Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe Marful en Narón
Marful e o seu “Manual de sedución” encherán de ritmo o Pazo da Cultura .

O particular son festivo, á vez popular e contemporáneo, de Maful aterra este xoves no Pazo da Cultura de Narón, nun concerto que comezará ás 20.30 horas e para o que se venden localidades ó prezo de oito euros.

O cuarteto formado por Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinete baixo) presenta o seu segundo disco, “Manual de sedución”, editado o pasado outono e que vai xa pola súa terceira edición, logo de esgotar a primeira nun mes. Na xira en directo súmanselles Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería).

O traballo chegou catro anos despois do seu disco de debut, “Marful”, e mantén o peculiar son e personalidade deste primeiro álbum, abrindo aínda máis o abano a ritmos de todo o mundo, absorbidos neste tempo de concertos e composicións. A inspiración nas orquestras de baile e os café-cantante seguen aí, combinándose atinadamente con influencias italianas, brasileiras, cubanas,o jazz, a picaresca dos espectáculos de variedades e a itinerancia dos músicos ambulantes.

Ugia Pedreira volverá pisar Ferrolterra en decembro, cando cante no Carvalho Calero, con Fred Martins, presentando “Acróbata”. É unha actividade que forma parte do ciclo Cultura nos Barrios.

A actuación de Marful está incluída dentro da programación musical do Padroado da Cultura de Narón, potenciada especialmente neste cuadrimestre. Logo dos concertos de Amaral, Rosa Cedrón e Cristina Pato e, a semana pasada, de Susana Seivane, quedan aínda por diante as actuacións do quinteto Bellón-Maceiras (o 24 de novembro), do ferrolán Víctor Aneiros (1 de decembro) e a de Di Elas, con Luís Tosar, (o 17).

www.diariodeferrol.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-11-2011 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Regueifa (Vigo)
Todos os xoves a partir das 23:00 foliada na Regueifa (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-11-2011 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista sobre o libro de Berroguetto
"O folk nunca estivo no campo semántico do rancio ou conservador"

Quico Comesaña, buzuki, mandolina e arpa céltica, un do sete compositores que forman Berrogüetto, baixouse un día do escenario e dixo aos compañeiros que o deixaba. "Sostiña que acababa de perpetrar un concerto calamitoso, que non dera unha a dereitas. Logo repasamos as cintas daquel concerto e contabilizamos tres notas erróneas en dúas horas e pico de música en directo".

A historia, cara a adiante e cara atrás, está contada por primeira vez en "O pulso da terra", biografía autorizada pero libre da banda que excedeu as marxes do folk galego, a contar desde Navicularia (1996). Unha panorámica personalizada da música de raíz en Galicia, desde o bum dos 90 até o actual Kosmogonías. Na entrevista apresurada comparecen o autor, Fernando Neira, colaborador do PAÍS, e Anxo Pintos, ideólogo da banda máis asemblearia do folk galego.

Pregunta: Que conflúe até chegar a O pulso da terra?
Anxo Pintos: Temos a sorte de contar na nosa vida cunha muller chamada Beatriz Rodríguez Fontán. Foi a ela a quen se lle ocorreu a feliz idea de celebrar así os 15 anos de Berrogüetto. A partir de aí, as cousas viñeron rodadas. Na mente de todos estaba Fernando Neira para escribilo, aínda que pensamos que sería difícil convencelo.

Fernando Neira: Pola miña banda subxace un fondo biográfico persoal, unha especie de necesidade emocional de achegar un gran de area no ámbito da biografía cultural galega. Molestábame pensar nun libro feito desde o compadreo; neste caso podería ser un libro que nacese desde o respecto e a admiración mutua. Non foi un traballo tutelado en ningún sentido.

P. É o relato máis completo da escisión de Matto Congrio, o proxecto compartido con Carlos Núñez até 1995.
A. P. Non se pormenoriza en exceso, pero si se fala diso.

P. Custou tanto cicatrizar a ferida?
A. P. O que sucedeu con Matto Congrio... Estamos a falar dunha relación persoal que vén da infancia. Cando se produce a ruptura é coma se un inmenso iceberg se pulverizase. Son feridas emocionais que leva tempo pechar, pero das que un normalmente sae fortalecido. E con certo escepticismo á hora de fabricar outra vez un escenario de confianzas e complicidades. Esa maneira tan traumática de desfacer un grupo tamén provoca que o que nace despois non percorra a mesma senda. Por iso atamos cabos desde un principio para que os egos estean suficientemente domesticados. O importante é o colectivo.

P. Como se van decantando no son Berrogüetto influencias e proxectos individuais tan dispares?
A. P. O común, a pesar das diferenzas, é o cerne a partir do cal nos abrimos para captar todo o bo. Para min estaba todo ese Estado de Misisipí da gaita, as Rías Baixas, por exemplo. Todos eses grandísimos grupos e solistas de gaitas, Ricardo Portela e Os Campaneiros por unha banda, bandas como Milladoiro, un pouco menos Fuxan os Ventos. Todo o folk que se facía máis aló das nosas fronteiras, Planxty, Moving Hearts, todos os bretóns e a música dos países do leste. Se a pregunta é por que duramos tanto, tendo en conta que un contrato discográfico estándar son cinco discos, 10 anos, iso é que os telómeros colectivos do xenoma Berrogüetto son máis lonxevos do habitual (ri).

F. N. Desde fóra, a sensación é que aínda que gran parte dos músicos de Berro teñen proxectos importantes en solitario ou con outros músicos, todos eles teñen claro que a nave ama de cría segue sendo Berrogüetto. Poderán facer cousas boas, complementarias e ilusionantes, pero nunca terán un caparazón como o que teñen para desenvolver todo o seu potencial.

P. Sempre criticou o respecto xenérico cara ao flamenco e a falta de distingos con outras músicas de raíz.
A. P. Foi unha circunstancia concreta, unha vez que fomos a Madrid para facer promoción. Lin nun xornal algo así como 'o enésimo gaiteiro que vén do Norte'. Ese comentario xamais se escribiría para glosar a un novo talento da guitarra ou do cante. A palabra 'enésimo' xamais se empregará para falar de flamenco, e iso demostra que a balanza non está equilibrada.

P. Para explicar por que custou tanto, no ámbito folk, levar ben coa música lixeira ou integrar voces, adúcese ás veces un excesivo respecto pola tradición.

A. P. O folk nunca estivo no campo semántico do rancio ou o conservador. É un xénero tremendamente contemporáneo, máis que o rock, se me apuras. Sobre as voces, quizais o problema é que un está un pouco preso conforme ao que é a súa formación. Se es instrumentista e tes referentes de éxito como Milladoiro, unha proposta instrumental que triunfa, pregúntasche: é posible facer un grupo só con xente que toca instrumentos, sen necesidade de voz? Si, é posible, entón te lanzas á aventura. Nun momento determinado da historia, atopas a necesidade de que entre en liza toda esoutra parte. Primeiro entraron as pandereiteiras e unha voz solista [Guadi Galego] con letras que non só falaban do que atende ao mundo rural. E hoxe en día temos moi bos exemplos de como se pode resolver a presenza da voz na música folk.

P. Onde radica hoxe a potencia de Berrogüetto?
F. N. Despois de dous primeiros álbums sensacionais, podía haber un certo amoldamiento ou acomodación. Aí Kosmogonías convértese, por unha concatenación de elementos determinada, nunha revitalización sensacional do grupo. Eu creo que se produce unha especie de conxunción de estados de ánimo, de reivindicación do sete como colectivo e individualidades, unha forma de dicir 'imos lembrar á nosa xente quen somos e o que somos capaces de expresar'. Kosmogonías é un canto de autoafirmación que admite a multiplicidad de escoitas. O vanguardismo de Berro reside nunha minuciosidade extenuante, niso radica a súa auténtica esencia, e eles sábeno. Por iso danlles tantas voltas a todos e son pouco prácticos. Poden investir unha tarde en decidir que instrumento debe prevalecer nun arranxo.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Duplo Son busca cantante

Dado que a nosa queridérrima cantante Paula Rey vaisenos para Luar na Lubre, algo do que estamos obviamente un pouco apenados pero máis orgullosos ,BUSCAMOS VOCALISTA e non nos importa o xénero, ainda que recoñecemos que unha voz femenina é o que máis nos tira.

Nos operamos en Coruña, e se estades interesados, ou coñecedes a alguen, non dubidedes en contactar.

duploson@hotmail.com /// 620302496 ///

Para máis información sobre nos, visitade www.myspace.com/duploson.

Apertas a todos e reincidimos: Moita sorte Paula, e por ser xustos, a quen se anime a probar con nos.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2011 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
A historia nunca contada de Berrogüetto
O xornalista Fernando Neira, colaborador de EL PAÍS e especialista en música folk, vén de reconstruír a historia dunha das bandas galegas dedicadas aos sons con raíces que máis éxito teñen acadado nos últimos anos.

O resultado é O pulso da terra, un libro que acaba de publicar a editorial Galaxia e no que se ofrece un completo repaso á traxectoria de Berrogüetto. Este libro véndese acompañado dun CD con temas do grupo.
No documento adxunto ofrécese un adianto dun dos capítulos do libro, no que Neira relata a xénese de Berrogüetto.


Capítulo III

En novembro de 1994, o prometedor sexteto Matto Congrio emprende unha xira de nove días pola illa de Cuba. Pero, tras o regreso a Vigo, os seus seis integrantes deixan de chamarse por teléfono.

Matto Congrio constituía una prometedora formación de folk avanzado que debutou discograficamente en 1993 cun traballo homónimo publicado polo selo Sonifolk, que dirixía o tristemente desaparecido Pedro Vaquero.
Os seus compoñentes eran, segundo a orden que constaba na contraportada, Santiago Cribeiro (acordeón, piano, teclados), Anxo Lois Pintos (violín, gaita, saxo soprano), Diego Bouzón (guitarra española e eléctrica), Isaac Palacín (batería, percusións), Pancho Álvarez (baixo, mandolina, guitarra acústica e eléctrica, violín) e Carlos Núñez, que alternaba a gaita e a frauta de pico. Salvo un par de cortes posteriores, rexistraran aquel primeiro e único disco nos estudios Ringsend Road de Dublín en xaneiro de 1992, co prestixioso Brian Masterson como enxeñeiro de gravación e baixo os auspicios de Paddy Moloney, o gran xefe dos Chieftains, que concedera a cortesía adicional de incluír as súas características uilleann pipes (gaitas irlandesas) no tema Reel en su salsa, un orixinal de Bouzón.



Eran músicos imberbes, poida que ata novatos, cos vinte anos acabados de facer. Pero o seu nome era xa obxecto de debate en todos os mentidoiros folclóricos da península.
A ninguén lle pasara inadvertida a inusual solvencia interpretativa do sexteto, pero menos aínda a súa desenvoltura: o de abrir aquel primeiro disco cunha peza tradicional, a Muiñeira de Inzenga, transformada nun reggae electrificado era algo máis que un síntoma. Na banda existía, sen dúbida, a vontade de subir uns cantos chanzos na evolución das músicas de raíz.
Só que non todos os seus integrantes se colocaran na mesma escaleira.
...

Ver o capítulo completo

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os mecenas búscanse en Internet
O grupo Os Cempés atopa na Rede financiamento colectivo para o seu novo disco

Os mecenas do século XXI refúxianse en Internet. E na Rede atopou o grupo Os Cempés a máis de 190 persoas que apostan, tamén economicamente, porque o reencontro deste grupo de Ferrol o pasado verán prolónguese coa gravación dun novo disco. A insistencia dos organizadores do Festival folk da fin do Camiño obrigounos, tres anos despois, a reconformar o grupo con novos membros e, xa postos, a preparar un novo traballo discográfico. "Ningún tiña diñeiro e o que se fai de aforrar diñeiro dos concertos tampouco podiamos porque fixemos dous este ano. Tampouco contemplabamos pedir diñeiro a un banco ou á familia", explica Óscar Fernández, que fai soar a zanfoña e o acordeón desde a primeira formación, en 1992.

En poucos días recadaron 5.500 euros necesarios para a gravación
Querían evitar "o que pasa sempre", que os técnicos e profesionais que colaboran na gravación esperan un ano, "ata que se vendan os discos ou se paguen os concertos", para cobrar o seu traballo e un compañeiro comentoulles a posibilidade do crowfunding, un sistema de financiamento colectivo, baseada no mecenado, que aínda non se utiliza moito en España. Na web catalá Verkami expuxeron o seu proxecto: gravar un disco con 5.500 euros de orzamento mínimo, "axustado ao máximo para non asustar á xente", e no que se inclúe xa o 5% de comisión que leva a páxina. E a resposta dos mecenas foi "incrible". "O primeiro fin de semana era un sobresalto cada media hora. Non podía estar preto do computador porque me atafegaba. No correo electrónico só aparecían mails de confirmación de doazóns", conta Fernández. Nuns días, o obxectivo xa estaba conseguido e todo o diñeiro que recaden a partir dese mínimo servirá para implementar a gravación e substituír os bocadillos fríos pola comida quente. "Había moi pouco diñeiro asignado para manutención. Agora aumentará a calidade do disco e tamén a das nosas vidas", ri.

En canto os promotores de Verkami -un pai de Mataró xunto aos seus dous fillos- danlle a aprobación ao proxecto, a iniciativa xa se pode colgar na Rede. As regras son fáciles: hai un máximo de 40 días para recadar o diñeiro e o pago só se carga nas contas dos mecenas se se alcanza o obxectivo económico. Para apoiar a gravación do disco de Os Cempés, as achegas van desde o cinco aos 1.200 euros. E as recompensas para os mecenas, evidentemente, son diferentes. Desde aparecer nos créditos, ao que dá dereito a contribución mínima, a unha infinidade de obsequios pola máxima. Os Cempés prometen 30 cedés asinados, acceso á versión en mp3 antes de que se publique o disco, aparecer nos créditos, 30 invitacións para o concerto de presentación, unha festa con actuación a domicilio para 40 persoas que poderán participar nun videoclip do grupo e gozar do oito quilos de percebes que a voz de Os Cempés, Serxio Cés, promete capturar e cociñar. "Merécense máis do que prometemos, pero había que facer unha lista moi concreta de cousas para cumprilas". As doazóns de 1.200 euros están pensadas precisamente para que os mecenas organícense en grupos de 30 persoas e gozar todos xuntos das recompensas. "Van ser unhas festas cunha carga positiva impresionante, coa xente que nos apoiou e a música. Son con aforamento limitado porque Cés calcula que nunha festa con percebes teñen que tocar a 250 gramos por persoa", explica Fernández. Por agora, terán que preparar polo menos dúas festas.

Á espera de ver finalmente a canto ascenden as achegas dos mecenas, o grupo prepara o repertorio que conformará o seu próximo disco. O arranque da gravación está previsto para comezos de xaneiro. "A do grupo, porque a finais de mes chegarán os colaboradores. Temos moitísimos, 20 ou 25", puntualiza. Entre eles estarán moitos alumnos e exalumnos das aulas da Escola Livre dá Música Popular Galega, onde Fernández dá clase de zanfoña. "Fixemos un repertorio no que se inclúen moitas das pezas que uso nas clases", explica.
O CD será "moi divertido, porque é de Os Cempés, e moi bailable" e nel, a mocidade estará moi presente: "Son aventuras que lle pasan aos mozos, nas temáticas, nas cancións e tamén interpretando". Coas novas incorporacións o son tamén cambia, agora soan máis acústicos grazas ao bouzouki, o saxo e o clarinete que substitúen ao "trío de rock" que formaban os membros da penúltima formación. Haberá sitio tamén para a tradición: reinterpretarán pezas do século XIX como o Pasodobre Lugo-Ferrol, un tema de banda composta por un músico militar, ou unha peza gravada por músicos de Aires da Terra, "unha das primeiras gravacións de zanfoña".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14 (Luns)

Terza feira 15 (Martes)

Corta feira 16 (Mércores)

Quinta feira 17 (Xoves)
• Marful no Auditorio de Narón
• Os Tres Tenedores en Culleredo

Sexta feira 18 (Venres)
• Capitán Furilo na Sala 99(Ponteareas)

Sábado 19
• Capitán Furilo na Auriense (Ourense)
• Invivo na sala TNT (Compostela)
• Emilio Rúa no Auditorio Municipal de Ourense
• Xoan Curiel en Carballo
• Som do Galpóm no pub Grecos (Sada)
• Dios Ke Te Crew na sala The Star (Carral)
• Seran de Moreira (Soutomaior)
• Serán na sala Capitol, antigo cine da Illa de Arousa, rúa Con do Moucho.

Domingo 20
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2011 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Galaxia presenta a biografía de Berroguetto
GALAXIA PRESENTA A BIOGRAFíA DE BERROGüETTO ACOMPAñADA DUN DVD AO VIVO

"O pulso da terra" é o título da biografía que do coñecido grupo folk Berrogüetto acaba de editar Galaxia. Para alén dun libro que repasa, da man de Fernando Neira, os quince anos de traxectoria do conxunto, a obra inclúe un CD e un DVD que recollen o concerto que deu a banda en Compostela o pasado mes de novembro de 2010.

Segundo explica Neira, a obra “é unha biografía rigorosa, pero tampouco quería facer un libro só para fans”. A intrahistoria da formación, anécdotas ou vivencias dos compoñentes fan parte inevitable do proxecto, que serve tamén de retrato para unha época moi concreta na que se deu o desepegue internacional do folk galego. “Tentei que o libro puidese ser lido por calquera persoa que tivese interese na cultura daquel momento”. No entanto, reocoñece, fundamentalmente se trata dunha obra “cunha grande pegada persoal. Falamos dun grupo numeroso, con sete compoñentes e mais Guadi Galego, que agora non está. Son persoas moi diferentes e moi complementarias, algúns con caracteres dispares, que teñen unha química un pouco no fío no contexto do grupo”

Preto de seis meses de contactos e entrevistas achegaron boa parte do contido da obra, que se complementou con consultas hemerográficas. “O grupo ten dosieres de prensa moi completos, cando menos ata 2002 ou 2003, e iso permitiu verificar datas e localizacións”, lembra o autor desta biografía. “A historia do grupo daba para conter unha historia chea de humanidade, con momento de fervor e de dúbidas, con subidas e baixadas, e mesmo perdas de fe”, explica. “Esas ondulacións na traxectoria do grupo pareceume algo moi atractivo mesmo a nivel literario”, lembra Neira. Están aí os anos de silnecio discográfico que transcorren entre o lanzamento de Hepta e de 10.0, “nese momento algún membros recoñece terse sentido máis fóra que dentro da banda”, explica o autor. Ou a curiosa historia do disco rematado e inédito. “É algo curioso nun grupo desta dimensión que teñan un disco rematado pero non foron quen de publicar e non saben moi ben que facer con el. Polo momento non semella que vaia ver a luz en breve”, apunta.

Dentro das anécdotas e segredos que descobre nesta biografía Neira quédase cunha. O papel de mecenado que desenvolveu Carlos Vila. “Era o dono do Café Dublín de Vigo e desenvolveu un papel no comezo do grupo do que nin sequera os seus membros eran totalmente conscientes e que os deixou un pouco alucinados cando o descubriron agora”, explica o autor. “El neses momentos pensaba que compría para Galicia a irrupción dunha banda como Berrogüetto, e deulles moito apoio. Mesmo descubrimos que pagou do seu peto, e mesmo buscando apoios doutra xente, os traballos de deseño do logotipo e mais da imaxe do grupo. Sorprendeume que aínda exista xente así, que deixou moitas horas de traballo e cartos de xeito totalmente desinteresado e nunca pediu figurar en ningures nin recibir nada”.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Florencio
Xa está aberto o prazo de inscrición deste interesante proxecto deseñado e producido desde aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Será unha viaxe desde as montañas da Fonsagrada até os palcos galegos: Escenario, investigación, aprendizaxe con Florencio “O Cego dos Vilares” e a dirección musical de Germán Díaz. Se queres participar neste proxecto musical sen parangón, segue lendo.

Que é ?
PROXECTO FLORENCIO é unha proposta pedagóxica e escénica arredor da figura e o repertorio de Florencio dos Vilares: violinista-cantor-contador de historias, natural da Fonsagrada, recoñecido como un dos últimos cegos-xograis de Galiza, con máxima relevancia na historia da Música Popular do país.

O Proxecto Florencio consiste en unir un grupo de músicos guiados polo prestixioso zanfonista GERMÁN DÍAZ como director musical, co obxectivo de achegarse desde diferentes perspectivas ao repertorio de Florencio dos Vilares e presentar o espectáculo resultante durante o verán de 2012. Seguindo a liña de produción e ensino de aCentral Folque e a Escola Livre da MPG, o proxecto permitirá aos participantes coñecer in situ o proceso de produción, investigación e creación artística a raíz deste diamante da música patrimonial.

A quen vai dirixido?
A instrumentistas de vento, zanfona, acordeón diatónico, violín e percusión tradicional galega que desexan complementar a súa formación e vivir unha experiencia musical diferente.

Cal é o itinerario de traballo?
O alumnado participante terá acceso ás seguintes actividades:

- Ensaios de decembro de 2011 a xuño de 2012 para a creación do espectáculo. Dirixe Germán Díaz. Os ensaios serán dous sábados de cada mes en horario de 10:00 a 12:00 no auditorio do Centro Social Municipal de Fingoi, en Lugo.

Data de comezo dos ensaios: 10 de decembro.

- Encontros con músicos e investigadores vencellados á figura de Florencio do Vilares.

- Visita á Fonsagrada. Visita ao Museo Comarcal e convivio con músicos da zona.

- Obradoiros sobre presencia escénica. Dirixe Alfredo Rodríguez

- Dúas presentacións do espectáculo na Fonsagrada e Lugo. O alumnado compartirá palco con destacados músicos do panorama actual.

Como podes participar no proxecto?

Podes inscribirte enviando un minicurrículo musical por correo electrónico a matricula@folque.com

Tamén podes poñerte en contacto con aCentral Folque a través dos teléfonos +34 881031829 e 698169372

Prazo de inscrición: do 10 de novembro ao 5 de decembro de 2011

Prezo do curso: o alumnado abonará mensualmente 40€ durante os meses de ensaios, de Decembro a Xuño.

Os músicos que se inscriban recibirán a confirmación sobre a súa participación no proxecto o día 6 de Decembro.

O criterio de selección será principalmente a obtención dun grupo equilibrado timbricamente. Se hai un maior número de inscricións que de prazas ofertadas valorarase a bagaxe musical dos solicitantes.

BIOGRAFÍAS
Florencio dos Vilares

Viviu na Fonsagrada ata o seu falecemento no ano 1986. Aprendeu a cantar e tocar o violín de xeito autodidacta, e converteuse no Cego dos Vilares, unha figura que a día de hoxe é xa un referente na música popular, especialmente para violinistas, cantores e contadores. O seu repertorio chega a nós grazas a numerosas gravacións realizadas nos últimos anos da súa vida, xoias de enorme valor, que fan de Florencio un dos cegos-músicos-ambulantes mellor documentados.

Germán Díaz
Germán Díaz é na actualidade un dos zanfonistas máis recoñecidos no estado español e Europa. Actualmente forma parte de numerosos proxectos: Oh trío, Projecto Miño, Marisco Fresco, Brigada Bravo&Díaz, Tasto Solo... cos que actuou por todo o mundo. Como solista e coautor editou case unha dúcia de traballos discográficos e colaborou nun cento de gravacións. O seu disco "Músicas populares de la Guerra Civil", en colaboración con Antonio Bravo, foi elexido como 2º mellor disco do ano 2009 pola revista Cuadernos de Jazz, e mellor disco internacional pola veterana revista xaponesa Jazz Tokio.

Promove: Deputación Provincial de Lugo / Concello Fonsagrada

Colabora: Concellaría de Benestar e Igualdade de Lugo

Produce: aCentral Folque
Documentos
Muiñeira de Florencio. Gravado por Antón Santamarina (mp3, 1,4 mb)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
• Ith no pub d´Antón (Laracha)
• Ses no Garufa (A Coruña)
• Festival Desconcerto 2011 (Betanzos): Ataque Escampe, Aid,...
• Serán na carballeira de Santa Lucía (Moraña)

Sábado 12
• Carlos Blanco & Budiño na sala The Star (Carral)
• Som do Galpóm no C.S. Vagalume (Salvaterra de Miño)
• Quempallou no Roi Xordo (Allariz)
• Festival A Rebusca (Manzaneda): Os Cuchufellos, Güintervan,...
• Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

Domingo 13
• III Foliada "Tápalle o micelio!" en Orazo (A estrada) ás 17:30: Pandereiteiras Lilaila de Orazo, Xuntanza dos Regatos, Os ke ahi, Pandereteiras de Loimil, Gaiteiros da Pereiriña...
• Serán de Lourido (Salvaterra de Miño) ás 17:00
• Os Carunchos no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2011 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
11 novembro
- Serán na carballeira de Santa Lucía (Moraña)

12 novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

13 novembro
- Serán en Lourido(Salvaterra de Miño)

19 novembro
- Seran de Moreira (Soutomaior)

26 novembro
- II Ruada en Loimil (A Estrada) no campo da Saleta
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Serán na casa do Pobo de Gaxate (A Lama)

10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

14 abril
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2011 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2011 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán en Moraña
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2011 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada `...Tápalle o micelio!´ (Orazo-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2011 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
San Martiño Canibal (Sarria)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-11-2011 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Desconcerto 2011 (Betanzos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-11-2011 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
A Rebusca 2011 (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-11-2011 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Nao participando no Noise Off dende A Estrada

O 12 de Novembro imos participar neste festi on-line (Noise Off). Aproveitando este feito queremos facer unha boa festa coa xente que máis de perto nos seguides.

A nosa idea é que os 25 afortunados pasedes unha tarde coa banda. Seredes os 1º en escoitar o novo tema gravado, haberá de picar e beber, algunha que outra sorpresa, agasallos… e como guinda un directo para vos sós no estudio no que gravamos o noso último disco.

Os 25 primeiros que enviedes un mail a contacto@somosnao.com teredes voso sitio reservado
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2011 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Blanco e Budiño na sala The Star (Carral)
Monólogo de Carlos Blanco & Budiño DJ o sábado, e o derbi galego de Riazor o domingo na Sala The Star

Carlos Blanco une os seus monólogos coa música ad hoc feita polo gran Budiño (na súa versión DJ). A ritmo de hip-hop e con textos extraídos das redes sociais, Carlos Blanco e Budiño DJ presentan 'By the face'.

A Sala The Star acolle este sábado o primeiro dos espectáculos de humor programados para este outono, ao que seguirán o de Sergio Pazos, Hai P.O.D. e Javier Veiga. As entradas anticipadas (8 euros) están xa á venda a través da Airapro Tenda ata o venres 11 de novembro.

O especáculo dará comezo ás 23.30 horas, e do aforo total da sala (200 persoas), a metade serán con dereito a cadeira, que se distribuirán por orde de chegada ao local carralés.
As entradas en taquilla serán a dez euros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2011 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto da A.C. Tangaraño en Sanguiñeda (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile tradicional (Ourense)
OBRADOIRO. UNHA ACHEGA AO BAILE TRADICIONAL…
- Lugar: Casa da Xuventude de Ourense
- Datas: 19, 26 de Novembro e 10 de Decembro.
- Hora: 11:00 h. a 12:30 h.

OBXECTIVO: Familiarizarse cos movementos e ritmos básicos do baile tradicional galego.
IMPARTE: Alexandre Sotelino Losada (Mestre de Baile Tradicional)

CONDICIÓNS:
- Traer roupa e calzado cómodo (a poder ser deportiva)

PROGRAMA

SÁBADO 19.
- Introducción e presentación do curso.
- Posición corporal do baile tradicional
- Movementos básicos de Muiñeira
- Xogo de baile tradicional.

SÁBADO 26.
- Continuación dos movementos básicos de Muiñeira
- Introdución a xota tradicional
- Xogo de baile tradicional.

SÁBADO 10.
- Continuación dos movementos de xota tradicional
- Agarrados tradicionais
- Resumo do curso
- Xogo de baile tradicional.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-11-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novos cursos no Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-11-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Foliadas na Casa das Crechas (Compostela)
Os mércores do mes de novembro ás 23:30
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-11-2011 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Assembly Point recibe o premio ao `Mellor grupo Folk 2011´ no Irish Fleadh de Cáceres

A banda formada polo galego Fernando Barroso, o irlandés Eoghan Neff e o portugués Luis Peixoto, que veñen de editar o seu primeiro traballo discográfico baixo o nome de Assembly Point, recibiron a pasada fin de semana o premio que os recoñece como o mellor grupo Folk participante no festival Irish Fleadh de Cáceres.

Alí compartiron escenario, entre outros, coa recoñecida banda irlandesa Kila.Assembly Point ofreceu o seu concerto o sábado 5 de Novembro, ante unha praza ateigada, que se viu sorprendida pola forza e enerxía que amosanriba do escenario esta formación de trío. O Irish Fleadh celébrase cada ano na cidade de Cáceres, e reúne durante tres días a músicos e amantes da música folk, que achan aquí un punto de intercambio e coñecemento.

O seu espíritu participativo e a calidade dos músicos presentes en cada edición, fan deste festival un referente tanto para profesionais como para afeccionados ás músicas tradicionais.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
O galego sabe a pan

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 09-11-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés: Obxectivo conseguido!!!
Xa chegamos ao obxectivo, en adiante todo será facilitar o traballo e sumar ainda máis corazóns e ilusións ao proxecto!

Gracias a todos e a todas!!!!

Bikos e Apertax !!!!

http://oscempes.blogspot.com/

Proxecto novo disco de Os Cempés

Podense seguir facendo aportacións, ata que remate o prazo, coas mesmas condicións nas recompensas para os mecenas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2011 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Nova formación de Luar na Lubre
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 08-11-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 7 (Luns)

Terza feira 8 (Martes)

Corta feira 9 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 10 (Xoves)
• Os Tres Tenedores en Cee
• Susana Seivane no Pazo da Cultura de Narón

Sexta feira 11 (Venres)
• Ith no pub d´Antón (Laracha)
• Ses no Garufa (A Coruña)
• Festival Desconcerto 2011 (Betanzos): Ataque Escampe, Aid,...
• Serán na carballeira de Santa Lucía (Moraña)

Sábado 12
• Festa Komunikando no Badulake (Ordes)
• Carlos Blanco & Budiño na sala The Star (Carral)
• Som do Galpóm no C.S. Vagalume (Salvaterra de Miño)
• Quempallou no Roi Xordo (Allariz)
• Festival A Rebusca (Manzaneda): Os Cuchufellos, Güintervan,...
• Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

Domingo 13
• III Foliada "Tápalle o micelio!" en Orazo (A estrada) ás 17:30: Pandereiteiras Lilaila de Orazo, Xuntanza dos Regatos, Os ke ahi, Pandereteiras de Loimil, Gaiteiros da Pereiriña...
• Serán de Lourido (Salvaterra de Miño) ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xa está en marcha o financiamento popular do novo disco dos Cempés
Os Cempés estamos de volta, e facémolo con moita forza.

Andamos a rematar un novo traballo discográfico que se empezará a gravar en xaneiro de 2012. Este ano cumprimos o 20 aniversario da nosa primeira actuación, nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992.


O disco será unha mostra máis do espírito festeiro que Os Cempés sempre demostramos nas gravacións e nos concertos en directo, tan sinxelo e tan complicado como facer cantar e bailar. Para esta ocasión queremos, ademais, axudar a facer visibles iniciativas como a da Escola Livre da MPG e a músicos mozos que gustan de coñecer e interpretar a música popular.

O tema central do novo traballo é a xente nova, os pícaros, os rapaces, a enerxía e imaxinación da mocidade. Lembrando que a música que queremos facer está baseada na que aprendiamos doutros cando os mozos eramos nós.
No disco incluiremos novas pezas de autor, arranxos de temas clásicos da música galega … creemos que vai ser moi bonito e por suposto: ¡¡¡bailable!!!

CONVIDÁMOSVOS A COLABORAR
Propoñemos a todos os que simpaticedes con esta aventura musical financiar a gravación: ser mecenas do novo disco de Os Cempés coa Escola Livre da MPG.

O micromecenazgo, o financiamento en masa ou “crowdfunding” é un sistema no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas segundo as súas posibilidades, e optan a diferentes recompensas.

Verkami aloxa a web na que se explica este e outros proxectos: os obxectivos, as recompensas e tamén xestiona as aportacións realizadas que só se farán efectivas na vosa tarxeta de crédito, se no tempo máximo de 40 días se consegue o obxectivo. Se neses 40 días non se chega á cantidade que precisamos, o proxecto terá que financiarse doutro xeito.

Este sistema de financiamento permite realizar o traballo creativo e de coordinación coa seguridade de que se vai poder pagar nun prazo razoable os servizos dos técnicos e os gastos de desprazamento, manutención, etc. dos músicos participantes.

O CD e o acceso á versión en formato en Mp3 en exclusiva antes da edición oficial, é a principal recompensa que ofrecemos aos mecenas, pero non a única.
No lateral dereito desta páxina descríbense detalladamente.

O OBXECTIVO
O custe estimado para rematar o “máster” ou a mistura final do traballo é de 5.500€ incluíndo a comisión do 5% de Verkami e os custes polas xestións bancarias.


Eses 5.500€ destinaránse ao pagamento duns 25 días de gravación, edición, mistura e masterización nun estudio profesional, así como os gastos dos músicos do grupo e os dos convidados durante as sesións de gravación.

Falamos de máis de 20 persoas: queremos que neste disco soen os acordeóns diatónicos, as frautas, os violíns, as zanfonas, a percusión, as gaitas e as voces da ELMPG. Teremos que realizar un complexo traballo de preparación de arranxos e de ensaios que xa comezou en xulio do pasado verán.



AS RECOMPENSAS E A DIFUSIÓN DO PROXECTO
As aportacións e recompensas que propoñemos son variadas e esperamos que para todas as posibilidades: o acceso á versión dixital en Mp3, o CD físico, aparecer nos créditos do CD como mecenas, invitacións aos concertos de presentación do disco, mesmo gozar dun concerto/festa con Os Cempés na vosa casa máis a degustación ese mesmo dia de percebes de Cedeira capturados e cociñados ¡¡¡polo mismísimo Serxio Ces!!


É moi importante que este proxecto teña a máxima difusión, que se comparta o evento coa maior cantidade de xente a través das redes sociais, coa familia, no traballo…

As aportacións pódense facer individualmente, en grupo, dende asociacións, ou tamén directamente aos Os Cempés, comprometéndonos a entregar as recompensas que veñen explicadas en Verkami por igual para todos os mecenas.

De conseguir o obxetivo fixado antes dos 40 días, poderanse seguir facendo aportacións. Isto proporcionará aínda máis marxe de manobra na realización da gravación, na calidade da edición, mesmo poderiamos optar pola auto-edición.

No Facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven, no blog oscempes.blogspot.com poderedes seguir todo proceso de creación, facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os prazos nos que se fará a entrega das recompensas.

Os Cempés dámosvos as grazas por adiantado pola vosa colaboración. ¡¡Opa iii!!

Páxina web do proxecto Os Cempés www.verkami.com

Última hora: Nos primeiros catro días xa se ten acadado o 80% do financiamento!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2011 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
4 novembro
- Serán de Outono en Ponteareas, no pavillón do Colexio La Inmaculada

5 novembro
- Serán no Eirado de Viladesuso (Oia)
- Serán de San Martiño en Caldelas do Miño, a carón da igrexa
- Serán na Seca (Poio)

11 novembro
- Serán na carballeira de Santa Lucía (Moraña)

12 novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

13 novembro
- Serán en Lourido(Salvaterra de Miño)

19 novembro
- Seran de Moreira (Soutomaior)

26 novembro
- II Ruada en Loimil (A Estrada) no campo da Saleta
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Serán na casa do Pobo de Gaxate (A Lama)

10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-11-2011 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Outono (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-11-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
VI Serán en Viladesuso (Oia)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-11-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos tradicionais e Serán en Poio
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-11-2011 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festa de Outono de Couso

XI FESTA DO OUTONO DE COUSO
Data: 5 de novembro
Couso, A Estrada


Contaremos con:
■Zonas cubertas con carpa arredor do local social-campo da festa
■Espazo común para durmir, na escola nova. Traede saco, esterilla ...

Música e Baile:
■Agrupacións e grupos musicais de A Estrada e arredores, e do resto de Galicia
■Bailadoras e tocadoras de percusión, gaiteiras e gaiteiros, músicos …
■Bailadoras e panderetairas mayores de aldeas dos concellos de Mondariz (Toutón, …) e Pazos de Borbén (Nespereira, ...)

16:30-20:00. OBRADOIRO. Manexo de instrumentos de cociña na música tradicional: a lata, a tixola, a trepia:
•Profesor: Luís Prego
•Prezo 12 €
•Prazas: 20
•Requisitos: algúns coñecementos previos: ritmos básicos, manexo de algún destes instrumentos ou de outras percusións tradicionais
•Lugar: Escola Nova, de Couso, a carón do campo da festa
Queres vir a Couso aprender a tocar estes instrumentos? Segue estes pasos:

1.Enche o formulario
2.Agarda que che confirmemos que hai prazas
3.En canto recibas a confirmación podes facer o ingreso indicando o teu nome na seguinte conta, a nome de Asociación A Xesteira: 2080 - 0107 - 27 - 0040002895 (Caixa Nova)

16.30-19:30
SAIDA: PROCURA DE COGUMELOS. IDENTIFICACION E EXPOSICIÓN DE COGUMELOS
•Participación aberta e gratuíta
•Mercedes Nodar, especialista en micoloxía de Galicia
•Escola Vella de Couso

18:30-20:30
OBRADOIRO DE COCIÑA DE OUTONO
•Participación aberta e gratuíta
•Ricardo Torrijos, especialista en cociña con produtos da terra
•Escola Vella de Couso

21:00
Degustación de produtos e cociña de outono, castañas e viño novo, ...
MUSICA E BAILE ATA O MENCER Escola Vella de Couso. Campo da Festa


http://asnosasmusicas.org
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-11-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
V Magosto Popular (Matamá-Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer