Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
? Skacha na sala 600 (Melide)
? Festival Duplo R en Vigo ás 19:30 na sala Mondo: Projecto Trepia, Alberto Conde Grupo, Benit Lobariñas, Likor Café,...
? Marxe Esquerda no pub Diva (Redondela)
? Ovay (Quique Peón) no Centro Cívico de Arteixo ás 20:30
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Noite de Tasca O Panadeiro (Cerceda)
? Foliada Venrespirar ás 22:30 na cervexaria Grândola (Ourense)
? Os Cochenos do Hío e Foliada no Salason (Cangas do Morrazo) ás 23:00

Sábado 27
? Encontro Galego de Música Xove no IES Rosalía de Castro (Santigo de Compostela) ás 10:00 da mañá. ADIADO
? Obradoiro de Cantigas de Berce en Tomiño
? Skacha na Casa das Atochas (A Coruña)
? Snatch na sala The Satar (Carral)
? Templanza, Os John Deeres e Toleada no Pub Décadas de A Estrada.
? Tonhito de Poi, Mencer Vermello e Xorxe Mirancos na Casa da Estación (Pontedeume)
? Abóbriga, kallaikoi, Los del barro, Cabesa de Boi na sala Clandestino (A Ramallosa)
? V Noite Kurraleira "A Telleira": Pito de Pikasso, Los Krasta e Inllorfeis en Brteal (Ribeira)
? Rojo-2 na Revolta (Vigo)
? Serán na A.C. Almuinha de Marin
? Serán de Mouriscados (Mondariz) ADIADO
? Serán na casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
? Serán na casa do pobo da Lama

Domingo 28
? Asemblea de Músicos ao vivo no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) ás 17:00h
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
27 de febreiro
- Serán na A.C. Almuinha de Marin
- Serán de Mouriscados (Mondariz) ADIADO
- Serán na casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
- Serán na casa do pobo daLama

5 de marzo
- Serán na Ermida (Pazos de Borben)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

20 de marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

27 de marzo
- Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

10 de abril
- Serán de Fozara
- Serán de Angudes (Crecente)

17 de abril
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
- Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-02-2010 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o Serán de Mouriscados (Mondariz)
Debido o temporal que está previsto para o sábado 27 de febreiro do 2010 decidimos cambiar de data o "Serán de Mouriscados" xa que a estructura de como esta feito o serán non nos garantiza o transcurso do mesmo.

A nova data será o vindeiro día 20 de marzo do 2010.

Un saudo e perdoade as molestias
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-02-2010 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Duplo-R en Vigo
Rap-Regueifa-Rima-Ritmo... desafío, performance, improvisación, jazz... son as claves deste concepto. A mestura e a fusión de distintas culturas urbanas co noso. Vigo é un claro expoñente da cultura urbana e como tal non pode menos que contar con artistas da talla dos invitados a este concerto "Duplo R", punto de partida de "Duplo R-10"


Non sentes curiosidade?

-Likor Café: Coke, Wöyza...
-Bieito Lobariñas e Luis Caruncho
-Iolanda Zúñiga
-Alberto Conde e a súa banda
-Beatu's Ille
-Proxecto Trepia

Vente e saberás algo máis destes rapeiros, regueifeiros.-... cos que vas pasar unha tarde divertida na Sala Mondo o vindeiro venres 26 a a partir das 19:30h. Non esquezas recoller o teu pase.

Sen pase non pasas!!!

Lugares de recollida de pases:
http://xuventudevigo.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na casa do pobo do Val (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-02-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-02-2010 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca (Cerceda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-02-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Caravana Galiza Non Se Vende na Ramallosa (Nigrán)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Caravana Galiza Non Se Vende en Pontedeume
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Templanza, Os John Deeres e Toleada na Estrada

O próximo sábado 27 de Febreiro no Pub Décadas de A Estrada (antes Inox), vaise celebrar um concerto cos grupos estradenses Templanza, Os John Deeres e os teenses Toleada.

O concerto, que será de entrada gratuíta, comezará ás 23:59hs.

www.komunikando.net
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Contra2 en Vigo
Contradanza no Teatro Livre de Vigo

CONTRA2, a compañía formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro, presenta o espectáculo DANZA E CONTRADANZA que se representará o vindeiro sábado 27 e domingo 28 de febreiro ás 21.30 h e 20 h respectivamente, no Teatro Arte Livre de Vigo (Vázquez Varela 19, Vigo), dentro da programación da Rede Galega de Salas.



CONTRA2 (Contradous) é un proceso creativo que xunta aos profesionais Iván Villar e Nelson Quinteiro na creación dunha proposta conxunta.Os dous amósanse como rostros coñecidos dentro da escea tradicional e de danza galega, destacando cada un polo seu lado por unha grande pegada en escea e presencia. Nos documentos achegados podedes acceder ós seus currículums.

Danza e Contradanza é unha proposta que mestura a danza tradicional e contemporánea e a música tradicional baixo unha particular visión que mestura voces, efectos e escenas sonoras. Nelson Quinteiro monta a banda sonora en base á súa propia voz e diferentes pedais de loops e efectos para solos e dúos de danza coregrafiados por Iván Villar.

Podedes ver parte dese traballo nas seguintes ligazóns:






www.folque.com






Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Cancións de Berce tradicionais (Tomiño)
Ugía Pedreira imparte un taller de nanas para pais

A oficina de Igualdade de Tomiño organiza un «obradoiro de nanas». Unha innovadora iniciativa que ten como obxectivo axudar a pais e nais na crianza dos seus fillos. A actividade, que impartirá a cantante galega Ugia Pedreira, do grupo «Marful», celebrarase o sábado, de 12 a 14 e de 16 a 18 horas, no Centro Goianés. No obradoiro trataranse nanas e cancións de berce tradicionais así como as súas posibles versións para a actualidade.

OBRADOIRO DE NANAS

LUGAR: Centro Goianés
DATA: 27 de Febreiro de 2010
HORARIO: 12 a 14 e de 16 a 18 horas
IMPARTE: Ugia Pedreira de Marful
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: Oficina de Igualdade, rúa Colón s/n, ou chamando por teléfono ao 986608070.

Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea de Músicos ao vivo

Ola a tod@s!!!!

Xa estamos aqui de volta.

Despois das vacacións de Nadal, e un periodo de grande traballo, voltamos con bastantes novidades. Por iso queremos convocar a Primeira asemblea do 2010, na que debatiremos as liñas de traballo para este ano e poderedes facervos soci@s tod@s aquel@s que ainda non sexades.....


*Cando? Domingo 28 de Febreiro, as 17:00h

*Onde? Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)


Esperamos que asistades tod@s.
Un saúdo.

Músicos Ao Vivo somos (por agora):

Abe Rábade
Francisco Sanz Freire
Luis Vaquero
Pepe Sendón
Adrián Fachal
Gastón Rodríguez
Macarena Montesinos
Rafael Otero Fernández
Alejandro Salgueiro
Gonzalo Goás Amado
Magín Blanco García
Renato Spencer Hartmann
Alex Touceda
Guadi Galego
Manuel Antonio Alonso Iglesias
Roi Adrio
Álvaro Fernández Vieito
Guillerme Fernández
Manuel Cebrián
Rosolino Marinello
Antón Díaz
Guillerme Rivas Fervenza
Marcelino Galán
Rubén Sánchez
Antón Rodríguez Martínez
Hilario Rodeiro
Marcos Pin García
Simone Negrín
Antonio Pena
Iria Pinheiro
Marcos Teira Fernández
Sonia Lebedynski
Arturo Vaquero Taboada
Isaac Palacín Losada
Marilú Campos
Ugía Pedreira Sánchez
Beatriz Sobrino Lago
Javier Barral Carro
Martín Blanes
Uxía Domínguez Senlle
Brenda Vidal
Javier García Blanco
Martiño Lois Méndez de la Peña
Victor Amaro
Carlos Castro
Javier Villar Marcos
Max Gómez Parada
Victor Franco
Dani Vieites
José Carlos Martínez
Miguel Angel Flores Porras
Xabier Castro Martínez
David Regueiro Fernández
José Luís Miranda
Miguel Rodríguez Blanca
Xacobe Martínez Antelo
David Santos Domínguez
José Santomé Juncal
Noemí Fernández
Xan Campos Rial
Emilio Pombo Pérez
Juan Cañada
Olivier Cano
Xoán Rodríguez Outeda
Felipe Villar Andrade
Kely García
Oscar Fernández Sanjurjo
Fernando Sánchez Bouzón
Loli Nogueira
Pablo González Carrera
Francisco Gómez
Lorenzo Suárez
Pablo Vidal Mendoza
Francisco Sanz Freire
Luis Castellanos
Paco Dicenta
--
Visitanos en:

www.musicosaovivo.com
www.myspace.commusicosaovivo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2010 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Disco e libro con trece «cantigas» do Camiño
No proxecto Raíces enmárcase tamén o traballo colectivo Cantigas do Camiño , un disco conxunto inspirado e relacionado coas rutas xacobeas que inclúe 13 composicións de artistas que participan no ciclo.

O disco será accesible en dous formatos. Poderá adquirirse cun libro escrito en galego, español e inglés, nunha edición de luxo de 90 páxinas con ilustracións, textos ao redor do Camiño de Santiago, fotos e letras de cada unha das cancións dos artistas participantes. Ademais, editarase un cedé en formato estándar que será distribuído, a partir de marzo, en máis de 400 supermercados do grupo Gadis, Claudio, Haley e Cash Ifa, a un prezo de 4,95 euros.

Os 13 artistas coas pezas que interpretan o disco son:
- Susana Seivane (Camiño longo),
- Faltriqueira (Ultreia et suseia),
- Guadi Galego & Vaamonde, Lamas e Romero (Dum Paterfamilias),
- Uxía (A casa da xente),
- Leilía (1000 camiños),
- Luar na Lubre (Romance de Don Gaiferos),
- Sondeseu (Amence no Camiño-Alborada de Pontecaldelas),
- Fuxan os Ventos (Camiño da romaría),
- Treixadura (Foliada de Santiago),
- Milladoiro (O Camiño),
- Bonovo (A ruta esquecida),
- Emilio Rúa (Crenzas)
- Berrogüetto (Indosesta).

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ergom
Ergom presenta o seu primeiro traballo musical. Oito anos pasaron dende a constitución do grupo, catro anos dende a demo "Anoitecer" e tras moitas horas de traballo e xornadas de intensos concertos, sae á luz, dende o barrio ourensán de Velle, este material que condensa baixo o nome de Fronkiria.

Fronkiria deriva da mestura musical do estilo Fronky (Folk-Rock-Funky) e da delirante fantasía que envolve ás/aos integrantes do grupo. Realidade e ficción combinada nun material musical que contaxia e hipnotiza, na que non existe a indiferencia, e que orbita arredor de melodias transparentes, intensas baladas, flirteos co funk, clásicos tempos de rock e rítmicos reels, sen descuidar a raíz tradicional dalgún dos seus instrumentos mais sen deixar de lado a evolución e fusión que caracteriza a súa forma de ve-la música.

Acompañando ao potente traballo musical, Fronkiria existe no mundo virtual gracias a estrafalarias personaxes e que aparecen no disco procedentes de galaxias tecnolóxicamente enxebres: naves espaciais a pedais, planetas construidos con andamios, teclados sobre nenúfares, baquetas eletrotérmicas ou poderosas gaitas láser son exemplo do universo dual que representa Fronkiria: Realidade-Fantasía, Tecnoloxía-Artesanía rudimentaria...

Ourense non deixa de deslumbrar, ano tras ano, con novas propostas culturais. Co nacemento de Fronkiria, a terra da chispa conta con outro brillante exponente da
cultura musical, ERGOM.

Máis información:
www.ergom.es
http://myspace.com/ergom
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2010 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Bailaben: un novo manual de baile
'Bailabén' é o título da guía de aprendizaxe do baile tradicional que vén de sacar do prelo Edicións do Cumio. A obra pretende achegar material didáctico aos profesores de Primaria e Secundaria e afeccionados e ensinantes do baile tradicional. Os ensinantes Edith Cotilla e Gustavo Couto firman a publicación que se vende acompañada dun DVD.

Bailabén é o título que Edicións do Cumio acaba de sacar á rúa a xeito de manual para guiar a profesores, afeccionados ao baile así como a docentes de Primaria e Secundaria.

A obra, acompañada dun DVD, conta con explicacións detalladas, secuencias de fotografías nas que ver os movementos con detalle e un vídeo de máis dunha hora de duración no que se poden atopra todos os pasos e bailes básicos do baile tradicional galego. O prezo do volume co DVD é de 25 euros.


www.anosaterra.org

Mostra do libro
www.cumio.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-02-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Cando a gaita tropeza co hard rock

Ergom ou Guezos introducen o folk en contextos de guitarra 'mainstream'

Os agora deostados bravús nunca agocharon as orixes. Da popularización do ensino da música tradicional e da chegada das guitarras eléctricas ás marxes das cidades naceu un punk-folk devorado polas súas propias dinámicas a finais dos 90. Aquela colisión non se apagou de todo e sobrevive, de esguello, máis aseada e sen a irreverencia dos mellores da xeración da carne sen castrar, en propostas como as das bandas ourensás Ergom ou Guezos. Ambas contan con traballos recentes que andan a presentar polo país.

"Fronkiria existe gracias a estrafalarias personaxes que proceden de galaxias tecnoloxicamente enxebres", di a nota promocional de Ergom. E a Fronkiria, acrónimo "do estilo do grupo" segundo a batería Lorena Negreira, responde o seu primeiro disco. "Folk, rock e funk", concreta a percusionista dun proxecto instrumental que non escatima nin en virtuosismos nin en ecos do rock hexemónico nos 70. "Mais, agás o baixista, heavy, case todos estivemos en bandas de gaitas, en baile tradicional...", puntualiza Negreira.

Entre a muiñeira e os Led Zeppelin menos blues, entre Jethro Tull e os foles inchados, os cinco de Ergon inventaron un peculiar mundo imaxinario arredor da banda. "As nosas ideas delirantes mesturan realidade e ficción". O deseño do disco -en formato físico e gravado en Mafia Records, O Carballiño- inclúe caricaturas dos cinco membros, como uns Archies paisanos que buscan, sobre todo, "enganchar ao público, que pode ser máis folkie ou máis rockeiro, a pesar de non contar con vocalista". Ergom inician a viaxe de presentación de Fronkiria o 19 de marzo, na Gentalha do Pichel de Compostela. Pararán en Verín, Vigo ou Ourense.

Para Guezos, tamén de Ourense e tamén cos escoceses Wolfstone como referente, é tempo de refundación. Activos dende 1999, hai dous anos decidiron parar, incorporar membros e debater "qué facer". Puxéronse co que finalmente sería Oito destinos. "Unha base potente de rock clásico, folk e contundencia melódica", define o seu teclista Anxo Fernández. Ao ouvido, a gaita comanda as composicións, algunhas sen voz e outras nas que se atreven a adaptar un anaco d'A Esmorga de Blanco Amor. E a pegada do hard rock-folk dos países célticos. "The Levellers, pero tamén os esenciais Cempés", fala Fernández polos sete integrantes da banda, e confesa a atracción que exerce sobre el a música latinoamericana. Comparten local de ensaio con Lamatumbá.

Guezos levarán Oito destinos, que vén de ser pendurado no selo dixital A Regueifa, a Cangas o vindeiro 18 de abril. Nin Guezos nin Ergom confían xa nas concepcións antigas da propiedade intelectual. Editan baixo licenzas libres

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2010 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Magín Blanco
O ourensán Magín Blanco leva no mundo da música dende que debutou nos 80 como membro do grupo La Rosa. Nos seus discos en solitario, Ella e Realidad, forxou un estilo que define como ?a medio camiño entre o pop e a canción de autor?. Colaborou no espectáculo Palabras contadas, de Camilo Franco. Agora, condensa o espírito naif que sempre arrastrou no libro-disco para nenos A nena e o grilo, de OQO editora, no que colabora con Uxía Senlle, Guadi Galego, Ugía Pedreira e João Afonso.

Que foi o que o motivou a facer un traballo para nenos?

Cando fixen o meu primeiro disco, Ella, xa me din conta de que lle gustaba moito aos nenos, os fillos dos meus amigos sabíanse todas as cancións. No mundo da canción infantil, sempre me gustaron moito artistas como o brasileiro Arnaldo Antunes, e creo que comparto con el unha visión inocente. Entón, comecei a escribir algúns contos que foron a xénese do libro, o ano pasado. Amoseillos a Uxía [Senlle] e a Camilo Franco, que me animaron a facer unha canción para cada un. Así se puxo en marcha todo, trece cancións para trece contos, aínda que non todas as compuxen eu, hai unha de João Afonso.

Tamén é o seu primeiro traballo integramente en galego, non si?
Si, e esa é a primeira razón pola que me gusta moito. Antes fixera algunha canción solta, pero maioritariamente cantaba en castelán.

Por que tomou esta decisión?

Foi todo tan natural que non pensei en facelo doutra maneira. Eu son de educación castelá, pero á hora de traballar funme atopando con moita xente galego falante, como Camilo, e funo interiorizando con toda naturalidade... Os textos d?A nena e o grilo son fundamentalmente galegos, hai moitos conceptos, como o da menciñeira, ou o dese sentidiño que lle vén a un coa néboa... Non sería quen de contar o mesmo en castelán.

Non se traducirá?
Si, si, creo que a historia é universal abondo como para poder entenderse noutras linguas. Hai unha tradución ao castelán prevista, pero xa temos decidido que llo encargaremos a unha persoa allea.

As ilustracións de Iván Prieto para o libro pesan moito no resultado final. Como foi a súa colaboración?
Iván e máis eu somos os dous do Barco de Valdeorras, e son fan do seu traballo dende hai moito, teño varios cadros seus na casa, e no meu segundo disco xa colaborara el con algunhas ilustracións. Cando OQO aceptou editar o libro, escollémolo a el porque ten un universo moi particular, axuda a darlle ao libro unha dimensión máxica.

Dá a impresión de que aínda que vostede o puxo en marcha, rematou por ser un proxecto colectivo...
Totalmente. Todo é como unha madeixa, e ao igual que os contos e as cancións están moi relacionados e lle dan forma á aventura da nena e o grilo, iso mesmo pasa con toda a xente que traballamos no proxecto. Máis que un traballo profesional, que o foi, semellou unha colaboración por amizade. Todos se implicaron moito, simplemente porque lles gustaba... E a madeixa continúa, temos un espectáculo baseado no libro que estrearemos o 14 de marzo, na clausura do Salón do Libro de Pontevedra. Estamos catro músicos e dous actores, é teatral e musical. A verdade é que entre pintores, músicos, actores e demais parecemos unha troupe.

Un dos adxectivos que lle aplica a promoción editorial é ?contemporáneo?...
É cuestión de aproveitar as influencias da modernidade. Refírese a que eu non veño da música tradicional, pero case todos os discos que se fan en Galicia para nenos, si. E no resultado final iso déixase notar claramente.

Por que, non lle gusta a música tradicional?
Si. Tic-Tac de Pablo Díaz encántame. O que pasa é que é un mercado no que as influencias folk son o habitual, e como eu non as teño, A nena e o grilo é unha aposta diferente. Nada máis ca iso.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2010 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con cantadeiras e pandereteiras de onte e hoxe

Hoxe, martes, día 23/02/2010

Os vellos din que a vida cambiou tanto nos últimos corenta anos que apenas parece a mesma, pero se alguén notou ese cambio dun xeito especial foron as mulleres. No Alalá desta noite ímolo comprobar, porque temos o testemuño das mulleres, das de antes e das de agora, de dúas xeracións distintas. Unhas son as mulleres da aldea de Seixedos, de Hermosinda, de Otilia e da madriña, tamén Otilia, que con máis de noventa anos segue a tocar a pandeireta. Elas pódennos falar ben dos tempos en que non tiñan nin cociña, nin sequera un prato para cada un, nos tempos cando non había homes nas aldeas e tocáballes a elas traballar a terra e ir por toxo ao monte. Daquela nin soñaban sequera con que un día poderían ir á perruquería ou ter coche.

Pola contra, as mozas de Raigañas, naceron nos tempos de hoxe, así que aparentemente téñeno todo: non pasaron fame, nin frío, nin abandono pero teñen que sufrir outro tipo de carencias, por exemplo, as mozas de Raigañas non se poden permitir algo tan sinxelo como vivir onde naceron, en Malpica...Por que? Porque non hai traballo, así que teñen que coller os seus estudos, os seus fillos e as súas vivencias e marchar. As poucas que quedan traballan en talleres de confección ou no que van atopando. Iso si, tanto en Malpica coma en Seixedos xúntase para tocar, para cantar, para compartir... algo que xa fixeron as mulleres galegas desde hai moitas xeracións de avoas e súas nais... Unhas son as herdeiras das outras...e nese legado, sempre soa a pandeireta.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 23-02-2010 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as Foliadas Venrespirar 2010 (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-02-2010 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Compañeiro Suso Vaamonde
Este mes fíxose o décimo cabodano da morte do cantor - O seu legado musical suscita controversias

En 1971, Suso Vaamonde (Pontecaldelas, 1950) entrou, da man de Xerardo Moscoso, no colectivo Voces Ceibes. Atrás quedaba o seu pasado beat nas bandas Os Copéns e Marco Balorento e por diante as experiencias como cantor de poetas que o colocarían nun lugar visíbel na fragmentada, difícil, historia da música galega. Hai agora dez anos, un 16 de febreiro, Vaamonde morría nunha clínica de Vigo. A reavaliación do seu legado sonoro non suscita consensos. Apenas o do recoñecemento por quen fixo por espallar a poesía rebelde do seu tempo.

O escritor Vicente Araguas trazou en Voces Ceibes (Xerais, 1991) o máis semellante a unha historia do movemento. O propio autor de temas emblemáticos do grupo, lembra o seu trato con aquel Vaamonde mozo a medio camiño entre a nostalxia polo tempo ido e o rigor crítico. "Foi un alegre compañeiro; sempre acababamos nos bares", relata. Araguas debuxa a un cantautor "moi bragado, afouto, botado para adiante" e ao que durante dous anos estivo unido pola camaradería das músicas de intervención na ditadura.

"Eu teño falado moito con el de folk americano, e lembro estar na súa casa de Vigo escoitando intesamente a Dylan...", anota. Pero o poeta de Neda non perde certa perspectiva estética: "Agora ben, como cantante era limitado, como músico, monocorde e como letrista inexistente". Concédelle, iso si, capacidade de conexión co público e o seu agarimo por Volvín á terra pro perdín o amor, sobre un poema de Bernardino Graña. Até a ruptura.

"Logo do incidente de Guimarães, remitinlle a Suso unha carta, que nunca me contestou, na que pedía explicacións. Non falei nunca máis con el", expón Araguas. No seu inimnente libro O que non contei en Voces Ceibes esmiuzará aquela xornada que el non presenciou. Dos Voces cantaban, nun festival poético galaico-portugués, Miro Casabella e Benedecito, amais de Emilio Cao. Segundo Casabella, "foi moi traumático". O autor da célebre O meu país garda a memoria dun boicot, en Guimarães e un mes logo da Revolução dos Cravos que botou abaixo a tiranía en Portugal, contra a presenza de Benedicto. "Montaron un pitote, e díxose que eran Vaamonde e os seus amigos; acusaron a Benedicto de colaborar coa policía", aínda se sorprende. Araguas é duro e tallante: "Cando Benedicto é, fundamentalmente, un home honesto".

Detrás daquilo ninguén sabe o que houbo. A progresiva distancia política entre os Voces Ceibes levou a Vaamonde ao nacionalismo de esquerdas, mentres Benedicto ou Bibiano xiraban arredor do Partido Comunista. "Non quero facer valoracións sobre a súa obra", engade Miro Casabella, "Suso foi un máis entre os cantores e o seu traballo foi considerado positivo por moita xente". A descomposición da Nova Canción Galega xa colleu ao de Pontecaldelas noutros mesteres. Eses labores que, coa gravación do lendario directo Nen rosmar un laído (1977) polo medio, desembocarían noutro incidente, desta volta nun recital en Pontevedra.

"Cando me falan de España / sempre teño unha disputa / que se España é miña nai /eu son un fillo de puta". Esta estrofa, un día de xuño de 1979, valeulle unha condena de seis anos por "injurias a la Patria con publicidad". Vaamonde marchou para o exilio, do que non regresaría até 1984, cando o Goberno de Felipe González lle concedeu o indulto tras cumprir 46 días de condena no cárcere de Ourense. A presión do senador socialista Xaime Barreiro, vello integrante de Voces Ceibes, resultou decisiva. Como un espectro de Johnny Cash, Vaamonde deu un concerto na prisión onde o recluíran.

Daquela comezan os anos repousados do cantor. Tino Baz, músico da Guarda, tratouno dende que, contra 1990, entrou no grupo A Roda. "O seu trato humano era exquisito, moi cordial", salienta antes de máis, "e emocióname lembrar como el se emocionaba ao ver a un rapaz achegarse ás súas músicas". Baz cualifica Nen rosmar... como "disco capital da música galega" e coloca o título Os soños na gaiola -1978, gravación sobre poemas infantís de Manuel María. "A última vez que nos vimos foi nun concerto en solidariedade cun insumiso, en Vigo; morreu ás poucas semanas".

Tres meses antes, en Salvaterra e organizado pola Sociedade Cultural do Condado, A Quenlla, Emilio Cao ou Uxía Senlle homenaxeárano ante 3.000 persoas. "Foi tan emotivo que non puido cantar", recupera aquel día Uxía, "logo dixo que lle dabamos forza para acabar co becho, así chamaba a súa enfermidade". "Con tres acordes e a urxencia facía unha canción que ficaba; a preocupación estética era secundaria", conclúe. Testemúñano 13 elepés.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso composición XIX Constantino Bellón (2009)

CONCURSO COMPOSICIÓN
do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009.


A celebrar o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre de Ferrol

A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio
Superior da Coruña.

O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

E os accésits desta pasada edición:

JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de
Corda e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.

* Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2010 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 22(luns)

Terza feira 23 (Martes)

Corta feira 24 (Mércores)
? Rosalía 21 (Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e Uxía Senlle) ás 20:00 no Salón Teatro de Compostela

Quinta feira 25 (Xoves)
? Presentación de ?Os instrumentos musicais na tradición galega" ás 20.00 no museo municipal de Ourense
? Projecto Mourente na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 26 (Venres)
? Skacha na sala 600 (Melide)
? Marxe Esquerda no pub Diva (Redondela)
? Projecto Trepia na sala Mondo (Vigo)
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Noite de Tasca O Panadeiro (Cerqueda)
? Foliada Venrespirar ás 22:30 na cervexaria Grândola (Ourense)

Sábado 27
? Skacha na Casa das Atochas (A Coruña)
? V Noite Kurraleira "A Telleira": Pito de Pikasso, Los Krasta e Inllorfeis en Brteal (Ribeira)
? Rojo-2 na Revolta (Vigo)
? Serán na A.C. Almuinha de Marin
? Serán de Mouriscados (Mondariz)
? Serán na casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
? Serán na casa do pobo da Lama

Domingo 28
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2010 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Falecementos
O noso amigo Guillerme avisanos de varias perdas da nosa tradición:

Esta fin de semana faleceu Javier Rgez, Gaiteiro de Andión (Silva, Pol-LU). Adicóuselle un Alalá no que tiven a honra de participar, emitido o pasado mes de Novembro. Por se a alguén interesa, o funeral será mañá luns ás 5 na súa parroquia natal.

Desgrazadamente tamén perdemos outro importante informante, Sr. "Angelito" de Lordelo (Toutón, Mondariz), grande beilador e pandereteiro.

Un privilexio ter chegado a coñecelos.
Un saúdo.

Guillerme.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2010 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de tamboril e pandeireta en Madrid

Máis información:
www.juanluna.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-02-2010 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 19 (Venres)
? Conferencia de Antón Corral e Carlos Corral ás 19:00 no auditorio da E-trad (Vigo)
? Tic-Tac (Pablo Díaz, Xabier Díaz e Carmen Rey)ás 18:00 na FNAC (A Coruña)
? Noise Project na Sama Sama (Vilagarcia de Arousa)
? Os Cangrexeiros no C.S. Aturuxo (Boiro)

Sábado 20
? Presentación de ?Os instrumentos musicais na tradición galega" ás 12.30 na Biblioteca Castrillón da Coruña, coa participación de Susana Seivane.
? Bruma no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
? Quempallou no C.S. Aturuxo (Boiro)
? Skacha na Tiradoura (Cangas do Morrazo)
? Invivo en Ferrol
? Bock-Oi na Revolta (Vigo)
? Labazada e Desbrozadora no C.S. O Castinheiriño (Compostela)
? Capitan Furilo no Liceum (O Porriño)
? Pandereteiras Lagharteiras no Pub Parrafadas (Camelias-Vigo) ás 21:30
? Mini e Mero no C.S. A Fouce de Bertamiráns (Ames) ás 19:30
? Ergom, Uxía, Guadi Galego, Fred Martins e Coanhadeira nas IV Xornadas de Agroecoloxía (Ourense)

Domingo 21
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto co gallo das IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense

www.agrourense.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2010 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
2º Aniversario do C.S. Aturuxo (Boiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Mini e Mero en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Bruma en Vilagarcía de Arousa
O sábado 20 de febreiro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 21 horas

BRUMA
9 ESPELLOS E UNHA CAIXA DE MÚSICA


?nun lugar descoñecido de nós? Somos a través dos outros ou viceversa, ou todo?

Consciente ou inconscientemente pasamos a vida buscando espellos humanos nos que o seu reflexo nos diga algo de nós, algúns aborrecémolos, outros namórannos, pero nada ou case nada dura.

?El olvido solo se llevó la mitad? Joan Manuel Serrat en Lucía.

Dentro disto o terrible é non atopar un só reflexo no que quedarnos alomenos un instante ou unha vida, e así vagan pola súa existencia aqueles que non poden, ou peor, non queren; quedando só deles a súa anguria, a incerteza, a dúbida o medo etc?

Presentámosvos algunhas destas imaxes preguntando: onde te quedas ti?

FICHA TÉCNICA

Dirección Artística e Musical: Serxio Cobos
Intérpretes: Uxia Portela, Manuel Covas, Maria Prieto, Beatriz Díaz, Iván Costa, Miguel Fraguas, Serxio Cobos
Vestiario músicos: Patri
Vestiario bailaríns: Ada Negra


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2010 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencencia de Antón e Carlos Corral (Vigo)
A e-Trad comprácese en anunciar a conferencia a cargo de Antón Corral e máis do fillo e continuador da súa obra, Carlos Corral. Artesáns sen os cales sería imposible explicar o presente da construcción dos instrumentos tradicionais galegos.

A cita é o venres dia 19 de febreiro as 19 horas no auditorio da escola. Unha fantástica ocasión para escoitar as vivencias desta lendaria familia de artesáns de quen tanto aprendimos moitos de nos.

Entrada de balde ata completar aforo.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Tic-Tac na Coruña
?Tic Tac? é o libro-disco de KALANDRAKA, interpretado polo músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado en Galicia, e numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote?
Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente.

Pablo Díaz vai protagonizar, este venres 19 de febreiro a partir das 18:00 horas, no Fórum na FNAC (A Coruña), un concerto para todos os públicos con algúns temas deste traballo artístico--musical. No espectáculo van participar, entre outros artistas, Carmen Rey e Xabier Díaz.

Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 19-02-2010 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro !Instrumentos musicais na Tradición galega
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 19-02-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro ´Instrumentos musicais na Tradición galega
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-02-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
The Homens, coa música a outra parte
As obras do tren lévanse por diante a Casa Xurásica II, local de ensaio de varios grupos

Todo barrio ten unha vida propia, distinta e, en demasiadas ocasións, silente. Quen habita nel coñece os rostros que, día si e día tamén, percorren as súas rúas. Nun de Compostela, o Castiñeiriño, dende mediados dos noventa naceron unhas inquedanzas musicais que fixeron que as melodías dun grupo de mozos galoparan libres con eco de futuro que hoxe xa é presente nos pentagramas, non só de Santiago, senón de toda Galicia. E todo xirou ao redor dunha local de ensaio, ruinoso a simple vista, pero brillante no máis fondo. Bautizárono como a Casa Xurásica, un cariñoso nome que dá idea do estado no que malvivía aquel fogar de instrumentos, acordes e cancións.

Dende 1995, varias bandas compostelás convertérono no seu feudo até 2008. Aquel ano decidiron que esa primeira Casa Xurásica pedía unha extinción por caridade. Conseguiron outra, tamén no Castiñeiriño, a Casa Xurásica II. Pero, agora, o novo trazado do tren que trae Pepe Blanco obriga clausurala. The Homens, The Lorchas, Royalties e Os Samesugas abandonarán mañá a segunda casa Xurásica sen ter un local onde ensaiar. A desaparición deste local de ensiao, pechado por derribo, deixa a estes grupos orfos de fogar e cos instrumentos debaixo do brazo sen saber onde gardalos.

?Atopamos unha casa ao lado do Instituto de Lamas de Abade, unímonos os grupos Os Redullos e Fame Neghra porque por separado pagabamos un aluguer moi alto. Iso foi en 1995 máis ou menos e, catorce anos despois, marchamos porque había que protexer a nosa propia integridade?, explica Carlos Gómez, máis coñecido como Soni, que era membro dos Redullos e que actualmente está en Royalties. Ese local foi a primeira Xurásica. Unha casa apuntalada, fría e con humidades, Co paso dos anos, o deterioro foi debuxando a ruína nas súas paredes.

UN MAR DE GRUPOS

Pero, tamén, co transcorrer dos anos, foron pasando un torrente de grupos que nacían, medraban e morrían alí, nese recanto de Castiñeiriño. ?Buff, non sei dicir canta xente puido pasar por alá, nin cantas bandas, foi un exército e a amizade entre os que por alí pasamos viña dende lonxe?, lembra Ramón Rúa, batería de Samesugas. ?Os Redullos, Fame Neghra, Por teléfono, Japón 84...?, sinala Martín Wu, cantante de The Homens, forzando a memoria. A marcha da primeira casa non pillou tan de sorpresa aos grupos como a saída do segundo local. ?A Xurásica que abandonamos mañá atopámola cando marchabamos da outra, que a deixabamos porque aquilo xa era case síndrome de Dióxenes, ademais a dona quería reformala, aínda que ao final non o fixo?, explica Martín Wu.

Ademais de ser un local para ensaios a primeira Casa Xurásica converteuse nun punto de encontro e nun catalizador cultural que se plasmou na Asociación Xurásica. ?Comezamos a organizar o chamado Rock En Costa, que en orixe non era máis que saír todos cos nosos instrumentos a rúa un día e tocabamos alí, no medio da costa. Como iso nos traía problemas co Concello, creamos a asociación e fomos facendo un Festival xa con escenario grande, sistema de son e todo iso?, explica Soni, presidente da Asociación.

Ese encontro musical foi medrando pouco a pouco e xa van nove edicións. ?O ano que vén virá a décima e xa pensamos en facer cousas especiais para o aniversario?, confesa Soni sen querer adiantar moito máis. A Asociación Xurásica converteuse nun pulmón para o Castiñeiriño no que se respira actividade. Desenvolve xa unha programación estable para dinamizar a vitalidade cultural desta zona de Santiago de Compostela.

UNHA EXTINCIÓN XURÁSICA?

?Podemos estar ante a disolución da Asociación Xurásica, seguiriamos sendo unha piña de amigos pero xa non sería o mesmo?, explica Soni. Esa é unha posibilidade que non se descarta, non obstante, a intención de todos é seguir o camiño xuntos. Para iso están a buscar xa un novo local na zona para poder ensariar e poder falar dunha terceira Casa Xurásica. Aínda que a cousa está complicada, non perden a esperanza. ?Non vale calquera sitio, precisamos que non haxa casas preto porque facemos ruído, que non sexa habitable e que non estea lonxe de Santiago, preferiblemente no Castiñeiriño?, explica Soni. Esas requisitos dificultan a misión destes músicos na procura do seu sitio na xeografía urbana, xa que Compostela decidiu medrar polo seu barrio. ?Sabiamos que a segunda casa non nos duraría moito porque, cando chegamos, o dono xa nos dixo que habería obras na zona, pero pensabamos que até 2012 inda estariamos?, sinala Xocas, batería de The Homens.

Atopen ou non un novo fogar para os seus instrumentos, a música continuará. ?O rollo non é a nosa casa, o que queda é o grupo de xente. Somos os mesmos, iso é o que importa?, sentenza Martin Wu. A súa música, dende o Castiñeiriño, tamén importa.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2010 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0