Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro disco de Algarabía Folk
Dez temas de tradición para bailar compoñen o disco que anda a presentar Algarabía Folk.

A asociación folclórica titula co seu propio nome este álbum que grabaron o pasado mesde maio nos estudios Ancestral de Ponte Caldelas. O grupo, que inclue clarinete, acordeóns, gaita, tamboril, bombo e pandeiretas, aposta por unha interpretación festiva de temas populares.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Guadi Galego
O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade, a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.

O MUNDO ESTÁ PARADO está conformado por 10 temas: 6 escritos por ela ,3 por Carlos Abal e 1 por Pachi García, que exerce de novo como productor musical. GUADI GALEGO perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Sés
OPOÑERSE Á EXTINCIÓN é o cuarto álbum oficial de SES e chegará aos nosos ouvidos o vindeiro 2 de decembro.

SES é forza, incorformismo e paixón.
É a artista máis relevante do momento e un fenómeno social que non deixa de medrar. Cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos acompañados dunhas letras de marcado carácter reivindicativo contra case todo o establecido.

OPOÑERSE Á EXTINCIÓN segue a liña do inconfundible estilo de SES coas novas composicións e diferentes temáticas onde fai demostración da gran voz que posúe.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Talabarte
TALABARTE, o trío formado por QUIM FARINHA, PEDRO PASCUAL e KIN GARCÍA xa teñen nas tendas o seu novo álbum, o segundo na sua carreira: FAKE

O CONCEPTO: ?Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta FAKE, o novo libro-disco de Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas...

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-11-2016 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nova tenda online de Musica Tradicional
Alavai é unha nova tenda Online (www.alavai.net) adicada á Gaita e todo o que teña que ver coa musica tradicional de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2016 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Carta ao Director
Feijóo e as súas gaitas

Algo pasa cando no acto público de investidura do Presidente da Xunta de Galicia en vez de soar música galega, como sería o máis lóxico, soa un invento híbrido de gaitas marciais e percusións escocesas acompañadas de malabarismos e bastóns de mando circenses.

Algo pasa cando dous presidentes galegos falan e falan de Galicia pero diante dunha agrupación pseudo-galega que representa máis ás lonxanas Highlands de Escocia que a súa propia terra.

Algo pasa cando bandeiras galegas e instrumentos que nada teñen que ver con esas bandeiras comparten escenario con músicos que desnaturalizan ao extremo máis absurdo a música que fan.

Algo pasa cando os que senten autoodio, desprezo e un incompresible complexo de inferioridade musical son os mesmos que presumen de representar a súa terra e de exportar un modelo de banda de gaitas copiado que nada aporta á cultura galega.

Algo pasa cando a xente aplaude e asume como propio o que non é de aquí, normalizando música importada dunha cultura tan respectable como a nosa.

Algo pasa cando seguimos pensando que o único importante son as viaxes pagadas por todos nós, os premios e recoñecementos internacionais que moita xente non recoñece por cuestións máis que evidentes.

Algo pasa cando os que din que hai que mollarse por Galicia son os mesmos que permiten que cando mexan por nós teñamos que dicir que chove.

Algo pasa, si, algo está pasando dende hai máis de 25 anos desta copia malfeita, pero hai algúns que non queren saber nada porque só lles interesa falar desa Galicia que, paradóxicamente, non é capaz de recoñecer a súa música. Por moito que nos queiran convencer.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2016 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Lembranza de Narf
A semana pasada tod@s recibimos un mazazo coa repentina morte de Narf.
Moitos anos de traballo musical é escénico abrindo vieiros para a música galega.
Na nosa lembranza e Que a terra lle sexa leve...




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2016 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
VII Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Cuspedriños (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada no Casino da Xesta (A Lama)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Ribadelouro (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Serán solidario en San Andrés de Comesaña (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán Virxe do libramento (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada da chuva en Cela (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2016 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción dun pandeiro (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-11-2016 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía na Ramallosa (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de raiz en Callobre (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Festival A Rebusca de Outono (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-11-2016 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
III Xornadas de baile tradicional (Lugo)
Xa podes consultar o programazo que temos preparado para o vindeiro sábado 19 de Novembro en Lugo.

10.15h ? Entrega de documentación e apertura

10.30h ? Relatorio - Obradoiro I.
Relatorio ? As Moliñeiras. Por Xabier Iglesias.
11.00h. Quenda de preguntas
12.15h. Obradoiro práctico: As Moliñeiras

12.15h ? Descanso

12.30h ? Relatorio - Obradoiro II
Relatorio ? O baile no Concello de Avión (Ourense). Por Miguel Sotelo.
13.00h. Quenda de preguntas
13.15h. Obradoiro práctico: O baile na Edreira Vella e Boeixos, ao xeito de Hipólito e Dosinda. Por Miguel Sotelo

14.15h ? XANTAR

16.30h ? Mesa Redonda
Cantidade ou calidade. ¿Qué beneficia mais o noso baile?
Interveñen: Luis Prego, Xabier Iglesias, Marcos Botana e Miguel Sotelo.
Modera: Gustavo Couto.

18.00h ? Descanso

18.15h ? Relatorio - Obradoiro III
Relatorio ? Na percura do fandango perdido. Por Luis Prego
18.45h. Quenda de preguntas
19.00h. Obradoiro práctico: Na percura do fandango perdido

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-11-2016 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereiteiras de Toutón en Toutón (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés en Becerreá
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Fiandola en Reis (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e Agarimos en Valga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música tradicional Os Alegres (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-11-2016 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14 (Luns)

Terza feira 15 (Martes)

Corta feira 16 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 17 (Xoves)

Sexta feira 18 (Venres)
? I Serán Virxe do Libramento en Arbo

Sábado 19
? III Xornadas de baile tradicional (Lugo)
? Familia Camagno no Gaiás (Compostela)
? Os Cempés en Becerreá
? XX aniversario de Fiandola na Pontevella (Reis-Teo)
? Vaamonde, Lamas & Romero en Tomiño ás 20:00
? Festival de música tradicional Os Alegres (Pontevedra)
? Ruada no Casino da Xesta (A Lama)
? II Serán de Ribadelouro (Tui)
? Foliada da chuva en Cela (Bueu)
? Serán de Cuspedriños (Cotobade)

Domingo 20
? Cantigas e Agarimos en Valga
? Davide Salvado no Salason (Cangas)
? VII Serán e magosto en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2016 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas sobre os Seráns (Pazos de Borbén)
A principios do pasado século XX, nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra que abrangue os Concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior, etc., a xente das aldeas organizaba, pasada a tempada de verán, pequenas festas participativas que favorecían o achegamento e a diversión entre mozos e mozas.
Argallábanse en casas particulares, alboios ou mesmo cortes, e daban comezo ó caer a tardiña, polo serán, de aí o seu nome. Alí se reunían cantadores e cantadoras, bailadores e bailadoras, para cantar, bailar e desfrutar da xornada.

Pero non o facían de calquera xeito, se non que tiñan unha organización tradicional ben clara e definida para as súas actuacións, sobre todo no tocante ás pezas que levaba cada baile.
Con estas xornadas pretendemos profundizar nestas reunións tradicionais, Os Seráns, da man de quen as viviu en primeira persoa, e que representan un reflexo da identidade social e cultural do noso pobo, e un gran exemplo do Patrimonio Cultural Inmaterial que temos en Galicia.

Por iso, o vindeiro 12 de novembro dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos a II Xornada sobre o Serán, no que desfrutar non só da música e do baile senón tamén charlas, coloquios, mesas redondas,... sobre a súa temática. Será en Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.

Anota a cita na túa axenda, pois sen dúbida é unha cita que non querrás perderte!!!

PROGRAMA II XORNADAS SOBRE O SERÁN

11.00h ? Semblanza a Domingo Amoedo
Colocación dun ramo de flores na Casa da veciñanza de A Ermida.

11.30h ? Relatorio I
A i-aña nas Vesadas do Condado - Paradanta: Elementos rituais (O ramo, o baile e os leghóns). Por Guillerme Ignacio Costa
12:15h. - Quenda de preguntas

12.30h ? Obradoiro de baile
Impartido por Lina Rodriguez, de Lordelo (Mondariz) e Lola Amoedo, de Toutón. E coa participación de Francisco Feijóo ?Xisco?.

13.30h. XANTAR

16.30h ? Obradoiro de pandeireta
Impartido por pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. E coa colaboración de Francisco Feijóo ?Xisco?.

17.30h ? Relatorio II
Conformación e características da etno-zona ?Serán?. Por Xandre Outeiro
18:15h. - Quenda de preguntas

18.30h ? Proxección audiovisual
Proxección dun video resumo das I Xornadas sobre o Serán.

18.45h ? Descanso

19.00h ? Mesa de debate
Con de pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. Tamén Pandereteias de Avión.
E moderada por Xandre Outeiro.

20.15h ? Serán
Serán a cargo dos grupos de pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. Tamén Pandereteiras de Avión.

21.15h ? Peche
Actuación dos grupos convidados da comarca.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2016 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto foliadeiro de Cantigas e Agarimos (Compostela)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2016 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
VII Serán magosteiro (Moraña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2016 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Senhore Asem en Parada (Silleda)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2016 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2016 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Gala 25 aniversario Tromentelo (Cangas)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2016 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 7 (Luns)

Terza feira 8 (Martes)

Corta feira 9 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 10 (Xoves)
? Roi Casal no auditorio do Cuvi (Vigo) ás 18:30

Sexta feira 11 (Venres)
? Xoán Curiel na Arca de Noe (Vilar de Santos)

Sábado 12
? Gala 25 Anos Banda de Gaitas Tromentelo
? Senhora Asem ás 17:30 na Casa da Escola de Parada (Silleda)
? Magosto Foliadeiro de Cantigas e agarimos (Compostela)
? VII Serán Magosteiro en Moraña
? Serán no C.C. de Mosende (O Porriño)
? II Xornadas sobre os Seráns (Pazos de Borbén)

Domingo 13
? Alba María no Auditorio do Concello de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2016 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Ardentía en Guláns (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2016 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0