Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concentración ante Galicia (Mono)bilingüe en Vigo
Continúa a ofensiva dos sectores máis intransixentes de extrema dereita en contra do uso do galego como lingua veicular no ensino.

Un grupo de mozos que se infiltraron entre o público interromperon ata en dúas ocasións con carteis e berros de «Non ao bilingüismo» unha conferencia que impartiu onte a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, no Centro Cultural Caixanova, en Vigo.

A protesta provocou o apupo dos 2.000 asistentes ao acto. A asociación xa reuniu 50.000 firmas contra unha política lingüística que impoña o galego sobre o español.

No exterior, seis unidades de antidisturbios cargaron contra decenas de manifestantes opostos á charla.

www.lavozdegalicia.es


Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de Música Tradicional Xiradela

IX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA

GRUPOS DE PANDERETEIRAS
CUARTETOS DE GAITAS
GAITEIROS SOLISTAS


Os vindeiros días 6 e 13 de abril terá lugar a novena edición do Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo (A Coruña)

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B:
1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D:
1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CUARTETOS DE GAITAS:
1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

GAITEIROS SOLISTAS:
1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 6 de Abril de 2008 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 13 de Abril de 2008 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación
(Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 14 de Marzo de 2008.

Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:

concursogaitacuartetos@yahoo.es
concursogaitasolista@yahoo.es
concursopandeireta@yahoo.es
(segundo a modalidade na que se participe)

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día 6 de Abril de 2008 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día 13 de Abril de 2008 os de Pandereteiras. (Categoría A e B pola mañá e categoría C e D pola tarde).

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

Se queredes descargar as bases do concurso e maila folla de inscrición no mesmo, aquí tedes os enlaces correspondentes:

Bases do concurso
Folla de inscrición

http://xiradela.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-02-2008 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar Gaiteiro 2008
Xantar Gaiteiro da Asociación de Gaiteiros Galegos

Domingo 30 de Marzo en Lugo

Xa podemos adiantar a tódol@s nos@s soci@s a data e lugar da primeira das actividades coa que comezamos este ano 2008. Trátase do tradicional Xantar Gaiteiro, que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza cada ano coa finalidade de fomentar o espíritu de xuntanza e reunión entre todos @s nos@s asociad@s, sempre tendo en conta o que nos une a todos: o traballo en prol da nosa cultura e música tradicional.

Este ano celebramos a XIII edición deste evento o Domingo 30 de Marzo na cidade de Lugo, por ser un lugar moi apropiado para xantar o cocido galego e aproveitar o entorno para escoitar a algún dos nosos mellores gaiteiros.

Poñerase un servicio de autocar dende as principais cidades galegas, a disposición de tódol@s soci@s que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todos @s interesad@s poden obter mais información a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben no teléfono 986 847 074.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2008 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
O Pentafol
O venres 22 de febreiro, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro "O Pentafol" de Alberte Sanmartín Montaña.

Trátase dunha escolma de pezas populares para gaita galega, consta de 418 partituras impresas no método de escritura "Do" e 25 letras de cantigas. Asemade, ven acompañado dun DVD que contén as mesmas partituras en "Re" e todas as pezas -algunhas delas coas suas distintas voces- gravadas co son de gaita en tonalidade Do; un total de 478 arquivos de audio en formato mp3.

O seu autor, Alberte Sanmartín Montaña, e mestre de gaita dende 1987, comenzando a súa actividade musical no grupo "Doces Lembranzas" do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo.

Membro de grupos como "Xolda", "Sugán", "Sons do Muiño", "Feile" e "Ruaille-Buaille", ten colaborado en directos e gravacións nas súas facetas tanto de gaiteiro como de letrista con varios artistas, ademais de ser finalista nas 5ª, 7ª e 9ª edicións do concurso de gaitas "Constantino Bellón" de Ferrol.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2008 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
A man lixeira...
‘A man lixeira...’, pezas para acordeón

O músico Fernando Fraga, mestre do Conservatorio Superior de Música da cidade da Coruña, preséntanos o seu libro-disco dedicado integramente ao acordeón que acaba de publicar a través da editorial Dos Acordes. Un traballo imprescindible para o inicio e para a aprendizaxe no instrumento, cun repertorio de traballo baseado na tradición musical que gozamos en Galicia

Falemos do instrumento protagonista deste interesante traballo, en primeiro lugar sobre a súa orixe.
A súa invención data do 1829, en Viena, por un construtor de órganos e pianos chamado Cyrill Demian. Denominouse accordion porque producía acordes por medio dos 5 botóns que tiña no lado dereito do fol. Os botóns facían acordes distintos segundo se abrira ou pechara o fol, polo que era un sistema bisonoro, similar ao empregado nos acordeóns diatónicos de hoxe en día. Inmediatamente foi ben acollido pola xente que gustaba de facer música, porque era doado comezar a tocalo e non se precisaba da axuda dunha segunda persoa.

Da chegada do acordeón a Galiza e das canles a través das que chegou, ¿existe algunha referencia aproximada?
Parece que o acordeón chegou a España entre 1835 e 1840 desde Francia, onde había numerosos talleres de fabricación. A partir destes primeiros instrumentos, o madrileño Juan Moreno construíu unha réplica no 1841. A finais do século XIX había en España fábricas en Valencia, Barcelona, Madrid e San Sebastián.

A chegada a Galiza parece que ten dúas vías de aceso: dunha banda a mesma que no resto do Estado, é dicir, a través de Europa; e doutra a través da emigración americana: Arxentina, Venezuela, Brasil, etc. Estes emigrantes viñan cargados, nas súas visitas a Galiza, con maletas que contiñan o instrumento novidoso e que, moitas veces, servía para que familiares e amigos comezaran a tocar o acordeón.

A gran popularidade do acordeón provocou a súa condena por parte das autoridades eclesiásticas. Unha das denominacións que a xerarquía da Igrexa empregou para o acordeón foi a de ‘Fol Do Inferno’, ¿non?
Así foi, a gran popularidade da que falabamos antes levou a empregar o acordeón en toda clase de actos festivos, servindo de amenizador de bailes con ritmos como o valse, a polca, a mussette francesa, etc;
coas parellas que comezaban a bailar "o agharrado" e, como isto parece que non lles gustaba aos estamentos da igrexa, concedéronlle o alcume que mencionas. Pero o sentido pexorativo con que foi empregado o termo fol do inferno axiña mudou a querer dicir que o fol "botaba lume", pola velocidade con que se tocaba e a expresividade que se conseguía.

O grande éxito acadado ¿por que foi decaendo?
A chegada das orquestras de baile con moitos medios técnicos fixo desaparecer o acordeonista que só, ou con axuda doutros músicos, facía a romaría; así como tamén se trocou o acordeón, que formaba parte desas orquestras, polos órganos eléctricos que se adaptaban mellor a todo tipo de músicas bailables. Pero pouco a pouco, o acordeón volveu recuperar o seu sitio tanto a nivel solista como formando parte dun grupo instrumental. Así, é normal desde hai uns anos, asistir a un concerto de acordeón no que se pode escoitar música orixinal para o instrumento, música transcrita da época barroca, clásica ou romántica e, por suposto, música tradicional. Tamén é habitual que o acordeón forme parte de grupos de música folc, tradicional, jazz, contemporánea, etc.

A idea de publicar un libro-disco de pezas para acordeón, ¿de que xeito naceu?
Naceu hai oito anos, cando comecei a colaborar con músicos galegos que empregaban a música tradicional como fío condutor dos seus concertos. Tamén porque quería ofrecerlles aos meus alumnos a posibilidade de empregar a gran cantidade e calidade de melodías que posuímos, para comezar e continuar os seus estudos de acordeón. Ata agora estábanse a empregar, sobre todo, partituras e métodos feitos noutros países con máis tradición académica neste instrumento, como son Alemaña, Rusia, Italia ou Francia.

Os interesados no acordeón ¿que atoparán nesta obra?
Atoparán unha escolma de 45 pezas arranxadas para acordeón, tanto para o modelo de baixos estándar como para o de baixos cromáticos, desde o nivel máis básico ata un nivel medio, e coas pezas gravadas nun disco. Ademais contén un pequeno método con exercicios para iniciación, empregando tamén melodías tradicionais. Hai que mencionar que unha das obras é composición do mestre Luis Carro, feita por encargo, e que aínda que está baseada nun tema melódico popular, ten estilo compositivo contemporáneo.

‘A Man Lixeira’ sae á venda a través da editorial Dos Acordes. ¿Que tal a relación con eles? ¿Estás satisfeito?
O desenvolvemento dun proxecto editorial deste tipo, con moitas partituras, explicacións técnicas e a gravación dun CD, é verdadeiramente complexo. Pero sempre tiven o apoio e comprensión da editorial a través do seu responsable, Javier Jurado.

¿Déronche xa algún dato sobre o ritmo de vendas? ¿Notouse a campaña de Nadal?

Ese tema vai mellor incluso do esperado, xa que axiña se vai publicar a segunda edición. Está tendo moi boa acollida por parte de acordeonistas e persoas interesadas pola música galega. A campaña de Nadal sempre se nota nas vendas, aínda que non sexan precisamente este tipo de libros os máis demandados para facer regalos. O que si ten moita relevancia é a publicidade que se faga nos medios para que a información lles chegue aos interesados.

A situación actual do acordeón en Galiza ¿como a valoras?
Creo que estamos a vivir o mellor momento. O nivel dos intérpretes é cada vez mellor, porque hais bos profesionais ensinando a tocalo. Nenos de curta idade tocando o acordeón con moita habilidade e paixón, centros de ensino en cáseque todas as cidades e vilas de Galiza, formación integral dos instrumentistas, etc. Ademais, o acordeón está a ser incluído en cáseque todo tipo de formacións instrumentais, polo que a súa presenza a nivel audiovisual é cada vez máis importante.

¿E o seu futuro?

Aínda queda moito camiño por andar para seguir mellorando. Por un lado, todos os centros públicos de ensino musical teñen que ofrecer a posibilidade de estudar acordeón. Unha cidade tan importante para Galiza como é Santiago non dispón desta opción, algo que se debería solucionar con urxencia. Por outro lado, deberiamos seguir incorporando o acordeón na música tradicional galega, así como fomentando que os compositores galegos escriban para o instrumento, de-senvolvendo todas as posibilidades técnicas tanto como instrumento solista como formando parte de diversos grupos de cámara e formacións máis amplas como poden ser as bandas ou orquestras.

E falando de futuro ¿cales son os teus próximos proxectos musicais?
O máis inmediato é a revisión do libro do que estamos a falar, para a publicación da segunda edición. Tamén estou a colaborar co gaiteiro Óscar Ibáñez, co que hai en proxecto a publicación de dous discos: un coa formación completa de Óscar Ibáñez & Tribo e outro facendo dúo con gaita e acordeón.

www.elcorreogallego.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2008 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Disco XXVº Aniversario de IAR
CD XXVº ANIVERSÁRIO GRUPO DE BAILES POPULARES

Hai uns días dábamos a coñecer a entrega dos discos da convocatoria Outra + Outra 2007.

Un deses traballos editados, en colaboración coa Deputación d'A Coruña, a Fundación Paideia Galiza e o estudo de gravación Mans, é o do Grupo de Bailes Populares IAR, d'A Coruña, que ven de gravar ese traballo co gallo do seu XXVº aniversário.

O disco recolle 11 pezas que nalgun intre pertenceron ou pertencen ao seu repertório:

01. Moliñeira do Carballal.
02. Moliñeira de Balouta.
03. Polca, muiñeira e jota do Saviñao.
04. Jota e punteada de Cabanude.
05. Moliñeira de Vilaverde.
06. Jota de Nemeño e punteada de Limiñoa.
07. Muiñeira e jota de Ferreira de Pantón.
08. Serán de Barro de Arén.
09. Polavila de Santa Xuliá.
10. Jota de Liñares.
11. Jota da Ponte de Outeiro.

Para a gravación deste traballo reunironse gaiteiros e tocadores de todas as xeracións do grupo, desde os comezos até a actualidade, nun caluroso (e longo) dia de outono...

O prezo é de 10€, e podedes atopá-lo à venda no noso local ou nas tendas habituais...

Grupo de Bailes Populares Iar
Rúa da Cerca, 30 baixo 15009 A Coruña
Teléfono e fax: 981 133 646
grupodebaileiar@gmail.com

www.blogoteca.com/iar

Comentarios (2) - Categoría: Discos - Publicado o 20-02-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rede Galega de Música ao Vivo
Máis de 80 grupos actuarán en 47 salas da Rede Galega de Música ao Vivo

Máis de oitenta grupos e solistas, a maioría deles galegos, actuarán este ano por salas de todo o país dentro da programación da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV). Este circuíto promovido pola Consellaría de Cultura e Deporte a través do IGAEM e a asociación Clubtura, chega ao seu segundo ano en funcionamento. A data de hoxe xa están previstos para este ano 576 concertos en 35 localidades.

As salas inscritas en 2008 na RGMV acollerán actuacións de 83 grupos e solistas de todos os estilos musicais: folk, rock, pop, blues, música electrónica, jazz e canción de autor, entre outros. 75 destes grupos son galegos, mentres que 8 proceden doutros lugares da Península: 6 de Madrid, un de Alicante e un de Portugal. No proceso de selección dos grupos e solistas, o IGAEM recibiu un total de 486 preinscricións, entre os que se escolleron os participantes atendendo a criterios de interese cultural, oportunidades de promoción, calidade e traxectoria da formación, pluralidade estilística e pluralidade lingüística en canto á presenza e promoción da lingua galega.

En 2008 participan 47 salas de toda Galiza, das cales 23 están situadas na provincia de Pontevedra (en Vigo, Pontevedra, Redondela, Marín, Bueu, O Porriño, Nigrán, Baiona, O Grove, A Illa de Arousa, Pontecaldelas, Cangas, Ponteareas, Salvaterra, Sanxenxo e Caldas de Reis), 13 na Coruña (Santiago, Ferrol, A Coruña, Ordes, Cariño, Culleredo, A Laracha e Melide), 6 en Lugo (Monforte, Vilalba, Sarria, Cervo, Chantada e Lugo) e 5 en Ourense (O Barco, A Rúa, Allariz, Xinzo de Limia e Ourense).

Ata o día de hoxe están xa confirmados 576 concertos dentro da Rede. 297 celebraranse nas salas da provincia de Pontevedra, 150 nas da Coruña, 71 nas de Lugo e 58 nas de Ourense.

A Rede Galega de Música ao Vivo botou a andar en febreiro de 2007 co obxectivo de consolidarse como un circuíto estábel de distribución musical que serva, ao tempo, de plataforma de promoción para os intérpretes e contribúa a optimizar a súa presenza en toda Galiza. A súa posta en marcha saldouse cun éxito notable, e supuxo a materialización dunha liña de actuación longamente demandada polos diferentes tipos de recintos que ofrecen música en directo para público reducido e á que poden acceder tanto as formacións emerxentes como outras máis consolidadas.

798 actuacións en 2007

Ao longo de 2007, a Rede Galega de Música ao Vivo programou un total de 798 concertos a cargo de 71 grupos e solistas de diferentes estilos nun total de 49 salas de toda Galiza. Máis de 37.000 persoas asistiron aos concertos, programados en 34 localidades.

www.igaem.xunta.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Marful, en Cuba como na casa
Xosé Bocixa entrevista a Ugia Pedreira, que forma parte da nosa representación musical na Feira da Habana.

A cantante de Marful asegura que se sente moi cómoda nese contexto, ao coñecer a Illa de primeira man, grazas á relación da súa familia coa emigración. A cantante actuou tanto co cuarteto que integra xunto a Marcos Teira e Pedro e Pablo Pascual como co seu proxecto Nordestin@s, onde conta coa colaboración de Guadi Galego na voz e Abe Rábade no piano. Actuaron no escenario Lecuona do Gran Teatro de La Habana, antigo Centro Galego.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os novos palandores

Xermán Viluba, fundador dos lendarios Skornabois, é agora a alma da Liga Nacional de Billarda, un deporte "enterrado e lapidado" que presentan como unha "disciplina moderna"

Andaba a marcear 2006. Alguén sobe ao Youtube imaxes da caída, baixo a furia do vento, do inmenso mastro con bandeira española que Francisco Vázquez dispuxera no Paseo Marítimo (antes Orzán). Tratábase dun incidente narrado case en directo pola aínda descoñecida TeleVaral. A sorrinte personaxe que sostén o micrófono non tardou en ser identificada polos surfeiros da rede musical do país: quen falaba era o fundador (con Emilio López, Villano & Barreira) e guitarrista dos lendarios Skornabois, Xermán Viluba. O caso era divertido, pero non unha carallada. As cámaras de TeleVaral estaban alí porque chegara á Coruña a competición da LNB, Liga Nacional de Billarda (ovaral.blogspot.com), que nacía ao gran público tras un bautismo tan casual coma espectacular. A billarda convoca hoxe mareas de adhesións e os torneos non deixan de vertebrar todo o territorio. O segredo? Se cadra dar conciliado sen complexos a festa, a reivindicación e o rigor deportivo. A LNB desafía os conceptos tradicionais de espectáculo e de participación e GALICIA HOXE quixo ser testemuña do seu éxito. Aproveitamos para que Xermán Viluba, alma da LNB e talento creativo que non ten paraxe, nos conte o que é o freak folk.



Xornalismo puro: quen, onde e cando comezou coa LNB, Liga Nacional de Billarda?
Arrincamos amparados só na xeada da chaira, asfisiados polos últimos anos do fraguismo. Nace a LNB nun campo enlamado de Bretoña; unhas semanas antes, no Bar Cantón de Lourenzá, unha célula deu forma ó que hoxe se coñece coma a Liga Nacional de Billarda. Non puidemos elixir mellor sitio, nacemos ó lado dos montes onde as bestas paren os seus poltros salvaxes.

Empezar logo se empeza, pero ¿cales son as vosas armas de resistencia para logrardes o grande éxito de difusión que alcanza a LNB?
Decidimos dende o principio romper as estruturas clásicas e redifinir un ideario novo rachando con termos coma "recuperar" ou "defender". Nós atacamos directamente armados con paláns e coa palabra. Recollemos un deporte enterrado e lapidado polas normas dos localismos estériles e presentámolo á sociedade coma ­unha disciplina moderna e dinámica capaz de competir a todos os niveis cos demais deportes de masas.

¿Coñecedes por Europa adiante, salvando os vascos, algún outro éxito homólogo, isto é, a fórmula nación sen Estado+deporte popular emerxente?
Creo que somos pioneiros, coas vantaxes e inconvenientes que isto ten. Non existen manuais escritos de como se fan estas cousas, aínda que de existir de seguro que os esnaquizabamos tamén. Cando empezamos, moi poucos pensaban que poderiamos chegar a dinamizar o deporte da billarda tal como o estamos a facer hoxe... e moitos menos aínda podían crer na dimensión internacional e internacionalista que sempre aventuramos. A LNB, mediante a Copa Cantábrica, mantén estruturas estables de colaboración con dous países sen Estado -Asturies e Euskal Herria- para dinamizar o deporte que chaman Lirio os asturianos e Txirikila os vascos: a nosa billarda. E mantemos contactos con Estados como Portugal, Alemaña, Italia e Croacia para, nun futuro, a Selección Galega de Billarda (popularmente coñecida coma A Auténtica) enfrontarse a esas potentes seleccións.

Apreciades interese nos poderes públicos pola LNB?
A LNB é a vangarda, as institución sempre irán detrás. A finais do ano pasado recibimos a distinción nos Premios do Deporte Galego pola mellor iniciativa en deporte tradicional. Foi, dende logo, o primeiro recoñecemento oficial do deporte da billarda, un feito histórico que agardamos sexa o primeiro paso para unha futura estrutura federativa. Pese a todos os esforzos realizados, as axudas que chegan á LNB son irrisorias en comparanza con outras actividades do ámbito tradicional que moitas veces subsisten e se inflan grazas a regos de cartos.

Sen que tipo de apoios non podería existir a Liga Nacional de Billarda?
Indiscutiblemente, sen a forza e a constancia dos palandores e palandoras sería imposible unha dimensión tal coma a acadada actualmente. A LNB é un explosivo compendio no que Carmiña ou Calvete, dous veteranos convertidos xa en mitos do noso deporte, son un referente para todos, incluídas as novas xeracións coas que compiten de ti a ti na pista de xogo. Sen complexos e cun horizonte claro e despexado, despois do big bang producido na comarca da Mariña, selamos un compromiso hai anos co vento mareiro da Coruña que no paseo de Riazor derrubou o mastro e rendeuno ante o poder das estrelas. A actual conferencia NorOeste e o viño dos furanchos co que a LNB vai dar a benvida á Conferencia Sur marcan ás claras que o noso gran batuxo navega imparable grazas ó continuo remar dos palanadores e palandoras das beiras cantábrica e atlántica.

Aínda que ultimamente non vos fai moita falta, que saídes en todos os sitios, aquí tes o micro, Xermán, se queres facer un chamamento.
Temos claro que todo isto é un proceso. Comezamos a bruar dende un blog na rede e por medio del e da forza na rúa puidemos chegar onde estamos hoxe. Por iso calquera weblog, radio libre, xornal local ou televisión local sempre terán, por parte de calquera membro da LNB, o mesmo trato que se fosen unha potente publicación ou unha radio ou televisión masivas. Pero xa que me pasas o micro me gustaría citar un parágrafo dun tema de Nación Reixa no que se pode resumir isto que acabo de comentar: polo andar xa se ve que somos xente seria e razoábel.

Cal é o teu/voso vínculo con Mafia gallega, que vos fixeron un tema de promoción ben potente?
Estamos totalmente impresionados do impacto brutal que está ter o seu tema A Billarda. Paco e eu coincidimos no Aberto por Reformas da Radio Galega. Aínda que vive en Xenebra, as súas raíces familiares son de Lourenzá e de Vilamartín-Pequeno. Foi cruzarmos unhas verbas e uns correos e a crew hip-hopeiro billardeira púxose a andar: enviáronnos ao pouco tempo este tema para o Myspace da LNB (por certo, calquera grupo pode apoiar aí a nosa revolución deportiva mediante o envío do seu estalo). Precisamente agora TELE-VARAL, a división audiovisual da LNB, está a traballar na produción do videoclip deste impresionate tema da Mafia Gallega. Agardamos que rule nas televisións galegas e suízas.

E xa que falamos de música, tres preguntas para empezar: que quedou dos Skornabois? Onde van os outros membros? Con que te identificas máis do que se fai aquí?
Penso que quedou un precioso xarrón con cinsas en forma dun explosivo disco, referente indispensable para entender a música galega nos 90. Hoxe cada un de nós desenvolve musicalmente as capacidades que máis ou menos despregabamos no grupo. Do panorama actual o gran reto é separar o gran da palla... coma outros, vexo agora moito aproveitado subido no carro de bois da música galega. Persoalmente gústame moito a electrónica que se está a facer no país. Destacaría tamén movidas coma a de escoitar.org, que dinamizan e dotan de entidade e de proxección o panorama sonoro galego, ata hai ben pouco circunscrito a trapalladas obsoletas.

¿Sería moito facer de funambulista buscar algún vínculo entre as dúas fundacións, a os Skornabois e a da LNB?
En absoluto, Skornabois e a LNB son froito da mesma relación de amor e odio entre a terra e o home, a cuestión é non perecer afogado entre tanta paixón.

Por que marchas de Safari Orquestra?
A Safari Orquestra nace coma un proxecto de estudio até que se decide levar a directo, que é cando eu abandono. O meu gran reto sempre foi o proceso creativo, naquel intre e no actual, no que tampouco atopo unha especial motivación por volver a subir a un escenario.

Que é Zimmer103?
De seguro que atallaría dicindo o que non é... sempre me fascinou a idea do francotirador, baixa fidelidade nunha guerra sen tregua para conseguir a produción perfecta, música en estado cru coma o neno rebelde que rasga cun coitelo no prato. Comecei a miña andaina cunha estartelada guitarra, aparcada dende había anos, realizando estraños movementos que nin eu mesmo era capaz de controlar nin de asimilar. Guindeino na rede e a crítica especializada deu en calificar ese desconcertante enxerto sonoro como Freak Folk. Decidín probar a meter os dedos no enchufe para crear un universo electrónico e particular cun sofware propio dunha tenda dos chineses. Así, cunha esencia de moinante e de autoestopista intergaláctico na procura da estridencia surxiu o meu actual son, o peculiar electro-folk alieníxena galego que impregna cada un dos meu esgarros.

Algún outro proxecto musical?
Estou tentando construír o meu segundo puzle sonoro despois do celebrado Ep Hatt Trick. A curto prazo estou inmerso no proxecto coordinado por MusicARTE para editar un CD con poemas de poetas galegos musicados. E milito ademais con ilusión na emerxente escena podcasteira galega dende o coñecido podcast Ouveos na Noite. Dentro de pouco sairá un ­e-book­ recopilatorio cos textos emitidos en audio no histórico programa da radio e-music da Cuac-FM.

www.galicia-hoxe.com





Conferencia Norleste

Conferencia Noroeste

http://www.myspace.com/LNBBILLARDA.

www.ovaral.blogspot.com

http://lnb-sur.blogspot.com/.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Crecente
Hoxe, martes, día 19/02/2008

O grupo "O Castriño" naceu para cumprir un soño: o de volver encher de música as rúas e aldeas da parroquia de Rebordechán, no concello de Crecente. Porque se algo lles gusta aos veciños deste lugar é a música, xa que a súa banda foi unha das máis coñecidas da bisbarra e, aínda que xa non existe, aínda viven moitos dos vellos músicos que conservan no peito un irrefreable desexo de tocar. Un amor pola música co que naceron e que non os ha abandonar nunca.

A banda tería cumprido cen anos en 2007 e nese ano decidiu botar a andar "O Castriño", un grupo de amigos e veciños entre os dez e os setenta anos, rapaces que aínda están na escola, amas de casa, xubilados e emprendedores como Ramón Lourido, que creou unha empresa de compostaxe de toxo para poder quedar na terra cando a maioría dos da súa idade se vía na obriga de emigrar.

"O Castriño" colleu o nome do lugar onde se xuntan cada verán, cando volven os que están fóra, para facer un xantar máis que festivo. Da xuntanza dos veciños, das permanentes ganas de festa e do pracer que senten coa música xurdiu este grupo de instrumentos tradicionais co que non teñen máis pretensión que pasalo ben todos xuntos e tocar cada vez un pouco mellor, como lembran en toda a redonda que facía a mítica banda de Rebordechán.


Neste Alalá aparecerá moita xente amiga de Malmequer, a ver que sorpresas ten o programa de hoxe...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2008 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas da Terra: 90 anos de Historia

EXPOSICIÓN: CÁNTIGAS DA TERRA 90 ANOS DE HISTORIA

Con motivo do seu XC Aniversario, Cántigas da Terra presenta unha exposición que ensina un percorrido pola historia cultural e artística do Laureado Coro, referente en toda Galicia, non só por posuír o arquivo de música tradicional máis completo da nosa terra, senón por espallar e difundir alén das fronteiras e sen interrupción ao longo da súa historia, a riqueza folclórica do pobo galego.

Lugar: Casa da Cultura de Salvador de Madariaga
Rúa Durán Loriga, A Coruña

Data da inauguración: 12 de Febreiro de 2008
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición 'A Nosa Voz'
A exposición 'A Nosa Voz' trae a Galicia as partituras máis antigas do himno galego

A exposición A Nosa Voz, instalada na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago ata finais de marzo, reúne por primeira vez en Galicia as dúas partituras máis antigas coñecidas do himno galego, depositadas no Arquivo da Banda Municipal de La Habana e descubertas co gallo da exposición.

Tratase dunha ocasión única, xa que "probablemente nunca máis se volvan reunir todas as pezas" orixinais relacionadas coa historia dos símbolos de Galicia. De feito, é a primeira vez que se poden ver en Galicia as partituras orixinais máis antigas, atopadas hai escasos meses no Arquivo da Banda Municipal de La Habana.

"En 1906, Pascual Veiga envíalle a Fontenla Leal a partitura con versión para orfeón e piano, pero morre sen poder corrixir nin facer outras versións".

Deste xeito, para a súa interpretación para banda, que se executou oficialmente o 20 de decembro de 1907, precisábanse os arranxos oportunos. Ata o de agora, a partitura máis antiga que se coñecía era a de Menéndez, datada de 1907, pero grazas á información achegada por Neira Vilas, localizouse na Habana unha partitura aínda anterior, asinada en 1906 por Felipe Pereira, e "a que posiblemente se interpretou".

Na Habana tamén se atoparon outras partichelas escritas para banda, localizadas na Sociedade de Beneficencia e descoñecidas ata o momento e que se está intentando datar.

A exposición simboliza "un abrazo sentimental e fraternal entre a emigración e Galicia".

Estas e outras reliquias relacionadas coa formación dos símbolos nacionais de Galicia poden verse ata marzo en Santiago, como a primeira bandeira que ondeou en Galicia e que cubría o cadáver de Curros Enríquez cando regresa á súa terra o 31 de marzo de 2008, hai agora cen anos.

O 90% das pezas proceden da Real Academia Galega, pero outra parte importante vén do outro lado do Atlántico. "Case todos os símbolos nacionais de todos os países están en museos militares; pero o himno galego non ten connotacións bélicas, só de identidade".

A exposición trata de poñer en valor tres dimensións orixinais do himno, como son a invocación á natureza, a chamada á cidadanía galega e a invocación á comunidade a través do himno céltico.

Gravacións, manuescritos, cartas...
As primeiras gravacións do himno, realizadas en discos de pizarra por agrupacións corais, a documentación do concurso de 1890, a partitura gañadora de Ivo Gotós, os manuscritos de Eduardo Pondal que mostran as fases de composición do poema, a correspondencia cruzada entre Fontenla Leal, Pondal e Pascual Veiga, e distintas edicións do poemario Queixumes dos pinos son algunhas das pezas expostas.

Forman parte da mostra obras de arte inspiradas na obra de Pondal e, á súa vez, libros que asentaron o relato céltico como mito fundacional de Galicia, no que se baseou o propio bardo.

Ademais, entre outros moitos obxectos, pódense atopar na mostra a batuta de Pascual Veiga, a gaita e a pandeireta de Fontenla Leal e fotografías dalgunhas formacións históricas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Chuvia (Ribeira 2008)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-02-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco De Victor Aneiros Band

En Matosinhos, moi preto do Porto (Portugal) o vindeiro 22 de febreiro, arrincará a nova xira da Víctor Aneiros Band .

O grupo do guitarrista e cantante ferrolán volve ao rodo musical para presentar o seu cuarto traballo, "Heroe secreto".

Como sempre, o blues é o ingrediente principal co que se cociñou este novo proxecto sonoro da banda, pero nesta ocasión hai unha novidade. «En Heroe secreto tiramos cara á mestizaxe e, ademais de blues, tamén hai algo de jazz e rock», explíca o cantante. Ademais, como xa fixo no seu anterior disco, Aneiros atrévese a cantar blues en galego. Ou como diría Eduardo Galán , «dalle outra oportunidade á música negra de alma galega». Para Víctor , ese atrevemento non é tan raro como puidese parecer, é máis, o músico nacido en Canido asegura que se sentiu como peixe na auga cantando na lingua da súa terra nai. «Parece que se cantas blues, tes que facelo en inglés e ser negro, e eu non creo para nada que sexa así; o galego paréceme perfecto para cantar blues», advirte Aneiros.

No disco, as letras do ferrolán conviven con outras de autores clásicos, como Rosalía de Castro (Soia), e contemporáneos, como o eumés Ramiro Fonte (Na barra). Para presentar estas e outras cancións, a Aneiros, sobre o escenario, acompañaranlle os seus músicos de sempre: Xacobe Martínez (contrabaixo), Manolo Gutiérrez (piano) e Marcos Sánchez (batería).

A presentación galega do novo disco de Victor Aneiros será na sala Breogain de Vigo o vindeiro 29 de febreiro.

www.victoraneirosband.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-02-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Skarnio
A banda vén de publicar o seu novo disco, 'O nosso caminho', autoeditado e con licencia copyleft. Quéixanse da "falta de compromiso" dos grupos do país.

Os seus dous primeiros álbumes, A filosofia da acçom da guerrilha urbana e Arredista, convertéronos en referentes do ska non só en Galiza, senón en toda a Península, con frecuentes actuacións nos países cataláns e en Portugal. Regresan con O nosso caminho, catorce novos temas que comezarán a presentar en marzo. No disco, autoeditado por Skárnio e distribuído con licenza copyleft en locais sociais e na rede, colaboran Juantxo (Skalariak), Almudena (Transilvanians), Mini (A Quenlla), Batuko Tabanka ou Senem (Xenreira). Nunhas semanas estará dispoñíbel para a súa descarga na súa web. En abril comezará a súa xira por Galiza (a segunda quincena están confirmados xa na Iguana de Vigo), pero mesmo antes realizarán algúns concertos en Cataluña.

Cal é o vosso caminho? De onde vén o título do álbum?
O título é un reflexo do que é o disco, vén da frase "a luita é o único caminho", o noso camiño. Somos un grupo reivindicativo e no disco tratamos todos os temas que nos preocupan, como a situación dos presos independentistas, os traballadores, ou a emigración da mocidade galega.

O disco está autoeditado por vós: necesidade ou aposta consciente?
Foi unha decisión moi pensada e moi atinada. Queríamos demostrar que se pode facer, e pódese. E non é doado; hai que sortear moitos obstáculos, entre elas as sociedades de autores. Non é doado chegar a unha fábrica cun disco autoeditado; as sociedades teñen ás fábricas absolutamente collidas e na meirande parte non podes facer os discos.

Cando se fala do bo momento da música galega, moita xente bota a faltar un meirande compromiso político nos grupos, semellante ao que existía no bravú. Estás dacordo?
Completamente. Entre os grupos galegos falta moitísimo compromiso con problemas do país. Ese compromiso só existe nunhas poucas bandas. Aínda máis, hai moitos grupos que cantan en galego que só o fan polas subvencións, para ter o apoio da administración.

Cres que é suficiente o apoio da administración ás bandas?
Pero é que eu non creo neses proxectos. Todo iso da rede de salas, da rede de locais de ensaio, paréceme totalmente ficticio. Ademais hai bandas coma nós, e moitos outros, que levamos moitos anos traballando e estánnos deixando de lado.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-02-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
A partitura máis antiga do Himno galego
O autor é un emigrante galego, Felipe Pereira, e todo indica que así foi como se estreou a obra en 1907

O arranxo orixinal manuscrito foi achado no arquivo da Banda Municipal de La Habana o ano pasado

A Xunta de Galicia presentou a partitura orixinal e manuscrita que, segundo todos os indicios, foi a versión do himno galego para banda que se utilizou para a súa estrea no teatro do Centro Galego da Habana o 7 de decembro de 1907. O autor deste arranxo é Felipe Pereira, un músico galego emigrado a Cuba, a quen lle faría o encargo Fontenla Leal, promotor e impulsor da existencia deste símbolo.
Esta partitura orixinal non se coñecía. E foi achada nos arquivos da Banda Municipal de La Habana cando, por mor da celebración do centenario do himno na capital cubana, os investigadores galegos buscaban materiais históricos para a exposición que se inaugurou o 19 de decembro na igrexa de San Domingos de Bonaval, onde segue aberta. Foi no marco desta mostra na que o seu comisario, Xosé Luís Axeitos, e o secretario xeral de Análise e Proxección da Presidencia, José Manuel Rivera Otero, mostraron esta partitura e o orixinal tamén manuscrito doutra versión que si se coñecía, a de Martín Menéndez, pero que tamén recuperaron agora na Habana.

Axeitos está convencido de que o arranxo de Pereira é o que usaron para interpretar por primeira vez o himno galego, porque está datado en 1906 e no ángulo superior dereito do manuscrito figura: propiedade de Fontenla Leal, escrito do seu puño e letra. Deduce que Fontenla encargoulle a versión porque Pascual Veiga acababa de falecer. A versión de Menéndez é de 1907, e o investigador pensa que non puido ser a que se interpretou na estrea porque fixo falta algún tempo de ensaios, e porque son arranxos para banda militar. Sabíase da súa existencia porque forma parte da obra editada por Fontenla leal en 1909 Apuntes, xunto con outro que fixo Ramón López Ejea, que como Menéndez formaba parte da Banda Municipal da Habana.

Se Pascual Veiga chegou a escribir a partitura para banda ou orquestra do himno galego non se coñece. Só existe, e consérvase, a versión para piano e orfeón que lle mandou a Cuba a Fontenla Leal dous días antes de falecer en Madrid, o 12 de xullo do 1906, cando ambos traballaban mar por medio no proxecto de poñerlle música ao poema de Pondal. Por iso, segundo Rivera Otero, cobra sentido o encargo que lle fixo a Felipe Pereira. Este músico tamén fixera uns anos antes unha versión musicada do poema hímnico de Armada Teixeiro, de 1886. Segundo Xosé Luís Axeitos, «todo apunta outra vez á intervención patriótica de Fontenla Leal, xa que algunhas destas versións descoñecidas ata hoxe pertencían aos fondos documentais que custodiaba o ferrolán». Cualifica este material como «algúns dos fetiches» da exposición, mentres que Rivera Otero considerou que son «unha reliquia identitaria», e defende a teoría de Axeitos de que esta é a partitura máis antiga do Himno «polos indicios razoables que existen, porque nunca se saberá con total seguridade», a non ser que se produza un achado insospeitado.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2008 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Certame A Coruña Son 2008
ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña.

Este certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promover a novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores. Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións.

A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo durante un concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega. Os autores que non foren seleccionados entre os dez participantes do obradoiro, así como outras persoas interesadas en asistiren ao Obradoiro de Canción Popular que será impartido por Santiago Auserón do 24 ao 28 de marzo na Coruña, teñen a posibilidade de se matricularen en calidade de alumnos oíntes.

Para formalizaren a matrícula, deberán seguir o proceso que se indicará proximamente na web do certame http://acorunason.eu

Podedes consultar as bases do certame aquí

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2008 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso galego de Maquetas 100 Pipers
A promoción iníciase o día 10 de decembro 2.007 e finaliza o día 28 de febreiro de 2008.

2.- A promoción comunicarase aos participantes a través da URL www.100pipersmusic.com

As maquetas únicamente poderán enviarse subindoas á páxina web www.100pipersmusic.com e a resolución do concurso desenvolveráse en dúas fases.

PREMIO

O grupo que resulte gañador gravará un disco nun estudo de gravación profesional e cun produtor de recoñecido prestixio, que será editado e comercializado polo selo Falcatruada tanto en formato CD como en álbum dixital.

O premio inclúe unha campaña de promoción do disco nos principais medios de comunicación estatais de música independente.

Bases completas
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Folclore para os namorados
A pesar de que o día dos namorados xa parece un recordo afastado, para os veciños da parroquia de Toutón, en Mondariz, non é así. Onte reviviron a xornada engadíndolle un toque de resaibo galego, dese que soa a gaitas e alalás, que destas cousas saben moito polas terras da auga. A edición número doce do Serán dous namorados volveu ser un éxito de público e bo humor que esta vez se alargou durante todo o día. A novidade de incluír comida contou cun gran número de seguidores, uns 150, que se achegaron a degustar churrasco e escoitar un pouco de música. Deste xeito puideron gozar de primeira man a particular procesión que organizan cos galos polos barrios da zona. Como sempre, ademais dos animais, estivo protagonizada polos reis da festa. Nesta ocasión foron Mingos e Karina os nenos que usaron o carro do burro a modo de trono para percorrer as rúas. Ao finalizar o percorrido leuse o testamento do galo, que repartiu entre os mozos a súa crista, patas e demais pedazos. Este punto foi practicamente o inicio da verdadeira «troula» que se aveciñou despois.

Máis de trinta grupos de folclore tradicional encargáronse de amenizar horas e horas de esmorga que as promotoras desta cita, as Pandereteiras de Toutón, gozaron de xeito abondo. A noite foi a encargada de levar á maioría de visitantes, axudados pola promesa de racións de churrasco gratis. «Collemos unha media de 400 quilos de costela porque as visitas non deixan de chegar», comentaba Susana Amoedo , unha das pandereteiras da zona. Mentres charla, de fondo escóitanse versos da saia de Carolina, un clásico que non escapa a ningunha boa festa polas terras galegas. Aínda que este foi só unha das moitas cancións tradicionais que se escoitaron ao longo da noite e a madrugada na parroquia de Mondariz.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2008 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 15 (Venres)
• Rasa Loba no Café D`Antón na Coruña
• Loretta Martin no Pub Leblon de Pontecaldelas
• Capitán Furilo no Pub Gatos de Melide
• Skacha e O Leo i Arremecaghona na sala Breogain (Vigo).
• Covalblú na Casa do Coto (Tomeza)
• Carmen Dor no Liceum do Porriño
• María Manuela no Centro Social da Rúa (Miño)
• Estalotada en Santiago de Compostela

Sábado 16
• Xose Manuel Budiño no Caixanova de Vigo
• The Homens no Auriense de Ourense.
• Capitán Furilo no Mardigras (A Coruña)
• Ataque Escampe e Cantareiras Xoaniñas na inauguración do C.S. Aturuxo en Boiro
• I Serán do Concello de Maceda (Ourense)
• Serán en Toutón (Mondariz)

Domingo 17
• Manifestación Galiza non se vende en Compostela
• Roteiro Camiña e Coñece en Vigo
• Humor Neghro no Centro Socio-cultural de San Sadurniño (A Coruña)
• Xose Manuel Budiño no Teatro Jofre de Ferrol

Axenda completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os seráns
Sábado 16 febreiro:
-Serán en Maceda (Ourense)
-Serán en Toutón (Mondariz)

Sábado 23 febreiro:
-Serán en Moreira (Soutomaior)

Sábado 1 marzo:
-Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Venres 7 marzo:
-Serán na Hermida (Pazos de Borbén)

Sábado 15 marzo:
-Serán en Borreiros (Gondomar)
-Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

Sábado 22 marzo:
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 29 marzo:
-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en San Pedro (Nigrán)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás


Calendario de seráns

Mapa de seráns
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-02-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (8/02/08)
Concurso:



Xurado:

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 15-02-2008 02:14
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do 2º día no Encontro dos Ancares

Despois de ter subidas as fotos do primeiro día do Encontro de pandeireta galega e asturiana celebrado nos Ancares agora tócalle o turno ao segundo día, xa fora do encontro e disfrutando das paisaxes, do bo ambiente, da boa compaña e da boa gastronomía.

Para lembrar os bos momentos daquel fin de semana...


Fotos do segundo día
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 02:13
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo de solicitudes de postos para a Festa da Reconquista de Vigo

Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco vello de Vigo lembran a todas as Asociacions Veciñais, Colectivos de interese social, Agrupacións Folclóricas, Agrupacións Deportivas,... e artesáns tradicionais, que está a piques de rematar o prazo de solicitudes para postos na Festa da Reconquista e na que teñen preferencia sobre o resto de solicitantes.

Así que xa sabedes, se queredes participar cun posto na Festa da Reconquista da Vila de Vigo o fin de semana do 29 e 30 de marzo poñedevos en Contacto coa Asociación Veciñal e Cultural Casco vello de Vigo no 986-439799 en horario de 18:00 a 20:00 ou no correo cascovellovigo@yahoo.es.

As bases das solicitudes están dipoñibles en www.avcascovello.com
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 02:11
# Ligazón permanente a este artigo
Nova concentración contra o galego na Coruña

O grupo denominado "Mesa por la Libertad Lingüística", convoca para a tarde deste venres no Obelisco da Coruña ás 20:00 outra concentración solicitando a derogación das normas a favor do galego no ensino.

Curiosamente estas concentracións rematarán dous días antes das eleccións...

Agardemos que desta vez sexan menos, e se hai concentración espontanea en contra, que esta sexa moi superior.

O que sucedeu na convocatoria anterior

E despois
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 02:11
# Ligazón permanente a este artigo
Camiña e Coñece en Vigo

O programa “Camiña e coñece” continúa o domingo cun percorrido dende Bouzas ata a vila romana de Toralla

O vindeiro domingo, 17 de febreiro, terá lugar a cuarto ruta do programa “Camiña e coñece”, que percorrerá a costa viguesa dende Bouzas ata Toralla. A saída será ás 10.30 horas dende o pantalán de embarcacións tradicionais da praia do Adro de Bouzas e a chegada está prevista ás 13.30 horas na vila romana de Toralla, dende onde haberá un servizo de autobuses para facilitar o retorno ao punto de partida.

“Con esta iniciativa, queremos potenciar os hábitos saudabeis e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da cidade”, salientou o concelleiro de Cultura, quen explicou que a participación nesta xornada, que xa é a cuarta que se leva a cabo dende que o programa foi iniciado en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuado en setembro pola senda do Lagares e en novembro polas mámoas de Candeán, é libre, gratuita e aberta a persoas de todas as idades.

Nesta ocasión as explicacións sobre o percorrido costeiro, que terá unha duración aproximada de tres horas, correrán a cargo de Braulio Puga, delegado de actividades da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, Pablo Carrera, director do Museo do Mar, Álvaro Santos Pérez, biólogo, e Fermín Pérez Losada, arqueólogo.

Durante o roteiro faranse seis paradas coas súas respectivas explicacións; a primeira no peirao de embarcacións tradicionais de Bouzas, despois da cal bordearase a praia do Adro de Bouzas; a segunda no castro de Punta do Muíño do Vento, aos pés do Museo do Mar, despois de pasar por debaixo do hotel Pazo Los Escudos; a terceira na praia de Samil, onde se explicarán os procesos de recuperación dunar, ao igual que na Xunqueira do Lagares e na praia do Vao. Finalmente, na vila romana de Toralla darase conta dos traballos de recuperación arqueolóxica que se están a levar a cabo nesta antiga residencia da época romana.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 15-02-2008 02:10
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Maceda (Ourense)
SERÁN DE MACEDA 2008

Sábado, 16 de febreiro
ás 19:00 horas

Cruce estrada Os Milagres
(Baixo Diego Quintas)

Asociación Cultural Maçaeda de Limia
Asociación Cultural "Chouteiros"
Asociación Cultural "Debanadoira"
Escola de Baile e Música "Rebulir" (Ramirás)
Centro Social de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-02-2008 02:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Centro Social no Barbanza
O sábado 16 de febreiro contamos con tod@s vós para apoiar e desfrutar con Aturuxo nesta data tan especial e pola que levamos agardando tanto tempo.

O local social está situado na Rúa Principal de Boiro no número 118.

Programa:

-Ás 19:30 comezamos con petiscos de balde
-Apresentación do local
-Proxección dun vídeo sobre o traballo de aturuxo
-Actuación das Xoaniñas (cantareiras)
-Gran concerto de Ataque Escampe
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-02-2008 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza non se vende

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.

Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, da túa voz e da túa forza

Galiza no ano 2008.
Ata aquí chegamos:

O litoral galego está a sufrir un proceso especulativo de urbanización e privatización sen precedentes que destrúe a paisaxe e dana irreversiblemente os seus recursos pesqueiros e marisqueiros.

A artificialización da costa e a continua construción de recheos (que, as máis das veces, constitúen terreo de balde para empresas que nada teñen que ver co mar), únense a uns niveis de contaminación nunca ata agora rexistrados nas nosas rías e a un Plan de Portos Deportivos absurdo que pretende crear en Galiza máis amarres que os que ten todo o longo litoral oeste de Italia, multiplicando por catro os que existen en Francia por cada quilómetro de costa: Privatización do que é de todos para disfrute e negocio duns poucos.

A esa desfeita temos que unir un Plan Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral para a construción de múltiples e enormes piscifactorías, para proveito de dúas empresas transnacionais.

Os nosos ríos viven un proceso de degradación e sobre explotación hidroeléctrica que se suma ao abandono total do rural e dos montes: eucalipto e lume.
Estes últimos son ademais víctimas dun desaforado Plan Eólico que non ten en conta áreas de alto valor ecolóxico nin mesmo protexidas.

Por outra banda en Galiza temos dúas das centrais térmicas máis contaminantes de Europa e exportamos máis do 40% da enerxía eléctrica que aquí se produce.

Todos estes Plans (piscifactorías, portos deportivos ou parques eólicos indiscriminados), non significan ningunha mellora para a cidadanía. Xeran un número ridículo de postos de traballo e a riqueza que producen vai parar só aos petos das grandes empresas, dos grandes capitais, sen repercutir practicamente nada no tecido económico e social do país. Pero si destrúen, degradan e usurpan o que é de todas e todos nós: o medio ambiente, os recursos naturais, a paisaxe e o territorio.

Outro Plan da Xunta, o da Minaría, é un triste modelo de espoliación do territorio. Significa, ademais, a destrución dun dos nosos tesouros naturais máis valiosos e máis queridos, un tesouro que chegara intacto ata nós: A Serra do Courel. Pero tamén a Terra Cha e moitas outras comarcas de Galiza sufrirán as súas consecuencias.

Un rosario de industrias perigosas segue a espallarse polo país.
Reganosa, na Ría do Ferrol, é un exemplo paradigmático de temeridade, irresponsabilidade e desprezo pola cidadanía. Ence segue, ano tras ano, contaminando gravemente a Ría de Pontevedra. O proxecto de Parque de Residuos no Ribeiro sinala o rumbo polo que nos queren levar. E a lista podería seguir e seguir. Beneficios para uns poucos e inseguridade, lixo e destrución para tod@s.

O modelo de transporte e de mobilidade que se está a perpetuar e fomentar é o do vehículo privado diante dun transporte público actualmente misérrimo. A construción de autovías e vías de alta capacidade (base e eixo vertebrador do mal chamado "Plan de Reequilibrio Territorial") supón un forte impacto no territorio e o uso do automóbil privado máis emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Quen vexa o ridículo mapa dos ferrocarrís de Galiza saberá do que estamos falando: Catro raias mal trazadas constitúen toda a nosa "rede ferroviaria". Lonxe de tentar remedialo, agora queren vendernos (como abelorios aos indios) o AVE como solución. Un negocio tamén destrutor do territorio, elitista, enerxeticamente insustentábel e que de ningún modo solucionará o problema da vertebración do país.

Por se todo isto fora pouco, os Concellos das nosas vilas e cidades andan a debuxar Plans Xerais de Ordenación que, lonxe de pretender mellorar a calidade de vida da cidadanía, consisten en ver quen constrúe máis.

Un alarde de urbanismo salvaxe que na maioría dos casos pretende duplicar, senón máis, o número de habitantes nun prazo de dez ou quince anos. Pouco ou nada se fala neses planos de servizos, transporte público, carril bici, depuradoras... Construír e destruír a contorna rural é o lema, atendendo a non se sabe que absurda previsión de crecemento demográfico.

Coa coartada da ampliación da Rede Natura 2000 baleirouse de contido todo o sistema anterior de espazos protexidos. Así, e só na provincia de Pontevedra, máis de 20.000 hectáreas de solo perderon toda a protección anterior. O patrimonio histórico, os nosos petroglifos, mámoas e monumentos líticos son presa da destrución máis feroz.

A legalidade urbanística e medioambiental é sistematica e impunemente vulnerada coa complicidade das distintas administracións, cando non pola súa propia actuación e iniciativa. O país reborda de obras, actuacións e proxectos ilegais protexidos e bendicidos polos nosos gobernantes. As sentencias firmes de derrubo, mesmo as do Tribunal Supremo, nunca son executadas, aumentando a sensación de impunidade de uns e a de burla e desprezo á cidadanía.

E que dicir da clase política: Silenciosos, cómplices e coautores da catástrofe. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos e subornan as ideas que din representar.

Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenrolo, crecemento... engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostible”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan.

Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e á miseria das próximas xeracións.

Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, da túa voz e da túa forza

Xuntos e firmes estaremos o 17 de febreiro en Compostela para defender a nosa paisaxe, a nosa natureza, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Xuntos e firmes, baixo o sol ou baixo a chuvia, será un domingo radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida futura e, por que non dicilo tamén, para o noso ameazado planeta.

O 17 DE FEBREIRO ESTAREMOS EN COMPOSTELA

GALIZA NON SE VENDE


www.galizanonsevende.org

www.adega.info
www.verdegaia.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
SondeSeu no Folkinferno das Rozas (Madrid)

Aventuras e desventuras de SondeSeu no Festival Folkinvierno do municipio de Las Rozas (Madrid) esta fin de semana pasada.

Collido dun foro de Música folK


Nunca mellor dito... Folkinferno...

E é que o visto neste fin de semana madrileño non o vimos ningún dos que fomos alí na nosa vida... como comentaba despois con algún compa... mira que nos anos que levo no allo toquei en sitios de autentica merda... e no que peor me trataron, tratáronme como un rei comparado con isto.

Empezamos pola chegada, á hora prevista, acompañada por unha "encargada" do teatro con acento cubano que nos fai meter os instrumentos nos camerinos con aire mestura entre hitleriano e condescendiente. Despois, comida normaliña (polo menos disto non houbo queixa) e ao tallo... pero hei aqui que ao pornos a iso, resulta que os de son pasáronse o rider que lles enviamos polo forro dos ovos. A metade do monitoraxe non está, media orquestra esta fora de sitio, e os do equipo non se panan de que vai o fregao. A pseudoencargada reconve ao tecnico de son porque "onde imos con tantos micros, que isto vai soar unha paletada", e solta lindezas como que "para as voces, poslle un par de micros de ambientes e soa bonito" ou que "se non sabemos tocar en acustico, que aprendamos". O caso é que o persoal esta afeito a cenutri@s deste percal (xente que nin sabe para que serve unha amplificacion, nin entende como funciona, nin comprende ningun tipo de manifestacion cultural que non sexa a que considera "elegante"), asi que basicamente o trato é o tipico: contratáronnos para o noso espectaculo, nós decidimos como soamos etc. O trato é despectivo ao extremo, chegando ao momento final de ter que plantarnos en que ou se nos coloca o equipo como esta especificado, ou non hai concerto.

Aparece en escena a concelleira de cultura do concello de Las Rózas. Tipa estirada con aspecto de Aida a de GH. De novo tonterias e problemas. Toda a santa tarde asi, escoitando argumentos da cubana (que actua coa concelleira cun peloteo absolutamente descarado e denigrante) na liña de "as frautas teñen que ir ali porque o escenario esta deseñado para que as frautas proxéctense ao publico" ... chámannos de todo, paletos zafios ignorantes e non se cantas cosas mais. Un tecnico de son, fai indicacións sobre o previo do arpa (O previo, que ademas de ser cojonudisimo, custa unha pasta aínda que el non vise un asi na súa vida) e cando se lle di que sabemos perfectamente como vai, descúlpase dicindo "que igual nunca tocaras cun equipo asi, e avisábache". Total, que ás trancas, a cousa arrinca.

O concerto transcorre ben... o publico vaise quentando, aos 4 temas temos palmas e aos 5 ou 6 xente bailoteando (por certo 17 euracos de entrada que pagaron paréceme unha brutalidade)... coa excepcion da concelleira (indubidable experta en son) e a encargada do teatro, que corren de arriba a abaixo gritando que esta altisimo e que estamos facendo unha fantochada. Chegamos ao ultimo tema. Publico de pé e "outra, outra"... empezamos coa "outra" e vemos que empezan a abrir as portas laterais da sala... estraño, pero bo... igual é para que a xente non se amontoe ao saír... de súpeto a xente levántase e empeza a saír a fume de carozo... vemos á concelleira e azafatas azuzando á xente... paramos de tocar... a "concelleira" sóbese ao escenario e reclama a berros que lle abran un microfono... cando llo abren, apenas quedan 5 ou 6 persoas na sala, mais os musicos... que escoitamos atonitos que "hai unha alarma de incendios" e "hai que evacuar por seguridade"... flipamos. O fume non existe, todo o edificio do teatro esta á vista e inspeccionable a unha simple ojeada... non coa. E menos cando a concelleira empeza co conto de que se viu a alguén fumando na platea e igual iso a disparo"... para que acto seguido o seu coleguita made in A Habana chegue e sen saber nada diga que foi nos camerinos da orquestra...

En fin... xa non sigo Simplemente que saibades que á Jambre a semana pasada fixéronlles outra pirula igual... e é que hai a quen non lle gusta que no "seu teatro" se tóque nada que non sexa musica clasica.

A ver que pasa con Kepa para a semana.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2008 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus á Noite do Trasno ......
Mozas e Mozos de Beluso non celebrará este ano o festival A Noite do Trasno

A asociación Mozas e Mozos de Beluso quere facer público que neste ano 2008 non organizará o festival A Noite do Trasno, unha cita que dende hai seis anos viña celebrando a segunda fin de semana de agosto no espazo natural de Cabo Udra (Bueu). Tras varios meses de reflexión e debate interno, co colectivo resolveu non levar a cabo o evento, aínda que si continuará co resto de actividades programadas durante o ano.

Os motivos polos que Mozas e Mozos tomou esta difícil decisión son de diversa índole. Por unha banda, dende a última edición de A Noite do Trasno foron bastantes os membros da asociación que, por motivos profesionais ou por outras cuestións, abandoaron o colectivo ou reduciron o seu grao de implicación, sen que se sumaran novos relevos que cubrisen tan importantes perdas.

Nos derradeiros anos, a organización sufriu asemade un considerable desgaste derivado das dificultades económicas e dos trámites administrativos para obter os permisos necesarios, se ben é certo que o esforzo deu os seus resultados e na actualidade tanto o Concello de Bueu como distintos departamentos da Xunta amosaron ó seu apoio ó festival. Sen embargo, a crecente profesionalización do evento derivada do afán por mellorar a súa calidade e cubrir as esixencias da administración (prevención de riscos, sistemas de evacuación, limpeza do recinto...) foi “queimando” ós membros da asociación, que se atopan cun grao de responsabilidade que supera o esperado dun colectivo sen ánimo de lucro.

No aspecto económico, o modelo de financiamento seguido ata o de agora está prácticamente esgotado, pois cada día resulta máis difícil a venda de material de “merchandaising” (camisolas, sudadeiras, etc.). Do mesmo xeito, o fenómeno do “botellón” minguou a recadación nas barras dos concertos, unha das principais fontes de ingresos.

Todas estas cuestións repercuten no desgaste dos membros da asociación, que neste intre precisan un descanso do enorme esforzo que implica a organización de A Noite do Trasno. Este 2008 será un ano de transición tras o que se valorará a posibilidade de retomar o festival ou emprender un novo proxecto.

Mozas e Mozos quere agradecer os apoios recibidos, sobre todo nos momentos máis duros, de familiares, administracións, colectivos e persoas individuais, en especial da asociación de veciños O Progreso de Beluso.

GABINETE DE COMUNICACIÓN
prensa@mozasemozos.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-02-2008 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado de Sonoro Maxín
KOMUNIKADO DE O SONORO MAXÍN A TENOR DA CANCELACIÓN DO FESTIVAL SKANTROIDO

A día 8 de febreiro, entre as 12:45 e 12:50 da mañá, Banda Bassotti e O Sonoro Maxín recibiron por esta orde unha chamada do responsable da empresa "Plantapromo" (Planta Baixa), encargada da organización do festival Skantroido para cancelar unilateralmente por motivos totalmente alleos ás dúas bandas o concerto que se ía celebrar menos de dez horas despois.

O Sonoro Maxín quere pedir desculpas á xente que pensaba asistir ao evento e quere reiterar a súa total incredulidade e falta de responsabilidade no tocante á cancelación do concerto.
Asimesmo queremos poñer os feitos en coñecemento da comunidade para que esta decida nun futuro se é conveniente ou non colaborar en eventos organizados por "Plantapromo" (Planta Baixa).

Agardamos estar moi cedo en Vigo e compensar á xente como mellor sabemos: tocando co corazón.

Sonoro Maxín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2008 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Casa do Coto
Voltan os concertos á Casa do Coto en Tomeza (Pontevedra)

Febreiro:

VENRES 15:
Actuación de "COVALBLÚ". Folk. Vigo. O redor das 23h.

O grupo Covalblú xorde en maio de 2007 como froito das inquedanzas que os seus cinco compoñentes amosan pola música tradicional galega. O seu traballo bebe directamente deste estilo musical apostando fortemente por un estilo moi persoal baseado na música de autor. Así no seu repertorio podemos atopar dende temas propios ata versións tradicionais o que fai desta formación unha continua búsqueda de sons novos e versátiles.

VENRES 22:
Actuación de "OPHIUSA". Folk. Santiago. O redor das 23h.

Marzo:

VENRES 7:
Actuación de "Tanto Nos Ten (TNT)". Música tradicional furtiva.
As letras dos seus temas, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.
abril:

VENRES 25:
Actuación de "GRAMOLA". Vilagarcía. Actuación prevista para as 23h.

Maio:

VENRES 9:
Actuación de "Os Chichisos". Ghaiteiros do país. Pontevedra. Actuación prevista para as 23 h.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2008 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
CIG segunda forza sindical na Galiza
A CIG confírmase como a segunda forza sindical na Galiza, segundo os datos da Consellaría de Traballo

A Consellaría de Traballo ven de confirmar os datos que desde a CIG xa se facían públicos, e que xa se anunciaban no pasado mes de xaneiro, que colocan á central sindical nacionalista CIG como segunda forza sindical no país.

Segundo estes datos oficiais, no proceso de eleccións sindicais que ía do 1 de xaneiro de 2004 ao 31 de decembro de 2007 a CIG obtivo un total de 5.628 delegados, superando a CCOO e ficando a 545 delegados e delegadas de UGT.

Este bo resultado electoral da CIG ven reafirmar a crecente confianza dos traballadores e traballadoras galegas no modelo sindical diferente que representa a CIG respecto do sindicalismo español, un sindicalismo galego, reivindicativo, de base, participativo e independente do poder. Confírmase tamén o incremento en cada proceso electoral da representación da CIG.

Neste proceso electoral escolléronse uns 2.000 delegados e delegadas máis, dos que a CIG obtivo a metade.

Este é o cadro definitivo que quedaría en número de delegados sindicais:

UGT 6.173
CIG 5.628
CCOO 5.588
Outros 2.306
Total 19.695

Primeira forza en Pontevedra

Atendendo a nivel provincial, a CIG é a primeira forza sindical na provincia de Pontevedra, con 2.548 delegados e delegadas.

Desde a CIG, xa se realizou unha avaliación moi positiva destes resultados nas eleccións sindicais, porque “ademais de situarnos como 2ª forza sindical en Galiza, colócanos nunha moi boa posición para acadar nos próximos catro anos o primeiro posto, superando nese período os delegados/as que nos separan de UGT”.

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2008 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer