Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vai de Baile (22/02/08)
Vai de Baile do 22 de febreiro de 2008

Bailadores da Telleira Vs Os Chapeludos

- Fase Concurso



- Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 29-02-2008 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 29 (Venres)
• Tino Baz no Liceum do Porriño
• Capitan Furilo na Iguana de Vigo
• Tres Peixes Voando en Ourense (Café Auriense)
• The Homens na Sala Clavicembalo de Lugo.
• 4º Encontro de Zanfona Contemporanea en Narón
• Projecto Miño no Taetro Jofre de Ferrol
• Víctor Aneiros Band e Eddy "el zurdo" Evans na Sala Breogain de Vigo
• Maria Manuela no Edificio Multiusos de Cea
• Foliada no Salasón de Cangas
• Zurrumalla no Furancho Mala Herba (Matamá-Vigo)
• Kiosko das almas perdidas no Teatro Rosalía da Coruña
• Galiza-Uruguai de Futbol Sala en Ferrol (21:00)

Sábado 1
• Homenaxe ao grupo lucense Os Montes ás 20:00, no Salón Rexio do Circulo das Artes de Lugo
• Som do Galpom no SalaSon (Cangas)
• The Homens na Sala DZine en San Sadurniño
• 4º Encontro de Zanfona Contemporanea en Narón
• Transilvanians no Clavicembalo de Lugo
• Lulavai no Batallón (Vigo) ás 21:00
• Maria Manuela na Sociedade O Pote de Maniños, Fene
• Kiosko das almas perdidas no Teatro Rosalía da Coruña
• Goran Bregovic no Centro Cultural Vila Flor de Guimarães (Portugal)
• Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Domingo 2
• Billarda All Star na pista da Zapateira (A Coruña) ás 12:00
• Malvela e Pepe Vaamonde Grupo na Festa do queixo de Arzúa
• 4º Encontro de Zanfona Contemporanea en Narón
• Germán Diaz + Matthias Loibner no Teatro Jofre de Ferrol
• Moxenas Musical Galego na S.C.D. Atlántida de Matamá ás 19:00
• Kiosko das almas perdidas no Teatro Rosalía da Coruña


Axenda completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 1 marzo:
-Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Venres 7 marzo:
-Serán na Hermida (Pazos de Borbén)

Sábado 15 marzo:
-Serán en Borreiros (Gondomar)
-Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
-Serán na Casa da Cultura do Grove

Sábado 22 marzo:
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 29 marzo:
-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en San Pedro (Nigrán)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello” en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
Serán no Porriño (Praza de S.Benito)

Sábado 14 de xuño
Serán en Romaríz (Soutomaior)


Calendario de seráns

Mapa de seráns

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Arbo e noite gastronómica
Subimos as fotos do Serán de Arbo do mes de Xaneiro e as da noite de degustación do cocido consecuencia deste Serán...

Serán de Arbo
Noite de cocido no Furancho da Balsa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-02-2008 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao mítico grupo lucense Os Montes
A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza o sábado día 1 de marzo ás 20:00 horas, no Salón Rexio do Circulo das Artes de Lugo, unha homenaxe ao mítico grupo lucense Os Montes.

Esta homenaxe enmarcase dentro das actividades organizadas por Cántigas e Frores co gallo do seu 60 aniversario e será un acto aberto ao público. O recoñecemento á laboura destes músicos, que durante décadas dignificaron a música tradicional, será a razón de ser deste encontro que contará coa presenza de Jaime Barreiro, Secundino Penado, Manuel R. Ferro e Manuel Redondo Piñeiro, todos eles membros de Os Montes e, auténticos protagonistas da xornada.

No transcurso da homenaxe representantes da Asociación Cultural Cántigas e Frores entregaranlles, aos excompoñentes de Os Montes, un agasallo conmemorativo como agradecemento ao seu traballo, co cal a cidade de Lugo puido presumir dun dos grupos de gaiteiros máis afamados do país. Durante o acto anunciarase a solicitude que, dende a Asociación Cultural Cántigas e Frores, se lle fixo ao Concello de Lugo para que unha rúa da cidade leve o nome de Os Montes.

Para rematar haberá unha actuación na que a Banda de Gaitas de Cántigas e Frores, o cuarteto Andaina (Lugo) e o cuarteto de gaitas de Cantigas e Frores interpretarán, entre outras, pezas do repertorio de Os Montes.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
IV Encontro de Zanfona contemporánea
IV ENCONTRO DE ZANFONA CONTEMPORÁNEA

Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista. O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana, será o 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.

Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas. O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo. Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.

Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.

Inclúese o espectáculo “Projecto Miño” presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.

O encontro complétase cun curso práctico intensivo de Valentin Clastrier no Mosteiro de Baltar (Narón) onde ensinará seu método para a técnica interpretativa da zanfona. Ademais das horas lectivas, será una magnífica ocasión para o intercambio de ideas e convivencia dos asistentes.

O sábado á noite no propio mosteiro organizarase un palco aberto a zanfonistas –solistas ou en formación con outros instrumentos- e jam session onde calquera instrumento será benvido. En fin, o mellor Encontro ate agora que pon a Ferrol e Narón no mapa da Europa zanfoneira cunha edición memorable.

Está organizado por la Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia, e promovido polos Padroados de Cultura dos concellos de Narón e Ferrol.

Mais información

HORARIOS:

- VERNES, 29 FEBREIRO. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30h

BALDO MARTÍNEZ GRAND ENSEMBLE. Concerto Projecto Miño.
Invitado: Valentin Clastrier

- SABADO, 1 MARZO. Mosteiro de Baltar. Narón

Curso con Valentin Clastrier. 10 - 19.30 h
Palco aberto para músicos / Jam session. 21.30h

- DOMINGO, 2 MARZO. Mosteiro de Baltar. Narón

Curso Valentin Clastrier. 10 – 14h
Concerto. Germán Díaz / Matthias Loibner. Teatro Jofre. 20.30 h.

PREZOS DE PARTICIPACIÓN:

-Curso: 70/60€ (asociados ao CMTF)
-Estancia:60€ (comidas/camas en réxime de albergue no Mosteiro Baltar máis transporte a concertos)

DETALLES DO ENCONTRO:

-CURSO DE PRAZAS LIMITADAS
-O curso inclúe entradas a concertos
-Estancia: dende venres 18 h ate domingo serán.
-Transporte: Bus entre o Teatro e o Mosteiro.
-Prazas para acompañantes (non atenden curso) existentes pero limitadas.
-Os músicos do palco aberto terán manutención de balde toda a fin de
semana.
-Inscrición para o palco aberto a info@folque.com

INSCRICIÓN:

correo electrónico: i.lopez@concellodenaron.com
Fax: 981 384 829
Tlf: 981391144

Para inscribirse no curso é necesario enviar un fax ou un correo electrónico cos seguintes datos:

- Nome e apelidos
- Correo electrónico
- Nº de teléfono
- Xustificante de ingreso na conta: 2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
BILLARDA ALL STARS 2008

BILLARDA ALL STARS 2008

Domingo 2 de marzo
Na pista da Zapateira da Coruña


http://ovaral.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro partido da selección galega de Futbol Sala en Ferrol

GALIZA-URUGUAI, O PRÓXIMO DÍA 29 DE FEBREIRO

A selección galega de fútbol sala debutará o próximo día 29 de febreiro (21:00 horas) no pavillón da Malata de Ferrol contra Uruguai

O prezo das entradas será de tres euros para os maiores de dezaseis anos –os menores terán entrada gratuíta pero deberán recoller a súa invitación, xa que o aforo é limitado e non é entrada libre -.

Para evitar aglomeracións o día do partido na taquilla do Pavillón da Malata, a organización decidiu que as entradas se poidan comprar a partir do luns 25 no Padroado de Deportes de Ferrol (de 08:00 a 15:00) así como no pavillón o xoves 28 de 17:00 a 21:00 horas.

Xa hai máis de dúas mil solicitudes para o partido logo da campaña de promoción que, entre a Dirección Xeral para o Deporte e as federacións galegas de fútbol e fútbol sala, se realizou entre todos os clubs galegos de fútbol sala para "convidar a todos e todas deportistas".

Haberá actividades complementarias que se teñen previsto facer ao marxe do encontro, entre as que destacan as visitas de ámbalas dúas seleccións a diferentes centros de ensino da cidade –o xoves 28 pola mañá-, así como a sinatura de autógrafos e a posibilidade de sacarse fotos cos compoñentes da selección galega tralo adestramento, tamén do xoves, a partires das 19:00 horas na sala anexa á pista do pavillón da Malata.

Os membros de Siareiros Galegos anunciaron a súa presenza masiva nas bancadas do pavillón da Malata e tamén prevén unha campaña a prol do recoñecemento do combinado desta disciplina. Polo de agora, xa deseñaron un cartel e traballan na organización de viaxes en bus até Ferrol

Programa:

- MÉRCORES 27.
Á noite chegada da Selección de Uruguai a Ferrol.

- XOVES 28
De 12:00 a 14:00 horas adestramento da Selección de Uruguai na Malata.
De 17:00 a 19:00 horas adestramento da Selección Galega na Malata.
Ás 19:00 horas en sala anexa á pista do pavillón da Malata sinatura de autógrafos e fotos da Selección Galega cos nenos e nenas asistentes ao adestramento
De 19:00 a 21:00 horas adestramento da Selección de Uruguai.

- VENRES 29
De 12:00 a 13:00 adestramento Selección Galega.
Pendente confirmación Uruguai.
A partir das 16:00 horas actividades na pista azul.
21:00 horas encontro GALIZA – URUGUAI.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
3ª Palheta Bendita em Santo Tirso (Miranda - Portugal)
A Associação Cultural Tirsense e os Gaiteiros da Ponte Velha organizam, nos próximos dias 1 e 2 de Março, a terceira edição do Palheta Bendita.

Este ano o evento direcciona-se para a construção de instrumentos musicais, cabeçudos e também para o serrote musical instrumento da tradição circense, do qual encontramos em Portugal vários intérpretes em famílias de saltimbancos. Dando sequência à origem do evento no programa também constará uma oficina de afinação de gaita-de-fole com o intuito de obter respostas às exigências do aperfeiçoamento da sua execução.

Realizar-se-ão as seguintes oficinas:
construção de aerofones com Carlos Guerreiro dos Gaiteiros de Lisboa, construção de pandeiros com Paulo Meirinhos dos Galandum Galundaina, serrote musical com Toni das Gaitas, manutenção de percussões com Nuno Encarnação e Paulo Capela,
uma oficina infantil de construção de cabeçudos com Eduarda Silva e afinação de gaita-de-fole com Miguel Costa.

No Sábado, dia 1 de Março à noite, decorrerá um jantar convívio entre todos os participantes e posteriormente haverá um serão com jam-session aberto a todos os que se queiram associar à festa.


Obradoiros:

Serrote Musical
Monitor: Toni das Gaitas

Construção de Aerofones (flautas, oboés, clarinetes, gaitas-de-fole, etc.).
Monitor: Carlos Guerreiro

Construção de Pandeiros Mirandeses
(Adufes)
Monitor: Paulo Meirinhos

Afinação de Gaita-de-fole
Monitor: Miguel Costa

Manutenção de Percussões
Monitores: Nuno Encarnação e Paulo Capela

Oficina Infantil de Cabeçudos
Monitor: Eduarda Silva


Inscrições e informações pormenorizadas em www.palhetabendita.net
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-02-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do queixo de Arzúa
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-02-2008 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
O punteiro afinable
O Obradoiro de Gaitas “Lis”, dirixido polo artesán Lis Latas Vilanova, xunto co responsable do control de calidade do mesmo, Pepe Vaamonde, presentan o domingo 2 de marzo, ás 12:00 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela (San Domingos de Bonaval, s/n), o punteiro afinable.

Este novo instrumento, desenvolvido e patentado polo mencionado Obradoiro, é nado da demanda continua dos músicos, por conseguiren un punteiro que lles dea amplitude de afinación e de compensación de xeito rápido e preciso, abrindo desta forma o abano de afinación a unhas maiores posibilidades das acadadas polo punteiro fixo tradicional.

O acto de presentación do punteiro, que conta coa colaboración inestimable do Museo do Pobo Galego, rematará coa interpretación dunha peza, utilizando este instrumento, por parte de cada un dos seguintes gaiteiros:

- Xosé Manuel Budiño - Ivan Costa - Edelmiro Fernández - Brais Monxardín - Anxo Lois Pintos - Pepe Vaamonde - Suso Vaamonde - Bruno Villamor

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Kiosko das almas perdidas
O 'Kiosco das almas perdidas' abre na Coruña.

A montaxe, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, estará no Teatro Rosalía os días 29 de febreiro, e 1 e 2 de marzo.


O Centro Coreográfico Galego busca abrir a danza a novos públicos, captando novos espectadores a través de novas linguaxes escénicas que mesturan distintas disciplinas e que procuran a conexión co público máis novo. A obra é froito da residencia de Roberto Oliván durante tres meses en Galicia, e está coproducido por Laboral Escena de Xixón. Para levar a cabo este proxecto Oliván reuniuse con profesionais de distintas disciplinas, buscando a colaboración entre eles.

A proposta conta con profesionais como Mercedes Peón a cargo da música, o Mago Antón na asesoría máxica, Baltasar Patiño na iluminación, Muriel Felix na videocreación, Roberto Magro ‘Tober' na dramaturxia ou Fiumfoto na videocreación. Sobre o escenario once bailaríns de distintas nacionalidades dan vida a uns personaxes que viven no límite, espidos de formas e regras.

Kiosco das almas perdidas xirará nos vindeiros meses polo Teatro Central de Sevilla, o Laboral Escena de Xixón ou o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro da programación do Festival Grec.

Presentación na Torre de Hércules
A presentación do espectáculo tivo lugar este martes nun acto que se desenvolveu nos exteriores da Torre de Hércules. Participaron a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; Roberto Oliván, director do espectáculo; e Mercedes Peón autora e intérprete da música, que mesmo actuou en directo, acompañada de Xosé Lois Romero. Con este xesto, o Centro Coreográfico Galego quixo amosar o seu apoio á candidatura deste monumento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Febreiro
29 de febreiro: Teatro Rosalía da Coruña (ESTREA)

Marzo
1 de marzo: Teatro Rosalía da Coruña
2 de marzo: Teatro Rosalía da Coruña
7 de marzo: Centro Cultural Caixanova de Vigo
8 de marzo: Centro Cultural Caixanova de Vigo
13 de marzo: Pazo da Cultura de Pontevedra
15 de marzo: Vilagarcía de Arousa
20 de marzo: Laboral Escena de Xixón
21 de marzo: Laboral Escena de Xixón
29 de marzo: Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela
30 de marzo: Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela

Abril
5 de abril: Auditorio Municipal de Narón
11 de abril: Teatro Manuel de Falla de Cádiz
18 de abril: Teatro Fortuny de Reus
19 de abril: Teatro Fortuny de Reus
25 de abril: Teatro Central de Sevilla
26 de abril: Teatro Central de Sevilla
30 de abril: Teatro Municipal Área Panorámica de Tui

Maio
6 de maio: Teatro Cánovas de Málaga
7 de maio: Teatro Cánovas de Málaga
10 de maio: Teatro Jofre de Ferrol
11 de maio: Teatro Jofre de Ferrol
16 de maio: Teatro Viriato de Viseu
17 de maio: Teatro Viriato de Viseu
23 de maio: Teatro Municipal Bergidum de Ponferrada

Xuño
6 de xuño: Teatro Principal de Ourense
7 de xuño: Teatro Principal de Ourense

Xullo
11 de xullo: Pazo da Cultura de Carballo
19 de xullo: Mercat de les Flors Festival Grec de Barcelona
20 de xullo: Mercat de les Flors Festival Grec de Barcelona

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
A Biblia en gaita
"O pentafol” recolle en seiscentas páxinas unha escolma única de partituras para gaita.

Catrocentas partituras de gaita do noso acervo tradicional, transcritas con dous métodos e catrocentos setenta e oito arquivos de audio en formato MP3. Isto é que o que achega “O pentafol”, unha monumental obra que o gaiteiro Alberte Sanmartín presentaba a pasada samana. A iniciativa, que nace con vocación de ser “a biblia dos gaiteiros”, amosa as posibilidades de recuperación da nosa música tradicional.

Pode semellar curioso, pero este moderno cancioneiro para gaita naceu no País Vasco. Máis concretamente no centro galego de Barakaldo, onde Alberte Sanmartín, fillo de emigrados, aprendeu primeiro e ensina agora o oficio de tocar a gaita. “Esta obra remata con dúas inquedanzas importantes que eu tiña”, explica o autor. “Cando eu aprendín a tocar no centro galego os gaiteiros tocaban temas bastante enxebres, especialmente da zona de Melide. Segundo foi pasando o tempo, moitos foron morrendo e eu mesmo fun anovando o repertorio. Logo a xente nova que entrou nas clases reclamaban cancións máis de autor, coma as de Pedro David Lamas ou Edelmiro Fernández. E entón atopas alumnos que non coñecen pezas de toda a vida, e tiven a teima e ilas recuperando e escribindo para que as puidesen aprender”, explica.

O contido

Deste xeito, máis de catrocentas composicións foron tomando corpo ata dar no “Pentafol”. “Había moitas máis. Escollín as que me parecían que tiñan máis beleza dentro do tradicional”, explica o autor. A tirar de memoria e cancioneiros, o Sanmartín foi escribindo as partituras destes temas. E polas dúbidas, empregou os dous sistemas de transcrición que existen hoxe en día para gaita. “A escrita musical da gaita non está unificada. Hainos que escriben en Re, como se facía antigamente, e agora semella que se está a impor a escrita en Do. Entón optei porque o libro fose escrito en Do e que no DVD tamén se puidesen ler en Re”, explica. Ademais, e mediante o controlador midi “Master gaita”, de Xosé Presedo, este compilador gravou en formato MP3 todas as pezas e incluíunas na obra. “Son samplers de gaita real, entón isto dá unha referencia de afinación perfecta e permite acompañar o instrumento ou mesmo aprender as cancións de ouvido. Mesmo nas cancións que teñen varias gaitas van gravacións por separado e conxuntas”, completa. A obra inclúe ademais varias letras de cantigas e mais unha selección de corenta fotografías que lle permiten ao lector coñecer visualmente os intérpretes dalgunhas das pezas, debidamente acreditadas.

O contexto de recuperación

O feito de que sexa de Euskadi de onde xorde este ambicioso proxecto, obriga á reflexión sobre como se está a desenvolver o proceso de recuperación de música tradicional no noso país. Sanmartín non dubida que se está a facer un grande labor neste sentido. “Penso que en Galicia están a se mover bastantes cousas. Hai moitos grupos que fan traballo de campo e penso que se fan ben. O que falla é a divulgación. Eu mesmo teño aquí catro Cds con recolleitas que van pasando de man en man entre particulares, e como estes hai outros materiais”, explica. “Estas cousas vanse espallando aos poucos, pero como en petit comité. Logo si hai xente que fai doazóns ao Arquivo Sonoro, como Pablo Carpintero, e facilitan o seu acceso público”. Canda a isto, iniciativas coma a colección “Os nosos gaiteiros”, na que Edicións do Cumio fai edición documentadas de diferentes grupos e solitas destes instrumento, o traballo de Ouvirmos a recuperar gravacións orixinais de antigos grupos ou os cadernos con partituras que publica Dos Acordes compoñen o groso de publicacións encol deste tema. “O panorama está ben, pero poida que falten medios ou apoio institucional”.

A iniciativa

Ante este panorama, cabe preguntarse como un particular coma el, cunha pequena editora, como é Inquedanzas, se animase a abordar un traballo de escrita que levou dous anos e medio (sen contar investigacións previas) e un proxecto de edición tan ambicioso coma é este volume de máis de seiscentas páxinas en grande formato. “Realmente este proxecto tivo moito de teimosía”, recoñece Sanmartín, apuntando a magnitude do proxecto “a metade de traballo vin que me metera nunha embarcada do carallo, pero unha vez que o fas, queres que teña un formato bonito e que se coñeza. E todo cun interese económico bastante baixo. “A editora puxo aí uns medios e un grande interese desde o comezo e ten recuperar uns cartos, pero a min realmente non me vai chegar case nada. De feito loitei moito para que se axustase o prezo ao máximo, ao tempo que quería que fose grande para que se puidese ler ben e que estivese ben feito. O libro púñase en noventa euros, e agora está en cincuenta, que para o que é, non está mal”.

Polo momento, o traballo está a ser moi ben acollido. “Está a me sorprender a aceptación que ten. Os gaiteiros moitas veces son críticos de máis co que fan outros, pero desta volta aínda non me chegaron críticas negativas”, apunta, apenas unha semana despois da presentación. Canda a este proxecto, semella que estamos a vivir bos tempos para os cancioneiros. A este “Pentafol” súmase a reedición por parte da Fundación Barrié de clásicos deste xénero coma o “Cancioneiro musical de Galicia” de Castro Sampedro, aínda en xaneiro deste ano ou o “Cancioneiro gallego” de Torner e Bal y Gay que fixera en 2007. É de agardar que a racha continúe e non nos falten volume dos que botar man se queremos aprender na casa a tocar, ou cantar, unha pezas.

www.culturagalega.org

O Pentafol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Descarga ao vivo na Habana
DESCARGA AO VIVO NA HABANA

Un grupo de músicos prepararon no ISA (instituto Social da Artes) un repertorio histórico galego-cubano tratado con liberdade creativa e interpretativa e con amplitude de estéticas sonoras.

Jazz latino e folc europeo remexido e que foi interpretado e grabado para posiblemente editar en formato de audio.

Músicos, bailaríns e artistas convidados procedentes de Galiza e Cuba baixo a direcición musical de Marcos Teira e Alejandro Vargas, con coreografía de Ardiel Vargas e Xabier Díaz e dirección artística de Ramón Pinheiro.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista Cerna
Xa está dispoñíbel o número 53 de CERNA, a revista de ADEGA.

CERNA é a revista ecoloxista con maior difusión en Galiza e a única adicada ao medio ambiente editada íntegramente en galego.

CERNA Nº 53

--- REGANOSA: a loita que non cesa (Belén Rodríguez)
-- LITORAL: o novo Plano Acuícola (Fins Eirexas)
-- ENTREVISTA: Rubén Cela, director xeral de xuventude
--- ENERXÍA: o futuro da enerxía solar en Galiza
-- RUÍDO: a contaminación do ruído (Euloxio Jiménez Cuesta)
-- BIODIVERSIDADE: a conservación da fauna entomolóxica de Galiza (Adela Figueroa)
-- ENTREVISTA: Xacobe Meléndez Fassbender, fotógrafo
-- EDUCACIÓN AMBIENTAL> I Congreso Internacional dos Países Lusófonos (Lorena Martínez)
-- O CIN "A Siradella" (Manuel Domínguez e María Sánchez)
-- Medio ambiente para mulleres no rural (María García)
-- PR: tomándolle o pulso ao río Tea (María Xosé Castro)
-- Deseño ecolóxico na vida cotiá (Ramsés Pérez)
--- LINGUA: A ecoloxía das linguas: o caso do galego (Fran Rei García)
--- LENDA: O Carballo da mestra (Florinda da Escusa


www.adega.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista Con Xúa!
Distintas orixes musicais e xeográficas coincidiron en Galiza para formar o grupo Xúa (lume en barallete). Unha formación nova, no que se refire ao seu tempo de vida, pero que está composta por músicos con dilatadas e importantes traxectorias artísticas

Nuria de León (voz, frautas e arpa), Vadzim Yukhnévich (acordeón e voz), Ramón Feáns (bouzouki e guitarras acústica e eléctrica), Pablo Pérez (baixo, contrabaixo e teclados) e Xacobe Gallego (batería) dan vida e alma a esta nova proposta musical.
Estes compoñentes de Xúa son músicos ben “rodados”, tras participar en distintos proxectos como os de Anubía, Paloma Suanzes, Ophiusa, Brath, Fia na Roca ou Driade.

¿Hai algún grupo, ou grupos, que consideredes como os vosos referentes?
Cando comezas nisto da música tendes inevitablemente a fixarte nun grupo ou dous en concreto, pola simple razón de que é a música que che gustaría facer, a que te move e te remove por dentro. É curioso porque, co paso do tempo e cando te involucras máis na historia, o que buscas é todo o contrario: non parecerte a ninguén e facer algo completamente novo. Despois daste de conta de que conseguir iso é practicamente imposible e ao que aspiras é a lograr un son identificable que, tendo influencias de aquí e de alá, soe a ti mesmo, a Xúa no noso caso. Que o público identifique o teu propio proxecto.

A idea de xuntarvos e formar este novo grupo ¿cando e de que xeito naceu?
Nós eramos a banda de directo de Anubía. Cando ese grupo se desfixo quedou un repertorio moi interesante sin gravar e nós decidimos facelo, aí comenzou todo.

Como nome para o grupo, ¿que vos fixo decidirvos por unha palabra do barallete?
Foi cousa de Nuria , a nosa cantante e arpa. Atopou un libro, unha especie de diccionario barallete-galego/galego-barallete do século XIX, e a partir de aí unha cousa levou a outra. O nome de Xúa gustounos porque se traduce como Lume. É un nome moi sonoro e resume un pouco a paixón ou o Lume que debería existir en calquera proceso creativo, como un disco por exemplo.

Ao panorama do folk galego ¿que pretendedes achegar?
Simplemente enriquecer, na medida do posible, a proposta musical do noso país, cun discurso musical directo e de calidade. Para comezar pensamos que xa é bastante. Cremos na recompensa do traballo ben feito e non no éxito rápido.

Á hora de traballar o voso repertorio non vos dan medo as fusións de estilos nin as mestizaxes ¿non?
O feito de que nas filas de Xúa milite Vadim, o noso acordeonista que é de Bielorusia, fainos afrontar ese tipo de cuestións con total naturalidade. De feito, no noso repertorio hai temas deste país, así como do cancioneiro tradicional sefardí. Mesmo un tema dos nosos “bises” en directo esta cantado en francés. Nese senso non rexeitamos nada sempre e cando, claro, sexa sin forzar. Non somos un grupo netamente de fusión, xa que a presenza da tradición musical galega é moi forte, pero somos un grupo aberto de mente.

A literatura ten tamén un importante peso nesta estrea discográfica ¿non?
Si, pasa un pouco como na anterior pregunta. No disco hai temas que teñen letra de escritores non galegos (como o uruguaio Eduardo Galeano ou Federico García Lorca) pero, naturalmente, non foron escollidos ao chou. Son letras que nos gustaron e polas que, nalgún caso, tivemos que pelexar bastante para poder incluílas no disco; máis que nada por asuntos burocráticos, pero é de todo premeditado. No caso do poema de Eduardo Galeano, pareceunos moi interesante o seu Pregón da lanterna máxica. É unha visión moi lúcida do mundo no que vivimos.

Contar cunha voz como a de Nuria é un luxo que aproveitades moi ben ¿non?
Tivemos claro desde o principio que este disco tiña que ser cantado. Aínda que hai un tema instrumental, a predominancia da voz é total. Se por riba, a voz é a de Nuria, ¡perfecto!

Faládenos das colaboracións doutros músicos que tamén aparecen neste primeiro disco de Xúa!
Tivemos a Maruxa Zaera tocando as pandeiretas, a Carlos Gómez coa percusión e a Paulo Gacio co saxo soprano e a frauta travesa. A verdade é que en todo momento se mostraron receptivos e houbo un clima de traballo excepcional. Só temos palabras de agradecemento para todos eles.

Da produción artística do disco preferistes encargarvos vós mesmos, en concreto Pablo Pérez. Ese traballo ¿pensades que é mellor facelo un mesmo?
Pablo foi quen artellou a maioría dos temas do disco. Foi un traballo de case un ano de ensaios e de darlle voltas aos temas unha e outra vez, así que tiñamos bastante claro como tiña que ser o resultado final. Iso permitíunos ter un control absoluto sobre o resultado final. E a verdade é que a discográfica non se meteu no plano artistico para nada.

O voso disco está publicado polo selo discográfico Sons Galiza. ¿Que tal vos trataron e vos tratan? ¿Estades contentos?
En xeral si. Como diciamos, deixáronnos plena liberdade no eido artístico. Se tiveramos que poñer un “pero” ese sería sen dúbida o da distribución, que consideramos moi importante nun grupo como o noso, que acaba de gravar seu primer disco e necesitamos que se nos coñeza. Nese senso deberían mellorar un pouco a súa cobertura.

De concertos ¿que tal andan as cousas?
Comenzamos o verán pasado cos circuítos Vai de Camiño, despois metímonos de cheo na gravación do disco, e agora faremos os concertos de presentación. De principio, a mediados do mes de marzo estaremos na FNAC da Coruña.

Unha vez publicado este primeiro traballo discográfico, as aspiracións ou obxectivos de futuro de Xúa! ¿cales son?

En principio tocar e presentarlle o grupo á xente, ese é o obxectivo máis próximo. Depois darlle continuidade ao proxecto e gravar un segundo disco, un terceiro... e ¿quen sabe? ¿vivir disto?

Iso significa que, na actualidade, os compoñentes de Xúa! compaxinades a vosa actividade con outras ocupacións, fóra do estritamente musical ¿non?
Por forza. A música neste país, polo de agora, non se pode considerar como un medio de vida; aínda que é unha profesión máis sacrificada do que a xente pensa. Menos mal que despois, nas actuacións, vese todo recompensado.

Daquela, o obxectivo da profesionalización ¿como queda de lonxe?
Pasaría por que houbera un bo sustrato a nivel cultural, con circuítos musicais estables e equitativos. Hai unha grande oferta de formacións, pero moitas delas terminan por disolverse por que non tocan. Galicia é un rincón do mundo no que desde marzo ata outubro, non deixa de programarse música en directo. É incrible que propostas musicais interesantes non teñan cabida neste tipo de eventos, mentres si a ten o artista estranxeiro de quenda. Pensamos que, organizándoo ben, habería sitio para todos.

Máis información en: www.myspace.com/xuamusica

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Escola Municipal de Música Tradicional
Novidades do Conservatoiro Folc da Escola de Artes e Oficios de Vigo

Este xoves 28 de febreiro ás 19:30 no auditorio do antigo reitorado da rúa Areal será a presentación pública do novo proxecto de Escola Municipal de Música Tradicional de Vigo, continuadora do Conservatorio Folc de Musica Tradicional da Escola de Artes e Oficios e que recollerá as clases impartidas naquel e dará continuidade a traverso da Fundación Sondeseu que será a responsble da súa xestión a partires de agora.

Nesta presentación daráse toda a información sobre a continuidade dos cursos e o profesorado.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Victor Aneiros

A Víctor Aneiros Band: “Non hai mellor letrista de blues que Rosalía”

Será a saudade, ou a morriña, ou talvez o clima, mais o caso é que sermos galegos fainos especialmente aptos para o blues. Polo menos, esa é a opinión do músico ferrolán Víctor Aneiros. O bluesman patrio iniciou no Porto a xira de presentación do seu último disco ‘Heroe Secreto’.


Integramente na lingua de Rosalía, o traballo mestura letras propias con insignes adaptacións de clásicos da literatura do país. Curros, Pimentel ou Amado Carballo póñenlle verso ao vello estilo musical afroamericano tocado desta volta desde Galiza por unha banda de xigantes da música que o día 29 poderemos escoitar na sala Breogain de Vigo

Non é herdeiro de escravos africanos. Non berrou no campo recollendo algodón, que saibamos. Nin sequera é negro. Moi pola contra naceu en Ferrol. Mais fai blues, en Galiza. E en galego. E iso non deixa de ser exótico. Porén, ao escoitalo, un dálle a razón sorprendentemente: temos unha lingua moi dotada para o blues. Ese rubor que incita o estilo en castelán ou en francés desaparece ao escoitar o ‘Soia’ de Rosalía cantado e musicado por Víctor Aneiros.

O bluesman galego iniciou en Porto a xira de presentación do seu último disco Heroe secreto, que acaban de tirar do prelo. O día 29 estará en Galiza, na sala Breogain de Vigo. Faino rodeado de músicos da altura de Manuel Gutiérrez, Marcos Yáñez e Xacobe Martínez, cos que montou a Víctor Aneiros Band.

A frase the blues fai referencia aos blue devils (espíritos caídos), Á tristeza. Unha das primeiras referencias a the blues pode atoparse na farsa Blue Devils, a farce in one act (1798) de George Colman . Posteriormente, durante o século XIX , esta frase foi usada eufemisticamente para facer referencia ao delirium trémens. A pesar de que a frase, na música afroamericana, poida ter un significado máis antigo testemuñouse que en 1912, en Memphis o músico W. C. Handy xa utilizaba (no seu tema Memphis Blues) o termo the blues para referirse a un estado de ánimo que os portugueses e os galegos denominariamos saudoso.

O blues evolucionou dunha música vogal sen acompañamento, interpretada por traballadores negros pobres, a unha gran variedade de subxéneros e estilos, con modificacións rexionais ao longo de todo Estados Unidos e, posteriormente, de Europa e África. As estruturas musicais e os estilos que están considerados hoxe día como o blues, así como na música country moderna, naceron nas mesmas rexións do sur de Estados Unidos durante o século XIX. Heroe secreto é canción negra feita por galegos. É negra sombra e metafísica rosaliana. Rompe coa falacia patriarcal da escritora chorona, ao tempo que ensina que o blues é moito máis que tristura.

A morriña fainos máis aptos para o blues?
Ser galego é moi de blues. O blues é unha música que non ten fronteiras, xa non é unha música americana. Nun principio si que o foi e utilizábano para reivindicar as súas cousas, pero hoxe en día xa non, porque ese espazo ocupouno por exemplo o rap. Esta é unha música universal.

Pasou o mesmo co rock e con outros estilos que naceron nos Estados Unidos, como o jazz, ou incluso o rap e o hip hop, que hoxe, ademais, conta con bos referentes na música galega, en Dios ke te Crew, por exemplo.
Si, pero no caso do blues vai especialmente ben con nós, coa forma que temos de ser os galegos. Ademais, o noso idioma préstase moito mellor que o castelán para ese tipo de música. É algo químico e rítmico moi diferenciado. E dígocho eu que fun educado no castelán.

Ferrolán de cidade...
Si, palabras maiores.

E que lle levou a mudar a lingua, desde ‘Que el blues te acompañe’ (1999), onde só había un par de temas en galego até o ‘Blues do amencer’ (2004), íntegramente no idioma?
O blues do amencer eran temas propios cantados en galego. Está moi ben o blues en inglés, pero para iso xa están eles que o fan moito mellor. A única forma que nós temos de competir con iso é facelo a partir das nosas propias vivencias, da nosa propia maneira de ver o mundo. O blues é un estado de ánimo, unha maneira de sentir. Todos estamos de acordo niso, non? Por iso acho que non hai nada mellor que facelo na lingua nai da terra.

En fin, Eric Clapton dicía que o blues non é máis que un home bo sentíndose mal.
É unha boa definición. Tamén eu lle diría outra da que gosto moito: O blues é esa canción que tocas na parte de atrás da casa.

Moi do vello blues.
E tamén me interesa a famosa frase que dicían naquela película, bastante comercial por outra banda, baseada na historia de Robert Johnson que vendía a súa alma ao diaño para facerse famoso.

Refírese a ‘Oh Brother’, dos irmáns Coen?
Esa. Na película preguntábanlle: “Que é para ti o blues?” E el dille: “É cando te lembras daquela moza que marchou e ti estás só”. Hai moitas definicións, pero debemos subliñar que o blues non é só tristura.

A saudade e a melancolía non teñen por que ser exactamente tristes.
Claro, o blues é un estado de ánimo moito máis complexo e con moitos máis matices.
Pero hai letras moi tristes en ‘Heroe secreto’, como a de ‘Miña bala perdida’.
Esa si que é unha letra triste. Moi triste. Cando a soidade toma copas soa nun bar. Os clásicos de soidades e tristuras.

Usar a Curros Enríquez como letrista de blues debe ser unha experiencia peculiar.
Pois creo que os clásicos das letras galegas callan moi ben no estilo. Un tema tan manido como o de ‘Unha noite na eira do trigo’, tan ligado á música galega que podiamos consideralo o verdadeiro himno de Galiza, funciona perfectamente para o blues. E é que se analizas o tema decátaste de que é xa un Blues en si.

E Rosalía e moi bluseira?
Pois acho que tras escoitar ‘Soia’ cheguei a pensar que non hai mellor letrista de blues que Rosalía. Máis blues que iso non hai. Estamos a falar dun galego decimonómico que non modifiquei en absoluto e a letra entrou na música e a música na letra como se estiveran feitas para estaren xuntas.

Presentan o disco en Portugal. Como ve a relación luso-galega? Seguimos de costas?
Eu véxoa moi ben. Nós xa fomos varias veces a festivais de Portugal. O primeiro foi hai tres anos e a xente sempre respondeu de marabilla. O ano pasado estivemos con Coco Montoya, unha estrela do blues e o público respondeu tan ben con nós como con el. E o propio Coco Montoya veu ao final a felicitarnos. E que veña un ianqui a che dicir que tocas blues con moito corazón é un eloxio inmenso. O que nos pasa aos galegos é que non valoramos o que temos e o que somos. E, o que é peor, penso que non hai nada que facer porque é a nosa condición. Somos derrotistas. Calquera cousa parécenos mellor que o noso, cando aquí hai cousas interesantes e de gran calidade. Ás veces ten que vir alguén de fóra a lembrarnos que somos bos. Vai con nós e é un pouco irremediábel.

E o panorama en Galiza vai mellorando?
Mellora, si. Están os clásicos de sempre, os Miki Nervio, uns bos amigos, pero tamén hai xente nova facendo blues. E a todo isto axuda que Galiza comeza a contar cun circuíto de música e máis movemento. Empézase a valorar a música. Os músicos que están comigo, por exemplo, teñen unha traxectoria excelente. Agora nótase que o problema principal viña de quen estaba antes no goberno.

Nota un gran cambio?
Vai lento, para que nos imos enganar, pero pouco a pouco vanse facendo proxectos interesantes.

Recoméndenos un local en Galiza?
Destacaría o Manteca Jazz de Vigo, porque ten unha programación boa, trata ben os músicos e goza dun encanto especial.

Cando á Big Band de Dizzy Gillespie se incorpora o percusionista cubano Chano Pozo, créase a primeira Gran Orquestra que compón, interpreta e grava Jazz Latino. Da colaboración destes dous grandes músicos xorde o que daquela foi un grande éxito e hoxe converteuse nun dos estándares deste xénero máis versionado: Manteca. A sala Manteca Jazz é unha homenaxe a estes e a todos os músicos, e especialmente á música en directo.

No caso do tema Unha noite na eira do trigo incluído en Heroe Secreto, a letra de Curros Enríquez aparece sorprendente como un blues de desacougo e tristura: No xardín unha noite sentada/ao refrexo do branco luar,/unha nena choraba sin trégolas/os desdés dun ingrato galán./I a coitada entre queixas decía:/“Xa no mundo non teño ninguén,/vou morrer e non ven os meus ollos/os olliños do meu doce ben”./Os seus ecos de malenconía/camiñaban nas alas do vento,/i o lamento/repetía:/“¡Vou morrer e non ven ao meu ben!”

Aneiros inicia a súa andaina polos anos 80 colaborando con distintas formacións de rock (Blancanieves, 39 Escalones ou Terminal Norte). O paso definitivo foi o momento en que decidiu formar a súa propia banda, Víctor Aneiros & Blue Notes. O seu traballo fusiona o blues clásico coas novas tendencias sen perder o esencial do estilo ao que pertence. A mediados dos 80, Roberto Leal –actor e director teatral arxentino– chámao para que compoña a música de ‘Eche veinte centavos en la ranura’. Nos 90 forma xunto á cantante canadense Julie Guravich Acceso Norte. E despois dun longo percorrido, en marzo do 99, coa colaboración do pianista Fran Rey (Julie Guravich Quartet) e Pablo Barreiro (técnico de son) grava na Radio Galega Que el blues te acompañe, editado en xullo do 2000 por Cambayá Records e distribuído por Alía discos.


www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Lembranzas da Ría xa está na arañeira global
Xa temos páxina web!

Podedes botarlle un vistazo en www.lembranzasdaria.com e coñecernos un pouco máis, saber algo da nosa historia, o que facemos, o que ofertamos, as distintas agrupacións que conforman a nosa Asociación, como porse en contacto connosco e enterarse dalgunhas novas, actuacións que teñamos ou actividades que organicemos... Visítanos!!


Un saúdo e grazas.


ASOCIACIÓN CULTURAL LEMBRANZAS DA RÍA
Outeiro de Balea nº8
Darbo 36949 Cangas do Morrazo



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Rosalia 21
Chega ROSALIA 21, un novo proxecto que nace no maxín de Abe Rábade (piano e composición), e no que tamén participan o poeta Anxo Angueira (voz recitada), Guadi Galego (voz), Jesús Santandreu (saxo tenor), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).

O proxecto en disco chegará ás tendas o día 11 de marzo, aínda que soou por vez primeira como parte do espectáculo multimedia no Teatro Malle de La Habana, coa presenza de Pablo Milanés, dentro das actividades da decimosétima Feira Internacional do Libro da cidade cubana.

Xa se pode escoitar un adianto no Myspace de Falcatruada.

www.myspace.com/falcatruada
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-02-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá de hoxe
Hoxe, martes, día 26/02/2008

Os protagonistas do programa Alalá deste martes son tres dos talentos máis importantes da música galega desde os anos setenta ata hoxe: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz de Cea, tres nomes, tres artistas, tres figuras de distintas xeracións, que pertenceron e pertencen a distintas formacións.

Hoxe queremos facer unha viaxe pola música galega dos últimos trinta anos e remataremos no proxecto en común que une a estes tres artistas, chámase Lizgairo e os seguidores de Alalá terán a oportunidade de velos e escoitalos nun pequeno concerto.

Falaremos con Rodrigo Romaní dos duros momentos que atravesou a música nos anos setenta, unha etapa en que apareceron os primeiros cantautores comprometidos coa canción galega. Rodrigo Romaní coñece a Antón Seoane e xuntos interésanse pola música medieval e os instrumentos antigos antes de comezar unha etapa de esplendor cunha formación coma Milladoiro que exportou o feito aquí; este grupo foi o referente para a seguinte xeración de músicos e, tras vinte e dous anos, Rodrigo Romaní emprende o camiño en solitario.

Nos anos oitenta a música tradicional comeza a rexurdir e valorarse. Anxo Pintos leva aos escenarios a estética do momento co grupo "Matto Congrio" e demostra ata onde podía chegar o folk que tiña un forte competidor co pop e o rock. Anos despois crea un dos grupos mais representativos de folk galego: Berrogüetto.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
II Circuito Cultural 4x4
A SEGUNDA EDICIÓN VOLVE APOSTAR POLA MÚSICA GALEGA DE CALIDADE

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural pon en marcha por segundo ano consecutivo o Circuito Cultura Vai 4x4, unha proposta de ciclos temáticos de música galega que a Consellaría ofrece aos concellos. Dezaseis grupos participan nesta programación divididos por estilos: Jazz, Canción de Autor, Tradisóns (música tradicional e folk) e Con-Fusións (tendencias actuais e vangarda).


O Circuito Cultura Vai 4x4 consta de catro ciclos con catro agrupacións musicais cada un, que os concellos poderán escoller para programar nas súas salas, teatros ou auditorios. A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural achega o 50% do custe de cada ciclo, mentres que cada concello ten que poñer o 50% restante. A Consellaría abre a posibilidade de que dous concellos próximos programen ciclos conxuntos.

Os concellos poden solicitar a súa participación desde o 1 ata o 20 de marzo. As actuacións desenvolveranse nos meses de abril, maio e xuño, e programaranse un máximo de 40 ciclos. O obxectivo é que o público de toda Galiza poida gozar de propostas artísticas de calidade contrastada e de gran diversidade estilística.

O Circuito Cultura Vai 4x4 aposta por axudar á valoración social do traballo artístico e pola profesionalización do sector musical galego. Para acadar estes obxectivos os concertos programaranse en formato ciclo, fóra da época de verán e en teatros, auditorios e recintos pechados, nos que se cobrará entrada.

Os catro ciclos que os concellos poden escoller para programar son os seguintes:

Canción de autor
Carmen Dor
Silvia Penide
Rosa Cedrón
Narf


Con-Fusións (tendencias actuais e vangarda)
Mercedes Peón
ISGA Collective
Leo Gianetto's Jazz Project
Víctor Aneiros Band


Tradisóns (música tradicional e folk)
Fía na Roca
Faltriqueira
Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
Quempallou


Jazz
Terela Gradín e Manuel Gutiérrez
Xacobe Martínez Antelo Quinteto
Abe Rábade Trío
Alberto Conde Trío


www.culturaedeporte.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
Búscanse «Froles mareliñas»
Froles mareliñas cumpre 50 anos. Para celebralo piden a colaboración de cantos pasaron polo grupo.

Logo de medio século de vida no grupo de danza Froles mareliñas decidiron que é tempo de botar unha ollada ao pasado sen perder de vista o futuro.

O obxectivo último é lograr que o feito ata a data non se perda no esquecemento. Con tal motivo, decidiron aproveitar tan redondo aniversario para realizar sendas exposicións gráfica e sonora, talvez publicar un libro e, desde logo, bailar e bailar.

Dispoñen de bastante material pero, sabedores de que hai moito máis, empezaron a buscalo por terra, mar e aire. A primeira medida foi crear unha comisión que se encargue de organizalo todo e da que forman parte, entre outros, Fernando Davila, Xurxo Cabaleiro e Miguel Martínez Salomón.

Desde o seu porto base, o Círculo Cultural Recreativo de Chapela, lanzaron un chamamento de socorro. Piden que todas aquelas persoas que poidan ter información, fotografías, vídeos, carteis de actuacións, anécdotas..., póñanse en contacto con eles (ccrchapela@lycos.es) para facerllo chegar.

Sabedores de que para embarcarse nun proxecto como este se necesita o concurso de moita xente, convocaron fai uns días ás persoas que nalgún momento da historia do grupo formaron parte del. Martínez Salomón, primeiro director de Froles mareliñas, recoñece que a resposta da xente sorprendeulles en positivo.

Ao longo destes 50 anos o grupo tivo os seus altos e os seus baixos, pero os sucesivos directores, a familia Cabaleiro Miralles ao completo (Ángel , Antón e agora Xurxo) mantiveron a filosofía inicial, profundando nas raíces culturais de Galicia. Desde aquela primeira actuación nas festas de Bouzas de 1958 choveu moito. Agora queren empaparse con retrincos de todo o vivido. Están dispostos a rebuscar ata no arquivo de No-Do. Sorte.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
IX Certame Folk Radio Obradoiro
O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, convoca a novena edición do Certame de música folk en Santiago de Compostela, segundo as seguintes bases:

I.- Poderán participar tódolos grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada.

II.- Non poderán tomar parte neste certame aqueles grupos/solistas que teñan asinado un contrato discográfico nin os gañadores das tres edicións anteriores.

III.- Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:

RADIO OBRADOIRO-EN CLAVE DE FOLK
Rúa Preguntoiro, 29
Santiago de Compostela - C.P. 15.704

No envío debe haber dous sobres.

- No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.

- No segundo, o boletín de inscripción, a fotocopia do D.N.I. de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono de contacto e o título das cancións así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.

IV.- Serán seleccionadas catro maquetas (número que pode variar en función da calidade da interpretación), que pasarán á final. A escolla correrá a cargo da organización, sen coñece-la identidade dos grupos/solistas. Non se terá en conta a calidade da maqueta.

V.- A organización do certame comunicará ós finalistas a data e a hora nas que deben realiza-las probas e a actuación. A orde establecerase por sorteo días antes da celebración do concurso. Se o grupo/solista convocado non puidera estar presente, fará o propio no seu lugar un suplente dos tres que se seleccionarán na fase previa.

VI.- Os finalistas deberán facilitar á organización o raider e datos sobre instrumentos ou calquera outro accesorio que necesiten para a realización da súa actuación. A organización comprométese a instalar o escenario así como un equipo de son e iluminación.

VII.- Na final os grupos/artistas seleccionados deberán interpretar tres temas, alomenos dous orixinais e inéditos (non teñen porque ser os da maqueta).

VIII.- A composición do xurado será feita pública cando a organización o considere axeitado. Serán cinco persoas relacionadas co mundo da música.

IX.- O premio consistirá na gravación dun CD para o primeiro clasificado. A organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O nome do grupo gañador farase público o mesmo día da realización da final. A organización poderá publicitalo en diferentes medios de comunicación. O premio poderá ser declarado deserto.

X.- O fallo do xurado será inapelable. A participación neste concurso implica o acatamento das bases, que están suxeitas a xustificadas modificacións. As maquetas poderán ser utilizadas por Radio Obradoiro para a súa difusión.

XI.- O prazo de recepción de maquetas remata o 29 de febreiro de 2008.


Boletín de inscrición
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-02-2008 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Arena Rock

Arena Rock agora chamado Arena Best Rock, o maior concurso de Bandas ibérico, volve!

As inscricións para o maior concurso de bandas ibérico están abertas ata o día 29 de Febreiro, estando a primeira eliminatoria prevista para o día 15 de Marzo e a grande final para o día 26 de Abril.

O Arena Best Rock 2008 estende as súas fronteiras e ten agora areas distribuídas por Portugal e España, volvendose así o primeiro concurso Ibérico.

Como na edición anterior, o Arena Best Rock 2008 está aberto a participantes de todo o mundo, con ou sen gravacións discográficas.
Na primeira edición participaron no Area Rock bandas procedentes de varios países, como: Portugal, Brasil, España, Estados Unidos e Arxentina.

Para esta edición xa está confirmado o premio da actuación no carismático festival galego Cultura Quente, en Caldas de Reis - www.culturaquente.com (Pontevedra). Brevemente serán anunciados os demais premios.

O regulamento xa está dispoñible online. www.arena-rock.com

INTERESADOS ENVIAR CD A:

La Fábrica de Chocolate
Trav. de Vigo, 18 Entlo B
36206 - Vigo (Pontevedra)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pecha A Casa do Coto (Tomeza)
Non me resulta nada fácil informarte do que segue:

Despois de 9 longos anos de funcionamento, chega o momento de anunciar o peche de A casa do Coto.

Foron 9 anos nos que pasaron moitas cousas: presentáronse moitos grupos, moitos discos, realizáronse moitas exposicións, algunha que outra festa ou xornada , …

A nivel persoal quédome con moitas noites de festa, moitos amigos, moitísimos recordos de momentos inesquecibles, moitísimas satisfaccións.

Non nos podemos despedir sen agradecerlle a tódolos grupos, asociacións culturais, artistas, amigos, camareiros e cociñeiras, veciños, … a súa colaboración desinteresada, sen a cal non serían posibles estes 9 anos de funcionamento.

Está previsto que A casa do Coto cese a súa actividade o próximo domingo día 9 de marzo, se ben está programada unha festa de despedida para o seguinte venres (14 de marzo).

Ata sempre.

Vicente Fernández
A casa do Coto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Alberte Sanmartín lega 400 vellas pezas de gaita
Un vasco con alma galega

Galicia conta desde fai poucos días cun novo libro recompilatorio de pezas de gaita que sumar aos xa históricos dous cancioneros elaborados por Casto Sampedro e Bal e Gai, coa diferenza de que o novo recolle tamén todas as partituras, escritas en re e do, en arquivos de audio en formato MP3.


Outro dato curioso é que Alberte Sanmartín Montaña, o autor de O pentafol, que así se chama este valioso libro cos pentagramas de máis de 400 pezas antigas para gaita, é un vasco con alma de galego, un bilbaíno fillo de emigrantes oriúndos de Becerreá e Cesuras.

Desde que aos sete anos empezou a bailar no grupo de danzas do Centro Galego de Barakaldo, Alberte non deixou de sentirse atraído pola gaita, iniciándose no instrumento de forma un tanto autodidacta. Iso non foi óbice para que chegase a ser un reputado instrumentista -finalista en varias edicións do concurso Constantino Bellón de Ferrol e gañador dos premios Vacaloura e Gaiteiro de Soutelo-, profesor de gaita e colaborador con artistas da talla de Kepa Junkera ou o grupo Oskorri.

«O pentafol -di Alberte- vén un pouco de atrás, de cando eu empecei con eses gaiteiros antigos que tocaban un repertorio de pezas tradicionais de grupos moi significativos de aquí, como eran Os Garceiras de Melide». O gaiteiro e profesor decatouse de que ese repertorio antigo estábase perdendo. «Ao ser o único núcleo activo que quedaba alí -recorda- e vendo que á xente gústanlle esas pezas tan enxebres, púxenme a escribir todos os temas que me parecen belos, enxebres e gardan toda esa tradición».

Sanmartín valeuse dos amigos que ten en Galicia e dos cancioneros existentes para o seu labor recompilatorio, escribindo mediante programas informáticos as partituras para logo, valéndose da mastergaita, gravar todos os arquivos en MP3. Así se bosquexou O pentafol, libro cunha encadernación de calidade cuxas 640 páxinas conteñen 418 partituras, 25 letras de cantigas e 28 imaxes de gaiteiros.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
A fusión galego-cubana enche o Teatro Mella da Habana
Os sons da emigración galega na illa vístense de contemporaneidade

Músicos galegos e cubanos recuperan no espectáculo Descarga ao vivo obras musicais de emigrados na illa. O combo estreouse a pasada noite no Teatro Mella da Habana, onde as butacas non só se encheron de público, senón tamén de satisfación. "Exquisito, impactante, diferente", expresaban os espectadores ao remate da sesión.

Os 12 músicos, metade galegos, metade cubanos, dirixidos por Ramón Pinheiro, foron gañándose con cada canción o público, cunha revisión contemporánea e 'jazzística' de alboradas, zarzuelas, rumbas, habaneras, danzóns, pasodobles, muiñeiras ou guajiras creados dende a morriña galega no Caribe, algúns deles inéditos, como O indiano de Ricardo Fortes Albarellos.

A ovación desatouse aínda máis ao saír á escena Pablo Milanés, que como convidado interpretou o poema de Curros Enríquez Aí vén o maio, musicado polo seu amigo Luis Emilio Batallán.

Os galegos Pedro Pascual ao acordeón, Edelmiro Fernández á gaita, Quim Farinha ao violín, Marcos Teira á guitarra flamenca, Óscar Fernández á zanfona e a voz de Xabier Díaz combináronse harmónicamente co piano, saxo, percusión, batería, contrabaixo e a guitarra dos cubanos Alejandro Vargas, Ernesto Vega, Edgar Martines, Raciel Jiménez, José Manuel Díaz e Diana Gutiérrez, do Instituto Superior de Artes de La Habana.

Ao escenario subiron tamén Guadi Galego e Ugia Pedreira, para interpretar o tema Miña ruliña. Pedreira lembrou que a fusión da música galega e da cubana era dunha "débeda pendente" tras tantos anos de convivencia. Pola súa banda, Díaz encargouse tamén da coreografía, xunto a Abdiel Vargas e Swanny Quivieiro, unha mestura de danza contemporánea e baile tradicional.

Patrimonio musical
A Alborada de Pascual Veiga, Un adiós a mariquiña, de Chané, Cuba-Galicia, de Guillermo M. Tomás, director da estrea do himno en 1907 na Habana, ou o Danzón de José F. Vide, fillo de galego e mulata, foron algúns dos temas que soaron.

Segundo Pinheiro, o espectáculo viaxará probablemente no mes de xuño a Galicia, onde se poderá coñecer este patrimonio musical galego-cubano, recuperado cunha nova ollada.

Trátase do primeiro proxecto de colaboración entre músicos galegos e cubanos, froito dun acordo entre a Xunta e o Instituto Superior de Arte de Cuba, con vixencia para os próximos dous anos. Por outra banda, Ramón Pinheiro editará o libro Los gallegos en la música de Cuba, que reunirá a historia musical dos galegos na illa recollidos durante a súa investigación.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Voto por correo nas eleccións xerais
Agora máis ca nunca, o 9 de marzo non pases de todo.

Para todos os que esteades fora ou non poidades estar a votar no día das eleccións.

Que hai que facer para votar por correo nas eleccións xerais do 9 de Marzo?

PROCEDEMENTO

AUSENTES

O elector pode formular a solicitude do voto por correo até o día 28 de febreiro.

A solicitude formularase persoalmente en calquera oficina de Correos de España, presentando o DOI, pasaporte ou permiso de conducir (os orixinais, non serve fotocopia destes documentos), até o día 28 de febreiro de 2008.

No caso de enfermidade ou incapacidade, cuxa existencia deberá acreditarse por medio de certificado médico oficial, a solicitude poderá ser efectuada por outra persoa autorizada notarial ou consularmente e sen que esta poida representar máis dun elector. A solicitude irá acompañada, neste caso, do certificado médico e da autorización sinalados.

O empregado de Correos que admita a solicitude estampará o carimbo de datas e a hora e minuto da admisión, tanto na cabeceira do documento como no resgardo xustificativo da admisión do envío certificado. O propio interesado pechará o sobre, que, ao ser gratuíto, non necesita franqueo.

Remisión do voto polos electores: até o día 5 de marzo.

Tras recibir a documentación no seu domicilio, o elector presentará o sobre modelo oficial, contendo co certificado de inscrición no Censo Electoral e o/s de votación no que se incluirá a/s papeleta/s, en calquera oficina de Correos, até o día 5 de marzo de 2008. O envío será cursado como correo certificado e urxente con carácter gratuíto.

TODO O PROCESO É GRATUITO.


RESIDENTES AUSENTES INSCRITOS NO CERA.

1. Os Consulados e Embaixadas expoñen as listas electorais vixentes no mesmo período que rexe para a exposición das listas do censo electoral en Galiza (do 22 de Xaneiro ao 28 de Febreiro).
Durante os días seguintes, poden presentarse reclamacións ante as Delegacións Provinciais da OCE ou Consulado, sobre a inclusión ou exclusión no censo, ou instar modificacións de algúns dados persoais, debendo realizarse pola persoa interesada. As reclamacións resólvense no prazo de tres días, notificándoche a resolución e publicando as rectificacións o día 3 de Marzo.

2. Até o 16 de Febreiro as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral envían de oficio a documentación para exercer o voto aos/ ás residentes ausentes.

3. Todos os e as residentes ausentes poden exercer o seu dereito ao voto persoalmente a través das Oficinas Consulares até o 2 de Marzo que despois tramitará o Ministerio de Asuntos Exteriores ou poden remitir o seu voto por correo certificado ata o 8 de Marzo ás Xuntas Electorais Provincias.

VIDEO DO BNG (ELECCIÓNS XERAIS 2008)

Eí vai o video do BNG rodado estes días en Pontevedra, podedes atopar nel a xente coñecida do mundiño festeiro.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2008 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (16/02/08)
Concurso:



Xurado:

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 22-02-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 22 (Venres)
• Xoán Rodríguez Proxect na sala Breogain (Vigo) ás 23:00, gravación do disco en directo "Contratempo"
• Ulträqäns no Pub Gatos en Melide
• Ophiusa (folc) na Casa do Coto (Tomeza)
• Ataque Escampe na sala Baranda do Barco de Valdeorras.
• O Combo Roxo no Café Xesteira (Ourense)
• Tino Baz no Centro Social de Bueu ás 22:00

Sábado 23
• The Homens na Sala Clavicembalo de Lugo.
• Loretta Martin no Ardora de Porto do Son
• Sonoro Maxín no Esmorga de Ourense
• Humor Neghro no Teatro Principal de Ourense
• María Manuela na casa da Cultura de Corcubión
• Sete Cuncas no furancho Mala Herba (Matamá-Vigo)
• Serán en Moreira (Soutomaior)

Domingo 24
• Domingo Polbeiro en Gondomar
• Humor Neghro no Teatro Principal de Ourense
• Transilvanians no Aturuxo (Bueu)


Axenda completa
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido nos Seráns de Regodobargo e Moscoso

Xa están subidas unhas fotos polas que andaba moita xente a agardar... os seráns de Regodobargo e de Moscoso.

Que teñen de especiais? que coincidiu co Entroido así que hai moita alegría engadida e os disfraces fixeron destes seráns algo distinto.

Que vos presten e que poidades botar un sorriso tamén.

Boa fin de semana a tod@s

Fotos dos Seráns de Regodobargo e Moscoso
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-02-2008 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

Día: 23 de Febreiro.Pateada: Cossourado
Saída Nº 79


Despois da virada atlántica e praieira polo Morrazo, emigramos ao interior. Ás doces terras do Coura. Unha parte coincide co Camiño de
Santiago.

Saída:
Día 23. Ás 9,30 horas nas Almas Perdidas (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)

Percorrido: Circular.

Duración aproximada: 7 / 8 horas

Dificultade: Baixa

Lugares de Interese:
O Castro da Cividade.
Ponte románica da Peorada
Marcos miliarios
Río Coura
Paisaxes, arquitectura popular, aldeas, bosques.

Saúdos
Congostra

Para contactar: congostra@hotmail.com ou tf: 646 848 872
Comentarios (2) - Categoría: Roteiros - Publicado o 22-02-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades do Furancho Mala Herba de Matamá (Vigo)
O "Colectivo Cultural Alternativo Malaherba" organiza un ciclo cultural denominado "CULTURA DE FURANCHO", este ciclo consta dunha serie de actuacións de moi variados estilos como son:

- Venres 22 de febreiro a partir das 23:30h "O MONOLOGO DE KUTXI"

- Sábado 23 de febreiro a partir das 23:00h "SETE CUNCAS" (grupo de música tradicional).

- Venres 29 de febreiro a partir das 23:00h "ZURRUMALLA" (grupo de música tradicional).

- Venres 7 de Marzo a partir das 23:00h "RITMOS AFRICANOS" (percusións)


O lugar das actuacións será o FURANCHO MALAHERBA situado na praza de san Mauro 22 - Matamá - VIGO (ao lado da capela de san Mauro).
(Recordar que os beneficios deste Furancho irán destinados para o festival SONS DA LAMEIRA, que terá lugar en Matamá os días 18 e 19 de xullo).

(SE ALGUEN ESTA INTERESAD@ EN ACTUAR NESTE CICLO CULTURAL SÓ TEN QUE PASARSE POLO FURANCHO OS VENRES OU OS SABADOS)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Harry Potter en galego
Un bo agasallo para os rapaces, Harry Potter en galego

Este xoves é un día moi especial para os fans do pequeno mago: ás 18.30 chega ás librarías en galego 'Harry Potter e as reliquias da morte'.


A última entrega da serie de novelas que fixo famosa a J. K. Rowling estará nas librarías en galego, editada por Galaxia, dende a tarde deste xoves 21 de febreiro. A obra é editada na nosa lingua ao tempo que en castelán e catalán.

Para celebrar este lanzamento, Galaxia organiza unha serie de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo: unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter haberá concurso de disfraces e mais unha charla a cargo dun grupo de lectores e coñecedores do personaxe. Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega.

Esta última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, foi traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo traduciu, pola súa parte, a anterior, Harry Potter e o misterio do príncipe. Nesta última novela, continúan os acontecementos que comezaran nesta previa, e remata co enfrontamento final, entre o heroe e o mago Lord Voldemort.

O compromiso entre os editores é ofrecer aos seus lectores as obras ao mesmo tempo nas tres linguas, de xeito que os lectores galegos poidan acceder á novela J. K. Rowling nas mesmas datas que calquera outro lector do estado español. Do mesmo xeito, Galaxia fixo que as novelas de Paul Auster, Martin Amis, Andrea Camilleri ou Daniel Kehlmann sexan publicadas á par que as outras linguas europeas

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer