Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival infantil de música e baile tradicional (Coruxo-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2013 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Intertasca en Laracha
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2013 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de hora de Lume na Palleira
¡¡¡ATENCIÓN!!! ¡¡¡NOTICIA IMPORTANTE!!!
A partir do mes de febreiro Lume Na Palleira muda de día e hora de emisión.


Na tarde dos sábados deixa de haber programa.
Desde o vindeiro día 3 de febreiro estaremos convosco todos os domingos de 5 a 7 da tarde (17:00 a 19:00).

Unha forte aperta a tod@s.
Comentarios (0) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 31-01-2013 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Nace a Federación Galega de Festivais
O sábado 26 de xaneiro de 2013 constituíase en Santiago de Compostela a Federación Galega de Festivais. 15 asociacións sen ánimo de lucro, organizadoras todas elas de festivais de música na Galiza, deciden xuntar esforzos para optimizar os seus recursos e garantir a supervivencia da rede de festivais que ao longo de todo o ano serve de altofalante á música do país.

Na mañá do pasado sábado, entre o neboeiro que cubría a comarca de Compostela, representantes de varias das asociacións sen ánimo de lucro que turran do entramado festivaleiro galego ían chegando ao lugar acordado. A cita era no Polígono Industrial do Tambre. Nun local cedido pola Asociación Galega de Empresas Musicais constituíuse a Federación Galega de Festivais, que bota a andar co obxectivo de promocionar a música do país e a organización de concertos e festivais, con especial atención ás comarcas rurais. Pretende, ademais, dar apoio ás asociacións que dinamizan o tecido cultural galego e fomentar a comunicación e o intercambio de ideas entre elas.

A nova federación acolle polo de agora as asociacións organizadoras do Castañazo de Chantada, o Revenidas de Vilaxoán, A Festa da Poesía do Condado, o Treze-Catorze de Salceda, o Vibra do Bierzo, a Festa Folc de Vilariño, o Rebumbio de Mos, o Terra Brava do Incio, o Festival Furtivo e o A Chorar a Cangas desta vila, A Rebusca e A Rebusca de outono de Manzaneda, o Festival das Brétemas de Ponteareas, o San Martiño Caníbal de Sarria, o Festival Taíña de Goián, o Castelo Rock de Muros e o Berra Val Miñor. Moi logo ha aumentar o número de festivais, xa que hai varias asociacións que por distintos motivos non puideron enviar ninguén a Compostela ou non achegaron a documentación precisa para constituír a federación pero que se han asociar na vindeira Asemblea Xeral da federación, a primeira, que se prevé celebrar contra o mes de marzo. Ademais, desde a federación se quer facer un chamado ao tecido asociativo do país vinculado á organización de festivais musicais para se integrar neste proxecto que pretende darlle pulo á música ao vivo no país. Polo de agora, o contacto da Federación é o enderezo e-mail: fgfestivais@gmail.com.
Tod@s sabemos que con unión e organización podemos facer moitas cousas, agora é o tempo de tentar facelas.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2013 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os Esquíos procuran financiamento para o novo disco
O que procuramos e facer o que viñamos facendo pola nosa conta ata o de agora: editar un disco, esta vez de novo en formato vinilo pero incluindo tamén o cd, e facer unha camisola coa portada de Porcocan, o noso vindeiro traballo discográfico.




Si, Porcocan. Este é o título do noso vindeiro disco, 12+1 temas que se gravaran en marzo nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero.

Posiblemente, aínda que é un tópico dicilo, sexa o mellor que fixemos ata o de agora, pero iso seredes vos quen o decidades así, ou non. Nos temos a tranquilidade de ter feito o que máis nos gusta e do xeito que mellor sabemos, seguindo a nosa liña e aportando cousas novas.

Agora sodes vos os que deberedes pronunciarvos ao respecto:

Debe Porcocan ter unha edición física en vinilo e cd?
Ten que existir unha camisola coa figura de Porcocan estampada nela?

QUEN SOMOS?
Esquíos somos unha banda estradense (con algún compoñente valdeorres) de punk-rock garaxe e o que nos boten, que temos cinco traballos discográficos previos autoeditados e máis de cen concertos as nosas costas.
Levamos unha filosodía moi Do It Yourself (Faino ti mesmo) que nos ten levado a deseñar as nosas portadas, chegar a gravar e masterizar nos mesmos algúns dos nosos discos ou facer os nosos videoclips.

QUE QUEREMOS FACER?
Esquíos imos gravar o noso novo disco, o sexto e que levara por título Porcocan; o caso e que non temos un can para editalo, tan so para gravalo, e iso por que o faremos en tempo record, que senón nin para iso. Entón a campaña consiste en recadar cartos para facer a edición en vinilo e cd, e facer algunhas camisolas coa portada do disco.

E POR QUÉ CHEGAMOS A ISTO SE SOMOS TAN DIY (Faino ti mesmo)?
Pola caída de ingresos derivados dos concertos e o deixar de cobrar das distribuidoras musicais as vendas dos nosos traballos (que aínda así, seguen vendendo), basicamente por iso. En definitiva, a crise, e o proveito que algúns sacan dela, of course. O conto de sempre.
Por outra banda parecenos un medio moi axeitado para que @s nos@s seareir@s (se @s temos hehe) consigan a nosa música e demais, no mellor soporte posible e a un prezo moi razoable.

MÁIS DATOS....CONTADEME?
Esta será a única fonte de financiación, aínda que depende como vaia a gravación (se fan falla máis ou menos días) quizais poidamos contar con algúns cartos extra. Algúns de nos estamos no paro e o resto non temos capacidade económica (tamén dicir, que é un tópico pero para nos os cartos son o de menos) para financiar todo isto, por iso recorremos a esta modalidade.

CANDO SE FARÍA ISTO?
A gravación do disco terá lugar os días 9 e 10 de marzo, co cal aproximadamente a comezos de maio teríamos todo finalizado.
Farase nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero (ao igual que o anterior "Agora si!") e podemos garantir que probablemente estemos falando do noso mellor traballo (cousa que teredes que decidir vos, xaora).

Agardamos poder contar coa vosa axuda para sacar adiante este proxecto e dar un soporte digno as que cremos que son as mellores cancións que fixemos nunca, e conste que non nos gusta nadiña falar por falar.

Saúde e liberdade!

www.verkami.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Nao consigue financiamento para o novo disco
Logo de 8 anos concertos e con dous disco as nosas costas, iniciamos este verán a gravación do noso 3º disco de estudo: "Cancións de amor e liberdade". Precisamos de vós para poder sacalo adiante.
Que sexades cómplices connosco deste proxecto.




AS VOSAS APORTACIÓNS IRÁN DESTINADAS A PAGAR:
A produción, gravación e masterización do disco nos Estudios Mafia Records (O Carballiño).
Edición física de 1000 Cds en formato digipack
Deseño do disco, web e social media.
Fabricación de 100 camisolas, 500 cartaces da xira e 200 colantes.
Gravación dun videoclip.

O que vos pedimos non é o total do que isto custa senón só unha parte.
Xustamente o que nos falta por pagar.

Temos dous discos no mercado. Un deles editado co selo Kamikaze Producións "As palabras espidas". O noso 2º disco "Coas túas mans" auto-editado. Para poder gravar estes discos a banda tivo que poñer unha boa cantidade de cartos nos dous casos. Para "As palabras espidas" pedimos un crédito a unha entidade bancaria, e para "Coas túas mans" os membros do grupo puxemos gran parte do orzamento.
Nós preferimos, desta volta, pedir axuda a quen confiou en nós todos estes anos, mercando os nosos disco, vindo ós concertos, os que realmente sodes a esencia da banda e o motor que fai que isto siga igual de quente que nos seus comezos.

Colaborade con nós: Non vos decepcionaremos!!!

www.verkami.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2013 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Disco Tributo a Zenzar
Todo comezou no Mesón do Bento. No improvisado camerín da Josfer algúns dos convidados á presentación do Vaise Armar dos Zënzar pensaron que o 25º aniversario da banda era o momento de lle facer un disco tributo.
E decidiron que ademais ía ser unha sorpresa. Así foi. Onte desvelouse o segredo mellor gardado do rock galego e Vai polos Padriños! , o disco tributo aos 25 anos de Zënzar, foi presentado. Ao público e tamén aos abraiados homenaxeados. No interior deste artigo podes escoitar o disco íntegro!

Xa está aquí o tributo a Zënzar. 19 temas compoñen o disco, interpretados por 18 bandas cos Machina repetindo, nun tema a maiores, coa versión acústica do Cheira mal. Este Vai polos padriños! non é, -nin máis nin menos-, que a mostra de cariño do rock galego para un grupo que é referente ineludíbel para quen fai rock na lingua do país neste século XXI. Son 18 bandas e podían ser moitísimas máis. A idea de sorprender a Zënzar cumpriuse estrictamente e a discreción fixo que moitísimos grupos non se chegasen a enterar a tempo do que se argallaba. Porén, fican estes 18 en representación das moitas persoas que admiramos fondamente os Zënzar.

Como as propias bandas din, tras 25 anos de resistir na palestra se presenta este tributo no que participan Machina, Deseqilibrio Mental, Invivo, Som do Galpom, Nao, Ruxe-Ruxe, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Compañía do Ruído, MeDoMedÁ, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os tres Trebóns e os homes sen medo, Dios Ke Te Crew e Secho e os Invisibles.
A produción executiva correu a cargo de Iago Pico, V. Neira e Mario César. Os temas foron gravados nos estudos Pousada Son de Ames, Mafia Records do Carballiño, Océano Estudio de Gondomar, na de Alfredo de Chaián-Trazo, Casa do Rock de Luou-Teo, na Casita en Riveira, en Edisco da Estrada, no Rapapoulo Estudio de Ordes, nos Estudios Amil da Coruña e nunha Casa Calquera en Compostela, cun impecable deseño realizado por arinspunk.com.

Aquí tedes catro temas e NESTA LIGAZÓN podes escoitar o disco íntegro.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de agasallo dos Ultraqans

Ultraqans agasalla co seu disco por descarga livre aquí


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de agasallo dos Esquíos
Esquíos ao vivo (Capitol)

Este concerto gravouse na Sala Capitol de Compostela o 19 de maio do 2010, co galo da presentación do Cd/Lp “Galician carraxe on garaxe”. Foi gravado pola Radio Galega e emitido en directo no programa Planeta Furancho do gran Vituco Neira.
Vinta e dous temas propios máis unha versión de Radio Océano, todos os fallos e acertos(se os houbo) daquela noite de moitos nervios están aquí, e podedes descargalo dende aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Rebelion do inframundo

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ataque Escampe
Noites de agosto é o novo disco de Ataque Escampe

Con este EP, os de Vista Alegre (Compostela) volven o seu ollar irónico cara ao universo da verbena, recuperando o espírito das orquestras populares e convertendo o torreiro da festa nun lugar desde o que contemplar esta pequena traxedia persoal e colectiva que acabou por envolvelo todo.

O grupo visita con fachenda crooner xéneros tan variados como a cumbia e o krautrock, o bolero e o calipso, para celebrar o recordo das últimas noites do verán como ese momento no que os soños ou se fan realidade ou fican esquecidos para sempre no máis fondo do padal.

Con estas sete cancións, hedonistas e desesperadas, románticas e sempre de volta, feitas para bailar e aparearse, para botar unha gargallada veciñal ou para homenaxear a felicidade dun tempo de abundancia e paparota, o disco Noites de agosto con Ataque Escampe é, en definitiva, un palco desde o que entoar a coro a íntima melodía da resistencia, a promesa ambigua dunha estrela fugaz e derradeira.

www.discosdamaquina.com


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novo EP de García MC
García Mc acaba de editar o seu primeiro E.P. en solitario, ‘Abaixo e De Pé’. Un disco que non só celebra as loitas contra o poder da xente humilde de todo o mundo, senón que convida a aprender do exemplo de dignidade de Chiapas. Da rebelión que é posible malia a peor das represións. Da posibilidade de construír unha realidade alternativa. De facernos donos de nós.

A túa relación con Chiapas, da que parte o E.P., é máis que musical, non si?

Estiven cinco veces en México coas comunidades zapatistas. Unhas veces en brigadas de solidariedade e outras veces pola miña conta. A primeira vez foi no 2006. Fixen unha viaxe por México e por centroamérica, quedei impactado co movemento zapatista (o cal só coñecía por libros…) e así comezou a relación. Máis adiante voltei cunha brigada composta por persoas de diferentes espazos sociais galegos desde o Colectivo Fuga em Rede, nesa viaxe participamos nun encontro de mulleres zapatistas, etc, etc. A última vez coa Brigada Europea de Solidariedade cos Zapatistas. Neste tipo de brigadas vas normalmente como observador: tomas notas, fotos, audios, vídeos… recolles testemuñas da xente que padece violacións dos seus Dereitos Humanos por parte de militares e paramilitares.

Falas no tema ‘Rúa Arriba’ de “alternativa en forma de autoxestión, alternativa en forma de autonomía na decisión”… Nunha terra na que o Estado non debe estar moi presente…
O Estado está: todos estamos dentro do sistema. Pero si é verdade que en Chiapas conseguiron construír alternativas. Construíron a súa propia realidade desde unha perspectiva anticapitalista, cos seus servizos de educación e saúde, coa súa xustiza, coa súa economía baseada en grande medida na soberanía alimentaria. Procuran a autoprodución para poder depender o mínimo posible do sistema. Eles defíneno como “autonomía”. As comunidades forman municipios, diferentes municipios forman unha zona e hai cinco zonas de territorio autónomo. A Junta de Buen Gobierno é o goberno autónomo de cada zona, que se organiza sen partidos políticos. Son os propios labregos os que se autogobernan, con cargos rotativos. E conseguiron enormes avances, como na loita contra a mortalidade infantil. Tamén houbo moitos avances en canto á participación das mulleres: hai asembleas e cooperativas de mulleres, unha clínica para mulleres… Antes do movemento morrían moitas no parto, e todo iso está cambiando. O seu nivel de empoderamento é moi forte.

En ‘O Oficio da Palabra’ as letras e rapeos son túas e do mexicano Lengualerta. Como o coñeciches?
Lengualerta é un músico de México D.F.. Coñecino en Chiapas mostrando o noso arte sempre á carón dos indíxenas rebeldes. É un artista moi comprometido, con bastante pegada en México no movemento underground. En realidade, hai alí unha escena potente de rap, reggae… É habitual que aos encontros de zapatistas acudan músicos e outros artistas da cultura alternativa. Do mesmo xeito que, por exemplo, de Galiza foron a Chiapas Pallasos en Rebeldía.

O sentido xeral do E.P. é a conexión entre a loita zapatista e todas as loitas das persoas que están “abaixo e de pé”. Tamén en Galiza.
O impacto que me produciu convivir con eles e coñecer a súa realidade fixo que me decatase da necesidade de tender pontes entre as nosas loitas e as de alá. As diferencias entre a nosa situación e a dos zapatistas son grandes, claro, pero o estar abaixo e de pé é común a todos, e en xeral a toda a xente humilde e sinxela de todos os pobos do mundo. Hai moitas conexións entre os dous mundos, o noso e o deles, como unha tradición común de loitas apegadas á terra.

O disco inclúe a transcrición das letras e a súa tradución a inglés e a castelán. Por que?
Moita xente reclamábanos as letras porque igual algunhas cousas non sempre se entendían ben de todo na escoita. Tiñamos un debate sobre iso, porque o rap é palabra rapeada, non é texto para ser lido. Pero decidín que fosen as letras no disco polo seu carácter local e nacional mais tamén global e aproveitei para incluír tamén as traducións. As traducións a inglés son de Patricia Janeiro, agás a do poema ‘Amor e sangue en Chiapas’ de Lois Pereiro, que é cortesía do seu tradutor, Jonathan Dunne. As traducións a castelán son de Daniel Salgado, e a revisión lingüística das letras en galego é de Leo. A idea é facer unha xira por México e outros lugares de latinoamérica, África… para presentar o E.P. e, claro, quero que os compañeiros mexicanos por exemplo poidan ter o complemento e a posibilidade de profundar nos conceptos… Tamén teño a intención de abrir un espazo web para que quen queira poida traducir as letras a calquera outra lingua, xa están en catalán, prontiño en éuscara e outras. Somos universais sendo como somos esa é a idea, que ninguén teña escusas para non achegarse á nosa lingua, animeime a facelo así tamén influenciado por selos discográficos como Metak de Fermin Muguruza.

O deseño do disco está cheo de símbolos. Podes explicalos?
O deseño da portada e da contraportada é de Gran Om (México), e o deseño interior é de Arispunk. A portada é a representación de dous mundos, iguais e diferentes, diferentes pero iguais. A palabra rapeada conecta dous mundos que aparentemente non teñen que ver, pero que teñen moito en común, como o carácter anticapitalista. Na contraportada, as diferentes cores do millo representan as diferentes culturas, cores de pel, linguas… dos distintos pobos que comparten en todo o mundo unha mesma loita apegada á terra. Os motivos florais que se atopan no pano co que un dos homes da portada tapa a cara representan a palabra florida, símbolo da loita dos zapatistas. Eses mesmos motivos florais están no propio CD, formando un sol. Se levantas o CD, detrás, na caixa, está a lúa, coa frase ‘Lo más oscuro de la noche es antes del amanecer’. No libretiño no que están as letras hai tamén moitos símbolos: a fouce, a nena labrega, o sol, a ponte, Castelao, os Panteras Negras nas Olimpíadas do 68, un cadro de Diego Rivera, un cartel no que se pode ler “Está usted en territorio zapatista en rebeldía aquí manda el pueblo y el gobierno obedece”, outro cartel da Revolución Mexicana, de “Viva Zapata”, Fisterra como final dun mundo e o principio doutro… O caracol é para os zapatistas un símbolo do uso da palabra, da chamada á asemblea. O millo simboliza o sustento, o sol é o elemento que dá vida na terra…
O primeiro e o quinto tema do disco son dúas versións do mesmo, ‘Rúa Arriba’. A segunda soa máis mexicana…
‘Rúa Arriba’, que é un tema que escribín na primeira viaxe que fixen a México, leva unha voz en off que é un extracto dun discurso do Subcomandante Marcos. Esa segunda versión que dis, ‘Rúa Abaixo’, quixen que transcendese o mexicano e ao mesmo tempo tivera presencia para soar máis latinoamericano e por iso ten ese ton salseiro que pode conectar con diferentes realidades latinoamericanas ademais de con México. O solo de trombón é de Antonio Rodríguez (de Dakidarría e Transilvanians), e colaboran nas voces Emiliano Siem ‘Chino’ e Pepa Yáñez. Os dous eran membros de ‘A Combativa’, un grupo de salsa brava que tivemos. Dese tipo de salsa con mensaxe que non ten nada que ver coa comercial. O sampleo que leva é de Willie Colón, dun tema de Rubén Blades.

“A miña xente está abaixo e nela teño fe”, di ‘Abaixo e de pé’. Neste tema están A Ría Non se Vende, Salvemos Monteferro… todos “abaixo e de pé”, como en Guatemala, México, El Salvador, Taiwan ou Senegal…
É que, malia ser realidades moi diferentes, eu creo que os movementos sociais populares nosos, e os de todo o mundo, poden nutrirse moito dos zapatistas. Porque eles conseguiron ser donos das súas vidas en grande medida. E creo que é moi importante difundir isto, mostrar que se pode facer e que se fai en Chiapas malia a represión e o militarismo. Eles demostraron que se pode subverter o sistema e construír outras realidades. Por iso representan moi ben o que é estar abaixo, pero ademais de pé. E en ‘Abaixo e de pé’ falo, tamén por iso, de xente que construíu a historia dos nosos movementos sociais populares, persoas ás que nunca lles van poñer unha estatua… malia o fundamental que foi ou é seu exemplo. Como a nai de Xosé Tarrío. Persoas que non chegan a transcender ao nivel do mito en amplos sectores da sociedade, pero que son líderes naturais moi importantes para escribir a historia dos que somos abaixo. Falo aquí da “miña xente” nun sentido de proximidade, pero tamén de xente que non coñezo en persoa pero que son exemplo de dignidade, de resistencia e de combatividade contra o poder establecido e os seus crimes. Xente que se mantén en pé de loita a pesar da represión e sen deixar de ser humildes e sinxelos. Como Xosé Reigosa, que foi unha persoa fundamental na loita en defensa da terra para o noso pobo. El era como un zapatista máis para min, un gardián da terra.

‘Rúa Arriba’ fala da propaganda e do monopolio da violencia en mans do poder. ‘Abaixo e de pé’ fala da ocultación da nosa historia e do silenciamento da tortura no Estado español. Este tema lembra un pouco a ‘4ª Guerra Mundial’ do disco ‘Humanose’ de Dios Ke Te Crew, coa súa crítica ao sistema carcelario. Aínda que represión e abusos policiais xa estaban tamén en ‘Xénese’…
O do monopolio da violencia é un tema que me preocupa, si. O poder cuestiona calquera mínimo acto que interpreta como violento, pero socialmente non sempre se pregunta pola raíz dese comportamento violento que o poder mesmo provocou. Non son iguais todas as violencias. Non é igual a violencia do poder que a lexítima defensa. A violencia que máis se está a exercer agora é a do poder: a do Estado e a do capital. É a violencia que padecemos as clases populares, e que adopta moitas formas: da carga policial ao paro ou os recortes nos dereitos sociais. E os zapatistas tamén nos dan leccións nisto. Porque son unha xente pacífica, que teñen un exército, o EZLN, cuxa consigna é que eles son soldados para que un día non haxa soldados. O seu máximo compromiso é desaparecer como exército. Teñen un alto o fogo desde o 94 que o goberno federal non respeta. Porque as bases de apoio zapatistas sofren o cárcere, secuestros, asasinatos… todo tipo de represión política. En definitiva parafraseando a Cortázar “é importante comprender quen pon en práctica a violencia, si os que provocan a miseria ou os que loitan contra ela”.

É importante o tema do cárcere pola inxustiza tan profunda na que se basea, o control social o castigo social: os datos oficiais demostran que o cárcere está cheo de condenados por delitos contra a propiedade privada, (pequenos furtos), delitos supostamente contra a saúde pública (drogas)… É dicir, a enorme maioría das persoas que están en prisión provén de sectores sociais que padecen a peor cara deste sistema criminal, a exclusión social. O da ‘IV Guerra Mundial’ é unha definición zapatista tamén. A terceira foi a Guerra Fría, e a cuarta é a guerra do neoliberalismo contra a humanidade. Neste contexto, na fase actual do capitalismo, pódese dicir que a maior parte dos presos son políticos. Porque é a desigualdade e a inxustiza do sistema a que leva a xente á desesperación e a que produce esa realidade de empobrecemento social, pobres na cadea e corruptos no poder. A xente de abaixo é quen padece a prisión, o sistema carcelario. Cousas que están no durísimo Código Penal español só se encontran no de Turquía por exemplo… É terrible, e hai anos que existe a cadea perpetua encuberta porque, que é senón estar 30 anos ou máis no cárcere? Hai infinidade de informes e colectivos de defensa dos Dereitos Humanos que denuncian torturas nas prisións españolas dende fai décadas. Amnistía Internacional, por exemplo… Os datos son escalofriantes. Hai mortos baixo custodia en comisarías, en centros penitenciarios, en cárceres para menores, nos Centros de Internamento para Estranxeiros… É unha auténtica lacra social a tortura no Estado español, e case ninguén fala dela. E todo isto ten moito que ver co feito de que no estado español o que houbo foi una falsa Transición. Mantendo en boa medida formas do vello réxime como ese tribunal político que é a Audiencia Nacional.

A letra de ‘Amor e sangue en Chiapas’ é o inconfundible poema de Lois Pereiro. Tiña que estar neste disco…
O poema está en ‘Poesía última de amor e enfermidade’. E a voz falada que podemos escoitar é do propio Pereiro, que explica moi ben o que significaba a revolta de Chiapas para unha persoa coma el, que se movía entre as bandeiras vermellas e negras. A revolta de Chiapas foi no 94, e Lois Pereiro xa se posicionou a favor dela pouco despois. Unha persoa libertaria coma el, que tamén bebía do marxismo, poñíase do lado das vítimas, claro. Nese poema mestúrase o tema de Chiapas coa postura existencial de Pereiro, co seu posicionamento ante a vida, o seu amor pola vida e pola xente… Neste poema vese claramente una dobre lectura amorosa e rebelde. Ler a Lois Pereiro cámbialle a un a vida…

Non todo o mundo é zapatista en Chiapas. Ti mesmo dis que os zapatistas combinan diferentes tradicións políticas…
Manteñen usos e costumes tradicionais que xa estaban no mundo indíxena, na súa cultura. Como os símbolos dos que falabamos antes, por exemplo. Tamén son referentes os símbolos da Revolución Mexicana: Villa e Zapata, “la tierra es de quien la trabaja”. E, da parte moderna, tamén o marxismo: eles tomaron os medios de produción ao expulsar ós terratenentes e recuperar a terra. Tamén hai unha pegada libertaria, na cuestión da autoxestión. Non están organizados en partidos políticos. Eles constrúen desde abaixo e para abaixo. A todos lles toca gobernar e mandan obedecendo. Na Junta de Buen Gobierno só fan de xestores, porque as decisións tómanse nas asembleas populares. Non poden actuar unilateralmente. Como tampouco pode facelo o EZLN. E claro que non son todos zapatistas. Nunhas comunidades son zapatistas todos ou case todos; noutras hai xente que o é e xente que non: que son simpatizantes dos partidos tradicionais, por exemplo; e noutras non son zapatistas. O problema é que algúns son paramilitares, grupos organizados e financiados polo exército nesa estratexia de contrainsurxencia que se implantou desde Estados Unidos e se estendeu por toda América. O Goberno lávase as mans, malia que todo o mundo sabe que os paramilitares están apoiados ou financiados por estruturas locais, estatais ou federais. Tamén o propio Exército Federal está moi presente en Chiapas. Hai moitos reténs militares que bloquean o paso á xente por lugares estratéxicos, como os mananciais…

O disco conta con moitas colaboracións…
Está editado baixo unha licencia creative commons. Polo momento só está o formato físico en CD, pero máis adiante estará tamén en internet. É un traballo de artesanía, feito localmente pero que respira globalmente. Un disco que vai do local ao global e ao revés. Foi gravado no estudo que temos Dios Ke Te Crew, e foi un compañeiro, Mou, quen gravou, mesturou e produciu boa parte das bases musicais, fixemos entre os dous os arranxos… tamén hai un beat de Croma. Nas voces colaboran Chino e Pepa Yáñez. En ‘Abaixo e de pé’ está ‘DJ Mil’ nos scratches, como Gende Beat en ‘O Oficio da Palabra’… O disco foi masterizado por Arturo Vaquero.

Agora hai moitos grupos de hip-hop en Galiza…
Si, hai moita xente. Algúns de nós entendemos o Hip Hop como un Movemento social ou político-social. Un movemento que naceu dos excluídos do Bronx e se estendeu a todo o mundo, porque onde hai exclusión social hai hip-hop. Para nós o esencial do hip-hop é o seu sentido social, positivo e crítico. Por iso tentamos fuxir do tópico do rapeiro que, en realidade, reproduce os valores do sistema capitalista con ese rollo egocéntrico e competitivo. Nós estamos co que foron as raíces do hip-hop: Áfrika Bambaataa e a Zulu Nation. Un mozo do Bronx, Bambaataa, decatouse na súa viaxe por África de que moitos xeitos de expresión do seu barrio: a danza, a palabra recitada… se parecían aos do pobo zulú. Despois conectou estes modos de expresión co graffiti ou o breakdance, ou a cultura dos DJs que poñían a música que non aparecía nas radios comerciais, ou os Sounds Sistems nos que os breakers facían piruetas en trance. Con todos estes elementos naceu o rap. Conxugando a parte máis festiva coa que a xente se liberaba a través da música co uso da palabra do MC, por iso se chamaba RAP que é Rhytm and Poetry. A cultura do hip-hop engloba todos eses xeitos de expresión da rúa, do barrio, dos excluídos. E vaise volvendo cada vez máis reivindicativa, ao xeito de Public Enemy por exemplo. Era o xeito de expresarse da xente do guetto, o seu medio de comunicarse. Xunto a esta parte festiva e reivindicativa desenvolveuse máis tarde tamén o gangsta rap, ligado ás bandas e máis propio de Los Ángeles. Aí é onde tiveron cabida os discursos máis competitivos, ás veces machistas… E moitas veces a imaxe que se transmitiu do rap partiu de aí: o malote coas xoias… O que nós preferimos non é este modo de entender o rap, se non a idea da unión e do traballo social do hip-hop. A idea de comunidade, de ser fortes xuntos, a cultura anticapitalista…

E tedes, como Dios Ke Te Crew, algún proxecto para as próximas datas?
Temos proxectos moi impactantes para o próximo ano nos que estamos traballando que daremos a coñecer en breve. Novos pasos nestes anos de percorrido.


www.cadernodogarcia.blogaliza.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Sergio Tannus
Tras numerosos traballos e colaboracioìns con outros artistas, Segio Tannus proponnos o proxecto do seu novo disco “SON BRASILEGO”.

Un proxecto de grande porte e numerosos colaboradores, onde estaraì apoiado como sempre pola formacioìn base que conforma o seu triìo. AcompanÞarase tameìn en “SON BRASILEGO” de todos aqueles artistas galegos que o conÞeceron e compartiron con el grandes momentos musicais en todos estes anos que leva vivindo en Galiza. Outros muìsicos portugueses, brasileiros, angolanos.... cos cales tameìn ten compartido estos anos de traxectoria artiìstica tameìn estaraìn presentes neste traballo, constituiìndose asiì unha auteìntica ponte musical entre os paiìses da lusofoniìa, especialmente entre Galiza e Brasil.

“SON BRASILEGO” aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusioìn de ideas, polos ritmos e raiìces comuìns. Trae a marxe da muìsica intuitiva a reflexioìn sobre a nosa identidade e irmandade, e sobre todo sobre o futuro da mesma a traveìs da muìsica e desa sonoridade atlaìntica que nos torna "brasilegos". Pero sobre todo eì un agasallo, un agradecemento a todos aqueles muìsicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artiìstico de Sergio Tannus neste lado do Atlaìntico.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Andrés Penabad
Un músico pontés grava un disco con colaboracións de Kepa Junkera

O acordeonista pontés Andrés Penabad prepara o seu primeiro traballo discográfico en solitario, un disco que contará con colaboracións de músicos como o vasco Kepa Junkera, Bieito Romeu, de Luar na Lubre; Pedro Pascual, compoñente do grupo de música tradicional contemporánea Talabarte; o gaiteiro Edelmiro Fernández ou o profesor de acordeón Xabier Díaz.

«é un proxecto que sempre tiven en mente e logo de tocar como solista, con varios grupos -compoñente da agrupación pontesa de música folk Muxarega e colaborador doutras bandas como Avelaíña, Os Feroces da Galgueira ou os coruñeses The Folk-A-Tones- e de recibir varios premios, quería facer o disco», comenta este músico, que empezou a tocar o acordeón aos 14 anos, hai xa máis dunha década.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-01-2013 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 28 (Luns)

Terza feira 29 (Martes)

Corta feira 30 (Mércores)
• Foliada coa Banda das Crechas (Compostela)

Quinta feira 31 (Xoves)

Sexta feira 1 (Venres)
• Foliada Venrespirar no Liceo de Ourense ás 22:30
• Noite de Tasca en Oroso
• Serán de San Xoán de Tabagón (O Rosal)

Sábado 2
• Roi Casal e Banda no Auditorio de Rianxo
• Luar na Lubre en Pontevedra
• Serán da Ribeirana (Escola de Música Tradicional do Ribeiro) en Ribadavia
• Serán de Meirol (Mondariz)
• Serán de San Blas, en Salcedo (Pontevedra)
• Serán en Tui nas instalacion da antigua fabrica de boinas (fronte o xinaxio Di Som)

Domingo 3
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2013 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 25 (Venres)
• Zurrumalla no Liceum (O Porriño)
• Maravallada no C.S. En Pe (Pontevedra) ás 23:00
• Guezos no Curral de Marqués (Taragoña - Rianxo)
• Luis Emilio Batallán na Auriense de Ourense
• Bastards on Parade no SalaSon (Cangas do Morrazo)
• Camarada Nimoy na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Foliada no Lar (As Pontes)
• Foliada de San Tirso (Palas de Rei)

Sábado 26
• Homenaxe Xosé López Bao no C.C. Ágora (A Coruña) ás 19:00
• II Encontro de Coros Tradicionais (Baiona)
• Os Melidaos no Local de Toxos e Froles (Ferrol)
• SondeSeu no Teatro Colón de A Coruña
• Balakandra no Bar Liceum (O Porriño)
• Pel de Noz no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 23:00
• Bastards on Parade na DiscoTasca (Redondela)
• Foliada no C.S. Gomes Gaioso (A Coruña)
• Serán de Gargamala (Mondariz)
• Serán de Arbo
• Serán de Pazos de Borbén (Pza. do Concello)

Domingo 27
• Sobre Rodas no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2013 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Arbo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-01-2013 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-01-2013 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de San Tirso (Palas de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-01-2013 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os Melidaos presentan disco en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2013 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Actos sobre Casto Sampedro no Viso (Redondela)

O vindeiro sábado 26 de xaneiro as 20h na Sociedade de Agricultores do Viso (Antiga Escola de Tuimil) o Concello de Redondela organiza un acto para difundir a figura de Casto Sampedro na parroquia do Viso.

O acto contará cunha charla "Casto Sampedro. 75 anos do seu pasamento" impartida por Julio Alonso Monteagudo á que lle seguirá un concerto do dúa de arpa e zanfona "Os Artesáns" qué interpretarán pezas relacionadas co coñecido etnógrafo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2013 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe Xosé López Bao (A Coruña)
Cántigas da Terra homenaxea ao último construtor de gaitas da Coruña

A agrupación musical prepara para o sábado un acto para recoñecer a labor do artesán Xosé López Bao con actuacións de grupos para os que deseñou instrumentos entre 1960 e 1980


Aos seu 85 anos o lutier Xosé López Bao tivo que deixar a súa vivenda en Eirís de Abaixo debido ás expropiacións do parque ofimático e voltou ao lugar no que naceu en Ardemil (Ordes). O único artesán gaiteiro coruñés en activo pechou así un ciclo pero voltará de novo á cidade coruñesa este sábado para a homenaxe que lle rendirá a agrupación Cántigas da Terra, onde estarán presentes algún dos grupos para os que construiu gaitas entre os 60 e os 80, a época na que máis instrumentos produciu. Aínda agora fai algún encargo para os amigos, pero en 1990 fixo un parón de oito anos debido á enfermidade da súa muller e cando volveu ao taller xa non volveu a traballar coa misma intensidade.

O vicearquiveiro de Cántigas, Ramón Rodríguez, sinala que co acto do sábado recoñecese a labor dun dos artesáns máis lonxevos e "decisivo" nunha etapa na que os gaiteiros estaban "mal vistos". - sobre todo debido a que nos últimos tempos estivo máis "esquecido" porque a súa retirada forzosa coincidiu co auxe de Seivane na Coruña cuxa figura -engade Rodríguez- "ensombreceu e tapou" a outros grandes profesionais.

Non se trata dunha homenaxe "de sillón" porque o obxectivo é destacar a "parte humana" de López Bao, e por iso a partir das 19.00 horas conversará cos asistentes ao evento sobre a súa experiencia para unha hora e media despois dar paso ao acto central con actuacións de dous grupos de Ordes -Manuel Viqueira e Os Gaiteiros da Asociación de Veciños de Leira- e da Coruña como Os Gaiteiriños e membros do Antigo Corpo de Gaitas da Deputación coruñesa. Tamén participarán persoas que colaboraron como o homenaxeado como Os Rilos -pai e fillo- que lle axudaron a vender as súas gaitas en centros galegos do exterior.

Coa marcha de López Bao a Ordes o municipio coruñés quedou sen ningún construtor de gaitas. "Hai un século cando non había tantos gaiteiros había máis artesáns ", apunta Rodríguez, quen ten constancia de que en 1916, cando se fundou Cántigas da Terra, existían na cidade polo menos dúas persoas adicadas a este oficio: O Tintoreiro do Orzán e Ambrosio, que ademais de facer os instrumentos tocaba nas procesións das festas da Cidade Vella.

As primeiras gaitas nas que traballou estaban feitas á man ate que acadou un pequeno torno que lle servise de axuda nesta tarefa. Cando se trasladou a vivir á cidade coruñesa e entrou a traballar como torneiro da Fábrica de Armas algunhas partes do instrumento deseñabaas alí e logo púñalle o toque final no seu taller. Contar con medios máis modernos permitiulle atender máis encargos e na súa época de maior esplendor -entre 1960 e 1980- surtiu de gaitas ás principais formacións musicais da Coruña como Os Cinco de Galicia, Os Labregos, Brisas da Cruña, o Ballet Galego e tamén a Cántigas da Terra, para os que aínda hoxe fai algunhas.

O que máis lle chama ao responsable de Cántigas do homenaxeado é a súa "humildade" e, sobre todo, a "paciencia"que amosaba á hora de afinar un punteiro, xa que foi dos primeiros artesáns en conseguir que dúas gaitas á par soaran afinadas. Pese a que o alcume "o rei do si bemol" o acompañou durante toda a súa traxectoria debido á cantidade de pedidos que elaborou nesta tonalidade, "nunca se deu aires de grandeza". - iso que foi portada dun calendario antigo do Concello. "Non dos pequenos que teñen agora senón dos grandes para colgar na parede que imprimían hai anos", aclara Ramón Rodríguez.

Na súa familia de momento ninguén se interesou en seguir a tradición e debido a que na Coruña non hai escolas desta arte, según Rodríguez, cada vez hai menos xente que se adique a este traballo. Pero pola casa de López Bao si que se achegan varios "aprendices" para que o artesán lles aprenda. "Cóntalles todo o que queiran saber pero non lles deixa usar o torno por medo a que se manquen", indica.

Igual que a Coca-Cola as gaitas deste coruñés tamén teñen unha fórmula segreda porque é capaz de obter un instrumento "con timbre e volume" sen perder afinación abrindo o punteiro por abaixo máis do habitual. Tamén prefire os foles de coiro en lugar dos de goma. Destas décadas de entrega a artesanía, López Bao -en palabras de Rodríguez - quédase coa satisfacción de dotar de gaitas aos músicos das cidades que a diferencia dos do rural non sabían facelas.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de Coros tradicionais (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2013 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Punta Tácón - Luar (18/01/2013)


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 22-01-2013 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
No bico un cantar: Negra Sombra


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-01-2013 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Coloquio: O sector cultural (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-01-2013 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Agresión da policía a un músico en Compostela
Un músico denuncia que a policía lle rompeu unha man en Compostela

Músico na Banda das Crechas, acompañante de Narf e de Uxía, Roi Vázquez terá que pasar máis de tres meses sen tocar despois de que na noite do pasado día 10 a policía lle fracturara tres falanxes dun dedo e unha noutro. Co informe médico na man, o luns recorrerá a cirurxía para recompoñer os dedos máis os médicos falan da perda dun 30% de mobilidade.


O xoves 10 de xaneiro, Roi Vázquez tocaba no pub Modus Vivendi coa banda de Narf. Despois continuou a noite cun grupo de amigos ata que, por volta das 4 da madrugada na rúa Virxe da Cerca unha patrulla da policía municipal parou un coche a súa beira e pediu identificación. Naquela noite desenvolvérase na Praza do Pan a concentración de apoio ao mozo independentista detido, Senlleiro, cos posteriores incidentes na cidade.

A policía empurrou a unha das mozas que ían canda Roi Vázquez cando sentiu que dicía “sempre igual” e foi entón cando este lle preguntou ao axente “Vesnos agredir por camiñar pola rúa?”. Segundo conta o propio músico, naquel momento un dos axentes intentou inmobilizarlle a man fracturándolle tres falanxes nun dedo e unha noutro. Á patrulla municipal sumóuselle unha da Policía Nacional que conduciu a unha das mozas á comisaría de policía, segundo o relato do músico, onde tamén se dirixiron os seus acompañantes, entre eles, Roi Vázquez, que ía con idea de presentar unha denuncia por agresión. “Negáronme o dereito a denunciar e dixéronme que se o pasara ben e que me coñecían dunha folga ademais de sinalar que non podía presentar denuncia sen parte médico” comenta.

Os axentes, segundo di, insinuáronlle que viña de participar nos incidentes posteriores á concentración ao que el respondeu que nesa noite tivera un concerto con moito público de testemuña. Roi Vázquez ten un parte de lesións emitido polo Hospital Clínico de Santiago onde se constata a fractura nos dedos e o próximo luns o departamento de cirurxía fará un diagnóstico completo da situación. “As miñas mans son o meu medio de vida e agora terei que estar tres meses cando menos sen tocar" di Roi Os médicos indicáronlle que en catro meses non poderá utilizar a man dereita e que perderá a mobilidade do 30% para o resto da vida, unha situación especialmente complexa para este mozo que ademais de músico é luthier. Roi Vázquez presentará denuncia despois de ter o diagnóstico de cirurxía.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2013 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 21 (Luns)

Terza feira 22 (Martes)
• Luis Emilio Batallán na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 23 (Mércores)
• Foliada coa Banda das Crechas (Compostela)
• Foliada no Lagharto Pintado (Vigo)

Quinta feira 24 (Xoves)
• Foliada 10º aniversario da Repichoca (A Coruña)

Sexta feira 25 (Venres)
• Zurrumalla no Liceum (O Porriño)
• Guezos no Curral de Marqués (Taragoña - Rianxo)
• Luis Emilio Batallán na Auriense de Ourense
• Bastards on Parade no SalaSon (Cangas do Morrazo)
• Camarada Nimoy na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Foliada no Lar (As Pontes)
• Foliada de San Tirso (Palas de Rei)

Sábado 26
• Homenaxe Xosé López Bao no C.C. Ágora (A Coruña) ás 19:00
• II Encontro de Coros Tradicionais (Baiona)
• Os Melidaos no Local de Toxos e Froles (Ferrol)
• SondeSeu no Teatro Colón de A Coruña
• Balakandra no Bar Liceum (O Porriño)
• Pel de Noz no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 23:00
• Bastards on Parade na DiscoTasca (Redondela)
• Foliada no C.S. Gomes Gaioso (A Coruña)
• Serán de Gargamala (Mondariz)
• Serán de Arbo
• Serán de Pazos de Borbén (Pza. do Concello)

Domingo 27
• Sobre Rodas no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2013 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
• Traspés na Taberna Rianxeira (Vigo) ás 22:30
• Os Minhotos ás 23:30 no Club Clavicembalo de Lugo
• ‎Tres Estralos no C.S. en Pè (Pontevedra) ás 23:00
• Os Irmandiños de Vincios no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo) ás 23:00

Sábado 19
• Cea gaiteira en Melide
• Os Carunchos no Pub Gatos (Melide)
• Habelas Hainas no bar Porriño (Mondoñedo) ás 22:30
• Zurrumalla no bar A Curva (Nerga-Cangas do Morrazo)
• Rodrigo Romaní no Auditorio da Illa da Arousa ás 21:00
• As Lagharteiras na Taberna El Jabuguito (Cangas do Morrazo) ás 22:00
• IV Serán de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa Adiado
• II Serán de Cabeiras (Arbo)
• Serán na Casa do Pobo de Marcón (Pontevedra)
• Serán en Matamá (Vigo)

Domingo 20
• Zurrumalla en sesión vermú no Arruaz (A Guarda) ás 13:00
• Danza de San Sebastián (Aldán-Cangas do Morrazo)
• Narf, Xoan Curiel e Hector Lorenzo no Auditoria de Galiza (Compostela) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Matamá (Vigo)
II SERÁN POPULAR (Matamá)

DENTRO DA PROGRAMACIÓN
DA ROMARÍA DE SAN MAURO EN MATAMÁ
ESTE ANO CELEBRARASE O SEGUNDO SERÁN POPULAR
... O SÁBADO 19 DE XANEIRO.

A partir das 21:00h actuarán os grupos:
GAITEIROS DO DISTRITO 13
OS QUE FALTABAN
FURANCHO "A RIANXEIRA"

E logo....
SERÁN POPULAR
Con bocata e viño para os participantes
e carpa por se chove.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Marcón (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-01-2013 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Cabeiras (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-01-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada con Traspés na Taberna Rianxeira (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco dos Minhotos
A banda de música folk de Lugo presenta o seu novo lanzamento o próximo 18 de xaneiro nunha festa concerto na capital lucense.

O grupo lucense Os Minhotos celebrará, cunha festa-concerto, o remate do seu traballo discográfico Pinga d'a Auga. A festa-concerto celebrarase mañá venres, 18 de xaneiro, a partir das 23:30 no Club Clavicembalo de Lugo. Ademais dalgunha sopresa para os asistentes os músicos interpretarán, entre outros, os temas do seu novo traballo.

Un total de doce temas compoñen este lanzamentos discográfico que pretende ser, como o nome do mesmo indica, “unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar das músicas feitas neste país”. Moitos dos temas interpretados son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións.

A banda define a súa música como un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Os seus membros levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construción de instrumentos musicais.

Na súa música combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.

www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Habelas Hainas en Mondoñedo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer