Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
O malestar e as críticas cara ao Concello aumentan na Universidade Popular, á falta de case a metade do profesorado veñen a sumar dúas baixas, o que obriga a cancelar as clases.

O malestar na Universidade Popular é cada vez máis evidente tanto entre o profesorado como entre os alumnos debido a unha situación, que é é cualificada de abandono por parte do Concello.
A falta de director, de xefe de estudos e dun plan de actividades, que habitualmente se aproba antes de iniciar as clases, sumiu ao centro na máis completa desidia, segundo o colectivo.

Cando aínda non se cumpren quince días desde a apertura do curso, xa hai profesores que se encontran en situación de baixa laboral, o que acrecentou o malestar pola falta de substitutos e provocou a suspensión de clases.
Información

Unha das críticas que apuntan desde o profesorado é que non está a ser informado das intencións municipais, o que fai que nos últimos tempos decátese do que pasa a través da prensa.
Tampouco existe unanimidade co recente peche da biblioteca.

Mentres que para uns é unha boa medida cautelar para evitar posibles extravíos en tanto se catalogan os fondos, para outros este traballo poderíase realizar sen necesidade de recorrer ao peche, máxime cando existe tanta demanda deste tipo de servizos na cidade.

Outra circunstancia que ocasionou problemas é a matriculación sen fixar previamente os horarios, o que provocou máis dunha sorpresa entre o alumnado unha vez iniciado o curso.
O grupo municipal do PP critica a través dun comunicado a mala xestión do centro, que cando xa debía levar funcionando un mes, aínda falta case a metade do persoal.

Tampouco está de acordo co peche da biblioteca, xa que, segundo a concelleira Elvira Larriba, deberían de garantirse os postos de lectura, aínda que non se poida acceder aos fondos.
Director

O PP advirte que a crise do centro vese agravada polo inicio do curso sen un director con dedicación plena.
Neste sentido, o alcalde anunciou recentemente que se está estudando unha fórmula que permita nomear a unha persoa con certa estabilidade no cargo.

A concelleira Elvira Larriba sospeita que o goberno local non ten claro a estas alturas o programa docente da Escola de Artes e Oficios para o actual curso académico, o que explica os atrasos nalgunhas materias, á marxe das que non empezaron a impartirse por problemas coas contratacións.

Larriba non entende que se para o goberno local estes estudos teñen gran interese e preténdense ampliar con dúas especialidades máis, por outra banda non se contrate a tempo e de forma regular ao profesorado que as impartía.

Onte a xunta reitora celebrou unha sesión que se prolongou ata entrada a noite.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2007 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Samaín na Praza do Berbés de Vigo

Obradoiros de cabazas, contacontos de medo, magosto e foliada para rematar a festa.

Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do día de Defuntos atoparemos unha serie de costumes ancestrais propias do País. Desde o deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Vilaboa, Portonovo e a zona sur de Pontevedra onde era coñecida como a Noite dos Calacús) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes. Todo isto con ocasión da festividade dos Defuntos, o dous de novembro. Este costume coincide co americano de Halloween (All Hallow's Eve, que significa "Véspera de Todos os Santos") festa que chegou ao continente americano a través dos emigrantes irlandeses no século XIX e aínda máis atrás coa antiga celebración celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

A recuperación desta anterga tradición por todo o País e os seus vencellos co Samaín por colexios e asociacións de todo tipo, está a provocar que cada vez haxa máis lugares nos que se celebra esta festa sen pasar pola peneira do Halloween americano.

Este mércores 31 de outubro, véspera de todos os Santos, a Asociación Veciñal e Cultural Casco vello voltará celebrar a recuperada Festa do Samaín e por segundo ano consecutivo organiza na Praza do Berbés un obradoiro de cabazas para que os rapaces poidan traballar as súas cabazas e divertirse coa actuación dun grupo teatral que ambientará a festa con contos de medo como é tradición nesta época.

Para rematar teremos un magosto infantil acompañado dun ambiente de festa e foliada con grupos de música tradicional que animarán a Praza do Berbés.

Teremos cabazas a disposición dos rapaces, pero para evitar que poidan escasear dependendo do seu número invitamos a que poidan traer á súa propia para traballala na Praza do Berbés.

Programa da Festa do Samaín no Casco Vello: Mércores 31 de outubro de 2007

18:00. Obradoiro de Cabazas
19:30 Contacontos de medo polo grupo de teatro Codia e Miolo
20:30 Magosto infantil coa animación musical dos grupos:

- As Tarambainas de Lavadores
- Malmequer
- Amalghama
- Aula de canto popular da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2007 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Xesto 07
O próximo dia 31 de Outubro celebrase o Festival do Xesto 07, organizado polo Colectivo do Galpom.

Unha festa multietnica, multifacética e polimórfica que se vai desenvolver no incomparable marco da Granxa do Xesto de Compostela, cercana ao antigo hospital e de Santa Isabel, comenzando a subir ao pedroso.

Habera un lugar onde guarecerse en caso de choiva, comida, castañas, festa e ganhas de pasalo ben!

A cousa comezara a iso das 20:00hs. da tarde, co inicio do magosto amenizado con música.

Actuan as seguintes formacións:

* AsSircópatas
* Labazada
* Desekilibrio Mental
* Som do Galpom
* Fuzquenlla

Teremos unha ambientacion digna da noite de defuntos asi que "ambientate" ti tamen se queres.

A entrada é de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-10-2007 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Programa da Mostra de Patrimonio Cultural
Inmaterial Galego-Portugués


Na Praza da Ferrería, en Pontevedra, do 7 ao 11 de Novembro de 2007

MÉRCORES 7, DÍA DA ORALIDADE (de 10:00 a 20:00)

Mañá, obradoiros de 10:00 a 14:00:

Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Regueifas (O Caruncho e o Pinto d?Herbón)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Redeiría (Beatriz Molanes de Cangas e Josefa Abal de Cambados)
Cantos de cego (Carlos do Viso)
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)
Obradoiro de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia

Tarde:
Continuación dos obradoiros da mañá, de 16:00 a 19:00, e conferencias:

17:30 Descuberta e partilha dum patrimônio comun. Alvaro Campelo (Universidade de Porto) e Xerardo Pereiro (UTAD).
18:10 Vida e Fala do afiador ambulante. Antonio Fidalgo Santamariña (Universidade de Vigo).
19:00 Acto de inauguración oficial da mostra.
19:30 Proxección do documental Ainda há pastores? de Jorge Pelicano.

XOVES 8, DÍA DA COSMOVISIÓN (de 10:00 a 20:00)

Mañá, obradoiros de 10:00 a 14:00:

Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Poteiro (Manolo da Sara, O Figo e O Kike, Arbo. Pontevedra)
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)
Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña)
Obradoiro de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia

Tarde, continuación dos obradoiros da mañá, de 16:00 a 19:00, e conferencias:

17:30 O que ti fas importa. Xavier Simón (Universidade de Vigo).
18:00 A actualidade das embarcacións Tradicionais. Lino Prieto (Presidente da Asociación Amigos da Dorna Meca).
18:30 Recursos Turísticos a partir do Mar. GUIMATUR
19:00 As Plantas Medicinais na Tradição Galego-portuguesa, Padre Fontes (Vilar de Perdizas).

VENRES 9, DÍA DOS RITUAIS E ACTOS FESTIVOS (de 10:00 a 22:30)

Mañá, obradoiros de 10:00 a 14:00:

Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Poteiro (Manolo da Sara, O Figo e O Kike, Arbo, Pontevedra)
Obradoiro de fabricación de máscaras de antroido de Laza (Manuel Quintas)
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)
Obradoiro de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia
Durante todo o día actuarán representantes dos antroidos do Antroido Ribeirao de Chantada (Lugo), Laza e Xinzo de Limia (Ourense), así como Os Caretos de Podence (Portugal).

Tarde, continuación dos obradoiros da mañá de 16:00 a 19:00 e conferencias:

17:30 Festas Etnográficas de Allariz. Teresa Devesa (Concelleria de Cultura), Pilar Gallego (Pariticipación cidadá), e Elena Rodríguez Bouzas (Técnica de Cultura).
18:30 Ritos de apropiación dos lugares, Anxo Fernández Ocampo (Universidade de Vigo).
19:00 Proxección dos vídeos O Besadoiro, A seitura e A sega da herba comentados por Olimpio Liste Regueiro do Museo Etnográfico de Liste e Fundanción Liste en Vigo.

Noite, de 20:30 a 22:30
Festival de música tradicional coa colaboración da AGG
Cuarteto Tradicional Picuíña de Marín.
Os Terribles de Donas.
A Gaita de Sarandón.
Durante estas actuacións poderase asistir a un obradoiro de baile tradicional impartido por Gustavo Couto e á queimada e degustación dos augardentes destilados neses días polo noso poteiro.

SÁBADO 10, DÍA DAS ARTES DO ESPECTÁCULO (de 10:00 a 24:00)

Mañá, obradoiros de 10:00 a 14:00:

Feitura de Corozas (Alejandro Regal, Castro de Carballedo, Lugo)
Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Poteiro (Manolo da Sara, O Figo e O Kike, Arbo. Pontevedra)
Obradoiro de instrumentos musicais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña)
Obradoiro de Regueifas cos regueifeiros Suso e Antonio de Xornes (Ponteceso).
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)
Durante todo o día actuarán na mostra catro dos mellores gaiteiros tradicionais galegos e portugueses:
José Marentes (Santa Xuía, A Fonsagrada)
Manuel Viqueira (Ordes, A Coruña)
Joaquim Pereira ?O Carriço? (Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal)
Antonio Ribeiro ?O Toni das Gaitas? (Porto, Portugal)

Tarde, continuación dos obradoiros da mañá de 16:00 a 19:00 e conferencias:

17:30 O vello rasto e o acordeón. Eduardo Parada e Manuel Parada.
18:10 Os instrumentos tradicionais galegos. Concerto didáctico por Pablo Carpintero.
18:50-20:30 Actuación comentada dos catro gaiteiros tradicionais no escenario.

Noite, de 20:30 a 24:00:
VI Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa coa colaboración da asociación ?Ponte ... nas Ondas!? e da Asociación de Gaiteiros Galegos.
-Pauliteiros de Sendim (Terra de Miranda, Tras-os-Montes, Portugal)
-Caretos de Podence (Portugal)
-Zés Pereiras de Vilaverde-Braga
-Suso e Antonio de Xornes (Ponteceso)
-Charanga de Ultreia
-Pandereteiras e gaiteiros de Pontecaldelas, Toutón, A Ermida e Gargamala.
-Durante estas dúas últimas actuacións Luis Prego impartirá un obradoiro de baile tradicional galego para que todas e todos poidamos bailar os nosos ritmos agarrados e soltos.
Durante este festival poderase asistir á queimada e degustación dos augardentes destilados neses días polo noso poteiro.

DOMINGO 11, DÍA DOS OFICIOS (de 10:00 a 21:30)

Mañá, obradoiros de 10:00 a 14:00:

Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Poteiro (Manolo da Sara, O Figo e O Kike, Arbo. Pontevedra)
Redeiría (Beatriz Molanes de Cangas e Josefa Abal de Cambados)
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)

Tarde, continuación dos obradoiros da mañá, de 16:00 a 19:00, e conferencias:

17:30 Homes de Oficio. Concepto e proposta de inventario. Antonio Fidalgo Santamariña (Universidade de Vigo).
18:10 O ghancho, unha técnica de extracción selectiva de nécora e A Innovación no mar co PCI: a experiencia de Mar de Lira. Patrón Maior da Confraría de Lira, Carnota. Xerente da Confraría de Lira, Carnota.
Ás 19:00 comezará a queimada e degustación dos augardentes destilados polo noso poteiro.

Noite de 20:30 a 21:30.
Clausura da Mostra de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués 20:30
Actuación do grupo Ruote.


www.gaiteirosgalegos.com

Máis información e programa da Mostra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2007 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Prazas para a Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense acaba de publicar no Boletín oficial da Provincia do día 26 de outubro a apertura de prazo para a presentación de solicitudes a:

- 2 prazas de profesor axudante de Gaita
- 1 praza de profesor de percusión

Concurso-Oposición libre

Bases da convocatoria e máis información en:

www.depourense.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2007 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
A Universidade Popular aborda hoxe a contratación do profesorado

A xunta reitora da Universidade Popular abordará hoxe a contratación dos dez profesores que permanecen á espera para iniciar as clases.

A proposta da concelleira de Educación Laura López Atrio pasa por contratar aos que imparten música, a metade, a través da Fundación Sondeseu e ao resto mediante unha convocatoria municipal. A idea é solucionar o problema a longo prazo e que as clases da escola poidan comezar na súa totalidade o próximo mes.

www.lavozdegalicia.es

Ao mesmo tempo informar que xa están expostas no taboeiro de Secretaría a listaxe de alumnos que pasaron a proba de acceso de primeiro curso das materias do Conservatorio Folc.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista Etno-Folk
Etno-Folk nº 9
Revista Galega de Etnomusicoloxía


Prezo: 13,00 ?
(IVA Incluido)

Limiar

ESPECIAL Coral ?De Ruada?

Resumo cronolóxico e ilustrado da historia da Coral ?De Ruada?,
por Emilio Rodríguez Portabales

APÉNDICE: resumo das actuacións da Coral ?De Ruada? (1919-2006)

Entorno sociocultural, etnicidad y nacionalismo de la Coral ?De Ruada? en su primera etapa (1918-1936)
por Miriam Perandones Lozano

Persoeiros. Daniel González Rodríguez,
por Emilio Rodríguez Portabales

Homenaxe a Valente en Augasquentes,
por Xaquín Vales

Novo CD. Coro ?De Ruada?, Escena Coral Gallega,
por Francisco Javier Garbayo

APÉNDICE: recensións de prensa

RECENSIÓNS DE LIBROS, REVISTAS,
PARTITURAS E GRAVACIÓNS

Información e pedidos:

www.dosacordes.com


BOLETÍN DE SUBSCRICIÓN A ETNO-FOLK, REVISTA GALEGA DE ETNOMUSICOLOXÍA



Desexo subscribirme á Etno-Folk a partires do número ........, do mes de ..................... de 200....

Subscrición anual (3 números, febreiro / xuño /outubro), 30 euros

Nome: ....................................................................................................................................

Enderezo: ...............................................................................................................................

CP: ..................................... Poboación: .........................................................

Provincia: ........................................ País: ....................................................................

Teléfono: ..................................................... / ........................................................................

C.I.F. (só Institucións, Centros, Asociacións...): ........................................................................

Enderezo de correo electrónico: ............................................................................................

Domiciliación Bancaria. Banco ou Caixa: (Vinte díxitos, por favor)

Entidade........................... Oficina........................... DC.................. Conta.........................................................................

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 30-10-2007 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
Congresso Internacional da Gaita de Foles Mirandesa

Congresso Internacional da Gaita de Foles Mirandesa

1 A 4 DE NOVEMBRO

Nos próximos dias 1 a 4 de Novembro de 2007 realiza-se em Miranda do Douro e Vimioso o 1º Congresso Internacional da Gaita-de-Foles Mirandesa.

Este congresso é o corolário de um projecto de Investigação que decorre formalmente desde há cerca de um ano, no entanto, fundamentado no trabalho de especialistas que desde há mais de 20 anos investigam e trabalham com este instrumento tradicional popular Português, reconhecidamente em vias de desaparecimento por substituição por outro tipo de instrumentos alheios à tradição de Terra de Miranda.

Após um estudo que promoveu a recolha e reunião de dados sobre a maior colecção de instrumentos ancestrais deste tipo jamais reunida em todo Planalto Mirandês para efeitos de estudo sistemático, medição, verificação de afinação e de outras diversas características acústicas e morfológicas, incluindo nessa amostra, múltiplos exemplares de instrumentos com mais de 200 anos de idade, as conclusões sobre as afinações e timbres tradicionais proporcionam uma base de conhecimento válida para que, através de um processo de Padronização, se possa enfim preservar a autenticidade e as características únicas deste tão interessante e arcaico instrumento.

Entre algumas das suas características mais notáveis, com relevância a nível Europeu no campo da etnomusicologia, pode-se evidenciar a virtude de ter conservado até aos nossos dias escalas e afinações ancestrais e muito provavelmente pré barrocas, o que se reveste de enorme interesse.

Estarão por isso presentes alguns dos mais reconhecidos especialistas nacionais e estrangeiros no campo da música tradicional e da EtnoMusicologia para conhecer alguns dos resultados e conclusões do ?projecto Gaita Mirandesa?, levado a cabo pela Associação Cultural Galandum Galundaina, e para debater a Padronização da Gaita de Foles Mirandesa num Congresso Internacional onde se falarão 6 línguas, oficiais e minoritárias, mas todas ligadas à tradição das Gaitas de Fole Europeias: Português, Castelhano, Francês, Occitano, Galego e Mirandês, num ciclo de 4 dias de trabalho, para que se Padronize e Reconheça a Gaita de Foles Mirandesa, passo indispensável à garantia da sua permanência, no horizonte dos instrumentos tradicionais e populares Portugueses.

AGRADECEMOS A CONFIRMAÇÃO DA SUA PRESENÇA PARA gaitamirandesa@gmail.com

Contactos da Coordenação:

Jorge Lira (936971238 / jlira@jlu.pt
Paulo Meirinhos (934261972 / paulomeirinhos@gmail.com)
Paulo Preto (934589414 / pretogaiteiro@gmail.com)

Produção e Organização:

Diana Caramelo (962733045 / gaitamirandesa@gmail.com)

Apoios:
Ministério da Cultura
Direcção Geral das Artes / Projectos Pontuais 2007
Delegação Regional da Cultura do Norte
Câmara Municipal de Miranda do Douro
Câmara Municipal de Vimioso
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-10-2007 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
Premio IAR do Folclore Galego

PREMIO "IAR" DO FOLCLORE GALEGO

O vindeiro 15 de Decembro do 2007 terá lugar no Teatro Rosalía Castro o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO ? IAR? DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XVI edición, que este ano coincide co 25 Aniversario do Grupo de Bailes Populares ?IAR?

Os interesados en presenciar esta nova Edición do premio ?IAR? poden reservar as localidades (dúas invitacións) no telefono 981-13-36-46, en horario de 20:00 a 22:00 hrs. o día 10 de Decembro.

Podedes consultar nesta nova as bases que rexerán a XVI EDICIÓN DO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ata o día 30 de Novembro do 2007.

Deberedes remitilas a :

XURADO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO 15.009 A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com
FAX:981133646

O fallo do xurado emitirase o vindeiro 10 de Decembro e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL. Para rematar queremos animarvos a todos a que propoñades candidaturas e a que acudades o 15 de Decembro a participar neste evento.

O Premio ?IAR? de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ó labor no último ano.

As bases polas que se rexeu, dende o inicio ata o día de hoxe, a concesión anual do Premio ?IAR? son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio ?IAR? toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódese outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2.As candidaturas poderán presentarse directamente ou através de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3.O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ? IAR? estará aberto dende o 1 de outubro ata o 30 de Novembro do 2007, e nesta decimosexta edición valorarase o labor realizado ata o ano 2006 , en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4.As candidaturas deberán ir acompañadas dun ?currículo? do/a candidato/a e unha memoria dos traballos realizados ata o ano 2006.

5.As candidaturas deberán remitirse por correo ao Grupo de Bailes Populares ?IAR?, sito en Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, no correo electronico iargrupo@hotmail.com , ou no FAX 981-13-36-46 ao coidado do Xurado Premio ?IAR?.

6.O Premio ?IAR? será outorgado por un xurado composto por tres persoas destacados do folclore galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, e o/a Presidente/a do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, que actuará como Secretario/a, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación directa con ningunha das candidaturas presentadas.

7.Non poderá presentarse o gañador dun Premio ?IAR? anterior.

8.O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos suficientes nas candidaturas presentadas.

9.O Premio ?IAR? 2007 fallarase antes da celebración da XVI edición do Festival do Premio ?IAR? de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o día 15 de Decembro de 2007.

Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.V.V. Castrillón ?urbanización Soto ?IAR?

Servando López González
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2007 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
IV Mostra de Cuartetos
IV MOSTRA DE CUARTETOS
DO 2 O 18 DE NOVEMBRO DO 2007

EXPOSICIÓN ( do 2 ao 18 de Novembro )

A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, recortes de prensa da época, os instrumentos que usaban, vestiario do cuarteto, referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión. A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns e os domingos e só abre pola mañá.

Durante a exposición organizaranse visitas didácticas aos centros escolares que estean interesados nas que se lles entregará material didáctico e se lles dará unha charla sobre a música tradicional e sobre os cuartetos en particular.

SERÁN MAGOSTO (venres, 2 de Novembro 20:30)

Organízase un Magosto na praza da Veiguiña de Marín, que estará aberto á participación de tódolos cuartetos que o desexen potenciando a participación de cuartetos que estean comezando e facilitando que experimenten a sensación de animar unha festa popular como facían os cuartetos nas súas orixes. Haberá castañas de balde.


CHARLA TÉCNICA (Domingo, 18 de Novembro 11:00h)

" Cancioneiros Galegos "

O catedrático de Música da Universidade de Santiago e autor do estudo científico que deu froito ao tomo do "Cancionero gallego", Carlos Villanueva, xunto con Luis Costa, profesor de Historia da Música na Facultade de CC. da Educación de Pontevedra e director do Conservatorio de Música Profesional ?Manuel Quiroga? de Pontevedra, serán os encargados de falarnos dos cancioneiros Galegos.


MESA REDONDA "Os Concursos" (Domingo, 18 de Novembro 12:30h)

Participarán:

Xosé Luis Miguelez Saínza, Pilís:

Conxuga a súa labor docente coa de intérprete, sendo considerado un dos máis destacados no panorama da música galega. Na actualidade é mestre no "Conservatorio profesional de música de Vigo" onde imparte as disciplinas de "Gaita Galega", "Conxunto instrumental Gaita Galega" e "Iniciación ao Jazz". No ano 2006 convertiuse no primeiro titulado superior en música tradicional galega polo "Conservatorio superior de música de Vigo".

Andrés Vilán :
Andrés Vilán é un dos percusionistas máis recoñecidos de Galiza. Ten actuado e gravado cos gaiteiros máis importantes do noso país (Pepe Vaamonde, Edelmiro Fernández, Xosé Manuel Budiño, Iván Costa, Óscar Ibáñez?). É o percusionista máis galardoado nos principais certames de música tradicional galega dos últimos quince anos. Actualmente forma parte de Pepe Vaamonde Grupo e é profesor de percusión tradicional.

Iván Costa Blanco:
Iván Costa foi alumno de Xosé X. Blanco Nogueira e de Nazario González ?Moxenas?, e desde a súa mocidade conseguiu dar mostras de talento artístico acadando premios en Lorient ou nos certames Constantino Bellón, Soutelo e outros.

Juanjo Fernández:
Hoxe en día despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos principias investigadores sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral ?toque pechado?, unha forma de toca-la gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir coma galego e converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia.

XANTAR GAITEIRO (Domingo, 18 de Novembro 14:30 h)

Para asistir, informarse na AGG a través do número de teléfono 986 847 074 ou no enderezo de correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com


CONFERENCIA (Domingo, 18 de Novembro 19:00 h)

" OS TEMPRANOS DE EIRÍS "

Pablo Díaz Carro, membro de Ruote, fará unha semblanza deste grupo, para despois abrir un diálogo con Pepe Temprano, gaiteiro nado no seo deste mítico cuarteto.

A conferencia irá acompañada dun material de apoio que se entregará aos participantes.

ACTUACIÓN MUSICAL (Domingo, 18 de Novembro 20:30 h)

Pecharase a mostra coa actuación dos gaiteiros do Grupo Eidos, con Pepe Temprano, que nos amosarán unha pequena parte do repertorio dos Tempranos.


www.mostradecuartetos.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-10-2007 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
II Curso de Perfeccionamento Técnico en Catalunya

II CURSO DE PERFECCIONAMENTO TÉCNICO

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, tendo en conta o éxito do I Curso de Perfeccionamento, organiza a segunda edición destes cursos que tiveron tanta acollida no ano pasado.

Os vindeiros días 1, 2, 3 e 4 do mes de novembro dará comezo o II Curso de Perfeccionamento Tecnico. O lugar escollido para levar a cabo as clases volve a ser o centro Flor de Maig no recinto do Parc del Coneixement de Cerdanyola del Vallès. Espazo cedido gratuitamente pola Diputació de Barcelona.

Os cursos, volven a estar enfocados principalmente no profesorado das distintas disciplinas das entidades federadas en Catalunya pero debido á gran demanda de solicitudes de inscrición volvemos este ano tamén a ampliar os números de prazas dispoñibles.

Este ano contaremos co mesmo profesorado co ano anterior. A intención é darlle unha continuidade e, deste xeito, maior sentido e asimilación o aprendido nas clases do ano pasado.

Mestres:
Baile: Luís e María Prego
Gaita: Anxo Lorenzo e Diego González Mariño
Percusión: Alberto Costas
Canto e pandeireta: Leni Pérez.


O curso comezará o día 1 de novembro ás 12 da mañá, coa inauguración e presentación. Acto seguido, o profesorado, alumnos, representantes de organismos oficiais, e a organización estarán invitados a un xantar no mesmo recinto.

Debido o emprazamento dos cursos, este a ano a Federación de Entidades Galegas en Catalunya tamén correrá cos gastos de manutención dos alumnos no que se refire a almorzos e xantar. Os alumnos tamén poden contar con instalacións de vestiarios e duchas para todo aquel que precise do seu uso, despois das clases.

A clausura dos cursos celebrarase o domingo despois do xantar coa entrega dos diplomas os alumnos que asistiron as clases. O acto estará presidido polas autoridades das diferentes entidades, así como representantes de organismos oficiais.

Como remate final, o ano pasado se improvisou unha festa na que participaron mestres, alumnos e todo aquel que se acercou polo recinto no acto de clausura. Este ano tamén invitamos a pechalo acto deste xeito a todo aquel que queira asistir e participar da festa.

Máis información:
www.fegalcat.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-10-2007 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola de Música Tradicional de Ourense

Máis información en:
http://aoftou.spaces.live.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-10-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
X Certame Internacional de Regueifas en Vigo

X CERTAME DE REGUEIFAS

O vindeiro sábado 27 de outubro celébrase a décima edición do Certame Internacional de Regueifas a partires das 19:00 horas no Novo Centro Sociocultural do Pedregal en Valadares-Vigo baixo a seguinte programa:

PROGRAMA:

- De 16:30 a 18:30 horas obradoiro de improvisación en verso para interesados e novos practicantes de regueifa ese mesmo día para todos os que se presente no actual Centro Vecinal. A inscripción é de balde.

- 19:00 horas.
Apertura do acto a cargo dos novos Regueifeiros que participaron no obradoiro previo.

- 19:30 horas.
Espectáculo de Regueifas no que intervirán:
o Pinto D´Herbón (Padrón)
o Luis ?O Caruncho? (Vigo)
o Bieito Lobariñas (Gondomar)
o Josiño do Viso (Redondela)
o Felipe de Dodro (Dodro)

- 21:00 horas.
Desafío de hip-hop en estilo libre a cargo de catro rapeiros vigueses apoiados por un picadiscos no que representarán un pique de galos e outras actividades.

- 21:45 horas.
Despedida conxunta


Presentan o acto Paco Barreiro e Aida

Mais información no teléfono 986.467.053 ou na web www.ctv.es/USERS/cvallada

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Proxección de documental no Casco Vello de Vigo
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza a proxección do documental ?A Cidade Perdida? do director Miguel A. Romero, interesante traballo sobre a historia arquitectónica industrial de Vigo, unha mirada que non nos queda tan lonxe e que índa trae complicados intereses creados, como no caso do solar da Panificadora, en pleno centro de Vigo.

Documental ?A Cidade Perdida?
Día: Venres, 26 de outubro
Lugar: Salón de actos do Centro Cívico Casco Vello, rúa Oliva 12
Hora: 20:00


Sinopse do documental:

O auxe económico que experimentou a cidade de Vigo a principios do século vinte atopou reflexo na construcción de multitude de factorías industriais que conformaron, co paso do tempo, a paisaxe da urbe. Edificios como a Panificadora, a Metalúrxica ou a Fábrica de almacenaxe de Santa Clara, respondían na súa concepción primixenia a unha nova vontade do arquitectónico, na que o vangardismo tivo un especial protagonismo.
Milleiros de persoas, de traballadores, desenvolveron a súa vida laboral nestes complexos contribuíndo co seu traballo ao crecemento e benestar dos cidadáns de Vigo. A historia da nosa cidade, dos nosos pais ou dos nosos avós é a historia destes edificios.
O esquecemento, a especulación urbanística e a indiferencia pola historia fai que as poucas factorías de principios de século que aínda quedan en pé estean a piques de desaparecer....

O vangardismo arquitectónico practicado a principios do século vinte na cidade de Vigo dá testemuño do dinamismo e receptividade dunha urbe que empezaba naquel momento a realizar o seu despegue industrial. Daquela, moitas empresas optaron polo cambio nos conceptos arquitectónicos ata entón tradicionais das súas fábricas. O emprego de novos materiais na construción e a pureza nas formas, fóronse impoñendo grazas a influenza do vangardismo arquitectónico europeo.


Así, a tradición da arquitectura industrial en Vigo seguiu a evolución ?ás máis das veces con detalles propios-, do que ían sendo as discusións desenvolvidas en Europa arredor do que se concibía como unha nova rama da arquitectura: a industrial. Discusión fundamentalmente artellada polo movemento moderno, Vigo recolleu a pegada visible das teses de Walter Gropius e da Bauhaus, tanto en edificios de vivendas como en arquitectura industrial.

A tradicional estética da "fealdade" da cidade, coas súas grandes superficies fabrís sen ornamentación e o emprego constante do formigón armado, non só gardan a personalidade propia que ten acadado Vigo, senón tamén parte da memoria arquitectónica industrial colectiva.

O racionalismo ?incluido dentro da arquitectura moderna-, que durante máis de corenta anos foi a dominante europea e que creou escola tamén nos Estados Unidos, tivo o seu pequeno reflexo na cidade máis nova e a que acollía a un maior número de xente de Galicia. Vigo, que precisou tanto do funcional, apenas vela hoxe pola historia desta arquitectura e é doado atoparse con impresionantes edificios en ruinas que teñen por destino a demolición. En concreto, o obxecto deste documental é poñer en valor dous destes edificios. Unha cidade como a olívica, para a que a arquitectura industrial é un dos máis claros compoñentes da súa fisonomía, debería ser consciente deste patrimonio e desentrañar o valor histórico e artístico dos seus edificios:

A Panificadora ou Fábrica de Fariñas é un exemplo de arquitectura industrial único en Galicia. Ergueito o seu impresionante perfil no centro da cidade, o seu aspecto mudará en breve porque só se respectarán ?a isto sí obriga a lei- a cheminea e os silos. A fábrica de almacenaxe de Santa Clara, cronololóxicamente posterior, é o exemplo das teses racionalistas que artellaron nos anos vinte a arquitectura industrial. O futuro inmediato desta fábrica é, asímesmo, a demolición.

As opcións que se suxiren no documental son pois a recuperación destes edificios como parte do patrimonio histórico de Vigo, e a rehabilitación e restauración como reflexo da madurez da súa propia sociedade.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2007 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novas do Conservatorio Folc de Vigo
A biblioteca da Escola de Artes e Oficios reabrirase ao público en canto contrátese a persoal cualificado para traballar na catalogación dos seus valiosos fondos documentais. Así o asegurou a concelleira de Educación, Laura López, quen recalcou que "son razóns de seguridade as que nos levan a pechala de xeito provisional ata solucionar este problema porque non queremos que nos pase mesmo que á Biblioteca Nacional", en alusión ao recente roubo de importantes documentos.
A edil lamenta que "é algo herdado porque se abriu sen condicións nin persoal adecuado e nós queremos darlle estabilidade e facer as cousas ben". Neste sentido, anuncia que tratarán de chegar a un convenio coa Xunta "para dotala de persoal estable e cualificado".

Doutra banda, sinala que a dotación é "unha biblioteca de consulta para investigadores, non para estudar, e para que os alumnos da escola teñan opcións de acceder a libros das materias que alí se imparten".

En canto á demora no inicio das clases de varios cursos, Laura López subliña que "é máis do mesmo" e detalla que "o profesorado traballaba con contratos de servizo e obra ano tras ano e agora chegou o requirimento de Inspección de Traballo para solucionar esta situación".

Así, levará o vindeiro martes á xunta de Educación a contratación "con todo legal e indefinida" do profesorado da Escola de Artes e Oficios "que está integrado por buenísimos e moi válidos profesionais". Por este motivo, confía en que as clases poidan comezar "a primeira ou a segunda semana de novembro e que este problema non volva xurdir nunca máis".

Recalca tamén que non só se impartirán os mesmos talleres do pasado ano senón que a oferta "amplíase este curso con dúas especialidades máis de música xa que queremos fomentar a institución como unha escola de música tradicional e folc".

Insistiu tamén en que "o proxecto é fabuloso e só falta a autorización da xunta reitora para polo en marcha, algo que se fará efectivo o martes"

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2007 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Retranca: revista de humor en galego
Preséntase Retranca unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema ?lerasnos de morto se non nos les de vivo?.

A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, acolle o vindeiro día 31 de outubro ás oito da tarde (noite se Samaín) a presentación de Retranca.

Esta nova revista chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega e conta coa Santa Compaña coma Mascota, baixo o lema ?Lerasnos de morto se non nos les de vivo?. O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei ?que espertará as paixóns máis ardentes?, advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas auténticas estrelas como son as firmas de Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Canda eles, autores xa coñecidos dos xornais galegos coma Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila ou Andrés Meixide. Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo, entre outros son algúns dos colaboradores galaicos do proxecto. Desde fóra do país achegan a súa ollada os coñecidos Idígoras & Pachi ou Mel, coñecidos polas súas colaboracións en El Mundo ou El Jueves. Boa parte destes autores participarán no evento de presentación.

A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. ?Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia?, explica, ?e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público?. Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda, revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.



Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as Foliadas nas Pontes

FOLIADAS 2007-2008

Un ano mais poñemos en marcha esta iniciativa que empezamos coa idea de ofrecerlle os aficionados á música tradicional de As Pontes a posibilidade de formar grupos, é tamén para os que xa os tiñan formados, a opción de poder tocar de maneira organizada. Para elo só foi necesario conseguir un local, poñerlle data, e o resto xa foi unha garantía grazas o interés que todos os grupos, tanto locais como de fora (está aberto a todos os interesados) amosaron, xunto con toda a xente que nos acompaña en cada Foliada.

Por todo elo volvemos a dar guerra outra vez todos os últimos venres de cada mes a partir do vindeiro venres 26 de Outono as 22:30 horas nas instalacions do Lar.

Para este venres, como non podía ser de outra maneira, empezamos co gaitero mais querido e estimado por todos os afecionados de as Pontes, D. Manuel, (O gaitero do Freixo) a piques de cumplir os 89 anos segue a superarse como se de un rapaz se tratase. Quedan poucos o longo de todo o pais, motivo suficiente para achegarse e comprobar que nos quedamos ben curtos cando falamos de el.

Tamén nos visitarán Os Trevillas, grupo consagrado xa, como o demostra a recente grabación do seu disco "Dalle, Dalle". A día de hoxe, se non lembro mal, é o grupo mais veterano do concello.

E como é costume, rematará a Foliada con unha repichoca a esgallo, donde se troulará ata ben metidiños na noite.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-10-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Entre Trastes

Un contrabaixo, unha guitarra e un bouzouki son os instrumentos que forman a base de traballo de Entre Trastes, unha formación atípica dentro do panorama musical galego que conta xa cun traballo discográfico no mercado

Os responsables desta proposta son tres músicos que contan cunhas intensas e dilatadas traxectorias artísticas: Daniel Vilar, Álvaro Iglesias e Xosé Liz. O último deles foi o encargado de presentarnos este novidoso e interesante trío.

A idea de reunirvos e formar Entre Trastes ¿cando e de que xeito naceu?
Xurdiu despois das presentacións do primeiro traballo do grupo Beladona Bicos de Sol. Dani tiña unhas ideas, traballadas en guitarra acústica, sobre música tradicional para un grupo reducido que funcionara comodamente en pequenos aforos. A idea semellaba interesante e, tras escoitar os primeiros arranxos, apunteime de inmediato ao proxecto.

A incorporación de Álvaro, co seu contrabaixo, redondeaba a idea musical que tiñamos na cabeza; faltaba soamente escoller as datas para ir ao estudio de gravación.

O nome do grupo é moi apropiado para o voso trío pero, ¿a quen se lle ocorreu?
A Dani; el é tamén o único de nós que é capaz de dicir Entre Trastes tres veces seguidas sen liarse (risas).

Ese nome fai referencia soamente aos intrumentos ¿ou tamén a vós mesmos?
A resposta pode incriminarnos e dar lugar a perigosos efectos colaterais nos nosos respectivos fogares. Acóllome ao dereito a non declarar na miña contra (risas de novo).

Examinando polo miúdo o repertorio escollido para esta estrea discográfica, o primeiro que destaca é a moita composición propia, ¿non?
Si, é a protagonista de máis da metade do repertorio do disco, porque estabamos convencidos de que serían esas pezas as que lle darían, rapidamente, un carácter diferenciado e unha personalidade propia ao grupo.

Ademais, incluídes pezas tradicionais de Galiza; dentro do repertorio tradicional do noso país, ¿hai moitas pezas que se adapten ben á vosa proposta instrumental?
Moitísimas. O repertorio tradicional galego para instrumentos de corda é un terreo en barbeito que agarda nova semente. O que si hai que ter en conta é o que se ten entre mans. Traballar arranxos sobre música tradicional galega implica, en todo momento, poñer os cinco sentidos en non perder a natureza, a esencia da música coa que se traballa. Se non, corres o risco de pasarte de voltas, de mexar por fóra, de que xa "non soe a?" e que o resultado final difumine a orixe, de tal xeito, que sexa difícil atoparlle adxectivo ao que acabas de parir. É como xogar a un xogo que (como todos os xogos) ten determinadas regras para cumprir. Pero non por iso deixa de ser un xogo moi divertido.

Tamén aparecen pezas tradicionais de Bretaña e Irlanda. ¿Por que deses dous lugares en concreto?
Son países con moita tradición e con moitos grupos e discográficas que están a traballar neste tipo de proxectos desde hai moitos anos. Ou sexa, o contrario do que, por desgraza, acontece no noso país.

A inclusión de pezas deses lugares débese ao contacto que temos establecido con músicos e que temos participado en diversos festivais internacionais (Lórient, Quimper, Cork, Piping Festival etc.). É toda unha experiencia compartir a túa música con intérpretes doutras culturas musicais.

Conseguir apoio económico para un proxecto destas características, ¿foi complicado?
Aquí tamen tivemos sorte ao contar co apoio incondicional, desde o primeiro momento, do coñecido músico, produtor, manager, editor etc., Xoán Carlos Fernández Fasero. É un namorado das cordas e demostrouno ó amosar a súa confianza en nós.

A nivel estético, este disco conta cunha portada moi atractiva, ¿quen a deseñou?
Deixámonos levar neste caso pola aposta do selo discográfico, por Gerardo de "Gerhard Designs". Buscabamos darlles importancia ós instrumentos sen recorrer á típica estética céltico-preciosista; pero que ó mesmo tempo, si deixara claro o contido estilístico do traballo. O resultado foi máis que convincente.

Entre a variedade de ofertas musicais coas que conta na actualidade a música do noso país, ¿confiades en que a vosa proposta teña o seu propio espazo?
Non. Lamento ser escéptico, pero penso que o negocio e o mercado deste país é unha pantasma. Calquera proposta musical, de artes escénicas ou de calquera tipo relativa ao eido cultural, en Galiza subsiste unicamente grazas á subvención pública. A xente non ten o costume de pagar por ver ou escoitar cultura propia, porque, de sempre, déronllo gratis. Que os cartos públicos soporten case a totalidade deste tipo de manifestacións, convértese pouco a pouco nun cancro que nos afasta da Europa, onde a xente paga 20 euros por entrar a ver un festival folk. Con este panorama, semella máis doado facer un espazo en Kuala Lumpur.

O público que xa tivo a oportunidade de escoitarvos en directo, ¿que tal reaccionou diante da vosa proposta?
Moito mellor do que esperabamos, sobre todo cando recoñecen un tema tradicional galego aínda que esté interpretado cun contrabaixo, unha guitarra e un bouzouki. Dábanos un pouco de respecto facer un concerto de música folk de hora e pico sen as tímbricas habituais, gaita, violín ou acordeón. Pero a verdade é que a positiva resposta do público, desde o primeiro momento, sorprendeunos.

Á hora dos concertos, ¿preferides os grandes escenarios ou os locais máis íntimos?
Boa pregunta. Persoalmente, fánseme cada vez máis atractivos os recintos pechados e pequenos; aínda que seguen a existir tamén grandes exteriores nos que paga a pena tocar. Pode que a elección veña condicionada pola actitude da xente. Postos a escoller, prefiro o local pequeno, no que 100 persoas se interesan polo que fago, antes que o macro-festival no que a maioría dos milleiros de persoas que asisten non acoden, realmente, coa idea de escoitar música.

Entre Trastes, ¿é un proxecto a curto prazo ou pensades afondar na proposta e seguir editando máis discos?
Afondaremos na proposta. De feito, xa estamos traballando en novos temas para un segundo traballo.

Nese futuro segundo disco, a estética sonora do grupo, ¿será a mesma?
Nada está prohibido sempre que sexa anecdótico e deixe un espazo musical claro para o trazo diferenciador do grupo: a nosa sonoridade; que é, indiscutiblemente, novidosa nun grupo de folk galego.

Máis información en: www.entretrastes.com

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2007 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Entradas para Mercedes Peón en Compostela
Sábado 17 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Chega ao Auditorio de Galicia con Sons da Diversidade unha das figuras máis relevantes da música de raíz no noso país: Mercedes Peón. Con ela poderemos coñecer os temas que compoñen o seu disco Sihá e facer un percorrido antolóxico polos mellores temas que integran a súa carreira profesional.

Consigue unha das 5 entradas de balde para o concerto!
Participa no concurso!

www.sons.santiagodecompostela.org

Venda de entradas
O prezo das entradas para asistir aos concertos de Sons da Diversidade 2007 é de 15 euros, con descontos do 50% para estudantes e persoas xubiladas (7,50 euros). Como vén sendo habitual as entradas poden mercarse no posto de venda do Auditorio de Galicia, na véspera e media hora antes do concerto.

Caixa Galicia, ofrece tamén a posibilidade de mercar as entradas sen ter que achegarse ata o Auditorio, empregando tanto o teléfono 902 43 44 43 coma a través da súa web (www.caixagalicia.es).

Horario do posto de venda: 12:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas.

O día do espectáculo a posto de venda pecha ás 21:00 horas.

Teléfonos do posto de venda: 981 571 026 e 981 573 979.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2007 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Ames quere o Conservatorio Folque de Lalín
O Concello de Ames negocia un conservatorio de folclore similar ao que xa funciona en Lalín

O Concello de Ames admitiu onte a existencia de negociacións coa dirección do conservatorio Folque, ata a data con sede no Auditorio de Lalín, de face a asentar o proxecto musical no municipio. Desde o goberno municipal confirmaron a existencia de contactos con este obxectivo, á vez que subliñan o interese cultural dunha iniciativa deste tipo para o municipio.

Neste sentido, manifestaron fontes municipais que «para Ames sería importante contar cun proxecto destas características». E é que, ata a data, en toda Galicia existen só dous conservatorios de folc: o de Vigo e o de Lalín, cuxa continuidade no municipio está no aire.

Desde o Concello de Ames indican, no entanto, que o proceso negociador continúa aberto, e tamén apuntan a que existen contactos por parte doutros municipios para contar co proxecto.
Mentres se desenvolven as negociacións para trasladar o conservatorio Folque fóra da comarca, o goberno municipal de Lalín continúa á espera de manter unha reunión coa directora do centro, Ugía Pedreira. O concelleiro de Educación de Lalín, Manuel Gómez Estévez, indicaba onte que pretenden fixar un encontro coa directora do conservatorio Folque a próxima semana, coa presenza do alcalde Xosé Crespo.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-10-2007 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Remate do Prazo de inscrición na Aula de Zanfona de Lugo

Remate do prazo de inscrición: 25 de outubro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-10-2007 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso de Cuartetos Tradicionais de Luou

Resultados do concurso "XXV Aniversario da A. C. A Mámoa"

Ola a tod@s!

Ante todo darlle as grazas a todos os grupos participantes polo seu bo facer, disposición, amabilidade e sobre todo por conseguir que en Luou se vivira un día inolvidable.

Dende a organización queremos pedir perdón por se algo non foi como debera ou no seu debido momento. Era o primeiro ano que organizabamos un evento destas características e fixémolo (ou intentamolo facer) como nós creiamos que podia ser mellor ;-), agardamos que todo fora do voso agrado.
E despois da parrafada vamos ós resultados:

1º Premio - Os Chupacabras (Carril - Vilagarcía) 1000? + Agasallo conmemorativo.
Interpretaron:
1ª- Foliada da Cantiga Mareira (Ramón González Enríquez)
2ª- Ai Roxiña (José Santos Soeiras)

2º Premio - Abelente
( Ourense) 600? + Agasallo conmemorativo.
Interpretaron:
1ª- O Alaricano (Gonzalo Abelairas)
2ª- O Escaravello (Gonzalo Abelairas)

3º Premio - Anacos de Buxo
(Priegue - Nigrán) 400? + Agasallo conmemorativo.
Interpretaron:
1ª- As Cereixas de Beade (Moxenas con arranxos de Anacos de Buxo)
2ª- Algazara - (Diego González Mariño)

Os grupos participantes na final foron, Os Fonte Suairas, Estivada, Anacos de Buxo, O Rapacarallas, Os Miluchos, Abelente, Picuiña e Os Chupacabras.
O Xurado que tomou a determinación estaba formado por Edelmiro Fernández, Ivan Costa e Manolo Nieto.

www.myspace.com/acamamoa

Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-10-2007 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración de alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo
Alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo maniféstanse pola falta de profesorado no centro.

Os alumnos e alumnas, ademais de tocar pezas de música tradicional galega, berraron consignas como ?as clases xa, queremos empezar?, ?non ten pase que non teñamos clase?, ou ?concelleira mentireira?.

Diante do Marco, na rúa Príncipe de Vigo, un numeroso grupo de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios concentrábanse cos seus instrumentos e moita música para denunciar a situación na que se atopa este centro, que con máis de 300 alumnos aínda non conta con profesorado para este curso.

Os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo aínda non contan con profesorado para atender a demanda de cursos e o numeroso alumnado. Este motivo, así como a demanda dunhas condicións de traballo dignas e que se teña en conta ao alumnado, foron as razóns que levaron a un bo numero destas alumnas e alumnos a concentrarse este mércores 17 de outubro diante do Marco de Vigo ás oito da tarde.

Na rúa Príncipe, con unha amena e combativa concentración musical, explicaron a súa situación e reclamaron ?que empecen as clases xa, e que estas aulas sexan impartidas por un profesorado que teña unhas condicións de traballo dignas, e reclamamos que se teña en conta o alumnado desta Escola de Artes e Oficios?.

Situación laboral do profesorado

Así mesmo os alumnos e alumnas ?facemos partícipe e responsábeis a este goberno municipal que non creou a situación laboral necesaria para o noso profesorado, o que provoca que a día de hoxe aínda non coñezamos a data de inicio das nosas clases?.

Os alumnos e alumnas, ademais de tocar pezas de música tradicional galega, berraron consignas como ?as clases xa, queremos empezar?, ?non ten pase que non teñamos clase?, ou ?concelleira mentireira?.

Ver video:


www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2007 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Bieito Romero (Luar na Lubre)
Luar na Lubre levounos da man por "O son do Ar" no 1988 para despois asomarnos á "Beira Atlántica". Con eles, vivimos o "Plenilunio" e voltamos ao "Cabo do Mundo". Agora, no 2007, Bieito Romero e os seus retornan abrindo hourizontes e mentes cun álbum intenso e extenso (14 composicións gravadas en cinco meses). Desta vez, a súa proposta é pasearnos polos "Camiños da fin da terra". A vindeira semana, presentarán esta nova obra a piques de chegar ás tendas de discos.

- "Camiños da fin da terra", dá que pensar.
- Leva ese nome porque estamos nun lugar xeograficamente falando onde acaba o mundo coñecido ata hai pouco tempo. Queremos traballar esa Galicia máxica coñecida superficialmente pero que é moito máis coas súas profundas tradicións, personaxes misteriosos a través dos tempos e a través dos camiños que levan ao fin da terra.

- ¿Que destaca deste álbum?
- Quizais o máis chamativo sexan as versións, entre as que hai unha de Status Quo. Hai que sacar os corsés dos estilos para facer música para o mundo, para o país.

- Como a de "Os animais" que está a rachar en YouTube.
- Esta versión é a punta de lanza para un traballo adicado aos nenos. A canción máis o vídeo levan unha semana en YouTube onde leva 18.000 visitas.

- Así que non é agoreiro coa Internet.
- Nas tecnoloxías dixitais, temos moita esperanza. Vai ser un disco moi divulgado na rede que restará ao CD físico pero iso é moi difícil de controlar. É moi complicado vivir da música. O avance na dixitalización foi bárbaro pero deu pé a unha crise no mercado polo que as compañías cada vez apostan menos polos grupos.

- Pero vostedes teñen un púlico fiel.
- Sí, pero en Galicia é cada vez máis complicado tocar. A xente retrotráese á hora de contratar folc. Desgraciadamente, non se está apostando nada polo folc nin desde as institucións, nin desde as produtoras. A xente vai aos concertos se non paga. Estamos nun país de subvención total. Hai que dar o paso e que os programadores perdan o medo a cobrar a entrada.

- Tras tantos anos, arrepíntese de ter deixado algo atrás?.
- A formación que está na actualidad ten unha grande empatía.Non me arrepinto de nada, os tropezóns que houbo seguiron para seguir para adiante, reflexionar e recoñer os erros.

- O faro da portada, é o de Cabo Vilán?
- Sí, este faro da Costa da Morte simboliza a fin da terra. A portada aparece en vermello por un solpor. Temos que aproveitar estes recursos da natureza.

www.farodevigo.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
II Ciclo de Cinema Etnográfico
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2007 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII FESTIVAL DE MÚSICA GALEGA EN BARCELONA
O XXIII Festival de Música Galega en Barcelona celebrarase o vindeiro 27 de Outubro de 2007 no Palacio de Congresos de Montjuïc (onda á Praza España).

Este ano acompañará á Toxos e Xestas os seguintes grupos:

BRINCADEIRA
Grupo de Danza de Santiago.

ANXO LORENZO
Banda Folk de Vigo.

OS CUCHUFELLOS
Grupo Folk de Ourense.

XABIER DIAZ
Música contemporanea galega.

ROBERTO BODEGA
Humorista de A Coruña.

BANDA DE GAITAS "TOXOS E XESTAS"
Banda de Gaitas da Escola Toxos e Xestas de Barcelona.

www.toxosexestas.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-10-2007 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de Artes e Oficios de Vigo
A Universidade Popular inicia o curso sen profesores na metade das materias

A Universidade Popular iniciou esta semana o curso, a pesar de que a metade das materias carecen de profesor e non puideron empezar.
O motivo é o cambio por lei nas formas de contratación dunha parte dos docentes, que ata agora eran por obra e servizo, o que obriga a buscar novas fórmulas. As modificacións legais afectan a unha decena de profesores para os que se fai necesario buscar unha saída.

Esta circunstancia afecta ás materias de encuaderanción, palillos, pintura, serigrafía, música moderna e son, arpa, zamfoña, gaita, percusión, violín, requinto e canto popular. Nestes casos, as clases non deron comezo e a través dunha nota advírtese aos alumnos que poderían iniciarse en novembro, aínda que se avisará a través de distintos medios.
O resto das materias, ao redor dunha decena, iniciaron o curso con atraso o pasado mércores.

A concelleira de Educación, Laura López Atrio, ten intención de levar as súas propostas de contratación á próxima xunta reitora da Escola de Artes e Oficios, aínda sen fixar.
Na actualidade o centro permanece sen director, a pesar de que recentemente o alcalde asegurou que está previsto o nomeamento dunha persoa con carácter estable.

En tanto non se produce este nomeamento, a supervisión corre a cargo de Rafael Ojea, nomeado recentemente xefe do servizo de Educación do Concello.

www.lavozdegalicia.es


Hoxe ás 19:00 reunión informativa coa delegada de alumnos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Vai aumentando a listaxe dos vindeiros Seráns

Vindeiros Seráns e Foliadas

Sábado 20 outubro:
-3ª Ruada en Arteixo (A Coruña) ás 23:00 no Paseo Fluvial
-Serán Urbán en Pontevedra ás 22:00 na Praza da Verdura.

Venres 26 outubro:
-Foliada no SalaSón (Cangas)

Venres 2 novembro:
-Serán no C.C. Parderrubias (Salceda de Caselas)

Sábado 3 novembro:
- Serán no torreiro de Matamá (Vigo)

Mércores 7 novembro:
- Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Sábado 10 novembro:
-Foliada no Parque de Eiris (A Coruña) organizada polo grupo IAR.
-Magosto en Teixois (Taramundi)

Mércores 14 novembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Mércores 12 decembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 12 xaneiro:
-Serán en Prado da Canda (Covelo)

Listaxe completa

Mapa dos Seráns

Seráns da tempada pasada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-10-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
IV Encontro internacional de pandeiros de mao
Todas as actividades e concertos son de acceso libre e de balde

IV Encontro internacional de pandeiros de mao.
20 e 21 de Outubro. Pontevedra 07.

Os tambores de mao, entre os que se incluen algúns dos mais importantes instrumentos populares galegos, é dizer, a pandeireta e o pandeiro, son coñecidos desde a Antiguedade en culturas como a persa, a exípcia, a china ou a india. Desde a Idade Media adquiren protagonismo nas culturas ibéricas destacandose en Galiza como uns dos principais instrumentos para acompañamento de cantos e bailes. Levado por galegos, portugueses e españois a América introducese tamén nas músicas populares do Brasil, Cuba ou México.

A coñecida como ?pandeireta galega? conta cunha técnica de execución única no contexto internacional, é destacada tanto pola cantidade de recursos interpretativos como polo valor patrimonial das músicas que acompaña. A vixencia da música popular galega de transmisión oral até os nosos dias convirtea numa das manifestacións mais relevantes da cultura popular europea.

A mostra internacional de pandeireta de Pontevedra evoluiu desde as suas primeiras edicións e foi mostrando exemplos da tradición viva e persoalidades destacadas con tecnicas tradicionais e contemporaneas, entre eles Xavier Leturia (Euskadi), Carlos Rizzo (Italia), Eliseo Parra (Castela).

Esta nova edición ademais de continuar coa programación reservada á pandeireta galega amplia definitivamente o seu interese polos tambores de mao considerando o adufe (pandeiro cadrado) e a pandeira (pandeiro redondo) no conxunto dos pandeiros de mao do mundo.

Teremos neste encontro representación do pandeiro cadrado de Pontevedra, con Maruxa das Cortellas considerada unha virtuosa popular deste instrumento. Desde Portugal, pais que conservou con maior vixencia a tradicción dos adufes introduccindoo en espectáculos contemporaneos, contaremos con a presencia de Paulo Meirinhos, un bon coñecedor da percusión popular portuguesa que compartillará espazo con Davide Salvado, xoven cantador e músico renovador na pandeireta galega. E para rematar,un cantor do Norte galego, Xabier Diaz presentando o seu novo disco ?Coplas para Icia?.

PROGRAMACIÓN

Sábado 20.
22,00h. Serán Urbán na Praza da Verdura.
- As tanxedoiras do pandeiro
- Maruxa das Cortellas
- Pandereteiras da Hermida
- ? escenario aberto para quen desexe tocar.

Domingo 21.
11h-14h. Aula aberta de adufe con Paulo Meirinho (Portugal). Edificio do antigo Conservatorio.

17-18h. Concerto didáctico.Teatro Principal.
- O adufe en Portugal. Paulo Meirinho.
- A pandereta e o pandeiro galegos. Davide Salvado.

20,30h. Concerto presentación do disco ?Coplas para Icia? de Xabier Diaz. Teatro Principal.

Organiza: As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
Promove: Concellaria de Cultura. Concello de Pontevedra.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-10-2007 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc no C.C. de Castrelos (Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-10-2007 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
IV Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

O colectivo Astur-GalegoTransEu convócavos ao:

IV Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

Será o vindeiro sábado 24 de Novembro, no Albergue Campa da Braña de Cervantes, en plenos Ancares lugueses. Será unha festa rachada na que compartiremos unha vez máis anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas, dos cantares e dos bailes de
entrambos os pobos.

Programa.

-Polas 21 h será o recibimento de todos os participantes no propio Albergue.

-Seguiralle a xa clásica cea-confraternización a base de produtos da Terra.

-E, logo do café, contaremos coa actuación dos grupos de pandereteiras:

-Pandereteres de Vezos (Asturies).
-Polavila (Os Ancares-Galiza).

-Por suposto a foliada conseguinte saberemos cando comeza pero nunca cando acaba, polo que se recomenda o aloxamento no propio Albergue.

Inscricións.

-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio
día) antes do día 9 de Novembro ao enderezo electrónico:

xuntanza_transeu@hotmail.com.

Prezos e pagamento.

-Cea, concertos, aloxamento e almorzo: 35 Euros.
-Só cea e concertos: 25 Euros.

Ingreso na conta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia.
Especificar "Encontro" ou "Alcuentru" e mailo nome do/a pagador/a.
Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Contacto: 657 209 731 (Guillerme). xuntanza_transeu@hotmail.com

IV Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

Sedrá'l prósimu sábadu 24 de Payares, nel Albergue Campa da Braña de Cervantes, nos Ancares lugueses. Veníi toos ya toes a compartir migayines de cultura pente pueblos hermanos, de la manu de pelleyes ya ruxideres ya de los nuesos vieyos cantares que mos pondrán a baillar ya armar folixa dica'l ñacer del día.

Programa.

-Polas 21 h sedrá'l recibimentu de tolos participantes nel propiu Albergue.
-Siguirá la yá clásica cena-confraternización a base de productos de la Tierra.
-Darréu del café, contaremos cola actuación de los grupos de pandereteres:

-Pandereteres de Vezos (Asturies).
-Polavila (Os Ancares-Galiza).

-Por supuesto la folixa consiguiente sabremos cuando entama pero nunca cuando acaba, polo que se recomienda l'agospiu nel propiu Albergue.

Inscripciones.

-Unviar datos personales (nome ya apellíos, teléfonu, e-mail de contautu) ya mou de pagu elexíu (en cuenta o en manu el mesmu día) enantes del día 9 de Payares a les señes lletróniques:

xuntanza_transeu@hotmail.com.

Precios ya mou de pagu.

-Cena, conciertos, agospiu ya almuerzu: 55 Euros.
-Sólo cena ya conciertos: 25 Euros.

Ingresu na cuenta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia.
Especificar "Alcuentru" o "Encontro" ya mail o nome del pagador/a.
Non escaecer trayer el resguardu de pagu el propiu día del Alcuentru.

Contautu: 657 209 731 (Guillerme). xuntanza_transeu@hotmail.com

Agradecémosvos a difusión!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-10-2007 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o disco de Tino Baz
Comezou a gravación do disco en solitario de Tino Baz. Neste traballo haberá colaboracións moi importantes como as de Mini, Moises Quintas, Mero ou Juan Eiras.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-10-2007 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
De Zanfonas
Construcción dunha zanfona:



O mestre Anxo Pintos:
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-10-2007 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
O eucalipto reconquista a «zona cero»
Os esforzos de repoboación do monte queimado en Cotobade son inútiles, xa que os incendios facilitaron a proliferación desta especie foránea.

Lonxe de acabar co eucalipto, os incendios forestais do ano pasado facilitaron a proliferación desta especie invasora. E un claro exemplo diso é o inevitable rebrote desta árbore, oriúndo de Australia, na denominada zona cero das chamas do 2006: Cotobade, municipio da provincia de Pontevedra.

A mancomunidade de montes de Cotobade, por exemplo, perdeu preto de 6.000 das 7.000 hectáreas de monte que xestiona nas parroquias de Viascón, San Xurxo de Sacos, Tenorio, Carballedo e Rebordelo. «Case todas as zonas que arderon ou ano pasado xa están repletas de eucalipto», afirma ao pé dun dos montes de Viascón afectados polos lumes Emilio Iglesias , secretario da comunidade de montes da parroquia. «Ou lume facilitou a súa expansión», engade.

Manuel Amado, presidente da mancomunidade, coincide. «É unha invasión», sostén. «Non hai maneira de acabar con eles», subliña, para engadir que desde a estrada N-541 avístanse zonas onde os rebrotes de eucalipto «desespérannos».

De feito, é unha batalla perdida. Os traballos de limpeza e eliminación de rebrotes de eucalipto son insuficientes. Emilio Iglesias explica, acusando aos eucaliptos de exército invencible, que a cinza é practicamente como un abono. Cando se produciron os incendios, as sementes das árbores caeron ao chan e se esparcieron «por todos vos lados».

Neste sentido, o comuneiro insiste. «Todo ou que ardeu é agora eucalipto», sinala Emilio Iglesias . «Todo ou que florece é eucalipto, e iso que tratamos de eliminalo, pero ou certo é que crece moi depresa», apunta.
Pero a situación agrávase aínda máis. En Viascón a masificación do eucalipto está a provocar a redución de auga nos ríos, así como nos regachos. «Vos eucaliptos ata recollen a auga que baixa polo monte», indica o secretario da comunidade de montes de Viascón.

Un por un
A batalla que non verá a bandeira branca, símbolo de rendición, é a que se iniciou en Cotobade e outros municipios galegos para evitar a presenza dun só eucalipto a unha distancia inferior a cen metros das casas habitadas.
Os comuneiros eliminaron cada tocón (a parte da árbore que aflora en superficie e que garda a raíz despois de ser tallado) para evitar novos brotes. «Fumos tocón por tocón ata rematar cos eucaliptos que ameazan vos nosos fogares», sinala Emilio Iglesias . «Se non vas un por un, aos dous días xa tes cinco ou seis máis por tronco de eucalipto».

Veciños do municipio recordan que as especies autóctonas, como o piñeiro, o carballo ou o castiñeiro, serviron no seu momento de barreira para frear a propagación das feroces chamas. «Co eucalipto, un síntese impotente. Ves como ou traballo que fixeches vaise ao traste logo de pouco tempo».
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2007 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades do Conservatorio folc de Vigo
Hoxe mobilización:
17 de outubro
(día de escomezo das clases para o resto de aulas da Escola de Artes e Oficios),
ás 20:00 diante do Marco (rúa Principe),
desta vez con instrumentos



POR UNHA ESCOLA CON PROXECTO DE FUTURO!!!


Datas para as probas de acceso

Xa están expostas na secretaría da Escola as datas para as probas de acceso dos alumnos matriculados en primeiro das aulas do Conservatorio Folc da escola de Artes e Oficios de Vigo.

Durante a semana do 22 ao 25.


O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola

A Concellaría de Educación de Vigo informa que teñen a intención de converter o Conservatorio de Música Tradicional nunha Escola que se integre na Escola Municipal de Música. Novas dependencias e a estabilidade laboral dos ensinantes, ?facendo fixos ou interinos a toda a xente posible? son as novas propostas para o centro, segundo asegura a titular do departamento, Laura López Atrio, que engadiu que o novo espazo terá "mellores condicións" e ?unha orientación educativa avanzada".

www.culturagalega.org

Hoxe mobilización:
17 de outubro
(día de escomezo das clases para o resto de aulas da Escola de Artes e Oficios),
ás 20:00 diante do Marco (rúa Principe),
desta vez con instrumentos


POR UNHA ESCOLA CON PROXECTO DE FUTURO!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-10-2007 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0