Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Axenda de Aninovo e Reis
Quinta feira 31 (Xoves)
• Foliada fin de ano no Salason (Cangas do Morrazo) a partir das 01:30
• Foliada fin de ano no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo) a partir das 01:00

Sexta feira 1 (Venres)

Sábado 2
• Machina e Invivo na sala A reserva de Carballo (A Coruña)
• II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

Domingo 3
• VI certame de Cantares de Reis de Boimorto
• Zenzar e Machina no Aturuxo (Bueu)

Segunda feira 4(luns)
• Sáida de Cantos e Danzas de Reis polo Casco Vello de Vigo ás 18:30

Terza feira 5 (Martes)
• Os Festicultores na sala 600 de Melide
• Foliada de Reis no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
• Serán nas Cortellas de Padróns (Ponteareas)

Corta feira 6 (Mércores)
• Foliada de Reis na rúa Principe de Vigo ás 18:00
• Danza de Reis en Riofrio (Mondariz)
• Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)

Quinta feira 7 (Xoves)
• Danza de Reis en Guláns (Ponteareas)
• Serán na sala Nasa (Compostela)
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Malmequer
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Xosé Ambás (Camín de Cantares)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Donaire
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Malveiras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal do Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Projecto Trepia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Luar na Lubre
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal dos Chichisos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal da A. C. Traspés
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal da Escola de Música e Baile Tadicional Rebulir
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Gaideón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal dos Cantareiros Maghúa
Desde o grupo de cantareiros Maghúa, recentemente convertidos en asociación, queremos-vos desexar a tod@s un mui ditoso ano 2010...

Para os que creades nestas festas, Bon Natal e, para os que non, muita festa!

Saúde!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal dende IAR (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-12-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
En defensa do galego: Mércores 30 ás 17:00 no Obradoiro

Hoxe

Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, convócase unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para a cuarta feira (mércores) 30 de decembro ás 17.00.

Ante o anuncio de Núñez Feijóo de presentar o borrador do novo decreto do galego un día antes de que remate o ano, a plataforma Queremos Galego -que impulsou a maior manifestación contra a política lingüística da actual Xunta celebrada en Compostela en outubro deste ano- convoca para mañá, na Praza do Obradoiro de Compostela ás 17.00 -á mesma hora á que, previsiblemente, a Xunta estará facendo público o texto- unha concentración contra "a política galegófoba" do actual goberno da Xunta.

Insistimos na importancia que ten a participación neste acto e na súa difusión.
A posibilidade de convocarmos actos para o día 31 en todas as comarcas no caso de presentarse o decreto contra o galego o 30 fica desbotada ante as dificuldades das datas, polo que concentraremos os esforzos nesta data.

QUEREMOS GALEGO.
b>
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-12-2009 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Novo local folc en Vigo
Unha boa nova para rematar o ano, "A Regueifa" acaba de abrir no Casco vello de Vigo.

"Obi", vello coñecido por levar a mítica "Gaita grileira" de hai anos, acaba de abrir un novo local folc no Casco Vello de Vigo.

O novo local chámase "A Regueifa" e xa está a pleno funcionamento na rúa San Vicente, xusto debaixo da grande curva que fai a rúa Elduayen a carón da Porta do Sol.

Moita sorte nesta nova andaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-12-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Toutón no Alalá

Hoxe, martes, día 29/12/2009

Hai lugares en Galicia, como Toutón, onde a xente non se despegou da terra, nin da natureza nin da música; onde ás veces os traballos eran durísimos, xa que ir á herba seca en verán ou facer a malla deixaban o corpo mazado...pero iso si, non había época do ano nin traballo tan duro que impedira a festa; tanto ten que fóra labrando, coma esfollando: ao rematar, algo de viño, castañas, sardiñas...e, sobre todo, música e baile, pois había pezas e coplas para cada cousa.


Así que esta noite Alalá vai estar coas Pandereteiras de Toutón, unhas mulleres marabillosas e poderosas, e algún home pillabán, coas que imos percorrer o ciclo natural de todo un ano, cos seus traballos e coas súas troulas...Vaia que se vos fixades, esta noite ides ver medrar a herba.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 29-12-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Namorarse da zanfona
Óscar Fernández é un dos novos zanfonistas que traballan en Galicia, reinventando "dende a nosa idiosincrasia pero sen censuras" a música deste instrumento

O interior dunha zanfona é o seu lugar máis misterioso porque aínda que ten poucas cousas -aire e madeira- segundo como se reparta, así vai soar. Ten algo que nunca atoparás noutro instrumento de corda, unha roda co seu eixo. Cando escoitamos ao zanfonista sentimos que ten o poder de hipnotizarnos. Quedamos nun estado de suspensión no infinito e tamén na terra. Óscar Fernández imparte clases de música na Central Folque de Santiago e viu moita xente "namorarse da zanfona". Trátase dun instrumento que ten algo máxico, algo exótico. Non sabemos de onde vén esa música que nos soa a pasado pero tamén a presente e futuro. Óscar Fernández pensa que "temos que reinventar a zanfona". Prepara un novo traballo discográfico co grupo Bonovo, unha aposta popular e experimental. El formou parte do grupo Os Cempés co que viviu mil e unha aventuras. A zanfona pode contarnos historias graciosas, verdadeiras, terribles. Fai que sintamos paz, tranquilidade, alegría.

Como lembras a túa infancia? A que che gustaba xogar? Eras un "neno-músico"?
Nacín setemesiño no Hospital de Caridad de Ferrol no 1967, pasei varios días nunha incubadora e ao pouco e por prescrición médica leváronme á casa aínda sen as orellas acabadas de saír, as monxas-enfermeiras foron rezar o rosario e a miña incubadora desbocouse e case me cozo. Menos mal que un médico pasou de casualidade e me enfriou con toallas molladas e chamou ao meu pai para que me rescatara das monxas. Lembro vivir con música dende sempre, a miña avoa era moi cantarina, a familia da miña nai e a do meu pai tamén, e teño casettes con improvisacións miñas cantando cancións desgarradoras sobre o amor e a guerra? aos 5 anos. Xoguei ao que todos os nenos pero pouco a pouco fun escapando dos xogos onde había que dar labazadas. Fun un neno boíño, non me gustaba moito o fútbol, prefería tocar a frauta, o acordeón ou unha guitarra que me regalou meu tío.

Quen era Faustino Santalices? Como foi o seu traballo nos anos 50?
Foi un avogado ourensán amante da música e en especial das músicas populares que, na primeira metade do século XX, coleccionou algunhas das zanfonas dos últimos cegos de feira que quedaban. Reconstruíu algu- nhas, e cunha delas (atopada nun faiado dun pazo), gravou un LP no que fai diversas interpretacións impresionantes de temas populares galegos co acompañamento de zanfona. Entre esas composicións hai romances, cantos picarescos de cegos, alalás? É imprescindible escoitar ese disco unhas cantas veces para poder dicir que amas a música tradicional galega.

Resulta difícil facer unha zanfona? Onde podemos mercar este instrumento? É certo que fan falta unhas 250 pezas para construíla?
É bastante complexo, hai unha roda coa que as cordas deben estar perfectamente aliñadas, 24 teclas que deben tocar no punto exacto da corda para escoller a nota con axilidade? É moi complicado facela ben feita e cada vez os zanfonistas son máis esixentes. En Galicia hai varios artesáns dunha nova xeración moi comprometidos coa expansión e perfeccionamento deste instrumento, Jaime Rebollo en Marín, Carlos do Viso en Redondela, Xosé Nebra en Porto do Son, Xaneco en Outeiro de Rei, Xaime Rivas en Vigo? É certo o das 250 pezas, pero hoxe xa se fan moitas delas en serie e incluso se encargan a talleres que usan máquinas informatizadas, é un grande avance pois o prezo da zanfona baixa, non a calidade, e o artesán ten máis tempo para investigar as melloras e os novos modelos.

Pertences á nova Xeración de zanfonistas. Cales son as novas actitudes destes músicos en Galicia?
Xusto cando eu empecei a tocar a zanfona (hai 10 anos) uns cantos músicos e construtores galegos démonos conta que tiñamos que investigar o que se facía fóra de Galicia se queriamos que o uso da zanfona fora a máis, pois a fama de instrumento inafinable e carísimo desanimaba aos músicos a incluír o seu son nas súas interpretacións. Nesa investigación contactamos coa AIE (Asociación Ibérica de La Zanfona), en realidade tres persoas de Madrid que se xuntaron para, a nivel estatal, convocar zanfonistas que quixeran asistir a cursos maxistrais dos máis prestixiosos zanfonistas do mundo. Nesas viaxes aprendéronse moitas melloras no método de construción e moitos recursos interpretativos que hoxe non dubidamos incluír no noso estilo. Para algúns estase a contaminar con xeitos alleos a música da zanfona, eu considero que estamos a enriquecer un instrumento e a levar a el tantos recursos como nos é posible para que soe máis, mellor e o público se emocione tamén máis e mellor.

Como son as clases que impartes na Central Folque de Santiago? Hai un interese na xente por coñecer a música da zanfona?
Este ano temos aulas individuais de 45 minutos os luns e os sábados, unha vez ao mes tocamos en grupo para coñecernos e preparar repertorio en conxunto. Todos os meus alumnos son músicos valentes e curiosos pois empezaron a tocar un instrumento do que a xente "non música" non sabe nin que existe ou que pensa que fai un ruído tipo zunido horrible. Grazas a eles esta imaxe vai cambiando pouco a pouco. Nestes últimos anos vin xente namorarse da zanfona en varias ocasións, é moi emocionante.

Como é a zanfona electroacústica do trío Bonovo? Que proxectos ten agora este grupo?
É unha zanfona nada innovadora, pois xa foi deseñada nos anos 70 por un construtor francés, Denis Siorat, é algo parecido a unha zanfona normal á que lle instalamos estratéxicamente captadores de son, preamplificadores e potenciómetros para poder controlar os sons que produce con máis precisión e ademais poder (se queremos) manipulalos con unidades de efectos. A música de Bonovo que se gravou e tocou en directo ata agora é unha proposta, case un prototipo do que pode ser ese grupo, é contundente, ás veces moi fácil de escoitar, moi popular e outras algo máis experimental. Estamos a gravar un par de colaboracións para uns proxectos de varios grupos. Un é unha homaxe a Milladoiro no seu 30 aniversario, e outro un CD co Camiño de Santiago como tema central. Co ano que empeza imos facendo o noso segundo traballo do que xa temos case escollido todo o repertorio para montar.

Ugía Pedreira considera a zanfona como "unha peza exótica que nos relaciona con outros países de Europa."
A zanfona xa se toca en todos os continentes, pero a súa orixe é europea no espazo e medieval no tempo. Galicia é o lugar da península onde hai máis zanfonistas por metro cadrado. Iso sábese nos círculos zanfonís de toda Europa e creo que están á expectativa de ver que se poida facer aquí nun momento que pode ser un rexurdimento deste instrumento esquecido. Como zanfonista sei que levo un aparello raro encima, no verán e cos concertos non paro de explicar como é, que se ten unha roda, tamén cordas, que "non é celta ou si, se o prefires". Vendo a impresión que causa visualizar e oír unha zanfona aínda hoxe, imaxino un cego no século XVIII achegarse camiñando a unha feira acompañado do son continuo do bordón, coa promesa de contarnos historias graciosas, terribles tamén, e con "iso" colgado do lombo que non sabemos como funciona ni que terá dentro?

Creaches a música en directo do espectáculo de danza "Proxecto Zocas" da coréografa Mercé de Rande. Á zanfona gústalle interactuar con outras disciplinas artísticas?
Sendo como é a danza contemporánea unha disciplina exótica (pouco coñecida) de arte pois si que casa ben coa zanfona. E se ademais sacas da zanfona sons que escapen da monotonía repetitiva das danzas populares, máis centradas no pulso e na parella, e miras máis pola expresividade e na creación espontánea, pois si que se entende ben coa danza ou calquera forma de arte contemporánea.

Que lles pides este ano aos Reis Magos?

Creo que había que refundar o Nadal, agora non é moito máis ca unha exaltación do consumismo e os máis prexudicados son os nenos, uns porque non teñen regalos e outros porque teñen de máis. Aínda creo nos Reis Magos pero penso que levan secuestrados por Santa Claus (que en realidade é un empresario sen sentimentos) uns 35 anos. Oxalá se descubra onde os ten retidos e volvan cuns regaliños bonitos? pero vai ser difícil.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-12-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados das X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas de Vigo

Primeiro premio -- Colexiata do Sar.
Segundo premio -- Seitura de Tahume
Terceiro premio -- Xirandola
Cuarto premio -- Froles Novas
Quinto premio-- A Ponte Vella
Sexto premio -- Malveiras
Setimo premio -- Rosalia de Castro.

Premio mellor grupo de acompañamento --- Xirandola
Premio mellor vestiario – Colexiata do Sar
Premio coreografia arranxada – Froles Novas.


Máis comentarios ao concurso


Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-12-2009 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada fin de ano no Furancho da Balsa (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-12-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada fin de ano no Salasón (Cangas)
Este fin de ano no Salason vamos a facer algo diferente. Unha gran festa / foliada onde non se parará de bailar en toda a noite.

A partir da 1:30h. e cunha entrada de 10€ + consumición + cotillón. Aforo limitado e entradas xa a venda no local.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-12-2009 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo do X Certame Folk Radio Obradoiro
O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, e a Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convocan a décima edición do Certame de Música Folk Radio Obradoiro en Santiago de Compostela, segundo as seguintes BASES:

I.Poderán participar todos os grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada.

II.Non poderán tomar parte neste certame aqueles grupos/solistas que, a data 1 de novembro de 2009, teñan asinado un contrato discográfico, nin os gañadores das tres edicións anteriores.

Admitirase que ata un 25% dos compoñeentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.

III.Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:

RADIO OBRADOIRO
EN CLAVE DE FOLK
Rúa Preguntoiro, 29
15.704 • Santiago de Compostela

No envío debe haber dous sobres.
a)No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.
b)No segundo, o boletín de inscrición, a fotocopia do DNI de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono e un correo electrónico de contacto e o título das cancións, así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.
c)Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación na gala final do certame, no suposto de resultar seleccionado.

IV.Serán seleccionadas catro maquetas (número que pode variar en función da calidade da interpre-tación), que pasarán á final. A escolla correrá a cargo da organización, sen coñecer a identidade dos grupos/solistas. Non se terá en conta a calidade da maqueta.

V.O prazo de recepción de maquetas remata o 31 de decembro de 2009.

VI.A gala final do certame celebrarase o venres 22 de xaneiro de 2010 no Teatro Principal de Santiago. A Organización do certame comunicará aos finalistas a data e a hora nas que deben realiza-las probas e a actuación. A orde establecerase por sorteo días antes da celebración do concurso. Se o grupo/solista convocado non puidera estar presente, fará o propio no seu lugar un suplente dos tres que se seleccionarán na fase previa.

VII.Os finalistas deberán facilitar á Organización o raider e datos sobre instrumentos ou calquera outro accesorio que necesiten para a realización da súa actuación. A Organización comprométese a instalar o escenario así como un equipo de son e iluminación.


VIII.Na final os grupos/artistas seleccionados deberán interpretar tres temas, alomenos dous orixinais e inéditos (non teñen porque ser os da maqueta).

IX.A Organización quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que, tamén en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer os participantes.

X.A Organización poderá desenvolver as accións que considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados. A presentación a esta convocatoria implicará, no caso de traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen, así como a cesión a favor da Organización dos dereitos de edición.

O feito de participar nesta convocatoria supón a autorización dos participantes a favor do Grupo Correo Gallego e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para a exhibición, reproducción ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se estime oportuno, sen máis limitacións que as dereivadas do Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobra a materia.

XI.A composición do xurado será feita pública cando a Organización o considere axeitado. Serán cinco persoas relacionadas co mundo da música.

XII.O premio consistirá nunha aportación en metálico de 1.500 euros para o primeiro clasificado. A organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O nome do grupo gañador farase público o mesmo día da celebración da final. A Organización poderá publicitalo en dife-rentes medios de comunicación. O premio poderá ser declarado deserto.

XIII.O fallo do xurado será inapelable. A participación neste concurso implica o acatamento das bases, que están suxeitas a xustificadas modificacións. As maquetas poderán ser utilizadas por Radio Obradoiro para a súa difusión.

XIV.As obras dos participantes non premiados ou, de ser o caso, calquera outro material presentado no seu lugar, deberán ser retiradas por eles ou pola persoa autorizada, nos estudios de Radio Obradoiro (r/ Preguntoiro, 29, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da celebración da gala final. Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Organización, que poderá darlles o destino que estime oportuno.

XV.Protección de datos de carácter persoal. De acordo co artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos recollidos ao abeiro desta disposición que se consideran exactos e postos ao día, ademais de pertinentes e axeitados, serán incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable Telecable Compostela cuxa finalidade é “a convocatoria, xestión e difusión do contido e resultado do programa así como das obras e artistas premiados”. Os datos recollidos non serán cedidos a terceiros, agás a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, e en caso de que algunha lei o previse. O interesado pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable do tratamento Telecable Compostela no enderezo: Rúa Preguntoiro, 29 – 15704 Santiago de Compostela.

BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN:
Datos do grupo ou solista:
Nome:
DNI/CIF:
Enderezo:
email:
Teléfono:

E na súa representación:
Nome:
DNI/CIF:
Enderezo:
email:
Teléfono:

Lema co que concursa:

Títulos dos temas cos que concursa:

Documentación complementaria:
Declaración xurada de que o grupo non ten asinado a 1 de novembro de 2009 un contrato discográfico en vigor.
Fotografía do grupo e currículo.

www.radioobradoiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-12-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Danza e Música Tradicional Galegas
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-12-2009 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Gala de Nadal en Rianxo: o Aguinaldo
O sábado 26 de decembro ás 19 h. no Auditorio de Rianxo estades convidados/as a participar connosco da gala de Nadal, baixo o nome d´O Aguinaldo.

Unha boa ocasión para escoitar, e ver, ás diferentes seccións da escola de Vai de Roda interpretando panxoliñas e cantares destas datas e algún dos bailes tradicionais froito do traballo da escola neste primeiro trimestre.

Señores nos marchamos
Moi boas noites
Perdoen se faltamos
Foi sen querer
se nos dan o aguinaldo
teremos alegría para volver
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2009 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Certame de cantos de Nadal en Cambados
A Asociación O. Volandeira de Cambados organiza un certamen de cantos de nadal para o día 26/12/2009 as 19:30 h no Auditorio de Cambados.

Cantarase e tocarase pezas de cantos de nadal e reis con motivo destas datas, coa participación dos grupos: Pandereteiros Maghúa de Coruña, Xirifeiros de Carril, Asociación Nós de Sobradelo e os grupos da Asociación O. Volandeira de Cambados.

Presentará o certamen: Xaquín Xesteira.

Esperamos vervos a toda-os neste acontecemento.
Un saudo de Asoc.O. Volandeira.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2009 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto para gaita e Banda de música
O vindeiro domingo 27 de decembro de 2009, o profesor de gaita da e-Trad, Xaquín Xesteira, ofrecerá un concerto de música galega xunto coa banda de música do seu pobo, a Banda de Música de Castrelo.

Este evento realízase dentro das actividades que durante o ano 2009 o Concello de Cambados programou na conmemoración dos 50 anos do pasamento do poeta cambadés Ramón Cabanillas, o Poeta da Raza.

Este concerto clausurará, precisamente, os actos adicados ao vate cambadés e terá lugar no Auditorio de Cambados A Xuventude ás 19:30 h.

PROGRAMA
Golada: Luís Araque
Á nosa señora Virxe do Carme: X. Carlos Rilo/Joan Bernat
Feiticeira: J. Carracedo
Alborada Galega: Pascual Veiga
O Casal de Caticovas: Xaquín Xesteira
Muiñeira dos Pendellos: Juán Lois Diéguez
Airiños Aires: Gustavo Freire
Canto de Nadal: Tradicional/Adap.: Xaquín Xesteira
O Rillachavos: Xaquín Xesteira
Banda Galega: F. Pérez Seara
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos cumplem dez anos!!
E para celebralo farán unha festa-concerto por todo o alto na Sala Auriense o 26 de Decembro, sábado, ás 21h.

Haberá moitas sorpresas, unha ollada ó pasado, ó presente e ao futuro da banda.


Esperan que estedes os que estivestes con eles dende o principio e tamén os que vos acabades de unir a este gran grupo de amigos que son Guezos.

Podedes conseguir as invitacións contactando neste correo [guezos@guezos.com) ou con nós en persoa.
Tamén no telef. +34 662 060 971.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
26 de decembro con Siareiros Galegos
Nova cita no calendário para tod@s @s galeg@s que queiram apoiar as nossas selecçons nacionais. Siareir@s Galeg@s prepara-vos um dia lotado de actividades. O Sábado 26 de dezembro as ruas de Compostela, o estádio de Santa Isabel e a sala Capitol acolherám as actividades do nosso colectivo.

O próximo 26 de Dezembro Compostela acolherá umha nova jornada em que se evidenciará a enorme fortaleza do movimento em defesa das selecçons nacionais. Igual que acontecera em 2005 em Compostela, em 2006 e 2008 na Corunha e 2007 em Vigo, Siareir@sGaleg@s estará nas ruas e desta volta tambem organizará o jogo da selecçom de futebol. Esperamos que esta seja umha grande mobilizaçom nacional em defesa do nosso direito a ter selecçons nacionais

As actividades realizadas todos estes anos nom podem ficar no esquecemento por nom contar com apoio institucional. Somos um povo luitador que temos capacidade para nos auto-organizar, que nom vamos permitir que nos quitem o nosso e por isso temos que estar todos e todas juntas este ano com mais força que nunca.

O dia 26 espera-nos umha jornada de festa e reivindicaçom em que berraremos bem forte que somos umha naçom, que temos direito a ter selecçons desportivas e que reclamamos a oficialidade.

MANIFESTAÇOM: Às 17 horas manifestaçom desde o passeio da alameda para exigir o direito da Galiza a ter selecçons e competir a nível internacional. Depois de percorrer as ruas compostelas a manifestaçom concluirá no campo de Santa Isabel

JOGO DE GALIZA: Siareir@s Galeg@s como já sabedes asumiu a organizaçom do evento, a nossa selecçom nacional jogará contra um combinado internacional. Pola Galiza participarám jogadores de diversas categorias. Nos próximos dias confirmaremos os jogadores incluídos nesta convocatória que defenderám a nossa camisola, assim como o quadro técnico do mesmo. Mas já che adiantamos que haberá importantes surpresas.

CONCERTO: Para pôr o final à jornada cheia de actividades o nosso colectivo vai organizar um concerto ao final do jogo de Santa Isabel em Compostela. O concerto contará com a actuaçom de três grandes grupos, dous galegos, Machina e Mencer Vermello, e a actuaçom de Habeas Corpus que de seguro alongarám a jornada festiva até altas horas da madrugada. Os bilhetes custarám 8 € em antecipada (Compostela: Gong e Gentalha; Vigo: Tipo e Revolta; Corunha: Portobello; Trasancos: Artabria; Pontevedra: Tipo; Ourense: Esmorga) e 12 € na bilheteira.

Nesta jornada também contaremos com a participaçom da Liga Nacional de Bilharda que desputará o II Aberto da bilhardaautêntica no campo de futebol do parque de Belvis às 12h00.

Desde Siareir@s Galeg@s chamamos a todos e todas as galegas a passar umha jornada reivindicativa e festiva, participando das diferentes actividades do Sábado 26 em Compostela, onde poderemos demostrar a nossa forza como povo. A venda de cartons vai a bo ritmo, assim que se nom queres quedar sem a tua camisola recolheo nos pontos indicados na nova previa. Se queredes assitir este sabado as 17h00 temos assembleia na gentalha do pichel onde pecharemos as ultimas questoms.

O 26 contamos contigo, acude e difunde a nossa convocatória lá onde podas.

Programa:
Sábado, 26 de Dezembro
Selecçons nacionais. Direito popular

- 17h00 sairá do passeio da Alameda umha manifestaçom sob a legenda “Selecçons nacionais. Direito popular” que percorrerá as diferentes ruas da cidade de Compostela com final no campo de Santa Isabel.
- 19h00 Jogo da Galiza.
- 21h30, e com máxima pontualidade, concerto na Sala Capitol: MACHINA MENCER VERMELLO HABEAS CORPUS


www.siareirasgalegas.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2009 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Axenda da Noiteboa
Sexta feira 25 (Venres)
• XV Noites de Tasca en Ordes (A Coruña)
• Foliada de Nadal de O Fiadeiro na Praza da Constitución (Vigo)

Sábado 26
• Pesdelán na Porta do Sol de Vigo ás 17:00
• Certame de cantos de Nadal no Auditorio de Cambados ás 19:30
• Gala de Nadal de Vai de Roda no Auditorio de Rianxo ás 19:00
• Milladoiro no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 21:00
• Guezos no Auriense (Ourense) ás 21:00
• Festa Siareiros Galegos en Compostela: Machina, Mencer Vermello, ... ás 21:30 na sala Capitol
• Foliada de Nadal de Xacarandaina, na rúa Florida (A Coruña)

Domingo 27
• Pablo Díaz na Porta do Sol de Vigo ás 17:00
• Xornadas de Danza e Músicas Tradicionais Galegas no C.C. Caixanova de Vigo ás 19:00
• Xaquín Xesteira e a Banda de Música de Castrelo ás 19:30 no Auditorio de Cambados
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Noiteboa co Alalá

Hoxe, xoves, día 24/12/2009 ás 22:25

Este Noiteboa de Alalá será como entrar nunha postal de Nadal onde soarán panxoliñas, aguinaldos, navidás e tonadas asturianas, que tamén se cantaban nesta zona dos Ancares.


Os Faiscas de Solobeira, os Jalos de Antioquía ou os Terribles de Donas, levarán as melodías máis animadas por camiños, corredoiras, ata atopárense na cantina do lugar. Os gaiteiros da montaña como José de Gregorio ou Justo de Rego farán soar muiñeiras e xotas no interior das pallozas e mesmo na cociña. Entre as voces femininas estarán Sonia Lebedynski e as mulleres do grupo Polavila, que intentan manter a tradición da pandeira dos Ancares.

Xavier Blanco interpretará pezas de Nadal con "instrumentos pobres", obxectos da vida cotiá que antigamente se empregaban para facer música, e, por suposto, tamén participarán os veciños da zona. A presentadora do programa, Pilar García Rego, terá varios guías que lle irán contando distintas tradicións do Nadal no Piornedo.
O programa rematará cunha gran festa espallada por cada recuncho deste fermoso lugar, en que as charangas, os gaiteiros e as cantareiras mesturaranse para cantar e bailar cos veciños e mesmo co equipo de programa.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 24-12-2009 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
E despois concerto de Carlos Nuñez na Habana

á 01:15 da Noiteboa

Nesta noite tan especial a Galega emite o concerto que Carlos Núñez deu na Habana, concretamente no Teatro Amadeo Roldán e en que exerce como solista da Filharmónica de Galicia, dirixida por Máximo Zumalave.

O concerto terá como punto de interese engadido unha reportaxe realizada cos momentos previos ao mesmo, en que o músico galego rememora escenas relacionadas coa súa primeira estadía en Cuba e as súas actuacións máis destacadas, e tamén ofrecerá un percorrido musical e emocional polos lugares máis persoais da súa memoria na illa caribeña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Preparandose para o que vai vir...
Dende a Plataforma Queremos Galego:

Como sabedes, é máis que previsíbel o anuncio do contido do decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establece o aínda vixente, polo que estase a preparar unha resposta colectiva.


É probábel que o decreto saia estes días de vacacións para dificultar as posibilidades de actuación polo que se está a preparar unha resposta rápida e visíbel.

A nivel galego: Concentración o mesmo día pola mañá diante de San Caetano.
A nivel comarcal: nas cidades ás 20:30 nos sitios habituais que se indiquen

Esta convocatoria urxente ten a dificuldade de que non é posíbel anunciala con suficietne antelación sabendo o día exacto, mais é necesario facer o esforzo de ter sobre aviso a todas as organizacións e persoas e tentar que sexan o máis numerosas posíbeis.

Asimesmo xa se está a traballar nunha folga xeral no ensino.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
O Quiquiriquí
O Quiquiriquí (2006)

1. Aguinaldo entrada
2. Buscando unha estrela
3. Da rosa rosiña
4. O pelo roxiño
5. Ovos e torresmos
6. Señora iama da casa
7. Noite de tanta alegría
8. Ano novo
9. Unha pouca roupiña
10. Metido nun ovo
11. Marchemos alegres
12. A campá que resoa
13. Aguinaldo despedida

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
O aghinaldo
Malvela
O aghinaldo (2004)

01. Nadal en Mos.
02. No pendello.
03. Natal dos simples.
04. Despedida de ano vello.
05. Canto de Reises de Mosende.
06. As Xaneiras.
07. De vila en vila.
08. Kikirikí.
09. Chegaron a pé.
10. Romance vello.
11. Alerta pastores alerta.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas de Nadal
Cantigas de Nadal (1998)

1.-Nadal De Luintra (Berrogüetto)
2.-Porque Aquí Non É Ben Ruar (A Quenlla)
3.-Desta Maneira Si Leva Xeito (Xistra De Coruxo)
4.-Canto De Reis E Panxoliña De Neda (Os Cempes)
5.-Canto De Laxoso (Leilia)
6.-Os Reis Do Caurel (Maite Dono)
7.-Aguinaldo (Pancho Alvarez)
8.-Músicas No Ceo De Belen (Muxicas)
9.-Caravel (Uxia)
10.-Cantos De Reis (Na Lua)
11.-O Cometido (Chouteira)

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2009 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer