Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo número de Retranca

QUEN DIXO QUE O ENTROIDO XA REMATOU?... Diso nada, acaba de comezar o entroido máis divertido: O ENTROIDO ELECTORAL!!!

Neste número ate os curas se disfrazan de políticos, porque este ano A IGREXA QUITA A MÁSCARA!!!

Nos quioscos galegos a finais desta semana (se a folga de transporte non nolo impide claro, crucemos os dedos e as orellas se fai falla!!!)
Saúdos Retranqueiros A Santa Compaña

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2008 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
XII Edición dos Premios da Música

A lista dos candidatos á XII Edición dos Premios da Música onde os artistas galegos participan son os seguintes:

Mellor Álbum de Jazz.
.-"50 años de Europa-50 años de jazz", de The All Star's Blues Band.
.-"Colina, miralta, sambeat", de Perico Sambeat Trío.
.-"Live at the village vanguard", de Bebo Valdés y Javier Colina.
.-"Projecto Miño", de Baldo Martínez.

Mellor Álbum de Fusión.
.-"07 Instrumental", de Joan Bibiloni.
.-"Armonitango", de Antonio Serrano.
.-"Cinema do mar", de Carlos Núñez.
.-"Con otro aire", de Chambao.

Mellor Álbum de Música Tradicional.
.-"AS-SIRR", de Luis Delgado.
.-"Camiños da fin da terra", de Luar Na Lubre.
.-"Canciones populares del siglo XVI. Francisco de Salinas", de Joaquín Díaz.
.-"Classics catalans...", de Marina Rossell.

Mellor Canción en Galego.
."Aiché" de Mercedes Peón.
."Canto de andar" de Bieito Romero.
."Ollos de sal" de Antón Reiza e Xosé Manuel Budiño.


Os gañadores coñeceranse na gala da XII Edición dos Premios da Música, que se celebrará o 3 de abril en Valladolid.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-02-2008 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Rodrigo Leão hoxe en Vigo

O compositor Rodrigo Leão presentará este mércores 13 de febreiro en Vigo xunto a Cinema Ensemble o traballo conxunto "O Mundo (1993-2006)". A cita será no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo, a partir das 20.30 horas.

A traxectoria de Rodrigo Leão comezou nos anos 80 como membro fundador de proxectos musicais como Madredeus e Sétima Legião, pero decidiu dedicarse en exclusiva ao seu proxecto individual. Tras tres álbums de gran éxito "Ave Mundi Luminar", "Theatrum" e "Alma Mater"- a súa publicación "Paixón", un disco recompilatorio gravado en directo, alcanzou un éxito rotundo en vendas, criticas e premios.

En 2004 publica "Cinema", disco que foi cualificado como "a banda sonora das nosas vidas", con temas instrumentais e cantados en perfecta conxunción e coa colaboración vocal de grandes artistas: Rosa Passos (brasileira), Beth Gibbons, cantante do grupo Portishead (inglesa), Helena Noguerra (luso-belga) e a portuguesa Sónia Tavares, vocalista de The Gift. Ademais, este traballo conta coa achega ao piano de Ryuichi Sakamoto.

No ano 2007 saíu á luz "Os Portugueses", unha obra musical de Leão, por invitación de António Barreto, para a serie documental "Portugal, Um Retrato Social", que emitiu recentemente a RTP (Radio Televisión Portuguesa).

Ao longo de 2007 e 2008, Rodrigo Leão está percorrendo o mundo presentando en directo o seu novo espectáculo xunto ao Cinema Ensemble. Neste recital, baseado no seu novo álbum "O Mundo (1993-2006)", Rodrigo fai unha retrospectiva da súa carreira en solitario desde "Ave Mundi Luminar" ata "Cinema", pasando por temas que o compositor creou para o grupo Sétima Legião ou Madredeus, e presenta ademais algúns temas inéditos, como "Voltar".

Entradas: Mesmo día do concerto en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas no despacho de billetes do Teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo.
Prezo: 10€

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2008 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novas edicións musicais no programa outra + outra
Terceira edición de Outra + Outra de Paideia e a Deputación da Coruña

O programa Outra + Outra segue facilitando o acceso ao mercado discográfico de novas formacións musicais da provincia. A través desta terceira edición, quince grupos de música, dos máis variados estilos, dispón dun CD, cada un, mercé a un proxecto impulsado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia. Para uns é a súa primeira aparición no mercado musical, para outros se trata de incidir na súa consolidación. É un programa innovador e pioneiro en Galicia impulsado desde o estudo de gravación Mans, co apoio financeiro da Deputación da Coruña.

As instalacións do polígono de Pocomaco acolleron onte o acto de entrega das novas producións musicais (1.000 copias para cada grupo) ás 15 formacións participantes nesta terceira edición de Outra + Outra. Un acto que contou coa presenza dos representantes dos grupos, así como do presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e da súa homóloga da Fundación Paideia, Rosalía Mera.

Ambos destacaron o éxito da convocatoria que, na súa terceira edición, ofrece uns resultados interesantes. Un total de 54 formacións musicais participaron no programa desde a súa creación, e máis de mil músicos están detrás das 15 formacións. Un único requisito para tomar parte nesta iniciativa, a calidade musical e estar integrados no programa Rede cultural da Deputación da Coruña, segundo o comentado por Salvador Fernández Moreda.

Este destacou que o proxecto rede cultural é un dos programas máis ambiciosos de cantos se desenvolven en Galicia.

www.elcorreogallego.es

Os grupos participantes nesta iniciativa, cuia gravación desenvolveuse durante os últimos meses nos estudos do centro MANS son:

-Intermissión dúo de Percusión (A Coruña)
-Grupo de Bailes Populares IAR (A Coruña)
-Capriccio Vocale (A Coruña)
-Grupo de Cámara Ludus Tonales (A Coruña)
-Antología Grupo (Cambre)
-Banda de Música Sementeira (Cambre)
-Dúo Saúl Canosa y Natalia Méndez (Santiago)
-Coral Polifónica “O Pote” (Maniños/Fene
-Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
-Tamara Lorenzo Gabeiras (Ortigueira)
-Coral P. Casino Progreso de Franza (Mugardos)
-Banda de Gaitas Maruxía (Laxe)
-Capela de Música Lauda Sión (A Pobra do Caramiñal)
-Asociación Xuvenil Regueifa (Val do Dubra)
-Asociación Cultural “O Castro” (Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Sala Nasa (Santiago D.C.)
Este mércores 13 de febreiro ás 22h. toca unha nova sesión de serán, unha cita ineludible para os amantes do baile e a música tradicionais de toda Galicia.
Valses, muiñeiras, pasodobles, xotas e outros ritmos bailables co sabor da terra correrán por conta de Alboroque, Cantigas e Agarimos, Limagoia e Os Crótalos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-02-2008 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
O concurso folk Cancioneiros elixe a seis grupos do sur de Galicia
O certame organizado pola Fundación Barrié celebrarase na súa sede de Vigo os días 4 e 5 de marzo

O Concurso Festival Folk Cancioneiros, convocado pola Fundación Pedro Barrié da Maza, xa ten finalistas. O certame ten por obxectivo divulgar o patrimonio da música popular galega e fomentar entre os grupos folk afeccionados o interese polo repertorio dos cancioneros como o de Torner e Bal e Gai, e o de Casto Sampedro e Folgar, recentemente reeditados pola entidade.

Entre a vintena de formacións que se presentaron á primeira edición deste concurso que pretende motivar aos músicos que fan folk, o xurado seleccionou a dez grupos, seis do sur de Galicia, e catro do norte.

O día 4 de marzo, na sede da fundación en Vigo, terá lugar o primeiro recital, coa actuación das formacións Lulavai, procedentes de Vigo; Tres Estralos, de Arcade; e Ártabra, de Moaña. Ao día seguinte, 5 de marzo, a mesma sede de Vigo acollerá a actuación dos grupos Caramuxo, de Salvaterra de Miño; Na Virada, de Cangas do Morrazo; e Covalblú, de Sanxenxo. Os recitais, que serán de entrada libre, comezarán ás 20.30 horas.

Disco e concerto
O grupo gañador será premiado con 6.011 euros, ademais da a gravación dun disco editado pola Fundación e a participación nun concerto, que se celebrará o 17 de maio na Coruña, no que compartirá escenario coa consagrada formación de folk galega Milladoiro, pioneira na recuperación desta música.

O xurado do festival está composto por especialistas na materia: o catedrático de Música da Universidade de Santiago, Carlos Villanueva; o profesor e músico Xosé Carlos García Pardo, subdirector da Banda Municipal da Coruña; o xornalista e crítico musical Óscar Losada , tamén director da revista Cartafolk; o músico Xosé V. Ferreirós, membro fundador do grupo Milladoiro; e Rodrigo Romaní, profesor e co-fundador de Milladoiro.

Os participantes deberán presentar, en polo menos un 25% do seu repertorio, temas recollidos nestes os cancioneros editados pola Barrié.
Entre as formacións que se presentan ao festival hai grupos novos e outros cunha traxectoria detrás. Na Virada, de Cangas, é unha formación nacida no ano 2000 e integrado por músicos de variadas tendencias e formación (clásica, popular, jazz, rock, pedagoxía e musicología. O seu repertorio actual componse de temas do seu disco Rolada dás cantigas , baseado en poemas de autores galegos, temas do seu álbum Solaina e outros de varios autores xunto a melodías populares da contorna lusófono.

Outro grupo que participará neste certame é o Cuarteto Caramuxo. Creado inicialmente como cuarteto de clarinetes para interpretar música clásica, o cuarteto foise afastando dese camiño para inclinarse cara aos sons de swing e máis tarde, cara á música popular de todo tipo ampliando a formación con percusión e acordeón, co que se converteron nun cuarteto que ten seis membros.
Caramuxo participou no espectáculo Vento Mareiro xunto ao actor Avelino González, e por iso foron galardoados co premio María Casares de teatro á mellor música orixinal. Recentemente presentaron o espectáculo O Calcetín Amarelo , xunto á compañía de monicreques Cachirulo e Mónica de Nut.

Na sede da Coruña, os concertos desenvolveranse os días 11 e 12 de marzo e os grupos elixidos son Ludus Tonalis, da Coruña, Ghaita de Pedra, de Lugo; o dúo Jacobo de Miguel & Pedro Lamas, de Cecebre e o grupo Quenda Folk, de Sada.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-02-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Folque na Feira do Libro da Habana

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque participa no encontro cultural que se levará ao cabo en Cuba con moito da Feira do Libro da Habana que este ano está dedicado a Galiza.

VENRES 22 DE FEBREIRO DE 2008

20:30 h. TEATRO MELLA. A HABANA
DESCARGA AO VIVO
CUBA-GALIZA

Aínda que a música cubana se conforma fundamentalmente a partir de influencias europeas e africanas, as especificamente atribuíbeis aos galegos son reducidas a antes do s. XIX, debido á escasa presenza destes entre os continxentes de colonizadores. Na segunda metade deste século e na primeira do seguinte, a inmigración galega adquirirá considerábeis proporcións, chegando a ser a que conte con maior presenza en Cuba. Como froito de tal aporte potenciarán a economía e misturarán os xenes con tributos culturais rastreábeis na lingua, a música, a gastronomía, a arquitectura e o urbanismo. Será neste período cando se definan os principais trazos dunha historia común compartida por galegos e cubanos, na que a música destacará como o factor de fusión e transculturización máis determinante.

Hoxe unha xeneración de novos, mais experimentados músicos e bailarins cubanos e galegos, volven a ollada sobre as composicións do tempo dos seus avós. Partindo orzamentos cunha gran liberdade creativa e interpretativa dentro dun amplo abano de estéticas sonoras e coreográficas contemporáneas camiñan dende o Jazz Latino ata o Folk europeo dando forma a DESCARGA AO VIVO.

Pescudar no patrimonio musical compartido, permitiunos facer unha selección de obras que en moitos casos foran esquecidas e das cales dificilmente se atopan copias das partituras, sendo raras ou inexistentes as versións fonográficas. No caso de Del Ferrol a La Habana, que narra musicalmente o percorrido feito polo seu autor, o guitarrista ferrolán Juan Parga establecido a finais do s. XIX na Habana, contribuiu ao inicio da experimentación coas tradicións musicais. O mestre cubano Guillermo M. Tomás que foi o encargado de dirixir á Banda Municipal da Habana o sete de decembro de 1907 na estrea mundial do Himno Galego, compuxo nese mesmo ano, o pupurrí de Aires nacionales Cuba-Galicia, no que demostrou un coñecemento profundo da música popular galega coa que soubo conxugar melodías cubanas, dando continuidade á creación dun espazo de encontro para a música cubana e galega no que hoxe nós volvemos a atopar.

As festas dos galegos en Cuba celebradas antano nos xardíns da Tropical ou da Polar comezaban case relixiosamente co son da gaita interpretando a Alborada do mestre Pascual Veiga, tema que se converteu en pouco tempo nun dos símbolos espirituais da comunidade galega de emigrantes en toda América Latina. Festas nas que a gaita en mans de grupos como o Quinteto Monterrey fixo un oco na tradición instrumental cubana interpretando xotas, muiñeiras e pasodobres, e mesmo habaneiras ou danzóns. É que como dicía o escritor M. García Barros “o danzón para un galego de corazón é un acto transcendental”. O xénero creado por Miguel Failde, fillo de galego e mulata, foi o gran protagonista das romarías e a súa asimilación por parte dos membros da comunidade de emigrantes chegou a simbolizar o seu grao de integración, adhesión e compromiso co seu pobo de acollida.

Ademais das músicas que soaban nas festas impulsadas pola comunidade galega temos particular interese en dirixir a mirada e o ouvido á obra de destacados compositores galegos que viviron e compuxeron en Cuba sumando a súa bagaxe na música galega a cubana como os emigrados José Castro Chané, José F. Vide e Ricardo Fortes Alvarellos, ou o exiliado Antonio Rodríguez Álvarez. A súa obra inseparablemente galega e cubana non tivo ata agora a suficiente atención por parte dos investigadores permanecendo descoñecida por músicos e público. Tamén nós detemos ante un dos grandes mitos para a emigración galega en toda Latinoamérica, o prodixioso violinista Manuel Quiroga. Nas súas xiras polo continente recolleu ritmos e formas musicais populares que utilizou nalgunhas das súas obras máis emblemáticas como a 2ª Guajira.

Completan a nosa aproximación neste repertorio común ritmos de orixe cubana como a habaneira ou a rumba que na súa difusión e peregrinar por medio mundo chegaron e quedaron na tradición musical galega.

Un vello encontro pendente entre dúas tradicións musicais ao que acudimos seducidos. Un palco común entre músicas, músicos e público ao que agora nós sumamos nesta DESCARGA AO VIVO.

Ramón Pinheiro Almuinha.
(profesor de Historia da Música Galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque, exdirector e fundador da empresa Ouvirmos)

Dirección artística

Ramón Pinheiro Almuinha

Dirección musical e arranxos
Pedro Pascual, Marcos Teira e Alejandro Vargas.

Coreografía
Abdiel Vargas e Xabier Díaz.

Interpretes musicais
Alejandro Vargas. Piano e teclados
Raciel Jiménez. Batería
Ernesto Vega. Saxo e Clarinete
Diana Fuentes. Voz e violín
Edgar Martines Ochoa. Percusións
José Manuel Díaz. Contrabaixo e baixo eléctrico
Pedro Pascual. Acordeón diatónico e Bouzouki
Marcos Teira. Guitarra flamenca
Edelmiro Fernández. Gaita
Óscar Fernández. Zanfona
Quim Farinha. Violín
Xabier Díaz. Voz e percusión

Intérpretes de danza
Swanny Quiveiro González
Ana Rosa Meneses Arocha
Danny Villalonga Carmenate
Abdiel Vargas Rodríguez
Xabier Díaz

Artistas invitadas
Ugia Pedreira
Guadi Galego
Pablo Pascual

Equipo técnico
Endirecto

DESCARGA AO VIVO é unha produción exclusiva diseñada e desenvolta polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque (Galiza) en colaboración co Instituto Superior de Arte (Cuba) promovido pola Conselleria de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Feira do libro da Habana 2008.


REPERTORIO
1. Alborada galega. Pascual Veiga
2. Cuba-Galicia. Guillermo M. Tomás
3. Un Adiós a Mariquiña. José Castro Chané
4. Empanada de pollos. Xota/Muiñeira. Rep. Quinteto Monterrey-Edelmiro Fernández
5. O Indiano. Ricardo Fortes Albarellos
6. Del Ferrol a La Habana. Juan Parga
7. Hermoso Cielo Cubano-Caldeliñas. Antonio Rodríguez Álvarez-Rep. Rep.Quinteto Monterrey
8. 2ª Guajira. Manuel Quiroga
9. Danzón. José F. Vide
10. Miña Ruliña. Habanera. Popular Galicia
11. Rumbas. Popular Cuba/Galicia-Óscar Fernández

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe no Alalá... Faustino Santalices
Hoxe, martes, día 12/02/2008

Faustino Santalices é unha das grandes figuras da historia da música tradicional galega, sendo gaiteiro, toca a zanfona, artesán, cantante e compositor, aspectos todos estes en que destacou, pero é coñecido sobre todo por ter rescatado do esquecemento a música da zanfona e por ser un dos grandes intérpretes deste instrumento.

Santalices foi o primeiro artesán que abordou a construción de gaitas e zanfonas dun xeito científico, cun espírito matemático que aplicou en todos os ámbitos da súa vida e que lle transmitiu ao seu fillo. Faustino fillo, que hoxe ten 85 anos, orientou toda a maña e capacidade de observación dos Santalices cara a unha brillante carreira como oftalmólogo, e foi testemuña privilexiada do saber de seu pai, a quen acompañou desde neno polos escenarios máis importantes.

Grazas á xenerosidade de Faustino fillo podemos achegarnos aos aspectos máis descoñecidos da figura de seu pai. Escoitaremos as súas antigas gravacións, veremos as ferramentas que empregaba no seu obradoiro de artesán, as gaitas e zanfonas que construíu e reparou, e achegarémonos a dúas vidas intensas, caracterizadas pola paixón por Galicia e a súa tradición musical: as de Faustino Santalices pai e fillo. Dúas persoas admiradas e gabadas polos bos coñecedores da música galega e tan versátiles que merecerían varios Alalás.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-02-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Música e baile galego contra a hipocresía

Disolven a paus a concentración convocada en resposta á manifestación contra o galego

Música tradicional e baile galego fronte aos críticos coas medidas adoptadas en defensa do galego.

A concentración castelanista xuntou a 50 persoas tras unha pancarta co lema "Por la libertad linguistica. No a la imposición" )...hai que ser hipocritas...

Unha ducia de axentes sacaron as porras para afastar os concentrados baixo o lema "Na Galiza en galego", reunidos fronte aos autodenominados "Mesa por la Libertad Lingüística".

O grupo que funciona baixo a denominación "Mesa por la Libertad Lingüística", convocara para a tarde deste venres no Obelisco da Coruña unha manifestación enmarcada no conxunto de actividades que este e outros colectivos veñen organizando a prol do privilexio para o castelán en todos os ámbitos sociais, especialmente no ensino.

Fronte a ese acto, de xeito espontáneo e a través dos teléfonos móbiles, foi convocada para a mesma hora unha concentración oposta, que dobrou en asistentes ao grupo anterior, en defensa do galego e á que numerosas persoas acudiron con cartaces onde podía lerse o lema "Na Galiza, en Galego".

Logo do cruce de asubíos e insultos entre os dous grupos, separados apenas por uns metros, algo máis dunha ducia de axentes policiais interviñeron no lugar, tratando de facer marchar aos manifestantes en favor do galego, argumentando que a concentración non fora nin autorizada nin solicitada. No tirapuxa, e mentres aplaudían representantes do colectivo castelanista, varios mozos recibiron golpes.

Fotos da malleira policial aos defensores do galego

Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 12-02-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Feridos na carga policial

Tres dos feridos na carga policial do venres na Coruña denuncian os axentes

Tres dos mozos que participaron na concentración en defensa do galego celebrada o venres na Coruña no mesmo lugar onde outro grupo protestaba contra a imposición lingüística decidiron denunciar os axentes que os golpearon durante o enfrontamento.

Unha das rapazas feridas, que foi golpeada coa porra no lombo e na barriga, presentou onte a denuncia perante a Garda Civil de Oleiros (onde reside) contra o axente que lle deu dous golpes e que segundo o seu relato non quixo identificarse durante os actos do venres. Para acreditar os feitos, a moza xuntou un parte médico no que se dá conta dun hematoma "de tres a cinco centímetros" no antebrazo.

As outras dúas persoas que tamén decidiron levar a carga policial aos xulgados puxéronse en contacto co Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) para que os asesore nos trámites. Así, desde esta organización explicaban onte que os mozos -un deles ten un hematoma de quince centímetros no lombo, segundo o seu parte médico- presentarán senllas denuncias pola vía penal e que, a maiores, o MpDC levará unha queixa á Delegación do Goberno ao entender que a carga policial "non estaba xustificada".

"Os axentes non advertiron de que ían cargar, como obriga o procedemento, e ademais non era preciso pois só houbo un enfrontamento dialéctico entre os dous grupos", explica Renato Núñez, voceiro do Movemento. Proba disto, segundo Núñez, son as fotografías publicadas neste xornal nas que se ve que os manifestantes "non están opoñendo resistencia algunha, e incluso un está marchando do lugar dos feitos".

Os golpes dos policías comezaron pouco despois de que se iniciasen as dúas concentracións, na tarde do venres no Obelisco. A Mesa por la Libertad Lingüística convocara alí unha concentración pola defensa da liberdade lingüística e a posibilidade de estudar en español, e comunicoullo á Delegación do Goberno. Para contrarrestar esta protesta, un grupo de estudantes enviou mensaxes de móbil nos que se animaba a acudir ao mesmo lugar para defender o uso do galego.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-02-2008 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
As danzas ancestrais de Darbo e Aldán promocionarán Cangas
A alcaldesa de Cangas asinou onte un convenio de colaboración coas asociacións que impulsan dúas das «Danzas ancestrais» que se bailan no municipio, as de Aldán e Darbo, declaradas, xunto coa de San Roque do Hío, de interese turístico.

O convenio establece, a cambio dunha contraprestación de mil euros anuais para cada danza, que damas e galanes bailarán unha vez ao ano en datas por determinar, nas campañas de promoción turística que realice o Concello.
A concellaría de Turismo ten interese en levar aos danzantes á próxima edición de Fitur.

A Danza de Aldán báilase o día de San Sebastián, o 20 de xaneiro. A do Hío, o día de San Roque. A Danza e Contradanza de Darbo, o 8 de setembro. Son cinco damas e dez galanes. No caso do Hío, fan o papel de damas cinco mozos do sexo masculino ataviados coa capa de San Roque.

Son bailes cerimoniais de orixe descoñecida, posiblemente de imitación dos bailes da nobreza, cunha antigüidade de máis de trescentos anos. No caso da de Aldán existen documentos que demostran que xa se bailaba antes de 1678, cando se constituíu a confraría de San Sebastián.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-02-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Un ano máis o Entroido do Hío
Entroido do Hío 2008: Vivas no camiño do Igresario, a comparsa de Nerga facéndolle pasillo ao resto das comparsas (vía Castinheiras)




Entroido do Hío 2007: Os gaiteiros de Donón tocando cos gaiteiros de Nerga, Mallou e a Camposa




Comunicado do CIM polo entroido (Humor do morraso)

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-02-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
• Uxía nos Encontros dos Axouxeres no Centro Cultural de Ponte Caldelas ás 18:00
• Festival Skantroido: Banda Bassoti e Sonoro Maxín, Centro Nautilus de San Andrés de Comesaña (Vigo)
• Loretta Martin no Liceum (O Porriño)
• O Combo Roxo no Vai de vi (Balaidos-Vigo) ás 22:00

Sábado 9
• Uxía nos Encontros dos Axouxeres en Betanzos no Liceo ás 12:00
• Sonoro Maxín no Clavicembalo de Lugo
• Serán en Gargamala (Mondariz)

Domingo 10
• Uxía nos Encontros dos Axouxeres en Ribadavia na Casa da Cultura ás 17:00


Podedes ver máis na sección de Axenda Completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2008 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Lume na Palleira
O sábado 9 de Febreiro, imos ter a oportunidade de escoitar un programa especial do recuncho, xa que terá lugar a entrega do premio "O Recuncho da palleta". Ao longo do ano foron moitos os candidatos a este premio, que pasaron polo espacio radiofónico que cada sábado achéganos un pouco mais a nosa música tradicional.

Dende a banda de gaitas Raigames de Enrique Covelo, pasando polos especiais da IV Mostra de Cuartetos de Marín ou o Proxecto Ronsel promovido polas tres Universidades de Galicia, ata o grupo "Troula" de Madrid, todos eles xa forman parte do recuncho da palleta.

O gañador engadirase á lista formada pola Editorial Ouvirmos e o Concello de Pontevedra (ano 2004), ao concello de Vilar de Santos polo seu apoio á publicación do catálogo de músicos da Limia (ano 2005) ou o programa "Alalá" pola súa axuda á difusión e coñecemento da cultura do noso país (ano 2006).

Non vos esquezades que o programa "Lume na Palleira" emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2008 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Encontro de Pandeireta nos Ancares

Xa tardaba....

Xa era con tempo si, mais eiquí subimos as fotos do primeiro día na excursión que fixemos parte de Malmequer para o Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana que houbo a finais do 2007 nos Ancares, organizado polos nosos amigos Guillerme e Ambás.

Xa podedes comprobar que foi un fin de semana moi ben aproveitado e que realmente pasámolo moi ben.

Que boas lembranzas...

Fotos do 1º Día do Encontro
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2008 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile do 1 de febreiro de 2008
Pedras do Muiño VS Fanecas Malinas

Concurso



Xurado

Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 08-02-2008 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de afinación de gaita galega tradicional
II CURSO DE AFINACION DE GAITA GALEGA TRADICIONAL no Centro Cultural de Callobre (A Estrada).


Como saiu tan ben o curso que acabamos de rematar e quedou xente fora, tratamos de organizar unha segunda edición:

Os dias 9 e 10 de febreiro(Sábado e Domingo) imos realizar o II CURSO DE AFINACION DE GAITA GALEGA TRADICIONAL no Centro Cultural de
Callobre (A Estrada).


O Programa é o seguinte:
-Afiado e preparación da navalla
-Elección da palleta
-Empalletado e afinación da palleta no punteiro
-O pallón (fabricación e afinación)

O ponente será D. Juan Casalderrey Rodríguez, gaiteiro, palleteiro e mestre de fabricación de palletas.

O prezo por alumno será de 45 Euros, e inclúe: Unha navalla, un xogo de lixas, uns apuntes e a comida do sábado, dado que o curso ese dia sábado) será de mañan e de tarde.

Haberá que traer palletas en desuso ou estropeadas da casa

Para mais información e inscripción pódese chamar aos tels. 630 875 924 e 616 992 904

Unha aperta a todos
LUIS TORRES

Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-02-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
O Combo Roxo en Vigo

Este venres 8 de febreiro

O Combo Roxo no Bar "Vai de vi" (Balaidos-Vigo) ás 22:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL SKANTROIDO
FESTIVAL SKANTROIDO
venres 8 febreiro 2008

-BANDA BASSOTTI
-O SONORO MAXIN


No Centro Nautilius de San Andrés de Comesaña (VIGO)
ás 22.00 horas

entrada: 15 euros adiantada
17 euros na billeteira

á venda en: Vigo (Tipo, Elepé, Zinemusik) Pontevedra (Tipo) Santiago (Gong, A Reixa tenda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-02-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Interesante Conferencia en Cuntis
Sábado 9 de febreiro ás sete e media da tarde na Casa da Cultura 'Roberto Blanco Torres' (O Baño, Cuntis).

Conferencia: 'O Colonialismo interior', a cargo de Xosé Manuel Beiras.

Peche musical con Roi Casal (Milladoiro)

Organiza: Asociación Cultural O Fervedoiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Continúan os Encontros dos Axóuxeres

Coa idea de animar os pais e as nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, ponse en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galicia durante os meses de outono e inverno.

A diferenza coa Festa dos Axóuxeres, estes encontros musicais terán lugar en recintos pechados e nun ambiente recollido, nos que as artistas cantan sen micrófonos ao pé dos asistentes e aprenden cantigas.
De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os seus acompañantes.

Lembra: reserva a túa praza canto antes no teléfono 981 555 930.

venres, 8 de febreiro
Centro Cultural Ponte Caldelas
18:00
Uxía

sábado, 9 de febreiro
Edif. Liceo (2º andar) Betanzos
12:00
Uxía

domingo, 10 de febreiro
Casa da Cultura Ribadavia
17:00
Uxía




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades de Ouvirnos
Cántigas da Terra, novo disco de A Tiracolo

O coro galego folclórico por excelencia, Cántigas da Terra, leva en activo desde 1917. Neste case século de historia, iniciada interpretando o himno galego, reuniron un variadísimo repertorio e o arquivo coral mellor conservado.

Editamos agora, como nº 14 da nosa colección de gravacións históricas restauradas A Tiracolo, os seus primeiros rexistros realizados en 1921 e 1928. Neles recollen a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

Dispoñíbel no teu punto de venda habitual a partir do 11 de febreiro.


Visita guiada e concerto en Mondoñedo

O próximo sábado día 9 de febreiro presentamos o Itinerario Histórico-Musical de Mondoñedo por todo o alto.

Pola mañá, visita guiada seguindo o roteiro proposto na nosa publicación. Sairemos ás 12h. da praza da Catedral acompañados polo noso guía turístico e técnico en patrimonio, quen nos mostrará todos os recantos musicais da vila.

Pola noite, fin de festa co concerto a cargo de Resonet. Ás 21:30h., no Auditorio, deleitarannos con pezas de música antiga e barroca, como as que se escoitaban na capela de música da Catedral mindoniense.

Celebramos un século de himno galego

Ouvirmos participa nos actos conmemorativos do século da estrea do himno galego na Habana.
Colaboramos na realización da exposición da Consellería de Presidencia A nosa voz. Cen anos do himno galego.
Encargámonos das restauracións sonoras das gravacións históricas do himno que se poden escoitar na mesma e descargar para dispositivos móbiles:

Gramofono e discos de lousa na exposición:

· o Himno a Galicia gravado en 1918 por Cantigas e Aturuxos e non reeditado até hoxe, restaurado especialmente para a exposición;
· o Himno a Galicia rexistrado por Cántigas da Terra en 1928; e
· o Himno galego gravado por Toxos e Froles en 1922, primeiro rexistro do himno na súa versión íntegra.

A exposición podedes visitala até o 28 de febreiro na igrexa de Bonaval, en Compostela.

Tamén achegamos, desinteresadamente, estas restauracións sonoras para a edición do libro e disco Os símbolos de Galicia, publicado polo Consello da Cultura e a Real Academia Galega.

www.folque.com

www.ouvirmos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-02-2008 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Coro Cantigas e Aturuxos

O coro, desfilando pola praza de touros da Coruña en 1917 (Foto: Ouvirmos)

Un selo sarriao descobre que o coro 'Cantigas e Aturuxos' de Lugo foi o primeiro en gravar o himno galego

O coro Cantigas e Aturuxos de Lugo foi o primeiro en gravar o himno galego. A sesión tivo lugar o 19 de novembro de 1918, tres anos antes da data considerada ata o de agora como oficial, a que realizou o coro coruñés Cantigas da Terra en 1921 baixo o nome de Himno a Galicia.

O descubrimento é o froito dunha investigación da casa discográfica sarriana Ouvirmos, que mercou o rexistro laboral interno do selo barcelonés La Voz de su Amo, no que figuran os rexistros de cada data concreta. "Non hai dúbida posible, porque nese rexistro figuran o nome do tema e a data na que se rexistrou", afirma o director executivo de Ouvirmos, Xosé Aldea.

Figuran entre elas esa na que os 36 membros desta agrupación lucense cantaron Os pinos, o poema de Eduardo Pondal musicado polo mindoniense Pascual Veiga que se estreou en Cuba en 1907 e do que se celebrou o centenario.

Aldea indicou que esta achega é un primeiro resultado dunha procura en desenvolvemento e que tratará de determinar o lugar no que se realizou "porque pensamos que puido ser nun teatro de Lugo ou nunhas das actuacións en Madrid de Cantigas e Aturuxos".

Segundo Aldea, "as gravacións daquel tempo fanse cantando directamente cara á parte máis ancha dunha especie de embudo e se impresionaba coas ondas sonoras a cilindros de cera a alta temperatura para envocarlo despois en discos de pizarra de 78 revolucións". Engade que "probablemente fose a mesma formación que actuou uns meses máis tarde, en agosto de 1919 na Coruña. Cómpre salientar desa formación que máis da metade eran mulleres, algo moi novidoso nese tempo".

Xosé Aldea considera que a importancia de Cantigas e Aturuxos está aínda por descubrir. A maiores das súas actuacións en cidades galegas, como A Coruña ou Pontevedra, están as que ofreceron en Madrid, sobre as que convida a considerar "o que supoñía desprezar a 36 personas nunha viaxe nos anos 10 para cantar música popular galega".

A consideración elevada do grupo lucense explicaría que un selo catalán se interesase por eles para facer un disco nuns anos nos que aínda non era habitual "porque o estoupido dos rexistros sonoros produciuse a partires dos anos 20", tal e como apunta Aldea.

O responsable de Ouvirmos indica que o número de gramófonos na cidade e na provincia debía de ser escaso, polo que "o público para estes discos eran os emigrantes, un colectivo que sufría morriña e tiña poder adquisitivo. Querían pezas singulares e ligadas á terra, porque os temas estándar xa podían escoitarllos a un coro de Bos Aires".

No disco no que figura o himno galego aparecen tamén O bico, do compositor lucense Xoán Montes, e dous cantos populares: Foliada de Lemos e Alalá de Monforte.

A casa sarriana Ouvirmos prepara un disco-libro dedicado a Cantigas e Aturuxos, que será publicado na súa colección A Tiracolo, segundo adiantou o seu director executivo.

Engadiu que "poden saír á volta de dous ou tres anos porque aínda estamos dixitalizándoos". Xosé Aldea cifra en dez os discos que realizaron Cantigas e Aturuxos, con dous temas impresos en cada unha das pizarras. "Nas gravacións figuran cantos de seitura ou de berce, e hai que contar con sensibilidade para recoller e harmonizar esas pezas tradicionais". Aldea considera que a importancia deste labor é maior "dado que non existía en Lugo unhas Irmandadades da Fala que dinamizasen o interese pola cultura galega e eles asumiron en boa parte ese papel".

O musicólogo de Sarria non fuxe da polémica que atinxe ao rexistro sonoro de Os pinos e que sinala á que executou o coro Toxos e Frores de Ferrol no ano 1922. A base da discusión está en que os ferroláns cantaron a letra completa do poema, mentres que os coruñeses —coma os lugueses— se limitaron á primeira. Percibe como falta de argumentación esta teoría "porque o que cantaron Cantigas e Aturuxos no ano 1918 era o que se consideraba daquela como o himno de Galicia. A idea de incluír unha segunda estrofa é do ano 1975".

Cantigas e Aturuxos foi unha das consecuencias das teorías do folclorista Perfecto Feijoo, quen promoveu unha dignificación do folklore levándoo aos escenarios con toda a sua enxebreza, tanto de vestiario como de sons. A súa concepción do folclore concretouse no coro galego, que suma o baile e a vestimenta tradicionais aos cantos.

Outras das novidades foi a chegada de mulleres a estes colectivos, reservados a figuras masculinas. Cantigas e Aturuxos conta en 1919 con féminas que suman máis da metade.

A segunda bandeira galega que existiu en España
O coro Cantigas e Auturuxos recibiu a segunda bandeira galega existiu en España, como asegura Xosé Aldea, posuidor da enseña. A entrega foille feita polo Centro Galego de Madrid o 24 de novembro de 1917, data que figura no reverso da enseña. A entrega foi un agasallo dos socios da entidade para agradecer a visita do coro. A bandeira ten por un lado a galega e polo outro, a española.

A bandeira branca coa banda azul ondeou por vez primeira no ano 1904 na fachada do edificio no que daquela estaba emprazado o Centro Galego da Habana. O símbolo presidiu a estrea do himno galego en 1907 no Teatro Nacional da capital cubana.

O coro Toxos e Frores recibiu a enseña de Galicia por vez primeira en 1917 e dende aquela preside as súas actuacións. A entrega correspondeu ás Irmandades da Fala e foi realizada polo seu representante no acto, Antonio Rey Soto. De feito, a importancia do coro ferrolán na fundación das Irmandades foi considerable.

O vencello entre Cantigas e Aturuxos e os símbolos galegos tamén se mantivo nos anos seguintes a ese acto no Centro Galego de Madrid. Cadrou, por exemplo. coa primeira Asamblea Nazonalista de Lugo nos días 17 e 18 de novembro de 1918, e que se considera como acto orixinario do nacionalismo galego como movemento estruturado.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-02-2008 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Dolmen de Dombate por fin ten 'casa'
Tras varios anos de paralización, a Consellería de Cultura e a Deputación da Coruña chegaron hoxe a acordo para resolver o proxecto de conservación do Dolmen de Dombate.

Finalmente, a altura da construción que protexerá o dolmen será menor que no último proxecto presentado e o seu deseño farase máis sinxelo e transparente para proporcionarlle un maior protagonismo ao conxunto dos dolmens e os seus elementos asociados ca ó seu contedor, explican dende Cultura.

Na xuntanza tratáronse aspectos sobre a conservación, protección, posta en valor e xestión do dolmen de Dombate, aínda que a Consellería aclara que "xa houbo varias en 2006 e 2007, logo de varios anos de paralización".

A solución para poñer fin á paralización do dolmen acordada por ambas institucións consiste en rebaixar a altura do edificio-cuberta entre dous e tres metros e eliminar os servizos hixiénicos, que irán fóra do edificio e non dentro del, tal e como propoñía o último proxecto presentado. Mantense ademais a idea dunha pasarela ascendente para ter varios puntos de vista dos dous enterramentos megalíticos.

Deste xeito, vólvese ás ideas do proxecto orixinal, que no seu día gañou o concurso convocado pola Deputación, que pretendía que non tivese unha incidencia excesiva ou agresiva para o propio monumento e a súa comprensión e percepción no contorno paisaxístico, afirman dende a Consellería.

Medidas urxentes

En canto á conservación, acordouse axilizar unha serie de medidas urxentes para a protección do conxunto do dolmen con carácter provisional mentres non se constrúe o edificio que o cubra e que sirva, ao tempo, de instalación museográfica complementaria.

A Consellería de Cultura e a Deputación da Coruña manterán unha liña de colaboración tanto para as actuacións urxentes e para as investigacións que continuarán no xacemento, como para a formalización do edificio-cuberta.

Ademais, coordinaranse na integración e relación de Dombate co resto do megalitismo da Costa da Morte. Todas as accións previstas desenvolveranse ao longo deste ano 2008, aínda que o remate da construción, en función do proxecto executivo que se decida, poida rematarse en 2009.

www.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-02-2008 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Fábrica de Chocolate


SERÁN (Música e baile tradicional Galego)

Mércores, 6 de febreiro - 22:30 H.
Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-02-2008 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Romanceiro da Galicia exterior
Este martes 5 de febreiro, presentouse, no local da Asociación de veciños de San Roque (Pontevedra), o libro "El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina", escrito por Norberto Pablo Cirio e editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra dentro da colección “Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía”.

Á presentación asistiron o deputado de Cultura, José Juan Durán Hermida, o presidente da asociación de veciños de San Roque, Sabino Martínez Fontán, e o especialista en música tradicional galega Oscar Ibáñez García.

Como contribución ós estudos sobre o romanceiro galego, neste libro o autor, dá a coñecer un pequeno corpus romancístico recompilado dos membros da colectividade galega na Arxentina, no marco da súa investigación “La música tradicional gallega en la Argentina. Permanencia y proceso de cambio a partir del proceso migratorio”. O autor tamén integra neste traballo catro romances inéditos recompilados por outras persoas.

Deste xeito, o corpus analizado componse de 68 versións de texto e 58 versións de música pertencentes a 34 tipos. Foi conformado a través de entrevistas a emigrantes galegos e ós seus descendentes nalgunhas cidades arxentinas: Avellaneda, La Lucila del Mar, Lanús, Lomas de Zamora, Mar del Plata, Quilmes, San Martín (Bos Aires), Río Gallegos (Santa Cruz) e a cidade de Bos Aires entre 1996 e 2005. Os romances recompilados por terceiros foron recollidos en Lomas de Zamora (Bos Aires) en 1980 e en Bos Aires en 1993.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 06-02-2008 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Na Caleya
Moito me prestaba esta peza do grupo asturiano "La Bandina", agora xa atopado na arañeira agardo que poida prestarvos a vós tamén.

Unha aperta para os amigos de Asturies, en especial a Ambás e Ramsés.

Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 06-02-2008 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Rasa Loba en Vigo

Presentación en Vigo do novo grupo rock de Tonhito de Poi

Rasa Loba en Concerto

Martes 5 de febreiro
No Pub Ensanche de Vigo ás 22:30 (de balde)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-02-2008 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
A música galega vai cara Cuba

Galiza, País convidado.

A Feira Internacional do Libro da Habana (FILH), do 13 ao 24 de febreiro

As letras de Galiza estarán acompañadas no escaparate latinoamericano da Feira da
Habana por outros sectores fundamentais da cultura galega.


A música estará representada por, entre outras propostas, a Real Filharmonía de Galiza, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Uxía, Marful, Narf ou Dios Ke Te Crew.

Os artistas galegos acoden á FILH con proxectos creados expresamente para a Feira e coa intención de que estes sexan o comezo dunha longa historia de traballos conxuntos.

Aproveitarán a súa presenza na illa para homenaxear a comunidade galega de Cuba e para presentar algúns deses proxectos conxuntos con artistas locais:

- o proxecto Rosalía XXI, no que participan Abe Rábade, Anxo Angueira e Guadi Galego, coa participación especial de Pablo Milanés

- o proxecto Descarga ao Vivo, dirixido por Ramón Pinheiro, e que integra a músicos profesionais galegos (Xabier Díaz, Marcos Teira, Pedro Pascual, Kim Farinha, Oscar Fernández i Edelmiro Fernández,...) e a músicos do Instituto Superior de Artes de La Habana nun espectáculo creado a partir da investigación sobre o patrimonio musical galego en Cuba.

- o proxecto Tres continentes para unha illa. Encontro de contadores galegos, cubanos e africanos deseñado por Quico Cadaval

As artes escénicas chegarán da man das compañías Pisando Ovos (danza contemporanea), Galitoon (teatro infantil e de monicreques), Mago Anyo (maxia) e dos espectáculos de narración oral de Pavís Pavós e o espectáculo de narradores galegos, cubanos e africanos dirixido por Quico Cadaval. Ademais, a danza tradicional galega terá o seu oco no extenso programa artístico da man dos grupos de baile das Sociedades Galegas da Habana.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-02-2008 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro Titulado Superior en Gaita Galega
Tras moitos anos de esforzos por parte de moita xente, conseguíuse pechar o ciclo de estudos musicais do noso intrumento máis representativo. Os gaiteiros do noso país teñen xa a posibilidade de estender os seus estudos ata o grao de Titulado Superior. O primeiro en conseguilo foi Xosé Luis Miguélez e o seu concerto de fin de carreira, gravado ao vivo, publícase agora nun disco que leva por título ‘Esperanza’ e que edita Dos Acordes

Falamos con Xosé Luis Miguélez da súa andaina musical, desde as primeiras clases sendo moi neno ata lograr esa titulación superior, e da grande importancia do obxectivo por fin acadado.

As primeiras clases de gaita ¿cando e de quen as recibiches?
Os meus pais leváronme a clases de gaita cando tiña seis anos nunha das primeiras escolas que houbo en Galicia, a “Escola de Gaitas da Deputación de Ourense”. Lembro que o primeiro día non parei de chorar porque non quería ir pero despois de escoitar as gaitas o que non quería era voltar para casa. O meu primeiro mestre foi Manolo Brañas e aínda continúo a ter unha moi boa relación con él, débolle moito. Cando tiña 11 anos levóume ao Festival Intercéltico de Lorient en Francia, era o músico máis xoven de todo o festival e a xente parábame pola rúa para sacarse fotos comigo.

E o teu primeiro instrumento ¿cando o tiveches?
Pois cando levaba uns meses indo a clases o meu pai mercoume unha, debeu ser no ano 1980 ou 1981, non me lembro moi ben. Era unha gaita de pau santo afinada en Do e feita por Manolo Brañas, que tamén é construtor. Non a conservo enteira pero si algunha peza solta.

Cóntanos como foi todo o proceso para chegar, desde ese inicial interese pola gaita a converterte no primeiro Titulado Superior no instrumento.
No ano 1990 gañei un importante concurso para gaiteiros solistas e foi aí cando comecei a pensar en adicarme profesionalmente á música no futuro; así que me interesei polos estudos oficiais que, por aquel entón, so se impartían en Vigo. O mestre daquela era Carlos Núñez e falei con el para facer os exames dos catro cursos que existían no plan de estudos do 66. Facilitoume moito as cousas e fixen os exames por libre acadando o “Diploma en Gaita Galega”, que foi o primeiro título recoñecido do instrumento. Despois diso tiven que continuar os meus estudos musicais coa frauta traveseira xa que a gaita non tiña máis graos recoñecidos. A finais dos 90, coa incorporación da Loxse, por fin se instaurou o grao profesional; remateino en 2001 no “Conservatorio Mayeusis de Vigo” co mestre Ernesto Campos, un grande compositor para o instrumento e moi bo amigo, que me acolleu cos brazos abertos e que me ensinou moitísima música. Un ano despois comezou o grao superior en música tradicional galega no “Conservatorio Superior de Música de Vigo”, presenteime ás probas de acceso e conseguín unha praza; catro anos máis tarde, en novembro de 2006, fixen o concerto de fin de carreira e, por fin, se completaron todos os ciclos de ensino de música tradicional en Galicia.

O teu camiño persoal ata conseguir ser titulado superior ¿foi moi duro?
Foi bastante longo e duro non soamente para min, senón tamén para todos os que estudabamos música tradicional, xa que era moi frustrante non poder continuar a nosa carreira como facían os das outras especialidades.

Á hora de escoller o repertorio para o teu concerto de fin de carreira ¿cales eran os teus obxectivos?
Foi unha gran responsabilidade e unha das partes máis dificultosas, xa que pretendín tocar todos os paus e amosar as posibilidades musicais do instrumento. Para conseguilo púxenme en contacto con diversos compositores, dos que me gusta o seu traballo, e pedinlles directamente que fixeran obras para o concerto. O resultado foi máis que satisfactorio, ou iso penso eu.

Preséntanos entón ese repertorio que escolliches e aos músicos que te acompañaron na interpretación desas pezas que se publican agora en disco..
Unha das partes máis importantes do concerto foi unha obra para gaita e piano, en tres movementos, que se titula Luces do Atlántico e que é unha composición de Ernesto Campos; é unha obra fermosísima e tiven a honra de estreala cun dos mellores pianistas de Galicia, o Coruñes Pablo Diago. Tamén quería amosar un repertorio máis contemporáneo para gaita e para iso falei con Paulo González e David Bellas.
Paulo é un dos mellores músicos que coñezo, toca a gaita, a zanfona e a frauta de bisel como ninguén, e ademáis diso escribe cun estilo propio e unha linguaxe que me encanta, da súa autoría son Apaixoada, unha peza para dúas gaitas, á que eu fixen un arranxo para tres e que toquei co grupo “Anacos de Buxo”, e Arreguiço, un trio para vibráfono, zanfona e gaita que interpretei con el e Lucía Martínez no vibráfono, os tres estudamos música na “Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo” de Oporto e temos unha moi boa relación.
David Bellas fixo unha peza que titulou Dúo De Gaitas Para O Primeiro Concerto De Fin De Carreira e que tocou comigo, David é un gran gaiteiro ao igual que os outros que participaron no concerto, Pedro Álvarez, Xurxo Fernández e Rafa Crespo, que son xa unha realidade na gaita galega pese a súa xuventude.
O resto do repertorio é de corte máis tradicional. Blanca O Negra de Ricardo Courtier, director da Banda de música de Ourense a comezos do seculo XX, e a Ribeirana De Ventosela que era do repertorio de Xan Míguez, gaiteiro de Ventosela. A esta última compúxenlle unha introdución a xeito de alalá que titulei Image.

A importancia de contar coa posibilidade de acadar esa titulación ¿Que importancia ten para a música do noso país e, máis concretamente, para o que é o noso instrumento máis representativo?
É moi importante porque pon a música tradicional galega ao mesmo nivel educativo que o resto das músicas, creo que a dignifica e a valora enormemente. Tamén abre a posibilidade de que moitos músicos que se dedican profesionalmente á música tradicional poidan acadar unha titulación que os avale no seu traballo.

Obter esta titulación ¿que saídas profesionais ofrece?
Pois ao ser unha titulación superior, ao mesmo nivel que unha licenciatura, dache a posibilidade de impartir aulas en centros de ensino medio e superior: Escolas de Música, Conservatorios, Institutos, etc. Ademáis diso fórmate tamén a nivel de investigación dentro da “etnomusicoloxía” ou/e a interprétación.

¿Cantos gaiteiros están a seguir os teus pasos na actualidade?
Pois hoxe en día hai unha ducia de gaiteiros cursando estudos na especialidade. Ademáis, xa temos a primeira muller titulada, Lorena Feixeiro de Vigo, unha gran gaiteira.

No que se refire ao futuro da gaita galega ¿es optimista?
Moito, creo que está a atravesar un dos mellores momentos na súa historia, moita xente a traballar en serio e moitas menos disputas e polémicas inútiles. O nivel dos novos gaiteiros é excelente.

Máis información en : www.xlmiguelez.com

www.elcorreogallego.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-02-2008 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá de hoxe
Hoxe, martes, día 05/02/2008

Despois dunha operación complicada en que perdeu un anaco de pulmón, a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería tocar a gaita. Unha semana despois só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, "O ghaiteiro de Piñeiro", seguía bombeando notas e repenicados por cada recuncho do Morrazo. Esta noite Alalá, da man da súa presentadora Pilar G. Rego, vai poñer o público en contacto con unha historia de superación persoal, todo un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, "O ghaiteiro de Piñeiro".

Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán, onde é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións… ata nas inauguracións das rúas o recordan tocando os veciños! Gaiteiro para todo e infatigable, desde o domingo de entroido ata o mércores de cinza o equipo do Alalá puido comprobar que durmiu 7 horas! E é que a Xosé, "O ghaiteiro do Piñeiro", antes ca os dentes xa lle naceran as ganas de ser ghaiteiro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-02-2008 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc do Entroido en Vigo

Festival Folc Entroido 2008

Tanxedoras do Pandeiro e Tanto nos Ten

Luns 4 de febreiro do 2008

Lugar.- Praza da Constitución (Vigo)
Hora.- de 19:30 a 22:00 horas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-02-2008 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Skarnio: Novo disco xa á venda
Skárnio presenta o seu terceiro traballo, 'O nosso caminho'
Autoeditado con licenza Copyleft baixo o selo “Arredista produçons”, conta con colaboracións de primeira.


O disco foi gravado e mesturado nos estudos Area Master (Vigo) e Océano (Nigrán), por Xavier Abreu, entre marzo e maio do ano pasado, e producido por Pedro Feijoo, de Muu Estudios (Vigo). Conta tamén coas voces de Mini (A Quenlla), Senén (Xenreira), Juantxo, Senéne (Skalariak) e Almudena (Transilvania), amais da enerxía das doce caboverdianas – burelás que integran Batuko Tabanka.

Outro punto clave deste novo traballo é que foi editado baixo licenza Creative Commons, na liña de coherencia e compromiso coa escena musical galega que caracteriza a Skárnio: "queriamos demostrar que a autoedición é posíbel, e poñer a circular as nosas mensaxes e o noso traballo cunha licenza libre que permita a súa máxima difusión". A licenza copyleft permite a copia, distribución e modificación, mentres se recoñeza a autoría, o uso non sexa comercial, e se comparta baixo a mesma licenza.

Música para a loita

Skárnio mantén o seu espírito de loita neste novo traballo: "leva unha mensaxe combativa, como sempre foi o grupo, reivindicativo, porque consideramos que a loita é o único camiño". De aí o título: O nosso caminho reúne festa, loita e compromiso, os tres alicerces creativos deste colectivo político-musical galego nado no barrio vigués do Calvario, e espallado, once anos despois, pola Coruña, Vigo e Ourense.

Son catorce temas, mantendo a fidelidade co ska pero dialogando tamén con outros estilos, os que integran o disco. A independencia de Galiza, a liberdade dos presos e presas independentistas, a defensa da Terra, a loita da clase traballadora, a lingua ou o internacionalismo compoñen a loita de Skárnio, coa música como medio: "ferramenta de autodefensa para o sector social que non se resigna ante a morte doce do noso pobo, cociñada polos poderes fácticos do imperialismo".

O nosso caminho estase dando a coñecer dende primeiros de ano. Non ha tardar en estar operativo a web www.skarnio.info, dende onde se poderán descargar os temas e xa podemos escoitar un deles. Xa se poden ir escoitando tamén no My Space do grupo. Amais, a banda galega de ska está a preparar unha xira de presentación, nacional e internacional.

www.anosaterra.org

www.myspace.com/skarniogz

www.skarnio.info

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-02-2008 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño gañador dos VII Premios Opinión de música folc
O álbum `Home´ dálle o triunfo a Budiño nos VII PREMIOS OPINIÓN

É a primeira vez na historia do galardón que un artista repite como gañador do mellor álbum do ano. O moañés xa acadara esa distinción na cuarta edición con `Zume de terra´.
Óscar Losada.A Coruña

Nesta sétima edición dos premios o voto do xurado estivo máis dividido que nunca e iso provocu que doce artistas tivesen algunha mención, a cantidade máis grande na historia deste galardón. Iso indica o eclecticismo dos xornalistas encargados de elexir aos gañadores e que, nesta edición, as propostas artísticas amosaron un alto nivel que complicou a decisión dos compoñentes do xurado.

Xosé Manuel Budiño foi quen de aparecer votado por seis xurados e iso levouno a acadar o primeiro lugar, que coloca ao seu traballo Home como mellor disco folk galego do 2007. É a primeira vez que un músico repite como gañador de mellor álbum nos PREMIOS OPINIÓN. O artista xa vencera na cuarta edición con Zume de Terra, aínda que naquela ocasión houbera moita máis diferenza de votos co artista que acadou a segunda posición.

O gaiteiro leva anos realizando composicións de corte moi contemporáneo, sen esquecer nunca as raíces da tradición galega das que mamou. O seu estilo persoal ocupa un lugar sobranceiro no panorama folk galego desde que debutou co excelente Paralaia.

Esta nova entrega é o seu cuarto traballo dicográfico e un novo paso na súa traxectoria, na que desde o primeiro momento amosou posuír unhas altas capacidades para realizar unha carreira sólida.

As composicións de Xosé Manuel Budiño son bastante recoñecibles e iso comporta un estilo propio, algo moi importante á hora de resultar sobranceiro. A acollida internacional deste músico esta a ser importante e hai uns meses actuou nun programa cultural da televisión mexicana, que conta con millóns de espectadores de audiencia media, logo de chamar a atención dos responsables do espazo que presenciaron un dos seus concertos. Hai escasos días volveu aos escenarios do festival Celtic Connections de Glasgow, o máis importante do mundo celta dos que se celebran en Europa, e alí volveu comprobar que aos programadores de festivais europeos gústalles a súa proposta musical.

Ao longo da historia deste galardón só os grupos Berrogüetto, Milladoiro, Susana Seivane e Fía Na roca, co terceiro posto conseguido nesta sétima edición do premio, repetiron na lista de galardoados.

Foi tal a variedade de propostas elexidas polos membros do xurado neste edición que o trío Entre Trastes logrou o segundo posto contando só co apoio de dous xornalistas, que decidiron mencionalos como a súa primeira escolla. Lembremos que os postos adxudicados outorgan 5, 3 e 2 puntos.

Dase a circuntancia de que tres discos que foron favoritos para algún dos xornalistas, os de Mercedes Peón, SondeSeu e Quempallou, só obtiveron esa mención.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-02-2008 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entre Trastes, 2º Premio Opinión
Entre Trastes acada o segundo lugar co seu debut discográfico

O debut discográfico de Entre Trastes sáldase coa consecución dun premio que pode servirlles como carta de presentación. Xosé Liz e Daniel Vilar coñécense ben, posto que militaran durante bastantes anos no grupo Beladona e agora uníronse a Álvaro Iglesias, quen toca con Liz na banda Arán, para formar un trío de cordas no que soan o contrabaixo, a guitarra e o bouzouki.

Na súa ópera prima inciden nun vieiro ata o de agora non transitado no folk galego e ademais fanno, en grande parte, con composicións propias de notable valía. Temas como Antares, A tartaruga azul, Guan, Capeliña e Mencía amosan que estamos diante duns músicos que teñen cousas que dicir e saben facelo con moito gusto. Arelamos que este galardón sirva como empurrón para un trío que debe refuxiarse para os seus concertos en locais pechados, posto que a súa música non é para bailar e terán dificultades para entrar nas programacións dos festivais de verán.

Daniel Vilar levaba uns anos afastado do mundiño musical e, escoitando nesta obra os temas da súa creación, é un pracer volver contar novamente con el para o futuro do folk galego.

A chegada dun grupo como Entre Trastes trae un novo concepto musical á escena do país, que, sen dúbida, se enriquece con proxectos diferentes.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-02-2008 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer