O grupo das cantareiras de Toutón Pedraquetiña sacan á venda o seu primeiro disco "Cantares" despois dunha longa traxectoria na música tradicional.
O nome de ?Pedraquetiña?, seica ven de unha famosa pedra do seu lugar que se bates nela soa como unha campa.
A formación vogal está composta por dez cantareiras. As súas voces están acompañadas enriba do escenario pola seguinte instrumentación: dúas gaitas, tambor, bombo e acordeón
O disco será presentado nun concerto no Condado, o día 29 de decembro ás 21h. no auditorio do Balneario de Mondariz.
A gaita galega conta xa cun invento que consegue reducir en boa medida o seu son. O vigués Carlos Camacho Martín asegura, con diversos documentos -entre eles, un xustificante de presentación electrónica de solicitude de modelo de utilidade presentado ante a Oficina Española de Patentes e Marcas- que foi el quen inventou un insonorizador para este instrumento que bautizou como "calagaitas" ou "sordina para gaitas". Outro vigués tamén se autoproclama inventor do obxecto. Trátase de Javier Ramiro Riveiro quen xa iniciou a súa comercialización e que tamén asegura contar coa patente.
Carlos Camacho sinala que "a sordina para gaitas é unha idea orixinal, creada, desenvolvida e patentada en Vigo, que se deu a coñecer no principio do ano" por el, xa que foi en febreiro cando presentou a documentación na Oficina Española de Patentes.
Nun dos boletíns da Propiedade Industrial, o correspondente ao 8 de xuño deste ano, publícase a concesión da patente do modelo de utilidade que se presentou en febreiro deste ano. Non obstante a concesión non chegou até maio.
No seu caso, o invento consiste en "un accesorio no que se introduce o punteiro dentro dun habitáculo oco insonorizado" mentres que "por uns orificios laterais accédese ao punteiro". Tanto o seu funcionamento como outros detalles inclúense na páxina web www.calagaitas.com.
Pola súa banda, Javier Ramiro Riveiro sinalou a este diairo que se trata dun problema comercial. El en alusión a Carlos Camacho -teno patentado cun axente e eu con outro-. Ademais, o meu invento non ten nada que ver co seu. O seu é ríxido; o meu, non. Un ten forma de cilindro; o outro de cabeza de cabalo. Se me quere denunciar, que me denuncie". Recoñece que non comezou a comercializar o seu invento até fai seis meses, aínda que levaba "un ano traballando nel".
Quinta feira 27 (Xoves)
? Mamá Cabra en Cangas do Morrazo
? Pesdelán no Centro Sociocultural Fontiñas (Santiago de Compostela) ás 18:30
? Berrogüetto no Teatro Principal (Santiago) ás 21:00
? Carlos Nuñez no Auditorio Mar de Vigo ás 21:00
Sexta feira 28 (Venres)
? Mamá Cabra en Carballo
? Trepia de Cantos e danzas de nadal en Pontevedra
? Festival de Nadal Aleivosía (Rianxo)
Sábado 29
? Obradoiros Tarambainas (Vigo)
? Mamá Cabra en Oleiros
? Maravallada de Cantos e danzas de nadal en Pontevedra
? Concerto pola Selección Galega en Pontevedra: Arenga, Falperrys, Berri Txarrak,...
? Pedraquetiña Cantareiras de Toutón no auditorio do Balneario de Mondariz ás 21:00
Sexta feira 21 (Venres)
? Mamá Cabra en Boiro
? CoraSóns no auditorio da Ramallosa (Teo) ás 22:30
? Maravallada de Cantos e danzas de nadal en Pontevedra
? Concerto solidario: Carlos Nuñez, Germán Díaz, Lulavai na sala Intro (Vigo) ás 21:30
? Festival Berra! V aniversario (Nigrán): Dakidarria, Kallaikoi,...
? Julie Guravich e Víctor Aneiros Band no Teatro Principal de Ourense ás 22:00
? Berrogüetto na Cidade da Cultura (Santiago) ás 19:00
? Os Cempés no Aturuxo (Bueu)
? Estalotada en Compostela
Sábado 22
? Mamá Cabra no Forum Metropolotano (A Coruña)
? CoraSóns no auditorio da Ramallosa (Teo) ás 22:30
? Gala No ronsel do tempo (Melide)
? Trepia de Cantos e danzas de nadal en Pontevedra
? Rodrigo Romaní no Bar Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Os Cempés na Taberna Marrucho (Baiona)
? Os Carunchos no C.S. En Pé(Pontevedra) ás 22:30
? Berroguetto no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
? Das Kapital, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homes sen Medo na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30
Domingo 23
? II Mostra do traxe tradicional en San Andrés de Comesaña (Vigo)
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Vigo
? Gala XX aniversario do OCT Ultreia no Auditorio de Galicia (Compostela) ás 19:30
? Os Cempés na sala Discotasca (Redondela)
? Berroguetto no Auditorio Gustavo Freire (Lugo) ás 20:00
? Folc no Galiñeiro: Abóbriga, Sobre Rodas e Pelepau no C.C de Vincios (Gondomar) ás 19:00
Berrogüetto comeza unha singular xira de seis concertos, a primeira en formato acústico na súa historia de 17 anos. Unha ?Xira de andar por casa? moi propia para o ambiente familiar do Nadal.
O Berrogüetto máis íntimo, máis próximo e directo rodará polos escenarios galegos este Nadal en que deron en chamar a ?Xira de andar por casa?. Seis concertos en formato acústico, perto da casa, no ambiente familiar propio deste tempo, coa comodidade e a tranquilidade do ámbito doméstico. Os sete músicos, a agrupación ao completo, póñense batín e zapatillas e bótanse a tocar e piden tamén ao público ?que se poñan cómodos no noso salón, queremos que fagan súa a nosa casa e só gocen dun novo espectáculo?.
Aposta polo público
Apostan polo público e confían na súa resposta xa que a xira será financiada só polo ingreso da billeteira. Mesmo así, o grupo non reduce a súa habitual formación e mostrarase nesta xira con todos os seus músicos, os sete mesmos compoñentes que tocan nos grandes concertos.
Neste concerto ?de andar por casa?, ademais dos temas do seu repertorio, o grupo engadirá cantos de Nadal propios das datas, facendo o concerto moito máis familiar.
- 22 decembro, A Coruña (Teatro Colón)
- 23 decembro, Lugo (Auditorio Gustavo Freire)
- 27 decembro, Santiago de Compostela (Teatro Principal)
- 03 xaneiro, Ourense (Auditorio)
- 04 xaneiro, Vigo (García Barbón- Centro cultural Novacaixagalicia)
- 12 xaneiro, Narón (Pazo da Cultura)
Cita obrigada do Nadal é o Festival que celebra a Asociación Universidade Popular de Corcubión tódolos anos nestas datas.Desta volta será o vindeiro sábado 22 de Decembro, ás 20:00hrs na Casa de Cultura de Corcubión.
No acto participarán os grupos da asociación Baile Nerio (danza galega) e Millo Verde (canto tradicional), este último coa colaboración do mestre gaiteiro Victorino Lago.Este ano ademáis desfrutaremos do Nadal de Arcos, da man das súas afamadas pandereteiras, referentes da nosa música tradicional.
O mestre, filósofo e escritor corcubionés Miguel Vázquez Freire, é outra das figuras que se suman este ano á celebración, coa lectura dun dos seus Contos de Reis e de Nadal.
Tamén durante o acto farase o sorteo da cesta de Nadal e haberá outras sorpresas.
O VINDEIRO VENRES 21 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!!
O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola).
-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.
-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos Pablo Díaz e Diego Barral co Concerto do TIC- TAC, concerto para nenos e maiores que será gratuito e aberto a toda a poboación.
-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!!!!!!!
Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.
Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 ?/ persoa.
Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!!!!!!!!
Nadal no Gaiás: Concerto Didáctico de BERROGÜETTO
Venres, 21 Decembro ás 19.00
Prezo: 5,00 ?
Berrogüetto ofrecerá na Cidade da Cultura a oportunidade de gozar dunha actuación única, onde os asistentes descubrirán os segredos de cada instrumento, achegarán un pouco máis o público aos que hai detrás dunha actuación musical. Pais e nenos aprenderán xuntos o funcionamento dunha zanfona, dun violín ou dun acordeón da man dunha das mellores bandas do folk galego; unha experiencia musical didáctica sen precedentes.
Neste ano 2012 o OCT Ultreia celebra o seu XX aniversario da súa fundación. Para celebralo, o día 23 de nadal a partir das 19:30 no Auditorio de Galicia, representaranse as diferentes épocas polas que pasou o grupo, en función dos seus directores artísticos.
Nesta gala participarán xentes que pertenceron ao grupo en diferentes anos, tanto bailadores/as como músicos e pandereteiras.
NO RONSEL DO TEMPO é un espectáculo de música, baile e teatro, que conxuga tradición con modernidade.
A música, o canto e o baile son unha das manifestacións máis representativas do folclore dun pobo, e o pobo galego, caracterízase pola ampla riqueza cultural e musical que se foi transmitindo ao longo dos séculos a través das súas xentes.
Este espectáculo está creado pola Asociación A Maristela de Sobrado e reúne a máis de sesenta artistas de diferentes disciplinas.
O estreo da xira 2012 / 2013 será o vindeiro sábado 22 en Melide, a partir das 22:00h no Pavillón do IES de Melide, cunha entrada de 5?
Un ano máis, e xa van sete, traemos ata Ramirás o Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional, cun programa que se bosquexa o máis ambicioso dos ata o momento organizados. Nas Xornadas do 21, 22 e 23 de Decembro contémplanse múltiples actividades, que acorde a filosofía da asociación serán todas de carácter gratuito e abertas para todo o público.
O acto principal terá lugar o Sábado 22, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupo anfitrión e as diferentes autoridades presentes. Neste acto preténdese mostrar o mellor do folclore de cada unha das comunidades/países visitantes.
Neste senso, contaremos con amigos chegados de:
- EBMT Rebulir (Ramirás)
- Grupo Pana Raiada (Santiago de Compostela)
- Colectivo Xeitu (León)
- Etnográfico de Vila Praia de Áncora (Portugal)
- Grupo de Danzas de Logroño (A Rioxa)
- Ritmos y Costumbres (Perú)
Na madrugada do Domingo, o local ?Oxígeno? de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos animarán aos presentes coas súas músicas. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 23, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense e as súas termas para logo despedirse e dar clausura a esta séptima edición.
Así, Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural con grupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns. A directiva da Asociación Rebulir espera que disfrutedes deste Festival que serve de proxección do noso Concello, e que de por sí, é xa unha data no almanaque festivo dos ramirenses.
O vindeiro 22 de decembro presentamos oficialmente o proxecto Discos da máquina cun concerto na sala Capitol (Compostela) cos grupos do noso catálogo actual: DasKapital, a Magnifique Bande dos Homes sen Medo e Ataque Escampe.
Estes últimos presentarán a primeira referencia (estritamente) do catálogo: o EP Noites de agosto con Ataque Escampe, que poderá adquirirse en formato físico (dous días antes da súa presentación online) a un prezo especial Apocalipse.
Poden comprar as entradas n?A Reixa Tenda desde xa por 5 euros.
Presentase o novo CD de Fernando Barroso e Luis Peixoto para mecenas (próximos que queiran recoller o seu CD), para responsables de cultura dos diferentes medios de información e para amigos que queran acompañarnos neste día.
Falaran do disco, tocaran un par de pezas e beberán un viño con todos vos.
- Presentación do disco . Luis e Fernando falan sobre a experiencia de gravar POP
- 2 músicas en semiacústico.
- Reparto de discos aos mecenas que por alí se queran achegar.
- Convidamos a un viño e un pincho aos amigos e prensa
O músico do Barbanza presenta hoxe ás 20:30h no Teatro Colón da Coruña o seu novo proxecto en solitario, 'O Soro da verdade', gravado durante unha viaxe á Amazonía.
Aquí tedes unha entrevista promocional onde o de Poi explica polo miúdo o que para el supuxo a viaxe á selva.
Segunda feira 17 (Luns)
? Luar na Lubre con Pedro Guerra, Mägo de Oz, SéS, Maite Dono e a banda de gaitas Moxenas no C. C. Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30
? Xabier Díaz, Guadi Galego e Guille Fernández no Ultramarinos (Compostela)ás 22.00
Terza feira 18 (Martes)
? Tonhito de Poi no Teatro Colón de A Coruña
Corta feira 19 (Mércores)
Quinta feira 20 (Xoves)
? Cristina Pato no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico de Ourense ás 20:00
? Os Cempés na Regueifa (Vigo)
Sexta feira 21 (Venres)
? Os Cempés no Aturuxo (Bueu)
Sábado 22
? Os Cempés na Taberna Marrucho (Baiona)
? Berroguetto no Teatro Colón (A Coruña)
Domingo 23
? Os Cempés na sala Discotasca (Redondela)
? Berroguetto no Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
Sexta feira 14 (Venres)
? Pesdelán ás 18:00 na Praza de Abastos, Moaña
? Arrolos de Salitre en Gondomar ás 18:00 na Biblioteca Municipal
? Os da Ría presentan disco na Ramallosa (Teo) ás 23:00
? Ardentía con Catarina Moura e Manuel Rocha (Brigada Victor Jara), Uxía Senlle e Aline Frazao ás 20h no Auditorio Municipal de Ourense
? Luar na Lubre no Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
? Pandereteiras de Trébede e Pandereteiras de Retrouso na Taberna A Rianxeira (Matamá-Vigo)
Sábado 15
? I Xornadas arredor da Música Tradicional en Lugo
? IX día do orgullo gaiteiro (Ourense)
? Primordiais na Pousada Torre Lombarda
(Allariz)
? Xoan Curiel no Roi Xordo (Allariz)
? Uxía Senlle ás 20.30 no Auditorio de Goián (Tomiño)
? Losto Kinsky en Vigo no Café Mileniun ás 19:00
? Sés no Historia Café Bar (Vigo) ás 23:30
? Foliada feroz no Xanela (Vilalba)
? Serán na casa do pobo de Pinzás (Tomiño)
Domingo 16
? I Xornadas arredor da Música Tradicional en Lugo
? Festival Folc no CCR de Cabral (Vigo) ás 18:00
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 18:30
? Luar na Lubre no Teatro Principal (Ourense)
A compañía galega de danza Quique Peón Cía acaba de alzarse con dous importantes galardones en Madrid: o segundo premio do XXI Certamen de Coreografía de Danza Española e Flamenco e o premio do Conservatorio Superior María de Ávila. A "cía" de Quique Peón son dous mozos bailarines: Fran Sieira e o cangués Miguel Sotelo. Os tres xuntos puxeron en escena "Amizade", unha coreografía inspirada no folclore galego e que constitúe o cuarto acto da montaxe "Alendacroa". "Este recoñecemento resultou moi sorprendente porque de inicio non contabamos con chegar á final e tingamos medo a ser vistos case como uns marcianos", explica de bo humor Miguel Sotelo.
A maioría das propostas presentadas a este certamen enmarcábanse máis dentro do estilo do ballet e do flamenco, polo que a montaxe de "Amizade" foi a gran revelación do concurso e unha especie de sopro de aire fresco, tal como recoñece a crítica especializada. "As bases especificaban que era un certame de danza española, flamenco ou calquera outro baile tradicional do país, razón pola que decidimos presentarnos", argumenta o cangués. E en contra do que pensaban inicialmente, a acolleita foi "boísima" e moi calurosa.
A compañía de Quique Peón, irmán da música e cantante tradicional Mercés Peón, era a única galega que chegou á fase final celebrada o pasado fin de semana en Madrid, logo dun proceso de selección que só superaron o 40% dos presentados. Na fase final "Amizade" só foi superado por un conxunto integrado por bailarines do Ballet Nacional de España, que usaron vestuario e técnicos da compañía estatal. Ademais, o presidente do xurado do concurso era o propio presidente do Ballet Nacional de España. "Era moi complicado competir nesas condicións e con eses medios", subliña Miguel Sotelo, que malia todo destaca que "estamos orgullosísimos do traballo feito e do resultado acadado".
Quique Peón fundou a súa compañía en outubro de 2008 co obxectivo de "promocionar a cultura de Galicia en todas as súas manifestacións escénico-artísticas, con especial atención á danza" e así profesionalizar e "dignificar" a figura do bailarín tradicional galego. O ano pasado realizou unha serie de audiciones para buscar novos integrantes para a agrupación e foi nesas probas cando se fixou no cangués Miguel Sotelo.
A obra "Alendacroa" estreouse a principios de 2012 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e a elección concursar neste certamen co acto de "Amizade" débese a que era "a parte máis tradicional e vencellada ao folclore galego", apunta Sotelo. Ese segundo premio non foi o único recoñecemento que recibiron, senón que tamén gañaron o galardón do Conservatorio Superior María de Ávila. "Iso implica que ou ano que vén iremos a Madrid para montar unha coreografía de baile galego para eles", explican desde a compañía galega.