Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premios Galegos da Música
Xa está aberto o prazo para inscribir os vosos proxectos nas 13 categorías. Podedes facelo ata o 20 de outubro incluído.

Os Premios Galegos da Música nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas; revelar novos talentos e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.

A Convocatoria irá destinada a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano 2013: grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou fora de Galicia, pero por músicos galeg@s. A inscrición para conseguir a nominación aos premios será libre e gratuíta.

Os proxectos que opten aos Premios Galegos da Música, deberán ser inscritos para competir nunha das seguintes categorías.

Mellor Proxecto Musical Galego de Pop e Indie.
Mellor Proxecto Musical Galego de Rock, Blues, Funk e Soul.
Mellor Proxecto Musical Galego de Metal.
Mellor Proxecto Musical Galego de Hip Hop e Músicas Urbanas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Reggae, Ska e Mestizaxe.
Mellor Proxecto Musical Galego de Electrónica.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Clásica e Contemporánea.
Mellor Proxecto Musical Galego de Jazz e Músicas Improvisadas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Tradicional Galega.
Mellor Proxecto Musical Galego de Folque.
Mellor Proxecto Musical Galego de Músicas do Mundo. (Flamenco, MPB, Músicas Balcánicas, etc...)
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Infantil.
Mellor Proxecto Musical Galego de Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena.

www.premiosgalegosdamusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2013 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
III curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)


Os días 5 e 6 de Outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, en Salceda de Caselas, levarase a cabo a 3ª xornada dos cursos de música e baile tradicional.

Para inscribirse deberase enviar un correo electrónico á seguinte dirección: cultura@salcedadecaselas.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 30 (Luns)
• Sés no Auriense (Ourense) ás 21:30

Terza feira 1 (Martes)

Corta feira 2 (Mércores)

Quinta feira 3 (Xoves)
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 4 (Venres)
• Os Tres Trebóns en Lugo
• Noite de Tasca en Tordoia
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 5
• III Curso de Música e Baile Galego no Concello de Salceda
• XI Festival de Cultura Tradicional da Asociación Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María (Lugo) ás 17:30
• III Festival de Cantareiras (Meirás-Valdoviño)
• Festivalo (Manselle-Dodro) : Zurrumalla, Quempallou, A Compañía do Ruido,...
• Treixadura en Padrón
• Os Resentidos e Festicultores na praza Horta do Seminario (Lugo) ás 21:00
• Devandoira Banda de Gaitas & amigos na praza de Santa María ás 22:00
• Foliada solidaria en Vedra
• VIII “Serán da Colleita”, en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa

Domingo 6
• XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas coa Asociación de Gaiteiros Galegos polo recinto histórico (Lugo) ás 11:30
• Pesdelán ás 18.00 na Illa das Esculturas (Pontevedra)
• Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Sito Sedes, na praza de Santa María (Lugo) ás 21:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2013 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer