Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O folclore que cruzou o Atlántico
Netos de emigrantes en Buenos Aires recuperan cantos e danzas antigas de Galicia

O interese por analizar os cantos e os bailes que trouxeron os seus antepasados a Arxentina é o que alenta o proxecto Bos Aires Boa Terra, unha iniciativa que xa leva funcionando algúns anos e que agora se fai pública por primeira vez a través dun espectáculo que se está a presentar en distintas localidades da capital arxentina. Os mozos María Eugenia Seijo e Martín Calderón son os motores dun proxecto que os levou a realizar máis de 70 entrevistas a emigrantes nestes últimos seis anos para tratar de recuperar o folclore que estes anciáns traían na súa testa no momento en que iniciaron a súa viaxe cara a América.

Seijo e Calderon adican boa parte do seu tempo libre a visitar as persoas que creen que poden aportar os seus recordos ao proxecto. "Imos ás casas dos emigrantes e nos reciben cunha mesa chea de cousas para comer e beber. Ademais de gravar as entrevistas, o que tentamos facer é que eles mesmos interpreten as cancións que lembran e tamén, se poden, que bailen. O problema é que a maioría son xa moi vellos", explica Maria Eugenia, a encargada da danza mentres que Martín se especializa no canto.

Algunhas veces atopan xoias, coma María, unha señora de 103 anos que canta e toca a pandeireta mentres as súas fillas (que andan polos 80 anos) e os seus xenros danzan no salón da súa casa. Ver e escoitar a gravación deste e doutros momentos é un auténtico privilexio para os interesados na recuperación do folclore de principios do século XX. As filmacións suman moitas horas de vídeo. "O mais urxente é rexistrar todo este material porque se trata de persoas maiores e se non as gravamos agora as cancións que teñen na memoria perderanse para sempre", indica Martín.

Fronte ao que resulta habitual neste tipo de compilacións que tamén se realizan en Galicia, en Buenos Aires o traballo é moito máis dificultoso porque resulta case imposible atopar a dúas persoas que procedan da mesma aldea. "Pasou varias veces que atopamos a dúas persoas de pobos veciños e as cancións das que se lembran son totalmente diferentes entre si. Coa Guerra Civil cortouse unha cadea de transmisión do folclore e logo, cando chegaron aquí, mesturouse todo e perdeuse un pouco a pureza", apunta Martín.

Unha das tácticas que utilizan para atopar as súas vítimas é a de observar os anciás que coñecen cando acoden co seu grupo a actuar nalgún aniversario ou celebración. "Soe pasar que algún dos vellos se lanza a bailar o cantar e entón falamos con eles para ver a posibilidade de entrevistalos", di María Eugenia.

"Os avós dicíannos que os nosos bailes eran moi difíciles porque son moi distintos aos que eles coñecían por esa mestura. Agora co novo espectáculo baseado no que eles contan séntense máis identificados", explica María Eugenia. A montaxe que están a presentar nestas semanas inclúe bailes e cancións en directo acompañadas por vídeos nos que se pode ver as explicacións dos emigrantes e as súas propias interpretacións dos temas. A intención é a de poder editar un disco co material recuperado pero aínda non teñen moi claro como o van poder levar a cabo. Entre os cantos e danzas que se interpretan durante o espectáculo atópanse Canto e muiñeira de Bande, Valse, xota e muiñeira do Deza, Muiñeira de Padrón e Danza de palos de San Lourenzo de Fustáns.

María Eugenia e Martín pertencen ao grupo folclórico Lembranzas da Terra, que conta con máis de 30 anos de existencia en Buenos Aires. As dificultades ás que se enfrontan para levar adiante a súa actividade son moitas porque non contan cun local onde gardar os traxes e instrumentos que utilizan nas actuacións. Resulta irónico que estas dúas persoas que se dedican a estudar e recuperar composicións do folclore galego teñan que ensaiar no local do Centro Regional Leonés. Precisamente Martín é bisneto de emigrantes que procedían da zona do Bierzo mentres que María Eugenia tivo antepasados de Ferrol. "Mamei todo isto desde moi pequena", afirma.

Ademais de poder seguir difundindo e mellorando o seu traballo, un dos soños de Martín e María Eugenia é o de poder completar a súa investigación visitando en Galicia as aldeas dos emigrantes. "Así poderíamos incorporar ás cancións e aos bailes os elementos dos que nos fale a xente de alá", sinala Martín. Polo momento semella pouco máis que un soño porque o seu contacto con institucións e grupos galegos é practicamente inexistente. "Estiven en Galicia un par de veces para facer algúns cursos e puiden coñecer á xente do grupo Fiadeiro. Iso foi todo", laiase María Eugenia.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de Reis cos Chichisos

Un ano máis (e xa van 10) o grupo Os Chichisos acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, charrasco, pandeireta e pandeiro, etc., e un grupo de nenos e nenas, xuntámonos pra levar os “Cantos de Reis”, polo concello de Pontevedra.

PROGRAMA:

Datas de ensaio do cantar de reis 2010

Decembro: días 28, 29 e 30 ás 20:00h
Xaneiro: día 2 e 3 ás 20:00h
Días das actuacións:

4 de xaneiro polas prazas e rúas de Pontevedra. Saímos ás 17.00 h na praza da Libertade (detrás da Audiencia Provincial).
5 de xaneiro en Casa Pepe, O Marco, Tomeza, Pontevedra.

Os ensaios son na Casa do Pobo de Bértola.

Máis información no tlfno : 676.842.942
Nota: Todos os asistentes aos ensaios terán que adquirir o compromiso de participar nas actuacións dos días 4 e 5 de xaneiro (Pontevedra e Tomeza).

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2009 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá co Gaiteiro O Freixo

Hoxe, martes, día 15/12/2009

En Alalá vivimos moitas veces historias sorprendentes, emocionantes, tenras e duras, e a de hoxe é unha mestura de todos estes ingredientes, xa que o protagonista desta noite é O Freixo, un gaiteiro elegante, con todas as da lei; mestre de mestres e un personaxe único do concello das Pontes, que soubo emocionar a todo o equipo do programa.


O Freixo é un home forte de 91 anos, un supervivente que soubo facer fronte a todas as traxedias da vida, xa que tivo que superar a morte do pai -queimado na casa-; que o fillo Abel se matara dun disparo; loitou na Guerra Civil; traballou na mina e hai cinco anos quedou viúvo. El apandou con estes reveses e aínda así vive a vida con ilusión e cunha alegría envexable.

Cando era un neno empezou a facer as súas propias frautas de bieiteiro e a tocar a gaita; daquela cada un aprendía como podía, e O Freixo metíase debaixo do palco da música para que lle quedara a melodía na cabeza. Pero hoxe vémolo rodeado de xente nova que o admira e o quere e cos que vai tocar alá onde o reclamen e onde deixa pasmado a calquera, porque calquera venres de foliada pode chegar á casa ás tres ou catro da mañá.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 15-12-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan os Ventos en Vigo

Mércores 16 de decembro
Centro Cultural Caixanova
Policarpo Sanz, 13. Vigo
Hora de comezo:
20.30 h.
Asistencia con invitación



Case dúas décadas despois de que o grupo fixese a súa última actuación (os mesmos anos que ten a Universidade de Vigo), o espectáculo Terra de soños brinda a oportunidade de gozar de Fuxan os Ventos tanto á xente que os coñece, lembra e hoxendía os ten aínda presentes, como ás novas xeracións que, por veces sen seren conscientes do que significou o grupo para a música tradicional galega, herdaron cantos populares como A Carolina ou Sementeira, que xa forman parte do ouvido musical deste país.
Fuxan os Ventos foi, nomeadamente, un grupo comprometido coa identidade de Galiza e cos atrancos que esta sociedade tivo que superar ao longo da súa historia recente.
Foron, e son, un grupo que soubo, coas súas cantigas rescatadas do olvido dos tempos, chegar a todas as capas da sociedade e en galego, algo impensábel na metade da década dos setenta.

Convidados: Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxía, Rodrigo Romaní, Nova Galega de Danza, Pepe Ferreirós, Sabela e Miguel Lustres.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-12-2009 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Mercedes Peón en Ourense

CONCERTO DE NADAL
MERCEDES PEÓN
Performance


Martes, 15 de decembro, ás 20 horas
Salón multiusos do edificio de facultades
Campus de Ourense


Entrada libre ata completar aforo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-12-2009 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14 (luns)
• Cantos de Nadal no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 21:00

Terza feira 15 (Martes)
• Mercedes Peón na sala multiusos do Campus de Ourense ás 20:00

Corta feira 16 (Mércores)
• Concerto de nadal da Universidade de Vigo: Fuxan Os ventos e convidados no Teatro C.C. Caixanova
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 17 (Xoves)
• Presentación do novo disco de The Homens na sala Nasa (Compostela)
• Skarallaos na sala Sala The Star (Carral)
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)

Sexta feira 18 (Venres)
• O Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
• Ataque Escampe no Pub o Muiño (Cervo)
• The Homens no Le Club Directo (A Coruña)
• Skarallaos na sala 600 (Melide)
• Carlos Nuñez no C.C. Caixanova (Vigo)

Sábado 19
• Curso de Iniciación ó Empalletado Tradicional en Rianxo
• IV Festival de baile e música tradicional Rebulir
• Cantos na Maré no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
• A Banda Balbina no Pub Gatos (Melide)
• Machina no Pub O Foso (Santa Comba)
• Ultraquans en Narahio (A Coruña)
• Milladoiro no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30
• XXI Homenaxe ao Gaiteiro (Vigo)
• Serán de Nadal no Rincón (Cecebre)

Domingo 20
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2009 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de consumo responsable (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
• Día do Orgullo Gaiteiro (Ourense)
• A Banda Balbina no Clavicémbalo (Lugo)
• Ultraquans na sala Sete Flores (O Carballiño)
• Esquíos na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Snatch na sala Moby Dick (Sada)
• Projecto Trepia na sala Karma (Pontevedra)
• Serán na praza da Capela de San Mauro, en Petelos (Mos)

Sábado 12
• Día do Orgullo Gaiteiro (Ourense)
• Curso de Iniciación ó Empalletado Tradicional en Rianxo
• MUSGAFOL 2009 (música académica galega para a gaita de fol) no Teatro Principal de Pontevedra
• Festa e concerto de Kastomá no Badulake (Ordes)
• Guerrilheiro no Revolta (Vigo)
• Marxe esquerda, Contra as cordas e Adversión no Farandula (Vigo)
• Raiba, Leite de nai e Leo e Arremecaghoná en Ourense
• Ultraquans en Bretoña (Lugo)
• Foliada no bar Agarimos (Catoira)
• Serán de Zamáns (Vigo)
• Fiada de Vilaboa na casa da cultura de Riomaior
• Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)

Domingo 13
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
11 de decembro
- Serán na praza da Capela de San Mauro, en Petelos (Mos)

12 de decembro
- Serán de Zamáns (Vigo)
- Fiada de Vilaboa na casa da cultura de Riomaior
- Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)

19 de decembro
- Serán na Taberna de Xesta (A Lama)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

9 de Xaneiro
- Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

16 de Xaneiro
- Serán no Casino dos Prados de Pigarzos (Xesta-A Lama)
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

30 de Xaneiro
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)
- Serán do Galo en Acevedo (Pontesampaio)

13 de febreiro
- Serán dos Namorados en Toutón

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

8 de Maio
- Serán do lecer en Pazos de Borbén

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 11-12-2009 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Fiada de Vilaboa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-12-2009 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Catoira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-12-2009 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
VI Día do orgullo gaiteiro
Ola a todos,
Xa temos listo o VI DIA DO ORGULLO GAITEIRO, celebrarase os dias 11 e 12 de Decembro de 2009 , (o dia 11 no edificio de Ferro da Universidade e o 12 no auditorio de Ourense)


Este ano contamos coa presencia de DOROTHÉ SCHUBARTH, a cal xunto con ANTÓN SANTAMARINA impartirán unha conferencia no edifico de Ferro o dia 11 de decembro e o Sábado 12 recibirán unha homenaxe xunto o gaiteiro FAUSTINO LUIS SEOANE, gaiteiro do Canizo - AGudiña.
Este mesmo dia actuarán XAVIER BLANCO e as pandereteiras OS MUIÑOS DE OLIVEIRA.

O rematar, as 22:30 hai CEA - FESTA, no local de Aixiña,(xunto o Paco Paz)
Precio 20€ - (15€ para alumnos da AOFT):
Para reservar chamar a 654173524 Gonzalo ou 658370849 Fernando ou no correo gabelairas@yahoo.es

Toda a información está colgada na páxina da AOFT:

http://aoftou.spaces.live.com/

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Grande festa de Kastomá este sábado

Este sábado 12 de decembro ás 22h presentarase na Sala Badulake de Ordes (A Coruña) o novo video da banda de rock Kastomä, que leva por título Grelo 66.

O programa inclúe pinchos para os asistentes, pases do video cada media hora e un concerto moi especial a partir das 12 da noite. Os Kastomä tocarán os seus mellores temas con colaboracións puntuais de músicos da comarca (xente que pasou pola banda de música de Ordes, polos extintos Gin-Tonics, ou membros de grupos en activo como Plan 9, Zënzar, Electróxeno, ou O Chícharo Psicótico).

Grelo 66, vai incluído en Almas da Noite, o primeiro disco de Kastomä. A banda ordense, en activo desde o ano 2000, estivo presentando este traballo por toda a xeografía galega ao longo do último ano.

www.komunikando.net

O tema da canción é A Ruta do Grelo, que vén sendo o traxecto que hai, na provincia da Coruña, entre Ordes e Sigüeiro, e que está dominado por ducias de mulleres vendendo grelos na propia estrada; xunto con mel, patacas, e outros produtos caseiros. Ademais de pola herba aceda, a zona destaca pola cantidade e calidade das tabernas. Todo isto é o que Kastomä bautizaron (parodiando a mítica Route 66 norteamericana) co nome de Grelo 66.

O video foi dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío, e nel podemos ver aos Kastomä facendo toda a ruta (incluidas as paradas nas tabernas) como se dunha road movie greleira se tratase. Foi producido por SeteMedia, empresa con anos de experiencia no audiovisual galego, que ten levado adiante traballos como o premiado documental 2050 How soon is now ou o programa da TVG Cazador de Palabras.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Musgafol 2009
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
Sábado, 12 de decembro - 21 h
Entrada de balde


Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por una etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Desde que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Nesta segunda edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do director convidado X. L. Represas, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

Presentador:

Luís Costa. Director do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e profesor na Universidade de Vigo

Programa:

Banda de Música de Pontevedra. Director convidado: X. L. Represas

Solista: Pedro Álvarez
Fantasía Popular (E. Campos e X. L. Represas)

Solista: Xoan Carlos Rilo
Para os da nosa terra! (Xoan Carlos Rilo e Joan B. Bernat)

Solista: Pedro Lamas
A miña burriña (Trad. / Arr.: Pedro Lamas e Roberto Somoza / Instr. banda: Roberto Somoza)

Solista: Oscar Ibáñez
Crema de Whisky (E. Campos e X. L. Represas)

Solista: David Bellas
A lenda de Montelongo (Bernardo del Río / Adapt.: X. L. Represas)

Solista: José Manuel López
Fábulas do Pico Sacro (E. Campos)

Solista: Pablo Devigo
Bènnu (Pablo Devigo)

Todos os solistas
Alborada de Veiga (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)
Himno Galego (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)


Organiza: Asociación Toque Pechado de Pontevedra

Promove: Concello de Pontevedra
Colabora: Teatro Principal de Pontevedra, Radio Galega, Banda de Música de Pontevedra e Dos Acordes
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación pública do libro+CD+DVD `Así fan os bailadores…´
O vindeiro Venres 11 de decembro terá lugar a presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…” no salón de actos do Museo do Pobo Galego.

De 17 a 19 horas haberá unha sesión de iniciación ao baile e de 19 a 19.30 horas celebrarase a presentación do libro; todo a cargo dos autores da publicación: Xabier Iglesias, Juan Parga, Sergio de la Ossa e a editorial Dos Acordes.

Non é preciso ter coñecementos previos de baile para asistir ao acto.

Pódense formalizar as preinscricións (a efectos de estimar nº de asistentes) escribindo a sgdelaossa@gmail.com

Organiza a Editorial Dos Acordes e O Museo do Pobo Galego.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
20 anos de música galega
Sala de Conferencias - Centro Sociocultural Caixa Galicia.
LUGO. 12 diciembre 2009 ás 12:00 h.


Entrando xa no mes do Nadal recibimos en Lugo un dos debates abertos que a Fundación Caixa Galicia propón no seu ciclo ’20 anos de cultura’. L

evamos agora a música a debate para dilucidar o seu estado actual e a súa posición de cara ao futuro. O 12 de decembro, con Xurxo Souto como moderador, interveñen na Sede Fundación Caixa Galicia de Lugo Mercedes Peón, Fernando Luaces, Suso Atanes e Alberto Comesaña.
Ti tamén formas parte da cultura, achégate celebrar con nós 20 anos de historia.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-12-2009 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Monteira de danzas do mundo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Noite da Irmandade en Ourense
O vindeiro 12 de decembro Galiza Nova Ourense organiza a Noite da Irmandade, actividade que ten realizado en varias ocasións e que quere recuperar este ano con anovadas forzas programando actividades ao longo de todo o día.

Na mañá do Sábado, a partir das 12:·0hrs, terá lugar un roteiro/pasarrúas pola Rúa do Paseo (comezando no Parque San Lázaro) amenizado pola música dos Trópico de Grelos no que percorreremos as rúas do casco vello até a Praza do Correxidor repartindo volantinas e convites para as actividades da tarde.

O roteiro/pasarrúas rematará cun acto de apresentación, as 13:15hrs, no que intervirán a Secretaria Xeral de Galiza Nova (Iria Aboi), a Responsábel Comarcal do BNG (Montse Nóvoa) e o Responsábel Local de Galiza Nova (Alexandre Hermida)

Contaremos neste acto coa presencia das compañeiros e compañeiras representantes das JERC (Països Cataláns) e Iratzarri (Euskalherria) que participarán na Mesa Redonda das 19:00hrs no Café Cultural Ouriense (Praza do Correxidor) titulada “Organizando a mocidade, loitando pola patria” na que debatiremos con eles a situación da mocidade nas nosas nacións e o traballo das respectivas organizacións xuvenís.

E xa pola noite tamén na Praza do Correxidor a partir das 23:00hrs terán lugar os concertos coa presencia de Raiba, Leite de Nai e o Leo i arremecaghona que fecharán esta xornada de Irmandade.

Galiza Nova Ourense quere convidar a todas e todos os mozos do país a compartir esta xornada de festa, debate e reivindicación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos celtarras en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-12-2009 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
• Xose Manuel Budiño na Porta do Sol de Vigo ás 20:00
• Berroguetto na sala La Vaca de Ponferrada (O Bierzo)
• XXVII Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña)

Sábado 5
• Festival 70 anos de Os Alegres no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:00: Os Alegres, Picuiña, Os do Luns, Os Abrentes, Foula, Os Terribles, Os Chichisos, Os Murgueiros, Val de Maía,...
• A Banda Balbina no Auriense (Ourense)
• A Tuna Rastafari no Roi Xordo (Allariz)
• SkandaloGZ, Skakeo e Mencer Vermello no Farándula (Churruca-Vigo)
• Machina no Artabria (Ferrol)
• Xose Manuel Budiño no Auditorio de Ribadumia
• Repichoca no Mesón de Tony (Neda)
• Serán de Couso (Gondomar)
• Serán de Val-Sobral (Soutomaior)

Domingo 6
• Manifestación e Festival Causa Galiza (Compostela): Mini e Mero, Ultraquans, Homes sen medo, O leo e Arremecaghona,...
• Machina na sala The Star (Carral)

Segunda feira 7 (luns)
• Skarallaos no Auriense (Ourense)
• Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2009 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)
- Serán de Val-Sobral (Soutomaior)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán na praza da Capela de San Mauro, en Petelos (Mos)

12 de decembro
- Serán de Zamáns (Vigo)
- Fiada de Vilaboa na casa da cultura de Riomaior
- Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)

19 de decembro
- Serán na Taberna de Xesta (A Lama)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

9 de Xaneiro
- Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

16 de Xaneiro
- Serán no Casino dos Prados de Pigarzos (Xesta-A Lama)
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

30 de Xaneiro
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)
- Serán do Galo en Acevedo (Pontesampaio)

13 de febreiro
- Serán dos Namorados en Toutón

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

8 de Maio
- Serán do lecer en Pazos de Borbén

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-12-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán de Couso (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-12-2009 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Noite de Carpenta (A Coruña)
O día 4 de decembro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXVII.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-12-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Música tradicional: 70 anos de Os Alegres (Pontevedra)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2009 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Repichoca no Mesón de Tony (Neda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-12-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Palestra, xantar e concerto en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Machina na Fundaçom Artabria (Ferrol)
No próximo sábado 5 de Dezembro, a partir das 22h30 no local da Fundaçom Artábria, contaremos com a actuaçom de Machina.

O grupo de Cerceda estará para nos apresentar o seu primeiro trabalho longo, "pós-bravu", no qual deixam claras as suas intençons. Treze temas em que se misturam estilos como o rap, metal, hardcore... contando com as colaboraçons de Xabier Diaz de Berrogüetto ou Mou de Dios Ke Te Crew.

O preço de bilhete é de 3 euros para pessoas associadas e 4 para público em geral, podendo adquirir-se o cd junto ao bilhete por 10 €.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala Nasa (Compostela)
Este xoves 3 de decembro temos SERÁN NA NASA

Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.

E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa.
Os grupos que van poñer a música son:

1. Regueifa de Bembibre
2. Charanga e Pandereteiras de Vai de Roda
3. Os Folerpas


E TI POS O BAILE
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-12-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Final Gzcrea 2009 no apartado de música

O derradeiro certame GZcrea? A este paso quedamos sen nada...

Na sala Capitol (Santiago D.C.) o xoves 3 de Decembro ás 21:00. Entrada de balde.

Estes son os grupos finalistas:


- Sínefres polas cancións "Astronauta" e "Todo para ti"
http://www.myspace.com/sinefres

- Hugo Torreiro polas cancións "Por verte sorrir" e "Galiza"
http://www.myspace.com/hugotorreiro

- Chotokoeu polas cancións "Co paso do tempo" e "Tappin"
http://www.myspace.com/chotokoeu

- Beatus Ille polas cancións "Go my Hoody" e "Zicatriz"
http://www.myspace.com/beatusillerap

- Pi Graos polas cancións "Pídeo por favor" e "Unha noite de mércores"
http://www.myspace.com/pigraos

- Duplo Son polas cancións "Casa do río" e "Despois"
http://www.myspace.com/duploson

www.gzcrea.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Cartel promocional do Festival Ortigueira 2010
Convocado un concurso internacional para deseñar o cartel promocional do Festival Ortigueira 2010

Gustaríache deseñar o cartel promocional do Festival do Mundo Celta do 2010?? A organización do certame, liderada polo Concello de Ortigueira, conta contigo. Acaba de convocar un concurso internacional co que se propón atopar a proposta creativa máis orixinal e atractiva.Ti podes participar. Están en xogo 6.000 euros.

Búscase o deseño máis efectista e efectivo, tanto desde o punto de vista publicitario como desde o grafico, para publicitar a veterana cita musical na campaña de cartelería que, nuns meses, tomará a rúa para "difundir" o Festival.

O reto
Nesta ocasión, e co gallo do XACOBEO 2010, a organización lanza aos futuros concursantes o reto de reflectir, a través dun deseño que terá que ser "totalmente inédito", os posibles vínculos entre o evento de Ortigueira e o acontecemento cultural e relixioso que traerá a Galicia a miles de peregrinos de todo o mundo. O desafío está exposto.

Como e cando presentar os carteis?

As persoas físicas ou xurídicas interesadas en participar terán desde o 28 de decembro ao 8 de xaneiro para facer chegar as súas propostas á Casa Consistorial, ben entregándoas en persoa ben enviándoas por correo ordinario ao Concello de Ortigueira (Praza de Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira- A Coruña).

Os carteis deberán ir identificados cun lema para manter en segredo a autoría durante o proceso de selección e terán que presentarse en soporte dixital e tamén montados en cartón pluma ou outro soporte ríxido de 50 x 70 cm.

Obra gañadora

Farase co premio de 6.000 euros a obra que teña maior calidade gráfica ou plástica e máis eficacia publicitaria, en opinión dun xurado que, polo menos, contará con dous artistas ou deseñadores de recoñecido prestixio. Quen asine o deseño deberá adaptalo a continuación aos distintos produtos de merchandising do certame folk.

Se vas participar, bota unha ollada ás bases. É básico.

www.festivaldeortigueira.com

Bases
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Música Tradicional en Mondoñedo
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Mondoñedo.

Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 9 de Decembro, ás 11.00 h. terá lugar na casa da Xuventude de Mondoñedo un concerto didáctico adicado aos mais pequenos no que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

A maiores do concerto didáctico, o día 13 de Decembro a Tradescola organiza unha xornada adicada ó aprendizaxe da gaita.
Esta xornada, na que se impartirán varios obradoiros, estará guiada por dous profesores da Tradescola, Emilio Mesías e Bruno Villamor. Nesta xornada, que terá lugar na casa da Xuventude de Mondoñedo, poderemos disfrutar de obradoiros de iniciación e perfeccionamento de Gaita durante todo o día.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
A música académica de gaita fusiónase coa de banda
Segunda edición de Musgafol

Desde que forma parte do ensino regulado nos conservatorios de música, fai xa case vinte anos, foi crecente a creación no ámbito académico de novos repertorios para a gaita galega de fol, acompañada por outros instrumentos, como o piano e a arpa, ou por formacións musicais, como as bandas de música ou as orquestras.
O que se pretende agora é sacar eses novos repertorios para gaita dos conservatorios e transmitilos ao gran público a través de concertos e gravacións en vivo reproducidas en cedés.

Musgafol é unha plataforma e un escaparate para a difusión da música académica composta para a gaita de fol moderna. E, tras unha primeira edición na que se puido escoitar unha magnífica combinación deste instrumento co piano, chega a segunda edición, dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita.
Sete dos mellores gaiteiros do país - Pedro Álvarez, Xoán Carlos Rilo, Pedro Lamas, Oscar Ibáñez, David Belas, José Manuel López e Pablo Devigo- actuarán como solistas acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do director invitado, X.L. Represas. Será o vindeiro día 12 no Principal.

Cada un destes solistas interpretará unha serie de pezas, algunhas compostas por eles mesmos, e todos xuntos rematarán o concerto con Alborada de Veiga e o Himno Galego.

O evento está organizado pola Asociación Toque Pechado de Pontevedra, que preside Óscar Ibáñez, e promovido polo Concello de Pontevedra.
Ibáñez subliñou onte, na presentación da segunda edición de Musgafol, que a gaita moderna do século XXI, «sen rexeitar a súa orixe e os seus trazos culturais, ten un repertorio novo, académico, dunha gran calidade, equiparable á música que se fai para calquera outro instrumento, máis alá do ámbito folclórico».

Primeiro CD
O concerto de banda e gaita do próximo día 12 será gravado en vivo para despois editar un cedé monográfico, que pretende marcar un fito na historia deste instrumento tradicional. Como xa ocorreu co concerto de gaita e piano da primeira edición de Musgafol, cuxo disco, editado por Dos Acordes, xa está á venda.

La Voz de Galicia
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pola volta da Irmandiña

Este vindeiro Nadal non poderemos mandar a postal da ilusión compartida de todos os galegos que supoñían os partidos dos nosos combinados absolutos de fútbol (masculino e feminino). Á cita da derradeira semana do ano reservada no calendario do fútbol profesional español aos partidos amigables das diversas seleccións autonómicas non concorrerá a nosa irmandiña, un bravo conxunto que descoñece a derrota. Tras catro anos, crébase a continuidade dun fermoso proxecto deportivo apoiado, até agora, de forma unánime e entusiasta por todos os sectores sociais e localidades do país (o que xa non é pouco).

Formalmente a razón desta incomparecencia reside na decisión da Secretaría Xeral para o Deporte, un organismo que depende directamente da Presidencia da Xunta, de "non financiar partidos amigables das seleccións que non sexan para para preparar competicións oficiais", argumento desconcertante xa que como todos ben sabemos ningún dos combinados autonómicos de fútbol profesional participa en competición oficial ningunha. Deste xeito, o actual Goberno Galego, a pesar de ter manifestado no Parlamento que respalda a existencia das seleccións galegas, non financiará á Federación Galega de Fútbol para que organice os tradicionais amigables de Nadal. Porén, tras o eufemismo administrativo de "non financiar partidos non oficiais" agáchase a decisión de Alberto Núñez Feijóo de liquidar á selección que dirixían Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez, identificada polos populares como outro dos sinais de identidade do Bipartito a derrubar (non esquezamos que o actual Secretario Xeral para o Deporte falou das seleccións galegas como un "circo").

A desaparición do noso humilde combinado futbolístico forma parte dunha estratexia política de maior calado, dun traballo concienciudo de rebaixa da identidade do país (de "deconstrución" identitaria) posto en marcha polo goberno conservador dende a súa toma de posesión que afecta tanto a aspectos económicos (concurso eólico, singularmente), medio ambientais (plan de acuicultura) como a educativos e culturais (ataques negacionistas sobre a lingua de todos, desmontaxe de galescolas, liquidación de combinados deportivos).

A verdade é que, como acontece coa promoción da lingua galega, na cuestión da selección de fútbol o Goberno de Núñez Feijóo volveu a pasarse completamente de freada, recuncando nas posicións do fraguismo máis conservador, que sempre se opuxo a existencia das seleccións autonómicas por consideralas "perigosas para a cohesión do Estado". Un prexuízo sen fundamento no político e absurdo no deportivo. Máis aínda, cando o que para os membros do seu partido serve nas comunidades de Murcia ou Valencia, cuxas seleccións desputan partidos amigables sen polémica ningunha, é moi perigoso en Galicia, non sexa que tomemos exemplo e dende as bancadas queiramos ser tan arredistas como murcianos, valencianos, estremeños, cántabros ou navarros que apupan ás cores do seu equipo. Unha posibilidade que se nos nega aos galegos, non vaia ser que outro triunfo da irmandiña contribúa a aumentar o sentimento galeguista da nosa poboación ou reforce a cohesión entre as afeccións celestes e deportivas, que por un día esquecen a súa rivalidade.

Equívocase Feijóo se pensa que liquidando os partidos amigables dun esperanzador combinado de futbolistas –boa parte deles emigrantes (traballan fóra do país, como boa parte dos membros desa xeración de mozos galegos ben formados, entre vinte e trinta anos, aos que non sabemos darlle aquí futuro)– vai apagar xerme identitario ningún, xa que apenas conseguirá roubarnos a ilusión a milleiros e milleiros de seareiros galegos que dende Ribadeo á Guarda acreditamos durante noventa minutos ao ano no soño da existencia dun fútbol de noso. Liquidar a esa irmandiña nunca vencida (dúas vitorias, fronte a Uruguai e Irán, e senllos empates, Ecuador e Camerún, son o noso palmarés) non vai supór nin que deixemos de acreditar na fantasía de pertenza, que sempre supón unha competición futbolística (sexa local ou nacional), nin tampouco esquecer, como ben nos ensina a historia (velaí o libro máis recente de Xosé Ramón Barreiro Fernández, "Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia"), que o noso pobo non foi sempre derrotado e vencido.

Co apoio de Feijóo ou a pesar da súa oposición, a Irmandiña ten que volver á lameira. Contar cun conxunto vestido coas cores azul e branca, expresión futbolística daquel estatuto atlántico que propoñía Valle Inclán, axudará a fortalecer os lazos de unión entre os galegos do Norte e do Sur, do interior e da beiramar, entre celtistas e deportivistas, entre vigueses e coruñeses, galegos unidos no imaxinario deste xogo universal de pelota. Iso, só iso, supón a Irmandiña.

Manuel Bragado
bretemas@gmail.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Ritmos galegos e cubanos fúndense en `Descarga ao vivo´
O disco, gravado en directo, é froito dun longo traballo de tres anos.

Descarga ao vivo, o disco gravado en directo e que reflicte a fusión musical entre Cuba e Galicia, froito dun longo traballo de tres anos, foi presentado onte na flamante Factoría Compostela, o espazo de arte que conta na capital cubana co seu espazo irmá Factoría La Habana. O folk galego e o jazz latino, a muiñeira, a guajira, a jota, as habaneiras ou ou danzón -o baile nacional de Cuba, nacido precisamente do talento dun galego-cubano, Miguel Faílde, e do que xurdirían outros bailes como o mambo ou o chachachá- fúndense nunha simbiose natural neste traballo discográfico editado por A Central Folque e Falcatruada.

O cedé vén acompañado dun deuvedé de agasallo que contén as imaxes da xira de concertos que nutren este proxecto: o da súa estrea no Teatro Mella da Habana e os posteriores na Coruña, Compostela e Vigo. Un making off dá fe da convivencia sonora e anímica, da complexidade do proxecto e da satisfacción polo resultado. O cantautor cubano Pablo Milanés, cantando en galego Aí vén o Maio é un dos extras dos agasallo que poden escoitarse no deuvedé, que se completa con imaxes da xira e cunha galería de fotos.

Ramón Pinheiro, director artístico de Descarga ao vivo , destacou no acto de presentación a complexidade desta produción, «non simplemente por contar cun elenco de músicos espectaculares senón por poder desenvolver esta investigación tanto en Galicia como en Cuba, que durou tres anos cos custos persoais e económicos». Unha investigación que está plasmada no libro A La Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba (Sotelo Blanco).

Un proxecto discográfico con excelentes músicos


Ramón Pinheiro recordou como no ano 2007 a directora de A Central Folque, Ugia Pedreira, se entrevistou na Habana coa directora do Instituto Superior de Arte (ISA), para poñer a primeira pedra e establecer contacto con «profesores e músicos excelentes» como Alejandro Vargas ou Ernesto Vega, gañadores dos últimos premios Cubadisco de Jazz. Do lado galego participaron músicos experimentados como Marcos Teira, Pedro e Pablo Pascual, e Quim Farinha; e voces como Xabier Díaz, Guadi Galego ou Ugia Pedreira.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco da Descarga ao Vivo: Cuba-Galiza
Hoxe martes 1 de decembro ás 12.30 h presentarase o CD da Descarga ao Vivo na Factoría Compostela na rúa da Conga en Santigo.
Falarán responsábeis do proxecto e músicos. HAberá un pase en exclusiva do DVD dos concerto que o ensemble ofreceu este verán.

Xa pola noite, a festa de presentación continuará ás 22:30 nunha jam que o trío de músicos cubanos do Alejandro Vargas New Trío, xunto con outros convidados, nos ofrecerán na sala Dado Dadá (rúa Alfredo Brañas 19), onde tamén estades convidados.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-12-2009 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer