Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fotos do Serán de San Vicente de Oitavén
A ver se imos subindo novas reportaxes dos seráns, que estamos un pouco preguiceiros...

Fotos do Serán de San Vicente de Oitavén
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
• The Homens na sala El Ensanche de Vigo ás 23:00
• Samesugas e Royalties no Pub Gatos (Melide)
• Kastomá na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Nova Galega de Danza e Nordestinas na Moa (I Mostra de Artesanía de Galiza), Recinto feiral Expocoruña (A Coruña)
• Ce orquestra pantasma (home-orquestra) no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• IX "Noites de Tasca" no bar Casa Mosquera de Xanceda-Mesía (A Coruña)
• Foliada na cafetería Lar (As Pontes)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 28
• Pepa & Davide e Madamme Cell na Sala The Star (Carral)
• Susana seivane e Bonovo na Moa (I Mostra de Artesanía de Galiza), Recinto feiral Expocoruña (A Coruña)
• Lizgairo ás 20:30 no Teatro Centro Cultural Caixanova de Vigo
• Nao no C.S. Revolta de Vigo
• Foles vellos (folc) no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo)
• Ghaiteirada na Baña "á lus do candil" no Local Social de San Vicente
• Serán de de Gargamala (Mondariz)

Domingo 1
eleccións galegas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns

Sábado 28 de febreiro
-Serán de de Gargamala (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Venres 13 de marzo
-Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)
-Serán en Borreiros (Gondomar)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-02-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaiteirada na Baña á lus do candil
o vindeiro Sábado dia 28 facemos a "Ghaiteirada na Baña á lus do candil" no Local Social de San Vicente dende as 21:00 horas na que haberá chourizos ó viño e filloas pra comer; e de beber non ha faltar.

Agardámosvos con gañas de bailar e tocar.

Organiza: Gaiteiros da Baña.
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca en Xanceda-Mesía
O próximo venres 27 de febreiro, no bar Casa Mosquera de Xanceda-Mesía (A Coruña) celebraremos a novena edición das "Noites de Tasca", coa presenza do veterán e gran mestre gaiteiro, Pepe Temprano.

Tamén nos acompañarán os compoñentes da "Asociación Cultural Bieito Fandiño" de Xanceda.
Despois foliada e, coma sempre, estades todos convidados a participar.

Grazas e un saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-02-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de febreiro nas Pontes
O venres 27 de Febreiro continuamos coas FOLIADAS na Cafetería Lar.

Este mes tócalle o turno ao Grupo tradicional pontés No Cómbaro que aproveitará a ocasión para presentar en público a un novo compoñente, e tamén con un repertorio moi renovado, pero sen esquecer que a sua especialidade segue a ser a Música de Taberna.


Para rematar debutará outro grupo pontés de canto tradicional co nome de AIRIÑOS DA VEIGA DA NATA. Ainda que levan tempo ensaiando, esta será a sua primeira actuación en público.
O grupo formase basicamente coa idea de fomentar un pouquiño mais o canto popular da nosa comarca, pois actualmente pensamos que non pasa polo seu mellor momento.

Ao remate das actuacions programadas seguirá a festa con repichoca a esgallo para quen queira participar, traede os instrumentos.

www.nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-02-2009 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
I Mostra de artesanía de Galiza

Durante tres días, Galiza converterase nun punto de encontro de expresións culturais no que as técnicas artesanais se combinarán coas innovacións que chegan da man do deseño e das correntes artísticas, presentadas polos propios artesáns galegos inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía e máis polos representantes das artesanías de todo o mundo.

Dentro das actividades complementarias da mostra MOA, terán lugar actuacións de música tradicional, danza contemporánea, proxeccións audivisuais e outras expresións artísticas simultáneamente con un servizo de cóctel para que os expositores e visitantes profesionais poidan consolidar lazos comerciais nun ambiente máis relaxado.

27 de febreiro:
10:00 – 20:30h: Galería MOA
20:30h: Espectáculo “Tradicción” da compañía Nova Galega de Danza.
22:00h: Actuación musical de Nordestinas.


28 de febreiro:
10:00 – 20:30h: Galería MOA
20:30h: Actuación musical de Susana Seivane.
22:00h: Actuación musical de Bonovo.

www.moagaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2009 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Non máis manipulacións da Voz de Galicia

Xa está ben de manipular aos galegos!!!

Despois de dous meses de ataques continuos ao nacionalismo galego, e concretamente ao BNG, decidiuse artellar unha resposta popular, nin un euro máis para A Coz de Galicia, se queren gobernar que se presenten eles ás eleccións.

As manipulacións sistemáticas, día tras día, tentando modificar o voto dos electores galegos e así lograr desactivar as políticas independentes do BNG, en temas tan importantes para este grupo económico como o concurso eólico ou as axudas aos medios de comunicación, teñense concretado nunha declaración de guerra do grupo Voz (A Voz de Galicia e Radio Voz) contra o BNG. Dita loita de poder empresarial ten levado a unha manipulacón de novas que influan nun cambio de goberno nas eleccións deste domingo 1 de marzo.


Dalle onde máis lles doe, fai algo digno, non merques a Voz de Galicia.


Por unha campaña limpa, non máis manipulacións da Voz de Galicia. Se queren desmotivar aos votantes da esquerda que non o acaden, non lle deas ese pracer.

Grupo de boicot á Voz de Galicia no facebook
www.facebook.com

Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2009 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Premios da Música 2009

Mellor Canción en galego:
RUMORES DE FALÚAS
Intérprete: UXÍA

Finalistas:
MIÑA BALA PERDIDA
Intérprete: VÍCTOR ANEIROS

TODO É FUME
Intérpretes: OPHIUSA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video dos Carunchos
Galicia é o nome do tema principal do vindeiro disco do grupo de música tradicional Os Carunchos, que está a piques de ver a luz despois do proceso de grabación nos estudios de Casa de Tolos en Gondomar.

Traemos aquí o video que nos achegan dende Casa de Tolos, un adianto deste novo disco.



www.pai-musica.com
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2009 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalía 21 hoxe en Compostela
O espectáculo poético musical 'Rosalía 21' conmemora en Santiago o 172 aniversario do nacemento da poetisa

Está incluído no programa de actos do Día de Rosalía que se celebra esta semana co obxectivo de "actualizar" a súa figura


O espectáculo multiartístico 'Rosalía 21' conmemorará este xoves, no Teatro Principal de Santiago --21.00 horas--, a celebración do 172 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, mediante un recital da súa obra poética máis destacada sobre unha base musical exclusiva e composta en clave de jazz.

En rolda de prensa, o director xeral de Difusión Cultural, Luís Bará, e a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar, presentaron hoxe esta iniciativa que se enmarca no programa de actos de conmemoración do Día de Rosalía e se celebrará ao longo desta semana.

Precisamente, Bará explicou que se trata dunha "lectura nova e actualizada da figura de Rosalía de Castro a través das composicións do cuarteto de jazz Abe Rábade e que se presentou na Feira do Libro na Habana hai un ano.

Neste sentido, destacou o papel do escritor Anxo Angueira como "alma mater" do proxecto e a súa participación no espectáculo, no recitará versos de pezas da autora galega como 'A xustiza pola man', 'Negra sombra ou 'Alborada' e que, nalgúns casos, interpretarán as voces de artistas como Uxía Senlle ou Guadi Galego.

Así mesmo, o concerto completarase cunha proxección audiovisual na que colaboran autores como Victoria Álvarez Ruiz, Xosé Luís Méndez Ferrín, María do Cebreiro ou o propio Anxo Angueira, que comentarán diferentes aspectos da traxectoria da artista filmadas en paisaxes simbólicas da súa obra --A Coruña, Lugo, Padrón, Santiago, Vigo, Laíño--.

Neste sentido, Bará sinalou que os obxectivos principais desta iniciativa incidirán na "divulgación da figura e obra de Rosalía como creadora, pensadora e pensadora" da literatura galega; e a "idea de converterse en fonte permanente da inspiración e creatividade dos artistas" da Comunidade Autónoma.


DÍA DE ROSALÍA

Pola súa banda, a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Elena Villar, comentou que a intención é "dar un xiro" á conmemoración da figura da autora galega para "dotar de maior importancia a dátaa do seu nacemento que á da súa morte" e "recobrar ese espírito".

Villar afirmou que este xoves se celebrará "unha festa de aniversario" da poetisa coa presentación do libro 'Quen casa ten de seu, contose na casa de Rosalía,' que inclúe cinco contos de autores e ilustradores galegos "dirixidos a achegar a súa figura aos máis pequenos" mediante "historias que acontecen na propia casa da escritora".

Así mesmo, o venres terá lugar un recital poético a cargo dos alumnos de primaria e secundaria de centros escolares de Padrón e Bertamiráns.

EDICIÓN EN PAPEL

O contido musical e lírico do espectáculo 'Rosalía 21', que se editou en formato de CD para a súa presentación na Feira do Libro da Habana o ano pasado, completouse coa publicación dun libro de artigos con motivo do 172 aniversario de Rosalía de Castro.

Entre os contidos, o coordinador da iniciativa, Anxo Angueira, destacou a "inclusión de lecturas para abrir a súa figura á sociedade" para así "abandonar os tópicos" que "desactivan o seu poder estético e literario".

www.que.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2009 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Trio Vaamonde Lamas & Romero hoxe en Lugo
Trio Vaamonde Lamas & Romero o xoves 26 de febreiro as 21h na Escola Universitaria de Formación do Profesorado. (Av. Ramón Ferreiro, s/n 27071 Lugo) dentro del ciclo Lubicán.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pancho Álvarez
Galicianos de Pancho Álvarez en primicia dixital antes do seu lanzamento

O novo disco de Pancho Álvarez xa está dispoñible na tenda de PAI Música www.paitunes.com en formato dixital, unha primicia exclusiva de PAI Música antes do lanzamento oficial deste novo disco de Pancho Álvarez.


Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música

Adiántate ao lanzamento do disco e mércao en formato dixital. Xa podes mercar este disco en formato dixital a alta calidade antes de seu lazamento oficial.


Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro.

O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes.

Pancho Álvarez, músico recoñecido na escena galega, é un multiinstrumentista que domina os instrumentos de corda, ademais dun excelente cantante. Nos seus traballos combina a tradición coa súa propia bagaxe musical, dándolle a todos eles un son fresco e cheo de matices e ofrecendo unha espectacular visión das vellas tradicións, pero dun xeito moderno e actual.

O músico porriñés deuse a coñecer como violinista do grupo “Na Lúa” a comezos dos anos 80. A partir de 1993 entraría a formar parte do desaparecido grupo “Matto Congrio”. Ademais de ser un asiduo colaborador de Carlos Núñez, no ano 1998 publicou o seu primeiro traballo en solitario, “Florencio, o cego dos Vilares”, onde recollía a tradición dos cantares de cego facendo unha sentida homenaxe ao último dos violinistas cegos. No 2001 sairía o mercado o seu segundo traballo, “Nas cordas.”

www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-02-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 23 (Luns)
• Kastomá na sala Auriense de Ourense
• Foula e Pablo Carpintero na Praza da Peregrina (Pontevedra) ás 20:00
• Foliada no Forum metropolitano da Coruña
• Cuchufellos en Ourense na Praza do Correxidor

Terza feira 24 (Martes)

Corta feira 25 (Mércores)

Quinta feira 26 (Xoves)
• Vaamonde, Lamas & Romero na E. U. de Formación Profesorado (Lugo) ás 21.00
• Pablo Seoane Grupo na Casa das crechas (Compostela)

Sexta feira 27 (Venres)
• The Homens na sala El Ensanche de Vigo
• Kastomá na Gentalha do Pichelñ (Compostela)
• Nova Galega de Danza e Nordestinas na Moa (I Mostra de Artesanía de Galiza), Recinto feiral Expocoruña (A Coruña)
• IX "Noites de Tasca" no bar Casa Mosquera de Xanceda-Mesía (A Coruña)

Sábado 28
• Susana seivane e Bonovo na Moa (I Mostra de Artesanía de Galiza), Recinto feiral Expocoruña (A Coruña)
• Lizgairo ás 20:30 no Teatro Centro Cultural Caixanova de Vigo
• Ghaiteirada na Baña "á lus do candil" no Local Social de San Vicente
• Serán de de Gargamala (Mondariz)

Domingo 1
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2009 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Coruña
Foliada Forumfolk 09

O Concello da Coruña celebra dentro do ciclo "Forum folk '09" unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade encargaránse de poñer a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido o día 23 a partir das 21:00 da noite.

Animadevos a participar nesta festa do folclore galego, acercate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.

Esta é a orde de participación dos grupos de música e as pezas que interpretarán. Recordade tamén que despois da "sección oficial" haberá máis música improvisada.

Saúdos e luuuuuuuuume!!!!


1. Os Gaiteiriños
- Cantiga Mareira
- Foliada de Pontevedra

2. Queiroa
- Muiñeira Cabaleira
- Serán en Toutón

3. Eidos
- Forricallo
- Xota de Beigondo

4. Cántiga da Terra
- Foliada de Viascón (Popular)
- Foliada de Meira (Popular)

5. Maghua
- Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), composto por xota, ribeirana e valse
- Pandereitada de Xirazga (Beariz, Ourense), composta por xota e muiñeira

6. Donaire
- Pandereitada de Calvos (Rus, Carballo)
- Rúa de Painceiros (Campo Lameiro, Pontevedra)

7. Alén do mar
- Xota recollida en Riotorto
- Muiñeira dos cinco de Galicia

8. Arestora
- pendente
- pendente

9. Xasteirazo (Círculo de Actividades de Tempo Libre de Xacarandaina)
- Heicho de dar queridiña!!
- Polca dos Areeiras.

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-02-2009 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 20 (Venres)
• Lamatumbá en Pontedeume
• Samesugas no Badulake de Ordes
• Snatch na Bodega (O Carballiño)
• Skandalo GZ na sala Boss de Ponteareas
• Kastomá na Praza do Mercado de Arzua
• Pito de Pikasso no Pub Esmorga de Cambados
• Tanto nos Ten no Heicho de dar Queridiña (A Insua-Pontecaldelas)
• Banda Potemkin, Os Tres Trebóns e Chamalle Xís no Campo da Leña (A Coruña)
• Foliada de entroido no bar A Telleira (casa cultural de Olveira, Ribeira) ás 22:30 organizada por Tahúme

Sábado 21
• "A regueifa en Cabana de Bergantiños" ás 19:00 no Auditorio Municipal.
• Pito de Pikasso no Pub Doble Moral de Lugo
• Transilvanians na sala Breogain (Vigo)
• Dandy Fever no Salón Parroquial de Ponteareas
• Skandalo GZ, Chotokoeu, Tangana´s show e The Trolls no Festival Taiña 2009 de Goián (Tomiño)
• Os Chiquilicuatres no C.S. Revolta de Vigo ás 22:00
• Foliada na Cafetería Tapal de Noia

Domingo 22
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Noia
Venres 21 FOLIADA Cafetería "O TAPAL" de Noia

Ven co teu disfraz, careta, pois.... comeza o Antroido!!!
LUUMEEEE!!!

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-02-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Regueifas no Antroido de Cabana
O Antroido abre con Regueifas.

Será o sábado 21 de febreiro cando a partir das 19:00 no Auditorio Municipal, coa presentación do libro "A regueifa en Cabana de Bergantiños", a cargo de Domingo Blanco.

Estarán aí competindo ca forza da palabra Fermín da Feira Nova, Raimundo Cousillas, José de Severo, Antonio de Xornes e Suso de Laracha (agasallo dun exemplar a cada asistente).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto nos Ten (TNT) no Heicho de dar (A Insua-Pontecaldelas)

Venres 20 de febreiro a partires das 23:00h. Tanto Nos Ten (TNT) no Heicho de dar Queridiña
Lumeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tarteiras de Aniversario
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomá de xira de entroido
Kastomä acaba de sacar disco (Almas da Noite) e non para de xirar, agora tócalle no mes de entroido e estará en:

-Arzua, na praza da Feira o 20 de Febreiro ás 22:30hs.

-Ourense, no Café Cultural Auriense o 23 de Febreiro ás 22:30hs.

-Santiago D.C., na Gentalha do Pichel, o 27 de Febreiro às 22:30hs.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
A música que move este País
Festival A Música que move este País

Venres 20 de febreiro ás 21:00 no Campo da Leña (A Coruña)

- Pangea
- Chámalle Xis
- Xurxo Souto e Os tres Trebóns
- Banda Potemkin
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Transilvanians no Breogain Clube
Sabado 21 de Febreiro, às 00:00hs. estarán tocando na festa de inaguración do novo Clube de música negra Breogain, na sala de mesmo nome.

Ademais durante a noite desenfundaran os seus mellores discos de Ska, Reggae, Rocksteady, Latin Soul, Motown,... Mr. Xandre & Xabi Transilvanians

A entrada custa 5€ e inclue consumición minima.

www.komunikando.net
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Taiña 2009 (Goián-Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-02-2009 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Café da memoria no Museo do Pobo Galego
Este venres 20 de febreiro ás 18.30 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego un novo Café da Memoria, onde un grupo de maiores de distintas zonas de Santiago falarán dos entroidos que eles viviron.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Nova aventura dos Galicreques

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Preparado o novo disco de Som do Galpóm
'Em terra de ninguém' é o título do agardado debut discográfico de Som do Galpóm, os gañadores da pasada edición de Nsaio no Camiño. O disco estará na ría o 17 de marzo e irá acompañado dunha xira por todo o Estado.

Os da Moniña xa teñen disco. Levará por título Em terra de ninguém e sairá a rúa o 17 de marzo. Os autores de 'Na cama', un dos hits do pasado ano, escolleron A Casa de Tolos, o estudio dirixido por Segundo Grandío, para gravar un debut que está a xerar moita expectación entre o público e a crítica tras facerse co primeiro premio da pasada edición de Nsaio no Camiño.

Nel recuncan na fórmula coa que se deron a coñecer: por unha banda, a fusión do funky, do reagge e do rap, e, por outra, o feito de facelo todo cos seus propios instrumentos. Gael, Brais, Xurxo, Aitor e Jano preparan ademais unha xira de presentación que os levará por diferentes lugares da península amosando o seu novo repertorio, do que xa se pode escoitar un adianto na súa páxina web.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-02-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os toques de campás galegos xa están na rede

Xa está na rede para difrute de todo o mundo o artigo xornada de CAMPÁS E CAMPANEIROS 2O08.:

- ESCOLMA DE TOQUES
- REFERENCIAS (en galego ,castelán e inglés)
- FOTOS DOS CAMPANEIROS

Podedes visitalo neste enderezo:

www.escoitar.org

DE PARTE DOS CHICHISOS GRACIÑAS O TÓDOLOS CAMPANEIROS ,A UXIO (PARROCO DA INSUA) A XENTE DE ESCOITAR.ORG E DUN XEITO ESPECIAL A JUAN GIL.

saudiña, ¡ e que cante o merlo!

os chichisos tlfno 676 842 942
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2009 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai seleccionados para ACoruñason09

Ditame

Estes/as son os/as gañadores/as:


1.- Sandrísima: Tic-Tac
2.- Capitán Furilo: Pipermint
3.- Snatch: E todo desapareceu
4.- Pulpiño Viascón: Quérote na praia do Orzán
5.- Magritte: Alpinista
6.- Supersandwich: O rodaballo
7.- Marisol Manfurada: Instinto básico
8.- Maus vizinhos: Gira caindo
9.- Ángeles Dorrio: O cativo
10.- La pelvis: Psicomuiñeira

Carta de Santiago Auserón:

Aos meus queridos amigos e colegas de A Coruña Son:

Saúdos antes que nada e graciñas por me deixar partillar de novo a sorte deste fermoso proxecto.

Debo confesar que no Certame da edición deste ano pasei por un momento de despiste. Enleado co retorno de Juan Perro, agardei polos resultados da votación pública para escoitar todo o material.
Aténdome a ela de entrada, a primeira impresión foi que o nivel medio deste ano escoraba unha miga. Mais a realidade, por fortuna, non é esa, senón máis ben que a votación non reflectiu o nivel real, deixando fóra temas preciosos, intérpretes e autores excelentes.

Ao parecer a votación foi escasa, a selección dependente de moi poucos votos, (ás veces só un par deles), en contraposición ao alto número de visitas, condicionada talvez polo voto dos amigos próximos… E probabelmente non se teñan manifestado os oídos musicalmente máis adestrados.

Quero facer unha chamadiña de atención ao respecto: se deixamos que a democracia aparente impoña o seu criterio reducido a unha mostra limitada, podemos atopar a nave gobernada por pilotos inexpertos en metade do temporal… O símil político asusta un pouco, non si? Quere iso dicir que debemos correr a substituír democracia por ditadura ou monarquía? ¡NOOOOOOOOON!
Debemos discutir a democracia a fondo, participar nela e controlar os seus vicios estatísticos, facendo que se reflicta o verdadeiro fornecemento de todos.

As bases do Certame permítenme elixir segundo o meu criterio os dez mellores temas, aínda que non coincidan co gusto popular manifesto. Son as regras deste xogo.

O meu propósito é coincidir o máis posíbel cos votos. O ano pasado puiden aterme a eles, mais este ano non, porque se o fixese ficarían no escuro cousas moi valiosas que non votastes e o rostro público do Certame semellaría borroso.
Claro está que o meu xuízo é subxectivo, mais debo arriscarme polo ben de todos. É tamén a vosa responsabilidade.

Non estaría mal que manifestásedes as vosas opinións, que me corrixades se me equivoco, que reclamedes outras opinións expertas se o considerades necesario.

En definitiva, equivocado ou non, despois de moitas horas de escoita diurnas e nocturnas, síntome feliz de poder dicir outra vez:
si que hai nova onda galega, que carallo, segue salpicando a espuma alegremente, estades a construír paso a paso un Cancioneiro que ten retranca, calidade e sabor.

Este ano emerxe e predomina un sarcasmo novaondeiro fachendoso, mantense o abano de xéneros e as innovacións apuntadas desde o ano pasado, sobe a cota de calidade interpretativa e de composición en algúns casos…

Outra vez debo dicir que dez temas son poucos, que fican fóra da selección cousas interesantes, talentos en desenvolvemento. Os temas de Sergio Zearreta, Pepe Blanki, Fracasados de Antemano, Paris Joel, Pablo Bicho, Roberto Sobrado, Moita Leira, Penlik, Supersound e Kal1975 poderían ter estado nunha selección máis ampla (a min saíanme 22 cancións boas ou aceptábeis).

En catro días de Obradoiro non habería tempo para traballalas todas, e a produción do rexistro sonoro sería interminábel. Mais todos os citados e algún que se me teña escapado, xunto cos seleccionados este ano e o anterior (que tamén subiron, fóra de concurso, algunha canción guapa), garanten que hai base e posibilidades de desenvolvemento do cancioneiro galego.

Sodes moita xente a facer boas cancións! As Musas choven sobre Galiza (co permiso de Breogán e a cohorte de doces meigas)! Parabéns a todos.

Santiago Auserón

http://acorunason.eu/
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Camiñando cara a III noite de Fiadeiro
Xa andamos argallando o que vai ser a III Noite de Fiadeiro, que como ben sabedes se celebra o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 25.

Estamos contactando con grupos que desexen colaborar. Se algún grupo de música tradicional ten interese en participar nesta edición, podedes enviarnos unha solicitude ao enderezo: rebulir@hotmail.com, que deberá incluir datos básicos (nome, contacto, número de compoñentes...etc). Tamén podedes enviar por correo postal a: Rebulir. Praza de San Andrés s/n. 32810. Vilavidal-Ramirás-Ourense. Ou mesmo chamando ao 639 90 80 05. Temos un cupo , polo que se escollerán os grupos colaboradores segundo a orde de chegada das súas solicitudes.

A data límite para a recepción de solicitudes será o día 1 de Marzo, para conformar xa o cartaz definitivo durante ese mes.

Aqui tedes un video da pasada edición:



www.rebulir.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-02-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Monográficos ‘09: gaita e canto, matrícula por separado

Anunciamos que para os monográficos de gaita e canto, a matrícula pódese facer por separado naqueles apartados que máis vos presten. Así non teredes que asistir a todo o curso, se non queredes.

Lembrade que o prazo de preinscripción remata este venres 20 de febreiro.

Estas son as tarifas dos cursos por separado:

Monográfico de canto: 220 € (28 h)

-“Técnicas de canto en grupo” con Ramón Bermejo: 80 € (8 h)

-“Técnica vocal e interpertación” con Paulina Ceremuzynska:120 € (12 h)

-“Repertorio de Bergantiños con pandeireta” con Fransy González (Xiradela): 80 h (8 h)

Monográfico de gaita antiga: 260 € (26 h)

-“Gaitas troncais” con Xavier Blanco: 20 € (2 h)

-“A gaita de fol nas marxes do Lérez” con Óscar Ibáñez: 80 € (8 h)

-“Tipoloxías, dixitación e repertorio nas gaitas de fol galegas” con Pablo Carpintero 80 € (8 h)

-“A gaita clásica” con Juanjo Fernández 80 € (8 h)

Para os detalles dos cursos, sinopse, biografías dos mestre, datas,… seguide esta ligazón
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Monográficos aCentral Folque ‘09
Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.
Están organizados por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, un proxecto fundamentado no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo.


Destinatarios: profesionais e iniciados na música.
Datas: entre febreiro e xuño do 2009.
Lugar: Santiago de Compostela.
Prazas limitadas por orde de preinscrición

Inscripción: enviar formulario antes do 20 de febreiro no correo electrónico matricula@folque.com ou ao enderezo Salvadas 22 baixo, 15705, Santiago.

Descarga o formulario de preinscrición na web www.folque.com
Máis información no 881 031 829 ou na web do centro www.folque.com

CURSOS MONOGRÁFICOS ´09. Programación detallada.

GAITA ANTIGA
Imparten:
XAVIER BLANCO. Gaitas troncais
Data: 27 de febreiro (2 h)

ÓSCAR IBÁÑEZ. A gaita de fol e a dixitación pechada nas marxes do Lérez
Data: 6, 13, 20, e 27 de marzal (8 h)

PABLO CARPINTERO. Tipoloxías, dixitación e repertorios nas gaitas de fol galegas
Data: 3, 17, 24 abril e 8 maio (8 h)

JUANJO FERNÁNDEZ. A gaita clásica: tempero, dixitación e repertorio
Data: 15, 22, 29 maio e 5 xuño (8 h)

• Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
• Prezo: 260 €


CANTO
Imparten:
RAMÓN BERMEJO. Técnicas de canto en grupo
Data: 27 febreiro, 6, 13, 20 marzal (8 h)

PAULINA CEREMUZYNSKA. Técnica vocal e interpretación
Data: 27 marzal; 3, 17, 24 abril (12 h)

FRANSY GONZÁLEZ. Repertorio de Bergantiños con pandeireta
Data: 16 maio (8 h)

• Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
• Prezo: 220€


DANZA
Imparten:
MIGUEL SOUTO. O baile solto nos seráns
Data: 13 e 27 de marzal (4 h)

MERCÉ DE RANDE. Xeometrías da danza
Data: 20 e 28 marzal (4 h)

JANOS FUGEDI. Labanotation: escritura de baile tradicional
Data: 11 e 12 maio (16 h)

HENRIQUE PEÓN. Master class de danza tradicional galega
Data: 23 xuño (2 h)

• Lugar: Espazo Aberto e Salón Teatro
• Prezo: 250 €


ACORDEÓN DIATÓNICO I (iniciación)
Imparte:
CARLOS QUINTÁ. Introdución ao acordeón diatónico
• Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
• Prezo: 150 €
• Datas: 27 febreiro; 6, 13, 20, 27 marzal; 3, 17, 24 abril (7 h)

ACORDEÓN DIATÓNICO II avanzado
Imparte:
ARTUR FERNANDES. Ao toque de diatónico
• Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
• Prezo: 150 €
• datas: 14 marzal (8 h)

GUITARRA
Imparte:
SÉRGIO TANNUS. Guitarra popular brasileira
• Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
• Prezo: 200 €
• datas: 3, 17, 24 abril; 8, 15, 22, 29 maio; 5, 12, 19, 26 xuño (10 h)

ADUFE
Imparte:
LUIS PREGO. O adufe de Galiza e Portugal
Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
Prezo: 140 €
Datas: 9, 16, 23 e 30 maio; 6, 13, 20 e 27 de xuño (12 h)


IMPROVISACIÓN
Imparte:
CHEFA ALONSO. Improvisación libre
Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
Prezo: 100 €
Datas: 6 e 7 de marzal (8 h)


PEDAGOXÍA kodály

Imparte:
SERGIO DE LA OSSA. O método Kodály: adaptación galega
Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
Prezo: 100 €
Datas: 6, 7, 14 de marzal (16 h)

RECURSOS ESCÉNICOS para músicos
Imparten:
Patricia de Lorenzo, Xron, Manuel Cortés: Relación coa escena
Fidel Vázquez. Relación coa luz
Xurxo Pinheiro. Relación co son
Lugar: Sala NASA
Prezo: 400 €
Datas: 10, 17, 24, 31 marzal; 14, 21, 28 abril; 5, 12 maio (30 h)
Comentarios (4) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-02-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
O Parque das Illas Atlánticas elixido o mellor monumento natural de España
O Parque Natural das Illas Atlánticas, formado polos arquipélagos da costa galega, proclamouse como o mellor Monumento Natural de España con 1.733.675 millóns de votos, mediante a votación realizada pola web de Informativos Telecinco. En segundo lugar quedaron os Picos de Europa (en Asturias), con 1.201.458, e a Praia das Catedrais de Ribadeo (tamén en Galicia), con 1.009.161 votos, conseguiu o bronce nesta elección.

Ata o 14 de febreiro, e durante dous meses, os internautas da web de Telecinco puideron votar ó seu Monumento Natural favorito, e, ó concluír o proceso, foron máis de cinco millóns de votos os recolleitos.

Esta iniciativa de Telecinco subliña o valor natural dos catro arquipélagos que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que reúnen todos os requisitos para ser elixidos, mediante unha votación popular, como a xoia natural máis importante de España.

As Illas Atlánticas, ademais de ser o primeiro Parque Nacional de Galicia, rexistrado no ano 2002 e transferido á Comunidade no 2008, conta tamén con outras mencións, xa que o diario británico The Guardian elixiu en 2007 a praia de Rodas (nas Illas Cíes), como a máis bonita do mundo.

Nesta ocasión, Galicia é recoñecida pola riqueza e beleza do seu patrimonio natural por partida dobre, xa que a esculpida e acantilada praia das Catedrais foi elixida como terceira paisaxe predilecta con máis dun millón de votos, impóndose a Cabo de Gata ou a Serra Nevada.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os Serán `outra vez de moda´ (artigo da Voz do seu amo... digo... de Galicia)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer