Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de Canto na Casa da Leiteira (Arteixo)

Obradoiro de Canto na Casa da Leiteira (Arteixo
)

Este obradoiro é unha introducción ao estudo do canto partindo dos conceptos máis básicos. Vai dirixido a aquelas persoas que gusten de cantar e teñan interese en aprender a coñecer mellor a súa voz, a coidala, e en definitiva, aprender a cantar sen facerse dano.O traballo que realizaremos xirará arredor de técnicas de relaxación, ximnasia respiratoria, control postural, recoñecemento dos diferentes resonadores do corpo e a correcta emisión e proxección vocal"

O obradoiro realizarase os MARTES de OUTUBRO E NOVEMBRO de 18:30h a 19:30h (Un total de 8 horas), no TEATRO ESCOLA do PASO de VALVERDE.
O prezo polo total do obradoiro serán 60 Euros (55 Euros para os Amigos ACDL)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de Música Tradicional de Ourense

Comezamos as clases na Escola de Música Tradicional de Ourense

Toda a información en :
http://aoftou.wordpress.com/


Este ano contamos con clases de:

GAITA: Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez
PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos)
CANTO E PANDEIRETA: Patricia López
MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS: Gerardo Quintela
ACORDEÓN: Gerardo Quintela
LINGUAXE MUSICAL: Gerardo Quintela
*ZANFONA: Carlos do Viso

PREZOS DAS ACTIVIDADES:

- GAITA, CANTO E PANDEIRETA, PERCUSIÓN ou MÚSICA E MOVEMENTO: 120?/curso , (incluídos os 20? de matrícula)

- Dúas asignaturas: 200 ?/curso.
- Tres asignaturas: A consultar
- Instrumento + Linguaxe musical : 170 ?/ curso
- LINGUAXE MUSICAL: 100?/curso


Asignaturas pendentes de formación de grupos:

- ACORDEÓN: Comezo das clases en Outubro.
- ZANFONA: Pendiente de formación dependendo de número minimo de alumnos/as. Cuota: 30?/mes.
Podes reservar a plaza e horario nos teléfonos ou email de contacto.

*AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO:
Aberta a calquera persoa que queira tocar nela sempre e cando a dirección da mesma, considere que ten un mínimo de nivel para participar.
Os ensaios serán un mércores o mes, de 20:00 a 22:00h.
Gratuíta para os/as alumnos/as da escola. Non alumnos/as 25?/curso
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de música tradicional Virxilio Fernández (Coral de Ruada - Ourense)
ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL VIRXILIO FERNÁNDEZ

Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos Ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional ?Virxilio Fernández?, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:
?
Esta escola está organizada pola Coral De Ruada.

?
Poden participar mulleres e homes cunha idade mínima de 10 anos.

?
As clases terán lugar no local de ensaio da Coral De Ruada, situado no ático do teatro Principal, na rúa da Paz, nº 9.

?
Terá lugar os martes de 18,00 a 20,00 horas.Dependendo do nivel previo dos alumnos, poden organizarse en dous niveis: inicio (de 18,00 a 19,00 horas) e perfeccionamento (de 19,00 a 20,00 horas).

?
Daranse clases de gaita galega e percusión (tamboril, bombo, pandeireta e pandeiro).

?
As clases serán impartidas polo gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), membro do Grupo de Música Tradicional ?Gomez Mouro?, gaiteiro e compositor do Cuarteto de Gaitas ?Abelente?, director da Agrupación de Gaitas ?De Pé Feito?, membro do Cuarteto de Gaitas ?parDpar?, etc.

?
Os interesados en participar deben dirixirse aos teléfonos: 654 173 524 (Gonzalo) ou 657 677 411 (Emilio). Tamén poden enviar un correo electrónico á dirección seguinte:info@coralderuada.com

?
Teremos unha reunión con todos os interesados o martes, 1 de outubro, ás 18,00 horas (no teatro Principal) para falar da organización do curso e con vistas a comezar o martes, 8 de outubro.

http://www.coralderuada.com/

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de ouzande (A Estrada)

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de canto e pandeireta de Xirandela (Madrid)

O vindeiro martes 12 de novembro comezan as clases de canto e pandeireta con Xurxo Fernandes na A.C. Xirandela. As clases seran todo-los segundos martes do mes, cunha duracion de duas horas e media e un prezo de 81 euros para non socios e 60 para socios o trimestre. Prazo de inscricion aberto ata o 11 de outubro.

Xurxo Fernandes empeza a súa aprendizaxe na música e no baile tradicional aos catorce anos, indo polas aldeas de Galiza na busca de xente maior que lle transmitise os seus coñecementos musicais.

pasou por diversos grupos de musica e baile patrimoniais, entre os que destacan Xacarandaina, Trebón e Radio Cos.

Durante dous anos dirixiu e presentou a sección "Recollidas", no programa Luar da Televisión de Galicia, un espazo dedicado a espallar e dignificar a música popular das aldeas.

No eido didáctico ten impartido cursos de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións do país, así como en Bélxica, Francia, Brasil, Venezuela e outros países.

As clases por mor de non ter local propio,impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais informacion podedes poñervos en contacto con nos a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou no 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de gaita galega de Xirandela (Madrid)
O vindeiro sábado 23 de novembro comezan as clases de gaita galega con Pablo Carpintero na A.C. Xirandela. As clases serán un sábado o mes, cunha duración de tres horas e un prezo de 165 euros para non socios e 135 para socios o trimestre. Prazo de inscriciòn aberto ata o 11 de outubro.

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música.
Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evalúa a inclusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, Os instrumentos musicais na tradición Galega, que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio.
Pablo Carpintero é gaiteiro desde hai máis de 35 anos. Domina tamén a percusión masculina e feminina, o canto tradicional, así como a requinta, o acordeón, a trompa e o rabel entre outros instrumentos musicais, tendo impartido numerosos cursos de todos estes instrumentos. Como gaiteiro está especializado na recuperación dos repertorios e dixitacións antigas, sendo, ademais, constructor de gaitas, requintas e percusión.
Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos, da comisión permanente do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanalmente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á nosa música de tradición.

As clases por mor de non ter local propio, impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais información podedes poñervos en contacto con nós a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou nos telefonos 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de baile tradicional de Xirandela (Madrid)


O vindeiro domingo 10 de novembro comezan as clases de baile tradicional galego con Xurxo Fernandes na A.C. Xirandela.

As clases seran un domingo o mes, cunha duracion de duas horas e un prezo de 75 euros para non socios e 45 para socios o trimestre. Prazo de inscrición aberto ata o 11 de outubro.

Xurxo Fernandes empeza a súa aprendizaxe na música e no baile tradicional aos catorce anos, indo polas aldeas de Galiza na busca de xente maior que lle transmitise os seus coñecementos musicais.

pasou por diversos grupos de musica e baile patrimoniais, entre os que destacan Xacarandaina, Trebón e Radio Cos.

Durante dous anos dirixiu e presentou a sección "Recollidas",

no programa Luar da Televisión de Galicia, un espazo dedicado a espallar e dignificar a música popular das aldeas.

No eido didáctico ten impartido cursos de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións do país, así como en Bélxica, Francia, Brasil, Venezuela e outros países.

As clases por mor de non ter local propio,impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais informacion podedes poñervos en contacto con nos a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou no 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Clases en Vai de Roda (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Clases en Rueiro (Coia-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Matrícula aberta na Central Folque (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de baile tradicional con Miguel Sotelo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Deusa Tola na Coruña

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2013 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
A miña primeira Rosalía (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2013 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-10-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2013 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
V Son de Trazo (Trazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-10-2013 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Resistencia Fest (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-10-2013 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana

Segunda feira 7 (Luns)
? Mamá Cabra na ​Praza de Azcárraga (A Coruña) ás 1​7:00
? Deusa Tola na igrexa da venerable Orden Tercera (A Coruña)
? Milesios e Brath na praza de Santa María (Lugo) ás 20:30

Terza feira 8 (Martes)

Corta feira 9 (Mércores)
? Banda das Crechas & convidados na praza de Santa María (Lugo) ás 21:00

Quinta feira 10 (Xoves)
? Amesmalua e Eliseo Parra no Teatro Principal (Compostela)

Sexta feira 11 (Venres)
? Festival Son de Trazo (Vilouchada-Trazo): Machina, Zenzar, Familia Caamagno,...
? aCadaCanto ás 21.00 no Cine Alovi (As Pontes)
? Roberto Sobrado ás 22.00 no Auditorio Municipal do Carballiño
? Heredeiros da Crus no Ifevi (Vigo)
? As Maianas ás 00.00 no Club Clavicémbalo (Lugo)
? Sés no Bar Liceum (O Porriño) ás 23:30

Sábado 12
? La Musgaña, Pentalfa e Acetre no Teatro Principal (Compostela)
? Liska!, Ovos podres, Rebeliom do inframundo...no Torreiro da festa (Vigo)
? I Serán Lembranzas da Ría en Darbo (Cangas)

Domingo 13
? Os Carunchos no Salason (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2013 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
? Heredeiros da Crus na Praza Horta do Seminario de Lugo ás 21:30
? Os Tres Trebóns, Eudemónicas e Çe Orquestra Pantasma na praza da Soidade (Lugo) ás 22:30
? Noite de Tasca en Tordoia
? Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 5
? III Curso de Música e Baile Galego no Concello de Salceda de Caselas
? XXV Xuntanza de Gaiteiros (Fene)
? XI Festival de Cultura Tradicional da Asociación Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María (Lugo) ás 17:30
? III Festival de Cantareiras (Meirás-Valdoviño)
? Festivalo (Manselle-Dodro) : Zurrumalla, Quempallou, A Compañía do Ruido,...
? Treixadura no campo da Bouza (Padrón)
? Os Resentidos e Festicultores na praza Horta do Seminario (Lugo) ás 21:00
? Devandoira Banda de Gaitas & amigos na praza de Santa María ás 22:00
? Gaita&Cia, Acido Folclórico en San Andrés de Comesaña (Vigo) ás 21:30
? I Festa Amanexa en Lorbé (Oleiros)
? Foliada solidaria en Vedra
? VIII ?Serán da Colleita?, en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa

Domingo 6
? Inauguración do local da A.C. Traspés (Vigo) ás 17:00
? III Curso de Música e Baile Galego no Concello de Salceda de Caselas
? XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas coa Asociación de Gaiteiros Galegos polo recinto histórico (Lugo) ás 11:30
? Pesdelán ás 18.00 na Illa das Esculturas (Pontevedra)
? Malvela en Lourenzá ás 20:00
? Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Sito Sedes, na praza de Santa María (Lugo) ás 21:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
I Festa Amanexa en Lorbé (Oleiros)
O sábado 5 de octubro teremos a nosa I Festa Amanexa na pista polideportiva de Lorbé (Oleiros).

A partir das seis da tarde, contaremos coas actuacións de Queiroa (Sada), Rancho Folclórico de Souselo (Portugal) e A.C. O Amanexo (Dexo). Durante toda a festa contaremos cunha mostra de artesanía.
Ao remate das actuacións, comenzará a churrascada para encher o buche e coller forzas para a nosa I Foliada que empezará ás nove.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Xuntanza de Gaiteiros (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Lugo

O vindeiro 6 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cos seguintes grupos:

- Arume - (Boiro) A Coruña
- Briteiros - (Vigo) Pontevedra
- Cantareiras de Alende - (As Pontes) A Coruña
- Carapaus - (Santiago de Compostela)
- De Pé Feito - Ourense
- Faiscas de Solobeira - (Cambados) Pontevedra
- Millo Verde - (Cambre ) A Coruña
- Os Naviza - ( Galiza ? Navarra )
- Os Terribles de Donas - (Gondomar) Pontevedra
- Picuiña - ( Marín ) Pontevedra
- Souto Xímaro - ( Lourenzá) Lugo
- Tornaxeira - ( Comarca de Valdeorras) Ourense
- Xarín - ( O Incio) Lugo

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival de Cultura Tradicional - Cántigas e Frores - San Froilán 2013

A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo organiza un ano máis para as festas do San Froilán a que será a décimo primeira edición do Festival de Cultura Tradicional.


O festival terá lugar mañá, día 5 de outubro de 2013 ás 17.30 h. na Praza de Sta. María (Lugo) e nel poderemos ver actuacións da Banda de Gaitas, do Grupo de Baile e do Grupo de Pandereteiras/os de Cántigas e Frores , que ofrecerán a sua actuación en duas partes, amosando en primeiro lugar repertorio recollido nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña, con vestiario de gala e na segunda parte do festival ofrecerán pezas recollidas integramente na provincia de Lugo, co vestiario de cotio.

Este ano, a Asociación Cultural Cántigas e Frores convidou ao festival ó Grupo de Danzas Coletores de Calahorra, (La Rioja); este grupo ofreceranos a posibilidade de contemplar numerosos bailes e músicas tradicionais da zona.

www.gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Pesdelán en Pontevedra

SESIÓN DOBRE E DE BALDE

Pesdelán ensinará a bailar a todos os públicos este domingo na Illa do Covo


O vindeiro domingo día 6 de outubro os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés na pontevedresa Illa do Covo ao tempo que nos divertimos sen importar a idade, condición física ou experiencia que teñamos. Este proxecto cultural, de enorme éxito desde a súa creación, chega á cidade do Lérez para nos amosar outra perspectiva á hora de asistirmos a un espectáculo. Ademais de escoitar, participaremos nel. E por partida dobre.

Así, na Illa das Esculturas de Pontevedra (Illa do Covo), o vindeiro domingo día 6 ás 13:30 horas

Pesdelán animaranos a bailar e cantar no seu obradoiro de baile tradicional, para ás 18:30, volver ao mesmo escenario xa cun concerto no que poder bailar o aprendido pola mañá. Para todos os públicos e con entrada de balde, será un xeito novidoso de pasar a fin de semana en familia. A
proposta está inserida no programa 'Faiponting' e forma parte das actividades do 'Picnic' dese día
6, co obxectivo de ofertar unha forma diferente de vivir a cidade de Pontevedra.

Deste xeito, a Illa do Covo acollerá a maiores, pequenos e mozos/as, que poderán gozar, e por partida dobre, do bo facer de Pesdelán á hora de dinamizar grupos de persoas a través da música tradicional. Este proxecto de música para baile pretende cambiar o concepto de público espectador
polo de público participante e leva vendidas máis de 4.000 copias do seu primeiro disco 'Na punta do pé'.

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao grupo de persoas asistente, pretende recuperar o espírito participativo das
festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías tradicionais para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a 4ª tempada de Folk in Trío
Folk in Trío comeza a súa 4ª tempada cos mesmos obxetivos que no seu nacemento

Xa hai máis de tres anos dende ese venres de xullo do 2010 arrincaba o programa Folk in Trío na emisora comunitaria coruñesa, Cuac FM.


A música folk e tradicional dase cita neste espazo con música en directo, sorteos, anuncios, entrevistas... e un lote de novidades cada semana con gran apoio pola música novel.

Tamén temos feito programas en directo, como na Antiga Prisión Provincial da Torre aproveitando o noso 50º programa, ou o Especial Festival Interceltique de Lorient, dez programas en directo dende a Bretaña francesa nos anos 2012 e 2013.

Polos estudios de Cuac FM achegáronse grupos e solistas como Berrogüetto, Quempallou, Riobó, Os Cempés, Xabier Díaz, RIU, Sergio Tannus... pero non deixaron a ocasión de falar por vía telefónica con xente como Eliseo Parra, Silvia Pérez Cruz, Luar na Lubre e unha morea de artistas máis.

A 4ª tempada vai na liña marcada das anteriores, con seccións como o Xa Choveu!, onde rescatamos gravacións que xa se poden considerar históricas; o Folk-exemplo onde seguiremos poñendo a proba a algúns dos convidados; a sección friki-folkie, onde de cando en vez teremos a ocasión de escoitar cousas fóra do habitual; axenda semanal etc.

Estaremos os venres de 16 a 17 horas en Cuac FM, e tamén soaremos en Radio Crónica Folk Musical, Radio Neria, Radio Roncudo e Radio Pai, agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 04-10-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada apertura da sede social da A.C. Traspés (Vigo)

A Asociación Cultural Traspés quere convidarvos á apertura da nosa sede social este próximo Domingo 6 de Outubro a partir das 17 horas. 400 metros cadrados de local situado na Avda. da Florida 32, baixo.


Como non podía ser doutro xeito, queremos abrir as portas como mellor sabemos, facendo unha foliada na que esperamos contar con tod@s vós, comezando con bo pé este novo proxecto.

Do mesmo xeito, tamén animarvos a que consultedes a nosa web informándovos de todas as aulas que ofertamos. Pero bulide que a escola dá comezo este mesmo Venres 4 de Outubro.

Para máis información:

www.traspes.com
traspes@traspes.com
629 049 802 (teléfono).
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Parderrubias (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2013 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 3 de outubro
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


Primeiro serán da tempada!

Quen vén tocar esa noite?
21h45 . Obradoiro de baile con Davide e Xiao (Maghúa)
22h45 . Maghúa
23h30 . Os Terribles de Donas
24h15 . Son do Souto
01h00 . Foliada

Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela

Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2013 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada solidaria en Vedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival de Cantareiras (Meirás-Valdoviño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Tordoia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festivalo de Manselle (Dodro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-10-2013 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de noso (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-10-2013 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
San Froilán 2013 (Lugo)

SÁBADO 5 // DÍA DE SAN FROILÁN

? XI Festival de Cultura Tradicional da Asociación Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María ás 17:30
? Os Resentidos e Festicultores na praza Horta do Seminario ás 21:00
? Devandoira Banda de Gaitas & amigos na praza de Santa María ás 22:00

DOMINGO 6 // DOMINGO DAS MOZAS // DÍA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO

? XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas coa Asociación de Gaiteiros Galegos: Arume (Boiro), Briteiros (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes), Carapaus (Compostela), De Pé feito (Ourense), Faíscas de Solobeira (Cambados), Millo Verde (Cambre), Os Naviza (Galicia/Navarra), Os Terribles de Donas (Gondomar), Picuiña (Marín),Souto Xímaro (Lourenzá), Tornaxeira (Valdeorras) e Xarín (O Incio) , polo recinto histórico ás 11:30
? Banda Municipal de Lugo cun repertorio de música popular galega no templete da Praza Maior ás 13:00
? Cantando a Galicia, homenaxe á verbena popular galega con Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Sito Sedes, na praza de Santa María ás 21:30

LUNS 7

? Noite de folk cos concertos de Milesios e Brath na praza de Santa María ás 20:30

MÉRCORES 9

? Noite de Foliada coa Banda da Casa das Crechas & convidados na praza de Santa María ás 21:00 h.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2013 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0