Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto presentación do novo disco de Leilía


CONCERTO - PRESENTACIÓN DE CONsentimento, o novo disco de LEILÍA

Vernes 3 de febreiro de 2012 ás 20:30h,
Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)


A finais do 89 decidimos dar a conÞecer a muìsica tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola suìa singularidade e forza, debiìa ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento eì un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creacioìn, a conservacioìn e a transmisioìn da tradicioìn oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva CastinÞeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboracioìn do muìsico e arranxista compostelaìn Xoaìn Porto, proponÞemos neste quinto traballo unha concepcioìn musical acorde a unha nova realidade.

Un disco no que a guitarra, o acordeoìn, o contrabaixo e a gaita, abrigan aì perfeccioìn a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade:
Ana Romaniì, Yolanda CastanÞo, Eva Moreda, MarinÞa Peìrez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.

O desenÞo do espectaìculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
A piques de esgotarse as entradas para Heredeiros da Crus
O regreso dun dos grupos emblemáticos do rock galaico suscitou un gran interese. As 3.000 entradas postas á venda hai catro días están a piques de esgotarse. Tanto en Internet como nas tendas físicas.

Polo que a produtora Airapro porá a disposición do público outras 300 na súa tenda en liña. Poderán adquirirse a partir do xoves.

A banda de Ribeira regresa aos escenarios oito anos despois da súa disolución. A banda barbancesa formada por Fran Velo, Tucho, Javier e Tonhito de Poi actuará o 3 de marzo na sala LP 45 de Ordes nun ano, o 2012, no que se cumprirá o vixésimo aniversario do seu primeiro concerto, na Festa dá Dorna de Ribeira.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
O mellor premio alemán de folk regresa a Galicia
Anxo Lorenzo xa ten en casa o galardón que lle acredita como o autor do mellor concerto do Folkherbst Festival, segundo o público


O fin de semana o gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, en compañía do violinista Eoghan Neff e de Luís Peixoto, que toca o bouzouki, volveron á cidade alemá de Plauen, onde fai escasos tres meses actuaron no marco do prestixioso festival de música de raíz Folkherbst. Nesta ocasión fixérono para recoller o premio que lles acredita como o mellor grupo entre o público que asistiu ao que pasa por ser o mellor evento de Alemaña especializado en música folk. O grupo logrou o recoñecemento necesario para volver percorrer unha gran parte do vello continente en 2012, exhibindo o mellor da tradición musical galega.

A prestixiosa figura Eisernen Eversteiner, que recoñece ao vencedor do festival Folkherbst da cidade de Plauen?o maior evento de toda Alemaña no que a música de raíz refírese? regresa a Galicia por primeira vez desde que en 1998 o grupo Berrogüeto fose merecedor do premio. Nesta ocasión foi o grupo Anxo Lorenzo Trío, liderado polo gaiteiro moañés, o que saíu ao escenario desta cidade do oriente alemán para recibir o premio nunha gala dun cinco horas de duración celebrada o sábado.
En compañía do violinista irlandés Eoghan Neff e do portugués Luís Peixoto, que toca o bouzouki, volveu asombrar ao público alemán con outro concerto de dúas horas de actuación, que puxo a guinda á cerimonia. Recolleron a figura de mans do propio alcalde de Plauen, que xunto a outras autoridades non se perderon a cerimonia no teatro Malzhaus.

Anxo Lorenzo Trío recibiu concretamente o premio do público, que gozou da súa actuación no festival celebrado en novembro. O respectable decantouse polos sons de tradición galega por encima do resto de grupos. Eran unhas 20 as formacións de elevado nivel que compartiron festival co gaiteiro natural de Tirán.
"É importantísimo o apoio do público. Sobre todo porque serve para que en Alemaña coñezan mellor o folk galego. Notamos a calor do público despois de anos de traballo, e iso déixanos moi contentos", explicaba onte Lorenzo, ao seu regreso de Alemaña.

Un dos descubrimentos que tivo o grupo nestes anos é o recoñecemento que a música celta ten en Alemaña. "É o máis importante. Ver que a xente goza co que fas", conclúe o músico. Chámalle a atención especialmente que aos xermanos gústenlles tanto as muiñeiras.
No concerto que ofreceron este fin de semana contaron coa colaboración especial dunha pandereteira do Centro Galego de Frankfurt, Nerea Silveira Praza. Os temas do seu disco, "Tirán", foron o fío condutor da actuación.

Xunto a Anxo Lorenzo foi galardoado o grupo francés Pad Brapad que fusiona música electrónica con ritmos propios do leste de Europa. Obtiveron o premio do xurado e tamén tocaron o sábado en Plauen.
Este recoñecemento xa contribuíu a abrir as portas de distintos países europeos á formación liderada polo moañés. Aínda que nos últimos anos consolidouse como o grupo de folk galego con maior proxección internacional.

En maio actuarán precisamente na semana cultural do Centro Galego de Frankfurt. O público de Bélxica, Escocia ou Irlanda tamén poderá velos en directo este ano. Curiosamente, dos dous últimos países Lorenzo destaca "o alto nivel de esixencia que teñen as organizacións de festivais e o público".

Máis difícil será velos en casa. De momento só o norte de Galicia terá o privilexio de gozar dun concerto de Anxo Lorenzo, que prepara o seu novo disco para esta primavera.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2012 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 30 (Luns)

Terza feira 31 (Martes)

Corta feira 1 (Mércores)

Quinta feira 2 (Xoves)
? Marful no Mosteiro de Carboeiro (Silleda)
? Serán no Sarela (Compostela)

Sexta feira 3 (Venres)
? Quique Peón Cia no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo ás 20:45
? Romaría de San Brais (Bembrive-Vigo)
? Leilía no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Noite de Tasca no bar Quique en Mesía (A Coruña)
? Serán en San Xoán de Tabagón (O Rosal) na praza do Maio

Sábado 4
? Noitarega no auditorio de Gondomar
? Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes

Domingo 5

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2012 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo da gaita galega despide ao mestre Xosé Manuel Seivane
Xosé Manuel Seivane Rivas, patriarca da familia de gaiteiros e artesáns de instrumentos, deixou este mundo coa melodía que máis amaba: a da gaita galega, esa á que tantas veces lle deu forma e forza no seu taller e pola que loitou como como parte da nosa cultura. Onte, no seu último adeus, no municipio lucense de Ribeira de Piquín, xunto aos seus familiares non faltaron decenas de gaiteiros e outros músicos para tocarlle a el, ao mestre. Estiveron Carlos Núñez, Luis O Caruncho ou membros de Treixadura, entre moitos outros.

Antes do enterro, rendéronlle unha homenaxe no Chao do Pousadoiro, diante do busto que recorda a súa figura ao lado da casa na que formou unha familia e onde creou o seu primeiro obradoiro, antes de trasladarse a Cecebre. Alí tamén soaron as gaitas, e na igrexa, e no cemiterio, con temas como O son da sega, («que el nos ensinou», lembraba un dos gaiteiros), a Marcha de San Benito ou a súa Muiñeira do Chao. Tampouco faltou un poema de Manolo Pipas.

O funeral de Seivane, que naceu en Fonmiñá (A Pastoriza) en 1921, tivo lugar en San Xurxo (Ribeira de Piquín), e foi oficiado polo párroco José María Huertas e polo cura de Guitiriz Alfonso Blanco. A música foi unha constante en toda a cerimonia, porque esa era a súa paixón. Así o recordaba unha das súas netas: «Cando naceu o seu bisneto Brais díxome: ?Só quero vivir dous ou tres anos máis para velo danzar coa gaita?. E ese soño cumpriuse». Dixo Blanco que Seivane seguirá «entre nós». O seu espírito permanecerá nos seus instrumentos, espallados por todo o mundo, pero tamén na súa familia, que soubo conservar a tradición musical e artesá: Álvaro e Xosé seguen na fabricación, e a súa neta Susana Seivane, no eido musical.

O seu legado
Alfonso Blanco, cura de Guitiriz e organizador do Festival de Pardiñas, un dos referentes musicais e artísticos de Galicia, loou a figura e o traballo do gaiteiro Seivane na súa homilía.

Del destacou que «traballou para que o noso pobo medrase en cultura e identidade» e sinalou que, por medio das súas gaitas e do seu taller, transmitiu ese amor pola cultura aos seus fillos, netos e bisnetos. «Seguindo o seu exemplo, nós tamén nos temos que comprometer coma el, para que os sinais do noso pobo sigan vivos», destacou o sacerdote. Blanco recordou que Seivane foi un autodidacta «que se foi facendo a si mesmo».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2012 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns do Sarela (Compostela)
SERÁNS DO SARELA
Xoves 2 de febreiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)


?Seráns en Compostela agora no Sarela!?


ENTROIDO!
Non teñades vergoña en vir disfrazad@s!
Ademais este mes sortearemos un ?kit? para facer cocido!

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . A. F. Colexiata de Sar
23h15 . Orquestra Os Modernos
24h00 . Os Viqueiras de Ordes
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela

Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2012 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Mesía
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-01-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu Xosé Manuel Seivane, o grande patriarca
Seivane foi un dos precursores na modernización da gaita galega e o referente de toda unha familia de artesáns que se adica a este instrumento, símbolo da música do país. Vídeo no que explica a súa traxectoria no interior.

Segundo a súa familia, Seivane morreu hoxe aos 90 anos. Nado en 1921 na Pastoriza (Lugo), construíu a súa primeira gaita en 1939, nun pequeno taller deste recuncho da comarca da Terra Chá, creando así o primeiro selo ?Seivane?. Aínda que xa era gaiteiro e clarinetista, cumpría así o seu sono infantil de facer o seu propio instrumento.

O seu pai Francisco, un grande ebanista, e a súa nai Estrela, dotada dun marabilloso oído musical, achegáronlle unhas bases moi sólidas para desenvolver toda a súa capacidade artesanal. Do seu pai herdou a técnica, ferramentas e as madeiras e da súa nai a sensibilidade musical, especialmente no que se refire á afinación e ton. Dela recibiu tamén as melodías de gaiteiros que xa desapareceran, como Curuxeiras, nado na Pastoriza.

Cumprindo o seu servizo militar en Pontevedra, entra en contacto co artesán Antón Represas ?O Marreco?, co que comparte experiencias e coñecementos axudándolle a construír varias gaitas para o exército.

Era o comezo dun camiño difícil pois, en plena guerra civil, as necesidades do momento non pasaban por comprar algo que só achegaba satisfaccións. Naquela época, as gaitas eran construídas polos ebanistas?torneiros, e os gaiteiros afinábanas e facían as súas propias palletas. Moi poucas eran as persoas que reunían a dobre condición de construtor de gaitas e gaiteiro; unha delas foi, sen dúbida, Xosé Manuel.

Conseguiu, deste xeito, reunir as condicións necesarias para desenvolver a técnica construtiva dende un profundo sentimento musical. As súas expectativas víronse cumpridas e, anos máis tarde, casa e establécese en Ribeira de Piquín (Lugo). Nun primeiro momento, abastece unicamente os gaiteiros do seu ámbito, pero pronto ensanchará máis e máis o seu campo de acción ata superar os límites do Estado e converter o obradoiro en lugar de peregrinación de gaiteiros e amantes da música tradicional de Galicia.

A continuación
Os seus fillos, Álvaro (Ribeira de Piquín, Lugo, 1952) e Xosé Manuel (Ribeira de Piquín, Lugo, 1964) seguen os seus pasos dende moi nenos da mesma forma que lle acontecera a el con respecto ao seu pai. Ao seu lado van recibindo os pequenos segredos do traballo diario, os que xorden co tacto diario da madeira, así como a capacidade para recordar o son ao escoitalo, impregnándose para sempre do timbre da marca Seivane.

No ano 1972, Álvaro trasládase a Barcelona, por motivos de estudos, e acaba creando alí outro obradoiro a imaxe e semellanza do do seu pai. En 1986 decide regresar a Galicia para continuar o seu traballo aquí, o que anima a todos a unirse de novo. En 1994 toda a experiencia adquirida por cada un deles se fonde para formar, en Cambre (A Coruña), o actual Obradoiro de Gaitas Seivane.

Velaquí a reportaxe que lle fixo ANT Tv hai dous anos:



www.galiciaconfidencial.com

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
? Presentación do libro Para cantar veño eu! (Pontevedra) na Galería Sargadelos de Pontevedra ás 20:00
? Ses e Som do Galpóm no Festival de apoio aos servizos publicos de Ames na Casa da Cultura Bertamiráns
? Noise Project no Mardigras (A Coruña) ás 22:30
? Zurrumalla no furancho Matamáfolc (Vigo)
? Pardal na rúa no pub Bibendum (Baiona) ás 23:00
? Marta Quintana na Guinda (Vigo) ás 21:00
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no Portobelo (Meira - Moaña)

Sábado 28
? Gala Cantigas e Agarimos no Teatro Principal (A Estrada) ás 21:00
? Moxenas Musical Galego no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas ás 20:30
? Banda baile Asalto no furancho Matamáfolc (Vigo)
? Falperrys e Vacalouras no C.S. O Fresco (Ponteareas)
? Ses no bar Queira (A Barqueira)
? Guintervan no furancho Troula (Bembrive-Vigo)
? Baile d'Abaixo ás 22:00 na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
? Serán en Arbo
? Serán en Mondariz, no pavillón de deportes(próximo á igrexa)
? II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena ADIADO

Domingo 29
? Tequexetéldere, Nos de Sobradelo, Lume na Lareira e Ruadeiras de Loimil no Teatro Principal (A Estrada) ás 19:00

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do lecer (Pazos de Borbén)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-01-2012 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Arbo
Comentarios (6) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-01-2012 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Mondariz
O día 28 de xaneiro de 2012 farase un Serán en Mondariz, no pavillón de deportes (próximo á igrexa), co fin de recadar diñeiro para a excursión que farán rapaces do CPI de Mondariz a París.

Ese é o fin, pero o propósito é pasalo ben todos xuntos disfrutando da nosa música. Contamos coa vosa presenza e colaboración. Un saudo!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-01-2012 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-01-2012 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro Para cantar veño eu! (Pontevedra)
?Presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos?

Autor: Rafael Quintía Pereira (licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Empresariais e músico)

Participan: Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural ?Os Chichisos?), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía

Día: venres 27 de xaneiro de 2012
Hora: 20:00
Lugar: Galería Sargadelos de Pontevedra (Oliva, 24)


O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A.C. Os Chichisos. O acto, no que participan Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural ?Os Chichisos?), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía, celébrase o vindeiro venres 27 de xaneiro, ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra.

Sobre o libro Para cantar veño eu!
Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega.

?Para cantar veño eu? complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo. Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.

Datos técnicos:
Autor:Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega e A.C. Os Chichisos
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 27-01-2012 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Actuacións no Furancho Matamáfolc (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Actuacións no Furancho Troula (Bembrive-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Folclore Galego (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Gala de Cantigas e Agarimos na Estrada

LELA
unha Gala de... CANTIGAS E AGARIMOS

Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21h
Teatro Principal, A Estrada (Pontevedra)


Entrada: de valde.
Organiza: Agadic, Concello de A Estrada

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representacioìn, foìra de Ameìrica, da obra de Castelao.

Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.

O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo Loìpez Veiga, puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.

A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluiìa entre outras, a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.

No ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupacioìn e cumplíanse 50 anos daquela primeira representacioìn foìra de Ameìrica da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presentou a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu diìa, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.


Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Moxenas Musical Galego en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo programa de Folc in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de apoio aso Servizos Públicos de Ames
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-01-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Grande baile na Gentalha do Pichel (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Faperrys e Vacalouras en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2012 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Polifonías de raíz
Cantares do Brión, de Vincios, cumpre un ano como único coro tradicional da provincia de Pontevedra

Entre foliadas, muiñeiras e alalás, ao ritmo de pandereitas e tambores e arroupado polas gaitas, o coro tradicional Cantares do Brión leva catro anos abanderando desde a parroquia gondomareña de Vincios a música polifónica tradicional na provincia, onde a agrupación é única no seu xénero.

Cunha forma de facer música "máis natural" que as corais clásicas, a agrupación Cantares do Brión, de Vincios, abandera desde a súa xestación, en 2008, a música polifónica popular na provincia. Os seus 65 membros considéranse herdeiros dunha tradición que desde finais do século XIX deu nomes á cultura galega como a ourensá Coral de Ruada, Toxos e Froles, de Ferrol, Cantigas e Agarimos, de Santiago, ou Cantigas da Terra, da Coruña, que durante décadas contribuíron á supervivencia dunha música de raíz que aínda goza de boa saúde.
Como proba, o director da agrupación gondomareña, Pablo Rial, recorda con entusiasmo como ao "reducido" grupo de persoas que emprendeu o proxecto folclórico fai catro anos fóronse agregando "case en avalancha" coristas non só de Gondomar, senón tamén "de Nigrán, Vigo, Condado, Pontevedra ou o Baixo Miño".

"Non houbo casting", explica Rial, "porque non queremos ser perfeccionistas, senón buscar a voz natural que requiren as pezas populares que interpretamos". É por iso que a agrupación abriu as súas portas a todos, con ou sen formación musical e de idades tan diversas que hoxe comparten afección "desde unha nena de 14 anos ata un home que supera os 70".

Neste punto en que cumpriu o seu primeiro aniversario sobre os escenarios, o coro non pode asumir máis incorporacións, aínda que o seu director cre que sería un bo "proxecto de futuro" establecer unha escola para formar novos talentos e garantir a substitución xeracional que "está custando moito a outros grupos".

Todos os membros da agrupación colaboran cunha pequena cota mensual a sufragar os gastos correntes do coro, que, segundo a súa tesoureira, Miriam Rodríguez, é "solvente" e recibe ademais axudas puntuais de empresas da zona e do Concello de Gondomar. Pero os propios coristas `algúns deles familiarizados de antes co folclore tradicional galego´ responsabilízanse da fabricación dalgúns instrumentos, do vestiario e ata de compor cancións orixinais.

O seu repertorio está integrado no seu maior parte por pezas dos coros históricos, pero poden presumir de cantar algunhas propias. "Luís Correa, un dos membros da agrupación, compuxo xa varios temas como a Foliada de Vincios ou Na touba do brión, esta última a partir dunhas coplas recollidas a Rosalía Hermida, unha veciña da parroquia", explica Pablo Rial.

"Trátase de continuar unha tradición e tamén de abrir novos camiños", apunta pola súa banda o presidente de Cantares do Brión, Xosé Manuel García Crego, que agradece o respaldo constante que recibe a agrupación por parte da Comunidade de Montes e do Centro Cultural de Vincios.
De momento senten que os seus esforzos están dando froito e á súa breve carreira musical, con recitais en varios municipios da provincia, sumaranse este ano que acaba de comezar concertos en Ourense, Vigo, A Baña e, por suposto, Gondomar.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2012 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da xira Danza 3
Agadic e Xacobeo impulsan o programa ?Danza 3? protagonizado por Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina

Juan Carlos F. Fasero, Camino Triguero e os representantes das tres agrupacións presentaron hoxe este programa de difusión do baile e música tradicionais.

As formacións ofrecerán tres representacións de cadanseu espectáculo, en formato gala e cunha coidada posta en escena.
O ciclo esténdese ata mediados de xullo para desenvolver un total de nove funcións noutras tantas localidades polas que discorre o Camiño de Santiago


A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove Danza 3, un programa de difusión do baile e a música tradicionais que presenta os novos espectáculos das agrupacións Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina. O ciclo desenvolve ata mediados do mes de xullo un total de nove funcións noutros tantos concellos galegos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, para o que se conta coa colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a implicación das concellerías de Cultura e outras entidades das localidades participantes.

O director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, detallou hoxe os contidos desta programación, no marco da que cada formación ofrecerá un total de tres representacións de cadanseu espectáculo, en formato gala e cunhas postas de escena moi coidadas tanto a nivel escenográfico como estilístico. Acompañárono nesta presentación a directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, e os representantes das tres agrupacións (Amparo Pérez, de Cantigas e Agarimos; Javier Feijoo, de O Fiadeiro, e Belén Mato, de Xacarandaina), recoñecidas polo seu intenso traballo no ámbito da investigación, recuperación e promoción da música e a danza populares.

Calendario de actuacións
O calendario de actuacións deu comezo o pasado 30 de decembro en Xinzo de Limia, co espectáculo Lela, de Cantigas e Agarimos, que tamén poderá verse esta fin de semana na Estrada (28 de xaneiro) e en Palas de Rei (24 de marzo). Pola súa banda, O Fiadeiro presentará Esta noite hai unha fía en Tui (11 de febreiro), Arzúa (4 de marzo) e Padrón (22 de xullo), mentres que Xacarandaina levará o seu Galicien Amerika Linie a Vilalba (10 de marzo), Narón (14 de abril) e Melide (19 de maio).

Segundo explicou Fasero, o proxecto Danza 3 combina a recuperación e consideración do folclore galego como un conxunto de saberes de gran valor intrínseco ?traballo de campo, compilación de material videográfico, edición de discos e monografías de base etnográfica, etc.? coa súa difusión pública a través de representacións que coidan cada un dos elementos do espectáculo (atrezzo, vestiario, deseño de iluminación, etc.), ao tempo que preservan a esencia do baile e a música populares.

Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina veñen colaborando desde hai unha década en distintas entregas de Danza 3, para as que contaron co apoio de diferentes administracións públicas. As tres entidades traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas a partir das que construír experiencias visuais e sonoras para o público actual, contribuíndo deste xeito á divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do seu patrimonio inmaterial.

Os espectáculos
Con sede en Santiago de Compostela, Cantigas e Agarimos propón en Lela unha nova ollada arredor de Os vellos non deben de namorarse, que o grupo de teatro desta agrupación levou a escena en 1961 na que foi a primeira representación en Galicia da emblemática obra de Castelao. No 50 aniversario desa estrea, o novo espectáculo de Cantigas e Agarimos fai unha homenaxe a todos os que participaron nese acontecemento teatral a través dun programa no que interveñen máis de setenta intérpretes, entre coro, corpo de baile e músicos. Baixo a coordinación de Javier Sanmartín, responsable tamén da dirección de baile, Ramón Maril encárgase da dirección instrumental; Alex Ínsua, da de pandeiretas, e Loli Santos, da de coro.

A formación de Vigo O Fiadeiro presenta en Danza3 unha nova versión de Esta noite hai unha fía, unha ?gala de oficios e labores? ideada por Miguel Souto que poñen en escena 50 artistas. Os cantos propios dos oficios tradicionais exercidos en Galicia de xeito case artesanal ata ben entrado o século XX conforman o fío argumental desta montaxe de dúas horas de duración, que se desenvolve arredor de trece escenas. Cada unha delas comeza coa representación dun oficio ou labor por parte dos artistas que interpretan os cantos, seguidos de músicas e bailes correspondentes á mesma área xeográfica na que foron recollidos polos membros de O Fiadeiro dende a súa fundación, en 1996.

Estrea
Pola súa banda, Xacarandaina (A Coruña) estrea dentro do ciclo Danza 3 o espectáculo Galicien Amerika Linie, que xira arredor do fenómeno da emigración galega no contexto da historia contemporánea. Baixo a dirección de Henrique Peón, a proposta mestura a arte tradicional coas novas tecnoloxías, de xeito que os 40 integrantes do grupo actúan no marco dun innovador espazo sonoro e audiovisual construído a partir de imaxes, vídeos e rexistros sonoros procedentes dos arquivos do Consello da Cultura Galega, do Centro Galego de Artes da Imaxe e da propia agrupación.

www.edu.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2012 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
O canto do Pobo: cantos, coplas e romances de cego (Arquivo na rede)

Vaia por diante que este é un traballo de recolla levado a cabo por Xosé Luís Rivas Cruz, ?Mini?, e Baldomero Iglesias Dobarrio, ?Mero?, entre os anos 1972 e 1998.

En libro viron a luz diversos traballos, que agora alcanzarán dimensión universal ó pasar a formar parte dos contidos de GaliciaDigital (www.galiciadigital.com) estas páxinas recollidas por toda Galicia da máis xenuína literatura popular, conservada e cantada polos cegos, nos ambientes máis populares, que se en tempo foron material de lecer das clases máis humildes acadarán con esta iniciativa o valor de propiedade colectiva, ó dispor da comunidade galega de todo o mundo.

Agora que, baixo o noso criterio, as recollas que se poidan facer teñen un valor moi escaso debido a factores que non son para analizar aquí, decidimos pasar a sistematizar, ordenar e clasificar os arquivos para devolvelos á xente de onde saíron.

Isto e para Mini e Mero unha obriga contraída desde o principio. A recolla sempre foi feita, e así se lles facía saber ós posibles informantes, para que a nosa cultura tradicional non se perdese. O compromiso foi de que algún dia se farían os posibles por devolvela a luz, e niso estamos.

O andar Mini e Mero cantando por toda Galicia, e mesmo a súa profesión de mestres no rural, abriulles portas e corazóns facilitando un traballo que foi sempre un pracer e un xeito de droga que consideran deber en boa maneira ás boas ensinanzas do amigo e mestre nestes labores Xesús Mato e Mato, quen sutilmente lles mostrou, hai xa moitos anos, estes tesouros e o xeito de conseguir riquezas, non en cartos, con eles.

Seria necesario nomear a centos de persoas, moitas delas xa non están connosco, que se ilusionaron con ese traballo de recolla e colaboraron nel. Uns fixérono cantando, outros aportando datos, outros abrindo portas e rompendo desconfianzas e ofrecéndolles a Mini e Mero o salvoconduto necesario para poder entrar nesta cova de Alí Babá, outros foron en fin os que recolleron e depositaron neles o material. Pero todo xiraba arredor dunha única idea: recuperarmos entre todos a nosa memoria colectiva.

http://ocantodopobo.ophiusa.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2012 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Marful comeza o 2012 cunha xira surreal por todo o País
Presenzas musicais íntimas e exclusivas en lugares únicos
Primeira parada: Mosteiro de Carboeiro. 2 de febreiro. 20:30h


Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos ?valentes, que ensinan os dentes?, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque ?Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento?.

Namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos. Desfrutando da poética e historia dos espazos a través do potencial maior, a emoción que move o mundo: o amor. A poesía e o amor extensíbel a toda forma de vida.

Marful confía plenamente no público galego mais alá dos palcos dos teatros e auditorios, que tamén. Do público que acepta desfrutar do reducido, das pequenas cousas. Marful elixe aventurarse e achegarse á xente en lugares singulares, unindo turismo cultural e música, combinando o sano minifundismo galaico con ideas sociais avanzadas.

Soñando e xogando a vida en cada actuación, estas ?presenzas musicais? de Marful tratan dun coñecemento sobre eles mesmos e sobre os seus oíntes cos que desexan fundar, se é posíbel, relacións máis profundas que a aparencia. Por iso lles ofrecen a súa presenza próxima, nun formato coidado e exclusivo, para que dunha maneira íntima e atenta os poidan escoitar cantar, tocar, falar, respirar, degustar, emocionarse e suar.

Nesta ?Xira surreal? Marful percorrerá mosteiros, illas, muíños, conserveiras, museos, granxas, bodegas, pazos, torres, fervenzas, castelos? ofrecendo en cada espazo o mellor de si: a súa música, a súa presenza. E, de acompañamento, os mellores produtores e produtos gastronómicos de cada zona, arredor dos que se atoparán artistas e público. Os aforos serán limitados; as músicas e as presenzas non. Ofrecerán o mellor dos seus dous discos e algunhas xoias a maiores, e partillarano todo coa maxia dos diferentes lugares, en acústico ou semiacústico.

A primeira presenza musical desta Xira será o vindeiro 2 de febreiro, día de Santa Candela, a partir das 20:30h na Igrexa do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. Nela poderase degustar queixo Semana Verde, melindres Tábora e augardente da zona. Desde alí viaxarán ao Museo da Conserva, na Illa de Arousa, onde o 14 de febreiro ofrecerán a súa presenza amorosa. Amor con conservas da única fábrica activa da Illa, Vengarco, conservas gourmet para amores exquisitos.

Alí vos esperamos porque queremos beber cada instante!

http://marful.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2012 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Germán Diaz
O músico castelán Germán Díaz dirixe a música dun novo proxecto deseñado desde aCentral Folque, o proxecto Florencio, unha experiencia pedagóxica, escénica, de recuperación e actualización dun dos intérpretes máis carismáticos da música popular galega moderna, o violinista e cantor cego, Florencio dos Vilares. Aquí deixamos unha entrevista feita nestes días por www.folque.com

Pregunta: Antes de entrar no Proxecto Florencio de aCentral Folque, tiñas ouvido a este músico popular, Florencio o Cego dos Vilares, qué é o que te suxeria?
Resposta: Florencio é unha nova, unha estrela cun brillo superior ao ordinario da música popular e unha das últimas manifestacións do cego cantor, así que todo o mundo que se dedica ou achega ás músicas populares, coñece medianamente o seu repertorio. Curiosamente, o lugar onde vivo agora, Arneiro, un asentamento de colonos na Terra Chá lucense, creouse para dar acubillo ás persoas que tiveron que abandonar os seus pobos cando se decidiu construír o encoro do río Navia. Case todos os veciños, que son de Negueira de Muñiz -moi próximo a Fonsagrada-, lembran a Florencio e mesmo a miña veciña, contoume que o trouxeron ás festas de Muimenta antes de que ela casase.

Sen dúbida, o seu repertorio é o resumo de moitos anos de música, e iso significa e suxire bastante.

Cómo lle explicarias a un extraterreiro cal é a esencia da música popular ?
Diríalle que é a mesma que a súa; sabemos que a auga é indispensable para a vida, no noso mundo coñecido. Se debate sobre a existencia de vida en lugares inhóspitos, e aínda hoxe hai interrogantes sobre este asunto. Do que estou seguro, é que a música é indispensable para a vida, por tanto os extraterrestres teñen a súa música popular. Seguro que John Blacking facía extensible a súa teoría sobre os fundamentos biolóxicos da música aos extraterrestres :-)

Agora que vives na aldea consideras máis a música como oficio dentro dun territorio?
Realmente non. Na aldea, desapareceron as funcións de cada quen para co colectivo. E moito máis a de músico. A globalización trouxo, entre outras cousas, unha xeneralización do gusto -sexa bo ou malo-, e iso incumbe tamén á música. Ademais, se o teu territorio non ofrece emprego para a túa profesión, dificilmente podes considerar a música como oficio dentro dun territorio.

O músico na aldea crees que ten actualmente función social claramente definida en tempos de crise, globalización e perda de povoación do medio rural...?
Precisamente é do que falaba na anterior pregunta. A tiranía do ruído na que vivimos, a falta de silencio, ou máis ben diría, o medo ao silencio -que non é outra cousa que o medo ao espazo para a reflexión-, destruíu en gran medida a necesidade de contar cun músico no colectivo. Cada vez menos xente considera ao músico como un traballador e sente a necesidade de escoitalo, entre outras cousas, porque ten música as vinte e catro horas do día. No rural, o que hai son moitos teatros espantosos e sen estrear. Moitos continentes, e ningún contido.

O grupo de músicos do projecto Florencio van vivir o repertorio e o patrimonio natural da Fonsagrada, que é o que te chama mais á atención no repertorio de Florencio?
Unha capacidade que me resulta moi interesante de Florencio, e de todos os músicos populares, é a súa capacidade camaleónica para mimetizar todo o que escoitan e incluílo, coa súa particular idiosincracia -co seu xeito-, ao seu propio repertorio. Sempre que abordo un novo proxecto, lembro as palabras do mestre do Haiku, Matsuo Bashô: "non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron", así que o noso traballo co seu repertorio está cheo de influencias que, a primeira vista, pódennos parecer algo exóticas, pero que en realidade gardan similitudes moi interesantes como a heterofonía, estilos silábicos e melismáticos, particularidades rítmicas, etc..

Pero o que é de verdade importante, desde o meu punto de vista, neste proxecto, é que saibamos compartir a música e aprender mutuamente no palco. E gozalo, claro.

Co patrimonio natural de Fonsagrada, teño moita relación, xa que visito a zona sempre que podo, e mesmo, temos unhas colmeas na zona -o mel de breixo que se obtén é riquísima -polo menos iso debe de pensar o oso que nos comeu toda a colleita do ano pasado...-

Ti como músico de zanfona, cal é o momento que vive este instrumento en Europa?
Sen dúbida, un momento de esplendor. Hai un interese crecente polo seu estudo e divulgación; E Galicia é, case con seguridade, un dos seus máis importantes baluartes. En todos os países de Europa nos que estiven, para aprender, ensinar ou tocar a zanfona, en ningún vin tanta xente, e tan interesada polo instrumento como en Galicia.

Unha das miñas máis gratas emocións ao vir vivir a Lugo, foi poder coñecer de primeira man a historia do rexurdir do instrumento -labor de Santalices-, xa que Antonio Fernández López, gran benefactor da cidade, patrocinou e promoveu a creación do Taller- Escola de instrumentos Musicais galegos, onde se empezaron a construír, de novo, zanfonas. E hoxe en día, a súa filla, Asunción Fernández Pontes, continúa este labor de apoio e difusión do instrumento desde o centro Fingoi*, que dirixe.

*Neste centro os músicos do Proxecto Florencio, aprenden, comparten e ensaian dúas veces ao mes. Presentarán en xullo os resultados deste maravilloso experimento con dous concertos en Lugo e na Fonsagrada.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2012 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Achegase o novo disco de O Sonoro Maxín
Aproxímase a saída do disco de O Sonoro Maxín "A onda sonora (chega do interior)"

O Sonoro Maxín anuncia que ao longo do vindeiro mes de marzo sairá o seu agardado primeiro disco de estudio, "A onda sonora (chega do interior)", producido por Kaki Arkarazo, ao que seguirá unha xira de presentación polas principais vilas do país. Xa podemos confirmar que as primeiras datas oficiais serán o 13 e o 14 de abril no Café Cultural Auriense de Ourense.

Para abrir boca xa se pode escoitar a canción "Catacumbia" e ver un adianto do deseño do disco, a cargo de David Rubín.
Vémonos cedo.

www.myspace.com/osonoromaxin
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Unha boa... Heredeiros da Crus volven aos escenarios
Oito anos despois do seu último disco, a banda que marcou toda unha época na música galega regresa coa produtora carralesa. Un multitudinario concerto en Ordes o sábado 3 de marzo suporá o inicio dunha xira que levará ao grupo ribeirense por toda Galicia

Volven os máis jrandes. Unha campaña viral a través das redes sociais e unha páxina web serviu durante máis vinte días para que os seguidores da mítica banda galega Heredeiros da Crus comezara a soñar coa nova máis agardada. Baixo ese título e coa participación de coñecidos actores e presentadores galegos o rumor foi collendo trazos de información. Ata hoxe.

Volve o grupo que marcou toda unha época para a música galega. Tamén para a nosa cultura, que desde 1992 foi aprendendo as letras coas que unha xeración medrou. E as fixo súas, grazas á televisión, e sobre todo a centos de concertos por toda Galicia. Pasados oito anos desde o último disco, Fran Velo, Javi Maneiro, Tonhito de Poi e Tucho recuperan a enerxía de sempre para xirar polas mellores salas e festivais da terra repasando todos os éxitos da súa discografía.

Un paso máis na área de representación artística de Airapro
A noticia do retorno de Heredeiros da Crus supón outro fito na traxectoria empresarial de Airapro. A produtora dos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiros da deste xeito un paso máis na súa area de representación artística, que conta xa con actores da talla de Pepo Suevos, espectáculos como Hai P.O.D. ou bandas como Brothers In Band ou Sés.

Airaweb, a sección de deseño e hospedaxes en internet da empresa carralesa, crea ademais a web oficial do grupo ribeirense, e xestiona os seus perfiles en redes sociais. Foi tamén responsable da campaña de intriga 'Volven os máis jrandes', desenvolvida nas últimas semanas a través de Facebook.

O primeiro concerto, o 3 de marzo en Ordes
Heredeiros da Crus volven aos escenarios cun macroconcerto previsto para o sábado 3 de marzo la discoteca LP45 de Ordes. As entradas estarán á venda nos próximos días a través de TicketMaster e da Airapro Tenda. Nunha rolda de prensa ofrecida esta tarde polos compoñentes da mítica banda, aseguraron sentirse "animados e preparados" para o regreso, ao mesmo tempo que "agradecidos" pola boa acollida que está a ter a noticia.

www.airapro.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2012 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Unha mala ... Comunicado despedida de Lamatumbá
QUE VOS CONTEN OS QUE SABEN, OU SEXA, NÓS. OS DE FORA DAN TABACO.

Pasaron trece anos dende que un grupo de amigos se xuntou para porlle música ás súas inquedanzas. Neses trece anos pasaron un montón de persoas por ese grupo, pasaron miles de cousas, unhas boas, outras non tanto. O que nun principio non pasaba de ser un divertimento acabou convertíndose nun barco que comezou a navegar por centos de mares, centos de portos nos que tomar terra e baixar a coñecer sitios, atopar xente, facer bos amigos e, porqué non decilo, dar con algún que outro elemento pouco recomendable (algún hai que aínda nos debe cartos, e non poucos precisamente?).

Hoxe, trece anos despois, parece incríble que ese barco nos levara por mares de todo o estado, que a marea nos fixera chegar a compartir a nosa equipaxe musical con xente que estaba no irmán Portugal, en Francia, en Alemania?

Tivemos o grande pracer de compartir singladura cun bo feixe de compañeiros de camiño, xente da que aprender moitísimo, xente coa que tomar un tróspiro despóis de tocar, coa que botar unhas risas, coa que compartir o enorme privilexio que é poderse adicar á profesión máis bonita do mundo.

E unha das cousas máis satisfactorias de toda esta historia é que todo esto foi posible en galego, que cando alguén nos preguntaba se ao atravesar o ?telon de grelos? traduciamos as letras para cantalas en español, a nosa resposta era un rotundo non.

En poucos sitios estivemos por aí fora nos que non aparecera cando menos un galego, e se un concerto noso era unha excusa para que os galegos do lugar se xuntaran a botar unhas pezas e armar unha boa festa o traballo era máis satisfactorio aínda.

Pois ben, tras trece anos de singladura, o noso barquiño precisa de pasar unha temporada no dique seco, para facer algunha reparación, para remendar as velas, e para que a tripulación poida descansar un pouquiño a neurona, que, aínda que non o pareza, ben que ten que traballar a pobriña dela neste choio.

Esta non é unha despedida, é un ata pronto, porque en ningún momento se está a falar de pechar o chiringuito. Simplemente imos tomar un descansiño para facer outras cousas, tomar outros rumbos quen lle apeteza, e cargar pilas ata que algún de nós, entre caña e caña, entre batallita e batallita, solte aquela de ?qué rapaces, quedamos mañá para ensaiar??, e xa estea liada outra vez.

De todos xeitos gracias, millóns de gracias a toda a xente que durante estes trece anos estivo con nós, tanto arriba como abaixo do palco. Bailando con nós, rindo con nós, suando con nós, compartindo con nós este traballo marabilloso.

E tede ben clara unha cousa, amenazamos con voltar cando menos o esperedes.

Vémonos nos torreiros.

(E mentras chega ese momento tende por seguro que algo faremos, porque o bicho da música, cando pica, pica ben forte, e pode ser un bo momento para coller unha caixa de gaseosas e empezar a facer experimentos, a ver que sae, que seguro que algo ha sair.

Seguiremos informando? ;))

www.lamatumba.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso radio Musicaengalego

Sorteamos entre aqueles que envien os seus jingles en mp3 a musicaengalego@gmail.com antes do 29 de febreiro unha "lingua de xato salgada"

O jingle debe conter necesariamente "radio musica en galego"
Os jingles enviados serán emitido pola nosa radio on line musicaengalego
Os jingles deberán estar feitos en galego

Como vedes o concurso foi a proposta e en colaboración coa Liga Nacional da Billarda a que non saberemos xamáis como agradecer a súa colaboración

www.musicaengalego.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-01-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 23 (Luns)

Terza feira 24 (Martes)
? Zurrumalla na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 25 (Mércores)

Quinta feira 26 (Xoves)

Sexta feira 27 (Venres)
? Marta Quintana na Guinda (Vigo) ás 21:00
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 28
? Gala Cantigas e Agarimos no Teatro Principal (A Estrada) ás 21:00
? Ses no bar Queira (A Barqueira)
? Serán do lecer en Pazos de Borben, na praza do Concello
? Serán en Arbo
? Serán en Mondariz, no pavillón de deportes(próximo á igrexa)
? II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena ADIADO

Domingo 29
? Tequexetéldere, Nos de Sobradelo, Lume na Lareira e Ruadeiras de Loimil no Teatro Principal (A Estrada) ás 19:00

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-01-2012 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 20 (Venres)
? Danza de San Sebastián (Aldán-Cangas do Morrazo)
? Roi Casal e Silvia Ferré ás 19:30 na Casa da Cultura de Redondela
? Guadi Galego, Uxia Senlle, Ugia Pedreira, Fred Martins, Guilherme Fernández e Sérgio Tannus no Auditorio de Galiza (Compostela)
? Concerto pola liberdade: Keltoi e Tiro na Testa no Auriense (Ourense)
? Terbutalina na sala 600 (Melide)
? Trioliro regueifeiros no Matamáfolc (Matamá-Vigo)
? Quique Peón Cia no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 20:30
? Foliada na Cova Céltica (A Coruña)
? Serán en Cabeiras (Arbo)

Sábado 21
? I Mostra do Traxe Tradicional Tequeletequele no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas) ás 20:00
? I Encontro de Coros Tradicionais: Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e Cantares do Brión (Vincios, Gondomar) no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 20:30
? Pardal na rúa no Var con Uve de Moaña ás 22:30
? Debuxos Reanimados no bar Labranza (Bueu) ás 22:30
? Quique Peón Cia no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 20:30
? Esquíos na Sala Badulake (Ordes)
? Serán de Gargamala (Mondariz)

Domingo 22
? Circio no Auditorio Municipal de Ourense ás 19:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
20 xaneiro
- Serán en Cabeiras (Arbo)

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
- Serán en Arbo
- II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena ADIADO
- Serán en Mondariz, no pavillón de deportes(próximo á igrexa)

4 febreiro
- Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes

11 febreiro
- Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)

17 marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.

24 marzo
- Serán da A. C. Froles Mareliñas no novo local na antiga nave de Renfe na estación de Chapela (Redondela)

14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)

21 abril
- Serán en Laxoso (Pontecaldelas) no torreiro da festa.

5 maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)

19 maio
- Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

26 maio
- VII Serán Mar de Rianxo

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-01-2012 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0