Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O coxín que silencia á gaita

Un vigués inventa un saco para insonorizar o instrumento

O vigués Javier Ramiro Riveiro aprendeu a tocar a gaita con máis de 40 anos. "De vello, ghaiteiro", sinala. Para non armar moito ruído e tralos comentarios de veciños do edificio, decidiu ensaiar no armario rodeado de mantas. Os decibelios seguían sendo elevados. Non lle quedou outra opción: inventar un silenciador.


Nunha apracible mañá de domingo, en ríaa de Vigo, albiscábase un día case en fronte do faro do Museo do Mar unha chalana cun home. A medida que un se achegaba, soaba cada vez con maior intensidade unha gaita. O home, inexperto no instrumento, poñíalle empeño e a xulgar polo seu semblante estaba feliz. Case no medio de ríaa, con cormoranes, kayaks, gaviotas, algas e peces rodeándoo, ninguén o abroncaba polo son.

No centro da urbe olívica ou doutra cidade, a situación é oposta. Ao vigués Javier Ramiro Riveiro, de 44 anos de idade, non lle quedaba outra que ensaiar medio metido no armario ata que un día unha conversación nun bar cun amigo deulle unha idea. "Empecei fai tres anos a ir a clases de gaita. O problema é que vivo nun piso. Ao principio, os veciños preguntaban quen era o gaiteiro do edificio así que procuraba tocar dentro do armario para non facer tanto ruído. Si falo dentro con mantas se silencia bastante pero chegou un momento en que non podía seguir así. Un amigo que tamén estudaba gaita foime dando ideas. Durante un ano, fixemos polo menos catro proxectos. A partir de aí, fomos modificando ata que atopamos un invento para insonorizar a gaita", explica este novo empresario.

O resultado foi a Insogaita (saco de insonorización para gaita), que consegue reducir a intensidade do son un 60%. Trátase dun coxín de polipiel e un corpo interior cunha espuma especial cuberta con tecido para absorber a humidade e cunha forma similar á da cabeza dun cabalo. "Introduces a man por onde estarían os ollos e o punteiro mételo polo que sería a fronte do animal", sinala.

Unha vez creado o invento, o seguinte paso foi facer público o descubrimento nas redes sociais. A través de Facebook (tecleando insogaita), o primeiro en poñerse en contacto -un pedido custa uns 70 euros máis IVA- foi Xaquín Xesteira Losada, músico de Treixadura. A el, seguíronlle outros gaiteros como Cristina Pato ou Anxo Lorenzo que pousaron coa insogaita para Facebook.

www.farodevigo.es
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2012 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Losto Kinsky en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Arrolos de Salitre en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2012 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc en Cabral (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2012 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Novo E.P. da Familia Caamagno
A Familia Caamagno ven de presentar “Cantan polo Nadal”, un E.P no que os mafiosos de Sigüeiro continúan fieis ó seu rock de inspiración 60's, bailongo e guitarreiro.

Pódelo descargar de balde no seu bandcamp : http://familiacaamagno.bandcamp.com/ ou métete con eles en facebook/familiacaamagno
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-12-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Compostela e Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2012 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro Fiddle na Serra do Courel

Onde?
No corazón da Serra do Courel, en Folgoso do Courel, rodeados de carballos e castiros, con miles de rutas para perderse e disfrutar dun dos lugares privilexiados de Galicia.

Cando?
Do venres 28 ao luns 31 de decembro de 2012.

O plan é ir chegando ao longo do día do venres 28 e ficar ate o 31. Na noite do 30 faremos un "simulacro" de Fin de Ano onde, por suposto, haberá música a fartar !!!

Quen?
O encontro é aberto a todo o que queira achegarse e disfrutar de tres días de música e natureza. Poden ir dende nenos a avós, sen importar a idade nin si saben tocar un instrumento ou non.

As actividades serán familiares e haberá tempo para todo e para todos. Pero ollo, os nenos deben ir cos seus pais. Trátase dun encontro, non dun campamento infantil. Ainda que haberá actividades para nenos (e para todos), cada un é responsable dos seus.

Que?
Xa que se trata de un "encontro fiddle", por suposto, haberá música e levaremos todos os instrumentos, pero non será o único. Ademáis de algunha clase de fiddle e de poder tocar en grupo, haberá tempo para facer rutas, pasear polo Courel, leer, facer magosto, falar, ... en resumo: disfrutar!

Canto?
Tentamos que ninguén fique en casa polos cartos, así que apretamos o presuposto ao máximo: •Adult@s: 100 €
•Moz@s: 80 € (de 9 a 18 anos)
•Nen@s: 50 € (menores de 9 anos)
O precio inclue a dormida (3 noites) e todas as comidas. A tarifa super-reducida dos nenos menores de 9 anos conleva que durmirán en cama supletoria na mesma habitación que os pais, e está limitada a un total de 8 prazas (para as primeiras inscripcións).

Contacto
Se tes calquera dúbida podes consultarnos no seguinte enderezo electrónico: info@galiciafiddle.com

http://galiciafiddle.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2012 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada feroz no Xanela (Vilalba)
¿ONDE?
PUB XANELA (Av/ Tierra Llana, 40. Vilalba-Lugo) (Latitud: 43º 17′ 46.08″ N; Longitud: 7º 40′ 40.41″ W)


¿QUEN?
Os intrépidos FEROCES DA GALGUEIRA;
A beleza do país labrada cos aires da Terra Chá das PANDERETEIRAS ENTRE LUSCO E FUSCO;
Os espectaculares XENTE NOVA;
e os incansables MEDIO QUINHÓN serán os responsables de prender lume a este akelarre.

¿E QUÉ FAREMOS?
Agardámosvos a todos alí, tocando, cantando e bailando, porque ademáis haberá sorpresas como os concursos de: – Baile con parella forzosa. – Aturuxos – Piropos bravos E suculentos premios atopados no fondo do faiado que premiarán a xenialidade dos asistentes.

… E MOI IMPORTANTE
Por último, queremos que non vos esquezades da última actividades que sumamos a esta foliada. Unha OPERACIÓN KILO de recollida de alimentos para a xente máis necesitada, feroz iniciativa solidaria para a que tamén pedimos a vosa colaboración. Aproveitando que as datas de Nadal xa están á porta, e tendo moi en conta os duros tempos que corren, non podemos esquecernos de toda esa xente que o está a pasar verdadeiramente mal; non hai que mirar moi lonxe, son os nosos veciños. É por isto que pregamos a tódol@s asistentes á Foliada Feroz que traian alomenos 1 kilo dalgún alimento non perecedeiro (pasta, legumes, galletas, sucre, …) e todo o que xuntemos será doado a Cáritas Terra Cha. Eles encargaranse de repartilos.
Moitas grazas de antemán.
Entre tod@s faremos algo grande. Bicos e fregas paratod@s!

http://nocombaro.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2012 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pinzás (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-12-2012 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de nadal en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2012 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
IX día do orgullo gaiteiro (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2012 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para a Compañía de Quique Peón
Quique Peón Cía logra dous galardóns nun certame de danza de Madrid
Un dos premios, permitiralles representar na capital de España unha nova coreografía o próximo setembro


Quique Peón Cía logrou onte, no Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco, celebrado no Teatro do Matadero de Madrid facerse con dous galardóns. Así, a peza Amizade obtivo o segundo premio nun certame no que competía, na súa categoría, con seis espectáculos de temática flamenca. Quique Peón recoñecía sentirse, tras coñecerse o fallo, «contento e moi emocionado» polo respaldo a unha peza na que compartía escenario cos bailaríns Fran Sieira e Miguel Sotelo e que forma parte do segundo espectáculo do grupo, titulado Alendacroa. Elixiuna para o certame por ser, segundo asegurou, «o máis galego de todos os actos». Ademais, tamén recibiron o premio do Conservatorio Superior de Danza de Madrid María de Ávila, o que supodrán estrear unha coreografía nas súas instalacións o próximo mes de setembro.

O labor de Peón centrouse, nos últimos trinta anos, na investigación etnográfica de Galicia e é o director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina desde 1981, co que obtivo importantes galardóns. O seu traballo como coreógrafo especializado en cultura tradicional levouno, antes de montar a súa propia compañía no 2008, a participar no elenco do Quiosco dás almas perdidas, producido polo Centro Coreográfico Galego. Mantendo as súas vertentes como investigador, intérprete e docente no campo tradicional, nos últimos anos penetrouse en novas experiencias na danza contemporánea.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2012 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do II Concurso de Dúos do Toxos e Froles
O dúo de Xinzo de Limia gaña o II Concurso de Dúos do Toxos e Froles

Cayetano Cuquejo, de 16 anos, e Carmen Canal, de 13, gañaron a II edición do Concurso de Dúos de Gaita e Percusión organizado polo Real Coro Toxos e Froles. Os dous pertencen á banda de gaitas de Xinzo de Limia e participaban por primeira vez nun certame destas características. Baixo o nome Furafoles interpretaron o alalá “Caen Folerpas”, a xota “O brumeigo” e a muiñeira “Pola ponte pasa un gaiteiro”. Logo de proclamarse vencedores, volverona interpretar para o público que enchía o salón de actos do Toxos.

O dúo A Garita, de Fene, formado por Laura Piñeiro e Serafín Santamariña, foi o preferido dos espectadores, que puideron dar a súa opinión mentres o xurado deliberaba. Así, estes últimos levaron 200 euros e os gañadores absolutos, 600.

As outras dúas formacións que tomaron parte na proba foron Os Xaramiños, de Muxía (Óscar Vieites e Juan José Vigo); e Os Argalleiros, tamén de Fene (Mar Alvariño e Rubén Díaz).
O concurso estivo presentado por Eliseo Zaera Landeira, habitual mestre de cerimonias do Toxos. O xurado encargado de decidir o gañador formábano Arturo Lamas (presidente da institución), Fernando Dopico e Andrés Tojeiro. Unha vez rematada a proba, destacaban a calidade das catro parellas e o difícil que resultou tomar unha determinación, pois o nivel estaba moito máis igualado que o ano pasado, cando había máis parellas pero a gañadora sobresalía por riba das demais.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2012 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas arredor da música tradicional (Lugo)
I XORNADAS ARREDOR DA MÚSICA TRADICIONAL

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queirades saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.

DATAS: 15 e 16 de decembro de 2012
LUGAR
Centro Lug2 Rúa Pintor Corredoira 427002 Lugo
INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes. Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA
Socios da AGG: 5 €
Outros : 10 €

FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.

PROGRAMA
SÁBADO 15 DE DECEMBRO
Mañá10.30 h - Acto de apertura das xornadas.
11.00 h - I RELATORIO: Ourivería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fernández "Pancho"
12.00 h - DESCANSO
12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista” - Son do Fol. Xaime Estévez
13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé
Tarde:
16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández
17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran
18.00 h - DESCANSO
18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero
19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón

DOMINGO 16 DE DECEMBRO
Mañá:
10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles
11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía
11.40 h – DESCANSO
12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba
13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid
Tarde:
16.00 h - IX RELATORIO: O gaiteiro moderno: Algunhas cuestións técnicas e históricas. Paulo González
17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL - O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz- 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas
17:40 h - DESCANSO
18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro
19.00 h - Remate das Xornadas

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2012 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 10 (Luns)

Terza feira 11 (Martes)
• Heredeiros da Crus, acústico no bar Mercromina (rúa de San Pedro, Compostela) ás 20:00

Corta feira 12 (Mércores)

Quinta feira 13 (Xoves)
• Heredeiros da Crus, acústico no Iguana (Vigo) ás 21:00

Sexta feira 14 (Venres)
• Pesdelán ás 18:00 na Praza de Abastos, Moaña
• Os da Ría presentan disco na Ramallosa (Teo) ás 23:00
• Ardentía con Catarina Moura e Manuel Rocha (Brigada Victor Jara), Uxía Senlle e Aline Frazao ás 20h no Auditorio Municipal de Ourense
• Luar na Lubre no Auditorio Gustavo Freire (Lugo)

Sábado 15
• I Xornadas arredor da Música Tradicional en Lugo
• IX día do orgullo gaiteiro (Ourense)
• Primordiais na Pousada Torre Lombarda
(Allariz)
• Xoan Curiel no Roi Xordo (Allariz)
• Sés no Historia Café Bar (Vigo) ás 23:30
• Foliada feroz no Xanela (Vilalba)
• Serán na casa do pobo de Pinzás (Tomiño)

Domingo 16
• I Xornadas arredor da Música Tradicional en Lugo
• Mamá Cabra no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 18:30
• Luar na Lubre no Teatro Principal (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2012 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Peón leva `Amizade´ ao Certame de Coreografía de Madrid
Unha obra galega contra seis flamencas é o balance do apartado de compañías do Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco que se celebra esta semana en Madrid. Quique Peón Cía é a rara avis que logrou ser seleccionada para defender unha proposta non monocorde.

Este venres os bailaríns desta compañía representarán Amizade, o cuarto acto da obra Alendacroa, o último espectáculo da compañía, que foi estreado en xaneiro no coruñés Teatro Rosalía. É a primeira vez que optan a participar neste certame -«estamos moi emocionados coa escolla», din- e a peza foi seleccionada porque é o máis galego de todos os actos. «Fala máis de nós», explica Quique Peón, recoñecido polo seu labor de investigación etnográfica en Galicia e que hai catro anos montou unha compañía coa que explora outras vertentes da danza partindo da tradición. «Esa coreografía mostra a uns amigos que se coñecen, xente dun mesmo pobo que se seguen e se axudan durante o camiño da vida», di sobre a peza, da que puntualiza que «é un traballo moi tradicional e moi contemporáneo ao tempo». No escenario, xunto a Peón, participan os bailaríns Fran Sieira e Miguel Sotelo.

O Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco tamén recolle o concurso de seis solistas e un apartado musical, ao que tamén optan os galegos. «A verdade é que teño moita esperanza na música», recoñece Peón, xa que con Pedro Lamas como director musical, na obra utilizaron música tradicionais dos seus arquivos persoais axeitada aos sentimentos que en cada momento querían transmitir nunha obra que fusiona danza tradicional, oriental e contemporánea. Quique Peón Cía actúa o segundo día das eliminatorias e cando se saberá se son os escollidos. De selo, levaranse no peto 6.000 euros, cantidade nada desprezable nun momento complicado para este tipo de propostas, aínda que o coreógrafo matiza: «Somos os únicos que non somos de pau flamenco, só iso é un premiazo».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-12-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Maghúa en Ferrol


Dentro das actividades que ven a desenrolar a Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, durante todo o ano, comenzaremos o vindeiro Xoves cunha nova experiencia, organizar a presentación duhn CD duhn grupo de amigos.

Colaboramos na presentación do CD CORRICAN, do Grupo de Música Tradicional Galega MAGHÚA.

Maghúa son un grupo de Cantareiros de A Coruña, adicados a recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País.

Veñen o Lar do Real Coro Toxos e Frores o vindeiro xoves 6 de decembro as 20,00 h., acompañados por outros dous grupos: MAIANAS, Pandereteiras da Maia e Grupo de Música Tradicional OS XOTAS de Ferrol.

Un saudo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Encontro coa zanfona de Narón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2012 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de zanfona con Johannes Geworkian en Narón
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2012 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Trazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2012 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk Xuntos por Lola (Betanzos)
O 8 de decembro ás 18.00 h, en O Liceo de Betanzos celébrase o Festival Folk Xuntos por Lola coa participación de:

- Os Sobraos
- As Patuleiriñas de Aranga
- Non me pidas unha ghota
- Frouma
- D´Atura
- Raúl Galego
- Parabéns
- Os Brigantinos
- A Requinta da Laxeira

O custo das entradas: 3 € e rifa para participar no sorteo de moitos agasallos doados por moitos amigos de Lola: 1 €. Para poder mercar as entradas contacta con Sonia Santiago Rodriguez no 981 11 07 18.

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto contra a Constitución española (O Rosal)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival Furtivo (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-12-2012 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de Dúos Gaita - Percusión (Ferrol)

Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos

Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos.

Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que na actualidade están a realizar a súa actividade para conservar as nosas músicas e tradicións.

E o Real Coro "Toxos e Froles", a agruación folklórica máis antiga de Galiza, pretende, a través das súas actividades, ser un altofalante e espallador da nosa cultura, e en especial, no terreo da música.


Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com ) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción II Concurso de Dúos Gaita - Percusión


Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

www.toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2012 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 3 (Luns)

Terza feira 4 (Martes)

Corta feira 5 (Mércores)
• Xoán Curiel ás 23:30 no Bar Liceum. do Porriño

Quinta feira 6 (Xoves)

Sexta feira 7 (Venres)
• Encontro da Zanfona de Narón
• Zenzar na sala A Reserva (Carballo)
• Noite de Tasca no local da Asoc. de Veciños "San Cristóbal de Xavestre" en Xixirei- Xavestre (Trazo)

Sábado 8
• Encontro da Zanfona de Narón
• Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos na Sede do Real Coro “Toxos e Froles” de Ferrol ás 19.00
• Festival Folk Xuntos por Lola ás 18.00 no Liceo de Betanzos
• V Festival Furtivo (Camgas do Morrazo): Ludovaina, Os Tres Trebóns, Terbutalina, Skarnivals,

Domingo 9
• Encontro da Zanfona de Narón
• Serán en Mondariz ás 17 horas diante da igrexa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer