Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Castañazo de Maceda
O sábado 24 de Outubro, a Asociación "O Pipote" celebra en Maceda, un Magosto Alternativo, esta será a 2ª edición do CASTAÑAZO'09 de Maceda

Comezará às 19:00hs, e os grupos son:
- Fracasados de Antemano
- Os 3 Trebóns
- Som do Galpom
- O Sonoro Maxín
- The La Torre Brothers

En caso de choiva farase no Recinto Feiral, haberá servizo de noitebus e zona habilitada
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-10-2009 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Polafía en Vilaboa
CASA DE CULTURA DA PARROQUIA DE FIGUEIRIDO
Sábado, 24 de outubro de 2009, ás 6 da tarde


Intervirán:
FELICIA INSUELA (de Vilaboa), DOLORES PEREIRA,
MARCIAL CORTEGOSO E SOLITA PAZOS (de Salcedo), LINO LAGE,
ROSARIO GARCÍA, PABLO CARRO, CARMEN NEIRA (de Tomeza),
ALBERTE GULÍAS, autor da escultura “A moura do río dos Gafos” e ISIDRO NOVO
Actuación do grupo de música tradicional "Os Chichisos"

ENTRADA LIBRE

Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Patrocina: Consellería de Cultura.
Colaboran: Concello de Vilaboa e As. Cultural "Os Chichisos".
__________
As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións.

A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG, na súa Sección de Literatura Oral. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
A Tribu - Xacobe Martinez Antelo presenta un novo proxecto musical en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2009 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Consecuencias do éxito da manifestación pola lingua I
Titular da TVG: "Atacan un equipo da TVG na manifestación a prol da lingua"

Sería Don Avelino Pousa Antelo, o histórico galeguista de 95 anos que aparece ao comezo do video... estache feito un rapaz...


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2009 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Consecuencias do éxito da manifestación pola lingua II
A Manipulación dunha televisión facha (Intereconomía)
En que mundo vivirá esta xente?


"El masón Francisco Caamaño ha participado esta misma tarde en una manifestación junto a independentistas gallegos en la que ha reclamado la supresión del castellano en el sistema educativo de Galicia"



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Consecuencias do éxito da manifestación pola lingua III
"Interrogatorio" ao presidentes da Mesa pola Normalización Lingüística na Televisión de Galicia

Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fía na Roca no Alalá

Hoxe, martes, día 20/10/2009

O "Alalá" desta noite estará cun dos grupos máis veteranos do folk galego, "Fía na roca", que leva máis de 15 anos mesturando a música tradicional con algo de rock, de jazz, de música étnica e de todo tipo de ritmos para acadar un son propio, diferente e inconfundible
. Para celebrar que levan todo este tempo facendo a música que lles gusta e pasándoo de medo con iso fixeron un dvd que chamaron "Quince maios" que inclúe entrevistas con eles e a gravación en directo dun concerto no Teatro Principal de Santiago, en que quixeron amosar o que é hoxe Fía na roca.

O programa lembra que dende que se presentaron ao público no Festival Folk Cidade Vella de Compostela no ano 1993, o grupo foi cambiando e o panorama musical galego tamén, pois cando comezou non eran moitos os grupos que se dedicaban a facer folk, e eles intentaron sempre non deixarse levar polos vaivéns do mercado e seguir fieis ás súas ideas, algo que conseguiron mantendo traballos á parte do grupo e autoproducindo os seus propios discos. Polo camiño marcharon uns músicos e viñeron outros e pasaron de facer música basicamente instrumental a incluír a voz de Sonia Lebedynski. Xunto a ela, Xosé Ramón Vázquez, un dos fundadores do grupo, Carlos Castro, Roberto Santamarina, Giao Rodrigues, Xabier Olite e Roberto Rama forman este novo e sempre sorprendente Fía na roca.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 20-10-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan os Ventos: catro décadas de gravacións
Repasamos con Antón Castro os discos máis emblemáticos da banda, que acaba de presentar o cd e dvd do proxecto 'Terra de soños”.

Vai facer un ano que Fuxan os Ventos volveron aos escenarios. Daqueles concertos celebrados no Auditorio de Galicia en Compostela os días 18 e 19 de outubro de 2008, naceu o disco Terra de soños, que vén de editar BOA Music. Trátase dunha publicación dobre en formato digipack: o cd inclúe 20 cancións, e o dvd 28 temas gravados en vídeo ademais dun making off con entrevistas a músicos da banda, convidados, colaboradores e grupos actuais.

www.vieiros.com

Terra de soños é o noveno disco de Fuxan os Ventos ao longo dos seus 38 anos de historia. Con Antón Castro, que se incorporou á banda no 1983, percorremos a traxectoria do grupo a través de cinco dos seus discos máis relevantes:

Fuxan os ventos (1976): “Temos un país e temos quen o cante”

A banda formouse en 1972 co nome de Folk 72. Catro anos despois publicaban o primeiro dos seus catro discos con Philips-Fonogram. Antón Castro lémbrao así: “Eu aínda tiña 18 anos, pero acórdome como se fose hoxe de estar con Mini en Lugo escoitando o disco cos pelos de punta. Para os que nos iniciabamos no galego e no que era Galiza, foi unha toma de conciencia máis fonda do que xa tiñamos. Neste disco xa se descobre que Fuxan os Ventos é un grupo comprometido co seu tempo. A moitos axudounos a dicir que non estamos sós: temos un país e temos quen o cante.

Sementeira (1978): “Un disco emblemático e moi definidor”

Logo de O tequeletequele e Galicia canta o neno, chegou o disco que acadou maior éxito, e que os proxectou con forza fóra de Galiza. “Foi un gran bombazo, con dous temas que se converteron case en himnos e que marcaban as dúas liñas principais do grupo: as pezas con letras de grandes poetas contemporáneos, como 'Sementeira', escrita por Luis Álvarez Pousa, e a actualización da música tradicional, con 'A Carolina'. Foi un disco emblemático e moi definidor”.

Noutrora (1984): “Había que ser moi coidadosos coa parte instrumental”

No 81 publican co selo galego Ruada Quen a soubera cantar. En 1983 dáse un cambio importante na formación, coa saída de Mini e Mero e a incorporación dun trío de instrumentistas, entre eles Antón Castro: “Nese momento houbo unha posta en común, decidimos que había que integrar acordeón e gaita e ser moi coidadosos coa parte instrumental. Redefinimos musicalmente o grupo a partir das carencias que había de atrás. Foi un disco que traballamos moito en directo, e no que despuntan 'A costureira' e 'Iste vaise'”.

Sempre e máis despois (1999): “Buscamos o arroupo instrumental que queríamos ter en directo”

Pasaron 15 anos ata que volveron publicar un disco. “Foise facendo pouco a pouco, traballando moito sobre temas tradicionais, especialmente romances. Na elaboración dos temas buscamos o arroupo instrumental que queríamos ter en directo. Tamén houbo unha evolución vocal: de usar dúas ou tres voces pasamos a cantar a catro ou cinco voces. Tivo unhas vendas moi boas, que axudaron a manter de actualidade ao grupo. Foi aí cando se empezou a falar de volver a xuntarnos para tocar en directo”.

Terra de soños (2009): “O soño de reelaborar temas xa míticos e darlles un selo novo”

A fin dunha paréntese de 20 anos sen tocar en directo produciuse o ano pasado, co proxecto que agora se recolle en disco. “A concepción musical é a de respectar a dos últimos traballos. Para achegarnos aos temas de atrás, pensamos que debiamos contar con alguén novo que os reelaborase, e aí apareceu Xosé Luís Romero, que concibiu o tipo de instrumentación que queriamos. Foi unha sorpresa contar con grandes músicos novos que sentían a emoción de tocar con Fuxan os Ventos, e con colaboradores que se entregaron totalmente:Uxía, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní, Xabier Díaz, Guadi Galego, Mercedes Peón, Miguel Lustres ou Sabela Rodríguez. Terra de soños é o soño de reelaborar temas xa míticos e darlles un un selo novo”.

www.vieiros.com








Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
O acervo musical galego abraia os ‘erasmus’ en Vigo
A universidade dálle a benvida aos estudantes cun libro sobre os instrumentos tradicionais

A Universidade de Vigo deulle onte a benvida aos estudantes estranxeiros que pasarán este curso nalgún dos seus centros coa presentación do volume de Pablo Carpinteiro Arias Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural. Os 350 novos estudantes viviron en primeira persoa a súa primeira oportunidade de achegarse a tradición a través dun dos elementos do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, os instrumentos musicais; e os disfrutaron coa interpretación de diferentes pezas que o mesmo Pablo Carpintero fixo con algúns deles.

Para a presentación do volume– cuxo contido debulla cada luns Xornal de Galicia con fichas sobre os diferentes instrumentos– o autor do libro escolleu onte a trompa ou berimbau, o rabel, a caramela, unha gaita de fol con ronquillo e o tambor. Os estudantes, que puideron seguir cada unha das explicacións dos instrumentos dado que a recompliación se editou en formato tetralingüe, foron animándose aos poucos e remataron acompañando coas palmas o autor e os seus instrumentos.

PEZAS ARQUEOLÓXICAS

O obxectivo do catálogo é dar a coñecer só algúns dos moitos instrumentos musicais que ten Galicia. De feito, na introdución do libro alúdese a que “un pobo que ocupa unha pequena extensión xeográfica ten, comparativamente, un dos maiores e máis interesantes acervos instrumentais do planeta, posto que conserva instrumentos musicais que son verdadeiras pezas arqueolóxicas”. Cuestión que se explicaría na “creatividade dos galegos e o elevado grao de conservación do sistema cultural tradicional”.

Por razóns de espazo a escolma cínguese a un número reducido de instrumentos musicais escollidos pola súa representatividade. “Son todos os que están pero non están todos os que son”, recoñece Pablo Carpintero.

O autor, doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago, realiza na actualidade un doutoramento no departamento de Historia da Arte sobre a gaita de fol e traballa no proxecto Ronsel da universidade viguesa para a recuperación do patrimonio inmaterial de Galicia.

Este lugués tomou coma principal fonte de información toda Galicia, coas áreas galegofalantes da zona do Eo-Navia, o Bierzo e Alta Seabra, amais do norte de Portugal. Así, co catálogo o que se pretende é facer pensar o lector nos cambios evolutivos que levaron a cada época ata cada un dos instrumentos. Unha evolución na que, segundo apuntan, as migracións das persoas xogaron un papel transcendental, entre elas os camiños a Santiago de Compostela, que“con seguridade tamén influíron no espallamento dos instrumentos musicais e da música galega”.

No acto de presentación e de recepción dos novos estudantes estiveron presentes o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, que lles deron a benvida á cultura galega.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
A Asociación de Gaiteiros Galegos na mobilización pola lingua
Grupos e músicos responderon de xeito masivo á convocatoria realizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos para participar na mobilización que reuniu na capital de Galiza a milleiros de persoas para defender o noso idioma

A Asociación de Gaiteiros Galegos encabezou a manifestación organizada pola plataforma Queremos Galego que se celebrou na capital de Galiza o pasado día 18 de outubro. A AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos), integrada na plataforma organizadora, mobilizou aos asociados e asociadas que participaron de xeito masivo na manifestación facendo soar os seus instrumentos na defensa do noso son e do noso idioma. A AGG tivo a honra de ser convidada pola organización para abrir a manifestación que foi encabezada por membros da xunta directiva da AGG e varios socios e socias. Moitos foron, tamén, os gaiteiros e gaiteiras que levaron a Compostela o son dos seus instrumentos para facer patente o apoio dos músicos tradicionais a esta mobilización en defensa do noso idioma. Ademais da presenza na marcha a favor do Galego foron membros da AGG os que animaron, na Praza da Quintana, a chegada dos manifestantes e interpretaron o Himno Galego ao final das intervencións previstas pola plataforma.

Membros da directiva da AGG manifestaron que "a participación da AGG nesta mobilización é a continuidade ao traballo realizado pola Asociación de Gaiteiros en máis de 20 anos de defensa da nosa música, da nosa cultura e do noso idioma". Para a AGG non se pode entender a cultura, nin a música galega sen o idioma "non se pode entender a figura do músico tradicional como un interprete instrumentista ao uso, ser gaiteiro conleva moito máis que saber tocar a gaita".


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2009 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 19 (luns)

Terza feira 20 (Martes)

Corta feira 21 (Mércores)

Quinta feira 22 (Xoves)
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)

Sexta feira 23 (Venres)
• Pito de Pikasso no pub Gatos (Melide)
• Colvalblú no Salason (Cangas do Morrazo)
• Skarallaos no Pub D´antón (Laracha)
• Machina no Propopolis (A Coruña)

Sábado 24
• Repichoca solidaria en Narón
• Pito de Pikasso no pub Lacosta (Portonovo)
• Banda Potemkim no Auriense (Ourense)
• Xemántica no Revolta (Vigo)
• Zenzar na Artabria (Ferrol)
• Os Cuchufellos, Ce Orquestra Pantasma,... no Espazo Activo de Vedra
• Festival Castañazo (Maceda):Sonoro Maxín, Som do Galpóm, Os Tres Trebóns,...
• Serán en Mondariz no Pavillón Municipal

Domingo 25
• Foliada no Espazo Activo de Vedra: A Requinta da Laxeira, A Gaita de Sarandón, Bouba Panderetiras, Os Gaiteiros do Pedroso,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2009 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Unha manifestación histórica

Ducias de miles de persoas (100.000 segundo a organización) ateigaron Compostela na protesta convocada pola plataforma Queremos Galego. Por vez primeira nesta lexislatura, toda a oposición marchou xunta contra o recorte da promoción do galego executada pola Xunta do PP.

A organización fala de 100.000 asistentes e a Policía Local, segundo Europa Press, de 50.000. En todo caso unha primeira impresión apunta a que se superou a protesta do Día das Letras. Daquela a Mesa pola Normalización falara de 50.000 asistentes.

“Ao Obradoiro!” ante a falta de espacio


Este domingo a Quintana encheuse por completo e moita xente non ficou fóra, polo que se escoitaron berros de “Ao Obradoiro! Ao Obradoiro!”. A organización presumiu de que aínda había xente na Alameda co acto xa iniciado na Quintana.

"Somos galego e temos dereito" e "Na Galiza, en galego" foron algúns dos berros máis populares. A manifestación descorreu sen incidentes polo centro e a zona vella de Santiago até a Praza da Quintana.

Primeiro ministro que participa nunha manifestación polo galego

Cifras á marxe, o que converte en histórico este 18 de outubro é a pluralidade da manifestación. Máis de 500 entidades e 3.000 persoas artellan o seu esforzo ao redor de Queremos Galego. O resultado é que por vez primeira PSOE, BNG, Esquerda Unida, Terra Galega e outras formacións marcharon da man contra os recortes á normalización do idioma executados pola Xunta do PP.

De feito, unha das fotos máis buscadas é a do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. O socialista é o primeiro ministro do Estado que participa nunha manifestación a prol do galego.

O BNG pide a Feixóo que volva ao consenso

A presencia e as declaracións de Caamaño reforzan a vinculación do PSOE coa loita polo idioma. O propio líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, non dubidou en nomear a Feixóo hoxe como “inimigo número un do galego”.

Dende o BNG, Guillerme Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que rectifique e “volva ao consenso”, en clara referencia ao anuncio do PP de derrogar o decreto do ensino do galego e as dúbidas sobre se respectarán o Plan de Normalización que aprobou Manuel Fraga.

Na lectura do manifesto, a actriz Patricia Vázquez tamén acusou á Xunta de violar, por vez primeira na democracia, a súa obriga estaturia de defender a lingua propia.

Antelo, Callón e Souto

Tamén falou o veterano galeguista Avelino Pousa Antelo, quen rematou a súa interlocución coa cita de Castelao “se aínda somos galegos é por gracia do noso idioma”. Seguiulle o presidente da Mesa, Carlos Callón, quen acusou a Feixóo de “racismo lingüístico” e dunha actitude “chulesca, arrogante e prepotente”.

Fechou o acto Xuxo Souto. O músico coruñés foi o máis aplaudido coas súas exhortacións a que os votantes do PP e a mocidade urbana súmense a defensa da lingua.

Iniciativa Lexislativa Popular

A plataforma 'Queremos Galego' critica varias medidas dos conservadores na Xunta. Entre elas, a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.

Ante estes “abusos”, Queremos Galego anunciou que recollerá sinaturas para presentar na Cámara unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).

Mentres, Feixóo, na súa visita de tres días a Londres, defendía a importancia dun ensino en tres idiomas e recoñecía a utilidade da lusofonía.

Persoeiros da cultura e mandatarios políticos
Do eido da Cultura participaron, entre outros, Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Manuel Rivas; Bernardino Braña; Andrés Torres Queiruga; Susana Seivane e Manuel Lourenzo; o director de revísta Retranca, Kiko da Silva; Xurxo Souto; o promotor teatral Xesús Ron. No acto cantaron os cantautores Mini e Mero, membros de A Quenlla.

Por parte do PSOE participou o seu líder galego, Manuel Vázquez, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e varios deputados como Beatriz Sestayo, Francisco Cerviño e Xaquín Fernández Leiceaga.

Do Bloque acudiu a practica totalidade da cúpula dirixente, encabezados por Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich. Tamén houbo representación de TEGA, Esquerda Unida (a súa líder Iolanda Díez estivo na faixa de cabeza) e outras forzas.

Na parte traseira da protesta marchou a Galego Sempre Máis e outros colectivos críticos coa labor da Mesa na Plataforma Queremos Galego, pero que comparte varias das reivindicacións da convocatoria de hoxe.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2009 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Non puiderón calar as voces
A manifestación a prol do idioma pareceuse as de Nunca Máis na pluralidade dos convocantes e no número de asistentes, 50.000 segundo a Policía Local. Ademais, recuperáronse berros como o coñecido 'Televisión, manipulación!' que desta volta deulles un desgusto aos responsábeis da TVG.
E é que na conexión do Telexornal do mediodía os cidadáns aproveitaron o directo para facer notar o seu malestar coa TVG. Con todo, o xornalista foi quen de aguantar o tipo e concluír a súa crónica con éxito.

A información da manifestación abriu o Telexornal e durou máis de catro minutos. Falaron nela os líderes do BNG, do PSdeG e mesmo algún militante do PP, como Rafael Cuíña, que se sumou á mobilización.

Cuíña participa na manifestación

Cuíña alertou que hai grupos que están a presionar á Xunta para que faga do galego unha lingua con menos dereitos que o castelán, algo que na opinión do fillo do ex-líder da familia galeguista do PP, non se pode tolerar.




www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
IV Mostra de Cinema Etnográfico (Compostela)

IV Mostra de Cinema Etnográfico (Compostela)
Inauguración o luns 19 de outubro no Museo do Pobo Galego


O cine ten sido un compañeiro continuado na actividade do Museo do Pobo Galego. O primeiro Presidente do Padroado, Xoaquín Lorenzo “Xocas”, que legou ao Museo a súa excelente obra intelectual, deixoulle tamén os dereitos sobre O carro e o Home, unha das películas fundacionais da cinematografía galega, da que fora guionista e artífice xunto ao director Antonio Román.

Seguindo o seu ronsel e a partir dun proxecto do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo, buscamos a colaboración de quen, coma nós, traballa e se interesa no coñecemento de tradicións, costumes, xeitos de vivir e pensar pero neste caso, presentadas a través do audiovisual. Xunguindo cine e etnografía como xa fixeran Xoaquín Lorenzo e Antonio Román décadas atrás, vinculando o mundo audiovisual e o interese etnográfico de Galicia a Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, conta cunha sección denominada Espiello na que se proxectan as cintas gañadoras na última edición deste festival oscense de cine documental etnográfico. A sección Carlos Velo, é unha selección de documentais elixidos desde o propio Museo onde se prima a presenza de realizadores e realizadoras galegas.

Nesta cuarta edición da Mostra que conta co patrocinio da Concellaría de Cultura de Santiago e a colaboración da TVG, cintas como Eloxio da Distancia con guión de Julio Llamazares ou O Tempo de Recolleita de Félix Blume presentan historias do rural galego que se poderán ver xunto a filmes como Unidos por el Flow que conta o proxecto do Kasal de Joves de Roquetes con colectivos de mozos Ñetas e Latin Kings. Iniciativas como a do movemento de ecoaldeas español da que nos fala Pueblos sin camino, aconvivencia entre homes e mulleres de Non Casamento de Helena Villares, A República dos soños sobre o Couto Mixto, Historia dunha Parroquia de Marcos Nine,ou a premiada Tiny Caterina do ruso Iván Golovnev irán proxectándose ata o sábado 24 de outubro. peculiar

As proxeccións comenzan as 19.00 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2009 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do III Concurso de Música Tradicional (Luou)

Resultados do III Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo.

1º Premio dotado de 1000 € e agasallo conmemorativo : Painho do Mal Tempo (Pontevedra)
2º Premio dotado de 600 € e agasallo conmemorativo : Os Fonte Suairas (A Coruña)
3º Premio dotado de 400 € e agasallo conmemorativo : Senlleiro Soar (Ponteareas)


Grupos participantes por orde de actuación na fase final do concurso celebrada hoxe domingo día 18 de Outubro de 2009:

1º O Facho de Maeda (Ortigueira)
2º Picuíña (Marín)
3º A.C. Donaire (A Coruña)
4º Painho do Mal Tempo (Pontevedra)
5º Os Fonte Suairas (A Coruña)
6º Senlleiro Soar (Ponteareas)
7º Árdelle o queixo (A Coruña)
8º Alén do Són (Ortigueira)

Dende a Organización dar as gracias a tod@s @s participantes e asistentes ó evento, agardando que todo fora do seu agrado.

E convocarvos para o vindeiro ano para o que será a IV edición deste concurso.
Comentarios (51) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-10-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 16 (Venres)
• Vaamonde, Lamas & Romero en Arteixo
• Som do Galpóm en Outes no Café Antano
• Skarallaos en Boiro
• Tromentelos Chis Pum no Pub Gatos (Melide)

Sábado 17
• XII Festival Algazara (Ponteareas)
• Machina e Zenzar no Revolta (Vigo)
• Pito de Pikasso no pub Excalibur (Chantada)
• Nordestin@s no Auditorio de Ribadumia
• Skarallaos en Betanzos
• A Tuna Rastafari no Salasón (Cagas do Morrazo)
• Skacha e Samesugas en Carral (A Coruña)
• Dandy Fever no Auriense (Ourense)
• Os Tres Trebóns en Arzua
• Os da Ría, O Leo e Arremecaghoná, Pepe Constela, Roberto Sobrado,... na Praza das Praterías ás 18:00 (Compostela)
• III Serán do Gaiteiriño na Capela de San Amaro (Aldán)

Domingo 18
• Manifestación en Compostela pola defensa do galego ás 12:00
• "III Concurso de Música Tradicional" de Cuartetos Tradicionais en Luou - Teo
• Toxos e Frores, Cantigas da Terra e Tiroliro Regueifeiros no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Ovay (Henrique Peón) no Teatro Jofre (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
17 de outubro
-III Seran do Gaiteiriño en Aldán (Cangas do Morrazo)

24 de outubro
- Serán en Mondariz no Pavillón Municipal

31 de outubro
- Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
- Serán do Samaín en Redondela, na Alameda

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- IV serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-10-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
'Os mozos han de protagonizar a defensa do galego'
Xurxo Souto: 'Os mozos han de protagonizar a defensa do galego'

O músico, comunicador e escritor Xurxo Souto (A Coruña, 1966) é tamén un dos portavoces da plataforma 'Queremos Galego'. Desde 'A Nosa Terra', o ex vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto volve facer un chamamento aos votantes do PP para que se unan á defensa do galego. 'A lingua debe ser causa común e debe estar presente en todos os partidos', apunta.

Por que decidiu adherirse á plataforma “Queremos Galego”?

Considero que todos debemos implicarnos en calquera iniciativa a favor da lingua. Persoalmente, síntome vinculado a calquera plataforma que apoie a lingua e estou disposto a colaborar noutras. Vivimos un momento de preguiza social no que respecta á defensa do idioma e por iso cómpre que a sociedade pase de actuar como espectadora a converterse en protagonista e que dea o seu paso a prol do galego.

Di que a sociedade se volveu preguiceira, a que se debeu?

Nos anos seguintes á ditadura, a xente tomou conciencia e deulle un pulo importante á lingua para que fose incorporada á vida pública. Conseguiuse levar o galego ao ensino e mesmo se crearon medios de comunicación na nosa lingua, pero pasados os anos, tras a inacción e desleixo das institucións, a sociedade adoptou un estado de preguiza que nos leva a este presente no que o galego está marxinado.

Como ve a política lingüística da Xunta?

O Goberno está a asumir toda unha serie de medidas contra a lingua en vez de promover políticas decididas a impulsar o seu uso. Consideran o galego un idioma de segunda. A isto hai que engadirlle que apareceron posicións predemocráticas –minoritarias, pero que falan con moito estrondo– que mesmo cuestionan o galego como lingua útil e que levan o seu uso a unha cuestión de clase. Vese o xeito de falar castelán como un sinal de aristocracia... afortunadamente, non estamos nunha aristocracia, senón nunha democracia.

Que cómpre facer ante esta situación?

Hai que recuperar ese pulso colectivo, romper a dinámica herdada e poñernos en funcionamento en defensa da lingua. Sobre todo, hai que atender a xente nova porque é o sector da sociedade que máis valora o galego e que á vez o que menos o fala. É necesario pedirlle á mocidade que rache coa herdanza dos maiores e co contexto de presión social. Non podemos resignarnos. Nomeadamente, a xente nova das grandes cidades, da Coruña e de Vigo, –que vive no mesmo contexto e que sofre os mesmos problemas– ten que asumir un compromiso a prol do idioma.

Ten apuntado que a defensa do galego non é unha cuestión partidaria...


Non é unha cuestión partidaria, pero si que é unha cuestión política. Desde aquí volvo facer un chamamento a todos os votantes do PP para que se adhiran á plataforma, para que se movan a favor da lingua. Un pode ser do PP, defender os principios políticos do partido, pero pode estar descontento coa política lingüística que desenvolve. A defensa do galego debe ser causa común e debe estar presente en todos os partidos.


www.anosaterra.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
1º Festical Cutremetraxes do Freixo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación polo galego o 18 de outubro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festa en Compostela o día antes da manifestación
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Máis autobuses manifestación 18 Outubro
Zona Lugar e hora

O Condado

A Cañiza: 9 h
Covelo: 9.20 h
Mondariz: 9.40 h
Mondariz-Balneario: 9.50 h
Ponteareas: 10.05 horas
Crecente: 9 h
Arbo: 9.20 h
As Neves: 9.40 h
Salvaterra: 9.55 h

Para anotarse en calquera dos buses e recibir información sobre os puntos de parada, cómpre chamar ao 618 979 437 (antes do venres 16). Os buses chegarán a Compostela ás 11.30 e voltarán ao remate da manifestación.
Para axudar aos gastos, haberá que pagar o prezo simbólico de 7 €

Terra Chá
Saída ás 10 da Casa da Cultura de Vilalba

982 225 812

Baixo Miño

A Guarda: Saída da Alameda ás 9.30
O Rosal: Saída de Pías ás 9.30
Tomiño: Saída de Goián ás 9.40 Para ás 9.45 na Praza do Seixo e ás 9.50 en Sobrada (para de buses de Torrón)
Tui: Saída da Corredoira ás 10

Anotarse no telemóbel 679986290

Ourense
Subdelegación do goberno (no Parque de San Lázaro) ás 10.00. Reserva de prazas no telefone 988238350

Bergantiños - Costa da Morte

CARBALLO: 10.30 da Praza do Concello Carballo
Reserva de prazas nos telefones 649421255 (Silvana) ou 606886296 (Vítor)

A LARACHA: Ás 10:30 da explanada do IES Agra de Leborís
625686787 (María) ou 653618955 (Xosé Cotelo)

En ambos os casos, cobrarase o prezo simbólico de 5€ para axudar ao pagamento do transporte, que corre a cargo das entidades Quinta Feira e A Cutareira (na Laracha) e da A.C. Lumieira (en Carballo)

CEE: Saída ás 10.00 da estación de autobuses.
Reservar no 981745266, en horario de tarde

Riotorto
Saída ás 9 da mañá da Praza do Concello. Ás 9.30 para en Meira, na Praza Maior.

982 225 812

Sarria

Ás 9.15 da mañá do cruce da Cigoñeira. Ás 9.30 parará na Pobra de San Xillao, no cruce da estación.
982 225 812


Lugo
Saída ás 10 da mañá do edificio sindical (Rolda da Muralla). Fai parada na área de servizo de Guitiriz da A-6 ás 10.30.

982 225 812

A Coruña
10.00 da Praza da Palloza
Reserva até ao xoves 15 ás 20.00 no telefone 981 16 89 77 ou no 981 16 92 93

Lemos-Chantada

Monforte de Lemos: Saída ás 09.30 desde as Casiñas, xunto á Compañía

Escairón: ás 09.45 a carón da sucursal de Caixa Galiza (no cruce)

Chantada: ás 10.00 na Praza de Galiza

Reservas nos telefones 982416027 e 670461921

Ferrolterra
Ferrol: Saída ás 10 horas da Praza de Galiza (Teatro Xofre). Regresará de Compostela ás 15 horas.
Reserva no telefone 689392861 (Ana)

Narón: Saída ás 10 da mañá da Praza de Galiza (volta ao remate da manifestación)
Reserva no telefone 607 082 232 (Eva)

Fene: Saída ás 10 da mañá da Praza do Concello (volta ás 17 horas)
Reserva no telefone 696 663 772

Mugardos: Saída ás 10 da mañá xunto á Casa do Concello (volta ao remate da manifestación)
Reserva no 981470338

San Sadurniño: Saída ás 9.45 da mañá da Praza do Concello (volta ao remate da manifestación)
Reserva no telefone 670 854 329 (Suso)

As Pontes: Saída ás 10 da mañá diante do Concello. Volta ás 17.00
Reserva no 680 14 80 28
Gratuíto.

Cedeira: Saída ás 9.15 da rotonda da Praza de Galiza (frente á cafetaría Praza). Haberá tamén parada en Valdoviñoe diante do local de FORGA en Río do Pozo.
Reserva no 699 821 073 (Fernando)

O Morrazo
Os buses sairán, todos ás 10:00 horas, dos seguintes sitios:

BUEU: Diante da explanada da Casa do Mar

CANGAS: Desde a Estación de autobuses.

MARÍN: Diante da explanada da Escola Naval

MOAÑA:Diante do Colexio de Reibón fronte á Praia da Xunqueira.

VILABOA: Debaixo do viaduto de Riomaior.

Os nº de teléfonos para anotarse son:
Para as zonas de Cangas Moaña e Bueu:
Librería O Pontillón, 986 31 34 14,

No local da CIG en Cangas, 986 30 29 87 (omorrazo@galizacig.net)

Para a zona de Marín 664 398 328.

Para a zona de Vilaboa 650848475.

Pontevedra
Saída da Alameda
Reservas no telefone 986866205

VIGO:
Saída da Rúa Venezuela (diante dos Salesianos) ás 9. 45
Anotarse no 986 447 300

Saída da Rúa Gregorio Espino (CIG) ás 10.30
Anotarse no 986 827 900 (CIG)

REDONDELA:
Saída ás 10.15 da explana de Aqualia
Anotarse no 986 402 842

A Mariña:

Burela: 8:45h. Saída da Estación de Autobuses.
Foz: 9:00h. Saída diante do Concello.
Ribadeo: 9:00h.Saída da Estación de Autobuses.
Barreiros: 9:15.Saída diante do Concello.
Cervo:8:30. Saída diante do Concello.
Xove: 8:45h.Saída diante do Concello.
Viveiro:9:00h.Saída da Estación de Autobuses.

Para anotarse chamar ao 982-140-654 ou ao 678-788-150.

O Carballiño - O Ribeiro:
Ribadavia 9:30 h. desde o Castelo de Ribadavia
O Carballiño 10:00 h. desde a igrexa da Veracruz

Valdeorras:
Saída ás 8.30 da mañá da Praza do Concello do Barco de Valdeorras (pararase tamén na Rúa, en Vilamartín e en Quiroga). O regreso será ás 17.30

Para anotarse, chamar ao telefonone 690 768 295

O Salnés:
Saída ás 10 da mañá do Paseo Elpidio Villaverde de Vilagarcía de Arousa (entre o auditorio e a casa do mar)
Para anotarse, chamar aos telefones 647652471 ou 693421476

Verín - A Limia:

Verín: Saída ás 9.10 da Casa Sindical
Xinzo de Limia: Saída ás 9.40 da estación de autobuses
A Gudiña: cómpre anotación previa
A Mezquita: cómpre anotación previa
Apuntarse no 988 238 350 especificando de que comarca son (O Carballiño ou O Ribeiro)

Para anotarse ou recibir máis información, chamar ao telefone 988 412 345

A Barbanza:

Saída ás 10:00 da estación de Ribeira puntual.
Parará na Pobra, en Boiro (praza do Concello) e en Rianxo. Será gratuíto para os usuarios.
Regresará entre ás 14:30 e ás 15:00 h.

Anotarse no 638 070 867 ou en antes do sábado ou en vazquezcobas@yahoo.es

A Estrada

Saída ás 11 da mañá da estación de autobuses da Estrada, e regresará nada máis rematar as manifestación.

Para reservar praza no autobús haberá que chamar ao número 986570030 de 8 a 15 horas. Gratuíto.


www.queremosgalego.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de Música Tradicional (Luou)
O vindeiro 18 de Outubro imos celebrar en Luou - Teo o "III Concurso de Música Tradicional" (Cuartetos Tradicionais.

Por suposto estades tod@s convidad@s a vir a Luou a vivir un domingo diferente....

Datos do concurso:

Prazo de inscripción aberto ata o 12 de Outubro
Número máximo de grupos permitidos 20
Premios:
1º- 1000 € + agasallo
2º- 600 € + agasallo
3º- 400 € + agasallo

+ info:
www.myspace.com/acamamoa
ou
http://amamoa.atwebpages.com

Enlaces de descarga:

Bases
Folla de inscripción

Se calquer dubida ou cuestión tiverades non dudedes en porvos en contacto con nós nesta dirección ou nos teléfonos que poñemos nas bases.

Graciñas por todo
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-10-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festival Algazara (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-10-2009 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Retranca e paso a bimensual
En época de crise os superheroes están sempre de moda. Non, non nos referimos a que nos quedemos todos en calzóns, falamos dos super heroes de verdade, dos que teñen o superpoder de ir á compra para toda a familia con vinte euros, e traen comida e, o máis incrible, traen ata cambio!!!

Ou dos que teñen o poder de seguir confiando en Zapatero a pesar de estaren no paro e levar cinco meses buscando curro.Ou dos que seguen crendo que Feijoo vai salvar ao galego da súa agonía.

Sexamos realistas: os galegos imos aviados. Para un superheroe que tiñamos, van e mándano á cola do Inem. Que a quen nos referimos?... Ao Super Piñeiro, que lle acaban de quitar o seu programa da Telegaita. Para un programa que tiñamos de "cotilleos" na galega, co noso Jorge Javier Vázquez enxebre, van e cámbiannolo por un señor do ano da polca con bigote e abdominais desos de chocolatina (non, non é unha serie de Aznar, é que volven a emitir Magnum).

Recoñezámolo: a crise estanos facendo supermutantes. Agora mercamos marcas brancas nos supermercados, e se teñen super infraprezos, mellor. Buscamos roupa nas super rebaixas e intentaremos chegar a fin de mes a pesar da super subida de impostos. Traballamos super explotados en curros con soldos super birriosos a pesar de termos titulacións de graos
supersuperiores.

E mentres os cidadáns facemos o imposible por ter super poderes para chegarmos a fin de mes, os nosos gobernantes (os que teñen PODER de verdade) seguen agardando a que o SuperObama acabe co problema antes das eleccións. Vale, é certo: os da oposición están desexando que a Kriseptonita acabe antes con ZPman.
Por iso os retranqueiros queremos recordarlles aos nosos políticos unha frase do incrible Spiderman: UN GRAN PODER IMPLICA UNHA GRAN RESPONSABILIDADE. Aplíquena.

Saúdos Retranqueiros,
A SANTA COMPAÑA


ATENCIÓN:
En Retranca tamén estamos sentindo o poder da Kriseptonita. Levamos dous anos saíndo mes a mes aos quioscos, algo que para nós xa é superheroico. Pero a caída da publicidade obrigounos a ter que saír cunha nova periodicidade bimestral, con máis páxinas e un super prezo. Non sabemos canto poderemos resistir, pero mentres o corpo aguante seguiremos dando fungueirazos retranqueiros. VOLTAMOS EN DECEMBRO !!!

http://revistaretranca.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sumrra hoxe en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2009 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
o novo disco de Fuxan os Ventos co Xornal de Galicia
As Festas de San Froilán remataron onte, por este ano, cun significativo concerto de Fuxan os Ventos. O grupo de folk galego naceu en Lugo, hai trinta e oito anos, pero nunca antes tocaran nas maiores festas que celebra a súa cidade.

Tras o paso de Amaral, Revólver e Los Planetas polos escenarios do San Froilán nos últimos días, Fuxan os Ventos interpretaron onte as notas que lle botaron o peche ás casetas de polbo á feira, acompañados de varios amigos músicos e demostrando que seguen en boa forma e que o seu espectáculo Terra de Soños segue a ser do mellor que deu o folk en galego nos últimos tempos.

Con eles tocaron Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.

Xoán Fuertes, un dos músicos da banda, explicou esta semana que que chegan a Lugo “con moita ilusión” porque nunca actuaran “dentro do programa de san Froilán”. E resaltou que o concerto chegou a todo o mundo por ser retransmitido en directo por Radio3. Ademais de Fuertes, forman a banda Carme Vázquez, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Maruja Fociños, Antón Castro, José Vazquez e Pedro Lucas.

FÁCIL CON XORNAL DE GALICIA

Esta xoia de colección está á disposición dos lectores de Xornal de Galicia a un prezo exclusivo a través dunha promoción que principia mañá mércores e que permite facerse co CD, DVD e libro Terra de Soños por un custo de só 18 euros. Os interesados en facerse con esta escolma unicamente terán que recortar o cupón que Xornal de Galicia publicará na súa contratapa as datas que van entre o día 14 e o 25 de outubro, para logo presentalo no seu quiosco habitual abonando a cantidade de 18 euros.

UN RETORNO AGARDADO

Logo de pasar unha década inactivos, Fuxan os Ventos voltaron aos escenarios, hai cousa dun ano, con dúas actuacións no Auditorio de Galiza, en Compostela, que foron a presentación de Terra de Soños, un concerto especial no que repasaron o mellor do seu repertorio. Foron pasando con este espectáculo por varias cidades galegas ata chegar onte a Lugo, nos mesmos días nos que que o espectáculo apareceu nas tendas en formato digipack, cun CD e un DVD. Dende o pasado mércores, o grupo galego vende esta edición dixital con máis dunha vintena de cancións populares gravadas en actuacións da súa última xira.

Editado por Boa Music, o disco recompila a modo de antoloxía algúns dos temas que o grupo fixo soados desde a súa creación no ano 1972, como A Carolina, O meu amor mariñeiro, Sementeira ou Cantigas de berce. Conta con colaboracións de artistas como Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Xavier Díaz, Pepe Ferreirós ou Rodrigo Romaní.

Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do noso folk atópase o eixo que vertebra este Terra de Soños: da música galega: Xabier Díaz (Berrogüetto) e Nova Galega de Danza.

Terra de Soños brinda a oportunidade de gozar de Fuxan os Ventos tanto á xente que os coñece, lembra e hoxe en día os ten aínda presentes como ás novas xeracións que poden ser conscientes do que foi o grupo para a música galega.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2009 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Cristina Pato
Ten 29 anos e desde que empezou a ter a éxito na súa carreira como artista pasaron xa máis de 10. Cristina Pato é agora unha gaiteira máis madura que vive en Nova Iorque dedicada por completo á música.

Pregunta: Como comezou nisto da música? A súa irmá Raquel dedícase tamén a iso, ten entón algunha influencia a súa familia?

Resposta: Pois comecei precisamente pola miña irmá Raquel. Eu son a pequena de catro irmás e filla de acordeonista, así que dalgunha maneira a música sempre estaba en casa. Aínda que foi Raquel a que cando eu tiña catro anos empezou coa gaita e logo co piano, e a miña nai a que me axudou a levalo todo.

P: Resultoulle difícil abrirse camiño nunha música que non ten ese carácter de comercial?

R: Sinceramente no meu caso creo que foi todo o contrario. Cando tiña 17 anos estaba a tocar co grupo Mutenrohi, cos que acababa de gravar un disco. Esa relación con eles foi o que fixo que empezase a miña carreira en solitario a través de Fonomusic, unha compañía discográfica hoxe desaparecida. Non hai que esquecer que cando lanzamos o meu primeiro disco a gaita estaba a vivir un momento histórico.

P: Custa que unha discográfica se fixe nun gaiteiro?

R: Supoño que agora volve ser difícil. En 1999 as discográficas 'buscaban' gaiteiros, no 2009 céntranse noutras cousas aínda que o bo é que hoxe hai máis selos especializados que antes e producir un disco e fabricalo está ao alcance de calquera pequena compañía ou artista. Ademais, a tecnoloxía cambiou e abaratou todo o proceso.

Fusións coa gaita
P: Vostede dedícase a mesturar a música da gaita con outros estilos, resúltalle difícil sacar a gaita dese terreo folk no que lla etiquetaron?


P: Non é que me expuxo sacar a gaita galega dun terreo en concreto, simplemente tento levala ao meu terreo persoal, como calquera outro instrumento. Empecei facendo folk e música tradicional e polo camiño funme indo cara ao pop, o funk... ou como agora, cara á música clásica. O mellor que lle pode pasar á gaita é que se normalice como instrumento e que sexa facer todo tipo de música.

P: Susana Seivane, Carlos Núñez, Hevia, vostede? Cre que houbo un boom da gaita?

R: O boom foi a nivel comercial, Hevia chegou a vender millóns de copias dos seus discos o que sen dúbida foi un feito histórico. De súpeto as discográficas interesábanse por Galicia e polo noso instrumento e iso foi o que provocou o boom a nivel nacional. En Galicia o boom empezou nos anos 70 e en certo xeito continúa, con altos e baixos pero continúa.

P: Ás veces escóitase que vostede é nacionalista por facer da gaita o seu instrumento ou forma de vida. Moléstalle que relacionen a música coa política?

R: Nacín en Galicia, falo galego e toco o instrumento galego por excelencia; noutras palabras: son Galega. Si relacionamos calquera destes elementos coa política as dúas cousas acábanse contaminando. O mellor que lle pode pasar á música galega é que sexa completamente independente da política e que sobreviva a calquera cambio de goberno ou ideoloxía.

Vivindo en Nova York
P: Vostede pasou tamén unha gran tempada en Nova Iorque desenvolvéndose como artista. Que tal esa experiencia? Que lle achega?


R: Levo cinco anos nesta cidade fascinante que me está achegando experiencias incribles. Vin facer o meu doutoramento cunha bolsa da Fundación Barrié da Maza. Aquí atopei a calma suficiente para reestruturar a miña carreira profesional. Levo tres anos traballando e gravando con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble e un como profesora adxunta da Nova Iersei City University. O doutoramento termineino en maio de 2008 e aínda que quero volver a Galicia, por agora non teño unha data concreta.

P: Como influíu Nova Iorque na súa música?

R: Está a influír unha barbaridade, do mesmo xeito que influíu na miña vida persoal. Vinme con 24 anos en pleno apoxeo da miña carreira como gaiteira, precisamente vinme para tentar volver pór os pés na terra e darme outro atracón de disciplina. Cambiei moito a nivel persoal, o cal supoño que se nota a nivel profesional. Agora teño 29 anos e estou en pleno proceso de produción do meu cuarto disco en solitario, disco que desde a miña perspectiva vai ser o primeiro desta nova etapa, o primeiro disco no que controlo todo o proceso.

P: Como recibiron a música de gaita en Estados Unidos?

R: É algo sorprendente mesmo para min. Cando cheguei quería tentar centrarme na miña carreira académica, polo que deixei a gaita un pouco de lado unha tempada, pero dalgunha maneira a miña carreira académica e a gaita empeñáronse en reunirse a través do compositor Osvaldo Golijov, a quen coñecín nunha Master Class en Rutgers University. Osvaldo, que entre outras cousas é o compositor en residencia da Chicago Symphony Orchestra e o compositor das bandas sonoras de Francis Ford Coppola, interesouse moitísimo pola gaita e empezou a traballar en repertorio novo para o instrumento. Desde ese momento non parei, estreei as súas obras en Carnegie Hall, Lincoln Center, Chicago Symphony e as súas obras con gaita gañáronse páxinas en xornais como o The New York Times ou o Chicago Sun. E grazas a el empecei a traballar con Yo Yo Ma, con quen colaborei no seu último disco como artista convidada.

Gaiteira e pianista
P: A vostede coñécella especialmente pola gaita, pero que hai do piano? Segue tocando?


R: Claro, o meu doutoramento é en piano, en concreto en Collaborative Piano, que é unha disciplina que se centra no repertorio vocal e de cámara. Nos últimos anos gravei un par de discos como pianista acompañante, estreei tamén o concerto para piano e orquestra de Octavio Vázquez coa Sinfónica de Galicia e toquei en escenarios como o do Festival de Ópera de Galicia, o Via Stellae, o Queen Sofia Spanish Instiute ou o Festival Liszt de Río de Janeiro. A miña carreira como gaiteira transcendeu e é a que ocupa a maioría das miñas xiras, a miña carreira como pianista leva outro ritmo e ten outro tipo de proxección, pero nunca parei con ningunha das dúas.

P: Vostede logrou o éxito cando era moi novo, custoulle asumir ese novo papel? Custa ter os pés na terra?

R: Con 18 anos é á vez difícil e fácil asumir o que che toca. Tiven e teño a sorte de ter unha familia que me apoiou en todo o que fixen e un marido que me acompaña precisamente desde os 18. Ademais, nunca parei coa miña carreira académica, o que fixo que dalgunha maneira agarráseme ben ao chan. Durante o primeiros cinco anos de carreira en solitario, facendo xiras, promocións e discos non me desligué do conservatorio de Liceu e terminei tres carreiras superiores, ademais de facer un máster na Universidade Pompeu Fabra. No momento en que quedei libre dos meus contratos discográficos foi cando decidín virme a Nova Iorque para continuar estudando, reflexionar e reformularme o meu futuro. Esa capacidade de reflexión dáma o ter que estar tantas horas soa estudando, nunha carreira que nunca termina, que é a música.

P: Que fai Cristina Pato no seu tempo libre? Que tipo de música gústalle escoitar?

P: Vou á ópera case todas as semanas, devoro biografías de artistas e personaxes históricos e vexo clásicos do cinema en casa cun cubo de flocos de millo. A música que me gusta vai desde Caetano Veloso até Shostakovich, pasando por Juan Perro, Wagner, Arto Lindsay ou Stravinsky...

P: Quen é o seu referente no mundo da música?

R: Teño moitos. Yo Yo Ma é un deles, un cellista de prestixio que decide achegar a música clásica a todos e a través de todas as vías posibles. Marisa Monte, a diva da música brasileira, é tamén un referente pola súa maneira de adaptar a súa formación clásica á súa vocación, e un longo etcétera.

P: De todas as colaboracións con diferentes artistas, con cal quedas?


R: De todas aprendín moitísimo, e espero seguir colaborando e aprendendo. O bo desta profesión é que nunca terminas de aprender.

P: Metropolitan, Nacións Unidas, Yo Yo Ma, un doutoramento... non sente vertixe ás veces do alto ao que está a chegar?

R: Doume conta do privilexiada que son por poder chegar a todo o que fixen, non paro de dar as grazas a todos os que me botaron unha man na miña carreira. Tampouco paro de traballar e iso fai que non teña moito tempo para coller vertixe. Tento mirar cara adiante e non volver atrás, para o bo e para o malo, así cada paso que dou é un máis do longo camiño que escollín.

Mirando ao futuro
P: Cales son os seus próximos proxectos?


R: Coa gaita é o meu cuarto disco en solitario, que espero lanzar en febreiro de 2010 e co piano un disco con Rosa Cedrón (ex de Luar na Lubre) do noso proxecto SOAS. Ademais dun par de bandas sonoras e varias colaboracións.

P: Por último, sorprendeulle que a chamasen para rodar aquel anuncio de Freixenet? Que recordos garda daquel momento?

R: Tiña 18 anos e estaba en pleno proceso de adaptación á miña nova vida, o anuncio de Freixenet foi como un agasallo de nadal, foi sen dúbida unha experiencia inesquecible que a nivel persoal supuxo un empurrón emocional sen precedente.

Ten 29 anos e desde que empezou a ter a éxito na súa carreira como artista pasaron xa máis de 10. Cristina Pato é agora unha gaiteira máis madura que vive en Nova Iorque dedicada por completo á música.

www.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 12 (luns)
• XII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
• Fuxan Os Ventos en Lugo
• Marta Quintana e Banda no Forum Metropolitano (A Coruña)

Terza feira 13 (Martes)

Corta feira 14 (Mércores)
• Sesión de lectura ininterrompida en galego (Praza da Princesa - Vigo)

Quinta feira 15 (Xoves)
• Skarallaos en Compostela

Sexta feira 16 (Venres)
• Vaamonde, Lamas & Romero en Arteixo
• Som do Galpóm en Outes no Café Antano
• Skarallaos en Boiro
• Tromentelos Chis Pum no Pub Gatos (Melide)

Sábado 17
• XII Festival Algazara (Ponteareas)
• Machina e Zenzar no Revolta (Vigo)
• Pito de Pikasso no pub Excalibur (Chantada)
• Nordestin@s no Auditorio de Ribadumia
• Skarallaos en Betanzos
• A Tuna Rastafari no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Samesugas en Carral (A Coruña)
• Dandy Fever no Auriense (Ourense)
• Os Tres Trebóns en Arzua
• III Serán do Gaiteiriño na Capela de San Amaro (Aldán)

Domingo 18
• Manifestación en Compostela pola defensa do galego ás 12:00
• "III Concurso de Música Tradicional" de Cuartetos Tradicionais en Luou - Teo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Buses dende Vigo para a manifestación
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Marta Quintana no Ciclo ForumFolk (A Coruña)
Marta Quintana, arpista e cantante, presenta hoxe luns no Fórum Metropolitano un proxecto como instrumentista, vocalista, compositora e arreglista.

Por primeira vez na Coruña, presenta ao seu novo grupo e estrea o seu primeiro disco Océano en calma. É este un traballo no que coa súa fermosa voz e arpa mestura a música tradicional con temas propios, ritmos tradicionais con sons actuais.
Luns 12 de outubro
Forum Metropolitano (A Coruña)
21.00 horas.
Entrada 5 euros.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Radio 3 retransmitirá o concerto de Fuxan Os Ventos en Lugo

Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo o próximo 12 de outubro (Praza Horta do Seminario, entrada de balde), dentro do programa de Festas de San Froilán da cidade amurallada. O concerto dará comezo ás 21:00 h.

Acompañando ao grupo estarán desta vez Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.

www.fuxanosventos.net
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-10-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Disco histórico do Coro de Ruada, de balde

Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacións ourensanas.

Co obxecto de divulgar masivamente as primeiras gravacións ourensanas da historia, un total de 14.000 exemplares coas pezas interpretadas polo Coro De Ruada en 1929, serán distribuídos de forma gratuíta.


Esta iniciativa, que se integra nos actos de celebración do 90 aniversario da Coral De Ruada, presenta ao público un CD con 10 temas históricos especialmente restaurados para esta ocasión. A Pandeirada de Trives, a Foliada de Entrimo ou o Alalá de Ourense son algunhas das pezas que reúne o disco e que avalan a histórica implicación do Coro na preservación e difusión do patrimonio musical ourensán.

A distribución gratuíta dos 14.000 exemplares, que será promocionada durante toda esta semana, realizarase única e exclusivamente o luns día 12 de Outubro co periódico La Región.

Visita a nova web de Ouvirmos.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-10-2009 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer