Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a semana
Luns 31

Terza feira 1 (Martes)

Corta feira 2 (Mércores)
? Sobre rodas (dúo de zanfonas) ás 13:30, ás 16:30 e ás 21:00 en Expourense

Quinta feira 3 (Xoves)
? Romaría de San Brais (Bembrive-Vigo)
? Abelente ás 13:30, ás 16:30 en Expourense
? Quempallou ás 21:00 en Expourense

Sexta feira 4 (Venres)
? Os Miñotos ás 13:30, ás 16:30 e ás 21:00 en Expourense
? The Homens e Projecto Mourente na Facultade de Ciencias da Información (Compostela)
? Pesdelan no Liceum (O Porriño)
? Festival Verbena Son (Vilariño -Cangas do Morrazo): Lume de Caroso, Sons da Eira, Ludovaina
? Noite de Tasca en Sta. Cruz de Montaos (Ordes)

Sábado 5
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Vigo ás 18:00
? The Homens e Projecto Mourente no Auditorio Municipal de Ribeira
? Festival Verbena Son (Vilariño -Cangas do Morrazo): Quempallou, Os Tres Trebóns, A Tuna Rastafari
? Serán no bar do Sifón en Avión

Domingo 6
? Abelente ás 13:30, ás 16:30 en Expourense
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Vigo ás 18:00
? The Homens e Projecto Mourente en Negreira

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2011 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Hai 125 anos naceu Castelao
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2011 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe do BNG a Castelao

En Ourense o BNG organiza o vindeiro domingo 30 de xaneiro, data na que se conmemora o 125 aniversario do nacemento de Castelao, un acto de homenaxe na Praza da Imprenta (Rúa Colón) a partir das 19:00hr.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2011 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Castelao en Rianxo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
125 aniversario de Castelao
En Compostela, o acto celebrarase mañá, día 30, ás 13:30 na Praza do Toural. Alí despregarase unha faixa conmemorativa do 125 aniversario do seu nacemento e intervirá a presidenta de Galiza Cultura, Pilar García Negro. A continuación, actuará o cantor Pepe Constenla e haberá unha lectura de textos a acargo de Manuel Domínguez Rial, membro da asociación de emigrantes retornados Marusía.

En Foz, a Praza do Conde de Fontao acollerá ás 13:00 horas unha lectura de textos e a actuación do grupo A Subela.

Ademais, na Estrada, ás 17:00 horas despregarase na Praza do concello a faixa conmemorativa e leranse textos do autor de Sempre en Galiza.

Esta federación irá mostrando ao longo deste ano a Castelao como político, artista plástico, literato, "que ten sempre Galiza e a defensa dos seus sinais de identidade nacionais como centro da súa obra". De feito, os textos do intelectual galeguista seguen cheos de plena vixencia, case 60 despois de seren escritos.

Os actos previstos por Galiza Cultura, están organizados pola Asociación Cultural O Galo en Santiago, polas Asociación Cultural A Pomba do Arco en Foz, e pola Asociación Cultural Vagalumes na Estrada e contan coa colaboración dos concellos.

En Ourense ás 18:30 Na Praza Maior. Despregamento da faixa conmemorativa e lectura pública de textos de Castelao
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 28 (Venres)
? Güintervan no Furancho A Troula, Bembrive-Vigo
? A Ghaita D´ourada no furancho Matamáfolc (Vigo)
? Festa aniversario da Gentalha do Pichel (Compostela): Quarteto da Gentalha, Jonh Deeres, Galeoke,...
? Marta Quintana na Nogueira (Vigo)
? Foliada na cafereía Lar (A Pontes)

Sábado 29
? Festa Galeoke na Rebusca (Manzaneda)
? Leite de nai no Esmorga (Ourense) ás 21:30
? Grande baile na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Adonairare no furancho Matamáfolc (Vigo)
? Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
? Serán de Arbo no cuartel

Domingo 30
? Actos aniversario Castelao
? Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada
? Presentación do cd "A Subela", no salón de actos do Liceo de Noia(A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
- Serán de Arbo no cuartel

5 de Febreiro
- Serán no bar do Sifón en Avión

12 de Febreiro
- Serán dos namorados (Toutón-Mondariz)

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

26 de marzo
- Seran en San Adrian de Calvos (Fornelos de Montes)
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)

16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

4 de xuño
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-01-2011 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Arbo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-01-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Venres 28 de xaneiro na cafetería Lar.

Despois do parón de Nadal voltamos coa 38 Foliada onde estará a Escola Municipal de Baile e Música Tradicional das Pontes coas seccions de: Baile, canto, percusión e gaita, pasarán polo esceario do Lar os mais de 60 membros que forman dita Escola a partir das 22:30 horas.

http://nocombaro.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-01-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de A Subela en Noia
O vindeiro domingo 30 de xaneiro terá lugar a presentación do cd do grupo de música tradicional "A Subela" do Liceo de Noia, no salón de actos de dita Sociedade (Noia - A Coruña).
Un saúdo
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 28-01-2011 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
A Ghaita D´ourada no furancho Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Adonairare no furancho Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Festa aniversario da Gentalha do Pichel (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Grande baile na Gentalha do Pichel (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Programa de hoxe de Folk in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Galeoke na Rebusca (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Chantada. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 27 de Xaneiro en horario de mañá, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Música de Chantada, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por dous mestres da Tradescola, Luis Correa ?O Caruncho? e Xose Lois Romero.

Posteriormente, o domingo 30 de Xaneiro, a Casa da Música de Chantada acollerá durante todo a día un curso gratuito de técnicas de canto tradicional, que estará guiado pola profesora da Tradescola, Xela Conde.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións no curso poden chamar ao teléfono 982229966 ou

enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

http://gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-01-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
II Curso de baile tradicional galego en Ponferrada
Os días 28, 29 e 30 de xaneiro a Asociación Cultural Abelladeira organiza o segundo CURSO DE BAILE TRADICIONAL impartido polo profesor Miguel Sotelo.

Nivel do curso: iniciación-básico.

Pódese eligir entre dúas quendas:

a) Grupo I: venres 28 de 17.00 a 20.00 horas e o sábado 29 de 17.00 a 20.00 horas ou ben b) Grupo II: sábado 29 de 11.00 a 14.00 horas e o domingo 30 de 11.00 a 14.00 horas.

Lugar: antigo economato de Compostilla (Ponferrada). A matrícula pódese realizar directamente no Centro de Ensino musical do Bierzo (Rúa Río Urdiales 19 baixo, Ponferrada) ou enviando por correo electrónico a infoabelladeira@gmail.com unha solicitude de inscrición indicando nome e apelidos, email, teléfono de contacto e quenda en que desexa paticipar.


Máis información en http://abelladeira.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-01-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de canto e pandeireta en Madrid
Obradoiro de tamboril e pandeireta que se celebrará a semana que ven no Centro Galego de Madrid:

A Escola de Gaitas do Centro Galego de Madrid organiza un taller de canto e pandeireta para os días 29 e 30 de Xaneiro nas súas instalacións da rúa Carretas. Está dirixido a todas as persoas interesadas na percusión galega, que queiran iniciarse nela ou ben aumentar o seu nivel.

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizar este curso contarán coa presenza de Davide Salvado, percusionista cunha ampla experiencia docente e musical tanto nacional como internacional. Davide ven de participar coa Banda das Crechas no Festival Celtic Connections de Glasgow.

O prezo é de 60 euros (40 euros para os socios do Centro Galego de Madrid). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es

Saúdos e graciñas por todo,
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Xoves 27 de xaneiro: Folga Xeral


A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza.

Os horarios das manifestacións e concentracións que se celebrarán coincidindo coa folga xeral do 27-X, coa que se pretende rexeitar a reforma das pensións do Goberno español, son os seguintes:

Vigo. Ás 12.00 horas dende o Cruce da Doblada.

A Coruña. Ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo.

Cee. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

Pontevedra. Ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería.

Vilagarcía. Ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

Ferrol. Ás 12.30 horas dende a avenida de Esteiro (local da CIG).

Santiago de Compostela. Ás 12.30 horas dende a Praza Roxa.

Lugo. Ás 12.00 horas dende a Ronda da Muralla, 58 (local da CIG).

Burela. Ás 12.00 horas dende a rúa Arcadio Pardiñas, 137 (local da CIG).

Ourense. Ás 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Verín. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

Xinzo. Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

O Barco. Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

Ribeira. Ás 12:00 horas dende a Praza do Peixe.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2011 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os gaiteiros de Santa Comba no Alalá

Hoxe, mércores, día 26/01/2011

Moitos dos gaiteiros que ten coñecido o programa "Alalá" contáronnos que polas circunstancias da vida nalgún momento tiveron que pousar a gaita e gardala ben gardada para que non se encouzase e outros pasaron décadas sen poder collela na man; podería dicirse, por isto, que tocar a gaita é un luxo que só se poden permitir aqueles que teñen talento e tempo para dedicarlle. O grupo co que fala hoxe, "Os gaiteiros de Santa Comba", son uns amigos xubilados que se dedicaron ao longo da súa vida a diversas profesións, foron labregos, mecánicos, zapateiros, traballaron nas minas de volframio e algún ata emigrou a Brasil e Alemaña.

Case todos eles empezaron a tocar algún instrumento sendo moi nenos e outros aprenderon despois, pero este grupo de gaiteiros toma o asunto moi en serio, algúns saben solfexo, outros tocan de oído e outros gravan as pezas para aprendelas sen fallo ningún. Cadaquén á súa maneira, pero teñen un mestre de excepción, o músico Pablo Seoane, que se reúne con eles no centro socio comunitario de Santa Comba todos os venres para seguir aprendendo, un deses mestres comprometidos que cumpre unha tarefa mais alá da puramente didáctica, que está moi orgulloso desta agrupación porque ten ansia e ganas de achegar alegría alá onde vai.

Amais das festas ás que van tocar, un dos lugares aos que non faltan é ao baile dos domingos no centro socio comunitario de Santa Comba, que forma parte da súas vidas e converteuse para moitos deles nun segundo fogar.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 26-01-2011 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
A rede privada de escolas infantís en galego xa é viable
Unha boa nova para a pervivencia da nosa lingua

Xa que a actual Xunta de Galicia abandonou o proxecto das Galescolas en galego... Galicia terá unha rede de escolas en galego o vindeiro curso

No colo dos avós, moitos nenos coñeceron as andan­zas dos raposos, recolleron os primeiros froitos das maciñeiras ou escoitaron temerosas historias do ho­me do saco. Aquelas casas onde fumeaban as lareiras convertíanse en improvisa­das escolas de galego para os cativos da cidade. Para evitar "que desapareza o ensino do noso idioma na educación infantil", o mo­vemento Galiza co Gale­go implantará no vindeiro curso unha rede popular de escolas para nenos de cero a tres anos. Nestes centros e garderías privadas, os pe­quenos adquirirán os seus primeiros coñecementos en galego.

Segundo Francisco de Li­miar, voceiro da comisión promotora desta corrente social, "vemos que os ra­paces están perdendo os seus referentes na aprendi­zaxe do galego, antes eran os avós pero agora cada vez falan máis en castelán, agás os que viven no mun­do rural". Este movemento xa traballa co sector do pro­fesorado para que escolas infantís das catro provin­cias ensinen en galego en 2011-2012. Neste proxecto de mínimos traballan sin­dicatos como CIG-Ensino, asociacións pedagóxicas e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asocia­do de Galicia, entre outras entidades, "ademáis de pro­fesionais que apoian a edu­cación en galego".

Estes días, a comisión promotora xa conta un­ha recadación superior aos 230.000 euros. A comisión considera necesario un investimento de 300.000 euros para soportar este proxecto. "Con este fondo xa sería viable a nosa rede de educación infantil en galego", indica Francis­co de Limiar. Pero de se­guir adiante a marusía de apoios, Galiza co Galego mesmo podería chegar aos "460.000 euros para garan­tir o ensino na lingua pro­pia", segundo indican os seus membros nun comu­nicado. Este fenómeno chegou onte a Pontedeume.

Galiza co Galego autode­fínese como "movemento social laico, activo e inde­pendente, para non depen­der do que a clase política e os gobernantes decidan". Iniciouse no ano 2009, con­textualizándose na desapa­rición das galescolas e na aparición do Decreto do Ga­lego. Así o indican os seus propios organizadores: "Apareceu logo da agresión da dereita española contra­ria ao galego, que se opón ao seu uso no ensino e que deu como resultado o ac­tual falta de apoio político á educación infantil na no­sa lingua". Galiza co Gale­go denuncia especialmente "un decreto redutor e su­presor". E polo contrario, anuncia o 2011 como "ano do ensino en galego".

Aínda que os centros non cumpran o ratio de nenos para dar clases en galego, a plataforma terá "o colchón económico necesario para ensinar igualmente na no­sa lingua". Escolas privadas e cooperativas xa se apun­tan á futura rede, que "terá este idioma como referente de calidade". Por exemplo: os nenos que aprenden as materias en galego "tamén sacan boas notas noutros contidos e idiomas".



FRANCISCO DE LIMIAR "É anómalo ver un atranco na lingua"

Por que a rede se im­plantará só en centros de ensino infantil?

Porque nesa idade debemos defender o galego, cando os nenos teñen máis capacidade de aprendizaxe. Quere­mos que non se perda a presenza do idioma no seu contorno, con nor­malidade. Que se vexa o galego como atranco é unha anomalía.

Existe unha orienta­ción política neste mo­vemento?

Non queremos que se nos politice. Nós falamos do decreto contrario ao galego. Tamén hai xente da dereita que respecta ao noso idioma, pero hai un sector antilinguas que só defende o in­glés. O noso proxecto é imprescindible. Tamén denunciamos que esta administración botou abaixo o proxecto das galescolas.

Que valores defende?

A importancia do ensino infantil no noso país, e os dereitos dos nenos á súa educación. Nós só defendemos un dereito natural. Unha lexislación contra a educación infantil en galego é realmente al­go contra natura.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2011 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía enche os teatros na súa xira por Brasil
Uxía enche os teatros na súa xira por Brasil
A cantante galega está a gravar o seu novo disco, "Meu Canto", con moitas colaboracións


A cantante galega Uxía Senlle atópase este mes de xira por Brasil, onde está a encher salas nos seus concertos. Así o fixo na súa última actuación no Teatro Municipal Café Pequeno, en Rio de Janeiro, onde encheu a sala co seu espectáculo lusófono, no que o galego actúa como un nexo entre Galicia, Brasil e Portugal. Uxía compartiu escenario con músicos brasileiros como Sérgio Tannus e Paulinho Moska e Socorro Lira, entre outros.

Na súa xira, a cantante galega está a facer desfrutar o público con versións de temas tradicionais como A Rianxeira ou clásicos como Unha noite na eira do trigo. Pero tamén en cancións do músico José Afonso, como Menino do bairro negro.

Ademais, Uxía está a dedicar este mes á gravación do seu novo disco, Meu Canto, un traballo no que tamén colaboran músicos brasileiros como Lenine e que sairá á venda a finais de 2011.

A cantante galega comezou o pasado día 26 de decembro a xira Travesía da Saudade, que inclúe até oito concertos en diversos lugares do Brasil. A impulsora de proxectos como Cantos na Maré, estará durante case dous meses por terras brasileiras. Logo de actuar en Irapuru, Salvador de Bahia, Rio de Janeiro e João Pessoa (Paraíba), a súa tournée rematará o 3 de febreiro en São Paulo, cun concerto no importante Teatro Paulo Autran do SESC Pinheiros.

O seu novo disco, Meu Canto, será gravado nos estudios da editora Biscoito Fino, no Rio de Janeiro, con produción do músico Jaime Alem e o acompañamento do músico Sérgio Tannus.

Neste proxecto, que a propria artista cualifica como o máis "íntimo e persoal", Uxía reinterpretará os temas fundamentais da súa discografía e outros novos, poñendo a énfase na súa voz, xa que, como asgura, "un pobo que cantou desde tempos imemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto".

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2011 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Os novos hábitos Sociais
O noso colaborador regular Nis Calo, escribe unhas reflexións sobre os novos hábitos -e as súas consecuencias- introducidos nos locais de ocio con música ao vivo coa lei para espazos sen fume.

A fume de coroza


Cadroume onte de achegarme pola Casa das Crechas, lugar de encontro para amadores da música ao vivo, nomeadamente da Música Popular Galega, ese ente que tantas ramificacións ten e que neste coñecidísimo pub da zona Vella de Compostela ten cabida e puntualmente celebra os mércores do curso académico as súas ?foliadas?. Esas xuntanzas regulares a medio camiño entre un concerto informal -hai unha da banda residente, un equipo de amplificación e cobran entrada (simbólica de 1 ?)- e unha pseudo jam session -non é fácil participar se non es músico da Banda-. Unha ?foliada? que ateiga o local cada mércores.

E onte non foi unha excepción, tendo en conta ademais que a Banda das Crechas actuará a finais de mes nas Celtic Connections en Escocia. No local todas as cadeiras estaban ocupadas antes de comezar a sesión, tampouco quedou moito sitio preto da entrada, e por suposto, o espazo para @s atrevid@s a botar unha baila reducíase a menos dun metro cadrado.

Pero a diferencia -e grande- era a ausencia do fume de tabaco que facía da Casa das Crechas un dos locais máis insalubres da Zona Vella, sen ventilación -incluso despois da reforma do último ano-, humidade -a zona de concertos é un soto- e ateigado dunha humanidade que transpira suor, alcol e emoción.

Pois a Casa das Crechas -sirva de exemplo para os numerosos locais con música ao vivo- era un lugar moi diferente. O cheiro era outro, de feito, había cheiro. O movemento de fumadores cara fóra era continuo, os músicos -máis da metade da Banda é fumadora- non tocaban nas seguintes pezas o que deixaba a formación ás veces, en divertidas situacións de inferioridade, ou simplemente, sen tocar con ?descansos? máis frecuentes e curtos do habitual. Os ollos eran ollos, non semáforos...

Non vou cuestionar a idoneidade ou non da devandita lei que tanta conversación está a dar nos bares e nos ascensores pero, sen dúbida, é o meirande cambio social nos hábitos do lecer das últimas décadas. Non vai nin medio mes e isto xa semella outro país. E con algunha excepcións -poucas delas en Galiza-, o que fuma está a respetar honrosamente os termos de aplicación da lei.

Iso si, o número de clientes non semellaba menor, e comentaban os máis asiduos que había xente nova entre o público que normalmente non viña ás foliadas.

Así os que frecuentamos as actuacións ao vivo, só disfrutaremos da música, sen dose gratuíta de nicotina no pelo, na chaqueta e nos pulmóns.

Hoxe hai Serán na Sala Nasa, outro ?templo? para a música ao vivo na cidade. Mudarei a camiseta chea de suor para o día seguinte pero xa non terei que mudar a chaqueta, o que para o meu armario é un alivio.

E os que din que collerán un catarro por fumar fóra? Pois no inverno, coroza por riba que chove moito.

Nis Calo, 13/01/2011. Santiago

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mercedes Peón


SOS é "auxilio" en código Morse. Expresa soidade, necesidade de compartir en galego, e é o xeito de dicir "sodes" no castelán de Arxentina. A mestura, o intercambio cultural, volve ser alicerce da música de Mercedes Peón no seu novo disco, unha viaxe por sons árabes, brasileiros, de distintos lugares de Europa e, por suposto, galegos, no que o ronsel electroacústico de 'Sihá' (2007) ou 'Ajrú' (2004) se intensifica e a voz se potencia.

A vangarda máis intensa convive neste traballo cun fondo no que se recoñece a Mercedes doutros discos, que reivindica un mundo cunha maior ecoloxía, un maior equilibrio de valores. Hai pouco representou, con Cristina Pato, a música galega no Womex, en Copenhague. Antes, fora escollida mellor artista do ano polo magazine Folkworld, segunda mellor artista de Europa no World Music Forum, nomeada ós BBC Awards ou estivera no top dez das listas de Songline. Todo isto, desde que quitou 'Isué' no 2000. Porque ela é enerxía. A vitalidade das cantareiras das que aprendeu nos seus anos de recolla da música tradicional no rural, coa aposta pola crecente experimentación.


"Son galega, son berber, son árabe-marroquí, son da Sáhara, síntome como de aquí, son o mesmo ca ti", di 'Elas', a primeira canción do disco. Outros temas teñen unha influencia árabe. E este ronsel xa estaba presente en temas de traballos teus anteriores: 'Ben linda' de 'Sihá'... Podes explicar esa conexión da percusión galega coa árabe?
Non hai un estudo previo da cultura árabe. Realmente non estou nada influenciada por ela. Polo que estou totalmente embelesada é por nos mesmos, pola cultura de creación colectiva que chegou aos nosos días con toda esa forza telúrica que leva a un xeito de entender certos códigos máis achegados ao que a globalización musical pode entender por xiros máis arábigos. O de 'Elas' é unha historia. O meu xeito de contala foi a través da pandeira que lle merquei a un berber no zoco de Rabat. Cando me leva a composición a utilizar unha guitarra, as tendencias que me saen, e todo isto facendo un esforza de sicoanálise musical, son case que 'ad lívitum', moi ornamentadas e cheas de glisandos.

A reflexión de ser árabe, berber etc é polo achegada que me sentín ás persoas de alí, de Marrocos, pola idea de que podería ser calquera das mulleres, tanto da mais moderna e actual, como da mais tapada e ortodoxa. É unha intuición, unha ensoñación, unha reflexión cara á construción das nosas sociedades. Chamoume poderosamente a atención a mestura de xeitos de vida tan distintos e a aparente convivencia entre todos.

En 'Deroran' dis "a esperanza ten a faciana de muller" ou "tanto cubrirse como espirse son cousas patriarcais". A túa obra non existiría se non a precedesen as cantareiras galegas, toda esa música que recolliches no rural. Antes xa tes tratado o tema do patriarcado: ('Ó meu amigo' de 'Arjú'...) O teu xeito de reivindicar unha sociedade non patriarcal é a celebración da vitalidade das mulleres, da súa forza, non si?
Para min un dos conceptos claros de este disco, como moi ben dis, é poñer en evidencia certos clixés que manexamos. Tamén é unha autocrítica e ríome das miñas propias contradicións e crenzas. A sociedade patriarcal por definición non ten por que ser mala. É un xeito de organizarse. Pero non a única. Hoxe en día seguimos manexando esa única maneira de organizarnos ata tal punto que chegamos a ter verdadeiras perversións a conta diso. Sempre estamos pendentes por exemplo das olimpíadas, onde os valores consisten en correr máis e en menos tempo, en saltar máis, en competición a través de bandeiras etc. Están cargadas de valores que por si mesmos non teñen nada de malo pero a súa preponderancia crea un imaxinario colectivo desequilibrado. Por ese motivo creo que está moi difícil cambiar todo isto, e por iso mesmo creo que a esperanza e solución chegará da man do equilibrio dos valores, que representamos as mulleres.

Tamén estou contigo de que a miña música non existiría sen o precedente das tocadoras e de 25 anos de percorrer aldeas ata mesturarme coa fonte e ser unha pingueira máis. Esa pingueira fíxose compositora e a base do meu estudo e a miña preparación como músico foron elas?elas e eles, sociedades pequenas que conviven entre matrilinealidade e patriarcado, naturalmente, sen ideoloxías.

A terceira canción lévanos a São Paulo. O ruído da cidade está integrado na peza. Sempre experimentaches cos ruídos: en 'Desaparecer' hai grilos...: fas instrumentos de latas ou apeiros de labranza... Neste disco os ruídos, e o son dos distintos instrumentos están máis fusionados que nunca. Ó mesmo tempo, o alicerce electroacústico de 'Sihá' ou 'Arjú' intensifícase aquí, e a pegada da música tradicional das pandeireiras, aínda que se mantén, aparece como máis diluída, mesturada. A experimentación, a vangarda, vai a máis. Por que?
Só che podo dicir que creo que tes razón. O por que xa non é tan doado de responder. Traballo en base á sinceridade? sen pudor, en continua investigación sonora. A base electroacústica resúltame moi interesante, forma parte do que nos rodea, non me quero illar do presente porque interacciona comigo e lévame a situacións creativas, espazos sonoros imposibles de penetrar sen estes sons.

'Anacos' lévanos a Barcelona... e a oriente. E 'Babel' é como onde estoura ese concepto do intercambio entre culturas: gravacións de voces en distintos idiomas... "Lévame a Alemaña, a Cataluña, a Suecia, na miña lingua materna", di 'Babel'. A reivindicación da lingua está desde o primeiro disco: 'De Seu' de 'Isué'. Ti es un dos mellores exemplos de que o galego non é un obstáculo para andar polo mundo, e de que o tópico do local e o universal como termos contrarios non é certo... Que pensas disto?
Hai tanta xente boa no mundo, cantantes alucinantes, compositoras e compositores dunha calidade exquisita, producións de alto nivel económico e artístico. Supoño que estar nesa amalgama significa que tes algo novo que achegar e creo que no meu caso hai dúas cousas interesantes: unha, que non me movo na composición estándar e, outra, que os códigos que manexo ancestrais, nesta esta Europa avellentada, son totalmente sorpresivos. Dende logo eu non me sinto na periferia, ao contrario, estou no centro de todo, na orixe que me sustenta, alimenta e dáme folgos para expandirme. En 'Babel' fixen uns loops moi pechados, acústico tratado como electrónico, creando o tema menos flexible do disco. Con esa rectitude decidín crear espazos para que as persoas que me fun atopando polo camiño dixeran libremente o que quixeran, e eu, sen saber o contido das frases, trateinas como unha obra electroacústica coloreando o tema enteiro. Omar falou en árabe e ben o puido facer en sueco ou inglés, Marta falou en catalán e ben o puido facer en francés. Un espazo aberto ao libre albedrío.

Tamén hai un sentido social: ricos e pobres en 'Anacos', en 'Babel'... "Non somos mercadoría", dicía 'Ajrú'. Xunto a esta idea, hai na túa música unha celebración da vida, como en 'Marabilla' en 'Isué'. ¿É un xeito de reivindicar outro xeito de vivir, non tan centrado nos cartos? Nas túas cancións aparecen moito as emocións, os vínculos entre as persoas.
Creo que o de valorar ás persoas polo que teñen, polo xénero, cor da pel, polas cantidades en xeral enérvame. Hai máis cousas que me gustaría que foramos quen de cambiar entre todos ou polo menos dialogalas. En 'Anacos' hai moito humor. Participei nun acto ou performance no Radicals en Barcelona, onde se ía creando unha coreografía na praza do Teatro Lliure segundo nos íamos movendo polas contestacións corporais que tiñamos segundo nos ían preguntando por uns cascos que nos puxeran individualmente a unha 40 persoas. Chegou un momento que non me puiden mover máis. Acabei medio enfadada porque só preguntaban contías e díxenme: "Menos mal que na miña terra aínda canta", como metáfora de certos valores naturais e de menos construción industrial. A música axúdame a sobrevivir a sentimentos que non quero ter, a expandirme cos que si quero ter e compartir, a drenar emocións colocada nun lugar sistémico, sen reducións, interaccionando co que me rodea ou crendo que así o fago, construíndo un mundo onde o pasado e o presente, e ensoñación mestúranse dando resultados, para min, moi satisfactorio para a mente e a alma.

A voz transmite moita enerxía. Parece que non é unha, senón moitas (aínda que non tanto como nos anteriores discos). E hai, como noutros traballos teus, moitos matices distintos da voz, que ás veces se deforma até ser case pouco recoñecible. Como chegaches a isto?
Igual que nos arranxos ou composicións, a vida faiche aprender máis, dominar mellor un instrumento e logo, sen pensar, utilizas o que sabes para expresarte. Tamén, seguramente, se escoitas máis dunha voz é porque a hai. Arranxei e producín as voces dun xeito atípico que non novidoso. En algunhas ocasións están dúas voces cantando o mesmo, panoramizadas, á dereita e á esquerda, despois soa unha no medio, e así transcorren os temas con tódolos sons para que a atención se poda fixar en distintos espazos.

Mentres preparabas este disco fixeches música para danza e cine. A pegada da música de cine está clara en 'Ciumes', pero tamén se pode notar en 'Anacos' ou 'Babel'. De que xeito cres que influíron eses traballos para danza ou cine neste disco?
Seguramente é un disco moi cinematográfico. O xeito de producilo estivo moi coidado. Eu non puiden facerlle a Margarita Ledo a produción sonora da súa longametraxe documental, fíxenlle a composición musical para as dúas horas e media que duraba 'Liste, pronunciado Líster'. Este disco, tema a tema, traballeino pretendendo evocar situacións espaciais, temporais, sistémicas. Sen necesidade de imaxes, pretende ser evocador, cheo de capas sonoras que te poden levar a espazos distintos. Espero non parecer pretenciosa?pero niso é no que pensaba segundo ía avanzando, e cando tomei a distancia final, abrazando todo o disco cun concepto unificador, e deixándome levar polos acontecementos sonoros, fixen nunha tarde "máisdará", entrelacei temas, trouxen cabo de min as vellas de Cerqueda, etc. Seguramente tes moita razón e o concepto sonoro está cheo de influencias dos traballos que fixen nestes tres últimos anos para outras disciplinas.

O son do principio de 'Desaparecer' lembra moito a melodía de 'Elas'. Coa repetición tamén xogas en 'Arjú', ou no 'Paralá' de 'Sihá' xunto co 'Neniñué' de 'Arjú'. É como se buscases sempre, ó mesmo tempo, a mudanza e a continuidade, unha certa unidade en todo o traballo, como corresponde á música de autora, persoal, singular, non encadrable en estilos, que fas.
Son como materias pendentes, continuidades nun proceso creativo. Como se falaramos da época rosa ou azul dun pintor. Aínda non rematara, con tal motivo ou frase, aínda quédame por facer, teño que investigar que pasaría se estas dúas notas con tal polirritmia se mesturasen para darme tal sensación, ou transo. Agora mesmo teño nos miolos outra continuidade que está abrindo unha porta a outro lugar.

Fuches Premio Nacional de Cultura. Cres que o aceptarías se o gañases agora, ou farías como Fernández Paz, que o rexeitou como modo de protesta pola política lingüística e cultural da Xunta? Alén da cuestión do apoio das institucións, que lle falta á cultura galega para acadar unha situación normal, como calquera país? Se cadra a música é das dimensións da cultura á que mellor lle vai, de todos os xeitos.
Non o sei, o que si sei é que toda decisión persoal paréceme totalmente respectable e cada quen ten que saber o que pode ou non pode asumir. O que che podo asegurar é que foi o premio máis marabilloso que recibín nunca, e xa recibín uns cantos. É o recoñecemento que comezou a darlle normalidade a unha situación en terra de ninguén ( o que a España se refire) cando fas creación mergullada nunhas das culturas minorizadas. É moi importante que se acade unha normalidade. O avance coas autonomías fixo que de nós dependa colocar a nosa cultura no lugar que lle corresponde. Galicia é unha terra de xente, fale ou non en galego, sen perversión lingüística, nós non temos ese problema, tráennos problemas de fóra. O que temos dentro é unha falla de estima polo propio, pero iso estaba cambiando e estou certa de que se os políticos soubesen claramente o dano que fan,alén de preguizas, tentarían ser mais ecolóxicos. Refírome a que a ecuanimidade de linguas pode facer que unha delas desapareza e claro está, por cuestións de valores, o galego non sae moi ben parado. Aínda así eu son moi optimista, hai movementos de persoas a través de páxinas web que se xuntan case que tódalas semanas para bailar e cantar, xente de grupos folclóricos con xente das aldeas, imaxinarios colectivos cos aprendidos, gozando, alleos á política, naturalmente, facendo de nós mesmos algo singular nestes tempos que corren tan globalizadores. Non hai unha intención previa, só hai un xeito singular de expresarse e iso somos nós.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
SÓS?Peón

A finais do pasado novembro Mercedes Peón sacou á venda o seu cuarto traballo discográfico, ...???... SÓS, (Fol Música, 2010),que vén continuar a liña de innovación baseada na tradición encetada hai agora xustamente dez anos coa súa estrea discográfica, Isué (Resistencia, 2000).Despois viñeron Ajrú no 2003 e Sihá no 2007,ambos os dous traballos con DiscMedi, e polo medio deles xiras mundiais que a teñen convertido nunha das artistas galegas demeirande proxección internacional.

E como mostra do recoñecemento que recibe a nosa paisana no estranxeiro, non hai mellor exemplo que a recentísima aparición de Peón no Womex 2010,celebrado en Copenhague, onde acudiu despois de ser seleccionada entre máis de setecentas propostas que devecían por se apresentar nesta importante feira dirixida aos profesionais da música. Foi o pasado 29 de outubro e foi a primeira vez que unha representante da nosa música era escollida directamente polo esixente xurado do Womex para actuar aló.

De feito,ao longo de varios anos, ?tres concretamente, os que pasaron dende a publicación do seu anterior traballo discográfico?, en que apenas houbo novas arredor da compositora coruñesa, ela foi xestando este traballo, mentres facía asemade a banda sonora da longametraxe documental Liste, pronunciado Líster de Margarita Ledo e mais a composición e espazo sonoro para danza Concerto desconcerto.

Para alén de xirar co Kiosco das almas perdidas do centro coreográfico galego, coa ?perfomance? en solitario que argallou hai dous anos e tamén coa súa banda.Malia esta actividade frenética,o certo é que os focos mediáticos non volveron apuntar até agora cara a ela, por mor da súa presentación no Womex e deste SÓS que leva quince días á venda. Un disco no que á artista, pouco amiga de colaboracións e moi cómoda nos procesos de gravación?caseiros?, nos que apenas se rodea dos seus máis íntimos colaboradores, volve sorprender com paisaxes sonoras globalizadas, que van de São Paulo a Rabat, coma sempre coa cerna na tradición galega,e cun peso da electrónica que confirma que a evolución cara a este tipo de sonoridades de Sihá non fora un paso en falso, senón unha aposta meditada.

Porque tamén é certo que este novo traballo disipa a sensación de esgotamento que sobrevoaba o anterior disco.Volve aparecer o son peculiar que permite identificar sen atrancos a súa música,volven aparecer retrousos e melodías que se fan familiares,mais agora un aquel de frescura, de volta ao rego creativo engala por riba dos dez cortes de SÓS.Un sós polisémico, que é simultaneamente unha chamada de auxilio,unha chiscadela a soidade creativa e mesmo pode ter outro significado para un ouvinte arxentino ou uruguaio.Tamén é, sen dúbida ningunha,un disco feminino,declaradamente feminino nos seus dous primeiros cortes,?Elas? e ?Derorán?,e é precisamente neste último onde aparece algunha das frases que de certo van ficar ecoando na nosa cabeza despois de escoitármolo un par de veces.

Acompañada de Fernando Abreu ao clarinete, de Manuel Cebrián á guitarra, de Manuel Alonso ao baixo eléctrico,de FernandoMartíñez ao acordeón e dos samplers de Nacho Muñoz, Mercedes Peón pon a voz,toca a gaita eléctrica, atrévese con innumerables instrumentos de percusión de todos os lugares do mundo, toca baixo, guitarra, clarinete,e achega as gravacións de campo que aparecen, aquí e acolá, neste seu novo traballo, que foi presentado recentemente no Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela, e para o que non hai, lamentablemente e polo de agora, máis datas confirmadas en Galiza.

Autoproducido, o máis conceptual dos seus traballos, ?segundo ela mesma ten afirmado?, unha mostra do seu mundo interior, un mundo de capas sonoras que interactúan,que reflicten as sensacións que á artista lle van producindo as súas diferentes experiencias vitais, ...???... é a proba do bo estado de forma dunha das artistas galegas que mellor entende que a orixinalidade vén da orixe e que non hai mellor maneira de acadar o éxito ca procurar a primeira sen esquecer nunca a segunda.

Womex 10

Dacabalo entre fins de outubro-comezos de novembro, tivo lugar a edición de 2010 do Womex, o máis importante evento internacional dos dirixidos á música étnica,onde Mercedes Peón tivo a honra de ser a artista galega seleccionada para actuar ao vivo.

Digamos que Cristina Pato accedeu tamén a este inmellorable escaparante, actuando dentro do Sounds of Spain: unha presenza que dá continuidade a esoutras vividas,por exemplo,no 2008 cando unha delegación encabezada por Narf,Muteronhi e Xosé Manuel Budiño achegaron a nosa sonoridade até a edición daquela celebrada en Sevilla.Mais, para alén de artistas, son varias as empresas ligadas á música do país que teñen unha cita ineludible no WOMEX, e así Nordesía, Zouma, Lóspregos, Berrogüetto Producións, etc.acoden puntualmente a esta cita, como tamén existe representación institucional da man do stand que GalicianTunes, a marca da promoción internacional da música galega creada pola Xunta hai uns anos, tivo dentro do espazo estatal e que deu cobertura loxística ás empresas produtoras e distribuidoras do sector que se desprazaron este ano á capital dinamarquesa.

Ademais de plataforma de promoción da música galega, o WOMEX vén constituír un lugar inmellorable para coñecer as novas propostas que no eido da Word Music xorden en calquera recanto do mundo. Así,a carón de Mercedes Peón e dentro dos escollidos polo xurado para actuar na edición deste ano,actuaron, entre outros, os portugueses Danças Ocultas, interesante cuarteto de concertinas, os colombianos Bomba Oculta, cumbia, hip?hop e electrónica, ou o colectivo Djs Criolina dende Brasilia.

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 24

Terza feira 25 (Martes)
? Linho do Cuco na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 26 (Mércores)

Quinta feira 27 (Xoves)
? Folga Xeral
? Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada

Sexta feira 28 (Venres)
? Güintervan no Furancho A Troula, Bembrive-Vigo
? Marta Quintana na Nogueira (Vigo)
? Foliada na cafereía Lar (A Pontes)

Sábado 29
? Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
? Serán de Arbo no cuartel da Garda Civil

Domingo 30
? Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-01-2011 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 21 (Venres)
? The Homens e Projecto Mourente no auditorio da Area Panorámica de Tui ás 20:00
? Musgafol no Auditorio Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
? Irtio na Fabrica de Chocolate (Vigo) ás 22:00
? Noitarega no furancho Matamáfolc (Vigo) ás 23:00

Sábado 22
? Mamá Cabra no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 18:00h
? The Homens e Projecto Mourente no Centro Social de Padrón ás 20:00
? Machina na Sala a Reserva de Carballo ás 23:30
? Coro Cantares de Brión e Cántigas da Terra no C.C. De Vincios (Gondomar) ás 20:00
? Pelepau no Bar o Lar do Chin de Candeán-Vigo ás 19:00
? Contracochenos na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)
? Pradairo no Auditorio da Ramallosa (Teo) ás 21:00
? Os Tres Trebóns no C.S. A Casa das Atochas (A Coruña) ás 21:00
? Os Trebellos do Morrazo no furancho Matamáfolc (Vigo) ás 23:00
? Serán en Ribadavia
? Serán en Parada (Pontecaldelas) a carón da capela
? Serán en Paraños (Covelo)

Domingo 23
? The Homens e Projecto Mourente na Biblioteca de Marín ás 20:00
? BellónMaceiras Quinteto no Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
22 de xaneiro
- Serán en Ribadavia
- Serán en Parada (Pontecaldelas) a carón da capela
- Serán en Paraños (Covelo)

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
- Serán de Arbo no cuartel

12 de Febreiro
- Serán dos namorados (Toutón-Mondariz)

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

26 de marzo
- Seran en San Adrian de Calvos (Fornelos de Montes)

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)

16 de abril
- Serán nas Estacas - Fornelos de Montes (Bar/Restaurante "O Chalán")

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela

4 de xuño
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Ribadavia

O próximo sábado 22 de xaneiro vémonos na Igrexa da Madalena de Ribadavia pra festexar o primeiro serán organizado pola Ribeirana.

Haberá chourizo con pan, viño e chocolate ben quentiño, sorteos e diferentes grupos que nos farán ghastar pista coa súa música.

Ás 20.00 terá lugar un pequeno obradoiro de iniciación ó baile tradicional, pra que ninguén fique sen bailar esa noite.

E ás 21.00 dará comezo o I Serán organizado pola Ribeirana.

Esperámosvos a tod@s! Non faltedes!
E por suposto, non esquezades os vosos instrumentos!

Queriamos agradecer a axuda do Concello de Ribadavia e dos establecementos As Casiñas e Naturavia por apoiarnos neste proxecto.

http://aribeirana.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-01-2011 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega no Furancho Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os Trebellos do Morrazo no Matamáfolc (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Coro Cantares do Brión (Vincios-Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Pradairo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Musgafol (Pontevedra)
MUSGAFOL: Gaita e Orquestra
AUDITORIO PAZO DA CULTURA, PONTEVEDRA
Venres 21 de xaneiro, 21h
Entrada de balde ata completar aforo


Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por una etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Desde que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Tras un percorrido polas creacións musicais para gaita e piano e para gaita e banda sinfónica, nesta terceira edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para gaita e orquestra, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país como Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez, José M. López, Diego Mariño, Cristian Silva ou Pablo Devigo, acompañados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro, gravando ao vivo, coa colaboración da Radio Galega, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

PROGRAMA

OFCP
Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Director: Javier Viceiro

Solista: Xurxo Fernández
Alba de Ultramar (Ernesto Campos)

Solista: Oscar Ibáñez
A Derradeira Sintaxe (Javier María López)

Solistas: José M. López e Diego Mariño
Con-certo Sentido (Ernesto Campos)
1. Dorothé e Antón. Pioneiros
2. Pontevedra e Don Ricardo

Solista: Cristian Silva
Carmina Utricularis (Javier María López)

Solista: Pablo Devigo
Xota (Pablo Devigo)

Todos os solistas
Alborada Galega (Pascual Veiga / Adaptación para orquestra de Marcos Valcarcel a partir do arranxo para banda de X. L. Represas)

Organiza
Asociación Toque pechado de Pontevedra

Promove
Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra

Colabora
Pazo da Cultura de Pontevedra, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, Radio Galega, Localia Pontevedra, Dos Acordes.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0