Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tanxedoras en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro CD`Corasons´ na Illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Toc Toc (Pablo Díaz) no FNAC da Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Orquesta Gharbo! en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Discos da Máquina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Liska! en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
I Premios galegos da música


Este venres coñeceremos os gañadores dos premios

Pontevedra prepárase para acoller a gala de entrega de premios con proxeccións musicais na cidade vella durante as horas previas mentres o escultor Víctor Lorenzo remata no seu taller os últimos detalles das estatuíñas.

O Pazo da Cultura de Pontevedra prepárase xa para acoller a gala de entrega dos I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX, un momento histórico que encherá por fin o incompresible baleiro que existía ata o de agora no sector musical galego. Será ás 21 horas cando dea comezo a ceremonia, que conta coa dirección artística do grupo de teatro Chévere, e na que están aseguradas as gargalladas e tamén unha certeira reflexión sobre o panorama da música en Galicia, dende a particular óptica destes veteranos da parodia máis intelixente. Acompañando aos seus sketches, haberá música, composta para a ocasión, con diferentes instrumentacións e sonoridades que axudarán a reforzar cada mensaxe: electrónica cun Dj, un trío de percusionistas, piano, e trío eléctrico. Para rematar a gala, teñen preparada unha sorpresa musical coa que pretenden simbolizar o futuro da música en Galicia.

A organización de Músicos ao Vivo decidiu non contar nesta primeira gala coa actuación de ningún grupo musical concreto, para trasladar dunha forma clara e visible a filosofía inclusiva dos premios, onde todos os músicos, famosos ou anónimos, teñen o mesmo protagonismo neste proxecto que desde a súa web www.premiosgalegosdamusica.com se converteron xa, sen pretendelo, na plataforma de música galega máis importante ata o de agora. Neste sentido, O voceiro de MAV, Xacobe Martínez Antelo, valora o certame como un éxito e agarda que serva para que “a enorme produción e creación musical da que gozamos en Galicia nestes momentos chegue a todos os sectores da poboación” e engade que “de momento xa serviron para visibilizar a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas”.

As estatuíñas dos premios

As esculturas de madeira que se lles entregarán aos premiados despertaron moito interese na súa presentación oficial, que tivo lugar durante a festa de nomeados celebrada o pasado 15 de novembro nas instalación das Bodegas Martín Códax, principal patrocinador do certame. celebrada﷽as pezas ocinador do certame. de nomeados que se celebrou o pasado 15 de novembro nas instalaci nO autor destas pezas é Víctor Lorenzo, que desde a súa dobre condición de músico e escultor perfilouse dende o comezo como o artista perfecto para comprender e materializar este delicado encargo, destinado a encher de simbolismo un momento ilusionante e histórico. Estes días, Víctor Lorenzo ultima no seu taller de Nigrán os pequenos detalles das estatuíñas que se entregarán na gala do venres, unha colección de 14 figuras de 45 cm de alto en madeira de cedro que el bautizou como ‘Os Melómanos’; e que son 7 homes e 7 mulleres, que teñen en común a factura grosa que resulta do seu bestial xeito de achegarse á madeira: motoserra en man, tirando as aristas sobrantes a cada anaco de madeira previamente marcado cunha plantilla.

Os gañadores

Os afortunados que se leven unha destas pezas a casa terán que saír da lista de finalistas feita pública despois da primeira rolda de votacións, pero desde a organización dos premios consideran que “gañadores son todos os que fixeron parte deste proxecto achegándonos a súa música e construíndo canda nós este fito, que marca un antes e un despois na música galega”. Os Premios Galegos da Música Martín Códax lograron dar visibilidade a 3 proxectos por cada unha das 13 categorías convocadas. En total, botaron luz sobre 39 proxectos musicais galegos actuais e en activo, garantindo así a transcendencia mediática e o potencial tan diverso da música galega, así como a súa tradución ao mercado musical do momento, tanto o discográfico como o da música ao vivo. Os socios de Músicos ao Vivo remataron onte, martes 10 de decembro, a segunda rolda de votacións destinada a escoller os gañadores das 13 categorías elixibles. Porén, non será ata o momento da gala cando se coñezan os nomes dos trunfadores, que deberán saír de entre estes finalistas:

Pop e indie
- Xoel López
- Eladio y Los Seres Queridos
- TERELAND

Rock, blues, funk &soul
- NARF
- Cró!
- Foxy Freire

Jazz e músicas improvisadas
- Abe Rábade Trío
- Marcos Pin Factor E-Reset
- Paco Charlín "Flood"

Hip-Hop e músicas urbanas
- Dios ke te Crew
- Wöyza
- García MC

Música clásica e contemporánea
- Taller Atlántico Contemporáneo
- Orquestra Vigo 430
- Vertixe Sonora Ensemble

Folque
- Berrogüetto
- Cuarteto Caramuxo
- Caxade

Música tradicional galega
- Treixadura
- Davide Salvado Trío
- Cantigas e Agarimos


Músicas do mundo

- Banda Crebinsky
- 2us
- Germán Díaz Método Cardiofónico

Música infantil
- Mamá Cabra
- A Nena e o GrilonunBarquiño
- Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

Electrónica
- Das Kapital
- Aquofono
- Sub Rosa

Metal
- Machina
- Nao
- Tálesien

Reggae, ska&mestizaxe
- Transilvanians
- Dakidarría
- Cuchufellos

Orquestras, grupos e música de verbena
- A Magnifique Bande
- Os da Ría
- Orquestra Os Modernos

Premio Honorífico Músicos Ao Vivo

Ademais, o venres entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo a toda a carreira artística de un/unha músic@ galeg@, que este ano recollerá Antonio Cruz Arévalo “Peri”. A decisión, tomada por unanimidade, premia a traxectoria exemplar de tantos músios anónimos, neste caso a do ‘Peri’, que sempre foi de retaguardia, de sombra, desa última copa co local pechado, e nunca demandou focos, atención, nin titulares. Aquel batería que con 17 anos marchou de Galicia porque o arzobispado prohibía facer música 45 días seguidos por cuestións de axendas divinas, non parou máis. Para os que hoxe se dedican á música de xeito profesional, botar a vista atrás e recoñecerse nun batería que polo ano 1958 xa andaba enleado en métodos, estudios, ensaios, gravacións, xiras, etc... fai que se sintan parte dese mesmo motor que leva tirando de tantos músicos xeracións tras xeracións. Nos I Premios Galegos da Música Martín Códax tócanos recoñecer a un músico que sempre tivo as portas abertas ao resto dos músicos, foran de onde foran, e viñeran de onde viñeran. Un batería que pasaba pasmosamente de profesor a alumno nun abrir e pechar de ollos. Un tipo inmenso, cun corazón de tumbao, e cunha mirada de rumba, que aínda hoxe, pasados os 70 anos, fala de música e resplandece. Este premio será entregado por Juan Vázquez Gancedo, director das Bodegas Martín Códax -principal patrocinador do certame-; e Luis Mendo, representante da entidade colaboradora dos premios, AIE (Asociación de Intérpretes e Executantes).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Presentaci​ón do libro - Treboada galega - na Guarda
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-12-2013 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas da Música nas Artes (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-12-2013 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Percusión na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade)
A AGG organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha xornada de percusión na Casa da Gaita, na que ademais haberá tempo para lembrar ao insigne gaiteiro Ricardo Portela, primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

O programa será o seguinte:

10:30 h Charla: “Análise dos patróns rítmicos empregados na percusión tradicional galega no século XX”. Cristian Silva

11:15 h Charla: “A orixe da percusión tradicional galega”. Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

12:00 h Descanso

12:15 h Mesa Redonda: “Percusión Tradicional; presente e futuro” con Xaquín Xesteira “Xocas”, Francisco Estévez “Chuco” , Xosé Lois Romero e Cristian Silva

13:15 h Charla – Concerto: “Ricardo Portela, clase e mestría. Un antes e un despois no eido da gaita galega” con Álvaro Novegil

Previo á charla sobre Ricardo Portela, poderemos escoitar a Xan López compañeiro da Xunta Directiva da AGG xunto con Portela, unhas verbas sobre o seu amigo e compañeiro.

A inscrición será gratuíta e deberá facerse a través do teléfono 986 84 70 74 ou secretaria@gaiteirosgalegos.com

Lugar: Casa da Gaita, Lugar de Quintán 3, Viascón - Cotobade (detrás do bar Casa Manolo)

Posterior á xornada, organizamos unha comida en Casa Manolo consistente en sopa, cocido, bebida, postre e café por un prezo de 10€, poderá asisitir quen o desexe previa reserva.

Unha xornada que non ten desperdicio, na que a aprendizaxe e a troula están garanrizadas, non faltedes!!!

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-12-2013 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou en Vigo
Hoxe xoves 12 de decembro abrirá en Vigo a tapería Folc "Retranca", na rúa San Vicente (Casco Vello), e terá como concerto de inauguración ao grupo Quempallou ás 22:30.

De balde
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2013 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (Luns)

Terza feira 10 (Martes)

Corta feira 11 (Mércores)

Quinta feira 12 (Xoves)
• Caxade e Manel na Sala Capitol (Compostela) ás 22:00

Sexta feira 13 (Venres)
• Toc Toc (Pablo Díaz) no FNAC da Coruña ás 18:00
• Caxade e Manel na Sala Master Club (Vigo) ás 22:00
• Bolboreta na sala A Reserva (Carballo) ás 23:00
• Das Kapital e The Lost Omelette Makers na Gentalha do Pichel (Compostela)

Sábado 14
• Xornada de Percusión na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade)
• Toc Toc (Pablo Díaz) en Porto do Son ás 18:00
• Orquesta Gharbo! no Auditorio Municipal de Rianxo Ás 20:30
• Nova Galega de Danza no Auditorio municipal de Narón
• Caxade e Manel no Playa Club(A Coruña) ás 00:00
• Machina na Fundación Artabria (Ferrol)
• Liska! na Fabrica de Chocolate (Vigo)
• Grampoder e Ataque Escampe na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Foliada no Aturuxo (Bueu)

Domingo 15
• Serán en Mondariz, diante da igrexa ás 17:00
• Orfeón mariñeiro do Berbés no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2013 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Camarada Nimoy en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2013 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión Folc no Moraima (Vigo)
Este xoves 5 de Decembro terá lugar ás 21:45 no Café Bar Moraima (Rúa Torrecedeira 103 - Vigo) un pequeno concerto de Abraham Fernández (gaita), Samuel Soto (bouzouki) e Alberto Sánchez (acordeón) seguido por unha sesión de folk á que está invitado a participar todo o mundo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2013 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Burela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2013 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Machina na Illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2013 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Xoán Curiel e Emilio Rúa en Negreira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2013 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Riobó en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2013 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 5 de decembro

A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Alexandre Sotelino
22h30 . Os intrépidos
23h15 . Brincadeira
24h00 . Os Viqueiras de Ordes
01h00 . Foliada até ás 03h00


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com

FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-12-2013 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Pelica de can en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2013 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Frades
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-12-2013 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival solidario Os Trazantes en Tenorio (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2013 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (Luns)

Terza feira 3 (Martes)

Corta feira 4 (Mércores)
• Camarada Nimoy no auditorio do Cuvi (Vigo) ás 18:30

Quinta feira 5 (Xoves)
• I Festival solidario Os Trazantes en Tenorio (Cotobade)
• Machina no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Espido no C.S. Novacaixagalicia (A Coruña) ás 20:30
• Vaamonde, Lamas & Romero no Teatro Principal de A Estrada ás 22:00
• Serán en Compostela na Nave de Vidán

Sexta feira 6 (Venres)
• Riobó no Auditorio municipal de Vigo ás 21:00
• Noite de Tasca en Pontecarreira (Frades)

Sábado 7
• Ghaveta en Pereiras (Mos) ás 22:30
• Roger de Flor no “Muiño” (Cervo) ás 23:00 h (con Os Silvestres)
• Zenzar en Burela

Domingo 8
• Pelica de can no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer