Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 28 (Venres)
• Xoán Curiel en Padrón ás 19:30
• Xoán Curiel na Sala The Star (Carral) ás 23:00
• Musgafol (Gaita e piano) no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00
• V Enclave de Gaita (Cangas do Morrazo): A Gaita de Sarandón e Os Carunchos no Auditorio ás 22:00
• VI Noites de Tasca en Ordes (O Rincón do pincho) con Carlos do Viso e Os Viqueiras
• Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)

Sábado 29
• VI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Sabucedo (A Estrada)
• 3ª conversa aberta na EAEM: Internacionalización da música galega + bOnOvO ás 19.30 h. Auditorio Escola Altos Estudos Musicais (Compostela)
• Remate da Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)
• Dakidarría no auditorio de Priegue (Nigrán) ás 22:30
• Xira A Polo Ghit 2008: Boy Elliot & The Plastic Bags, Skandalo Gz no Pub Pub Badulake (Ordes)
• Cuarteto Caramuxo na sala A Reserva (Ourense)
• Projecto Trepia na Tiradoura (Cangas) ás 22:30
• Serán en Couso (Gondomar)
• Magosto-Serán de Chan das Pipas en Saxamonde (Redondela)
• Serán na Casa Cultural de Burgueira (Oia)
• Serán na Illa de Arousa no Multiusos

Domingo 30
• Homenaxe aos mártires de Sobredo en Guillarei (Tui)
• Toques de Caramulo (Portugal) no Aturuxo (Bueu) ás 21:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
Sábado 29 de novembro
-Serán en Couso (Gondomar)
-Magosto-Serán de Chan das Pipas en Saxamonde (Redondela)
-Serán na Casa Cultural de Burgueira (Oia)
-Serán na Illa de Arousa. Multiusos do Concello

Xoves 4 de decembro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 6 de decembro
-Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo).

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-11-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe aos mártires de Sobredo


A coordinadora veciñal "Mártires de Sobredo" considera un símbolo que non debe caer no esquecemento a morte de tres veciños a mans das forzas de orde pública, logo de que un xuiz de tudense pretendese executar un embargo de bens a un veciño de Guillarei por negarse a pagar o foro, o que deu lugar a unha concentación veciñal, contraria a aqueles impostos. A garda civil abriu fogo contra a multitude, matando tres labregos.

O Domingo 27 de Novembro de 1988, coa presencia dos familiares dos falecidos, recuperouse un monumento que fora levantado na Segunda república por suscrición popular e que fora dinamitado pola Falanxe no trascurso da Guerra Civil.

Hoxe en día, os Mártires de Sobredo son referencia histórica da loita contra o poder para intelectuais e galeguistas e a súa lembranza perdura tamén como homenaxe ás entidades que promoveron o progreso do campo galego na época anterior a 1936
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Couso (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-11-2008 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela)
O Centro-Social Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde (Redondela) organiza unha nova edición do Magosto-Serán do Chan das Pipas.

O próximo sábado 29 de novembro, a partir das 20:00, na casa cultural
deste lugar na parroquia de Saxamonde, serviranse castañas que se poderán acompañar con viño e chourizo. De seguido, no mesmo local, celebrarase un serán onde todos os grupos ou persoas que o desexen, poderán tocar no palco habilitado. A festa rematará coa vontade dos bailadores e tocadores. Aínda que chova, o lugar é pechado.

Como chegar:

No Alto de Os Valos, na estrada que une Redondela e Porriño, tómase o desvío cara o aeroporto. A uns 500 metros, despois dunha curva á esquerda, vírase á dereita para facelo á dereita 100 metros á frente. Haberá cartaces indicando o camiño.

Saúdos,

A Comisión organizadora.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-11-2008 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Remate da Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)
Adicada a Os Peruchos de Castrelos

EXPOSICIÓN ( do 14 ao 29 de Novembro )

A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, os instrumentos que usaban, referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión. A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns, e os domingos só abre pola mañá. Durante a exposición organizaranse visitas didácticas dos centros escolares que estean interesados e nas que se lles entregará material didáctico.

VENRES 14 DE NOVEMBRO - 20:30h
Museo Manuel Torres de Marín

MESA REDONDA “ A música Tradicional no século XXI ”
Farase un percorido pola situación actual da música tradicional e as expectativas cara o futuro.

CONCERTO de Luvas Verdes
www.luvasverdes.com
www.myspace.com/luvasverdes

SÁBADO 29 DE NOVEMBRO
Museo Manuel Torres de Marín

CHARLA : “CATÁLOGO DE MÚSICOS DA LIMIA” - 16:30h

Cástor Castro, coordinador deste catálogo, amosaranos o traballo que agocha este libro, que a día de hoxe é unha referencia dentro das obras de investigación da música tradicional en Galicia. Este catálogo, elaborado sobre a documentación xerada nun intenso e productivo traballo de campo, supón a investigación máis profunda do feito folclórico na Límia acometido ata agora.
Esta charla serviranos, así mesmo, para coñecer de primeira man a realidade da música tradicional no S.XX na comarca da Limia.

CONFERENCIA : “OS PERUCHOS DE CASTRELOS” - 19:00h

Beatriz Riobó e Nacho Mirás, gaiteiros da xeración actual dos Peruchos, farannos un percorrido pola historia deste grupo dende os seus comezos, que nos axudarán a profundizar no seu coñecemento.
Pecharase a mostra coa interpretación de parte do repertorio dos peruchos.

www.mostradecuartetos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-11-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
VI Noites de Tasca (Ordes)
VI edición de "Noites de Tasca" que a nosa Asociación organiza en Ordes (A Coruña) o vindeiro venres 28 de novembro no Bar "O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso Senra, 75) a partires das nove da noite.

Contaremos ca presenza do artesán, músico e excepcional intérprete de percusión galega e zanfona, así como de romances e canción tradicional: CARLOS DO VISO (O Viso, Redondela).
Despois haberá FOLIADA con "Os Viqueiras de Ordes" e todo aquel que se anime a participar.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
O venres, 28 temos Foliada.

Para esta ocasión os encargados de amenizar a festa serán dous grupos ponteses: No Cotío, nome de un novo grupo que se forma para participar e colaborar este día coa organización da Foliada, despois serán Os Trevillas grupo xa dabondo consagrado e ben coñecido nos ambentes tradicionaies de toda a bisbarra.

www.nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
V Enclave de Gaita (Cangas do Morrazo)
O Enclave da Gaita volve neste ano 2008 para cumprir o compromiso que cumpriu hai cinco anos coa música galega.

Este ano chegamos á quinta edición do concerto, coas mesmas gañas e ilusión que puxemos na primeira.
Para este quinto cumpreanos preparamos a actuación de dous grupos ben coñecidos por esta nosa terra.

Dende a Ulla, a Gaita de Sarandón traeránnos o son das súas emblemáticas requintas, instrumento que este ano queremos destacar do mesmo xeito que o ano pasado pretendemos resaltar o papel da zanfona na historia musical galega.

E de seguido, Os Carunchos, que nos farán disfrutar da música popular galega coa súa enerxía habitual.

Non te esquezas, a entrada é de balde, así que contamos verte no Auditorio de Cangas o vindeiro venres 28 de novembro, ás 22:00hs.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Musgafol
Pontevedra acolle o primeiro encontro sobre música contemporanea para gaita

Musgafol é o título do concerto que amosará, o vindeiro venres 28 de novembro, as posibilidades da gaita de fol para interpretar música contemporánea en compañía do piano.

Este evento, que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra, contará coa presenza de nomes coma Óscar Ibáñez, Pablo de Vigo, Olalla Bouzas, Agustín Sánchez ou David Bellas entre outros. As actuacións gravaranse para a posterior edición dun CD deste concerto. Con esta inciativa quérese reivindicar as composicións realizadas especificamente para a gaita no século XXI no marco da música académica.


Programa:

Presenta: Javier Jurado

- Agustín Sánchez e Gabriel López: Capricho de gaita (Agustín Sánchez)

- Pablo Devigo e Lucas Llumá: Bría (Pablo Devigo)

- Cristian Silva e Olalla Bouzas: “Corticata”: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)

- Oscar Ibáñez e Pilar Isabel Rodríguez: Redondelana (Ernesto Campos)

- Paulo González e Iván Abal: Contorno #1 (Paulo González)

- David Bellas e Ana Belén López-Villar: H2O (David Bellas)

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
VI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Trofeo MaCallan de Liriu·Billarda en Sabucedo?
NACE ESPOR[A] !! ESTOUPA A REVOLUCIÓN EN ASTURIES..... QUE ISTA FIND INVADE SABUCEDO!!

Anunciabamolo fai unhas horas e os acontacementos precipitáronse dunha maneira xa imparábel , esporas vermellas que fecundan os prados de vida e lirius, iste pasado martes , Carlos Suari subía ó ring de Acuto a un representante da emerxente Llucha Baltu no país asturiano, e hoxe mutado nise aloitador embravecido revólvese furioso na loita para comunicarnos que bota a andar unha nova franquicia do deporte do Liriu, Nace ESPOR[A] , con sede en Uvieu ven a acompalar na encarnizada Llucha Baltu ós equipos de Asturliriu ( Las Barzanas-castrillón) e a Kirinal Liriu Sport (Avilés) as dúas históricas franquicias asturiannas que reciben orgullosas o alento das esporas vermellas .

E Atención porque ESPOR[A] vai facer a súa presentación oficial en país galego , concretamento iste sábado no VI Encontro de Pandereia Galego-Asturiana da Estrada vai estar Xuacu , un dos membros de ESPOR[A] que xunto co pandeiro de Mao e a gaita vai carrexar Lirius e Machetas por se algún galego se atreve a desafiar a carreiras a iste bravo músico- machetador asturiano , coma nos campos de Bretoña, donde a LNB naceu , ESPOR[A] arrinca a súa andaina tamén ó caron dos garañóns de Sabucedo selando coma o ferro quente na pel das bestas bravas a súa militancia a proba de bombas na loita pola dignificación diste noso deporte. Lanzamos pois o gran reto , ó igual que en Lorient gaiteiros asturianos e galegos se enfrontan no trofeo McCrimmom , retamos o inicio do Trofeo MaCallan de Liriu·Billarda para todo aquel que estando no encontro de pandeiros se anime a desafiar a Varados a Xuacu e cia, dende Sabucedo a Lorient .....Liga Celta de Billarda xa!!

Contacto ASPOR[A] no encontro de pandeiros de Sabucedo: Xuacu / 64586391 / espordasturies@gmail.com

http://ovaral.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Dakidarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Projecto Trepia en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
3ª conversa aberta na EAEM
3ª conversa aberta na EAEM: Internacionalización da música galega + bOnOvO

Será este sábado 29 de novembro ás. 19.30 h. Auditorio Escola Altos Estudos Musicais. Santiago


Falarán
• Vitor Belho
• Olga Nogueira
• Sergio Lago
• X. L. Romero

E Óscar Fernández na presentación do disco de bOnOvO.

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, organiza unha serie de mesas redondas baixo a denominación “conversas abertas” na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,… participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.

Ademais falará Óscar Fernández sobre o traballo discográfico que veu a luz no 2008 do trio do que forma parte en Bonovo, explorando novas posibilidades do folque electroacústico.

Para pechar o ciclo se pretende debater sobre tendencias actuais da música que se fai en Galiza e das súas posibilidades para exportala como produto cultural e comercial. Ponentes de diferentes eidos conversarán desde o seu punto de vista sobre novos camiños que promocionen a música feita desde aquí e para alí. Está orientado a calquera persoa interesada na promoción de eventos, expectativas de exteriorización, management cultural e amantes da música feita en Galiza.

Olga Nogueira representa ao departamento da Xunta e a GalicianTunes, organismo público encargado da promoción internacional do mercado musical galego en feiras coma o Womex ou o Poppkomm.

Sergio Lago, como responsábel do selo discográfico Falcatruada, unha iniciativa que desde o 2003 serve de plataforma para grupos emerxentes con coidados deseños editoriais sacando traballos de bandas coma Lizgairo, Loretta Martin, Sevigny, Narf…

Xosé Lois Romero, compositor e arranxista de grande carisma formou parte de grupos tradicionais de referencia coma Luvas Verdes e agora co trio Vaamonde, Lamas & Romero acaba de publicar Vellas Artes. Ademais é director musical da Nova Galega de Danza.

Vítor Belho é unha das persoas que leva máis tempo na produción das novas músicas en Galiza. Director artístico, xestor cultural, asesor musical… en empresas coma Nordesía, E-burbulla ou a Casa das Crechas.

BonOvO é un trio de recente creación con vellos coñecidos da música galega: Pulpiño Viascón, Roberto Grandal e Óscar Fernández. Propoñen unha música fresca baseada na sonoridade electroacústica da sanfona, o acordeón e a batería electrónica con composicións propias e algún tema tradicional. Música de forte pegada e moi bailábel.
Está orientado a calquera persoa interesada nas novas correntes musicais e filosóficas que agroman e no futuro da linguaxe musical coma expresión artística individual e colectiva.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega para unha festa
Este venres organizamos no Pub Compostelano "Cervecería" que sita na Rúa Nova de Abaixo, a primeira edición da Festa Galega.

Un evento k agardamos teña continuidade no tempo, unha noite dedicada enteiramente á nosa música en todas as suas variantes (folk, rock, pop, etc...) cun único denominador común o idioma ;-P

Estades tod@s invitad@s
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
A colección da Voz
Ademais de música galega, os libro-discos inclúen guías histórico-culturais do país

O primeiro libro da colección de libro-discos O son e a terra distribuirase xunto con La Voz o próximo domingo. Será a primeira entrega dunha colección que pretende reunir en cada volume a música tradicional máis representativa e a información histórico-cultural máis importante das diversas comarcas que forman o país. Esta iniciativa editorial inédita en Galicia está patrocinada polo Banco Sabadell Atlántico. Serán en total setecentas páxinas con datos de carácter social, xeográfico, monumental, natural, musical ou literario as que se reunirán nos dez libro-discos que se poderán adquirir por 5,95 euros.

A mellor música tradicional
Á parte das guías das diversas terras que forman Galicia, a colección incluirá unha selección de douscentos temas que percorrerán a mellor música tradicional, que historicamente foi recollida en cancioneiros como os que a principios e mediados do século XX reuniron investigadores tan fundamentais na historia da cultura do país como Casto Sampedro ou Jesús Bal y Gay.
As pezas están gravadas por diversos especialistas en música tradicional, que nos discos fixeron unha versión dos temas que segue fielmente os parámetros e interpretación tradicionais, e outra nas que interpretan as cancións de maneira máis libre, incluíndo instrumentos habituais nos grupos folk galegos da actualidade.

Esta unión entre a música que marcou a historia da cultura galega e a información que permite coñecer polo miúdo ata a xeografía galega máis recóndita é unha iniciativa editorial descoñecida no país. Nunca antes se fixera unha edición en forma de colección dunha selección tan grande de pezas de música tradicional, que ata o de agora só se podían encontrar de forma dispersa en diferentes discos de diversas agrupacións sonoras. Así, O son e a terra permite acceder ao legado que durante xeracións foi pasando duns músicos a outros, e que converteu en míticos a nomes como os gaiteiros de Soutelo de Montes, Os Trinta de Trives ou Faustino Santalices, todos eles responsables de que os sons da Galicia máis auténtica chegaran ata a actualidade.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Os tres pés da música tradicional do século XXI
Projecto Trepja

O colectivo gañou o GZCrea cunha aposta pola actualización do folk, a danza, a videocreación e as intervencións públicas e performances.


Os integrantes de Projecto Trepja afirman que a historia da música galega tradicional pódese dividir en catro etapas, e eríxense en iniciadores desa cuarta etapa. Preséntase así un colectivo multidisciplinar que xunta a un grupo de mozos de Pontevedra, formados na música e o baile tradicional, e que dende esta base fan unha aposta pola súa actualización. Acaban de iniciar o camiño: xuntáronse hai uns meses para concorrer ao certame do GZCrea e hai unhas semanas levaron o primeiro premio na categoría de música e o segundo no de videocreación.

Porque Trepja non é só un grupo de música, e non é só unha formación de baile, é moito máis. A trepia é un obxecto de ferro con tres pés que se coloca sobre o lume para apoiar olas. Tres pés: música, danza e imaxe para chegar á vangarda dende a tradición.

"A recolheita de campo já nunca mais será material inerte e anquilosado, senom um instrumento mais ao serviço da expresom cultural", din. Projecto Trepja traballa con recolleitas de sons tradicionais, pero tamén fai recolleitas das achegas da vangarda. Ao pandeiro de man únese a zanfona eléctrica, o baixo, a batería electrónica e un gran número de samplers e efectos. Ecléctica Ensemble, Mercedes Peón ou Bonovo, son nomes aos que se ligan.

Dividen a historia da música galega en catro etapas: unha primeira, "tempo de fiadas, de segas, de fiadeiros, de ruadas e de seráns" na que a música formaba parte da vida cotiá: "um tempo no que cantar e tocar nom eram umha habilidade gratuita, eram umha linguagem, um código... era folklore". Unha segunda etapa, no que "o folklore disfrazou-se de saia vermelha com terciopelo negro e espantalhos (...) fijo-se-lhe crer à gente que aquilo os repressentava, que aquelas danças e música esperpénticas eram as suas raízes". A terceira etapa sería a da recuperación, a das recolleitas das creacións populares tradicionais, coas que se recreou a música galega, aínda que no manifesto pendurado na súa web interróganse sobre "o que é fiel ou o que foi... ornamentado".

E a cuarta etapa, o tempo e o lugar de Trepja: "Agora, hoje, com esta terceira idade aínda viva, pero co'a segunda já, afortunadamente, morta quase de todo, surde já umha quarta, e com ela, ['trepia]". Esta cuarta etapa defínese pola deconstrución (non destrución) da música e a dança tradicional. O colectivo atrévese a dicir: "Com nós nasce o crescimento, a expansom. O género 'folklore' começa a nom ser definido polo superficial, polo óbvio, senom polos conceitos, valores e princípios que o sustentam".

O obxectivo é devolver a música e o baile galego tradicionais aos espazos públicos, ao tempo presente, aos centros comerciais, mercados, prazas e rúas das vilas e cidades. "Esse lugar geográfico do que falavamos ao começo, esse país, segue a existir, segue a estar aquí e segue a se chamar Galiza. Mais já nom é so lugar e tempo de todo aquilo que citavamos, é lugar e tempo de muito mais (...) é lugar e tempo onde cabem, em igual medida, o respeito pola tradiçom e a ambiçom por innovar, por re-criar, por misturar, crescer e reintegrar", din.

Todos os pés da trepia: arte e reivindicación
O grupo artéllanse en función dunha outra trepia para a difusión e consecución dos seus obxectivos: asociativa, escénica e reivindicativa. En primeiro lugar, o colectivo quere articularse como asociación para un mellor desenvolvemento dos seus proxectos. Ademais, procuran que as súas actuacións teñan lugar en escenarios e tamén na rúa, en espazos públicos: "Dada a acuciante necessidade de transmitir novos valores a respeito da nossa cultura tradicional, achamos indispensável o achegamento à sociedade contemporánea da própia cultura". Nas cidades galegas do século XXI non hai segas nin seráns, pero a música que os acompañaba segue sendo válida.

Os outros pés da trepia. Projecto Trepja triunfou no certame GZCrea para novos creadores.

Fíxoo na categoría de música, pero tamén recibiu un premio na sección de videocreacións. O colectivo defende a videocreación como método de expresión válido para a cultura tradicional, contando con internet como plataforma divulgativa. Pola súa banda, no baile, como na música, pártese da base da tradición que, deconstruída, únese con elementos da danza contemporánea. Entre as novidades, por suposto, o feito de bailar con roupa de rúa, vaqueiros e zapatillas, e tamén o xa referido obxectivo de ocupar os espazos públicos, sobre todo aqueles nos que a presenza do baile tradicional é máis inesperado. Moitas destas performances, con distintos graos de aceptación, están recollidas en vídeo e pódense ver na rede.

A actuación no mercado de Pontevedra foi recibida con sorpresa e con agrado polas vendedoras e clientes, que convidaron ao colectivo a actuar todos os luns. Moi distinto foi o resultado da súa visita a outro mercado, privado neste caso, un supermercado da cidade, onde ao minuto de comezar a cantar, foron convidados a marchar por un garda de seguridade. Os propios clientes do supermercado aceptaron de moi mal xorne a performance, chamándolles 'inadaptados' ao cruzárense con eles polos corredores.

www.vieiros.com




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2008 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xa na rúa o disco de Vaamonde, Lamas & Romero
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-11-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Som do Galpóm editará o seu primeiro LP en Primavera
Os gañadores da última edición do concurso Nsaio no Camiño, o quinteto compostelán Som do Galpom, fará realidade o seu primeiro LP da man da discográfica FALCATRUADA.

Gael de Esteban (voz), Brais de Esteban (violín e coros), Xurxo García (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro (baixo e coros) e Aitor García (batería) son os compoñentes de Som do Galpom. Unha banda que vai do funk ao rap. E do rap ao reggae. Pero sen casar con ningún dos tres estilos: máis ben, facendo unha mestura orixinal e propria. E precisamente con esa receita caseira é coa que chegaron á final do GZcrea do 2007, ao primeiro posto do IV Concurso da Foundation Reggae Festival… e a gañar, en setembro de 2008, a segunda edición do certame musical Nsaio no Camiño por diante de preto de 150 bandas. I é que nos últimos tempos, Som do Galpom vén de ofrecer máis dun cento de concertos por toda Galicia difundindo o seu estilo e a súa mensaxe por todos os recunchos e festas do país.

www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2008 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Escoitando o vento

A Escola de Gaitas da Casa de Galiza de Gipuzkoa vén de editar un CD xunto coa Banda Municipal de Txistularis de Donostia. Tamén participa a Coral Miren Bihotza.

Neste traballo aparecen recollidas tanto melodias galegas como bascas, tradicionais e de autor, arranxadas dun xeito único. Empastan bastante ben, como se comenta nos textos do livro interior: “Neste disco mestúranse con intelixencia os instrumentos que simbolizan a personalidade de dous pobos que comparten semellanzas moi significativas: a lingua como sinal de identidade e unha cultura e tradición propias e ancestrais.

A combinación de gaitas e txistus que aquí atopamos é a representación musical desta condición que converte a “Escoitando o Vento” nun traballo fortalecedor das relacións entre galegos e bascos”.

Polo de agora, a única maneira de facer-se co CD penso que é poñendo-nos en contacto directamente coa Casa de Galiza de Gipuzkoa (Zabaleta kalea 28, 20002, Donostia; no teléfone 943 27 43 91; ou no fax 943 32 03 33).

No livro interior veñen estas verbas de Manuel Gómez García, director da Escola de Danzas e Gaitas Trískele, da Casa de Galiza:

“No ano 1979, cando un grupo de galegos residentes en San Sebastián fundaron a Escola de Danzas e Gaitas Triskele, non pensaron que, ao longo destes anos, aquela pequena escola chegaría ata o punto onde hoxe en día nos atopamos.

Este traballo non é unha culminación, é un punto e seguido precedente a outros moitos actos que levaron a cultura dos nosos avós, pais e a nosa propia, polo mundo adiante.

Nestes meses de preparación para o que tedes nas mans fixo xurdir nos rapaces da Escola a ilusión, o esforzo e a tenacidade necesarias para facer deste traballo unha verdadeira viaxe polo Vento.”

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 26-11-2008 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
26 de novembro: Folga en defensa do galego

Porque garantirmos o futuro da nosa lingua é garantirmos o noso propio futuro!

Hai dous anos, os hoxe COMITÉS, organización nada da unificación dos CAF e dos CAE (organización actuante no ensino medio) participamos do paro xeral nos institutos para reivindicarlle á Consellaría de Educación que tomase medidas en defensa do galego no ensino. O éxito desa folga, coa participación de máis de 60.000 estudantes segundo datos oficiais, foi fundamental para que a Consellaría de Educación tivese que elaborar unha nova norma de galeguización do ensino, o decreto 124/2007.

www.comitesabertos.org

www.amesanl.org

www.galizanova.org



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2008 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional
En dez volumes reuniranse os temas máis coñecidos dos sons populares con guías culturais das comarcas

La Voz de Galicia inicia o próximo domingo 30 de novembro unha colección inédita ata agora en Galicia. Baixo o título de O son e a terra , dez libro-discos reunirán os douscentos temas máis coñecidos da música tradicional galega, que irán acompañados por unha completa guía que debuxará un percorrido xeográfico-cultural polas comarcas do país. Este ambicioso proxecto está patrocinado polo Banco de Sabadell.

Cada libro-disco incluirá un compacto con as dez cancións máis representativas da historia sonora de cada un dos espazos físicos que reflictan as 68 páxinas de cada volume, que se encargarán de contar os elementos culturais, sociais e naturais máis destacados de cada zona do país en cuestión. Este produto editorial irá profusamente ilustrado con decenas de fotografías.

A música, gravada por músicos especialistas na interpretación de pezas tradicionais, incluirá dez melodías, que estarán interpretadas en dúas versións diferentes: unha que respecta a forma histórica en que eran tocadas con instrumentos como a gaita, o tamboril e o bombo; e outra que se interpreta dunha forma máis evolucionada cos sons do acordeón, a frauta, o violín ou o bouzouki. Os temas gravados están extraídos dos grandes estudos musicolóxicos que contribuíron a fixar a historia sonora do país, como son o Cancionero musical de Galicia , de Casto Sampedro, e o Cancionero gallego , de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay. Nos dez cedés que forman O son e a terra tamén aparecen temas procedentes de séculos de saber popular, que foron recollidos de diversas fontes orais de todo o país.

Os sons incluídos nos discos ofrecen melodías tan coñecidas e definitorias da cultura galega como son as muiñeiras, foliadas e alboradas máis famosas da historia de Galicia.

«Muiñeira de Chantada»
Un exemplo é unha das pezas que aparecen no primeiro libro-disco, que será entregado xunto co periódico o domingo 30 de novembro por 5,95 euros, e que está dedicado ás terras da Ribeira Sacra, Valdeorras, Trives, Viana e Caldelas. Nese volume pódese atopar a celebérrima Muiñeira de Chantada . Sobre esta melodía, quizá a máis coñecida do corpus sonoro tradicional do país, realizáronse recentemente unhas investigacións que atribúen a súa creación á banda dos Ferraias, unha agrupación musical formada nas terras chantadinas en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández. A peza sería pasada a partitura por primeira vez por Victoriano, fillo de Manuel. A mesma investigación, realizada polo colectivo Barcas do Minho, explica que os Ferraias estrearon en público a peza en 1916 nas festas da parroquia chantadina de Veiga. Para esa ocasión, os Ferraias contaron coa colaboración do grupo de gaitas máis famoso da historia de Galicia: os gaiteiros de Soutelo de Montes. A mítica banda que dirixía Avelino Cachafeiro colaborou na súa difusión coa gravación que fixo da Muiñeira de Chantada en 1928. Estas e outras historias son as que se poderán atopar na colección O son e a terra.

A historia da recuperación e dignificación das melodías máis famosas do país

A recuperación e transmisión da música tradicional de Galicia foi unha labor inxente na que destacan algúns nomes que protagonizaron o estudo e interpretación duns sons que non serían o que hoxe se coñece sen a súa intervención. Un dos nomes que merece figurar no panteón de honra de defensores da música galega é Faustino Santalices (1877-1960), que está considerado o investigador máis importante de zanfona en España da primeira metade do século XX.

Este completo músico -ademais da zanfona, tocaba tamén outros instrumentos como a gaita e cantaba- realizou as súas primeiras gravacións en 1929 -aínda que outras investigacións falan de 1927-. Alí aparece Santalices cantando e tocando a zanfona en temas como Canto de romería ou Canto de Seitura . Nas mesmas gravacións tamén se pode escoitar a súa gaita en cancións como Muiñeira de Cartelle ou Alborada antiga de Ourense . Santalices volvería a gravar música tradicional galega moitos anos despois, concretamente en 1949 xa con 73 anos.

O primeiro disco galego
Outro dos grandes protagonistas na dignificación da música do país foi Perfecto Feijoo (1858-1935), que ademais de ter contribuído ao carnaval pontevedrés co loro Ravachol -agora protagonista da festa, pero unha ave real a principios de século que habitaba na farmacia de Feijoo-, fundou en 1883 a agrupación Aires da Terra, fundamental para entender a música galega. Feijoo foi tamén é protagonista, xunto o empresario coruñés Pedro Ferrer, do primeiro disco que se gravou en Galicia, realizado en A Coruña en 1904.

Os sons que aparecen nos dez volumes da colección O son e a terra traen á memoria algúns dos grupos de gaiteiros máis famosos da historia. Nun lugar de honra aparecerían os gaiteiros de Soutelo de Montes, agrupación liderada polo mítico Avelino Cachafeiro (1899-1972).

Este combo levou a música galega por toda a península e diversos países de América, converténdose nas primeiras décadas do século pasado nun fenómeno sociolóxico, que incluso provocou que existan composicións dedicadas por outros músicos a esta banda. Un exemplo é a melodía titulada O gaiteiro de Soutelo , que aparece na colección O son e a terra . É a mostra da consolidada fama que tiña un Cachafeiro que xa a mediados dos anos vinte foi nomeado mellor gaiteiro de Galicia nun solemne acto celebrado en Santiago.


www.lavozdegalicia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2008 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro: Presentación do novo disco na Coruña
Concerto no Teatro Colón da Coruña
Martes 25 de novembro ás 20:00


O grupo musical galego Milladoiro ten novo disco, “A Quinta das bágoas” que presentará este martes no Teatro Colón da Coruña ás oito da tarde. Esta importante cita musical enmárcase nos actos programadas con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, promovidos pola Deputación da Coruña.

“Nunca participaramos nun evento dedicado a tan nobre causa” sinalou Moncho García, un dos compoñentes de Milladoiro, que tamén se mostrou a súa ledicia por que a presentación do disco teña lugar na Coruña “nun teatro que nos acolleu en tantas fermosas noites de concerto”.

Moncho García tamén atopou vinculación entre a xornada que se celebra e o leit motiv do seu novo traballo, inspirado na figura de Inés de Castro, amante e logo esposa do rei Pedro de Portugal, da que se di que foi asasinada por orde do seu sogro. “Ao fin e ao cabo ou noso traballo está dedicado a unha muller galega que sufriu a violencia machista até as súas últimas consecuencias e cuxa historia deu lugar a unha lenda de amor e traxedia” comentou o percusionista de Milladoiro.

Na presentación do novo disco, os integrantes de Milladoiro estarán acompañados por dúas destacadas figuras femininas. Unha delas é a galega Laura Amado, que xa traballou anteriormente con Milladoiro. A outra, unha das voces máis importantes do país veciño, a fadista Mafalda Arnauth.

A asistencia ao concerto deste martes será gratuíta. A Deputación da Coruña xa repartiu invitacións entre varias entidades da provincia. O resto poderán solicitarse na taquilla do Teatro Colón o mesmo día da actuación a partir das dez da mañá.

Entre Galiza e Portugal

“A Quinta das bágoas”, o vixésimo disco de Milladoiro, toma como nome o da residencia de Coímbra que albergou a historia de amor entre Don Pedro de Portugal e a monfortina Inés de Castro. Con esta lenda de amor e traxedia, Milladoiro simboliza as relacións culturais que tiveron ao longo da historia Galiza e Portugal.

Esta vinculación luso-galaica e a súa evolución son o eixe central de “A Quinta das bágoas”. Desde un momento de unidade cultural e pasando polas diferentes etapas de relación entre ambas zonas, van discorrendo os temas do novo disco.

Trala presentación do martes na Coruña, Milladoiro levará o seu novo traballo até Vigo, o 17 de decembro, para logo continuar cunha extensa xira que lle levará a lugares como Guimaraes, Barcelona, O Rosal ou Pedrafita do Cebreiro.

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2008 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos en arteria Noroeste (Copostela)
No Parque Vista Alegre (Rúa das Salvadas, 2A; 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA) no novo centro de Arteria Noroeste de rechamante arquitectura, vanse celebrar esta semana dous concertos de interese para a comunidade folki.

26 mércores 21:00 h. 5 €
ESPIDO .

Proposta orgánica de Guadi Galego e Guillerme Fernández

27 xoves 21:00 h. 5 €
NUBERU.

GRUPO REFERENCIAL DO FOLK ASTURIANO TRAE A GALICIA “allá va la despedida” co gallo da súa retirada despois de 30 anos sobre as táboas de todo o mundo, acompanando a público de tódalas idades.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2008 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre rodas na Coruña
Hoxe luns 24 de novembro ás 21:00 concerto do dúo "Sobre rodas" (Luis Caruncho e Carlos do Viso) no ciclo ForumFolk do Forum Metropolitano da Coruña


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-11-2008 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Uruguai

Hoxe, luns, día 24/11/2008

O 'Alalá' de hoxe ofrece unha primeira parte do que vai ser un achegamento ás vidas dos galegos residentes en Uruguai, que foi durante moitos anos coñecido como 'a Suíza de América'. Nese contexto desenvolveron a cultura propia, que tivo un dos protagonistas máis relevantes no gaiteiro Celestino Pichel. Este home de 82 anos lembra que non deixou de tocar a gaita nunca, a maior parte dos gaiteiros que hai hoxe no Uruguai foron alumnos seus.
Entre estes alumnos destaca Carlitos dirixe hoxe a única banda de gaitas que hai no país, a Banda de Gaitas Irmandade, do centro Val Miñor.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-11-2008 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 21 (Venres)
• Encontro cos Axouxeres no Centro Cultural de Oroso (A Coruña) ás 18:00
• Roi Casal na SGAE de Compostela
• Ophiusa na Gentalha do Pichel (Compostela)
• The Turre´s Band no Liceum do Porriño
• Boy Elliot & The Plastic Bags e Skandalo GZ ás 22:00 na Sala La Fábrica de Chocolate de Vigo
• Pepe Vaamonde Grupo, Ugía Pedreia e Guadi Galego no Festival Libérate do C. Cívico Os Mallos (A Coruña)
• Luar na Lubre na Gala Solidaria "Tierra de Hombres" no Auditorio Fundación CaixaGalicia (A Coruña)
• Xacarandaina na Praza do Mercado de Mugardos
• Victor Aneiros Band no Teatro Principal de Ourense ás 22:00
• Lamatumbá en Narón
• Foliada na Cafetería Tapal (Noia)

Sábado 22
• Roteiro de Congostra
• Polafía en Friol no Museo Etnográfico San Paio de Narla ás 18:00
• 2ª Conversa Aberta ás 19.30 h no Auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Compostela.
• XVII Premios Iar de Folclore Galego no Teatro Rosalía de Castro ás 19:30 (A Coruña)
• Anacos de Buxo no Auditorio de Priegue (Nigrán)
• Boy Elliot & The Plastic Bags e Skandalo GZ ás 22:00 no Pub Clavicémbalo (Lugo)
• Bitxo Bola, Arenga e Ultraqans ás 20:30 na Casa das Atochas (A Coruña)
• Mini e Mero na Gentalha do Pichel
• Festa do Outono en Couso (A Estrada)
• III Serán A Forna en Budiño (O Porriño)

Domingo 23
• I Encontro de Música Folk: Lume na Lareira + Bico da Bolouta ás 19:00 no Teatro Principal da Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Venres 21 de novembro
- Foliada na Cafetería Tapal (Noia)

Sábado 22 de novembro
- III Serán A Forna en Budiño (O Porriño)

Venres 28 de novembro
- Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)
- Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 29 de novembro
-Serán en Couso (Gondomar)
-Magosto-Serán de Chan das Pipas en Saxamonde (Redondela)
-Serán na Casa Cultural de Burgueira (Oia)
-Serán na Illa de Arousa. Multiusos do Concello

Xoves 4 de decembro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 6 de decembro
-Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo).

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 14 de novembro
Vai de baile do 14 de novembro de 2008

Unha e mais o outro (Beade) VS Os Xoldra (Teis)

Fase de Concurso


Fase de Puntuación
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 21-11-2008 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 7 de novembro
Vai de baile do 7 de novembro de 2008

As Pedras dos Muiño (Ponteareas) VS Os Xoldra (Teis)

Fase de Concurso


Fase de Puntuación
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 21-11-2008 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de Outono en Couso (A Estrada)
A localidade estradense de Couso celebrará o sábado 22 de novembro, a partir das 20.00 horas, a «Festa do outono».

Actuarán bailadoras e cantadeiras de Pazos de Borbén e Mondariz, regueifeiros e gaiteiros de Terra de Montes e de Compostela e pandereteiros, bailadores e músicos dos grupos estradenses Linho do cuco, Vos que hai, Retrouso e Os Regatos de Matamulleres. A música tradicional acompañarase con degustacións de cogomelos, castañas e viño novo .

Organiza a asociación cultural A Xesteira.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival Libérate (A Coruña)
Co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Centro Cívico dos Mallos (A Coruña)organiza unha serie de actividades como teatro, actuacións musicais e presenza de diversas persoas coñecidas no barrio e na cidade.

Entre elas o V Festival Libérate

Venres 21 de novembro

Abre o acto: Silvia Longueira, Concelleira de Servizos Sociais; Presenta o acto: Isabel Blanco (Actriz). Actuarán: Pepe Vaamonde Grupo, Guadi Galego e Uxía Pedreira, Mago Pablo, Los Mecánicos, Dúo Jovi, Carlos Bau e Saraiba.

Durante o acto sortearase unha camiseta asinada polos xogadores do Real Club Deportivo.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de música tradicional o sábado 22 en Montealto
Este sábado 22 ás 11.30 da mañá haberá na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules (Campo de Marte S/N) un obradoiro de música tradicional galega.

É totalmente gratuíto e vai dirixido a cativos e cativas de 6 a 10 anos. Para inscribirse é necesario cumplimentar o formulario de inscrición e entregalo na devandita Biblioteca xa sexa en horario de mañá (9.30 - 13.30 horas) ou de tarde (16.00 - 20.00 horas).

www.barriomontealto.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
90 aniversário da assembleia nacionalista de lugo
90 aniversário da assembleia nacionalista de lugo

22 de novembro na Gentalha do Pichel (Compostela)

ceia-acto 10€ (12€ nom sócias)
salpicom, croquetes, churrasco, patacas
gelado, vinho, água e pam

bonos à venda até 20 de novembro

INTERVENÇOM
Bernardo Penabade

concerto
Mini e Mero


www.agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer