O vindeiro 13 de novembro ás 21:00 horas, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela vivirá un momento único na carreira de Berrogüetto, pois terá lugar a gravación do concerto para ser editado o ano próximo en DVD. Ademais, a banda sonora de The Way, creada por Tyler Bates, inclúe as cancións de Berrogüetto Nadal de Luintra e Fusco, as únicas achegas nacionais a un filme no que tamén participan artistas do talle de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.
A gravación deste concerto suporá a primeira ocasión na que a banda galega afronte o reto de gravar en directo unha das súas actuacións. Deste xeito, o último concerto nacional da xira Kosmogonías suporá un aliciente para os seus asistentes, arroupando a Berrogüetto e sendo protagonistas do seu novo traballo.
Para esta actuación, Berrogüetto desenvolveu unha escenografía especial non vista durante a xira, que se acompañará da peza de videocreación deseñada en exclusiva pola artista Olaia Sendón. O concerto de Santiago porá fin á xira que levou a Berrogüetto a escenarios de toda Galicia, ademais de cidades como Madrid, Zaragoza ou L´Hopistalet de Llobregat. O vindeiro DVD se publicará no ano 2011, coincidindo coa xira internacional Kosmogonías. Este concerto suporá o comezo do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.
Presentación do disco novo "Kosmogonías" en Santiago de Compostela
CICLO SONS DA DIVERSIDADE
Sábado 13 de novembro
Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
21:00h
Ruxe Ruxe chega hoxe á Sala Nasa co seu último traballo, Na fura de diante nun concerto onde os acompaña a banda Medomedá.
Para algúns, Ruxe Ruxe é a derradeira banda bravú. Para outros unha ponte entre o rock galego dos 90 e a pulsión da música emerxente do país na primeira década so século XXI. Para outros moitos unha banda de culto cun dos mellores e máis enérxicos directos que se poden ver enriba dun escenario. O directo dunha banda única que nunca parou de producir, de gravar e de tocar polo mundo adiante dende a súa fundación no ano 1996.
Na fura de diante componse, en palabras do grupo, de quince latexos de corazón vello e consumido, "quince dentelladas de animais fóra ialma, de cans doentes e vencidos, de decepcións e liortas". O disco, engaden, "é un océano terrible no que ti e mais eu loitamos por continuar sendo peixes..." É o sétimo traballo de estudio dos Ruxe Ruxe, desta volta con Javier Abreu na produción para unha viaxe polos océanos do punk-rock mesturados con elementos da música tradicional galega.
Compostela, o venres 12 de novembro.
MEDOMEDÁ + RUXE-RUXE na Sala NASA!
Apertura de portas ás 21:00hs.
Entrada:
8? anticipada
10? en billeteira
Puntos de venda anticipada en Compostela: Discos Gong, Pub O Trasgo, Bar A Taquilla, Pub Tattoine, Tenda Caramuxo, A Reixa-Tenda, e Redenasa.tv
Sas Battor Colonnas son un grupo de mozos que centran os seus esforzos en recuperar e dar a coñecer os cantos pastorais sardos.
Fan un tipo de canto, "a tenores" que se usa tanto para festas laicas como relixiosas; un canto a capela, con unha melodía entoada por un solista que canta un poema tradicional ou improvisado, mentres as outras voces cantan acordes a miúdo estáticos, con unha nota concreta pero con moita mobilidade tímbrica.
A sarda, é unha polifonía única e das mais antigas no ámbito mediterráneo, moi arraigada na poboación de tal modo que se pode escoitar tanto en festas familiares como en teatros.
Non vos perdades este exemplo único de adecuación e instrumentación da voz!
Este venres dia 12 Sas Battor Colonnas estarán actuando na Igrexa de Conxo (Santiago de Compostela) ás 19:30.
Hai agora tres anos, o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego convocou un primeiro encontro de presentación do proxecto Sons e Voces da Identidade. Neste tempo, puxéronse a andar os traballos e hoxe o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade é unha realidade en desenvolvemento, que podedes seguir nesta páxina.
Hoxe, como hai tres anos, o noso propósito ao facer esta convocatoria é triplo:
1. Dar a coñecer os aspectos máis relevantes do proxecto Sons e Voces da Identidade e os resultados acadados no seu desenvolvemento, directamente da man dos seus autores.
2. Invitar as persoas interesadas que dispoñan de rexistros sonoros susceptibles de se incorporar ao APOI a que fagan novas contribucións.
3. Incorporar as suxestións e críticas que outros especialistas poidan achegarnos, tanto respecto do traballo que actualmente temos en execución no campo do patrimonio musical, coma da nova fase que estamos por acometer para incorporar ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade materiais doutra índole.
A xuntanza será xoves 11 de novembro ás 18h00 no Museo do Pobo Galego.
Medio milleiro de persoas procedentes de toda Galicia cantarán e bailarán o sábado na quinta edición dun Serán imprescindible
Guille, o irmán pequeno de Mafalda, asomaba a unha viñeta completamente atarefado, correndo dun lado para outro. A súa nai preguntoulle: «¿Onde vas tan a presa?». E a resposta foi antolóxica: «Non sei, pero non hai tempo que perder». Así, entre tempo e tempo que non se pode perder van esmorecendo tradicións e costumes que semellan non ter cabida nesta época de teléfonos móbiles e teclados portátiles. Por sorte, aínda queda no país quen lembra como era a vida hai unha presiña de anos, coas súas rutinas, as súas obrigas e tamén os seus espazos de lecer. Cos seus seráns, nos que o traballo ficaba detido nunha paréntese que a xente aproveitaba para cantar e bailar. Na costa ou no interior, no norte ou no sur, coas súas vestimentas propias, cos seus pasos e as súas melodías, cos seus ritmos. Aínda queda lembranza viva de todo aquilo, mais non durará moito máis. Cando os homes e mulleres que portan a memoria desta cultura ancestral marchen, unha porta ficará pechada para sempre. Conseguir que non sexa así é unha das tarefas que as asociacións culturais como Nós se teñen proposto. Desa fonte bebe o Serán de Sobradelo, que este sábado acada a súa quinta edición.
Consolidada como unha referencia absoluta en Galicia polo que respecta á celebración de seráns, a cita de Sobradelo contará coa participación de medio milleiro de persoas chegadas das catro esquinas do país.
En moitas ocasións trátase, lembra Xurxo Santos, presidente da agrupación vilagarciá, de xente veterana, con longas décadas de vida ás súas costas. Mais tamén de xente nova que se esforza por recoller e documentar os bailes e alalás que levarán a noite de Sobradelo ata tocar case o abrente. Esas persoas maiores, que doutro xeito sería moi difícil ver xuntas, compartindo a súa riqueza cultural, iso que se dá en chamar patrimonio inmaterial, son a raizame sobre a que medra toda a música tradicional. De aí a fonda importancia e o senso que entraña apoiar este tipo de eventos, salientou onte, na súa presentación, o concelleiro de Cultura da capital arousá, Xosé Castro Ratón. Quede claro que non haberá en Sobradelo ningún grupo profesional, agás o da asociación Nós. Así que será a Galicia de sempre a que renacerá, unha noite máis, no seu campo da festa.
O Serán dará comezo ás nove e media da noite no campo da festa de Sobradelo. Tendo en conta o rigor do tempo nestas datas, a organización ten disposto unha carpa para que nela se recollan todos os participantes. Haberá canóns de calor para combater o frío. Pero nada mellor, para quecer o corpo, que o chocolate con rosca que xa é unha tradición neste evento. A entrada é libre e totalmente gratuíta.
A Deputación Provincial de Ourense,subvencións a concellos, asociacións e centros de ensino oficiais que realicen actividades de ensino de gaita, danza, percusión, pandeireta e canto tradicional no curso 2010-2011.
- Que as actividades de ensino de gaita, danza, percusión, pandeireta e canto tradicional se desenvolvan na provincia de Ourense.
- Que estas actividades de ensino se realicen sen custo para os alumnos, agás o importe da matrícula, que en ningún caso debe supera-los 25,00 ? por curso e actividade.
- Que as accións formativas vaian dirixidas a un mínimo de seis alumnos por cada actividade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2010.
Os cinco protagonistas que nos achega o martes de Alalá saben ben que é o arrecendo, o sabor e o tacto do salitre: José Entenza, Manolo de Fasáns, Seso Pesquella e Paco e Pepe Piñeiro naceron ao carón mesmo do mar e aínda levaban pantalón curto cando empezaron a saber o duro que era o traballo a bordo, primeiro na ría, ao carón das praias de Cela, en Bueu, unha balsa pequena de aceite comparada cos océanos bravos que coñeceron despois por todo o mundo, como profesionais da altura e da mercante. Menos mal que había momentos para botar a man ao peto e coller a harmónica, pois, por un momento, a música facíalles voar do barco e sentir como se estivesen na mesma taberna do igrexario.
Cando estes cinco mariños músicos embarcaban levaban a harmónica enriba, e nalgunha ocasión tamén a gaita, para facer a bordo unhas festas tremendas ata o amencer, pois era o xeito de aguantar as ausencias e a dureza dun traballo que os tiña meses fóra das súas casas. Agora que regresaron a Cela, xubilados dos mares de Terranova e África do Sur, aínda seguen gozando e tocando coa harmónica un repertorio que inclúe desde muiñeiras a rancheiras, valses e polcas aprendidas polo mundo adiante.
Adxuntamos Carta ó Director do Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) ante a actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense na visita do Papa Benedicto XVI o pasado sábado 6 de Novembro en Compostela. Consideramos este comunicado de vital importancia para informar á cidadanía en xeral sobre este tema, polo que quixeramos publicar esta nova carta no seu medio para a súa difusión.
Moitas grazas pola atención prestada. Un saúdo.
VAIA EMPANADA
Con motivo da visita de Benedicto XVI, Galicia tivo a oportunidade de ser un escaparate visto por milleiros de persoas en todo o mundo. Tivemos ocasión de presenciar como desde a organización do acto se puxo todo o esmero en acoller esta visita ofrecendo o mellor da nosa terra a esta máxima autoridade da igrexa católica. Entre estes agasallos: unha alfombra floral típica de Ponteareas, un menú no que non faltaron pratos tan galegos como a empanada; e incluso o mesmo Papa pronunciou unhas palabras no noso idioma.... Sen embargo, para o recibimento, e como única representación da música de Galicia, ofrecéuselle a banda marcial da Deputación de Ourense, que tratou de agasallar ó Papa (sen conseguilo porque pasou sen parar).
Se en vez de empanada, o arzobispo avergoñado pola rusticidade deste entrante galaico, ofrecese pizza ó pontífice, ou se en vez da escola de alfombristas de Ponteareas viñesen outros de Edimburgo para prepara-lo camiño que ía pisar o sucesor de Pedro, seguro que todos nos preocupariamos de que se negase con estes actos a validez da nosa cultura para nos representar ante o mundo. Pois a banda de gaitas que recibiu a Ratzinger e ó seu séquito non nos representa a nós os galegos, senón ó (dignísimo) pobo de Escocia. Nin o seu repertorio, nin esas gaitas marciais, nin os seus tambores de plástico, nin os seus vestidos pertencen ós galegos como pobo. Non nos representan. Se o papa pode xantar empanada, ¿non pode escoitar gaitas galegas tocando música galega?. Se somos un pobo suficientemente maduro e seguro de si, ¿por que seguimos confiando en gaitas de fora para nos representar ante o mundo e ante nós mesmos?
Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
A Coruña www.cdg.es.vg
colectivoendefensadagaita@yahoo.es A ÚNICA LOITA QUE SE PERDE É A QUE SE ABANDONA
Terza feira 9 (Martes)
? Xoán Curiel na Casa das Crechas (Compostela)
Corta feira 10 (Mércores)
? Final do Xuventude Crea 2010 na sala Capitol (Compostela)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 11 (Xoves)
? Serán na sala The Star (Carral)
Sexta feira 12 (Venres)
? Mamá Cabra en San Fins do Castro, Cabana de Bergantiños (A Coruña) ás 12:00
? Noitarega en Vigo
? Ith no pub Desigual (Curtis)
? Ruxe Ruxe, Medomeda, Na Fura de Diante na Sala Nasa (Compostela) ás 21:00
Sábado 13
? Snatch no pub O Muiño (Cervo)
? Pel de noz no Cabíria (Vigo) ás 22:30
? Pé de Boi en Pontecaldelas
? Berroguetto en Compostela
? I Foliada (Malo será) no Galeón Vikingo de Catoira
? Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
? V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
Domingo 14
? Foliada Tápalle o Micelio!!: Retrouso, Maghúa, Requinta da Laxeira, Xuntanza dos regatos,Pandereteiras Bouba en Orazo (A Estrada)
? II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
Sexta feira 5 (Venres)
? Quique Peón no Pazo da Cultura (Pontevedra) ás 21:00
? Ugía Pedreira e Ferd Martins no Salason (Cangas do Morrazo) ás 23:00
? Nova Galega de Danza no Cine Alovi (As Pontes de García Rodríguez)
? Machina no pub Gatos (Melide)
? Balakandra en Cerdido no bar Queira
? Dúo Fernandez&Quintá na Regueifa (Ponteareas)
? Som do Galpóm no Catro camiños (A Rúa)
? Os John Deeres no Pub Nerio de Cee
? Quempallou na inauguración da Sala Aqua de Guitiriz
? Magosto celta de Balboa (Ancares)
? Repichoca no Mesón de Tony (Neda)
? Noites de Tasca no Bar Vda. de Nouche en Sigüeiro-Oroso.
Sábado 6
? Lamatumbá e Airinhos del Campito na Praza de Galicia de Narón ás 22:00
? VentoRock (Ventosela, Redondela): Os Veraneantes, Skandalo Gz, Recambios Tucho,...
? Festival Camiño a Teo (Solláns-Calo): Ataque Escampe, Leo i Arremecaghoná, A Magnifique Bande dos Homes sem Medo, Medomedá, Novedades Carminha, Todo Tallada, Airiños do Maycar, Pandereteiras Bouba...
? IV Magosto popular de Matamá (Vigo)
? Magosto celta de Balboa (Ancares)
? III Foliada de Sada
? Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa
? Serán no bar o Sifón de (Avión)
? Serán en Viladesuso (Oia)
? Serán en Couso (A Estrada)
Domingo 7
? Espido (Guadi Galego e Guillerme Fernández) no Auditorio Municipal de Cedeira ás 18:30
? Magosto celta de Balboa (Ancares)
6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa
- Serán no bar o Sifón de (Avión)
- Serán en Viladesuso
- Serán en Couso (A Estrada)
13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
- V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz
29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira
26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
12 de marzo
- Serán de Laxoso
7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
GRAN SERÁN o sábado 6 de novembro, con cantareiras e cantareiros, pandereteir@s, gaiteir@s e moitos baiadoras e bailadores da bisbarra e de todas as comarcas.
Quedades todos invitados. FESTA DO OUTONO en Couso, a Estrada.
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS (BASES DE PARTICIPACIÓN)
1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 6 de novembro de 2010, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da III Foliada de Sada.
2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.
3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade. Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.
4. A inscrición das parellas será gratuíta. A folla de inscrición deberá chegar, debidamente cumprimentada, antes do 04 de Novembro ó correo grupoqueiroa@gmail.com. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de cinco e un máximo de dez parellas inscritas. A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo electrónico, o mesmo día da inscrición.
5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.
6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.
8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de recibir o premio.
Para calquera dúbida, chamar ó teléfono: 615222046 (Miguel)/636692800 (Fernando)
ASOCIACIÓN DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL
Rúa Miguel Pereiro Tacón, s/n
Mondego ? 15168 Sada (A Coruña)
Telf.: 981 621 421
www.queiroa.org ? Email: queiroa@queiroa.org
III FOLIADA DE SADA
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS (FOLLA DE INSCRICIÓN)
Nome artístico da parella
Nome e apelidos dos compoñentes da parella Idade
Teléfono de contacto Correo electrónico de contacto
Os actos da Semán cultural comezarán o día 5 de novembro a partir das 21.00 horas coa actuación do grupo: O mellor de cada casa que representará a obra "A Burla do Galo".
O sábado día 6 a partir das 17.00h haberá actividades para os máis cativos (ginkana, xogo da rá..) e a partir das 21.00 horas "Serán" a cargo da Fiada, con chocolatada.
O domingo día 7 a partir das 17.00h magosto e concurso de tortas, amenizado polo grupo "Airiños do Tamuxe"
O venres 5, a partir das 10 da noite, tedes unha nova cita cas NOITES DE TASCA no Bar "VDA. DE NOUCHE" (Av. de Compostela, 15) en Sigüeiro-Oroso.
Contamos ca actuación especial do grupo OS GAITEIROS DO PEDROSO, da Coruña, e do grupo folklórico NÉBOAS de Sigüeiro.
Apúntate para a 2ª eliminatoria no CONCURSO DE ATURUXOS, haberá agasallos para os clasificados.
E despois coma sempre, FOLIADA aberta a todos os que se animen a participar.
Colaboran: O Concello de Oroso e a Agrupación Folklórica NÉBOAS.
Nesta nova edición do MAGOSTO CELTA DE BALBOA contamos cunha boa representación de gaiteiros tradicionais pero tamén podemos dar un repaso ao estado do rock bravú galego do século XXI que se asoma ao folk coa axuda doutros ritmos mestizos como a patchanka ou o punk-folk. As actuacións iniciaranse o venres ás 23 h. e finalizarán o domingo ás 17 h.
Bo Magosto!
Coas actuacións de: - CELTICÚE
- RESIDUOS ATRACTIVAS
- L'ARCU LA VIEYA
- RUXE RUXE
- ULTRÄQÄNS
- HABERLAS HAINAS
- OS CUCHUFELLOS
- MEDULIA BANANA FOLK
e a colaboración do grande gaiteiro asturiano
XUACO AMIEVA
Programa:
VENRES 5
Palloza de Balboa
23,00 h. CELTICÚE
Palloza de Chis
01,30 h. ULTRÄQÄNS
03,30 h. RESIDUOS ATRACTIVAS
SÁBADO 6
17-20 h. MAGOSTO INFANTIL -AULA DE AMBASMESTAS
Palloza de Balboa
17,00 h. L'ARCU LA VIEYA
19,00 h. XUACU AMIEVA
23,00 h. HABELAS HAINAS
Palloza de Chis
01,30 h. RUXE RUXE
03,30 h. OS CUCHUFELLOS
DOMINGO 7
Palloza de Balboa
17,00 h. MEDULIA BANANA FOLK
O vindeiro sábado 6 de novembro de 2010 vai ter lugar a cuarta edición do Magosto Popular de Matamá.
Este evento está organizado conxuntamente pola ASOCIACION DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ,
O COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA e a ASOCIACIÓN VECIÑAL DE MATAMÁ.
O Magosto contará cunha programación variada con multiples actividades para nen@s e maiores que se desenvolverán baixo unha carpa instalada no torreiro da festa de Matamá.
A entrada é totalmente gratuita. ESTADES TOD@S CONVIDADOS!!!!
PROGRAMACION
16h. MUSICANDAINA (SENDEIRISMO PARA NEN@S)
Percorrido pola parroquia de Matamá para visitar lugares de especial interés. Polo camiño actuará o contacontos
JAVI CASTAÑAZO co seu espectáculo ~CONTOS A PUÑADOS~.
A saída será dende o Torreiro de Matamá.
18:30 h. ANIMACION INFANTIL
Espectáculo de animación para nen@s a cargo da compañia TROULA, haberá
zancudos, patinadores, contacontos, ...
20h. REPARTO DE CASTAÑAS
20h. OBRADOIROS : Cabazas do SAMAIN, Confección de instrumentos musicais,
Xogos tradicionais, ...
22h. ACTUACION MUSICAL do grupo PELEPAU (percusión tradicional)
23h. ACTUACION MUSICAL do grupo RESIDUOS ATRACTIVAS (palleiro punk)
0h. ACTUACION MUSICAL do grupo FALPERRYS (punk folc)
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer ?O camiño a Teo?.
Cando? Sábado 6 de novembro de 2010. Durante 7 horas e 45 minutos (de 11:30 a 19:15). Onde?
No Campo de Santo Domingo en Solláns, parróquia de Calo, Concello de Teo.
Quen convoca?
Sei o que nos figestes e komunikando.net
Quen colabora?
Asociación cultural ?Lúa Chea? (Calo)
Paiasos en Rebeldía
Radio Kalimera
Quen hai? Paiasos en Rebeldía, A magnifique Bande, Airiños do Maycar, Pandereteiras Bouba, Pepe Penabade, Medomedá, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Leo i Arremecaghoná, Todo Tallada, ...
12:00h. Pasarrúas e espectáculos.
-Paiasos en Rebeldía
-A magnifique Bande dus homens sen medo (música de rúa)
-Airiños do Maycar (gaiteiros)
-Pandereteiras Bouba
-Dom Casto, Bispo do Reino de Galiza (Pepe Penabade)
(O programa está aínda aberto e seguramente haberá algunha sorpresa máis)
Como?
O camiño a Teo contará cun presuposto tres ou catro mil veces inferior ao da visita do Papa, 1000 euros. Este é o diñeiro que estimamos nos custará a sonorización do evento. Ao tratarse dun concerto maléfico os grupos tocarán gratis (dende aquí o noso máis sinceiro agradecemento), aínda que, se conseguimos arrecadar unha cantidade superior aos 1000 euros, os artistas poderán receber polo seu traballo algún diñeiro.
A nosas vías de financiamento son dúas: a publicidade e o ?cepillo? que pasaremos ese día.
Podes ingresar o teu donativo no número de conta 2080 0354 26 0040346416 da Asociación Cultural komunikando, en Caixanova, poñendo ?Camiño a Teo? no conceito. Deus cho paghe!
Se tes un negocio e queres inserir publicidade no banner contacta con komunikando.net ou sei o que nos figestes.
O noso agradecemento aos nosos primeiros patrocinadoras/es:
Pub Avante (Cantom de Sam Bieito, 4, Compostela), Dinahosting (Rua das Salvadas, 41, rés-do-chao, Compostela), Café-Bar As Duas (Praça da Oliveira, Compostela), Malas Pécoras (Praça Algália de Baixo, Compostela), Pub O Curruncho (R. Entre-Muros, 12, Compostela), Tarasca (R. Entre-Muros, 13, Compostela),Café-Bar 13 (Rua Santa Clara, 13, Compostela), Café-Bar A Medusa (Praça Salvador Parga, 1, Compostela), O Muíño de Louro (Estrada Geral, Louro), O Dezaseis (Rua de Sam Pedro, 16, Compostela), Cofeepop (Rua de Sam Pedro, 9, Compostela) e Bar Tolo (Fonte de Sam Miguel, 8, Compostela).
Porquê?
Porque queremos exprimir o noso rechazo á visita do Papa e ao esbanxamento de diñeiro público, sobretodo en tempos de crise como os que vivemos, e queremos facelo como as galegas e os galegos mellor sabemos: de entruido (disfarzados de papas, cardeais, bispos, padres, de monxas ou freiras, de acólitos ou coroiñas, et cetera, et cetera), de romaria (atea).
Os grupos Ataque Escampe, Novedades Carminha e O Leo i Arremecághona, xúntanse nun mesmo evento por primeira vez en moito tempo (no Caminho A_teo), e decidiron facer público, para celebralo, un videoclip gravado hai xa case 3 anos co que promocionaban un concerto na Sala Nasa que nunca se chegou a facer.