|
|
|
Foliada na Pontraga |
|
 |
|
|
|
Foliada no Lar (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
Primeiro aniversario no Torreiro da festa (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Roi casal na Illa de Arousa |
|
 |
|
|
|
Os Cempés en Narón |
|
Concerto OS CEMPÉS + Amig@s
Presentación do disco Tentemozo
Xoves 29 de novembro as 20:30h,
Pazo da Cultura de Narón (A Coruña)
Organiza: Os Cempés, merlo branco producións
Colabora: Concello de Narón
Entradas: 9 ?
Os Cempeìs, o miìtico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, EspanÞa, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formacioìn e novo disco.
O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc, e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).
A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.
Ao concerto que se levará a cabo o xoves 29 de novembro, asistirán os mecenas do grupo, artistas invitados como Begoña Lorenzo, Carlos Quintá ou Luis Peixoto, e tamén a Aula de Zanfona do Padroado de Cultura de Narón.
Centos de concertos, cinco CD ìs publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda
que presume de facer bailar e cantar ao puìblico dende o primeiro ao uìltimo tema dos seus concertos. |
|
|
|
Culturgal 2012 (Pontevedra) |
|
Culturgal é unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade. Un evento único, de periodicidade anual, que chega á súa quinta edición consolidado como a gran cita das industrias creativas en Galicia.
A Feira das Industrias Culturais de Galicia é moito máis que un encontro profesional. Culturgal é unha romaría á que acoden cada ano miles de persoas para coñecer de primeira man as novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua. Tres días de intenso traballo conxunto que convirten tamén a Feira nun lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.
Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas. No eido das industrias culturais, Culturgal é sen dúbida o proxecto coa rede máis ampla de colaboradores institucionais, asociativos e empresariais.
Culturgal é a casa da cultura en Galicia. A vosa casa. Entrade ata a cociña.
www.culturgal.com |
|
|
|
Programa do venres (Curturgal 2012) |
|
 |
|
|
|
Programa do sábado (Curturgal 2012) |
|
 |
|
|
|
Programa do domingo (Curturgal 2012) |
|
 |
|
|
|
Programa do DésCONCERTO EXPANSIVO |
|
Xa temos o programa inicial do DésCONCERTO EXPANSIVO, que aínda irá recibindo adhesións no que resta de semana e que puntualmente iremos actualizando. Unha manchea de artistas e locais por todas partes para este sábado conmemorar o décimo aniversario da Marea de Dignidade, primeira manifestación organizada por Nunca Máis no Obradoiro, naquel pluvioso 1 de Decembro de 2002. Desde a Burla e o equipo de organización queremos agradecer a todos os artistas, colectivos e locais implicados o seu compromiso e boa disposición, que vén demostrar que non todo é esquecemento e pesimismo neste peculiar país que é o noso. Moita forza, moito humor e moito baile a todos e todas para este sábado.
Case todos os actos terán lugar ás 22h. agás aqueles que por variadas razóns teñan programado nun horario diferente. Estes días intentaremos concretar as horas exactas. Lembramos que na web da Burla, tendes o cartaz, os textos dos manifestos e variado material audiovisual nas nosas canles das redes sociais para uso e abuso de quen o precise. Para calquera dúbida ou información que precisedes, remitídevos aos correos da Burla Comunicación e Burla Produción.
PROGRAMA
Pousada das Ánimas. Boiro
Marearte. Performance
Os Mustang. Pop
Café Cultural Auriense. Ourense
Ultraqans. Rock
Café Rock Atlántico. Santiago
Xulio Abonjo. Actor
Marcos Orsi. Actor
Chiqui Pereira. Actor
Paula Carballeira. Actriz e contadora
Casa das Crechas. Santiago
Liga Gaiteira Galega. Folk.
Xosé Constenla. Canción.
Carlos Santiago. Monologuista
Pepe Penabade. Actor.
Café Bar El Puente. Santiago
Exposición Javier Iglesias
Xosé Barato
Rocío González
Foliada
CSA O Fresco. Ponte Areas
Sacha na Leira
Ocekaos
Baba Bar. A Coruña
Rungekutta
Alba
Bar Cazadores. Ferrol
Maria Manuela. Canción. Ferrol
Fernando Naveiras ?Fefi?. canción. Ferrol
Antón Varela. Gaiteiro. Ferrol
Manolo Bacallao. Canción. Ferrol
Guillermo Fernández e Karlotti. Poetas. Ferrol
Bernardo Maiz. Historiador. Ferrol
Xosé María Dobarro. Filólogo. Ferrol
Roger de Flor
Marqués das Viñas. Canción
Roberto Grandal. Acordeón
Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe
A Repichoca. A Coruña
Maghúa. Cantareiros
A Regadeira de Adela. Santiago
Antón Coucheiro ?Cou?
Micro-Impro
A Artística. Vigo
Cabaret Titán
Alfredo Rodríguez
Olga Cameselle
Bar Sursum Corda. Corrubedo
Teatro infantil.
Rockfamidas. Punk Rock
La Yegua Gris. Punk Rock
Asociación Flor de Toxo. Ribeira.
Cándido Pazó
Barco a pique, contada.
Festival ?Rir por non chorar?. Lugo
ADEGA Lugo
Leo i Arremecajoná
Isabel Risco
Carlos Blanco
Ateneu Popular 9Barris. Barcelona.
Lo Petit Comité
Sundache
DJ Nacho
C.S. Gentalha do Pichel. Santiago
Vicky Pollard
Museo do Mar. Muros
Chévere. Citizen
Culturgal
Os Quinquilláns
Os da Ría
Os Irmandiños de Vincio
Pub Gatos. Melide
Toques do Caramulo
Praza de Abastos. Burela
Colectivo Cultural Buril.
Magosto Popular
Marosa Jazz Project
Medio Quinhón
Skohlma
The Broken Revenge
Teatro Ensalle. Vigo
Ibuprofeno Teatro. ?Pequenos Actos Pseudorevolucionarios?
Pasarrúas performático. Porto do Son
Creación dun gran mural do mar.
Pasarrúas co grupo Rumbía.
Lectura de Poemas
Paco de Leña. Música
Mordecans (membros). Música
Curva a Esquerda. Música
Discoteca Sarela. Santiago
Festival da Asociación Cultural e Xuvenil ITACA
A Terraza do Nuadé. Sigüeiro
Lili Berlín. Cabaret
Local Social ?A Tiradoura?. Cangas
Susana Moreira. Música
José Ramón Rocha. Música
Rosario Entenza. Música
Mª Jesús Torres. Música
Diana Rodová. Música
Jorge Rogero. Música
María Salgueiro. Actriz
Sonia Rúa. Actriz
Casilda Alfaro. Actriz
Taller de creación Atravesa. Santiago
Exposición ?Manchas Negras?
Marcelo Gómez. Poeta
Restaurante Con do Sol. Illa de Arousa
Asociación Cultural e Deportiva DORNA
Xuntanza mariñeira
Música e Baile Tradicional
Praza Islandia de Maó. Menorca
Xan Xove. Performance
Chachas sen Fronteiras. Performance
Palco aberto. Jam Session
Auditorio Illa de Arousa
Roi Casal e a súa banda. Folk-pop
Pub D´Antón Rock Café. A Laracha
O Sonoro Maxín
Con do Moucho. Illa de Arousa
Zurumalla. Folk
Uxía Senlle. Canción
Auditorio Municipal do Carballiño
Excéntricas Teatro. ?Oeste Solitario?
Liet Internacional 2012. Xixón
Copa cantábrica de Liriu-Billarda
Selección Galega de Billarda
Magosto do Viso. Redondela
Tanxarina. Títeres.
Pallasos en Rebeldía. Clown
Peter Punk. Compañía teatral
Máis?
Temos aínda varios grupos e locais sen confirmar ou en proceso de programación como o Colectivo Terra de Pontedeume, a Libraría Lila de Lilith, o Local Social A Rebusca de Manzaneda, o Centro Social Fuscalho do Baixo Minho, os grupos Camarada Nimoy de Vigo, Os Televisores de Pontevedra e Chantada, os Carunchos de Vigo, os Tira do Peito do Salnés, os Sapoconcho Galego, os Manicómicos da Coruña, Carlos Torres & Furakao de Teo, Pedro Brandariz e outros, que trataremos de resolver estes días con todo o empeño posible. E por descontado, aceptamos as inclusións de última hora que trataremos de responder na medida do posible.
Grazas a todas e todos e un saúdo.
DesPrestige. Nunca Máis!
http://aburla.tumblr.com |
|
|
|
María Fumaça en Mos |
|
 |
|
|
|
I Fuliada en Santo Andrés de Vea (A Estrada) |
|
O vindeiro venres 30 a partir das 21h terá lugar en Santo Andrés de Vea unha gran "Fuliada" aderezada con boa música, castañas e chiculate!!! |
|
|
|
Concerto 25 aniversario de Xistra en Goián |
|
 |
|
|
|
Retrouso presenta o seu disco OU na Estrada |
|
 Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal
O traballo inclúe temas populares e composicións propias
Noelia Bouzón, Juan Constenla e Marcos Varela presentaron o concerto deste venres. miguel souto O teatro Principal da Estrada acollerá este venres ás 21.00 horas o concerto de presentación de OU, o primeiro traballo discográfico do grupo de gaitas Retrouso. A actuación será ás 21.00 horas, con entrada de balde, aínda que os asistentes deberán retirar os seus tickets na billetería do Principal para controlar o aforo. Poderán facelo desde unha hora antes do concerto. Tamén será posible conquerir as localidadades de xeito anticipado na taberna de Ouzande ou contactando co propio grupo a través do teléfono 628 113 305.
O concerto fará un repaso dos doce temas do disco e incluirá outros a maiores. OU foi grabado na Semana Santa pasada. No verán puxéronse á venda cincocentas copias que na Estrada se poden mercar na taberna de Ouzande, nas librarías Marxe e Alberte Quiñoi ou a través das redes sociais. O disco combina temas populares -coma o Alalá das mariñas- con algún de composición propia, coma Alborada e o vals Bágoas, creados polo mestre de gaita do grupo, Marcos Varela.
Retrouso naceu da man da asociación cultural A Fervenza de Ouzande, nas clases de gaita impartidas desde o 2003. Desas sesións formativas saiu no 2005 un cuarteto que foi medrando ata converterse no Retrouso que é hoxe, con doce integrantes de todas as idades, maioritariamente de Ouzande e da Estrada. En esencia, é un grupo de gaitas, con acompañamento de tambor, bombo e acordeón ás veces. No disco, a agrupación contou ademais con colaboracións de un tamborileiro, un saxo e dúas voces.
Acompañamento vocal
Miriam Bodelo -voz do grupo Os Xeitosos de Trazo- e Darío -un rapaz de Vedra de 11 anos que no disco pon voz a un arrolo de berce- participarán tamén no concerto deste venres acompañando ós compoñentes de Retrouso.
La Voz de Galicia |
|
|
|
SOS DesPrestige |
|
SOS DésPRESTIGE
Por mor do 10º Aniversario da catástrofe do Prestige, varios activistas da Burla Negra regresan baixo o paraugas d´A Burla para facer lembranza daqueles días e propor un calendario de accións baixo o titulo xenerico de ?DésPRESTIGE? que reaviven a concienciación social sobre os perigos que ameazan o noso medio ambiente.
Dez anos despois daquela desfeita e do movemento social a que deu lugar, queremos facer balance da década e ofrecer unha panorámica o máis completa posible sobre a situación das nosas costas, e do estado social da cuestión, convidándovos a participar nas accións e iniciativas que iremos propondo nestes días.
Un dos obxectivos da campaña DésPRESTIGE é facer unha recompilación de diversos materiais textuais, gráficos e audiovisuais durante este décimo aniversario e pólos á vosa disposición nas diversas canles d´A Burla nas redes sociais, accesibles desde a nosa web. Se estades interesados en achegar fotos, videos, textos, etc? podedes usar o correo de A Burla Comunicación para tal propósito.
Calendario
O calendario de accións previsto é o seguinte
●30 de Novembro. Proxecto Dés-Educa-Acción. Concentración en Laxe de alumn@s e profesor@s de diversos centros de ensino galego, para rememorar a Cadea Humana organizada polo colectivo Area Negra en Xaneiro de 2003. Podedes contactar coa organización do proxecto no correo de Dés-Educa-Acción.
●1 de Decembro. Dés-Concerto Expansivo. Celebración dun concerto simultáneo en locais de toda Galiza, conmemorando o 1º Concerto Expansivo organizado por Burla Negra en Febreiro de 2003, e A Marea de Dignidade, a primeira manifestación convocada por Nunca Máis hai exactamente dez anos. Para participar no Dés-Concerto Expansivo podedes contactar a través do correo de A Burla Produción.
●28 de Decembro. Acción Colectiva. A Burla está a organizar unha acción sorpresa e colectiva para este día, décimo aniversario do Velorio do Mar na Coruña, da morte de Man, o alemán de Camelle, e do nacemento do burliño, icona da Burla Negra. Para colaborar podedes remitirnos un correo a aburla.comunicacion
www.aburla.tumblr.com |
|
|
|
Obradoiro de nanas en Carballo |
|
 |
|
|
|
Repichoca en Canido (Ferrol) |
|
 |
|
|
|
Foliada en Domaio (Moaña) |
|
 |
|
|
|
III Magosto furtivo (O Viso-Redondela) |
|
 |
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 23 (Venres)
? Telephones Rouges no Auriense (Ourense)
? Terbutalina e Familia Caamagno na Pousada das Animas (Boiro)
? Duplo Son na sala Filomatic (A Coruña) ás 22:30
? Vaamonde, Lamas & Romero na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 21:00
? Milladoiro no Auditorio Gustavo Freire (Lugo) ás 21:00
? Faltriqueira e de Fol de Veneno no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00
? Presentación da 2ª edición do Manüele de pandeireta e canto tradicional (vol.1) de Xandre Outeiro na tapería Casa de Ana (Salcedo-Pontevedra)
Sábado 24
? Presentación de Mel de Meiga na FNAC de A Coruña as 19:30
? Pardal na Rúa as 22:30 no Var con Uve (Moaña)
? De outra Margem no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Maghúa na Posada del Diablo (Alcalá de Henares) ás 22:00
? Keltoi e Eina na sala Inferno (Vigo)
? Telephones Rouges no Le Club (A Coruña)
? Guintervan na Sala DiscoTasca (Redondela)
? Tres peixes voando no Aturuxo (Bueu) ás 22:30
? Ilalelo (Carlos Blanco e X. M. Budiño) no Marrucho (Baiona)
? Festival a Rebusca de outono (Manzaneda): Residuos Atractivas, Sacha na Horta, Cuchufellos, Chotokoeu
? Festa do outono en Couso (A Estrada)
? Serán en San Adrian de Calvos (Fornelos de Montes) no local da Asociacion Cultural
? Ruada en Loimil (A Estrada), no campo da Saleta
? Ruada de Cuspedriños (Cotobade)
Domingo 25
? Maghúa na Libraria Aturuxo (Madrid) ás 12:00
? II Xornada de música e baile tradicional "Tarambainas" no auditorio San Miguel de Oia (Vigo) ás 18:00: Vai de Roda, Malveiras, Donaire e Tarambainas
? Homenaxe ao Gaiteiro no C.C Novacaixagalicia (Vigo) ás 19:00: Tanxedoras, Zurrumalla, A Buxaina
? Rodrigo Romaní na Igrexa de San Martiño (Noia) ás 20:30
? Gala Traspés no auditorio Mar de Vigo ás 21:00 |
|
|
|
Programa de hoxe en Folk in Trío |
|
 |
|
|
|
Serán en Calvos (Fornelos de Montes) |
|
 |
|
|
|
Ruada de Cuspedriños (Cotobade) |
|
 |
|
|
|
Festa do Outono (Couso-A Estrada) |
|
Actividades para todos, durante todo o día, de balde (excepto o obradoiro de Instrumentos de Cociña, que ten prazas limitadas)
16:00-18:00 - ROTEIRO DOS MUIÑOS DO VEA
A Xesteira, cos veciños da zona. Aberto e Gratuíto
Saída do Campo da festa de Couso
16:30-20:00 - OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS DE COCIÑA: LATA, TIXOLA, CULLERES, ?
Fernando Saavedra, Fer
Escola Nova - Prezo: 10 ? - Prazas: 20 - Inscrición: www.asnosasmusicas.org // 625 178 362
20:00 - OBRADOIRO DE COCIÑA GALEGA DE OUTONO
Ricardo Torrijos
Escola Vella - Aberto e Gratuíto
22:00 - RUADA GRANDE DO OUTONO
Trae o teu instrumento e o teu corpo, para a música e o baile.
Contaremos con xente de:
-DEVOTOS DO FOLCLORE (Compostela)
-OS DE COUSO (da parroquia e arredores)
-TRÉBEDE (Marín e Pontevedra),
-VILARACHOS (Pontevedra)
-RETROUSO (Ouzande)
-VOLTA DO AGRO (terras de Lugo)
-TANTO NOS TEN (Redondela)
-ZURRUMALLA (Vigo)
Logo da Ruada, podedes durmir na Escola Nova (traede saco e esterilla) |
|
|
|
Gala Traspés en Vigo |
|
Disfrutade de 90 minutos do baile e da música tradicional á vez que poñedes o voso grao de area para que sexa posible. Por tan só 3? de entrada formaredes parte do Espéctaculo de Baile e Música tradicional Traspés no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo e da súa gravación, deixando un arquivo audiovisual de este grande e custoso traballo en loita da recopilación e divulgación do noso Patrimonio Inmaterial.
Non deixemos que a crise apague a nosa cultura, entre tod@s podemos facer moitas cousas. "De Serán en Romaría" é unha de elas.
Botádenos unha man e disfrutade da nosa visión do folclore.
entradas en:
www.servinova.com.
no teléfono 902 504 500.
fisicamente na Central de Espectáculos de Vigo (frente á casa do libro), ou o mesmo día na billeteira.
ou contacta con calquera compoñente da A.C. Traspés.
Esperamosvos alí!!!!!!!!!!!!!!! |
|
|
|
II Xornadas de música e baile tradicional ´Tarambainas´ (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Homenaxe ao gaiteiro (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Maghúa en Madrid |
|
O vindeiro dia 24 de novembro as 22:00h poderedes disfrutar do concerto acustico, na Posada Del Diablo de Alcalá de Henares (Av. De Madrid 2), un recuncho emblematico desta cidade, dos cantareiros Maghúa presentando o seu novo disco "Corricán".
E o dia 25 de novembro as 12:00h,presentarán e sinarán o redondo na Tenda Galega Aturuxo (c/ Vallehermoso 104, Madrid; metro Islas Filipinas o Canal) unha das poucas tendas de Madrid especializadas na literatura e artesania da nosa terra
Maghúa son un grupo de mozos afincados na Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do noso pais.
O dia 24, antes do concerto tera lugar a presentación da Asociación Cultural Xirandela. Un obradoiro de cultura galega que está composto por un grupo de persoas que unidos po-la amizade e a música tradicional galega poñen en marcha un proxecto cultural diferente.
Finalizaremos a noite da maneira tradicional, cunha foliada na que todos poderedes participar.
Esperamos vervos por alí, un saudo.
|
|
|
|
A Rebusca (Mandaneda) |
|
 |
|
|
|
Budiño en Narón |
|
 BUDIÑO DE VOLTA
CONCERTO FIN DE XIRA
PAZO DA CULTURA DE NARÓN
XOVES 22 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS
Coa participación de:
Alumnos da Escola Municipal de Música de Narón
Sergio Martínez e Raquel Barredo de ?O Fiadeiro?
María Xosé Silvar (SÉS)
Budiño pon fin a súa xira triunfal de presentación do disco ?Volta?, que lle levou a percorrer distintos escearios de todo o mundo e os máis importantes do país. México D.F, Bogotá, Lorient, Bos Aires son algúns dos destinos nos que "Volta" fixo escala ata regresar a Galicia, a súa orixe.
Numeroso público puido gozar deste artista universal de raíz tradicional, que iniciou carreira musical coa edición do seu primeiro álbum ?Paralaia?, do que cúmprense agora 15 anos. Un artista incansable que participa de distintos proxectos e que durante este ano mantivo tamén o espectáculo ?iLalelo!? co coñecido actor ?Carlos Blanco?.
Budiño que ao longo da súa traxectoria ten recollido diversos premios e nominacións, foi recentemente declarado ?Huésped de Honor? pola Lexislatura da Cidade de Buenos Aires, título que recolleu fai uns días na súa última visita a República Arxentina.
Este concerto de fin de xira servirá para percorrer con Budiño non só o traballo realizado polo artista na grabación de ?Volta?, senón para gozar dun espectáculo que como o propio Budiño, non se contén no formato no que viu a luz, senón que a partires del medra empapado polas vivencias das súas viaxes, no que cada día que pasa xorden matices que completan unha obra que permanecerá ao longo do tempo, e que sen dúbida formará parte da cultura dun pobo tan universal, como o propio artista.
Budiño pecha a súa xira para comezar o traballo do seu vindeiro álbum que sairá á luz no segundo trimestre de 2013. |
|
|
|
Nais e meniños recuperan o arte dos arrolos da man de Xabier Díaz |
|
O cantante de Berrogüetto impartiu un obradoiro en Carballo. Máis de vinte proxenitores -nais na súa gran maioría- aproveitaron onte a oportunidade de aprender a arrolar aos seus meniños cun mestre de excepción participando no Pazo da Cultura de Carballo nun obradoiro de nanas organizado polo Concello. O músico Xabier Díaz, cantante de Berrogüetto, foi o encargado de dirixir unha actividade -que terá continuación o próximo mércores- na que recupera unha vella tradición popular para poñela a disposición das novas xeracións.
Axudado por gravacións froito de traballos recopilatorios de campo e de temas dun disco de nanas, e acompañado do seu acordeón, Díaz foi ensinando ao público presente a cantar esas composicións infantís e a aproveitar o seu poder emocional. «É importante apoiar aos rapaces no peito para que noten a vibración da caixa torácica, isto é algo que non se fai de lonxe», explicou o artista, quen destacou tamén a importancia que a música popular en Bergantiños e sinalou que algúns dos arrolos que as nais aprenderon a cantar onte proceden, precisamente, desta comarca.
La Voz de Galicia |
|
|
|
Obradoiro de nanas en Carballo |
|
 |
|
|
|
Xosé Manuel Budiño en Narón |
|
 |
|
|
|
A gaita electrónica pide pista |
|

Os controladores midi con dixitación de gaita naceron como unha necesidade urbana e, timidamente, foron gañando terreo. Hoxe reclaman o seu propio espazo
Cando o señor Antonio colleu por primeira vez unha gaita electrónica nas mans exclamou: «¡Mi madriña, se parece unha lavativa!». Razón non lle faltaba a Antonio García Vila (Vigo, 1929-2010), lendario gaiteiro da segunda xeración dos Peruchos de Castrelos, adoitado durante toda a súa vida a tapar coas súas nove falanxes e un dedo seccionado pola serra da carpintería os buracos dun punteiro de boj. Esteticamente, o dispositivo MIDI fabricado artesanalmente por José J. Presedo baixo a súa marca patentada Master Gaita era unha lavativa con corrente, iso é indiscutible. Pero ao cabo dun intre de palpalo, e ao comprobar que a lavativa soaba grileira e afinada, O Perucho sentenciou nunha expresión moi súa: «¡Isto é bárbaro!». A seguinte hora non se levantou da banqueta e non soltou a gaita MIDI, conectada a un computador, en ningún momento. Ata se esqueceu de tomarse as uvas naquela noite de Fin de Ano do 2003 na súa casa de Vigo. Nove anos despois, o señor Antonio xa non está. Pero as gaitas seguiron soando e os inventores mellorando uns dispositivos que piden o seu oco e o seu respecto no catálogo de instrumentos musicais.
Para tocar en casa
A gaita MIDI naceu, en parte, dunha necesidade. Calquera que toque o patrio instrumento e viva nun piso sabe que a paciencia de veciños e familiares ten un límite; pero a sordina non é unha opción. José J. Presedo patentou no ano 2002 un «controlador MIDI con dixitación de gaita» que tiña unha formulación sinxela e, á vez, complicado de levar a cabo: crear un dispositivo que, cun custo alcanzable, servise para aproveitar o computador de casa «e utilizar a dixitación da gaita para introducirse no universo MIDI e controlalo, ao tempo que abrir novos horizontes para o estudio da técnica e a música do instrumento». A Master Gaita, de produción completamente artesanal aínda (wwww.mastergaita.com), evolucionou e hoxe ten cinco digitaciones: galega de 1,5 oitavas, galega de 2,5 oitavas, francesa, escocesa e asturiana. Os sons son samplers gravados a partir de instrumentos reais. E costa menos de 300 euros.
Os prezos van desde algo menos de 300 euros aos 1.999 que custa a MBS 300 de Hevia
¿E quen é realmente o pai da criatura? O gaiteiro asturiano José Ángel Hevia atribúese a paternidade da gaita MIDI na seguinte frase: «Desde que a principios dos anos 90 Hevia inventase a gaita MIDI, xunto a Alberto Arias e Miguel Dopico, o instrumento foi revolucionando o panorama instrumental e musical. Non había un referente anterior. Da nada, coas incipientes tecnoloxías MIDI que comezaban a aparecer, desenvolveron un novo instrumento». Agora comercializa a MBS 300, un dispositivo con marca de robot de cociña que, con todo, preséntase como o non vai máis da gaita electrónica: funcionamento con cable USB ou sen cable Bluetooth ata cen metros; fol operativo con control de presión regulable polo usuario; sensores capacitivos; interpretación hiperrealista incluíndo vibratos e medios buracos; digitación customizable; e sons de varias gaitas de Europa, galega incluída, por suposto. (www.heviaelectronicbagpipes.com). O seu prezo é de 1.999 euros.
Pero o mercado da electrónica gaiteira tamén atopou respostas fóra da Península, sobre todo en Suecia e en Alemaña. En Suecia fabrica os seus Technopipes a marca Fagerström, que distribúe para toda España a asina Arco Iris Musical de Lugo ( www.arcoirismusic.com). O seu punteiro electrónico emprega digitaciones galega, asturiana e escocesa e, a diferenza doutros competidores, non necesita ordenador para soar, só uns auriculares. «É perfecta para tocar no bus, o tren ou o metro», explican. O seu prezo é de 365 euros.
En Alemaña prodúcese a marca RedPipe ( www.redpipes.eu), cunha decena de modelos baseados en gaitas escocesas, francesas, alemás, suecas e da península ibérica. A Redpipe Galega costa uns 1.500 euros e ten varias digitaciones e sons. Tamén se fai en Alemaña o punteiro DegerPipes (485 euros en www.thebagpipeshop.co.uk ), de aspecto algo máis rudimentario. En canto a software, hai diferentes alternativas, entre elas a plataforma UPiper ( www.universal-piper.com), que permite conectar un controlador MIDI a pecés, ordenadores Mac ou dispositivos iOS, como o IPHONE. A empresa escocesa Epipes ( www.epipes.co.uk) comercializa o programa Studio Piper (93 euros), con funcións moi interesantes.
La Voz de Galicia
|
|
|
|
XXV Homenaxe ao gaiteiro (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
|
|