Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruada solidaria en Soutelo
Soutelo acollerá o sábado unha ruada musical e benéfica a favor do Cetmo

A asociación Verbo Xido pechou o programa da ruada benéfica que se celebrará o sábado en Soutelo de Montes para recuadar fondos para financiar o remate das obras do Centro etnográfico de Montes (Cetmo).

A festa será a partir das 21.00 horas no salón Avenida e prolongarase ata a madrugada. Actuarán os grupos Abrentes, Chichisos, Atalúns, Serandeiros, Tear de Llerena, as pandereteiras de Quireza e Trépia e Tonhito de Poi. A entrada custará ci euros, pero será gratuíta para os xubilados. Haberá chocolate con rosca gratis e servizo de bebidas e petiscos. Sortearanse un lote de libros e outro de produtos ecolóxicos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-02-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 25 (Venres)
• Guezos en Xinzo de Limia
• The Homens e Projecto Mourente no MARCO (Vigo) ás 20:00
• Malandrómeda na Sala The Star, Carral
• Lamatumbá e Loretta Martin na sala O Túnel do Coliseum da Coruña
• Matamá Ensemble no "Café da Arte" da Fundación Mayeusis de Vigo
• Tristetto, Sacha na Horta, Ugía Pedreira e Fred Martins no Auriense (Ourense)
• Festival Defensa Serra do Galiñeiro na taberna Marrucho (Baiona): Skacha, Tiro na Testa, Berra Banda,...
• Festival Duplo R: Mind da Gap, Dealema, Likor Café, Anxo Lorenzo, ... ás 19:30 en Sala Infierno (Vigo)
• Marta Quintana no Liceum (O Porriño)
• O Fiadeiro no furancho Matamáfolc (Vigo)
• Foliada Ven Respirar no Liceo (Ourense)

Sábado 26
• Sanfolices no Auditorio Municipal de Ourense
• Quempallou no Clavicémbalo (Lugo)
• Julio Pereira no Liceum (O Porriño)
• Ith no Auriense (Ourense)
• Tanto Nos Ten no furancho Matamáfolc (Vigo)
• Serán en Mouriscados (Mondariz)

Domingo 27
• Sobre Rodas no furancho Matamáfolc (Vigo) ás 12:30 da mañá
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

18 de marzo
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)

19 de marzo
- Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
- Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa.

25 de marzo
- Serán da Ermida en Pazos de Borbén

26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")
- Serán en Pinzás(Tomiño)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

4 de xuño
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-02-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Aproveitando a chegada do entroido
e as grandes enchentes de cocido…

http://nocombaro.wordpress.com
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-02-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Faustino Santalices (Ourense)
Concerto homenaxe. A zanfona na Galiza no S. XXI

26 de febreiro no Auditorio Municipal de Ourense, de 11:00 a 13:30 h. e 18:00 a 20:30 h. con xantar de confraternización polo medio

«Pro atópome contenta, / pois logo hei de ser vingada Por un home que loitou / pra verme resucitada,
I-as miñas rebustas netas, / novamente frabicadas, han de tocar os sons doídos / i-as alegres foliadas, co-as sinxelas melodías / ni-istes tempos olvidadas.»

De «Fala a zanfona» (1956)
Faustino Santalices

A pesar das importantes mudanzas experimentadas nos últimos 50 anos, cun crecente número de luthiers e intérpretes, a zanfona dista de ocupar un espazo central na música galega actual.

Sanfonices quere reunir aos zanfoneiro/as galego/as nunha homenaxe ao recuperador da zanfona, e amosar unha visión ampla da zanfona na Galiza como instrumento vivo, presente e integrado na música.

Sanfonices abre un espazo común de creatividade e interpretación no que dez zanfonistas consolidados/as apadriñarán a dez zanfonistas emerxentes para un espectáculo que será gravado e publicado nun cd colectivo.

PARTICIPANTES
Antón Castro,
Anxo Lois Pintos,
Begoña Riobóo,
Carlos Beceiro,
Carlos do Viso,
Chechu Saburido,
Iván Costa,
Jaime Rebollo,
Lucía Comesaña,
Luis Caruncho,
Oscar Fernández,
Pablo Bernárdez,
Pancho Álvarez,
Paulo Fernández,
Tino Baz,
Xaime Rivas
e convidados
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Fiadeiro no Furancho Matamá Folc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto Nos Ten no Furancho Matamá Folc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre Rodas no Furancho Matamá Folc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumbá e Loretta Martin na Sala O Tunel (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto en defensa da Serra do Galiñeiro
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
V Xornadas de Agroecoloxía de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2011 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Carballesa
Sábado 26 de febreiro (10-14h)
CSC do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 Compostela)


O obradoiro será impartido por Luís Prego. Hai 20 prazas e ten un custe de 10€ por persoa.
Para cubrir o formulario de inscrición e atopar máis información, hai que entrar na nosa páxina
web: www.seransencompostela.org

Ademais dos puntos e da estrutura do baile en si, aprenderemos sobre a música e a
instrumentación, sobre a localización xeográfica, veremos algunha recollida, etc.

Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela


Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-02-2011 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Roi Casal
–Vostede non ten problema ningún en asociar a palabra pop a algunha das súas composicións. Cre que a música de raíz non debe ter medo a abrirse a influenzas incluso pouco previsibles?
–Obviamente proveño do folk porque entrei a formar parte de Milladoiro e aínda que compartía o seu xeito de facer as cousas, iso non quere dicir que fose exactamente o meu punto de vista musical. Eu creo que a música tradicional permítenos que a moldeemos como unha escultura, e existen diferentes formas de facelo.

–Tampouco ten medo a empregar con contundencia a guitarra eléctrica cando o precisa, un instrumento que case non existiu na historia do folk galego.
–Sucede que existe unha corrente que pensaba que empregando ese instrumento se desvirtuaba o folk e que era case un sacrilexio facer uso del. Logo existía un desapego dos guitarristas ao folk, xa que se dominaban ese instrumento semellaba que se debían encauzar por outros estilos. A miña intención é tender pontes e realizar unha interconexión entre a música tradicional e unha estética máis rompedora. O que non ten sentido é realizar fotocopias de proxectos musicais que xa existen en Galicia e que teñen un gran nivel. O camiño elixido é aquel no que pretendo aportar algo diferente, persoal e que soe auténtico. Logo a xente decidirá se lle gusta.

–Nesta ocasión canta menos e deixa unha maior responsabilidade nese apartado a Sivia Ferre. A que é debido?
–Sempre tentei manter un equilibrio no canto entre os dous. Gustame moito o que fai e a súa voz encaixa moi ben coa idea musical que eu teño. Creo que é un dos grandes valores do proxecto e un dos segredos para que o meu traballo teña aceptación entre o público. Tiven a sorte de que cando debutei ela viña de abandonar a unha orquestra coa que cantaba.

–Segue a súa querencia por Manuel María, que aporta o texto que dá título ao álbum
–É unha peza que xa tiñamos gravada para o primeiro disco, pero non me acababa de convencer. Logo fixémoslle un arranxo novo e a cousa mudou. Era unha das cancións que mellor funcionaban nos concertos. A xente demandábaa nun disco e daquela eu tiña que metela no álbum.

–Pero nesta ocasión vostede fixo máis letras e recurriu menos a poetas ilustres. Síntese máis maduro para afrontar ese labor?.
–Creo que si. Algunhas persoas comentáronme logo da saída da ópera prima que debía afondar máis nese aspecto. Lendas douradas foi como unha proba piloto e neste traballo atopamos cousas máis miñas, de composición propia, que poden servir para romper esa imaxe de min de membro de Milladoiro, e que xa sirvan para marcar o meu propio camiño.

–A letra do tema Unha confesión debemos asocialo ao seu pasado musical máis recente e ao presente como solista?
–É unha historia persoal que tamén lle acontece a moita xente na vida, cando se acha nese momentodecisivo no que debe decidir se voar pola súa conta.

–Dende que debutou como solista hai tres anos ata agora, onde realizou concertos e veu como resulta complicado sacar proxectos adiante, como valora a experiencia?
–Aprendín moitas cousas, sobre todo a nivel empresarial e ver como se debe montar con criterio o negocio dunha carreira como solista para contar coa necesaria independencia artística. Agora sei que é o que me podo atopar nesta industria discográfica, na que vexo que os músicos están a ser moito máis profesionais que a xente que os está a xestionar.

–Realiza unha produción propia do disco, algo bastante común no panorama musical galego. Considérao xa como algo normal, exercer de produtor, de cara ao futuro?
–Non queda outro remedio. A nós gústamos a música e aínda que, claro, queres gañar cartos, iso non é o primordial. Fas isto persoalmente para ter o control total e tirar máis produtividade da túa obra. Non só chega con facer un disco, senón que ao redor existen outros compoñentes necesarios para que o traballo sexa ben difundido e coñecido. Esa é, polo menos, a miña aposta. Estou comezando e son ambicioso, mais teño os pés no chan. Cómpre nadar moito para sacar a cabeza e despois xa veremos se a xente di que valemos e apoia osuficiente para contar cunha carreira musical sólida no futuro.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2011 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre, a forza do destino

O ano 1991 estaba consumindo os seus últimos alentos cando a forza do destino fixo que compartise con Luar na Lubre unha noite máxica de novembro, e non precisamente baixo o resplandor da lúa nun bosque sacro, senón co vento soliviantado e unha pertinaz choiva enmarcando a visión das encrespadas ondas da ensenada de Riazor. Un encontro que marcou o comezo da escalada deste grupo cara á cima do éxito onde hoxe se asentan grazas a unha traxectoria encomiable que afrontaron, con puntuais cambios na súa formación, e unha ideoloxía musical que logrou crear un son persoal reconocible nas amplas estepas do folk internacional onde a súa arte é apreciado.

O destino quixo que me chegase o encargo de organizar unha jam session privada cun grupo de folk para que Mike Oldfield escoitase a percusión galega, pola que estaba moi interesado ante a gravación de Tubular Bells II. Pasaría uns días en Galicia xunto a Rosa, a súa noiva de entón, de Cambre. Para cumprir o sorprendente encargo, inicio o contacto con tres grupos de folk, que, por diferentes motivos, non están dispoñibles para a data sinalada. A piques de tirar a toalla, a forza do destino xoga as súas cartas e diríxeme cara a un grupo da Coruña, formado en 1986, ao rebufo da segunda onda da música celta. O seu nome, Luar na Lubre, que por entón tiña dous discos gravados O son do ar (1988) e Beira atlántica (1990). Contacto con eles que, incrédulos, aceptan, presentándose o 14 de novembro no Praia Club, ás 9 da noite, cos pertrechos dispostos para deleitar a Oldfield quen, xunto a Rosa e o produtor Tom Newman, chegou tras pasar unha xornada gozando da panorámica do Monte Pindo, o Olimpo celta.

As presentacións de rigor deron paso á reunión musical e o destino, tenaz, volve chamar á porta. Cando Mike escoitaba interesado a música de Luar na Lubre, Rosa coméntalle que era o mesmo grupo que habían oído nunha cassette que ela lle regalou en Londres. O interese de Oldfield acrecéntase e pide permiso para subir ao escenario e tocar o pandero como un compoñente máis do grupo. A jam termina e con consentimento de Olfield empeza a after jam, con picoteo e cervexas, ata que a madrugada nacente botouse encima.

Cando a repercusión daquela cordial jam sessión parecía quedar en auga de borrajas, en 1996, o músico británico inclúe unha adaptación do tema O son do ar no seu álbum Voyager. Un feito que puxo a Luar na Lubre nos chanzos do éxito cun recoñecemento internacional determinante para a súa proposta artística que aumentou cando Oldfield incluír como invitados na súa xira Then & Now por varias cidades españolas. Desde entón, cara arriba, escalando banzos, disco a disco, concerto a concerto, como embaixadores da música folk galega en todo o mundo, por onde viaxan cos seus devanceiros musicais ao lombo, e unha sinxeleza natural -esa que invoca ao instinto, intuición e ao discernimiento para crear con esencia e sentimentos de empatía- forxada no traballo colectivo e no trato humano, que se exterioriza musicalmente nunha obra con calidade, sedución, talento, intensidade emocional e solidez instrumental. E todo porque a forza do destino así o quixo.

Banzos
- 1986 nace Luar na lubre na Coruña. En 1992 coñecen a Mike Oldfield e este fai con eles unha versión de Ou son do ar, título do seu primeiro disco en 1988 .

- Vendidas máis de 300.000 copias dos seus traballos. Plenilunio e Cabo do mundo, discos de ouro consecutivos.

- Nove premios concedidos pola SGAE e pola Academia das Artes e as Ciencias da Música. Premio de Audiovisuais galegas Mestre Mateo polo seu vídeo Un bosque de músicas. Dous premios polo mellor álbum de música tradicional a Camiños dá fin dá terra e Ao vivo.

- Ignacio Vilar dirixe unha película sobre o grupo en 2004. As cantantes que os acompañaron foron Ana Espiñenta e Rosa Cedrón. Desde 2005 a súa vocalista feminina é a lisboeta Sara Vidal.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2011 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Pachanga 'power'
As bandas que mesturan ritmos do mundo para facer bailar o público inzan a escena - A popularidade das orquestras contribué a explicar o fenómeno



Daquela, mediados os oitenta, Xurxo Souto unicamente soñaba con armar Os Diplomáticos de Monte-Alto. Remexía na discoteca da Radio Galega, onde colaboraba como locutor, e ficaba fascinado por Patchanka de Mano Negra -co escudo da Coruña na capa-, Los Lobos e Flaco Jiménez ou o primeiro elepé dos Pogues -Rosas vermellas para min. "Alí tamén descubrín o disco da Charanga do Cuco de Velle", lembra, "e para min había unha conexión profunda entre todos eses elementos". Desa alquimia, peneirada pola ética e a estética punk e pola particular lírica arroutada de Souto, emerxeron Os Diplomáticos, probabelmente o grao cero da pachanga en Galicia. Vinte anos despois, a escena mestiza non só non murchou, senón que segue a sumar bandas e animar verbenas, centros sociais ou festivais de verán.



"É que aquí sempre houbo pachanga; os galegos somos un pobo de emigrantes, levamos músicos alá e trouxémolos aquí", afirma categórico Álex Novas, o cabeza dos dez músicos que forman La Tuna Rastafari, "moitas das músicas da Península introducímolas nós, xente que traballaba en Cuba, no Uruguai, en toda América". Dedicados a acelerar rancheras e mesturalas coa rumba catalá ou a cumbia de Colombia, autores dun Carne de pachanga que resulta declaración de intencións dende o título, La Tuna Rastafari proceden do Morrazo e aprenderon o oficio nos furanchos de viño novo. "Somos furancheiros e daí quedounos o das rancheras", confesa orgulloso Novas.



E se Novas cita o referente de Manuel Daponte, autor d'O gato que popularizou A Roda logo de lla escoitar nunha taberna do Berbés, Abraham El Niño fala, outra vez, do Cuco de Velle. "Hai 40 anos mesturaba todo tipo de músicas, adiantouse ao que logo se chamou mestizaxe", considera. Con O Sonoro Maxín, combo esgazado de Lamatumbá, Abraham practica a cumbia en galego. "É o estilo co que nos sentimos identificados", explica, "sobre todo polo que significa para o baile, mover os pés e axiña mover as ideas". A banda, con base en Ourense, recoñece antecedentes indíxenas da súa peculiar aposta musical. Pero son escasos: A Santiago voy, de Los Tamara de Pucho Boedo nos setenta, e a Cumbia china, dos Resentidos, na seguinte década. Ambas as dúas fan parte do repertorio en directo d'O Sonoro Maxín.



A Cumbia china, esa oda de Antón Reixa ao Barrio Chino de Vigo, atópase na xenealoxía do melting pot musical galego. Ratifícao Xurxo Souto, investigador da materia: "Os Resentidos pasaron da estética industrial do principio ao Fracaso tropical, o seu disco de 1988; a Cumbia china é unha versión coa letra cambiada". Naqueles anos, fai memoria, o Reixa punki presentáballe os respectos a un abraiado Sito Sedes de Los Satélites. E é que a popularidade e omnipresenza das orquestras ten a ver, segundo Souto ou Álex Novas, coa querenza dos intérpretes galegos polos sons bailábeis. "Neste país, as músicas mestizas saen cunha naturalidade infinita", engade o xefe dos Diplomáticos, "existe un substrato musical extraordinario; a nosa mestizaxe é moito máis natural que a que se fai en Barcelona".

A Barcelona tamén se refire Antón Papaqueixos, e tampouco o fai en termos afagadores. "A min a pachanga paréceme aburridísima", ri, "todas esas bandas barcelonesas...". Baixista d'Os Tres Trebóns -que comanda Xurxo Souto e na que fichan os ventos d'A Magnifique Band dos Homes sen Medo-, e de Ultraqäns, Antón prefire falar da escena en Galicia como dunha "variante autóctona, a herdanza do bravú". Para el, Os Tres Trebóns non son outra cousa ca un cuarteto tradicional "pero a toda velocidade, con toques mexicanos e dos Pogues" e os Ultraqäns, "folk punk progresivo con aires balcánicos". "Papaqueixos [lendaria banda bravú disolta contra finais dos noventa], fódeme moito dicilo, si que fixemos mestizaxe", acaba por admitir, "aínda que moi influenciados polos Pogues e por Gwendal". "Pero o prato máis importante da cociña galega, cal é? O cocido; e as patacas, de onde viñeron? De América", conclúe.



As ensinanzas de Papaqueixos non se perderon no tempo. En Manzaneda, e encabezados polo que hoxe é alcalde nacionalista da localidade, Davide Rodríguez, operan dende hai anos Os Cuchufellos. O que empezou como grupo de música tradicional, pasou logo pola fase speed folk, até chegar ao seu actual e frenético ska balcánico. "A nosa evolución veu sen buscala, por bandas que nos gustaban a todos os cuchufellos", relata. Diplomáticos, Papaqueixos ou O Jarbanzo Negro -outros pioneiros en aprender de Mano Negra, dos Clash menos punk e con Pulpiño Viascón na batería- levaron aos de manzaneda á feitura de Achegaivos fregueses, o seu último cedé.

"Este é un país festeiro e á xente gústalle troular", opina Rodríguez, "e demanda estas músicas". En La Tuna Rastafari coinciden co diagnóstico nacional emitido dende Manzaneda. "Os galegos temos esa cultura de festa", sostén Álex Novas, "e, ademais, as orquestras non deixan de ser iso, música mestiza". Máis alá da verbena, onde Xurxo Souto detecta "a multitude de estímulos musicais recibidios polos galegos", atópanse as bandas municipais, eses "conservatorios enxebres". "Por iso hai grandes metaleiros neste país", matiza divertido Antón Papaqueixos, "pero dos que tocan instrumentos de vento".



É Souto quen máis teorizou sobre o asunto da pachanga. "Somos un pobo moi culto musicalmente", argumenta, sen ánimo ningún de retranca, "que, fóra do rock & roll, medramos expostos a ritmos tropicais ou mexicanos. Iso sen falar dos apelidos galegos que hai, por exemplo, na autoría de numerosas melodías cubanas". Non por acaso a rumba foi importada para gaita polos emigrantes en América Latina a comezos do século XX. E a canción popular galega máis célebre, A Rianxeira, construíuse sobre un aire mexicano. Con ela homenaxearon os seus paisanos a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, exiliado en Buenos Aires despois da Guerra Civil.



Relevo na nómina dos mestizos
"A abundancia de bandas é relativa", explica Souto, "pero é certo que as segue habendo, e cun un discurso vehemente". Os ourensáns Lamatumbá conseguirón facer do seu Licor do negro café! un hit que mesmo pasou ao repertorio das orquestras. Como tamén pasou Estomballada, d'A Banda de Balbina. Antes, no cambio de século, O Jarbanzo Negro ou A Matraca Perversa definiron o concepto mestizo no noroeste peninsular, arrimados á música para danzar. Os xa separados Banda Potemkin -merengue, funk, tradicional-, ou os ribeirenses A Companhia do Ruído -reunificados hai nada-, estenderon a idea pachangueira na escena musical da pasada década.

The Turre's Band [A Banda do Torreiro] elevan o metal, non o heavy senón o da sección de ventos, a categoría propia. Autodefinidos como ska swing, chegaron a sintetizar a muiñeira-ska. Os Festicultores, Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, torcen máis polas sonoridades balcánicas -Goran Bregovic, The No-Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia-, pero en formato charanga.

Non exactamente adscritos ao xénero, e porén tanxentes a certas estéticas mestizas, están Som do Galpom. Reggae, hip hop, funk e letras politizadas deron forma a Em terra de ninguém. Galegoz, con parte do que fora A Matraca Perversa, viran cara á electrónica con voces raggamuffin.

Mais o relevo parece seguro. Duplo Son, da Coruña, autodefínense coa etiqueta chicano power. Skaralhados tiran de saxo, trombón e trompeta e Fracasados de Antemano supoñen, a dicir dalgunha crítica, a promesa do sector. Entrementres, O Sonoro Maxín gravarán este verán o seu primeiro disco no País Vasco, da man de quen fora guitarrista de Negu Gorriak e metade, con Antón Reixa, de Nación Reixa, Kaki Arkarazo. E serán pioneiros en formato longo da cumbia cantada en galego.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2011 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 21

Terza feira 22 (Martes)
• Noitarega na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 23 (Mércores)
• Matamá Ensemble ás 20:00 no Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música da Coruña
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 24 (Xoves)

Sexta feira 25 (Venres)
• The Homens e Projecto Mourente en Vigo
• Malandrómeda na Sala The Star, Carral
• Lamatumbá e Loretta Martin na sala O Túnel do Coliseum da Coruña
• Matamá Ensemble no "Café da Arte" da Fundación Mayeusis de Vigo
• Duplo R ás 19:30 en Sala Infierno (Vigo)
• Marta Quintana no Liceum (O Porriño)
• O Fiadeiro no furancho Matamáfolc (Vigo)
• Foliada Ven Respirar no Liceo (Ourense)

Sábado 26
• Quempallou no Clavicémbalo (Lugo)
• Ith no Auriense (Ourense)
• Serán en Mouriscados (Mondariz)

Domingo 27
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
• Roi Casal na sala Capitol de Santiago
• O Chícharo psicótico no Pub Gatos (Melide)
• Desequilibrio Mental en Catoira
• Linho do Cuco no Liceum (O Porriño)
• Marta Quintana e Tarambainas no Salón de actos da Once (Vigo) ás 20:00
• Abóbriga no furancho Matamáfolc (Vigo)

Sábado 19
• Mamá Cabra no Forum (A Coruña) ás 12:00
• Mamá Cabra no Teatro Principal de Pontevedra ás 19:00
• Arrolos de Salitre ás 19:00 na FNAC da Coruña
• Matamá Emsemble no Bar Hipólito (Vigo) ás 22:00
• Malandrómeda na Sala Super 8 (Ferrol)
• Desequilibrio Mental en Compostela
• Roi Casal no Teatro Rosalía da Coruña
• Trioliro Regueifeiros no furancho Matamáfolc (Vigo)
• Baile ao asalto en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) ás 19:00
• Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
• Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

Domingo 20
• Andaina pola defensa da Serra do Galiñeiro

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

18 de marzo
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)

19 de marzo
- Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
- Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa.

26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")
- Serán en Pinzás(Tomiño)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes)

4 de xuño
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
II Seran De Ventin (Fornelos De Montes)
II Gran Seran De Ventin (Fornelos De Montes)

O dia 19 de Febreiro de 2011 celebrase o "Segundo Gran Seran De Ventin" (Fornelos de Montes). Apuntade esta fecha nas vosas axendas, porque non deberiades de faltar a esta cita musical e de convivencia, que no ano 2010 tivo un exito rotundo ,tanto musicalmente como de publico.

Estades todos convidados.

Apuntade:
Dia : 19 de Febreiro de 2011

Lugar: Baixo da Casa do Pobo,Ventin (Fornelos de Montes)

http://ventin.blogspot.es
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-02-2011 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Abóbriga no furancho matamáfolc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Trioliro Regueifeiros no furancho Matamáfolc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Baile ao asalto en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)
O sábado terá lugar no centro sociocultural de Vilaxoán unha sesión de “baile ao asalto”
A actividade complementa as clases do curso de danzas do mundo que se ven impartindo en Vilagarcía, pero está aberta ao público en xeral
O baile estará animado musicalmente polo grupo Mala Herba


O centro sociocultural de Vilaxoán acollerá este sábado, a partir das 21 horas, unha sesión de “baile ao asalto”.
A actividade, que está aberta á participación do público en xeral, forma parte do curso de Danzas do Mundo organizado pola Área de Cultura e que dende hai meses veñen impartindo os profesores Serxio Cobos e Mercedes Prieto.

A finalidade de este encontro, explican os responsables do curso, é “pasar unha velada divertida practicando pasos e danzas de diferentes partes do mundo dándolle unha presencia especial aos bailes galegos, soltos e agarrados”.
Con esta sesión de “baile ao asalto” preténdese recuperar a cultura participativa de xeito que son tan importantes os bailadores como os músicos ou os animadores, son todos integrantes de unha linguaxe universal que é a expresión corporal a partir do son.
Os organizadores desta festa queren “animar a todos, isto é familias cos fillos pequenos, adolescentes e tamén aos maiores da casa” pois as danzas serán guiadas polos profesores Serxio Cobos e Mercedes Prieto e os alumnos da aula de danzas do mundo do concello de Vilagarcia de Arousa.

O baile estará animado musicalmente polo grupo Mala Herba composto por Xacobe Lamas co violín, Cayetano Amenabar coa zanfona e Serxio Cobos ao acordeón.

Os profesores
Serxio Cobos é un artista multifacético que se especializou na música e danza tradicional galega.
Despois de unha primeira experiencia de traballo moi positiva en Trebón, grupo innovador de ritmos e movementos que tiña como base a técnica de danza galega, fundou a compañia de danza Bruma, coa que presentou o pasado ano no auditorio de Vilagarcía o espectáculo “9 espellos e unha caixa de música”.
As súas experiencias como bailador e músico en grupos de baile desde moi xoven e a sua curiosidade por aprender directamente dos homes e mulleres que tocaban e danzaban de forma natural nos diferentes pobos galegos, fixo con que se afastase do método de traballo dos grupos folclóricos abrindose camiño e buscando novas formas de expresar, emocionar e comunicar.
Ten colaborado con grupos e artistas como Berroguetto, Xosé Manuel Budiño, Marful ou Marta Quintana.

Mercedes Prieto é licenciada en Danza pola Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou na Escola Superior de Educación como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de infantil e primaria. Forma parte do grupo Pesdelán, grupo que ten como obxectivos a investigación e divulgación de danzas tradicionais galegas e portuguesas a través da formación en talleres e bailes.
É bailarina das compañías de danza GS21 e Bruma.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Pintos e Quico Comesaña na Illa das Mulleres Loucas

Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro, A illa das mulleres loucas é un recital dramático onde a linguaxe do corpo (encarnada polas actrices María Caparrini e Vanesa Sotelo) e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en directo.

O resultado é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura. A illa das mulleres loucas presenta unha muller escindida entre a vida e a morte, entre o primitivo e o civilizado, entre a razón e a paixón, entre a ilusión do futuro e o desengano do pasado. Unha muller coa que se constrúe un canto nacido da liberdade do inconsciente en defensa da vida e da linguaxe.

Venres 18 de Febreiro ás 21 horas.
Auditorio Municipal de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Gala benéfica en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Xira presentación de Roi Casal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Linho do Cuco no Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Deseqilibrio mental presentan novo disco en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico de percusión tradicional con instrumentos de cociña
Músicas da fortuna con Vanesa Muela
O vindeiro sábado 19 de febreiro aCentral Folque organiza un novo curso monográfico específico co título de Músicas da fortuna, percusión tradicional con instrumentos de cociña. Imparte Vanesa Muela, xoven cantante e percusionista castelá cunha sólida carreira profesional coma solista e mestra de canto e percusión tradicional. O curso será de 6 horas e ten un prezo de 100 €.


Inscrición: enviar un mail a info@folque.com ou no +34 881 031 829

Breve descrición do curso:

Monográfico de instrumentos da fortuna, eses que non foron deseñados pra fins musicais pero acaban sendo parte da creación sonora neste caso percusión con obxetos de cociña

Aprendizaxe de técnicas percusivas, cantos e repertorio tradicionais para instrumento de cociña como as culleres, mortero, tixola ou a tapa dunha pota.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-02-2011 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornada de música e baile tradicional de Eirís (A Coruña)
Presentámos a II Xornada de música e baile tradicional de Eirís.

Será un curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro sábado 19 de Febreiro do 2011 en horario de 10 a 14 da tarde e de 16 a 20 horas no CCM de Eirís (A Coruña).


Daniel Bellón (nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985) sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega.
Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.

Prazas limitadas.
Para inscribirse, chega con mandar un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chamar ao 663 323 146.


Toda a información do curso en http://xornadaseiris.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2011 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Ses en Folk in Trio

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2011 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Andaina en defensa do monte Galiñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 18-02-2011 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe xoves Percebe Son (Vigo)
O “Percebe Son” levarase a cabo o día 17 de febreiro no IES Audiovisual de Vigo, na rúa Eduardo Cabello s/n en Bouzas, detrás do CSIC.

O festival “Percebe Son” nace ante as inquedanzas culturais do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo e da clase de 2º de P.A.R.E., desta maneira xurdiu a idea de facer un Foro cultural, musical e de entretemento.

O festival é un evento que pretende a interrelación cultural coa lingua galega como telón de fondo como modo de expresión da sociedade e como reflexo na música e na cultura. Daremos a coñecer ao público grupos que están a comezar, e aproveitando o acontecemento tamén poremos en contacto a músicos máis novos con outros de consolidada traxectoria.

Dende a base da música en galego, trataremos de entreter e divertir aos asistentes, creando un espazo no que todo o mundo se sinta cómodo e animado á participación.

Actividades
Mañá
11:30/13:00 Charla/Coloquio: a música en galego. Presidida por Xurxo Souto.
- Aíd
- Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus, Rasa Loba)
- Sergio Lago (toupa.net)
- Xocas López (Eme2, The Homens)

13:30/14:30 Programa de radio: Planeta Furancho.

Tarde
16:30 Actividades paralelas.

- Galeoke
- Proxección de videoclips de artistas e grupos galegos
- Videomatón

18:15 (Salón de actos do IES Audiovisual)
Concerto acústico: Ataque Escampe.

19:30 (Auditorio do IES Audiovisual) Concerto final:

Som do Galpom + Terbutalina + Marxe Esquerda.

http://percebeson.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-02-2011 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Vituco Neira (Ruxe-Ruxe)
Já há por volta de quinze anos do dia em que uns rapazes de Arins, (umha república popular a escassos minutos de Compostela), decidírom ligar definitivamente o amplificador e espalhar vátios arreio polas verbenas e locais do planeta.

Estes veteranos fundadores no seu dia do que foi a Amelga (Associaçom de Músicos em Língua Galega), seguem nos dia de hoje com mais força e criatividade do que nunca. Sevilla, Xaco, Jimmy, Torroncho, Duarte, Xan Pericán e Vituco, com quem falamos, som os actuais militantes nos Ruxe-Ruxe.

Antom Papaqueijos - Como e quando nasceu Ruxe-Ruxe? E, acima de todo, porque nasceu?
Vituco Neira – Ruxe-Ruxe nasceu entre umha garagem em Sar e um quarto dumha casa em obras em Arins. Lá levávamos anos a destroçar versons com umhas guitarras e umha bateria. Depois, um dia do ano 96, alguém nos chamou para tocarmos num bar e nós nom tínhamos nem nome. Jimmi, o guitarrista do grupo, chegou umha noite à casa depois de andar de festa e viu como num concurso da TVG perguntavam o significado de ruge-ruge. Ao dia seguinte já tínhamos nome. Depois começamos a ensaiar numha corte de vacas em Arins e até hoje.

Ruxe-Ruxe nasceu polo muito que nos prestava o Rock and Roll. Daquela era algo mágico e agora, com o passar do tempo, essa sensaçom ainda foi em aumento. Nós amamos, a mais nom poder, o puto Rock and Roll!

[AP] - Se calhar chegastes justo quando o movimento Bravu começava a esmorecer. Como influiu em vós aquele fenómeno musical? Achas que continua vivo aquele espírito?
[VN] - O Bravu foi o argumento definitivo para que aquilo que fazíamos fosse em galego e falasse do que nos acontecia a nós na aldeia de Arins. O Bravu ensinou-nos que o nosso era o mais importante. A terra, a língua e a nossa gente.

Um dia fomos a um concerto dos Diplomáticos e ficou-nos claro o que era que queríamos.

Sempre dixérom que éramos a última banda Bravu mas acho que esse é um dado equivocado. Daquele espírito nascemos os Ruxe-Ruxe e outras muitas bandas que vinhérom depois. Aqui estamos muitos de nós porque esse sentimento continua vivo, a latejar e com muita vontade de batalhar.

[AP] - Conta um pouco das influencias musicais que tínhades, quer de fora, quer de dentro do País.
[VN] - As nossas influências fôrom todo o que chegou aos nossos ouvidos dos anos 90 para trás. Com toda aquela música que se ouvia nas emissoras de rádio fomos fazendo escola. Depois chegárom-nos os Clash, os Pistols, os Pogues, os La Polla Records, Siniestro Total, os Ressentidos, os Diplomáticos de Monte Alto, os Zënzar, Korosi Dansas...

[AP] - Como evoluiu o grupo a nível musical, ideológico, pessoal...
[VN] - A evoluçom vem dada pola experiência e suponho que algo aprenderíamos polo caminho. Também sou consciente de que com o passar dos anos vás perdendo preconceitos e fazendo-te mais livre. Sinceramente penso que a cada disco somos melhor grupo, fazemos melhores cançons e melhoramos a nossa fórmula para contar as nossas cousas.

No ámbito pessoal já começamos a ser conscientes de certas cousas, temos melhor perspectiva e aprendemos a desfrutar da passagem do tempo. Ruxe-Ruxe já tocou nos 90, nos 2000 e agora vamos pola terceira década.

Os nossos ideais continuam intactos e, além disso, agora somos mais sagazes.

[AP] - Os Ruxe-Ruxe tivérom formaçons muito variadas, 3 baixistas, 2 acordeonistas, muitos guitarras... é duro manter vivo um grupo de música dia após dia?
[VN] - O único que necessitas é ter expectativa polo projecto e que a vida pessoal che deixe tempo. Quando isso nom se cumpre imagino que é quando tenhem lugar as baixas. Polo grupo passárom grandes amigos e grandes pessoas, cada um com a sua vida e as suas circunstáncias. Todos deixárom grande pegada quer no pessoal, quer no musical, mas há vezes em que nom é possível continuar e, ainda que seja unha mágoa, há que baixar do carro.

[AP] - Custa muito dinheiro manter umha banda de rock na Galiza? Dá para viver, ou mais bem para "beber"?
[VN] - Nós temos a fortuna de tocar bastante e ter viabilidade económica para poder afrontar novos projectos. Estaria bem poder vivermos disto, mas isso teria a parte negativa de nos fazer escravos de fórmulas que funcionassem e iria pôr-nos em situaçons de ter que lhe passar a mao polo lombo a sabe Cristo que personagens.

Somos livres em todos os sentidos e fazemos o que nos presta e quando nos presta. Isso nom há dinheiro que o pague. Se dependêssemos exclusivamente do grupo para comer a nossa liberdade artística seria, sem dúvidas, muito menor.

[AP] - Como era a Compostela dos anos 90? Que inquietaçons tinha daquelas um rapaz espilido como tu?
[VN] - Os 90 em Compostela eram anos de muita música. Em todos os locais da zona velha e em muitos da zona nova havia música em directo. Nós, naqueles primeiros anos de grupo, tocávamos todas as semanas. Tivemos aquela sorte e oxalá hoje os grupos que começam tivessem tantas tabernas onde tocar.

As inquietaçons que eu tinha eram as de conhecer o País de ponta a ponta com a guitarra às costas.

[AP] - Como a vês agora? Vamos cara diante ou estamos a recuar?
[VN] - Compostela agora é umha chatice. É lamentável ver como se despreza os grupos da cidade por parte da câmara municipal. Somos a cidade mais paifoca do País e, por cima, vendemos a moto da modernidade cultural. Temos grupos ponteiros em muitos estilos que nom param de tocar polo mundo adiante mas em Compostela nom se lembram deles.

A Compostela musical é vanguarda e os programadores da cidade nem dam por isso. Que aconteceria se metessem na semana grande das festas os grupos ponteiros da cidade na Praça da Quintana? Pois nunca o saberemos, por tanto pailanismo. Depois malbaratam o nosso dinheiro numhas foleiradas de medo. É penoso.

[AP] - Ruxe-Ruxe deve ser o grupo de rock mais prolífico da Galiza, pois estades a maquinar o vosso oitavo trabalho, que virá a seguir o disco "A Fura de Diante". Que tal funcionou este último e como vai ser o próximo que está em projecto?
[VN] - Pois o disco funcionou caralhudo. Vendeu avondo nestes tempos de crise e ademais temo-lo a descarregar de borla no nosso web onde leva unha bestialidade de descargas. Todo isto nom é que nos importe muito mas dá-nos energia e ânimos para afrontar o novo trabalho.

Quanto ao disco novo, estamos metidos em questom e as músicas soam muito bem. Será um disco punkeiro e rockeiro e também com muito de música da terra. Nom inventamos a pólvora mas a nós presta-nos muito como estám a sair as cousas.

[AP] - Se me permitirees umha pergunta um bocado extensa, como compositor principal dos temas do grupo, como vês o tema do chamado pirateio de discos, da gestom dos direitos de autor, das descargas na rede, da Lei Sinde...
[VN] - Nós o que queremos é que se escuite a nossa música. Que a descarreguem se quigerem, que pirateiem o disco e que a desfrutem.

De resto, quanto aos direitos, é obvio que se alguém tira proveito económico com o nosso trabalho nós temos também o direito de levar a nossa parte por pequena que for. Que a SGAE funcione como o caralho nom deveria de pôr em questom os direitos de autor em determinadas circunstáncias. Afinal, os que realmente se enriquecem com todo este assunto das descargas som as grandes companhias telefónicas mas a essas ninguém lhes mete mao.

Por outra parte, o controlo da Internet e o controlo dos mídia é umha batalha dos poderosos que sempre querem mais poder. A cousa é complexa e nom sei por que caminho continuará, mas sempre é perigoso que os mais poderosos metam as fauces.

[AP] - Existe a indústria discográfica galega? Existe a indústria musical em galego?
[VN] - A indústria musical galega existirá quando @s músic@s galeg@s puderem pagar as facturas, as hipotecas e a educaçom e manutençom dos filhos com o dinheiro que gera o seu trabalho. Por enquanto, a indústria musical galega é um pastel que papam entre quatro amigos, quatro produtoras e quatro gatos bem colocados.

[AP] - Quais fôrom para ti os melhores momentos em cima dum palco? E os piores?
[VN] - Maus, francamente, nom lembro nengum e dos bons, qualquer desses momentos em que entramos em transe absoluto bourando como se estivéssemos tolos, com os olhos em branco e adoecidos como cans com a raiva.

[AP] - Galiza, Portugal, Espanha, Itália... já andastes a queimar roda polo mundo, conta-nos um pouco da vossa experiência internacional.
[VN] - Pois muitas vezes chegas a tocar a um sítio onde nom sabes nem como chegaste e ficas surpreendido do interesse que tenhem e ponhem no que tu fazes. Depois sempre reflexionamos perguntando como chegamos a este ou aqueloutro sitio tocando cançons de Arins.

É muito formoso poder compartir com o mundo o que humildemente vamos fazendo. Depois estám as viagens, a gente que conheces e os inesquecíveis momentos que vivemos internamente o grupo e a gente que se move connosco.

De quando em vez soa o telefone e chamam-nos de sítios bem curiosos para ir tocar . Lá vamos! Para nós é como um prémio que desfrutamos como crianças com brinquedo novo.

[AP] - Figeste muitos amigos nestes anos de rock, e suponho que também algum que outro inimigo, como vês a relaçom entre bandas, com as promotoras, com a administraçom...
[VN] - Muitas amizades. Algumhas muito importantes e sentidas para nós. Inimigos achamos que poucos, ou polo menos nunca no-lo dixérom na cara.

Damo-nos francamente bem com as bandas com que vamos quadrando e com muitas delas temos umha muito boa e grande amizade forjada com o passar dos anos.

[AP] - Nom poderíamos obviar o teu trabalho jornalístico primeiro à beira de Xurxo Souto no seu mítico programa na Rádio Galega "Aberto por Reformas", e agora com o celebrado "Planeta Furancho" na Rádio Galega Música. O público galego demanda música na sua língua? Como vês o panorama?
[VN] - Tivem a fortuna de fazer parte do 'Aberto por reformas' junto ao mestre Souto e isso foi e será para mim unha experiência vital absolutamente inesquecível. Lá aprendim e compartim horas e rádio com um dos maiores referentes da cultura contemporánea do País. Para mim foi um luxo pessoal poder participar no programa e compartir tempo com Xurxo.

Agora com o Planeta Furancho tenho a sorte de poder desfrutar da música do País cada noite e de maravilhar-me com a qualidade dos nossos grupos. Somos vanguarda e estamos a viver um momento musical e criativo absolutamente histórico. Nós, no Furancho, somos testemunha directa.

O público galego, e o nom galego, quando vai conhecendo as propostas do País fica prendado e aí gera-se a demanda. Essa é a nossa teima: que a gente conheça a realidade musical galega. O demais cai de maduro.

[AP] - Quanto às inquietaçons da mocidade galega, achas que pode ser a Fender Telecaster umha ferramenta normalizadora da língua?
[VN] - A língua o que necessita é que a empreguem, que a escrevam, que a falem, que a cantem. A Telecaster é unha guitarra bem atractiva mas nada comparado com o formoso que é o nosso idioma e a nossa cultura.

[AP] - Que cousas che prestárom aprender desde que trabalhas na rádio?
[VN] - Para mim a rádio é o meio de comunicaçom mais formoso, honesto, limpo e directo que existe. Aprendim a respeitá-lo e a desfrutá-lo. Também aprendim, e aprendo, cada noite que o protagonismo é da música, dos discos, das cançons, dos grupos, d@s músic@s e que eles som os que tenhem que falar e mostrar no programa todo o que levam dentro.

[AP] - Como vês o ambiente na rádio pública quanto à preocupaçom com a nossa cultura, o cumprimento dos seus estatutos e, porque nom dizer, a politizaçom?
[VN] - Vivemos num mundo político e mediatizado. Todo o resto vem atrás. Oxalá a política estivesse mais perto da realidade e fosse mais social mas o caminho do mundo é outro.

A Rádio Galega tem que ser a rádio de tod@s os galeg@s e tem que estar preocupada com a sua língua, pola sua cultura, pola sua música e polo seu País. Todo o que nom for isto mal feito está.

[AP] - Recomenda-nos algumhas propostas musicais para a segunda década do milénio.
[VN] - Pois pós-me num compromisso. Há muita e muito boa música no País e dependendo do momento poderia escolher umha proposta ou outra.

O que sim vos digo é que temos umha das melhores realidades musicais do mundo e que há variedades para todos os gostos, que o futuro é enormemente prometedor e o presente é umha delícia.

Temos autênticas jóias musicais que provavelmente em qualquer outro lugar do mundo seriam tratadas como tal.

Somos unha autêntica potência e agora apenas falta que @s galeg@s descobram @s noss@s músicos e desfrutem das propostas do País.

Temos quantidade mas por cima de todo temos muita qualidade.

[AP] - Para terminar, Motörhead, Diplomáticos ou Pogues?
[VN] - Três grandes, mas aí também podes pôr os The Clash, Bo Diddley, os Zënzar, os Korosi Dansas, os Ramones e a um feixe mais.

Os mestres som os mestres, há que desfrutá-los, aprender deles e respeitá-los.

www.diarioliberdade.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
`Alborada do Brasil´, de Carlos Núñez, premio da crítica en Alemaña
O galardón premia algúns dos traballos musicais de gran calidade publicados no primeiro cuadrimestre do ano, no que foi incluído o traballo de Núñez.

O músico galego Carlos Núñez acaba de finalizar unha xira por Alemaña e Suíza que lle levou a dar trinta concertos nos que presentou o seu último álbum, Alborada do Brasil. A música do gaiteiro non só cativou en directo, senón tamén en disco, xa que o seu cedé foi distinguido co Premio da Crítica alemá, que o cualificou de «obra artística excepcional». O galardón premia algúns dos traballos musicais de gran calidade publicados no primeiro cuadrimestre do ano, no que foi incluído o traballo de Núñez.

Alborada do Brasil terá continuidade nun novo proxecto, o documental O Soño do Brasil, que se estrea dentro dun mes, e que supuxo catro anos de traballo. Ademais, segundo informou o representante de Núñez, pouco despois darase a coñecer a música que gravou para o Grupo Corpo, un dos mellores ballets contemporáneos de América Latina, e que dedicou o seu espectáculo ás cantigas de Martín Codax.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2011 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer