Sexta feira 30 (Venres)
? IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega (Lugo)
? Samaín do Casco Vello na Praza do Berbés ás 17:30
? Som do Galpom no Bar Patos de Nigrán
? Machina no Pub Gatos de Melide
? Kastomä no Pub Moby Dick de Sada
? Skarallaos na Sala Run Run (Ferrol)
? Duo Sobre Rodas na Casa dos Druidas (Vilaboa) ás 23:00
? XIII Noites de Tasca no Bar Viuda de Nouche en Sigüeiro-Oroso.
? Foliada nas Pontes
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Sábado 31
? IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega (Lugo)
? Kastomä no Clavicémbalo (Lugo)
? Labazada no Revolta (Vigo)
? Skarallaos no bar de Fredi (Espasante-Ortigueira)
? Pito de Pikasso, O Leo i Arremecaghoná e Os Vacalouras na Sala Moon de Compostela ás 21:00
? Festival Papagrelo 2009 en Monfero: Os Papaqueixos, Os Veraneantes, Os 3 Trebóns, Os Ulträqäns, Banda Potemkin, Os Cuchufellos
? Noite maxica do Samaín na Festa de Outono (Mos: O bruxo Queyman, The turre´s band, Os Croquetas
? Gala de Música e Baile Tradicional "O Son do Tangaraño" no Multiusos de Mos ás 20:00
? Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
? Serán do Samaín no Retrouso (Samil-Vigo)
? Serán do Samaín en Redondela, na Alameda
Domingo 1
? IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega (Lugo)
31 de outubro
- Serán do Samaín no Retrouso (Samil-Vigo)
- Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
- Serán do Samaín en Redondela, na Alameda
7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada
13 de novembro
- Serán en Moraña
14 de novembro
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra
21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no Multiusos
22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00
5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)
7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)
Foliada do 30 de Outubro 2009
Xa imos po la Foliada número 28
Este mes serán os compañeiros de Axouxere de Roupar, os convidados a empezar a "faena". Cando eles rematen quedará sitio para os espontaneos, pois cada vez son mais os que se achegan ata o Lar para participar na Repichoca que tan bo acollemento ten entre os afecionados a música tradicional feita nas Pontes e arredores.
Tralo descanso do verán, voltan as "Noites de Tasca" na comarca de Ordes, que se celebrarán os últimos venres de cada mes.
Venres 30 de outubro
A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras organiza unha nova edición en Sigüeiro -Oroso (A Coruña) ca presenza do veterán mestre de gaita ANTONIO MATO da Coruña e o grupo folclórico LEMBRANZAS DO TAMBRE de Sigüeiro. E coma sempre haberá foliada toda a noite. Estades todos convidados.
O Multiuso de Mos convírtese no escenario dun espectáculo de música e baile tradicional.
A A.C. Tangaraño presenta unha nova edición da súa gala ?O Son do Tangaraño? na que farán un percorrido polos seus anos de andaina.
A gala ?O Son do Tangaraño?, que se celebrará o vindeiro sábado, 31 de outubro, será o acto de peche da semana cultural que a A.C. Tangaraño desenvolveu para celebrar os seus dez anos de existencia, e para os que contaron coa colaboración do Concello de Mos.
A cita será a partir das oito da tarde no Auditorio do Edificio Multiusos de Mos. O longo das dúas horas do espectáculo, Tangaraño fará un percorrido polos seus dez anos de historia, lembrando as súas orixes e amosando a súa evolución ata o día de hoxe.
Ademáis, nesta nova edición de ?O Son do Tangaraño?, ós máis de 60 compoñentes de Tangaraño que estarán presentes no escenario, hai que engadir a presencia de convidados coma Polo, Juan Eiras e Álvaro e Suso Costas.
Como é habitual na súa gala, Tangaraño pon un especial cuidado na posta en escea, de xeito que ademáis da música e o baile, cobrará especial relevancia o vestiario- adaptado a cada un dos lances que se presentarán-, os instrumentos e, como non, os dez anos de historia do grupo.
Para obter máis información sobre tódolos actos desta semana cultural de Tangaraño, pode visitar www.tangarano.org.
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e a colaboración de CIG-Ensino. Será durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria da cidade de Lugo.
O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 23 de Outubro.
Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza nos distintos ámbitos educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma. Estamos a falar tanto do ensino obrigatorio, xa sexa público ou privado, como das universidades, escolas de música, conservatorios e todos aqueles lugares onde se produce un intercambio de coñecementos. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe o principal garante, non soamente da conservación das nosas tradicións, senón da súa utilidade na sociedade actual.
Este IV Congreso pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos. Porque nos máis novos está o futuro e haberemos de saber como achegarlles tan importante legado para que o recoñezan come seu.
Nos seguintes enlaces podes atopar máis información sobre o congreso:
A Asociación Cultural Festa da Prehistoria e a Asociación Xuvenil Rebumbio, organizan a Festa de Outono a que teñen o pracer de convidalos. Desenrolarase no Parque da Penacova (Recinto da festa da prehistoria em Mos) o vindeiro Sabado 31 de Outubro, a programación será a seguinte:
Mañá do sábado 31 de outubro:
10:00-12:00 Saida guiada para a recollida de cogumelos
Tarde do Sábado 31 de Outubro:
Exposicións: 16:00-22:00
Mostra de Cogumelos.
Exposición de productos da recolleita de outono.
Presentación didáctica sobre a festa do outono.
Actos:
16:00 Prantación de arbores autóctonas no Parque da Penacova
16:30 Invocación druida para o crecemento das arbores
16:30 Xogos tradicionais
17:00 Obradoiro e Concurso de Cabazas
Noitiña do Sabado 31 de Outubro:
Degustación de cogumelos, Magosto con chourizos, castañas e viño novo.
Invocacon dos druidas aos espiritus dos mortos para participar da festa da Queimada.
Noite maxica do Samaín:
-O bruxo Queyman
-The turre´s band
-Os Croquetas
Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán:
Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane.
O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.
Esta semana empezan as aulas das especiali-dades instrumentais da Escola Livre da MPG.
As primeiras serán este luns 26 de outubro con Sanfona no CSC de Fontiñas; Acordeón diatónico e Requinta no CSC de Fontiñas e A Trisca; Gaita no CSC de Fontiñas e Conxo. O resto de materias (Percusión e Violino) comezarán na fin de semana nos CSC de Fontiñas e o Castiñeiriño respectivamente.
Logo dun incerto periodo de preparación para poder impartir un novo curso escolar en diferentes instrumentos do patrimonio musical galego con mestres de recoñecida traxectoria profesional, comezarán as aulas do ano 2009/2010 asociadas ao proxecto educativo do Centro Galego de Música Popular, o que se denomina a Escola Livre da MPG
Ante a retirada do apoio da nova dirección do AGADIC tanto económica como de espazo, foi complicado desenvolver o proceso de apertura do novo curso. O refutación da axuda da Concellaría de Cultura de Santiago e do alumnado que se matriculou para as diferentes materias ofertadas, permítenos seguir un ano máis ofrecendo unha educación personalizada e de calidade ao redor da música galega.
O Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña apoiarán economicamente a celebración do Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón, que terá lugar os próximos 8 e 9 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol e que tivo que ser suspendido o pasado 31 de agosto, ao retirarlle a Xunta de Galicia parte do seu habitual apoio económico.
O alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri, presentou onte a edición número dezanove do certame, que se celebra dende o ano 1991 organizado polo Ateneo Ferrolano. A achega do Concello e a colaboración da Deputación, en ambos os dous casos con goberns do PSOE, están destinadas a recuperar o certame, que contaba co apoio da Secretaría Xeral de Emigración.
Dende a sexta edición do Constantino Bellón no ano 1996 modificáronse as bases para permitir a participación de catro gaiteiros das comunidades galegas do exterior. Os gastos eran financiados polo devandito departamento autonómico, que este ano rexeitou financiar os gastos derivados da viaxe destes gaiteiros, o que obrigou a suspender a final prevista para agosto. Finalmente desenvolverase a final do concurso, que comezará o día 9 ás 20.30 horas e incluirá a entrega do Premio de Composición para Gaita Galega Solista, que recaeu en Jesús Rodil Rodríguez. Entregaranse dous accésits a Pablo Devigo e Javier María López Rodríguez. Tamén terá lugar a entrega aos finalistas dunha figura de Sargadelos e dos diplomas de participación.
Nesta edición, a dezanove, os finalistas foron Daniel Lumbreras, do País Vasco, os arxentinos Nicolás Ramiro Pérez e Santiago Agustín Molina, e Erik Alexander Corrante, de Venezuela. Todos eles foron seleccionados no apartado de Gaiteiro de Soutelo.
Dende 2004 convócase ademais o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista e dende 2008, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita fabricada e personalizada especialmente para a convocatoria e que se concede a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor represente a imaxe tradicional do gaiteiro galego. A estes galardóns súmase a mención honorífica ?Gaita de Ouro Constantino Bellón?, dirixida a persoas ou entidades que destaquen no seu traballo a favor da música galega.
Que os galegos temos un gran patrimonio material está moi claro, pois as catro provincias están cheas de igrexas, de pazos, de cruceiros e lavadoiros, de paisaxes impresionantes e terras fértiles. Pero non menos importante é o noso patrimonio inmaterial, o conxunto de saber e de coñecementos, que os avós empregaban para cultivar a terra, para desenvolver un oficio, para facer festa, contar un conto ou tocar unha muiñeira, ao igual que antes fixeran os seus propios avós. Pero hai procedementos para facer que este patrimonio siga vivo e sexa útil para a nosa vida actual, e para este fin traballa o Proxecto Ronsel, do que se vai ocupar o Alalá de hoxe.
Como este patrimonio inmaterial é o que distingue os galegos na súa maneira de ver o mundo, e como leva anos esmorecendo, o ano 2007 púxose en marcha o "Proxecto Ronsel", nun intento de protexer o inmenso patrimonio cultural inmaterial que hai en Galicia, para dalo a coñecer e garantir que se siga transmitindo a través das xeracións.
Co Proxecto Ronsel, en que traballan mestres de todos os campus universitarios galegos, aplicouse a metodoloxía científica ao estudo do patrimonio, dividíndoo en cinco áreas seguindo un esquema definido pola Unesco: as tradicións orais; os oficios; a música e artes do espectáculo; os coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo; e os usos sociais, rituais e actos festivos. Isto que soa tan académico convértese en cousas moi concretas, como imos ver no Alalá de hoxe.
No programa verase dende unha explotación de porco celta, no Incio, que garante o desenvolvemento económico dunha zona e evita o seu despoboamento; os novos xeitos de aproveitar a artesanía dos coroceiros ou os oleiros en gravacións para colgar na internet orientadas a que os nenos aprendan a fabricar instrumentos musicais sinxelos como un mirlitón, un carrizo ou un estraloque; ou publicacións que recollen os nomes dos lugares, nomes que están a piques de desaparecer, e o programa de xogos tradicionais que levan a desenvolver nun colexio da Capela desde hai case trinta anos.
O mirlitón é un instrumento musical membranófono, concretamente unha membrana cantadora, é dicir unha membrana tensa que é quen de producir unha melodía cando vibra por mor do aire.
Material:
É necesaria unha cana, serra de pelo, navalla, cordel ou goma pequena, papel de fumar ou folla seca de cebola, escufina e uns anacos de papel de lixa
Tempo de fabricación: Uns 5 minutos.
Os nenos preparaban este xoguete sonoro cun anaco de cana das escobas seguindo os catro pasos que describimos:
1. Hai que cortar coa serra de pelo un anaco de cana duns 15 cm de longo de xeito que fique aberto polos dous extremos. e sen obstrucións internas.
2. Coa axuda da escufina hai que practicar un furado pequeno nun dos laterais do tubo, o que tamén se pode facer coa navalla. Este furado vai situado un pouco máis preto dun extremo que do outro, para mellorar a sonoridade do futuro mirlitón.
3. Co papel de lixa, hai que pulir un dos seus extremos e alí fíxase o papel de fumar grazas ao emprego da cola.
4. Para colocar o papel de fumar , emprégase a goma elástica ou un cordeliño. O papel situarase de xeito que tape perfectamente o furado. Unha vez amarrado, tensaremos ben o papel.
Agora, ao cantar polo furado o papel resoará emitindo un característico son. Antigamente, en troques do papel de fumar empregábanse esas follas marróns que recobren as cebolas, de aí que estes instrumentos fosen denominados tamén ?frautas de cebola?.
Os mirlitóns son instrumentos musicais moi antigos e aparecen baixo formas semellantes a esta en toda Europa e África. Podemos sinalar incluso que un dos tipos de frauta tradicional china máis representativos, o dizi, o combina coa presenza dunha membrana con furados para os dedos que valen para emitir diferentes notas. O mesmo sucede con algúns tipos de aerófonos precolombinos como o tlapitzalli.
Na primeira entrega do pasado luns explicabamos a construción dun instrumento chamado ?mirlitón?. Nesta ocasión explicaremos como se constrúe un ?carrizo?, que desde o punto de vista clasificatorio é un sinxelo idiófono ?o corpo do propio instrumento o que emite o son ao ser axitado? de entrebater.
En Galicia o carrizo é un xoguete, un enredo de nenos e nenas, no que unha lingüeta de madeira baixo presión bate nunha cavidade de resonancia. Ao igual que no caso do mirlitón, completamos esta descrición coa publicación no portal ronsel.uvigo.es dun vídeo explicativo onde se poden seguir todos os pasos na súa elaboración.
Unha vez que o instrumento está listo, seguindo as instrucións que se detallan no recadro á dereita das imaxes, tirando da lingüeta cara arriba cun dedo, esta volve con forza ao seu sitio dando un golpe seco contra a cana que, como está oca, amplifica o seu son. Se empregamos varios dedos para tirar da lingüeta de cana podemos facer ritmos co carrizo. En troques dunha lingüeta de cana tamén se pode poñer un guizo de calquera madeira seca.
Outro xeito de fabricar carrizos consiste en empregar como caixa de resonancia a metade baleira dunha noz, dispoñendo os cordeliños perpendiculares ao seu eixe maior e facendo a fenda para a lingüeta nun dos extremos, sendo o mellor alí onde a noz ficaba prendida á árbore.
O nome destes enredos podería provir de que fan un son moi semellante ao dun pequeno paxariño, a carriza (Troglodytes troglodytes), que canta emitindo un característico ?krrrrrrr, krrrrrr!?.
Unha das tarrañolas suxéitase entre o índice e o corazón, apertándoa contra a palma da man para que fique fixa e non se mova, mentres que a outra, sostida entre o anular e o corazón, fica libre para abanear e bater contra a outra emitindo o seu son característico cando a man vai e vén, como dicindo ?adeus?.
As tarrañolas pódense tocar nunha soa man ou nas dúas mans asemade, é dicir, sostendo unha parella en cada man, tal e como se fixo desde a antigüidade.
MATERIAL: Dúas taboíñas de madeira duns 12-20 centímetros de longo, 3-5 centímetros de ancho e 4-8 milímetros de groso, papel de lixa e navalla.
TEMPO DE FABRICACIÓN: Uns 15 minutos en total, aproximadamente.
Para fabricalas hai que seguir os seguintes pasos:
1. Cóllense as dúas taboíñas rectangulares e nun dos seus lados, coa axuda da navalla, hai que ir labrando un pequeno encaixe para que se axusten aos dedos. Tamén de poden deixar coa forma rectangular.
2. Despois, é o momento de pulilas co papel de lixa ata acadaren unha superficie lisa e suave, para que o son do seu choque sexa máis uniforme, e xa están listas para tocar.
Abordamos esta semana , seguindo a serie que se publica semanalmente, a construción dun instrumento musical que novamente ten distintas denominacións no país.
Desde o punto de vista clasificatorio, as zoadeiras son unha clase particular de aerófonos ?o aire contido nun tubo é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador? que non precisan de cavidade para emitir o seu son, polo que en particular está na categoría dos aerófonos libres.
Outros instrumentos que tamén están na categoría dos aerófonos son por exemplo as filharmónicas, o acordeón, os asubíos, os apitos, os chifres, as frautas, os pitos, a caramela e, por suposto, as gaitas de fol.
Igual que nos instrumentos musicais de pasadas semanas completamos esta información escrita cun vídeo onde se poden seguir os pasos para a construción dunha zoadeira. Estes materiais audiovisuais están dispoñibles tanto no portal do proxecto Ronsel ?http://ronsel.uvigo.es? como na canle creada en youtube co nome ProxectoRonsel. Os capítulos anteriores pódense consultar tamén na web de Xornal de Galicia en www.xornal.com.
As zoadeiras documéntase aquí e acolá por toda a nosa xeografía, sendo un instrumento musical case universal e polos datos de que dispoñemos, dunha grandísima antigüidade. Parece ser que na antigüidade as zoadeiras estiveron moi relacionadas con ritos funerarios e que o seu son representaba a voz dos devanceiros.
Corta feira 28 (Mércores)
? Poesía + Ciencia no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 20:30
Poetas: Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane.
Música: Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz.
Quinta feira 29 (Xoves)
? Skarallaos no Garufa (A Coruña)
? Covalblú no Teatro da Cidade Universitaria (Vigo) ás 18:30
? Tiruleque na Cova Céltica (A Coruña) ás 21:30
? Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Sexta feira 30 (Venres)
? IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega (Lugo)
? Samaín do Casco Vello na Praza do Berbés ás 17:30
? Som do Galpom no Bar Patos de Nigrán
? Machina no Pub Gatos de Melide
? Kastomä no Pub Moby Dick de Sada
? Skarallaos na Sala Run Run (Ferrol)
? XIII Noites de Tasca no Bar Viuda de Nouche en Sigüeiro-Oroso.
? Foliada nas Pontes
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Sábado 31
? IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega (Lugo)
? Kastomä no Clavicémbalo (Lugo)
? Labazada no Revolta (Vigo)
? Skarallaos no bar de Fredi (Espasante-Ortigueira)
? Pito de Pikasso, O Leo i Arremecaghoná e Os Vacalouras na Sala Moon de Compostela ás 21:00
? Festival Papagrelo 2009 en Monfero: Os Papaqueixos, Os Veraneantes, Os 3 Trebóns, Os Ulträqäns, Banda Potemkin, Os Cuchufellos
? Gala de Música e Baile Tradicional "O Son do Tangaraño" no Multiusos de Mos ás 20:00
? Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
? Serán do Samaín en Redondela, na Alameda
Domingo 1
? IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega (Lugo)
Pedirá Carlos Luis Rodríguez desculpas no programa de hoxe pola "entrevista" que lle fixo ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística a semana pasada?
Xa son caseque tres mil os apoios en Facebook para solicitar o cese deste pseudoxornalista.
"Polo cesamento de Carlos Luís Rodríguez como presentador de Foro Aberto na TVG. En defensa da pluralidade informativa, contra a descarada manipulación. Carlos Luís Rodríguez ten demostrado reiteradamente a súa orientación tendenciosa e servil ao PP. Non a outro Telemadrid!"
Como saberás corren de novo tempos difíciles para a nosa cultura.
A lingua e a música están a ser atacadas de novo desde diversas frontes con renovadas forzas. Seguramente xa sabes que os dous mellores programas de música galega que emitía a Radio Galega foron retirados da programación; Aberto por Reformas foi directamente eliminado e Lume na Palleira desprazado para a RG Música, unha emisora secundaria con menor cobertura que a RG convencional.
Queremos poñer o noso gran de area para tentar frear esta situación. É o momento de facer algo polo que propomos:
- Enviar un correo electrónico ou postal á atención directora da RG ao enderezo que che achegamos máis abaixo; escrebe un sinxelo texto solicitando unha maior presenza da música tradicional galega na emisora pública así como a reincorporación do programa Lume na Palleira á Radio Galega convencional por mor da falta de cobertura da RG música en diferentes lugares ou ben que amplíen a cobertura desta emisora. Non esquezas incorporar á mensaxe o teu nome e DNI.
Procura non copiar textualmente este texto pois pensamos que é mellor que reciban cartas e mensaxes diferentes.
Non te desanimes, unha cousa é segura: todos xuntos podemos parar esta desfeita, pero temos que colaborar co noso pequeno esforzo.
Dna. Rosa Martínez Rivada, directora da Radio Galega:
Televisión de Galicia
Bando-San Marcos
15.820 Santiago de Compostela (A Coruña)
Sexta feira 23 (Venres)
? Pito de Pikasso no pub Gatos (Melide)
? Colvalblú no Salason (Cangas do Morrazo)
? Skarallaos no Pub D´antón (Laracha)
? Machina no Propopolis (A Coruña)
Sábado 24
? Repichoca solidaria en Narón
? Pito de Pikasso no pub Lacosta (Portonovo)
? Banda Potemkim no Auriense (Ourense)
? Xemántica no Revolta (Vigo)
? Invivo na sala Nasa (Compostela)
? Zenzar na Artabria (Ferrol)
? Os Cuchufellos, Ce Orquestra Pantasma,... no Espazo Activo de Vedra
? Festival Castañazo (Maceda):Sonoro Maxín, Som do Galpóm, Os Tres Trebóns,...
? Magosto Serán en Matamá (Vigo)
? Serán en Mondariz no Pavillón Municipal
Domingo 25
? Foliada no Espazo Activo de Vedra: A Requinta da Laxeira, A Gaita de Sarandón, Bouba Panderetiras, Os Gaiteiros do Pedroso,...
Día 24 de outubro no torreiro da festa de Matamá (Vigo)
PROGRAMACION
16.00h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s
Percorrido por Matamá . Polo camiño actuará o contacontos SAÚL. (A saída será dende o torreiro de Matamá. Se chove faranse actividades na carpa).
18.30h "CODIA E MIOLO" Espectáculo de animación para nen@s
19.30h Reparto de castañas. (Cunha consumición castañas gratis).
20.00h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de instrumentos musicais, xogos tradicionais, maquillaxe para nenos...
22.00h "OS TREBELLOS DO MORRAZO" grupo de música tradicional.
23.00h SERAN POPULAR trae o teu instrumento e participa.
0.00h QUEIMADA
¡¡¡ ENTRADA DE BALDE . HABERÁ CARPA POR SE CHOVE!!!
A A.C. Tangaraño organiza unha exposición de vintedous Traxes Tradicionais no Multiusos de Mos.
Para celebrar os seus anos de andaina, a A.C. Tangaraño coa colaboración do Concello de Mos, organiza unha serie de actos vencellados ao mundo da nosa tradición e cultura popular.
Deste xeito, o vindeiro día 24 de outubro, ás 12:30 horas inaugurarase unha exposición de traxes tradicionais; sendo este acto o inicio da semana cultural que rematará o día 31 de outubro coa posta en escena da gala ?O Son do Tangaraño?.
Nesta exposición de traxes, os visitantes poderán achegarse á moda doutros tempos, un xeito de vestir que, igual que o día de hoxe, proporcionaba información sobre o seu dono: clase social, poder adquisitivo, comarca de orixe...
Así, no espazo que ofrece o Multiusos de Mos se poderán contemplar vintedous traxes, de home e de muller; desde os empregados no día a día para desenvolver as diferentes labores de traballo, ata os más ricos e vistosos empregados nos días de festa e celebracións. Moitas das pezas que se poderán ver son antigas, herdanzas que pasaron de xeración a xeración e que chegaron a día de hoxe nun grande estado de conservación.
As alfaias e complementos tamén terán cabida nesta exposición, que estará aberta ao público os días 25, 27 e 28 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Para obter máis información sobre tódolos actos desta semana cultural de Tangaraño, pode visitar www.tangarano.org.