Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Festival de música Tradicional (Baiona)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2008 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa pola liberdade
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-12-2008 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
4ª noite folk en Neda
O vernes dia 5 de Decembro tera lugar na ribeira de Neda (A Coruña) a "4ª noite folk".A charanga Os Veraneantes,cos seus acompañantes, percorrera os bares de Neda.

Despois daremos paso a unha degustación gratuita de "arroz caldoso de mariscos" e a festa seguirá con:

- O Sonoro Maxín
- Os Tres Trebóns.



www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-12-2008 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades do Foro Social Galego
O Foro Social Galego enche Compostela de actividades artísticas e culturais

Entre os días 5 e 7 de decembro celébrase en Compostela o Foro Social Galego, que acollerá, en distintos espazos da cidade, actividades culturais que van dende os concertos de grupos galegos até a proxección de filmes documentais de denuncia, pasando polo obradoiros e a música de charanga

As xornadas encetan o venres 5 de novembro no Café-Teatro Garigolo cun concerto do cantautor punk O Leo i Arremecághona e García, rapeiro de Dios ke te Crew, que forman o grupo Labregos no tempos dos sputniks.

Xa o sábado 6 de decembro chega o groso das actividades. Por unha banda, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, desenvolverase un ciclo de cinema documental no que se proxectarán diversas obras comprometidas con problemáticas do mundo contemporáneo. A xornada divídese en dúas partes, de mañá e de tarde, e inclúe pezas de relevancia internacional como A toma, de Avi Lewis e Naomi Klein, O pan noso de cada día, de Nikolaus Geyrhalter, ou Os espigadores e a espigadora, de Agnès Varda.

Ás 16:00 horas, no Burgo das Nacións, onde se situará a carpa dos Movementos Sociais celebrarase un obradoiro de manualidades a cargo de Manu Lago, de Pista Catro. No eido musical vai ser esta unha xornada moi intensa coa actuación durante toda a mañá das charangas Os Jalochos e A Compañía do ruído. Ás 17:00 horas, na sala Mozart do Auditorio de Galicia, celebrarase un concerto colectivo con Tonhito de Poi, Os Chiquilicuatres e Tino Vaz. Xa contra a noita haberá un concerto acústico de Pel de Noz e outro, na Gentalha do Pichel, a cargo de Ataque Escampe e Sacha na Horta.

E para rematar, máis cinema
Na xornada do domingo 7 de decembro, continuarán as proxeccións na facultade de Filoloxía coa proxección de filmes de temática social e política como Os sen terra, sobre o coñecido movemento brasileiro, Golpeados pero non vencidos, sobre as maquilas do téxtil en Centroamérica, ou A morte do traballador, documental de Michael Glawogger que acadou certo renome dentro do cinema de esquerdas dos últimos anos.

www.forosocialgalego.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2008 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado de Ataque Escampe
A poucas horas do acto, as Ataque Escampe confirmamos publicamente unha decisión que viñamos considerando desde onte: non participaremos na homenaxe a Voces Ceibes que terá lugar esta tarde na USC.

Unha serie de malentendidos coa organización (non sabiamos da colaboración no evento da Fundación 10 de Marzo que depende do sindicato CCOO; eramos o único grupo participante) e o coñecemento do altísimo grao de institucionalización que terá o acto, fixéronnos tomar esta decisión talvez precipitada. As Ataque Escampe nunca nos sentimos cómodas entre fastos e persoeiros, e estes sen dúbida non habían sentirse moito mellor escoitándonos a nós.

Así, POR COHERENCIA COA NOSA FORMA DE PENSAR E DE ENTENDER A MÚSICA, ATAQUE ESCAMPE NON ACUDIREMOS Á HOMENAXE. Mais queremos deixar constancia de que A NOSA DECISIÓN NON QUERE IMPLICAR EN NINGÚN CASO UN AGRAVIO CARA O COLECTIVO VOCES CEIBES, polo que sentimos un profundo respecto.

Nós non venceremos. E a moita honra.
E lembrade, o sábado na Gentalha!

www.ataqueescampe.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Unha quinta feira animada
Quinta feira 4 (Xoves)
• Cultur.gal 08 no Palexco (A Coruña)
-19.00 h Presentación do disco Vellas Artes, de Vaamonde, Lamas & Romero
• Pito de Pikasso e Medomedá no C. S. de Vite (Compostela) ás 21:00
• Homenaxe a Voces Ceibes na Universidade de Compostela ás 20:00 na Facultade de Medicina: Ex-Voces Ceibes e Ataque Escampe
• Homenaxe a María Manuela no Teatro Jofre (Ferrol): Xabier Diaz, Guillermo Fernandez, Ugia Pedreira,...
• Serán na Sala Nasa (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Nasa
O vindeiro día 4 de decembro ás 21:30 temos a edición de nadal dos "Seráns da Nasa",para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de botar unhas bailas, e tamén para todos aqueles que non
sabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns eanimarvos a botarlle un puntiño...Os grupos que van poñer a música son:

- GAITEIROS DO NORTE
- DONAIRE
- PONTE VELLA
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades musicais abertas ao público no Culturgal 08

Xoves 4 de novembro

19.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos no Obradoiro 2 Cultur.gal 08
- Serxio Regos “García”, de Dios ke te crew

19.00 h Presentación do disco Vellas Artes, de Vaamonde, Lamas & Romero no Espazo presentacións
- Vaamonde, Lamas & Romero

Venres 5 de novembro

19.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos no Obradoiro 2 Cultur.gal 08
- Serxio Regos “García”, de Dios ke te crew

Sábado 6 de novembro

11.30 h Presentación do libro-CD infantil "Para cantar e bailar" no Espazo presentacións:
- Luís Prego
- Cándido Meixide

13.30 h Presentación de "Foliada nas Rías Baixas", CD homenaxe a Ricardo Portela no Espazo presentacións:
- Óscar Ibáñez
- Cándido Meixide

18.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos no Obradoiro 2 Cultur.gal 08
- Serxio Regos “García”, de Dios ke te crew

21.30 h Music.gal. Espectáculo musical e multidisciplinar no Auditorio Gaviota Cultur.gal 08
- Dios ke te Crew (hip hop)
- Marful (fusión, tango e habaneiras)
- O sonoro Maxín (fusión e música festeira)
- Projecto Mourente (pop electrónico)
- The Homens (power pop)
- Proxecto Zocas (danza contemporánea)
- Yolanda Castaño (poesía en escena)
- Estíbaliz Espinosa (poesía en escena)
- Pancho Lapeña (creación plástica)
- Federico Martínez (creación plástica)
- Belén Regueira (presentadora)
- Grupo Chévere (conduce)

Entrada libre e de balde até completar afora.
Ás persoas que previamente recollan convite na Oficina de Información Xuvenil do Concello da Coruña ou na propia feira Cultur.gal, garantiráselles localidade.

Domingo 7 de novembro

13.30 h Presentación do CD-DVD Isolma no Espazo presentacións
- Óscar Cobos
- Cándido Meixide

18.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos no Obradoiro 2 Cultur.gal 08
- Serxio Regos “García”, de Dios ke te crew

18.00 h Concertos de varios grupos do proxecto Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio no Espazo presentacións:
- Chotokoeu
- Os trasnos do Moscoso
- Chámalle Xis

www.culturgal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Showcases musicais para programadores/as

Breves concertos en exclusiva para os/as profesionais, realizados co obxectivo de aproximar os programadores/as ás propostas musicais en directo máis actuais.

Preinscrición para a actividade

Descarga en .pdf a información completa das II Xornadas da industria musical en Galiza e dos Showcases musicais para programadores/as

Presentación e obxectivos
Os "showcases" son concertos breves en exclusiva para programadores/as, para que os/as profesionais teñan unha idea precisa da proposta ofertada, ao estilo das grandes feiras mundiais. Todos os estilos, todos os formatos, nunha variada escolla para que os/as responsábeis das programacións galegas teñan a posibilidade, de primeira man, de coñecer a creación máis actual da música galega. Unha extensa representación de artistas; até un total de 20 solistas e bandas amosarán, os días 4, 5 e 6 de decembro, durante a programación oficial de Cultur.gal 08, as novas propostas de espectáculos musicais en directo de cara á vindeira tempada.

Ademais, contaremos con representación de artistas pertencentes ao proxecto NSAIO, da Dirección Xeral de Xuventude, nun intento de que os máis senlleiros xa vaian tendo contacto cos modos e usos da industria musical.

As asociacións profesionais AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), colaboran co Cultur.gal 08 no deseño e programación de actividades de interese para profesionais relacionados coa industria musical galega -promotores/as, programadores/as, xestores/as culturais, managers… Entre estas actividades, ademais destes showcases musicais, organizaranse tamén as II Xornadas da industria musical galega e meeting points para profesionais.

www.culturgal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrol homenaxea a María Manuela
O Concello de Ferrol, a cidadanía e algúns dos mellores artistas do panorama musical galego se unirán o mes que vén para rendir unha sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos.

Será nunha gran gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partir das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta.


Así o explicaba esta tarde a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, quen destacou que a iniciativa de levar a cabo este recoñecemento partiu dun colectivo de cidadáns e cidadás, que non dubidaron en poñerse en contacto coa Administración local ferrolá e con outras institucións públicas para solicitar a súa colaboración. Deste xeito, o evento está patrocinado ademais polos concellos de Narón e Fene, polas Consellerías de Innovación e Industria e de Cultura e Deporte e pola Vicepresidencia da Igualdade, así como tamén pola Televisión de Galicia, que será a encargada de restransmitir a gala do día 4, como culminación dos actos previstos.

Nesta liña, Mercedes Carbajales avanzou que Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán e María do Ceo serán algúns dos artistas que acompañarán a María Manuela na gala, e que interpretarán xunto a ela algunhas das pezas máis coñecidas do seu repertorio, como “Barco negro”, “Gaivota”, “Habemos de ir a Viana”, “Idioma Meu” ou “Miña nai e maila túa”, entre outras.

Xurxo Souto presentará o evento, mentres que a dirección musical correrá a cargo de Nani García e Xurxo Varela, este último fillo da propia María Manuela. Outro dos seus fillos, Anxo Varela, foi o encargado de deseñar o cartel que ilustra a cita.

Pola súa parte, o portavoz do colectivo que tomou a iniciativa de facer esta homenaxe, Xosé Lastra, explicou que a intención coa que se leva a cabo é sobre todo a de poñer de manifesto ante o público a carreira e o valor artístico incontestable de María Manuela, moi presente dentro do mundo da música e da pintura en Galicia dende hai varias décadas, pero que quizás non conta co recoñecemento que realmente merece. En definitiva, segundo engadiu Xosé Lastra, preténdese facer unha chamada de atención contra a ocultación dunha inquebrantable personalidade artística de primeira orde, sempre disposta a pór a súa voz e o seu alento en todas cantas causas foi requerida.

Por este motivo, Lastra quixo agradecer o apoio prestado dende o primeiro momento polo Concello de Ferrol e o resto de entidades que fan posible que María Manuela reciba dos seus propios veciños e veciñas as mostras de cariño e admiración. Pero tamén, a todos os artistas que non quixeron perderse esta homenaxe, a maioría dos que foron invitados a participar. Os que non puideron, explicou, foi unicamente por motivos de axenda.

Así mesmo, tamén están previstos unha serie de actos paralelos, como é o caso da exposición de pintura de María Manuela no Ateneo Ferrolán, que estará aberta ao público do 1 ao 14 de decembro, ou as mesas redondas que se abordarán, tamén no Ateneo, para abordar a figura artística da cantante. A primeira delas, o día 1, leva por título “María Manuela, a súa pintura no seu tempo” e conta coa participación de Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López. A segunda, o 2 de decembro, “María Manuela, a súa música no seu tempo”, contará con Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela.
www.radiofusion.eu

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Voces Ceibes na USC

Xoves 4 de decembro

HOMENAXE A VOCES CEIBES

Coa participación de membros de Voces Ceibes e o grupo Ataque Escampe


Salón de Actos da Facultade de Medicina
20:00 horas
Entrada libre

www.galicia.ccoo.es/f10m

www.ghastaspista.com



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Disco A Coruña Son 08

Este venres 5, no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Culturgal (Palexco, A Coruña), Tati Mancebo, como directora do obradoiro, acompañará na presentación (12:30) do agardado disco á concelleira María Xosé Bravo e á cantante María Xosé Silvar (Chámalle Xis). O disco será ofrecido de balde no stand da Concellaría desde mañá mesmo.

Na Radio Galega haberá a apartir de mañá audicións e entrevistas. Proximamente será anunciada a edición do obradoiro A Coruña Son de 2009, e poderán baixarse libremente as cancións do certame que aparecen no disco. Aquí podedes escoitar as cancións na versión inicial:

NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
CHÁMALLE XIS: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
MR. CARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
CHUS: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
O SONORO MAXÍN: A rúa do perigo. Reggae atlántico.
TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
D-LAXE: Túas mans. Trip-hop atlántico.
A MISTERIOSA: Santiago Auserón. (Versión galega de "La misteriosa", con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro).


www.olevantadordeminas.blogaliza.org

www.acorunason.eu

O Sonoro Maxín no ACoruñaSon 2008



Pablo Díaz no ACoruñaSon 2008

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-12-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video-clip dos Ruxe-Ruxe
"Ferrallas"

Novo clip de Ruxe-Ruxe feito, aquelado e reaquelado pol@s alumn@s da Escola de Imaxe e Son da Coruña e interpretado por Marcos Payno de GalegoZ.

O clip de Ferrallas fará de telón do disco "Xigantes" e da xira que levou aos Ruxe-Ruxe a facer 40 concertos pola galiza e polo mundo adiante neste 2008.

Agora, entrarán de cheo na preparación dun novo disco de estudio para os primeiros meses do 2009.

Vindeiros concertos e fin de xira:
- Venres 12 de decembro en Vigo, na sala Mondo
- Sábado 20 de decembro en Compostela, na praza de Mazarelos



www.komunikando.net

www.ruxeruxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 04-12-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
'Os mortos van ás presas' en galego no cinema
'Os mortos van ás presas' será a película que conte con máis copias en Galicia e a metade delas serán en galego.

Esta produción, galega de xeito total, estrearase en xaneiro en Ribadeo, onde se rodou íntegramente cun elenco de actores galegos

O director de 'Os mortos ás presas, Angel da Cruz, anunciou que a película será a que distribúa máis copias en Galicia entre todas os filmes, incluído Titanic, e asegurou tamén que máis ou menos a metade delas serán en galego.

En rolda de prensa en Santiago, explicou que o número de copias aínda non está fixado, posto que se trata dunha decisión da distribuidora Boa Vista, aínda que indicou que hai unha previsión de inicial dunhas 120.000 ou 130.000.

Tamén avanzou que o estreo producirase o 17 de xaneiro na localidade lucense de Ribadeo, posto que o filme rodouse íntegramente na parroquia de Rinlo. Tratáronnos como unha familia máis das 150 que eran, agradeceu o director, que xustificou a súa decisión de estrear alí como unha deferencia.

O último dos anuncios correspondeu ao trailer, que estará dispoñible a partir de mañá na páxina web e que a próxima semana poderá ser visionado en cines de toda España.

Pola súa banda, o secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, que tamén participou na presentación pública da película, destacou que un dos méritos do filme baséese en que é unha produción galega de xeito total.

Neste sentido, apuntou que todos os seus actores son de Galicia --excepto Neus Asensi--, que a rodaxe levouse a cabo en Ribadeo e que o equipo técnico e a propia historia da película levan selo galego.

EXPECTATIVAS DE INTERNACIONALIZACION

Para Fernando Salgado, o estreo da película constitúe un novo fito na historia do audiovisual galego. Tamén subliñou o feito de que a película está cargada de identidade propia e de toda a gama de emocións que definen aos galegos, pero presentada en clave de humor.

Precisamente, Angel da Cruz explicou que se trata dun filme para todos os públicos que aproveita a historia dun camión que se queda atrancado nunha ponte impedindo o paso a un cortexo fúnebre para abordar unha reconciliación e distintos valores humanos universais, pero desde o punto de vista galego.

En canto a súa internacionalización, o director explicou que a produción está en mans dunha axencia de vendas internacional e en contacto con Francia, Portugal, Alemania e Italia e, aínda que aínda non hai nada asegurado, desvelou que no país galo xa mostraron interese e que o acordo está case pechado.

PELICULA CORAL

Segundo apuntou o director, a película é coral?, é dicir, que todos os personaxes teñen o seu protagonismo e do elenco, destacou o pracer que supuxo traballar con eles. Neste sentido, recordou que tralo estreo en Valladolid, os mellores eloxios foron para a interpretación do reparto.

Respecto diso, recordou un consello que recibiu do xa falecido Fernando Fernández Gómez -que ía participar na produción sobre que calquera pode dirixir se ten unha boa historia e uns bos actores. O propio actor cualificou positivamente a súa película, segundo apuntou, e mostrouse seguro de que escolleu ben ao seu elenco.

Á presentación da película acudiron os actores do filme Belén Constenla, Ernesto Chao e José Manuel Olveira. Este último subliñou tamén o pracer que constituíu rodar un filme que conta cun guión fantástico.

Ademais, a respecto dunha paralización que sufriu o filme, chanceou sobre os 10 anos que se tardou en rodala e celebrou que finalmente váiase a estrear antes de que a alguén lle pase o que a Fernando (Fernán Gómez).

www.atlantico.net
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2008 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
'Pradolongo' primeiro filme galego en saír en Blu-ray
O novo formato de alta definición inclúe subtítulos en seis idiomas e varios contidos extra.

Pradolongo, o filme dirixido por Ignacio Villar, será o primeiro rodado na nosa lingua que saia ao mercado en formato Blu-ray. A produción de Vía Láctea Filmes, comezará a venderse nas tendas do país o 9 de decembro, e no Estado Español a partir de xaneiro. Ademais do lanzamento en soporte de alta definición, tamén se venderá no xa tradicional DVD e a banda sonora sairá en CD.

O Blu-ray, ademais de ofrecer imaxe e son de máis calidade, inclúe servizos adicionais. Neste caso, ademais do son orixinal en galego, o disco inclúe subtítulos en éuscaro, catalán, castelán, francés, inglés e portugués. De extras, ofrece o vídeo clip do tema central da banda sonora, Quen puidera namorala, interpretado por Luís Emilio Batallán, ademais do spot televisivo, o tráiler cinematográfico, a ficha técnica e artística e unha galería fotográfica.

Pradolongo estreouse nas salas en marzo de 2008. Rodado na comarca de Valdeorras, o filme está protagonizado por Rubén Ríos, Tamara Canosa, Roberto Porto e Gonzalo Chao. Entre os galardóns acadados está o Premio Cidade de San Sebastían Film Commision, o premio especial do Festival de Cine Internacional de Ourense e o premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e ao mellor compositor novel.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2008 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Ocaso e abrente da gaita galega

Diciamos que a gaita é sentida como un signo da identidade galega xa no Coloquio do P. Sarmiento, opúsculo escrito polo ano 1746. O feito de a gaita ser en Escocia un emblema non menos nacional que entre nós contribuiu a robustecer o celtismo popular como ideoloxema componente de certo nacionalismo galego.

Os grupos tradicionais e puros integrados canónicamente por unha ou dúas gaitas, um bombo e un redobrante entraron en crise nos anos trinta e cuarenta do século XX. O seu purismo máis e máis reducíase a alguns músicos míticos coma os Soutelo e o grande refuxio deles eran os coros galegos aínda que a función destes fose básicamente vocal.

Na Terra de Celanova, onde Curros situara un dos sonados gaiteiros literarios cal é o de Penalta, só había na miña infância un: o gaiteiro da Gandarela, um tipo roxo do pelo e simpático que emigrou a Venezuela co seu instrumento.
Para facer a procesión da Virxe do Cristal, e ao non poder contar con gaiteiro ningún, os meus veciños houberon de tocar a danza, con dor de corazón, co clarinete. Hoxe, felizmente, os toques da danza de Vilanova dos Infantes son interpretados por un clarinetista profisional, si, pero que para a ocasión se fai gaiteiro: Paulino, acompañado de dous percusionistas de luxo que son o Rinrín no redobrante e o Dardo ao bombo. Eles son a imaxe da permanencia.

Quero decer que houbo um tempo negro no que desaparecían os gaiteiros en Galicia. Era o tempo no que os arqueólogos e os etnógrafos abandonaban o nome de Galicia para adoptar o de Noroeste Hispánico e as empresas deixaban de ser “de Galicia” para, a imitación da monopolistica de Barrié de la Maza, terminar todas en NOSA: “Papatín patatán del Noroeste Sociedad Anónima”. Seguindo unha tendencia de anteguerra, as bandas de música, sempre tan zarzuelistas, impúñanse nos cuarenta e cincuenta nas festas e romarías e alí foron consideradas a clase musical alta até que as orquestras as fixeron recuar.

A gaita, a gaitiña, foi reducida aos días festivos menores e considerada inferior. Sobre 1954 eu asistín en Salcedo (Pontevedra) a unha grande apupada por parte da mocedade cando os gaiteiros subiron ao palco en lugar dunha banda de música. Os gaiteiros só eran buscados para festas ínfimas ou para procesións con marchas rituais, como é a famosa do Corpus de Pontevedra.
O gaiteiro marxinal, de taberna e toldo de romaría, que competia co acordeonista, mantívose durante moito tempo aínda. Na noite do fogo do Apóstolo era habitual das esmorgas nocturnas dos que, vindos de lonxes vilas e aldeas, velaban e se embebedaban.

Foron os anos sesenta os da Resurrección da gaita. Tendo como santuarios os Coros, naceron novas agrupacións deste tipo como, por exemplo, “Lembranzas Galegas” e “Flores Mareliñas” no entorno no que eu vivo. Entidades privadas, coma o Colexio Fingoi de Lugo, diron en dar leccións de gaita. Fora da Galicia Administrativa, no Bierzo e na Terra Eonaviega, a gaita galega era estudada e recuperada polos mozos. Os movementos estudantis de Compostela no 68 tiveron os seus gaiteiros. En Ribadeo naceu e floriu unha banda de gaitas feminina, pois neste tempo tamén as mozas se convertían em “meniñas gaiteiras” (Rosalía) deixando a tras para sempre o machismo, mesmo mítico, do oficio. En Vigo celebrouse, para ser interrompido por razóns políticas, o Festival do Mundo Celta.

Nel tiveron moito éxito as cornamusas (ai, de influencia escocesa) dos bagad que Cunqueiro fora contratar a Bretaña. Naquel país celta Cunqueiro tivo unha entrevista co musicólogo Patrick Monjarret, quen anos máis tarde habería de facer varias viaxes a Galicia. Nacía así o proceso, de raíz ideolóxica celtista, da influencia de Irlanda e das Bretañas sobre a música galega e sobre a nosa gaita, o que sería moi fructífero e arrequecedor.

Apareceron novos grupos tradicionais como “Muxicas”. Logo comezaron a ouvirse soar gaitas en algúns enterros. E chegamos ao día de hoxe no que hai mais persoas en Galicia que saben, mal ou ben, tocar a gaita do que houbera nunca na nosa historia. Curiosamente, este auxe da gaita vai acompañado dun auxe da música galega instrumental, moi mestizada coa irlandesa mormente, e dun grande retroceso da canción, tanto da coral como da individual.

Nunca tanto soou a gaita em Galicia e nunca tan pouco se ouviu cantar en galego. Mesmo hai, na era da gaita na que vivimos, certos cantantes que aportuguesan as súas voces e lusitanizan afectadamente a dicción do seu galego. Finalmente, Fraga Iribarne cumpriu o seu soño de encher de gaiteiros o Obradoiro. Pro estas gaitas presidenciais eran mais ben herdeiras das da “Legión Gallega” do coronel franquista Juan
Barja de Quiroga.

Xose Luis Méndez Ferrín
FARO DE VIGO
Sábado, 29 de novembro de 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2008 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Un inventario recollerá as danzas gremiais existentes na Galiza
Unha representación da directiva da Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas ou Gremiais reuníase esta semana en Celanova na primeira reunión despois do acto de constitución oficial celebrado o pasado mes de xullo na Cañiza (Pontevedra).

O presidente da asociación e alcalde de Celanova, Antonio Mouriño Villar, presidiu un encontro no que se ultimou a tramitación para a legalización da asociación dentro do rexistro de asociacións, así como concretáronse os detalles do proxecto que presentarán á Consellería de Cultura da Xunta de Galiza. Entre as principais actuacións do plan que esperan entregar de forma oficial nunha entrevista persoal, cabo destacar a realización dun primeiro inventario básico de todas as danzas gremiais que se conservan en Galicia, independientemente de que os seus concellos estean ou non, integrados na asociación.

O inventario, que será realizado pola comisión de traballo que integran representantes municipais e das asociacións de danzas, será a primeira das iniciativas que se levarán a cabo no seo da asociación composta por unha veintena de concellos de toda Galiza, entre eles dez ourensanos.

Distincións honoríficas

Ao longo dos próximos meses, a Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas ou Gremiais, proxecta a concesión de distincións honoríficas de recoñecemento anual a aqueles axentes activos, xa sexan promotores, danzantes, músicos, estudiosos ou etnógrafos que contribúan en favor dos seus bailes respectivos. A intención da asociación é que estes galardóns se entreguen durante un encontro anual de Danzas Brancas ou Gremiais.

www.laregion.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2008 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación do novo disco de Luar na Lubre
Luar Na Lubre en Cadena Ser
O próximo disco gravarase nun directo na Coruña o 23 de Xaneiro


www.cadenaser.com

www.ghastaspista.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Preparación do novo disco de Susana Seivane
Durante o mes de xaneiro, Susana Seivane vai comezar a gravación do seu cuarto traballo discográfico. 'Os soños que volven', que así se vai titular, nace como unha homenaxe ás pezas ‘de toda a vida’ que Susana tocaba na súa infancia, e que agora recrea desde unha nova perspectiva revestidas con arranxos contemporáneos e atrevidos.

Se queres participar con Susana na creación da cuberta, podes enviarnos as túas fotos antigas que han servir de base para o deseño e serán imprimidas na portada e na contra portada. Poden ser de calquera temática, en branco e negro ou cor, pero que fosen sacadas antes dos anos 80.

Podes mandalas escaneadas a 300 ppp a info@susanaseivane.com ata fin de ano.

Esperamos a túa colaboración!!!

www.susanaseivane.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco na fala do Eo Navia
Movidos pol interés en atopar novas sonoridades al xénero del rock col uso esclusivo da fala eonaviega, os miembros de BACOTEXO compuxemos 12 temas pral noso primeiro CD, “A máquina del tempo”, que se sitúan dentro d’un amplio espectro musical, dende el rock ‘n’ roll más clásico con ecos setenteiros (“As de corazóis”, “Submarín nuclear”, “Queimar el cielo”), pasando pol rock sureño (“A carretera”), os medios tempos con aires soul y funk (“Neste marabayo”, “Cancióis de revolución”), el pop-rock más melódico (“Sin munición”, “Recordo”), a esperimentación noise (“Vazamar”, “Árboles d’inverno”) ou a balada acústica (“El ouro nas redes”, “El muelle de fora”). Col título del disco, “A máquina del tempo”, referímonos metafóricamente a un viaxe imaxinario hacia outros espacios temporales, reales ou ficticios, unde lo esencial é el conocemento emocional a través das esperiencias evocadas, suxeridas ou esfarelladas en narracióis. Neste camín, falamos d’amor y desamor, de morte y ausencia, del ego y el marabayo, de situacióis a pique d’estoupar..., en fin, da revolución necesaria dos sentimentos pra entonar a canción traxicómica da vida.

Pra llevar a cabo este propósito, decidimos escoyer a escritura na nosa fala, a llingua del occidente d’Asturias, convencidos de que, como vehículo normal de comunicación llingüística, pode usarse pral llinguaxe del rock con total naturalidá y axudar a atopar resonancias, evocacióis y connotacióis inéditas. Os tres miembros del grupo escribimos os temas a partes iguales, pollo qu’as peculiaridades dialectales dos nosos pueblos d’orixen deixánse sentir nos testos, seguindo sempre as normas ortográficas del gallego-asturiano aprobadas pol Academia da Llingua Asturiana nel 2007

www.myspace.com/bacotexo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kastomá
Kastomä saca novo disco con temas novos que sae á rúa o 5 de Nadal de 2008. Xa falta pouco, e andan a fume de carozo para ultimar os remates da presentación da que vos avisaremos da data e lugar.

O novo traballo chámase "Almas da Noite" é autoxestionado e é o seu primeiro “Longa Duración” editado por Falcatruada e distribuído por A Lonxa Cultural. Contén 10 temas novos. Todos gravados nos Estudios Treboada e Bonham (A Coruña).

O disco trata temas case que todos relacionados coa noite e coas almas que os inspiran, de ahí o título. Podedes ver algo máis no seu MySpace e en breve tamén na súa web, tomade nota: www.kastoma.com

Mentras esperamos, adiantan-nos o tema "A Infancia" que forma parte deste último traballo.

www.komunikando.net

www.myspace.com/kastoma
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Tradescola de Lugo na arañeira

A tradescola de Lugo xa ten páxina web informativa

www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/tradesc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2008 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Uruguai (II)
Hoxe, luns, día 01/12/2008

Un exemplo das viaxes de ida e volta da música galega na emigración uruguaia é o de Cristina Fernández, unha neta de galegos que forma xunto con seu home, Washington Carrasco, un dos dúos máis coñecidos da música popular do país e que ten varios discos gravados en galego.


Moitos galegos asentaronse e prosperaron en Montevideo, pero nunca deixaron de soñar con Galicia e de lembrala coa música e a palabra como Manuel Losa, un libreiro que toca o bombo na Banda de Gaitas Irmandade e que descubriu a vocación de escritor despois de recoñecerse nunha fotografía a bordo do barco que o levou a América
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-12-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas da industria musical en Galiza
Xornadas do sector musical dirixidas a programadores/as, xestores/as, produtores/as, discográficas, empresas e entidades relacionadas coa música e persoas interesadas

Preinscrición para a actividade

Descarga en .pdf a información completa das II Xornadas da industria musical en Galiza e dos Showcases musicais para programadores/as

PRESENTACIÓN

As asociacións profesionais AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), colaboran co Cultur.gal 08 no deseño e programación de actividades de interese para profesionais relacionados coa industria musical galega -promotores/as, programadores/as, xestores/as culturais, managers… Entre estas actividades están as II Xornadas da industria musical galega e meeting points para profesionais, desenvolvidas en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e que terán lugar entre o xoves 4 e o venres 5 de decembro.


DÍAS
Xoves 4 e venres 5 de decembro de 2008

PROGRAMA

XOVES 4 DE DECEMBRO

10.00 h - 11.00 h
ACREDITACIÓNS E PRESENTACIÓN

PARTICIPAN
-Consellería de Cultura e Deporte
-Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
-Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono)

Agadic: Presentación e liñas estratéxicas 2009

11.00 h -11.15 h
PAUSA

11.15 - 12.00 h
O SECTOR INDEPENDENTE E OS DEREITOS MUSICAIS NA ERA DE INTERNET

PARTICIPA

-Mark Kitcatt
Xerente de Everlasting Records and Popstock Distribuciones; presidente de UFI (Unión Fonográfica Independente), membro das Xuntas de Impala e de Merlin

12.00 h - 12.30 h
PAUSA

12.30 h - 13.30 h
EMPRESAS DISCOGRÁFICAS NO S. XXI, GUÍA DE SUPERVIVENCIA OU ADAPTACIÓN

PARTICIPAN

-Mark Kitcatt
Xerente de Everlasting Records and Popstock Distribuciones (Spain), Presidente de UFI (Unión Fonográfica Independente), membro das Xuntas de Impala e de Merlin

-Jemima Cano
Diqela - Ojos de Brujo
Exemplo de autoxestión integral por parte dun grupo da súa actividade profesional

-Marcos Collantes e Keina García
Mushroom Pillow
Exemplo de modelo negocio 360º, discográfica+editorial+management.

VENRES 5 DE DECEMBRO

10.00 h - 10.45 h
OS PROXECTOS DE COLABORACIÓN ENTRE ASOCIACIÓNS DE EMPRESAS MUSICAIS

PARTICIPAN

-Vitor Santana de Miranda
Contato. CRJ. Minas Gerais, Brasil

-Makely Oliveira de Sousa Gomes
Comum. Minas Gerais, Brasil

-Rui Mota
Música PT. Portugal

10.45 h - 11.00 h
PAUSA

11.00 - 11.45 h
FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DE GALICIA: O proxecto para a implantación de procesos de calidade nas empresas asociadas a AGEM - Os primeiros resultados

PARTICIPAN

-Patricia López Quintiá
Representante da Fundación para o fomento da calidade industrial e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

-Víctor Gómez
Adviser Consultores.

11.45 h - 12.00 h
PAUSA

12.00 h - 12.45 h
A VERTEBRACIÓN DO SECTOR MUSICAL, OS NOVOS RETOS

PARTICIPA

-Andy Ramos Gil de la Haz
Bardají - Honrado Abogados
Plataforma Independiente de la Música

12.35 h - 13.00 h
PAUSA

13.00 h - 14.00 h
PRESENTACIÓN DO PROXECTO NSAIO AOS PROFESIONAIS GALEGOS DA INDUSTRIA MUSICAL

CLAUSURA POR PARTE DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE DA XUNTA DE GALICIA

MEETING POINT DAS INDUSTRIAS MUSICAIS

Todos/as os/as asistentes acreditados/as nas xornadas, previa solicitude, terán a posibilidade de manter pequenas reunións de 10 minutos cos seguintes relatores:

Día 4/12, de 14.00 h a 16.00 h

-Mark Kitcatt (Everlasting Records)
-Jemima Cano (Diquela - Ojos de Brujo)

Día 5/12, de 14.00 a 16.00 h

-Vitor Santana de Miranda (Contacto. CRJ. Minas Gerais, Brasil)
-Makely Oliveira de Sousa Gomes (Comum, Minas Gerais, Brasil)
-Rui Mota (Música PT)
-Patricia López Quintiá (Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia)
-Andy Ramos Gil de la Haza (Bardají - Honrado Abogados)

A solicitude para estas reunións debe facerse enviando un correo electrónico ao enderezo music@galiciantunes.com, indicando de xeito imprescindíbel os seguintes datos:

-Nome e apelidos
-Entidade / empresa á que se pertence
-Cargo ou función
-Localidade
-Enderezo electrónico
-Teléfono de contacto
-Persoa ou persoas coa(s) que se desexa manter a reunión (por orde de preferencia)

As reunións asignaranse por orde de solicitude e preferencia. Unha vez rematado o prazo (30/11), o/a solicitante recibirá confirmación do día e hora asignada para cada reunión.

Ademais, o sábado 6 pola mañá, tamén haberá un meeting point entre empresas e grupos pertencentes e seleccionados polo programa Nsaio.

Descarga en .pdf a información completa das II Xornadas da industria musical en Galiza e dos Showcases musicais para programadores/as


PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo da inscrición tanto para as xornadas como para a solicitude de reunións remata o 30 de novembro. A inscrición para a participación nas xornadas debe facerse cubrindo o seguinte formulario:

Preinscrición para a actividade
Para inscribirse nesta actividade dirixida a profesionais é preciso cubrir o seguinte formulario. Lembra que as prazas se concederán por orde de inscrición.

Información e inscrición na seguinte ligazón: www.culturgal.com

www.culturgal.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-12-2008 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer