Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Parón indefinido de Skacha
Despois de 20 anos na estrada anunciamos un parón indefinido.

É unha decisión moi meditada e nada doada, pero debido ás circunstancias da vida temos que tomar esta triste decisión.
... Sabemos que é moi probable que algún dia coincidamos no espazo tempo e fagamos algunha reunión menos ou máis puntual, pois levamos Skacha moi dentro.


Non queremos que sexa un punto final, e tampouco pretendemos facer disto unha traxedia, posto que seguiremos/seguiredes desfrutando doutros proxectos nos que participamos en maior ou menor medida.

Só nos queda saudar a toda a xente que coñecemos ao longo de toda a xeografía estatal así como a tódalas bandas e profesionais cos que compartimos furgoneta, escenarios e festas.

Graciñas!
SEMPRE CEIBES.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2011 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cacarexo distingue a Lembranzas da Ría

A asociación de Coiro premia a agrupación de baile e música pola súa labor de recuperación da tradición


O Centro Sociocultural de Coiro acolleu onte o acto de entrega do Premio Cacarexo 2011, un galardón que nesta ocasión recaeu na Asociación Cultural Lembranzas da Ría. A agrupación leva máis de 25 anos adicada a recuperación do baile e da música tradicional galega, un traballo que onte lle foi recoñecido de maneira emotiva. A cerimonia contou coa presenza de numeroso público e como non podía ser menos nun acto destas características houbo un espazo para a música tradicional. Diso encargouse a Banda de Gaitas Tromentelo e as propias pandereteiras de Lembranzas da Ría.

A Asociación Cultural Cacarexo decidiu recoñecer a traxectoria e o traballo levado a cabo por Lembranzas da Ría en prol da recuperación e posta en valor da música e do baile tradicional galego, razón pola que lle concedeu o VI Premio Cacarexo. O presidente do colectivo de Coiro, Ángel Martínez, suliñou na súa intervención que ese traballo dura xa máis de 25 anos e que a súa divulgación e difusión non se limita só ao ámbito de Galicia, senón que Lembranzas protagonizou actuacións no resto de Estado e no estranxeiro.

O acto celebrouse no Centro Sociocultural de Coiro e incluiu unha proxección fotográfica que serviu para facer un percorrido pola historia de Lembranzas, dende a súa fundación no ano 1984 ata os tempos actuais. O seu fundador foi Xosé Menduiña Bastón, que estivo presente onte entre o público, e no ano 1994 cedeulle o relevo a Manuel Cobas. Foi precisamente o actual director o encargado de mostrar o agradecemento do grupo "polo feito de que Cacarexo pensara en nós e tivera en conta o noso traballo". Cobas fixo unha encendida defensa do baile e da música tradicional galega. "Non se trata só de espectáculo, senón que tamén forma parte da nosa identidade como pobo", suliñou na súa intervención.

A gala celebrouse no Centro Sociocultural de Coiro e durante o seu transcurso houbo unha actuación da Banda de Gaitas Tromentelo de Coiro e do grupo de pandereteiras de Lembranzas da Ría. O acto contou coa presenza de numeroso público e representantes doutras asociacións culturais. Tamén houbo representación institucional do Concello de Cangas, coa asistencia do alcalde, José Enrique Sotelo, e do concelleiro de Cultura, José Luis Gestido.

www.farodevigo.es


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2011 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 16 (Venres)
• Mamá Cabra na Casa da Cultura de Rois (A Coruña)ás 12:00
• Tanto Nos Ten no bar O Patio en Santa Cruz de Ribadulla
• Zenzar no Bar A Taberna (Cerceda)
• Royalties e Kastomä no Badulake (Ordes)
• Dúo Fdez & Quintá na e-Trad (Vigo) ás 20:00
• Sés no Bar San Cristóbal - Portomouro​ (Val do Dubra) ás 23:00

Sábado 17
• Mamá Cabra no Centro Sociocultural A Ramallosa, Teo (A Coruña)ás 18:00
• Homenaxe a Lois Pereiro (O Incio): A Quenlla, Ondas Martenot
• Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional(Ramirás)
• Cantareiras Algarabía de Lago (Valdoviño), os Gaiteiros de Narahío e as Cantareiras do Saíme en Narahío ás 19:00
• Treixadura no auditorio Mar de Vigo (Vigo)
• Espido e Xabier Díaz no Terractiva (Arzúa) ás 20:30
• Machina no pub D´Antón (Laracha)
• K-Raxe e Su7tagar na sala A Reserva (Carballo)
• Sés en Betanzos no Edificio Arquivo ás 20:30
• I Foliada do Souto (San Fins De Sales, Vedra)
• V Serán de Covas (Tenorio-Cotobade) no local da Banda (o lado da Igrexa).
• Serán en Couso (Gondomar)

Domingo 18
• Moxenas Musical Galego no Auditorio de Pexegueiro (Tui) ás 17:30
• “Os Melidaos”, as “Cantareiras de Arzúa” e Cé orquestra pantasma no TErractiva (Arzúa)
• Gala 25 Aniversario do C.C. A Pontevella no Teatro Principal de Compostela ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Couso (Gondomar)
Sábado, 17 de Decembro de 2011.
Dende as 18:30 no Torreiro de festas de San Cristovo de Couso (Gondomar)


A banda de gaitas Novos Aires de Couso organiza, como vai sendo habitual todos os anos, un Seran no torreiro de festas de San Cristovo, a partir das 18:30, ata que o corpo aguante!!

Ven e trae os teus amig@s a tocar e disfruta da musica tradicional galega en boa compaña.
ESPERAMOSTE!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-12-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Terractiva (Arzúa)
A Feira Ecolóxica reverdece e volve a Arzúa un ano máis

O mercado ecolóxico máis grande de Galicia volve un ano máis a Arzúa coa Feira Ecolóxica. Os días 17 e 18 de decembro celebrarase a oitava edición deste evento que xa adquiriu proxección estatal e internacional, ademais de ser un referente imprescindible na comarca e no país.

Produtores e produtoras locais, outros chegados de diversas partes do Estado e ata do Brasil integrarán os preto de 50 stands da Feira. E coma todos os anos, música, teatro, conferencias, proxeccións, actividades para o público infantil e diversos xeitos de achegarse á Terra daranse cita na vila coruñesa.

Ademais e, sen dúbida e dadas as datas nas que se celebra, a Feira Ecolóxica será unha magnífica ocasión para facer de forma máis xusta e respectuosa coa contorna as compras do nadal.

Este evento está organizado e co-financiado polo Concello de Arzúa, financiado pola Deputación da Coruña e xestionado por Coperactiva Cultural e presentarase nunha conferencia de prensa en Arzúa o martes día 13 de decembro.

Programación musical:

Espido e Xabier Díaz
Sábado 17 de decembro
recinto feiral “Terra do queixo” ás 20:30 h.
Entrada: de balde
Espazo central (planta baixa)

Grupo de gaitas de Castro Curbín
Sábado 17 de decembro
Rúas de Arzúa a partir das 12:00 h.

Grupo de música tradicional “Os Melidaos”
Domingo 18 de decembro
Rúas de Arzúa a partir das 13:00 h.

As “Cantareiras de Arzúa”
Domingo 18 de decembro
Xantar Popular nas inmediacións do recinto feiral a partir das 14:30 h.
Entrada: de balde

Cé orquestra pantasma con “Home orquestra”
Domingo 18 de decembro
Varios espazos do recinto feiral ás 17:30 h.
Entrada: de balde

www.terractiva.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Nadal na Lareira en Narahío
SÁBADO 17 DE DECEMBRO NADAL NA LAREIRA

17.30 Faremos unha recollida solidaria de xoguetes en bo estado para facérllelos chegar ós nenos e nenas que menos recursos teñen.

18.30 CHEGADA DO APALPADOR para desexarlles os nenos e nenas que pasen unhas boas festas.

19.00 Actuacións de :

- Cantareiras Algarabía de Lago (Valdoviño)

- Cantareiras do Saíme de Narahío.

- Gaiteiros de Narahío.


20.30 Repoñeremos forza tomando uns callos , a 2 euros a ración,barato barato.

22.00 Ritual do TIZÓN DO NADAL.

Podedes vir e votarlle unhas cantadas ou unhas tocadas.

ANIMÁDEVOS A VIR!!.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Gala XXV aniversario do C.C. A Pontevella en Compostela
O vindeiro domingo 18 de Decembro, o C.C. A Ponte Vella volverá a poñer en escea a súa Gala conmemorativa do 25 Aniversario (Música e Baile Tradicional) no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A Gala será algo diferente á do pasado 29 de Outubro.

Esperamos que vos... acerquedes para disfrutar un anaquiño do noso espectáculo, e aver se damos superado as máis de 300 persoas que asistiron á primeira Gala.

Agradecemos a todo o mundo as súas axudas, todas esas visitas na nosa nova páxina web e todo o apoio moral que nos dades. É un pracer poder rematar así este ano tan especial para nós, celebrando este emotivo 25 cumpreanos.

A entrada será totalmente de balde, e a hora de comezo da Gala está para as 20:30 horas.

Moitas grazas e unha aperta

Máis info: www.apontevella.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Fdez & Quintá na e-Trad (Vigo)
Concerto do Dúo Fdez & Quintá na e-Trad
Venres 16 Decembro

Salón de actos da e-Trad, 20h a 21h
Entrada libre ata completar aforo
Dúo Fdez. & Quintá
Carlos Quintá, Acordeón Diatónico
Óscar Fernández, Zanfona.


O dúo Fdez.& Quintá reune dous instrumentos que en dúo, foron uns descoñecidos na música tradicional gallega.
Mentres a zanfona desaparecía despois de estar case 9 séculos presente na cultura musical de todo o norte da península, o acordeón diatónico emerxía e cobraba protagonismo nas celebracions festivas de Galicia. Falamos de principios do século XX.
O acordeón aporta a harmonía, os baixos e unha melodía moi dinámica e a zanfona a calidez das cuodas frotadas máis a percusión do bordón rítmico, unha orquestiña completa con só dous músicos.

O dúo Fdez. & Quintá reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancioneiro instrumental galego: do propio acordeón diatónico, da gaita, e do repertorio de canto. O programa completaráse con composicións orixinais do Dúo baseadas en ritmos tradicionais e temas adaptados doutras culturas europeas.

O repertorio do dúo Fdez. & Quintá pode ser concebido como un concerto didáctico, simplemente para escoitar, ou desprovisto dos arranxos dun concerto habitual, para bailar. Amplificado ou totalmente acústico.

O dúo Carlos Quintá comenza a tocar en drecto no 2005 paricipando no encontro de acordeóns diatónicos de Ourense, e no Encontro coa Zanfona de Narón, no Inverno de 2006 , en salas de toda Galicia, diversos circuitos..........

Participou no ciclo de cursos didácticos na Universidad autónoma de Barcelona, Ciclo de Músicas Portuarias de Ferrol, concertos na Escola de Música Tradicional de Hernani (S. Sebastian), Escuela de Gaita y Tambor de Alberite (Logroño), Escuela de Música Tradicional “La Quintana” de Gijon…

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura no Auditorio Mar de Vigo (Vigo)
A Fundación Inade, Instituto Atlántico do Seguro organiza, para o vindeiro 17 de decembro, un Concerto co título "Grazas a ti", que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Con esta celebración, a Fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza que deposita nos mediadores de seguros para protexer o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como o labor que desempeñaron e desempeñan as persoas que traballan no conxunto do sector asegurador.

O Concerto "Grazas a ti" será interpretado polo grupo de música tradicional galega Treixadura, que presenta en Vigo o seu último disco "Esa se que é muiñada". Esta agrupación conta con vinte anos de gravacións e concertos, cinco discos no mercado, e unha variada gama de colaboracións discográficas.

Con este novo traballo, Treixadura pretende "revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural". Para desenvolver esta declaración de intencións, o grupo conta coa colaboración dos coros decanos galegos "Cantigas e Agarimos" (Santiago de Compostela), "Cantigas da Terra" (A Coruña), "Real coro Toxos e Froles" (Ferrol), a "Coral de Ruada" (Ourense) e a "Agrupación Musical do Rosal" (O Rosal, Pontevedra).

Invitacións:
Inade, Instituto Atlántico del Seguro. R/A Paz 2 - Baixo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Zenzar ao vivo
Despois de 20 anos, despois de 5 discos de estudo, por fin :ZENZAR AO VIVO

Primeiro dvd que edita a banda cercedense e que recolle unha presa de cancións grabadas no Festival de Cerceda 2009, contando con colaboracións ilustres coma: M. Silveira, Mª Xosé Silvar “Sés”,Gende beat, Martín L. “Machina”, Oscar de Kastomá, Javier Pardeiro “O Reverendo”, Pablo Dalama, José M. Ares, David bolaña, etc.

Ao mesmo tempo a banda está rematando a grabación do sexto disco de estudo que sairá en 2012.

CONCERTOS PRESENTACIÓN:
- 16 decembro, 22h. bar A Taberna-Cerceda. Mini-concerto acústico

- 23 decembro, 22,30h. Sala Badulake-Ordes. Concerto eléctrico cos colaboradores do dvd.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-12-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rebulir de Baile e Música (Ramirás)
VI FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR
Baile e Música Tradicional


Un ano máis, e xa van seis, chega o Festival Rebulir de Baile e Música
Tradicional, cun programa que se bosquexa o máis ambicioso dos ata o momento organizados. Nas Xornadas do 16, 17 e 18 de Decembro contémplanse múltiples actividades, que acorde a filosofía da asociación serán gratuitas e abertas para todo o público. Como novidade, destacamos a páxina web que se habilitou con toda información do evento
www.festivalrebulir.com .


O acto principal terá lugar o Sábado 17, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupo anfitrión e as diferentes autoridades presentes. Neste acto preténdese mostrar o mellor do folclore de cada unha das comunidades/países visitantes. Neste senso, contaremos con amigos chegados de:


- EBMT Rebulir (Ramirás)

- Grupo Orcellón (O Carballiño)

- AFM Villa i Condau de Noreña (Asturias)

- Grupo de Folclore da Casa do Povo de Cacia (Portugal)

- Grupo El Miajón (Extremadura)

- Mariachis y Ballet Colores de México (México)


Na madrugada do Domingo, o local ?Oxígeno? de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos animarán aos presentes coas súas músicas. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 17, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense e as súas termas.


Así, Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural con grupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns. A directiva da Asociación Rebulir espera que disfrutedes deste Festival que serve de proxección do noso Concello, e que de por sí, é xa unha data no almanaque festivo dos ramirenses.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Michel Giacometti, filmografía dun Pobo
O vindeiro sábado 17 de decembro ás 12 horas da mañá na Biblioteca da Cidade da Cultura, terá lugar a última sesión do 2011 sesión do ciclo Diarios Sonoros, Retratos Musicais do século XX. adicada ao etnomusicólogo corso Michel Giacometti.

Os convidados veñen de Portugal: José Moças e Paulo Lima, editor e investigador respectivamente da súa obra. Haberá unha proxección de dous documentais de Michel Giacometti, contextualización da súa obra e concerto-express de viola campanisa e voza cargo do máis afamdo intérprete deste instrumento en Portugal: Pedro Mestre

MICHEL GIACOMETTI, FILMOGRAFÍA DE UM POVO

A gravación documental das tradicións dun pobo para preservar o seu folklore é unha actividade tan valiosa coma romántica. Cultura inmaterial que esmorece e fica preservada para as xeracións posteriores. Desde Bela Bartok até Alan Lomax, son moitos os investigadores que fixeron traballos de campo en zonas concretas do mundo e deixaron un legado inmenso de cultura popular, ás veces anónima e sempre presente. Os traballos de recollida do etnomusicólogo corso Michel Giacometti, desenvolvidos en territorio portugués a partir da década dos 60, permitiron o rexisto e a preservación do imaxinario rural e o divulgaron para as vindeiras xeracións. O seu cometido é tan inmenso que a débeda do pobo de Portugal é infinita.

Actualmente, coa revolución informática e das comunicacións, atopámonos ante unha nova era na divulgación deste patrimonio e están aparecendo por todo o mundo edicións remasterizadas e dixitalizadas. Tradisom de José Moças, é unha editorial de Portugal adicada á promoción das películas documentais de Giacometti, numa coletánea dirixida por Paulo Lima, o máximo investigador en Portugal do traballo feito polo realizador corso. Acompañaráos para esta sesión Pedro Mestre, virtuoso da viola campanisa do Alentejo, instrumento que gravou Giacometti nos anos 60.

Formato:
Proxección de dous documentais de Michel Giacometti, contextualización da súa obra e concerto-express de viola campanisa e voz.

Participantes:
Condutor: José Moças. Programador e director de Tradisom, editorial independente de Vila Verde (Portugal).

Paulo Lima. Investigador e coordinador da última edición do libro-DVD/CD "Michel Giacometti - Filmografía Completa"

Concertista: Pedro Mestre. Cantor do Alentejo e o intérprete de viola campanisa (tipo especial de guitarra) máis afamado de Portugal.

Institucións vencelladas:

-Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa
-Museu da Música Portuguesa

Medio de Comunicación Colaborador:
- Radio Televisão de Portugal (RTP) Internacional
Ligazóns

Reserva de entradas online

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Lois Pereiro (O Incio)

Sábado 17 de decembro

19:00 - ACTO DE PRESENTACIÓN
(descubrimento duhna placa conmemorativa)

19:30 - RECITAL POÉTICO (no local multiusos do concello)

Intervián:
- MARICA CAMPO
- OLGA NOVO
- MANUEL RIVAS

22:00 - CONCERTOS (no antiguo mercado gandeiro)

- A QUENLLA
- ONDAS MARTENOT

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2011 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
A LNB lanza o seu explosivo pasaporte-sonoro

A LNB LANZA SEU EXPLOSIVO PASAPORTE-SONORO CHAMADO "REPÚBLICA BILLARDA" >> sons , letras e actitudes!!

O colectivo socio-deportivo LNB ( Liga Nacional de Billarda ), que trata recuperar e difundir o deporte de esencia tradicional chamado billarda ademáis da acción nas pistas de xogo , confirma a súa alianza co máis raiboso entramado sonoro actual galego coa publicación do explosivo disco dóbel no que as principais bandas da escena nacional galega interpretan a súa visión da revolución billarda que implacábel estoura xa en cada recuncho do país enteiro ....morte ó Rey , viva a "REPÚBLICA BILLARDA"!!


República Billarda é un disco doble de impactante escoita , visión , tacto e olfato xa que o espectacular libreto de 18 páginas condensa no seu interior unha intensidade tan brutal que pon en alerta todos os teus sentidos , foi realizado polo fotógrado experimental Nachok integrando imaxes e haikus de poetas galegos [ xabier cordal, sechu sende , mario regueiro , carlos negro , xavier campos , helena villar , matilde castro , arsenio iglesias pazos, maría lado , aduardo estévez ] que aportaron tamén a súa visión e actitude apoiando ista inaudita iniciativa de aliaza deportivo-sonora chamada "República Billarda" que tivo o seu brutal adianto na pasada edición do festival Liet International de línguas minorizadas en Lorient cuando Mafia Galega , o referencial grupo de hip-hop suizo-gallego , interpretou o tema Billarda Sempre .


O Culturgal de Pontevedra foi a presentación e posta de longo de longo oficial do República Billarda , un pasaporte-sonoro da Repúbica dos paus que condensa no seu interior o embravecido pulso vital da LNB e que chega a ti coma un poderoso monstruo de dúas cabezas , o disco billarda e disco palán:


Disco Billarda>> Narf, I Love I do , Aires do Padornelo, Fachenda Galega , Galegoz, Labazada , Miguel Alonso , Projecto Mourente, The Homens , Roper feat LNB , Hanom Ausse feat sak , Mapas sonoros -

Disco Palán>> Mafia Galega , Coro LNB , Ilegível , Fran Amil , Cuchufellos , Fanny-Alexander , Maghua , I Love I do , Montouto Sound Machine , Zënzär , Projecto Trepia, Reuxe Ruxe , Ulträqäns , ZIMMER103 , Mapas sonoros -


Para a edición do República Billarda a LNB puxo en marca un selo propio chamado OVaral-Records , sendo pois iste un lanzamento totalmente outoxestionado sen que nengunha institución lixe a contracapa dista xoia que non poderás atopar en negún centro comercial nen ambito afín senón que a distribución faise por canles alternativos coma a venda nos Abertos de Billarda , pola rede , nos puntos de venda-LNB ou na propia rúa nas explosivas accións-lótrego do Top-Mantelo . Prepárate pois porque o República Billarda non está pensado para ser ise obxecto de culto aparcado na túa estanteiría senón que pide terra e movemento a berros para estercar de sons, letras e actitudes o país enteiro nunha xeira de presentacións en espazos alternativos con pinchadas , concertos , abertinhos nocturnos, recitais de poétikos, catas de viño, licores e do que se poña por diante .... contamos contigo pois, porque non imos parar ate xogar e bruar en todas partes - Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2011 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Didácticas da Tradescola en Viveiro
A Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, realiza trimestralmente distintos actos como charlas, exposicións, concertos, e xornadas que achegan a numeroso público a coñecer o traballo que está a realizar a Asociación de Gaiteiros Galegos a través da Tradescola.

O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

Un exemplo disto será o concerto didáctico para escolares que realizará a Tradescola na vila de Viveiro o vindeiro día 15 de decembro.
Nesta actividade, preto de 700 alumnos de infantil e primaria dos centros CEP LOIS TOBIO, EEI SAN ROQUE e CPR LANDRO se achegarán ao Teatro Pastor Díaz para aprender e disfrutar do concerto didáctico impartido polos mestres Bruno Villamor, Andres Penabad e Xose Lois Romero, e no que se lles amosará a evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

A través de estas actividades, que se iniciaron coa posta en marcha da Tradescola no ano 2008, fíxose posible que máis de 1500 escolares de concellos como Ribadeo, Monforte, Vilalba, Sarria, Chantada, Mondoñedo, Lugo, ou A Fonsagrada...entre outros, se acercaran á música tradicional e coñeceran de primeira man os sons dos nosos instrumentos, os distintos ritmos, formacións e as distintas melodías existentes na nosa cultura tradicional. Estas accións formativas continuarán realizándose en periodos trimestrais para conseguir chegar aos numerosos centros e asociacións demandantes deste tipo de actividades.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Uxía
Uxía protagoniza hoxe no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia (20.00 horas) o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo. A cantante de Mos, que onte pola mañá estaba no campues vigués, presenta o seu último traballo, Meu canto, no que fai un percorrido polos seus 25 anos no mundo da música. Pero trátase ademais dun espectáculo moi especial no que non estará soa.

-¿Que ten de especial esta cita?
-Todo o ano é para min unha celebración, pero este concerto é especial porque é unha oportunidade para presentar en Vigo o disco que gravei en Brasil, e polos meus convidados. Ademais de Xoán Porto, co que traballo habitualmente, chamei a Isaac Palacín, de Berrogüetto, que foi o meu primeiro batería e a Xosé Manuel Budiño, co que compartín escenario tantas veces. E teño convidados que coñecín recentemente pero que xa forman parte importante da miña vida, como os brasileiros Sergio Tannus e a cantante Ceumar ou a angolana Aline Frazao, que estou segura van a sorprender ao público, e Eliseo Parra, que é un experto na música tradicional ibérica. Tamén estará Carlos Blanco, que me acompañou na gravación en Río de Janeiro. É un amigo da alma que fará de fío conductor e supoño que fará un retrato interesante en clave de humor destes anos que él seguiu moi de cerca.

-¿O repertorio vaise centrar no novo disco?
-Basicamente, pero tamén cantarei temas deles e outros meus anteriores vestidos doutra maneira. Eu concibo a música dun xeito colectivo e penso que as colaboracións con artistas doutras latitudes enriquecen a miña música, que nos últimos anos virou cara á lusofonía, pero non exclusivamente.

-¿Entón non haberá panxoliñas?
-Non creo, pero estará o espíritu do Nadal, que vai máis lonxe. Será un concerto participativo no que queremos que o público sexa parte do espectáculo e non un mero espectador pasivo. Para min tamén é importante este concerto porque é en Vigo, que non é a miña cidade de nacemento, pero síntome moi perto dela e teño moitos amigos. Agora vivo en Compostela e cada vez que veño é coma un reencontro feliz.

-A vostede, ademais, a Universidade de Vigo resúltalle moi familiar, ¿non si?
-Certo. Eu estudiei Filoloxía Románica no que entonces se chamaba Colexio Universitario de Vigo, o Cuvi, polo que é tamén é un reeencontro con xente que estudou conmigo, como o vicerreitor, Xosé Henrique Costas, e outros que hoxe están aquí dando clase. Teño moi bos recordos daquela etapa.

-¿Lémbrase de cando foi a primeira vez que subiu a un escenario?
-¡Buff! ¡Depende ao que lle chamenos escenario... dende a mesa do restaurante da miña aboa ate a biblioteca do Cuvi nun peche que fixemos ou nos pubs. O momento clave quizais foi o Festival de Bergantiños ao que me presentei. Pero formalmente, co meu primeiro disco xa gravado, foi no auditorio da Universidade de Santiago.

-¿Dubidou nalgún momento que tería futuro na música?
-Non. Sempre sentín que tiña o meu espazo. Teño hoxe o mesmo espíritu que cando comecei e iso é posible cando non te repites e cando intentas sorprender aos demais e a tí mesma. A pesar dos anos pasados gústame reinventarme para non facer cousas moi trilladas.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2011 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de nadal da Universidade de Vigo
Concerto de Nadal 2011
Martes 13 de decembro ás 20:30 h


Uxía MEU CANTO
Coa colaboración de: Aline Frazâo, Ceumar, X.M. Budiño, Eliseo Parra e Carlos Blanco

Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo

Entrada con invitación

A partir de hoxe, 5 de decembro ás 9:00 h. a Comunidade Universitaria da Uvigo poderá recollelas na oficina de Extensión Universitaria (Edificio Miralles).
Só se entregará unha invitación por persoa.

Non se entregarán invitacións a nome doutra persoa que non sexa o/a peticionario/a.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2011 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro `Os Morenos de Lavadores´
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-12-2011 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Vaamonde, Lamas & Romero
O TAMBOR DE PRATA "Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives

"MERLO BRANCO E FOL MUSICA Agárdante na presentación dun grupo ÚNICO ESPECIAL DIFERENTE


Suso VAAMONDE, Pedro LAMAS e Xosé Lois ROMERO no seu proxecto máis DIVERTIDO ALTA CALILDADE ARTÍSTICA e GRANDES DOSES DE BO HUMOR NON FALTES!

ROLDA DE PRENSA
MARTES 13/12/11

12:30 HORAS
AMBIGU DO SALON TEATRO
Rua Nova, 34 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCERTO PRESENTACION
MARTES 13/12/11

21 HORAS
SALON TEATRO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Segundo álbum deste trío no que demostran a súa mestría e capacidade coma músicos e artistas de primeira división. Un traballo inspirado na banda galega Os Trintas de Trives, uns músicos xa modernos para o ano 1910.
No mesmo formato atopamos o DVD gravado ao vivo no que tocan xunto coa Banda Sinfónica da Coruña durante un concerto celebrado no Pazo da Ópera: unha experiencia musical chea de humor.

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres nomes referenciais da música galega actual e as súas traxectorias individuais están xunguidas aos mellores momentos e artistas da música galega contemporánea (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Pel e Madeira, Fuxan os Ventos, Susana Seivane, Uxía, Luvas Verdes, Quique Peón Cía, Faltriqueira, Guadi Galego, Galeoke, Grupo Tradicional do IGAEM, X. M. Budiño, etc).

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-12-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Unhas conferencias poñen de manifesto o papel do galego na música
As cantigas tradicionais galegas son, en palabras de Anxo Lourenzo, secretario xeral de Política Lingüística, “un tesouro musical, pero tamén lingüístico, polos innumerables exemplos de galego de calidade que conteñen”. E este enfoque histórico e lingüístico é o que teñen as conferencias “A música na memoria” que se desenvolverán na sede do Conservatorio Profesional de Música de Santiago nas vindeiras semanas. Son tres cita a cargo de profesionais de gran relevancia no estudo da tradición musical de Galicia: Dorothé Schubart, Javier Jurado e Miguel López Fariña que falarán de cantigas, música de banda e a vida musical de Santiago a finais de século. Un enfoque musical para dar conta da situación do idioma nese contexto.

Programa

O primeiro ciclo de conferencias están compostos por tres citas.

Aula aberta con Dorothé Schubart. A música galega de Nadal
Profesora Dna. Dorothé Schubart
Xoves 15 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca
A musicóloga e compositora suíza, que será a encargada de abrir o ciclo, o próximo 15 de decembro, cun relatorio sobre a música galega de Nadal, pasou en Galicia dez anos rescatando cantigas por numerosos concellos. O resultado deste amplo e frutífero traballo foi o Cancioneiro Popular Galego, que posúe un gran valor para o idioma, xa que inclúe a transcrición lingüística das cantigas, realizada por Antón Santamarina.

A investigación e edición de partituras de Arquivos de Banda
Profesor D. Javier Jurado
Luns 19 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca
Javier Jurado explicará os procesos de investigación, edición e publicación de partituras históricas. Este profesor do Conservatorio Profesional de Música de Vigo colaborou na elaboración de materiais didácticos e no desenvolvemento dos currículos oficiais en Galicia. Ademais, leva a cabo varios proxectos de investigación, catalogación e publicación da obra do Mestre Vide e de Bernardo del Río.

A vida musical en Santiago a finais do século XIX
Profesor D. Miguel A. López Fariña

Luns 13 de febreiro ás 18:00 horas na Biblioteca
O último relatorio tratará sobre a vida musical en Santiago a finais do século XIX, que impartirá Miguel López Fariña. Este profesor de historia da música no conservatorio de Santiago foi cofundador do grupo Martín Codax e conta con diversas publicacións relacionadas coa pedagoxía musical, así como de ámbito científico.

www.culturagalega.org

www.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2011 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
Sábado 10 de decembro

O Serán de Sobradelo é unha cita ineludible para os amantes da música e da festa rachada.
É un dos seráns máis antigos de Galicia e un dos poucos que aínda conserva ese gusto polo tradicional e pola música da terra.


Sobradelo mudará este ano de escenario e achegarase ata a Praza da Peixería para participar nun espectáculo aberto só a aqueles que gustan da festa rachada. A partir das nove e media da noite de mañá a Praza da Peixería convertirase nun espazo só habilitado para a troula e no que non faltará absolutamente nada. Ata o momento xa teñen confirmada a súa asistencia 17 grupos tradicionais do entorno de Vilagarcía e chegados de diferentes puntos da comarca do Salnés que poñerán o toque musical a un evento no que tamén cobrará unha importancia especial a gastronomía.

E é que a crise económica tamén se deixou notar neste evento cunha menor incidencia das axudas de carácter institucional, o que obrigou aos organizadores a optar pola Peixería no canto da carpa con calefacción na que sempre se celebraba este emblemático serán. Non obstante, dende Sobradelo manifestan que “o tapeo é unha clave que non faltará”. Para combater o frío os organizadores optaron por configurar un menú moi “made in Galicia” con callos, pan preñado, rosca e chocolate quentiño.

Dende Sobradelo queren que este tipo de manifestacións tradicionais non se perdan co paso dos anos e, pese a ser conscientes de que a cita co serán coincide cun dos partidos de fútbol máis esperados do ano, confían en que “vai vir moita xente”. E é que, pese á crise e ás malas noticias referentes a peches de empresas e demais ao fío das festas navideñas, poucos se poden resistir a desconectar con unha boa dose de música de verdade, desa que fai sentir.

O certo é que ano tras ano o Serán de Sobradelo acolle a ducias de persoas que se achegan ata o escenario para compartir a tarde cos veciños, cos compañeiros ou incluso para coñecer a xente nova. Este evento é coñecido máis aló das fronteiras da capital arousá e, de feito, son moitas as asociacións e agrupacións de música tradicional que reparten a fama desta actividade por toda a provincia pontevedresa.

En Sobradelo, dende logo, hai sitio para todos aqueles que queiran gozar dun sábado pola noite como ben marca a tradición. Para os que queiran celebrar o final do fútbol, tamén hai sitio.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-12-2011 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 9 (Venres)
• Tonhito de Poi Con Rastrexos Project no auditorio Municipal de Ourense
• Invivo e K-raxe no Badulake de Ordes
• Narf no Café Cultural Auriense (Ourense) ás 21:30

Sábado 10
• Festival IAR de Folclore Galego no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 19:30
• Chicharo Psicotico e Kastoma no Badulake de Ordes
• Zurrumalla no Liceum (O Porriño)
• Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

Domingo 11
• Pesdelán na Discoteca LP-45 de Ordes ás 17:00
• Foliada en Arabexo, Val do Dubra (A Coruña)
• Serán en Mondariz ás 17 horas, diante da igrexa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2011 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

11 decembro
- Serán en Mondariz ás 17 horas, diante da igrexa

17 decembro
- V Serán de Covas (Tenorio-Cotobade) no local da Banda (o lado da Igrexa).
- Serán en Couso (Gondomar) no torreiro da festa

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo
- II Serán da Debullada, en Estás (Tomiño) no baixo do Centro Social
- Serán de reis en Riofrio (Mondariz)

14 xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)
- Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes

28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)

17 marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.

14 abril
- Serán de Fozara
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-12-2011 01:27
# Ligazón permanente a este artigo
Música e política
Se non estás non existes. Desgrazadamente con este goberno os grupos galegos non estamos, aínda que para a súa desgraza, sí existimos e insistimos

Cando me preguntan polo panorama musical galego tento morder a lingua para que as contradiccións non fagan aflorar posicionamentos viscerais. A miña experiencia no mundo da música faime ter ideas enfrontadas.

Considero que aínda que existe un panorama é moi feble e volátil. Hai unha división natural: por unha parte están os grupos de galegos que cantan en español ou inglés e pola outra estamos nós. Por unha parte están os megagrupos folk e pola outra están os do mestizaxe e os de rock.

Eu podo chegar a ser moi crítico coas outras vertentes musicais, pero tento sempre ser o respectuoso que me gustaría que foran conmigo, e as máis das veces mordo a lingua.

Os grupos que non cantan en galego fano dende diversas perspectivas. Hai os que non o falan (co cal sería hipócrita utilizalo para cantar, cousa que aínda que pareza incríbel pasa). Hai os que prefiren facelo en inglés e hai os que prefiren facelo en español. Eu prefiro sinceramente que senón o fan en galego, polo menos, que o fagan nunha lingua que eu coñeza (máis que nada para ver que din). Dende unha análise galega ben sinxela, é evidente que un rapaz ou rapaza que opte por cantar en castelán ou inglés faino porque evidentemente son linguas que están mellor vistas, son "máis guais" e isto do galego é un pouco "secta" (-"te encasillas, sabes?"-). Nós a isto chamámoslle auto-odio que no fondo é o que ten Feijoo e compañía. Iso que os move a combater o galego con tanta saña.

Ter unha banda e cantar en galego cuns textos comprometidos ten un gran valor persoal. O mundo da música consiste en facer discos, concertos, ter siareiros aquí e alá, vivencias... É unha loita constante na que defender un proxecto e levalo adiante non é doado pero tamén é algo sumamente satisfactorio. Mil veces escoitei o de "se cantarades en castelán seríades moito máis asequibeis, famosos..." e tontarías similares. Despois de tantos anos entendes que só a resignación parece a solución consciente máis razoable. Eu todavía non me resignei.

Se non estás non existes. Desgrazadamente con este goberno os grupos galegos non estamos, aínda que para a súa desgraza, sí existimos e insistimos.

Na época na que o nacionalismo levou cultura houbo moitas cousas que se fixeron mal e outras que se fixeron ben pero sobretodo déronse pasos que eran esenciais. Poder soar na radio pública a calquera hora do día, entrevistas que te permitían falar desas cousas que todo artista comprometido leva dentro e que facía que non só as escoitaran os teus siareiros senón o gran público. Houbo erros enormes como o Clubtura que permitiu que se fixeran auténticos fraudes económicos por parte das salas, chantaxes ás bandas... Tamén creouse en moitas bandas a sensación de que todo valía e a moitas colocounas nun falso pedestal. Agora que non está ese trampolín institucional hai moitas que se desfixeron ou que non entenden porque xa non teñen o "éxito" que tiñan.

É unha lección cruel pero máis cruel é non ter traballo. Moitas destas bandas morderon a man que lles deu de comer e agora mendigan migallas. O outro día tanto eu como o meu compañeiro de banda Gustavo, asinamos o manifesto pedindo o apoio para o BNG nas eleccións xerais. Por este posicionamento político tan sinxelo recibimos críticas. Ó final resultou ser un acto valente e case esperpéntico (manda carallo). Asumimos estas críticas sen problema, incluso foi algo inspirador ver que non estabamos tan errados co noso posicionamento con respecto ó panorama. Botamos en falla ver neste manifesto a todos estes músicos, colectivos e asociacións culturais que recibiron cuantiosas subvencións de cultura, cousa que nós nunca fixemos.

O doado neste mundiño é navegar como fai o PSOE. Non dicir nin que sí nin que non. Dende o meu posicionamento político, só concibo a loita eterna e desproporcionada co capital financeiro e a colonización cultural e ideolóxica coma unha loita que require dunha organización comprometida e constante no tempo. É precisa que a correlación de forzas cambie e que estas contradiccións se materialicen. O meu máximo respeito por todas as organizacións políticas galegas que dende posicionamentos nacionais e de esquerda real loitan contra este gran inimigo chamado sistema. Mais o meu posicionamento é claro: o BNG é a gran casa común dos nacionalista de esquerdas e aínda que non semellen bos tempo para a unión de forzas, este vai a ser o único camiño que nos permita liberarnos como nación. Quen non as teña todas consigo eu dígolle: entra e participa.

Vivimos tempos moi duros e a dereita española está aí: sendo o agravante do problema dende os seus mandatos. Sabemos o que acontece a nivel ideolóxico e económico sobradamente. Para a cultura galega tamén son tempo de vacas fracas: moitos festivais deixaron de facerse, silenciamento mediático... No panorama musical galego estamos acostumados a esta situación. Nós nunca tivemos vacas gordas. Compañeiros/as de andaina son tempos nos que vai haber que posicionarse ou morrer. Nas nosas mans tamén está mudar esta situación e non sinxelamente criticala.

Seguiremos ata que o corpo aguante e seguiremos sendo honestos con nós mesmos e coa nosa xente. Máis cedo que tarde iso que parece imposible farase realidade, pero para iso hai que mollarse e deixar de conformarse coas súas sobras. A cultura debe ser popular. O noso espazo non son as minorías senón a gran maioría de galegos e galegas. Recuperemos os espazos de poder e camiñemos cara a emancipación da nosa clase, paso a paso. Longo é duro é o camiño, máis é nosa a responsabilidade con nós mesmos e cos nosos. Fagamos música para medrar, gozar, combater, amar e sobretodo para transformar. Escoitemos música para medrar, gozar, combater, amar e sobretodo para transformar este sistema inxusto e perverso.

PABLO CARRACEDO GOLDAR
www.terraetempo.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2011 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Isga Collective presentan novo disco en Vigo
Os galegos ISGA Collective presentan o seu disco Etheria, anticipado en Londres
O Auditorio Municipal de Vigo acolle hoxe mércores o primeiro concerto deste proxecto, que naceu como banda sonora para a obra homónima do Centro Coreográfico Galego


O espírito de Etheria, unha muller do século IV que transcendeu como escritora e viaxeira (desde Galicia partiu aos santos lugares e a boa parte do sur de Europa), prosegue nestes tempos. O grupo galego ISGA Collective homenaxea hoxe a esta enigmática aventureira na presentación en Vigo, no Auditorio Municipal, do seu segundo traballo discográfico, Etheria. Será a partir das 21.00 horas coa entrada gratuíta ata completar aforamento nunha iniciativa apoiada desde a Concellería de Cultura.

O once temas de Etheria foron compostos por Isaac Garabatos (Vigo, 1975) por encargo da directora do Coreográfico Galego, Mercedes Suárez, para a obra homónima. ISGA Collective sumouse á compañía na xira do espectáculo de ballet.

No entanto, os músicos decidiron agora emprender unha viaxe en solitario con esta partitura, libre pero con "novos e persoais arranxos" por parte de cada un do sete creadores do colectivo: Cecilia Martínez (violín), David Outumuro (batería e percusión); Jean Marc Van Loo (baixo eléctrico); Jesús Andrés Tejada (guitarra eléctrica); Lorena Freijeiro (gaita e frautas) e Mónica de Nut (voz e pandereita).

O disco soa "máis instrumental" que a versión en directo que se tocaba para a obra de danza do Centro Coreográfico Galego, explica Isaac Garabatos. Este compositor tamén engade que será o de hoxe un concerto que presentará en primicia os novos arranxos e as cancións reconvertidas.
O directo desta noite, no entanto, tivo un precursor excelso: o concerto que o colectivo galego deu a pasada primavera no Canary Wharf, o distrito financeiro de Londres, dentro da iniciativa "A taste of Spain" de Turespaña e Turgalicia.

Para Garabatos, músico e compositor do disco, Etheria é un disco "máis orgánico" creado por unha banda, o ISGA Collective que foxe das etiquetas. "Non somos un grupo de folk tradicional galego pero si presentamos un sabor galego con correntes doutras músicas", jazz, post-rock, minimal ou mesmo oriental.

www.farodevigo.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2011 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Os Terrbles de Donas
Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura”

Tradición e xuventude, modernidade e legado histórico Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presenta novas composións. Un álbum tradicional que Os Terribles presentarán a partir do 3 de decembro en Furanchos e espacios tradicionais galegos.

O escoitar o nome de Os Terribles de Donas na memoria de moitos resoan as melodías daquela charanga que amenizaba, alá polos anos 50, toda festa popular que se preciara na comarca do Val Miñor e arredores, chegando a actuar tamén no norte de Portugal. Esta formación mantivo a súa intensa actividade, incluso houbo uns “Terribles”, fruto da emigración, alén da Atlántico, ata mediados dos 60, cando deciden cesar na súa actividade musical.

Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós. Dende o 2004 Manuel Antunez, Manolo Sousa, Suso Sousa, Xurxo Antúnez, Veronica Sousa e Xaime Estévez están a traballar na recuperación do repertorio dos primeiros Terribles. No 2009 sacaron o seu primeiro traballo discográfico, editado por PAI Música, “Abrollido”, unha magnifica recolección sonora de 12 temas, acompañadas por un libro que nos axuda a coñecer a historia dos Terribles.

PEDRAMOURA
“Pedramoura”, gravado nos estudios de Casa de Tolos (Gondomar) e editado por Pai Música, é o segundo disco desta formación que cada día se esforza por recuperar o seu pasado, gozar do presente e labrar un novo futuro. Unha formación na que as diferentes xeracións danse a man para gozar da música tradicional.

“Pedramoura” é un paso máis na recuperación do legado do patrimonio sonoro e representa a consolidación de Os Terribles do século XXI. Un grupo, e non só musical, que segue a recuperar o seu repertorio para unilo as novas melodías compostas por eles mesmos. Neste traballo atopamos 19 temas que fan un completo percorrido pola música galega. Dende a máis coñecida muiñeira, acompañada de foliadas, pasodobles, rumbas e ata algunha polca.

O nome deste álbum buscaronno Os Terribles no lugar de Pedra Moura, e o seu castro no Monte da Pinceiras. “Facendo unha homenaxe a un dos lugares máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor” segundo aseguran eles mesmos. Pedramoura viviu a historia de Os Terribles moi de preto, e se alí foi onde os primeiros Terribles fixeron o seu debut musical, alí é onde Os Terribles do século XXI buscaron a inspiración para este segundo traballo. E non só a inspiración, pois todos os que merquen o disco atoparán algo máis dese máxico lugar chamado Pedra Moura…

Entrevista Os Terribles de Donas from Casa de Tolos on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-12-2011 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Churrero (Arabexo - Val do Dubra)
Foliada que se vai a celebrar en Arabexo, Val do Dubra (A Coruña), co gallo dunha pequena homenaxe ao que fora un dos máis coñecidos gaiteiros do lugar, chamado "O Churrero", tíñan un grupo chamado "A Sagrada Familia", o señor fai un par de anos que morreu, pero todavía está na memoria de moitos que o coñecemos.

Gracias e un saúdo por todo.

http://personaxes-patinho.blogspot.com/
http://www.youtube.com/watch?v=RESMTtC9ZVo http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=323&idEdicion=643&idNoticia=210010
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-12-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Unha participación masiva pecha o Culturgal máis profesional
Tres días dedicados á industria cultural galega deixaron en Pontevedra un sabor doce e a idea de que «o soño de Culturgal é hoxe un proxecto consolidado», segundo o presidente de Asociación Galega de Editores (AGE), Manuel Bragado.

A masiva afluencia de público ata que a feira pechou as súas porta no Pazo dá Cultura deixou no padal da organización o resaibo do éxito. Ademais, facíano na edición máis completa e profesional da súa historia. Un total de 130 actividades de todas as disciplinas, 75 expositores e máis de 300 profesionais acreditados aproveitaron o fin de semana para pechar acordos e potenciar as sinerxías para futuros proxectos.

A xornada de despedida da feira deu un aspecto familiar ao Pazo da Cultura, sobre todo ao mediodía coa actuación no auditorio de Mamá Cabra, que presentaban Xa me tardan eses magos. Apenas unha hora despois os máis pequenos volvían ser os protagonistas maioritarios do teatro de monicreques Fantoches Baj, no Catro dous nenos.

O presidente da Asociación Galega de Editores mostrouse agradecido «co público, sobre todo familiar, que acudiu masivamente, e ilusionado coas enormes posibilidades que ten Culturgal como espazo de encontro profesional».
Pero á marxe da actividade infantil, que onte tivo unha presenza notable, a feira ofreceu todas as posibilidades dun sector que soubo exhibir en tres días o seu músculo creativo. «A tecnoloxía amosou as súas capacidades transversais e as súas potencialidades para as industrias culturais», indican desde a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet, que añande que «o éxito de público dá mostra do interese que despertan as novas aplicación e o sorprendente que resulta para a xente as súas potencialidades».
Os profesionais coinciden en que á cultura galega élle imprescindible internacionalizarse para buscar novos mercados, e a tecnoloxía convértese na ferramenta perfecta para chegar a eses puntos, case todos situados en Latinoamérica.

Conversacións literarias
A tecnoloxía compartiu escenario coa conversación literaria da man do escritor e xornalista de La Voz de Galicia, Xesús Fraga, que dialogou na feira con Mario Regueira e Jacobo F. Serrano sobre as súas obras. Para o presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo, é aínda máis importante que a afluencia de público, o feito de que a xente que asistiu á feira «estivese cómoda no fogar da cultura galega, que é o seu fogar».

Culturgal pecha a cuarta edición en Pontevedra co obxectivo cumprido logo de alcanzar un público cada vez máis profesional e coa satisfacción de levar agora ao País Vasco un grupo de persoas que actuarán como embaixadores de todas as disciplinas da cultura galega na Feira do Libro e do Disco de Durango, que abría onte as súas portas.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2011 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Anxo Lorenzo
Esta semana coñeceuse que o gaiteiro moañés Anxo Lorenzo recibirá, o 28 de xaneiro, o premio que lle acredita como gañador do prestixioso Folkherbst Festival, celebrado na cidade alemá de Plauen. Xunto a dous do cinco compoñentes da súa banda, Lorenzo recibirá a estatuílla "Iron Eversteiner". Entre os candidatos había uns 20 grupos de elevado nivel. Acode á entrevista en compaña do violinista irlandés Eoghan Neff. Xunto a el e Luís Peixoto ao bouzouki, metéronse no bote ao público xermano.

–Os premios axudan a continuar unha carreira musical ou se valoran máis co paso dos anos?

–En todas as disciplinas artísticas, como poden ser tamén o cinema ou o teatro, cando che dan un premio sempre é bo e ábreche portas, de feito chamáronnos xa para actuar noutros festivais de Alemaña. Non o esperabamos porque acudimos a Plauen como a un concerto máis, no que demos toda a enerxía que temos, como sempre. A única diferenza é que estivemos dúas horas tocando e sempre nos pedían outra. Mesmo improvisamos tres cancións novas, que nunca tocaramos en directo. O ambiente foi máxico.

–Que sensación déixavos un galardón deste tipo?
–Moi contentos, sobre todo porque nos elixiu o público. Obtivemos o voto do 100% dos asistentes, o que non deixou opción ao xurado. Ao principio o público estaba expectante. As dúas primeiras cancións estaban a escoitar, pero na terceira empezaron a bailar e a tocar as palmas e volvíanse tolos. Foi un concerto a trío, un formato que só utilizamos ás veces. Ademais, só un grupo galego lograra este galardón con anterioridade. Foi Berrogüetto na edición de 1998.

–Este ano tocaron moito no estranxeiro. En que países?
–Levamos dous anos presentado o disco Tirán, e curiosamente o primeiro destes concertos foi en Berlín, no emblemático Cinema Babylon. Foi un gran éxito e descubrimos que en Alemaña hai público que goza da música celta. Estes últimos dous anos estivemos en Inglaterra, Bélxica, Alemaña, Portugal, Escocia, Irlanda ou Gales.

–En Irlanda ou nos chamados Países Celtas é onde máis gozan coa música de gaita ou é un tópico?
–En Irlanda gusta moito e hai unha tradición musical e relacionada con este instrumento que ten unha conexión moi grande co que facemos. Pero, por exemplo, en Alemaña a maioría da xente non sabe que aquí temos unha tradición relacionada coa gaita. Pásanos noutros países. En Irlanda moitas persoas tampouco saben nada de Galicia, se non están relacionadas co mundo da música.

–Nos seus concertos no estranxeiro apostan máis pola tradición galega ou pola música de vangarda?
–Tanto no disco como nos directos mesturamos música tradicional, fusión e composicións propias máis vangardistas. Gústanos experimentar con outros estilos como o bluegrass americano. A verdade é que adoitamos espremer ao máximo as posibilidades de cada instrumento.

–Sente que agora mesmo os gaiteiros están mellor valorados fóra que en Galicia?
–É evidente que estamos nun mal momento para este estilo, porque o boom da música folk dos anos 90 pasouse. Isto, unido á crise da industria discográfica, en continuos cambios, complica as cousas. Pero nós seguimos tocando, que é o importante.

–Teñen moitas actuacións por Galicia?
–Tocamos pouco, a verdade, menos do que nos gustaría. Non se canto se valora aquí este tipo de música, pero está claro que fora apréciano moitísimo. Creo que se houbese tantas oportunidades de presentar a música aquí recibiríase igual de ben. A última actuación en Moaña foi no Intercéltico de 2010 e en Galicia en agosto.

–Están a preparar un disco novo, o segundo. Que nos pode adiantar?
–O título sempre queda para o final (risas). Pero será un disco totalmente acústico, na mesma liña que Tirán e para a primavera sairá á venda. Conto co mesmo equipo de músicos –Anxo Lorenzo Band– e o mesmo produtor. Vai haber composicións propias e temas tradicionais de países nos que estivemos estes anos. Cando viaxas e tocas fóra sempre te enriqueces doutras músicas e gústanos aprender de distintas tradicións e facer nosa propia adaptación. Sairá na primavera e seguramente o presentaremos na Semana Cultural de Frankfurt. Seguiremos levando a música e a gaita por toda Europa. Tamén nos gustaría dar o salto a Estados Unidos.

–A industria está mal, pero como van as vendas de Tirán?
–Vendemos moito nos concertos. O disco funciona moi ben e xa sacamos a segunda edición.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2011 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto pecha a xira que celebra o seu 15.º aniversario
As biografías serven para demostrar que as cousas non son como comezan, senón como terminan. Berrogüetto actuou onte en Zaragoza, nunha xira que despide o ano en que a formación cumpre quince e que celebrou con máis fame de futuro que nostalxia.

Embaixadores musicais de Galicia, premio da Música, xira internacional e, chegando ao final de ano, un disco en directo acompañado co seu DVD e unha biografía da formación escrita por Fernando Neira e publicada por Galaxia.
Anxo Pintos, na banda desde a súa formación inicial, cre que este ano foi como «unha crónica dos feitos, tanto no plano das conquistas como das cousas que puideron ser e non foron». O músico considera que non «hai nostalxia no reconto» e apunta que a intención do grupo era «preparar o músculo para os envites e os embates dos tempos que se aveciñan, que non han ser mellores que os de agora».

Pintos considera que para o futuro o reto para a banda e para o resto da músico é «conseguir a comuñón co público coas nosas propostas porque xa non hai outra lona para abeirarse».

Berrogüetto viviu cambios nestes quince anos que se pechan coa xira. Explica Anxo Pintos que houbo un bum do folk e logo veu «unha etapa de decantación, máis tranquila». Pero o músico considera que en Galicia, se se toma como referencia a creatividade, «o folk segue sendo fundamental e cando tocamos fóra creo que se lle recoñece a Galicia a súa importancia na música folk e a calidade dos músicos e das propostas».
Berrogüetto presentouse como «música tradicional de vangarda», pero Pintos xa advirte que toda etiqueta está a deixar «as costuras un pouco forzadas». Explica que Berrogüetto segue mantendo a intención de que a música tradicional «cohabite con todo tipo de música da que se fai agora». Por último Pintos asegura: «En Galicia temos moita sorte co patrimonio da música tradicional porque, a estas alturas da historia, aínda se pode facer recolleita de pezas».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2011 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do I concurso de gaita e percusión Toxos e Froles
O dúo Foidesta, formado polos irmáns Santi e Laura López Suarez –de 15 e 17 anos–, gañou a primeira edición do concurso de gaita e percusión para menores de idade que convocou o Toxos e Froles.

Os rapaces forman parte da asociación cultural Os Xeitosos, de Trazo (na provincia da Coruña), e interpretaron o “Alalá de Monterrei” e a “Jota de Recadadores”. Impuxéronse a outras seis parellas, chegadas desde Xinzo da Limia, Lugo, Melide e Fene, nunha final moi competida e logo dunha “tensa e dura deliberación”, segundo o portavoz do xurado. Os irmáns López Suárez levan uns oito anos na música tradicional e onte participaban nun concurso de gaita e percusión por segunda vez na súa vida. Moi aplaudidos polo público cando se soubo o veredicto, conseguiron vencer os nervos e amosábanse “moi ilusionados” polo resultado. Tamén subliñaron a categoría dos seus compañeiros, nunha proba “de moitísimo nivel”.

O Toxos convocou este concurso –dotado con 600 euros– para dar a coñecer ós rapaces que estudan nas escolas de música e baile tradicional, futuros referentes do folk galego, ofrecendo ademais un punto de encontro entre eles. O certame desenvolveuse con axilidade, xa que cada parella tiña un tempo máximo de cinco minutos para actuar. Pouco antes das oito o xurado –formado por Arturo Lamas, Fernando Dopico e Andrés Tojeiro– retirouse a deliberar mentres o sexteto ferrolán De Xirité entretiña a un público moi animado e que enchía o salón de actos. Tras o fallo, os catorce rapaces tocaron xuntos a muiñeira A Camposa.

Desde o Toxos amosáronse moi satisfeitos pola resposta obtida nesta primeira convocatoria e “emocionados” ante o calor dos espectadores que asistiron ó certame. “Para Ferrol e para Galicia, o Toxos é unha entidade cultural e queremos facer, como hoxe, que os nosos mozos poidan seguir o traballo de toda esta xente que temos detrás de nós desde 1914”, apuntou Eliseo Zaera, presentador do concurso.

O Toxos convocou tamén un certame de baile tradicional, que se celebrará no Jofre o 7 de xaneiro. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de decembro.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
XX Premio IAR de Folclore Galego (A Coruña)
Premio IAR de Folclore galego 2011 a Xacarandaina

O Xurado do Premio quixo deste xeito destacar a traxectoria do grupo Xacarandaina e o seu labor de recuperación do vestiario e das tradicións artísticas galegas, manifestadas no amplo repertorio do Grupo de Música e Bailes.

Xacarandaina recibirá o premio o 10 de decembro, a partir das 19:30h. no Festival que organiza cada ano esta asociación e que será celebrado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no que actuarán tamén os grupos "Coros y Danzas Castiella" de Cabezón e Pisuerga (Valladolid) e "Os Melidaos" de Melide.

O premio IAR
O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país e con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2011 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
3 decembro
- Serán en Pinzás (Tomiño)

10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo
- II Serán da Debullada, en Estás (Tomiño) no baixo do Centro Social.

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pinzás (Tomiño)
EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS E NOITE DE SERÁN EN PINZÁS
O día 3 de decembro na Casa do Pobo

A exposición poderá verse o longo do día.

As 14 horas un xantar, no que se degustará cordeiro criado no pobo, ou xamón asado, postre, viño, pan e café. O prezo é de 12 €. Se queres anotarte chama a un dos seguintes teléfonos:
690 832 240 ou 636 222 701

Hai degustación de filloas a pedra.

A partir das 21 horas comenza o Serán
Participan grupos de gaitas, pandereteiras, charangas, acordeóns, treboadas......invitámoste a que veñas a tocar calquér instrumento que tí queiras.

Organiza, Asociación Veciñal de Pinzás.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-12-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Fia e baile de pandeireta en trazo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-12-2011 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer