Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a semana
Segunda feira 30 (luns)
• Milladoiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo)

Terza feira 1 (Martes)

Corta feira 2 (Mércores)
• Miro Casabella no Museo Provincial de Lugo ás 19:00
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 3 (Xoves)
• The Homens no Museo Provincial de Lugo ás 19:00
• Final do concurso GZCrea2009 na sala Capitol (Compostela): Sínefres, Hugo Torreiro, Chotokoeu, Beatus Ille, Perpetradores de Actos e Duplo Son
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
• Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 4 (Venres)
• Xose Manuel Budiño na Porta do Sol de Vigo ás 20:00
• Berroguetto na sala La Vaca de Ponferrada (O Bierzo)
• XXVII Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña)

Sábado 5
• Festival 70 anos de Os Alegres no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:00: Os Alegres, Picuiña, Os do Luns, Os Abrentes, Foula, Os Terribles, Os Chichisos, Os Murgueiros, Val de Maía,...
• A Banda Balbina no Auriense (Ourense)
• A Tuna Rastafari no Roi Xordo (Allariz)
• SkandaloGZ, Skakeo e Mencer Vermello no Farándula (Churruca-Vigo)
• Machina no Artabria (Ferrol)
• Xose Manuel Budiño no Auditorio de Ribadumia
• Repichoca no Mesón de Tony (Neda)
• Serán de Couso (Gondomar)
• Serán de Val-Sobral (Soutomaior)

Domingo 6
• Manifestación e Festival Causa Galiza (Compostela): Mini e Mero, Ultraquans, Homes sen medo, O leo e Arremecaghona,...
• Machina na sala The Star (Carral)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Músicas Galegas de actualidade (Lugo)
MÚSICAS GALEGAS DE ACTUALIDADE

30 de novembro e 1, 2, 3 e 4 de decmbro

Despois de realizar o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, dende a AS-PG e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo consideramos de grande interese seguir afondando no mundo da música galega e para iso organizamos este ciclo de conferencias e concertos, neste caso centrándonos nas músicas galegas de actualidade.

Día 30 de novembro: Rosa María Fernández, Tradición e vangarda desde os mestres Bal y Gay e Ángel Barja: a música esquecida.

Rosa María Fernández García é asesora de música da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Está especializada na música do século XX e é autora de numerosas publicacións

Actuación do Cuarteto de Cordas SANTART. Interpretarán o cuarteto nº 2 e o cuarteto nº 3

De Angel Barja, por primeira vez en Galiza despois da súa estrea.

O Cuarteto de Cordas SANTART nace co afán de crear un grupo de alta calidade musical, para promocionar a música clásica en todo o territorio galego.

Día 1 de Decembro: Luís Costa, A vontade identitaria do Coralismo Galego.

Luís Costa é profesor de Historia da Música da Universidade de Vigo e membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

Intervención de Solo Voces.

O Grupo Vocal "Sólo Voces" fundouse en Lugo en 1992. Dende entón leva traballando diversos ámbitos do repertorio coral: a música popular (rock, folk, pop...) e a culta (gregoriano, música sacra e profana de autores consagrados, obras de compositores contemporáneos...), baixo a dirección de Fernando G. Jácome. Interpretará pezas de Pascual Veiga e Xoán Montes.

Día 2 de decembro: Xan Fraga: Contexto Histórico cultural no que xorde o movemento da nova canción galega. Os Galeusca de música. Características da obra de Miro Casabella.

Xan Fraga: Licenciado en Xeografía e Historia, Especialidade de Historia Contemporánea, pola Universidade Central de Barcelona exerce como profesor no IES Alfredo Brañas de Carballo.Autor de numerosos traballos, entre eles Miro Casabella e a nova canción galega

Intervención musical: Miro Casabella. Miro Casabella, unha das voces destacadas da nova canción galega, formou parte de Voces Ceibes e logo desenvolveu unha consolidada traxectoria en solitario.

Día 3 de decembro: Xurxo Souto, No ano do relampo, a selva diversa das músicas emerxentes.

Xurxo Souto, é un cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica. O labor que o fixo máis popular foi o de líder e vocalista da banda de rock "Os Diplomáticos de Monte-Alto” É un gran difusor da música galega de agora e sempre.

Intervención en concerto de The Homens.

The Homens é un grupo galego de powerpop que tivo os seus inicios en 2004. Ten catro discos no mercado ademais de participar en traballos colectivos.

Día 4 de decembro: Carlos Villar Taboada: As músicas contemporáneas en Galicia: tendencias e compositores nun novo século.

Carlos Villar Taboada licenciouse na especialidade de Musicoloxía na Universidade de Valladolid, en cuxo Departamento de Historia e Ciencias da Música traballa desde entón como investigador e docente, con especial interese nos temas relacionados coas músicas do século XX en España, a análise musical, músicas contemporáneas e estética.

www.as-pg.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2009 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Master Class co Fred Martins en Compostela
Sambas e outras bossas: identidade e utopía na musicalidade do Rio de Janeiro

Os vindeiros días 2, 3 e 4 de decembro de 18 a 20 h terá lugar esta aula maxistral en Santiago de Compostela impartido polo cantor carioca. O tema versará sobre a formación do cancioneiro popular brasileiro e as súas características xerais. O contexto cultural do Rio de Janeiro e súa importancia para o nacemento do choro, samba e bossa nova, símbolos da musicalidade do Brasil.

Número de prazas: 15

Prezo da matrícula: 60 €

Horarios: 2, 3 e 4 de decembro de 18 a 20 horas

Lugar: Aula 1 Facultade Ciencias da Información (Campus Norte)

Inscrición: matricula@folque.com

+ info: +34 881 031 829

BREVE BIOGRAFÍA DE FRED MARTINS

Frederico Ribeiro Martins (Niterói, Rio de Janeiro, 1970) é un deses novos cantores brasileiros que comeza a despuntar en Europa. Influenciado tanto polo folk anglosaxón como polos clásicos da música popular brasileira, a súa sensibilidade e versatilidade lévanlle con igual naturalidade ao pop maino e ao samba intimista, sempre apoiado na expresividade e orixinalidade das letras do poeta e doutor en semioloxía, Marcelo Diniz Martins, o seu principal parceiro até o de agora, ou do tamén poeta Francisco Bosco.

Leva na música desde finais dos anos 80 cando traballa transcribindo partituras e cancións para Songbooks de Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, João Bosco ou Rita Lee, entre outros. Por fin, en 2001, publica ou seu primeiro traballo discográfico en solitario "Janelas".

Vén de presentar o seu cuarto traballo que traerá a Galiza, consolidando o recoñecemento do cantautor niteroense como un dos máis brillantes da súa xeración, feito que xa quedou patente nos seus discos anteriores e nas súas composicións interpretadas por destacadas voces da MPB (Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Maria Rita, Eliana Printes, Carol Saboya, Dalila Couti, Clara Becker, Elisa Queirós,...)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-11-2009 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Cando a Xunta acordou, a cultura seguía alí
Miles de persoas acoden á estrea de AchegArte, a feira das industrias culturais que ‘abandonou’ o Goberno



Contra o que di certo tópico interesado, as industrias culturais galegas seguen aí cando a Consellaría de Cultura pecha os ollos. Onte á tarde, mentres o conselleiro Roberto Varela receitaba en Ferrol fregas de “afán didáctico”, exercicios de “creatividade na comunicación”, masaxes de “calidade” e curas de “excelencia” para fomentar o consumo de cultura galega, miles de persoas –20.000, segundo a organización– metían o fociño neses mesmos produtos culturais nos dous espazos dedicados á feira AchegArte na Coruña: o Pazo de Exposicións e Congresos (Palexco) e o Kiosco Alfonso. Un foro, o único dedicado ás industriais culturais en Galicia, que o departamento de Varela non apoiou economicamente este ano.

“Mellor sen a Xunta”, dicía un antes de sentar diante de varias ducias de persoas no recanto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para lerlles uns fragmentos d’O carteiro de Bagdad, o libro co que Marcos S. Calveiro gañou os premios Ala Delta e White Ravens. Cun presuposto dez veces máis modesto, uns 50.000 euros, e o traballo desinteresado dunha presada de voluntarios, a Concellería de Cultura da Coruña conseguíu nun tempo récord cubrir o oco que deixou a Xunta ao non reeditar Culturgal este ano. “Alguén notou a diferenza?”, preguntábase o lector.

Algo máis dun cento de entidades entre editoriais, compañías de danza e teatro, produtoras, ONG, librarías, institucións públicas, asociacións profesionais, discográficas e colectivos de todo tipo responderon ao chamado de AchegArte. Un testemuño que a Concellería de Cultura, pola súa vez, recollera de mans de Queremos Culturgal 09, unha plataforma cidadá que non parecía disposta a deixar que as aperturas orzamentarias da Xunta privasen os axentes culturais galegos deste espazo onde verse, falarse e atoparse co seu público, como dixo onte o editor vigués Manuel Bragado.

UN ÉXITO DENDE ABAIXO

Algo desa satisfacción por ter armado un encontro así “dende abaixo”, por dicilo co poeta e narrador Mario Regueira, tamén entre o público, podíase constatar onte en Palexco. Para a concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, exultante a pé de obra, na entrada do recinto, a convocatoria foi un “éxito”, e demostra que “a cidade da Coruña responde á cultura galega cando é necesario e que o público acode se a oferta é diversa”. Moito máis grave, pero tamén satisfeito, o presidente do gremio dos escritores, Cesáreo Sánchez Iglesias, enviáballe unha mensaxe á Xunta: “Algo que foi construído ao longo de xeracións, como é a cultura galega, vai ter fortaleza suficiente para sobrevivir ao proxecto de destrución do novo Goberno”.

A primeira xornada de AchegArte abrírana ben cedo, ás dez e media, obradoiros de pintura, proxeccións de documentais e espectáculos de teatro e danza para todos os públicos, e pecharíana, ás nove, os membros de Luar na Lubre. Polo medio, concertos de Mamá Cabra, Tiruleque ou Canto Donaire. Representacións de Talía Teatro e A Loca-Motora ou trucos de maxia. Filmes de Xosé Abad, Jorge Algora, José Manuel Bazarra Sepi ou Jorge Morais. Obradoiros de banda deseñada, teatro xestual, ilustración e música tradicional. E presentacións de xornadas, espectáculos, iniciativas e libros como o último de Manuel Rivas, Episodios galegos (Xerais), que ateigou a sala Bitácora do recinto con ducias de persoas.

CASE UN ACADÉMICO

Era o sitio. Presentábase o libro número vinte de Rivas na editorial Xerais, unha colección dos artigos que o escritor coruñés publica habitualmente en El País e que vén a ser, tamén, unha crónica dos primeiros oito meses de Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Un inventario de ataques á lingua galega e unha fotografía da reacción, inédita, da cidadanía. Un catálogo de pancadas ao medio ambiente e ás industrias culturais, pero tamén un sarillo de homenaxes a Ferrín, Líster, Taxes, Berger ou Pombal. “O relato do proceso de substitución daquel esforzo compartido de facer país que caracterizou, con todos os matices que se queiran, o bipartito”, por dicilo con Manuel Bragado, o seu editor.

Son, co permiso de Galdós, os episodios galegos dun deses periodos históricos “que non se sabe se van ou se rachan”, explicou Xosé Manuel Pereiro, o decano dos xornalistas, “pero que en todo caso deben ser contados”. Son, coa complicidade de Cantinflas, chanceou Rivas, ensaios xornalísticos sobre “un deses momentos moi momentáneos” da historia nos que o poder fura no miolo do asunto. Nos que se decide a andamiaxe financeira dun país ou o futuro dunha lingua. “Empezan pola palabra e logo van polo demais”, advertiu o escritor, que dentro de dúas semanas lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. “Os obxectivos son sempre os mesmos: o territorio e os seus froitos”.

Hoxe, de novo a partir das dez e media da mañá, AchegArte encara a súa segunda e última xornada. Ha ser difícil superar as 100.000 persoas do ano pasado no derradeiro Culturgal, pero ninguén oculta que as cifras globais de público, as que sexan, serán unha mensaxe para a Consellaría de Cultura. “Hai que ter coidado”, bromeou Pereiro. “Se facemos nós estas cousas que lles corresponden a eles, os políticos poden coller vicio. Con todo, está ben demostrarlles de cando en vez que a xente o fai mellor ca eles”.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2009 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
• Festival Folclórico no Auditórium do Edificio do Carballo Calero A.F.C. TERRA MEIGA, Asoc. Cult. ALENDE, Grupo de Música Tradicional ROUPAVELLA.
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
• XIV Noites de Tasca en Mesía (A Coruña)

Sábado 28
• Xornada de Zanfona con Anxo Pintos en Monterroso
• Mamá Cabra, Tiruleque, Con Canto Donaire, Luar na Lubre,... na Feira AchegArte no Palexco (A Coruña)
• Capitan Furilo na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Bonovo na Cea-Festa do XX Aniversario da Asociación A Pomba do Arco de Foz
• A Tarantela no Revolta (Vigo)
• Cuarteto Caramuxo no C.C. Caixanova (Vigo)
• Magosto na Casa da Veiguiñan(Marín)
• Magosto popular con As Patuleiriñas, As Garelas, Os Gaiteiros, No Combarro e Maghua en Bellavista (Betanzos)
• Serán da Forna en Budiño (O Porriño)
• Serán en Saxamonde (Redondela)
• Ruada de Cusprediños (Cotobade)

Domingo 29
• Berroguetto, Ultraquans, Bellón Maceiras quinteto, Bonovo, Ophiusa,... na Feira AchegArte no Palexco (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
28 de novembro
- Serán da Forna en Budiño (O Porriño)
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Ruada de Cusprediños (Cotobade)

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)
- Serán de Val-Sobral (Soutomaior)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

12 de decembro
- Serán de Zamáns (Vigo)
- Fiada de Vilaboa na casa da cultura de Riomaior
- Serán de Moscoso (Pazos de Borbén)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

9 de Xaneiro
- Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

16 de Xaneiro
- Serán no Casino dos Prados de Pigarzos (Xesta-A Lama)
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

8 de Maio
- Serán do lecer en Pazos de Borbén

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada de Outono en Cuspedriños (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2009 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto-Serán en Saxamonde
O Centro-Social Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde (Redondela) organiza unha nova edición do Magosto-Serán do Chan das Pipas. O próximo sábado 28 de novembro, a partir das 18:00, na Casa Cultural deste lugar na parroquia de Saxamonde, serviranse castañas do Caurel que se poderán acompañar con viño da parroquia e chourizo da comarca.

Á noitiña, no mesmo local, celebrarase un serán onde todos os grupos ou persoas que o desexen, poderán tocar no palco habilitado para tal fin. A festa rematará coa vontade dos bailadores e tocadores. A media noite servirase chocolate de Vigo e rosca de Nespereira de balde para os asistentes. Aínda que chova, todas as actividades celebraranse en lugar pechado.

Como chegar:

No Alto de Os Valos, na estrada que une Redondela e Porriño, tómase o desvío cara o aeroporto. A uns 500 metros, despois dunha curva á esquerda, vírase á dereita para facelo outra vez á esquerda 100 metros máis adiante. Haberá carteis indicando o camiño.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2009 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Música Folk en Ferrol
A Agrupación Folklórica e Cultural Terra Meiga, está a organizar un Festival de Música o vindeiro Venres 27 de novembro. Celebrarase no Auditórium do Edificio do Carballo Calero, na praza do Inferniño en Ferrol.Participarán tres grupos da bisbarra:

- A.F.C. TERRA MEIGA,
- Asoc. Cult. ALENDE,
- Grupo de Música Tradicional ROUPAVELLA.



- Grupo de Música Tradicional da A.F.C. TERRA MEIGA.
Formado por componentes da agrupación, nos inicios do grupo formouse como acompañamento do grupo de baile, pero pouco a pouco foi tomando forma como una sección independente, con o seu propio repertorio e actuacións.

- Grupo de Cantareiras da Asoc. Cult. ALENDE.
Nace a Asociación Alende no ano 1996 da antigua sección de baile tradicional do Grupo Xuvenil de As Pontes. Ten formadas diversas actividades sendo o Grupo de Cantareiras unha da mais importante, que traballa en prol da cultura e do folclore galego, co ánimo de revivir e conservar a tradición, pero sen pecha-la porta a no vas experiencias e sons. As cantareias están acompañadas de panderetas, gaita, zanfoña e acordeón.

- Grupo de Música Tradicional ROUPAVELLA.
Será a presentación oficial do Grupo ante o público. Roupavella, e un grupo de música tradcional de recente formación integrado por 8 componentes, con un longo recorrido por varios grupos de Ferrolterra (tamén de Terra Meiga), que ademais da percusión tradicional galega, a pandeireta, ten o acompañamento de a gaita e o acordeón. O obxetivo desta xente e xuntarse para disfrutar da música tradicional e transmitilo.

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Coruña cobre parte do oco do Culturgal coa feira AchegArte
Berrogüetto, Nani Garcïa e Manuel Rivas presentarán os seus novos traballos nesta iniciativa da Concellería de CulturaA.

A concelleira de Cultura da Coruña, a nacionalista María Xosé Bravo, demostrou onte que a súa defensa do Culturgal non foi só de palabra, e aínda que a feira galega das industrias culturais non terá edición este ano, tentará cubrir parte do oco que deixou co a iniciativa AchegArte: A Cultura que facemos. A cultura que queremos, na que se amosarán os traballos dos sectores do libro, as artes escénicas, a música, o audiovisual e as artes plásticas.

Todos os eidos da cultura galega terán algo que dicir na Coruña os vindeiros días 27, 28 e 29 de novembro. O sábado, o escritor e xornalista Manuel Rivas presentará ante os lectores o seu novo libro, Episodios galegos, unha recompilación dos seus artigos de prensa. O grupo folk Berrogüetto fará o domingo un adianto do seu disco Kosmogonías, o primeiro que publican dende a marcha de Guadi Galego. O mesmo día o músico coruñés Nani García presentará 5, o último álbum do seu proxecto con Baldo Martínez e Fernando Llorca.

Son algúns dos actos estrela desta iniciativa, que segundo informou a concelleira nunha rolda de prensa, se celebrará esta fin de semana, repartida entre o Palexco e o Kiosco Alfonso da Coruña. A idea de celebrala partiu dun colectivo de persoas que reclamaron unha nova edición do Culturgal “para lle dar visibilidade á nosa cultura, difundila e para demostrar que ten un peso decisivo na economía”, segundo Bravo.

AchegArte conta co apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña, xa que, segundo apuntou Bravo, “a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendible a longo prazo”.

A segunda e polo de agora última edición do Culturgal, organizada en 2008 pola Consellería de Cultura da Xunta e a Asociación Galega de Editores –propietaria do nome–, celebrouse no Palexco da Coruña, e foi visitada por máis de 37.000 persoas. Estaba previsto que en 2009 a feira das industrias culturais repetise sede, pero co cambio de goberno, o PP decidiu non organizala, porque “non había ningunha partida de cartos reservada para ela”, segundo o conselleiro Roberto Varela. Dende o primeiro momento, María Xosé Bravo alzou a voz contra esta decisión, por entender que significaba un erro, e puxo a disposición dos participantes o orzamento que a concellería tiña reservado para axudar a financiar o evento.

ESPECTÁCULOS PARA TODOS

Aínda así, non puido ser, e a área de Cultura da Coruña implicouse co AchegArte para non quedar sen celebración. Serán menos días, xa que o Culturgal adoitaba ter catro intensas xornadas, e esta cita terá tres, coa maioría das actividades o sábado e o domingo, pero conserva o mesmo espírito.

O sábado, Luar na Lubre ou o Alberto Conde Trío actuarán en directo, o colectivo Polaqia ofrecerá un obradoiro de banda deseñada e comezarán a proxectarse os mellores filmes do audiovisual galego en 2009. E e domingo, o grupo Chévere presentará a súa obra teatral O galego contraataca, o Alberto Conde Trío fará soar o seu jazz e a AELG organizará unha lectura compartida, entre outras moitas cousas.

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Música e Teatro no Achegarte (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Danza e audiovisuais no Achegarte (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros do Achegarte (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de Outono en Ouzande (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novas asembleas de Músicos ao vivo
Boas!

Antes de nada comentarvos que a xuntanza do anteror domingo na sala Nasa foi todo un éxito.


Asistiron unhas sesenta persoas, moitas caras coñecidas da asociación e outras moitas que se achegaron con moito interés a informarse, asociarse e apoiarnos. Moitas gracias a tod@s!!
Aqui podedes ver unha nota de prensa:
www.lavozdegalicia.es

Por outra parte, seguimos coa campaña de información e captación de socios.
Para tod@s @s que non vos foi posible achegarvos á Nasa, o proximo domingo faremos 3 xuntanzas simultáneas en Vigo, Coruña e Pontevedra.

- A de Vigo será no Xancarajazz (r/Isabel II, 6)
- En Coruña estaremos no AchegARTE (Palexco, Muelle Transatlánticos)
- Para Pontevedra escollemos o antigo Conservatorio de Música (r/Alfonso XIII, nº 7 1º Andar)


Todas estas comezarán as 17h

Domingo 29 de Novembro as 17h .
Vigo, Coruña e Pontevedra


Para mais información visitade a nosa web
www.musicosaovivo.com

Esperamos vervos a tod@s alí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Noites de Tasca en Mesía
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2009 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto da Fuliada (Betanzos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto pola lingua en Marín
Galiza Nova celebrará en Marín un Magosto Popular o vindeiro sábado 28 de novembro, ás 19:00 h. na Casa da Veiguiña.

Este acto festeiro vai contar ademais de castañas asadas, con chourizos con pan, viño e outros todo de balde e estará amenizado con gaiteiros e pendereiteiras.
Con este magosto ademais de achegar unha proposta de lecer en especial para a xente nova tamén quere que este sexa un acto reinvindicativo na defensa da nosa lingua, contamos coa tua asistencia!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Danza e Músicas do Mundo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada intensiva de Zanfona en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
XX Aniversario A Pomba do Arco (Foz)
A asociación focega celebra o seu aniversario coa intención de explicitar o seu compromiso de futuro coa cultura, con Foz e coa lingua

A Asociación Socio-Cultural A Pomba do Arco vai celebrar na última quincena do mes de novembro os actos conmemorativos do su XX aniversario. A asociación focega pretende lembrar estes 20 anos de traballo cultural e sobre todo facer expreso o seu compromiso de cara ao futuro co que foi a súa actividade e co que son os seus sinais de identidade.

O primeiro dos actos vaise celebrar venres, 20 de novembro ás 20:30 h na casa da cultura Poeta Manuel María, co título de Foz, un pobo con historia propia, e nel falarán Suso Fernández, cronista oficial de Foz, e Francisco Carballo, profesor xubilado da Universidade de Vigo. Francisco Carballo e Suso Fernández que participaron en diferentes actos da asociación falarán da importancia da historia galega en Foz e de Foz na historia de Galiza.

O segundo dos actos vaise celebrar o sábado, 21 de novembro ás 20:30 h na casa da cultura Poeta Manuel María, co título Xornada da lingua, coa participación de Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e Xosé Xoán Barreiro Prado, maxistrado da Audiencia de Pontevedra. A temática e os relatores deste acto son os mesmos que participaron no primeiro acto celebrado pola asociación cultural A Pomba do Arco.

O terceiro dos actos vaise celebrar o venres, 27 de novembro ás 20:30 h na casa da cultura Poeta Manuel María, co título Festa da Palabra na que participarán Luísa Castro, Miguel Anxo Fernán Vello e Lois Diéguez.

Os actos fecharanse o sábado 28 cunha festa e unha cea a partir das 22:00 h na sala Bahía de Foz. O prezo da cea será de 20 euros por persoa. O menú será empanada, polbo, xamón cocido, sobremesa, viño e café. Contaremos coas actuacións musicais da Peña de Cante en Bar e bOnOvO grupo galego que fai un peculiar folk electroacústico. A Peña de Cante en Bar, formado por varios focegos, cantan, a capela ou acompañados de guitarra, cancións tradicionais do noso concello. Aquelas persoas que queiran asistir á cea precisan confirmar a súa asistencia nos teléfonos 982140006 (Marcelino) ou 650134392 (Pilar Fernández Méndez) antes do xoves 26 de novembro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Volta KomunikandoTV!!!!!!!!!!!!
Xa botabamos de mesnos este irreverente programa alternativo de información

Este é o adianto da nova etapa em KomunikandoTV
com um adianto de Non saimos do lixo



www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 26-11-2009 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
A polémica do ´Tu si que vales´ no xornal El Progreso
Un programa de Telecinco ridiculiza a cultura galega: ''Para romerías, ferias y fiestas está muy bien''

A cultura galega 'non vale' en Telecinco. Despois de que as Tarambainas, un grupo de nenas pandereteiras de entre 10 e 13 anos que chegaban desde Vigo, interpretasen unha das súas pezas diante do xurado dun coñecido programa da cadea privada, un membro do xurado, o ex profesor de Operación Triunfo Ángel Llácer, comezou coas valoracións disfrazado cunha perruca de trenzas e aporreando unha pandeireta mentres canta algo que non se entende e afirma: "Soy pandereteira, muy mala, pero soy pandereteira".

Acto seguido, outro dos membros do equipo de valoración do programa, a arquicoñecida Loles León, emite o seu veredicto entre as risas do público: "A mí me parecéis estupendas y tal... pero siempre tenéis jotas y tocamientos de esos de pandereta y lata.. para esto de romerías y ferias y fiestas está muy bien pero no meréceis estar en la final".

As Tarambainas quedaron á espera de escoitar o que tiña que dicir o derradeiro dos membros do xurado, Noemí Galera. E, por fin, falou: "Estoy de acuerdo con Loles en que para una final y para optar a 100.000 euros no creo que sea un número que se lo merezca". A seguinte actuación, a dun grupo de baile de sevillanas, foi recibida polo xurado desde os seus asentos e baixo unha mirada atenta.

www.elprogreso.galiciae.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-11-2009 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto presenta o seu novo single Danza de Meirol
A partir de hoxe poderase descargar de xeito gratuito na páxina web de R

O próximo domingo 29 Berrogüetto ofrecerá un pequeno set acústico para presentar o seu novo single Danza de Meirol, que se completará coa sinatura de discos. Será en Palexco ás doce da mañá no marco de AchegArte, espazo de encontro e intercambio da industria cultural galega.

Berrogüetto publicará o seu novo disco, Kosmogonías, no próximo 2010, coa novidade de introducir por primeira vez unha voz masculina, a de Xabier Díaz, novo integrante da formación desde a marcha de Guadi Galega en xaneiro do 2008.
Trátase do quinto traballo de Berrogüetto que eles mesmos definen como "punto de partida por excelencia ao Big-Bang, o triunfo da materia sobre a antimateria, unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema máis xusto".

AVANCE NA WEB DE R
Danza de Meirol, o primeiro single de Kosmogonías pódese descargar de xeito gratuíto e en exclusiva na web de R (www.mundo-R.com) desde mañá, 26 de novembro. Danza de Meirol baséase na tradición e foi recuperada gracias ao traballo de campo de Berrogüetto mediante o que compilan os sons e as voces de Galicia, en moitas ocasións vivos só de maneira oral. Danza de Meirol foi recollida por Berrogüetto respectando a lírica tradicional e, seguindo o estilo definido polo grupo, evoluciona a través dun tratamento contemporáneo.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2009 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cuarto disco de The Homens
Cuarta potencia é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro. O cuarto traballo de The Homens, tras os EPs #1 (autoeditado, 2005) e #2 (autoeditado, 2006) e o longa duración Tres (Falcatruada, 2007), mostra á banda de Santiago DC máis preocupada polas melodías e pola expresividade das letras e, á vez, máis ruidosa que nunca.

Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco novo recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin, insistindo no seu gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, e engadíndolle un renovado interese pola psicodelia e a experimentación.

Editado polo mítico selo santiagués Lixo Urbano, Cuarta potencia é enerxía condensada en pílulas dóces, é cantar bonito coa boca espumando rabia. Cuarta potencia é cantar por non chorar.

www.myspace.com/thehomens
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2009 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Ovay (CD/DVD)
Ovay dinlle os canteiros ao ousado que encara o perigo sen vacilar, ao que reclama orgulloso o que é seu e dos seus. É a valentía de enfrontarse á propia evolución, de reivindicar a identidade cultural renovada. E é o que nos trae Quique Peón coa gravación do seu espectáculo “Ovay”.

Trinta anos de investigación etnográfica de Galicia, coa teima de explorar as múltiples posibilidades dos movementos tradicionais da escena moderna, permiten ao director e bailarín achegarse ao equilibrio maduro entre o enxebre e o depurado, a forza e o sosego, o urbano e o tradicional, o masculino e o feminino.
A dirección musical é de Xosé Lois Romero.
Comentarios (23) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2009 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Batuko Tabanka
Viven todas en Burela (Lugo). Doce mulleres, formadas en abano, fan vibrar con furia e alegría un pano pregado sobre as súas pernas: o batuko.

A tormenta percutida medra, acompañando cánticos entre os que se xurden risas e desafíos. O bramar rebelde e a morriña das mulleres de Batuko Tabanka dura o tempo suficiente para poñer a pel de galiña a quen escoite estas batukadas, coladoras, mornas, mesturadas co mollo cantábrico que aporta Galicia: toda a forza da danza africana, salseando diversidade cultural desde o medio do Atlántico. Unha proposta que reflicte respecto e diálogo, resumida en dúas palabras: SABI, SABI!
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Descarga ao Vivo (CD/DVD)
“Descarga ao vivo”: Galiza e Cuba.

Un elenco musical de luxo euns arranxos musicais entre o jazz latino e o folk europeo.
Profesores de aCentral Folque e do Instituto Superior de Arte Cubano. Unha orquestra mixta. Grabacións ao vivo na Habana en 2008 e na Coruña, Compostela e Vigo en 2009. Sons que facían bailar a galegos e mulatos nos xardíns da Tropical, na capital cubana.

Doce temas con melodías emblemáticas para a emigración galega e temas inéditos, froito da investigación de Ramom Pinheiro (director artístico do proxecto).
Todo isto é "Descarga ao vivo", un espectáculo que fusiona a música galega e a cubana e que fai vibrar o corazón ao son do danzón e da guajira, da muiñeira e da habanera.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2009 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os músicos galegos agrúpanse para dignificar o traballo en directo
Vigo, Pontevedra e A Coruña celebrarán asembleas o domingo co obxectivo de acadar os cen socios

Sesenta profesionais de toda Galicia asistiron na compostelán Sala Nasa a presentación de Músicos ao Vivo


Cunha festa en ton entre gremial e familiar a compostelá Sala Nasa acolleu onte a presentación da Asociación Galega de Músicos ao Vivo, un colectivo que leva meses traballando para defender un punto en común entre os profesionais da música por riba dos estilos e das circunstancias profesionais de cada quen. Uns sesenta músicos de toda Galicia déronse cita no encontro deste colectivo que traballa para cubrir unha lagoa histórica na música galega.
Xacobe Martínez Antelo, membro da xunta directiva da asociación, explicou que co acto de onte tratábase de avisar a todos os músicos sobre o nacemento dela.

Músicos ao Vivo levaba xa un ano constituída como tal, pero pola experiencia de estes doce meses púidose comprobar que «asociar aos músicos parece algo complicado, aínda que non se sabe por que». «Despois dun ano de estar traballando e contactando con máis músicos -explicou Martínez Antelo-, chegamos á conclusión de que o que temos que facer agora mesmo é unha campaña de captación de socios». Esta é a razón da convocatoria de onte na Sala Nasa. Co obxectivo de captar socios, o próximo domingo, ás cinco da tarde, haberá tres asembleas simultáneas en Vigo, Pontevedra e A Coruña. En Vigo terá lugar no local Xan Carallás, en Pontevedra no antigo conservatorio, e na Coruña no Achegarte.
Aínda que na xuntanza déronse cita unhas 75 persoas, houbo un bo numero de socios e de xente que non está asociada que non puideron asistir pero enviaron a súa adhesión.

Xacobe Martínez insistiu en que o obxectivo primeiro de Músicos ao Vivo é buscar a asociación da maioría dos músicos de Galicia, «que nos asociemos, nos recoñezamos como iguais e nos dotemos dun foro aberto de debate e comunicación, que é algo que non temos agora mesmo». Con esta asociación trátase, segundo o representante da nova entidade, de aglutinar a «músicos que teñan unha sensibilidade especial cara ao directo. Non pretende ser unha asociación excluínte. O que si pretendemos é que se hai un músico que non se dedica a tocar en directo, pois igual esta asociación non é a que máis lle interesa». O factor determinante é facer música en directo, dando igual que o músico sexa profesional, afeccionado, gaiteiro ou de orquestra.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Os gaiteiro tradicional no Alalá

Hoxe, martes, día 24/11/2009

Como son os gaiteiros galegos? O Alalá desta noite fará un retrato sobre a figura do gaiteiro tradicional galego a través de diversos casos que foron pasando polo programa e que se forxaron como personaxes creadores da banda sonora de momentos históricos importantes da nosa cultura.


Os gaiteiros foron unha inesgotable fonte de recursos no Alalá e ao longo da emisión do programa foron dándonos instantes inesquecibles que esta noite imos recuperar, repasando os momentos principais na vida dos gaiteiros, desde as primeiras gaitas que facían con canas de sabugueiro ou pipas de alcacén, ata o momento da consagración do gaiteiro que toca nas ruadas, "polavilas", romarías etc.

No programa desta noite o gaiteiro perfeccionista, o técnico, o retranqueiro, o fachendoso e mesmo o tímido... consolidan un pictograma sobre a silueta dunha das figuras máis importantes da nosa cultura e da nosa historia: "o gaiteiro tradicional".
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 24-11-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Segue a polémica do concurso ´Tu si que vales´de Telecinco
Semella que hai moita xente indignada polo que ocorreu no programa "Tu si que vales" de Telecinco coas nenas de Tarambainas. O video xa recibiu 6000 visualizacións, hai blogs con entradas sobre este tema, tamén en tuenti, facebook,... e maís de 100 comentarios no Youtube.

En vista de que hai varias peticions de como porse en contacto coa productora aí vas os datos:

TELECINCO:
http://www.telecinco.es/contacta

Productora de TÚ SI QUE VALES:
Gestmusic Endemol
gmmadr@gestmusic.es
C/ Santa Elionor, nº 3
08024 Barcelona
Tel.: 93 253 67 00
Fax: 93 219 47 97

Relacionada a entrada da nova
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=73237



Comentarios do Youtube

Comentarios na nova de Malmequer
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-11-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Galardón Terra Viva 2009 a D. Clemente Díaz, Gaiteiro de Ibias
O Galardon TERRA VIVA, que outorga anualmente a Asociación Cultural San Tirso del Eo, está destinado a recoñecer a aquelas persoas ou institucións que desempeñaran unha labor relevante no campo da cultura tradicional propia da comarca Eo Navia, en calquera das suas 6 áreas: Formas de vida agrarias, Oficios tradicionais, Folklore tradicional, Arquivo da Palabra, Actividades de ocio tradicionais, Arquitectura Tradicional.

O xurado reunido o pasado día 7 de novembro decidiu outorgar o Galardon TERRA VIVA 2009 a D. Clemente Diaz, gaiteiro de 89 anos, natural de Ibias, candidatura proposta e defendida no xurado por Luis Felipe Fernández García, abalada pola Federación de Asociacións Navia-Eo e corroborada pola totalidade do xurado.

Adxuntase un extracto do acta, ao efecto.

"Presentadas diversas candidaturas por parte de los miembros del jurado, debatidas y consensuadas se acuerda por unanimidad conceder el Galardón TERRA VIVA 2009 en su 5ª Edición a D. Clemente Díaz de Ibias, en reconocimiento a toda su vida dedicada a divulgar de manera autodidacta el folklore musical a través de la gaita, venciendo las dificultades propias de la época que le tocó vivir y en el marco de una Asturias tradicionalmente olvidada. Con especial tenacidad se ha mantenido activo tocando la gaita en pueblos de Asturias, Lugo y León, lo que le dota de una relación social interregional a lo largo de su vida.

El Jurado quiere así mismo destacar que este Galardón simboliza un abrazo de la Asturias del occidente abierta al mar con al Asturias de tierra adentro representada por Ibias."


A entrega do Galardon será o próximo día 6 de decembro no marco da 5ª Edición da "Esfolla do Maíz"

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-11-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Valoracións IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Os asistentes do IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, a través da enquisa de avaliación da actividade que se lles entregou, valoraron moi positivamente o desenvolvemento destas actividades, destacando sobre todo metodoloxía empregada e os contidos dos distintos relatorios e obradoiros polo seu interese para empregalos nas aulas.

O IV Congreso de Ensinantes volveu a incidir na necesidade de transmitir os coñecementos e o respecto pola nosa cultura tradicional aos máis novos, e neste punto toca, inevitablemente, pasar polo ensino obrigatorio en infantil, primaria e secundaria. Moitos dos relatorios e obradoiros estaban claramente enfocados a mestres e mestras que desenvolven a súa labor neste campo, tentando conciencialos da necesidade de tratar o tema da música tradicional na escola como clave para a súa supervivencia e como medio máis eficaz de educación, como debe ser a propia cultura.

Tratáronse temáticas moi diversas, dende iniciativas para salvagardar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial Galego no sistema educativo, a situación actual do ensino da música tradicional, o Patrimonio lúdico galego, o baile tradicional, novos estudios e métodos de baile e gaita, materiais didácticos, obradoiros prácticos de baile, experiencias musicais na escola...

En xeral gustaron moito as actividades prácticas, como son os obradoiros, que dan aos mestres liñas de actuación na escola e ideas de como levar a cabo o que se di no congreso. Ditos mestres e mestras seguen a reclamar materiais relacionados coa nosa tradición, un punto vital no que a Asociación de Gaiteiros pon o seu esforzo.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (17) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-11-2009 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 23 (luns)

Terza feira 24 (Martes)

Corta feira 25 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 26 (Xoves)
• O Sonoro Maxín na Sala Nasa (Compostela)
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)

Sexta feira 27 (Venres)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
• XIV Noites de Tasca

Sábado 28
• Con Canto Donaire na Feira AchegArte no Palexco (A Coruña)
• Capitan Furilo na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Bonovo na Cea-Festa do XX Aniversario da Asociación A Pomba do Arco de Foz
• A Tarantela no Revolta (Vigo)
• Cuarteto Caramuxo no C.C. Caixanova (Vigo)
• Serán da Forna en Budiño (O Porriño)
• Serán en Saxamonde (Redondela)
• Ruada de Cusprediños (Cotobade)

Domingo 29
• Berroguetto, Ultraquans, Bellón Maceiras quinteto e Bonovo na Feira AchegArte no Palexco (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-11-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do II Concurso de Música Tradicional da ASC FOGO FATUO
Os gañadores do II Concurso de Música Tradicional da ASC FOGO FATUO celebrado o sábado 21 de novembro en Rianxo na categoria de solista:

1º Adriana Rivas
2º Adrian Lareo
3º Miguel Vazquez

Na categoria de cuartetos:

1º Os Mersenarios
2º Senlleiros Soar
3º A Requinta da Laxeira

Premio o mellor vestiario: Martin Rodriguez

Premio o mellor percusionista: "Percusionista de Adrian Lareo"


Os gañadores do II Concurso de Música Tradicional da ASC FOGO FATUO celebrado o domingo 22 de novembro en Rianxo na categoria de pandeireta infantil:

1º Meniñas do grupo de pandereteiras Tarambainas da AVCD Lavadores-Vigo
2º Axeitadiñas da Asociación Cultural Donaire
3º Garatuxas da Asociación Xuvenil Xilbarbeira

Na categoria de adultos:

1º Pandereteiros Seitura
2º Velaí ven da Asociación Cultural Donaire
3º Urdime da ACF O Fiadeiro

Premio o mellor vestiario: Tahume

­Parabéns a tódolos gañadores!!!!
Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-11-2009 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer