O día 5 de febreiro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXIX.
Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.
Sábado, 06 de Febreiro de 2010 ás 21:00
no Salasón, Cangas do Morrazo.
Aproveitamos a presentación do Cd de José Fdez. Canosa, O Ghaiteiro do Piñeiro (tamén coñecido coma o Ghaiteiriño de Aldán), para xuntar a músicos amigos e amigos en xeral no Salasón (Cangas) e rendirlle homenaxe como mellor se lle pode rendir: con boa música da Terra.
Actuarán:
-Pandereteiros O Tear de Llerena (Pontevedra/Morraso).
-Sachadiço (O Hío, Cangas).
-Treixadura Gaiteiros e Orfeón.
-Os Carunchos.
-Pecharán os propios Airiños do Piñeiro, e logo seguirá a festa rachada mentres se poida.
A Asociación Mozas e Mozos de Beluso, tem todo preparado para re-abrir o ABERTO POR REFORMAS.
A data é o Sábado 6 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso, Bueu, às 20hs. e contarán con os disco-tasqueiros Vituco e Xurxo Souro para levar adiante o programa em directo com música e público.
O vindeiro xoves,4 de de febreiro temos SERÁN NA NASA
Continuamos coa novidade deste ano, ?Obradoiro de iniciación ós seráns?que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Este xoves dedicámosllelo ao baile agarrado impartido por Pablo Díaz.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h
Os grupos que van poñer música son:
1. ACD. Dorna
2. Charanga da Ponte Vella
3. Os Republicanos
E TI POS O BAILE
Patrocinado pola Concellería de Cultura
de Santiago de Compostela.
Grazas por difundirdes esta información; agardámosvos.
O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.
Pero? ¿hai premio ou non hai premio?
Por suposto que o hai! Como sabemos o difícil que é para os grupos galegos facer concertos, ese será o noso premio: 11 concertos para o Correlingua 2010, que se repartirán os tres primeiros grupos ou solistas clasificados no concurso.
Ditas actuacións terán lugar entre os días 3 e 14 de maio de 2010, e contarán cunha remuneración económica de 700 euros por actuación.
O primeiro clasificado tocará 5 concertos
O segundo clasificado tocará 3 concertos
E o terceiro clasificado tocará 2 concertos
Importante: o prazo para enviar os temas remata o 10 de abril de 2010.
A Foliada é un encontro cultural de música, artesanía e tradición que se celebra en Melide a última fin de semana de abril.
Este ano, como novidade, todas as actividades se realizarán no exterior, en prazas e rúas da vila.
Dende a Asociaciación O CASTELO estamos traballando na elaboración do programa e próximamente informaremos das novidades que se vaian producindo.
RUXE-RUXE e PIXEL FILMS presentan: BURATOS
un video-clip dirixido por Jairo Iglesias.
Primeiro videoclip extraído do 7º disco de Ruxe-Ruxe, "Na fura de diante" (que estará á venda o día 6 de Marzo), realizado co tema Buratos.
Feito e aquelado pola xente de PIXEL FILMS (www.pixelfilms.es), escrito e dirixido polo enoooorme Jairo Iglesias e protagonizado polo xigante Marquinhos Drinkin dos Medomedá e polos propios Ruxes!!!
Amigos, xa estamos en plena grabación. Agora queda escoller colaboracións, e logo propoñerlles grabar, a ver se aceptan.
Qué voces ou instrumentistas vos gustaría que apareceran no noso novo traballo. Aceptanse suxerencias!!!, Grazas. Ah!, xa de paso, tamén podedes deixar unha idea de título para o CD.
Xa sabedes que cumplimos XX anos enriba dos escearios, e tamén sabedes dos gustos do grupo... animádevos!!!!
O protagonista desta noite en Alalá é un ser terreal que reúne nun mesmo corpo tres persoas con tres dons distintos, xa que Carlos do Viso é artesán, cego e músico.
Na primeira faceta, no seu taller constrúe zanfonas, pandeiros, pandeiretas, tambores, guitarras, xa que Carlos ten o don da creación de instrumentos. Pero no mesmo corpo e alma de artesán habita outro ser, que tamén poderemos coñecer esta noite, o do cego, que se manifesta para cantar en feiras, festas e mercados e alí onde o invoquen por teléfono. No programa de hoxe será o fío condutor que nos irá narrando a complexa historia de Carlos do Viso, pois o cego ten o don da palabra.
O terceiro ser de Carlos fai milagres, xa que ten o don da música, que se expresa nos furanchos do Viso. As tres esencias de Carlos teñen un son divino e terreal, que esta noite poderán coñecer os espectadores.
Antonio García Vila, gaiteiro de «Os Peruchos de Castrelos»
obituario
Vigo perdeu onte a un dos seus gaiteiros máis veteranos e respectados, un deses homes que, coa gaita ao lombo, conseguiron calar a fame dun tempo.
Antonio García Vila, membro do grupo Os Peruchos de Castrelos, finou onte na súa casa aos 80 anos de idade. Nacido en Castrelos en 1929, formou parte dunha xeración de músicos pioneiros na recuperación e dignificación do folclore tradicional.
Xunto cos seus irmáns Alejandro, Emilio e Severino -os dos últimos, xa falecidos- conformou un dos cuartetos tradicionais que mellor representaron a tradición viguesa por todo o sur de Galicia durante os anos 40 e 50 do século pasado.
Antonio García, carpinteiro de profesión e veciño de A Salgueira desde hai máis de corenta anos, compartiu cartel con grandes da gaita como Nazario González Moxenas. Autodidacta e herdeiro de varias xeracións de Peruchos -dos que formaron parte tanto o seu propio pai como os seus tíos desde os primeiros anos do século XX-, xunto cos seus irmáns foi pioneiro en adaptar aos escenarios das festas e as romarías os éxitos que traían de ultramar as ondas da radio: cumbias, rumbas, valses, o foxtrot norteamericano... Algunhas daquelas versións forman parte hoxe do repertorio das principais figuras da música de Galicia.
Os Peruchos anticipáronse ao seu tempo apostando pola fusión de músicas e ritmos do mundo e levantaron os ánimos das parroquias de Vigo e do Morrazo, principalmente, nunha posguerra que foi especialmente dura para milleiros de persoas: Darbo, Hío, San Roque, Alcabre, As Candeas, Santa Eulalia... Non houbo festa que non reclamara a catro irmáns que competiron directamente cos Airiños do Parque de Castrelos ou cos Morenos de Lavadores, nunha rivalidade profesional da que saía gañando sempre o público.
Antonio García Vila levaba no sangue o xen aventureiro e inconformista dos vellos gaiteiros, xente auténtica que atopaba na música non só un xeito de expresión, senón unha maneira de ser e de vivir. El e o seu irmán Vero foron os primeiros espadas dunha formación que herdou dos seus antergos instrumentos, talento e forza.
Os seus restos están no tanatorio Vigomemorial, desde onde serán trasladados ás 17.00 horas de hoxe para recibir sepultura en San Pedro de Sárdoma; a súa memoria vivirá sempre na súa música.
A clausura da VI Mostra de Cuartetos Tradicionais celebrouse o pasado sábado cun populoso acto no Museo M. Torres ó que acudiron representantes do Concello, da A. C. Picuiña e da AGG.
Tralas actividades propostas, entre as que se atopaban unha mesa redonda e unha conferencia, da que puderon desfrutar os máis de 150 asistentes, diversos grupos ademáis dalgúns dos alumnos de Landín Pazos, a quen estaba adicada a Mostra nesta edición, tocaron varias pezas nunha emotiva homenaze ó Mestre.
ÚLTIMAS PRAZAS LIBRES PARA O CURSO MONOGRÁFICO
"Cordas folque" con Pancho Álvarez
O intérprete, arranxista e compositor Pancho Álvarez, impartirá en Santiago de Compostela o monográfico "Cordas folque", un curso de 12 horas onde afondar na organoloxía, afinación, harmonía e interpretación de ritmos e melodías galegas con instrumentos de corda pulsada: guitarra, bouzouki, mandolina,...
Detalles:
Datas: 11, 18, 25 de febreiro e 4 de marzal
Horario: de 17.30 a 20.30 h (xoves)
Prezo: 50 ?
Prazas limitadas
Este é un curso para calquera nivel e instrumento de corda pulsada, versará sobre a aplicación das técnicas, afinacións, harmonía, ritmos nos máis empregados instrumentos da música folk.
Impartido por un dos grandes multiinstrumentistas da escena musical galega, membro de Na Lúa, Matto Congrio, a banda de Carlos Núñez e cunha brillante carreira en solitario.
Quinta feira 4 (Xoves)
? Serán na sala Nasa (Compostela)
Sexta feira 5 (Venres)
? XXIX Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña)
? Noise Project en Rianxo
? Invivo en Naron
Sábado 6
? Festa homenaxe ao Ghaiteiro do Piñeiro no Salason (Cangas do Morrazo): O Tear de Llerena, Sachadiço, Treixadura, Os Carunchos,... ás 21:00
? Vituco e Xurxo Souto na Casa do Pobo de Beluso, Bueu, às 20:00
? Crema de Gaita en Vigo
? Malandromeda, Gendebea, Dj Tuchi e Dj Digro no Liceum (O Porriño)
? Skandalo GZ e Rojo-2 na sala A Gruta (O Rosal)
? Deskartes Band na Revolta (Vigo)
? Repichoca no bar de Tony (Noia)
? Serán de Oliveira (Ponteareas)
? Serán do Galo en Acevedo (Pontesampaio)
? Ruada en Avión no bar do Sifón