Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa fin de ano no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Malmequer
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións de Pablo Seoane Grupo
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións da A.C. Muiños de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Bo nadal da Asociación Banda de Gaitas de Beariz
A Asociación Banda de Gaitas do Concello de Beariz deséxavos un Bo Nadal e un Próspero ano 2011.

Ogallá siga a Foliada, as Ruadas e a Festa Rachada.

Un forte aperta a tod@s.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións de Músicos ao Vivo

Músicos ao Vivo quere desexarvos a todos un Bo Nadal e un próspero ano 2011 con moita música.
Esperemos que a andaina da asociación manteña o ritmo e entusiasmo deste ano.

A Xunta Directiva traballará a reo co voso apoio para que esta aventura siga adiante polo ben da música e dos músicos en Galicia.

Un saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Felis ano dos Maghúa
Desde o grupo de cantareiros Maghúa queremos-vos desexar a tod@s un mui ditoso ano 2011...

Para os que creades nestas festas, Bon Natal e, para os que non, muita festa!

Que a música e o baile non fallen nas vosas vidas!

Saúde!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2010 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
VII Certame de Cantares de Reis (Boimorto)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-12-2010 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Repaso do Alalá ao ano 2010

Hoxe, mércores, día 29/12/2010

Co ánimo de seguir compartindo con todos os galegos as mellores aventuras musicais que recollen as tradicións do patrimonio cultural galego, o equipo de "Alalá" quere renovar esforzos cara ao próximo horizonte de 2011 na busca de novos valores artísticos, novos gaiteiros, pandereiteiras e bailadores, persoas todas elas que viven a nosa música como oficio ou simplemente como unha paixón e de quen sempre estamos a aprender.

Precisamente porque estes artistas anónimos do noso patrimonio cultural se converten tamén nos nosos mestres, o programa repasa esta noite o que aprendemos en 2010, ao estar con gaiteiros vellos e novos; con tocadores de filharmónica, con charangas, con mulleres poderosas de voz marabillosa e con pandereiteiros novos e urbanos; pero tamén os temas cantados, falados e bailados, sobre o divino e o humano, os tempos da guerra, de cando os músicos ían andando a todas partes, da vida no mar, de amores...e todo o que o equipo do programa pensa facer cara a 2011, con máis cantigas vellas e con máis risas novas.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 29-12-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Hoxe Mércores 29 de decembro

Debido á coincidencia co fin de ano trocando o habitual derradeiro venres de mes por hoxe mércores, o Salason de Cangas do Morrazo celebra unha nova Foliada a partir das 22:00 e entrada de balde.

Estamos en nadal e haberá actuacións sorpresa...


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-12-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado do Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín quere anunciar que o 30 de decembro do 2010 tocará unha vez máis no CC Auriense de Ourense, data e lugar no que se cumpren 3 anos da súa primeira actuación. Despois deste evento, e logo de máis de 150 concertos, O Sonoro Maxín decidiu pospoñer a súa xira ininterrumpida até o ano 2012 -salvo excepcións-.


Así, ao longo do 2011 o grupo poderase ocupar de outros asuntos ao mesmo tempo que pretende realizar e dar saída ao seu primeiro disco de estudio.

O Sonoro Maxín, por último, quere agradecer a confianza e o cariño a cachón que recibiu durante estes tres anos de emocións, paixón e honestidade.

Até pronto.

www.myspace.com/osonoromaxin

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-12-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Punteiros de azucre
"Gaiteiros de vainilla,/ bufa que bufa,/ en punteiros de azucre/ para que durmas". Así comeza unha das once cancións de berce que contén Arrolos de salitre, o quinto disco do selo creado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Melodías suaves e sinxelas, nas que predominan o son da guitarra e do acordeón, acompañan nestre traballo a letras tradicionais ou de autor. Guillerme fálanos do proxecto.

Moitas pezas parten de recollas realizadas en distintos lugares do país. Como foi o proceso?
Xabier Díaz dedicou moitos anos a facer traballo de campo, gravar cancións que están recollidas no que chamamos Arquivo de Salitre. Dese arquivo botamos man para rebuscar e seleccionar as melodías que mellor podían adaptarse a este proxecto. No caso dos temas tradicionais, arranxamos as melodías. E tamén hai no disco temas de composición propia, que tentamos que gardasen relación co substrato tradicional, que houbese unha coherencia estilística.

Nove voces emerxentes participan no disco. Só o último tema é cantado por Xabier. Era un xeito de darlle variedade ó disco? Os xeitos de cantar son diferentes, aínda que as melodías sexan máis semellantes.
O obxectivo era darlle variedade ó disco, si, con voces de distintas procedencias: non todos veñen da música tradicional... E, por outra banda, dar a coñecer novas voces.

Cada vez hai máis discos en galego para nenos e nenas. Pero non é tan común facer un disco para bebés...
Un pouco era esa a intención, para que os nenos, desde o berce, se acheguen á música en galego, teñan contacto coa música na lingua propia desde o principio das súas vidas.

Nas melodías o que máis se oe é a túa guitarra e o acordeón de Xabier, e un pouco de percusión...
Tamén era a idea. Facer algo distinto doutros formatos dos que participamos como Berrogüetto, no que hai moitos instrumentos e cada persoa toca varios. Aquí queriamos facer algo máis sinxelo, tamén para adaptarnos ó público ó que o disco vai dirixido. Cancións fáciles de lembrar, de cantaruxar, sen moita variación tímbrica e de instrumentos, con só o acordeón, a guitarra e a percusión que facemos entre os dous. Nun tema colabora con nós tamén Quim Farinha, e noutro Pedro Lamas e Suso Iglesias.

No medio do folletiño das letras aparece un relato da escritora e xornalista Lupe Gómez. Como foi?
Queriamos botar man de alguén que expresase con palabras o proxecto. Pensamos os dous en Lupe, polo seu xeito de escribir, tan ligado ó mundo infantil. É como unha nena eterna... Escribiu un conto moi bonito.

É o quinto disco de Músicas de Salitre, tras proxectos como "Espido", "Coplas para Icía" ou "Benzón", que membros de Berrogüetto fixestes de xeito paralelo. É unha maneira de refrescarse despois de tantos anos? De onde vén o nome?
O nome é porque tanto Xabier como eu nacemos e vivimos en vilas costeiras. Os proxectos de "Músicas de Salitre" son complementarios con respecto a Berrogüetto. En "Espido" queriamos facer algo só con guitarra e voz... Unha formación é máis axeitada para un proxecto e outra para outro... E tamén é unha vía de escape, si.

Como é arranxar melodías recollidas hai anos, transmitidas por persoas que ó mellor xa nin viven?
Pois faise con respecto, tratando de non desvirtuala pero achegándoa á contemporaneidade. En realidade afróntala como outra melodía, tratando de manter a súa esencia...

DATOS "É un hábito que se está perdendo"

Gustoume moito "Gaiteiros de vainilla"...

A letra é dun poema de Carlos Rivero, un autor de Ponteareas. Atopámola no seu libro Catavento ao Norde, e tentamos lozalizar o autor pero non o conseguimos.

Como foi traballar para bebés? Fixestes algunha proba con nenos e nenas pequenos?
Eu pensei que ía ser máis complicado, pero ó final non foi tanto. Si que nos deixamos aconsellar por amigos que son pais.

A vós cantábanvos arrolos? Eu creo que é algo que xa non se fai moito. E tamén é parte do noso patrimonio musical...
Unha avoa si que me cantaba algo. Desde logo antes cantábanse moito máis, como demostra o arquivo. É un hábito que se está case perdendo, si.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-12-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para ler sobre a punta do pé
Integrantes de Pesdelán imparten mañá no Auditorio de Cangas do Morrazo un obradoiro de baile

O grupo Pesdelán acaba de publicar en Kalandraka un libro que inclúe un CD e un DVD titulado "Na punta do pé", unha iniciativa para contribuir á conservación e divulgación dos bailes tradicionais. Mañá preséntase en Cangas.


Non hai mellor título para un libro que tenta promover a conservación e o coñecemento dos bailes tradicionais que “Na punta do pé”. Ésta foi a expresión escollida polos integrantes do grupo Pesdelán para o seu novo proxecto, editado por Kalandraka, e que é moito máis que un libro: inclúe un CD e un DVD para facer máis comprensibles os contidos e as danzas que se recollen. Algúns dos integrantes do grupo, como Mercedes Prieto, estarán mañá xoves ás 18.00 horas no Auditorio de Cangas para participar nunha presentación e un obradoiro aberto e cun carácter marcadamente interactivo.
“Na punta do pé” recolle doce pezas e outros tres cortes de carácter instrumental. Hai muiñeiras, jotas, valses, pasodobres... e o denominador común de todas estas músicas e bailes é que foron recollidos en lugares de Galicia e Portugal. A única excepción é “Baiao”, un tema orixinal de Bahía (Brasil) pero que chegou ata terras portuguesas. “O que pretendemos é que estes bailes que se fan de xeito natural nas festas e celebracións non desaparezan e que a xente aprenda a bailar”, explica Mercedes Prieto, que xa impulsou unha iniciativa semellante durante unha estadía en Portugal.

Os temas que forman parte de “Na punta do pé” foron escollidos porque “son sinxelos, asequibles e poden funcionar con todo tipo de persoas”. A decisión de incluir un DVD e detalladas ilustracións de cada unha das danzas —obra do portugués Joao Vaz de Carballo— é para facilitar a comprensión dos pasos e dos puntos, algo que resulta máis doado en base a imaxes e debuxos. E é que esta publicación tamén quere chegar ás escolas, “onde as artes e as danzas aínda non teñen demasiada presenza a pesar de que son un bo vehículo para fomentar competencias como o traballo en grupo”, lamenta Mercedes Prieto. Ademais axuda a conservación do patrimonio inmaterial galego-portugués e contribúe a que os rapaces coñezan mellor o lugar do que proceden e a súa cultura identitaria.

O obradoiro de mañá no Auditorio será esencialmente participativo e Prieto combinará as explicacións con demostracións en vivo cos propios asistentes á presentación de “Na punta do pé”. “Está claro que así se van entender moito mellor”, suliña Prieto. Xunto a ela forman parte de Pesdelán Montserrat Rivera (tamén de Leilía), Uxía Cribeiro, Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Florez e Amadeo Gottardi.
Este traballo está producido por Pedro Pascual, acordeonista do grupo Marful, e a publicación ten tamén unha edición en portugués, na cal tres dos temas son cantados por Selina da Piedade mentras que na edición galega canta Guadi Galego.

Aula de estimulación

Este acto será ás 18.00 horas, aínda que previamente Mercedes Prieto estará nunha actividade cos nenos e nenas da aula de estimulación de Cangas, un total de 45 persoas. Tamén traballará con eles aspectos relacionados co baile e que poden resultar tamén de gran interese e axuda para o seu desenvolvemento.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-12-2010 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Folque na Rúa (Compostela)
CONCERTOS NAS RÚAS COMERCIAIS

Continua a actividade de Folque na rúa é un programa de concertos nas rúas de Santiago de Compostela para animar o espazo público durante o horario comercial entre o 17 de decembro e o 4 de xaneiro de 2010. Está organizado por ACOTES (Asociación de Comerciantes de Santiago) coa colaboración artística de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular.

O obxectivo de Folque na rúa é a mistura de música tradicional e comercio para potenciar e divulgar a cultura galega a través da música creando á vez unha atmosfera agradábel nas rúas de Santiago para clientes, visitantes e cidadáns.

Folque na rúa une música tradicional e comercio tamén para darlle un aire fresco e renovado á campaña da tempada, dinamizar comercial e culturalmente as rúas, buscando presencia e notoriedade nos medios de comunicación á vez que se potencia a cultura galega por medio dun feito diferencial como é a música tradicional, reclamo fundamental para turistas e santiagueses.

PROGRAMA

xoves, 30 de decembro
Hora: 18:00
Primordiais (harpa e canto)

martes, 4 de xaneiro
Hora: 18:00
Ariel Ninas e Xacobe Varela (Zanfona e gaita)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais (Compostela)
Martes 28 de decembro
ás 20:00
Auditorio de Galicia (Compostela)


A Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais celébrase no Auditorio de Galicia dentro do programa Apalpando as Ilusións, e contará coa actuación de cinco grupos dos CSC e un convidado, Brincadeira.

O presentador será Nelson Quinteiro. Como fío conductor desta gala, e presentando fragmentos do seu espectáculo 'Danza e Contradanza', a compañía CONTRA2, formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro servirá como vínculo e nexo de unión entre os diferentes colectivos de danza tradicional locais.

Iván Villar e Nelson Quinteiro crean así unha linguaxe propia que ten sido descrita como "unha das propostas máis interesantes e orixinais no mundo do canto e danza tradicionais galegas, cunha aposta clara pola linguaxe contemporánea". Actuarán:

1. Armadanzas de Laraño
2. O Castro de Figueiras
3. Pena Maior de Marrozos
4. Grupo Río Sarela da Peregrina
5. Grupo de Baile Xirandaina de Amio
6. Grupo convidado: Brincadeira.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
CANTOS DE REIS 2011 cos CHICHISOS



· O grupo Os Chichisos un ano maís empezamos os ensaios dos cantos de reis
luns 27 de decembro na casa do pobo de Bértola - Vilaboa ás 20:00 h



PROGRAMA:
· Días de ensaio : 27 28, 29 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro na casa do pobo de Bértola - Vilaboa ás 20:00 h
· 4 de xaneiro polas prazas e rúas de Pontevedra, actuación de Os Chichisos. Sairemos ás 17.00 h da praza da Liberdade. Actuación incluída dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello de Pontevedra.

OS CHICHISOS
· RAFAEL QUINTÍA 687 412 072
· ROSALÍA RODRIGUEZ 649 748 708



OS CANTOS DE REIS

Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. En troques do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.

Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.
En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos. Normalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura dun lugar onde parir. Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comeza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licenza para cantar na casa dos que visitaban. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos cos demais. De seguido tocábase unha xota ou muiñeira e convidaban os da casa a danzar.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.
Moitos destes cantares son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.

Os cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anís, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar facilmente nas aldeas. Pola zona sur da provincia de Pontevedra, conservan a súa propia tradición de cantos de Nadal, as rondallas. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os instrumentos que había na casa e ían de pasarrúas polos barrios.

Os cantos de Reis era e é unha das tradicións máis fermosas do tempo de Nadal. Forman parte importante do noso patrimonio cultural, polo que é un tesouro que debemos manter.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2010 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana da noiteboa
Sexta feira 24 (Venres)

Sábado 25
• Mamá Cabra en Mos ás 16:30 no Multiusos das Pozas
• Foliada de nadal do Fiadeiro, no Calvario (Vigo) ás 21:00

Domingo 26
• Gala Donaire no Teatro Rosalía de Castro
• Bellón Maceiras no Festival de Panxoliñas de Dodro
• Tanxedoras e Os Terribles de Donas no C.C. de Vincios (Gondomar) ás 18:00
• Concerto pola selección galega en Ourense: Keltoi, Royalties, Som do galpóm na praza da Magdalena ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Polo nadal chega o Apalpador
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

O mesmo costume tense rexistrado na Terra de Trives, aínda que aquí recibe o nome de pandigueiro.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Video Felicitacións da A. C. Malveiras

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Donaire
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións de Tiruleque
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Bo nadal de Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións da A.C. Trepia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Festas da A.F.C. Terra Meiga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Bo nadal do Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Boas Festas de Gaideón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Boas Festas de Traspés
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións da Escola Rebulir
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal dos Abrentes de Cerdedo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións do Obradoiro Seivane
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Felicitacións de Folk in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Felisces Festas da A. C. Garabano
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Díaz conta ´Tic Tac´
O Multiusos do Sar, en Compostela, acolle hoxe o concerto Tic-Tac, co que dá comezo a programación para familias do ciclo Nadal xogo, organizado polo Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación e de Deportes.

Tic-Tac é un traballo musical do cantautor Pablo Díaz, no que dunha maneira lúdica, se fai un percorrido por distintos ritmos nos que se abarca a universalidade da música. Aparecen melodías e instrumentos moi variados para enriquecer esa música.

O tratamento musical tamén varía de tema a tema. As cancións abordan cada unha un ritmo musical distinto ou unha temática diferente. E con varios instrumentos: da música clásica, do jazz, do folk e mesmo da música tradicional.

Dentro do disco Tic-Tac aparecen diversas temáticas. Hai temas coñecidos por todos os nenos de Compostela, como Un dous tres, que ves? E tamén cancións nas que se fai referencia a elementos da casa e da cociña, a natureza, o mar ou os animais. Cómpre salientar ademais que é un traballo para compartir entre pais e fillos.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2010 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Nuñez na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2010 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de Marta Quintana
Marta Quintana ex componente do duo Setesaias, e da Orquesta folk Sondeseu.

Presenta un proxecto en solitario: Marta Quintana, como cantante, instrumentista (arpa celta), compositora e arranxista. Este grupo segue baseándose na música tradicional pero con aires renovados, coa arpa e a voz como elementos primordiais mais tamén arroupada por uns instrumentistas únicos e todo elo engalanado coa presenza do baile tradicional.
Comentarios (4) - Categoría: Discos - Publicado o 23-12-2010 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer