Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TRADESCOLA - Monográfico sobre os Cantos de Nadal
A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que recentemente abriu as súas portas en Lugo, dedica o seu primeiro monográfico sobre música tradicional aos Cantos de Nadal. Esta xornada terá lugar a mañá do sábado 20 de Decembro no salón de actos do Centro Residencial Xuvenil Lug II, (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 – Lugo) a partires das 11.00 h.

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis, foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de acompañamento, de ilusión, para moitos dos galegos e galegas que tiveron a súa vida no rural. Para realizar esta xornada, na que se amosarán os distintos cantares e tradicións do Nadal en Galiza, contaremos coa presenza de Mini e Mero, que estarán acompañados polo gaiteiro Raúl Galego.

Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio son os nomes de pía de Mini e Mero, lucenses da Terra Chá, dabondo coñecidos no eido da música galega. Son mestres no rural, cofundadores de “Fuxan os Ventos”, fundadores de “A Quenlla”, musicólogos, intérpretes, autores de libros como “Contos de Vellos para nenos”, “Somos Lenda Viva”, etc. Ademais diso atoparon tempo para a recolla de música tradicional e da sabedoría popular da xente do rural. Ou como din eles “Non só para recollela, coidala e conservala, senón tamén para transmitila, espallala e devolvérllela ao pobo”. Levan máis de 15 anos colaborando co gaiteiro Raúl Galego en actuacións co grupo A Quenlla, conferencias, exposicións e obradoiros.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2008 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre gravará un disco en directo no teatro Colón
A banda coruñesa Luar na Lubre gravará o primeiro disco en directo da súa carreira durante o concerto que ofrecerá o vindeiro 23 de xaneiro no teatro Colón.

O grupo, un dos máis importantes no apartado da música folk a nivel mundial, revelou durante a presentación da actuación que o álbum chamarase Luar na Lubre ao vivo. O concerto servirá para celebrar unha traxectoria musical de 24 anos, no que o conxunto coruñés visitou 26 países en cinco continentes.

Ao vivo recopilará en formato disco e DVD vinte das cancións máis significativas da carreira de Luar na Lubre, nun concerto que poñerá fin á xira de Camiños da fin da terra. Os galegos contarán coa participación de distintos artistas durante o espectáculo. Polo momento, aseguraron a súa presenza: Luz Casal, Diana Navarro, Pedro Guerra e Ismael Serrano, que non estará no concerto pero que gravará unha canción para o undécimo disco dos creadores de O son do ar.

O multiinstrumentista, Bieito Romeu afirmou, durante o acto de presentación do espectáculo, que "trátase dun concerto especial, xa que tras 24 anos era importante gravar un disco que mostre a esencia do directo de Luar na Lubre".

O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, informou no acto que a Concellaría de Turismo, "acompañará ao grupo en xira do seu próximo disco". Tello asegurou que "o obxectivo do Concello, dentro da campaña de desestacionalización do turismo, e da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), é promover e promocionar a imaxe da cidade no exterior e Luar na Lubre é unha garantía", asegurou o primeiro tenente de alcalde.

A primeira das actuacións do grupo coruñés no estranxeiro terá lugar en Budapest, a finais do mes de febreiro. Unhas semanas despois, o 10 de marzo de 2009, Luar na Lubre ao vivo sairá á venda.

Turismo deseñará unha campaña promocional da Coruña, paralela á xira, que acompañará aos artistas por todas as cidades que visiten. O logotipo municipal estará presente en todas as actuacións que Luar na Lubre realice durante o ano 2009. Ademais, Tello asegurou que se distribuirán folletos informativos sobre a cidade con distintas ofertas para que "chegue máis público á cidade".

O primeiro tenente alcalde mostrouse partidario en "realizar unha oferta musical variada, na que o folk e a música moderna teñan un lugar moi importante".

O líder de Luar na Lubre, Bieito Romeu, quixo mostrar o seu agradecimiento ao Concello. "Cando un Concello implícase é menos custoso para o artista poder poñer en marcha os seus plans", afirmou Romeu. As entradas para o concerto sairán á venda nos próximos días.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Cantos de Reis en Pontevedra
O grupo Os Chichisos levará a cabo o vindeiro xoves 18 a partires das 10:00 h de decembro un obradoiro de “Cantos de Reis” para toda a comunidade escolar do CEIP de Cabanas, Salcedo.

Dito obradoiro consistirá en explicarlle ós nenos e nenas o seguinte:

1. Historia de recuperación dos Cantos de Reis por parte do grupo Os Chichisos.
2. Tipos de cantos durante todo o período do Nadal.
3. Interpretación dun Canto de Reis.
4. Proxección dun vídeo de Canto de Reis gravado polas prazas e rúas de Pontevedra.


OS CANTOS DE REIS

Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. En troques do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.

Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.
En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos. Normalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura dun lugar onde parir. Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comeza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licenza para cantar na casa dos que visitaban. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos cos demais. De seguido tocábase unha xota ou muiñeira e convidaban os da casa a danzar.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.
Moitos destes cantares son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.

Os cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anís, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar facilmente nas aldeas. Pola zona sur da provincia de Pontevedra, conservan a súa propia tradición de cantos de Nadal, as rondallas. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os instrumentos que había na casa e ían de pasarrúas polos barrios.

Os cantos de Reis era e é unha das tradicións máis fermosas do tempo de Nadal. Forman parte importante do noso patrimonio cultural, polo que é un tesouro que debemos manter.


Para saber máis sobre este tema teléfonos:
649 748 708 Rosalía (Os Chichisos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Música Tradicional
www.barriomontealto.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Espectáculo interactivo de aCentral Folque en Oleiros para alumnado da ESO

O Grupo artístico-didáctico de aCentral folque constituiuse no presente ano 2008 baixo a dirección de Óscar Fernández e Nacho Muñoz e integra a profesores e colaboradores de aCentral folque e da Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Terán este xoves 18 de decembro a primeira actuación para escolares de Oleiros.


Será unha experiencia de reelaboración comunal, performance e creación a partir do patrimonio musical galego. O grupo artístico-didáctico de aCentral Folque conecta ao alumnado co proceso de concepción e desenvolvemento dun producto escenográfico fundamentado no patrimonio músical galego. Os profesores canalizan as súas ideas e esforzos para que sexan os autores reais da experiencia escénica.

O obxetivo principal é que os rapaces experimenten dende o seu propio proxeto -e non dende o do docente- cos principais procesos creativos do mundo sonoro e a súa interrelación práctica con outros campos artísticos. O concerto está organizado en tres seccións: musical, escénica e audiovisual e comprende unha aprendizaxe práctica e lúdica de aspectos e técnicas relativas a diferentes artes: composición musical, canto, danza, acción dramática, creación de contidos narrativos, coreorafía, declamación, montaxe escénica, gravación audiovisual…

Cada sesión será gravada audiovisualmene e editada posteriormente polos membros do grupo artístico-didactico recollendo diferentes momentos das experiencias. Estas gravacións serán enviadas aos respectivos centros de ensino e serán divulgadas a través do portal de aCentral folque www.folque.com.


ORGANIZACIÓN DO CONCERTO DIDÁCTICO

Os concertos terán lugar no auditorio municipal Gabriel García Márquez (Mera, Oleiros) e desenvolveranse na data lectiva do 18 de decembro de 2008 en horario de mañá.

1º concerto de 11 a 12 horas
2º concerto de 12:30 a 13:30 horas
A experiencia educativa que desenvolverá o Grupo artístico-didáctico de aCentral folque con os alunos de ESO de Oleiros é unha producción exclusiva de aCentral folque para o Concello de Oleiros.

wwww.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Son De Seu na TVG

Xoves, 18 de decembro ás 20:30 h no auditorio do
pazo da cultura de pontevedra


Este xoves a Televisión de Galicia celebra en Pontevedra a gala Son de Seu que se televisará a noite de Noiteboa. Nesta gala participan Son de Seu, Soledad Giménez, Carmen París e o grupo de danza O Fiadeiro.

A asistencia á gala é con invitación, e as invitacións poden solicitarse chamando ao teléfono 981 540 631.

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida da Xira invención da pólvora 2008
Coincidindo coa presentación en Compostela de Estaleiro Editora, as AE (Ataque Escampe incluída Paq) poñen punto e final a todo este desvarío cun concerto multitudinario o mércores 17 de decembro (Tarasca, Compostela, 22:00).

Están convocados todos os axentes sociais, culturais, económicos, SINDICAIS, deportivos, relixiosos, históricos e individuais do país. E claro, tamén Carlos Figueiras. Antes tocarán os californianos The Name.

O Xoves, estrea n'A Regueifa Plataforma do segundo EP das AE. Por xuntarse con "malas compañas que nos comen a cabeza", nesta nova entrega de cinco temas revisan todos os seus principios ideolóxicos.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xoán Curiel
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-12-2008 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Malaskaras en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Nadal da Universidade de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
O orgullo da música autóctona
A Agrupación Gómes Mouro volveu demostrar onte que se pode gozar coa música aínda sen ser un experto na materia, e que unha xornada lúdica pode tamén servir para aprender moito sobre a historia recente e a cultura máis próxima.

Así o comprobou o público que asistiu á celebración do Día do Orgullo Gaiteiro, que chega xa á súa quinta edición baixo a dirección de Cástor Castro e Gonzalo Abelairas. Os asistentes -de todas as idades- gozaron por igual coa actuación do grupo Tanto nos ten, como co humor didáctico de Antón Castro que lles ensinou a facer música con culleres e cuncas mentres lles arrincaba gargalladas coas súas historias, ou coa charla dos investigadores Félix Castro e Xoán Pedro Blanco sobre o acordeón diatónico e as historias daqueles músicos ambulantes que amenizaban moitas festas en vilas e pobos, como foi o caso de Feliciano Novelle , de Coles.

Aínda que sen dúbida, a parte máis emotiva protagonizouna Ermelinda Seguín Matías, máis coñecida como Ermelinda do muíño, en alusión ao negocio de molineros que a súa familia mantivo activo durante moitos anos en Sarreaus. A piques de cumprir os 84 anos onte Ermelinda recibía emocionada a homenaxe do público no Auditorio ourensán. «Estou moi contenta e agradecida a esta xente» explicaba un dos baluartes que conservan viva a tradición das cantareiras -ela tamén toca a lata desde pequena- na provincia. Grazas á súa boa memoria pode ensinar aos máis novo os romances de rolda que aprendeu de nena e que segue cantando. Tamén Iván Area recibiu un recoñecemento polo seu Proxecto Ronsel de conservación do patrimonio inmaterial.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dous anos de Seráns
Mércores 17 de decembro na Fábrica de Chocolate (Vigo) ás 22:30
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-12-2008 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Unha maré de emocións
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a pasada noite os sons de ‘Cantos na Maré’, unha emocionante viaxe pola música dos territorios da fala portuguesa que puxo fin á VI edición do Festival Internacional da Lusofonía. Sara Tavares, Paulo Borges, Waldemar Bastos, Sergio Godinho ou Uxía lograron que o público non deixara de bailar

O Auditorio do Pazo da Cultura quedou pequeno e tivo que colgar o cartel de entradas esgotadas. Os máis privilexiados puideron compartir o resultado deste encontro no que os artistas conviven varios días para crear un espectáculo irrepetible.

A singularidade amosouse nas mesturas de artistas, sons e ritmos conxugados perfectamente por Paulo Borges, o director musical, que achegou a súa sensibilidade para levar a cabo este traballo, onde o importante non é só o rigor musical, senón tamén a consecución dunha nova sonoridade resultante da mestura de timbres. Así, Sara Tavares e Uxía desafiaron vendavais interpretando xuntas As Nosas Cores, un tema do último disco da cantora galega, Eterno Navegar. A cantante e compositora de raíces caboverdianas interpretou, entre outras, Lúa Chea, e afirmou sentirse chea de luz e de amor nesta terra. Waldemar Bastos trouxo a Galiza os ritmos africanos e o latexo do seu país, Angola. Cunha voz conmovedora soubo transmitir emocións intensas con cancións como Muxima. Coa mestría de quen leva trinta e tres anos enriba do escenario, Sergio Godinho, un dos artistas máis importantes na veciña escena musical portuguesa, achegou o público ao seu país con temas como Só Neste País ou Fotos de Fogo.

Na súa primeira visita a Galicia, Paulinho Moska dixo sentirse emocionado con este experiencia. A afinidade e admiración recíproca con Xabier Díaz reflectiuse enriba do escenario ao cantar xuntos Lágrimas de Diamantes, co que lograron un dos momentos máis intensos da noite.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Unha asociación berciana premia a Susana Seivane pola súa promoción do uso do galego
O día 15 de xaneiro a gaiteira ourensá Susana Seivane recollerá en Ponferrada un premio «por ser unha gran difusora do idioma galego», segundo explican desde a asociación Xarmenta de promoción do uso do galego na comarca leonesa de El Bierzo.

O xurado destacou dela a súa «querenza pola lingua», que levou polos escenarios «de medio mundo» na súa traxectoria artística. Seivane, que xa confirmou que asistirá ao acto (no que tamén será recoñecida a labor da Escola de gaitas de Vilafranca e o grupo Airas da pedra, ambos bercianos), aproveitará a ocasión para presentar algúns dos temas do seu novo traballo, titulado Os soños que volven, que publicará a primeiros do ano que vén.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os catro grandes coros tradicionais de Galicia cantaron xuntos no Jofre
Enfrontados a «unha supervivencia moi difícil», reclaman, para non desaparecer, «a axuda que sempre se nega»

Os catro grandes coros tradicionais de Galicia celebraron onte xuntos, no teatro Jofre, o 150.º aniversario da concesión a Ferrol, por parte da raíña Isabel II, do título de cidade. Respondendo ao chamamento do Toxos e Froles, que celebrou naquel mesmo escenario o seu primeiro concerto no ano 1915, Cántigas da Terra, da Coruña (fundado en 1916), o ourensán De Ruada (fundado en 1918), e Cantigas e Agarimos, de Santiago, fundado en 1921, ofreceron, xunta o coro anfitrión e decano, un multitudinario concerto. Un concerto histórico, en máis dun sentido, que rematou coa interpretación do himno galego cos coristas das catro institucións xuntando as súas voces, baixo a dirección de Manuel Amorós, ante un público realmente emocionado. Desde o fondo do escenario, nunha xigantesca fotografía, naturalmente en branco e negro, os mudos retratos dos primeiros integrantes do Real Coro asentían, en silencio.
E foi nese mesmo escenario, por certo, aínda que no seu caso cinco anos máis tarde (é dicir, en 1920), onde De Ruada recolleu a bandeira que conserva como o tesouro que é: a que lle deseñara, como onte lembraba o seu presidente, Eladio Quevedo, o ferrolán Camilo Díaz Baliño. «Por máis voltas que lle dou, non poderei entender xamais -sinalaba o presidente do Toxos, Pedro Sanz- a que obedece que desde a Consellería de Cultura se estea sempre pechando os ollos ante o que os coros tradicionais representan para o noso país e para a nosa xente. A medio prazo -engadía-, todos nós teremos unha supervivencia moi difícil. Pero a axuda que sempre se nos nega vai para outras cousas».
«Levo esperando ano e medio para que nos reciba Ánxela Bugallo -sinalaba mentres o presidente de Ruada-, e non hai maneira. Sempre me din que non nos pode recibir. E hoxe nin sequera temos un local propio. Menos mal que, grazas á xenerosidade da Deputación de Ourense, podemos utilizar o terceiro andar do Teatro Principal, e ir tirando...». En opinión do presidente de Cantigas e Agarimos, Antón Fernández, «os coros tradicionais de Galicia sobreviven polos esforzos dos seus coristas, nada máis». «O abandono que padecemos é gravísimo».
Erea Estévez, directiva e arquiveira de Cántigas da Terra, lembraba onte, ademais, a íntima vinculación dos coros tradicionais galegos coas Irmandades da Fala, e a necesidade de que «as institucións axuden» a conservar, tamén, un patrimonio documental que vai moito máis alá do puramente musical, para entrar de cheo no ámbito literario.

O Toxos, Cantigas e Agarimos, De Ruada e Cántigas da Terra constituirán unha federación

No Jofre, os coros confirmaron a súa intención de constituír unha federación. «¡É que temos que formar unha Federación de Coros Tradicionais de Galicia para poder defender un patrimonio que é de todos, non nos queda outro remedio!», exclamaba Sanz. «O que se lle está a facer á música tradicional de Galicia é insoportable, e a Consellería de Cultura -engadía- debería ter en conta que os nosos coros son a memoria de aspectos fundamentais da creación galega». «Sen o que estes coros fixeron -apuntaba Eladio Quevedo-, a música tradicional non tería sobrevivido. Pero nin a música nin moitas cousas máis».

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2008 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos intensivos de perfeccionamento (Marín)
A Asociación Sociocultural “Mestre Landín” comprácese en saudarlles e informarlles da súa recente creación no mes de outubro de 2.008, da man de D. Juan Tueros Calvar, coa vocación de formar novos músicos, especializados en instrumentos tradicionais, e a posterior creación dunha banda de gaitas que espalle a nosa cultura, tomando como referente a que algúns consideran a primeira banda de gaitas de Galicia, “Os de Marín”, constituida polo mestre D. Francisco Landín Pazos, de orixe marinense, alá polos anos 50.

Esta Asociación comezou a impartir cursos anuais de iniciación e perfeccionamento á gaita, percusión tradicional e pandeireta, así como de lectura musical xa no mes de outubro, e quere aproveitar a ocasión para darlles a coñecer a organización dos seguintes CURSOS INTENSIVOS DE PERFECCIONAMENTO, levados a cabo por persoal especializado:

- Curso de percusión tradicional:
impartido por D. Andrés Vilán, ex percusionista de Mercedes Peón e actualmente percusionista de “Pepe Vahamonde Grupo”, o día 28/12/2008, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.

- Curso de pandeireta e canto:
impartido por D. Luis Prego, compoñente do grupo de música tradicional “Ardentía”, o día 21/12/08, en horario de 11’00 a 13’30.

- Curso de baile tradicional:
impartido por Carlos Xosé, ex director de “Cantigas e agarimos” e actualmente xurado de “Baile, baile”, do programa Luar da TVG, o día 28/12/08, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.

- Curso de Gaita:
impartido por Iván Abal, profesor de gaita do Conservatorio Superior de Música de Ferrol, o día 21/12/08, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.

O prezo de cada un destes cursos será de 20 €, a súa realización estará condicionada á asistencia dun cupo mínimo de participantes e o prazo de inscrición remata o día 18/12/2008.

No caso de estar interesadas/os, prégase pórse en contacto coa Asociación Sociocultural “Mestre Landín” polos seguintes canles:

- Teléfono móbil: 689.23.98.70 (Felipe) / 679.61.79.70 (Juan)
- Enderezo electrónico: mestrelandin@hotmail.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-12-2008 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Pepe Temprano
Hoxe, luns, día 15/12/2008

Esta noite a Coruña dos anos 60 chega ao Alalá, o aroma da tabaqueira, das tascas e a música nos Belés... con Pepe Temprano, actor de publicidade, coleccionista e gaiteiro, que ama as cousas auténticas, comezando pola música que para el ten que ser galega, sen andar con Jamaicanadas, por iso toca xotas, muiñeiras, alalás, etc, pero sempre co carácter galego como sinal.


Despois da xubilación, o Temprano é un dos actores de publicidade máis cotizados en Galicia, de feito ten un certo parecido coa publicidade na súa capacidade para seducir coa música e coas súas historias resultado dunha vida intensa dedicada á musica pois xa dende que era un neno toca cos Tempranos de Eiris, ombro con ombro con seu pai. Da familia herdou o carácter gaiteiro e o posto de traballo na antiga fábrica de Tabacos da Coruña, de feito no programa analiza varias perspectivas da cidade da Coruña de mediados de século pasado, como a Tabaqueira ou a música de tascas como Os Belés.

Pepe Temprano ten tal colección de instrumentos e curiosidades musicais na casa que ben podería ser un museo da música: Trompas de Mongolia, dulzainas de Navarra, tallados de Polonia... todas auténticas xoias que conserva orgulloso nas vitrinas do corredor, a través das cales foi cultivando un intenso saber sobre a nosa música. Por iso cando fala dela faino sen medo, rexeita os mitos e di que gaiteiros tan bos como agora nunca houbo.
Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 15-12-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 12 (Venres)
• Tonhito de Poi e Rasa Loba no Pub Sun de Taragoña
• O Sonoro Maxín e Ultraqáns na Sala 600 de Melide
• Leo e Arremecaghona e Ruxe-Ruxe na Sala Mondo (Vigo)

Sábado 13
• Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Mare no Pazo da Cultura (Pontevedra)
• Toxos e Froles, Cantigas e Agarimos, Coral de Ruada e Cántigas da Terra no Teatro Jofre de Ferrol
• María do Ceo na Centro Sociocultural da Illa de Arousa ás 21:30
• Gala Premio Festivaleir@ 2008 na Gentalha do Pichel (Compostela)
• V dia do Orgullo Gaiteiro no Auditorio de Ourense
• O Sonoro Maxín na sala babel de Lugo
• Lamatumbá e O Leo i Arremecaghoná na Sala A (Vigo) Adiado

Domingo 14
• Nova galega de Danza en Narón
• Bonovo no Fórum Fnac da Coruña ás 19:30
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe en Vigo no aniversario de Galiza Nova
Este venres día 12 de decembro Galiza Nova da localidade de Vigo ten previsto realizar diferentes actos para conmemorar o vinte aniversario da nosa organización.

As actividades darán comezo ás 19:00h cunha charla-coloquio no Centro Cívico do Casco vello( R/ Oliva 3).
Na mesma intervirán:
- Anxo Igrexas Covelo ( Ex Responsábel Comarcal),
- Manuel Caride Correa ( Ex membro da Dirección Nacional )
- Iria Aboi Ferradás ( Secretaria Xeral )

e presentará Adrián Rodriguez Bravo ( Responsábel Local).

Posteriormente ás 22:30 terá lugar un concerto na Sala Mondo ( R/ Xaquín Loriga) coas actuacións do Leo i arremecághona e os Ruxe Ruxe.
A entrada custa 3 € mais heberá regalos e sorpresas.

www.galizanova.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan os Ventos na TVG

A TVG EMITE ESTE SáBADO O ESPECTáCULO TERRA DE SOÑOS, CELEBRADO NO AUDITORIO DE GALIZA

Para todos aqueles que non puideron asistir, e para os que desexen rememorar o emotivo espectáculo Terra de Soños, que supuxo o regreso de Fuxan os Ventos aos escenarios despois de dúas décadas, a Televisión de Galicia emite este sábado 13 ás 21:30 h. a gravación do concerto, que tivo lugar no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o pasado 19 de outubro.

www.fuxanosventos.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Implicate 08

O vindeiro domingo 14 de decembro, ás 20.30 h, IMPLICADAS estará de festa. Por cuarto ano consecutivo celebraremos, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o Implícate, a nosa noite de música e palabra solidaria. Unha cita que este ano é máis especial que nunca, xa que celebramos o noso décimo aniversario.

Artistas como Xabier Díaz, Iria Piñeiro, The Homens, Celso Parada, Patricia Vázquez, Marga do Val, Xabier Cordal, Disque Danza, Celso Fernández Sanmartín, María do Cebreiro, María Reimóndez unirán de forma altruísta as súas palabras e os seus xestos para facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, facendo posible unir nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega.

Esta cuarta edición do Implícate, presentada por Yolanda Castaño e Luis Tosar pretende ser unha celebración da década de traballo e camiño conxunto de Implicadas e a sociedade galega: faremos un recorrido polas voltas e revoltas deste vieiro e escoitaremos as testemuñas das amizades a compañeiras e compañeiros que atopamos ao longo deste camiñar. Entregarase, ademais, o premio da terceira edición do concurso de micro relatos, o I Premio Implicada do Ano e porase á venda, como sempre, unha selección de produtos da organización, dende a nosa axenda solidaria ata artesanía realizada polas mulleres dos nosos proxecto.

Ademais o Implícate quere convidar ao público a ver o mundo con outros ollos e a reflexionar, porque o cambio que buscamos ten que comezar cun compromiso tamén con Galiza, activando as forzas vivas do noso pobo, como as/os nosas/os músicas/os, poetas, artistas. A pobreza non desaparecerá se non se arrincan as súas raíces, e esas están na nosa maneira de votar, consumir, actuar. Vivir. Se esta noite de arte consegue achegarnos un chisco a ese obxectivo darémonos todas por máis que satisfeitas.

www.implicadas.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
1º Concerto Aberto de aCentral Folque
Este venres 12 de decembro ás 19,30 h no auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais, sé pedagóxica do Centro Galego de Música Popular, terá lugar o 1º Concerto Aberto con propostas do alunado desta escola.

O edificio está situado no Parque de Vista Alegre, no barrio homónimo de Santiago de Compostela. Podes ver un pequeno mapa aquí.

O espectáculo será unha mostra informal de novas propostas que estudiantes de aCentral Folque queren amosar en palco. Actuacións breves e intensas de novos valores da música na Galiza en formato de dúos, trios e solistas con arranxos simples e efectivos onde se poderá apreciar a versatilidade da música inspirada en formas patrimoniais galegas con frescura e orixinalidade.

Unha sucesión de intervencións de alumnado de cada materia instrumental: canto, violino, sanfona, gaita, percusión, acordeón diatónico e requinta. Un concerto de natal que non terá referencias festivas nin glamour comercial senón espírito de superación e entretenimento lúdico coa música de raíz como excusa.
Será un concerto breve de entrada libre que tentaremos sexa puntual

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Cantos na Maré, todo é navegar
Participarán Paulinho Moska (Brasil), Sérgio Godinho (Portugal), Sara Tavares (Cabo Verde), Waldemar Bastos (Angola) e Xabier Díaz (Galiza).

Chega a cita anual con Cantos na Maré, a semana de concertos, encontros e debates que dende as rúas de Pontevedra procura deitar ligazóns entre as culturas lusófonas do mundo, de Brasil a África, pasando por Galiza e Portugal. Cantos na Maré naceu sendo un encontro musical, aínda que ao seu redor foi fíando unha serie de actividades máis diversas, nas que tamén o audiovisual ten o seu protagonismo, e no que cada ano colle unha maior importancia o contacto entre creadores e promotores e distribuidores, co obxectivo de fortalecer a industria cultural dos países participantes. E coa intención de posibilitar a circulación de todos os artistas lusófonos polo mercado que se abre entre Pontevedra, Salvador de Baía e Luanda, en ambas as dúas beiras do Atlántico, en tres continentes e unha lingua común.

Con todo, a música, os concertos, seguen sendo o centro de Cantos, que este ano terá o seu día grande o sábado 13 de decembro. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a partir das nove da noite un concerto que xuntará, baixo a dirección artística de Uxía e Paulo Borges a Paulinho Moska, Sérgio Godinho, Sara Tavares, Waldemar Bastos e Xabier Díaz. A banda que os acompañará está formada por Jon Luz (Cavaquinho), Quiné (Batería/percusión), Joao Ferreira (Percusión), Rubén Santos (Trombón), Paulo Temeroso (Clarinete, saxo, frauta), Nortos Daiello (Baixo) e Guillermo Fernández (Guitarra). As entradas teñen un prezo entre 10 e 12 euros e poderán adquirirse a partir do 3 de decembro.

Paulinho Moska
Actor de cine e teatro, fotógrafo, músico e compositor, Moska destaca polas súas baladas pop electrónicas en liña melancólica, a través das cales ofrece unha moderna relectura da rica tradición da bossa nova. 'Tudo novo de novo', é o seu sétimo álbum como solista, unindo novamente as súas dúas grandes referencias musicais: o rock e a MPB (Música Popular Brasileira), que constitúe a súa formación. Moska identifícase co insecto cuxo nome tomou como marca artística: "Eu tamén teño unha visión ampla e voo sen un destino concreto, decidindo sobre a marcha onde vou".

Sérgio Godinho
Con 33 anos de carreira e 23 discos publicados (16 álbums de originais) Godinho é, sen dúbida, un dos artistas máis importantes na escena musical portuguesa. Godinho é ademais actor, con múltiplas participacións en filmes, pezas teatrais, series e pezas televisivas. Xa en 1971 colabora no primeiro álbum en solitario de José Mário Branco, Mudam-se os tempos mudam-se as vontades, gravando nese mesmo ano na Francia o seu propio primeiro LP en solitario: Os sobreviventes, e ao ano seguinte o segundo: Pré-histórias (1972). Ainda que constantemente censurados, estes álbuns conseguiron alcanzar a popularidade entre o público portugues no ano seguinte, tendo sido mesmo premiado pola prensa como 'Autor do ano' e Os Sobreviventes como 'Disco do ano'. Desde entón até hoxe a súa carreira continua; apesar de non obter sempre o correspondente éxito comercial, permaneceu como favorito da crítica e do público, sendo autor de algunhas das cancións mais aclamadas da historia da música portuguesa, como É terça-feira e Com um brilhozinho nos olhos.

Sara Tavares
Sara Tavares é cantante, compositora e guitarrista, naceu en Cabo Verde no ano 1978 pero creceu en Portugal. A pesar da súa xuventude xa ten tras de si unha carreira que lle ten proporcionado un lugar destacado no panorama musical portugués. Con Mi mA Bô, cantado en tres idiomas (portugués, Criollo e inglés) foi disco de ouro. No seu último traballo Sara compuxo todas as cancións ademais de tocar case todos os instrumentos neste magnifico Balançé no que logra combinar dun modo sutil e honesto as melodías contemporáneas coas súas raíces africanas. Balancê sitúa a Sara entre as mellores novas voces da world music, avalada cunha nominación aos premios World Music de BBC como mellor novo intérprete.

Waldemar Bastos
Artista de sensibilidade exquisita, Bastos é un dos cantautores africanos máis auténticos e comprometidos coa realidade social de África, a súa música é o latexo dos eu país, Angola, ao que sempre retornan nas súas cancións. Coa guerra civil sufriu represión e cadea e posteriormente exiliouse a Portugal e Brasil, onde gravou seu primeiro disco Estamos juntos, con Chico Buarque. En Portugal editou Angola, Minha Namorada, disco dedicado á memoria dos eu fillo asasinado. Hoxe como onte a lírica nostalxia deste cantante de corazón ferido ten o embruxo de ser un canto ávida, a beleza, á esperanza e á defensa dos valores pacifistas. Os seus dous últimos traballos: Pretaluz, producido por David Byrne, e Renascence son brillantes e están entre a mellor produción musical da lusofonía ratificada por centos de concertos por todo o mundo.

Xabier Díaz
Díaz deuse a coñecer no ano 2004 con Músicas de salitre (xunto co guitarrista Guillerme Fernández) e hai ao redor dun ano converteuse na voz de Berrogüetto. En canto á súa carreira musical en solitario e despois da edición no ano 2007 do segundo traballo Coplas para Icía, traballa xa (de novo con Guillerme Fernández) no que será o seu terceiro disco, A lírica do silencio, que se publicará en 2009.

www.vieiros.com



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Premio Festivaleir@ 2008

Gala Premio Festivaleir@ 2008

Sábado 13 de Decembro
Presentado por Denis Mutante e coa actuación estelar da Banda Mutante

A Gentalha do Pichel, Compostela
22:00hs.
Entrada + CD à Vontade.




www.komunikando.net
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-12-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
V dia do Orgullo Gaiteiro
O sábado dia 13 de decembro, a AOFT-Gomes Mouro, organiza o "V dia do Orgullo Gaiteiro"

Programa:
(todas as actividades nas salas anexas do Auditorio de Ourense):

16:00 a 18:00 Emisión de Lume na Palleira en directo con Emilio Españadero

18:15: a 19:00 Charla didáctica e audicións "O Acordeón diatónico na Galiza" con Félix Cástro e Xoán Pedro Blanco

19:00 a 19:30 Acto Homenaxe: a "Ermelinda Seguín Matías", cantareira de Sarreaus e Premio novas iniciativas o "Proxecto Ronsel" de salvagarda e Posta en valor do patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia

19:30 a 20:00 Antón Castro, "De Contar e de Cantar"

20:00 a 21:00 Actuación do Grupo "Tanto nos Ten"

As 21:30 Cea do Orgullo no Restaurante Oira Praia, (estrada de Oira nº 20)
Prezo da Cea 18€, (15€ para Alumnos e asociados da AOFT)
Para a cea apuntarse antes do martes 9 de decembro, inclusive, no teléfono: 654173524

Máis información en:

http://aoftou.spaces.live.com/
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-12-2008 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Malia o dente que come a semente
Hai moitos anos estivemos en Ar Orient ou sexa Lorient, Bretaña, para asistir ao seu Festival de música celta. No estadio municipal ondeaban as bandeiras de Escocia, Gales, Man, Cornoalla, Irlanda, Bretaña e Galicia sen que ninguén tivese alí medo de romper o Reino Unido (xa o rachara o Sinn Féin ao facer nacer Eire) nin Francia nin moito menos España. Unha noitiña houbo pasacorredoiras ou ruada e alá fomos atrás dunha banda de gaitas escocesa por toda a cidade. As gaitas e a percusión eran arrebatadoras e sentimos que con todo aquel aparato musical calquera era capaz de ir desembarcar en calquera país que sexa para conquistalo como fose. O único de raro que tiña aquela banda escocesa era que viña de Dublín. Tratábase pois dunha banda de gaitas escocesa que non era escocesa senón irlandesa ou sexa: unha imitación.

En realidade as bandas de gaita escocesas son creación dos ingleses dominadores que organizaron militarmente os habitantes das Terras Altas de Escocia do mesmo modo que formaron unidades militares coloniais como poideron ser os lanceiros béngalis. Pro as marchas militares tocadas por estes gaiteiros nacidos para colonizar e extender o imperio britránico seduciron os colonizados. Músicas como “I lo’e nae a laddie” ou “The smith O’Chilliechassie” extendéronse polos cinco continentes e conmoveron a milleiros de persoas indíxenas.

De forma que moitas xentes asumiron as bandas de gaitas militares dos Highlanders como cousa propia.
Nos tempos de Lawrence de Arabia e de Glubb Pachá as gaitas escocesas introducíronse en Irak e noutros lugares do próximo Oriente de maneira que o folklore palestino actual, ainda o máis nacionalista, ten a gaita escocesa incorporada. Do mesmo modo a gaita escocesa é considerada como algo natural na India e no seu inimigo o Pakistan.
A Grande Bretaña retirouse de Irlanda (descontando unha porción do Ulster) pero as súas gaitas escocesas seguiron a sonar na nova república independente. Eu teño visto enterros de voluntários do IRA nos que, tras do morto, figuraba un gaiteiro con gaita escocesa e non un con gaita irlandesa.
Os gaiteiros militares escoceses foron imitados por pura fascinación. É o caso dos grupos bretóns que deixaron de lado o biniou ou gaita propia para desfilar marcialmente con tambores e cornamusas escocesas. Hai que descer que estas imitacións bretonas das bandas escocesas de gaitas gustaron moito en Vigo nos primeiros anos sesenta e moitos lle aplaudiamos cando marchaban marcialmente pola Porta do Sol e en Castrelos cando o Festival do Mundo Celta aínda non fora prohibido polo Gobernador Civil da Provincia de Pontevedra.
Tanto foi imitada a gaita escocesa no mundo que ultimamente é corrente vermos películas nas que un policía de Nova York é enterrado con honores ao son dunha gaita e dunha melodía fúnebre escocesa.
Desa fascinación parte o fenómeno cultural e social das bandas de gaitas de inspiración militar que Victorino Núñez e o mestre Foxo inventaron na Deputación de Ourense. O tipo de gaita e de percusión, a fantasía dun vestido con saias para os varóns, a presencia dun sarxento con mazo, a formalidade reximental dos desfiles, fan da Real (ou Royal) banda de gaiteiros da deputación cuxa sede radica na miña cidade natal un modelo que fixo verdadeiro furor. Esta banda de inspiración escocesa de Ourense foi velozmente copiada en moitos outros lugares de Galicia, e mesmo de fóra de Galicia, o que diu lugar a que os gaiteiros tradicionais ou que se consideran enxebres lles declarasen a guerra aos gaiteiros das bandas pro-escocesas, por outra banda (sic) moi protexidas polo poder do PP e moi oficialistas.

Un episodio famoso desta guerra das gaitas foi aquel no que case todos os asistentes a un importante partido de fútbol en Balaídos asubiaron, apuparon ou abouxaron masivamente a Real Banda de cornamusas da deputación de Ourense. Cando o Día das Letras Galegas, dedicado a Sarmiento, se celebrou em Vilafranca do Bierzo eu comprobei que os meus amigos da Escola de Gaitas de alí estaban moi incomodados pola participación da banda de tipo ourensano-escocés do concello de Ponferrada. A banda ourensana-escocesa colonizou tamén Asturias central ou ovetense e outros territorios.

A min non me molesta que por veces Carlos Núñez toque (moi ben) cunha frauta rara que non é o freixolé galego nin que os de Milladoiro lle dean a unha especie de adufe ou pandeiro cun garabato do tipo dos que temo visto nas miñas viaxes por Irlanda. Por iso tamén non me escandalizo pola moda das bandas de gaitas influídas polas dos reximentos británicos de Highlanders escoceses. O que si que me fai pensar esta guerra das gaitas é no feito de que para que haxa mestizaxes, fusións, influencias musicais entre Galicia e o chamado Mundo Céltico pola nosa vella mitoloxía nacionalista ten que existir em primeiro lugar unha música galega enxebre e para que a nosa gaita se diversifique e evolúa ten que existir unha gaita galega autodeterminada en primeiro lugar. Sei que no mercado existe un producto que se factura como “folk céltico” pero nós debemor ir en contra de tal mercadoría opoñéndolle a marca da música galega nacional-popular.
Ainda que sexamos do jazz e do rock e de calquera música popular e de Macías e de Viaño e de dodecafónica e de electroacústica e de Haendel e de Bach e dos folklores musicais infinitos do planeta.

Xose Luis Méndez Ferrín
Faro de Vigo
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2008 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Vaamonde, Lamas & Romero
Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero unen os seus talentos cun único obxectivo: pasalo ben, só con gaita, acordeón e saxo soprano. 'Vellas artes' é o suxerente título do primeiro álbum, publicado tras máis de dez anos sobre os escenarios, e que presentaron no Cultur.gal.

Pregunta: O título de 'Vellas artes' xa o di todo, ¿que obxectivo tiñan con este disco?


Resposta: O de 'Vellas artes' dío todo por ese dobre sentido que ten o feito de dicilo e que soe a bellas artes, pero ao poñelo con v, á parte de convertilo ao galego, permite combinar eses dous significados de artes antigas, que é a música popular que facemos nós e por outro lado o feito de relacionalo coas artes nobres, un pouco máis 'endiosadas' que son as belas artes.

P: ¿Como definirían o seu traballo?

R: Facemos o que cremos que é a nosa esencia, que é tocar música popular para pasalo ben, para transmitir bo rollo, e para sentirnos músicos, facer música sen máis á parte de parafernalias e loxísticas impresionantes, cada un co seu instrumento e dar unha visión persoal da música popular.

P: É unha música máis pensada para o directo...

R: Que o digas ti é sorprendente, porque nos parece que o disco non representa o que facemos nós. O que fixemos todos estes anos era facer directos, e nos directos convertímolo nalgo máis que música, son unha especie de shows, de performances, nos que a música é unha disculpa para facer outras cousas. No disco non está representado, e lamentámolo, pero nos encargaremos de transmitir que detrás dese disco hai un directo moi interesante.

A renovación da música galega
P: ¿Como se concilian as vellas artes con iso que se dá en chamar 'novo folk'?


R: Nós nunca lle chamamos novo folk, temos claro que segue sendo música popular feita dende 2008 e actualizada cunhas harmonías e con recursos de hoxe, pero tomando melodías antiquísimas arranxadas para unha gaita, un saxo soprano e un acordeón. O novo folk aínda non sabemos o que é, ao mellor estamos facéndoo sen darnos conta. Para nós é simplemente musica popular actualizada, posta a punto en 2008.

P: Sobre esa outras 'renovacións' da música tradicional galega fala 'A marcha dos cheíñas', ¿chegaron respostas a ese tema?

R: É que non fixemos ningunha pregunta, entón non agardamos respostas. Nunha determinada época en Galicia pasou algo coa música popular e sobretodo cun instrumento da música popular, e nós fixemos o que facemos normalmente, tomalo con humor, como sinal de saúde, porque cando un enferma o primeiro que perde non é o apetito, por moito que digan, senón o humor. Penso que gozamos de boa saúde sempre e cando se manifeste por medio dese humor. Hai unha pequena reivindicación que ao mellor entrou neste cd a última hora. A partir de agora xa non ten sentido, reivindicaremos outras cousas.

P: ¿Falta humor no folk?

R: Falta humor e amor. É posible que si, que unha proposta como a nosa rescate esa faceta, a do humor, a de comunicar algo divertido, transmitir non só determinadas emocións primarias como a tristeza ou a ledicia, senón botar unhas risas escoitando música debe ser unha das cousas máis pracenteiras que hai. Pero si é posible que se boten en falta máis propostas non só no folk, senón en calquera ámbito musical nas que se poña o humor no primeiro termo.

Traxectoria
P: Coa traxectoria que levan, ¿teñen asegurado o acceso aos escenarios?


R: Acabamos de sacar disco, pero non deixamos nunca de facer directos, este é un paso máis na nosa traxectoria porque é o primeiro disco que sacamos en formato trío, pero non creo que vaia cambiar sustancialmente a maneira de funcionar que traiamos anteriormente. Somos un grupo que basicamente se coñece polos seus directos, en ámbitos moi diversos: dende a rúa a tabernas ou teatros.

É unha proposta versátil que se adapta a moitos espazos e gozamos de boa saúde no senso de facer actuacións en directo e esperamos que sexa un soporte que nos dea a coñecer entre a xente que non se achegara nunca aos nosos concertos, pero non imos mudar a nosa dirección, que é tocar en todo aquel espazo no que haxa ganas de pasalo ben e de disfrutar de boa música.

P: ¿En que momento decidiron xuntar as súas carreiras?

R: A verdade é que os tres por proximidade xeográfica nos coñecemos dende hai moitos anos e sempre tivemos certa tendencia a liarnos en cousas sofisticadas, sesudas. E iso levámolo parello ao feito de gozar da música en si mesma. Ao principio eramos Suso e eu (Romero) e o concepto era liberarnos de moita presión.

Tamén estaba o feito de ser libre no sentido de non estar atado a ningún tipo de loxística, podemos tocar aquí mesmo ou no Albert Hall de Londres. Isto permitiunos exercer de músicos puros, sen máis parafernalias. A incorporación de Pedro, que tamén coñecemos de hai moito tempo doutros proxectos... É unha especie de terapia á que nos sometemos para facer o que nos gusta facer, que é tocar e pasalo ben tocando, e ver que a xente o pasa ben co que facemos nós.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Pablo Novoa
O novo espectáculo do Xabarín comeza a rodar no Cultur.gal. O porco bravo máis popular segue desatando as paixóns dos máis novos, que ocuparon todas as localidades. Pablo Novoa, que tocou en grupos tan diversos como La Marabunta ou Golpes Bajos, é o responsable de boa parte dos clásicos do programa da TVG, que deu a coñecer as bandas de rock galegas emerxentes nos 90. E agora encárgase dos temas do musical.

Pregunta.-Como vai ser ese novo espectáculo do Xabarín? Fará referencia aos temas clásicos?

Resposta.-Ten sobretodo temas novos. A idea era facer todo novo, facer un musical dende cero, non utilizar tampouco os guións e as ideas que tiña xa o programa, que leva 13 anos, senón partir dun guión novo e facer música nova. Cando en xullo tiñamos unha idea clara dun boceto, que isto depende de Chévere, de Manolo Cortés que é o que fai o guión, falan comigo para facer a música e con Nicolás Pastoriza para facer as letras. A idea era que todos fosen novos. Pero para o guión quedaba moi ben utilizar un tema vello, o Satélite Xabarín, que agora se chama Satélite Polborín, porque a idea era comezar co malo usurpando o posto do Xabarín. A mellor forma de deixar claro nun musical que o malo usurpaba o posto do bo era que cantase unha canción do xabarín coa letra adaptada.

P.-O Xabarín que coñecemos tiña moito espírito bravú, mantense agora?

R.-No musical, a música tes que adaptala a cada situación, por tanto moitas veces non ten unha liña tan definida como música en si mesma, porque estás ao servizo do espectáculo. O espectáculo pide unha cousa tétrica e tes que facer algo duro. Dentro diso, quixemos saírnos un pouco do rock and roll clásico, que era a idea xeral que levaba tantos anos facendo o Xabarín. Incluso a nova cabeceira, que ten dous anos, tamén é rock and roll, pero no espectáculo sempre estamos dentro do rock e utilizamos outras cousas, que estabamos vendo que nos gustaban moito para intentar darlle outro carácter que non fose o de sempre. A maneira de darlle un toque diferente era tomar as cancións dende outro sitio. Ten un pouco de soul, aproveitei para facer moitas gravacións de violíns... E logo hai outras partes que remiten máis aos Beach Boys. E o terreo do malo está máis dentro do heavy, que eu non fixera nunca. Ves moitos musicais, escoitas moita música e o do malo está baseado nas películas de Tim Burton.

P.-Cambia logo de formato o espectáculo do Xabarín cara o musical, un xénero non moi cultivado en Galicia...

R.-Para facer un musical un pouco ben é unha cousa cara de facer. A xente que traballamos no Xabarín estamos pensando sempre en ideas novas, esas cousas van quedando aí, moitas non se fan nunca, non é o momento, non hai cartos para facelas... E nun momento determinado pensouse que facer un musical podería darlle un aire novo ao Xabarín, que penso que lle facía falta.

P.-En canto ás letras, como varían con respecto ao Xabarín inicial?

R.-Se eu tiven que pegarme ao guión de Manolo Cortés, o letrista, Nicolás Pastoriza, moitísimo máis. Nun musical, non só as letras teñen que ir dun tema, senón que moitas veces é a parte argumental. Nico tivo que seguir moi claramente as liñas que lle ían dando. O que pasa é que este Xabarín é menos repugnante. Nos espectáculos do 98, había unha parte na que o Xabarín era un ególatra, a todos nos gustaba iso, os que fan 'jugarretas', non os debuxos bos, e o Xabarín tiña esa vertente. No musical, as bazas negativas xa as ten o malo, entón o Xabarín está máis melancólico ao principio, despois se cabrea e se pon en pé, pero non ten xa esa compoñente de repugnantiño que tiña.

P.-Cal é o argumento do espectáculo?

R.-O argumento fíxose partindo do que os nenos coñecen do Xabarín e collendo a figura dun malvado, que nunca estivo nin nos espectáculos nin no programa. Neste caso pensouse nun polbo, chamado Polborín, porque usurpa o seu posto. No momento do espectáculo vese que todo está pensado, que o polbo vén a dominar a terra, que é unha especie de mafia que está crecendo polo mundo, e o Xabarín ao principio está baixo de moral, porque o botaron fóra, e hai un par de números en que os seus compañeiros lle dan ánimos, e el érguese e deciden ir a polos polbos. Fan unha nasa, e como o polbo é un famento, poñen a unha rapaza de cebo, e gañan os bos.

P.-Á xeración que medrou co programa xa se lle chama Xeración Xabarín, o porco bravo pode seguir sendo un símbolo para as seguintes xeracións?

R.-Todo depende de que haxa ideas. A idea do boneco é moi boa, gañáronse moitos premios, Suso Iglesias, o director da tele hoxe, e que foi o que puxo en marcha todo isto, percorreu un par de países do mundo recollendo premios. Que no futuro siga vai depender de que haxa ideas novas, que teñan que ver cos rapaces de cada época. Se o Xabarín está ao día, pode seguir sendo, como segues vendo a Chaplin e ris porque son eternos. Un programa de televisión ten que ir pegado ao día a día, e logo sabemos que nas televisións funcionan cuestións políticas, cansanzo, cambios de dirección e de produción que poden facer que nun momento determinado decidan ir por outro lado.

P.-Logo da estrea, cales serán os plans do Xabarín?

R.-O de hoxe é unha proba de fogo para ver como funciona todo, se hai que recortar unha canción porque quedou moi longa... Moitas cousas que ata que non está o espectáculo na presentación non tes claro. Queda un pouco de traballo, pero teoricamente, en xaneiro empezaría a rodar.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-12-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
10 Decembro: Solidaridade con Cuba

Acto Solidario con Cuba

Mércores 10 de decembro ás 20:30
no Teatro Jofre de Ferrol


Trátase de finaciar catro proxectos de vivendas e infraestruturas básicas, destruidas polo paso consecutivo de tres furacáns, principalmente en Pinar del Río, por un importe de 153.000 euros, que serán xestionados e fiscalizados pola ONG ACSUR las Segovias.

Organizado pola Plataforma de Axuda Urxente a Cuba, formada por:
-ACSUR las Segovias.
-Ateneo Ferrolán.
-A. VV de Caranza " Cuco Ruíz de Cortazar".
-A. VV de Esteiro"Fontelonga".
-CPS de San Valentín.
-Asociación E.P. Uruguai-Galicia.
-Asociación Fuco Buxán.
coa colaboración e patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.

Programa do Acto:
Presentado pola xornalista Beatriz Picos:

- Ulträqäns.
- Balakandra.
- Norge Batista ( cantautor cubano).
- Laura Landeira (recita)
- Luar na Lubre.
- Coro Toxos e Froles.


O prezo da entrada son 6 euros.

Intervirán: Un representante da Plataforma de Axuda Urxente a Cuba e o Consul Cubano en Galicia.

A recadación ingresarase na conta de Caixa Galicia: 2091 0000 35 3040185583. onde tamén podense facer donativos.

As entradas xa están á venta no Teatro Jofre e por internet na Páxina: http://www.ferrol.es/jofre.

Máis información dos proxectos a financiar.

www.fucobuxan.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Novas Bases e Partitura para o 19º Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón
Novas Bases e Partitura para o 19º Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón

Xá están disponibles as novas bases e a partitura obrigada para a 19 edición do Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón", que se celebrará o 30 e 31 de Agosto de 2009.

Novas Bases
Bases.pdf

Partitura en Pdf
Partitura.pdf

Partitura en Encore
Partitura.enc


www.ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-12-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 5 (Venres)
• Foro Social Galego en Compostela
• Labregos no tempos dos sputniks (O Leo i Arremecághona e García) no Café-Teatro Garigolo (Compostela)
• Cultur.gal 08 no Palexco (A Coruña)
• Carmen Dor na Sala Catro Camiños (A Rúa) ás 22:30
• Tonhito de Poi e Rasaloba no Pub o Muíño (Cervo) ás 23:30
• Sobre Rodas (dúo de zanfonas) no Rincón del Ósculo (Redondela) ás 22:00
• O Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns e Os Veraneantes en Neda
• XIX Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña)

Sábado 6
• Foro Social Galego en Compostela
• Tonhito de Poi, Os Chiquilicuatres e Tino Vaz ás 17:00 na sala Mozart do Auditorio de Galicia (Compostela)
• Ataque Escampe e Sacha na Horta na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Lincorne no Revira de Pontevedra
• Cultur.gal 08 no Palexco (A Coruña)
-11.30 h Presentación do libro-CD infantil "Para cantar e bailar"
-13.30 h Presentación de "Foliada nas Rías Baixas", CD homenaxe a Ricardo Portela
-21.30 h Music.gal. Espectáculo musical e multidisciplinar no Auditorio Gaviota Cultur.gal 08
- Dios ke te Crew (hip hop)
- Marful (fusión, tango e habaneiras)
- O sonoro Maxín (fusión e música festeira)
- Projecto Mourente (pop electrónico)
- The Homens (power pop)
- Proxecto Zocas (danza contemporánea)
- Yolanda Castaño (poesía en escena)
- Estíbaliz Espinosa (poesía en escena)
- Pancho Lapeña (creación plástica)
- Federico Martínez (creación plástica)
- Belén Regueira (presentadora)
- Grupo Chévere (conduce)

• Samesugas no Zona Cero (Caldas de Reis)
• María do Ceo na Casa da Cultura de Vilanova de Arousa ás 21:30
• Festa da Liberdade na sala Nasa (Compostela): Vai, Skarnio e A Quenlla
• VII Festival de Música Tradicional (Baiona)
• Pandereteiras do Val da Maía e Os Alegra en Lérez (pontevedra)
• Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo)

Domingo 7
• Cultur.gal 08 no Palexco (A Coruña)
-13.30 h Presentación do CD-DVD Isolma
-18.00 h Concertos Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio:
- Chotokoeu
- Os trasnos do Moscoso
- Chámalle Xis
• Milladorio en Vigo no Teatro do Centro Cultural Caixanova

Segunda feira 8 (Luns)
• I Foliada de Bribes (Cambre)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2008 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
Sábado 6 de decembro
-Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo).

Luns 8 de decembro
-Foliada en Bribes (Cambre)

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-12-2008 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 21 de novembro
Vai de baile do 21 de novembro de 2008

Unha e mais o outro (Beade) VS Os Xoldra (Teis)

Fase de Concurso


Fase de Puntuación
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 05-12-2008 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
E o luns foliada en Bribes (Cambre)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-12-2008 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Carpenta (A Coruña)
O día 5 de decembro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, exactamente, a edición XIX.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2008 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer