Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Magosto Gaiteiril (Santa Marta de Babío-Bergondo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Magosto Celta de Balboa (O Bierzo)
XIII MAGOSTO CELTA BALBOA

VENRES 4
PALLOZA DE BALBOA
23.30h. ESPÍRITU MORENO (Vigo)

PALLOZA DE CHIS
01.30 h. ULTRÄQÄNS (Coruña)
03.30 h. JIN TONY'S SON BAND (As Pontes)

SÁBADO 5
ANIMACIÓN DE RÚA: ESPÍRITU MORENO (Vigo)

CANTINA AMALAVIDA
18.00 h. L'ARCU LA VIEYA (Maragatería)

PALLOZA DE BALBOA
23.30 h. LA CURUXA (Asturies)

PALLOZA DE CHIS
01.30 h. LA TARRANCHA (Asturies)
03.30 h. GÜINTERVAN (Sarvonich)

DOMINGO 6
PALLOZA DE BALBOA
17.00 h. SOLITO TROVADOR (Maragatería)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-11-2011 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Fisterra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Vento Rock (Ventosela-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-11-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
XX Aniversario de Skacha
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Skacha grava en Vigo o concerto do seu XX aniversario
Skacha xurdiu en 1991 no barrio vigués de Coia. Os seus actuais membros son Martín (guitarra), Pablo (baixo), Kino (batería), Gontxu (guitarra) e Esteban (voz).

Os cimentos da sala viguesa O Inferno de Vigo tremerán mañá con Skacha, nun concerto XX aniversario a ferro e lume que será gravado para a súa edición en CD e DVD. Ide guapos e afinados, avisa Kino, batería do grupo, que responde a FARO.

Imaxinábanse que ían durar vinte anos ao empezar?
Nunca nos rompemos moito a cabeza co futuro. Sempre fixemos plans a curto prazo e deixamos fluír de maneira natural todo isto, e parece que aínda temos cousas que dicir. O segredo de nosa ?onxevidade como banda é que, ante todo, somos un grupo de bos amigos facendo a música que nos gusta.

Cales son os referentes de Skacha?
A maior parte de bandas do punk ibérico dos anos 80 e os clásicos ingleses e americanos do mesmo xénero: Ramones, The Clash, Dead Kennedys, Sex Pistols, UK Subs...

O título de ?The Guns of Bouzas?, do seu último disco, é unha chiscadela a ?Guns of Brixton?, de The Clash?
Desde logo que é unha chiscadela aos nosos queridos Clash. Dentro da mesma canción hai outra clara chiscadela aos nosos amados Pistols.

Considéranse unha ?rara avis? dentro do panorama musical galego ou cren que hai outras moitas boas bandas de punk-rock en Galicia, como Tiro na Testa?
Hai moitas e moi boas bandas de punk-rock en Galiza. Tiro na Testa é unha delas e a súa zona (O Deza) é un bo exemplo diso. Gran fervedoiro de grupos interesantes e con moito que dicir.

En todos estes anos expuxéronse algunha vez cambiarse ao castelán?
O idioma nunca foi un problema para que nosa música saíse fose, e tampouco dariamos un cambio de rumbo polo mero feito de gañar público. Comezamos facendo letras en castelán e galego até un momento no que decidimos utilizar unicamente o galego como vehículo de expresión. As letras sáennos no noso idioma, pero isto non descarta que, se nalgún momento apetece ou xorde, fagamos algunha, de maneira puntual, en castelán ou en calquera outro idioma.

Comparten cartel con Código Neurótico, que actúa por primeira vez en Galicia. Que supón para vostedes actuar con esta banda catalá? Cantarán algún tema conxuntamente?
Vai ser unha noite máxica. Tocaremos en casa xunto aos nosos, celebraremos 20 anos e estaremos acompañados por unha das nosas bandas de referencia, unha das formacións de punk estatal máis interesantes, que se xuntaron este ano para celebrar 30 anos de punk. Non temos nada preparado pero non é descartable. A noite requíreo!

O concerto coincidirá co comezo da campaña electoral. "Promesas" irá ao xeito para a ocasión...
"Promesas" non está entre as cancións seleccionadas para este concerto tan especial. O mosqueo que temos todos cos políticos é tan palpable que non fai falta lembrarlle á xente que está todo podrecido e que con estes mandatarios e o seu sistema, o futuro non se albisca moi esperanzador.

O de ser dun barrio como Coia, imprime carácter?
Criarche nun barrio obreiro como Coia axuda a saber que é bo e malo de maneira moi precoz.

Actuarían en "Luar"?
Nunca nos chamaron, e estiveron moi acertados. Xamais participariamos por todo o que representa e porque Skacha non fai playbacks.




www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Nova vocalista de Luar na Lubre
«Tú, gitana que adivinas, me lo digas, pues no lo sé, si saldré de esta aventura o si en ella moriré. Si en ella pierdo la vida o en ella triunfaré». Luar na Lubre facía onte probas de son. De súpeto, cantando a capela, soou con forza esta peza clásica da formación que lidera Bieito Romero. É a nova voz do grupo, Paula Rey Torreiro, que se presentaba onte no Teatro Colón da Coruña. É unha nova aventura para esta soprano e foi «un dos mellores agasallos» da súa vida, xa que o acordo chegou o día que cumpría 30 anos. Despois de interpretar tres cancións, Paula Rey amosábase feliz.
Hoxe actúa co grupo en Luar, en TVG.

-¿Que tal a experiencia?
-Moi positiva, moi emocionante. É como un soño estar aquí.

-¿Supón moito cambio?
-É bastante cambio, aparte de que eu necesitaba un cambio. Eu veño do lírico, pero cando decidín deixar de cantar ópera ou cousas máis líricas, pois xurdiume poder cantar no grupo Duplo Son, era latin-funk cantado tamén en galego. Era subirme ao escenario dunha maneira diferente, andar con micrófono. Eu sempre quixen cantar nun grupo folk, un grupo celta, pero nunca estiven no medio axeitado. Sempre estaba como unha espectadora.

-De soprano a cantante de folk.
-Síntome moito máis cómoda neste mundo cantando, é máis coma min... Non sei como explicalo, é a nosa música, é unha cousa que sempre quería facer. Na lírica non encaixaba de todo, non porque fose malo, senón porque a xente busca o seu lugar. Creo que en Luar na Lubre podo encontrar o meu lugar.

-¿Ía aos concertos de Luar?
-Teño ido a moitos e dicía que quería facer un grupo coma este, pero xa tiñan as súas cantantes e nin o pensaba.

-¿Axuda ter estudos musicais?
-A técnica axuda ao cantante. Teño moito traballo que facer de estilo, de meterme no grupo. Eu sempre quixen cantar e a vía foi meterme na Orquestra Sinfónica de Galicia; de aí empecei canto e non me arrepinto diso. E sigo coas clases coa miña profesora, Diana Somjhieva.

- Cantou «Tú, gitana» a capela nas probas e soaba moi ben.
-Non teño problema en cantar a capela, fíxeno moitas veces. Impresiónanme máis outras cousas... como facer entrevistas.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
As músicas de Lois Pereiro (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Sarela (Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

SERÁNS DO SARELA
Xoves 3 de novembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro a cargo de Marcos Botana García (Cantigas e Agarimos)
22h30 . Gharatusas
23h15 . Ludovaina
24h00 . Alvariza
01h00 . Foliada aberta ata que o corpo aguante!

Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-11-2011 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xurxo Fernández gaña o `II Concurso de Investigación do Conservatorio Superior de Vigo´
O Vigués Xurxo Fernández, licenciado en Instrumentos da Música Tradicional e Popular, gañou a segunda edición do Concurso de Investigación organizado no Conservatorio Superior de Música de Vigo. O traballo que presentou ao concurso chámase “Na terra de zapateiros e danzantes…” (Vilanova dos Infantes).

O traballo foi levado a cabo no curso 2010-2011 e consiste nunha investigación profunda sobre a danza gremial que aínda se leva a cabo na vila de Vilanova dos Infantes (Ourense). Na investigación se tratan aspectos como as orixes, o entorno, a función… da danza do gremio dos zapateiros e se inclúe unha transcrición gráfica da mesma mediante un sistema adaptado para a ocasión.

O resultado do concurso foi:
1º premio --> Xurxo Fernández polo traballo “Na terra de zapateiros e danzantes…” (Vilanova dos Infantes)
2º premio --> Deserto
3º premio --> Alba Malvido Piñeiro polo traballo "Concerto para clarinete KV 622 de W.A.Mozart"

A ENTREGA DE PREMIOS CELEBRARASE O XOVES 10 DE NOVEMBR0 D0 2011, ÁS 13,30 HORAS NO AUDITORIO DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou acada o número 2 na lista de mellores discos de música tradicional europea
Mentres se atopan inmersos no proceso de gravación dun novo traballo discográfico, que sairá á venda na primavera de 2012, o seu recente recomplilatorio “Once anos mallando” segue a darlle boas novas a Quempallou. No mes de Outubro ocupou a segunda posición na lista dos mellores 30 discos de música tradicional europea que elabora e difunde o portal Cronicas da Terra.

Esta noticia chega cando Quempallou continúa cos seus concertos dentro do circuito Outonalidades, rede de intercambio musical entre grupos de Galicia e Portugal, viaxando de novo esta semana a terras lusas para ofrecer a súa música en directo. Será o día 3 de Novembro no Centro Cultural de Chaves, para continuar ao día seguinte con outro concerto no Bar do novo ciclo ACERT en Tondela.

Non é a primeira vez que a banda galega se achega ao país veciño, onde sempre recibe unha cálida acollida, como a que lle mostrou o público presente na Festa do Avante na que Quempallou actuou o pasado mes de setembro no escenario principal ante máis de 50.000 persoas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
A gaita galega triunfa no leste alemán
O público aprobou, con continuos aplausos, a brillante actuación do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo no festival Folk Herbst de Alemaña. Lorenzo levou á audiencia xermana os ritmos máis vangardistas xerados co instrumento máis propio de Galicia. Tocou temas do seu disco "Tirán".

O público congregado no prestixioso festival Folk Herbst, que se celebra na cidade de Plauen, no leste de Alemaña, gozou o fin de semana dos sons da gaita galega. Concretamente da actuación do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo. Acompañado do violinista Eoghan Neff e de Luís Peixoto ao buzuki, o gaiteiro consumou un espectacular concerto que lle serviu para mostrar as súas últimas composicións recollidas no disco "Tirán" (Zouma Records).

Sobre as táboas Lorenzo tirou de emoción, enerxía e paixón e sorprendeu a un público que non agardaba un estilo vangardista apoiándose na gaita galega. O seu concerto durou case dúas horas e os aplausos acompañaron a cada un dos seus temas. Arrincou a actuación en solitario e ao pouco intre uníronselle Neff e Peixoto.
O festival Folk Herbst pasa por ser o berce do movemento de música celta no leste alemán, ademais de ser o único evento musical do país que outorga premios en metálico.

Nesta viaxe por Alemaña, Lorenzo impartiu clases maxistrais durante dúas semanas no centro galego de Frankfurt. Previamente xa participara en sesións similares no centro A Roda, de Lausana (Suíza). Un tour promocional por terras helvéticas e a participación no cuarto Encontro Europeo do Folclore Galego de Xenebra completan a súa actual xira europea.

O propio Lorenzo confesa que este mes a súa música escoitarase en Belfast (Irlanda do Norte) e no William Kennedy Piping Festival de Armagh, no mesmo país. Lorenzo móstrase "realmente sorprendido" do gran interese que existe en Alemaña pola música celta.
O seu terceiro disco sairá na primavera e será acústico, con composicións propias e temas tradicionais dalgúns dos países que está a visitar.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto triunfa na World Music Expo de Copenhague

Berrogüeto pon en pé a un auditorio de especialistas no Womex de Copenhague
A banda interpretou dez temas do seu repertorio e deu a coñecer o seu último disco, 'Kosmogonías', ante un público formado por axentes, distribuídores e xornalistas musicales de diferentes paíeses


Berrogüetto protagonizou a noite do mércores un dos éxitos do programa do Womex -World Music Expo- en Copenhague, onde ofreceu un concerto que rematou cunha gran ovación por parte do público especializado que encheu a sala. O grupo galego actuou como peche do cartel desenvolvido no Studio 2 do Koncerthuset pola plataforma de difusión Sounds from Spain, da que forma parte a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), que informou nunha nota de prensa do evento.

Ante un auditorio integrado fundamentalmente por axentes, distribuidores e prensa musical de diferentes países, os sete membros de Berrogüetto interpretaron unha escolma de dez temas seleccionados entre o seu repertorio máis coñecido, con especial fincapé no seu último traballo discográfico, Kosmogonías, do que soaron Nadir, Líridas de abril, Bailador, Igneominea, Planeta can e Danza de Meirol.

A expectación xerada pola banda galega tralo seu directo en Womex deixábase notar hoxe no recinto feiral, de xeito que ao espazo habilitado para a difusión da marca Galiciantunes dentro do stand de Sounds from Spain continuaban chegando numerosas felicitacións por un concerto que rematou con todo o público en pé.

Berrogüetto, que acaba de celebrar o seu décimo quinto aniversario como unha das máis sólidas e coherentes formacións da música folk galega, compartiu cartel con outras dúas propostas procedentes de senllas comunidades autónomas seleccionadas por Sounds from Spain para este evento: Diego Guerrero y El Solar de Artistas por Andalucía e Epheminity Ejazz con Jota (Carmen París e Melissa Aldana) por Aragón.

Embaixadora da celebración do Ano da Música de Galicia, a banda de folkfixo gala do seu excelente momento creativo, despois de ter recibido o Premio de la Música 2011 á mellor canción en galego e antes de presentar en Galicia o libro-DVD-CD titulado Berrogüetto. O pulso da terra, realizado a xeito de biografía con música en directo.

A Agadic colabora coas asociacións profesionais no apoio á delegación artística e comercial galega que se desprazou ata a capital dinamarquesa para participar nesta feira, a máis importante de música de raíz a nivel mundial.

Así, Galicia conta tamén con representación de sete empresas, que están a desenvolver unha intensa actividade comercial na procura de consolidar e ampliar a proxección exterior dos grupos e artistas galegos.

Por segundo ano consecutivo, o stand de Sounds from Spain contou cun espazo reservado á difusión da marca Galiciantunes, dende o que se está a distribuír un cd dobre no coa musica galega máis recente.

Copenhague acolle desde o mércores e ata o domingo a XVII World Music Expo, na que están a participar máis de 2.400 axentes de 94 países. Produtores, distribuidores, axentes, artistas e demais profesionais vinculados á música folk, de raíz ou tradicional danse cita nesta feira itinerante, da que Santiago aspira a ser sede a partir de 2014.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Dez anos de folk

Unha das datas máis sinaladas no calendario do folk galego, a da noite da entrega dos PREMIOS OPINIÓN, cumpliu onte dez anos. Unha década de actividade na que estes galardóns recoñeceron a laboura a prol da música e da cultura galega tanto dos artistas máis innovadores como dos que conservaron a tradición sonora do país en tempos pouco propicios.

Pero, como todo debe evolucionar para sobrevivir, os premios presentarán novidades na súa próxima edición, das que o presentador da gala, o periodista Óscar Losada, non quixo dar máis pistas que a súa data de celebración, que será no mes de maio.

Pero na súa última cerimonia á vella usanza, o resultado das votacións do xurado provocou que, por primeira vez, dous álbumes compartan o primeiro premio: Sós, da coruñesa Mercedes Peón, e Barlovento, da orquestra SondeSeu. Precisamente foi esta agrupación a encargada de darlle a benvida ao público que acudiu ao teatro Colón cunha breve actuación na que mostraron a incrible forza que os seus 40 músicos poden desenvolver nun escenario.
A marea de arpas, violíns, zanfoñas, gaitas e voces dos SondeSeu axitou ao público, moi participativo durante o seu pase, e evidenciou o seu delicado poderío cando un dos atífices desta formación e exmembro de Milladoiro, Rodrigo Romaní, saltou á escena para presentar a primeira sorpresa da velada.

“Imos interpretar esta canción por primeira vez en directo, e para interpretala, imos contar co cantante máis novo de Galicia —anunciou o músico—, é un neno de cinco meses que está dentro do corpo de Rosa Cedrón”. E xunto á vocalista coruñesa, a banda interpretou o Romance de Mirabella nun dos momentos máis aplaudidos e emocionantes da noite.
Trala actuación da gran orquesta do folk galego, foi o momento da entrega dos premios. O primeiro recoñecemento, o PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA 2011, foi para unha das asociacións folclóricas máis veteranas de Galicia, Cantigas e Agarimos, de Santiago, que este ano cumpre o seu 90 aniversario.
“No ano 1951, a asociación grabou un disco de gramófono en Madrid —explicou Losada a modo de presentación—, co que popularizaron A Rianxeira”.

Pero esta anécdota é só unha pinga no océano dos méritos que esta asociación reuniu no seu case un século de historia. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, foi o encargado de entregarlle a estatuiña ao presidente de Cantigas e Agarimos, Antón Fernández: “Un pobo que non canta nen baila é un pobo sen alma nen corazón —asegurou o directivo—, e o noso caso é o contrario, porque o pobo galego cantou e bailou sempre”.

Ademais do responsable autonómico de Cultura, acudiron ao acto o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; a concelleira de Cultura, Ana Fernádez; a deputada provincial Carme Hervada; e os tres voceiros da oposición municipal, Mar Barcón, Xosé Manuel Carril e César Santiso.

Os seguintes gañadores foron os grandes ausentes da gala, ainda que foi por un motivo totalmente xustificado; os terceiros clasificados na lista do mellor disco do ano, Berrogëtto —polo seu Kosmogonías— atopábanse actuando en Copenhage, polo que a encargada de recoller a figuriña foi a súa exvocalista, Guadi Galego.
E chegou o turno da dobre medalla de ouro que repartiron este ano os PREMIOS OPINIÓN. O primeiro dos gañadores en recoller a súa estatuiña foi Rodrigo Romaní, que aproveitou a oportunidade para reivindicar a importancia dos músicos, e a súa vontade e a de SondeSeu de “defender con obcecación a música do noso país”.

A outra triunfadora da noite, a coruñesa Mercedes Peón, foi a seguinte en subir á escea, e recordou á xeración que levantou o folk galego nos anos 80: “Cando empezou a minguar a creación colectiva das aldeas, tivo lugar esa revolución feita por xente urbanita pioneira, pero tamén estamos minguando, e o que precisamos é normalidade”.

Tralas apraudidas palabras da multiinstrumentista coruñesa, o presentador resumiu os primeiros dez anos de traxectoria dos PREMIOS OPINIÓN cunha proxección de fotografías nas que foron sucedéndose imaxes dos artistas que participaron en galas prtéritas, como Milladoiro e Os Cempés. O fin de festa puxoo o conxunto Axada, promovido pola organización dos premios e dirixido por Pedro Lamas, que ofreceu un recital no que repasaron pezas de tódolos gañadores do primeiro premio do certame, cunha proposta que achegou o folk ao jazz, mediante unha poderosa e melódica sección de metais, quizás responsable do nome da banda, que significa “cuce de ventos”.

http://mas.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-11-2011 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana posponte Samaín
Corta feira 2 (Mércores)
• Lobalú no Salón Teatro (Compostela) ás 21:00

Quinta feira 3 (Xoves)
• Capitán Furilo na Casa de Arriba (Vigo) ás 22:00
• “Soas” (Rosa Cedrón e Cristina Pato) no pazo da Cultura de Narón ás 20:30
• Serán no Sarela (Compostela)

Sexta feira 4 (Venres)
• Narf no Liceum (O Porriño)
• Capitán Furilo no Calvicémbalo (Lugo)
• Som do Galpóm na pub 4 latas (Cariño)
• Tonhito de Poi no Auditorio municipal de Vigo
• Terbutalina no Boulevard Lounge de Fisterra
• Noite de Tasca no bar o "Rincón do Pincho" en Ordes ás 22:00
• Serán de Outono en Ponteareas, no pavillón do Colexio La Inmaculada

Sábado 5
• Marful Pazo da Cultura de Pontevedra
• Skacha na sala Inferno (Vigo)
• Kastomá e O Chicharo Psicótico na sala A Reserva (Carballo)
• Noitarega no Auditorio Municipal de Cangas
• VII Magosto Gaiteiril na casa do pobo de Sta Marta de Babío (Bergondo) ás 20:00
• V Magosto Malaherba (Matamá-Vigo): Abóbriga, Guezos, The Turre´s Band
• XI Festa do Outono (Couso-A Estrada)
• Serán no Eirado de Viladesuso (Oia)

Domingo 6

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Lobalú en Compostela
O dúo Lobalú, integrado pola cantante Najla Shami e o guitarrista Héctor Lorenzo, protagonizará este mércores día 2 no Salón Teatro ás 21:00 unha nova cita do ciclo de concertos 'ST Música Presente', no que presentarán o seu disco debut 'Haikus'.

O seu primeiro traballo discográfico materialízase nunha ducia de temas interpretados en galego e de gran sonoridade, que navegan entre a música galega, a brasileira e o jazz, con "un son moi persoal e cheo de cor".

O de Lobalú será o segundo dos concertos desta terceira entrega de ST Música Presente, tras a actuación ofrecida o pasado 11 de outubro pola banda viguesa The Blows. A prioridade deste programa é ofrecer ás discográficas galegas unha canle de promoción e difusión dos seus artistas desde unha perspectiva esencialmente comercial.



Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer