Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entre Trastes, Segundo Mellor Álbum

A súa aparición no panorama do folk galego aporta unha nova visión ao integrar unha sonoridade diferente baseada nos instrumentos de corda. Ademais, o trío engade composicións propias a un álbum de debut que conseguiu chamar a atención do xurado.

-Como viviron todo este tempo desde a saída do disco?
-Con bastante tranquilidade porque andamos metidos en varios proxectos e Dani Vilar tivo un fillo. Todo iso provocou que non realizáramos demasiados concertos A verdade é que sacamos o disco para reflectir un traballo que tiñamos feito, mais tampouco coa idea clara de facer actuacións. O que sucedeu é que foron saíndo algunhas e , desde logo, estamos dispostos a continuar subindo aos escenarios. Ao sermos un trío é unha proposta doada de mover.

-Xa teñen temas novos rematados. Para cando o segundo álbum?
-Non temos data. Estamos a negociar con Zouma Records, que xa apostou por nós coa edición da ópera prima e agradecemos ese esforzo realizado por Fasero.

-Consideran que é un momento idóneo no folk galego para a súa proposta musical?
-Posiblemente. Esta é unha proposta que non existía no panorama folk galego e que resulta común noutros paises célticos ou en Portugal. No estranxeiro existen festivais adicados exclusivamente a propostas de artistas con instrumentos de corda. Á xente chámalle a atención e tarda un chisco en reaccionar cando nos ven, xa que non esperan algo así. Quixemos que o álbum fose testemuñal do traballo dunha formación de corda, baseada no contrabaixo, a guitarra acústica e o bouzouqui, e que sirva como referenza para alguén que pretenda investigar por eses vieiros. Realmente pensamos que o futuro máis inmediato pasa polas formacións pequenas e que estas poidan facer rexudir un mercado que resulta un tanto irreal. Hai un certo globo coa inxección de cartos institucionais e a xente non paga por escoitar os grupos nos directos ao aire libre que se celebran no verán e non dicimos que iso estea mal, só que nos concertos que se montan en locais máis pequenos vaise palpar máis un interese fidedigno do público por este tipo de música.

-No concerto do venres vanlle dar unha sorpresa ao público, nonsí?
-Será a primeira vez que actuemos como cuarteto. Contamos co reforxo de Issac Millán, que tocará guitarra acústica e bouzouqui. É unha persoa que fixo un traballo moi interesante nos grupos Quempallou e Mac Feck. É un músico que, en pouco tempo, sabe ofrecer algo que funciona.

-Foi o Premio Opinión acadado unha boa promoción para a súa carreira?
-Primeiramente queremos subliñar que foi unha distincion que non esperabamos para nada e produciunos unha gran ledicia sabermos que lográramos esa segunda posición nas votacións efectuadas polo xurado. A nivel promocional serviu para que xa non fósemos só un grupo novel innovador, senón que xa contamos cun premio, o que non está nada mal como comezo dunha andaina. Agora a discográfica, e nós mesmos, debemos ser quen de tirarlle partido a este galardón e aproveitar o tirón que representa recibilo para un conxunto de folk.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
VII edición dos PREMIOS OPINIÓN

O tren do folk sempre está en marcha. Hai que subir, sexa como for, "hai que agarrase aos trens coas unllas". Se non sobes, "es ti o que está parado coa maleta pechada".

O músico Emilio Cao usou estes versos de Leopoldo Alas para falarlle a un mundo do folk galego que sofre como poucos a crise discográfica. Recollía no teatro Rosalía de Castro o PREMIO OPINIÓN a unha vida dedicada á música, aquela que comezou cun disco fundamental para o futuro dos sons galegos, Fonte do Araño, publicado no ano 1977. Pediulle aos artistas do país "máis irreverencia e menos trascendencia".

"O pop e o rock teñen a sorte de ser máis irreverentes, máis incómodos para o poder", advertiu o mestre do folk galego, que prometeu volver despois dun tempo de silencio. Xa é longa a súa ausencia no mercado discográfico pero ten legado algúns dos temas máis representativos da música de raíz en discos como A lenda da pedra do destino, No manto da auga, Amiga alba e delgada, Cartas Mariñeiras e Simbad en
Galicia.

Considérase Emilio Cao "un vagón" do mundo da música galega, "enganchado" á xente que lle deu a man cando comezaba e tras o que se uniron "persoas que agora forma parte deste tren". Lembrou aos seus amigos coruñes -"fundamentais para min na época do meu arranque"- como Xoán Piñón, Xosé Díaz e Bernardo Martínez. Tamén a Nonito Pereira: "o primeiro que creu en min e que me meteu nun avión para firmar un contrato".

O artista, que inaugura o PREMIO OPINIÓN a unha Andaniña Senlleira, é un dos vagóns de diante. Outros síguenlle: dez anos pasaron dende que publicou o seu primeiro traballo o gaiteiro
Xosé Manuel Budiño -PREMIO OPINIÓN 2008 ao mellor álbum-; e quince pasaron dende que naceu o grupo Fía Na Roca -terceiro galardonado-.
Nos últimos vagóns, recentes incorporacións como os rapaces de Entre Trastes, que co seu primeiro álbum homónimo acadaron o segundo posto na VII edición dos premios do folk galego. Tamén recén chegadas son as catro arpistas de Luvalai, que estrearon a súa fermosa proposta de voces e arpas no teatro Rosalía.

Compoñentes da orquestra folk Son de Seu -distinguida na cuarta edición dos PREMIOS OPINIÓN-, preséntanse agora en formación de catro. Foron as encargadas de abrir os concertos da noite, que tivo como mestra de cerimonias á presentadora da Televisión de Galicia Helena Soto. Minutos antes o gaiteiro Xesús Vaamonde interpretou o himno galego no ano do seu centenario.
"Normalmente tócase para rematar o acto, pero a nós gústanos comezar como remata a maioría", riu a comunicadora para un patio de butacas cheo presidido pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo; o secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez-Lema; e o xerente e o director de LA OPINIÓN, Luis González e Francisco Orsini.

Despois dos concertos de Luvalai e Entre Trastes chegou a quenda da entrega de galardóns, que abriu Emilio Cao co seu
"speech ferroviario", segundo describiu el mesmo, tras recoller a estatuiña deseñada Salvador Hernández entregada pola conselleira de Cultura.

Tres dos compoñentes de Fía Na Roca recibiron a distinción polo álbum Vente Vindo de mans de Pablo Barreiro, "unha das persoas máis queridas neste mundo", representante da imprescindible "zona escura" do equipo técnico, tal e como o presentou Helena Soto. A vocalista da formación, Sonia Lebedynski, agradeceu o premio "como o mellor agasallo" polos seus quince anos de traxectoria.

Volveron subir ás táboas do Rosalía o trío Entre trastes, que cunha aposta inédita no mercado discográfico galego -música exclusivamente baseada nas cordas de guitarras, baixos e bouzoukis- acadaron a segunda mellor puntuación dos membros do xurado, formado por críticos e xornalistas especializados.

Amosáronse ledos porque o que describiron como "unha aventura de colegas" converteuse nun primeiro disco (Zouma Records) e, dende onte, no primeiro galardón dos seus andeis.

O gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño sería a estrela do resto da gala. En primeiro lugar, ao aceptar o primeiro premio da sétima edición dos galardóns promovidos por LA OPINIÓN, dirixidos polo xornalista Óscar Losada e nos que colaboran a Consellería de Cultura, o Concello da Coruña, a Fundación Caixa Galicia, a cadea de supermercados Gadis e Unión Fenosa.

Budiño, que dedicou ao seu pai o álbum premiado, Home, tivo tamén palabras de agradecemento para a súa discográfica, Falcatruada, que apostou por un traballo que, hai un ano, estaba totalmente composto pero non tiña casa na que editarse.
O gaiteiro, que xa acadara outro dos PREMIOS OPINIÓN con Zume de Terra, puxo fin á noite coa interpretación das pezas de Home. Imaxes de vídeo integradas no espectáculo acompañaron aos sons contemporáneos xurdidos dun músico que aposta por dotar de modernidade ás súas cancións en perder nunca o referente do folclore galego. Fíxose acompañar no escenario do teatro Rosalía de Castro dunha compañeira e amiga, Mercedes Peón, coa que interpretou o tema Imparables.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Som do galpón gravará disco
O grupo musical de Ames Som do Galpom, gañador da II edición do certame Nsaio no Camiño, iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, e co obxectivo de “impulsar e promocionar a creatividade musical dos novos talentos galegos”, recibiu hoxe de forma simbólica o comezo da súa carreira discográfica.

O quinteto, orixinario de A Moniña terá como premio a gravación dun disco nun dos mellores estudos do Estado, así como a sinatura dun contrato cunha discográfica de prestixio a nivel de España e un contrato de “management”.

Na entrega do galardón celebrado esta mañá en Santiago de Compostela, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, felicitou aos seus compoñentes polo “traballo realizado e o galardón acadado”. Segundo informan nun comunicado dende a dirección xeral, este galardón é “unha aposta do Goberno galego por estender a cultura galega alén das fronteiras do país, avogando pola calidade e a potencialidade dos grupos musicais galegos e por situar a Galiza como referente estatal á hora de canalizar e potenciar a creatividade dos conxuntos musicais galegos”.

Mestura de sons

Som do Galpom alzouse como gañador do certame na final celebrada o pasado mes de setembro en Lugo, logo dun proceso que levou o concurso a distintas vilas de Galiza a través dos concertos ofrecidos polos participantes. Nesta segunda edición arredor de 150 conxuntos dos que saíron cinco finalistas noutras tantas categorías musicais (pop, mestizaxe, novas tendencias, folk e rock).

O quinteto de Ames elabora unha música de fusión con elementos rap, reggae e funk. A pesar da súa xuventude e curta andaina musical, a súa calidade e orixinalidade ao mesturar distintos estilos e propostas, xunto co seu compromiso co idioma galego, convertérono no gañador do certame.

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2008 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Himno de Galicia: Versión Corrixida
Hai tempo, foi publicada no portal da Asociación de Gaiteiros unha nova respecto dun traballo de Suso Vaamonde e Iván Area en procura da versión oficial da partitura do Himno de Galicia.

Nova sobre a partitura oficial do Himno de Galicia

Tras varias revisións, foron detectadas diversas erratas por partes dos autores. Unha vez resoltas, achegamos de novo as partituras e indicamos os compases que sofren algunha variación respecto do publicado anteriormente:

Na partitura do himno que aparece no libro "Normas Institucionais de Galicia", no compas 2 cámbiase o "si" da voz grave do piano por un "re", e no compás 30 elimínase un "do" da voz aguda do piano.

Na partitura do arranxo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, nas voces de ambas gaitas, no compás nº 34, no canto de "branca e negra" é "negra con puntiño, corchea e negra".

Partitura do arranxo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

Partitura do himno que aparece no libro "Normas Institucionais de Galicia"

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2008 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Cao recibe o PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira
A finais dos anos setenta, o arpista Emilio Cao publicou Fonte do araño, un álbum fundamental no posterior devir da música folk galega. A presenza deste artista revitalizou unha escena musical que, daquela, non contaba con moitas propostas de relevancia.

A lenda da pedra do destino, No manto da auga, Amiga alba e delgada, Cartas mariñas e Simbad en Galicia completan a obra discográfica dun músico especial que aportou algúns dos temas máis representativos na música de raíz do noso país. Leva bastantes anos sen editar nova obra, aínda que dentro de pouco tempo é posible que a teñamos nas mans, o cal sería unha boa nova.
O arpista santiagués inaugura o palmarés deste galardón adicado a unha andaina senlleira.

www.laopinioncoruna.es

Fonte do Araño


Vals do mencer




Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-10-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
A CIG di NON á Directiva das 65 horas

A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo.

Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:

Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.
No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.

Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.

Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...

Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-10-2008 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
• V Noites de Tasca no bar A Taberna de Cerceda
• Coanhadeira no Aturuxo de Bueu
• Sonoro Maxín na Sala Babel de Lugo
• Transilvanians no Manteca Jazz (Vigo)
• Capitán Furilo no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Sumrrá no Teatro Jofre (Ferrol)
• Romaxe Lamela 08: Taru e Os Paxaros Coiro, Som do Galpom, Ulträqäns, Banda de Nash
• Gala premios Opinión (A Coruña): Xosé Manuel Budiño, Entre Trastes, Lulavai e Xesús Vaamonde

Sábado 4
• Danza branca de Prado da Canda (Covelo) ás 18:00
• Xornadas de Portas Abertas no Fiadeiro (Vigo)
• Leilía no Grove
• Milladoiro en Mos
• Avelaiña na Fragua de Redondela
• Pesdelán en Lugo
• Zenzar en Brión
• Jazzia (Jazz e maxia) ás 20:30 no Teatro Colón da Coruña
• Sonoro Maxín na Sala Auriense de Ourense
• Som do Galpón na Sala Rum Rum de Ferrol
• II Encontro Folclórico Frouma en Oleiros
• Serán de Vilaboa na Casa da Cultura de Riomaior
• Serán en San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas)

Domingo 5
• Danza branca de Prado da Canda (Covelo) ás 12:00
• Xornadas de Portas Abertas no Fiadeiro (Vigo)
• Luar na Lubre en Lugo na Praza de Santa María ás 20:15
• Susana Seivane en Lourenzá (Lugo)
• Cantigas e Agarimos, Cantigas da Terra e Eidos Asociación de Coros e Danzas, na Coruña no Teatro Rosalía de Castro ás 19:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 4 de outubro
-Serán de Vilaboa na Casa da Cultura de Riomaior, entre San Adrián e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
-Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas)

sábado 18 de outubro
-Serán "Val de Flores" en Valdráns (estrada Tui-Salvaterra), no centro cultural
-IV Ruada Xiradela no Centro Cívico Cultural de Arteixo

sábado 25 de outubro
-Serán da Balsa, no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Xoves 30 de outubro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

sábado 8 de novembro
-Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-10-2008 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Portas Abertas de O Fiadeiro

Fin de semana de actividades tradicionais en “O Fiadeiro”

A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o vindeiro sábado e domingo con motivo da celebración das VII Xornadas de Portas Abertas

A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as VII Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor desde fai máis de 10 anos.

Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Francisco Feijoó (baile), Rafael Crespo (gaita) Sandra Diéguez (pandeireta) e Begoña Martínez (Costura e pasamanerías), entre outros.

Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, acordeón, guitarra, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o sábado pola tarde de 16.00 a 17.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s. Obradoiros de costura e pasamanerías, debuxo e pintura, aerobic e relaxación completan a oferta das xornadas para esta fin de semana.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, enviar un e-mail a ofiadeiro@ofiadeiro.com ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Pombal nº38 (no Calvario, detrás da igrexa dos Picos). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

Novo Curso

As Xornadas marcan o inicio do novo curso na escola da A.C.F. que este ano continúa coas súas actividades e espectáculos tradicionais nos eidos da música, bailes e artesanía pero tamén cun novo espazo para as persoas de idade máis avanzada con novos cursos como son ximnasia de mantemento, 3ª idade e relaxación.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Fiada en Vilaboa
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-10-2008 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-10-2008 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
V Noites de Tasca en Cerceda
Continúan as Noites de Tasca na comarca de Ordes. Esta 5ª a organiza a Asociación Folclórica San Martiño de Cerceda coa colaboración da Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, será no bar A Taberna de Cerceda este venres día 3 de outubro, a partir das 22:00 h.

Nesta ocasión estará o grupo Maghus da Coruña e os vellos gaiteiros da zona de Cerceda.

Vémonos alí, non faltedes!.

www.frouma.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Gala VII Premios Opinión de música folk

Gala dos VII Premios Opinión de música folk

Celebrarase o venres 3 de outubro, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Na Gala actuarán:

- Xosé Manuel Budiño,
- Entre Trastes,
- Lulavai
- Xesús Vaamonde.


Invitacións: Entregando na sede de "La Opinión" o cupón que ven no xornal.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sumrrá en concerto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro Folclórico Frouma
II ENCONTRO FOLCLÓRICO FROUMA

Despois do éxito acadado no Encontro Folclórico que organizaron o ano pasado con motivo da presentación do portal de música tradicional www.frouma.com, este ano organizan o II Encontro Folclórico coa colaboración do Concello de Oleiros e a Deputación da Coruña, que pretenden sexa de caracter anual e que chegue a ser un referente na comarca das mariñas.

Este ano celébrase o día 4 de outubro as 19:00 h, nas Torres de Santa Cruz de Liáns (Oleiros) co seguinte programa:

-Frouma de Oleiros
-Alén do Mar de Oleiros
-Agrupación Inquedanzas de Tui
-Cántigas da Terra da Coruña

Esperamos que asistades todos, é importante para o grupo contar co voso apoio e gostaríanos que disfrutedes connosco da nosa música.

Un saudo. Asociación Cultural Frouma.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
A cultura galega en Barcelona

A Foliada naceu como un intercambio Galego-Catalá hai tres anos en 9Barris, a súa primeira edición foi en Barcelona, a segunda en Galiza e agora volta de novo a Catalunya, para o ano que ven voltar de novo a Galiza.

Os dias 3, 4 e 5 de Outubro en 9 Barris (Barcelona), poderemos desfrutar unha vez mais deste intercambio cultural con Concertos, Exposicións, Obradoiros, espazos de crítica e acción, castellers, gastronomía, ...

Dentro das actuacións, estarán a Charanga do Metal, Xaranga do Xoxetes, Os Chiquiliquatres, Mal Ejemplo, Proyecto Luisbo, "Los Croquetas", Grupo do Centro Galego de Barcelona, Esbart Dansaire de Torrelles de Llobregat, Alberte Montes, Falcons de Barcelona, Os Tres Estalos, Festicultores Troupe, Diables de la Guineueta, Grup de Foc de Nou Barris, Kavron's, Hermanos MaKintos, La vaga banda, Machina, ....

Descarga o programa da Foliada AQUÍ

+Info: www.ateneu9b.net/foliada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Romaxe Lamela 2008

O Venres 3 de Outubro temos unha cita con Taru e Os Paxaros Coiro, Som do Galpom, Ulträqäns e a Banda de Nash na Romaxe Lamela 2008.

Non podedes faltar!!

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-10-2008 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Remate da xira de Capitán Furilo
Capitán Furilo, infórmanos que o próximo Venres 2 de outubro estararán actuando na Sala SON de Cangas ás 12 da Noite.

Será o derradeiro concerto da Xira Pop?, xira que comenzaron en Xaneiro coa presentación do Ep homónimo de cinco temas e que os levou por Vigo, Lugo, A Coruña, Laracha, Sarria, Salvaterra, Ourense...

Despois deste concerto teñen pensado comezar a traballar cos novos temas co fin de grabar o que será o seu primeiro disco.

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-10-2008 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte as botas: limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos
Ponte as botas: limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos

O sábado 4 de outubro, ADEGA e o Proxecto Ríos organizan unha limpeza simultánea de ríos en colaboración con entidades e 22 concellos que participan no Proxecto Ríos.

Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nas canles e ribeiras. Con esta iniciativa en rede queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os ríos como premisa para conservar a súa/nosa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día: para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis e depende de todos/as frear a crecente contaminación que están a sufrir. Descarrega Protocolo LIMPEZA RIOS (1.65 MB)

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.

Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos, que pretendemos continuar aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza.

Concellos colaboradores: Abegondo, A Estrada, Arteixo, Carballo, Celanova, Cuntis, Ferrol, Guitiriz, Lalín, Lugo, Melide, Ordes, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Ribadumia, Rois, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Xove.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.

Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona:

Grupo/Concello

Persoa de contacto
Teléfono


A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares
Chus Goldar
626 768 826

ABEGONDO: Departamento de Medio Ambiente
Mª Carmen
686 352 866

AGOLADA: Eira da Xoana (ADEGA)
Marcial Barral
616627318
ARTEIXO: Departamento de Medio Ambiente
Óscar Miranda
981 64 18 15

CARBALLO: ADEGA-Carballo
Paco Graña
646 42 10 19

CELANOVA: ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945

COMPOSTELA: ADEGA-Compostela
Paco Bañobre
981 57 00 99/627 628 194

CUNTIS: Asociación O Fervedoiro
Heitor Picallo
676 188 619

FERROL: ADEGA-Ferrol
Nes
649 779 774

GUITIRIZ: Departamento de medio Ambiente
José Cornide
982 37 01 09

LALÍN:
Departamento de Medio Ambiente
Xosé Manuel
986 78 72 02/616 937 854

LUGO: ADEGA Lugo
Xosé Rodríguez
Benjamín Cela
678 810 217
982170435/676228883

MELIDE:
Asociación de troiteiros do río Furelos
696 607 348

ORDES:
Departamento de Medio Ambiente
Xesús Pereira
649 84 56 74

PONTEAREAS: ADENCO e ADEGA-Paradanta
Anxo Saborido
666 893 879

PONTEVEDRA: ADEGA-Pontevedra; Vai polo Río; Cedofeita; Integra Futuros
Manuel Fortes
Xosé
676 088 486
676 842 942

PORRIÑO
Paula Domínguez
658 943 491

RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés e Asociación Roi Vicente
Mª Dolores Barreiro
680 580 086

ROIS: Departamento de Medio Ambiente
Ana Yansi e Ángeles Bouzas
981 804 109

SALCEDA DE CASELAS: Asociación TRECECATORCE
Fran Rei
615 421 199

TEO: CEIP A Ramallosa

VIGO: ADEGA-Vigo
Xan Vilaboa
629 271 224

XOVE: Aula de Medio Ambiente
Desireé González
651 600 173

www.adega.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Abe Rábade e Kiko Pastur fusionan jazz e maxia nun novo espectáculo
O pianista Abe Rábade e o mago Kiko Pastur estrearán o vindeiro 4 de outubro no Teatro Colón da Coruña un novo espectáculo que fusiona o jazz e a maxia, titulado Jazzia, e que se poderá ver tamén en Ourense, Pontevedra e Lugo.

Unha coidada escenografía, o deseño da iluminación, un piano de cola, un ciclorama, pantallas proxectadas e máquinas de fume conforman o espazo no que o teatro se viste de poesía visual e dunha atmosfera máxica.

Os autores do espectáculo aseguran que Jazzia "non se trata dun acompañamento musical á maxia ou dun concerto teatralizado, senón dunha linguaxe innovadora, na que unha parte non tería sentido sen a outra".

Jazzia defínese ademais como un espectáculo "participativo", ás veces cómico e ás veces inquedante, e envolto nunha atmosfera máxica. A obra presenta composicións orixinais que cobren case todos os estilos do jazz e do ilusionismo moderno.

Trala estrea na Coruña, Jazzia poderá verse o 22 de outubro no Teatro Principal de Ourense; en Pontevedra estará o 28 de outubro e rematará a xira galega no Auditorio Municipal Gustavo Freire en Lugo o 3 de decembro. As entradas están á venda na billeteira de Caixa Galicia e no teléfono 902 43 44 43, a un prezo de entre 4 e 15 euros.

Dous talentos galegos
Jazzia reúne dous talentos galegos da maxia e do jazz. Abe Rábade lidera un trío acústico dende 1996, que xa co primeiro álbum, Babel de Sons acadou recoñecementos como o 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo.

Rábade recibiu tamén o Premio Tete Montoliú ao Pianista Revelación en España. Despois virían Simetrías e GHU! Project vol.1, e o último álbum do trío, Playing on Light, elixido mellor disco de jazz en España en 2006. No campo docente, é director artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra dende o ano 2000 e programador do Festival Internacional Canjazz con Luís Carballo.

Pola súa banda, Kiko Pastur leva 14 anos traballando como profesional do ilusionismo en televisións, escenarios de toda Galicia, eventos privados, congresos e locais de España e Gran Bretaña. Forma parte do equipo do programa de televisión Nada por aquí. Na súa traxectoria recolleu galardóns como o segundo Premio Nacional de Cartomagia en Almería en 1999 e o 3º Premio Nacional de Micromagia en Donostia en 2002. En Suecia, clasificouse en terceira posición no campionato do mundo de maxia, na categoría Naipes de cerca.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
A tradición televisada

O PROGRAMA ALALá AMOSA AS POSIBILIDADES TELEVISIVAS DA MúSICA TRADICIONAL

Senén Bernárdez fala sobre a situación actual da música tradicional

Dez da noite do mércores. Unha de cada cinco persoas que están a ollar a televisión en Galicia observa como canta unha señora entrada en anos ou como uns gaiteiros, tamén coa súa idade, interpretan vellas pezas musicais. Cunhas envexables cifras de audiencia, Alalá está a conseguir achegar a música tradicional aos máis novos e difunde o rico legado da nosa tradición. O director do programa, Senén Bernárdez, explícanos como se xerou este sorprendente éxito cando se celebra o Día Internacional da Música.

Posiblemente ninguén pensou, desde a fundación da Televisión de Galicia, que un programa sobre música tradicional puidese ser un dos máis vistos da canle. Ata que hai tres anos Alalá comezou a demostrar que este é un campo que non só funciona, senón que ademais ten nun público urbano os seus principais seguidores. A cousa ten o seu truco, “a base é tratar de reflectir con precisión o que é a sociedade galega fóra de tópicos. Traballamos sobre todo en evitar as visións tópicas das persoas. En Galicia adoitaba falarse de produtos gastronómicos e de particularidades turísticas. Con este programa tentamos amosar o mundo da música tradicional desde dentro. Queremos entrar no comportamento das persoas que protagonizan o programa deste un punto de vista xeito social, persoal e familiar”, explica Senén Bernárdez, director deste espazo.


Un xeito de traballar
Para conseguir isto “recorremos á gravación documental, con pouca construción, empregando criterios de espontaneidade e tentando retratar a xente no seu contorno. O normal en televisión era que a xente chegase ao plató e tocase alí, entón iso quedaba algo descontextualizado, musealizado”, explica. Deste Alalá apostaron, pola contra, en contextualizar as actuacións dun xeito “o máis realista posible”. Para isto o equipo desenvolveu un sistema de traballo que busca coñecer e familiarizarse cos protagonistas antes de ir gravar. “Téntase captar situacións da vida real”. Ao tempo que se procura a dimensións didáctica e explicar disintas cuestións da música tradicional, coas gravacións “téntase afondar no aspecto humano das persoas”, explica Bernárdez. “Ainda que poidamos ter programas sobre varios gaiteiros que teñen sesenta anos e viven en cadansúa aldea, por exemplo, tentamos amosar as súas personalidades. Queremos que se vexa esa riqueza de caracteres. A persoa alegre, a prudente, a traballador,a o vividor ou o que sexa”, completa.

As cifras do éxito
No éxito do programa, sen ningunha dúbida, tivo abondo que ver o feito de que se emita nunha hora próxima ao prime time televisivo, onde se rexistran os máximos de audiencia. “Os programas culturais están moitas veces relegados a horarios moi específicos, como se xa de entrada se dese por perdida a batalla pola audiencia”, lamenta o director. No caso de Alalá, unha aposta da dirección do ente público permitiu situalo nunha hora envexable, roldando as dez da noite. “Viñamos dunha franxa non moi boa e tiñamos arredor dun 6% da audiencia. Entón movémonos para esta coa idea de que se fose enganchando á xente. E a verdade é que case sempre cumprimos, chegamos a audiencias de máis do 20% e normalmente superamos o 15%. A verdade é que a cousa foi ben, ás veces somos a canle máis vista en Galicia, e conseguilo cun programa cultural é toda unha satisfacción”, recoñece Bernárdez.

O interese
Para mais, o éxito do programa dáse sobre todo entre nenos e un público variado que en moitos casos vive en cidades, uns datos que poden resultar curiosos a falarmos deste xénero. “Eu penso que o mundo urbano está un pouco dividido. Hai xente nova que apreza e ten interese pola cultura e pola lingua galega, e hai outra que vive totalmente divorciada desta realidade. Nós chegamos á xente que lle interesa”. O éxito do programa deu nalgúns “descendentes” na propia TVG. “A min cónstame que, vendo que temos bos resultados, para algúns programas solicitábase tamén que se fixesen no estilo Alalá, buscando un aspecto humano”.

Retroalimentación
Alén da función didáctica que ten o programa, Alalá está a documentar unha boa mostra das nosas tradicións. Ademais, o seu director recoñece que a iniciativa mantén unha constante retroalimentación co público e cos afeccionados á música tradicional. “Hai unha interacción moi grande que eu diría que se dá en espiral. Cando comezamos estaba Uxía Senlle coma asesora musical. Segundo fomos gravando, coñecemos diferentes persoas e moitas propuñan temas, pero agora moitos xa funcionan coma asesores musicais. Conseguimos unha grande empatía con investigadores, e debemos deixar claro que chegamos aos nosos protagonistas a partir de investigacións de folcloristas e musicólogos”.


Satisfaccións e camiños
A nivel persoal, para o director “a satisfacción máis grande é cando os protagonistas se sinten ben retratados no programa. E tamén cando conseguimos ensinar algo da música tradicional. Ás veces falei con algunhas persoas que saíron no programa e dicían que ao mellor as chamaran duascentas persoas desde Galicia ou Sudamérica. E eses ánimos que lles dan para que sigan tocando e cantando para min resulta moi satisfactorio”. En canto aos camiños que vai seguir o programa “temos moitos temas pendente. Cada programa propón un tema diferente, e segundo iso e o protagonista, cada un é un relato. Entón temos que procurar que vaian aparecendo diferentes puntos de vista. Se o logramos, estarei contento”.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de Música Tradicional de Ourense, Maceda e Allariz

Comeza o curso 2008-2009 na:
Escola de Música Tradicional de Ourense
(Tras Bloque 8 Baixo - Barrocás, Ourense):


Os Horarios son:

Gaita:
Martes de 19:30 a 21:00 e Xoves de 19:30 a 21:30
Canto e Pandeireta :
Lúns de 20:40 a 21:40
Percusión:
*Pendente da formación dos grupos

Comezo do curso na EMT de Ourense o Lúns 13 de Outubro

-Tamén informarvos que este ano comeza a funcionar a Escola de Música Tradicional no Concello de Maceda.

Integrada na Escola Municipal do Concello, onde impartimos clases de Gaita, Percusión, Canto e Pandeireta, Gonzalo Abelairas e Patricia López.
A presentación e posta de horarios, (tanto das actividades individuáis como colectivas) é o dia 10 de Outubro, venres as 18:00, no Castelo e as clases serán os venres pola tarde, (tamén no Castelo de Maceda)


-A Escola de Música Tradicional de Allariz, ten a presentación e posta de horarios este sábado dia 4 de outubro as 11:00 na Casa de Cultura de Allariz e as clases de Gaita e Percusión son os sábados de 11:00 a 14:00, (tamén poranse os horarios de Canto e Pandeireta e Acordeón)



Para calquer información, sobre os cursos, horarios,... podedes enviar un email a: aoftou@hotmail.com ou consultar neste Space, onde colgaremos toda a información cos horarios das Escolas onde impartimos clases, xa que logo das presentacións, poden sufrir algunha modificación

www.aoftou.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-10-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos
Cantos en Contos

Xa está á venda o libro CD-DVD “Contos en Cantos” de Almudena Janeiro co editado por PAI Música - OQO Editora e que foi grabado e mesturado en Casa de Tolos.

Un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos, música e video e que mestura distintos estilos musicais como a música popular portuguesa, bossa nova, sirtaki, tango, rock&roll, soul, gospel e mesmo cantos africanos. Todos eles baixo o eixo comun o idioma galego como nexo entre estas distintas culturas.

Os 13 temas do CD ofrecen amplas posibilidades didacticas para facer xogos, dramatizacións ou danzas simples para nenos de infantil e primaria.

Almudena Janeiro interpreta ao son de gaitas, guitarras, percusión, frauta, tambores,… Os distintos graos de dificultade favorecen a atención a discriminación auditiva e a memoria en diferentes idades.

www.casadetolos.com

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 02-10-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Disco en galego de Olalla Bouzas
A moza arousá Olalla Bouzas vén de publicar un disco no que musica versos de poetas galegos vivos, titulado "Sentimentos da alma galega".

"Recolle moitos estilos distintos, porque cada poema require un tipo de música", explicou Bouzas. A saudade é o sentimento predominante neste traballo, que fai referencia ao sentir xeral dos galegos, segundo indicou a artista.

O álbum foi presentado hoxe pola propia cantante e compositora, acompañada do seu produtor, o músico Teo Cardalda; o tenente alcalde de Vilagarcía, Xosé Castro; outro Teo Cardalda, curmán do ex Golpes Bajos, e descubridor do talento da moza, e Javier Vidal, responsable da SGAE na zona Noroeste como representante da Fundación Autor, que publica o disco.

En Sentimentos da alma galega, Olalla Bouzas ponlle voz e melodía a versos de Baldomero Iglesias, Gonzalo Bouza-Brey, Xesús Rábade, Daniel Pino, Manuel Rivas, Manuel Blanco, Sabino Torres, Xesús Alonso Montero, e Xosé Neira Vilas, nunha canción interpretada a dúo con Teo Cardalda, de Cómplices. Mesmo se atreve cun tema escrito e composto por ela mesma, Madre y amiga.

Cardalda louvou a "capacidad compositiva y pianística" de Bouzas e definiu o disco como "un muestrario de poesía y una demostración de lo que una joven puede llegar a musicar". O disco foi gravado durante nove meses entre Madrid e Catoira baixo a produción do músico de Cómplices: "produzco lo mínimo porque quema, por lo tanto se trata de un disco especial".

Outro Teo Cardalda, curmán do músico, encargouse de compilar os poemas e de falar cos poetas para que prestasen os seus versos, logo de descubrir xa de nena as capacidades de Olalla Bouzas para poñerlles música. Logo de tocar ante máis de 3.000 persoas nas festas de San Roque en Vilagarcía e de tocar no Auditorio local, Olalla Bouzas ten previsto actuar na capital galega, aínda que sen data determinada.

www.galiciae.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Video de Nova Galega de Danza
Logo dos dous espectáculos anteriores que xiraron por todo o país, a compañía 'Nova Galega de Danza' volve aos escenarios co seu novo espectáculo TRADIccIÓN.

Precisamente este título da xogo para envolver ao público nunha mestura de tradición e vangarda. Reinterpretar a tradición e algo que se adoita facer na danza e na música, pero a compañía aínda vai máis aló e reiventa os pasos clásicos a través de coreografías e músicas novas, sen caer no folclorismo máis con todo o respecto polos bailes tradicionais.

Pretende polo tanto seguir sendo referente da danza sen renunciar a ser unha compañía contemporánea con forte acento galego e cunha teima de revalorización do propio, do noso. Este espectáculo está coproducido por Nova Galega de Danza e o Centro Coreográfico Galego (Igaem) e conta coa colaboración da consellaría de Cultura e Deporte.

ANT TV estivo nun ensaio con todos eles, conversando con Xaime P. Díaz e Vicente Colomer que son os responsábeis da direción coreográfica e con Pedro Lamas, que asume a direción musical. De paso tivo a posibilidade de disfrutar deste adianto das músicas e das danzas que se poderán ver nas mellores condicións de luz e son nunha estrea agardada por moito público. Os tres coinciden en que para gozar da montaxe so é preciso ir con gañas de emocionarse.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos no Estudo de Gravación
Entrevista cos Carunchos sobre a súa traxectoria e o novo disco.

Os Carunchos no estudo de Casa de Tolos
Este verán estivemos falando cos Carunchos sobre a súa traxectoria musical e sobre todo sobre o próximo traballo "Tocando no cuarto" que estrearán con PAI Música o próximo mes de novembro.

Latriqueiros e festeiros coma sempre, non perdemos a oportunidade de falar con todos eles unha vez finalizado todo o traballo de grabación nos estudios de Casa de Tolos.

Aquí vos deixamos con Luis, Isaac, Guillerme, Pili, Pablo e Alberto.


Video:
www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
O galego nun especial da RPT
Edición especial sobre o galego no programa da lingua portuguesa "Cuidado com a lingua " da RPT (Televión Pública de Portugal)

www.rtp.pt

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Video con Nordestinas
Nordestin@s naceu xa hai uns anos, da man de tres das máis relevantes personalidades do eido musical en Galiza, para revisar cunha ollada contemporanea a música mariña do noso país.

Ugia Pedreira desde Ribadeo, Guadi Galego desde Cedeira e Aba Rábade que leva por barco o seu piano de cola xuntáronse para revisar a música tradicional sen deixar de lado as raíces do folque deste país.

Co seu primeiro, e único disco de momento, revolucionou a música galega pondo nun mesmo contexto a tradición e o contemporáneo.

ANT TV estivo con estes tres xigantes da música galega conversando e disfrutando da súa música mentres ficamos á espera dun desexado novo disco.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os Crebinsky
Luís Tosar, Miguel de Lira, Celso Bugallo e Sergio Zearreta protagonizan 'Os Crebinsky'

O universo dos Crebinsky expándese e a curta que os deu a coñecer si que quedou, finalmente, curta. Por iso agora Luís Tosar, Miguel de Lira, Sergio Zearreta e Celso Bugallo están a rodar a longametraxe Os Crebinsky nos arredores de Santiago, pero tamén en Ortegal e Portomarín, onde rematará a gravación a principios de novembro.

Para quen non os coñeza, os Crebinsky son dous irmáns creados por Enrique Otero e Miguel de Lira, aínda que a historia llos atribúe ao piloto ruso Vladimir Crebinsky e a galega María Cribeiro. Os rapaces quedan orfos e aínda por riba a súa aldea vese asolagada por unha chea do río, polo que se trasladan a vivir coa súa vaca preto do mar. Alí sobreviven recollendo as crebas, os obxectos que o mar deposita na area. A súa prácida existencia complícase coa chegada duns saqueadores e cando se ven enredados na guerra.

A historia xorde da evolución deses dous personaxes protagonistas da curta que en 2005 levou un premio do Festival de Cine de Valladolid. O director desta comedia, Enrique Otero, defínea como "unha road movie" na que os dous irmáns guiados pola súa vaca van descubrir a aldea da que proceden. Todo isto ambientado no ano 45, en plena febre do wolfram que atrae ao país a americanos e alemáns. De aí que o filme estea gravado en cinco linguas, principalmente en galego, pero tamén en alemán, inglés, algunha frase en ruso pronunciada polo pai dos Crebinsky e a "linguaxe vaca", indica o responsable da produtora Control Z. "A historia pode ser galega, pero tamén bretoa ou irlandesa", engade.

O novo cantante de Lamatumbá, Sergio Zearreta, e Miguel de Lira dan vida a estes dous irmáns. Completan o reparto Luís Tosar, Celso Bugallo, Manuel Cortés, Manuel Lourenzo, Iolanda Muíños, Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, entre outros.

Produción galega e artesá
De Lira, ademais de actor e co guionista do filme, implicouse tamén na produción a través de Cabo San Lourenzo Producións. Semella que a idea entusiasmou tamén a Tosar, quen tamén asumiu parte do millón de euros que ronda o orzamento da película a través da súa produtora, Zircocine. Trátase por tanto dunha produción cen por cen galega a tres bandas --Control Z, Cabo San Lourenzo e Zircocine--, que conta coa axuda da Consellería de Cultura e do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura.

A equipa ten previsto rematar de montar a película alá por febreiro ou marzo. A data de estrea aínda está por determinar. En canto á distribución, planean unha xira vila a vila, ao estilo realizada por Pradolongo e que "tan ben funcionou", e logo outro sistema de distribución para o resto do Estado e noutros países. "Casa co espírito artesán do proxecto", sinala Otero.

E falando de artesáns, o encargado da dirección artística de Os Crebinsky será o multipremiado animador Juan Pablo Etcheberry, autor de Minotauromaquia e A flor máis grande do mundo, con quen Otero colabora nas bandas sonoras, e que contribuirá a imprimirlle unha estética especial.

www.galiciae.com



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2008 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Canto de berce no Star Academy 8 francés
Concursante galega participa no Star Academy 8 francés cun canto de berce tradicional galego



A belga-galega Ana interpretou á capela unha cantiga de berce tradicional galega durante a edición do 26 de Setembro do concurso da televisión francesa Star Academy 8.

A web da participante galega no concurso:

http://staracademy.tf1.fr/eleves/ana/ana-4093893.html
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
A alma da gaita toca aos franceses
Os compases da gaita galega seducen a propios e alleos pola súa pureza e o seu raigame celta. A xovialidade e esa 'morriña' universal que transmite contaxiou á vila gala de Saintes, que, ademais de estar vinculada a Galicia porque a súa catedral se atopa no Camiño francés a Santiago, agora réndelle unha particular homenaxe á terra galega.

Christophe Bertandeau é un dos fundadores da Fédération Française de Sonneurs de Gaitas et deas Cultures Galicienne et Celtibères 'Os Galaicos', un colectivo de "apaixonados" do instrumento, que, con case dous anos de existencia, suma 43 socios e cuxa pretensión é a de rexistrar a todos os amantes franceses desta arte.

Apadriñados por Cristina Pato, Luar na Lubre e polo gaiteiro moañés Anxo Lorenzo e o ferrolán Daniel Bellón, esta federación tamén serve á quincena de socios orixinarios ou descendentes de emigrantes para seguir en contacto coa cultura da comunidade.

Enfrontarse á nostalxia
Co afán de superar a "imaxe nostálxica de Galicia" na que moitos centros galegos viven estancados, Bertandeau explica que 'Os Galaicos' queren trasladar a Francia as tendencias musicais en boga en Galicia.

"Os mozos de orixe galega regresan no verán á comunidade e están en contacto cos centros de cidades como Barcelona, Murcia ou París", constata o músico francés cuxa paixón pola gaita o leva a dominala nas súas versións galega e escocesa e a estar xa iniciándose nos segredos da cornamusa búlgara.

A pesar da escaseza de fondos, que superan ademais de coas cotas, actuando en vodas e espectáculos, a federación gala tamén organiza curso de gaita, de bailes rexionais e crea un fondo de partituras de músicas tradicionais galegas.

Amigo e representante no país veciño do luthier de Carballo Francisco Calvo Regueiro, Bertandeau relata que tamén están inmersos na tradución da súa web ao galego, á vez que tratan de sacar adiante un grupo de música tradicional galega para actuar por todo o país e que, polo momento, ten cinco compoñentes.

Melodías pegadizas
A proliferación de gaiteiros na Bretaña, Alsacia, Paris ou no sur de Francia débese a que as melodías que saen do fol da cornamusa galega son "animosas e bailables". O boom da música celta e a colonización musical emprendida nos noventa por Carlos Núñez "deron a coñecer o instrumento galego, cuxos ritmos envolventes son á vez tan diferentes e parecidos aos da tradición irlandesa".

Coa mesma devoción que os grupos tradicionais que día a día traballan na comunidade para manter viva a tradición folclórica, tocados pola alma da gaita, Os Galaicos preparan con ilusión a súa visita a Galicia en abril do próximo ano, onde seguramente brindarán algunha actuación.

"Vimos para atoparnos cos nosos padriños e amigos músicos e artesáns" e para estreitar vínculos coa banda de gaitas viguesa Xarabal, que podería converterse na próxima madriña desta federación de galegos de corazón.

www.galiciae.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2008 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos no Casco Vello de Vigo

Un ano máis a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo inicia os seus cursos anuais.

Este curso entrante seguimos potenciando os cursos relacionados coa música tradicional galega e aos mestres habituais de baile (María Prego), acordeón diatónico (Pedro Blanco), Canto tradicional e Pandeireta (Itziar e Sandra) temos que engadir a unha nova mestra para os cursos de gaita e percusión, así dende este ano contamos coa maestría de María Xosé López (Muxicas, Anamoura, Na Virada,...) todo un luxo para nós.

Maís información de horarios e prezos en:

www.avcascovello.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas Retrouso 2008/2009 (Bueu)

Este mércores 1 de outubro arrinca o curso 2008/2009 nas Escolas Retrouso, da Asociación Cultural Retrouso.

A ambiciosa estrutura de profesorado do ano pasado mantense: con Cristóbal Prieto como responsable do eido da gaita; Alberto Costas, da percusión, Guillerme Ignacio, do canto tradicional e a pandeireta; Teresa Pedrouso, do acordeón; e Margarita Pérez, do corpo de bailadores.

Como novidades, este ano emprendemos a creación dunha aula específica para adultos que queiran aprender canto e pandeireta (os mercores á tarde) e un horario específico para os nenos interesados na percusión: os sábados á mañá.

Estes son os horarios*:

LUNS
Baile: iniciación nenos en Ardán, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Coro: de 21h a 22.30h, con Carme Pereira

MARTES
Baile: iniciación nenos en Beluso, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordeón: nenos pequenos, de 16h a 17h, con Teresa Pedrouso
Solfa: de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: nenos, de 18h a 19h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: adultos, de 19h a 20h, con Teresa Pedrouso

MÉRCORES
Baile: iniciación nenos en Cela, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordéon: adultos, de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Canto e pandeireta: iniciación adultos, de 19.30h a 21h, con Tania García Ruibal
Canto e pandeireta: perfeccionamento I, de 19.30h a 21h, con Guillerme Ignacio
Canto e pandeireta: perfeccionamento II, de 21h a 22.30h, con Guillerme Ignacio

XOVES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 18.30h, con Débora Pena
Percusión: adultos, de 20.30h a 22h, con Alberto Costas

VENRES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 19h, con Débora Pena
Baile: perfeccionamento II, de 19h a 20.30h, con Débora Pena
Baile: iniciación adultos, de 20.30h a 22h, con Débora Pena

SÁBADO
Baile: perfeccionamento II, de 10h a 12h, con Margarita Pérez
Gaita: iniciación, de 11h a 12.30h, con Cristóbal Prieto
Gaita: perfeccionamento, de 12h a 14h, con Cristóbal Prieto
Percusión: iniciación nenos, de 12h a 13.30h, con Benito Salgado
Canto e pandeireta: iniciación nenos, de 16h a 17.30h, con Rubén Bastón

*: Todas as actividades son en Cela, salvo aquelas nas que se especifica Ardán ou Beluso.

Os horarios aínda poden sufrir modificacións, pero en todo caso serán lixeiras.

www.retrouso.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as clases na A. C. A Fervenza de Ouzande (A Estrada)

BAILAS?

2008-2009
CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
CLASES DE GAITA, BAILE E PANDEIRETA
AC A FERVENZA DE OUZANDE


Dan comezo as clases deste novo curso 2008-2009.

A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 4 de outubro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.


Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA e BAILE, que en todo caso terán lugar os sábados pola tarde.

As clases de GAITA será todos os venres ás 9:30 da noite.

Nesta reunión terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan por primeira vez tamén poden traer a súa pandeireta, se a teñen.


www.carreiros.blogspot.com


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Horarios de Rebulir (Ramirás)

REBULIR Escola de Baile e Música Tradicional
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer