Na voz de Felicia Insuela, que nos achega o "Alalá" de hoxe, as cantigas soan especiais, case máxicas, porque as aprendeu de súa nai e de súa avoa, xa a principios do século pasado, e acompáñaas cun instrumento moi antigo e curioso: a súa cabaza. Despois dunha vida incriblemente dura, aos 81 anos, a Felicia o que lle gusta é sinxelamente divertirse e afrontar a vida con optimismo, algo que non parece doado despois de perder dez fillos.
Felicia tivo que traballar moito, emigrar á Alemaña e traballar como asistenta en casas ou na hostalería, pero agora aqueles tempos de fame da posguerra pasaron e as necesidades son outras, porque para unha muller activa e leda coma ela é fundamental ter en que empregar o día; así que Felicia vai a clase de pandeireta ou vai onde a súa amiga Orly e botan unhas cantigas xuntas.
As fins de semana non adoita faltar ás festas que organiza a familia, catro fillos e once netos, que a adoran e comparten con ela o amor pola música e as ganas de vivir, unhas xeracións que sempre terán na nai ou na avoa Felicia a referencia dunha persoa loitadora, vital e de gran corazón.
Nin unha soa obxección cabe opor ante o novo disco de unha Mercedes Peón en plenitude, cuxa voz vai gañando en dons, recursos e destrezas.
Xa non se trata só de enerxía, de dinamismo, de fortaleza, senón tamén de momentos íntimos, de lances lúdicos,de emocións melódicas que redondean aquela fórmula máxica que iniciou con "Isué", e que aquí alcanza o seu cume, consistente en propor unha relectura das cancións e os ritmos da música tradicional galega como eixo dunha mensaxe con vocación universal.
"Sós" é un álbum brillante, o máis rico en matices de todos cantos gravou; é primitivo e vangardista, fresco e fondo, é duro e tenro, e moi contemporáneo: unha obra mestra.
Algún día Cristina Pato tiña que dar ese salto cara a adiante para que puidese ser tomada en consideración pola magnífica gaiteira que sempre foi,algo que lle foi negado en diversas instancias debido o seu, para algúns, carácter excesivamente desenfadado e desa extroversión circense que convertía os seus concertos en divertidos, si, pero carentes dun contido cualitativo de altura.
Con"The Galician Connection", no entanto, Cristina demostra que sabe moito máis que xogar coa gaita e que esta é un instrumento que domina ao seu antollo e do que xa podemos asegurar que se converteu nunha virtuosísima intérprete.
Sobran algúns"efectos sónicos" poucos afortunados, pero en xeral o disco é moi intersante.
// S.R.
Faro de Vigo
A Nosa Cinza é o latexo de quen se resiste a morrer, de quen sabe que ainda ten algo que contar e se nega a desaparecer sen compartilo. É unha escolma de vellos temas que nunca foron gravados, ideas e cancións que ate hai ben pouco eran so iso, proxectos esquecidos, e coma non, é tamén unha homenaxe a todo o que tanto nos ten influenciado no persoal e no musical.
Este disco é o noso xeito de dicir adeus a todos e a todas, de dicir grazas a quen tanto apretou pra que a banda volvera. Mais tamén é unha ledicia pra nós e unha excusa pra seguer a face-la música que nos gusta e pra berrar ben alto contra o que non nos gusta".
Participaron na gravación:
Kino: Batería e coros
Dani: Baixo e coros
Michele: Guitarra.
Gontxu: Guitarra e coros
Sime: Voz
A gravación comezou no abril de 2006, continuando no 2009 pra rematar no 2010. Os temas foron gravados nos estudios Sonoroterapia, AreaMaster e Estudios Océnao (Galiza), así coma Studio Apogeo di Siracusa (Italia). "A Nosa Cinza" foi masterizado por Javier Abreu nos Estudios Océano en Xuño de 2010.
O Cd é autoproducido por Keltoi! baixo o ONDC Records (O Noso Día Chegará Rec.). A edición en vinilo é un proxecto de Casual Records (Estado Francés), Anfibio Records (Italia), Zerowork Records e Can I Say Records (Portugal), e La Contra Records (Galiza).
Os temas son:
1. Da mar e dos homes
2. Bos e xenerosos
3. La Unidad
4. Vigo
5. Raiba operaria
6. Unha terra, un pobo, unha fala
7. Contradizzione
8. Xan
9. Argy Bargy
10. 1923
O estilo é bastante semellante ao primeiro disco do grupo "Casco Vello", pero con mellor calidade de son e arranxos. Oi! e Punk-Rock con influenzas de bandas coma Stiff Little Fingers, Cockney Rejects ou Cock Sparrer. E letras que falan da vida da súa xeración, das condicións da clase obreira, á situación da lingua e o país, da cidade de Vigo e o seu equipo de fútbol etc...
Luns 29
? Fred Martins, Pedro Pascual e Ugia Pedreira na Casa das Crechas (Compostela)
Terza feira 30 (Martes)
Corta feira 1 (Mércores)
Quinta feira 2 (Xoves)
Sexta feira 3 (Venres)
? Mini e Mero, Tino Baz, Miro Casabella, García MC no Teatro Principal da Estrada
? Noite de Tasca no Local Social de Cabrui (Mesía)
Sábado 4
? Som do Galpom no Roi Xordo de Allariz
? Keltoi na Sala "El Infierno" de Vigo
? Os Melidaos no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada.
? IV Festival de Música Tradicional no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:00
? Foliada de acordeóns na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)
? Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
Domingo 5
? Machina no Lume e Ferro (Carral)
? Serán en Burgueira (Oia)
? Serán en Couso (Gondomar)
97 anos de loita na defensa cultural e política do noso País:
- Secretario Xeral de Ultreia (1932)
- Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas (1934)
- Membro do Seminario de Estudos Galegos (pechado tras a Guerra civil)
- Fundador da Editorial Galaxia (1950)
- Creador do día das Letras Galegas (1963)
- Creador da Fundación Penzol (1963)
- Presidente da Real Academia Galega (1997-2001)
Sexta feira 26 (Venres)
? Victor Aneiros no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ás 22:00
? Mª Xosé Silvar na sala The Star (Carral)
? Xoán Curiel en Pobra do Caramiñal
? Irtio no Clavicémbalo (Lugo)
? Duplo Son na discoteca Green (A Coruña)
? O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
? Milladoiro en Ourense
? Sondeseu en Pontevedra na Praza de España ás 19:00
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Sábado 27
? XIX Premios IAR de Folclore Galego no teatro Rosalía de Casttro (A Coruña)
? Mamá Cabra no Edificio Multiusos, Monforte (Lugo)
? Foliada de acordeóns na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)
? Capitán Furilo no pub O Muiño (Cervo)
? Snatch no pub Carteles (Ferrol)
? Carlos Nuñez en Ourense
? Leilía en Rois (A Coruña)
? Tiruleque na Repichoca (A Coruña)
? X Encontro de pandeireta (Galiza-Asturies) en Corcubión con Cataruxe e Bouba pandeireteiras
? I Magosto Furtivo no Viso (Redondela) con Peter Punk (malabares), Ce Orquestra Pantasma (home orquestra), Trioliro (regueifeiros) e A Requinta da Laxeira
? Magosto-Serán da Ponte Vella en Reis (Teo)
? Magosto- serán en Saxamonde (Redondela) no Centro Cultural de CHan das Pipas
? Serán da Forna (Budiño-O Porriño)
? Ruada de outono en Cuspedriños (Cotobade)
Domingo 28
? Mamá Cabra no Multiusos da Xunqueira, Redondela (Pontevedra) ás 18:00
? Moxenas Musical Galego ás 18:00 no Auditorio da A.V. de Cabral (Vigo)
27 de novembro
- Magosto-Serán da Ponte Vella en Reis (Teo)
- Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela) no Centro Cultural de CHan das Pipas
- Serán da Forna (Budiño-O Porriño)
- Ruada de outono en Cuspedriños (Cotobade)
4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
5 de decembro
- Serán en Burgueira (Oia)
- Serán en Couso (Gondomar)
11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz
8 de xaneiro
- III Seran de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa
14 de xaneiro
- Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)
29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira
26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
12 de marzo
- Serán de Laxoso
7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
Outro ano máis, os compoñentes da Ponte Vella convidamosvos a que veñades o vindeiro sábado 27 de Novembro a disfrutar dunha noite de troula ata que o corpo aguante. Traede o que queirades: gaitas, tamboriles, bombos, acordeóns, tarrañolas, requintas...Todo o mundo pode tocar e bailar o que queira!
Teremos castañas para todo o mundo, zona amplia de aparcamento ó lado do local, barra...Todo o que fai falla!
PD: comenzará a partires das 20h para todos aqueles nenos que se queiran acercar. Para os que somos xa maiorciños, a carallada empeza as 22h!!
O vindeiro sábado 27 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica xa por décima vez. Celebrarémolo como o merece na fermosa vila de Corcubión (A Coruña), na Fisterra galega.
Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.
Programa.
-20,30h. Recibimento no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, no lugar de Quenxe.
-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (mexillóns ao vapor, empanada, carne ao caldeiro, bo viño da terra, postre, café con ?jotas e muiñeiras?...).
-23,30h. Actuación dos grupos:
-Cantaruxare pandereteros (Uviéu-Asturies).
-Bouba pandereteiras (Tordoia e Ordes-Galiza).
-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).
Ademais, para celebrar como se merece este décimo Encontro, contaremos coa participación sorpresa dunhas convidadas moi especiais... que non volo conten, hai que vivilo!!!
Inscricións.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) antes do día 15 de Novembro ao enderezo electrónico:
xuntanzatranseu@gmail.com.
Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 20 Euros. Socios U.P. Corcubión: 18 Euros.
-Cea máis aloxamento n?As Hortensias: 40 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 5 Euros.
Ingreso na conta 2091-0023-13-3040005106-Caixa Galicia. Especificar ?Encontro? ou ?Alcuentru? e mailo nome do/a pagador/a.
Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.
Máis información no teléfono 657 209 731 (Guillerme).
Organiza: Colectivo Transeu.
Colabora: Universidade Popular de Corcubión.
26, 27 e 28 de novembro de 2010
Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra
Intercambios entre Galicia, Portugal e Brasil e showcases forman a banda sonora do Culturgal
Os novos ritmos brasileiros, un sorprendente fado alegre, tradición e innovación coa gaita, música armenia, pop de autor... son algúns dos sonidos que compoñerán a particular banda sonora da Feira das Industrias Culturais. A música anegará tamén todos os espazos do Culturgal 2010, desde a recámara, ata o patio, o faiado, o cuarto dos nenos e o estudo. Encabezan o cartel musical dúas noites de espectáculo e diálogo intercultural. As propostas Galicia.br e Galicia.pt xuntarán no escenario, dunha banda, na noite do venres, a dous artistas revelación do Brasil, Kiko Kalus e Érika Machado, e a Carlos Blanco e o Sergio Tannus Trio; da outra, na noite do sábado, fundiranse os novos discos de Deolinda e Xosé Manuel Budiño. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Pódense retirar os convites nas billeteiras do Pazo da Cultura, venres e sábado de 11h a 14h e de 17h a 21h.
Ao longo dos tres días da Feira sucederanse tamén actuacións de pequeño formato para a presentación de novas propostas musicais. Polos showcases de Culturgal pasarán Renato Spencer e Café Caxaça, Anxo Lorenzo, Kibitka, Silvia Penide e Uxía coa presentación da nova edición de Cantos na Maré, ademais da escolla particular da recoñecida revista musical Mondo Sonoro e da asociación de bandas de reggae e os sound systems galegos Negus Reggea.
Nesa intensa actividade teñen cabida tamén as propostas máis recentes que exploran as sonoridades acordes ás orellas dos máis pequenos. Para público infantil e xuvenil tocarán Mamá Cabra, que presenta o seu úlitmo disco Ola, ola, la!; Pablo Díaz, co seu espectáculo Tic tac; e Pesdelán, que chega co seu novo traballo Na punta do pé. Ademais, o Laboratorio de Sons da Aula Folque Infantil de aCentral Folque, traslada por un día a súa actividade ao Culturgal.
A programación musical do Faiado, o espazo comisariado polo xornalista Iago Martínez, centrarase na autoedición e na historia do rexitro sonoro. A asociación SINSALaudio encargarase dunha audioconferencia baixo o título Érase unha vez un suco e presentará o seu novo selo SOSOaudio. Diversos músicos de grupos galegos como 6pm e Niño y Pistola impartirán o obradoiro O estudio na túa casa e intervirán nun coloquio sobre autoedición. E Emilio José dará un concerto o venres.
Na sesión de debate profesional, o sector da música analizará a súa forza como fonte de recuperación económica, dentro do foro As industrias culturais de Galicia e do norte de Portugal en tempos de crise. Retos, recursos e modelos de éxito, organizado conxuntamente pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués e a Asociación Culturgal, baixo o programa Creativa.
Ademais, o Coro da rá e o Quinteto de Metais CMUS Manuel Quiroga movilizarán aos viandantes cara ao Pazo da Cultura con actuacións nas prazas da Verdura e da Ferrería.
Renato Spencer e Café Caxaça presentan, por primeira vez e en directo, o seu novo traballo discográfico que leva por título ?Peneirando?. Será durante a próxima fin de semana coa presenza do músico de orixe brasileiro e a súa banda na cidade de Pontevedra, onde ofrecerá un concerto enmarcado nas actividades da Feira das Industrias Culturais ?Culturgal? o venres 26 ás 18:30 h. Xa o sábado, Renato viaxa ata Vigo para presentar o seu traballo no Auditorio Municipal ás 20:30 h.
?Peneirando? é o resultado de cinco anos de convivencia entre Renato e músicos de diversas orixes tanto xeográficas como musicais que residen en Galicia. Rumba e forró, tamboril e zabumba, muiñeira e afoxé, gaita e cavaquiño mestúranse de forma natural no disco con ritmos e sons, tanto de composición propia, como versións de músicas populares brasileiras e galegas.
Poñémonos de novo en contacto convosco para informarvos de que este sábado 27 de Novembro do 2010 ás 19:30 h. terá lugar no Teatro Rosalía Castro o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XIX edición. O faio do xurado este ano recaeu en XAVIER BLANCO.
Queremos animarvos a coñecer o Premio IAR de Folclore Galego, que levamos realizando dende hai 19 anos. Agora ben, teñas ou non algún tipo de vinculación co folclore galego, ¡ANÍMATE! ou ¡ANIMA!, a participar como público, recollendo as localidades na A.VV. arriba indicada, este xoves 25 de Novembro de 20-22 h. Tamén as podedes reservar por teléfono (981133646), ou correo electrónico (abaixo indicado), e recollelas na propia taquilla ao voso nome. Lembramos que se agasallan dúas localidades por Asociación ou Grupo Tradicional.
A XUNTA DE GALICIA NEGOULLE O APOIO ECONÓMICO Á ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS PARA A CELEBRACIÓN DO CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL, QUE SE VIÑA REALIZANDO DURANTE OS ÚLTIMOS ANOS
O CONGRESO, ABORTADO POLA XUNTA, ESTABA ADICADO MONOGRÁFICAMENTE Ó ANO SANTO COMPOSTELANO E AO CAMIÑO XACOBEO NA SÚA RELACIÓN COA HISTORIA DA MÚSICA GALEGA.
A AGG, que organizou entre os anos 2006 e 2009 catro edicións do congreso no que participaron máis de 1000 docentes, vese obrigada a suspender a V edición por falta de apoio económico.
Lugo, 24 de novembro de 2010. A Asociación de Gaiteiros Galegos, vese obrigada a suspender a V edición do Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de apoio económico. Logo de que a xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reunións con altos cargos do actual goberno galego e co propio conselleiro de cultura, e vendo a total falta de apoio pola súa parte, esta entidade vese obrigada a suspender a que sería a V edición do Congreso, que tiña previsto celebrarse os días 3,4 e 5 de Decembro en Santiago de Compostela. A Asociación de Gaiteiros Galegos porase en contacto cos seus asociad@s e cos participantes nas anteriores edicións do congreso para comunicarlles que ?debido a falta de apoio institucional por parte da Xunta de Galicia este ano non se poderá celebrar a V edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional?.
As distintas edicións do Congreso de ensinantes de música tradicional, que reuniron nas cidades de Santiago e Lugo a preto de 1000 congresistas, convertéronse nun referente único en toda Galiza e no estado. Nas catro edicións celebradas poideronse escoitar relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos, ou comunicacións, obradoiros prácticos e mesas redondas onde se debateron temas relacionados coa música tradicional. En todas as edicións se completou o aforo de prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que xurdiron das distintas exposicións, que deron a posibilidade a todos os asistentes de acceder aos recursos e coñecementos necesarios para cumprir coa súa función docente ou divulgadora no marco do sistema educativo galego.
Curso: Danzas de Reis. Javier Feijoó
Dias 3 e 10 de decembro de 2010
De 17h a 20h (6h en total)
18 prazas
Salón de Actos da e-Trad
Teórico ? práctico
Último día de matriculación o 26 de novembro do 2010 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)
Curso adicado a calquera persoa que desexe coñecer esta expresión da cultura tradicional galega, vencellada á celebración das festas patronais das parroquias galegas na honra a Santos, aínda que cunha orixe anterior á cristianización. Centrarémonos nas Danzas de Paos de Río Frío (Mondariz)
Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h
Non caben máis pandeireteas na vila de San Marcos. Se tiñan pensado acodir ao 10º Alcuentro de pandereitas galego asturiano, xa poden ir olvidándose. As prazas están agotadas. Máis de 120 persoas xa están apuntadas á cea de confraterinación polo que o concerto final, que a priori ía ser aberto, é moi probable que peche as portas.
Esta repercusión dá boa conta do emotivo da Xuntanza, que organiza a asociación TransEu, que nacía hia 5 anos á beira do río Eo coa intenciíon de achegar as culturas tradicionais galegas e asturiana.
Dinamizando a bisbarra
Detrás da organización está a asociación Universidade Popular de Corcubión e o seu mestre de pandeireta, que non é outro que Guillerme Igancio Costa, coñecido fundador da mítica banda galega Quempallou. Guillerme, natural do Morrazo, atópase este curso de mestre no CEIP Praia de Quenxe, ata onde levou xa a primeira revolta: a revolución do peón polo San Martiño. Haberá que seguilo de preto a ver que máis liortas artella na bisbarra.
Rosa Cedrón e Cristina Pato son agora Soas, un proxecto que vén de publicar o seu primeiro traballo, ?Muller?, composto por 14 temas extraídos de entre os clásicos populares en galego nunha versión máis académica.
?Muller? de Soas, é un disco feito ao revés. ?Primeiro estivemos facendo unha xira xuntas durante dous anos e logo decidimos publicar unha escolma dos temas que interpretabamos?, conta Cristina Pato (Ourense, 1980). ?E agora toca volver poñerse en xira para dar a coñecer o disco?, engade sorrindo Rosa Cedrón (Monforte, 1972). Soas presenta hoxe mércores o seu disco no CGAC de Santiago e alí interpretarán parte do seu repertorio. O mesmo farán o xoves, 25 de novembro, na tenda de música O pazo das musas, tamén en Compostela.
Para as artistas, o desafío principal do proxecto de Soas era aproximar dous mundos nos que se senten cómodas como músicas. ?As dúas temos formación clásica, académica pero as nosas vidas profesionais xiraron sempre arredor da música popular?, explica Pato. ?Queriamos encontrar un punto en común, un estilo propio e unha nova dimensión para cancións sobradamente coñecidas polo público?. Para Rosa Cedrón, esta vía foi unha oportunidade persoal. ?Recuperei o contacto coa música clásica sen perder de vista a música tradicional, á que estou tan apegada. Foi como unha oportunidade perfecta?.
O disco, en palabras de Pato e Cedrón, ten tres partes ben diferenciadas. Unha orquestral, na que destacan os arranxos de Octavio Vázquez. ?Fixo un grande esforzo por renovar os sons tradicionais sen danalos, dándolles unha nova dimensión?, comenta Cristina Pato. A outra, íntima, na que conviven voz e piano, e unha final, que combina os outros dous estilos.
Sorpresa e satisfacción do público
Contan Rosa Cedrón e Cristina Pato que o máis simpático da xira de Soas foi a relación entre as expectativas do seu público e o resultado final. ?En moitos lugares colocaban os nosos nomes xuntos pero case dando a entender que fariamos concertos separados?, recorda Cedrón. ?Alí ían os meus seguidores e os de Cristina, esperando que ela tocase a gaita e que eu cantase como de costume e de repente víannos con outra posta en escena, cun piano e cun estilo completamente diferente. Afortunadamente, a sorpresa duraba uns minutos. Ao final a conexión entre nós e a xente foi total?. Engade Pato. ?É o grande da música popular, que nace do pobo, transfórmase na voz e os instrumentos de cada artista e volve ao pobo, que a agradece e a recoñece. Esa comuñón foi total e moi emotiva en Carballo ou A Laracha, por exemplo?.
País de trobadores
Os temas de Muller proceden de poemas compostos por escritores galegos. As palabras de Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro ou Yolanda Castaño. ?Do total de temas que interpretabamos nos concertos, ao final a escolla de 14 cancións tivo moito a ver coa poesía?, explica Pato. ?Decatámonos de que funcionaban mellor as palabras creadas por un escritor e que se fixeran populares decontado. Hai que lembrar que os poemas de Curros, dez anos despois de seren escritos, xa se coñecían de memoria en todas as aldeas de Galiza?. ?Hoxe en día, quizais hai menos comunicación entre poetas e músicos?, completa Cedrón. ?Por iso quixemos incluír a Yolanda Castaño entre as autoras escollidas?. Ambas as artistas recoñecen que sería estupendo encontrar un punto de confianza entre músicos e escritores para devolverlle á poesía galega aquela fasquía popular que provén xa do tempo dos trobadores. ?Nós estamos dispostas?.
Dúas artistas que non paran
Soas é un proxecto poderoso pero non conseguiu que Rosa Cedrón e Cristina Pato abandonasen as súas carreiras en solitario. A monfortina anuncia que lle rebole na cabeza un ambicioso proxecto. ?Non adianto nada que logo entra unha raiola de sol pola fiestra e son quen de cambialo todo?, di sorrindo.
A ourensá, que vive en Nova York, onde dá clases na universidade, ten unha axenda nutrida. Antes do verán percorrerá a India e as principais cidades dos EE UU coa súa banda norteamericana, onde toca a gaita a ritmo de jazz. ?O meu gran soño sería levar a América este Muller?.
Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal.
Presentación do disco
Culturgal
Domingo 28 de novembro de 2010 ás 17h,
Cuarto dos Nenos, Pazo da Cultura de Pontevedra
SÓS? sairá á venda o 30 de novembro. É o cuarto disco de Mercedes Peón, un traballo intenso sonoramente con mensaxes poderosas e crítica social engarzadas nun pensamento construtivo. Unha búsqueda persoal da artista que resulta universal neste mundo, segundo ela, cada vez menos ecolóxico, non no sentido medioambiental estrito, senón referido á actual ?perda de equilibrio nos valores?
Mercedes Peón. Galega coñecida en boa parte do mundo, quita novo disco, ?...---... SÓS?. Música que xorde das súas emocións, sentimentos e reivindicacións. Música sofisticada, novamente, que sorprende e impacta ó mesturarase gaita eléctrica con punteiro marroquí, pandeira bérber e galega, crótalos subsharianos, lata de pementón e un feixe de instrumentos que dan como resultado un son con maiúsculas redondeado coa voz prodixiosa desta artista. Inigualable como todos os seus anteriores traballos, exótico, da terra universal. "Implicadas coa natureza/Implicadas na pobreza/Implicadas polos mundo/Implicadas coa súa terra/A esperanza ten a faciana de muller/A esperanza ten a faciana de muller". É parte da letra do tema ?Derorán?, o primeiro single do disco que xa se pode escoitar na rede como adianto ó CD completo.
?SÓS?. Unha chamada de auxilio. É necesaria, neste mundo no que andamos...
O título principal é ??---??, pertence a unha linguaxe sonora, universal e mecanizada (código morse). Paralelamente titúlase sós, de estar só ( individualmente falando). Tamén se titula en arxentino ou uruguaio "sodes" (sós). Hai unha palabra en galego que viría moi a conto que é valédeme?valede?me. Representa moi ben o que está no interior, un mundo sonoro de capas, interactuando no mesmo instante e con lecturas distintas.
Supoño que levarás moito tempo traballando neste disco. Como foi o proceso? Penso que será o resultado de todo o que viviches nestas últimas épocas por todo o mundo... Todas son letras túas...
O disco levoume dous anos e medio. Mentres e paralelamente, fixen a banda sonora da longa metraxe documental Liste, pronunciado Lister de Margarita ledo, ou a composición e espazo sonoro para danza " concerto desconcerto". Por suposto sempre que remataba algo volvía ao rego e concentrabame neste disco. Estiven xirando co Kisco das almas perdidas do centro coreográfico galego con 35 actuacións e paralelamente xirando coa miña banda. Ao ano seguinte xiraba coa "performance" e coa banda a un mesmo tempo. Creo que en xeral dou feito porque a composición forma parte da miña forma de vida. Chego a casa, penso no que me aconteceu en Rabat, comezo a reflexionar nunha idea, nun concepto, sempre tentando algo en máis dun senso, capas?outra vez capas con imaxes dentro da miña cabeza, acendo o ordenador e comezo a gravar. Así tema a tema. Tomando distancia, deixándome levar nun proceso de singularidades, e ao remate, na concepción dun todo maior, que as súas partes que o conforman.
En ?SÓS?, as mulleres volven ter un protagonismo importante. Por exemplo en ?Elas?, ou en ?Derodán?. Quédanos moito por loitar? Considéraste unha icona do feminismo?
Non teño ningunha sensación de protagonista no mundo do feminismo, nin en ningún outro. Se ocorrera algo así estou certa de que me ía plantexar por que acontecería tal cousa. Hai moitas mulleres e homes que tomamos conciencia de que o mundo vai por uns derroteiros moi pouco ecolóxicos. Digo ecolóxicos pola falta de equilibrio nos valores. De feito hai máis temas que afondan nesa perda poñendo de manifesto clichés que non deixan demasiado espazo para tantas formas e realidades distintas e, que ao final, oprimen, despistan e frustran. En clave de humor, con forza, docemente, directa, dando lugar a que a xente diga o que quera, espazos abertos á liberdade de expresión.
Un disco no que tamén se fala dos conflitos que sofren moitos pobos do mundo. O Sáhara, Brasil... Conflitos diferentes, distantes, pero igual non tan distintos...
Creo que non falo de conflitos. Son intuicións vividas en momentos máxicos. Se hai conflitos, que creo que non, son emocións contrapostas que me pudieron provocar situacións determinadas, como por exemplo Sao Paulo. É coma un país cidade, chea de ruído, chea de helicópteros, de oferta cultural. Paseeime pola cidade antes de actuar na Bienal de Sao Paulo. Gravadora en man, fun amplificando todos os sons que estaban ao meu redor. Houbo xente que se achegou espontáneamente a falarme, houbo xente que estaba a facer os seus actos preformativos na rúa. Eu deixei espazo a casualidade, traballei como unha obra Electroacústica, sentindo, outra vez, capas sonoras e visualizando cos sons esa viaxe emotiva e sorprendente. De feito non houbo conflito, só me provoco gañas de expandirme nese lugar.
Que che parece o que está a pasar co pobo saharauí?
O pobo saharauí hai decadas que pon en evidencia que non se pode ser nómade neste grande mundo contemporáneo. Lamento enormemente que non poidan acceder os xornalistas para informar e tamén lamento que na maioría das ocasións non nos informen fehacentemente ou sen prexuízos, ou dirixidos polos medios nos que traballan. Lamento que o Tibet sexa uns dos cemiterios nucleares da China?. etc. Como opinar en verdadeiros conflitos onde hai tanto en xogo. Os valores dos que falabamos anteriormente, mellor dito, a falta de equilibrio entre eles é o que nos leva a estas situacións esperpénticas. Temos que cambiar todos en conxunto, tomar conciencia e procurar que os cambios sexan insensibles para que as reaccións sexan o menos agresivas posibles.
Un disco fortemente moderno, que mestura elctrónica e acústica e todo tipo de sons, pero no que a tradición galega tamén ten sitio, como en ?Falar millor?, "se non temos sachos, levámolos nós...". O galego casa coa multiculturalidade...
Eu estou impregnada de todos nós. Creo que iso é o que fai que unha compositora contemporánea teña unha pegada tan identificable como singular. É curiosa a relación que facemos, música internacional pola súa calidade, iso quero pensar, e pola súa singularidade, que diso si que estou totalmente certa.
Este disco dá un paso máis no teu sempre gusto pola mestura e polo exótico. Que diferenzas dirías que se pode atopar o público con respecto ós anteriores?
Tes razón que o distinto me gusta, resúltame máis enriquecedor. De aí os títulos dos meus discos. Son títulos que xurdiros da diferenza que había coa miña fala mariñana. Iso é ..Isué, aturuxo?Ajrú, si ho? Sihá. Atopei unha inmensa beleza no que me rodeaba e no singular. Son títulos complexos no seu concepto, tras eles hai moita reflexión e creación.
Este disco ?---?, é o máis conceptual dos catro. Está tratada a produción cun mimo absoluto. A mestura foi marabillosa, tanto no tempo dedicado como na compaña de José Puga, técnico de son. Hai unha evolución reafirmada no xeito de tratar o acústico como se fora electrónico e o electrónico achegado cara ao acústico. As recorrentes capas das que che falaba, son as que lle dan un selo clarísimo de como producín este disco que creo innovador e único nun contexto internacional.
A túa é unha música arriscada? Que pretendes con ela?
Non a vivo arriscada. Pretendo expandirme, ser sincera, conseguir o meu trance de cada vez que me subo ao escenario repetila?e claro está? vivir dela.
Hoxe a túa proxección musical case mira máis cara a fóra que cara a Galicia? Por que?
Nun momento da miña vida decidín parar de dar clases e de traballar na tv para facer Isué. Este disco foi premiado internacionalmente sen pertencer a unha multinacional, sen cartos de promoción, e por suposto sen influencias da nosa ben querida TVG. A partir de aí cheguei a facer máis de 300 festivais internacionais. Disco tras disco, seguiu a proxección internacional.
Hoxe en día hai un público, local, nacional e internacional que quere saber que estou facendo, con intriga e gusto polas miñas elucubracións musicais.
SÓS presentarase nunha chea de países. Como te acollen polo mundo? Mellor que na terra?
Síntome ben acollida e concretamente en Galicia me sinto ben acollida e comprendida, que iso é moito máis difícil que aconteza no exterior, onde se me pode psicoanalizar musicalmente falando, ou como artista, pero non teñen os meus referentes nin entenden os chiscos que fago para todos nós.
Como foi o Womex? Teño entendido que deixaches impresionados ós presentes...
Exectacular?
O disco está autoproducido por Mercedes Peón? Como é isto?
A creación dun disco consta de composición arranxo é produción. Esta parte require unha visión global de como ten que soar. No meu caso é case que indivisible. Non concibo a creación sen produción, van da man. Iso dálle un carácter, e fai do disco unha proposta singular dentro da concepción sonora final.
A produción executiva está asumida polo selo Boa, que apostou por este traballo con mimo e alta profesionalidade. Volcados no eido internacional sen descoidar o nacional.
A crise está afectando ó mundo discográfico tamén. É mellor que che merquen o teu disco ou que te coñezan e te escoiten sexa como sexa?
O sexa como sexa non entra nos meus parámetros persoais nin profesionais. Eu recomendo as persoas que empezan que fagan un traballo de calidade, e despois que busquen os mecanismos que lles fagan proxectarse con coherencia dentro dos marcos que vexan que poden entra coa súa música ou espectáculo. Estou convencida que se tes algo bo que ofrecer tarde ou cedo acontecerán oportunidades.
MOI PERSOAL
Mercedes Peón (A Coruña, 1967), é probablemente a compositora galega con máis proxección internacional. Despois de profundizar na tradición deste país durante máis de 15 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum, ?Isué?. O segundo veu no 2003, ?Ajrú?; e o terceiro no 2007, ?Sihá?. Con eles conseguiu premios en todo o mundo tan relevantes como o que outorga a World Music Forum ou a revista ?FolkWordlk?. Foi nomeada tamén nos BBC Awards, Premios Nacionais de Cultura Galega do Ano, etc. Ademais, este ano foi escollida polo comité de Womex, realizando unha exitosa exhibición para a prensa e delegados internacionais en Copenaguen o pasado outubro. Os próximos dous anos estará de xira mundial con ?SÓS?
A mellor música escocesa chegará esta semana a Galicia. Alasdair Fraser, o máis recoñecido violinista de Escocia e unha referencia do folk celta, presenta o seu dúo coa violonchelista Natalie Haas, coa que vén de publicar o disco In the Moment. O dúo actúa o martes 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo, e o mércores 24 tamén ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Narón.
Alasdair Fraser e Natalie Haas presentan unha proposta de música celta en diálogos virtuosos e delicados entre violín e violonchelo. Desde o ano 2007 comparten escenarios en xiras por Europa e América. Xuntos son capaces de explorar ao mesmo tempo o son máis tradicional e os novos camiños da fusión entre os seus instrumentos, nunha proposta absolutamente exquisita. ?O violonchelo foi sempre o corazón rítmico da música popular escocesa?, di Fraser, ?e Natalie Haas é a compañeira perfecta: complementámonos, mergullámonos no territorio do outro, sentimos e vibramos xuntos. Liberamos o cello da súa atadura orquestral, para deixar que o seu ritmo se exprese xunto á melodía do violín?.
O concerto de Vigo está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo. As entradas custan 10 euros, e poden adquirirse por adiantado en www.laboleteria.es ou o mesmo día no Auditorio, unha hora antes do comezo do concerto.
O concerto de Narón conta coa colaboración do Concello de Narón. As entradas custan 15 euros e póñense á venda no despacho de billetes do Auditirio desde unha hora antes. Poden reservarse entradas chamando ao 981 102 897, de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 h.
Finalistas dos Grammy e gañadores dunha ducia de garladóns, Berrogüetto é unha das bandas do país con máis éxito internacional. Porén, non logran actuar en Galicia tan a miúdo como lle gustaría aos seus seareiros. Este sábado estiveron en Santiago para grabar un DVD. Unha actuación histórica que recolle en primicia a cámara de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Vídeo no interior con declaracións en exclusiva dos músicos nos camerinos.
Kosmogonías, o último traballo editado polo grupo Berrogüetto foi presentado no Auditorio de Galicia coa resposta favorable dun público que case encheu o aforo e que aprobou o novo son da banda con Xabier Díaz encargado de poñer a voz.
O disco contén un cd con once pezas cunha letra de Manolo Rivas e un dvd no que traballaron man a man coa videocreadora Olaia Sendón. Rosa Aneiros colabora aportando un texto descriptivo do conxunto.
A banda tocou en Compostela, a cidade que os viu debutar oficialmente no festival Cidade Vella hai 15 anos. O sábado amosáronse fortes e seguros do que fan, logo de presentar por todo o mundo este disco editado neste 2010. Kosmogonías mostra a súa nova faciana logo de abandonar Guadi Galego a formación.
A BSO de The Way, creada por Tyler Bates, responsable, entre outras, da música de 300 e protagonizada por Martin Sheen, inclúe as cancións de Berrogüetto Nadal de Luintra e Fusco, as únicas achegas nacionais a un filme no que tamén participan artistas do talle de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.
Apoio do conselleiro de Cultura
Berrogüetto é un grupo consolidado e que entra nos circuitos internacionais cada ano.
Coa chegada da nova voz, aseguran sentirse coa mesma ilusión e gañas dos seus inicios e así o demostraron neste recital ao que non faltaron innumeraveis persoas relacionadas coa cultura galega, e mesmo o propio conselleiro de cultura da Xunta no medio dun amplo despliegue técnico da TVG que grabou o concerto íntegro e que posiblemente sea editado en formato DVD.
O PRIMEIRO GRUPO GALEGO PREFABRICADO ESTRéASE NO PROGRAMA BOCABERTA
O proxecto de Ouvirmos e Control Z, o grupo Azou, é xa unha realidade. Unha serie de cástings seleccionaron os compoñentes do que é o primeiro grupo galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial. Con algunhas modificacións, o proxecto iniciou a súa xira o día 19 no Grove, no seo do programa Bocaberta de dinamización lingüística. Actuacións en directo con cancións e coreografías, acompañados dun obradoiro de hip hop compoñen as citas. José Manuel Aldea, de Ouvirmos, explícanos como se concretou o proxecto.
Este mes tamén pasarán polo Teatro Laura Olmo de O Barco de Valdeorras (26/11), a Casa da Cultura de Ordes (27/11), o Centro Artístico Sportivo de Ponteareas (28/11) e, xa en xaneiro, será a quenda dos auditorios de Rianxo (21/01), Cangas (22/01), Oleiros (23/01), Vilalba (28/01) e Ribadeo (29/01).
A música tradicional galega vive hoxe un momento moi interesante. Os grupos veteranos, en moitas ocasións con máis de 20 anos de existencia, están frescos. Os máis novos saben gardar a esencia sen renunciar a ningún experimento que os achegue aos gustos do século XXI.
Non é doado analizar a situación da música folk galega na actualidade pero, para comezar esta serie de colaboracións con A Nosa Terra, penso que o mellor é que poidades coñecer cal é o meu punto de vista no asunto.
Temos a sorte de estar a vivir un renacer da música galega, e xa non pola forma senón polo fondo. Se ben é certo que cada día pode ser máis sinxelo publicar un disco, estamos logrando para a música tradicional un respecto absolutamente necesario para apoiar unha das formas de cultura máis desprestixiadas no noso país. Isto tamén daría para falar noutro intre porque o tema pode ser longo.
Pouco e pouco, tanto co empeño persoal como a partir de axudas de distintas institucións, o número de espazos onde poder amosar o que fas é maior. Isto podémolo comprobar sobre todo no verán se collemos unha axenda de concertos e analizamos que a gran maioría de localidades teñen un festival folk, non coa mesma dimensión que ten o festival do Mundo Celta de Ortigueira ?que tanto está a perder en calidade de asistentes? pero si cunha plataforma de apoio á nosa música de raiz.
É certo que as institucións poden chegar a patrocinar festivais pero tamén fan por desprestixiar a nosa música como a que máis, xa que debemos recordar que formacións como a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense non teñen nada que ver co noso e se están aí é polas públicas.
A saúde dos grupos
A calidade dos grupos cada vez é maior, e mentres Berrogüetto segue facendo un folk sensíbel que o converte no mellor grupo de música folk galega e que por certo ven de gravar o seu primeiro DVD o pasado sábado no Auditorio de Galicia de Compostela, Luar na Lubre está a explotar a súa fórmula de seguir cos clásicos, cun público que non lle falla e sacando novos discos case que cada ano. Agora tamén toca falar de Fía na Roca, outro dos grupos con máis traxectoria de Galicia, que dará por rematado o seu ciclo no mes de Xaneiro, no que se despedirán no ?Celtic Connections? de Glasgow após máis de vinte anos dándolle outro enfoque ao folk galego.
Por suposto, non podemos lembrar os grupos veteranos que fixeron posíbel todo isto sen falar de Milladoiro, que tamén seguen a actuar cunha forza que fai dubidar que leven máis de 30 anos nos escenarios. O pasado ano voltaron Fuxan os Ventos cunha nova proposta arrasou alá por onde foi.
Falando do tradicional, non podemos esquecer o renacer de Noitarega coa publicación do seu traballo ?XXI? e tamén de grandes formacións como Os Terribles de Donas que non fan máis que acadar prestixio para o noso.
Unha nova corrente de grupos está a consolidarse, e está pisando con forza, tamén no estranxeiro. Grupos creados por xente nova, como é o caso de Bellón & Maceiras Quinteto, transmítenlle un novo aire a esta música, incorporando novas formacións e instrumentos que fusionan jazz, swing, tango, blues... e todo cun toque galego. Tamén están a dignificar a tradición grupos cun estilo de murga tradicional cun chisco contemporáneo, caso de Linho do Cuco, ou descubrindo até onde pode chegar o folk, con propostas como Marful.
A saúde desta nosa música é moi boa, así que a ver se a coidamos porque, como ben dixo Carlos Núñez no seu concerto en Santiago en setembro deste ano, os políticos van pasando, as xentes van pasando, pero a música sempre quedará.
Terza feira 23 (Martes)
? Alasdair Fraser e Natalie Haas no Auditorio Municipal de Vigo
Corta feira 24 (Mércores)
? Pel de noz no Ultramarinos (Compostela)
? Alasdair Fraser e Natalie Haas no Auditorio Municipal de Narón
Quinta feira 25 (Xoves)
Sexta feira 26 (Venres)
? Victor Aneiros no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ás 22:00
? Mª Xosé Silvar na sala The Star (Carral)
? Xoán Curiel en Pobra do Caramiñal
? Irtio no Clavicémbalo (Lugo)
? Duplo Son na discoteca Green (A Coruña)
? O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
? Milladoiro en Ourense
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 27
? XIX Premios IAR de Folclore Galego no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Mamá Cabra no Edificio Multiusos, Monforte (Lugo)
? Foliada de acordeóns na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)
? Capitán Furilo no pub O Muiño (Cervo)
? Snatch no pub Carteles (Ferrol)
? Carlos Nuñez en Ourense
? Leilía en Rois (A Coruña)
? Tiruleque na Repichoca (A Coruña)
? X Encontro de pandeireta (Galiza-Asturies) en Corcubión con Cantaruxare e Bouba pandeireteiras
? I Magosto Furtivo no Viso (Redondela) con Peter Punk (malabares), Ce Orquestra Pantasma (home orquestra), Trioliro (regueifeiros) e A Requinta da Laxeira
? Magosto-Serán da Ponte Vella en Reis (Teo)
? Magosto- serán en Saxamonde (Redondela) no Centro Cultural de CHan das Pipas
? Serán da Forna (Budiño-O Porriño)
? Ruada de outono en Cuspedriños (Cotobade)
Domingo 28
? Mamá Cabra no Multiusos da Xunqueira, Redondela (Pontevedra) ás 18:00
Sexta feira 19 (Venres)
? Xoán Curiel en Carballo
? Abóbriga e Grialia na Guayra (Vigo) ás 21:00
? BellónMaceiras Quinteto no Liceum (O Porriño)
? Snatch en Nerio (Cee)
? Ergom na sala Baranda ( O Barco de Valdeorras)
? Sonoro Maxín na sala Catro Camiños (A Rúa)
? Foliada aniversario de Chinguilipé en Rial (Moraña)
? Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela)
Sábado 20
? Homenaxe ao gaiteiro Manuel Castro `O Freixo´ no cine Alovi (As Pontes)
? Foliada de acordeóns na Tabera Rianxeira (Matamá-Vigo)
? Sonoro Maxín en ExpoOurense ás 18:00
? Snatch no Saloon (Ponte do porto-A Coruña)
? Mamá Cabra no Coliseo Noela, Noia (A Coruña)
? BellónMaceiras Quinteto no FNAC (A Coruña) ás 19:30
? Projecto Trepia no Liceum (O Porriño)
? Coanhadeira en Canido (Ferrol)
? Skarallaos en Ponteceso
? Esquíos na Esmorga (Ourense)
? Som do Galpóm no Pub Trocolo (Noia)
? II Festival A Rebusca en Manzaneda (Ourense): Os Tres Trebóns e Os Homes sem Medo, Cuchufellos, Melech Mechaya, Farra Fanfarra, Humanity, Ce Orquestra Pantasma
? Serán de Loimil (A Estrada) na antiga escola da parroquia
? I Ruada de Outono de Beariz (Ourense)
? II Serán dos Cogumelos (Entenza-Salceda de Caselas)
Domingo 21
? II Encontro de grupos tradicionais do Porriño na Praza do Concello ás 11:30
? II Xuntanza de Músicos ao Vivo na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 12:00
? Carlos Blanco e Manecas Costa no Auditorio Municipal de Cedeira (A Coruña) ás 18:30
? Balakandra en Valdoviño
? Homenaxe ao Gaiteiro (Vigo) ás 18:00 no C.C. Caixanova
? Homenaxe aos gaiteiros de Cabana de Bergantiños ás 18:00
? Pablo Díaz en Cabana de Bergantiños (A Coruña) ás 18:00
20 de novembro
- Serán de Loimil (A Estrada) na antiga escola da parroquia
- I Ruada de Outono de Beariz (Ourense)
- II Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
27 de novembro
- Serán da Forna (Budiño-O Porriño)
4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz
29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira
26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
12 de marzo
- Serán de Laxoso
7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
Loimil acolle este sábado un festival con case 300 cantareiras e gaiteiros, con comida popular
A parroquia estradense de Loimil conta cun dos grupos de cantareiras máis prestixiosos da zona, Ruadeira, dirixido polo silledense José Codesido Pallares. Os seus integrantes, a asociación de Mulleres Rurais da parroquia e o propio director do grupo tiñan ganas de organizar un gran encontro de cantareiras de toda Galicia e gaiteiros na propia Loimil, en forma de festa popular para recuperar a vella tradición dos seran , ou ruadas, moi típicas a principios do século pasado pero case perdidas a partir da Guerra Civil.
Os esforzos, contactos, negociacións e o propio coñecemento que posúe José Codesido sobre moitos dos grupos de cantareiras de toda Galicia acabaron frutificando, e xa para mañá, sábado, anúnciase a celebración da primeira edición dunha festa popular de música tradicional na que se espera contar con máis dunha vintena de grupos de cantareiras e de gaiteiros. E ata poderían superar as dúas ducias, segundo explican os seus organizadores.
Cinco autobuses
A festa popular iniciarase este sábado a partir das dez da noite, nunha gran carpa pechada e con canóns de calor situada xunto á vella escola da parroquia.
Ata cinco autobuses sairán ese día de distintos puntos de Galicia, como Pazos de Borbén, Avión ou Mazaricos, para trasladar a Loimil a uns 300 integrantes dos grupos que participarán. Pero tamén chegarán máis dun centenar de acompañantes, e na zona de Loimil e contorna poderían mobilizarse tamén algo máis de cen persoas para asistir a este evento, e festa, que inclúe unha comida popular, cea, na que non faltarán -sempre gratis- os callos, carne asada, petiscos, castañas e chocolate.
O grupo Ruadeira realizou nos últimos tempos diversas saídas para participar en festexos con presenza de cantareiras ou intentos de recuperar seranos. Mañá toca a devolución de visita.
O colectivo Mulleres Rurais ten aberta xestións na Deputación para que o ente provincial achegue algunha axuda económica para cubrir parte dos gastos.