viaxe polos temas de actualidade que asoballan á sociedade e aos que ninguén lles fai fronte". Deste xeito resume Machina, o grupo de rock alternativo de Cerceda o seu terceiro traballo discográfico
O grupo defíneo como o seu disco máis comprometido política e socialmente. Así mesmo, con el acadan a madureza da banda. Unha boa proba é "Apandar" o primeiro adianto do traballo:
"Apandar"
O último traballo da banda gravouse a finais do 2011 en Vigo baixo a dirección de Pablo Iglesias, o produtor deste Ensaio sobre o silencio. O disco componse de trece cortes e foi masterizado polo sueco Pelle Henricsson. Segundo Machina, a masterización conseguiu facer do seu último disco un traballo moito máis maduro, cun son máis compacto.
O deseño do disco correu a cargo da propia Machina. Van lanzar unha edición especial de 250 unidades. Para reservar este disco abonda con pedilo en machinagz.com. Haberá unha edición que se ha distribuír do xeito convencional, para chegar así a todas aquelas persoas que non poidan adquirir a serie limitada do disco.
O concerto de presentación
A banda explica que "Ensaio sobre o silencio" tamén ten moito que dicir en Cerceda, o lugar de orixe de Machina. Por iso e pola relación que a banda quere manter co contexto no que xermolaron a presentación do novo disco vai realizarse no concello o vindeiro 17 de marzo.
O disco sae á venda a finais de marzo cun discurso cargado de retranca e unha estética baseada no mundo do xornalismo
Tomáronse o seu tempo, pero dende logo que foi para elaborar con moito convencemento e boas ideas o que xa é o cuarto traballo discográfico do grupo. Deste xeito, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco ?Vellas Novas? toma forma nunha estética xornalística, que se verá reforzada coa publicación dun xornal que a banda ten pensado distribuír nos seus concertos.
?Vellas Novas? e un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.
Haberá que agardar ata o mes de Abril para atopar ?Vellas Novas? nas tendas, e por suposto na rede, pero mentres tanto, Quempallou presentará un avance de dous temas en exclusiva este sábado 18 de febreiro no programa de Radio Galega ?Lume na palleira?. Dous temas que comezarán a soar nos medios a partires da semana que vén e que tamén se poderán escoitar na páxina do web grupo www.quempallou.com
Xa non hai escusa para deixar de entoar A Rianxeira por non lembrar a letra. Luís Torres, membro do PAS da Universidade de Vigo, recompilou máis de cen cantigas populares que se recollen por escrito na publicación Repertorio Tabernario, editado pola Área de Normalización Lingüística.
Como explica o propio Torres, esta escolma nace dun proxecto persoal que leva desenvolvendo dende hai anos coa colaboración doutros membros do PAS como Cándido Pérez e Xan Herrera. ?Este libro xurdiu da necesidade de dispor dun manual do que botar man neses momentos nos que unha persoa se arranca a cantar e non se lembra da letra completa?, comenta o autor.
Esta escolma naceu en 2008 cando o propio Luís Torres comezou a compilación das cantigas que lle parecían máis representativas do ?panorama tabernario do noso país?. Para o autor, canto tabernario non soamente fai alusión ás cancións entoadas en bares e tabernas, ?senón a todo aquel canto furtivo e espontáneo non sometido a máis regras que á sensibilidade, ao gusto, á entoación e ao ritmo sen maior acompañamento que unha guitarra e unha gaita?.
Antes da publicación desta versión definitiva, Torres xa autoeditara unha primeira versión no Entroido de 2008 con 500 copias ?que me quitaron das mans?, sinala. Tras esta primeira proba o autor constatou que había algunhas pezas ?que soaban máis? ou que eran máis populares ca outras, polo que viu necesario facer unha segunda revisión e no verán de 2010 volveu editar outra publicación de xeito individual. Para esta terceira versión Torres contou xa co apoio da Área de Normalización Lingüísitica da Universidade ?que sen ningunha dúbida animouse a editar e publicar de forma máis seria esta nova edición?.
Unha escolma de máis de 100 cantigas
Repertorio Tabernario inclúe unha selección de máis de 100 cantigas populares, ?coido que as máis coñecidas e entoadas algunha vez por todos, como A Rianxeira, Catro Vellos Mariñeiros...?, salienta Torres. O autor destaca ademais que o grupo musical A Roda lle serviu de referente á hora de escoller as cancións pois ?son os verdadeiros responsables de que perviva este xénero na nosa comunidade?, de aí que máis do 50% das cancións seleccionadas foran entoadas algunha vez por este grupo.
Hoxe, as 19:30, no salón de actos da e-Trad en Vigo (García Barbón):
A E-Trad, como escola municipal independente, ven desenvolvendo a súa actividade dende 2008, ano no que o servizo de Educación do Concello de Vigo decidiu a súa creación como un instrumento eficaz e pioneiro na pedagoxía da música de tradición oral de Galicia, a súa difusión e a súa permanente transformación como fonte creadora de cultura. Dende esa data a programación das actividades escolares centrouse en dúas vias de orientación: a primeira, a ensinanza e práctica da música segundo as actuais tendencias da música en comunidade e aprendizaxe ao longo da vida ("community music" and "long life learning"), destinada ao público en xeral cun amplo abano de idades e dedicacións nos perfís do alumnado. A segunda, un itinerario avanzado correspondente coa complementariedade dos estudos profesionais, enfocado cara a profesionalidade do alumnado, cunha orientación eminentemente práctica que inclúe tanto o escenario como a pedagoxía.
Como resultado deste proceso que agora culmina o seu primeiro cuatrienio de vida, a primeira promoción de alumnos que entraron na E-Trad dende o antigo Departamento da Escola de Artes e Oficios, agora en quinto curso, fan a súa estrea como grupo mañá mércores. Por eso quero pedir a túa asistencia a este especial acontecemento cargado de ilusión por parte tanto do alumnado como do profesorado da escola. Por suposto, podes vir na compaña dos teus amigos ou familia. Esperámoste as 19.30 h no Salón de Actos.
Esta é a primeira ocasión en que os PREMIOS OPINIÓN outorgan recoñecemento a tres categorías musicais diferentes
Logo de premiar durante unha década aos mellores discos do ano, os premios creados por este xornal dan un xiro para salientar doutro xeito o importante traballo realizado polos músicos de folk galegos. Trece finalistas competirán polos tres galardóns en disputa e a emoción sobre quen son os gañadores só quedará despexada o mesmo día da gala de entrega dos premios
Como xa viñemos informando, esta décimo primeira edición dos PREMIOS OPINIÓN de música folk vén con novidades. Logo de estar unha década premiando os tres mellores discos do ano, agora pasamos a contar con tres categorías cos seus correspondentes finalistas. Mantense o apartado de mellor álbum do ano e engádense o de mellor tema orixinal e artista, que se entregará a título individual para salientar o traballo dun músico nos discos publicados.
A idea primixenia é a de contar con catro finalistas por cada apartado, mais un empate xurdido á hora de facer o reconto de votos das mellores cancións orixinais fan que, nesta ocasión, sexan cinco as elixidas para competir polo galardón. Chama poderosamente a atención o compoñente lusófono que paira sobre as pezas finalistas. No disco de Uxía ten unha participación moi importante o guitarrista brasileiro Sérgio Tannus á hora de abordar os arranxos do repertorio. Na peza elixida comparte creación musical coa solista sobre un texto de Uxío Novoneyra.
Acrobata é o traballo conxunto de Ugia Pedreira e o brasileiro Fred Martins. A peza escollida, Depressa a vida passa, é unha composición de Martins. O trío Assembly Point está formado por un galego, un irlandés e un portugués e Jumping bits, a canción seleccionada é unha creación do luso Luís Peixoto. E non debemos esquecer que a peza aportada polo grupo Doa provén da tradición das cantigas medievais galego-portuguesas. O tenma conta con texto de Pero meogo e o creador da música é Bernardo Martínez, un dos compoñentes históricos da formación. A única peza sen influencia directa lusófona é a facturada polos compoñentes de Talabarte.
En canto ás candidaturas para o mellor artista achamos a unha solista con moito percorrido musical, Uxía, e a unha violinista, Begoña Riobó, que sen ser solista dá nome co seu apelido á banda que realizou a súa ópera prima este ano. Logo temos a dous músicos que coinciden na formación de Doa, Xoán Piñón,e Óscar Fernández, aínda que este último foi votado polo seu traballo na dirección musical do proxecto que deu lugar ao disco de Atlántica Vapora Orquestra. Entre o mellor disco atopamos ata tres tríos, un número de compoñentes que está a funcionar moi ben na música do noso país e que, vistos estes resultados, amosa que ese tipo de formación resulta suficiente para ofrecer un traballo con entidade e no que non se boten en falta máis compoñentes. Todo é cuestión de axustar con intelixencia a música interpretada para que soe perfectamente con tres artistas, aínda que non podemos esquecer que a situación de crise da industria leva a montar proxectos que non teñan moitos compoñentes e que se poidan mover doadamente á hora de realizar concertos.
Cómpre indicar que as votacións foron tremendamente axustadas, especialmente no apartado de mellor disco.
Nesta edición incorporamos ao xurado que decide os galardóns ao programa Folk In Trio, da emisora coruñesa Cuac Fm, que están acompañadas nas decisións polos compoñentes das últimas edicións. Os outros sete xurados dos premios son José Miguel López, director e presentador de Discópolis en Radio-3; Xoán Manuel Estévez, da revista Tempos Novos; Nonito Pereira, de El Ideal gallego; Salvador Rodríguez, de Faro de Vigo; Fernando Neira, xornalista de El País; Albert Reguant, de Catalunya Radio e quen isto subscribe representando a LA OPINIÓN A CORUÑA.
Os gañadores coñeceranse na gala de entrega de premios que terá lugar no vindeiro mes de maio e da que informaremos máis a miúdo en datas vindeiras.
Por outra banda mantemos o premio Andaina Senlleira que recoñece o traballo a prol da música de raíz de persoas, colectivos ou entidades. Ese galardón conserva a estrutura anterior e farase público antes de celebrarse a cerimonia de entrega. Nas catro anteriores edicións os vencedores foron Emilio Cao, Antón Corral, o grupo Na Lúa e a agrupación Cantigas e Agarimos.
Segunda feira 20 (Luns)
? Os Vacalouras e Residuos Atractivas no Rosal
? Dios ke te crew na Praza do Correxidor (Ourense) ás 24:00
Terza feira 21 (Martes)
Corta feira 22 (Mércores)
Quinta feira 23 (Xoves)
Sexta feira 24 (Venres)
? Leilía no auditorio de Galiza (Compostela)
? Dios ke te crew na Sala Star (Carral)
? Marful no muíño do Pozo do Cachón en Muros ás 21:00
Sexta feira 17 (Venres)
? Presentación do Repertorio Tabernario en Pontevedra na Casa das Campás ás 20:00
? Samesugas na sala Mardigras (A Coruña)
? Circio no teatro Principal de Compostela ás 21:00
? Lulavai no auditorio municipal de Vigo ás 21:00
? Briteiros no furancho Matamáfolc (Vigo)
Sábado 18
? IX Encontro festivo, gastronómico e gaiteiril "Alén do mar" en Bergondo.
? Xosé Romero e Taghaitaí no Auditorio de Rianxo
ás 20:30
? Pito de Pikasso na sala Moon (Compostela)
? Festival Taiña (Goián): Recambios Tucho, O Collon de Lola, Mongolica
Domingo 19
? Susana Seivane no Burgo (Culleredo), no Paseo Marítimo ás 21:00
CONCERTO XOSÉ ROMERO
DÍA: sábado 18 de febreiro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
O mestre gaiteiro Xosé Romero presenta o seu último traballo discográfico acompañado do grupo Taghaitaí, dos cales forman parte os músicos Manolo Maseda, Iván Costa, Lola Fernández e Edelmiro Fernández.
O concerto está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e baixo a producción de Tradistudios.
Entrada de balde, comezarán a repartirse unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa)
IX ENCONTRO ALÉN DO MAR
O sábado 18 de febreiro ás 14:30 h no Hotel Torques (polígono de Bergondo, Bergondo - A Coruña) a Asociación Cultural Alén do Mar organiza o IX Encontro festivo, gastronómico e gaiteiril.
Prezo: 22? (12? Nenos ate 12 incl.)
Menú: marisco de cortello, bo viño, postres, cafés e licores varios .
Prégase confirmación antes do día 14 mediante chamada ou SMS ao seguinte número de teléfono 609004484 indicando o nome da agrupación e número de comensais.
Tamén podedes mandar notificación á seguinte dirección electrónica alendomar2000@gmail.com
Como cadramos co Antroido...pois xa sabedes...@ que queira disfrazarse ............
O venres 17 de febreiro, ás 21:00 horas presentaremos o noso espectáculo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Circio é unha compañia aberta a novas formas de expresión, que fusiona a danza e a músca tradicional con outros estilos (contemporánea, teatro, ...).
A nosa primeira producción"Baile de soños" é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.
?Si canta mal, no cante; si canta bien, cante fuera?. Este era o texto dun cartaz colocado na barra dun bar da zona vella de Compostela, alá polos anos oitenta. Afortunadamente, non sucedia o mesmo en tódolos locais, e o celme do canto tabernario foi quedando, alentado por algúns irreductibles, xeralmente afeccionados á música ou que xa cantaban en corais, que o practicaban case de maneira anecdótica. A cantiga tabernaria, nembargantes, non só se escoita nas tabernas; para os que nos gusta a música, o botarlle unhas cantigas sempre supuxo un remate perfecto para unha celebración familiar ou unha comida entre amigos.
Hoxe en dia, afortunadamente, parece que volta a rexurdir das suas cinzas o canto tabernario. Por varias vilas do país convocanse concursos e promocionase, non sin esforzo por parte dos organizadores todo hai que decilo, dunha maneira ou doutra. ?Facíase nas tabernas, ás veces con nocturnidade, e polo xeral, tanto a formación de executantes como de instrumentos non era fixa dun dia para outro. Unha guitarra pendurada na parede ou un acordeón, como moito unha gaita eran os instrumentos que acompañaban os cantares. E logo a percusión? , ahí si que non se reparaba en utilizar o que estivera a man, as cunchas dos cinceiros, a botella de anís, etc?
Xoves 16 de febreiro de 2012 ás 20:30h,
Auditorio Gustavo Freire, Lugo
Ciclo: Lubican 2012
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Lugo, Deputación de Lugo
Producción: merlo branco producións
Entrada: de balde
A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debìa ter un espazo propio nos escenarios.
ConSentimento é unha homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade.
Un disco no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan a perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romanì, Yolanda CastanÞo, Eva Moreda, MarinÞa Peìrez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.
O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.
O antropólogo Alan Lomax viaxou por todo o mundo, incluída España, para preservar a tradición musical
O seu lendario arquivo faise accesible por primeira vez en Internet
Alan Lomax (1915-2002), folclorista extraordinario, viaxeiro incansable, etnomusicólogo de personalidade tempestuosa, músico, escritor e cineasta ocasional soñou cara ao final da súa vida que o enorme arquivo de gravacións de campo que amasó durante seis décadas estaría algún día dispoñible para todo o mundo e en todas partes nunha desas primitivas computadoras que tan alleas resultaban á súa alma de beatnick. Foi antes de obrarse ese milagre chamado Internet e antes de que un ataque arrebatáselle as máis elementais dotes comunicativas, tan cruciais para o antropólogo. Aquela e outras utopías fixéronse ao fin realidade. Vinte anos despois de ser soñado e cumprida unha década da morte do soñador, o proxecto Global Jukebox, unha sorte de gramola global, botou a andar na Rede o 30 de xaneiro, día no que cumpriría os seus 97 aniversarios.
A Asociación pola Equidade Cultural, que vela polo legado do tipo que introduciu o folk na cultura de masas, unha das figuras máis influentes e tamén controvertidas da música popular do século XX, culminou a dixitalización do seu asombroso arquivo, composto por 5.000 horas de gravacións sonoras, 150.000 metros de película, 5.000 fotografías e páxinas e páxinas sobre os costumes de medio o mundo.
Accesible gratis en culturalequity.org, trátase de "unha gran festa á que están convidadas as nacións de todo o planeta?, como prometeu o propio Lomax en 1992 durante unha recepción para recadar fondos (chegou a involucrar a Apple e Microsoft). Tamén está convidada España, onde o antropólogo estadounidense chegou en 1952, plena noite do franquismo, para gravar durante dúas semanas un certame folclórico en Palma de Mallorca. quedou seis meses, grazas ao apoio da BBC e da casa de discos Columbia. "Cando se deu conta da asombrosa riqueza e variedade musical do país, decidiu prolongar a viaxe, que deseñou a partir dos consellos de músicos que coñeceu en Baleares, ademais dos de Xullo Caro Baroja, García Matogueiras, Larrea Palacín, Filgueira Valverde, Bonifacio Gil, Walter Starkie e outros. Ás veces reparou en que lle seguía a Garda Civil" , afirmaba esta semana desde Toronto a etnomusicóloga Judith R. Cohen, especialista nas andanzas españolas de Lomax.
Aquela viaxe con paradas en Andalucía, Estremadura, Euskadi, Aragón, Asturias, Castela, Cataluña, Baleares, Murcia, Navarra e Cantabria pódese reproducir ao detalle no novo arquivo dixital, que ofrece escrupulosa información e centenares de fotografías sobre os pobos e os músicos rexistrados, xa fosen campesiñas, mariñeiros, vagabundos ou alcaldes. O mesmo sucede co resto dos periplos que Lomax emprendeu entre 1946 e 1982, tempo no que ademais de España percorreu pobos e cárceres do sur de EE UU, así como Inglaterra, as Indias Occidentais, Italia ou Irlanda.
Fragmento da balada asturiana Gerineldo, cantada por Carmen Prieto en Areas de Cabrales. Gravada por Lomax o 12 de novembro de 1952
Queda pendente a dixitalización das gravacións previas. Como eses discos de acetato que rexistrou cunha pouco fiable máquina de cilindros prestada pola viúva de Edison en 1933, ano da primeira viaxe por penais estatais xunto ao seu pai, John, e a soldo da Biblioteca do Congreso de Washington, gardián no tres dimensións do legado Lomax. Tamén, a súa colección particular do traballo doutros archivistas e unha impresionante cantidade de material "sobre a danza en dous mil culturas distintas, a maior colección persoal de baile do mundo", segundo os cálculos de Don Fleming. Director executivo da asociación e antigo produtor de bandas como Sonic Youth ou Hole, Fleming traballa baixo a supervisión de Anna Lomax Wood, filla de Alan. Buscan diñeiro para o proxecto, administran licenzas como a que permitiu a Bruce Springsteen utilizar fragmentos das gravacións de campo de Lomax no seu novo álbum ou editan discos nun selo recentemente creado.
A vastedade do seu empeño fai xustiza á lenda excesiva do tipo que descubriu, entre outros, a Muddy Waters, Son House ou Woody Guthrie. Un esquerdista que cría en recoller a voz do pobo e que por iso acumulou nos arquivos da FBI un dossier con oitocentas páxinas sobre asuntos variados (dos seus hábitos de bebedor ás amizades que frecuentaba) ou anotacións como esta: ?É un individuo certamente peculiar, con facilidade para a dispersión e ningún coidado pola súa aparencia?.
Belton Sutherland interpreta para Lomax un 'blues' na granxa Maxwell, en Misisipi 1978.
"Nunca atoparon nada de fuste contra el", explica John Szwed, autor da exhaustiva biografía The man who recorded the world (Viking, 2010). "Supoño que pasearse por aí no corenta cunha gravadora facendo preguntas aos negros pobres era un modo eficaz de espertar sospeitas". O certo é que Lomax, asfixiado polo macartismo, deixou EE UU a principios do cincuenta para instalarse en Londres, base ideal para as súas viaxes europeas.
Á súa volta a Nova York, en 1957, atopouno todo cambiado. Os mozos novos das cidades descubriran grazas ao seu traballo e ao doutros archivistas como Harry Smith o tesouro do folclore do seu propio país, como quen albisca unha terra ignota ("unha república invisible", na definición de Greil Marcus). Como o pai purista do revival folk, do que sairían figuras como Bob Dylan ou Joan Baez, participou na organización do Festival de de Newport, así como no confuso enfrontamento que orixinou aquel concerto de Dylan da edición de 1965, de resonancias míticas porque o músico introduciu con gran rifa instrumentos eléctricos no hábitat acústico do cantautor.
Woke up this morning with my mind on Jesus, interpretada por Fred McDowell e gravada por Lomax en Como, Misisipi (1959).
Non é aquela a única polémica que persegue a memoria de Lomax. El e o seu pai foron acusados de aproveitarse do bluesman Lead Belly nos 30, durante a viaxe que fixeron os tres entre a penal de Angola (Luisiana), onde estaba interno por asasinato o guitarrista, e a fama nacional. Achácaselle asinar cancións nas que non interveu a súa autoría e rexorden con certa periodicidade reproches de colaboradores (como o folklorista negro John Work III ou a cantante británica Shirley Collins) que reclaman o seu protagonismo na historia (os afáns novelescos do libro máis famoso de Alan, The land where blues began, non contribúen precisamente ao contrario). "Coñezo esas historias", aclara Szwed, "pero tamén se que Lomax nunca tiña un duro e que nos últimos días tivo que deixar o seu apartamento en Nova York, ameazado polo desafiuzamento; algo que non parece encaixar co final dun ventajista sen escrúpulos".
O certo é que no ánimo de Anna Lomax Wood e os seus subxace a conciencia da obrigación de saldar certas débedas. "Pretendemos difundir na Rede a música que o meu pai recolleu por todo o mundo para devolvela aos seus lugares de procedencia?, explica sobre o programa de "repatriacións" da fundación, que consiste en depositar nas bibliotecas dos pobos onde foron gravados unha copia dos fondos alí rexistrados.
Esta semana, unha celebración en Como (Misisipi) deu a benvida ao arquivo Lomax. Así, con música tradicional e discursos pechouse ao fin unha viaxe comezada en 1959. Foi entón, no primeiro día de outono, cando un branco cunha moderna gravadora estéreo Ampex deu no soportal dunha casa desvencijada coa arrepiante voz e a guitarra enmeigada do lendario Misissipi Fred McDowell.
14 músicos novos reinterpretarán temas do último violinista itinerante de Galicia
Foi contemporáneo do casete e dos aparellos domésticos que desde os anos setenta rexistraron a súa voz en decenas de feiras populares, aínda que xa por aquel entón era un músico doutro tempo. As vexigas, que lle quitou a vista de neno, púxolle despois un violín nas mans, pero Florencio López Fernández (A Fonsagrada, 1914-1986) non tivo nunca vocación de artista nin tampouco foi consciente de estar a facer algo máis importante que gañarse a vida. Agora, case tres décadas despois da súa morte, o centro de música popular A Central Folque recupera a figura do Cego dos Vilares, como se lle coñecía popularmente, grazas a unha iniciativa pedagóxica, Proxecto Florencio, que xa recrutou a 14 músicos de toda Galicia para levar a concerto parte do repertorio do trobador, o último cantor cego de Galicia e un dos máis soados, porque ademais de por a súa destreza co violín, pasaba sen ningún pudor do Vén bailar Carmiña ao último éxito de Julio Iglesias.
O zanfonista Germán Díaz, autor de Músicas populares da Guerra Civil, é o encargado da dirección musical de proxecto, que aspira a reunir sobre escenarios de Lugo e A Fonsagrada os instrumentos emblemáticos dos cantores cegos, desde a zanfona ?en retroceso desde o século XIX" até o violín ou o acordeón "diatónico e piano", pero tamén a frauta travesera ou a guitarra. O grupo, que ía ser de 10 acodes pero que finalmente será de 14, as que acudiron á convocatoria da Central Folque, ensaia cada dúas semanas en Lugo desde hai dous meses algúns dos temas que fixeron famoso a Florencio dos Vilares, entre eles O cantar do arrieiro ou Alalá do arador, coplas de carácter costumista que retratan en ton de humor o traballo no campo ou as relacións de parella. "Traballamos coas gravacións de audio e vídeo que se conservan, pero o seu repertorio é inmenso", explica Díaz, que aínda non ten data exacta para o concerto, que en todo caso celebrarase no verán. Aínda que a parte musical será a máis simbólica, o proyectyo vai máis aló da selección de temas: o equipo da Central Folque xa está a organizar encontros con músicos e investigadores e visitas á Fonsagrada en busca de testemuños sobre a vida do músico.
Dous concertos en Lugo e A Fonsagrada porán o colofón ao proxecto no verán
Do ir e vir do Cego dos Vilares polos pobos de Galicia e Asturias quedan máis dun cento de gravacións caseiras realizadas por paisanos que o admiraban "e que, dalgunha maneira, comprenderon o valor musical das súas actuacións", un vídeo no que Florencio interpreta unha muiñeira "de momento, o único coñecido do músico" e os traballos que desde finais dos anos fixeron entrar o patrimonio oral que inconscientemente levaba polos pobos ás caixas de seguridade que son os cancioneiros. O dúo Mini e Mero (Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas) tívoo moi en conta na nómina de Cantos, Coplas e Romances de Cego I e II (Editorial Ophiusa) e a musicóloga suíza Dorothé Schubart incorporou as súas coplas ao Cancioneiro Popular Galego, editado pola Fundación Barrié da Maza en 1984.
Aos músicos da Central Folque ocorréuselles a idea de homenaxear a Florencio ao coñecer unha gravación esquecida do lingüista Antón Santamarina, unha de tantas que conservan, sobre todo na montaña de Lugo. "Era moi querido na zona, porque era moi carismático", encomia Mauro Sanín, un dos músicos da Central. O músico Pancho Álvarez empezou a súa carreira como solista cun traballo no que reinterpretaba obras do repertorio do violinista. Ademais está o disco que gravou Florencio en 1981 grazas ao empeño de Pablo Quintana, A Recolleita, Volume I, no que o músico compartía protagonismo coa pandeireteira Eva Castiñeira.
"Representa unha sociedade por fortuna desaparecida, na que se malvivía"
Co proxecto aínda en curso, tanto Díaz como Sanín destacan o interese polo tipo de música e unha forma de vida, sempre itinerante e a miúdo marxinal, que personificó o Cego dos Vilares. "Representa unha sociedade afortunadamente desaparecida, na que se malvivía. Todo iso da conciencia ou a identidade é algo moi urbano, moi recente", expón Sanín. Florencio, músico por necesidade, só tivo un privilexio na súa vida, "o de tocar na praza pública", remacha.
O grupo chega á Illa o martes 14 de febreiro coa súa xira máis íntima e persoal
A Illa Uxía Pedreira e o grupo Marful farán unha parada na Illa dentro da súa xira "Surreal", unha aposta musical moi íntima e exclusiva que se centra en levar a música a lugares únicos. O punto elixido no municipio insular foi o Museo dá Conserva, no que a música comezará a soar o próximo 14 de febreiro, a partir das 21 horas. Sen escenario e ao nivel do público, o obxectivo é interactuar cos alí presentes. O prezo desta actuación será de 15 euros por persoa.
O aforamento para esta aposta musical será limitado e pode reservarse entrada a través do correo turismoilladearousa.es ou no propio centro de interpretación de consérvaa.
A xira Surreal arrinca no mosteiro de Carboeiro antes de pasar pola Illa, desde onde se dirixirá a lugares emblemáticos da cultura e do patrimonio galego como o muíño das mareas de Muros ou a casa de Curros Enríquez. Este concerto vai ser especial para a vocalista de Marful, Uxía Pedreira, xa que se celebra no Concello no que leva xa un tempo empadroada e que a acolleu coma se fose unha arousá máis. De feito, mostrouse onte moi orgullosa de que se conserve a esencia de fábricas que tiveron un peso tan importante como a de Goday.
Terza feira 14 (Martes)
? María Manuela na casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
? Marful no Museo da Conserva (Illa de Arousa) ás 21:00
Corta feira 15 (Mércores)
Quinta feira 16 (Xoves)
? Leilía no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20:30
Sexta feira 17 (Venres)
? Samesugas na sala Mardigras (A Coruña)
? Circio no teatro Principal de Compostela ás 21:00
Sábado 18
? IX Encontro festivo, gastronómico e gaiteiril "Alén do mar" en Bergondo.
? Xosé Romero e Taghaitaí no Auditorio de Rianxo
ás 20:30
? Pito de Pikasso na sala Moon (Compostela)
? Festival Taiña (Goián): Recambios Tucho, O Collon de Lola, Mongolica
Domingo 19
? Susana Seivane no Burgo (Culleredo), no Paseo Marítimo ás 21:00
A parroquia de Mondariz espera por centos de persoas para asistir ao XVI Serán dous Namorados
O "Corrido do galo" é un dos atractivos do Serán dous Namorados que celebrará esta noite a parroquia mondarizana de Toutón por décimo sexto ano consecutivo.
Despois dunha comida popular á unha da tarde, a base de 100 quilos de chourizos caseiros, 700 quilos de costela de porco, pan de millo, sobremesa, café e viño; os nenos asistentes poderán correr detrás dunha decena de galos e pitos que os veciños soltarán nas leiras xa coñecidas como "As Corredoiras". Os máis novos tratarán de atrapar ás aves e quen as colla quédallas.
Esta é a versión actualizada dunha tradición antiquísima. No pasado o galo acababa morto, tirábanlle laranxas e un veciño cos ollos vendados trataba de golpealo cunha "espadita" guiado polas instrucións dos demais. "Mesmo enterraban ao galo deixándolle só a cabeza fóra", explica Higino Alvariño, un dos organizadores do Serán dous Namorados.
Ata Toutón espérase que cheguen hoxe centos de persoas. O ano pasado os organizadores contabilizaron 5.000 asistentes. Desde distintos puntos de Galicia chegan amantes da música máis tradicional do rural galego. Moitos chegan en autobuses e pasarán o fin de semana aloxados en Mondariz; algúns en hoteis e outros mesmo en "casas vellas ou palleiros" habilitados polos aldeáns para que se acomoden en sacos de durmir.
Os grupos que se valen mesmo de apeiros do campo para facer música entoan cancións antigas orixinarias dos seus lugares de procedencia que recuperaron. Na última edición actuaron 64 grupos, e once tiveron que irse sen poder tocar porque xa eran o sete e media da mañá e o serán empezara ás oito da tarde do día anterior; á mesma hora que comezará hoxe.
Ninguén pasará fame
Esta madrugada, sobre a unha, tamén se repartirá comida entre os asistentes, tanto os grupos que tocan como quen se achegan só a ver o espectáculo, e máis tarde chocolate quente para todos. O tamaño que adquiriu esta festa obrigou aos organizadores, as Pandereteiras de Toutón, a delegar traballo. "O chocolate antes faciámolo nós en porcelanas de 100 litros pero agora xa nolo trae unha empresa", explica Higino Alvariño.
O programa "Alalá" achéganos hoxe o son da cultura mariñeira de Vilaxoán, onde todos se enchen de orgullo cando cantan as cancións de sempre porque senten que son de cada un dos veciños desta vila mariñeira.
Pilar G.Rego, presentadora do espazo, estará acompañada por distintas testemuñas actuais que dan fe de que houbo un tempo en que os valses e as habaneiras se escoitaban cada noite nas tabernas, con voces acompañadas por un acordeón ou unha guitarra, e como, despois dos anos cincuenta, moitos dos homes que as cantaban marcharon a Noruega buscando pescas máis rendibles e as mulleres empregáronse nas fábricas de conserva.
Pero como na memoria de todos quedaron estas melodías dos tempos en que as lanchas do xeito enchían a ría de Arousa, tivo que nacer o grupo "Atlántica Vapora Orquestra" para recoller toda aquela música que reflicte a alegría coa que enfrontaban a dureza do traballo e da vida.
Os músicos que forman a Atlántica Vapora Orquestra son todos profesionais magníficos, que interpretan o repertorio propio da zona cunha enerxía que non deixa lugar a dúbidas sobre a identificación que teñen con este peirao da ría de Arousa e coa súa xente. Precisamente foi por esta identificación que decidiron xuntarse para formar o grupo e tocar estas pezas, baixo a dirección de Óscar Fernández, o seu mestre de zanfona, que forma parte da Central Folque.
Sexta feira 10 (Venres)
? Mini e Mero no Madia Leva de Lugo às 21h30.
? Quique Peón Cia no auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
? Os tres Estralos no C.S. Abrente (Arcade-Soutomaior) ás 23:00
? Skandalo GZ e Dakídarría na sala 99 (Ponteareas)
? Ana Alcaide no Liceum (O Porriño) ás 23:00
? Picuiña no furancho MatamáFolc (Matamá-Vigo) ás 23:00
? banda Baile Asalto no Xancarajazz (Vigo) ás 00:30
? Foliada no bar Pelusco (Pontevedra)
Sábado 11
? Presentación do libro "O Gaiteiro Verde" con Xavier Blanco no C. C. Rosalía de Castro de Domaio (Cangas do Morrazo)ás 18:00
? Saltonocribo na FNAC da Coruña ás 19.30
? Pinchacarneiros e Milesios no Madia Leva de Lugo ás 20:30
? Habelas Hainas en Manzaneda
? Machina e Berri Txarrak na sala capitol (Compostela)
? Treixadura no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
? O Fiadeiro no Teatro Municipal de Tui ás 20:30
? Xose Manuel Budiño e Carlos Blanco no Café Maltés (Ferrol)
? Ana Alcaide no teatro Principal (Ourense) ás 20:30
? Festival Aniversario Pelusco na sala Karma (Pontevedra): Leo e Arremecaghona, Chotokoeu, Guitervan
? Pelepau no furancho MatamáFolc (Matamá-Vigo) ás 23:00
? Bullada no Irixo
? Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)
Domingo 12
? Abóbriga no furancho MatamáFolc (Matamá-Vigo) ás 12:30
? Uxía no Barco de Valdeorras (Ourense) no Teatro Municipal ás 20:00
? Serán (aniversario de Marcelo) na Asociación de veciños de Aranza (Soutomaior) a partires das 17:00 (podendes vir disfrazados para tokar e beillar ate romper o chán)
Lugar: Recinto da festa. Toutón. Mondariz
O serán mais grande de Galicia, o sábado 11 en Toutón, Mondariz
A partir da 1 da tarde xantar popular. inscripción 10?. Higinio: 686 965 983
Despois da comida o tradicional "corrido do galo" (procesión e lectura do testamento) e a continuación gran serán.
Xuntanza, saída e serán no recinto da festa, que estará cuberto e pechado. Novo e amplo aparcamento. Bos sitios para o descanso e acampada.
Os dias 10 e 11 de fevereiro inauguramos o novo centro social.
Este é o programa:
Dia 10, sexta-feira. Mini e Mero às 21h30.
Dia 11, sábado. Encontro de centros sociais: "Liberar espaços, construir poder popular". Às 16h30.
Concerto de Pinchacarneiros e Milesios. Às 20h30.
?Alén da Croa? é unha historia baseada en diferentes relatos referidos ás lendas mouras, unha interpretación dunha parcela do noso imaxinario popular, da nosa cultura, no eido da tradición oral e levada ao escenario, por primeira vez, a través da danza.
En ?Alén da Croa? mestúranse distintas linguaxes de danza: a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea, xunto co teatro e a música, todo envolto nun marco netamente contemporáneo e traído aos nosos días, facendo de ?Alén da Croa? algo novidoso e úico dentro do abano dos espectáculos de danza en Galicia
Venres 10 de febreiro
Auditorio municipal de Vigo ás 21:00
O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia.
O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico ?Esa si que é muiñada?. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon reflectir coa colaboración dos coros decanos de Galicia ?Cantigas e Agarimos? (Santiago de Compostela) , ?Cántigas da Terra? (A Coruña), ?Real coro Toxos e Froles? (Ferrol) e ?Coral De Ruada? (Ourense).
O concerto comezará ás 21:00 h e as entradas poden mercarse na billeteira do auditorio e na páxina web servinova tanto para este concerto como para o que ofrecerán o próximo 21 de Abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. O 17 de maio, Treixadura celebrará o Día das Letras Galegas cun novo concerto no Pazo da Cultura de Narón